Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 4

O ADXECTIVO

1 FUNCIÓNS DO ADXECTIVO

Complemento do Achega unha cualidade ou estado ao substantivo ao que acompaña:


1.1 substantivo Muller fermosa.

Vai detrás dos verbos copulativos SER, ESTAR, PARECER ou SEMELLAR. O


1.2 Atributo adxectivo en función de atributo concorda en xº e nº co suxeito da oración.
Fernando é parvo. As mozas parecían contentas.

2 CLASES DE ADXECTIVOS

2.1 Van sempre detrás do nome e sinalan unha cualidade do susbtantivo que serve
Especificativos para o diferenciar doutros das súas mesmas características: Un automóbil negro.
(É dicir, de todos os coches, o negro.)

Van diante ou detrás do nome e a súa función é sinalar unha cualidade inherente
do substantivo sen que esta cualidade sexa necesaria para diferencialo.
2.2 Explicativos ou A branca e fría neve encántame
epítetos Os adxectivos BRANCA e FRÍA non achegan nada novo ao concepto que todos
temos da neve, posto que a neve sempre é branca. Se suprimimos o adxectivo
branca, a oración dá unha información menor, pero completa.

IMPORTANTE: o adxectivo cualificativo concorda sempre co substantivo en xº e en nº. CASAS


BRANCAS, VACA TOLA, NENO TRAVESO. Aínda que hai adxectivos cualificativos que son invariábeis
en xénero. Polo tanto, non variará esta forma.
Home áxil, muller áxil, homes áxiles, mulleres áxiles.
- Cando son puramente cualificativos indican formas, cores, dimensións, sentidos ou valores e admiten
gradación: redondo, azul, profundo, brando...
- Tamén poden sinalar diferentes tipos de relación a partir dos substantivos de orixe: son adxectivos
derivados por sufixación e fan referencia a persoas, lugares, relixións, cargos ou oficios, estacións:
Grovense (do Grove), mortal (de morte), ministerial (de Ministerio)...

OS GRAOS DO ADXECTIVO
3

3.1 Grao positivo É o adxectivo tal cal aparece, indícase unha cualidade: Uxía é intelixente /
O meu curmán é listo.

INFERIORIDADE É menos falangueiro ca / que Xurxo.


menos + adx. + Ti sempre tes menos cartos ca min.
Grao ca/ que / do que + Había moita menos xente do que pensaba.
comparativo 2º elemento Gusta menos do caldo con repolo que con grelos
3.2 A comparación é .
un recurso que
IGUALDADE
estabelece unha
Tan/tanto + adx. É tan falangueiro coma/como Xurxo.
relación entre
dúas ou máis +como/coma + 2º Ninguén sabe deste tema tanto coma ti.
referencias elemento Fíxeno tan ben como souben.

SUPERIORIDADE É máis falangueiro ca / que Xurxo.


máis + adx. + ca/ Ti sempre tes máis cartos ca min.
que / do que + 2º Había moita máis xente do que pensaba.
elemento Gusta máis do caldo con repolo que con grelos.
Fórmase engadindo -ísimo ou -érrimo, ou
ABSOLUTO antepoñendo os adverbios moi e ben ou os prefixos:
Grao Non se establece hiper-, super-, arqui-, reque-, etc.
3.3 superlativo comparación A lebre é rapídisima.
Atribúese unha Un deportista celebérrimo.
cualidade no seu Vai un temporal ben bo.
grao extremo
RELATIVO Fórmase coa estrutura o máis ______de___
Atribúese o maior
grao dunha É o máis espelido da clase
cualidade no seo Fomos os máis rápidos da carreira.
dun conxunto

Algúns adxectivos presentan unha forma sintética para o comparativo de superioridade e para o superlativo:

adxectivos con formas sintéticas comparativo superlativo


bo mellor óptimo
malo peor pésimo
grande maior/meirande máximo
pequeno menor mínimo
alto superior supremo
baixo inferior ínfimo

CONCORDANCIA ENTRE SUBSTANTIVO E ADXECTIVO


a. Adxectivo e susbtantivo concordan en xº e nº gramaticais:
Cravos vermellos (masc. pl.)
Planta herbácea (fem. sg.)

b. O adxectivo referido a dous ou máis substantivos vai en plural:


Mar, ceo e paisaxe norteños.
Melodía e letra nostáxicas.

c. Adxectivo referido de distinto xénero, toma a terminación masculina:


Vento e chuva racheados.
Automóbil e vivenda antigos.

EXERCICIOS
1. Identifica o adxectivo calificativo nas seguintes oracións e indica a que substantivo modifica. Di tamén que
función desenvolve o adxectivo (complemento do substantivo ou atributo):
A casa vella é da miña nai.
A dura pedra serve para forrar fachadas
Sabela é algo tímida.
O mar azul é infinito.
A cadeira nova vai a xogo coa mesa de traballo.
2. Pon cinco exemplos de adxectivo epíteto e cinco de adxectivo especificativo. Escribe unha frase con cada
un deles.
3. Sinala en que grao se encontran os adxectivos das seguintes oracións:
A filla é máis alta có seu fillo. O home é tan parvo coma ela.
O gato é máis intelixente có can. O rapaz é educadísimo

4. Sobre que adxectivo están formados os seguintes superlativos?


Miserrimo Acérrimo
Paupérrimo Libérrimo
Pulquérrimo Celebérrimo

5. Escribe o superlativo relativo e absoluto dos seguintes adxectivos:


Frío Bo Antigo
Nobre Fiel Sabio
Sagrado Forte Débil

6. Indica os superlativos sintéticos dos seguintes adxectivos:


listo amábel cruel grande
alto pequeno sabio vello
fácil tolo acre seguro
malo rico pobre frío
fiel baixo feo cheo

ENCONTRO DO ARTIGO COA CONXUNCIÓN COMPARATIVA CA

O A OS AS

CA có / ca o cá / ca a cós / ca os cás / ca as

O encontro da conxunción comparativa ca co artigo determinado represéntase das dúas formas posíbeis que
aparecen no cadro anterior.
- có / ca o: O cinema está máis vivo ca o / có teatro.
- cá / ca a: Betanzos é máis pequeno ca a / cá Coruña.
- cós / ca os: Estas lámpadas alumean menos ca os / cós focos halóxenos.
- cás / ca as: Os telegramas chegan ao destino antes ca as / cás cartas.
É importante non confundir as contraccións da partícula ca coas contraccións da preposición con:
- con + o: Atopeime co meu xefe no elevador.
- con + a: Foi coa túa avoa ao mercado.
- con + os: Estiven toda a noite cos teus fillos no xardín.
- con + as: Sempre está xogando coas cadelas da veciña.
Debemos ter en conta que a conxunción ca nunca contrae coa preposición a:
Aprezouna máis a ela ca a ti. Quéreme máis a ti ca a min.
Tampouco contrae cando xa hai unha contracción de preposición + artigo:
Vai de mellor gana ao museo ca ao centro comercial.
Caeulle máis auga á nosa casa ca á deles.
1. Emprega segundo conveña ca, có, cá, cós, cás, co, coa, coa, cos, coas:
- Se tiras _______ cousas quedarás sen elas.
- Por que tiraches _______ martelo? Pensas que é peor ______ teu?
- As leitugas naceron mellor _______ ano pasado.
- Chegou _______ lingua de fóra e _______ xeonllos cheos de magoaduras.
- Os amorodos déronse mellor _______ da última tempada.
- Lois é máis amigo de ir cear os venres ______ Xoán.
- Meu irmán é máis novo _______ miña curmá.

2. Enche os ocos para formar comparacións:

- Sempre foi _______ alta _______ ti.


- Ten _______ libros na súa casa _______ parece.
- Obtivo unhas cualificacións _______ altas _______ el.
- Os textos son _______ fáciles _______ dixo.
- Despois da operación cirúrxica está _______ avellado _______ Breixo.

3. Escribe unha frase con cada un dos seguintes pares de conxuncións:

cá / coa:

co / có:

4. Completade as seguintes frases comparativas, empregando todas as posibilidades:

1. Estaba _____________ preto _____________ eu cría.


2. É _____________ alto _____________ ti, e _____________ _____________ min.
3. Hoxe vai un día _____________ bo _____________ o de onte.
4. Estaban _____________ preparados _____________ nós pensábamos.
5. Come _____________ un boi.
6. Este xornal ten _____________ páxinas ___________ ese.
7. A Encina sempre tivo moitos _____________ cartos _____________ el.
8. O Rubén era _____________ fedello _____________ o seu curmán.
9. O Miguel obtivo resultados _____________ bos _____________ pensaba.
10. O Daniel é case _____________ rico _____________ o veciño.

You might also like