Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 16

Grupo de Estudos Etnogrficos Serpe Bichoca

A pedra da pezoa e outras pedras sandadoras da cultura popular galega


Rafael Quinta Pereira
Os amuletos do latn amuletum ou do rabe hamala son obxectos que propician o ben, que nos protexen do mal e afastan a desgraza, a enfermidade e a influencia do maligno, polo que son ambivalentes, dicir, teen virtudes valedoras e sandadoras. O talismn do grego tlesma tera a virtude de outorgar sorte e fartura ou de atraer algn tipo de forza natural ou sobrenatural. O uso de amuletos tan antigo como o ser humano. O temor descoecido, s fenmenos naturais, morte, s enfermidades e, en xeral, a tdolos perigos e adversidades s que se tia que enfrontar na sa subsistencia diaria fixo que o home botase man de determinados elementos da natureza como pedras peculiares, partes de animais ou mesmo herbas e que crease estes obxectos mxico-relixiosos que os protexesen das amezas cotis. Os amuletos xa formaban parte dos enxovais mortuorios dos enterramentos neolticos e mesmo moito antes o rexistro arqueolxico constata o uso destes elementos protectores. Na nosa terra terimo-los primeiros exemplos de uso destes amuletos ptreos nos dolos atopados no dolmen da Parxubeira ou no de Dombate, posiblemente obxectos con fins protectores para a viaxe Aln. Co paso do tempo estes elementos foron facndose mis elaborados e complexos pero os amuletos naturais seguiron ocupando un posto primordial no arsenal profilcticos dos galegos, xunto co uso de medallas, estampas, rescriptos, escapularios e outros smbolos relixiosos que, coa chegada do cristianismo, viran complementa-lo xa extenso corpus de obxectos valedores e sandadores s que recorre o pobo ante a accin da enfermidade e do malfico. Pero non s os obxectos forman parte do arsenal profilctico da nosa medicina tradicional, senn que o poder das palabras tamn utilizado con fins protectores e curativos. As oracins, responsos, esconxuros, retrnicas, ensalmos son empregados nos rituais sandadores, esconxuradores e como frmulas mxicas para procura-la proteccin contra todo tipo de males. En Galicia temos amuletos profanos e amuletos relixiosos. Temos amuletos sandadores que procuran a curacin, como o alicorno ou a camisa de cobra, e temos amuletos valedores que rexeitan o mal, como a figa ou a castaa de indias. Temos amuletos naturais de distinta orixe orgnica, como podera se-lo cairo de xabaril, as cornas de vacaloura ou o allo e temos amuletos de feitura humana, como os detentes, os selos de Salomn, ou os Agnus Dei. Na nosa cultura popular anda abundan os amuletos de orixe animal, vexetal e mineral, posiblemente todos eles os mis antigos obxectos de poder. Destes ltimos, dos amuletos minerais, falaremos neste artigo. Veremos como moitos destes obxectos protectores se presentan na nosa cultura popular, a mido, mesturados, interrelacionados e combinados entre si. Isto amsanos como o pobo trata de buscar unha explicacin a toda esta poderosa fenomenoloxa para darlle unha coherencia dentro da propia lxica que rexe o seu mundo simblico, asignando deste xeito, moitas das veces, unha orixe comn a todos este tipo de elementos mxicorelixioso-curativos, malia as diferenzas morfolxicas e de uso que presentan. Esta confusin e mestura, contrario do que podera parecer a simple vista, non lles resta

Grupo de Estudos Etnogrficos Serpe Bichoca mrito nin valor s nosos amuletos. Todo o contrario, reflicte a inmensa capacidade creadora e simblica do pobo e a sa curiosidade innata e o afn ancestral por buscar sempre unha resposta, unha explicacin e unha orixe a todo o mundo que o arrodea e s forzas naturais e sobrenaturais coas que ten que interactuar.

Pedra da pezoa
A pedra da pezoa unha pedra sandadora empregada para cura-la pezoa producida polas serpes, pntegas, sapos e outros bechos pezoentos. Tamn se usa para a curacin de infeccins de pel e demais males cutneos, igual que ocorre co alicorno1. Son moitas as pedras da pezoa que seguen activas na nosa xeografa. Indagando sobre a orixe dalgunha destas pedras como as localizadas nos concellos pontevedreses de Pontecaldelas, Campolameiro ou Cerdedo descubrimos, como ocorre con moitos destes obxectos de poder, que normalmente se lles atribe unha orixe misteriosa que se perde na nebulosa do tempo. As, algunhas foron tradas das Amricas e doutras terras afastadas polos emigrantes que al estiveron, unhas son pedras peculiares, outras dise que veen dos cornos de animais ou das babas das serpes. Todas elas son valiosas pezas que veen sendo herdadas de xeracin en xeracin coma se de autnticas reliquias se tratase. A mido establcese un curioso vnculo, unha estraa relacin entre moitos destes amuletos. Nalgunhas zonas de Galicia, como en Navia de Suarna, s alicornos chmanlles pedra do veleno e dise directamente que estas pedras proceden dos cornos dun animal. No caso concreto da pedra da pezoa de Barro de Arn (Cerdedo), segundo conta a sa dona, esta pedra trada do Brasil provia de anacos de corno dun estrao animal, dicir, que estas peculiares pedras son anacos do corno dun animal que cura a pezoa. E vela atopmo-la mxica conexin entre a pedra da pezoa, os cornos sandadores e o poderoso alicorno. Esta pedra de Arn da que falamos ten distintos sexos. Existen, pois, a pedra da pezoa femia, a que realmente ten poderes, e a pedra da pezoa macho, que non ten tantos poderes pero que debe durmir sempre coa pedra femia para que esta conserve a sa maxia e forza curativa. Outras veces estas pedras da pezoa teen unha orixe distinta. Buenaventura Aparicio Casado cntanos como en Poio (Pontevedra) existe a crenza de que estas pedras que al son pequenas e lisas, unhas veces de cor verde e gris con raias e outras con pintas frmanse da segregacin que soltan sete cobras cando se xuntan e se refregan as unhas coas outras.

Para saber mis sobre o amuleto coecido como alicorno e citado neste artigo consltese o traballo do mesmo autor Aplicacins curativas do alicornio na medicina tradicional galega [http://www.galiciaencantada.com/dentro.asp?c=34&id=1524]

Grupo de Estudos Etnogrficos Serpe Bichoca Esta descricin lvanos inevitablemente a pensar, por unha banda, na pedra da serpe da que falou Frei Benito Feijoo e, por outra banda, naquel mtico ovo drudico da tradicin cltica, pedra de cristal negro con feito de ovo que se formaba da baba ou refugallo producido por varias serpes xuntrense e que era smbolo do universo. Pero non s as babas das serpes producan fabulosos amuletos senn que tamn o refugallo da metamorfose da parraguesa coecido como peido de raposo foi usado na tradicin popular galega como potente amuleto polas sas virtudes afrodisacas e esconxuradoras. Jos Rodrguez Lpez identificou estas pedras da pezoa con algns cantos rodados pequenos, xaspeados e porosos que se atopaban nas beiras do ros e que eran usados contra o mal da pezoa cando se daba a mordedela dun animal pezoento. Tamn recolleu que algunha destas pedras semellaban puntas de frecha de tempos remotos o que nos leva a relacionalas coas pedras do trono ou pedras do raio das que falaremos a continuacin. O ritual de uso das pedras da pezoa semellante dunhas a outras e, con pequenas variacins, era o seguinte: Cando algun resultaba picado por unha serpe ou outro animal pezoento acudase a busca-la pedra da pezoa. Esta embebase en leite acabado de muxir e sen ferver; o tempo que debe permanece-la pedra no leite vara, s veces flase de 10 minutos outras faise a ollo. Despois colocbase sobre a picadura ou ferida. Se a picadura tia veleno a pedra quedaba apegada ata succionalo por completo; se a ferida non tia pezoa a pedra non pegaba. Cando se desprenda por si soa era porque xa non quedaba veleno. Unha vez feita a curacin nalgns sitios metase de novo a pedra da pezoa en leite para que expulsase todo o veleno e despois gardbase a bo recado, como cmpre facer con estas cousas mxicas e poderosas. O leite infectado coa pezoa haba que tiralo lume para evitar que outras persoas ou animais se contaxiasen co mal. s veces, este ritual vara un pouco segundo as zonas e as persoas que aplican o remedio, e as atopamos que nalgns rituais non se molla a pedra en leite antes de usala senn que esta se pon directamente sobre a ferida e o leite s intervn final para somerxe-la pedra empezoada e que, deste xeito, expulse todo o veleno absorbido. Os testemuos recollidos en Portugal sobre a aplicacin desta pedra coinciden co descrito por Frei Benito Feijoo cando di que necesario pincha-la ferida cun alfinete para facer que sangre un pouco e a pedra apegue mellor. Outras veces existen algunhas diferenzas sobre o tipo de leite a usar. Xeralmente sase leite de vaca, que pode ter que cumprir determinadas caractersticas: ctese acabado de muxir ou non, fervido, sen ferver, etc., pero noutras ocasins dise que o leite empregado ten que ser de muller. Contronme na parroquia de Marcn (Pontevedra) como unha vez que se estaba a realiza-lo ritual de pasa-lo alicorno para cura-la perna, supostamente gangrenada, dunha vecia, este apegouse violentamente carne debido grande pezoa que tia a ferida, e mesmo pareca que o alicorno se afunda dentro da perna. Unha vez que toda a pezoa foi absorbida, o corno desapegouse s, tal como fara a pedra da pezoa. Cmpre mencionar tamn que, por unha parte, o xeito de activa-las propiedades alexifrmacas da pedra da pezoa mergullndoa en leite e, por outra banda, moitas veces necesario bota-las raspaduras do alicorno en leite para prepara-la apcema curativa. 3

Grupo de Estudos Etnogrficos Serpe Bichoca Vemos, por tanto, que parte dunha posible orixe comn, nalgns casos, entre o alicorno e a pedra da pezoa tamn son coincidentes nas sas virtudes alexifrmacas, na sa capacidade para adherirse infeccin, no uso do lume como elemento purificador da auga pezoenta e no uso do leite como un elemento mis do ritual. Como caso curioso de uso combinado do alicorno e da pedra da pezoa tmo-lo que nos conta Joaqun Alonso respecto uso dos alicornos nas aldeas do Bierzo. Segundo refire, nas aldeas de Santalla, Villanueva de Valdueza, Valdecanada, Losada do Bierzo ou Pealba de Santiago utilizbase a pedra do veleno como a chaman nesta zona coincidindo tamn coa denominacin empregada en Navia de Suarna para o alicorno e coa denominacin empregada en outros lugares de Galicia para referirse pedra da pezoa contra as picaduras velenosas e infeccins, ben aplicando directamente sobre a picadura a auga de alicorno, ben mollando con ela a denominada Pedra do veleno, que se empregaba mediante frotamento na parte afectada pola mordedura ou picadura. s veces estas pedras da pezoa estn especializadas no tratamento dun mal determinado. Pilar Rodrguez Blanco conta que no concello de Pantn (Lugo) hai unha curandeira que tia unha pedra da pezoa para sapo e outra pedra para pezoa de pinta. A pedra da pezoa debeu de ser indubidablemente un dos nosos amuletos mis poderosos de a que o refraneiro popular recollera a crenza neste amuleto: Boa face a todo o mundo e a pedra da pezoa na faldriqueira.

Pedras feitas
Nome xenrico co que se coecen todos estes amuletos ptreos de peculiar feitura que o pobo identifica como obxectos non feitos por eles pero que polas sas peculiaridades morfolxicas tampouco son capaces de atriburlles unha orixe puramente natural. Digamos que para a xente son pedras que non son normais ou naturais e que polo tanto tiveron que ser feitas por algn tipo de poder ou forza extraordinaria, ben natural, ben sobrenatural. Esta peculiar orixe fai que estas pedras tean inusuais virtudes sandadoras ou protectoras polo que son consideradas valiosos amuletos. Este sera os caso dos fsiles, as ferramentas neolticas, as fusaiolas, as pedras furadas ou os cristais de rocha, entre outras pedras peculiares.

Grupo de Estudos Etnogrficos Serpe Bichoca

Pedras do trono ou pedras do raio


Tamn se mesturan as propiedades da pedra da pezoa con outro tipo de amuletos ptreos chamados as pedras do trono ou pedras do raio. Jos Casal Porto recolle como na sa parroquia no concello de Moraa (Pontevedra) os labregos usaban como remedio contra as picaduras das serpes e outros bechos pezoentos as denominadas pedras da pezoa que gardaban con veneracin, segundo comenta, e que eran, en moitos dos casos, machadias pudas de cuarcita. Estas machadias neolticas coinciden co que noutros sitios chaman pedras do trono, pedras do raio ou pedras feitas que, segundo a crenza popular, son as puntas dos raios que caen terra e que, por tanto, pasan a ser importantes obxectos valedores s que se lles outorgan propiedades portentosas de proteccin, non s contra os trebns senn tamn contra calquera mal subitneo. Esta confusin e mestura de virtudes entre pedras feitas nome xenrico para todos esas pedras de peculiar fasqua como fsiles ou ferramentas neolticas e pedras do raio non debera parecer estraa se temos en conta que ata o descubrimento de Amrica non se coeca a existencia de ferramentas de pedra puda, obviamente por esquecemento froito do desenvolvemento tecnolxico, co que o achado deste tipo de pezas levaba parella a sa asignacin a un feito extraordinario, de feitura non humana e, xa que logo, dotadas de certo poder. O mesmo ocorra cos fsiles dos que non se coeca a sa procedencia pero que pola sa forma peculiar e non natural tian que ter algo de extraordinario, feito que levaba a denominar todas estas pezas como pedras feitas, como dixemos. Non s os machadios e as puntas de frecha neolticas eran confundidas coas puntas do raio, tamn as pedras que manchaba o raio caer terra tian propiedades contra os velenos e as formacins polidricas que se producen pola cristalizacin de determinados minerais que forman as rochas, como ocorre no caso do seixo, eran consideradas poderosas pedras do trono. En ausencia da pedra da serpe ou da pedra da pezoa, un anaco de seixo tamn serva para sanda-la picadura da cobra refregando o seixo sobre a ferida e botndoo despois a unha poza. Este tipo de amuletos xa se coecan en tempo dos romanos co nome de fulgurita e os autores clsicos refrense a ela a mido co nome de ceraunia. Segundo a crenza, cando haba tormenta e caan os raios terra, a sa electricidade fusionbase coa area e formbanse estes amuletos, que despois se afundiran sete niveis baixo a terra , de xeito que cada ano subira un estadio, pola sa tendencia natural a volver s ceos de onde provia, podendo atopala na superficie da terra transcorridos sete anos. Neste momento recollase e gardbase como potente amuleto protector contra as tormentas, evitando que os raios caesen sobre a casa, e como obxecto sandador contra certas doenzas dos homes e do gando. En Galicia era habitual colocar este tipo de pedras entre a cachotera das cortes ou da casa co aquel de protexe-la vivenda, os seus habitantes e os animais da destrutora accin das tormentas e tamn para preserva-lo gando da enfermidade.

Grupo de Estudos Etnogrficos Serpe Bichoca A crenza nestas pedras do trono non exclusiva de Galicia, como ocorre con moitos outros amuletos dos que aqu estamos a falar. Os temores humanos son universais. Podemos citar como exemplo o caso das coecidas nas Illas Britnicas como Fairy dart ou ga sdhe en galico. Nas zonas rurais de Gran Bretaa crase que as puntas de slex, que casualmente se atopan nos labores de labranza, eran os dardos que usaban as fairies (seres mticos similares s nosas mouras) cando desexaban facer mal a algun. Se se introduca unha destas pedras en auga, esta adquira poderes curativos, tal como se fai co alicorno galego. En Cornualles crase que estas puntas de frechas ou os machados neolticos se producan nas nubes froitos dos tronos e lstregos e despois caan chan onde eran atopadas pola xente. Estas pedras adoitaban cambiar de cor cando trocaba o tempo polo que servan para predici-la metereoloxa, amosando a mesma funcin c nosa pedra chorona que menciona Eladio Rodrguez. En Escocia a estes machados chambaselles fairie hammers e gardbanse na casa para utilizalas contra as enfermidades.Tamn se cra que os antigos se enterraban con elas para chamar porta do Purgatorio. O uso destas pedras como amuleto que acompaa o morto na sa derradeira viaxe Aln entronca directamente coas pedras chamadas cruz de santo Andr que adoitaban prse nos petos dos mortos para protexelos no seu trnsito final. Outro exemplo destas similitudes seran as poderosas pedras coecidas en frica e Latino Amrica co nome de odduaras que os yorubas consideran produto dos raios e dos tronos. Pedras que son propiedade de Chango o deus do trono e que utilizan como amuleto para afasta-lo mal e atrae-la boa sade e a boa sorte.

Pedra da serpe e pedra da cobra


O uso curativo destas pedras xa vn de antigo. Frei Jernimo Feijoo nas sas Cartas eruditas e curiosas (1742-1760) fai unha extensa descricin das propiedades e caractersticas das denominadas pedras da serpe, que coincide coa nosa pedra da pezoa ou pedra do veleno que acabamos de comentar. Feijoo fala das sas virtudes non s contra a pezoa de serpes, escorpins, salamntigas, etc., senn que relata distintos exemplos de portentosas curacins doutros tipos de doenzas como son a epidemia de carbuncos, as trabadas de lobos e cans rabiosos, ou os tumores, entre outras. Chega a dicir que a pedra da serpe ten as mesmas virtudes e anda mis cs que se lle atriben alicorno, o corno de unicornio. Sobre o xeito de aplicar esta pedra da serpe di que se debe pica-lo sitio da mordedela cun alfinete de modo que sangre un pouco, a continuacin aplcaselle a pedra que inmediatamente se pega pel ata que, espontaneamente, se despegue indicando que o veleno se disipou. A pedra pode permanecer adherida ferida varios das. Unha vez que esta se despegou, lvase ben, uns din que con auga morna, outros que con vio e os mis que con leite, como ocorre coa pedra da pezoa. A este amuleto tamn lle chaman imn dos velenos ou magnes venenorum, como di Etmuleno na sa obra Zooloxa. A pedra da serpe, a pedra da cobra, a Pedra da pezoa e a denominada pedra caimn (posiblemente nome derivado de pedra imn ou imn dos velenos, segundo Vicente Risco) viran se-lo mesmo tipo de obxecto sandador.

Grupo de Estudos Etnogrficos Serpe Bichoca En opinin do mdico Lis Quibn a pedra caimn sera en realidade un bezoar, outro dos amuletos sandadores mis universais e que en Galicia foi usado para trata-la pezoa. En canto sa orixe, a pedra da serpe non unha pedra propiamente dita senn un anaco de corno torrado de cervo, mais a crenza popular sita a sa orixe no Oriente e comntase que os Brahmines da India dican que esta pedra se atopaba na testa de certas serpes, o que nos leva inevitablemente a lembrrmonos dos misteriosos carbnculos, mais segundo nos conta Frei Gernimo Feijoo esta suposta orixe non era mis que un conto para sacarlles cartos s incautos xa que a pedra da serpe non era outra cousa mis ca corno de cervo torrado a lume lento. En conclusin, dise que habera dous tipos de pedras da serpe: as verdadeiras producidas polas serpes e as ficticias feitas con cornos queimados de cervo. Tamn Luis Rousseelet na obra LInde des Rajahs comenta que os hinds extraan a pezoa das picaduras da serpe aplicando unha pedra ou so calcinado. A pedra da serpe coecida en Portugal tamn como pedra da cobra. O doutor A. C. Pires da Lima nas sas Tradioes populares de santo Tirso fala dunhas pedras que aplicadas contra as mordeduras curaban a rabia e absorban o veleno das vboras. Estes amuletos eran de forma oblonga, cor negra e brillante, cun tamao de entre 15 e 30 milmetros e cunha textura picada de sinuosidades que lles daban o aspecto da pedra pmez. Segundo lle contaron a Pires, estas pedras, denominadas pedras da cobra, provian do Brasil, como a nosa pedra da pezoa de Barro de Arn, e eran extradas polos indxenas do Alto Brasil da cabeza dunha serpe, tal e como narrou Frei Benito Feijoo que se faca coas pedras da serpe que vian da India. O pai Manuel Godinho publicou que os ioguis e faquires da India facan a chamada pedra da cobra e que era o mellor contraveleno para as mordeduras de calquera becho pezoento. Estas pedras panse sobre a mordedura e quedaban apegadas ata chuchar toda a pezoa da ferida. Unha vez curada a mordedura a pedra limpbase metndoa en leite. O portugus Curvo Semedo na sa Polyanthea medicinel fala tamn da pedra da cobra que teen na India e que recibe ademais o nome de cobra de Dio. Semedo conta como usala sobre unha ferida pezoenta a inchazn producida polo veleno se desfaca en poucas horas sen facer sangra-la ferida. Di que necesario pica-la ferida cun alfinete para que haxa un pouco de sangue porque senn a pedra non pegara sobre a carne e tamn di que cmpre refrega-la pedra antes de usala para que quente un pouco e se apegue mellor. Despois de realizado o tratamento hai que mete-la pedra en leite de muller para que expulse todo o veleno que chuchou da ferida. De non facerse isto, a pedra podera estourar e ficara sen virtude ningunha. C. A. Salgado de Andrade engade outra virtude pedra e narra na sa Ligeira contribuao para o estudo da raiva en Portugal que na zona de Matosinhos se empregaba unha pedra negra contra a rabia. Esta pedra adherase ferida se haba rabia e se non haba esta infeccin non se apegaba carne. Manel Godinho no libro Tradioes populares da Regiao de Feira dinos que a pedra da cobra que se usaba na rexin de Feira eran os clculos do estmago dun animal de frica ou Amrica, dicir, un bezoar. No folclore ingls atopamos unha interesante relacin entre as pedras da serpe e as pedras feitas. As, en Inglaterra, chmanlle Pedra da vbora s fsiles de amonites que se poden atopar nas praias de Whitby. Segundo a lenda de Santa Hilda, cando esta quixo construi-la sa abada nos cants de Whitby tivo que expulsar un grande nmero de serpes velenosas que habitaban estas terras e converteunas en pedras espirais, que seran para o pobo eses fsiles de amonitas e caracois marios. Este amuleto, como a nosa pedra da serpe, utilizbase para protexerse das picaduras das vboras, as como para tratar algunhas enfermidades tales como febres ou tose ferina.

Grupo de Estudos Etnogrficos Serpe Bichoca

Os carbuncos
Acabamos de menciona-los carbnculos falar da pedra da serpe. O carbunco, tamn chamado carbnculo, carbunclo ou antigamente rub mstico un exemplo de amuleto mtico, pois, fra do que nos narran os contos e as lendas, non hai noticia de que ningun estea en posesin de tan prezado tesouro. Esta pedra sera o talismn que se atopaba na base do corno de unicornio, mais outros dican que se sacaba da fronte dos dragns e mesmo dalgunhas serpes, como ocorre coa pedra da serpe ou a pedra da cobra. Algns cran que neste rub mstico estaba a fonte do poder do corno de unicornio. Dado que non se atopaba en tdolos unicornios, pensbase que ben poda tratarse dun destilado da esencia concentrada do alicorno, ben o rub mstico s se poda atopar nos unicornios mis vellos ou sabios e era orixinado pola cristalizacin do seu sangue. Na Idade Media esta pedra foi considerada a raa das xemas. Mxico obxecto capaz de eliminar velenos, protexer contra pragas e desterrar desgrazas, pensamentos malignos e pesadelos. A abadesa Hildegard de Bingen pensaba que baixo o corno da besta se atopaba un anaco de metal tan transparente como o cristal. Este talismn fara que o home que se mirase nel adquirise a capacidade da invisibilidade. En Galicia, a crenza nestas poderosas xemas callou no noso folclore e, por extensin do todo pola parte, chmaselles carbuncos a un tipo de serpe mtica que habita nas lagoas, pozas e noutros lugares asolagados e que ten a virtude de posur un poderoso talismn, pedra ou xema na sa fronte. As o recollen numerosas lendas que falan destes monstros acuticos. Este talismn obxecto cobizado e buscado pola xente que cra nos extraordinarios poderes de semellante tesouro. Pero o curioso deste amuleto mtico e que a crenza de que na fronte dos animais reside algn tipo de poder especial ou virtude transmitiuse a outros amuletos, estes si reais e usados na nosa medicina tradicional, como ocorre no caso do alicorno. Esta crenza pidena constatar nunha recollida na parroquia de Tomeza (concello de Pontevedra) cando unha informante me dixo que a parte do corno pegada cabeza tia mis mrito ou cando outro informante da parroquia de Verducido (concello de Pontevedra) me amosou o seu alicorno facendo fincap en que era a parte da cornamenta que nace da testa do cervo. O mdico grego Galeno de Prgamo (130-200 D.C.) di que o corno deste animal, o cervo, proveitoso para moitos efectos e a mellor parte del o asento que est xunto cranio, tal como ocorre no caso do alicorno. Vemos que dalgn xeito pervive a crenza de que nese lugar do cranio, a fronte, reside algn tipo de poder especial o que tamn coincide coa visin budista da importancia do terceiro ollo, o chakra enerxtico que reside na fronte.

Pedra corvina
Outra destas concrecins calcreas s que se lles atriben certos poderes sandatorios e que se relacionan directamente cos carbuncos pola sa coincidente localizacin na fronte dun animal son as que Frei Martn Sarmiento chama pedra Corvina.

Grupo de Estudos Etnogrficos Serpe Bichoca Segundo o frade son til remedio contra varias enfermidades, especialmente contra o mal nefrtico e o mal de riles. Segundo narra, esta pedra non unha pedra en si senn que se trata dun so que o peixe corvina ten na sa cabeza. Estariamos ante outro deses mticos carbuncos. Moitos marieiros da nosa terra tian o aquel de gardar estas pedras corvinas como amuletos, para a confeccin de adornos, como anda se fai, ou para drllelas s nenos pola sa peculiar forma e procedencia. Precisamente un marieiro de Mogor (Marn) foi o que me regalou as que aparecen fotografadas neste artigo.

Pedras bezoares e a pedra caimn


Xa dixemos que para Lis Quibn a pedra caimn sera un bezoar. Nalgunhas zonas de Galicia, como en Terra de Montes (Pontevedra), estas pedras foron utilizadas para trata-lo mal de pezoa, as infeccins cutneas e outras doenzas como o colleitizo. Vemos como o seu uso coincide coas aplicacins da pedra da pezoa ou da pedra da serpe. A palabra bezoar vn do persa pdzahr, que significa contraveleno ou antdoto. En Portugal e Brasil bezoar chmalle pedra do veneno e cumpre a mesma funcin sandatoria que a nosa pedra da pezoa. Estas pedrasson concrecins calculosas que soen atoparse nas vas dixestivas e urinarias ou noutros rganos internos dalgns cuadrpedes, como ocorre coas que se poden atopar s veces nos estmagos das nosas vacas, e que son gardadas como valiosos amuletos. Dende a antigidade, e en diferentes culturas da terra, crese que o bezoar poda curar e anula-los efectos dos velenos. Xa os persas usaban os padzhar, pedras atopadas nos estmagos das cabras, con este fin. Crase que os animais as coman para evita-las plantas velenosas, o que converta estas concrecins en pedras mxicas. Unha vez que a pedra era excretada polo animal triturbase para ser usada como antdoto. Cntase que en poca medieval os monxes cristins chegaron a facer que as sas aves de curral ou as cabras comesen pequenas pedras coa intencin de que, permaneceren no estmago do animal, adquirisen o poder antdoto obtendo deste xeito un amuleto semellante s autnticos padzhar. O mdico de Sevilla Dr. Nicols Monardes no libro De lapide Bezaar et scorzonera herba, de 1569, referirse a varios amuletos orixinarios das Indias Occidentais fala da pedra bezaar, que os hebreos chaman belzasr e os gregos alexipharmacum, como un dos grandes amuletos para cura-las feridas velenosas. Os bezoares tamn foron usados para cura-la rabia e como medicamento habitual na farmacopea europea ata entrado o sculo XIX. No 1895 Garca de Orta fala dos bezoares no Coloquios dos simples e drogas de India e di que se chaman pazar ou pazan cando se usan contra as pezoas e con este termo denominan algns locorno e a triaga. Volvemos atopar unha conexin entre estes bezoares contravelenos e o alicorno, referido a el neste caso como locorno. Tamn as pedras bezoares dos cervos eran empregadas como obxectos sandadores, e as as pedras que se atopan no interior de seu corazn crense eficaces contra a rabia, os velenos e as mordeduras pezoentas.

Grupo de Estudos Etnogrficos Serpe Bichoca Unha posible explicacin mtica desta asimilacin de poderes alexifrmacos entre alicornos, cornos de cervo, pedras da pezoa e bezoares est no que o bestiario medieval Libellus de Natura Animalium di sobre a natureza e o comportamento do cervo: A propiedade ou natureza do cervo que cando quere renovarse, pois ten os cornos tan grandes que non pode aguanta-la cabeza, el atrae co seu focio serpes dun burato, s que come e devora; e unha vez que sente que est envelenado corre a unha fonte viva e bebe moita auga, e as vence a pezoa coas virtudes da auga; pero a causa da forza do veleno cenlle os cornos e tdolos pelos, e as rexuvenece. A pedra de porco espio concrecin formada na vexiga do porco espio que se lle atribe certas propiedades sera outro destes amuletos asimilados s bezoares O mesmo podemos dicir da pedra do galo, concrecin que se forma nos intestinos do galo e que segundo recolleu Eladio Rodguez ten propiedades quimricas e ilusorias.

Pedra alidoa
Sera outro deses obxectos de poder de orixe animal similar s bezoares. Amuleto sandador formado pola concrecin de pedra que se supn que se forma no ventre das andorias e que se emprega con fin curativos. Dise que curan as feridas co simple contacto. O portugus Curvo Semedo menciona que as pedras que se atopan nos buchos das andorias, coecidas como celidonia, son efectivas para corta-las infeccins. Cmpre dicir que as andorias son consideradas na cultura tradicional como aves sagradas que hai que respectar e protexer. tab rouba-los seus nios ou darlles caza pois, como me contaban de pequeno na parroquia de Salcedo (concello de Pontevedra), as andorias foron os paxaros que lle quitaron a coroa de espias a Xesucristo cando estaba na cruz. Como resumo do dito ata agora podemos dicir que existen catro posibles orixes para estas pedras da pezoa, pedras do veleno, pedra da serpe, pedra da cobra ou pedra caimn, que polo seu uso e propiedades veen sendo o mesmo tipo de amuleto sandador. Teriamos, por unha banda, unha orixe mtica e, por outra, unha orixe natural ou manufacturada mis factible. A orixe mtica di que son unha especie de pedra ou xema que teen determinadas serpes na sa testa, o famoso carbunclo, e que nos fai relacionalas tamn coa pedra corvina que aparece na testa do peixe corvina. A segunda orixe di que proveen dos cornos calcinados dun animal, o que relaciona estes amuletos cos alicornos o corno de unicornio, co corno de cervo outro potente amuleto e en xeral con tdolos amuletos de orixe crneo que podemos atopar na nosa cultura tradicional. Outra orixe flanos de que son pedras bezoares que se forman nos rganos internos dalgns animais. A ltima orixe aquela que as relacionara coas pedras do trono e coas pedras feitas.

10

Grupo de Estudos Etnogrficos Serpe Bichoca

Pedra do lince ou lincurio


Frei Martn Sarmiento flanos tamn deste curioso amuleto de orixe animal que se forma cando o ourio do lince cae sobre terreo seco e se forma unha pedra coecida como lapis de licurio. Emprgase contra a dor de estmago e a ictericia. Cando o ourio do lince cae sobre terreo hmido frmanse uns fungos denominados fungis edulibus que teen as mesmas virtudes que o lincurio. Jernimo de Huerta, na sa traducin da Historia natural de los animales de Plinio (1599), escribiu: La orina del lince, echada de si a donde se crian, se congela, y endurece, hasta venirse a hazer una piedra preciosa, como carbunco, con un color de fuego resplandeciente, y llmase lincurio , y por esto creen algunos que se engendra desta suerte el ambar. Conocen y saben esto los linces, y ass de embidia cubren lluego su orina con la tierra, por lo qual se viene a espessar y congelar mas presto. Atopamos neste amuleto, xa que logo, unha similitude entre o lincurio e o carbunco. Hoxe pnsase que o lincurio sera a belemnita ou a turmalina.

Pedra do leite
Croio de seixo leitoso que as mulleres recn paridas puan entre os peitos normalmente nunha cinta cunha bolsia de tea para favorecela produccin de leite. Eladio Rodrguez di que a pedra do leite unha variedade de creta branca de aspecto fariento, lixeira e suave tacto. Se temos en conta que a creta branca est formada por unha alta porcentaxe de nanofsiles de algas atopamos tamn certa relacin entre este amuleto e as pedras feitas . Na zona do Bierzo as mulleres con nenos lactantes adoitaban pendurar este amuleto do pescozo por diante do peito cunha corda ou cinta para que os seus peitos desen abundante leite e non llelo estragasen as bruxas cos seu maleficios. Se se desexaba o efecto contrario, non dar mis leite, pase a pedra cara a atrs.

O ollo de boi vidal


Tamn chamado ollo vidal, ollo mario ou ollomao. Algns destes amuletos son fsiles de caracol mario. Vicente Risco xa identificara no seu tempo este curioso amuleto coas concrecins calizas dos fsiles de caracol mario. Fisicamente seran o mesmo que eses fsiles de amonites que en Inglaterra identifican coa pedra da vbora. Outras veces chmaselle ollo de boi vidal oprculo dos gasterpodos, dicir, placa que pecha a abertura cando o animal se recolle no interior da cuncha, evitando as a desecacin.

11

Grupo de Estudos Etnogrficos Serpe Bichoca Pode ser de natureza orgnica (crnea) ou mineral (calcrea) e mostra aneis de crecemento concntricos ou en espiral o que lle d a aparencia dun ollo. Os oprculos dalgunhas especies son de grande fermosura polo que se empregaron como elementos decorativos para confeccionar aneis, pendentes e botoneras. Atribenselle propiedades valedoras contra a dor de cabeza.

Ollo de Bouciga e as pedras furadas


Ollo de Bouciga a denominacin coa que se coecen en Terra de Montes as pedras pequenas, cantos rodados ou pedras de pedernal con buratos no medio, arremedando a forma de ollos ptreos. Son consideradas potentes obxectos protectores contra o mal e as enfermidades. Tamn as fusaiolas dos teares castrexas foron usadas como amuletos pola sa peculiar forma circular cun burato no medio. Curiosamente as pedras ocas en cuxo interior se pode depositar unha pedra mis pequena son valiosos smbolos de fertilidade para moitas culturas. Estas pedras seran identificadas coas Even Tekumah das que falan os textos talmdicos hebreos, mxicas pedras valedoras contra as rupturas matrimoniais. Nos pases clticos estas pedras pequenas e furadas son consideradas beneficiosas e posuidoras de propiedades valedoras contra males e enfermidades, tanto para as persoas como para os animais. Unha destas pedras furadas pendurada do cabeceiro da cama protexe o que nela dorme contra as enfermidades de todo tipo. O mesmo efecto protector ten se se pendura nunha trabe do tellado da corte.

Pedra do sangue
Outra das pedras relacionadas coa fertilidade sera a denominada pedra do sangue, que non outra cousa que o xaspe vermello. Coecido dende antigo como a pedra do embarazo, potente amuleto potenciador da virilidade e a fertilidade, vez que talismn favorecedor do parto.

As maclas e a cruz de santo Andr


Peculiar amuleto natural formado pola agrupacin xeomtrica de dous ou mis minerais nunha mesma pedra de fondo gris arremedando a cruz de Santiago ou a cruz de santo Andr. Algns destes amuletos foron atopados nos petos dos defuntos como obxecto protector na viaxe Mis Al. Calros Solla recolleu en Cerdedo a crenza de que aquel que a levaba no peto libraba de ir de morto santo Andr, de non ter ido en vida. Non debe ser casual a denominacin Cruz de santo Andr para referirse a estas pedras protectoras do trnsito morte. Coecido o carcter psicopompo do santo como gua das almas rumbo Aln, sen esquece-las sas grandes virtudes como santo da morte e da fecundidade.

12

Grupo de Estudos Etnogrficos Serpe Bichoca

Os cantacucos
O mesmo fin protector da casa que tian as pedras do trono terano os cantacucos, pedras mis ou menos talladas que se poran nos pinches dos tellados para a- trae-la fartura e bonanza e salvagarda-la sade dos que viven na casa e do gando. Estas toscas pedras daran orixe s actuais remates de terracota que se adoitan pr nos tellados das casas novas. Tamn estaran relacionados coa funcin benefactora que cumpren a cruz e o cantacuco nos hrreos.

As pedras borneiras
A pedra borneira a agulla gastada do mecanismo dun muo de auga.Tamn chamada ovo ou grilo. Seica o incesante rozamento polo xiro da moa dotou estas pedras de grandes virtudes. Adoitaban ser colocadas entre a cachotera do muo ou da casa.

Pedras da fartura e endegos


Son pedras que atraen a bonanza, polo tanto mis ligadas que sera a funcin dun talismn. Os endegos son amuletos que afastan as miserias e atraen a fartura. Como as pedras borneiras panse entre a cachotera das casas e dos cortellos ou na cocia xunto forno. O endego anilladoiro un croio que arremeda a feitura dun ovo e que se pon no poleiro co aquel de facer que as galias e outras aves de curral poan ovos.

Pedra de ara
Amuleto relixioso, fragmento de pedra de altar. Este amuleto est estreitamente ligado forza do simbolismo relixioso cristin polo que posur un destes anacos garanta de proteccin do fogar e dos que nel habitan contra a malfica accin do diao e a influencia dos feitizos. Tamn rexeita o mal de ollo e J. Rodrguez Lpez recolleu no seu da que a pedra de ara era usada polas mulleres preadas para facilita-lo parto. Poda gardarse nunha caixia xunto a unha trabe da casa, como recolleu Carlos Solla, ou formar

13

Grupo de Estudos Etnogrficos Serpe Bichoca parte do que se coece como a bolsa dos atavos, virtuoso amuleto valedor contra o mal de ollo, meigallos, enganido e tangarao que se adoitaba colgar do pescozo dos nenos e que estaba formado por unha bolsia de tea na que se introducan un anaco de pedra de ara, un anaco da Porta Santa da catedral de Santiago de Compostela e un dente de allo. Outras veces estas bolsas contian pedra de ara xunto coa herba altea, incenso e allo e adoitaba pendurarse do pescozo do gando como mtodo de proteccin contra o mal de ollo.

O acibeche
Se houbese clases sociais entre os amuletos ptreos tradicionais galegos o acibeche estara no cumio, sera a clase aristocrtica destas pedras valedoras. O acbeche carbn petrificado convertido en lignito, considerada dende a antigidade como unha pedra semipreciosa pola sa relativa escaseza, o seu brillo e a sa cor. unha pedra de intensa cor negra, moi frxil e susceptible de ser pudo. Foi denominado polos clsicos succinum nigrum e lapis gagotes polos romanos. Empregouse dende antigo para realizar colares, colgantes, sortellas, pendentes e poderosos amuletos como a figa. Atribeselle ademais un carcter teraputico, protector, mxico e considrase como un material defensivo que protexe contra as malas enerxas e a mala ollada. Ten a capacidade de cargarse electricamente e de atraer pequenos anacos de papel. Segundo Carmen Baroja: El azabache como sustancia es el magno preservativo; se enciende con aguas y se apaga con aceite; ahuyenta la mirada del basilisco y recrea las sofocaciones de la madre; en sahumerios da a conocer la gota coral y la virginidad; cocido en vino cura los males de dientes y los lamparones. Se us para la axiomancia y no se quema si ha de suceder lo que se desea saber. O traballo artstico do acibeche con fins ornamentais acadou o seu mximo esplendor nos artesns compostelns ata tal punto que se converteu en smbolo da cidade dando incluso nome a unha ra Ra da Azabachera, e quedou estreitamente ligado culto xacobeo, xa que o acibeche era trado a Santiago dende Asturias polos comerciantes que utilizaban o Camio de Santiago como ruta de traslado do material durante sculos. Con el confeccinanse as famosas figas que posiblemente sexa o amuleto galego por excelencia que une a virtude valedora que ten o acibeche contra o mal de ollo e a peculiar forma do amuleto; unha man cos dedos cruzados a modo de defensa contra o mal de ollo.

14

Grupo de Estudos Etnogrficos Serpe Bichoca Neste breve artigo vimos de esbozar algns dos amuletos ptreas do nosos arsenal profilctico. Pedras que manteen unha curiosa relacin entre eles e que se existise unha xenealoxa amultica fara que falsemos dunha mesma familia, de amuletos irmns e amuletos curmns. As vemos como a pedra da pezoa se relaciona co alicorno e coa pedra da serpe, a pedra da serpe coa pedra do trono e a pedra imn e os carbuncos, os carbuncos coa pedra corvina, a pedra do trono coas pedras feitas e a pedra caimn, a pedra caimn e a pedra da cobra cos bezoares, os bezoares con outros amuletos que son concrecins calcreas de orixe animal como a pedra alidoa, a pedra do galo, o ollo de boi vidal ou o misterioso lincurio. Outras pedras comparten as sas virtudes para atrae-la bonanza e a fartura s seus portadores como ocorre coa pedra do leite, cos endegos, cos cantacucos ou coas pedras borneiras. O acibeche, a pedra de ara, o sal ou as maclas destacaran polo seu excepcional valor protector. Existen outros amuletos de orixe mineral da nosa cultura tradicional que foron, e anda son, usados pola xente como obxectos protectores, sandadores o propiciadores da fartura. Eladio Rodrguez dnos fe doutros amuletos ptreos como son a pedra da matriz que se lle atribe a virtude de cura-lo histerismo, a pedra da sade clebre medicamento que, igual ca moitos bezoares, tombase disolto nun lquido contra moitas doenzas ou a pedra chorona, pedra que se humedece cando cambia o tempo e seca logo de verifica-lo cambio das tmporas. Tamn as pedras do vitico, pedra recollida no camio polo que pasara o vitico, adquiran propiedades especiais e usbase como mtodo de diagnose da ollada. A terra dun monte dende o que se visen sete hermidas ou a terra de camposanto son outros dos elementos minerais, xunto co sal, usados como remedio na medicina tradicional galega e forman parte do noso corpus de amuletos. En definitiva, unha infindade de recursos cos que armarse fronte maligno e enfermidade. No vecio Portugal, Curvo Semedo menciona outras pedras coas mesmas funcins sandadoras cos nosos amuletos: a pedra de Aguia, a pedra argueireira, a pedra de cananos, a pedra de cevar, a pedra emathitis, a pedra de estanca-lo sangue, a pedra xudaica, a Galactitis, a pedra de Mombaa, a pedra nefrtica, a pedra prfido, a pedra canda seran outros amuletos ptreos con abondosas virtudes contra as doenzas e as infeccins. Remataremos este breve artigo sobre os nosos amuletos ptreos transcribindo as palabras que Plinio recolleu do autor clsico Orfeo: "A terra negra produce o mal, pero mesmo tempo produce o remedio para cada mal. Da terra proceden pois toda clase de pedras nas que podemos atopar un poder prodixioso e vario. Tdalas vantaxes que representan as races, tamn as ofrecen as pedras. As races teen forza inmensa, pero as pedras posena anda en maiores proporcins. A terra creas incorruptibles e endexamais envellecen."

15

Grupo de Estudos Etnogrficos Serpe Bichoca Imaxes:


Fotografa n1: A pedra da pezoa femia de Barro de Arn Fotografa n2: Peido de raposo (refugallo da metamorfose da parraguesa) Fotografa n3: Pedra da pezoa Fotografa n4: A pedra da pezoa macho de Barro de Arn Fotografa n5: Pedra feita (fsil mario) Fotografa n6: Pedra do raio (machado neoltico) Fotografa n7: Pedra do raio (seixo cristalizado) Fotografa n8: Pedra do raio (punta de frecha de silex) Fotografa n9: Cabeza de lagarto arnal Fotografa n10: Pedra corvina Fotografa n11: Bezoar de vaca Fotografa n12: Pedra do leite Fotografa n13: Ollo de boi vidal (oprculo) Fotografa n14: Ollo de Bouciga (fusaiola) Fotografa n15: Pedra do sangue (xaspe vermello) Fotografa n16: Cruz de santo Andr (macla) Fotografa n17: Cantacucos Fotografa n18: Pedra borneira (agulla do muio) Fotografa n19: Pedra da fartura Fotografa n20: Endego aniadoiro Fotografa n21: Pedra de ara Fotografa n22: Figa de acibeche

Tdalas imaxes deste artigo son obra e propiedade do autor ags a primeira fotografa a pedra da pezoa femia de Barro de Arn que de Calros Solla. Bibliografa:
-Aparicio Casado, B. A tradicin oral en Poio. Deputacin de Pontevedra -Casal Porto, J. As pedras da pezoa.Revista cultural A Taboada das asociacin O Migallo de Cuntis e A Cabana de Moraa. N10. Xullo 2005 -Claudio Basto. Riava. Revista lusitana XXIII, 96 e XXIV, 6. Pax.84-110 -Cuba, X. R., Miranda, X. e Reigosa, A., Diccionario dos seres mticos galegos, Xerais, Vigo, 1999 -Gmez-Tabanera, J. M. Azabache, amuleto de la vieja Europa y ambar negro de Asturias. Instituto de estudios asturianos. Pax. 386-413 -Jernimo Feijoo, B. Teatro Crtico Universal -Jernimo Feijoo, B. Cartas eruditas y curiosas. Tomo II. Madrid 1773 -Risco, V., Obras completas Vol.3 Etnografa Ed. Galaxia S.A. Vigo 1994 -Rodrguez Gonzlez, E. Diccionario enciclopdico gallego-castellano. Ed. Galaxia S.A. -Rodrguez Lpez, J.R.: Supersticiones de Galicia y preocupaciones vulgares. Impreta de Ricardo Rojas. Madrid 1910 -Scarlato, E.. Cuerno de unicornio, bezoar y triacas. Modernos antdotos de la antigedad. Boletn de la asociacin Toxicolgica Argentina. Ao20, N72. Mar/Abr.2006. Pax.19-20. Facultad de Medicina de la Universidad de Buenos Aires (http://www.fmvuba.org/comunidad/toxicologia/Publicaciones/antidotos2.htm) -Solla Varela, C.: Almanaque de encantos. Ed. Cardeoso. Vigo 2005 -Teijeiro Rey, X.X. Seres galegos das augas. Mitologa comparada. Ed. Toxo-Soutos S.L. A Corua 2002 -Vaqueiro V. Gua da Galiza mxica, Ed. Galaxia, Vigo 1998 -Gran Enciclopedia Gallega. Tomo II. Amuletos. Caada editor. -Gran biblioteca temtica gallega. Las gentes: Mencieiros, saludadores e compoedores. Vol.1. EA editores.

16

You might also like