ProxectoCRA2 0 PontedaPedra

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 62

Proxecto

C.R.A. 2.0
Proxecto dinamización e
innovación educativa das TIC

C.R.A. Ponte da Pedra


(Carballo)
Curso 2009/10
Proxecto C.R.A 2.0. CRA Ponte da
Pedra

Indice
1.- Título do proxecto
2.- Datos do centro
3.- Relación de docentes
4.- Descripción breve do proxecto e identificación do centro
5.- Análise da situación do centro
a) Infraestructuras e soportes do centro e a súa utilización
b) Formación TIC do profesorado participante
c) Organización e dinamización do centro
6.- Obxectivos a desenvolver relacionados coas seguintes áreas
a) Capacitación do profesorado
b) Utilización dos recursos na aula e aspectos metodolóxicos
c) Estratexias de liderazgo e organización dos centros no uso das TIC
d) Estratexias e mecanismos de difusión das boas prácticas realizadas nos
centros educativos
7.- Desenrolo dos obxectivos:
1.- Programa de contidos e actividades e a súa temporalización
2.- Competencias básicas a traballar
3.- Metodoloxía e procedementos de traballo previstos
4.- Organización de recursos humanos e materiais
8.- Criterios e procesos de avaliación
9.- Temporalización, calendario e horario previstos para a realización do
proxecto
10.- Competencias, formación e funcións da persoa dinamizadora do proxecto
11.- Orzamento estimado segundo as necesidades detectadas no centro.

ANEXOS

1
Proxecto C.R.A 2.0. CRA Ponte da
Pedra

1.- Título do proxecto

Proxecto C.R.A. 2.0.


2.-Datos do Centro

CENTRO CRA Ponte da Pedra CÓDIGO CENTRO 15032251


ENDEREZO
R/ Vázquez de Parga nº 119 - Bloque 2, 1º Dcha.
(SEDE)
LOCALIDADE Carballo CÓDIGO POSTAL 15.100
CONCELLO Carballo TELÉFONO / FAX 981 703 403
CORREO
cra.ponte.pedra@edu.xunta.es
ELECTRÓNICO

LOCALIZACIÓN DAS ESCOLAS DO CRA PONTE DA PEDRA – Ver no Google maps

2
Proxecto C.R.A 2.0. CRA Ponte da
Pedra

UNIDADES E NÚMERO DE ALUMNOS:

ALUMNADO ALUMNADO TOTAL


ESCOLAS AULAS
INFANTIL PRIMARIA ALUMNADO
ARTES Aula única 11 2 13

Aula Infantil 18 - 18
BERDILLO 32
Aula mixta (5 anos/1º EP) 8 6 14

Aula Infantil 15 - 15
CANCES 23
Aula Primaria - 8 8

MIRÓN Aula única 16 - 16

REGA Aula única 11 2 13

Aula Infantil (3 e 4 anos) 14 - 14

SÍSAMO Aula Infantil (5 anos) 12 - 12 32

Aula Primaria - 6 6

XOANE Aula única 7 3 10


139
TOTAIS 11 aulas 112 27
alumnos/as

3
Proxecto C.R.A 2.0. CRA Ponte da
Pedra

3.- Relación de docentes participantes

O Claustro do CRA Ponte da Pedra está formado por 19 docentes dos cales 17
participan neste proxecto de innovación. Os datos do profesorado participante son os
seguintes:

PROFESORADO IMPLICADO NO PROXECTO


NIVEL /
APELIDOS E NOME NIF CORREO ELECTRÓNICO
ESPECIALIDADE
Barge Carrete, Pablo MÚSICA 76713105D pablobarge@edu.xunta.es

Breijo Painceira, Sara INFANTIL 32631849R sbreijo@edu.xunta.es

PEDAGOXÍA
Fernandez Blanco, Pilar 32779971A pilarfernandezblanco@edu.xunta.es
TERAPÉUTICA

Gallego Otero, Bernardo INGLÉS 44467493Y bernardogallegootero@edu.xunta.es

García Pita, María José INFANTIL 32827815F m.josegarcia@edu.xunta.es

García Rodríguez, Emilia INFANTIL E PRIMARIA 32789041B emiliagarciarodriguez@edu.xunta.es

López Souto, P. Begoña PSICOMOTRICIDADE 46912892E begolopezsouto@edu.xunta.es

López Vilariño, Mónica INFANTIL E PRIMARIA 34894140N monicalopez@edu.xunta.es

Ogea Dobaño, Susana INFANTIL 76720351X susana.ogea.dobanho@edu.xunta.es

Prado Lorenzo, Jesús R. ORIENTACIÓN 32832273A jesusprado@edu.xunta.es

Quiroga Fraga, Luz INGLÉS 32427341D luz.quiroga@edu.xunta.es

Rodríguez Laya, Javier INFANTIL 47382943E Javichu15@edu.xunta.es

Teixeira Lastres, Lourdes INFANTIL 33262375M lteixeira@edu.xunta.es

Vaamonde García, Mar ED. FÍSICA 32840596T marvaamonde@edu.xunta.es

Vara Ogando, Mª del


INFANTIL E PRIMARIA 32820005V mariadelmarvara@edu.xunta.es
Mar
Vázquez Vázquez, Isabel PRIMARIA 33303134P vazquezvazquez@edu.xunta.es

Yáñez Seoane, Mª Victoria INFANTIL 32651304K ma.victoria.yanez@edu.xunta.es

4
Proxecto C.R.A 2.0. CRA Ponte da
Pedra

Coordinación do proxecto

APELIDOS E NOME ESPECIALIDADE NIF E-MAIL

Vaamonde García, Mar ED. FÍSICA 32840596-T marvaamonde@edu.xunta.es

4.-Descripción breve do proxecto e identificación do centro

Un CRA (Centro Rural Agrupado) é unha forma de organización das escolas


unitarias que reúne unha serie de vantaxes fronte a ditas escolas por separado: os
mestres non están sós e supón unha maior rentabilización de recursos materiais,
económicos e persoais.

Non obstante, hai que ser conscientes de que un CRA non é un centro ordinario,
no que a sala de profesores é punto de reunión, de intercambio de información, de
expresión e coordinación entre mestres. No CRA non temos esa posibilidade diaria de
comunicación (salvando as reunións semanais, claustros ocasionais e breves
intercambios dos especialistas cos titores das escolas). O único día no que estamos
todos xuntos é o luns: dúas horas que as veces redúcense a unha (tamén hai que
atender aos pais) e na que hai que tomar decisións, celebrar as reunións de
coordinación de centro,... Como suplir esta carencia? Como aumentar as interacións
entre o profesorado e dirixilas cara á coordinación do traballo docente?

Esta problemática non só afecta ao profesorado, tamén ao alumnado das


diferentes escolas. As interaccións entre elas adoitan reducirse ás celebracións comúns,
saídas e excursións, as cales, aínda que son moi satisfactorias, resultan insuficientes
dende o noso punto de vista, ademais de alonxadas no tempo.

Nesta situación, a progresiva introdución das TIC na educación, e en concreto no


noso centro, estase convertindo na nosa mellor aliada.

Con este proxecto pretendemos paliar as desvantaxes existentes nun CRA en


canto a participación e coordinación docente, utilizando das TIC como elementos
facilitadores da nosa organización, participación e colaboración interprofesorado e, así

5
Proxecto C.R.A 2.0. CRA Ponte da
Pedra

mesmo, utilizalas como canle de comunicación entre os alumnos/as das escolas do


colexio.

Por outra banda, perseguimos aumentar a preparación do profesorado no uso


das TIC e das ferramentas 2.0, coa finalidade de que dita capacitación redunde na
formación do noso alumnado en canto á competencia dixital. Esta competencia dixital
irase construindo paso a paso a través da incorporación das TIC na metodoloxía dos
docentes, realización de actividades por parte dos nenos/as, etc. Desta forma paliamos
dalgún xeito unha certa situación de desvantaxe por parte daqueles alumnos/as que
non dispoñeb na casa de conexión a internet.

Finalmente, buscamos unha vinculación escola-familia máis estreita, efectiva e


real, tratando de implicar aos pais/nais dentro da vida das aulas cunha orientación
educativa. Todo isto a través das tecnoloxía.

Todos os aspectos que acabamos de citar teñen, durante o presente curso


2009/10, unha especial relevancia que radica no feito de que o equipo de Educación
Infantil este ano tomou a decisión de non seguir un método comercial de traballo (libros
de texto de editoriais), senón que a iniciativa tomada é a de recompilar, organizar e
crear material de diversa índole para traballar co alumnado. Neste sentido, pensamos
que as TIC poden (e deben) ser o eixo vertebrador deste traballo por motivos
inherentes aos aspectos antes mencionados, e que se resume no seguinte: utilizar as
TIC como elemento metodolóxico, organizativo, comunicativo e formativo.

5.-Análise da situación do centro

 Infraestruturas e soportes do centro e a súa utilización

O CRA Ponte da Pedra está formado por sete escolas con once unidades. Dúas
destas unidades son novas aulas habilitadas este ano, polo que aínda non dispoñen
dunha dotación TIC procedente da Xunta. A continuación presentamos unha táboa onde
recollemos os elementos TIC que posúe o centro e a súa localización. Posteriormente
sinalaremos o tipo de uso que se lle da a cada un deles.

6
Proxecto C.R.A 2.0. CRA Ponte da
Pedra

1. Ordenadores (por tipo ) CANTIDADE LOCALIZACIÓN


Ordenadores portátiles 18 Profesorado / Escolas
Ordenadores fixos 9 3 na sede e 6 nas escolas
2.- Ordenadores (por utilización) CANTIDADE LOCALIZACIÓN
Tarefas administrativas 2 Sede do CRA
Tarefas propias do profesorado 1 Sede e profesorado
Tarefas propias do profesorado e do
24 Profesorado / Escolas
alumnado
OUTRO MATERIAL / SERVIZOS LOCALIZACIÓN

Encerados Dixitais Interactivos 8 Escolas (fixos na parede)


Escolas (en soporte fixo no
Canóns proxectores 9
teito)
Impresoras 12 Escolas e Sede

Webcams 8 Escolas e unha na sede


En todas as aulas excepto nas
Internet (cable e wifi) Sí de nova habilitación (Cances e
Sísamo)
Radiocassettes con lector CDs 8 Escolas
OUTRO EQUIPAMENTO INFORMÁTICO CANTIDADE LOCALIZACIÓN
1 nunha escola, 1 na sede.
Escáner 4
2 aínda por ubicar.
Cámara fotográfica dixital 2 Sede
Debido a extravío, avaría ou
Pen DrIves 15 ampliación de profesorado 5
mestres usan o seu pen persoal.
Disco Duro (320 Gb) 1 Sede do CRA

PÁXINA WEB DO CENTRO LIGAZÓN

O centro participa no proxecto de Webs


http://centros.edu.xunta.es/crapontedapedra
Dinámicas da Xunta de Galicia (Drupal).

7
Proxecto C.R.A 2.0. CRA Ponte da
Pedra

UTILIZACIÓN DOS SOPORTES DO CENTRO:

ORDENADOR DE SOBREMESA E/OU PORTÁTIL: Practicamente todos os titores e


especialistas teñen asignado un portátil co que poden conectarse a internet nas aulas e
na sede, traballar na casa, ou levar aos cursos de formación. Ademais dos portátiles, a
metade das escolas posúen un ordenador de sobremesa. Os equipos informáticos teñen
instalados programas como o Notebook de Smart para a creación de materiais de
traballo no EDI, o Skype (para a comunicación entre as escolas e coa sede), Incredimail
(xestor de correo electrónico), e outro tipo de software educativo. O seu uso difire
someramente dunha escola a outra en función do titor/a pero practicamente en todas
elas se utilizan os equipos para utilizar coa PDI, traballar cos “Contidos Educativos” do
portal da Xunta, realizar consultas en internet, videoconferencias ocasionais, etc.

INTERNET: Todas as aulas excepto as dúas de nova creación posúen internet, a maioría
con conexión Wifi. O edificio da Sede tamén dispón de conexión inalámbrica. Esta
conexión é utilizada tanto para realizar tarefas como as anteriormente descritas (portal
de Recursos educativos, videoconferencias,...), dirixidas claramente ao alumnado, como
para o traballo persoal e coordinación do profesorado (navegación por internet para a
preparación das clases, consulta do correo electrónico e da carpeta compartida do
CRA,...). Así mesmo, na sede, estableceuse unha rede na que se comparten carpetas e
impresoras como forma de optimizar recursos.

PROXECTORES: Dispoñemos de 9 canóns proxectores. Todas as escolas teñen instalado


un proxector fixo no teito. As que non o teñen son as dúas de nova creación. Non
obstante, ambas teñen a posibilidade de trasladar ao seu alumnado, cando o precisen, á
aula na que teñen á súa disposición tanto proxector como EDI. O uso maioritario dos
proxectores é xunto co EDI, sendo tamén utilizado para a proxección de películas,
videos educativos, actividades co correo electrónico, e traballo diverso cos alumnos en
internet.

ENCERADO DIXITAL INTERACTIVO: Temos oito EDIs colocados fixos na parede. As aulas
que non dispoñen del son aquelas que comparten edificio con outras aulas con
encerado dixital, polo que teñen a posibilidade de intercambiar as aulas en momentos
puntuais. Somos conscientes de que a forma ideal de organización é posuír un EDI
permanentemente no espazo onde se desenvolve a vida educativa, por iso temos
solicitado á UAC un par delas máis, para as aulas de nova creación. A utilización destes

8
Proxecto C.R.A 2.0. CRA Ponte da
Pedra

encerados difire tamén en función dos titores. Habitualmente adoitan ser utilizados con
actividades creadas co Notebook, os Recursos do portal da Xunta, CDs de editoriais, e en
ocasións, programas moi axeitados para traballar con el (tipo Tuxpaint).

WEBCAMS: Foron adquiridas o curso pasado, co obxecto de realizar videoconferencias


entre as escolas do CRA. Utilizáronse así mesmo na área de Educación Física para
realizar varios xogos tipo “Eyetoy”, para xogos con webcam, así como para gravar vídeos
de curta duración que con posterioridade se colgaron la galería da web do centro.

ESCANER: Durante este curso está sendo moi utilizado coa finalidade de levar ao EDI
actividades que tradicionalmente facíanse en papel. Isto en absoluto implica que os
nenos/as deixen de traballar aspectos tan importantes como a grafomotricidade co
lapis. Simplemente engádese outro modo de traballar o mesmo aspecto a través dun
novo soporte.

CÁMARA FOTOGRÁFICA DIXITAL: Emprégase sobre todo para a recollida de


información visual das actividades complementarias (excursións educativas e
celebracións) que posteriormente son visualizadas nas clases e empregadas para
traballo de aula. Por outra banda, a cámara dixital ten tamén outros usos diferentes. Por
exemplo, en Educación física con frecuencia se utiliza para fotografar posturas, traballar
a expresión facial ou corporal, etc. Nalgunhas escolas úsase tamén para que o alumnado
explore o seu entorno próximo, fotografando por exemplo insectos ou outros seres
vivos do patio. Algunha escola posúe una cámara infantil moi axeitada para os nenos/as.
Neste punto hai que sinalar que as cámaras que adoitan utilizarse para tales actividades
son as persoais do profesorado, polo convencemento da maioría de docentes da
importancia deste soporte como recurso educativo.

PÁXINA WEB: Fai dous cursos iniciouse a construcción da web do centro. Actualmente
utilízanse as tres ferramentas que engloba a páxina:
- DRUPAL (web): A maior parte da información sobre o CRA atópase nela (localización e
características de cada escola, compoñentes do Claustro e Consello Escolar, Equipos de
Coordinación Docente, calendario lectivo, novas dirixidas a pais e mestres,...). Por outra
parte, varias escolas a utilizan como blogue introducindo contidos nas seccións das súas
respectivas escolas. Esto supón unha oportunidade para que tanto as familias como o
alumnado doutras escolas coñezan dalgún modo algunhas das experiencias de aula que
se realizan.

9
Proxecto C.R.A 2.0. CRA Ponte da
Pedra

- COPPERMINE (galería): Ademais do equipo TIC ou o de Actividades Complementarias,


son varios os mestres que suben fotos á galería. Ademais da visualización e traballo
didáctico das saídas complementarias que facemos, tense utilizado a galería para
traballar a expresión corporal, subida de vídeos de educación física, etc.
- MOODLE (aula virtual): Iniciamos o tratamendo do Moodle como plataforma para
recuperar documentos que poden ser necesarios nun momento dado (listados de
alumnos e profesores, actas de claustros e consellos, lexislación,...). Tamén se utiliza
para crear cursos sobre contidos TIC, tales como cursos de formación sobre Encerado
Dixital. Durante este ano ademais crearemos cursos sobre as unidades didácticas a
traballar co alumnado de Infantil e tamén co de Primaria.

 Formación TIC do profesorado participante

Como na maioría dos centros, a formación TIC do profesorado varía moito dun
docente a outro. Non obstante, debido á progresiva introdución de elementos TIC nas
aulas (portátiles, EDI, proxectores, webcams,...) existe un interese común de mellora e
avance neste eido.

Grazas á dinámica organizativa que estamos tratando de implantar nos últimos


anos no CRA, a maior parte do claustro utiliza, en maior ou menor medida, as TIC tanto
como elemento organizativo ou de traballo colectivo (o correo electrónico é unha canle
esencial comunicación entre nós; a aula virtual un potencial lugar para compartir,...) así
como elemento metodolóxico na aula (uso do EDI, pesquisas en internet, recursos
educativos,...).

Nos últimos dous anos solicitamos e realizamos proxectos de formación en


centros adicados ao Encerado Dixital Interactivo: no curso 2007/08 o fixemos debido á
recente chegada dos EDI ao centro e no pasado curso 2008/09 volvemos a solicitalo por
mor da grande renovación de profesorado que tivo o CRA. Este ano a formación sobre
EDI aos mestres/as novos a realizaremos nós mesmos a través de seminarios internos.

Así e todo, aínda que o profesorado posúe xa a formación precisa respecto o EDI e
as súas posibilidades, este ano consideramos que é o momento apropiado para pasar de
ser consumidores de materiais a deseñadores e creadores de contidos. Isto ven
demandado pola necesidade suscitada pola eliminación dun método de editorial na
Educación Infantil.

10
Proxecto C.R.A 2.0. CRA Ponte da
Pedra

Por outra banda, dende a dirección e o equipo TIC adóitase dar publicidade dos
cursos ou eventos formativos relacionados coas TIC no concello ou zonas próximas.

 Organización e dinamización do centro no mencionado eido:

Aínda que xa existía unha filosofía de mellora en cuestión de formación en “novas


tecnoloxías”, a aparición no curso 2007/08 dun Equipo TIC que canalizara as accións
dirixidas á súa dinamización colaborou a que estas foran gañando un papel cada vez
máis importante na organización do CRA. Dende o primeiro ano, tivemos claro que dada
a especial casuística dos Colexios Rurais Agrupados, o uso do correo electrónico de
forma habitual para as comunicacións internas, a creación dunha páxina web como
forma de abrirnos ao entorno, a incorporación dos EDIs ás aulas,... eran elementos
esenciais para optimizar aspectos organizativos.

Os pasos dados en cada caso foron lentos pero seguros e sempre cara diante. En
relación ao correo electrónico incorporouse ao RRI o deber por parte dos docentes de
manterse informados das novas a través del, como forma de comunicación interna
(lectura de claustros e consellos, información sobre actividades,...). Na web do centro
vai medrando e pouco a pouco participan máis mestres; cada ano novas escolas se
suman aos blogues de aula; existe un interese crecente cara a formación e á
incorporación da tecnoloxía á vida escolar, e unha idea firme de que o noso alumnado
non pode permanecer alleo a todo o que as TIC lles poden aportar.

Dende a súa creación, o Equipo TIC tratou sempre de organizar os recusos


humanos e materiais o máis optimamente posible, dividindo en ocasións as tarefas
propias do equipo, como o mantemento da páxina web, a organización das diferentes
propostas de dinamización das TIC, a xestión dos avisos á UAC para unha pronta
solución, creación de titoriais,...

11
Proxecto C.R.A 2.0. CRA Ponte da
Pedra

6.- OBXECTIVOS DO PROXECTO “C.R.A. 2.0.”

Sinálanse a continuación os obxectivos xerais do proxecto agrupados en relación ás


áreas sinaladas na convocatoria:

A. Obxectivos relacionados coa capacitación do profesorado

OBXECTIVO A.1. Incidir na autoformación no centro a través de pequenos seminarios


que redunden na mellora da capacitación do profesorado respecto ao uso das
tecnoloxías da información e da comunicación.

OBXECTIVO A.2. Elaborar cursos ou titoriais en Moodle sobre diferentes aspectos do


manexo das TIC.

B. Obxectivos relacionados coa utilización de recursos na aula e aspectos


metodolóxicos

OBXECTIVO B.1. Utilizar as TIC como parte integrante das rutinas diarias e da
metodoloxía da aula.
OBXECTIVO B.2. Creación de materiais TIC de diferente soporte (Notebook, powerpoint,
galerías de imaxes, blogues,...) para traballar co alumnado diferentes temas ou centros
de interese.
OBXECTIVO B.3. Aumentar a interacción do alumnado das diferentes escolas a través
das TIC e como forma de fortalecer o vínculo escola-familia (videoconferencias, envío de
correos electrónicos, videomails, etc).

C. Obxectivos relacionados con estratexias de liderazgo e organización do


centro no uso das TIC

OBXECTIVO C.1. Coordinar e avaliar as actividades relacionadas co uso das TIC non so a
nivel de Equipo TIC senón incorporando a programación e avaliación deste tipo de

12
Proxecto C.R.A 2.0. CRA Ponte da
Pedra

accións na orde do día nas Comisións de Coordinación Pedagóxica e nos Equipos de


Ciclo.
OBXECTIVO C.2. Establecer accións a través das TIC que redunden na mellora da
organización do centro e de coordinación entre o profesorado do CRA (ferramentas 2.0
como axuda á coordinación docente: blogues, aula virtual,...)

D. Obxectivos relacionados con estratexias e mecanismos de difusión das


boas prácticas realizadas nos centros educativos

OBXECTIVO D.1. Converter os espazos da páxina web do centro nun lugar que sirva de
referencia, axuda ou guía para as prácticas tanto do profesorado actual do centro,
comunidade educativa, futuros docentes do CRA e persoas alleas a este.

A continuación desglosamos cada un destes obxectivos nos seguintes apartados:


contidos, actividades, competencias que desenvolven, procedementos de traballo,
recursos humanos e materiais.

13
Proxecto C.R.A 2.0. CRA Ponte da
Pedra

A. Obxectivos relacionados coa capacitación do profesorado

OBXECTIVO A.1. Incidir na autoformación do centro a través de pequenos


seminarios que redunden na mellora da capacitación do profesorado respecto
ao uso das tecnoloxías da información e da comunicación.

Dende o equipo de Coordinación TIC ofreceranse reunións de formación


intracentro sobre aqueles aspectos nos que detectemos necesidades ou que demande o
profesorado (utilización do EDI nas dinámicas de aula; o uso educativo da web do
centro; deseño e creación de materiais didácticos utilizando o EDI e os recursos da web
2.0,...) co fin de aumentar e mellorar a capacitación do profesorado no uso e emprego
das TIC en educación.

1.- Programa de contidos e actividades coa súa temporalización:

ACTIVIDADES TEMPORA-
CONTIDOS
CONCRETAS LIZACIÓN
Presentación ao novos
mestres das seccións
Visión xeral do uso das TIC no CRA (para o novo
da web do centro, SETEMBRO
profesorado)
ferramentas e software
co que contan.
Xestión de carpetas compartidas. Como crealas.
Como subscribirse a unha. Como acceder. SETEMBRO
Utilidade das carpetas compartidas.
Xestor de correo electrónico infantil: Incredimail. Realización de
Instalación, funcionamento e configuración do seminarios nos que se
programa. Como enviar un correo atractivo para darán as explicacións
os nenos/as. Incorporación de fontes escolares. relativas a cada un
Inserción de imaxes e fondos. Aplicacións dos contidos da OUTUBRO
didácticas na aula. Sensibilización da súa utilidade columna da esquerda.
como método de comunicación coas demais
escolas, familias ou outras entidades. Fórmulas
para a implicación das familias.

14
Proxecto C.R.A 2.0. CRA Ponte da
Pedra

Manexo co E.D.I. Primeiros pasos: instalación dos


elementos. Solucións aos problemas principais.
Idem OUTUBRO
Mantemento básico do proxector e do EDI. Usos
educativos dos EDIs.
Xestión das Webs dinámicas: Drupal,
Coppermine e Moodle.

- DRUPAL: Como realizar entradas en Drupal.
TRIMESTRE
Inserción de imaxes e ligazóns. Usos didácticos Drupal
Realización de
para o alumnado. Implicación das familias.
seminarios nos que se
- COPPERMINE: Estrutura do Coppermine 2º
darán as explicacións
(categorías, subcategorías e álbumes). Subir TRIMESTRE
relativas a cada un dos
fotografías. Engadir comentarios. Usos didácticos Aula Virtual
contidos da columna
co alumnado.
da esquerda. 3º
- MOODLE: Estrutura da Aula Virtual (Categorías,
TRIMESTRE
subcategorías e Cursos). Como crear un curso.
Coppermine
Engadir recursos. Usos para a coordinación e
colaboración docente.
Videoconferencias e vodeocorreos. Uso do
software e hardware necesario para a
Idem XANEIRO
comunicación a distancia. Intercambiar arquivos.
O seu funcionamento. Usos educativos.
Webcams. O seu funcionamento. Toma de fotos
con webcams. Gravación de vídeos. Realización
Idem XANEIRO
de videoconferencias. Outras posibilidades (xogos
con webcam,...).
NOTEBOOK (software de Smart para EDI).
Idem FEBREIRO
Características máis utilizadas do programa.
Usos educativos de internet. Buscadores,
enciclopedias, dicionarios, Youtube, Idem MARZO
GoogleEarth/Google maps, webs educativas).
Ferramentas 2.0. A súa integración en Drupal Idem ABRIL

Impresión en rede. Idem MAIO

15
Proxecto C.R.A 2.0. CRA Ponte da
Pedra

Outros contidos demandados polos docentes Cando xurda


segundo as necesidades que o curso escolar Idem a
plantexe. necesidade

Estes seminarios faranse de forma periódica con carácter mensual ou ben cando se
presente a necesidade de realizalos. Non establecemos data concreta de realización
debido a que o día e hora será determinado polo grupo de persoas que precise
formación. Non obstante, sinalamos o mes aproximado ou o trimestre de celebración
de cada seminario.

2.- Competencias básicas a traballar

Neste caso, ao ser un obxectivo dirixido á aumentar a capacitación do profesorado no


uso das TIC, a incidencia está fundamentalmente na competencia dixital do
profesorado, que sen dúbida algunha redundará na do alumnado. Non obstante, esta
competencia dixital non camiña soa, senán que vai da man da consecución de todas as
demais de forma interrelacionada. As ferramentas antes citadas, aplicadas co noso
alumnado en contextos e actividades educativas, colaborarán ao desenvolvemento de
todas as demais, como explicaremos máis adiante no apartado referido aos obxectivos
do bloque B (relaconados coa utilización de recursos na aula e aspectos metodolóxicos).

Se continuamos aplicando as competencias básicas do currículo aos mestres, ademais


da dixital debemos sinalar tanto a competencia de aprender a aprender, polo o que as
propias TIC ofrecen en canto a posibilidades de autoguiar a nosa aprendizaxe (e a dos
nenos/as), e a de Iniciativa e autonomía persoal, en canto á autoxestión no deseño e
creación de materiais pedagóxicos que a capacitación dixital ofrece ao profesorado.

3.- Metodoloxía que se pretende seguir e procedementos de traballo previstos.

Ao inicio de cada trimestre os participantes inscribirase naqueles seminarios


programados nos que precisa formación. Contémplase a posibilidade de que dita
“inscripción” se realice a través da propia Aula Virtual.

16
Proxecto C.R.A 2.0. CRA Ponte da
Pedra

4.- Organización de recursos humanos e materiais.

Recursos humanos: Os seminarios serán impartidos ben pola persoa coordinadora, ben
por compañeiros/as que dominen os contidos a divulgar. Contemplamos a posibilidade
de solicitar o asesoramento dalgún experto/a nalgún dos temas a tratar.

Recursos materiais: Os seminarios descritos realizaranse en principio na sede ou


nalgunha das escolas (o único criterio será a presenza da tecnoloxía necesaria), na que
nos reuniremos todos os participantes que precisen formación nos aspectos a tratar.
Con carácter xeral, precisaremos de equipos informáticos para os docentes, conexión a
internet, EDI,...

17
Proxecto C.R.A 2.0. CRA Ponte da
Pedra

OBXECTIVO A.2. Elaborar cursos ou titoriais en Moodle sobre diferentes


aspectos do manexo das TIC.

A finalidade deste obxectivo é o de ir creando un repositorio de titoriais


formativos sobre os diferentes aspectos tratados nos seminarios, de modo que o
profesorado poida recurrir a eles en calquera momento. Toda a documentación de
interese, irase subindo para ir creando cursos completos de temáticas tipo a utilización
do EDI, as ferramentas 2.0, a xestión do correo electrónico, etc.

1.- Programa de contidos, actividades e temporalización:

ACTIVIDADES
CONTIDOS TEMPORALIZACIÓN
CONCRETAS
Os contidos a cargar no moodle Creación de
serán os mesmos que os sinalados videotitoriais sobre
Trala celebración de
para os seminarios explicados aspectos relacionados
cada seminario (ver
anteriormente (ver Obxectivo A.1.). coas TIC.
temporalización do
Non obstante contemplamos a Ver exemplo:
http://www.youtube.com/watc
obxectivo A.1.),
posibilidade de incorporación h?v=R5bQY9WDAVI deixaremos un máximo
doutros tipos de contidos en función Creación de cursos en de 2 semanas para
das necesidades que se presenten. Moodle que recollan subir os contidos
os contidos referentes pertinentes ao Moodle,
aos seminarios do de forma que o
Familiarización do profesorado no
Obxectivo A.1. (e profesorado terá a
uso do Moodle como lugar de
aqueles outros que información lista para
autoformación ou para acadar a
poidan surxir). apoiarse nela en caso
solución de problemas técnicos que
Ver exemplo: de necesidade.
poidan presentarse. http://centros.edu.xunta.es/cra
pontedapedra/moodle/course/
view.php?id=21

18
Proxecto C.R.A 2.0. CRA Ponte da
Pedra

2.- Competencias básicas a traballar.

Coma para o obxectivo A.1, a finalidade última deste outro é a formación do


profesorado en referencia á utilización das TIC; neste caso, perséguese a creación dunha
plataforma permanente onde recollamos a información ofrecida nos seminarios, pero
de forma escrita para que esté accesible a todo o mundo en calquera momento. Esto
redundará no aumento da competencia dixital do profesorado. Este sitio servirá tamén
como lugar para que outras persoas da comunidade escolar interesadas en participar na
páxina web teñan un lugar que lles titorice esta labor.

3.- Metodoloxía que se pretende seguir e procedementos de traballo previstos.

Cando un curso esté xa en funcionamento, daráselle a publicidade pertinente aos


participantes do proxecto para que estean informados e poidan consultalo. Os cursos
estarán en todo momento abertos para novas incorporacións de materiais dos
participantes.

4.- Organización de recursos humanos e materiais.

Recursos humanos: Os cursos serán elaborados pola persoa coordinadora ou por


compañeiros/as que dominen os contidos a divulgar.

Recursos materiais: Plataforma Moodle. Disco duro, pendrives e soportes magnéticos


para gardar as copias de seguridade dos cursos elaborados. Posibilidade de imprimir
algún manual.

19
Proxecto C.R.A 2.0. CRA Ponte da
Pedra

B. Obxectivos relacionados coa utilización de recursos na aula e aspectos


metodolóxicos

Consideramos este segundo apartado como o de máis peso por estar os seus obxectivos
máis directamente enfocados ao traballo co alumnado. Neste apartado establecemos
tres obxectivos.

OBXECTIVO B.1. – Utilizar as TIC como parte integrante das rutinas diarias e da
metodoloxía da aula.

1.- Programa de contidos, actividades e temporalización:

TEMPORA-
CONTIDOS ACTIVIDADES CONCRETAS
LIZACIÓN
As rutinas en educación infantil supoñen unha
importante e axeitada forma de organizar as clases
e a estructuración temporal da xornada dos máis
pequenos.
No CRA Ponte da Pedra creouse hai dous anos un Cada mañá a
recurso titulado “Rutinas de E.I” para traballar no primeira hora.
Integración da
EDI. É unha proposta de organización das No caso de ter
Pizarra Dixital especialidade
primeiras actividades do día: comprobar que
Interactiva nas de inglés o
compañeiros viñeron a clase, que día da semana é,
rutinas diarias do recurso a
en que estación estamos, que tempo fai hoxe,...
alumnado de utilizar será o
Estas rutinas que ata agora eran traballadas con propio creado
Educación Infantil.
recortes de revistas ou debuxos en cartulinas nesta lingua
Ver Anexo 1
deseñados polo profesorado, agora dan un salto á (ver apartado
dixitalización dese material tratando de facelo non de inglés)
só máis motivador, interactivo e vistoso, senón
tamén máis achegado ás características da
realidade que ás veces o papel non pode ofrecer.
Máis información: Ver Anexo 1.

20
Proxecto C.R.A 2.0. CRA Ponte da
Pedra

TEMPORA-
CONTIDOS ACTIVIDADES CONCRETAS
LIZACIÓN

Uso do EDI e as TIC


O EDI como soporte para o traballo de diferentes
en xeral na
contidos propios de Educación Infantil e de 1º ciclo Diaria
dinámica ordinaria
de Ed. Primaria.
de clase.

Utilización de Cando os conti-


Realizar consultas en Google, Wikipedia,
Internet como dos/dinámica
Youtube,... sobre temas que se estén a tratar na
fonte de da clase o
aula ou de interese para o alumnado.
coñecemento. demande

Actividade para a conmemoración do día das


Letras Galegas:
-Uxio Novoneira realizaba moitos traballos de
campo sobre á natureza do Courel para logo
plasmalo na súa obra. Algunhas escolas decidiron Unha saída en
facer tres rutas (en outono, en inverno e en cada trimestre
Introducción das
primaveira) polos lugares cercanos, observar a
TIC para o traballo
paisaxe e sacar fotografías e posteriormente
de
observar as fotos e establecer que diferenzas
conmemoracións
atopan (cambios na paisaxe, a nosa roupa,...).
ou educación en
valores.
Educación en valores: Educación do consumidor.
Actividade de análise de anuncios de xoguetes. O No primeiro
obxectivo é observar como se ve o xoguete no trimestre,
anuncio (características de tamaño, próximo ao
movemento,...) para a súa posterior comparación Nadal
co xoguete na realidade.

21
Proxecto C.R.A 2.0. CRA Ponte da
Pedra

TEMPORA-
CONTIDOS ACTIVIDADES CONCRETAS
LIZACIÓN
-Xogos con webcam.
-Alfombra de baile (“PC Fit“, Stepmanía)
-Aplicación dalgunhas das actividades recollidas no
blogue de Educación Física e TIC “Proxecto Maese”
http://proxectomaese.blogspot.com)
-Búsquedas en internet sobre contidos
relacionados coa Educación Física (o esqueleto, o
corazón, a respiración,...).
-Visionado de infografías sobre contidos propios
da área de educación física.
-Expresión corporal: grabación con webcam. Subir
a Coppermine para posteriormente adiviñar as
representacións feitas polos nenos/as doutras
escolas.
Incorporación das
-Uso da cámara dixital e da galería Coppermine Ao longo de
TIC na área de
para o traballo da expresión facial. todo o curso
Educación Física
-Proxección de fotografías para o traballo de
diferentes do currículo de Ed.Física (control
postural, imitación, equilibrio-desequilibrio,
expresión corporal,...)
-Gravación de videos dalgunhas tarefas. O feito de
que o alumnado se vexa a si mesmo na súa
práctica motriz ten numerosas vantaxes
empezando pola retroalimentación para as súas
accións. Por outra parte pode supoñer unha axuda
unha forma de traballar e avaliar a aceptación da
súa imaxe corporal.
-Búsqueda de diferentes xogos populares galegos
na rede para o seu posterior práctica adaptada ou
non.

22
Proxecto C.R.A 2.0. CRA Ponte da
Pedra

TEMPORA-
CONTIDOS ACTIVIDADES CONCRETAS
LIZACIÓN

-Utilización do EDI para realizar actividades en


Notebook e Lim.
-Proxeccións co canón de recursos relacionados
Incorporación das
coa área de expresión musical. Ao longo de
TIC na área de
-Audicións de pezas musicais de diferente índole: todo o curso
Educación Musical.
populares, tradicionais, folclóricas,...
-Emprego do Audacity para realizar gravacións de
produccións musicais do alumnado.

-As rutinas en inglés para traballar no EDI. (Ver


Anexo 2).
-Utilización do EDI para realizar actividades en
Notebook, e como soporte para a presentación de
contos e cancións.
-Utilización de internet para a realizacion de
webquest dirixidas.
-Uso do internet como ferramenta motivadora
para os alumnos: visualizacion de videos,
Incorporación das
videoclips, cancions, nursery rhymes, xogos
TIC na área de
interactivos,... Ao longo de
Lingua estranxeira
-Uso de prestentacións (Notebook, Powerpoint,...) todo o curso
(inglés).
para introducir novo vocabulario dunha maneira
Ver ANEXO 2
máis atractiva para os nenos e nenas.
-Sesións de karaoke para practicar a pronunciación
por medio de cancións infantís en lingua inglesa.
-Uso da webcam/videoconferencias/emails para
comunicarse con nenos/as de escolas situadas no
estranxeiro.
-“A moza de Fuco escribiunos un email”: O correo
electrónico como forma de introducir actividades
motivantes para os alumnos/as.

23
Proxecto C.R.A 2.0. CRA Ponte da
Pedra

TEMPORA-
CONTIDOS ACTIVIDADES CONCRETAS
LIZACIÓN
-Traballo de series temporais, actividades de
audición e linguaxe, etc para traballar no EDI.
-Actividades de desenvolvemento dos procesos
psicolóxicos básicos a través do EDI: Memory (co
Toolkit), búsqueda de diferenzas, memorización de
imaxes, xogo dos intrusos,...
Incorporación das -Utilización de presentacións tipo Powerpoint para
TIC nas actividades traballar contos adaptados ás necesidades dos
de reforzo a alumnos/as. Ao longo de
alumnado con -Actividades de expresión emocional utilizando a todo o curso
necesidades cámara dixital.
educativas. -Traballo da empatía con tarefas de identificación
das caras de emocións dos demais.
-Utilización de internet para despexar dúbidas e
guiar o descubrimento do mundo por parte do
alumno/a.
-Búsqueda de imaxes en google-imaxes, vídeos
sobre como sucede algunha situación, ...

2.- Competencias básicas a traballar.

No apartado seguinte realizamos unha explicación ampla de como e en que


medida desenvolveremos as capacidades básicas traballando a través das TIC. Nos
seguintes obxectivos remitirámonos as anotacións que a continuación presentamos:
Competencia en comunicación lingüística:
Todos os contidos educativos traballados a través das TIC axudan a que o
alumnado incorporen a linguaxe como método de representación, interpretación e
comprensión da realidade. Na rede os nenos/as atopan explicacións orais a partir de
vídeos, información escrita adaptada ás súas idades, deben facer pesquisas escribindo
correctamente o obxecto a buscar, discernir entre información non importante e a
desexada, etc. Por outra parte, ademais da información (oral ou escrita) que a rede lles
ofrece, tamén eles son productores de mensaxes tanto orais, escritos e incluso motrices

24
Proxecto C.R.A 2.0. CRA Ponte da
Pedra

(que non deixa de ser outra forma de comunicación ainda que non sexa lingüística).
Deben asi mesmo realizan interpretacións de contidos visuais que dan pé á realización
de descricións e expresión de ideas propias.
O traballo de contos a través de presentacións atractivas está colaborando a
fomentar o placer pola lectura, obxectivo fundamental que contemplamos no noso Plan
Lector.
As actividades de aprendizaxe do inglés a través das TIC facilita así mesmo que o
alumnado acade unha competencia comunicativa nunha segunda lingua.
Por outro lado, aquelas actividades nas que se utiliza como medio de traballo os
comentarios escritos na galería de Coppermine, tamén supoñen unha clara labor
dirixida á comunicación a través da lingua escrita.
En resumo, a utilización das TIC contribue a mellora da competencia lingüística
fomentando a participación, respectando a diversidade de respostas e ofrecendo un
clima no que se anima ao intercambio comunicativo expresando e comprendendo
mensaxes, describindo obxectos persoas e situacións, organizando de forma clara e
coherente a mensaxe, interpretando a información visual, etc.
Competencia matemática: Actividades na EDI como son as sumas mentais con
números que aparecen ao interactuar cun dado, premer no número das cousas que
vexo no panel, o xogo do tangram, actividades de tendas,...), recursos existentes na
rede como matemáticasdivertidas.com e un longo etcétera. Todas estas actividades
colaborarán ao desenvolvemento desta competencia, incentivando ademais o gusto e
interese polas matemáticas a través de actividades atractivas e fuxindo daquelas outras
repetitivas e pouco significativas para o alumnado. O goce polos números e o traballo
das nocións matemáticas insertas en situacións en contextos motivadores, reais e
acordes cos intereses dos nenos/as colaborarán a que ao desenrolo e aplicanción do
pensamento matemático co fin de resolver diversos problemas en situación cotiás.
Crearanse materiais que desenvolvan aspectos matemáticos como os sinalados a
cotninuación: Percepción e identificación das cualidades de obxectos; situación dos
obxectos no espazo (dentro/fora- enriba/debaixo, arredor, etc.); relacións de orde,
seriacións, secuencias temporais e clasificacións; a serie numérica e a súa grafía;
orientación temporal (antes/despois,…).
Pero ademais das actividades que realizamos de cara ao desenvolvemento
concreto desta competencia, o propio uso do EDI supón un traballo implícito das
nocións asociadas a relacións espaciais e temporais: orientación espacial (en canto á

25
Proxecto C.R.A 2.0. CRA Ponte da
Pedra

manipulación dos diferentes elementos que manexamos, situándoos arriba/abaixo, á


dereita/á esquerda,...) e temporal (páxina anterior, páxina posterior,...).
Así mesmo, os xogos con webcam o alumnado debe realizar movementos en
función dalgún estímulo mentres que se está a ver nunha pantalla, sendo a
retroalimentación é maior e diferente. O feito de verse reflexado unido ao tipo de
movementos que nestes xogos acostuman a facerse (brazo arriba/abaixo -
esquerda/dereita) incide positivamente na afirmación da lateralidade e no traballo das
nocións espaciais e temporais.
Competencia do coñecemento e a interacción co mundo físico: Calquera aspecto
relacionado co mundo físico, sexa fenómeno natural ou xerado polo home, somos
capaces de levalos á aula grazas as TIC e internet. Non importa que o ditos fenómenos
non estén ao noso alcance, podemos visionalos de forma inmediata e facilitar así aos
rapaces/as ese entendemento do mundo e guialos para que prograsivamente vaian
xerando habilidades que lles permitan desenvolverse adecuadamente no entorno.
Vídeos de como nace unha pranta, de como nace un neno ou de como se fai o
cemento,... Fotografías sobre animais, paisaxes, persoas de diferentes razas,... Todo o
imaxinable o podemos levar a aula en cuestións de segundos.
E non só iso. As propias aulas son productoras de información relevante sobre
diferentes ámbitos da vida: contar a través do blogue como marcha a horta dunha das
nosas escolas, ensinar como van medrando as leitugas de tal outra,...
Moitas preguntas e dúbidas que a estas idades se plantexan sobre as cousas que
suceden ao seu arredor, por iso é unha bo recurso internet, e a partir desa pregunta,
seguir un protocolo de “investigación” e colgalo no blogue de cada escola.
Por todo isto, as TIC contituen un recurso inagotable para isto, permitíndolles aos
nenos/as interactuar coas persoas, obxectos, explorando o espazo e o tempo,
ampliando deste xeito o seu coñecemento do mundo, identificando no visionado de
fotos os elementos da natureza, a observación das características e dos cambios dos
seres vivos, a identificación e definición dos membros dos seus grupos sociais, das
manifestacións culturais, etc.
Competencia dixital: Ademais da utilización das TIC como ferramentas ao servizo
do mestre como medio de presentación dos contidos, é un obxectivo da actual
lexislación o de dotar ao alumnado dunha competencia dixital.Este obxectivo colaborará
a dotar ao alumnado dunha competencia dixital axeitada ás súas idades. Neste sentido a
integración das TIC no traballo cotián da aula (explicacións, actividades, consultas na

26
Proxecto C.R.A 2.0. CRA Ponte da
Pedra

web,manexo das cámaras dixitais ou EDI,…) contribuirá a que os nenos/as se vaian


familiarizando con ditas tecnoloxías e coas posibilidades que éstas ofrecen.
Competencia cultural e artística: Non podemos deplazarnos a museos, a cidades
con monumentos... pero podemos, sen sair da aula, asistir a unha visita virtual ao
museo do Prado, ou visualizar co GoogleMaps a Torre Eiffel. Todos estes elementos
culturais e artísticos os podemos traballar posteriormente a través de presentacións, de
actividades na EDI. As produccións artísticas dos nenos en soporte dixital tamén
contribuirá a o desenvolvemento da súa creatividade, gozando e enriquecendose
persoalmente. O achegamento a diferentes pezas musicais clásicas, populares,
folklóricas,... na área de Educación Musical ou o traballo dos xogos populares galegos en
Educación Física son actividades que permitiran coñecer, comprender, apreciar e
valorar diferentes manifestacións culturais e artísticas e consideralas como parte do
patrimonio dos pobos.
Competencia social e cidadá: A través do traballo no EDI das Rutinas e as normas
da clase o alumnado aprende a vivir en sociedade, a participar plenamente na vida cotiá
da aula. Sumado ao respeto do turno de palabra e demais normas habituais nas aulas
con alumnado destas idades, no uso coas TIC existen tamén unhas regras claras a
respetar (co EDI é necesario tamén respetar turnos ou do contrario non funciona; as
cámaras...)
Moitas das tarefas que se plantexarán supoñen unha toma de decisións, e unha
valoración conxunta dos intereses individuais ou do grupo. Por exemplo, naquelas
escolas nas que se traballa por proxectos, a decisión sobre o tema a investigar debe ser
tomada polos propios alumnos/as buscando un consenso, investigación que logo se
levará a cabo, entre outros medios, utilizando as TIC.
O obxectivo aquí plantexado é eminentemente social e conleva relación,
respecto, desenvolvemento de habilidades necesarias para o traballo en grupo, de
hábitos de comportamento adaptados ao contexto, etc.
Competencia para aprender a aprender: Refírese a competencia para iniciar a
aprendizaxe e ser capaces de continualo, sendo conscientes da súa propia aprendizaxe.
Trataremos de que as actividades creadas na EDI sexa o propio alumno o que descubra
se o fixo ben ou mal, proporcionando un feedback instantáneo. Esto axuda ao alumnado
a recoñecer as súas potencialidades e nos permite traballar a capacidade de superar os
erros. Co progresivo manexo das ferramentas que están ao seu alcance en función da
súa idade, lles iremos achegando á idea de que calquera tipo de coñecemento está ao

27
Proxecto C.R.A 2.0. CRA Ponte da
Pedra

seu alcance, traballando as súas habilidades para que o fagan de forma eficaz e
autónoma.
Competencia para a autonomía e iniciativa persoal: Contribuimos a mellorar esta
competencia porque a través das actividades programadas permitimos ao noso
alumnado imaxinar, emprender accións, desenvolver proxectos individuais e colectivos
con creatividade, confianza e responsabiliadade.
En relación ao traballo da súa autoestima, o feito de grabar un video dalgunha
tarefa para logo mostrarllo aos nenos/as supón unha forma de avaliar a aceptación da
súa imaxe corporal e traballar se o vemos preciso a súa confianza en si mesmo.
Por outro lado, tratamos de ensinar aos nenos/as que coas ferramentas que
teñen ao seu alcance poden eles mesmos buscar a resposta de dúbidas ou curiosidades
que lles xurden, e que poden incluso converterse en pequenos exploradores sen
necesidade se viaxar presencialmente á selva africana, ao Amazonas, ou á lúa.

3.- Metodoloxía que se pretende seguir e procedementos de traballo previstos.

Unha das características maís importantes do noso centro é que estamos a


traballar con grupos de alumnos/as de niveis mesturados (en moitos dos casos ata cinco
niveis) o que fai que a atención á diversidade sexa un dos puntos fortes a hora de
programar actividades e desenvolver a metodología nas nosas aulas. As TIC supoñen
neste eido unha ferramenta imprescindible para nós.

O deseño de actividades para a utilización do EDI (así como outras utilizando


internet, correo electrónico,...) nos permite programar actividades nas que os
alumnos/as poden traballar ou ben en grupos de diferentes niveis (un alumno/a maior
traballando cun pequeño) ou ben nos dan a posibilidade de que os grupos de nivel
poidan estar desenvolvendo unha actividade mentras os mestres atendemos a outros
grupos noutras tarefas.

28
Proxecto C.R.A 2.0. CRA Ponte da
Pedra

4.- Organización de recursos humanos e materiais.

Recursos humanos: Todo o profesorado participante.

Recursos materiais: Precisaranse, entre outros, os seguintes elementos:


- Hardware: Equipos informáticos, proxector, EDI, Webcams, cámara dixital,
alfombra de baile (USB), Impresoras,...
- Software: Notebook, Incredimail, Stepmanía, Software de “PC Fit”, software
educativo, Paquete de ofimática (OpenOffice/MsOffice)...
- Recursos en internet: Google, Youtube; Wikipedia, páxinas de recursos
educativos,...

29
Proxecto C.R.A 2.0. CRA Ponte da
Pedra

OBXECTIVO B.2. - Creación de materiais TIC de diferente soporte (Notebook,


powerpoint, galerías de imaxes, blogues,...) para traballar co alumnado
diferentes temas ou centros de interese.

O feito de presentar ao alumnado material creado no propio contexto educativo


permitirá incidir máis nunha concreción dos contidos da aprendizaxe adaptados ás
características propias do noso centro.

1.- Programa de contidos e actividades:

CONTIDOS ACTIVIDADES CONCRETAS


-Crearanse actividades para traballar contidos sobre o
corpo, a escola, as diferentes estacións, o magosto, etc
-Documentos de traballo para o traballo da lectura e
escritura.
-Uso da cámara dixital para fotografiar ao alumnado
en secuencias accións cotiás (lavar as mans, chegar a
clase,...). Crear actividades para EDI de arrastre e
Creación de materiais colocación desas fotos cunha lóxica temporal
realizados en Notebook para secuencial. O uso de imaxes reais e persoais axudan a
o desenvolvemento dos identificar as secuencias que xa vivenciaron para poder
contidos propios de xeneralizar esa lóxica temporal.
Educación Infantil e 1º ciclo -Creación de xogos de Memory, búsqueda de
de Primaria en Notebook. diferenzas, memorización de imaxes (uso da cortinilla
e debuxar o que falta), etc.
-Creación de actividades para a práctica das praxias
(exercicios buco-faciales) e dos lotos fonéticos para
traballar a estimulación da linguaxe (esta forma de
traballo convirte unhas tarefas arduas e repetitivas en
actividades presentadas de xeito divertido, e son eles
quenes marcan o ritmo da actividade).

30
Proxecto C.R.A 2.0. CRA Ponte da
Pedra

CONTIDOS ACTIVIDADES CONCRETAS


Creación de adaptación de contos en presentacións
usando diferentes soportes (Notebook, Powerpoint,...)
Presentacións en diversos
para que a súa lectura sexa máis comprensiva.
soportes
Presentacións para traballar os diferentes contidos do
currículo.

Creación de recursos realizados con Hot Potatos ou


Ferramentas de autor
Ardora.

2.- Competencias básicas a traballar.

Desenvólvense as 8 competencias básicas do currículo (remitímonos ás argumentacións


ofrecidas para o obxectivo B.1.).

3.- Metodoloxía que se pretende seguir e procedementos de traballo previstos.

Toda a producción de materiais será canalizada a través das coordinadoras de etapa e


ciclo. Elas, coa axuda e asesoramento dos membros do equipo TIC, subirán ditos
materiais á aula virtual. A decisión de organizar o traballo deste xeito é porque
consideramos oportuno que, en aqueles espazos comúns da aula virtual, sexan un
número limitado de persoas os que suban os contidos co fin de garantir unha
coherencia na estructura deses cursos.

4.- Organización de recursos humanos e materiais.

Recursos humanos: Todos os participantes. A figura da coordinadora e demais membros


do Equipo TIC será esencial no asesoramento e titorización no proceso de creación. A
subida dos materiais, como dixemos, correrá a cargo das coordinadoras de ciclo/etapa,
dos membros do equipo TIC, e daquelas outras persoas que desexen colaborar nesta
tarefa.

Recursos materiais: Equipos informáticos, o software necesario, conexión a internet.

31
Proxecto C.R.A 2.0. CRA Ponte da
Pedra

OBXECTIVO B.3. - Aumentar a interacción do alumnado das diferentes escolas,


así como para crear un vínculo escola-familia a través das TIC
(videoconferencias, envío de correos electrónicos, videomails, etc).

Un dos obxectivos prioritarios do noso Plan de Convivencia é o de de aumentar a


relación entre as escolas, así como o de fomentar entre o alumnado do sentimento de
pertenza a un centro. En base a isto, as TIC poden colaborar a alcanzar dito obxectivo. O
profesorado ten á súa disposición varias ferramentas: as videoconferencias e un xestor
de correos moi atractivo para o alumnado.

1.- Programa de contidos e actividades e temporalización:

TEMPORA-
CONTIDOS ACTIVIDADES CONCRETAS
LIZACIÓN
-O intercambio de correos realizarase cos seguintes
colectivos:
Co alumnado das outras escolas: Tarefa conxunta
de aula que ten como finalidade fomentar o
coñecento das demais escolas e compañeiros/as do
CRA.
Relación a través Coas familias. Implicación das familias nesta
do correo dinámica.
electrónico con Cos antigos alumnos/as. Posibilitará a conservación En periodo
todos os membros do contacto con antigos compañeiros ademais de lectivo
da comunidade que estes poden ser unha fonte de información
educativa. para coñecer como é o novo cole ao que será ao
que se incorporarán ao marchar do CRA.
O alumnado entre eles. Aquel alumnado que non
teña internet na casa terá a oportunidade de
contestar aos correos na propia aula de forma
individual, sempre titorizados por un mestre,
compensando así as desigualdades en canto á

32
Proxecto C.R.A 2.0. CRA Ponte da
Pedra

TEMPORA-
CONTIDOS ACTIVIDADES CONCRETAS
LIZACIÓN
presencia ou non de conexión no fogar.
Co propio profesorado.
Todos estes correos servirán para compartir
experiencias de aula, adiviñas, regueifas, refráns,
cancións, fotos e demais contidos de carácter
educativo.

Consulta das entradas do blogue das demais


escolas.
Estas videoconferencias realizaranse
Interacción coa
Busqueda de información o ideas previas sobre o En periodo
comunidade
tema da videoconferencia a realizar lectivo,
educativa e outras
Selección das preguntas e dos comentarios a cunha
institucións a través
presentar planificación
de
Realización da videoconferencia e resolución dos previa.
videoconferencias
problemas que poideran xurdir

2.- Competencias básicas a traballar.

Ademáis de todo o argumentado no apartado de “Competencias básicas ofrecidas


para o obxectivo B.1., podemos engadir as seguintes apreciacións en tres delas:
Competencia do coñecemento e a interacción co mundo físico: Neste caso, o
obxectivo B.3. supón utilizar como canle real de interacción as videoconferencias ou o
correo para a relación do alumnado co seu entorno próximo.
Competencia en comunicación lingüística: Tanto as videoconferencias como a
lectura e escritura de mensaxes de correos electrónicos son dúas actividades moi
axeitadas para o traballo de expresión de pensamentos, emocións, vivencias e opinións
así como de potenciación do diálogo.
O traballo previo á escritura dun correo conleva tarefas de xeración, expresión e
organización de ideas, proporción de coherencia ao discurso,... Á súa vez, a recepción
dun correo implica a lectura dentro dunha situación comunicativa real, significativa e de

33
Proxecto C.R.A 2.0. CRA Ponte da
Pedra

grande motivación para os nenos/as. Estas actividades incentivarán o goce pola lectura,
a escoita e a expresión oral e escrita.
Competencia social e cidadá:
Entre as habilidades desta competencia destaca tamén o saber comunicarse en
distintos contextos (a través dunha webcam, dun correo electrónico, un videomail,... a
través do blogue ou de comentarios na galería), expresar as propias ideas e escoitar as
alleas, ser capaz de comprender o punto de vista do outro.

3.- Metodoloxía que se pretende seguir e procedementos de traballo previstos.

As escolas do cra posúen unha conta de correo en gmail, coa cal conéctanse tanto
ao programa de videoconferencias (neste caso, o Skype) como ao xestor de correos.
Aínda que para o caso do envío de correos non é necesario, para levar a cabo as
videoconferencias será preciso establecer unhas liñas de actuación, unha programación
previa e seguir as orientacións que incluimos no ANEXO 3.

4.- Organización de recursos humanos e materiais.

Recursos humanos: Todos os participantes do proxecto recibirán o asesoramento


oportuno por parte do equipo TIC.

Recursos materiais:
- Hardware: Equipos informáticos. Cámaras web. Micrófrono.
- Software: En principio usaremos o Skype para as videoconferencias e o
Incredimail como xestor de correo electrónico (moi axeitado para ás idades coas que
traballamos, pola súa sinxeleza de uso e o grande atractivo visual).
- Outros: Conexión a internet.

34
Proxecto C.R.A 2.0. CRA Ponte da
Pedra

C. Obxectivos relacionados con estratexias de liderazgo e


organización dos centros no uso das TIC

OBXECTIVO C.1. Coordinar e avaliar as actividades relacionadas co uso das TIC


non so a nivel de Equipo TIC senón incorporando a programación e avaliación
deste tipo de accións na orde do día nas Comisións de Coordinación Pedagóxica
e nos Equipos de Ciclo.

Ademais das habituais reunións mensuais entre os membros do equipo TIC,


trátase de incluir a figura da Coordinadora TIC na Comisión de Coordinación Pedagóxica
(CCP), coa finalidade de incorporar as dinámicas TIC como punto da orde do día tanto na
CCP coma nas posteriores reunións de equipo de infantil e de primaria.

1.- PROGRAMA DE CONTIDOS E ACTIVIDADES:

CONTIDOS ACTIVIDADES CONCRETAS


Reunións mensuais tanto a nivel da CCP como a nivel
de ciclo (no equipo de infantil e no de primaria) para
Programación e avaliación
abordar a programación e a avaliación das dinámicas
de actividades relacionadas
TIC.
coas TIC.
Coordinación entre titores e especialistas en relación
as TIC.
Reunións para asesorar aos cordinadores sobre as
Asesoramento docente
pautas establecidas para as dinámicas a levar a cabo.

2.- Metodoloxía que se pretende seguir e procedementos de traballo previstos.

O equipo TIC establecerá as liñas de actuación máis convintes para a realización


das diferentes dinamizacións das TIC, a organización de recursos humanos e materiais,
as pautas de asesoramento, etc. Todas as liñas de actuación tomadas neste equipo
levaranse á reunión da Comisión de Coordinación Pedagóxina, onde as respectivas
coordinadoras de Ciclo (Infantil e 1º Ciclo de Primaria) actuarán de enlace para a

35
Proxecto C.R.A 2.0. CRA Ponte da
Pedra

transmisión das actuacións ao resto do profesorado, para traballalo coa adecuación


pertinente segundo ó ciclo.

3.- Organización de recursos humanos e materiais.

Recursos humanos: Todo o profesorado.

Recursos materiais: Ningún.

36
Proxecto C.R.A 2.0. CRA Ponte da
Pedra

OBXECTIVO C.2. Establecer accións a través das TIC que redunden na mellora da
organización do centro e de coordinación entre o profesorado do CRA.
(ferramentas 2.0 como axuda á coordinación docente: blogues, aula virtual,...)

Pertencer a un CRA ten uns claros inconvintes á hora de organizar os equipos de


coordinación, a transmisión de información, etc. As TIC poden constituir para nós a vía
para paliar as carencias derivadas da distancia física entre os docentes, así como para
optimizar a organización de doutro tipo de tarefas.

1.- Programa de contidos e actividades:

CONTIDOS ACTIVIDADES CONCRETAS


Istaurar o sistema de carpetas compartidas para dar
información ao resto do profesorado. Para unha mellor
Sistema de carpetas eficacia na transmisión de novas, convocatorias,
compartidas. informacións sindicais etc que chegan ao correo do CRA,
comezarase este curso a traballar coas carpetas
compartidas do correo da Xunta.
Introducir o inventario TIC na aplicación XADE. Para un
rexistro máis eficaz do inventario TIC do centro, trataremos
O Xade como xestor do
de pasar o inventario ao Xade. Unha das vantaxes que terá
inventario TIC do
esto, será o poder consultar dende calquera lugar, os
centro.
números de serie de calquera aparello, puidendo incluso a
UAC ter acceso a estes datos.
A páxina web permite a consulta e intercambio de
documentos, recursos, actividades,... Estes intercambios
produciranse en varios niveis:
A web do centro como -Participación nos blogues de escola da páxina web do centro.
lugar de coordinación -Utilizar a Aula Virtual do centro como modo de formación
docente. e como lugar de intercambio de materiais. Ver exemplo:
http://centros.edu.xunta.es/crapontedapedra/moodle/course/view.php?id=28
-A galería de imaxes como medio para compartir imaxes e
vídeos de interese para o resto de escolas.

37
Proxecto C.R.A 2.0. CRA Ponte da
Pedra

2.- Competencias básicas a traballar.

Na medida en que o profesorado comparta experiencias e sinta interese por


aprender dos demais compañeiros/as, estaremos achegándonos á figura dun mestre
capaz de transmitir todos estes valores propios da web 2.0 ao seu alumnado:
cooperación, participación, creatividade, contribución, construcción da aprendizaxe,...

3.- Metodoloxía que se pretende seguir e procedementos de traballo previstos.

En referencia á instauración do sistema de carpetas compartidas, comezouse en


septembro. Ao finalizar o trimestre faremos unha valoración de se este xeito de
compartir a información de novas que chegan ao correo do CRA é a máis axeitada e
funciona.

Con respecto á participación nos blogues, a aula virtual ou nas galerías, o


profesorado participante recibirá en todo momento o asesoramento oportuno para
poder levar a cabo as actividades antes sinaladas.

4.- Organización de recursos humanos e materiais.

Recursos humanos: Todos os participantes, excepto á introducción do inventario TIC no


xadeweb, que o realizará a secretaria e coordinadora deste proxecto, debido aos
permisos que son necesarios para traballar nel.

Recursos materiais: Hardware: Equipos informáticos,...Software en internet: Xadeweb,


Drupal, Coppermine, Moodle,..

38
Proxecto C.R.A 2.0. CRA Ponte da
Pedra

D. Obxectivos relacionados con estratexias e mecanismos de difusión das


boas prácticas realizadas nos centros educativos

OBXECTIVO D.1. Convertir a páxina web e a aula virtual do centro nun lugar que
sirva de referencia, axuda ou guía para as prácticas tanto do profesorado actual
do centro, comunidade educativa, futuros docentes do CRA e persoas alleas a
este.

Colgar na aula virtual da páxina do centro aqueles materiais, titoriais, ou documentos


xerados para que sirvan de referencia tanto ao profesorado actual do centro, ao futuros
docentes do CRA, ou persoas alleas a éste, que sirvan de referencia, axuda ou guía para
as súas prácticas.

1.- Programa de contidos e actividades:

TEMPORA-
CONTIDOS ACTIVIDADES CONCRETAS
LIZACIÓN
O Drupal como modo de dar
a coñecer ao resto da -Publicar periódicamente entradas ao
Publicacións
comunidade educativa as blogue de aula das escolas (no Drupal da
periódicas
actividades máis salientables web do colexio).
que se realizan nas escolas.
-Reunións cos pais para promocionar as
visitas á páxina web do centro e a
Vinculación TIC para Reunións
participación dos pais nela.
nais/pais trimestrais.
-Escola de pais para os interesados en
participar na web.
-Realizar reunións cos membros da ANPA
para fomentar o uso da páxina web por
Colaboración coa ANPA para parte da asociación, incidindo na Os luns de
fomentar a súa participación importancia desta para dar a coñecer á Consello
na páxina web do centro. comunidade escolar a ANPA, as Escolar
actividades ofertadas, procedemento
para facerse socio,...

39
Proxecto C.R.A 2.0. CRA Ponte da
Pedra

2.- Competencias básicas a traballar.

Preténdese aumentar a competencia dixital de toda a comunidade educativa. Na


medida en que as familias sintan a necesidade de manterse informada a través das
ferramentas que poñemos á súa disposición, así como espertando un interese por
participar a través da web dinámica, estaremos dalgún xeito creando un respaldo no
seno da familia que colaborará ao desenvolvemento das competencias que queremos
para o noso alumnado.

3.- Metodoloxía que se pretende seguir e procedementos de traballo previstos.

A metodoloxía a seguir en canto a escola de pais será fundamentalmente participativa e


dinámica, para que as familias se impliquen no proxecto dentro da súas posibilidades.
Primarase a creación dun clima grupal, favorecendo o traballo cooperativo e a
interacción entre familia-escola. Traballarase así mesmo en dirección a aumentar a
participación dos pais/nais e da ANPA a través da páxina web do centro.

4.- Organización de recursos humanos e materiais.

Recursos humanos: As reunións cos pais serán coordinadas pola dinamizadora do


proxecto e participarán nela

Recursos materiais: Hardware: Equipos informáticos, proxector, EDI,... Software en


internet: Drupal, Coppermine, Moodle,..

40
Proxecto C.R.A 2.0. CRA Ponte da
Pedra

8. Criterios e procesos para avaliación do proxecto e da repercusión na


práctica educativa.

 GRADO DE CONSECUCIÓN DOS OBXECTIVOS PLANTEXADOS / REPERCUSIÓN NA


PRÁCTICA EDUCATIVA

En referencia aos obxectivos do proxecto:

• Os obxectivos do proxecto tiveron algunha repercusión na práctica educativa


dos mestres titores e especialistas.
• As actividades e contidos foron coherentes coa programación dos obxectivos.
• Os obxectivos programados foros os axeitados para alcanzar as finalidades do
proxecto.
• As actividades non foron elementos aislados senon que se interrelacionaron e
integraron nun proxecto global e coherente.

En referencia ao alumnado:

• Os obxectivos, contidos e actividades favorecen a comunicación co resto das


escolas e co contorno do CRA.
• Facilítase a imaxinación e a creatividade coas actividades programadas.
• Posibilítase a integración das novas ferramentas de comunicación para a
aprendizaxe dos contidos escolares.
• Poténciase o uso de novas aprendizaxes e de novos soportes, con gusto e
interese por parte do alumnado.
• Mellóranse as habilidades sociais, normas e rutinas da clase así como o
pensamento crítico.
• Estimúlase o interese e a motivación por aprender.

En referencia ao profesorado:

• Incorpóranse as ferramentas das Tecnoloxía da Información e a Comunicación


como instrumentos no desenvolvemento da actividade docente.
• Participan na valoración, deseño e adaptación das actividades TIC.

41
Proxecto C.R.A 2.0. CRA Ponte da
Pedra

• Poñen en práctica as novas actividades programadas neste proxecto con


entusiasmo e interese.
• Interese pola formación (pequenos seminarios) para a capacitación nas TIC.
• Participación e interese na incorporación de aportacións na web do centro,
tanto nos blogues das escolas coma na aula virtual como lugar para compartir.

En referencia ás familias:

• Participan nas dinámicas dirixidas á comunicación familia-escola.


• Amosan interese e participación na escola de pais/nais.
• Aumenta o interese e a participación na páxina web.
• Incrementouse a participación da ANPA na web do centro.

 METODOLOXÍA EMPREGADA

• A metodoloxía empregada foi a adecuada para o logro dos obxectivos.

• O procedemento de traballo foron coherentes coas actividades planificadas.

 ORGANIZACIÓN DOS RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS

• Úsanse os recursos adecuados e de forma eficaz para cada actividade.


• O espazo para poñer en práctica as actividades e reunións é o adecuado.
• Existe disponibilidade de recursos persoais para os pequenos seminarios de
capacitación dos mestres
• Disponibilidade de recursos materiais para a realización das actividades
• As actividades están ben coordinadas e organizadas.

 REFLEXIÓNS, LOGROS E INCIDENCIA DO PROXECTO DO CENTRO / PROPOSTAS DE


MELLORA

Celebración dunha reunión presencial de todos os participantes para establecer


reflexións sobre os logros e a incidencia do proxecto do centro. Nesta reunión final, así
coma nas trimestrais, analizanse todos os puntos do proxecto, para establecer os

42
Proxecto C.R.A 2.0. CRA Ponte da
Pedra

aspectos que precisan ser reorientados e establecer propostas de mejora de cara ao


próximo curso escolar.

MÉTODOS DE AVALIACIÓN:

Cuestionarios de avaliación aos mestres e familias. Posibilidade de facelo a través


da aula virtual.

Reunións trimestrais para extraer conclusións sobre a marcha do proxecto e


establecer as correccións oportunas para reorientalo se fora necesario.

43
Proxecto C.R.A 2.0. CRA Ponte da
Pedra

9. Temporalización, calendario e horario previstos para a realización do


proxecto

1º TRIMESTRE

SETEMBRO OUTUBRO NOVEMBRO DECEMBRO


SEMINARIO 6: Subir
SEMINARIO 1: SEMINARIO 3: Xestor
contidos en Drupal (II).
Presentación xeral das TIC de correo electrónico. SEMINARIO 5: Subir
no CRA. contidos en Drupal
ESCOLA DE PAIS: 1ª
SEMINARIO 2: Sistema de SEMINARIO 4: (I)
reunión.
carpetas compartidas. Primeiros pasos co EDI.

Intercambiar as novas que chegan ao CRA a través do sistema de carpetas compartidas.


Comezar a intercambiar correos electrónicos entre as escolas do CRA.
Traballar contidos de Infantil/Primaria a través do EDI.
Comezar a traballar cos blogues de aula (Drupal).
Reunión de información ás familias sobre a páxina web, ferramentas coas que estamos
traballando (correo electrónico das escolas, videoconferencias,...), fomentando a súa
participación.

2º TRIMESTRE

XANEIRO FEBREIRO MARZO

SEMINARIO 7:
Videoconferencias e
SEMINARIO 9: Notebook. SEMINARIO 11: Usos educativos
videocorreos.
SEMINARIO 10: Coppermine de ferramentas en internet.
SEMINARIO 8: Webcams
ESCOLA DE PAIS: 2ª reunión.
Realización de videoconferencias entre escolas.
Realización de videoconferencia externa (Exemplo, bombeiros).
Creación de materiais para traballar no EDI.
Comezar a traballar coas galerías da páxina web (Coppermine).
Continuar co intercambio de correos electrónicos coas escolas e comezar a
intercambialos coas familias.
Continuar a participación no blogue da escola.

44
Proxecto C.R.A 2.0. CRA Ponte da
Pedra

3º TRIMESTRE

ABRIL MAIO XUÑO

SEMINARIO 12: Moodle (1)


SEMINARIO 13: Ferramentas
SEMINARIO 14: Moodle (II)
2.0.
SEMINARIO 15: Impresión en REUNIÓN DE AVALIACIÓN
ESCOLA DE PAIS: Terceira
rede.
reunión.

Aumentar a implicación do profesorado na aula virtual como lugar para compartir os


contidos creados.
Inclusión progresiva das ferramentas 2.0 como materiais de traballo na aula.
Continuar co intercambio de correos electrónicos coas escolas/familias e introducir
algún outro estamento-institución externo.
Continuar a participación no blogue da escola.

45
Proxecto C.R.A 2.0. CRA Ponte da
Pedra

10. Competencias, formación e funcións da persoa dinamizadora do


proxecto

A coordinadora deste proxecto é a coordinadora TIC do CRA Ponte da Pedra


dende o curso 2007/08. Realizou diferentes cursos impartidos no CEFORE sobre Webs
dinámicas, curso de Dinamizadores TIC,... e outros que se sinalan máis adiante. Tamén
ten participado como ponente en varios PFACs e como relatora no curso “O emprego
didáctico do Encerado Dixital nas Aulas”. Por outra banda, é tamén a Secretaria do
centro, co que esto implica en canto á integración das labores administrativas coa
dinamización TIC.

A formación formal recibida en canto ás TIC é a seguinte:

 CURSOS DO CMG (Centro Multimedia de Galicia):


O Guión Multimedia.
A Linguaxe Audiovisual.
Dreamweaver.
Fireworks.
Flash.
Freehand.

 CURSOS DO CEFORE:
“Elaboración de ilustracións e tratamento de imaxes”.
“Xornadas sobre o Plan TIC nos centros educativos”.
“Formación de coordinadores de Tecnoloxías da Información e da
Comunicación en centros educativos”.
“Uso didáctico dos novos medios”.
“IX Inforensino”
“Webs dinámicas para centros educativos. Drupal Moodle e Coppermine”.
“A xestión administrativa e académica dos centros de Infantil e Primaria
con Xade”.
“Aventuras na Web. Un modelo de traballo colaborativo en internet”.

 COORDINACIÓNS DO PFAC:
“Novas Tecnoloxías Aplicadas á Educación Infantil e Primaria”

46
Proxecto C.R.A 2.0. CRA Ponte da
Pedra

 COORDINACIÓN DO SEMINARIO:
“Posibilidades de introducción das TIC na área de Educación Física”.

 PONENTE DO CURSO:
“O emprego didáctico do Encerado Dixital nas Aulas”.

 OUTROS:
“Congreso Nacional Internet en el Aula” (Santander)
“Obradoiros de accesibilidade básica de contidos web. Edición de artigos
accesibles en cadernos de bitácora” (Asociación Tadega).

FUNCIÓNS DA COORDINADORA NO PROXECTO

As funcións da coordinadora dentro deste proxecto serán as seguintes:

• Establecer as liñas máis axeitadas de asesoramento ao profesorado do CRA na


creación de materiais, xestión dos recursos TIC,...

• Impartir os seminarios sinalados no obxectivo A.1. e elaborar posteriormente,


coa axuda do resto de membros do equipo TIC, materiais formativos, titoriais e
videotitoriais para a súa posterior publicación na Aula Virtual do centro.

• Dinamizar a acción do profesorado das distintas áreas en relación ao traballo


coas TIC, fomentando a creación de contidos e a súa publicación na web do centro para
compartir co resto da comunidade educativa e outros centros.

• Impulsar a comunicación entre as escolas do CRA, outras escolas do contorno, e


institucións que poidan aportar contidos de interese para os nosos proxectos
educativos.

• Favorecer a formación das familias en referencia as ferramentas TIC que


facilitan a súa interacción coa vida da aula.

• Administrar e actualizar a páxina web do centro, aula virtual e galería de imaxes.

• E, en xeral, garantir na medida do posible a consecución de cada un dos


obxectivos do presente proxecto así como facilitar a súa difusión a toda a comunidade
educativa.

47
Proxecto C.R.A 2.0. CRA Ponte da
Pedra

PROXECTOS DE INNOVACIÓN DO CENTRO

O CRA Ponte da Pedra ten participado durante varios cursos no Proxecto de


Anticipación da Lingua Estranxeira.

Por outra banda, nos ultimos anos o profesorado do centro participou nos
Premios EDIGA organizados polo portal galego adicado ao Encerado Dixital
(www.ediga.net).

48
Proxecto C.R.A 2.0. CRA Ponte da
Pedra

11. Orzamento estimado segundo as necesidades detectadas no centro


derivadas do análise da situación do centro.

As nosas necesidades actuais céntranse básicamente nas dúas aulas de nova creación
que polo momento non foron dotadas pola Xunta con ningún tipo de material
informático. A pesares de termos pedido en repetidas ocasións equipos ainda que foran
de segunda man, aínda non obtivemos resposta e non sabemos cando chegará dita
dotación, nin se a mandarán ou non. Por outro lado, recentemente un dos portátiles
que xa tiñamos no CRA, concretamente o que usaba o departamento de Inglés,
avariouse e a o servizo técnico da UAC considerou que non paga a pena o arranxo, polo
que contamos cun equipo menos.

En base a estas necesidades e a outras que se poden extraer do resto do presente


proxecto, presentamos a continuación o seguinte orzamento, co que chegaríamos a
unha situación ideal en canto aos soportes TIC:

CONCEPTO XUSTIFICACIÓN Nº uds. Parcial Total


Un por cada unidade de nova
Equipos portátiles creación. Outro para suplir o 3 550 1.650
avariado.
Impresoras Para as aulas de nova creación. 2 50 100

Proxector Para as aulas de nova creación. 2 500 1000


Para as aulas de nova creación.
EDI 3 900 2700
Máis unha que non a ten
Para utilizar os equipos de
Cables “Y” de VGA 4 6 24
sobremesa coa PDI
Non todos os mestres dispoñen
Pendrives 5 10 50
dun pen USB
Temos dúas para todo o CRA,
Cámaras dixitais polo que o profesorado está a 5 100 500
utilizar cámaras persoais.
10 20
Formación Formación 200
€/hora (mínimo)
Impresión de material de
Toner para a fotocopiadora interese para o profesorado ou 3 125 375
alumnado

49
Proxecto C.R.A 2.0. CRA Ponte da
Pedra

CONCEPTO XUSTIFICACIÓN Nº uds. Parcial Total

Cartuchos de tinta negra Idem 11 25 275

Cartuchos tinta de cor Idem 11 30 330

Creación de cds cos traballos, 10


Soportes magnéticos: CDs fotos, contidos educativos,... Tarrinas 11 110
para mandar ás familias. de 25
Gravación de copias de
seguridade dos cursos de 10
Soportes magnéticos: dvds Moodle. Tarrinas 21 210
Creación de cds cos titoriais de 25
para os mestres.
30
Impresión de documentos para
Folios Din A4 paquetes 3 90
o alumnado/profesorado.
de 500
3
Folios Din A3 Idem paquetes 7 21
de 500
5
Cartulinas Din A4 de cores Idem paquetes 5 25
de 100
5
Plastificado de material para o
Plásticos para plastificar paquetes 10 50
alumnado
de 100
Archivado de material para os
Carpetas 20 3 60
mestres
Creación de material
Material para encuadernar encuadernado para o alumnado variado 100 100
e para o profesorado.
ORZAMENTO TOTAL 7880 €

(*) Este orzamento é totalmente aproximado e baseada nunha situación de dotación ideal.

50
Proxecto C.R.A 2.0. CRA Ponte da
Pedra

ANEXOS DO PROXECTO
“C.R.A. 2.0.”

51
Proxecto C.R.A 2.0. CRA Ponte da
Pedra

ANEXO 1: RECURSO AS RUTINAS DE INFANTIL PARA EDI

DESCRICIÓN DO MATERIAL
O recurso está realizado co Notebook e incorpora elementos Flash. Podemos dividir o material nas
seguintes páxinas do Notebook que a continuación se detallan:

PÁXINA 1: SAÚDO, ESTACIÓN E METEOROLOXÍA

Obxectivo: Traballar os aspectos meteorolóxicos (que tempo fai), pasar lista dos alumnos/as e situarse
na estación do ano actual.
Tipo de aplicación: Flash
Descrición: Ofrecemos unha descrición detallada e unha guía de uso na taboa seguinte:

CAPTURA DE ESCENAS DESCRICIÓN

ACTUAL ESTACIÓN DO ANO


O alumno/a debe premer sobre a estación actual, acción
cal dará acceso á escena seguinte, contendo a paisaxe
característica da estación elexida.

PASAR LISTA
As ventás da escola son para cada unha das fotos dos
nenos da clase. Se algún compañeiro/a non está, retírase a
foto e péchase a súa fiestra premendo nela.
Outra posibilidade (máis cómoda) é a incorporación no
flash das fotos dos alumnos/as.

52
Proxecto C.R.A 2.0. CRA Ponte da
Pedra

METEOROLOXÍA DO DÍA:
Os nenos deben premer na simboloxía da barra inferior
segundo corresponda co tempo que fai.
Ademais dos botóns interactivos inferiores (sol, sol con
nube, nubes, chuvia e neve), os muíños de vento tamén
son interactivos, podendo facelos mover cando fai vento.

53
Proxecto C.R.A 2.0. CRA Ponte da
Pedra

PÁXINA 2: A DATA DE HOXE


Obxectivos: Aprender a situarse no tempo a través da data (os días da semana, meses do ano).
Tipo de aplicación: Flash
Descrición: Ofrecemos unha descrición detallada e unha guía de uso na taboa seguinte:

CAPTURA DE PANTALLA DESCRICIÓN

HOXE É...
Páxina adicada á data do día. A aplicación flash facilita esta
labor a os máis pequenos. Existe a posibilidade de que o
encargado de poñer a data a copie na pauta de abaixo cos
rotuladores da PDI.

PÁXINA 3: HOXE CUMPREN ANOS...

Tipo de aplicación: Flash, imaxes e asociación de sons ás imaxes.


Obxectivos: Adicar uns minutos de protagonismo ao compañeiro/a que cumpre anos ese día.
Descrición: Ofrecemos unha descrición detallada e unha guía de uso na taboa seguinte:

CAPTURA DE PANTALLA DESCRICIÓN


HOXE CUMPRE ANOS...
Páxina adicada aos aniversarios do alumnado. Nela
poñerase a fotografía e o nome do neno/a festexado o cal
poderá premer un dos bonecos para que lle cante a
canción na lingua correspondente. Inclúese a versión en
castelán, inglés, italiano, árabe e unha versión con ritmos
brasileiros.
A aplicación flash que sirve de fondo posue dúas zonas
interactivas:
- Unha tarta, premendo na cal podemos poñer o
número de velas correspondente.
- Un pequeno globo na parte inferior esquerda,
premendo no cal aparecen globos de cumpreanos.

54
Proxecto C.R.A 2.0. CRA Ponte da
Pedra

PÁXINA 4: O NOSO HORARIO

Tipo de aplicación: Imaxes para arrastrar e colocar.


Obxectivos: Organizar o horario da xornada.
Descrición: Ofrecemos unha descrición detallada e unha guía de uso na taboa seguinte:

CAPTURA DE PANTALLA DESCRICIÓN

ORGANIZACIÓN DO DÍA
Entre todos, ao comenzar o día, organizaremos as tarefas
que se realizarán durante a xornada, así como a súa
secuencia.
Existe a posibilidade de indicar ca flecha a actividade que se
está realizar nese momento.

PÁXINA 5: COMO TRABALLEI HOXE?

Tipo de aplicación: Imaxes ca opción “clonador infinito” para arrastrar e situar.


Obxectivos: Ofrecer ao alumnado unha forma de autoregular e avaliar o seu traballo.
Descrición: Ofrecemos unha descrición detallada e unha guía de uso na taboa seguinte:

CAPTURA DE PANTALLA DESCRICIÓN


AVALIACIÓN DO DÍA
Taboa de dobre entrada na que poñeremos as fotos e/ou nome dos
nosos alumnos e as tarefas que nos interesan que os nenos avalien.
Esta páxina pode ser usada de dúas formas:
1ª) Cada vez que un neno/ realiza algunha das tarefas enrriba
expresadas, marca co símbolo correspondente a realización dese
traballo (realización/non realización).

2ª) Cada alumno/a, tras realizar unha tarefa determinada,


marcará co símbolo correspondente o grado de consecución dos
obxectivos desa tarefa.

55
Proxecto C.R.A 2.0. CRA Ponte da
Pedra

ANEXO 2: INCORPORACIÓN DAS TIC NA ÁREA DE INGLÉS

1. Rutinas – Calendario in english


Con el traballaremos rutinas como o Calendario o que nos vai a facilitar moitos comezos de clase e
moitas actividades de warm-up e motivación.Todas as ligazóns que aparecen nesta actividade complementan o
traballo de aula cando sexa necesario. Aparece pois aquí claramente integrada a competencia nas TIC.

A actividade está composta de 5 páxinas relacionadas co calendario e co clima. Presentamos enlaces con
sons e cancións relacionadas co tema. Disporemos de ligazóns tanto con cancións como con contos e xogos a
través da internet que poderemos utilizar a nosa maneira nos momentos en que a programación o permita.

Estas actividades ademais facilitarán o traballo dos grupos mesturados, resolvendo o problema que se
presenta moitas veces nas nosas aulas cando temos que atender algún grupo de alumnos individualmente e
necesitamos que outro grupo esté a traballar de maneira independente.

Por iso tal vez a actividade esté demasiado cargada de propostas pero non é necesario utilizalas todas. A
idea é ter sempre recursos accesibles e fáciles de usar que nos faciliten o traballo e nos completen algún
momento complicado que se poida presentar.

Ligazóns que utilizamos nesta actividade:

http://www.angles365.com/classroom/shortpoems/fitxers/shortpoems35.swf

http://www.angles365.com/classroom/shortpoems/fitxers/shortpoems04.swf

http://www.angles365.com/classroom/shortpoems/fitxers/shortpoems09.swf

http://www.lil-fingers.com/circus/01.php

http://www.literacycenter.net/numbers_en/num_match_en.asp

http://www.angles365.com/classroom/fitxers/infantil/memorynumbers.swf

http://www.britishcouncil.org/kids-songs-rainbow.htm

http://www.angles365.com/classroom/songsci04/fitxers/song61.swf

http://www.angles365.com/classroom/songsci02/fitxers/07.swf

http://www.angles365.com/classroom/shortpoems/fitxers/shortpoems69.swf

http://www.bbc.co.uk/cbeebies/presenters/music/summer.shtml

56
Proxecto C.R.A 2.0. CRA Ponte da
Pedra

http://www.bbc.co.uk/cbeebies/presenters/music/autumn.shtml

http://www.bbc.co.uk/cbeebies/balamory/games/embedded_games/snowstorm.shtml

http://www.bbc.co.uk/cbeebies/presenters/music/spring.shtml

http://www.angles365.com/classroom/songsci04/fitxers/song23.swf

http://www.bbc.co.uk/cbeebies/somethingspecial/songs/weather.shtml

http://www.bbc.co.uk/wales/bobinogs/games/game.shtml?1

http://www.angles365.com/classroom/stories/weather/weather.swf

http://www.bbc.co.uk/cbeebies/tweenies/songtime/songs/i/ihearthunder.shtml

http://www.angles365.com/classroom/songsci04/fitxers/song44.swf

http://www.bbc.co.uk/cbeebies/razzledazzle/rhymetime/thewind/index.shtml

2. O encerado dixital como soporte para a presentación de contos e cancións


O encerado nos vai a facilitar tamén todo o soporte visual necesario para a presentación dos contos e
das canción.

Moitas das actividades substituirán as tradicionais fichas en papel e permitirán a posibilidade de facer
traballo independente por grupos pequenos ou individualmente. Introducimos aquí diferentes maneiras de
interactuar entre eles.

Estas actividades ademais contarán con ligazóns coa internet que teñan relación co tema.

Un exemplo de estas actividades sería a que propoñemos con un conto titulado “It’s cold”

Os alumnos traballan a narración do conto o mesmo tempo que interactuan e responden


comprensivamente.

57
Proxecto C.R.A 2.0. CRA Ponte da
Pedra

Nunha última páxina os nenos e nenas fan unha actividade de “reading comprensión” que presenta
como estímulo que remata nun enlace moi divertido que presenta un conto e unha canción e que está
directamente relacionado co tema.

Ligazón utilizada na actividade:

http://www.angles365.com/classroom/stories/hero/hero.swf

Cada conto que traballemos conta con actividades deste tipo.

3. O encerado como soporte para actividades de lecto-escritura

Utilizaremos tamén o encerado dixital para facer pequenas propostas de lecto-escritura para o grupo de
2º. Estas propostas poden aparecer de moitas maneiras :

• Preparar os diálogos para un proxecto de teatro.

• Ler as instrucción das actividades cando traballen por parellas cos mais pequenos.

• Traballar as letras das cancións cando xa as teñamos interiorizadas oralmente.

Todo isto aparece ademais como clara contribución da area de inglés o plan lector, xa que a expresión
literaria aparece aquí en forma de contos poemas e cancións.

Un exemplo deste tipo de actividades é a que titulamos “Faces”

58
Proxecto C.R.A 2.0. CRA Ponte da
Pedra

Nesta parte da actividade partindo da presentación dos personaxes no encerado dixital, traballarán por
parellas mesturadas. O grupo de 2º que xa está preparado para enfrontarse coa lingua escrita vai ler un texto
sinxelo (reading), o neno/a (1º ou 5 anos) que fai parella intentará identificar o personaxe (comprehension) se o
maior sabe que acertou diralle: Click the green button (speaking) e o pequeno realizará unha resposta
comprensiva, e si non acertou diralle: Click the red button, o pequeno responderá cunha acción e saberá que
ten que corrixir sen que iso sexa un problema. Todos participan na mesma actividade desenvolvendo diferentes
aprendizaxes.

Unha segunda proposta permitirá que os maiores compoñan as súas propias descripcións (elaboración
de textos sinxelos) dunha maneira independente.

59
Proxecto C.R.A 2.0. CRA Ponte da
Pedra

ANEXO 3: CONSELLOS DE USO DO SKYPE

O chat:
1.- Escribir correctamente sempre: non utilizar abreviaturas; escribir frases completas;
empregar un rexistro máis ou menos formal;...
Hai que ter en conta que en calquera momento o alumnado pode estar lendo o que estamos
a escribir, polo que é fundamental respetar as normas básicas de gramática, ortografía,...
2.- Debemos estar pendentes de se recibimos en algún momento algunha mensaxe, posto
que pode ser do noso interese.

As videoconferencias:
1.- Preguntar antes de chamar: Antes de iniciar unha videoconferencia é obrigatorio
preguntar ao interlocutor se quere e pode realizarla.
2.- Non realizar videoconferencias na aula nos seguintes supostos:
- Ante a presencia na aula dalgún neno/a ou adulto/a alleo ao CRA, posto que
precisamos do seu permiso para emitir a súa imaxe.
- Ante a solicitude de videoconferencia ou chat dalgunha persoa descoñecida.
- Ante a solicitude de videoconferencia ou chat de carácter persoal.

PLANIFICACIÓN DUNHA VIDEOCONFERENCIA

Antes de realizar unha videoconferencia é de utilidade definir os seguintes parámetros:


OBXECTIVO: Que perseguimos con esa videoconferencia.
DURACIÓN: Convén que a videoconferencia non sexa demasiado longa, pois perde o interese
do alumnado e tende á dispersión.
MODERADOR/PRESENTADOR: É importante definir quén vai levar a dirixir as intervencións.
PARTICIPANTES: A maior número de participantes, máis probabilidade de non respetar os
turnos de palabra.

60
Proxecto C.R.A 2.0. CRA Ponte da
Pedra

ESTRUCTURA: Tamén sería convinte determinar a orde das intervencións.


ALTERNATIVAS: Prever alternativas por se xurden imprevistos como fallos técnicos, problemas
de conexión, etc.
COLOCACIÓN: Antes de comezar a videoconferencia temos que ter decidido cal vai ser a
colocación dos participantes e da cámara web. É moi común que o alumnado se aglomere
diante da cámara web, causando moito caos e ruido comunicativo de cara aos nosos
interlocutores.

61

You might also like