Download as doc, pdf, or txt
Download as doc, pdf, or txt
You are on page 1of 18

2.

Os primeiros tempos IV: as Illas Británicas

1. Introdución
1.1. Irlanda
Irlanda só ten contacto coa literatura latina medieval a través do
Cristianismo. Ademais tiña unha cultura celta de gran nivel, que se manterá
mesmo despois va vitoria do cristianismo.

Da Irlanda deste momento destaca:


1) Nos séculos V e VI había uns 170 reinos en conflito.
2) A principal unidade de organización social era o clan (que inclúe tódolos
parentes ata o noveno grao).
3) Os poetas tiñan un grande papel na sociedade:
■ habíaos de dous tipos: bardos (inspirados) e fili (coñecedores das lendas);
■ a súa importancia era tan que os heroes da épica eran presentados máis
como poetas que como guerreiros.
4) Algúns irlandeses contribuirían a revitalizar posteriormente o Cristianismo
no continente, como é o caso de:
■ Columba (Collumcille), fundador do mosteiro de Iona.
■ Columbano, que vive varios anos en Irlanda, funda mosteiros en Francia
e, ao final da súa vida, vai para o mosteiro de Bobbio (Italia). É o autor
dunha regra moi ríxida, que axiña sería substituída pola benidictina.

1.2. Inglaterra
De Inglaterra sabemos que no 596 o Papa Gregorio Magno envía unha
misión para converter aos pagáns e que os xa cristiáns se sometesen á súa
autoridade. A historia da Inglaterra desta época é descrita principalmente por Beda e
Gildas.

2. Gildas sapiens (século VI)


Da súa obra destaca:
1) De excidio conquestu Britanniae1, a súa obra máis coñecida e tamén
importante para a historia inglesa, xunto coa de Beda.
■ Contido: destrución e conquista de Bretaña por parte dos saxóns, que se
lamenta por iso. Máis cá obra dun historiador é unha obra que pretende
convencer de afastarse do pecado.
■ Estrutura:
Prefacio no que se lamente a desgraza que sobre a Bretaña, atribuída a
un castigo polo comportamento de reis, nobres e relixiosos.
Parte I: acontecementos da conquista ata o sometemento.
Parte II: epístola sobre os vicios dos reis, nobres e relixiosos que tamén
se reflicten no pobo.

1
O título completo é De excidio conquestu Britanniae ac febili castigatione in reges, principes et
sacerdotes.

1 Literatura Latina Medieval


2007/2008
USC
2. Os primeiros tempos IV: as Illas Británicas

■ Fontes: Biblia, Xerome e outras non tan claras, xa que di basearse nunha
narración que vén de alén do mar e que non entende moi ben, pero non
sabemos a que texto se refire.

2) Liber de paenitentia, un dos primeiros penitenciais (manuais prácticos


para os confesores), que lle é atribuído.
3) Lorica
■ Especie de himno que sería levado a Irlanda posteriormente por Lathcem,
razón pola que algúns estudosos lla atribúen a estoutro autor.
■ Estrutura en 92 versos.
■ Contido: súplica, moi frecuente no ámbito irlandés onde é case un xénero
en si mesmo. O autor pídelle axuda a Deus para facer unha lorica ou
coiraza contra os vicios.
■ Lingua: mestura lingüística, chamada latín hispérico, propia das obras
insulares (palabras latinas modificadas, gregas, hebreas...) que pode chegar
mesmo a inintelixibilidade. De feito, aínda que se comprende o sentido
xeral do poema, hai palabras que aínda hoxe non se deron explicado.

3. Irlanda
3.1. Columba / Columcille (século VI)
3.1.1. Vida

Columba tiña unha boa situación económica, o que lle permitiu dedicarse
á construción de igrexas e mosteiros en Irlanda. Así, no 563 vai para a illa de Iona /
Hy (entre Irlanda e Inglaterra) con 12 discípulos e funda alí unha igrexa e un
mosteiro, que farán da illa o centro de ensino máis importante da cultura insular ata
o ano 800. Ademais, é un centro moi importante para a evanxelización e fará que
Columba colla fama de santo.

3.1.2. Obra
1) Regra.
2) Altus prosator:
■ Contido: himno dedicado a Deus.
■ Forma: máis de cen versos divididos en estrofas de seis. É un poema
abecedario, é dicir, cada estrofa empeza por unha letra do alfabeto.

3.2. Columbano (séculos VI – VII)


3.2.1. Vida

É un persoeiro máis importante có anterior, en especial no que se refire á


tarefa misioneira e de fundación de mosteiros que se converteron en importantes
centros de cultura.
■ Edúacse no Mosteiro de Bangor, en Irlanda, ata que comeza o seu traballo
de misioneiro no continente2.
2
O Cristianismo chega máis tardiamente ás illas, pero os insulares serán moi importante na
(re)evanxelización do continente.

2 Literatura Latina Medieval


2007/2008
USC
2. Os primeiros tempos IV: as Illas Británicas

■ Trasládase ao continente con 12 discípulos e funda o Mosteiro de Luxeuil


na Borgoña, pero axiña ten conflitos que provocan que o boten do
mosteiro:
Cos bispos da Galia por mor do afeitado da cabeza e a data da Pascua3.
Con Brunilda.
■ Trala súa expulsión de Luxeuil val para Suíza e funda o Mosteiro de San
Gall, onde deixa un discípulo á fronte.
■ Posteriormente trasládase a Italia, onde funa o Mosteiro de Bobbio, no que
ficará ata a súa morte.

3.2.1. Obra
Dedicouse en especial á conservación e transcrición de autores pagáns
antigos (Virxilio, Horacio, Estacio, Xuvenco, Prudencio...) e cristiáns. A súa obra
non chega completa ata nós e, ademais, a autoría dalgúns textos é dubidosa.

A) Obras perdidas

1) Comentario aos Salmos escrito nos século IX ou X en Irlanda. É unha perda


importante porque sería dos primeiros comentarios da literatura latina
medieval irlandesa.
2) Escrito contra os arrianos.

B) Poesía

A súa obra poética bebe de fontes clásicas, mesmo ten versos enteiros
idénticos aos de autores da Antigüidade. É interesante a forma de usar estes poemas
antigos.
1) Carmen navale:
■ Contido: poema sobre os traballos dos mariñeiros que lle serve para
exhortar aos fieis para que teñan en conta que sempre teñen que volver a
Cristo.
■ Forma: hexámetros.
■ Fontes: experiencia propia, xa que cando o expulsaran de Luxeuil non
pode volver ao seu lugar de orixe (os misioneiros non podía volver ao seu
lugar de orixe) e fai unha viaxe por mar e pasa ao Rhin para ir a outro
lugar.
2) Ad Hunaldum:
■ Contido: obra de moral na que se dan consellos e normas sobre a
caducidade das cousas do mundo terreal.
■ Forma: carta poética escrita en hexámetros e con versos acrósticos que
forman o nome do autor e do destinatario (Collumbanus Hunaldo).
3) Ad Sethum:
■ Contido: mundo material vs. mundo do alén.
■ Forma: hexámetros.

3
Naquel momento a data da Pascua era diferente en Irlanda, na Galia e en Roma.

3 Literatura Latina Medieval


2007/2008
USC
2. Os primeiros tempos IV: as Illas Británicas

4) Monastica:
■ Autoría: dubidosa, tamén é atribuído a Alcuino.
■ Contido: regras de conduta, na liña da súa tendencia ao didactismo.
■ Forma: hexámetros (cada hexámetro é unha regra) xustapostos.
■ Antecedentes: fábulas de Aviano e outros autores da Antigüidade.
5) Ad quendam iuvenem:
■ Contido: normas de conduta para acadar a vida espiritual esquecendo a
material.
■ Forma: 120 versos.
6) Ad Fedolium:
■ Contido: moral, contra a avaricia.
■ Forma: poema escrito en versos adonios4 e rematado en seis hexámetros.
Supón un cambio métrico con respecto á súa obra anterior.
■ Lingua: latín que lembra moito ao dos clásicos, sen as complicacións que
normalmente ten o latín insular.
■ Fontes: exemplos da Biblia e dos autores clásicos coma Virxilio. A mestura
de metros xa a podiamos observar na Consolación da Filosofía de Boecio.

C) Prosa

1) Cartas:
■ Receptores: dirixidas a bispos, monxes, abades, Papas (hai unha carta a
Gregorio Magno sobre a data da Pascua)... Hai dúas dirixidas a un puer
amandus, ao que se lle dan recomendacións de conduta. As últimas cartas
non son tan duras coma as primeiras.
■ Estilo: teñen moitas complicacións estilísticas que, en ocasións, fan difícil
a súa comprensión.
2) Sermóns: consérvanse 17, pero algúns autores só lle atribúen o 4, o 7 e o 15.
Levan o título xeral de Institutiones.
3) Regras: compuxo dúas regras para os monxes de Luxeuil caracterizadas
porque, máis ca unha normativa de conduta, son descricións do monxe ideal.
Son as máis antigas que se conservan da autoría dun irlandés e parece que
intentan reproducir a regra do Mosteiro de Bangor. Son extremadamente
duras, polo que trala súa morte modifícanse e fanse máis laxas, ademais tería
que competir coa Regra de San Bieito (menos dura e con máis éxito).
4) Penitencial:
■ Autoría: dubídase que sexa da autoría de Columbano na súa totalidade.
■ Estrutura: está composto de tres seccións, dedicadas aos monxes, aos
sacerdotes e aos laicos. Os penitenciais son un xénero que se xera nos
mosteiros irlandeses.

3.3. Jonas de Bobbio / Susa (século VII)

4
O adonio (- ∪ ∪ - ∪ / - ) adoita usarse para lamentos.
4 Literatura Latina Medieval
2007/2008
USC
2. Os primeiros tempos IV: as Illas Británicas

3.3.1. Vida

É monxe no Mosterio de Bobbio, o máis importante dos fundados por


Columbano. É un mosteiro que conta cunha importante biblioteca, na que se atoparon
moitos palimpsestos5.

3.3.2. Obra: Vita Columbani

■ Contido:
Vida de Columbano na que non se separan a vida e os milagres6 ou
feitos marabillosos (gesta), como era costumen Bobbio (onde é escrita a
obra).
Ademais, séguese a lei do antigo relato épico, de xeito que se poñen as
súas características en acción, non só se describen, desde a perspectiva
dun admirador tímido.
Tamén se lle destacan detalles humanos (era esixente cos monxes, pero
tamén consigo mesmo).
É unha fonte de información histórica, pero Jonas de Bobbio é un
haxiógrafo, non un historiador. É unha vida destinada aos monxes dos
mosteiros fundados por San Columbano.
■ Estrutura:
Comezo en verso no que se describe a patria de Columbano.
Dúas seccións, unha dedicada á vida e obra e outra na que se fai
referencia aos seus discípulos, polo que é unha obra moi completa.
Final con 58 versos para ser cantados na festividade de Columbano.
■ Fontes:
Testemuñas oculares.
San Xerome Sulpicio Severo,...
Hai detalles coincidentes con outras vidas de santos, pero non parece
que puideran influír nesta. Por exemplo, descríbese o costume de San
Columbano de retirarse a meditar e que se lle acheguen os animais, igual
que a San Francisco ou Santa Bríxida.

3.4. Gramáticas
As principais características das gramáticas escritas en Irlanda son:
■ Hai un especial gusto polas gramáticas, en especial entre os séculos VII e
VIII, do que se descoñece a orixe xa que o latín chega bastante tarde ás
illas. Primeiro realizan compilacións de gramáticas antigas e,
posteriormente, elaborarán gramáticas orixinais.
■ Autoría: son case todas anónimas, só coñecemos o nome dun gramático:
Malsachenus.
■ Fontes: tratados da Antigüidade tardía, coma os de Helio Donato: Ars
menor (partes da oración) e Ars maior (partes do discurso)
■ Trazos característicos das gramáticas irlandesas:
5
Textos riscados e escritos por riba.
6
Así, relátase que a nai soñara que ía saír unha bóla de lume do seu ventre que iluminaría o mundo
coma o sol.

5 Literatura Latina Medieval


2007/2008
USC
2. Os primeiros tempos IV: as Illas Británicas

Cuestións de tempo, lugar, autor e motivos polos que se escribe.


No caso de temas que aparecen en forma de pregunta é frecuente que a
resposta comece coa frase non dificile.
Uso das obras de Virxilio Gramático.
Introdución de palabras gregas e hebreas xunto coas latinas (3 lingua
sagradas), o que non quere dicir que coñecesen esas linguas xa que
podían usar obras bilingües.
Interpretación dos nomes hebreos de San Xerome.

1) Ars Ambrosiana: tratado de gramática do século VII conservada na biblioteca


de Milán que se basea nos de Donato, Diomedes, Servio e outros de autores
máis descoñecidos.
2) Anonymus ad Cuimnanum: tratado de gramática de autor anónimo escrito
no século VII, pero do que coñecemos o destinatario (Cuimnano). É un
comentario sobre a gramática de Donato elaborado usando diferentes fontes.
3) Malsachanus: é o único dos tratadistas irlandeses dos que coñecemos o nome
e compón a súa gramática un pouco antes do 700.
■ Contido: Segundo Holtz o autor pretende reaccionar contra unha corrente
moi filosófica predominante nas gramáticas do momento, para elaborar un
tratado que responda ás necesidades pedagóxicas reais. Así, céntrase no
nome, o pronome, o verbo e o participio. Así, é o único tratado orixinal,
que non é un comentario da obra de Donato.
■ Fontes: Prisciano, que escribe arredor do 500 e do que toma a finalidade
pedagóxica.
4) Hisperica Famina:
■ Contido: pode ser interpretada coma un manual escolar, unha
enciclopedia ou unha obra de entretemento sobre temas variados (mar,
ceo, vento, terra...)
■ Lingua: latín mesturado con palabras gregas e hebreas, como era
frecuente en Irlanda. Esta é a razón pola que se sitúa en Irlanda e non no
Continente.
■ Forma: aínda hoxe se discute se é unha obra en verso ou en prosa rimada.
Consta de 612 versos.
■ Fontes: segundo Herren son Isidoro de Sevilla, obras pseudo –
isidorianas, Virxilio e os seus comentaristas, Virxilio o Gramático, Biblia,
glosarios bilingües (hebreo e grego.)
■ Difusión: transmítese en poucos manuscritos, todos eles do século X.

3.5. Himnos
Consérvanse dúas coleccións de himnos a santos ou ás funcións
litúrxicas:

1) Antifonario de Bangor: colección de himnos e oracións que parecen proceder


do mosteiro de Bangor a finais no século VII. Caracterízase pola variedade
métrica e a erudición literaria.

6 Literatura Latina Medieval


2007/2008
USC
2. Os primeiros tempos IV: as Illas Británicas

2) Liber hymnorum: contén himnos e textos litúrxicos en latín e irlandés


antigo (engadidos sobre tempo, lugar, motivo da escrita, autores...)

3.6 Haxiografía
Aparece tardiamente en Irlanda (en relación ao Continente) xa que é
posterior á fundación dos principais mosteiros (século VI). As principais
características da haxiografía irlandesa son:
1) Non parece estar influída pola haxiografía que xa se dera no Continente.
2) Hai un gusto polo elemento exótico que se debe a:
a) A distancia temporal entre a vida dos santos e a súa narración, o que
favorece a abundancia de elementos lendarios.
b) O seguimento do criterio da antigüidade, que leva a atribuírlles aos santos
irlandeses mesmo milagres da Biblia, desprezando a realidade histórica.

3.6.1. Cogitosus (século VII): Vida de Santa Bríxida

Santa Bríxida fora unha monxa que vivira no mosteiro de Kildare7 nos
séculos V – VI, un mosteiro dúplice no que estaba enterrada ela (fundadora) e o bispo
ao que lle foran encargadas as funcións sacertotais baixo o altar maior. Neste mosteiro
era a abadesa a que nomeaba o abade, non os monxes e, ademais, tiñan un lume
sagrado (que lembra ao das Vestais8). É a santa máis celebrada en Italia, despois de
San Patricio.
A Vida de Santa Bríxida Cogitosus caracterízase por:
■ Introdución de elementos do folclore e das lendas populares, que a
converte nunha obra máis fantasiosa cás vidas de santos continentais: poder
da santa sobre a natureza (nárrase como levanta unha árbore que caera).
■ Na parte final nárranse os costumes do mosteiro e descríbese a Igrexa,
polo que é a que ten un maior interese histórico.
■ Faise referencia ao especial achegamento que a santa ten aos animais.

3.6.1. Adamnano (séculos VII – VIII)


■ Vida de Columba
■ Contido: obra haxiográfica sobre Columba ou Columcille, fundador do
mosteiro de Hy / Iona. É interesante para coñecer a vida nos primeiros
mosteiros de Irlanda. Destaca a instrución do autor e a importancia que se
lle dá á verdade histórica.
■ Fontes: información que recibe no mosteiro de Hy (onde era abade),
mesmo de discípulos directos, polo que busca a veracidade.
■ Estrutura en dous prólogos + vida do santo:
Prólogo 1: pídelle ao lector que crea o que se vai contar.
Prólogo 2: explica o plano da obra e faise un panorama xeral da vida de
Columba antes da súa chegada a Hy.

7
Kildare < CELL – DARE (igrexa do carballo), o nome parece vir dado pola existencia dun importante
carballo do que se sabe que aínda existía no século X.
8
É unha santa moi ligada aos elementos pagáns. De feito, a súa festa é o 1 de febreiro, igual cá festa
celta da primavera.

7 Literatura Latina Medieval


2007/2008
USC
2. Os primeiros tempos IV: as Illas Británicas

Vida en tres partes: profecías, milagres e visións (que tamén conteñen


algunhas profecías). Aparece o dominio da natureza e o amor polos
animais.
■ Lingua e estilo con influencias do latín irlandés (palabras raras do grego, o
hebreo ou o irlandés).
■ Difusión: desde o século VIII esténdese polo continente, pero nunha
versión máis breve.

■ De locis sanctis

Obra na que se inclúe unha descrición de Palestina e Constantinopla a


partir da descrición dun bispo que viaxara por esas terras. Está dedicada a un rei que
a leva aos mosteiros anglosaxóns e, posteriormente, os monxes irlandeses
difundirana no Continente.

3.7 Outras
Da literatura latina medieval en Irlanda destaca especialmente a
relacionada con normas do dereito eclesiástico, a gramática ou a exéxese. Outras
obras que podemos nomear son:
1) Collectio Canonum Hibernensis:
■ Autoría: obra anónima.
■ Contido: relacionado coas penitencias e o dereito eclesiástico. É unha
especie de florilexio.
■ Fontes: estratos da Biblia, Patrística, normas de concilios, Xerome,
Agostiño, Gregorio Magno, Isodoro de Sevilla...
■ Difusión: ten moita influencia no continente e é usado como fonte no
século XI.

4. Gran Bretaña
Ata o século VIII Irlanda era o centro cultural insular, de xeito que
moitos ingleses ían estudar alí (segundo Beda). Pero isto comeza a cambiar desde o
século VII. Así, cando Columba funda o mosteiro de Hy (ca. 560) comeza o auxe do
movemento misioneiro irlandés que alcanza Gran Bretaña e o Continente. Ao
mesmo tempo, desde Roma eran enviados misioneiros por Gregorio Magno para
someter as illas ao poder papal. Estes dous movementos coinciden na cidade de
Whitby, onde os irlandeses aceptan o cómputo pascual e a tonsura. Desde este
momento, personaxes coma Teorodo ou Agostiño comezan a organizar o ensino en
Cantorbery, que se converterá no centro cultural máis importante das illas.

4.1. Aldelmo de Malmesbury (639 – 709)


4.1.1. Vida
Sabemos moi pouco da súa vida e, aínda que existen algunhas biografías,
parecen ser pouco fiables. Algúns datos de interese son:
■ Os pais mándano estudar cun mestre irlandés aos 15 anos, do que herdaría
o amor polo latín irlandés, unha das principais características do seu estilo.
Ademais, é o primeiro escritor en latín da súa zona.

8 Literatura Latina Medieval


2007/2008
USC
2. Os primeiros tempos IV: as Illas Británicas

■ Regresa a Inglaterra aos 30 anos e no 670 está en Cantorbery, onde


amplía os seus coñecementos.
■ En 675 convértese en abade de Malnes, onde consigue prestixiar moito a
súa escola. É moi importante o seu interese polo ensino.

4.1.2. Obra
1) De metris ac enigmatibus ac pedum regulis / Epistola ad Acircium
■ Contido: manual de métrica e 100 enigmas sobre temas da natureza e do
mundo cotián (o que permite coñecer o desenvolvemento dos anglosaxóns
na altura), precedidos dunha discusión sobre o significado do número 7 (na
que se inclúen exemplos da natureza, das artes do home, da Biblia e dos
escritores pagáns da Antigüidade). Considérase o mellor manual de
métrica, un feito salientable tendo en conta que o autor é o primeiro en
entrar en contacto coa cultura latina na súa zona.
■ Motivación: é un regalo poético ao rei Alfredo, amigo e fillo espiritual do
autor.
■ Forma: diálogo entre un mestre e o seu discípulo. Destaca tamén a
extensión dos enigmas, de ata 83 versos, cando os de Sinfosio non pasaban
de tres. Deste modo vólvense máis unha descrición de obxectos ca un
enigma.
■ Fontes: Sinfosio no que se refire aos enigmas, e tratados gramaticais da
Antigüidade tardía no referente ao manual de métrica.
■ Difusión: os enigmas e o manual circulan por separado, e hai máis
manuscritos dos enigmas.

2) De virginitate

■ Contido: obra dedicada á abadesa e as monxas dun convento das que gaba
as súas virtudes, das que a principal é a virxindade, e o seu esforzo
intelectual. É interesante porque nos permite coñecer a formación das
monxas da época.
■ Estrutura en dúas partes, unha en prosa e outra en verso:
Prosa.
Verso: poema de 2903 versos sobre o mesmo tema. Na introdución
pídelles axuda a Deus e á Virxe e dedica uns 450 versos ao combate
vicios vs. virtudes, un tema para o que ten como modelo a Psicomaquia
de Prudencio (séculos IV – V). Xa Sedulio (segunda metade do século
V) puxera el mesmo en verso unha obra que previamente escribira en
prosa (Carmen Pascuali).
■ Fontes: San Agostiño, Xerónimo, Gregorio Magno, Ciprián, Casiano...
■ Difusión: en moitos manuscritos circula só a segunda parte, baixo o título
de De octo vitiis principalibus.

9 Literatura Latina Medieval


2007/2008
USC
2. Os primeiros tempos IV: as Illas Británicas

3) Poemas

É autor de poemas de ata 85 versos sobre igrexas e altares, que non


parecen inscricións pola súa extensión, aínda que el se dedicaba principalmente a
escribir e fundar igrexas.

4) Cartas

Consérvanse 13 cartas, interesantes para coñecer a historia da cultura.


Destaca en especial unha delas, na que critica ao seu destinatario porque pretendía ir
estudar a Irlanda, nun momento no que Inglaterra xa está consolidada como centro
cultural (arredor de 690). Para demostrar que en Inglaterra hai o mesmo nivel cultural
ca en Irlanda escribe a carta no latín característico das illas (mestura de palabras
gregas e latinas, palabras inventadas...)

***

O estilo de Aldelmo caracterízase por:


■ Poesía: versos correctos en xeral, claros e sinxelos.
■ Prosa: estilo barroco, latín insular (mesmo incluíndo termos dos Hysperica
Famina). Apréciase unha tendencia a usar períodos longos que poden facer que o
lector se perda, aínda que a súa construción adoita ser correcta.

A figura de Aldelmo fica eclipsada pola de Beda, pero aínda así é


especialmente valorado na Época Carolinxia, sobre todo o seu poema De virginitate.

4.2. Beda (672/3 – 735)


4.2.1. Vida

Aos sete anos é enviado polos seus pais ao Mosteiro de Wearmouth e,


máis tarde, iría ao de Jarrow / Yarrow, polo que se dedica desde moi novo á vida
relixiosa. Crese que nunca debeu viaxar moito, aínda que existe unha lenda que di
que foi a Roma, pero parece non ser verídica
Os datos máis importantes sobre a súa vida están na última parte da
Historia ecclesiastica gentis anglorum, que tamén inclúe un catálogo das súas obras
ata o 731.
É coñecido como Beda o Venerable, un cualificativo aplicado só aos
relixiosos que acadan os niveis máis altos, porén Beda nunha ocupou ningún cargo
destacado. Malia ser só un monxe a súa importancia é tal que mesmo é incluído por
Dante nun catálogo de persoeiros ideais, ao carón de Boecio, Isidoro de Sevilla ou
Casiodoro.

4.2.2. Obra

A obra de Beda é unha obra erudita, froito das súas propias lecturas. O
catálogo das mesmas inclúese na Historia ecclesiastica gentis anglorum, aínda que
só ata o 731, polo que non se inclúen as que escribiu ata a súa morte no 735.

10 Literatura Latina Medieval


2007/2008
USC
2. Os primeiros tempos IV: as Illas Británicas

Toca case tódolos xéneros e campos so saber (gramática, historia,


exéxese, haxiografía, cartas, poemas), aínda que adóitase destacada a obra exexética
como a máis destacada.
En canto ás súas fontes, menciona a autores da Antigüidade pagá coma
Virxilio, Ovidio, Persio ou Lucano, aínda que no seu comentario ao Evanxeo de
Lucas menosprézaos dicindo que son fabas boas para os porcos.

A) Gramática
1) De orthographia
■ Motivación: parece que era precisa unha obra destas características para o
ensino do latín no momento. Ademais, a obra sería posteriormente
adaptada por Alcuino.
■ Contido: é fundamentalmente un glosario alfabético dos termos máis
usuais e o seu significado, aínda que tamén contén outros asuntos:
Ortografía no sentido actual, só na primeira parte;
Differentiae verborum, é dicir, aclaracións sobre termos semellantes
pero de significado diferente (coma Isidoro de Sevilla).
Algunhas etimoloxías;
Información morfolóxica e sintáctica.
■ Fontes: tratado de Diomedes (século IV), Virxilio Gramático, Biblia,
autores cristiáns (San Agostiño, San Xerónimo).

2) De arte metrica / De metrica arte / De metrica ratione


■ Contido: tratado de métrica, que contén aspectos orixinais con respecto a
outros tratados medievais:
Ten en conta a poesía rítmica;
Contén exemplos de autores cristiáns.
■ Fontes e antecedentes: Antigüidade (Virxilio e Lucano, aínda que de xeito
excepcional), poetas cristiáns (exemplos ata Venancio Fortunato).

3) De schematibus et tropis (sacrae scripturae)


■ Contido: introdución ao estudo das figuras retóricas con exemplos da
Biblia. Está relacionado co anterior e destaca que toma a Biblia como punto
de partida e como a mellor obra de todas, que supera en valor tamén
estilístico aos poetas pagáns da Antigüidade. É dicir, ten unha dupla
vertente: gramática e relixiosa.
■ Difusión: aparece con De arte metrica en moitos manuscritos.

4) Ciencias naturais
5) De natura rerum
■ Contido: tratado de temática variada relacionada coa formación do
mundo (astros, ventos, eclipses...).
■ Fontes: De natura rerum de Isidoro de Sevilla (aínda que presenta os
temas de xeito diferente); Historia natural de Plinio, texto que parecía
coñecer completo (malia que circulaban moitos resumos del); outras.
■ Difusión: ten moito éxito, en especial desde comezos do século IX.

6) De temporibus

11 Literatura Latina Medieval


2007/2008
USC
2. Os primeiros tempos IV: as Illas Británicas

■ Contido: obra sobre cronoloxía e historia do mundo.


■ Estrutura en dúas partes:
Primeira parte: nocións de cronoloxía (día, semana, mes, ano, ano
bisesto...)
Segunda parte: exposición dos principais acontecementos históricos.
■ Fontes:
Primeira parte: Isidoro, Plinio e outras obras (comentario de Macrobio
dobre o Soño de Scipion de Cicerón).
Segunda parte: Libro V das Etimoloxías de Isidoro de Sevilla.
■ Difusión: a segunda parte circula de xeito independente en moitos
manuscritos ou é omitida noutros.

7) De temporum ratione
■ Motivación: obra feita a petición dos seus compañeiros e discípulos, que
queren que amplíe o tema desenvolvido en De temporibus.
■ Contido: cronoloxía e historia do mundo.
■ Estrutura en dúas partes:
Primeira parte: coma no caso anterior trata nocións de cronoloxía.
Ademais, fálase dun sistema de signos que podían empregar os monxes
para se comunicar sen romper o voto de silencio. Finaliza con esta obra
a disputa sobre a data da Pascua, xa que é aceptado o proposto por
Beda.
Segunda parte: historia do mundo que narra os acontecementos máis
importantes ata o 725.
■ Difusión: a segunda parte, tamén coñecida como Crónica, aparece de
xeito independente en moitos manuscritos e é usado como fonte ata o
século XIII.

8) De locis sanctis
■ Contido: libro de xeografía bíblica.
■ Fontes: De locis sanctis de Adamnano e outras fontes literarias, pero o
autor non realiza ningunha viaxe aos lugares que describe.
■ Difusión: ten moito éxito nos séculos XII e XIII.

9) Haxiografía
É dos primeiros autores ingleses en tocar o xénero haxiográfico (xunto
con Aldelmo). As súas obras haxiográficas céntranse xeralmente en retocar e refacer
obras anteriores.

10) Vida e paixón de Anastasio, obra perdida.

11) Vita Sancti Felicis


■ Contido: vida de San Félix.
■ Fontes: adaptación dunha obra máis antiga e prosificación de catro
poemas de Paulino de Nola (século IV).
12) Vita Cuthberti metrica
■ Contido: epopea haxiográfica sobre a vida de San Cutberto.
■ Forma: uns 1050 versos.
12 Literatura Latina Medieval
2007/2008
USC
2. Os primeiros tempos IV: as Illas Británicas

■ Fontes: vida anterior dun monxe do Mosteiro de Lindiefarne, que Beda


pon en verso. Pretende facer unha obra semellante á Vita Sancti Martini de
Venancio Fortunato.

13) Vita Cuthberti


■ Contido: vida
de San Cutberto.
■ Fontes: as mesmas cás da obra anterior e algunhas testemuñas. Aínda así,
non é quen de facer unha obra de carácter histórico, xa que predomina o
elemento marabilloso.

14) Historia abbatum / Vita Beatorum abbatum Benedicti, Ceolfridi,


Eosterwini, Sigfridi atque Hwaetberthi
■ Contido: historia dos mosteiros nos que el estivera a través da vida dos
seus abades. Hwaetberthi é tamén chamado Eusebio, autor dunha colección
de enigmas. A vida máis interesante é a de Bieito, un abade que se esforzou
por acondicionar o mosteiro e traer libros desde Francia.
■ Está vencellada coa súa obra histórica, xa que en Beda historiografía e
haxiografía mestúranse. De feito, no catálogo de obras que inclúe na
Historia ecclesiastica gentis Anglorum denomina as vidas de santos como
historiis sanctorum.

15) Martirologium

Martirologium é um martiroloxio, é dicir, unha obra na que se inclúe un


calendario dos mártires de cada día empregado para as festas relixiosas. Porén, Beda
fai o seu martiroloxio máis extenso, xa que engade vidas dos diferentes santos
acudindo a fontes literarias. A partir desta obra será moi cultivado o chamado
martiroloxio histórico.

B) Historiografía: Historia ecclesiastica gentis Anglorum (731)


■ Contido: historia dos anglosaxóns e da Igrexa. Neste senso, é a primeira
historia da Igrexa despois de moito tempo. Nótase tamén un amor e orgullo
pola súa patria, máis obxectivo có de Gregorio de Tours.
■ É a súa obra máis importante, debido a:
Método rigoroso:
• Inclusión de documentación;
• Cítanse as fontes;
• Precisión cronolóxica e xeográfica.
Inclusión de datos estatísticos.
Referencias á historia da cultura e ás tradicións locais.
■ Estrutura:
En cinco libros:
• Epístola introdutoria cunha dedicatoria a un rei, na que o autor
explica a súa forma de traballar:
- Finalidade da historiografía: dar a coñecer os acontecementos,
pero tamén ten unha finalidade moral. Este último é un papel
achegado ao da haxiografía.

13 Literatura Latina Medieval


2007/2008
USC
2. Os primeiros tempos IV: as Illas Británicas

- Método de traballo: ten que indicar cales son as fontes, pero non
fai unha compilación, senón que elabora a súa historia a partir
delas, pero coas súas propias palabras.
• Comeza cunha descrición dos lugares nos que se van desenvolver os
acontecementos, tomando como fontes a Plinio, Orosio e Gildas, entre
outros.
• Libro II: gábase a Gregorio Magno (misións e obra literaria), ao que
se lle dedica máis tempo que a algúns reis ingleses, malia que nunca
estivera en Inglaterra.
• Libro IV: chegada dos misioneiros enviados por Gregorio Magno e
vida e obra de Aldelmo.
• Libro V: acontecementos ata o 731.
• Remata cun cadro cronolóxico cos acontecementos máis importantes,
unha autobiografía e o catálogo das súas obras.
Cronolóxica.
■ Fontes e antecedentes:
Historia dos anglosaxóns: lembra á Historia dos Francos de Gregorio
de Tours, e ten como fontes a Plinio, Orosio (século V) , Gildas,
Historia Brittonuum (séculos VII – VIII), compilación anónima sobre a
historia de Irlanda e Inglaterra.
Historia da Igrexa: non dispón de fontes recentes, pero si máis antigas
coma a de Eusebio, escrita en grego nos séculos III – IV e traducida ao
latín por Rufino de A. no século V.
■ Estiloclaro e elegante, baseado en modelos continentais coma Gregorio
Magno. Afástase así do estilo característico das illas e do de Gildas, o seu
precedesor no terreo da historiografía.
■ Difusión:foi unha obra moi coñecida que axiña chega ao Continente e é a
fonte máis importante para os inicios da historia de Inglaterra.

2) Exéxese

É a súa obra máis valorada durante a Idade Media e é considerado o


exéxeta máis importante despois dos autores da Patrística.
3) In apocalypsim Sancti Ionnis:
■ É probable que sexa o seu primeiro comentario bíblico.
■ Estrutura en tres libros.
■ Fontes: Patrística, comentario de Ticonio (século V).
■ Difusión: foi moi apreciada, en especial ata o século XII.
4) Expositio in actus Apostalorum (pouco posterior a 709)
5) Retractatio in actus Apostalorum:
■ Contido: tema dos feitos dos Apóstolos, coma no caso anterior, pero con
rectificacións provocadas pola lectura do texto grego dos feitos dos
Apóstolos.
6) Comentario sobre as epístolas católicas:

14 Literatura Latina Medieval


2007/2008
USC
2. Os primeiros tempos IV: as Illas Británicas

■ Contido: é un comentario ás sete epístolas que están situadas na Biblia


despois das de San Paulo e que pertencen a Santiago, Xudas, Xoán e
Pedro.
■ Difusión: ten éxito porque, dado que eran consideradas menos importantes,
non existían moitos comentarios delas.
7) Colectaneo in epistolas Paulo: explicación das epístolas de San Paulo que
máis ben son un florilexio de pasaxes de Santo Agostiño.

8) Outras: comentarios aos Evanxeos de Lucas, Marcos, ao Libro I de Samuel, á


Xénese, aos libros históricos do Antigo Testamento, ao Cantar dos cantares
(comentario que aproveita para rexeitar as teorías de Xulián de Eclano, que
vivira no século V).

Malia pertencer a un mosteiro no que se seguía a escola de Antioquía para


a exéxese (interpretación literal da Biblia), Beda seguirá a escola de Alexandría
(interpretación alegórica) xa que considera que a Biblia ten un sentido escondido e o
labor do exéxeta é explicalo.

Como fontes xerais para a exéxese ten a Ambrosio (século IV),


Xerónimo (séculos IV – V), Agostiño (século IV – V) e Gregorio Magno (séculos
VI – VII). O seu uso das fontes serve para demostrar a súa fidelidade á doutrina da
Igrexa pero, ademais, é o primeiro en dar referencias explícitas á propiedade
intelectual pola rigorosidade con que as cita.

OBRAS HOMILÉTICAS

Beda tamén é autor de homilías sobre os Evanxeos, que elabora ao final


da súa vida. Distínguense dos comentarios porque van seguindo a evolución das
lecturas do ano eclesiástico e son máis libres. Aínda así, poderían incluírse dentro da
obra exexética.

9) Poesía
10) Vita Cuthberti metrica
11) Libro de himnos: menciona este libro no seu catálogo. Destaca del un himno
sobre o día dos Inocentes, aínda que Beda non destaca como poeta.
12) De die Iudici:poema sobre o día do Xuízo Final no que usa como fonte a
Venancio Fortunato. Tería influencia nos poetas da Época Carolinxia.
13) Poema sobre os Salmos: facer poemas sobre esta parte da Biblia (que xa
estaba en verso) é un costume que se remonta a Paulino de Nola.
14) Epístolas

Consérvanse seis cartas de Beda, de contido diverso (exexético,


cronoloxía...), pero destaca a Epistola ad Ecgbertum Episcopum, unha carta a un
discípulo del que xa era bispo de York. Nela dálle unha serie de consellos que se
consideran o seu testamento espiritual, xa que serán empregados en York, que
pasará a ser un dos centros de cultura máis importantes en Inglaterra (desa escola
sairá Alcuino, xa na Época Carolinxia).
15 Literatura Latina Medieval
2007/2008
USC
2. Os primeiros tempos IV: as Illas Británicas

15) Traducións

Traduce ao anglosaxón o De natura rerum de Isidoro de Sevilla e o


Evanxeo de San Xoán, que é o seu último traballo.

Fóronlle atribuídas moitas obras cuxa autoría e dubidosa.

5. Literatura continental relacionada cos insulares


5.1. Bonifacio (675 – 754)
Bonifacio destaca máis polo seu labor como fundador de mosteiros
(xunto cos seus discípulos) ca pola súa escrita. Con todo, destacan obras coma:

1) Gramática latina, unha compilación a base de Donato.


2) Tratado de métrica.
3) Liber de virtutibus et vitiis / Aenigmata:
■ A diferenza das anteriores, está é unha obra con finalidade literaria, non
práctica.
■ Contido: colección de enigmas dedicados a diferentes virtudes e vicios
que se describen a si mesmos en primeira persoa. Coma no caso dos
enigmas de Aldelmo e da literatura insular en xeral, son máis unha
descrición ca un enigma.
4) Sermóns: de pouco interese e autoría dubidosa.
5) Cartas:
■ Contido: dereito canónico, política eclesiástica...
■ Son importantes para o coñecemento das misións das illas que van para o
Continente.
■ Están escritas para os seus destinatarios, non para seren publicadas.
■ Algunhas rematan cun poema (tamén algunhas de Aldelmo), un costume
que se xeneralizará na Época Carolinxia.

5.2. Alemaña
5.2.1. Pirmino (século VIII)

1) Scarapsus (< EXCARPSUS < EXERPTUS) / Dicta Pirminii Abatiis:


■ Contido: compilación.
■ Estrutura en dúas partes:
Historia da salvación;
Deberes da vida cristiá.
■ Fontes: De correctione rusticorum, de Martiño de Braga

5.2.2. Virxilio de Salzburgo (século VIII)

A comezos do século VIII o centro cultural máis importante desta zona era
Salzburgo, onde se forma un círculo de sabios procedentes de Irlanda (círculo de
16 Literatura Latina Medieval
2007/2008
USC
2. Os primeiros tempos IV: as Illas Británicas

Salzburgo) que destaca pola súa produción de exéxese ao modo irlandés. Dentro dese
grupo estaba Virxilio de Salzburgo:
■ Coñecido pola súa rivalidade con Bonifacio. De feito, só conseguirá ser bispo
trala morte deste.
■ Considérase un dos primeiros mártires da ciencia, xa que defendía que a
Terra era redonda e as Antípodas, razóns polas que é alcumado o Xeómetra
ou Solibalus (o que vai só). Destaca máis por isto ca pola súa obra.

5.2.3. Liber de numeris

■ Autoría: obra anónima producida no círculo de Salzburgo e que tamén lle foi
atribuída a Isidoro de Sevilla.
■ Contido: especie de enciclopedia sobre o significado dos números.
■ Fontes: Biblia, Xerónimo, Gregorio Magno, Isidoro de Sevilla, exéxese
irlandesa.

5.2.4. Arbeo / Aribon de Freising

Bispo de Freising e amigo de Virxilio de Salzburgo, destaca polo seu


esforzo para facer unha biblioteca en Freising.
1) Vita Corbiniani:
■ Motivación: obra escrita a petición de Virxilio de Salzburgo. É unha obra de
xuventude que está entre as primeiras da literatura haxiográfica latina desta
zona.
■ Contido: vida de Corbiniano, que ten algúns trazos en común coa de
Columbano:
Era estrito: rexeita a amizade cun nobre que mantén relacións coa viúva do
seu irmán (feito prohibido polo dereito canónico):
É partidario dos castigos corporais.
■ Fontes: persoas que coñeceran o santo, polo que contén poucos elementos
marabillosos. Así, aínda que o estilo é haxiográfico, contén moitos elementos
biográficos. Pode que coñecese a Vida de Columbano de Xonás de Bobbio,
de ser así estaría moi ben adaptada.

2) Vita et passio Sancti Haimrammi (Emmerán):


■ Contido: vida de Emmerán, que vivira nun pasado afastado respecto ao autor.
É presentado coma un mártir, que se deixa acusar falsamente da desaparición
da filla dun nobre.
■ Fontes: non dispón de información directa, coma no caso anterior, polo que
os elementos marabillosos son máis, e tamén os trazos estereotipados. Parece
que a descrición do martirio pode estar influenciada polos relatos das
primeiras paixóns cristiás.

5.2.5. Willibaldo (século VIII)

1) Vita Bonifatii:
■ Contido: vida de Bonifacio (achegado no tempo) que se achega moito á
biografía, afastándose da haxiografía.

17 Literatura Latina Medieval


2007/2008
USC
2. Os primeiros tempos IV: as Illas Británicas

■ Fontes: colección de cartas de Benancio (maior da conservada na actualidade)


e relatos orais.
5.2.6. Hugeburc (século VIII)

Hugeburg é unha monxa anglosaxona, unha das poucas escritoras da


literatura latina medieval. É autora de:
1) Vita Willibaldi:
■ Contido: viaxe de Wilibaldo a Roma e Terra Santa contada de xeito moi
vivo, usando a primeira persoa, de xeito que semella que é a propia autora a
que fixo a viaxe.
■ Estilo persoal: períodos complexos, palabras raras, formacións novas...
Ademais tamén é orixinal no modo de dar a autoría e título das obras
(criptografía).

2) Vita Winnebaldi, irmán do anterior.

18 Literatura Latina Medieval


2007/2008
USC

You might also like