Download as doc, pdf, or txt
Download as doc, pdf, or txt
You are on page 1of 4

1.

Introdución IV: xéneros innovadores

1. Ars dictandi / dictaminis


Son manuais de estilo que xorden a finais do século X como un recurso
para burócratas, xuristas e profesores, para perfeccionar así os documentos oficiais.
Terían un grande éxito nas cortes e nos centros culturais e podemos atopar manuais
de estilo xenéricos ou específicos.
1) Ars notaria: manual específico para notarios.
2) Ars sermofilandi praedicandi, específico para predicadores.
3) Alberico de Montecassino (século X) é o autor do Breviarium de dictamine.
4) Adalberto, o Samaritano (século XII) é o autor dos Praecepta dictaminum.
5) Bono de Luca (século XIII) é o autor de Summa dictaminis.
En relación con este xénero está o auxe que ten desde o século XIV a ars
moriendi, xénero composto de tratados nos que se reflexiona sobre a morte coa
finalidade de convencer de que se evite o pecado. Exemplos:
1) Anselmo de Aosta (século XI) escribe Ars moriendi.
2) Jean Gerson (século XV) é o autor de Opus tripartitum, cuxa terceira parte é
“De arte moriendi”.

2. Auctoritates
Son coleccións de sentenzas tiradas de obras dos autores importantes
(auctores), clásicos ou contemporáneos.
a) Se teñen un tratado introdutorio (datos de autores e obras) denomínase
accesus ad auctores, como é o caso de Dialogos super auctores de Conrado
de Hirschao (unha das obras máis interesantes do xénero).
b) Segundo a extensión das sentenzas distinguimos:
 Florilegia, bastante amplas.
 Dicta ou sententiae, máis breves.
c) Segundo o contido complementario da obra podemos atopar:
 Contemplationes: o compilador achega unha opinión propia.
 Moralitates: explícase a sentenza segundo a expón o autor orixinal e
segundo o seu significado alegórico de tipo moral.

3. Bestiarios
3.1. Antecedentes
Ten un antecedente clásico, a obra Phisologus (século II) escrita en grego
e traducida axiña ao latín e na que se describen animais, plantas e pedras ás que se
lles atribúen valores simbólicos para explicar o Cristianismo. Foi usada polos
patrísticos, de feito atribuíuselle a San Ambrosio no século VI.
Porén, é un xénero que se desenvolve tanto na Idade Media que se tende
a considerar como propio desta etapa.

3.2. Diferenzas entre os bestiarios e as fábulas


Mentres que na fábula a ensinanza é xeral, no bestiario é relixiosa.
Lembremos tamén que a fábula se diferenza da épica de animais na súa extensión.
1
Literatura Latina Medieval
2007/2008
USC
1. Introdución IV: xéneros innovadores

3.3. Características dos bestiarios


1) Aparecen no século X, pero o seu auxe dáse no XII.
2) Descríbese o físico e o carácter dos animais, atribuíndolle a cada unha das
súas características un valor simbólico.
3) Hai tratados xerais e outros específicos, como é o caso dos volucrarii (aves),
os herbarii ou os lapidarii.
Cómpre mencionar a Biblia Pauperum (fins do século XII) un resumo
esquemático da Biblia que se serve da imaxe para facela chegar aos analfabetos
(pauperum). Nela insístese moito na infancia e paixón de Cristo.

4. Comedia elexíaca, épica ou horaciana


4.1. Denominación
1) Comedia elexíaca: uso do dístico elexíaco.
2) Comedia épica: o dístico elexíaco é o metro usado pola épica.
3) Comedia horaciana: relación coa sátira de Horacio.

4.2. Relación cos fabliaux franceses


a) En 1924 Faral xa se decata das semellanzas entre estas comedias e os fabliaux
franceses en canto ao contido (personaxes, erotismo, intriga, descrición de
situacións escabrosas, adulterios...), xa que sinala que a forma está máis
coidada nas comedias elexíacas.
b) P. Pronke sinalaque os temas das comedias elexíacas e os fabliaux xa existían
antes do século XII en latín.
c) Bisanti revisa as dúas hipóteses e apunta á semellanza no contido, mais cre
difícil poder establecer unha tradición cultural anterior.

Algúns dos temas que se dan nas comedias elexíacas e nos fabliaux
son:
1) A vella que se volve nova.
2) O neno de neve, que é a historia dun comerciante que deixa a muller na casa e
cando volve esta tivera un fillo. Cando o marido lle pregunta de quen era ela
responde que fora unha folerpa de neve a que lle deixara o fillo e o marido fai
que o cre, pero leva o neno con el a unha viaxe e véndeo. Despois dille á
muller que se derretera. Este tema dáse:
 Na literatura latina, como por exemplo en Modus Lievina.
 Na comedia elexíaca: De mercatore.
 Nos fabliaux: De l’enfant qui fu remis au soleil.
3) Antifeminismo.

4.3. Obras

2
Literatura Latina Medieval
2007/2008
USC
1. Introdución IV: xéneros innovadores

1) Vital de Blois (século XII), profesor de gramática e retórica e grande


coñecedor dos clásicos, é o autor de Geta. Percíbese a influencia de Ovidio e
tamén de Plauto, xa que se desenvolve o tema do Anfitrión.
2) De nuncio sagaci é outra obra que desenvolve o tema do Anfitrión de Plauto
(escravos máis listos cós amos). Tamén se facía referencia a el coma o ovidius
puellarum xa que o podían ler as rapazas, que non debían ler a Ovidio.

5. Specula

É un xénero consistente en expoñer unha ensinanza de xeito claro para


que poida ser comprendida como se se vise nun espello. Desenvólvense tamén nas
linguas vulgares e no latín teñen o seu auxe no século XII. Podemos establecer
como antecedente a obra Speculum de scriptura sacra, atribuída a Santo Agostiño.

Obras deste xénero son:


1) Alcuino (século VIII - IX): Tractatus de virtutibus, un listado de
comportamentos cristiáns.
2) Dhuoda (século IX): Liber manualies, obra escrita para o seu fillo.
3) Adalberto de Metz (século X): Speculum Gregorii, obra pensada para que se
achegasen a Gregorio Magno aqueles que non podían ler as súas obras
completas.
4) Honorio de Autun (séculos XI – XII): Speculum eclesiae, obra na que se
organizan os sermóns da Patrística segundo o ano litúrxico.
5) Speculum humanae salvationes (século XIV), obra con moito éxito (moitos
manuscritos).
6) Vicente de Beauvais (século XIII), autor de Speculum maius, unha obra que é
unha especie de enciclopedia de specula e que tivo un grande éxito:
■ O propio autor divídea en tres partes:
“Speculum naturale”: faise referencia ás ciencias naturais e ás
marabillas da creación.
“Speculum historiale”: historia do mundo desde Adán até Federico II.
“Speculum doctrinale”: preceptos para a correcta organización da vida
relixiosa.
■ Os seus seguidores engadirían unha cuarta parte, “Speculum morale”, na
que se reflexiona sobre problemas éticos.
■ Non é unha obra orixinal, pero recolle moitas pasaxes doutras obras
perdidas, de aí o seu valor.

Un tipo especial de specula son os specula principum, destinados aos


gobernantes. É un xénero con antecedentes anteriores á Idade Media, pero que se
desenvolve nesta época.
1) Santo Agostiño (séculos IV – V): é na época deste autor cando se lle comeza a
dar importancia á formación dos príncipes, xurdindo así unha especie de
3
Literatura Latina Medieval
2007/2008
USC
1. Introdución IV: xéneros innovadores

subxénero dos specula no que teñen cabida a normas que deben adoptar os
príncipes para enfocar o seu cargo dun xeito cristián. Así, Santo Agostiño
escribe a obra Cidade de Deus.
2) Isidoro de Sevilla (séculos VI – VIII) no Libro III das súas Sentencias dá
unha serie de normas nas que se considera o príncipe o desenvolvemento de
Deus no seu reino, polo que o ben espiritual e o poder deben ser exercidos por
vontade de Deus tendo como modelos a Moisés e David. Estas normas fan
referencia a:
■ Prelados (48).
■ Xustiza dos príncipes (49).
■ Paciencia dos príncipes (50).
■ Príncipes suxeitos ás leis (51).
3) Paulino de Aquileya (século VIII): Liber exhortatis.
4) Hinemarco de Reims: De regis persona et regis ministerio.
5) Agobardo de Lyon: De compasatione regiminis ecclesiastici et politici.
6) Xonás de Orlèans: Instituonis regis, obra na que se di que o príncipe está
sometido á lei divina igual cós demais cristiáns.
7) Smaraydo (século IV): De via regis.
8) Sedulio Scoto: Liber de rectoribus christianis.
9) Godofredo de Viterbo (século XII): Speculum regum, obra na que se explica
a xenealoxía desde tempos míticos, facendo un percorrido desde o diluvio
universal até a época Carolinxia.
10) Santo Tomé de Aquino: De regimine principum.
11) V. de Beauvais ou Tomé de Aquino: De morali principis institutione e
Specula regnum.
12) Aegidius Romanuus (séculos XIII – XIV): De regimine principum.

6. Summae ou compendio
Neste xénero encádranse textos que pretenden ofrecer resumos arredor de
diferentes temas. É un xénero que se desenvolve no século XIII.
1) Summa perusiana: resumo dos primeiros libros do Código de Xustiniano
(compilación xurídica) pertencente á época Carolinxia.
2) Summa Conffesorum de San Raimundo de Peñafolt: compendio de material
organizado para que os confesores saiban como poñer a penitencia. É un tema
que se desenvolve nas penitntenciares.
3) Contra gente / gentiles e Summa Theológia de Santo Tomé de Aquino.

7. Libros litúrxicos
Son o misal e o breviarium, textos derivados da celebración litúrxica
que non se poden considerar obras literarias.

4
Literatura Latina Medieval
2007/2008
USC

You might also like