Download as doc, pdf, or txt
Download as doc, pdf, or txt
You are on page 1of 2

O BNG esixe outro trato para Valdeorras enmendando os orzamentos da Xunta

O grupo nacionalista ten presentado varias enmendas aos orzamentos da Xunta para facer que esta comarca apareza nas partidas presupostarias. A creacin de emprego, os sectores productivos, o monte e a sanidade pblica seguen a ser os piares bsicos, nos que o BNG demostra que outra poltica posible. Os orzamentos da Xunta foron moi criticados pola oposicin nun pleno moi convulso que se saldou s co apoio dos deputados do PP, e coa ausencia de toda a oposicin. Unha das demandas de todos os grupos, excepto o popular, instaba ao goberno a implementar as partidas destinadas creacin de emprego, onde o BNG esixiu que se destinasen 30 millns de euros para aquelas comarcas mis desfavorecidas e cunha poboacin avellentada como pode ser Valdeorras. Un ano mis, a Xunta, non dedica unha soa lia nos seus orzamentos mellora do Hospital Comarcal de Valdeorras (HCV), a pesar de que o ltimo informe do Consello de Contas de Galiza apunta claramente a que deberan avaliarse e mellorarse moitos dos seus servizos, as como tamn dimensionar os Centros de Atencin Primaria e os Puntos de Atencin Continuada. Este informe fai fincap no servizo de urxencias do HCV, e lonxe de melloralo, o que fai o SERGAS eliminar un facultativo, ata o momento. Por iso o BNG pide que se destinen aos hospitais de Monforte, Vern e O Barco 10.750.000 . Outra das iniciativas presentadas polo BNG para que a Xunta non esqueza os Servizos Sociais, pois o goberno galego non debera desatender s persoas que mis o precisan nesta situacin tan adversa, xusto na provincia (Ourense) onde a cifra de persoas sen emprego ascenden case a 31.000. Unha das partidas que se viu mis afectada nos ltimos orzamentos foi aquela dedicada aos plans de prevencin de drogodependencias destinadas aos concellos que en moitos casos, como o do Barco, desapareceu, por iso o BNG esixe ao goberno que se destinen 3 millns de euros para este propsito. A Escola Oficial de Idiomas do Barco xa vn sendo unha reivindicacin histrica, por iso desde o grupo parlamentar nacionalista se pide que se destinen 135.000 para sentar as bases da creacin dunha EOI en condicins para que valdeorreses e valdeorresas poidan estudar idiomas sen ter que se desprazar ao Bierzo. Un dos sectores que mis resiste a crise no noso pas o do vio, co que a Xunta debera implicarse para acadar axudas a produtores, emprendedores e axudas exportacin, por iso o BNG tamn enmendou os orzamentos neste captulo para,

entre outras cousas, aumentar a investigacin para seguir acadando altas calidades en Consellos Reguladores coma o de Valdeorras. O BNG cre que a implicacin da Xunta nos sectores productivos debe de ir mis al, por iso presentou propostas para crear axudas a novos emprendedores con propostas relacionadas coa producin e transformacin dos produtos do monte como a madeira, as castaas e os cogumelos. Por outra banda, esixiu que se restaurasen as axudas aos concellos polas cales podan facer limpeza do monte para a prevencin dos lumes. A posta en valor dun Museo Etnogrfico de Valdeorras, que sexa quen de xerar empregos directos e indirectos, as como a subida das contas destinadas ao Parque de bombeiros de Valdeorras, foron outras das iniciativas presentadas polos deputados do BNG.

You might also like