Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 2

Xunta de Persoal Docente da provincia de Pontevedra

Departamento Territorial de Educación e Ordenación Universitaria


Edificio Administrativo de Campolongo
Avda. Fernández Ladreda 43
36003 Pontevedra

RESOLUCIÓN APROBADA NO PLENO DA XPD-PONTEVEDRA


19 DE MAIO DE 2010

ANTECEDENTES

No CEIP Randufe de Tui funciona desde hai anos un activo equipo de normalización e
dinamización lingüística. Este equipo redacta periodicamente un boletín que se reparte
entre a comunidade escolar, profesorado e nais e pais do alumnado.

No mes de febreiro o ENDL elaborou un número do seu boletín que, como é habitual,
foi aprobado por todas as persoas que o integran. O boletín distribuíuse e fixouse no
taboleiro de normalización. Uns días despois o boletín desapareceu do taboleiro. O
profesor responsábel do ENDL dirixiuse ao director do centro para lle preguntar por
esta desaparición. Este explicoulle que o retirara pola protesta dun pai que non estaba
de acordo con unha das páxinas do boletín. A páxina en cuestión reproducía unha
viñeta publicada na revista humorística Retranca alusiva á política lingüística do actual
presidente da Xunta Alberto Núñez Feijoó.

Desde entón o profesor responsábel do ENDL volveu fixar varias veces o boletín e o
director do centro retirouno inmediatamente en cada ocasión.

Unha delegada de persoal de CIG-ensino solicitou unha entrevista co director tentando


buscar unha solución dialogada. A súa intención foi en todo momento que este
problema se resolvese sen que transcendese do centro. A reunión foi tensa e
infrutuosa.

A actitude do director seméllannos inaceptábel polas seguintes razóns:

1. O director forma parte do ENDL polo que foi unha das persoas que aprobou a
edición do boletín.
2. O director decidiu retirar o boletín do taboleiro pola protesta de un único pai.
3. O director non consultou a súa decisión co resto do ENDL.
4. A súa actuación pode entenderse como de desprotección para o profesorado,
pois ao director lle corresponde entre outras funcións representar os seus
compañeiros de centro ante a Administración e os pais e nais. Actuar a petición dun
pai, sen explicarlle por que se expón o boletín e que non recibira queixas até o
momento, e sen intentar facerlle entender que se trata da reprodución dunha viñeta
editada nun medio de comunicación, non é, desde o noso punto de vista, defender os
compañeiros de traballo.
5. Por último consideramos que esta actuación atenta contra o dereito
fundamental á liberdade de expresión recollido no artigo 20 da CE:
“1. Recoñécense e protexen os dereitos:
a) A expresar e difundir libremente os pensamentos, ideas e opinións mediante a
palabra, o escrito ou calquera outro medio de reprodución. (..)
c) Á liberdade de cátedra.
d) A comunicar ou recibir libremente información veraz por calquera medio de
difusión. (..)”.

RESOLUCIÓN

A Xunta de Persoal Docente da provincia de Pontevedra acorda:


1. Rexeitar a actuación da dirección do CEIP Randufe de Tui pola que retirou dun
taboleiro do centro un boletín redixido e aprobado polo ENDL.
2. Defender o seu dereito á liberdade de cátedra.
3. Amparar o dereito da comunidade escolar de recibir libremente información
veraz por calquera medio de difusión.
4. Esixir que se repoña inmediatamente por parte da dirección o boletín no seu
lugar.

Esta resolución será entregada ao XT da CEOU.


Esta resolución será enviada por fax, correo electrónico e correo ordinario ao CEIP
Randufe.
Esta resolución será enviada aos centros da provincia.

Antonio Barros Borrajo Xabier Pérez Davila

O secretario O presidente

You might also like