Download as doc, pdf, or txt
Download as doc, pdf, or txt
You are on page 1of 12

2.

Os primeiros tempos I: Italia

1. Introdución xeral
Os primeiros tempos da literatura latina medieval é un período
denominado tamén como época de transición ou período dos fundadores. Desde a
caída do Imperio Romano e o apoxeo da Patrística (século V) dáse un longo
período de transición até o auxe da época Carolinxia (século VIII). Neste período
escriben autores coma:
1) Sulpicio Severo (séculos IV – V), autor de Vita Martini e Dialogi.
2) Prudencio (século V), que fai referencia nas súas obras á loita entre virtudes e
vicios.
3) Ambrosio (século IV), creador dos himnos medievais.
4) Xerome (séculos IV – V): escrituras, liturxia e estilística.
5) Santo Agostiño (354 – 430), creador do pensamento teolóxico sobre a Trindade,
o pecado ou a Graza. Ten unha influencia moi importante na cultura medieval.

Como vemos, hai autores moi importantes antes do 476.

***

Moitos manuais dividen esta primeira etapa da literatura latina medieval


por países, como imos facer deseguido.

2. Introdución á literatura latina en Italia


Imos ver as principais etapas históricas polas que pasa a Italia da época,
xa que isto inflúe na literatura:
1) Teodorico conquista a Península Itálica no 489 e reina nela durante corenta
anos:
a) É un gobernante hábil, cunha política moderadamente expansionista (a
fronteira oriental fica no Danubio e a occidental no Ródano) que leva a cabo
alianzas (matrimoniais). É, polo tanto, unha etapa de paz.
b) Non é quen de conseguir a paz entre romanos e xermanos, polo que trala súa
morte producirase unha guerra que rematará coa entrada dos Lombardos en
Italia, cuxa presenza se prolongaría até o século VIII.
2) Invasión dos Lombardos:
a) Dá lugar a unha importante decadencia, xa que era un pobo feroz e cunha
organización primitiva que destrúe as cidades e as vías de comunicación. A época
máis dura é a primeira, que remata coa conversión deste pobo ao cristianismo no
600.
b) Esta decadencia reflíctese na literatura, de xeito que entre finais do século V e o
VI non hai escritores importantes, agás Gregorio Magno.
3) Etapa de recuperación (aínda baixo o dominio dos Lombardos) entre finais
do século V e o século VI, en especial con Ludovico. Así, rexorde o interese pola
renovación cultural, formándose mesmo grupos que defendían diferentes
posturas:
a) Conxunción entre o cristián e o pagán: Boecio.

1 Literatura Latina Medieval


2007/2008
USC
2. Os primeiros tempos I: Italia

b) Integración dos invasores no grupo dos romanos: Casiodoro.


c) Coller o máis proveitoso de cada unha das propostas anteriores: San Bieito de
Nusia.

3. Boecio (480 – 524)


Manlio Torquato Severino Boecio é o primeiro dos escritores que se
encadra dentro da literatura latina medieval. Romano, de familia nobre, casa con
Rusticiana, filla dun cónsul, e desempeña diversos cargos. Completa a súa formación
cunha viaxe ao Oriente grego e no 524 é condenado a morte acusado de
conspiración contra Teodorico
En canto á súa obra, ten un proxecto moi ambicioso: dar a coñecer ao
mundo todo o saber acumulado até o momento (para o que busca moito material no
mundo grego). Non coñecemos a realización total deste proxecto, ben porque non
lle deu tempo a rematalo, ben porque se perdeu.

A súa obra adoita dividirse en tres etapas:

3.1. Escritos sobre o Quadrivium (aritmética, xeometría, música e astronomía)

1) De institutione arthmeticae, que consta de dous libros composto cando o


autor era novo. O primeiro explica a diferenza entre os números pares e impares
e o segundo a magnitude dos números.
2) De institutione musicae, composto por cinco libros de inspiración
pitagórica nos que se fai referencia á capacidade da música para conmover, a
cuestións técnicas e á grafía das notas musicais.

Perdéronse as obras que trataban a xeometría e a astronomía. Na Idade


Media atribuíronselle obras coma a Ars geometriae ou a Ars geometria et
aritmética, pero son obras máis tardías.

3.2. Escritos filosóficos


Son traducións ao latín de obras gregas ou comentarios das mesmas:
1) In categorias Aristotelis: comentarios ás categorías de Aristóteles.
2) Tradución dunha obra de Porfirio.
3) Comentario aos Tópica de Cicerón.
4) Obras máis orixinais nas que se aprecia un esforzo por ensinar a lóxica, mesmo
se chega a considerar o transmisor da lóxica. Son obras coma De syllogismo
categorico, De syllogismo hypothetico ou De differentiis topicis.
5) De divisione.
6) De consolatione philosophiae.

2 Literatura Latina Medieval


2007/2008
USC
2. Os primeiros tempos I: Italia

► De consolatione philosophiae
É a súa obra máis importante e foi escrita mentres estaba no cárcere.
1) Ten moito éxito, xa que é transmitida en moitos manuscritos, comentada e
traducida axiña a linguas romances. Destaca en especial o Manuscrito de Berlín
polas súas ilustracións con filacteria (reproducións de partes da obra).
2) Non pretende dar a coñecer o mundo grego, senón que é unha reflexión moi
amarga dunha persoa que o tivo todo e fica no cárcere e no esquecemento. É
unha obra na que se conxuga a visión pagá do mundo clásico e a cristiá.
3) Estrutúrase en cinco libros nos que Boecio dialoga coa Filosofía mentres está
no cárcere condenado a morte:
a) Constitúen un prosímetro, xa que atopamos 39 prosas narrativas e 39 partes en
verso nas que o autor demostra coñecer todos os metros do momento.
b) A Filosofía faille ver a Boecio que a perda dos bens materiais non é negativa,
xa que lle dá a ocasión de meditar sobre os verdadeiros bens. Así, o sumo
ben sería a Felicidade. Nesta liña, no Libro IV explícase que os malvados
nunca serán felices e no V faise referencia ao libre albedrío.
4) Non sabemos se está rematada, xa que:
a) Hai repeticións, contradicións e certa desproporción entre as partes.
b) Non hai ningunha referencia á Biblia, o cal é moi estraño. É posible que
pretendese escribir un tratado paralelo (De consolatione Teologiae).

Esta obra é a última do autor e, segundo estudosos coma Leonardi, tamén


a mellor e a máis sorprendente con respecto ás anteriores.

3.3. Escritos teolóxicos


1) De Trinitate: tratado sobre a Trindade.
2) Contra Eutychem et Nestorium, obra na que se trata o personaxe de
Nestorium, que dicía que a Virxe era nai de Cristo pero non de Deus.

Discutiuse sobre se estes tratados eran ou non da autoría de Boecio, mais


na actualidade considérase que si.

4. Casiodoro (490 – 580)

Coma Boecio, pertence á aristocracia e ocupa cargos públicos, aínda


que non de tanto prestixio coma os del. No 540 viaxa a Bizancio, onde pasa 15 anos,
e á volta funda o Mosteiro de Vivarium, non que se retira.

Na súa vida distinguimos dúas etapas:

4.1. Primeira época (até o ano 540)


Correspóndese coa etapa de dedicación á política. Desta época destacan:
1) Fragmentos de discursos.

3 Literatura Latina Medieval


2007/2008
USC
2. Os primeiros tempos I: Italia

2) Chronica, unha compilación que segue o modelo de Xerome, de pouco valor


literario.
3) Ordo generis Cassiodorum: historia da súa familia só conservada en parte.
4) Historia gothorum: obra historiográfica perdida, da que só conservamos un
resumo realizado por Xordanes (século VI). Con todo, dela sabemos:
a) Que foi encargada polo rei Teodorico1 con intencións políticas.
b) Parece que Casiodoro comezaba, como era habitual, cunha descrición
xeográfica e cando chega a falar do rei Teodorico dise que ten os mesmos
antepasados ca Xesús.
c) O autor ten en conta a historiografía antiga.
d) Considérase a primeira historia dun pobo en concreto, e non de toda a
Humanidade como era habitual naquela altura.
e) O resumo de Xordanes coñécese como Gética e tivo moito éxito, xa que no
século XII como moi tarde xa chegara a Inglaterra. Ademais, calquera
historiador que fixese referencia aos godos recorrería a esta obra desde o
século VIII.

5) Variae (epistolae): é a obra máis coñecida da súa primeira etapa.


a) Componse de case 500 cartas repartidas en 12 libros e escritas no seu nome
ou no do rei.
b) O estilo é elengante, xa que pretendían servir de modelo.
c) Informan sobre acontecementos históricos.
d) O contido é variado (variae), xa que o autor consideraba que o estilo das
cartas debía adaptarse ao destinatario das mesmas.
e) Tiveron pouca difusión no momento, pero no século XII xa eran coñecidas en
Francia e Alemaña, e desde o XIII en todos os países do mundo latino.

6) De anima: tratado sobre a alma considerado polo autor o 13º libro das cartas,
aínda que é difícil establecer unha relación entre este tratado e as cartas
anteriores.
a) Non é orixinal, xa que é un tema tratado desde os comezos da filosofía.
b) Ten como fonte principal a Santo Agostiño.
c) Ten moito éxito para non ser unha obra orixinal: uns 160 manuscritos desde o
século XII.

4.2. Segunda época (até o ano 580)


Está ligada ao seu retiro no Mosteiro de Vivarium, no que non sabemos
se pasa só os últimos anos da súa vida ou se vive alí desde a súa volta de Bizancio.
Este mosteiro constrúeo na súa vila natal en terreos da súa familia, e é máis un centro

1
Rei que sería o causante da súa morte, xa que Casiodoro foi acusado de querelo traizoar.

4 Literatura Latina Medieval


2007/2008
USC
2. Os primeiros tempos I: Italia

cultural ca un mosteiro, xa que se preocupa ante todo de ter unha biblioteca o máis
completa posible:
a) Ten libros de carácter espiritual, cultural, técnico...
b) Fai ou encarga traducións do grego.
c) Fai compilacións de obras anteriores.

Desta segunda etapa destacan as seguintes obras:


1) Institutiones, manual estruturado en dous libros no que se realizan
explicacións sobre as letras divinas e as letras seculares.
a) Libro I:
■ 23 capítulos dedicados á Biblia.
■ 10 capítulos nos que se lles dan instrucións aos monxes nos campos do
saber (xeografía, agricultura, ortografía, medicina). Pretende darlles aos
monxes instrumentos para o estudo: como copiar, como usar as palabras, a
ortografía...
■ Menciona libros da súa biblioteca e mesmo o que lle custou conseguilos,
polo que ten valor para coñecer a procedencia dos seus libros.
b) Libro II:
■ Explica as sete artes liberais2 porque as considera importantes para a
entender os textos sagrados. Copiar obras e estudalas convértese nunha
obriga para os seus monxes.
Outras características desta obra son:
■ Que o autor a completa constantemente con notas, que non están
presentes en tódolos manuscritos nos que se copiou e que, ademais, fan que
a súa edición sexa moi difícil.
■ Que se converteu nunha das lecturas indispensables dos homes cultos da
Idade Media.
■ Que a súa influencia é tal que mesmo chega a converterse nun plano de
estudos, e os libros que se citan neles constitúen o modelo de biblioteca
medieval. De feito, a biblioteca do Mosteiro de Vivarium é considerada a
primeira biblioteca medieval.

2) Historia ecclesiastica tripartita


a) obra na que se traduce e resume a obra de tres escritores gregos sobre a
historia da Igrexa.
b) Convértese nunha das principais fontes historiográficas para a Idade Media.
3) Expositio in Psalmos:
a) Obra esexética sobre os Apóstolos, as epístolas e o Apocalipse, pero con
comentarios sobre cuestións gramaticais e estilísticas.
b) Está inspirada en De enarrationes in psalmos de Santo Agostiño.

2
As sete artes liberais divídense en:
- Trivium (as relativas á elocuencia): gramática, retórica e dialéctica.
- Quadrivium (relacionadas coas matemáticas): aritmética, astronomía, xeometría e música.

5 Literatura Latina Medieval


2007/2008
USC
2. Os primeiros tempos I: Italia

4) De orthographia: obra realizada cando xa contaba cuns noventa anos a


petición dos monxes que se dedicaban a copiar códices.
a) É unha xustaposición de gramáticas de diversos autores, nada é orixinal.
b) Permítenos coñecer gramáticas perdidas, que non chegarían a nós de non ser
por esta compilación de Casiodoro.

5. San Bieito (480 – 547)


San Bieito é o fundador da abadía de Montecasino. A súa obra é a
Regula:
a) Contido: a Regula, coñecida posteriormente tamén como Regula Monachorum
ou Regula Monasteriorum, componse dun conxunto de preceptos para regular a
vida dos monxes, intentando equilibrar as necesidades da vida práctica e da
relixiosa.
b) Fontes: San Bieito coñece regras de autores coma Basilio o Grande ou Xoán
Caviano, pero non sabemos con certeza se a Regula Magistiri é ou non anterior
a el, aínda que parece que esta regra se inspira na de San Bieito.
c) Estrutura: prólogo e 73 capítulos.
d) Forma: latín sinxelo, sen unha grande preocupación pola gramática e a sintaxe.
e) Difusión: coñecemos a versión orixinal e unha interpolada posterior á súa
morte, na que se corrixen formas lingüísticas consideradas incorrectas e se
aclaran algúns puntos, ademais de engadirse algúns capítulos. Os mosteiros que
seguen esta regra poden usar calquera das dúas versións.

6. Gregorio Magno (540 – 604)


6.1. Vida
Gregorio Magno pertencía a unha familia nobre e rica, exerce cargos
públicos, ademais, herda do seu pai posesións en Sicilia e funda varios mosteiros.
É enviado a Constantinopla, onde pasa seis anos e non aprende grego.
Neste senso a súa postura é contraria á de Boecio, que quería dar a coñecer todo o
grego, e considérase o inicio dun cambio de mentalidade.
Cando volve exerce de abade e, posteriormente, é nomeado Papa. Do seu
papado destaca:
a) Política internacional:
■ Dureza cos bispos que non aceptaban a autoridade do Papa.
■ Apoio á orde Beneditina.
■ Boas relacións cos visigodos, que acababan de converterse ao Cristianismo.
■ Intervencións en Inglaterra para controlar as tendencias de autonomía do
Cristianismo nese lugar.
b) Política dentro de Italia, onde estaban a meirande parte dos intereses do
Papado:
■ Habilidade desde o punto de vista económico (cobro de impostos).
■ Informábase das intencións dos nobres.
Estas accións fixeron que non sempre fose unha figura aceptada por todos
de bo grao.
6 Literatura Latina Medieval
2007/2008
USC
2. Os primeiros tempos I: Italia

6.2. Obra
1) Cartas: consérvase unha colección de 850 cartas dirixidas a persoas importantes
(reis, raíñas, bispos, abades) ou non. É unha colección moi importante.
2) Moralia in Job: obra exexética do Libro de Xob.
■ Estrutura: 35 libros dedicados a Leandro de Sevilla.
■ Orixe: comeza a escribila en Constantinopla e xorde das explicacións que
lles daba aos monxes que o acompañaban, explicacións que serían
completadas para darlle unidade á obra.
■ Influencias: é clara influencia de Santo Agostiño, pero a obra é froito da súa
reflexión.
■ Recepción: é unha obra con grande éxito, desde comezos da Época Carolinxia
comeza a formar parte de tódalas bibliotecas. Ademais, dada a súa amplitude,
axiña xorden resumos coma o do seu discípulo Patricio ou o do monxe
irlandés Lathaem.
3) Expositio in librum primum regum: comentario sobre o Libro I dos Reis.
■ Autoría: durante moito tempo dubidouse sobre a autoría desta obra, pero
hoxe está aceptado que encaixa no pensamento e estilo de Gregorio Magno.
■ Estrutura: é unha obra incompleta que consta dun prefacio e 6 libros.
■ Fontes: parece ter influencia de Veda.
■ Difusión: non ten tanto éxito coma outras obras súas.
4) Expositio in librum canticum canticorum: comentario sobre o Cantar dos
cantares.
■ Chéganos incompleto, seguramente porque se perdeu algunha parte xa que
hai indicios de que fixera o comentario completo:
■ Carta de San Columbano na que este lle pide o resto do comentario.
■ Ildefonso de Toledo cando se refire ás obras de Gregorio Magno di que fixera
o comentario do Cantar dos Cantares completo.
■ Fontes:
■ Santo Agostiño (alude ao libro),
■ Aponius (fai o comentario dun cantar),
■ el mesmo.
■ Difusión: ten moito éxito na Idade Media.

5) Homiliae in Evangelios: primeira colección de homilías que publica.


■ Estrutura: 40 homilías divididas en dúas partes:
■ Primera parte: 20 homilías que el mesmo predicara.
■ Segunda parte: 20 homilías redactadas sen predicalas anteriormente.
■ Estilo: modelo de predicación popular e sinxeleza. Ademais, tamén recorría
aos exempla.
■ Difusión: teñen tanto éxito que xa circulaban antes de que el as entregase
para publicalas, feito que lle molestaba xa que se podían terxiversar. Por
outra banda, incluíanse nos homiliarios xa que eran moi útiles para os
predicadores.

7 Literatura Latina Medieval


2007/2008
USC
2. Os primeiros tempos I: Italia

6) Homiliae in Ezechielem:
■ Estrutura: son 22 homilías das que 12 foran pronunciadas por el en Roma,
as outras 10 só as redactara xa que a situación política lle impedía predicar. É
unha obra equiparable a Moralia in Joh. O seu amigo Pedro, interlocutor nos
Dialogi, di que ve o Espírito Santo en forma de pomba sobre Gregorio Magno
mentres escribe esta obra.
■ Contido: algunhas pasaxes son difíciles de entender e o propio autor se queixa
da dificultade para a comprensión dalgunhas partes do texto bíblico.
■ Fontes: San Xerome, fonte non citada polo autor.
■ Difusión: malia non ser un comentario completo ten un grande éxito e inflúe
noutras obras literarias.
7) Regula pastoralis:
■ Motivación: escríbea para xustificarse ante un bispo que o acusa de non
atender ben os seus deberes. Así, o contido da obra trata de como ser un bispo
ou Papa perfecto.
■ Estrutura: divídese en catro partes.
■ Antecedentes:
Nacianzeno (século IV), que escribira unha obra xustificando o seu
afastamento da carga de ánimas e describindo o sacerdote perfecto.
Xoán Crisólatomo (século IV), que escribe unha obra sobre o
sacerdocio en seis libros.

8) Dialogi ou De vita et miraculis patrum italicorum (593):


■ Contido: lendas haxiográficas con historias de anxos, diaños e varios santos.
■ Forma: úsase o diálogo entre Gregorio Magno e o seu amigo Pedro, que
estaba nun convento nun período de retiro espiritual e reflexiona sobre santos
italianos recentes e importantes. Son relatos independentes nos que a
unidade vén dada por:
Forma do diálogo.
Preguntas que realiza Pedro ao final de cada relato, que dan lugar á
explicación que se desenvolve no seguinte.
■ Estrutura en catro libros:
Libros I e III: milagres de persoas pouco coñecidas, agás Paulino de Nola
(poeta cristián que morre no 431).
Libro II: biografía completa de San Bieito, para cuxa elaboración recorre a
persoas que o trataran persoalmente. Gregorio Magno favorece moito aos
Beneditinos.
Libro IV: reflexiona sobre a vida despois da morte, o destino da alma
humana. Nel hai presenza de moribundos e, para evitar a incredulidade,
inclúe palabras textuais deles. Moitas veces engádese ao título Et
aeternitate animarum. Este libro impulsa a literatura de visións.
■ Difusión: ten moito éxito e axiña é lida, copiada e imitada. Ademais, no
século VIII tradúcese ao grego, no IX ao inglés e no XII ao francés. Inflúe
moito en obras posterioes.

8 Literatura Latina Medieval


2007/2008
USC
2. Os primeiros tempos I: Italia

7. Outros autores (poetas)


6.1. Arator (490 – 555)
Da vida deste autor só sabemos que no 544 estivo catro días nunha igrexa
recitando a súa obra, con moito éxito.
Da súa obra destaca De artibus apostolorum:
1) Reelaboración en verso de parte da Biblia (feitos dos apóstolos) dedicada ao
Papa. Ten pasaxes nos que se fai un uso moi literal da Biblia.
2) Divídese en dúas partes:
a) Primeira parte: protagonizada por San Pedro, consta duns 1076 versos.
b) Segunda parte: protagonizada por San Paulo, cuns 1250 versos.
3) Constitúe unha epopea bíblica, que ten antecedentes na literatura cristiá:
a) Xuvenco (330), que versifica os Evanxeos.
b) Cibrán, que pon en verso o Heptateuco3.
c) Sedulio, que fixera un poema sobre os milagres do Antigo e o Novo
Testamento. Parece que foi quen convidou a Arator a facer o seu poema.
4) Caracterízase pola xustaposición de episodios, deixando que o lector estableza
as relacións entre eles.

6.2. Marcos de Montecasino


De Marcos de Montecasino só sabemos o que di del mesmo na súa obra:
que compón o seu poema en Montecasino (verso 13) trala morte de San Bieito.
Non sabemos porque estaba alí, pero o máis probable é que fose un visitante
ocasional (non hai constancia de que fose monxe ou peregrino).
Del conservamos un único poema de 60 versos sobre a vida de San
Bieito:

1) Contido: detalles da vida de San Bieito4, centrándose nos acontecementos


milagrosos. Escritores posteriores coma Paulo Diácono considerárono unha
importante fonte de datos sobre San Bieito e o Mosteiro de Montecasino.
2) Os estudosos coinciden en afirmar:
a) A fermosura do poema.
b) A corrección estilística e métrica.
c) O uso dunha lingua fiel ao latín clásico.
d) A grande formación literaria do autor, aínda que non sabemos onde a acadou
(non hai constancia de que estudase en Montecasino).

6.3. Magno Felix Ennodio (473/474 – 521)

3
Son os sete primeiros libros da Biblia, é dicir, o Pentateuco (Xénese, Éxodo, Levítico, Números e
Deuteronomio) e o Xosué e os Xuíces.
4
Tema máis desenvolvido na obra de Gregorio Magno.
9 Literatura Latina Medieval
2007/2008
USC
2. Os primeiros tempos I: Italia

Ennodio nace no sur de Francia, pero cando queda orfo é recollido por
unha tía que vivía no norte de Italia, lugar onde se forma. Trala morte da súa tía pasa
dificultades económicas e despois comprométese cunha moza de familia acomodada,
aínda que finalmente ambos se consagrarían á vida relixiosa. Cómpre mencionar que
estivo vinculado á escola, xa que tamén foi mestre.
Destaca especialmente pola súa poesía, aínda que tamén escribe obras en
prosa. Ademais, a súa obra presenta influencia dos clásicos no que se refire a temas e
vocabulario. Dividimos os seus escritos en apartados:
1) Dictiones: 28 discursos de temas relixiosos, a vida da escola, controversias ou
etopeas5.
2) Cartas: 297 cartas dividas en 9 libros cuxos destinatarios son homes e mulleres
importantes do momento (política, relixión, cultura). Ten como modelo a
Sigmaco, orador do século VI. Son importantes para o coñecemento de datos
históricos.
3) Opuscula (obriñas): 10 escritos de tema variado que inclúen desde tratados
relixiosos até un panexírico de Teodorico (un rei positivo respecto á cultura,
pero que tamén é o que condena a Boecio).
4) Euscharisticum de vita sua: especie de confesión ao estilo de Santo Agostiño
da que podemos tirar datos da vida do autor.
5) Parenesis didascalia: prosímetro no que se fai unha especie de plano de
estudos para mozos cristiáns.
6) Carmina, poesias: 21 poemas longos e 151 máis breves (epigramas), os máis
interesantes.
a) Poemas longos:
■ Descricións de viaxes: narracións e paisaxes.
■ “Epitalamio para Máximo”:
Poema de vodas no que se invoca a divindades pagás (Venus, deus
Amor) e se critica a estrita posición cristiá respecto ao sexo. É
considerado dos epitalamios máis interesantes.
Sigue a tradición da época tardo-antiga (século VI): Ausonio,
Claudiano.
Chama a atención que, sendo o autor bispo de Pavía, bote man de tantos
elementos pagáns.
■ Himnos en honra de santos ou certas liturxias.

b) Poemas breves ou epigramas:


■ Relixiosos: eloxios de santos e personalidades eclesiásticas. Tamén
epitafios (eloxios fúnebres).
■ De tema obsceno: relacións de Pasífae co touro (mitoloxía grega);
consideracións sobre o adulterio, inspiradas en Marcial (“o rei do
epigrama”).

5
Discursos ficticios pronunciados por personaxes coñecidos en momentos determinados.

10 Literatura Latina Medieval


2007/2008
USC
2. Os primeiros tempos I: Italia

Ennodio é un poeta erudito, quen de usar os metros clásicos e


combinalos con innovacións, usando versos diferentes como facía Boecio. Porén, a
súa poesía contén erros de prosodia.

6.4. Maximiano (século VI)


É menos coñecido cós anteriores e da súa vida só sabemos que estivo en
Roma cando era novo, pero non hai certeza de que fose cristián.
Da súa obra só coñecemos 6 poemas, considerados pola crítica actual
como 6 partes dun mesmo poema longo. Caracterízase por:
1) Contrapoñer a xuventude e a vellez (achaques).
2) Ten unha dobre interpretación, xa que é considerado:
a) Erótico e mesmo escabroso.
b) Ético e útil para a educación. Así, mesmo chega a circular como poema
moralizante.
3) Ten reminiscencias da literatura antiga:
a) Ten similitude con De senectute de Cicerón.
b) O vocabulario coidado fai que se lle atribúa a Cornelio Galo, escritor
clásico amigo de Virxilio.
c) Toma moito vocabulario dos elexíacos latinos, polo que mesmo foi
denominado centón (composición nova que se elabora aproveitando outras).
4) As dúas partes (ou dous poemas) máis importantes son:
a) Número 3: conta os seus amores desgraciados cunha moza que o
corresponde, pero os pais opóñense á relación e o autor pide consello a
Boecio, quen lle recomenda que sigan adiante. Ao final os pais consinten a
relación, pero os mozos perden o interese nela.
b) Número 5: Maximiano di namorarse dunha moza grega estando nunha
misión política en Grecia pero el está xa impotente. Inclúese unha súplica da
rapaza aos xenitais de Maximiano, bastante extensa. Ten reminiscencias do
Libro I de De rerum natura de Lucrecio (himno a Venus).

6.5. Outros
6.5.1. Xordanes (século VI)

Autor de:
1) De origini actibusque gothorum: compilación da obra de Casiodoro na que
Xordanes parece engadir pouco de seu. É importante porque nos achega a obra
perdida de Casiodoro.
2) Historia do mundo de Adán a Xustiniano.

6.5.2. Euxipio (século VI)

Del sabemos que foi abade dun mosteiro e un grande coleccionista de


libros. Moitos manuscritos patrísticos teñen a indicación da súa biblioteca. Da súa
obra destaca:
11 Literatura Latina Medieval
2007/2008
USC
2. Os primeiros tempos I: Italia

1) Commemoratiorum vitae Sante Severino:

a) En realidade é un borrador enviado así a un amigo para que este escribise


unha historia sobre San Severino, pero o seu amigo publícao tal como o recibe.
b) Transmite información moi valiosa, tanto histórica coma literaria, dada a
súa superioridade respecto doutros haxiógrafos medievais (descrición do
personaxe e o marco histórico). Mesmo se considera que a obra está á altura
da Vida de San Martiño de Sulpicio Severo (modelo de haxiografía).
c) Non contén citas bíblicas.
d) O latín é sinxelo, pero correcto.
2) Excerpta ex operibus Santi Agustini: escolla de 350 capítulos da obra de Santo
Agostiño que, se ben non teñen grande valor literario, son importantes para o
coñecemento de Santo Agostiño na Idade Media. Así, circulan en moitos
manuscritos entre os séculos VII e XV.
3) Isidoro de Sevilla fai referencia a unha regula para os monxes do seu mosteiro
composta por Euxipio. Nos anos 70 do século XX apareceu un manuscrito que
podería ser esta regula á que se refire Isidoro de Sevilla, mais non se sabe. Con
todo, ten pouco valor literario xa que é só un centón doutras.

12 Literatura Latina Medieval


2007/2008
USC

You might also like