Download as odp, pdf, or txt
Download as odp, pdf, or txt
You are on page 1of 22

Había unha vez un principiño que estaba nun pobo.

Como estaba triste, foi ao río a tirarlle pedras, pero


de repente apareceulle unha vaca, un raposo e máis
tarde un xabato salvaxe. Decidiu quedar cos animais e
darlles de comer. Foilles buscar auga ao pozo e
cousas á horta para que comesen e bebesen.

Xa era pola noite e o principiño empezara a comer,


pero tiña unha sede que morría. Entón foi beber
auga, mais ao final non a bebeu, tiña gana doutra
cousa, como unha Fanta. Así que foi á neveira e viu
alí unha e empezouna a beber.
Logo saíu da casa para ir ver os animais e
atopounos ben. E como estaban ben, deitouse a
durmir.
A mañá seguinte, alguén lle petou na porta e dixo:
-Quen é?
-Chámome Manuel, e ti?
-Eu chámome..., eu son o principiño.
-Como? Chámaste Principiño?
-Si..., algo así, vaia. Espera que logo che abro.
-Ola
-Ola
-Que fas ti aquí? -dixo o principiño estrañado.
-Pois é que o meu avión caeu aquí.
-Un avión?
-Si, logo é que non sabes o que é?
-Si, si que o sei.
-Pois logo!
-Tes teléfono?
-Teño, si.
-E tes saldo?
-Pois penso que si
-Déixasme mandar unha mensaxe?
-Si, si, claro.
-Vale, moitas grazas.

-Que levas aí?


-Unha serpe.
-Que!
-Si, non che gustan?
-Pois non, non che me gustan nadiña.
-Ben, a ver se a mensaxe vai.
-Mentres, queres vir comigo ao meu xardín?
-Non, eu quero ir ver o mar.
-Veña, oh!
-Mira que teño un piñeiro aí moi, moi grande.
-Vale, está ben, irei -dixo Manuel.
E foron ata alí.
Cando chegaron, o rapaz quedou abraiado, había de
todo: árbores, flores de todas as cores e o piñeiro,
que era moi moi grande.

Pero o que el quería era ver o mar.


-Mira, que é iso?
-Iso é un coche; eu xogo a que é un coche asasino.
-Ha, ha, ten graza.
-Non, non rías, que se ti estiveses só xa verías
cantas tolerías facías.
-Xa o imaxino.
-Tes unha piruleta?
-Non, non teño, pero va que están moi ricas?
-Si, si.
-Aa! Mira o meu móbil.
-Funciona.
-A ver... Si, teño unha mensaxe, dinme que me veñen
buscar. Vés comigo?
-Vale.
-Se están.
-Pero... podo levar os animais comigo?
-Vale, corre.
Mais, antes de marchar, díxolle:
-Ti es o meu mellor amigo. Moitas grazas por vir.
-Pois foi algo sen querer, foi de casualidade.
-Bueno, dá igual.
E os dous fóronse e non volveu máis alí, o
principiño, non se volveu saber del nunca máis.
Cando ía o principiño de camiño á casa encontrou un
rapaz chorando moi desconsoladamente.
-Que che pasa? - preguntoulle.
O rapaz respondeu:
-Estaba xogando co meu avión de xoguete, caeume ao río
e mollouse.
Non te preocupes, axudareiche a facer outro -contestou o
principiño.
Fixo o avión máis grande e resistente e puxéronse a
xogar. O avión voaba de marabilla, pero de tanto que voou
foi parar a unha horta onde había unha cabuxa e unha
vaca que non tiñan que comer e comeron o avión.
Eles botáronse a rir. Pensaron en
facer outro pero Manuel (que así
se chamaba o rapaz) dixo que era
de noite e que tiña que ir para a
casa.

Quedamos para xogar mañá?


-preguntoulle Manuel.
Pois claro, gustaríame moito
-respondeu o principiño.
Ao día seguinte encontráronse
no parque e Manuel dixo que
podían ir xogar a un xardín que
estaba preto da súa casa.
O principiño quedou asombrado, o xardín era enorme
e había un piñeiro xigante cunha cabana enriba.
- É precioso! -exclamou o principiño.
Había un porco e moitas farolas para, pola noite, non
quedar a escuras.
Apareceu por alí unha
muller loura e alta, que
parecía traer algo de
comer na man.
-Mamá, que nos
trouxeches? -dixo
Manuel.
-Trouxen Fanta de laranxa,
dúas piruletas e galletas.
Comeron e beberon
ata que se fartaron, e
despois xogaron a
mensaxeiros, mariñeiros que navegaban polos
grandes mares, ao escondite...
Cando estaban xogando, viron unha raposa.
Intentaron collela, mais non foron capaces. O
principiño tivo unha idea e dixo que se lle daban de
comer ao mellor viña, e efectivamente veu. Xogaron
con ella e pasárono moi ben, pero
de repente escapou...
-Debeu escoitar algo, unha serpe,
un lagarto ou algo parecido
-asegurou o principiño.
Estando na cabana caeulle unha
porca, mais non pasou nada, a
cabana estaba moi ben
asegurada.
Fíxose de noite e Manuel tiña que irse para a casa.
A súa nai convidou o
principiño a quedarse
a durmir e el aceptou.

Pola noite, pasárono moi


ben, viron unha película
dun coche asasino e
pareceulles escoitar un
ruído dun xabato salvaxe.
Sentiron medo, pero
enseguida se entretiveron
con outra cousa.
Pasárono moi ben,
estiveron xogando durante
toda a semana. O principiño contoulle de onde procedía
e comunicoulle que tiña que marchar. Regaloulle a flor
que el tanto quería e díxolle:
-Manuel, cóidaa moi ben, porque é o máis preciado que
teño.
E coas lágrimas nos ollos, o principiño foise.
O principiño, tamén chamado Mandiña, planeou un
atentado ao monumento dos caídos co seu avión, o
seu coche asasino e as súas mascotas: a cabuxa
pirómana, a vaca mensaxeira, o xabato salvaxe
rompefarolas e a serpe habita hortas. Todos xuntos
chamábanse “Os piñeiros fluorescentes”. Foron, no
primeiro traxecto, nuns barcos para baixar o río.
Mentres ían río abaixo, Mandiña apretaba as
porcas do avión e do cocha asasino tomando unha
piruleta

con sabor a piñeiro con flores. O barco tiña moitos


luxos, pero Manoliño estaba ansioso por cometer o
atentado.
Despois desembarcaron nun pobo mercante e
compraron unha bazoca, 50 granadas, 17
metralletas, 25 pistolas e unhas cantas bombas no
mercado negro.
Seguiron a súa ruta nun camión xigante. Uns militares
que andaban por alí descubríronos e abriuse un
tiroteo, pero gañaron grazas á súa cabuxa pirómana,

que lanzou un petardo con efecto superestalido e


saíron polos aires, maldicíndoos.
Seguiron nun submarino para atravesar o mar. Cando
o atravesaron, decidiron ir enriba do coche asasino,

pois faltaba pouco traxecto.


Por fin chegaron ao seu destino, coas armas
agachadas no coche. Preparou todo para o atentado
e reflexionou sobre o que levara a isto.
Fora polo seu pai, os militares mandárano á
guerra e, cando estaban na batalla, non lles deu
a gana de socorrelo.

Tamén fora pola súa nai. Como fora o pai


obrigado, ella intentaba parar os militares. Pero
nun intento de calmala, tirárana ao pozo e tamén
morreu.
Daquela, empezou o atentado e, ao pouco
tempo, viñeron os militares. Entón, o principiño
activou as bombas que o mataron a el e a todos
os militares.
A única intención que tiña o Manoliño era
cargarse os máis militares posibles, en vinganza
por seus pais. A pesar de todo, enterrárono xunto
con eles.

You might also like