Os Primeiros Tempos II: A Península Ibérica

You might also like

Download as doc, pdf, or txt
Download as doc, pdf, or txt
You are on page 1of 13

2.

Os primeiros tempos II: a Península Ibérica

1. Introdución
1.1.Antecedentes
Na Península Ibérica hai escritores representativos antes da época da
literatura latina medieval:
a) Época clásica: Séneca, Marcial, Quintiliano, Collumela, Hixinio
(gramático do século I a.C.)
b) Época cristiá: Xuvenco, Prudencio, Horosio.

1.2.Contexto histórico
Neste momento os pobos xermánicos chegan á Península Ibérica e no
410 os visigodos controlan toda a Península, agás o noroeste. Neste senso Idacio
(427 – 468) cóntanos na súa Chronica que:
a) Os vándalos e os alanos son expulsados a África e á Gallaecia polos
visigodos.
b) No século VI o Reino Visigodo acada a súa maior extensión.
Existía un conflito de tipo relixioso entre os visigodos, que seguían o
arrianismo, e a poboación autóctona católica. Isto remata no século VII coa
conversión ao catolicismo do rei xermánico Recaredo, que é seguido polo seu pobo.
Isto dá lugar a unha etapa de tranquilidade e florecemento literario.

1.3.Visión da literatura desta época

Existe o debate sobre se a literatura desta época é ou non continuadora da


literatura clásica. Hai quen as considera as últimas mostras da literatura antiga
tardía, pero os propios escritores non se consideran continuadores dela.
Por outra banda, é unha literatura favorecida por reis e bispos, que
escriben ou animan a outros a escribir.

2. Martiño de Braga (518 – 579)


2.1.Vida
Martiño de Braga naceu en Panonia (Hungría). Viaxou a Palestina, onde
se fai monxe, e posteriormente fundaría o Mosteiro de Dumio, do que sería abade.
Máis tarde sería tamén arcebispo de Braga.
Destaca polo seu labor para cristianizar o noroeste peninsular, no que foi
apoiado polos reis. Toda a súa produción escrita está destinada a contribuír a esta
tarefa e, aínda que non ten unha grande calidade literaria, tivo moita influencia pola
súa doada compresión.

2.2.Obra
1) De correctione rusticorum:
■ Contexto: obra escrita a petición dun bispo de Astorga que lle pregunta como
predicar para os cristiáns que acaban de chegar.
■ Contido: modelo de predicación en forma de carta no que se fai unha historia
da salvación e un esquema da doutrina cristiá. Combátense crenzas e
1 Literatura Latina Medieval
2007/2008
USC
2. Os primeiros tempos II: a Península Ibérica

supersticións pagás coma que empece o ano o 1 de xaneiro ou o nome dos días
da semana (hai quen defende que se debe á influencia de Martiño de Braga o
nome dos días da semana en Portugal).
■ Fontes:
Santo Agostiño: planificación e algunhas pasaxes.
Cesáreo, do que parece usar algúns sermóns.
■ Difusión: tivo éxito porque era unha obra fácil de copiar, e mesmo de
memorizar. Así:
foi usada por predicadores e misioneiros;
unha das súas pasaxes é usada na antoloxía que fai o francés Pirminoi;
Ælfric, prosista inglés do século X, introdúcea nunha homilía sobre
deuses falsos;
do inglés pasa ao noruegués antigo e chegaría a exercer influencia na
Igrexa do norte de Islandia.

2) Pro Repellenda Iactantia, De superbia e Exhortatio humilitatis:


■ Son tres tratados considerados independentes por uns e como partes da
mesma obra por outros.
■ Fontes: Xoán Casiano (séculos IV – V) e literatura monástica.

3) De ira:
■ Contexto: obra que lle encarga un bispo de Ourense despois do 572.
■ Contido: non é orixinal (agás a dedicatoria e a conclusión), só se limita a
ordenar textos para facer un esquema de ensino para reprimir o laicismo.
■ Fontes: Séneca (non cristiá), non sabemos se coñeceu as adaptacións da obra
de Séneca que se fixeron desde finais da época imperial.
■ Difusión: ten éxito.

4) Formula vitae honestae:


■ Contido: tratado sinxelo e claro sobre as virtudes, introducindo o esquema
das catro virtudes (fortaleza, temperanza, xustiza e prudencia) existente xa
desde Platón. É unha guía sinxela para comportarse rectamente.
■ Fontes:
Só hai unha cita da Biblia.
Baséase en De oficiis de Séneca (século IV), aínda que o esquema das
catro virtudes fora introducido no mundo cristián en De oficiis de San
Ambrosio (século IV). Chama a atención que coñecese tan ben a Séneca
nese momento e nese lugar.
■ Difusión: ten moita influencia desde o século XII e circula tamén co título de
De quattuor virtutibus ou De reborum copia, de forma anónima ou co nome
de Séneca. É incluída noutras obras (ten pouca extensión), traducida e
convértese nun importante manual até o século XVI.

2 Literatura Latina Medieval


2007/2008
USC
2. Os primeiros tempos II: a Península Ibérica

5) Epistolarum: é unha colección de cartas perdida da que temos novas por San
Isidoro. Nela incluiría consellos sobre a vida cristiá.
6) Capitula Martinii: obra sobre dereito eclesiástico na que se inclúen 68 normas
para o clero e 16 para os laicos. Sería introducida en coleccións posteriores.
7) Tres poemas:
■ 22 versos na honra de San Martiño de Tours.
■ Inscrición para o repertorio do Mosteiro de Dumio.
■ Epitafio para si mesmo.

Non é un autor orixinal, xa que se basea fundamentalmente noutros, pero


destaca pola súa sinxeleza. Ademais, toda a súa obra ten unha orixe e unha finalidade
prácticas.

3. Isidoro de Sevilla (cerca. 560 – 636)


3.1.Vida
Non hai acordo sobre o seu lugar de nacemento, parece que puido ser
Cartaxena ou Sevilla, aínda que ten máis aceptación esta última. Foi bispo de Sevilla
durante 40 anos, tras o seu irmán Leandro. Durante este tempo traballa para reforzar a
fe católica entre os visigodos, que se acababan de converter ao catolicismo.
É un erudito que intenta transmitir o seu saber, é un dos grandes mestres
da Idade Media. De feito, fóronlle atribuídas moitas obras que non son da súa
autoría.

3.2.Obra
A cronoloxía das súas obras non está totalmente definida, con todo
pódense facer aproximacións tendo en conta as novas de Braulio de Zaragoza.
1) Etimologiae: é a última obra que escribe, a petición de Braulio de Zaragoza.
Ten unha dedicatoria ao rei Sisebuto que morre en 621, polo que ten que ser
anterior. Parece que a comeza en 615 e que traballa nela ata que morre. Parece
que o primeiro título era Origenes, título que mudaría o mesmo Isidoro de
Sevilla.
■ Estrutura:
Xeral: é Braulio de Zaragoza o que a divide en 20 libros e a corrixe, unha
estrutura que lembra a Auloxelio e Nono Marcelio (século IV).
De cada parte: parte do significado dunha palabra (etimo) e engade unha
descrición e explicación do tema.
■ Contido: é unha especie de enciclopedia na que intenta explicar todo o que
coñece mediante procedementos lingüísticos. Aínda que outros autores xa
fixeran isto, esta é a obra máis ampla deste tipo. Só se fai referencia á razón do
uso deste método no capítulo 29 do libro primeiro (non hai prefacio, e
tampouco se fai referencia a isto na correspondencia con Braulio) onde se di
que hai relación entre as palabras e aquilo que designan (crenza antiga, xa
desde Platón).

3 Literatura Latina Medieval


2007/2008
USC
2. Os primeiros tempos II: a Península Ibérica

■ Fontes: non adoita citar as súas fontes e, cando o fai cita un autor a través
doutro. Nel puideron influír:
Autores da Antigüidade Clásica: Cicerón (Topica, que coñecería a través
dun resumo anónimo), Salustio, Quintiliano, Lucrecio, Marcial, Ovidio...
Autores máis recentes: Boecio, Casiodoro, Servio...
Obras perdidas: enciclopedias, manuais de iniciación científica.
■ Difusión: ten unha grande difusión, mesmo en vida do autor. Esténdese axiña
pola Península e nos séculos VII e VIII xa chega a Italia e a Francia. Existía
unha grande necesidade dunha obra deste tipo.

É a obra cumio deste autor e parece que gran parte da súa obra anterior
debía ser a preparación para esta.

2) De natura rerum (613 – 621)1: obra escrita a petición de Sisebuto que tamén
leva o título de Liber rotarum polas figuras circulares que ilustran a clasificación
do mundo, que se atopan na maioría dos manuscritos.
■ Fontes: lembra a De natura rerum de Lucrecio. Inspírase noutros autores e di
preferir os cristiáns (Biblia, San Ambrosio), pero non despreza os pagáns
(Virxilio, Salustio).
■ Contido: contido variado (dia, noite, meses do ano, división do tempo,
fenómenos atmosféricos...) que ten como obxectivo combater as
supersticións provocadas polos fenómenos naturais.
■ Difusión: cara o 850 xa se difundira por toda Europa, e empregaríano Veda e
Aldelmo.

3) Differentiae: obra dividida en dous libros, diferentes na forma e no contido,


que se difunden axiña por separado:
a) Libro I, De differentiis verborum: lista alfabética de sinónimos indicando as
diferenzas entre eles. O autor di no prefacio que moitos escritores confunden
termos que non son sinónimos porque os poetas pagáns os empregaban como
tales por necesidades métricas.
b) Libro II, De differentiis rerum: temática teolóxica sobre as virtudes e os
vicios que ten máis éxito có primeiro. Ten como fontes a Santo Agostiño e
Gregorio Magno.

4) Synonyma, obra composta por dous libros que desde o século VIII circulan co
título de Lamentatio animae peccatricis e desde a Época Carolinxia co de
Soliloquia.
■ Contido: diálogo entre o home e a razón no que o primeiro se queixa das
desgrazas que sofre e a segunda dille que a única desgraza é o pecado e que,
na súa contra, hai que practicar a virtude.
■ Forma: uso do diálogo para repetir a mesma idea con sinónimos diferentes.
Isto é algo que xa se facía nas clases de retórica, pero nunca se construíra unha
1
Segundo Fontaine a primeira edición dataría de 612 e a segunda de 613, un bo exemplo do axiña que
circularon as obras de Isidoro de Sevilla.

4 Literatura Latina Medieval


2007/2008
USC
2. Os primeiros tempos II: a Península Ibérica

obra formativa con esta técnica. Así, iníciase un gusto polo estilo sinonímico,
tamén chamado isidoriano.
■ Acollida: usouse como obra contemplativa e atópase en moitos manuscritos,
ademais de incluírse en obras de tipo edificante.

Obra exexética:
Isidoro de Sevilla é tamén considerado un dos grandes exéxetas. Entre a
súa obra deste tipo destaca:
5) Prooemia in libros veteris et novi Testamenti: resumo do contido dos
libros bíblicos.
6) De ortu et obitu partum:
■ Contido:
Notas biográficas de 86 personaxes do Antigo e Novo Testamento.
O maior ou menor tratamento dos personaxes depende dos dados dos que
dispoña, non da importancia dos mesmos.
É importante a descrición que fai do sepulcro do Apóstolo Santiago, xa
que é moi semellante ao sepulcro no que se considera que se atopou o seu
corpo dous séculos despois. Non se sabe como chegou a el esta
información.
■ Relacionado con Prooemia.

7) Allegoriae quaedam scriturae sacrae ou De numinibus legis et


evangelii:
■ Contido: intenta explicar de xeito alegórico o nome de máis de 250
personaxes bíblicos dos dous testamentos.

8) Mysticorum expositores sacramentorum ou Quaestinoes in vetus


testamentum:

■ Contexto: é a obra máis importante dentro das exexéticas, segundo Braulio


de Zaragoza, habería dous libros anteriores e, ademais, sería a última obra
antes das Etimoloxías.
■ Contido: inténtase demostrar que en boa parte do Antigo Testamento xa se
anuncia o que vai acontecer no Novo Testamento. Por exemplo, Noé presaxia
o nacemento de Cristo.
■ Fontes: Ambrosio, Xerome, Gregorio Magno, Santo Agostiño...
■ Acollida: non moita influencia na Idade Media porque, aínda que non é
orixinal, sintetiza moi ben os feitos bíblicos. Foi moi lida e consultada,
ademais de copiárense partes dela.

9) Liber numeris:
■ Contido: interpretación mística dos números que aparecen na Biblia.
■ Fontes: Marciano Capello (século V).

5 Literatura Latina Medieval


2007/2008
USC
2. Os primeiros tempos II: a Península Ibérica

■ Autenticidade: existe outra obra co mesmo título que hoxe se considera que
non é de Isidoro de Sevilla, aínda que houbo debates sobre a autoría dunha e
outra.

Manuais de Teoloxía
10) Sententiae ou Summobono:
■ Denominación: a denominación de Summobono procede do comezo da obra:
“Deus é o Sumo Ben, pois é inmutable y non pode experimentar corrupción
ningunha”.
■ Estrutura en tres libros:
Libro I: dogma.
Libros II e III: moral e dereito eclesiástico. Pretende transmitir fielmente a
doutrina da Igrexa.
■ Forma: florilexios organizados por temas.
■ Fontes: Santo Agostiño (moitas veces non o coñece de xeito directo, senón a
través de resumos) e Moralia in Job de Gregorio Magno. Non sempre se
citan detalladamente.
■ Acollida: difúndese axiña e algúns capítulos son copiados por separado.

Libros referentes ás herexías

11) Contra Juadaeos de fide catholica:


■ Contexto: escríbeo a petición da súa irmá e debido ás medidas tomadas polo
rei Sisebuto respecto aos xudeus, aos que obrigaba a marchar se non se
convertían ao cristianismo.
■ Estrutura en dous libros.
■ Contido: é unha obra contra os xudeus que se encadra nunha tradición
iniciada xa nos primeiros tempos da literatura cristiá.
■ Acollida: tivo moito éxito e mesmo algunhas partes foron usadas en sermóns.

Tratados eclesiásticos

12) De ecclesiasticis officiis ou Oficiorum librii:


■ Contido: é das primeiras obras litúrxicas nun momento no que existía a
necesidade de explicar a orixe e contido das funcións eclesiásticas, xa que a
lingua do pobo estaba xa afastada da da liturxia.
■ Acollida: as súas explicacións, en especial as que dá sobre a misa, serían
tomadas como punto de partida neste eido.

Obra histórica

13) Chronica (615):


■ Contido: historia do mundo desde a creación até o cuarto ano de reinado
de Sisebuto (615). Nas últimas partes mostra un especial interese pola historia
da Península Ibérica.
6 Literatura Latina Medieval
2007/2008
USC
2. Os primeiros tempos II: a Península Ibérica

■ Estilo moi sinxelo (descarnado segundo Díaz y Díaz).


■ Fontes:
Crónica de Eusebio, traducida do grego ao latín por San Xerome.
Historia Universal do bispo Vítor de Tunisia.

14) Historia Gothorum (624), cuxo título orixinal sería De origine gothorum:
■ Contido:
Historia dos godos (aos que se gaba na recapitulatio), pero tamén dos
suevos e os vándalos. Está centrada na Península Ibérica.
Patriotismo, que se pode observar no “Laus Spaniae” incluído antes da
obra en moitos manuscritos:
- Gaba a beleza e riqueza da Península.
- Houbo dúbidas sobre a súa autoría.
- Inspírase en “Laude de Serena” de Claudiano, poema no que a raíz
dunha gabanza a Serena se eloxia tamén a Hispania, cuxo maior valor
sería o de proporcionarlle emperadores a Roma.
■ Forma non moi coidada.
■ Fontes: escritores cristiáns coma Xerome, Orosio, Dasio... Con todo, non
coñece a tradición épica dos godos, só usa fontes literarias, polo que o contido
da obra é máis pobre có da Historia Gothorum de Casiodoro.
■ Acollida: ten pouca influencia, aínda que no século XIII sería fonte doutras
historias.

15)De viris illustribus

■ Antecedentes: inscríbese nunha antiga tradición da que participaron


Suetonio, Xerome ou Xennodio de Marsella (século V).
■ Fontes: os autores que explica e outros.
■ Contido: catálogo de varóns ilustres, tendo máis en conta os hispanos, unha
mostra máis do seu “patriotismo”.
■ Estrutura de cada biografía:
Nome;
categoría relixiosa (se é o caso);
obras escritas (nas que moitas veces se centra menos ca na actividade
relixiosa);
información en orde cronolóxica.
■ Acollida: é unha tarefa continuada na Península, pero fóra só sería
continuada a partir do século XII.

Regras

16) Regula monachorum:


■ Regra escrita para os monxes dun mosteiro de preto de Sevilla.

7 Literatura Latina Medieval


2007/2008
USC
2. Os primeiros tempos II: a Península Ibérica

■ Contido: selección de doutrinas doutros autores coa finalidade de explicalas.


Así, por exemplo, nunha norma sobre os libros explica as horas de préstamo,
como lelos, que se deben comentar as dúbidas cando estean presentes tódolos
compañeiros ou que non se deben ler os libros heréticos.
■ Estilo: linguaxe popular para facer comprender o que outros autores
explican, o cal é unha constante na súa obra.

Obras menores

17) Epístolas: a tradición atribúelle moitas, pero só é autor de 6 cartas a Braulio e


algunhas máis dirixidas a outras persoas.
18) Dos herexes:
■ Encadramento dentro da súa obra: ten o mesmo contido có Libro VIII das
Etimoloxías, no que tamén se inclúe a herexía dos adanianos (que seguen a
Adán). Lembremos que toda a súa obra parece ser unha preparación para a
composición das Etimoloxías.
■ Estrutura en 84 apartados.
■ Estilo sinxelo (mesmo ten explicacións dunha soa frase).
■ Fontes: Santo Agostiño e Xerome.
■ Autoría discutida.

19)Poemas

■ 107 versos repartidos en 27 poemas.


■ Contido: refírense á farmacia ou á biblioteca, sendo estes últimos os máis
importantes por permitírennos coñecer os volumes que posuía na súa
biblioteca. Con todo, quizais sería máis acertado interpretalos coma un canon
(desiderata) máis có contido exacto da súa biblioteca.
■ Fontes: Marcial, Virxilio, Claudiano.

***

En conclusión, Isidoro de Sevilla é un autor que:


a) Non destaca pola súa orixinalidade, pero si polas súas compilacións e
explicacións.
b) Toca temas variados e é unha das persoas cun maior grao de coñecemento
no momento (século VII).
c) Goza de prestixio, xa que o rei Sisebuto pídelle que escriba obras.
d) Foi un escritor con éxito, xa que as súas obras circularon axiña e ademais
fóronlle atribuídas moitas que non escribiu.

4. Outros autores:
4.1.Xoán de Bicraro ou Xoán de Santarém (540 – 521)

8 Literatura Latina Medieval


2007/2008
USC
2. Os primeiros tempos II: a Península Ibérica

1) Regra perdida para os monxes do seu convento.


2) Chronica: obra con máis valor histórico ca literario na que se fai referencia a
datos sobre a Península, á conversión do arrianismo ao cristianismo ou ao rei
Leovixildo. Desta isto último porque o Leovixildo desterrárao, pero trata
obxectivamente a súa figura.

4.2.Leandro de Sevilla
É irmán de Isidoro de Sevilla e amigo de Gregorio Magno, do que seguirá
a composición da obra sobre o Libro de Xob.
Da súa autoría só coñecemos un sermón e unha regra, nas que destacan o
estilo elegante e a grande cultura tanto pagá como cristiá do autor.

4.3.Braulio de Zaragoza
Foi bispo de Zaragoza a mediados do século VII e é o compilador das
obras de San Isidoro. Así, é el quen divide as Etimologias en 20 libros e lles engade
un índice.
Da súa autoría coñecemos:
1) Colección de 30 cartas dirixidas a reis e outras persoas.
2) Vida Sancti Emiliani:
■ Motivación:
Encárgalla un irmán para as lecturas da festa do santo.
Na introdución di que estivera tomando notas sobre a vida de San Emiliano,
pero pérdeas. Anos despois atópaas por casualidade, interpreta iso como
un sinal divido e comeza a escribir a obra.
■ Contido: conta a vida de San Emiliano, pero só introduce aqueles datos dos
que dispón, sen introducir elementos que descoñece para encher ocos. Así,
non conta nada da súa xuventude. Preséntao coma o santo máis grande da
Península.
■ Fontes:
Testemuño directo de dous discípulos de San Emiliano.
Vita Sancti Martinii de Sulpicio Severo (modelo de haxiografía).
Vita Sancti Antonii traducida do grego por San Xerome.
3) Himno para San Emiliano, que é máis unha gabanza de Cristo ca un canto a
San Emiliano. É unha das obras máis importantes da himnodia medieval.

4.4.Sisebuto
Rei visigodo entre o 612 e o 621. Foi moi severo cos xudeus, pero un rei
culto e con intereses varios. Así, por exemplo, intercambia información científica con
Isidoro de Sevilla. É un exemplo da formación intelectual dos laicos da altura.
Algunhas das súas obras son:
1) “Carme de lúa”:

9 Literatura Latina Medieval


2007/2008
USC
2. Os primeiros tempos II: a Península Ibérica

■ Contexto: é o poema co que lle contesta a Isidoro de Sevilla cando este lle
envía a obra De natura rerum que lle encargara.
■ Contido: son 60 versos nos que se tratan cuestións astronómicas (eclipse de
lúa).
■ Calidade literaria: está ben escrito, aínda que ten algúns fallos.
■ Acollida: desde o século VII circula engadido a De natura rerum, e mesmo
se lle chegou a atribuír a Isidoro de Sevilla.
2) Vita et passio Sancti Desiderii:
■ Temática:
Trata a historia dun bispo de finais do século VI que fora destituído en
502/3 pola raíña Brunilda. Posteriormente sería readmitido pero acabarían
executándoo por mandato da raíña.
O autor actúa como un haxiógrafo pero con motivacións políticas (amais
das relixiosas) xa que tamén critica a vida privada de Brunilda. Esta raíña
morre pouco despois de ser executado o bispo, o que é interpretado coma un
castigo merecido por parte do autor.
■ Calidade literaria mediocre, pero ten valor por ser unha mostra da formación
intelectual dos laicos da época.

É tamén autor de poemas e cartas que non conservamos.

4.5.Uxío de Toledo
Foi bispo de Toledo a mediados do século VII. De saúde delicada pero
cunha grande capacidade intelectual, amante da poesía e a beleza (dicíase del que era
tan experto en teoloxía coma en prosodia).
Da súa obra destaca:
1) Temos noticias, por Ildefonso de Toledo, de que escribiu un tratado sobre a
dignidade, pero non se conserva.
2) Adaptación de parte da obra política de Draconcio (autor africano do
século IV), unha adaptación que se considera case tan importante coma a
orixinal.
3) Poemas persoais, é a parte máis importante da súa obra:
■ Contén unha introdución na que se critica os envexosos. Parece ser máis
unha convención literaria cá alusión a personaxes reais.
■ Comprende diferentes poemas, xeralmente ocasionais:
“Carmen philomelaicum”, poema sobre o reiseñor que inspirará outras
composicións sobre a natureza.
Epitafio para o rei Chindasvinto (642 – 649) no que este confesa unha
morea de pecados. Parece ser máis unha advertencia aos vivos para que
non pequen cá unha descrición fiel dos pecados dese rei.
Outros poemas ocasionais sobre a morte, a moral, científicos...

10 Literatura Latina Medieval


2007/2008
USC
2. Os primeiros tempos II: a Península Ibérica

■ Acollida: ten moito éxito. Así, no 700 xa o coñecen os anglosaxóns e na


Época Carolinxia será imitada a forma dos seus poemas.

4.6.Ildefonso de Toledo
Sigue a Uxío como bispo de Toledo e fora educado por el, que o
mandara estudar con Isidoro de Sevilla.
Só coñecemos parte da súa obra:

1) Libro perdido sobre a propia incapacidade.


2) Liber de virginitate perpetua beatae Mariae, unha defensa da virxindade
de María contra tres adversarios, aos que se apostrofa coma se estivesen
presentes:
■ Xoviniano, herexe do século IV que xa fora obxecto das críticas de San
Xerome (Ad versus Jovinianum) e Santo Agostiño (en dúas das súas obras).
■ Helvidio, laico do século IV.
■ Os xudeus.

3) De virorum ilustrium scriptis:


■ Antecedentes: Suetonio (modelo), San Xerome e Isidoro de Sevilla.
■ Contido: catálogo de homes ilustres, en especial bispos de Toledo (Uxío de
Toledo). A metade dos que cita non escribiran nada, son importantes pola súa
actividade relixiosa. Todos eles son hispanos, agás Gregorio Magno.

4.7.Xulián de Toledo (642 – 690)


Consérvanse poucas obras deste autor, pero nas que chegaron ata nós
podemos observar que era un grande erudito, ademais de polémico, e que algúns dos
temas importantes son a gramática, a teoloxía e a historia.

Das súas obras destacan:


1) Historia Wambae ou Historia rebellinis Pauli adversus Wambam:
■ Contido: única obra historiográfica na que se conta a historia do
enfrontamento entre Paulo e o rei Wamba, no que resulta vencedor o
segundo. Pretende provocar a admiración perante este rei.
■ Fontes: Salustio (dálles a palabra aos personaxes para que expresen as súas
ideas).
■ Difusión: é a obra que máis éxito ten deste autor e sería practicamente
copiada na Historia de España (1249) de Lucas de Tui.

2) Antikeimenon ou Anticeimeneon:
■ Contido: contradicións entre o Antigo Testamento e o Novo Testamento.
■ Estrutura: consta de dous libros nos que se explican estas contradicións
(quaestiones) do seguinte xeito:
Interrogatio: póñense xuntos as pasaxes que semellan ser contraditorias.

11 Literatura Latina Medieval


2007/2008
USC
2. Os primeiros tempos II: a Península Ibérica

Responsio: dáselle unha solución á aparente contradición.


■ Fontes: Patrística. En ocasións usa citas textuais.
■ Difusión: considérase un anticipo do sistema usado pola Escolástica séculos
despois.

3) De comprobatione aetatis sextae (686):


■ Contido: é unha obra de polémica contra os xudeus na que, en forma de carta
ao rei, se explica que estes cren que Cristo aínda non chegou xa que chegará
na sexta, polo que consideran que están na quinta idade.
■ Difusión: non tivo tanto éxito coma outras obras súas, feito que se pode deber:
ao ton polémico que adopta;
a que coincide no tempo cunha obra de Isidoro de Sevilla que trata o
mesmo tema.

4) Prognosticum futuri saeculi ou Liber prognosticorum:


■ Contido: obra sobre o estado da alma despois da morte.
■ Estrutura en tres partes:
primeira parte: morte;
segunda parte: as almas antes da resurrección xeral;
terceira parte: resurrección dos mortos, Xuízo Final, Ceo e Inferno.
■ Difusión: é a súa segunda obra con máis éxito, despois da Historia Wambae,
aparecendo nuns 100 catálogos de bibliotecas medievais.

5) Ars gramatica ou Ars gramatica, poetica et rethorica:


■ Autoría: dubidosa, xa que aínda aparece o seu nome en varios manuscritos
non está entre as obras de Xulián de Toledo que cita o seu discípulo Félix de
Toledo, polo que se pensa que puido ser escrita por un discípulo seu.
■ Contido: tratado sobre gramática.
■ Forma: diálogo entre un mestre e un discípulo.
■ Fontes: Donato (século IV), Biblia, escritores cristiáns (Catulo, Terencio,
Divio, Persio, Xuvenal, Uxío de Toledo) e da Antigüidade (Virxilio).

6) Obras perdidas: grazas ao catálogo de obras de Xulián de Toledo, elaborado


polo seu discípulo Félix de Toledo, sabemos que escribiu obras que non
coñecemos coma:
■ dous libros de sentencias de Santo Agostiño;
■ dous libros relacionados con rezos e misas.

En conclusión, non é un autor orixinal pero é importante o xeito


resumido no que presenta a doutrina da Igrexa. Ademais, en ocasións tamén achega
a súa opinión apoiándose en citas bíblicas e de autores patrísticos.

4.8.Taxón de Zaragoza (século VII)

12 Literatura Latina Medieval


2007/2008
USC
2. Os primeiros tempos II: a Península Ibérica

Bispo de Zaragoza coñecido pola súa viaxe a Roma na busca de Moralia


in Job de Gregorio Magno, obra descoñecida na Península Ibérica. Cóntase que alí
tivo unha visión (Visio Taionis) na que se lle revelou o lugar no que se atopan os
manuscritos que buscaba.

Só conservamos del Sententiae:


■ Contido: colección de sentencias doutros autores.
■ Estrutura en cinco libros:
Libro I: Trindade, Creación e goberno do mundo.
Libro II: encarnación de Cristo; Cristo e goberno.
Libro III: vida moral e virtudes.
Libro IV: pecados e vizos.
Libro V: pecados, xuízos e castigos.
■ Fontes: Gregorio Magno (Moralia in Job), homilía de Ezequiel e Santo
Agostiño.
■ Difusión: tivo certo éxito no século IX e foi usada por autores posteriores.

4.9.Frutuoso de Braga
Autor que morre no último terzo do século VII e que é coñecido por
unha Regula que estivo vixente en varios mosteiros galegos ata o século XI.

4.10.Valerio do Bierzo
Ermitán do século VII que se retira ao Bierzo e do que se teñen poucos
datos. Da súa obra destaca:
■ relatos breves;
■ poemas escépticos, unha das partes máis interesantes;
■ carta na que se fai referencia á peregrinación de Exeria;
■ narracións do alén.

4.11.Poesía hímnica
Os himnos están dentro da poesía litúrxica, e na Península Ibérica poden
ser:
1) Herdados doutras zonas.
2) Específicos, como é o caso de:
■ himnos para as doce horas do día, en vez de para oito;
■ himnos para o aniversario dos bispos e reis.

13 Literatura Latina Medieval


2007/2008
USC

You might also like