A Literatura Na Época Do Renacemento Carolinxio

You might also like

Download as doc, pdf, or txt
Download as doc, pdf, or txt
You are on page 1of 32

3.

A literatura na época do Renacemento Carolinxio

1. Introdución
O Renacemento Carolinxio é o período que se dá desde finais do século
VIII e comezos do IX no imperio de Carlomagno, que se caracteriza por:
1) Carlomagno é un importante impulsor da cultura, nun momento no que a cultura
é fundamentalmente relixiosa (son poucos os laicos preocupados por ela). Porén,
o biógrafo de Carlomagno di que cando era xa ancián non escribía nin lía moi
ben, pero non sabemos se é que non sabía facelo, se eran limitacións da idade ou
se simplemente tiña mala caligrafía.
2) Carlomagno rodéase de intelectuais que veñen de todo o mundo á súa corte.
Neste senso podemos distinguir dúas fases:
a) Durante a vida de Carlomagno a maior parte dos intelectuais eran
foráneos;
b) Trala morte de Carlomagno predominarían os de orixe franca.
3) A maioría dos sabios da corte de Carlomagno eran ao mesmo tempo intelectuais
e homes de acción (políticos ou relixiosos). Mesmo para algúns a tarefa de
escribir non era máis ca un reflexo da tarefa civil ou relixiosa.
4) Agás un dos sabios, os mellores son tamén gramáticos, sobre todo nos seus
comezos, e teñen unha importante produción literaria en verso de temática
variada (asuntos triviais, biografías, haxiografías...) Con todo, moitas destas obras
en verso parecen máis exercicios de escola ca obras literarias.
5) Moito do que se escribe imita a literatura anterior, pero é unha boa literatura de
imitación. Así, por exemplo, Hexinaldo (na prosa) e Teodulfo (en verso) son
expertos en usar palabras e locucións doutros autores para expresar as súas ideas.
6) Desde a chegada de Alcuino á corte de Carlomagno é frecuente que os
intelectuais que pertencen a ela troquen os seus nomes por outros da Antigüidade
(Flacus – Horacio – ou Homero) ou da Biblia (Samuel). Así, Carlomagno pasará a
chamarse David.
7) Na corte de Carlomagno constrúese un ideario común no eido literario, que será
espallado cando o rei os envía a diversos lugares como bispos ou mestres (aínda
que non todos estaban de acordo con marchar da corte).
8) No centro da vida cultural está a Escola Palatina, que xa debía existir en tempos
de Charles Martel (primeira metade do século VIII) e que era o modelo de tódalas
escolas do reino.
9) O sistema de ensino é gradual, da base ao grao superior: gramática > trivium e
quadrivium > teosofía.

10) O conselleiro máis importante do rei era Alcuino de York, procedente do


importante centro cultural británico no que fora mestre Ecberto (discípulo de
Beda).
11) Entre as innovacións do Renacemento Carolinxio está a minuscula carolina, un
novo tipo de letra que permite unha maior difusión dos escritos.

1 Literatura Latina Medieval


2007/2008
USC
3. A literatura na época do Renacemento Carolinxio

12) Foméntase a creación de bibliotecas, das que a máis importante será a Biblioteca
Palatina, composta polos exemplares encargados por Carlomagno e polos que lle
regalaban (dada a súa protección da cultura). Carlomango deixou escrito no seu
testamento que se vendese a biblioteca para darlles o diñeiro aos pobres, razón
pola que hoxe non a conservamos.

2. Principais autores
2.1.Pedro de Pisa (século VIII)
É un dos primeiros en ensinar a gramática latina en Italia e sería mestre
de latín de Carlomagno. A súa obra non é de grande importancia, pero dela podemos
citar:
1) Gramática dedicada ao rei, que é practicamente unha compilación dos
gramáticos antigos (Donato, Virxilio o Gramático...)

2) Poemas: pouco importantes, algúns deles están escritos en forma de carta a


outros sabios e a Carlomagno.

2.2.Paulino de Aquilea (séculos VIII – IX)


Autor de orixe italiana que xa estaría en 766 na corte de Carlomagno,
onde adoptaría o nome de Timoteo.

A) Estilo:
1. Afectado e ampuloso cando se dirixe en prosa aos seus amigos e ao mesmo
Carlomagno.
2. Diferente cando se dirixe a Herico.
B) Lingua:
1. Máis apegada á tradición cando escribe en hexámetros.
2. Máis libre nos poemas rítmicos.

 PROSA

1) Libellus saerosyllabus:
■ Motivación e contido: tratado no que se critica o adopcionismo1 defendido
por Elipando, arzobispo de Toledo. É un escrito polémico e ben construído,
que sería usado por Carlomagno para condenar o adopcionismo.

2) Contra Felicem:
■ Motivación e contido:obra contra o adopcionismo que se centra na crítica a
Félix de Urgel2. Ademais, dise que o adopcionismo está achegado ao

1
O adopcionismo era unha das principais herexías da época. Defendía que Xesús era un home que fora
adoptado por Deus despois do bautismo.
2
Defensor do adopcionismo (bispo de Urgel), que é chamado por Carlomagno para pedirlle contas pola
súa herexía e, cando isto acontece, Félix de Urgel di rexeitar o adopcionismo, pero cando volve ao seu
bispado volverao defender.
2 Literatura Latina Medieval
2007/2008
USC
3. A literatura na época do Renacemento Carolinxio

arrianismo e ao nestorianismo, xa que todas estas herexías defendían que


Xesús constaba de dúas partes: a divina e a humana.
■ Fontes: Biblia, Pais da Igrexa por orde cronolóxica.

3) Liber exhortationis / De Salutaribus documentis:


■ Motivación: obra escrita para un nobre, amigo e protector del.
■ Contido: é un dos primeiros espellos de príncipes, que serán especialmente
importantes desde o século XII.
■ Fontes: compilación de De vita contemplativa (Xulián Pomerio) e dunha
advertencia a un fillo de Basilio, O Grande.

 POESÍA

4) Regula fidei:
■ Contido: profesión de fe e rexeitamento das herexías.
■ Forma: 151 hexámetros.
■ Estrutura:
50 versos dedicados á divindade de Cristo, rexeitando así o adopcionismo;
30 versos sobre as delicias do Paraíso;
40 versos atacando a tódolos herexes;
declaración da súa adhesión á fe tal e como se asinara no Concilio de Nicea
(325);
Epílogo en prosa no que se desculpa polos posibles erros técnicos, sobre
todo métricos.

5) Versus de Herico duce:


■ Contido: canto fúnebre dedicado ao mesmo nobre ao que lle escribira o
Regula fidei, que morrera no 799 nun combate. Consérvase tamén a súa
música.
■ Estrutura:
lamento da perda;
gabanza das fazañas;
maldición do lugar onde morreu o nobre;
descrición da dor de tódolos cidadáns de Cividale.
■ Fontes: tradición dos prantos anteriores, repetindo moitos dos seus tópicos
(aparecen tamén nomes de lugares non localizados na actualidade).
■ Difusión: sería un modelo para os prantos posteriores, e tamén para
Anxilberto (mediados do século IX).

6) Versus de Lazaro / Fuit domini dilectus languens a Bethania:


■ Autoría: a autoría deste poema foi discutida. Atribúeselle a Paulino de
Aquilea polo menos nun manuscrito e na actualidade acéptase isto.
■ Contido: poema incompleto sobre o texto dos Evanxeos no que se narra a
resurrección de Lázaro.

3 Literatura Latina Medieval


2007/2008
USC
3. A literatura na época do Renacemento Carolinxio

■ Fontes: Biblia, á que sigue moi fielmente, agás nalgúns casos concretos
(estrofa 18, que lembra a unha pasaxe de Tibulo3; estrofa 15).

7) Congregauit nos in unum Christi amor:


■ Autoría: dubidosa, pero atribúello a maior parte da crítica.
■ Contido: himno considerado un dos máis fermosos da Idade Media.
■ Difusión: aínda é utilizado hoxe no xoves santo.

2.3.Paulo Diácono (720/30 – 797)


2.3.1. Vida

Chega á corte de Carlomagno procedente de Italia, onde tivera un mestre


que lle ensinou grego, lingua que debeu esquecer axiña.
Tiña un irmán político que fora deportado e Paulo Diácono abandona o
seu mosteiro para ir á corte franca pedir o perdón polo seu irmán en 782 (o mesmo
ano no que chega Alcuino á corte de Carlomagno). Alí é moi ben recibido e o rei
pretende que forme parte do seu círculo de sabios, pero Paulo Diácono axiña volve
ao mosteiro de Montecassino (no 787), á vida retirada que el prefería.

2.3.2. Obra

 OBRA FILOLÓXICA

1) Gramática:
■ Motivación: xorde do ensino do latín e está destinada á escola.
■ Fontes: compilación doutras gramáticas, en especial da de Donato.

2) Resumo do dicionario de Festo:


■ Contido: é o resumo dun dicionario elaborado por Pompeius Festus, que á
súa vez era o resumo de De verborum significatu de Marcus Verrius Flacus.
Esta reelaboración e corrección fai que só se conserve arredor do 50% do
vocabulario de Festo.

 OBRA HISTORIOGRÁFICA

1) Historia romana:
■ Contido: historia de Roma ata a época de Xustiniano (século VI)
■ Fontes: é unha adaptación de Eutropio (século IV) que engade datos de
Xerónimo, Osorio, Xordanes e outros. Tamén colle datos do Liber
pontificalis (lista de papas e bispos que se realizaba desde o século II).
■ Difusión: no ano 1000 sería reelaborada por Londolfo, o Sabio, que amplía a
historia ata o século IX.

3
Sería interesante poder demostrar que Paulino de Aquilea coñecía a obra de Tibulo xa que, malia estar
na Biblioteca Palatina, era un autor practicamente descoñecido na Alta Idade Media.

4 Literatura Latina Medieval


2007/2008
USC
3. A literatura na época do Renacemento Carolinxio

2) Gesta episcoporum mettensium / Libelos de origine episcoporum um


mettensium civitates:
■ Contido:
Introdución do Cristianismo na cidade de Metz da man de Clemente,
discípulo de San Pedro, e evolución dos bispos da cidade ata Anxilram
(que o animara a escribir a obra).
Cóntase tamén con certo detalle a historia do bispo Arnulfo, xa que era co-
fundador da dinastía carolinxia, e do seu fillo, Ansexis, cuxo nome e
interpretado como Anquises (orixe troiana da dinastía franca). É dicir, a
partir da historia dos bispos da cidade faise unha historia da dinastía
carolinxia.
■ Fontes: poema anónimo sobre os bispos de Metz; Liber pontificalis.

É dicir, estamos perante un tema que fora tratado en verso nun poema
anónimo, e que Paulo Diácono trata en prosa e verso. Isto deberíase á importancia que
se lle concede á cidade por ser cristianizada por un discípulo de San Pedro.

3) Vida de Gregorio Magno:


■ Contido: vida de Gregorio Magno que pretende ser unha biografía, pero está
moi preto da haxiografía.
■ Fontes: vida anónima anglosaxona, Beda (Historia ecclesiastica gentis
anglorum), cartas de Gregorio Magno.

4) Historia langobardorum:
■ Contido: historia dos lombardos desde a orixe do pobo ata á morte dun dos
seus reis no 744. Supón a continuación da Historia romana e a historiografía
critícalle a cronoloxía imprecisa e o feito de que parece incompleta porque:
falta a dedicatoria (frecuente neste tipo de obras);
remata 30 anos antes da caída do reino lombardo, o que pode deberse á
avanzada idade do autor ou a que non o quería contar.
■ Estrutura en 6 libros.
■ Estilo: intenta manter a atención do lector situando os acontecementos
importantes ao comezo ou final dos libros (igual ca Beda), pero non sempre o
consegue. Ademais, moitos dos episodios son presentados de xeito inconexo.
■ Fontes: historia anónima do pobo lombardo (século VII), historia de
Secundus de Trento, Gregorio de Tours, Beda, Liber Pontificalis,
Casiodoro...
■ Difusión: ten moito éxito xa que circula nuns 200 manuscritos nos séculos XI
e XII e son numerosas as súas edicións cando aparece a imprenta (4 edicións
no século XVI), así coma as traducións (ao italiano e ao francés). Crese que
este éxito se debe ao gusto do autor por incluír anécdotas.

5) Homiliario / Homiliario Carolinxio:


■ Contido: colección de homilías feita a petición de Carlomagno. É pouco
orixinal.
■ Fontes: os Pais da Igrexa ata Beda.
■ Estrutura en dúas partes: as homilías do inverno e as do verán.
5 Literatura Latina Medieval
2007/2008
USC
3. A literatura na época do Renacemento Carolinxio

■ Difusión: foi moi usada, mesmo ata a actualidade.


 POESÍA

É autor duns 30 poemas, moitos deles epitafios ou inscricións. Os


primeiros son máis libres, pero segundo vai avanzando o tempo vólvese máis fiel ás
regras da métrica (en especial desde que está na corte de Carlomagno).
1) Composición que gaba o lago de Como: debeu ser unha das súas primeiras
composicións, escrita cando aínda estaba en Italia. Describe un lago que segundo
el é moi belo, mais que ten o defecto de que Xesús non camiñou por riba das súas
augas.
2) Composición que gaba a Bieito de Nusia, na que se contan a súa vida e
milagres (é un tema que tamén trata Gregorio Magno nos seus Diálogos).
3) Composición sobre os milagres de San Bieito, que trata a mesma figura cá
obra anterior, pero só se centra nos milagres.
4) Verba tui famuli, rex summe, adtende serenus:
■ Contido: obra escrita para pedir o perdón para o seu irmán, que estaba preso
por motivos políticos, e coa que consigue o seu obxectivo. Cóntase como a
muller do seu irmán se vía obrigada a mendigar para poder manter os seus
fillos. Considérase que é a obra que mellor reflicte a desgraza humana neste
momento.
■ Estilo: predomina o léxico relacionado coa tristura (pranto, mísero,
pesadume, loito, dores...)

2.4.Alcuino (735 – 804)


2.4.1. Vida

É o persoeiro máis importante desde Beda e, ademais, continúa e


desenvolve a obra del. É coñecido tamén como Alcuinus (latín), Alchuine
(anglosaxón), Albinus (autodenominación) ou Flaccus (nome que adopta na corte de
Carlomagno).

Educárase en York, onde fora mestre e bibliotecario. No 781 realiza


unha viaxe a Roma e, polo camiño, atopa a Carlomagno, que o convida a formar parte
da súa corte. Así, en 782 chega á corte franca cos seus seguidores e alí ficaría ata o
801, cando Carlomagno o envía como abade a San Martiño de Tours (antes non
ocupara ningún posto de responsabilidade na Igrexa). Foi o máis íntimo conselleiro
do rei e o director da Escola Palatina, á que non só acoden os fillos do rei, senón
tamén o mesmo Carlomagno (segundo Hexinaldo, o biógrafo de Carlomagno).

2.4.2. Obra
 PRIMEIRAS COMPOSICIÓNS

1) De sanctis euboricensis ecclesiae:


■ Contido: invocación a Cristo e historia de York desde a súa fundación ata o
seu tempo. A parte máis importante é na que se conta a historia dos reis de
Nortumbria e dos bispos de York.
6 Literatura Latina Medieval
2007/2008
USC
3. A literatura na época do Renacemento Carolinxio

■ Fontes: a súa principal fonte é a Historia ecclesiastica gentis anglorum e a


Vita Cutberti de Beda, aínda que difire desta obra nalgúns aspectos:
o espazo xeográfico que abrangue é máis limitado;
introduce un elemento haxiográfico que non está presente na obra de Beda;
■ Estilo moi vivo, malia conter algunhas pasaxes algo longas de máis. Tamén
destaca o feito de empregar o molde da epopea para unha historia da Igrexa,
un feito orixinal.
■ É considerada a fonte máis importante para o coñecemento da cultura en
York no século VIII, xa que cita as obras que había alí (esta é a pasaxe máis
valorada pola crítica actual).

 ESCRITOS DIDÁCTICOS

Son escritos relacionados co trivium (gramática, retórica e dialéctica):


1) Disputatio de vera philosolhia:
■ Contido: introdución para o estudo en xeral. Así, supón unha base teórica
para a organización do ensino no reino franco.
■ Forma: diálogo entre uns alumnos e o seu mestre sobre temas básicos do
estudo e da ciencia.
■ Fontes: é o primeiro medieval que se interesa moito pola obra de Boecio.

2) Gramática / Dialogus franconis et saxonis / Franco et saxo:


■ Contido: gramática latina.
■ Forma: diálogo entre un rapaz saxón e un franco sobre as principais regras
da gramática, sendo o saxón o que dirixe a conversa. É unha presentación
amena do tema moi habitual nas obras de Alcuino e que xa se dera en
gramáticas da Antigüidade.
■ Fontes: Pristiano, Donato, outros coma Beda ou mesmo Isidoro de Sevilla.
■ Difusión: é unha obra que se volve o modelo de gramática para as escolas do
momento.

3) De ortographia:
■ Contido: tratado no que se explican diferenzas ortográficas entre palabras
que poderían resultar difíciles, así coma as diferenzas entre os sinónimos.
■ Forma: é un dos poucos casos na obra de Alcuino nos que non se usa o
diálogo, xa que esta obra é unha listaxe de palabras por orde alfabética
seguidas da explicación da súa dificultade ortográfica.
■ Fontes: lembra ás obras de Isidoro de Sevilla.

4) Dialogus de rhetorica et virtutibus / De rhetorica:


■ Contido: tratado no que se busca amosar como se aprende a retórica, máis ou
menos a xeito de programa docente. É pouco orixinal, pero é importante
porque lle transmite á Idade Media de xeito atractivo e eficaz moitas ideas da
Antigüidade.
■ Forma: diálogo sobre retórica e virtudes entre Carlomagno e Alcuino, no que
o rei aparece como aprendiz.
■ Estrutura (que xa se daba en obras da Antigüidade):
7 Literatura Latina Medieval
2007/2008
USC
3. A literatura na época do Renacemento Carolinxio

Primeira parte: tratado de retórica.


Segunda parte: tratado sobre as virtudes desde o punto de vista cristián, o
que se opón ás obras deste tipo escritas na Antigüidade Clásica.
■ Fontes: De inventione de Cicerón e outros tratados de retórica da
Antigüidade.

5) De dialectica:
■ Contido: definición de conceptos.
■ Forma: diálogo entre Carlomagno e Alcuino.
■ Fontes: Boecio e Etimoloxías de San Isidoro.

 ESCRITOS TEOLÓXICOS > OBRA EXEXÉTICA

A obra exexética de Alcuino é considerada por boa parte da crítica da máis


importante do autor, mesmo a máis importante para algúns. Comenta libros da Biblia
seguindo a doutrina da Igrexa, polo que moitas veces só fai compilacións doutros
autores.

1) Interrogationes et responsiones in Genesis: obre dedicada a un dos seus


primeiros discípulos na que se expoñen 280 preguntas do discípulo e a
contestación de Alcuino.
2) Exposición sobre algúns Salmos.
3) Exposición sobre o Cantar dos cantares.
4) Liber generationis Iesu Christi:
■ Contido: nomes dos antepasados de Xesús segundo o Evanxeo de Mateo. É
unha obra pouco orixinal, só é anovador o feito de que trate un tema tan
concreto.
■ Fontes: San Xerónimo (autor dunha obra na que se interpretan nomes
hebreos).
5) Expositio super Ioannem:
■ Contido: comentario sobre o Evanxeo de Xoán feito a petición de dúas
monxas da familia de Carlomagno, aínda que parece que xa debía ter a
intención de escribir a obra cando estaba en York. É unha compilación, de
feito, el mesmo di que só quere reunir as exéxeses máis importantes sobre este
texto.
■ Fontes: San Agostiño, Ambrosio, Gregorio Magno, Beda e outras que non
nomea explicitamente.
6) Comentario sobre algunhas epístolas de San Paulo: é un comentario ás
epístolas a Tito e Filemón que se basea en fragmentos de San Xerónimo.
7) Expositio in epistolam Pauli ad Hebraecos:
■ Contido: comentario sobre a epístola aos hebreos de San Paulo, considerada
importante porque é o primeiro comentario latino sobre este texto.
■ Estrutura en sete libros.
■ Fontes: son escasas, con todo podemos citar homilías en grego que foran
traducidas ao latín. É, polo tanto, unha obra máis orixinal cás anteriores.
8 Literatura Latina Medieval
2007/2008
USC
3. A literatura na época do Renacemento Carolinxio

De todos estes escritos os máis difundidos foron os comentarios aos


Salmos e o comentario ao Evanxeo de San Xoán, pero non chegan a ter a difusión
das obras exexéticas de Beda ou de Rábano Mauro, discípulo de Alcuino.

 ESCRITOS DOGMÁTICOS

1) Adversus Felicem Urgellitanum episcopum:


■ Contido: obra dirixida a Félix de Urxel (seguidor de Elipando) na que se citan
os argumentos adopcionistas defendidos polo destinatario e, seguidamente,
Alcuino refútaos. Así, Alcuino parte de que os adopcionistas interpretaron mal
a Biblia e intenta facérllelo ver, pero cando se decata que a interpretación
errónea é intencionada muda o seu ton e vólvese máis agresivo. É dicir, é unha
obra que sigue unha evolución inversa á habitual, xa que a parte máis intensa
está cara o final.
■ Fontes: Biblia e Pais da Igrexa.

2) Adversus Ellipandum Toletanum:


■ Contido: resposta ao adopcionismo de Elipando e tratado sobre a
Anunciación de Cristo e as súas dúas naturezas (divina e humana).
■ Estrutura en 4 libros:
Os dous primeiros están dirixidos a Elipando, unha resposta menos intensa
ca no caso de Félix xa que se cre que Alcuino consideraba que Félix, ao ser
un home de letras, aínda podía entrar en razón, pero no caso de Elipando
consideraba que isto era máis difícil.
Os dous últimos expoñen a natureza divina e humana de Cristo.
■ Fontes: tradición da Igrexa.
3) De fide sanctae et individuae Trinitatis:
■ Contido: tratado dogmático sobre a Trindade, a relación e as características
das tres persoas divinas. Está dedicado a Carlomagno. Faise alusión á caída
dos anxos, ao pecado orixinal, á Anunciación de Cristo, á redención... É a obra
dogmática máis importante porque é un intento de sistematizar a doutrina
nun momento no que só se compilaba.
■ Fontes: De Trinitate de San Agostiño e outros, coma Hilario de Poitiers
(séculos IV).
4) De ratione animae ad Eulaliam Virginem:
■ Contido: tratado sobre a alma dirixido a Eulalia, unha monxa da familia de
Carlomagno. Descríbese a orixe das características e propiedades da alma.
■ Fontes: tratado sobre a alma de San Agostiño, De vita contemplativa de
Xulián Pomerio (século V).
5) Liber de virtutibus et vitiis:
■ Contido: obra dirixida a un nobre laico. É unha especie de manual de como
levar unha vida cristiá e o mesmo autor di que pode servir para calquera
persoa, non só para o destinatario concreto.
■ Fontes: San Agostiño, Pais da Igrexa (dos que selecciona fragmentos).

9 Literatura Latina Medieval


2007/2008
USC
3. A literatura na época do Renacemento Carolinxio

 HAXIOGRAFÍA

1) Vidas reelaboradas: reescribe a Vita Sancti Pedasti de Xonás de Bobbio, outra


vida anónima e a Vida de San Martiño de Sulpicio Severo.
2) Vita Sancti Willibrurdi:
■ Contido: vida de Willibrurdi, máis orixinal cás anteriores.
■ Estrutura:
Vida en prosa, pensada para ser lida na liturxia o día da festa do santo.
Consta dunha introdución persoal seguida de tópicos haxiográficos (a nai
cando queda embarazada ten unha visión que lle anuncia que o seu fillo será
misioneiro; parte para a misión cando cumpre os 33 anos e con 12
discípulos)
Vida en verso, escrita en hexámetros. Non ten tantos tópicos
haxiográficos coma a anterior e comeza máis tarde (cando comeza a súa
misión).
■ Difusión: parece que tivo máis éxito a parte en prosa, que aparece soa en
moitos manuscritos.

 POEMAS BREVES

1) Características xerais:
a) É autor duns cen poemas, todos eles escritos na corte de Carlomagno.
b) Adoitan tratar asuntos cotiáns, polo que son interesantes para coñecer a
vida do momento.
c) Escribe diferentes tipos de poemas:
■ tituli ou inscricións de diferentes tipos (para Igrexas, altares, cemiterios,
lugares do mosteiro...);
■ epitafios;
■ poemas incluídos nos seus libros en prosa cando os envía a alguén;
■ enigmas, que xeralmente son máis ben descricións (envíalle un peite a
un amigo e escribe un poema no que se describe o obxecto);
■ partes en verso que pechan as epístolas dedicatorias das obras;
■ poemas máis persoais, dirixidos aos seus achegados: persoas con cargos
(abades, Paulino de Aquilea...), a membros da familia real, a amigos, a
discípulos máis novos dos que hoxe non sabemos nin o nome etc, pero
sobre todo, a Carlomagno, a quen lle di que o admira pero tamén lle
lembra as súas obrigas.
2) Exemplos:
a) Vesus de cuculo:
■ Contido: trata dun cuco que é collido por Baco, un paralelismo co
alumno que se afasta da vida académica polo viño.
■ Fontes: algúns estudos relaciónano coa égloga, mesmo hai quen o
considerar o poema pastoril máis importante entre Virxilio e Dante.
b) O mea cella:
■ Autoría: foi discutida ata hai pouco, pero na actualidade considérase
que é de Alcuino, en especial a partir do estudo de Godman.
■ Contido: alude á destrución da cela de Alcuino no mosteiro de York.
10 Literatura Latina Medieval
2007/2008
USC
3. A literatura na época do Renacemento Carolinxio

Malia a importante labor literaria de Alcuino, considérase que foi máis


importante o seu traballo como organizador da Escola Palatina.

2.5.José Scoto
É o discípulo máis antigo de Alcuino, ao que lle encarga que faga un
resumo do comentario de Xerónimo a Isaías. É tamén autor dalgúns poemas.

2.6.Teodulfo de Orléans (750/60 – 821)


2.6.1. Vida

Podería proceder da Península Ibérica e non se sabe porque chega á


Corte de Carlomagno, quen o nome a bispo de Orléans. Trala morte de Carlomagno é
condenado ao exilio en Angers, onde morrería. Ten moito mérito o seu labor como
bispo, xa que se preocupou polo culto, a disciplina do clero e intenta elevar o nivel
cultural da súa zona: crea escolas e mándalles aos cregos que lles aprendan a ler e
escribir gratis aos nenos que así o desexen.

2.6.2. Obra
 PROSA

1) É revisor do texto da Biblia, no que traballa durante toda a súa vida sen
chegar a obter un texto definitivo.
2) Participa no Libri Carolini, obra na que se expón a posición oficial da Igrexa
Franca respecto á querela das imaxes4.
3) De Spiritu Sancto: obra de carácter dogmático na que se trata a cuestión do
5
Filioque .
4) De ordine baptismi: obra de carácter dogmático sobre o bautismo.

 POESÍA

A súa obra poética é a máis importante desde o punto de vista literario:


■ É autor duns 80 poemas, algúns deles moi breves.
■ Domina ben a técnica.
■ Caracterízase pola espontaneidade e a intensidade.
■ Considérase que era un humanista, porque non rexeitaba os autores da
Antigüidade pagá. Así, nun dos seus poemas máis coñecidos, De libris quos
legere solebam, cita os Pais da Igrexa e autores pagáns coma Xuvenco,
4
Na historia da Igrexa chega un momento en que se prohiben as imaxes nas Igrexas, ata que no II
Concilio de Nicea (787) se adopta a postura de Juan Damasceno (séculos VII – VIII), partidario das
imaxes. Na primeira metade do século IX volve xurdir a polémica e a emperatriz Teodora de
Constantinopla reúne no 843 un sínodo a partir do cal se restaura definitivamente o culto ás imaxes.
Así, na actualidade aínda a Igrexa Ortodoxa aínda celebra esta data no primeiro domingo de coresma.
5
Ata o século V considerouse que o Espírito Santo descendía do Pai a través do Fillo, pero desde entón
comeza a defenderse a postura de que descendía do Pai e do Fillo (Filioque). Isto non foi aceptado pola
Igrexa oriental. O concepto de Filioque é introducido no 589 no II Concilio de Toledo, pero a Igrexa
oriental non o aceptaría ata o Concilio de Ferrara (1438 – 1439).

11 Literatura Latina Medieval


2007/2008
USC
3. A literatura na época do Renacemento Carolinxio

Virxilio, Naso (Ovidio), Pompeo, Donato... Segundo Godman esta listaxe de


autores clasifícase en varios grupos: Patrísticos, filósofos pagáns sen
especificar, poetas latinos cristiáns, gramáticos, Virxilio e Ovidio. Ao non
rexeitar as fontes pagás anuncia a postura que será predominante no século
XII: quitarlles o veo aos pagáns para chegar á súa auténtica verdade.

Algúns dos seus poemas son:

1) Poemas engadidos á revisión do texto da Biblia: hai un poema


introdutorio no que se dá o contido dos libros bíblicos e consellos para a
lectura da Biblia.
2) Poemas de asuntos teolóxicos: a Graza, Deus, Resurrección...
3) Poemas de asuntos frecuentes na poesía pagá: actitude dos amigos cando
un ten máis ca outro, diferenzas entre dicir e facer...
4) Versus contra iudices:
■ Contido: poema amplo (uns 1000 versos) contra os xuíces. É un tema
anovador dentro da literatura latina medieval e está moi achegado á sátira.
■ Fontes: Teodulfo era missus dominicus, un cargo creado por Carlomagno
para obter información do que acontecía no reino e do seu bo
funcionamento. Isto era desempeñado por un civil e un relixioso e de aquí
saca a información o autor sobre a actuación dos xuíces, de xeito que fai
unha especie de espello de xuíces.
5) Comparatio legis antiquae et modernae:
■ Contido: poema máis breve có anterior no que se comparan as leis da súa
época coa do Antigo Testamento, concluíndo que é máis humana a
segunda polas desproporcións dos castigos da primeira. Ademais, facíalle
ver a Carlomagno que o responsable disto era el.
6) Panexírico dirixido a Carlomagno.
7) Poemas dirixidos a Carlomagno nos que se describen obxectos (algunhas
están inspiradas nas Etimoloxías de Isidoro de Sevilla):
a) De septem liberalibus artibus in quadam pictura de pictis: descrición dun
cadro que hoxe non está identificado, nel preséntanse as sete artes liberais
e catro virtudes cos seus atributos.
b) Alia pictura in qua erat imago terrae in modum orbis comprehesa:
descrición dun cadro pintado nun prato no que hai unha muller rodeada de
animais, plantas, océanos e o vento é representado como unha cara coas
fazulas inchadas.
8) De suo exilio:
■ Motivación: poemas dirixidos ao seu alumno Modoin de Autum cando
estaba desterrado en Angers.
■ Contido: consta de catro partes:
o exilio do autor;
seca dun río;
loita de paxaros (interpretada coma unha loita entre cidadáns);
parte sen título.
12 Literatura Latina Medieval
2007/2008
USC
3. A literatura na época do Renacemento Carolinxio

9) Canto procesional do domingo de Ramos escrito no desterro. Segundo a


lenda, no domingo de Ramos do 816 o emperador pasa por diante da súa casa
e Teodulfo entoa este canto para obter o seu perdón, obxectivo que
conseguiría. En realidade, Teodulfo morreu en Angers e nunca conseguiu o
perdón do emperador.

2.7.Anxilberto
2.7.1. Vida
É dos primeiros autores de orixe franca que destaca dentro da Corte de
Carlomagno. Era discípulo de Paulino de Aquilea, de Pedro de Pisa e de Alcuino.
Era afeccionado ás representacións teatrais e tivo unha relación amorosa coa filla de
Carlomagno, consentida por este, froito da cal tivo dous fillos (un deles sería un
importante historiógrafo).
Tiña moitas calidades diplomáticas, polo que o rei enviouno a misións
diplomáticas en varias ocasións, mesmo perante o Papa. Posteriormente confiaríalle a
Abadía de Saint Riquier, converténdose así nun abade laico. Esfórzase moito na
xestión do mosteiro, de modo que reúne unha biblioteca moi importante (un 200
volumes). Ao final da súa vida volveríase máis devoto e morrería no 814, pouco
despois de Carlomagno.

2.7.2. Obra
 PROSA

É autor de estatutos para os monxes da súa abadía e tamén se conservan


listas dos gastos de construción do mosteiro.

 POESÍA

Coñecemos uns 24 poemas del, aínda que debeu escribir máis. É, en


xeral, unha poesía de corte (moitos panexíricos) que, nalgúns casos, lembra a
Virxilio.
1) Carmina mitto Petro duli docto magistro: poema dirixido a Pedro de Pisa.
2) Poema para saudar a Pippino cando volve dunha campaña militar.
3) Poema dirixido a Carlomagno no que lle chama amigo e protector de sabios
e poetas, e tamén da Igrexa. Algúns versos están construídos sobre as
bucólicas de Virxilio.

4) Karolus Magnus et Leo Papa / Epopea de Paderborn:


■ Autoría: foi atribuído a Anxilberto durante moito tempo, e tamén a
Exinaldo. Con todo, hoxe a maioría dos estudosos considérano anónimo.
■ Contido: poema épico de 537 versos que consta de:
Panexírico de Carlomagno, ao que se lle atribúen todas as calidades
positivas.

13 Literatura Latina Medieval


2007/2008
USC
3. A literatura na época do Renacemento Carolinxio

Descrición da actividade construtora en Aquisdran, onde se pretendía


facer unha nova Roma, que lembra á descrición da construción de
Cartago na Eneida.
Descrición dunha cacería de Carlomagno, considerada unha das
primeiras descricións de caza da literatura latina medieval.
Soño de Carlomagno no que ve como maltratan o Papa, polo que
envía unha embaixada de axuda e concerta unha cita con el. Cando a
embaixada chega xunto do Papa arrincáranlle os ollos e a lingua, pero
cúrase milagrosamente.
Carlomagno mantén unha reunión co Papa en Paderborn e descríbese
o recibimento de Carlomagno co exército e a retirada do Papa.
■ Crese que pode estar incompleto pola existencia doutro texto, o Hibernicus
Exul, autoría dun poeta irlandés descoñecido e que tamén trata sobre
Carlomagno. Así, hai quen considera que son obras diferentes, e quen
considera que son dúas partes da mesma obra:
Os que cren que forman parte da mesma obra achegan os seguintes
argumentos:
- os dous textos tratan acontecementos contemporáneos sen se
contradiciren;
- os dous adoptan a perspectiva dos francos;
- nos dous se aprecia o ton de panexírico;
- semellanzas de estilo.
Os que defenden que son textos diferentes din que no Hibernicus Exul
non se aprecian os discursos directos que hai Karolus Magnus et Leo
Papa, pero aceptan que poidan ser do mesmo autor.

No Hibernicus Exul é interesante un diálogo entre o poeta e a Musa


no que se trata o tema de para que lle serve a poesía a alguén coma Carlomagno,
que xa o ten todo. A resposta a isto é que a poesía dálle inmortalidade. Algúns
estudosos consideran que esta é a homenaxe á poesía máis importante da época
carolinxia.
5) Outros: inscricións, epitafios, oracións en verso...

É importante que se conserven, xa que en moitos manuscritos un


descoñecido riscou o nome de Anxilberto e puxo o seu por riba.
2.8.Dugal de Saint-Denis
1) Cartas que o relacionan coa Corte de Carlomagno, entre as que destacan:
a) Carta na que felicita unha filla do rei por decidir ser monxa.
b) Carta a Carlomagno na que lle explica un eclipse de sol con información
tirada de Cicerón, aínda que se esforza en que sexa unha obra persoal.
2) Poemas de pouca importancia.
3) Responsa contra perversas Claudii Taurinensis episcopi sententias:
■ Autoría: é discutida, pero é moi probable que sexa de Dugal de Saint-
Denis.

14 Literatura Latina Medieval


2007/2008
USC
3. A literatura na época do Renacemento Carolinxio

■ Contido: é unha resposta ás teorías de Claudio de Turín, contrario á


veneración das imaxes que se defendía nos Libri Carolini. Nesta resposta
o autor argumenta que:
existe unha distinción entre adoración (só a Deus) e veneración (aos
santos);
desde sempre se veneraron os santos, para o que recorre aos Pais da
Igrexa.
■ Fontes: primeiros autores cristiáns; cita a Paulino de Nola, Prudencio,
Sedulio e Venancio Fortunato. Menciona algúns textos que non chegaron
ata nós.

2.9.Dicuil
Dicuil é un irlandés que chega á Corte Franca a finais do século VIII
(morrería no 825) e destaca polo seu interese polas ciencias da natureza. Da súa obra
podemos sinalar:
1) Tratado de astronomía dedicado a Luís o Piadoso:
■ Contido: é bastante desordenado, afástase continuamente do tema e
mesmo inclúe fragmentos en verso. Con todo, é importante para saber o
grao de coñecemento científico do momento.
■ Fontes: non as menciona.
■ Difusión: ten pouco éxito xa que só se conserva un manuscrito do século
IX.
2) Liber de mensura orbis terrae:
■ Contido: manual de xeografía baseado só en fontes literarias, algo
habitual nos manuais de ciencias da Alta Idade Media.
■ Fontes: Mesuratio orbis terrae, obra encargada por Teodosio II e baseado
noutro da época de Augusto; Historia natural de Plinio, seguramente a
través do resumo de Solino (século III). É un autor crítico, que contrapón
as súas fontes e mesmo dá a súa opinión.

2.10.Modoin de Autum
É probable que sexa do sur de Francia e adopta o sobrenome de Naso na
Corte Carolinxia. No 815 foi nomeado bispo de Autum por Luís o Piadoso e morrería
a mediados do século IX.
1) Égloga:
■ Contido: é o poema máis coñecido dos que compón na Corte de
Carlomagno, e consta de:
Prólogo dedicado a Carlomagno.
Primeira parte: égloga de 95 versos na que hai un diálogo entre un
puer e un senex, acudindo a poetas da Antigüidade que gabaron so
césares e a outros da Corte Carolinxia (Homero, Flacus, Píndaro –
Teodulfo – Nardulos – Exinaldo – )
Segunda parte de 120 versos na que se describe de xeito bucólico a
vida do campo no verán. Apréciase tamén a tendencia xeral entre os
autores da Corte Carolinxia a gabar o emperador.
15 Literatura Latina Medieval
2007/2008
USC
3. A literatura na época do Renacemento Carolinxio

Epílogo dedicado a Carlomagno.


■ Fontes: ten ecos de Virxilio, pero sigue sobre todo a Calcunio Sículo
(autor da época de Nerón).

2) Rescriptum ad Teodulphum episcopum:


■ Motivación: resposta á carta que o seu mestre Teodulfo lle escribira desde
o seu exilio en Angers pedíndolle axuda para conseguir o perdón.
■ Contido: Modoin escúsase por tardar en contestar e despois lémbralle que
tamén moitos homes ilustres sufriron destinos desgraciados (Ovidio,
Boecio, Séneca, o Apóstolo San Xoán...). Finalmente, recoméndalle que se
recoñeza culpable para conseguir así o perdón.

2.11.Planctus de obitu Karoli


■ Autoría: poema anónimo que debeu ser escrito por un monxe no 814.
■ Contido: é un testemuño moi valorado da impresión que causou no
momento a morte de Carlomagno. Preséntase o rei como un grande
conquistador e como defensor dos débiles.
■ Fontes: o seu comezo (desde o nacemento do Sol ata Occidente) lembra o
dun himno a Cristo de Sedulio.
■ Difusión: considérase un texto precursor do planch provenzal polo seu
contido e tamén porque ten refrán.

Trala morte de Carlomagno, no 814, a Corte deixaría de ser un centro


cultural, de xeito que serían as escolas dos grandes mosteiros os que desempeñarían
este papel.

2.12.Exinardo (770 – 840)


Exinardo está relacionado con Carlomagno e co mosteiro de Fulda. Vive
durante a época de Carlomagno e tamén durante a de Luís o Piadoso. A súa educación
levárase a cabo no mosteiro de Fulda e na Corte Carolinxia, con Alcuino, onde levaba
o nome de Nardulus (diminutivo de Exinardo, porque era baixo). Posteriormente
renunciaría á vida na Corte e tamén á vida conxugal, retirándose a un mosteiro.

Non se conservan as obras e poemas que escribiu en vida de Carlomagno,


pero si outras:
1) Vita Kaloli Magni:
■ Contido:
é a súa obra máis coñecida e a máis importante e, como indica o
título, trata a vida de Carlomagno. É curioso que, sendo unha vida,
non sexa dun santo (como era frecuente entón).
Os acontecementos pouco decorosos son difuminados ou
escusados.
Faise referencia á cultura do rei, do que se di que é inculto pero con
ganas de aprender (linguas, retórica, astronomía). Neste senso, dá

16 Literatura Latina Medieval


2007/2008
USC
3. A literatura na época do Renacemento Carolinxio

unha imaxe menos mitificada de Carlomagno do que obras


posteriores.
■ Fontes:
Experiencia propia.
Anais do Reino Franco, que deberon ser a súa principal fonte de
información, en especial para a política exterior.
Historia dos bispos de Metz, de Paulo Diácono.
Vida dos doce césares de Suetonio (que debeu ler no mosteiro de
Fulda), obra que sigue moi fielmente en canto á estrutura:
Estrutura das Vidas dos doce césares de Suetonio:
1. Familia do personaxe
2. Nacemento, primeiros anos e adolescencia.
3. Vida oficial.
4. Vida militar e política exterior.
5. Obras públicas realizadas.
6. Vida familiar.
7. Retrato físico (forma de vestir, gustos culinarios...)
8. Cultura.
9. Crenzas e relixión.
10. Presaxios de morte.
11. Morte, funerais e testamento.

■ Estrutura: no capítulo 4 Exinardo define a estrutura da súa obra, que sigue


tan fielmente a Suetonio que mesmo se chegou a dicir que era coma o 13º
libro da Vida dos césares.
■ Difusión: ten moito éxito e inflúe na evolución da biografía como xénero.
É traducido ao alto-medio alemán.
2) Translatio sanctorum martyruum Marcellini et Petri:
■ Contido: translación dos restos de Marcelino e Pedro, dous mártires da
época de Dioclesiano que son levados ao mosteiro ao que se retirara
Exinardo. O xénero das translacións estaría en boga a partir do século IX.
■ Lingua sinxela e popular.
3) Passio Christi, martyruum Marcellini et Petri:
■ Autoría dubidosa.
■ Contido: obra en verso na que se conta a paixón dos dous mártires
anteriores de xeito moi natural. Insírese na liña das adaptacións
haxiográficas da Época Carolinxia.
■ Fontes: unha paixón dos séculos V – VI, con elementos de lenda.
4) Quaestio de adoranda Cruce:
■ Contido: tratado en forma de carta ao seu amigo Lupo no que trata o
asunto de se se pode ou non adorar a Cruz. Isto é, en realidade, unha
desculpa para explicar cal é o mellor xeito de orar. É un tipo de obra rara
na Época Carolinxia, xa que ten no título a palabra quaestio, que se aplica a
temas sen resposta na literatura anterior.
■ Fontes: case non recorre ás autoridades, senón que fai unha exposición
sabia (mediante a reflexión e a argumentación) sobre o tema, malia que se
apoia en citas bíblicas.
5) Cartas: é autor dunhas 60 cartas moi breves, entre as que podemos atopar:

17 Literatura Latina Medieval


2007/2008
USC
3. A literatura na época do Renacemento Carolinxio

a) Cartas que amosan a súa relación con personaxes importantes do


momento.
b) Cartas que conteñen información sobre el mesmo, coma que era de
constitución débil.
c) Carta destinada a Lupo para contarlle a morte da súa propia esposa.

2.13.Eixil (... - 822)


Edúcase no Mosteiro de Fulda, do que chegará a ser abade.
1) Vita Sturmi:
■ Motivación: obra escrita para a lectura dos monxes mentres comían.
■ Contido: vida de Esturno, que fora abade do Mosteiro de Fulda durante
vinte anos e mentres Eixil estaba alí.
■ Fontes: tradición do Mosteiro de Fulda e contacto directo con Esturno.
■ Estilo haxiográfico, evitando a abundancia de milagres e cinguíndose
máis aos feitos.
■ Estrutura en dúas partes:
Primeira parte: cóntase que Esturno era un eremita que vivía con dous
compañeiros máis preto de Fulda e recibe a orde de buscar un lugar para
fundar un mosteiro. Nesta parte o autor amósase como un hábil
narrador.
Segunda parte: datos sobre o Mosteiro de Fulda, máis interesantes
desde o punto de vista historiográfico.

2.14.Rabano Maauro (780 – 856)


2.14.1.Vida
É enviado de neno ao Mosteiro de Fulda, onde se educa. Posteriormente
vai para Tours estudar con Alcuino, con quen chega a estar moi unido e que é quen lle
pon o sobrenome de Maurus (o mesmo có do discípulo máis apreciado por San
Bieito). É moi importante a influencia de Alcuino na súa vida e na súa obra.
Máis tarde volve a Fulda, onde é o encargado do ensino, pero axiña sofre
os ataques do abade Ratgar, quen mesmo lle quita os seus libros. A súa situación
mellora cando Ratgar é destituído e Eixil se converte no novo abade. Á morte de Eixil
Rabano Mauro será abade de Fulda e con el comezará un importante período de
esplendor neste mosteiro no que se refire á escritura e copia de libros, constituíndose
unha importante biblioteca e un centro de ensino que farían do Mosteiro de Fulda o
máis importante da súa zona desde o punto de vista cultural.

Rabano Mauro é alleo a todas as intrigas políticas do seu tempo e


considérase o teólogo máis importante do momento, pero non un pensador orixinal.
Moitas das súas obras teñen intención didáctica e están destinadas á práctica.
Ademais, consérvase case toda a súa obra.

2.14.2.Obra

18 Literatura Latina Medieval


2007/2008
USC
3. A literatura na época do Renacemento Carolinxio

 PRIMEIRAS OBRAS

1) De laudibus sanctae crucis / In honorem sanctae crucis:


■ Contido: libro sobre a Cruz.
■ Forma: consta de dous libros e no primeiro deles aparecen poemas
figurados que superan en complexidade os que se fixeran ata entón, razón
pola que o autor inclúe unha paráfrase en prosa do seu contido. Así,
podemos atopar poemas coa forma da Cruz de Cristo, de anxos ou del
mesmo.
■ Fonte: é probable que coñecese un poema de Venancio Fortunato sobre a
Cruz de Cristo.

 OBRAS DESTINADAS Á FORMACIÓN DOS SACERDOTES

2) De institutione clericorum:
■ Motivación: xorde das cuestións que os monxes lle fixeran sobre temas
eclesiásticos, de xeito que é unha compilación das mesmas.
■ Contido:
Libro I:
- graos da xerarquía eclesiástica;
- bautismo e outros sacramentos;
- rito da misa;
- vestimenta litúrxica.
Libro II:
■ horas canónicas;
■ xaxún e días do xaxún;
■ cantos da Igrexa;
■ festas;
■ lectura das escrituras;
■ herexías.
Libro III: formación do clero para que poida comprender as
Escrituras, de xeito que os saberes profanos poidan ser usados para esta
finalidade.
■ Fontes: non é unha obra orixinal, como el mesmo di na dedicatoria xa que
non quere dicir nada que non estea baseado na autoridade dos Pais da
Igrexa e outros escritores cristiáns. Así, cita a Ambrosio, Xerónimo,
Agostiño, Casiodoro ou Gregorio Magno, entre outros. Inclúe pasaxes deles
ao pé da letra, outras resumidos e tamén algunhas máis orixinais.
3) De sacris ordinibus:
■ Contido: tratado para axudar os sacerdotes máis novos no que se tratan os
temas do bautismo e a misa.
■ Fontes: é unha compilación na que mesmo usa a súa obra De institutione
clericorum, que xa era unha compilación.

4) De ecclesiastica disciplina:
■ Contido: tratado sobre a formación do clero.
■ Fontes: compilación na que usa, sobre todo, De institutione clericorum e a
Santo Agostiño.
19 Literatura Latina Medieval
2007/2008
USC
3. A literatura na época do Renacemento Carolinxio

 OBRAS DIDÁCTICAS

5) Liber de computo:
■ Fontes: compilación a base de Beda, Isidoro, Boecio e outros.
■ Forma de diálogo entre un mestre o seu alumno, polo que parece que hai
unha certa influencia de Alcuino.
6) Excerptio de arte grammatica Prisciani: preséntase coma un resumo da
gramática de Prisciano, pero tamén inclúe citas doutros autores coma
Diomedes, Isidoro ou Beda. Crese que puido escribir tamén un tratado de
gramática.
7) De rerum naturis / De universo:
■ Motivación: quere axudar a un amigo na tarefa pastoral, xa que no lugar
no que este desenvolve o seu traballo hai poucos libros.
■ Contido: é unha das grandes enciclopedias da Idade Media, ademais de ser
a única enciclopedia ilustrada deste período.
■ Fontes: Etimoloxías de Isidoro de Sevilla, aínda que non ten a finalidade de
dar a coñecer todo o saber, senón a de axudar ao seu amigo. Usa
fundamentalmente fontes literarias, polo que non describe o mundo da
Época Carolinxia, senón o das súas fontes
■ Estrutura: é partidario da explicación alegórica e sigue un sistema
inverso ao habitual, xa que vai do superior ao inferior: persoas divinas >
espíritos máis puros (anxos) > persoas importantes na historia da
salvación > persoas do Novo Testamento e mártires da Igrexa > fe >
herexías > libros da Biblia > bibliotecas e libros > temas máis triviais
(agricultura, guerra, traballo manual, alimentación, obxectos cotiáns...)
■ Difusión: non ten tanta difusión coma as Etimoloxías de Isidoro de
Sevilla.

 COMENTARIOS BÍBLICOS

Dedícalle un grande esforzo aos comentarios bíblicos, xa que explica


grande parte do Antigo e Novo Testamento, pero mediante a compilación e con
poucas ideas orixinais. Destacan:

8) Comentario ao Evanxeo de Mateo:


■ Motivación: obra realizada a petición dos monxes do seu mosteiro, que
consideraban que os comentarios existentes sobre o Evanxeo de Mateo eran
menos extensos cós dos outros evanxeos.
■ Contido: explicación en 8 libros do Evanxeo de Mateo.
■ Fontes: Pais da Igrexa, dos que copia extractos a partir dos cales compón
a obra e procura resumilos cando as pasaxes son extensas. Na marxe indica
a inicial dos autores dos que tira as pasaxes, e cando se trata de pasaxes
propias sinálao cun M. Estas iniciais non foron copiadas en moitos dos
manuscritos.
9) Comentario ao Pentateuco no que se centra en especial no libro da
Xénese. Compono a petición dun amigo que traballa nun sitio no que hai
poucos libros. É menos importante có anterior.
20 Literatura Latina Medieval
2007/2008
USC
3. A literatura na época do Renacemento Carolinxio

 OBRAS TEOLÓXICAS

10) De oblatione puerorum:


■ Motivación: obra escrita por causa de Godelesco, fillo dun nobre que fora
ofrecido polos pais ao mosteiro e que cando medra decide afastarse da
vida relixiosa.
■ Contido: Rabano Mauro sostén que o voto feito polos pais de Godelesco é
vinculante e que, ademais, entrar na vida relixiosa é unha honra.
■ Fontes: é unha obra orixinal, aínda que contén citas da Biblia e dos Pais da
Igrexa.

11) De videndo Deum, de puritate corpis, de modo penitentiae:


■ Contido: trátase a cuestión de se os homes ao ser beatos poderán ver a
Deus e conclúese que si, sempre que teñan pureza de corazón:
■ Estrutura en tres partes: visión de Deus, pureza do corazón e penitencia.

12) De anima:
■ Contido: tratado sobre a alma que inclúe un apéndice titulado De
procinctu romanae milita, unha reelaboración de De re militarii de Vexecio
que é o testemuño máis antigo do coñecemento de Vexecio na Idade Media.
Este apéndice é unha mostra da inxenuidade de Rabano Mauro, xa que lle
envía a obra ao rei nun momento no que estaba en guerra cos normandos e
pretende aconsellalo con fontes literarias do século V.
■ Fontes: sigue ao pé da letra o tratado sobre a alma de Casiodoro e ten
extractos de De vita contemplativa de Xulián Pomerio.

 HAXIOGRAFÍA

13) Vida de Santa María Magdalena, obra atribuída pero de autoría dubidosa.
14) Martiroloxio menos histórico có de Beda, considerado importante porque é
o primeiro que se escribe nesta zona oriental do Reino Franco e será o punto
de partida para outros martiroloxios.

 POESÍA

15) Poemas breves


■ Entre os que se encontran inscricións e títulos para igrexas ou altares,
versos de introdución para as súas obras...
■ Fontes: Alcuino, aínda que é menos espontáneo ca el agás no poema 20,
no que reclama que se lle devolvan os libros que lle quitara o abade do
Mosteiro de Fulda.

16) De fide catholica:


■ Motivación: crese que pode estar escrita para a educación elemental dos
alumnos do Mosteiro de Fulda.
■ Contido: percórrese a historia da salvación. Preséntase el mesmo como
pecador e narra os seus pecados concretos (e non os xerais, como era
habitual)
21 Literatura Latina Medieval
2007/2008
USC
3. A literatura na época do Renacemento Carolinxio

■ Fontes: o himno de Columbano Altus prosator que toma ao pé da letra,


amplifica ou corrixe o que considera erros gramaticais de Columbano. É o
testemuño máis antigo da influencia deste himno no continente. Tamén se
relaciona cos poemas que tratan o tema do fin dos tempos (dies irae).
■ Lingua: inclúe palabras gregas e raras, quizais por influencia do Altus
prosator.

17) Veni creator spiritus: himno para Pentecostes, aínda cantado na


actualidade.

2.15.Rodolfo de Fulda († 865)


1) Vita Leobae abbatissae:
■ Contido: vida de Leoba, unha monxa que viñera das Illas como misioneira
ao Continente e fora enterrada en Fulda, da que di que era santa. Relata
fielmente a súa xuventude e recorre a elementos estereotipados da
haxiografía, conseguindo un retrato moi expresivo dunha muller que
cualifica como nobre, amable e culta.
2) Miracula sanctorum in Fuldenses ecclesias translatorum / Vita
Rabani:
■ Contido: relatos de milagres de santos enterrados en Fulda, centrándose
tamén nas construcións e reliquias adquiridas por Rabano Mauro e
incluíndo un catálogo de obras del ata o 842, considerado a principal fonte
de información para coñecer as obras da autoría de Rabano Mauro.

2.16.Walafrido Estrabon (808/809 – 849)


Walafrido Estrabón pertencía a unha familia nobre e fora educado no
Mosteiro de Reichenau. Posteriormente foi enviado a Fulda para ampliar os seus
estudos con Rabano Mauro, mais non tivo unha boa relación con el e vai para a Corte
como instrutor do fillo de Luís O Piadoso. Volve a Reichenau, onde é nomeado abade,
e alí morrerá.

 PROSA

Atribuíuselle a Glosa ordinaria, un comentario a toda a Biblia composto


por glosas interlineais e marxinais baseadas na literatura exexética anterior. É unha
obra de varios autores, na que non se descarta que interviñera Walafrido Estrabon.
Resume o comentario de Rabano Mauro ao Pentateuco, pero as súas
principais obras son:
1) Comentario aos Salmos, practicamente un resumo dos de Agostiño e
Casiodoro.
2) Explicación do Evanxeo de San Lucas
3) Homilía sobre Mateo 1, 1 – 17, é dicir, sobre unha parte moi breve deste
Evanxeo.

 POESÍA

As principais características da súa poesía son:


22 Literatura Latina Medieval
2007/2008
USC
3. A literatura na época do Renacemento Carolinxio

a) É dos poetas máis hábiles da Época Carolinxia, ata o punto que Rabano
Mauro refírese a el coma un experto no metro, polo que non é de estrañar
que sexa autor dun poema didáctico no que explica as formas métricas.
b) Coñecía a literatura antiga e destaca o feito de que parece coñecer algo
máis ca resumos de Lucrecio, un autor pouco difundido na época. É notable
a influencia de Virxilio, Ovidio, Venancio Fortunato, Prudencio e
Boecio, aos que imita de xeito discreto, adaptándoos.

4) Visio Wettini:
■ Obra dirixida a Grimaldo, cunha dedicatoria en prosa e unha historia do
Mosteiro de Reichenau.
■ Contido: obra composta aos 18 anos na que describe a visión que Wettini,
un dos seus mestres, ten antes da súa morte. Nela aparecen uns diaños que o
queren capturar, pero son expulsados por un anxo que o leva ao outro
mundo, onde ve os tormentos dos castigados e tamén aos benaventurados.
Tamén ve a personaxes coñecidos na época, coma a Carlomagno, no
Purgatorio, ao que sitúa alí mediante versos acrósticos. Esta considérase a
parte máis interesante da obra. Posteriormente Wettini recibe instrucións
para os irmáns do mosteiro e a promesa de que se atopará en pouco tempo
entre os benaventurados.
■ Fontes:
■ Diálogos de Gregorio Magno.
■ Relato en prosa da visión de Wettini realizado por Heito, unha das
testemuñas da visión.
■ Difusión: é un importante modelo para a Divina comedia de Dante en
aspectos coma:
■ División entre Inferno, Purgatorio e Paraíso.
■ Correspondencia pecado – castigo.
■ Presenza no alén de personaxes públicas da época.
5) De vita et fine Mammae monachi:
■ Contido: vida dun santo que era venerado no oriente grego e que parece
que se consagrara aos 15 anos á vida solitaria, predicando para os animais
salvaxes. Fora perseguido por ser cristián e, finalmente, lapidado.
■ Antecedentes: versións da lenda en grego e latín.
■ Estrutura:
■ Poema que contrapón as historias verídicas dos santos coas fábulas dos
antigos.
■ Poema no que se pide apoio divino, ao xeito da invocación das musas na
poesía pagá.
■ 730 versos sobre a vida do santo.
6) De beati Blaithmaic vita et fine:
■ Contido: vida de Blaithmaic, un santo pouco coñecido de orixe irlandesa
que intentou revitalizar o Mosteiro de Iona e é atacado polos viquingos.
Así, morre asasinado xunto con outros monxes no 825.
■ Fontes: é posible que monxes itinerantes levasen a historia ao continente;
baséase tamén en Virxilio e nos primeiros poetas cristiáns.
23 Literatura Latina Medieval
2007/2008
USC
3. A literatura na época do Renacemento Carolinxio

7) Versus de imagine Tetrici:


■ Contido: poema de 268 versos que inclúe un diálogo entre o autor e
Scintila sobre a polémica de se se debía retirar unha estatua do emperador
Teodorico, que perseguira os cristiáns. O autor é partidario de retirala.
8) Liber de cultura hortorum / Hortulus:
■ Contido: obra que parece escribir cando é abade de Reichenau da que se di
que é a máis antiga descrición detallada dun xardín monástico na
literatura latina medieval. Inclúe:
■ Vida no campo;
■ Descrición das propiedades curativas das plantas + relación coa mitoloxía
+ simboloxía cristiá + beneficios para a saúde e uso medicinal.
■ Fontes: é un tema que xa se tratara na literatura latina clásica (Catulo, entre
outros). Tamén pode que se inspirase en Columela. En canto á lingua e ao
estilo, lembran aos de Virxilio e Ovidio.
■ Difusión: malia a súa calidade tivo pouco éxito e só será usado nunha obra
do século XI. Será máis difundido posteriormente, entre os humanistas.
9) Poemas breves: epitafios, inscricións...
10) Cartas – poema: é un xénero con moito éxito na Época Carolinxia e, en
xeral, en épocas de elevada cultura literaria.
■ Dirixidas a monxes, abades, bispos, membros da Corte, a outros
intelectuais (as máis interesantes).
■ Contido: temas cotiáns e queixa polo pouco valorado que é (parece que
os seus destinatarios non lle contestaban as cartas).

2.17.Godescalco (803 – 870)


Godescalco fora un ofrecido (puer oblatus) ao Mosteiro de Fulda, pero
non quería dedicarse á vida relixiosa para sempre (Rabano Mauro intenta convencelo
do contrario). Posteriormente iría para o Mosteiro de Reichenau e sería moi amigo de
Walafrido Estrabon, quen o chamou Fulxencio.
É un grande estudoso da obra de Santo Agostiño, un dos mellores
coñecedores dela na época. Interésase polo tema da predestinación, considerando que
cada persoa está xa predestinada á salvación ou ao castigo, unha postura que choca
coa doutrina oficial da Igrexa. Dedícase a predicar a súa postura, razón pola que é
condenado como herexe e pasa vinte anos pechado nun mosteiro, pero non muda de
opinión.

 PROSA

1) De praedestinatione: presenta unha sucesión de ideas dun xeito un tanto


incoherente.
2) De trinitate: coma no caso anterior, non é unha obra moi ben estruturada.
3) Quaestiones grammaticae:
24 Literatura Latina Medieval
2007/2008
USC
3. A literatura na época do Renacemento Carolinxio

■ Contido: obra de gramática na que inclúe exemplos do latín falado da


época, o aspecto considerado máis interesante. Con todo, tampouco é unha
obra ben estruturada.
■ Fontes: usa outros autores, pero non é un simple compilador xa que detecta
problemas de gramática e intenta explicalos.

 POESÍA

4) Himnos: destaca Ut quid iubes, pusile, considerado mesmo unha obra mestra.
A interpretación de diminutivos coma pusili ou filiole interpretouse como:
■ Indicio dalgunha relación pederástica;
■ Referencias ao neno Xesús;
■ Un canto á súa amizade con Walafrido Estrabón, do que se chegou a dicir
que é o canto á amizade máis belo da Idade Media.

2.18.Pascasio Radberto († ca. 865)


Foi deixado nun mosteiro e educado por unhas monxas. Chegaría a ser
abade dun mosteiro, pero renuncia. É un importante teólogo na súa época, experto nos
Pais da Igrexa, e que destaca pola súa actitude positiva cara a Antigüidade Clásica
(razón pola que é cualificado mesmo de humanista).
1) Comentario sobre Mateo:
■ Contido: comentario do Evanxeo de Mateu en 12 libros. Ao final inclúe
temas de actualidade coma a predestinación, o adopcionismo, a virxindade
de María, o culto ás imaxes...
■ Fontes: cita a Xerónimo, Ambrosio, Agostiño, Gregorio Magno ou Beda.
Tamén se refire á obra De inventione de Cicerón para explicar a súa
técnica: coller o mellor de cada autor exexético e xuntalo.
2) Explicación das Lamentacións de Xeremías: complementa un
comentario escaso que xa fixera Rabano Mauro.

 OBRAS DOGMÁTICAS

3) De corpore et sanguine Christi: disputa sobre a Eucaristía, que xa tratara


ao final da Explicación das Lamentacións de Xeremías.
4) Epistola ad Fredegarum: afirmación da identidade entre o corpo histórico e
o sacramental de Cristo, incidindo no tema da disputa sobre a Eucaristía.
Estas dúas obras serían usadas en discusións sobre o mesmo tema nos
séculos XI e XVI.

5) De fide, spe et charitate: exposición orixinal baseada en pasaxes bíblicas e


da literatura patrística (sen citas textuais).

 MARIOLOXÍA

6) De partu virginis: explícase que o sistema natural de nacer é unha


consecuencia do pecado orixinal, agás no caso de Xesús.
25 Literatura Latina Medieval
2007/2008
USC
3. A literatura na época do Renacemento Carolinxio

7) De nativitate Mariae:
■ Autoría dubidosa, foi tamén atribuída a San Xerónimo (circulou entre as
súas obras).
■ Contido: vida da Virxe (nacemento, infancia, xuventude, compromiso con
Xosé, acontecementos antes do nacemento de Xesús...)
■ Fontes: evanxeo do Pseudomateu.
■ Difusión: tivo moito éxito por dúas razóns.
Por ser atribuída a San Xerónimo.
Por estar incluída na Lenda dourada de Xacobe de Voráxine.
8) Cogitis me:
■ Autoría dubidosa.
■ Contido: tratado sobre a asunción de María, un tema de actualidade no
momento xa que no Reino Franco fora establecido como festivo o día da
asunción de María.
■ Difusión: circula entre as epístolas de San Xerónimo a Paula e Eustoquia.

 HAXIOGRAFÍA

9) Passio sanctorum Rufini et Valerii:


■ Contido: vida dos mártires Rufino e Valerio, que lle dan pé a elaborar unha
historia da persecución cristiá.
■ Fontes: vidas máis antigas e pasaxes bíblicas, das que tamén fai unha
exéxese.
10) Vita Adalhardi:
■ Contido: vida de Adalhardi, un dos seus superiores, que realiza case
inmediatamente despois da súa morte. Así, é unha obra pouco fantasiosa e
considerada unha importante fonte de información histórica porque se
basea no coñecemento propio do autor.
■ Estilo: non é unha narración de xeito cronolóxico, senón que escolle
momentos concretos da vida de Adalhardi. Así, por exemplo, conta que
tiña unha conversa persoal cada semana con cada un dos monxes do
mosteiro.
■ Estrutura:
Vida de Adalhardi.
Expresión da tristura pola morte de Adalhardi.
Comparación da dor que sente Orfeo pola perda de Eurídice coa que
sente el, aínda que el ten o consolo dunha vida futura que Orfeo, como
non cristián, non tiña.
Apéndice de 180 verso que el mesmo denomina égloga, quizais porque
usa nomes das églogas de Virxilio (identifica os mosteiro de Corvi e
Corvei cos nomes de Filis e Palatea respectivamente). En realidade é un
plantus que se relaciona cun costume que se dá entre os mosteiros
desde a época carolinxia e que consiste en notificar a tristura por unha
morte a outro mosteiro, no que se rezará polo defunto (fraternidades de
oración). Considérase tamén unha proba da súa admiración pola
literatura latina antiga.

26 Literatura Latina Medieval


2007/2008
USC
3. A literatura na época do Renacemento Carolinxio

11) Vita Wallae:


■ Contido: vida de Walla, que fora superior de Pascasio. Usa pseudónimos en
moitos casos por motivos políticos. Ademais, na segunda parte
perdónanselle a Walla os tres pecados dos que era acusado:
participar na política sendo monxe;
pretender que o emperador repudiase a muller polas relacións desta
cun nobre;
participar nos intentos de destitución do emperador.
■ Estrutura en dous libros e en forma di diálogo.
■ Fontes: relaciónase cos diálogos de Sulpicio Severo sobre San Martiño de
Tours e cos diálogos de Cicerón.

2.19.Axio (840 – ca. 874)


Pasa parte da súa vida en contacto con Hathuoda, a primeira abadesa do
Mosteiro de Gandersheim. E autor de sete poemas breves sobre o cómputo, pero da
súa obra destaca, sobre todo:
1) Vita Hathumodae:
■ Contido: vida da primeira abadesa de Gandersheim, filla dun nobre á que
coñecera en persoa. Céntrase nos seus detalles humanos (era moi estrita
consigo mesma pero moi suave coas monxas, nunca mandaba facer nada
que ela non dera feito antes, etc.) sen contar milagres.
2) Epicedium Hathumodae / Dialocus:
■ Contido: poema fúnebre dedicado a Hathuoda no que intenta consolar as
monxas do seu mosteiro, polo que pertence ao xénero das consolationes.
■ Forma de diálogo entre Axio e as monxas do mosteiro.
■ Fontes: o modelo non é Séneca, como era habitual, senón Boecio.

2.20.Poeta Saxón
Poeta descoñecido que parece ser anterior ao 891 e é autor de:
1) Gesta Caroli Magni metrica:
■ Contido: poema épico de 2700 versos sobre Carlomagno.
■ Estrutura en 5 libros:
Annales de gestis Caroli Magni imperatoris (4 primeiros libros):
fazañas de Carlomagno baseándose en fontes históricas.
De vita et obitu Caroli Magni (libro 5): vida e morte de Carlomagno,
adaptando a obra de Exinardo.
■ Fontes: Exinardo. É curioso que adapte unha historia profana ao verso, xa
que o normal eran as adaptacións de obras relixiosas (Biblia, textos
patrísticos).

2.21.Ermoldus Nigellus (830)


Sabemos pouco da súa vida, só que estivo vinculado á vida relixiosa, pero
non sabemos se foi monxe. Era moi amigo do fillo de Luís o Piadoso, quen temía que

27 Literatura Latina Medieval


2007/2008
USC
3. A literatura na época do Renacemento Carolinxio

influíse moito sobre el e envíao ao exilio a Estrasburgo, onde se sentiu moi


desgrazado.

1) In honorem Ludovici / Elegiacum carmen:


■ Contido: poema épico ou epopea panexírico – épica de 2649 versos,
composto para conseguir o perdón do emperador, que acadaría arredor do
830 (desde esa data non temos datos da súa vida). Así, conta en ton
panexírico as andanzas de Luís o Piadoso desde que é proclamado rei en
781. Destaca que no libro IV describe a súa vida en Estrasburgo para que o
emperador se apiade del e, ademais, describe un palacio e as imaxes da súa
igrexa que na actualidade non se sabe cal é.
■ Forma: dísticos elexíacos.
■ Fontes: é posible que usase annales non conservados; é coñecedor dos
poetas antigos e moi culto.
■ Difusión: é unha importante fonte histórica.
2) Dúas cartas poéticas ao fillo de Luís o Piadoso

2.22.Freculfo de Lisieux (primeira metade do IX)


Parece proceder do sur de Alemaña e ten unha completa formación, que
non sabemos onde adquire. Chega á Corte de Luís o Piadoso e é nomeado bispo de
Lisieux como moi tarde no 823.

1) Carta a Rabano Mauro: pídelle que faga un comentario sobre a Xénese para
o seu mosteiro, que Rabano Mauro fará.
2) Dedicación dun exemplar de Vexecio (Epitome rei militaris) a un dos
emperadores, que Rabano Mauro xa introducira no seu tratado sobre a alma.
3) Crónica universal:
■ Contido: exposición continuada da historia do mundo.
■ Estrutura en dúas partes:
Primeira parte (7 libros): desde a creación de Adán ata o emperador
Augusto. Ten un poema introdutorio en 20 hexámetros sobre o
contido da obra e no que lle pide a Deus que lle axude a compoñela.
Parece que o autor pensaba escribir só esta parte.
Segunda parte (5 libros): desde o nacemento de Cristo ata Gregorio
Magno. Dedícalla á emperatriz para a educación do futuro rei, polo
que é unha especie de speculum. Pretende así que o príncipe aprenda
a actitude de sapiens, que lle permita recoñecer o ben e levar a cabo
as súas accións conforme á orde divina, para o que pensa que a
Historia pode ser un bo modelo. Isto é unha idea nova, porque
normalmente este tipo de obras baséanse na haxiografía, non ha
historiografía.
■ Lingua moi correcta e con moita habilidade na exposición.

28 Literatura Latina Medieval


2007/2008
USC
3. A literatura na época do Renacemento Carolinxio

■ Fontes: compila moitos textos patrísticos e pagáns baseándose nunha


historia xeral e engadíndolle pasaxes de diferentes fontes que lle parecen
interesantes.

2.23.Nitardo (ca. 800 – 845)


Fillo de Anxilberto e Berta (filla de Carlomagno) que participa en asuntos
políticos e sae prexudicado. Así, retírase ao Mosteiro de Saint Riquier, onde chega a
ser abade laico coma o seu pai, pero morrería só catro anos despois de ser nomeado.

1) Historiarum libri III:


■ Contido: obra histórica sen título, porque pode que non estea rematada.
Abrangue os acontecementos da súa época.
■ Fontes: non é unha compilación coma a de Freculfo, xa que coñecía os
feitos que conta de primeira man.
■ Estrutura en catro libros:
Libro 1: referencia a Luís o Piadoso e os seus intentos de seguir o
modelo de Carlomagno.
Libro 2: loitas entre os posibles sucesores do emperador.
Libro 3: feitos ata o 842, entre os que destaca a alianza entre Luís o
Xermánico e Carlos o Calvo, que dá lugar aos Xuramentos de
Estrasburgo (documento que inclúe en francés antigo na obra).
Libro 4: decisión dos irmáns de compartir o Imperio. Abrangue ata o
843.
■ Difusión: é a fonte máis importante para o coñecemento deste período, xa
que fai unha valoración fiel dos acontecementos e mesmo confesa que ás
veces preferiría non contar certos feitos por seren pouco instrutivos, pero
faino por fidelidade á realidade. Con todo, ten pouca difusión na Idade
Media.

2.24.Xonás de Orléans († 843)

Da súa vida sabemos que viaxou ao norte da Península Ibérica de novo e


coñeceu os partidarios do Adopcionismo, dos que opina que son a reencarnación do
Anticristo.
1) Vita sancti Hucberti:
■ Contido: vida de Hucberto, un santo achegado no tempo (morrera no 727)
que lle é encargada para substituír outra máis antiga dun contemporáneo
do santo.
■ Fontes: vida de Hucberto elaborada por un contemporáneo seu, que é
adaptada (como era normal na Época Carolinxia). Deixa lagoas, que serían
completadas posteriormente (século XI).
2) De institutione laicali:

29 Literatura Latina Medieval


2007/2008
USC
3. A literatura na época do Renacemento Carolinxio

■ Contido: manual de moral para os laicos no que lles explica aos esposos a
actitude que teñen que manter para levar unha vida que lle agrade a Deus
(deberes relixiosos, da vida en común, respecto aos defuntos, morte,
virtudes e vicios...)
■ Fontes: o autor di na epístola dedicatoria que quere facer un traballo
baseado nas fórmulas usadas por Deus na Biblia e nas interpretacións dos
Pais da Igrexa. Ademais, tamén engade observacións propias, polo que
non é un mero compilador. Podería ser considerado coma un espello de
laicos.
3) De institutione regia:
■ Contido: espello de príncipes no que se explican as normas de conduta
para o rei / príncipe ideal. Exponse que o poder civil é inferior ao
eclesiástico, porque o sacerdote é o responsable ante Deus mesmo da persoa
do rei.
■ Fontes: Biblia, Patrística, Beda, Alcuino e tamén contén observacións
persoais, coma no caso anterior.
4) De cultu imaginum:
■ Contido: tratado sobre o asunto das imaxes, mostrándose favorable ao
culto das imaxes e refutando os argumentos de Claudio de Turín.
■ Fontes: obra de Claudio de Turín (que usa para refutar os seus
argumentos) e citas da Biblia e da Patrística, pero en menor medida ca nos
casos anteriores xa que esta é a súa obra máis persoal.

2.25.Dhuoda (primeira metade do século IX)


É importante por ser a única muller con actividade literaria na Época
Carolinxia. Con todo, sabemos pouco da súa vida, só que procedía dunha familia
nobre e casa en 824 cun conte que a abandonaría en pouco tempo levando o seu fillo.
Non se sabe o motivo deste abandono, pero 15 anos despois teñen outro fillo que el
leva tamén para educalo. É nese intervalo de 15 anos cando Dhuoda escribe a súa obra
máis coñecida:
1) Liber manualis:
■ Autoría: foi discutida polo simple feito de tratarse dunha muller.
■ Contido: manual cristián para o seu fillo no que expón, en 73 capítulos, os
principios morais e regras para unha vida cristiá.
■ Estrutura:
Poema introdutorio no que confesa a súa fe e pídelle protección a Deus
para o seu fillo Guillerme e para ela.
Desenvolvemento da obra:
- Trata temas coma a Trindade, a oración, os deberes de Guillerme
respecto aos demais (os superiores, inferiores e tamén respecto ao pai
e el mesmo), virtudes e vicios...
- Inclúe o seu propio epitafio, para que o fillo o grave na súa tumba.
- Destaca a tendencia a referirse a datas concretas, quizais porque
estaba soa e enferma e vía próxima a súa morte.
- Destacan dous poemas:
30 Literatura Latina Medieval
2007/2008
USC
3. A literatura na época do Renacemento Carolinxio

~ Poema no que anima a Guillerme a reflexionar sobre o que lle


ensina.
~ Poema no que recapitula sobre o exposto na obra.
- Inclúe poemas doutros autores.
- Ten moitos preámbulos, feito ao que se lle atribuíu o medo a
desenvolver a obra.
■ Lingua: latín semellante ao bíblico, mesmo expón dúbidas gramaticais.

2.26.Agobardo de Lyon (ca. 769 – 840)


Parece que naceu na Península Ibérica. Participou en actividades políticas,
polo que foi cesado do seu posto de bispo de Lyon, no que sería restituído.
Parece que foi unha persoa moi culta e as súas obras trataban temas de
actualidade:
1) Liber adversum dogma Felicis Urgellensis:
■ Contido: obra contra o adopcionismo da Península Ibérica baseada nun
libro de Félix de Urgel atopado trala súa porte, no que expoñía as súas
teorías adopcionistas.
■ Fontes: Patrística, en especial Santo Agostiño, e moitas outras para lograr
que o lector se convenza de que se basea na doutrina tradicional da Igrexa.
Con todo, tamén ten engadidos orixinais.
2) De picturis:
■ Contido: obra sobre a cuestión das imaxes (á que xa se referiran outros)
rexeitando o culto ás imaxes dos santos, xa que considera que só Deus
pode ser venerado.
■ Fontes: Santo Agostiño (A cidade de Deus), Gregorio Magno, Xerónimo,
Beda, Biblia... Xeralmente resume por anticipado as citas que despois
reproduce.
3) Liber contra obiectionem Fredegisi abbatis:
■ Contido: tratado en forma de carta contra as acusacións de Fredeguiso no
que introduce temas coma a humildade, a inspiración dos autores da
Biblia, a cuestión de se os santos do Antigo Testamento son cristiáns
(conclúe que si, porque a redención é eterna).
■ Lingua e estilo: ao non ser unha compilación permítenos observar mellor
como escribe Agobardo.
4) Contra Legem Gundobadi:
■ Contido: obra que critica unha lei, que databa de arredor do ano 500 e
aínda estaba vixente, segundo a cal os xuízos podían celebrarse sen probas,
só mediante un duelo entre acusador e acusado. Vai dirixida a Luís o
Piadoso, para que cambie a lei.
5) Liber de divinis sententiis:
■ Contido: é semellante á obra anterior, xa que trata a cuestión das ordalías
ou xuízos de Deus, que determinaban a culpabilidade ou inocencia dos
acusados mediante probas máxico – relixiosas.

31 Literatura Latina Medieval


2007/2008
USC
3. A literatura na época do Renacemento Carolinxio

■ Difusión: as súas propostas teñen pouco éxito no momento, xa que as


ordalías eran prácticas e defendíanas persoeiros importantes.
6) De grandine et tonitruis:
■ Contido: obra contra a superstición de que a sarabia e os tronos poden
ser provocados por vontade do home para prexudicar a outros.

7) De quorundam inlusione signorum:


■ Contido: carta a un bispo que lle preguntara cómo era posible que persoas
con eivas físicas que levaran diñeiro á Igrexa non conseguiran
solucionalas. Agobardo contéstalle que o importante non é o diñeiro, que
lle debe ser entregado directamente aos pobres, senón a vontade de Deus,
polo que o que hai que facer é rezar.
8) De insolentia Iudaeorum:
■ Contido: tema dos xudeus que tiñan escravos pagáns ao seu servizo que se
querían converter ao Cristianismo pero non lles deixaban os seus amos.
■ Fontes: compilación de diversas fontes.
9) De iudaicis superstitionibus:
■ Contido: insiste no mesmo tema cá obra anterior e expón a posibilidade de
que os escravos merquen a súa liberdade.
■ Fontes: compilación de diversas fontes.

32 Literatura Latina Medieval


2007/2008
USC

You might also like