Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 52

DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL PRADO.

MORGADÁNS GONDOMAR

DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL DE PRADO. MORGADÁNS

1. OBXECTO DO TRABALLO E DOCUMENTACIÓN UTILIZADA. Páx. 1

2. OPORTUNIDADE DE REDACCIÓN DO DOCUMENTO. Páx. 3

3. ANÁLISE DO MODELO DE ASENTAMENTO POBOACIONAL. Páx. 3


3.1 ENTIDADES DE POBOACIÓN. Páx. 3
3.2 ANÁLISE DOS ASENTAMENTOS. Páx. 4
3.3 CARACTERÍSTICAS DAS EDIFICACIÓNS. Páx. 10

4. ESTUDO INDIVIDUALIZADO DO NÚCLEO RURAL. Páx. 15


4.1 DESCRICIÓN DO NÚCLEO E XUSTIFICACIÓN DA DELIMITACIÓN DO
ÁMBITO. Páx. 15
4.2 CONSOLIDACIÓN EDIFICATORIA. Páx. 16
4.3 FICHA DE CARACTERÍSTICAS DO NÚCLEO. Páx. 17
4.4 EDIFICACIÓNS TRADICIONAIS. Páx. 18
4.5 BENS DE INTERESE PATRIMONIAL. Páx. 24

5. DOCUMENTOS NORMATIVOS E ANÁLISE DA NORMATIVA DE APLICACIÓN.


Páx. 46

ANEXO: COPIA DAS FICHAS DO INVENTARIO DE BENS MUNICIPAIS. Páx. 51

_____________________________________________________________________________
OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL Página 0 Marzo-2009
DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL PRADO. MORGADÁNS GONDOMAR

1. OBXECTO DO TRABALLO E DOCUMENTACIÓN UTILIZADA.


O presente traballo consiste na redacción do documento de delimitación do solo de
núcleo rural de Prado na parroquia de Morgadáns no municipio de Gondomar na
provincia de Pontevedra.

O documento constará dunha MEMORIA e un conxunto de PLANOS según o esixido


pola disposición adicional segunda.- Réxime do solo nos municipios sen
planeamento no punto 2 da Lei 9/2002 de 30 de Decembro, de Ordenación
Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia coas modificacións derivadas da
lei 15/2004, de 29 de Decembro (en adiante LOUGA).

Na memoria acredítanse os requisitos establecidos polo artigo 13 e o estudo


individualizado do núcleo rural, conforme o sinalado polo artigo 61.3 da LOUGA.

Nos planos reflíctese o sinalado na disposición adicional segunda da LOUGA


realizándose os seguintes:
1. SITUACIÓN
2. FOTOGRAFÍA AÉREA DE 1956
3. FOTOGRAFÍA AÉREA 2004
4. INFORMACIÓN
5. INVENTARIO DE BENS MUNICIPAIS
6. PARCELARIO
7. CONSOLIDACIÓN
8. DELIMITACIÓN. TRAMA VIARIO PÚBLICO. BENS PATRIMONIAIS

Utilízase a cartografía encargada polo Concello e realizada con base nas fotografías
aéreas de Agosto de 2004 (realizadas polo SITGA). Esta cartografía a 1/5000 e a
1/1000 foi realizada durante os anos 2005 e 2006 con apoios de campo. Asemade
dispónse das ortofotos (basadas nas fotografías de Agosto de 2004) elaboradas pola
empresa encargada de realiza-los traballos de cartografía, do parcelario aportado
polo Catastro, das fotografías aéreas do exército americano do ano 1956 e das fotos

_____________________________________________________________________________
OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL Página 1 Marzo-2009
DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL PRADO. MORGADÁNS GONDOMAR

aéreas do catastro do ano 1965 que aportan información fundamental sobre os


asentamentos tradicionais. A planimetría deste traballo elaborada polo que asina
toma como base a documentación descrita actualizándose, cando é necesario, coa
análise da realidade e información dos expedientes da oficina técnica de urbanismo
e arquivo municipal. Na elaboración do traballo tamén se utiliza a información
existente nos distintos documentos de planeamento municipal que figuran na oficina
técnica de urbanismo e arquivo municipal.

_____________________________________________________________________________
OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL Página 2 Marzo-2009
DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL PRADO. MORGADÁNS GONDOMAR

2. OPORTUNIDADE DE REDACCIÓN DO DOCUMENTO.


Ante a solicitude de licenzas para a construcción de vivendas na zona, considerando
o municipio de Gondomar sen planeamento e tendo en conta a Disposición adicional
segunda da LOUGA no punto 2, pola que para edificaren nos núcleos rurais
existentes será necesaria a previa aprobación do expediente de delimitación do solo
de núcleo rural; xustifícase a redacción do presente documento.

3. ANÁLISE DO MODELO DE ASENTAMENTO POBOACIONAL

3.1 ENTIDADES DE POBOACIÓN


As entidades recóllense de acordo co último Nomenclátor publicado (1991), incluindo
o tipo de asentamento que considera.

Os datos que aporta a Xeografía do Reino de Galicia, dirixida por Xerardo Álvarez
Limeses permítenos comprobar que a totalidade dos núcleos teñen o carácter de
tradicional xa que eran recollidos na publicación. Dende o punto de vista da
descrición xeográfica, a que fai Álvarez Limeses, segue sendo válida hoxe en día.
Isto supón que en 1931 estaban recoñecidas 174 entidades de poboación,
recoñecéndose no Nomenclátor solo 156, ben porque algunhas desapareceron ou se
teñen agrupado. Así mesmo aparecen todas elas no mapa do Instituto Xeográfico
Catastral do ano 1943.

Gondomar está dividido en 10 parroquias:


Borreiros 438 Ha.
Couso 960 Ha.
Chaín 490 Ha.
Donas 775 Ha.
Gondomar 224 Ha.
Mañufe 1.169 Ha.
Morgadáns 1.330 Ha.
Peitieiros 482 Ha.

_____________________________________________________________________________
OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL Página 3 Marzo-2009
DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL PRADO. MORGADÁNS GONDOMAR

Vilaza 322 Ha.


Vincios 1.290 Ha.
TOTAL 7.480 Ha.

As superficies recóllense do “Mapa dos límites das parroquias de Galicia” publicado


por Rosario Miralbes Bedera en 1979, axustado a superficie real de Gondomar. No
tamaño superficial das parroquias danse tres rangos, dúas parroquias cunha
superficie en torno ás 300 Ha., tres en torno ás 500 Ha. E o resto arredor das 1.000
Ha.; cos casos límite das 224 Ha. De Gondomar e as 1.330 de Morgadáns, que falan
da ampla superficie de monte que posúe esta parroquia.

Seguindo o Nomenclátor de 1991 en Gondomar danse as seguintes categorías de


entidades:
Parroquia: os ámbitos tradicionais en que se divide o municipio. Coma xa se
dixo son 10.

Vila: e a designación do núcleo principal de Gondomar.

Lugar: Das 156 entidades son identificadas e catalogadas polo INE como
lugares 147.

Aldea: Recoñécense 6 na parroquia de Borreiros, unha en Couso, outra en


Donas ó igual que en Gondomar.

3.2 ANÁLISE DOS ASENTAMENTOS


Para explicar a estructura dos asentamentos será imprescendible falar do medio
natural como elemento que maior importancia adquire na localización dos
asentamentos. Dentro deste atopamos a auga como un dos principais factores. O
conxunto dos asentamentos debuxa a mesma figura que a rede fluvial gardando
ademáis estreita relación de importancia entre ríos e asentamentos. Os cursos de
auga deixan notar a sua presencia nos núcleos a través dunha infinidade de formas.

_____________________________________________________________________________
OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL Página 4 Marzo-2009
DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL PRADO. MORGADÁNS GONDOMAR

Ademáis o número de fontes, lavadoiros e presas é moi elevado no núcleo. O


Zamáns e os seus afluentes estructuran o poboamento na parte Norte onde se
asentan os núcleos das parroquias de Vincios, Vilaza e Chaín. No caso dos que
discorren por Morgadáns e Peitieiros pódense considerar como afluentes do Miñor
que forma o outro gran val poboado nas parroquias de Gondomar, Mañufe, Donas e
Borreiros.

A auga

Os solos son outro referente a ter en conta. Os de maiores cualidades son


aproveitados para desenvolve-la actividade agraria principal fonte de recurso ata non
hai demasiado tempo. Os mellores solos coinciden na parte baixa dos vales
constituíndose en terras de labor rodeando as casas do núcleo rural que dan paso ó
monte nunha estructura do asentamento tradicional en Galiza. Os núcleos
tradicionais aproveitan as terras de peor calidade situadas nos outeiros nos que
moitas veces aparecen afloramentos rochosos deixando libres as mellores terras
para a agricultura.

_____________________________________________________________________________
OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL Página 5 Marzo-2009
DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL PRADO. MORGADÁNS GONDOMAR

Núcleo de Vilas en Morgadáns. Eidos de labor coas casas na parte alta que dan paso ó monte.

Núcleo de Xián-A cernada en Vincios. Co casal tradicional o pé do monte.

A todo isto teremos que engadir outro elemento característico dos núcleos, a pedra
granítica, como elemento unificador das construccións. A súa alta resistencia e
calidade unido a súa abundancia provocaron a riqueza do patrimonio arquitectónico,
etnográfico e cultural do municipo constituíndose nun dos principais recursos a
preservar e explotar. A auga e a pedra son polo tanto dous referentes de
extraordinaria relevancia que aparecen constantemente como elementos máis
sobresaíntes e característicos dos núcleos tradicionais. Vivendas, pendellos,

_____________________________________________________________________________
OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL Página 6 Marzo-2009
DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL PRADO. MORGADÁNS GONDOMAR

bodegas, fontes, lavadoiros, hórreos, valados, camiños, muiños etc., todos eles
construidos en pedra, caracterizan os núcleos.

Un exemplo importante no municipio é o núcleo da Pedra na parroquia de


Morgadáns. Sitúase na parte elevada da ribeira esquerda do río Morgadáns. Neste
caso o casal ten un carácter máis compacto con edificación adosada. A estructura
interna desenvólvese arredor dun camiño estreito enlastrado que se ramifica dende
un punto central en tres direccións, unha hacia a Igrexa, outra une co cemiterio e a
terceira avanza paralela a vertente. Os muros das casa aproximanse á beira do
camiño sen deixar espazo libre de pedra, sendo esta a que da o nome ó núcleo
aparecendo en tódalas construccións a pesares da introducción do novos materiais e
tipoloxías constructivas que desvirtúan o entorno. A auga chega a descender en
forma de fervenza en varias ocasións xa que os desniveis acentúanse. Destacan
outros exemplos como San Roque en Morgadáns, Pintor en Chaín e O Río en Vilaza.

Núcleo da Pedra en Morgadáns.

Novos factores xurdidos dende os anos 70 do século XX orixinaron transformacións


nos núcleos e asentamentos tradicionais, o que da lugar ao paso do que chamamos
“hábitat” no sentido de convivencia e integración no medio nun sistema equilibrado
ata un poboamento onde isto apenas se reflicte. Os cambios económicos e sociais
ata hoxe en día teñen grandes implicacións de orde territorial complexizando os

_____________________________________________________________________________
OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL Página 7 Marzo-2009
DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL PRADO. MORGADÁNS GONDOMAR

problemas de ordenación, aumentando a diseminación ocupando as terras de labor e


dentro dos propios núcleos con actuacións pouco respectuosas coas vivendas e
construccións adxectivas. En definitiva superpóñense sobre o sistema de
asentamentos tradicionais as cuestións da cidade difusa actual que se manifestan
nos municipios da rexión urbana de Vigo.

Dende un punto de vista estrictamente morfolóxico obsérvanse varios tipos de


núcleos. A forma está moi relacionada coa propia evolución histórica e as
características topográficas. En xeral os núcleos máis alonxandos manteñen un
carácter máis tradicional tendo un poboamento máis concentrado, destes os máis
dinámicos foron perdendo dito carácter para pasar á diseminación. Nos de recente
formación é algo máis habitual a diseminación acentuándose nos que se ubican
nunha cota máis baixa do municipio.

Nos máis tradicionais o casal preséntase máis denso existindo construccións en


medianeira. Dentro de este tipo pódense distinguir os que se organizan frente a un
punto central e os de disposición liñal organizándose a beira do camiño principal do
núcleo (nestes casos solen darse dificultades de tipo orográfico que impiden outro
tipo de concentración). A veces sucede que os desenvolvementos destos núcleos
seguen a pauta de poboamento orixinaria no sentido de ocupa-lo territorio
uniformemente producíndose novas agrupacións que deixan certo espazo entre elas
pero sen que se perda o carácter de núcleo cunha disposición en enxame. A medida
que o poboamento é máis moderno prodúcese un aumento no grao de diseminación.
Un tipo que se desenvolve á beira dos viais existentes cunha diseminación liñal e
aqueloutro en forma de mancha ocupando, as construccións, terreos con cualidades
dignas de protección que deberían ser suficientes para impedi-lo desenvolvemento
constructivo.

En Gondomar dase a singularidade, debido a súa especial configuración en forma de


anfiteatro contra o mar pasando das cotas altas ás baixas, de ter un sistema de
asentamentos típico de costa con núcleos con casal claro en enxame con aldea

_____________________________________________________________________________
OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL Página 8 Marzo-2009
DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL PRADO. MORGADÁNS GONDOMAR

núcleo e en enxame, pero tamén con núcleos e polinúcleos de casal denso típicas de
interior e montaña. Todo isto según os tipos propostos por José Fariña Tojo no seu
clásico libro “Los asentamientos rurales en Galicia”.

Con esta morfoloxía de asentamentos danse unhas condicións moi boas para o
poboamento na zona central do Concello na dirección Leste-Poñente, que
corresponde á zona máis densamente poboada e así mesmo na dirección Norte-Sur
ata a vila de Gondomar, en paralelo ó río Zamáns.

O resto do poboamento caracterízase por núcleos illados vinculados ó monte, en


zonas que se producen plataformas horizontais que permiten o aproveitamento
agrícola.

Coma xa se dixo anteriormente a evolución da poboación, a incorporación de novas


formas de ocupación, a mellora do nivel educativo e de renda trasformaron
profundamente nos anos finais do século XX o territorio municipal por abandono das
terras de cultivo, e perda do seu valor orixinario. Así se foron ocupando os espazos
entre núcleos de foma moi laxa aparecendo o contínuo edificado que hoxe é a
característica máis salientable de Gondomar concentrándose na zona central do
municipio e no eixo Norte-Sur, excluíndo aqueles terreos cunhas características máis
difíciles para o crecemento e con factores limitantes para o mesmo.

A vila de Gondomar presenta unha imaxe urbana con alturas que van dende as dúas
plantas ata as catro como límite contando con bastante uniformidade, nos bordos
destaca a presenza do sistema xeral verde que se foi establecendo nos últimos anos.

Dende o punto de vista dos usos a caracterización do territorio descrita fai que a
imaxe en planos de Gondomar sexa moi clara toda vez que nos límites cos termos
municipais de Tomiño, Tui, Porriño e Vigo o uso predominante sexa o de monte ben
ocupado por plantacións de especies arbóreas como pinos ou eucaliptos ou mato
nas cotas máis altas; así como rocha no Galiñeiro, que é a imaxe máis forte dende o

_____________________________________________________________________________
OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL Página 9 Marzo-2009
DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL PRADO. MORGADÁNS GONDOMAR

punto de vista paixasístico que pode terse de Gondomar. No límite Poñente co termo
de Baiona e tamén o monte nas cotas máis altas, nas máis baixas a situación en
Gondomar non é diferente da de Baiona xa que se trata dun territorio en forte
proceso de urbanización.

O uso agrícola que, noutros tempos, debía ter moita importancia como corresponde a
presenza dun val moi chairo e con auga suficiente, hoxe pode considerarse unha
actividade marxinal cos campos abandonados dende hai longo tempo
conservándose algunhas manchas da paisaxe agrícola ben conservada nas
parroquias de Mañufe e Donas.

O uso predominante ven a ser o residencial que pouco a pouco desbordou os


núcleos ocupando os terreos antigamente adicados á labranza. Aparece o uso
industrial de maneira concentrada no Polígono da Pasaxe a partires dos anos
oitenta.

O desenvolvemento dos núcleos no Concello pode considerarse dinámico e estable


con ningún caso de núcleos regresivos. Polo tanto, estamos claramente ante un
municipio dinámico.

O poboamento móstrase moi transformado no momento actual, xa que o seu


desenvolvemento nos últimos anos o que ten feito é encadea-los núcleos. Nas zonas
de val o poboamento é un contínuo, no que é preciso actuar dende medidas de
ordenación e control. Nas zonas de planaltos os núcleos permanecen aínda
individualizados e recoñecibles.

3.3 CARACTERÍSTICAS DAS EDIFICACIÓNS


Resulta interesante deterse en tres das construccións máis salientables da
arquitectura tradicional e que a súa vez teñen maior incidencia a nivel paisaxístico e
cultural.

_____________________________________________________________________________
OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL Página 10 Marzo-2009
DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL PRADO. MORGADÁNS GONDOMAR

En primeiro lugar o pazo é unha das construccións máis relacionadas directamente


co mundo rural en Galiza. A súa orixe asóciase coa nobreza pero tamén coa
fidalguía que durante os séculos XVII e XVIII vive unha época importante ó
convertirse na detentadora directa dos foros de propiedade da igrexa e da alta
nobreza. Os recursos obtidos invírtense en moitos casos na construcción de pazos
que veñen a seren o símbolo do seu ascenso social. Solen caracterizarse por ter
unha capela, unha muralla que pecha toda a propiedade arredor do edificio e unha
portada de entrada na que aparecen sinos heráldicos que fan referencia á familia
fundadora. As tipoloxías constructivas son moi variadas pero en xeral todos mostran
unha estética moi integrada dentro do entorno no que xurden, co que quedan
perfectamente fundidos coa paisaxe. Algúns están en ruinas mentres que outros
mantéñense en bo estado ó estaren habitados.

O hórreo tamén constitúe unha das edificacións de carácter popular máis estendida
en todo o municipio. A súa presenza está moi ligada á do millo, aínda que o hórreo
como edificación é moi anterior, a partires do século XVII coas grandes colleitas e
cando sufre unha modificación nas súas medidas e volumes para aumentar a súa
capacidade. As características constructivas responden ó uso para o que foi
concebido. Por unha parte aparece separado do solo mediante pés caseque sempre
de pedra presentando o seu extremo superior un amplo capitel que evita o acceso
dos roedores; ó mesmo tempo esta separación do terreo facilita o aireado do grao.
Esta función compleméntase con muros calados e cunha exposición que favoreza a
entrada do vento. As tipoloxías son variadas e van dende a que utiliza a pedra como
material constructivo na totalidade da obra, e mixta, na que se combina con outros
materiais.

Moi en relación cos hórreos están outro tipo de construccións que teñen como
función básica a de moer o grao das colleitos; é o muíño. A abundacia de cursos de
auga é utilizada como forza motriz para poñer en funcionamento a maquinaria, fai
que abunden na zona. Moitas veces constrúense canalizacións artificiais en ladeira
que desvían parte do cauce do río para instalar muiños en lugares accesibles. Ás

_____________________________________________________________________________
OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL Página 11 Marzo-2009
DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL PRADO. MORGADÁNS GONDOMAR

veces danse casos no que o caudal permite situar varios muíños e incluso o que
algúns dispoñan de varias entradas de auga co conseguinte aumento da capacidade
para a elaboración de fariña. Aínda se manteñen algúns en uso pero a maior parte
están abandonados. Tiveron unha importancia fundamental na economía tradicional
e foron frecuente lugar de reunión entre os veciños. Quizáis o caso máis salientable
sexa o do lugar do Río en Vilaza onden nun curto tramo do río aparecen varios
muíños, algúns de grandes dimensións.

Conxunto de muiños no lugar do Rio en Vilaza.

A tipoloxía edificatoria característica é a vivenda unifamiliar no conxunto municipal xa


que polas características de desenvolvemento histórico soamente na vila aparece a
vivenda colectiva xa de antigo.

A vivenda é de planta rectangular ou cadrada illada, aínda que as vivendas


tradicionais teñen engadidos de construccións adxectivas ou auxiliares que as
converten en estructuras complexas de gran plasticidade que se funden coa paisaxe
construida. Hai núcleos de conxuntos de vivendas articuladas en casais, rueiros ou
quinteiros formando tipoloxías de vivendas arrimadas en medianeira ubicadas no
bordo dos camiños.

Aínda que permanecen os tipos orixinarios ven conservados, aparece a


incorporación de elementos de carácter urbano, sobre todo nas cubertas. Destacan

_____________________________________________________________________________
OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL Página 12 Marzo-2009
DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL PRADO. MORGADÁNS GONDOMAR

tamén os tipos que apareceron en moitos outros sitios nos anos setenta e oitenta, os
denominados de nove ou doce piares con planta habitualmente cadrada, cuberta a
dúas augas e cun programa de vivenda moi simple e escasa elaboración
arquitectónica, aínda así no poden considerarse representativos en Gondomar.

É a partires do final dos anos noventa que comeza a proliferar a vivenda máis urbana
tipo chalet xa con un proxecto arquitectónico definido e dáse o cambio de materiais e
de disposición dos programas de vivenda, evolucionando a modelos máis
contemporáneos e afastados xa da actividade agrícola e nalgúns cun resultado
arquitectónico desafortunado que comenzan a degradar esteticamente a paisaxe
construida.

Os materiais empregados tradicionalmente son como en toda a comarca a pedra nos


muros de cerramento das edificacións tanto en cachotería como en sillería
dependendo da categoría da vivenda e do seu carácter máis ou menos urbano.
Estes muros empréganse como muros de carga e complétase a estructura con
madeira tanto nos forxados como na armadura da cuberta; esta cubrése con tella
cerámica xa sexa curva ou plana. As carpinterías son de madeira, pintada en
distintas cores.

Máis recentemente xeneralizouse o uso do formigón na estructura, os cerramentos


son de ladrillo enfoscado e pintado ou de pedra habitualmente tratada como sillería e
nalgún caso como revestimento. A cuberta é de tella cerámica curva ou plana. As
carpinterías tenden a ser con carácter xeral de aluminio en cor.

Predominan as edificacións de dúas plantas, baixo e piso con aproveitamento baixo


cuberta, ás veces aproveitando os desniveis presenta un semisoto. Son escasas as
edificacións dunha soa planta salvo aquelas que son complementarias da actividade
agrícola que poden ou non aparecer anexas á edificación principal.

_____________________________________________________________________________
OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL Página 13 Marzo-2009
DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL PRADO. MORGADÁNS GONDOMAR

Con carácter xeral os usos da edificación son os residenciais con independencia de


que nos núcleos rectores das distintas parroquias poida aparecer unha tenda de
comercio diario e algún bar ou servizos como unha farmacia, en planta baixa e
nalgúns casos, como no barrio de Hervillás, con un carácter máis urbano, un
comercio máis diversificado ou pequenos talleres familiares. Soamente aparecen
diferenciados os usos agrícolas: pendellos, hórreos e muíños que pouco a pouco van
perdendo vixencia.

_____________________________________________________________________________
OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL Página 14 Marzo-2009
DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL PRADO. MORGADÁNS GONDOMAR

4. ESTUDO INDIVIDUALIZADO DO NÚCLEO RURAL

4.1 DESCRICIÓN DO NÚCLEO E XUSTIFICACIÓN DA DELIMITACIÓN DO


ÁMBITO
O núcleo rural de Prado sitúase no leste da parroquia de Morgadáns na súa zona
máis montañosa. A súa altitude é a da cota 460 m. de media con respecto ao nivel do
mar presentado unha disposición liñal e concentrada aos pés da zona montañosa de
forte pendente axustándose á topografía . As vivendas ubícanse nas cotas altas e
outeiros liberando ó solo para aproveitamento agrícola (en forma de plan alto) nas
zonas máis fértiles nunha disposición clásica desas zonas montañosas do Concello.
O núcleo está bastante individualizado vinculado ao medio.

O casal organízase de forma máis ben densa tendendo a un espallamento liñal coma
xa se dixo, os pés do monte, debuxando a faldra do mesmo cunha tipoloxía de
construcción tradicional illada e apegada en medianeira, fundamentalmente
organizada en grupos de rueiros ou quinteiros. O uso do núcleo é de vivenda de
carácter unifamiliar. E de destacar os elementos de interese patrimonial e etnográfico
existentes no núcleo vinculados ao xeito de vida tradicional que será necesario
catalogar e preservar de intervencións desafortunadas ou desharmonizadoras como
algunhas executadas ao abeiro do PXOM de 1997.

_____________________________________________________________________________
OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL Página 15 Marzo-2009
DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL PRADO. MORGADÁNS GONDOMAR

O solo do núcleo rural que se delimita está formado polos terreos que serven de
soporte a un asentamento de poboación sigularizado en función das súas
características morfolóxicas, tipoloxía tradicional das edificacións e vinculación coa
explotación racional dos recursos naturais manifestando unha imbricación racional do
núcleo co medio físico tal como dí o artigo 13º da LOUGA. Delimítase o ámbito do
núcleo, segundo os criterios do antedito artigo presentando unha continuidade as
edificacións e lazos de relación entre os lugares de Prado que é o recoñecido no
Nomenclátor oficial e censos e padróns municipais. No plano da foto aérea do ano
1956 pódese observa-la existencia das edificacións tradicionais que define o ámbito
do núcleo. A liña da delimitación trázase encerrando ás edificacións tradicionais que
se sinalan no plano de información seguindo o parcelario (véxase plano do parcelario
nº 6) e as pegadas físicas existentes e, como máximo, a 50 metros das edificacións
tradicionais. O resultado está reflectido no plano de delimitación (nº 8) que recolle a
trama do viario público, neste caso, de propiedade municipal. No caso deste núcleo
non se considera área de expansión do mesmo. No punto seguinte analizarase a
consolidación edificatoria.

4.2 CONSOLIDACIÓN EDIFICATORIA


Según o artigo 13º.3 da LOUGA o núcleo deberá presentar unha consolidación pola
edificación, como mínimo, do 50%.

Para demostrar o cumprimento deste criterio realízase unha medición das parcelas
baleiras non consolidadas pola edificación (reflíctese graficamente no plano de
consolidación nº 7). Restando á superficie do ámbito do núcleo rural (tendo restado
previamente, á superficie do núcleo, a do viario) á superficie non consolidada
teremos a superficie consolidada. Por último minorarase esta superficie nun 10%
tendo en conta as posibles parcelacións que se poideran realizar.

Para o caso que nos ocupa teriamos:


Superficie do ámbito do núcleo: 90.979 m2
Superficie do viario público: 11.523 m2

_____________________________________________________________________________
OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL Página 16 Marzo-2009
DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL PRADO. MORGADÁNS GONDOMAR

Superficie do ámbito a considerar: 90.979 – 11.523 = 79.456 m2


Superficie non consolidada: 17.500 m2
Superficie consolidada sen viario: 79.456 m2 – 17.500 m2 = 61.956 m2
Superficie consolidada minorada: 61.956 m2 x 0,9 = 55.760,40 m2
Grao de consolidación: 55.760 / 79.456 = 0,70 70%

4.3 FICHA DE CARACTERÍSTICAS DO NÚCLEO

DENOMINACIÓN: Prado.
SITUACIÓN: parroquia de Morgadáns.
SUPERFICIE: 9,1 Ha.
POBOACIÓN: 182 habitantes.
Nº DE VIVENDAS: 55 no ámbito delimitado.
DENSIDADE: 6,04 viv./Ha.
Nº DE PARCELAS: 101
CONSOLIDACIÓN: 70%.
TIPOLOXÍA EDIFICATORIA: illada e apegada xeralmente con planta
rectangular e cuberta a dúas augas e altura B+1.
USOS: Residencial para vivenda de carácter familiar.
REDE VIARIA: De propiedade municipal con pavimento de formigón, asfalto e
terra cun estado de conservación regular. Superficie: 11.523 m2
CONSTRUCCIÓNS ADXECTIVAS: Agrícolas e outros.
SERVIZOS URBANOS: Auga, enerxía eléctrica, telefonía e alumeado público.
EQUIPAMENTOS: Lavodoiros e fontes públicas

_____________________________________________________________________________
OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL Página 17 Marzo-2009
DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL PRADO. MORGADÁNS GONDOMAR

4.4 EDIFICACIÓNS TRADICIONAIS

1 2

3 4

5 6

_____________________________________________________________________________
OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL Página 18 Marzo-2009
DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL PRADO. MORGADÁNS GONDOMAR

7 8

9 10

11 12

_____________________________________________________________________________
OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL Página 19 Marzo-2009
DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL PRADO. MORGADÁNS GONDOMAR

13 14

15 16

17 18

_____________________________________________________________________________
OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL Página 20 Marzo-2009
DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL PRADO. MORGADÁNS GONDOMAR

19 20

21 22

23 24

_____________________________________________________________________________
OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL Página 21 Marzo-2009
DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL PRADO. MORGADÁNS GONDOMAR

25 26

27 28

29 30

_____________________________________________________________________________
OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL Página 22 Marzo-2009
DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL PRADO. MORGADÁNS GONDOMAR

31 32

33 34

35

_____________________________________________________________________________
OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL Página 23 Marzo-2009
DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL PRADO. MORGADÁNS GONDOMAR

4.5 BENS DE INTERESE PATRIMONIAL.


Non hai xacementos arqueolóxicos coñecidos dentro do perímetro establecido para o
núcleo, como elementos de interese arqueolóxico situados fora do ámbito do núcleo
rural e colindante con el é necesario salientar A SEPULTURA (GA36021080) e a
mámora da ROZADA (GA36021083),. Estes elementos están catalogados pola
Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galiza. Os anteditos elementos
deberán ter definido un contorno de protección, mentres non se redacte o
planeamento correspondente, e aquel axustarase o estipulado no artigo 30º das
Normas Complementarias e Subsidiarias de Planeamento (en adiante NCSP).

O mesmo tratamento se lle da ó resto dos elementos recollidos no epígrafe, según as


indicacións da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, medida que,
según o antedito organismo, de forma cautelar parece axeitada para a protección do
Patrimonio Cultural.

Existen bens declarados de interese cultural de maneira xenérica en virtude da


disposición adicional segunda da Lei 16/85 do 25 de xuño, do Patrimonio Histórico
Español:

_____________________________________________________________________________
OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL Página 24 Marzo-2009
DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL PRADO. MORGADÁNS GONDOMAR

Escudos, emblemas, pedras heráldicas, rolos de xustiza, cruces de termo e


pezas similares de interese histórico artísticos con antigüidade de máis de
cen anos, contemplados no decreto 571/1963, do 14 de marzo; e os hórreos
ou cabazos con antigüidade de máis de cen anos, no decreto 449/1973, do 22
de febreiro.
Todos estes elementos, declarados bens de interese cultural, aplicaráselles o
réxime establecido no capítulo II. Protección dos bens de interese cultural da
lei 8/95 do Patrimonio Cultural de Galicia. Neste epígrafe aparecen
fotografados.

Tódolos elementos recóllense nos planos 4 e 8 (cos nomes, dos que estean
recoñecidos, no plano 5 do inventario):

_____________________________________________________________________________
OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL Página 25 Marzo-2009
DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL PRADO. MORGADÁNS GONDOMAR

Fonte de Pomatis:
Fonte tradicional aproveitando as cualidades do entorno natural, formando
dous estanques articulados con muros de cachotería.

Muros tradicionais da Brulla:


Construidos en cachotería, configurando o viario.

_____________________________________________________________________________
OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL Página 26 Marzo-2009
DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL PRADO. MORGADÁNS GONDOMAR

Acibos da Fontiña:
Arbore tradicional de gran beleza e contido simbólico que caracteriza o núcleo
de Prado.

_____________________________________________________________________________
OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL Página 27 Marzo-2009
DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL PRADO. MORGADÁNS GONDOMAR

Fonte da Fontiña:
Fonte tradicional aproveitando a topografía do terreo e os numerosos
mananciais de auga da zona. Cos camiños de acceso e os acibos, e
afloramentos rochosos configura un lugar de gran beleza natural

Camiño etnográfico en Carballiños:


Camiño configurado con grandes laxas irregulares

_____________________________________________________________________________
OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL Página 28 Marzo-2009
DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL PRADO. MORGADÁNS GONDOMAR

Casa en Carballiños:
Construcción tradicional en tres volumes adosados con cubertas a dúas
augas constituindo unha edificación característica do núcleo. Ten engadidos
que desvirtúan a edificación tradicional que deberían ser eliminados.

Cruz de carballiños:
Cruz tradicional de formas sinxelas colocada sobre muro de cachotería

_____________________________________________________________________________
OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL Página 29 Marzo-2009
DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL PRADO. MORGADÁNS GONDOMAR

Conxunto etnográfico da fonte de Prado, camiño tradicional e canal de


auga:
Interesante conxunto tradicional situado en parte fora do ámbito do núcleo no
que se funden auga, pedra e topografía de forma simbiótica para
aproveitamento dos recursos tradicionais.

_____________________________________________________________________________
OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL Página 30 Marzo-2009
DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL PRADO. MORGADÁNS GONDOMAR

Muros en Carballiños:
Construcción tradicional de cachotería de pedra que configura o camiño
tradicional

Fonte da Besadiña:
Fonte de chachotería tradicional con estanque de pedra desvirtuada pola
construcción da cuberta de formigón que debería ser demolida.

_____________________________________________________________________________
OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL Página 31 Marzo-2009
DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL PRADO. MORGADÁNS GONDOMAR

Alboio e acibo da Besadiña:


Pequeno pendello de cachotería aproveitando a topografía coas rochas
existentes como parte da construcción. O acibo completa o conxunto de gran
singularidade.

Cruceiro da Torre:
Cruz tradicional de sinxela xeometría.

_____________________________________________________________________________
OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL Página 32 Marzo-2009
DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL PRADO. MORGADÁNS GONDOMAR

Casa da Torre:
É a edificación máis salientable do lugar respondendo a tipoloxía da zona e
conservando aínda algúns elementos de pedra na cuberta, sendo este un
material moi utilizado nas cubertas das edificacións.

_____________________________________________________________________________
OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL Página 33 Marzo-2009
DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL PRADO. MORGADÁNS GONDOMAR

Casa da Torre 2
Casa tradicional de muros sinxelos situada fora do ámbito que conserva
elementos de pedra na cuberta.

Acibo da Torre:
Arbore tradicional de gran beleza e contido simbólico que caracteriza o núcleo
de Prado.

_____________________________________________________________________________
OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL Página 34 Marzo-2009
DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL PRADO. MORGADÁNS GONDOMAR

Alboio da Torre:
Pequena construcción de perpiaños adicada a alboio

Acibos de Cancelas:
Arbore tradicional de gran beleza e contido simbólico que caracteriza o núcleo
de Prado.

_____________________________________________________________________________
OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL Página 35 Marzo-2009
DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL PRADO. MORGADÁNS GONDOMAR

Fonte de Cancelas:
Fonte tradicional canalizando o manancial con elementos de pedra de
sinxeleza constructiva.

Conxunto etnográfico da fonte de lameiro, camiños, canais e lavadoiros:


Interesante conxunto situado fora do ámbito con estanques, canais e fonte
executada en cachotería de pedra cun gran estanque para regular o rego.

_____________________________________________________________________________
OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL Página 36 Marzo-2009
DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL PRADO. MORGADÁNS GONDOMAR

Casa do outeiriño:
Edificación tradicional que responde á tipoloxía da zona con volumes sinxelos
a dúas augas adosados conformando co resto dos elementos unha eira.

_____________________________________________________________________________
OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL Página 37 Marzo-2009
DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL PRADO. MORGADÁNS GONDOMAR

Muiño dos lameiriños:


Construcción tradicional de volume sinxelo cunha levada de pedra que
canaliza a auga para aproveitar a forza motriz da mesma. Está situado fora do
ámbito

_____________________________________________________________________________
OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL Página 38 Marzo-2009
DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL PRADO. MORGADÁNS GONDOMAR

Hórreos:

H1 H2

H3 H4

_____________________________________________________________________________
OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL Página 39 Marzo-2009
DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL PRADO. MORGADÁNS GONDOMAR

H5 H6

H7 H8

_____________________________________________________________________________
OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL Página 40 Marzo-2009
DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL PRADO. MORGADÁNS GONDOMAR

H9 H10

H11 H12

_____________________________________________________________________________
OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL Página 41 Marzo-2009
DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL PRADO. MORGADÁNS GONDOMAR

H13 H14

H15 H16

H17 H18-H19-H20

_____________________________________________________________________________
OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL Página 42 Marzo-2009
DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL PRADO. MORGADÁNS GONDOMAR

H21 H22

H23 H24

H25 H26

_____________________________________________________________________________
OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL Página 43 Marzo-2009
DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL PRADO. MORGADÁNS GONDOMAR

H27 H28

H29 H30

_____________________________________________________________________________
OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL Página 44 Marzo-2009
DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL PRADO. MORGADÁNS GONDOMAR

H31 H32

H33

_____________________________________________________________________________
OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL Página 45 Marzo-2009
DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL PRADO. MORGADÁNS GONDOMAR

5 DOCUMENTOS NORMATIVOS E ANÁLISE DA NORMATIVA DE APLICACIÓN

En virtude do alcance do documento o plano normativo será o nº 8 DELIMITACIÓN.


TRAMA VIARIO PÚBLICO. BENS PATRIMONIAIS. Nel, según a disposición
adicional segunda da LOUGA, recóllese a delimitación do perímetro do núcleo rural;
tamén queda reflectido o trazado da rede viaria pública existente, os espazos
reservados para dotacións e equipamentos públicos e os bens patrimoniais que
recollen o patrimonio arquitectónico según o artigo 61.3º da LOUGA e as esixencias
dos informes sectoriais.

No que respecta á concesión de licenzas, ó estar considerando Gondomar coma un


municipio sen planeamento, a maiores do dereito de uso e edificación no solo de
núcleo rural según as condicións dos artigos da Sección 3ª e as Normas de
aplicación directa do Título III da LOUGA, deberá aplicarse (o carecer de plan xeral
de ordenación municipal según o artigo 51.1º da LOUGA) o prescrito nas NORMAS
COMPLEMENTARIAS E SUBSIDIARIAS PROVINCIAIS DAS PROVINCIAS DA
CORUÑA, LUGO, OURENSE E PONTEVEDRA DOGA 19 E 20 DE XUÑO DE 1991
(en adiante NCSP).

No epígrafe 4.5 e na planimetría recóllense as consideracións da Consellería de


Cultura e Deporte da Xunta de Galiza.

Tendo en conta que o obxectivo do presente documento é exclusivamente a


delimitación do solo de núcleo rural, e concretados os documentos normativos e
consideracións a ter en conta como consecuencia dos informes sectoriais; a
continuación realízase unha exposición como complemento da memoria das
condicións técnicas de aplicación de uso e edificación máis salientables cunha
interpretación integrada das Normas, sen prexuízo doutras interpretacións xurídicas
ou técnicas:

_____________________________________________________________________________
OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL Página 46 Marzo-2009
DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL PRADO. MORGADÁNS GONDOMAR

A ordenanza de aplicación das NCSP será a do artigo 23 Ordenanza reguladora do


solo non urbanizable de núcleo rural, xa que se refire a núcleos que teñan
acreditada a súa preexistencia, conforme o procedemento establecido polo artigo 36
das NCSP que coinciden conceptualmente cos delimitados según o artigo 13º da
LOUGA.

USOS:
Os usos permitidos nos núcleos rurais serán os permitidos no artigo 27º da LOUGA
sendo o característico o residencial. Así mesmo, poderanse permitir usos comerciais,
productivos, turísticos e tradicionais ligados á vida rural, así como pequenos talleres,
sempre que non se altere a estructura morfolóxica do asentamento e o novo uso
contribúa a revitaliza-la vida dos seus moradores e que, en todo caso, resulten
compatibles co uso residencial. As outras condicións veñen expresados no resto dos
artigos da Subsección 2ª condicións de uso.

ALIÑAMENTOS:
Neste punto haberá que ter en conta un aspecto fundamental que se desprende do
artigo 28º da LOUGA no que se prohibe o derrubamento, de maneira inxustificada,
de muros tradicionais dos rueiros ou corredoiras; tamén no artigo 26º prohíbese o
derrubamento ou a demolición de construccións existentes salvo en casos moi
taxados de edificacións de escasa entidade, escaso interese arquitectónico e
irrecuperables según os criterios da lei. Isto quere dicir que se deberán manter os
aliñamentos existentes nos casos de muros e edificacions tradicionais e polo tanto os
largos dos camiños públicos tradicionais.

Os aliñamentos nas zonas non consolidadas pola edificación deberán ser dun
mínimo de 4,00 m. o eixo da vía pública según o artigo 106º da LOUGA. Terase en
conta o artigo 17º Harmonización das NCSP.

_____________________________________________________________________________
OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL Página 47 Marzo-2009
DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL PRADO. MORGADÁNS GONDOMAR

TIPOLOXÍA DAS EDIFICACIÓNS:


O expresado na ordenanza de solo non urbanizable de núcleo rural das NCSP
conecta perfectamente co expresado na LOUGA. As edificacións harmonizarán coas
tipoloxías tradicionais existentes ou dominantes no asentamento, admitíndose, polo
tanto, edificacións apoiadas noutras conformadoras do contínuo urbano e
edificacións illadas.

PARCELA MÍNIMA:
No núcleo rural aplicarase a das NCSP 600 m2 xa que é a máis restrictiva. Esta será
a mínima agás nos casos excepcionais debidamente xustificados de parcelas
inferiores localizadas entre outras xa edificadas que imposibiliten acada-la parcela
mínima.

Na área de expansión (cando exista) aplicarase 2.000 m2 según a disposición


adicional segunda da LOUGA.

EDIFICABILIDADE MÁXIMA:
No núcleo rural será de 0,40 m2/m2 según as NCSP tendo en conta as limitacións de
volume da LOUGA no seu artigo 29º 1 c).

RECUADOS:
A vías públicas:
Para edificacións illadas: según a ordenanza das NCSP, ademáis de cumpri-la
lexislación sectorial de aplicación, as distancias entre as edificacións e os eixos dos
camiños será superior a 6,00 m.

Para edificacións adheridas ou apegadas: terán que respectarse as aliñacións


estables ou consolidadas de forma tradicional consideradas na excepción do artigo
29º 1 f) en base o artigo 28º e) da LOUGA.

_____________________________________________________________________________
OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL Página 48 Marzo-2009
DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL PRADO. MORGADÁNS GONDOMAR

A lindeiros:
Mínimo 3,00 m. tanto según LOUGA como NCSP.
Poderán autorizarse edificacións apegadas a paramentos cegos de edificacións
existentes tradicionais cando o aliñamento sexa estable e consolidado según o
expresado no punto anterior.

OCUPACIÓN MÁXIMA:
A ocupación máxima da parcela será do 30%. Cando se dea a excepción da parcela
mínima a ocupación poderá supera-la procentaxe expresada, fixándose un fondo
máximo de 12,00 m. Todo isto según a ordenanza das NCSP e tendo en conta a
limitación de volume do artigo 29º 1 c) da LOUGA.

Na área de expansión a superficie edificada en planta será como máximo de 200 m2


tal como dí a disposición adicional segunda da LOUGA.

ALTURA MÁXIMA:
Baixo + 1 planta, cunha altura máxima de 7,00 m. medidos según o artigo 42º 1 c) da
LOUGA no centro de tódalas fachadas, dende a rasante natural do terreo ó arrinque
inferior da vertente da cuberta. Según as NCSP non se contabilizarán no número de
plantas os sotos e semisotos, cando sobresaian, como máximo, 1 metro dende a
rasante do terreo.
O aproveitamento baixo cuberta segundo as NCSP permitirase, sen computa-la súa
superficie para os efectos de determina-la máxima edificable, se é o caso.
Cumprirase o prescrito na LOUGA no artigo 29º 1 c) no relativo ás características do
aproveitamento e a prohibición de mansardas e bufardas salvo nos casos en que
formen parte da tipoloxía tradicional que no caso do municipio no existe.

PENDENTE DA CUBERTA:
Será a da ordenanza das NCSP cunha pendente máxima de 30 graos con altura
máxima de cumio de 3,60 m. co resto dos codicionantes do artigo 29º 1 c) da
LOUGA.

_____________________________________________________________________________
OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL Página 49 Marzo-2009
DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL PRADO. MORGADÁNS GONDOMAR

CONDICIÓNS XERAIS:
Según o artigo 29º 1 g) para autoriza-las edificacións esixirase ter resoltos, com
carácter previo e a custa do promotor, como mínimo os servizos de acceso rodado,
abastecemento de auga, evacuación e tratamento das augas residuais e
subministración de enerxía eléctrica ou, noutro caso, garanti-la execución simultánea
coa edificación. Compleméntanse estas condicións coas prescricións dos artigos 15,
16, 17, 18 e 19 apartado 2 das NCSP e non contradigan o anteriormente prescrito.

En caso de dúbida de interpretación estarase ó disposto no artigo 6º Regras de


interpretación da LOUGA.

31 de Marzo de 2009.

O arquitecto municipal,

Ado. José A. Álvarez Álvarez.

_____________________________________________________________________________
OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL Página 50 Marzo-2009
DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL PRADO. MORGADÁNS GONDOMAR

ANEXO: COPIA DAS FICHAS DO INVENTARIO DE BENS MUNICIPAIS.

_____________________________________________________________________________
OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL Página 51 Marzo-2009

You might also like