Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 13

DA AUTOXESTIN S POLTICAS CULTURAIS.

A ARTE GALEGA NOS ANOS DA TRANSICIN


Data recepcin: 2010/05/19 Data aceptacin: 2010/06/08 Contacto autor: miguelanxo.rodriguez@usc.es

Miguel Anxo Rodrguez Gonzlez Universidade de Santiago de Compostela

RESUMO O perodo que vai desde os primeiros anos 70 ata 1984 supuxo para a arte galega unha fase intensa en experiencias autoxestionadas, onde os creadores montaron iniciativas expositivas e divulgativas que teran sido mis ben competencia das institucins. A amalgama estilstica e o traballo en precario e colectivo caracterizaron estas experiencias. Coa instauracin da Xunta de Galicia isto remata, botando a andar as polticas culturais en sentido moderno, con xestin a cargo de profesionais. A actual contraposicin entre promocin institucional e creacin crtica e implicada leva a revisar ese perodo de efervescencia, precariedade e moita ilusin que coincidu coa Transicin. Palabras clave: autoxestin, grupos e colectivos artsticos, Galicia, polticas culturais ABSTRACT The period between the death of General Francisco Franco (1975) and 1984 yielded many self-managed events in Galician art, with artists embarking on exhibition and dissemination initiatives that would ordinarily be the responsibility of public institutions. These events were characterised by an amalgam of styles and group projects undertaken in difficult working conditions. The creation of the Regional Government of Galicia brought an end to this situation, with the introduction of modern cultural policies managed by professionals. The current clash between institutional promotion and critical and committed creation leads us to look back at this period of intense creativity, precariousness and excitement, one that coincided with the transition to democracy. Keywords: self-management, artistic groups and collectives, Galicia, cultural policies

En novembro de 2002 o Museo de Arte Contempornea de Vigo (MARCO) abru as sas portas ao pblico cunha exposicin que revisaba un perodo de efervescencia cultural sen precedentes en Vigo e en Galicia, a primeira metade dos oitenta, coa exposicin Atlntica. Vigo. 1980-19861. Aqueles foran anos de precariedade e de ilusins, de esforzo compartido e iniciativas culturais amateurs e autoxestionadas, cando anda os museos non estaban, e a estrutura de apoio s artes era moi endeble. Pero o que puido ter sido unha festa, un emotivo reencontro dos protagonistas daqueles intensos anos de creatividade fresca e desinhibida, e de iniciativas artsticas ilusionantes, acabou motivando unha agria polmica que saltou aos medios de comunicacin e deu lugar a tensos debates entre

os artistas implicados. Celebrronse unhas xornadas para tentar reflexionar con serenidade sobre o ocorrido nos oitenta e sobre a polmica revisin, pero nestas os desencontros e reproches estiveron tan presentes como os recordos amables2. Os reproches dirixronse particularmente cara ao comisario da exposicin Xos Antn Castro e cara a un dos artistas que mis material documental aportou a esta Antn Patio que sera tamn ampliamente representado cos seus cadros. Acusbanos de rendabilizar os xitos do colectivo de artistas que protagonizaron o movemento Atlntica nos oitenta e de configurar unha historia moi personalista, cando aquela historia argumentaban os crticos a fixeran entre todos. Acusbase ao comisario de

QUINTANA N9 2010. ISSN 1579-7414. pp. 183-195

184 Miguel Anxo Rodrguez Gonzlez

Da autoxestin s polticas culturais. A arte galega nos anos da transicin

darlle moito mis protagonismo aos artistas que logo tiveron mis xito comercial e desprazar cara as marxes a outros. Alguns dos artistas asistentes s xornadas en concreto Ignacio Basallo e Antn Lamazares chegaron a indicar que, para ser fieis ao esprito de Atlntica, a exposicin do MARCO debera de ter sido organizada polo colectivo. A isto respostou Xos Antn Castro que iso tera sido tan absurdo como pedir a xogadores de fbol da seleccin que se seleccionasen a si mesmos3. A autoxestin, via a indicar Castro, non ten hoxe sentido neste mundo da arte actual tan profesionalizado. Fronte ao cal volvan a replicar os artistas: pero entn isto que est aqu montado xa non Atlntica, tan s a historia duns poucos membros relevantes dese movemento (Fig. 1). Tera sido hoxe posible algo como Atlntica? O esprito de iniciativas autoxestionadas difcilmente pode ser representado cunha exposicin das actualmente organizadas nos museos de arte contempornea. O que os mencionados debates estaban ofrecendo era non s a ilustracin de rivalidades persoais ou egos de artistas: tratbase da confrontacin entre das concepcins moi diferentes da idea de mundo da arte: unha baseada nas relacins persoais de artista, galerista e medios de comunicacin, e outra dependente do traballo de comisarios de exposicins e de xestores de centros; e Xos Antn Castro servu de bisagra entre eses dous mundos. Case todo estaba por facer Vigo e A Corua concentraron entre mediados dos setenta e principios dos oitenta as principais iniciativas de cooperacin entre artistas con vistas a aumentar a visibilidade da arte nova e a comunicacin coa sociedade4. De crer aos artistas que protagonizaron as exposicins da Praza da Princesa no Vigo dos anos setenta e Atlntica, a principios dos oitenta, en Galicia non exista nada parecido a unha poltica cultural, e o panorama era desolador a nivel institucional. Nisto coincidan tanto os mis novos como os artistas experimentados deses anos Antn Goyanes ou Manuel Moldes, por exemplo. As declaracins retrospectivas son do mis explcito: naquel tempo non haba nada (Francisco Leiro); naquel momento era mis difcil achegarse arte (Antn Patio); podemos dicir que

o tema era tan triste que Atlntica aparenta mis do que en realidade foi (nxel Huete)5. E cando os participantes nalgunha das mostras colectivas destes anos rememoran os traballos de organizacin e montaxe, atopamos unha realidade que hoxe sera moi difcil de entender, polo menos, se temos en conta que estamos a falar dos artistas mis prometedores do momento. Cando Leiro relata de xeito retrospectivo a organizacin da exposicin Vinte artistas xoves galegos, en Santiago de Compostela, no adaptado para a ocasin convento de San Domingos de Bonaval, o ano 1977, chama a atencin sobre a precariedade das condicins, que afectaban a transporte facanse cargo eles mesmos ou os familiares, montaxe e instalacins6. Na mesma entrevista, Leiro apunta contraposicin existente na dcada dos setenta entre a arte oficial7 e a dos mozos que se uniron para organizar Vinte artistas xoves galegos: a oficial era a representada nas Bienais de Pontevedra, nalgunhas galeras de arte e en salas pouco idneas como a do Hostal dos Reis Catlicos, en Santiago. situacin pdenselle engadir outras realidades locais, como as de Vigo, coa sala da Caixa de Aforros, ou Ourense, coa sala do Museo Arqueolxico. Pero en todo caso temos que falar de espazos institucionais ou galeras privadas pouco e mal acondicionadas para expoer8. Gabriel Plaza Molina, crtico de arte madrileo afincado en Galicia nos anos setenta, daba conta das carencias e falta de profesionalismo existente en galeras e salas de exposicin dese tempo. Cando analizaba a situacin na Corua indicaba que as galeras eran poucas, pequenas e estaban case mis movidas por un afn altrusta que polas leis do mercado9, e o Concello mantia unha actividade expositiva moi pouco rigorosa. Carencias institucionais que contrastaran na sa interpretacin cunha proliferacin de artistas interesantes, e de galeras de arte na cidade. No seu libro Arte en Galicia: la dcada del boom dedica louvanzas obra de varios artistas abstractos (Molezn, Labra, Caruncho...) que xa tian exposto en Madrid, e alude creacin de novas galeras de arte nas cidades de Galicia. O feito significativo, como significativa a asociacin entre arte abstracta, ou novas tendencias, e fortalecemento do mercado da arte. Nunha sociedade como a galega, cunha burgue-

QUINTANA N9 2010. ISSN 1579-7414. pp. 183-195

Da autoxestin s polticas culturais. A arte galega nos anos da transicin

185 Miguel Anxo Rodrguez Gonzlez

Fig. 1. Mesa de debate Xornadas Atlnticas. Museo de Arte Contempornea de Vigo (MARCO), 14 de marzo de 2003. De esquerda a dereita: Xos Antn Castro, Manuel R. Moldes e Ignacio Basallo. Fotografa de Rafael Estvez.

sa que tradicionalmente era escasa e feble, e pouco dada ao coleccionismo de obras de arte, esta proliferacin de galeras na dcada dos setenta representaba, o primeiro sntoma de modernizacin e homologacin coa situacin exterior10. Nos setenta e primeiros oitenta en Galicia, a precariedade estableceuse fronte a un panorama institucional raqutico no que cultura contempornea se refire. O que faltaba era esa infraestrutura de apoio e promocin que se desenvolvera a partir da instauracin do goberno autonmico. Se na actualidade percibimos unha loita pola independencia dos creadores fronte ao predominio das institucins e das industrias culturais, daquela, do que se trataba era de conquistar espazos de visibilidade e artellar un mundo da arte. Nestes anos nos que o debate terico da arte nos achega a nocins tales como traballo colectivo, resistencia (s institucins culturais) ou repolitizacin, achegndonos a algunhas das premisas de movementos de finais dos anos sesenta e dos setenta o modelo dos situacionistas sempre presente, mis necesario que nunca revisar os parmetros nos que se desenvolveu a accin cultural deses anos. A precariedade, que tanto est a ocupar as reflexins dos

produtores culturais de hoxenda, ten un vencello oculto coa vella precariedade desas dcadas: aflora, de novo, anda que hoxe contra o horizonte dunhas industrias e institucins culturais axigantadas, dunha escala que era difcil de imaxinar hai a penas trinta anos. A precariedade ten das caras: unha consciente, que nos indica un posicionamento resistente por parte de quen non quere ser integrado no sistema de producin cultural, e outra inconsciente, ou involuntaria, que alude asimilacin s novas dinmicas do capitalismo postfordista, na sa vertente cultural. Segundo Isabell Lorey, podemos estar a falar hoxenda da precariedade como modo asociado ao sistema de organizacin do traballo creativo, impulsado polo mesmo sistema neoliberal nos ltimos anos: desde os museos de arte contempornea s produtoras cinematogrficas, asistimos ao predominio dunha estrita divisin entre postos de administracin e xerencia estables, e traballo creativo precario. Esta inestabilidade aparece como submisa fronte aos ditados das institucins e industrias culturais11. A idea de grupo A capacidade organizativa e asociativa dos artistas destes anos ser algo salientable, e acadar unha intensidade que non se volver producir

QUINTANA N9 2010. ISSN 1579-7414. pp. 183-195

186 Miguel Anxo Rodrguez Gonzlez

Da autoxestin s polticas culturais. A arte galega nos anos da transicin

na nosa historia recente. Esta vontade de traballar xuntos fixo que as cuestins estticas pasasen en ocasins a un segundo plano con vistas normalizacin do mundo da arte: asumase que o prioritario era artellar canles de exhibicin da modernidade artstica, pero logo non se acabou de concretar en que consista esta, coexistindo modelos que an desde a neofiguracin ata a arte abstracta, e dentro desta, convivindo tendencias expresionistas con outras normativas, mis fras. Por outra banda, estas actitudes solidarias e voluntaristas eran tamn as propias dun tempo de cambio social e poltico de grande calado, co trnsito da Espaa franquista democrtica. Organizacins polticas ou sindicais antes perseguidas empezaban a sar luz e vanse unhas posibilidades inmensas para a renovacin cultural. A ilusin e a idea de compromiso van estar moi presentes nestes anos. Xavier Correa Corredoira, un dos artistas mis activos do foco corus, recordaba este momento desde a distancia: Este fin de franquismo foi unha poca onde verdadeiramente existan non s as posibilidades, senn a ilusin de que as cousas an cambiar, que estavamos todos cambiando un pouco a realidade social, e esta cambiou, pero non para onde queriamos. Motivada por ese espellismo de cmbio havia unha vibracin moi forte na nosa xeneracin. Houvo xente que se apontou poltica activa, que viveu intensamente a bohemia, o contracultural, o hipismo, as drogas, o rock and roll (sic)12. Na Corua houbo moito movemento asociativo desde os primeiros anos da dcada, con grupos como Sisga, A Carn, Gruporzn e A Galga, que tiveron polo xeral unha traxectoria breve, pero conseguiron crear un sentimento de comunidade entre os artistas novos (Fig. 2). Nestes colectivos xuntronse escritores, deseadores e artistas, cunha vontade comn de defensa das tendencias mis avanzadas da creacin, por unha banda, e por outra a mencionada de achegamento poboacin13. Sisga, un colectivo que naceu baixo o impulso de Fernando Garca Varela en 1973, posicionouse contra a mercantilizacin da arte e en defensa da recuperacin da

comunicacin social. A heteroxeneidade esttica no grupo (arte abstracta, neo-figuracin e Op art) ficaba nun segundo plano fronte vontade crtica no poltico, e divulgativa no cultural14. Con este nimo antimercantilista como bandeira acentuado cos anos, por certo, botaran a andar iniciativas en A Corua, Ferrol e Santiago que aunaban exposicins, conferencias e debates sobre a arte moderna, chegando a asumir as funcins dos museos de arte contempornea. Polos mesmos anos, no texto de presentacin do folleto da Exposicin de Pintura ao Aire Libre da Praza da Princesa (Vigo), de 1975, os artistas asinantes aludan directamente a este labor de reflexin e debate conxunto dos artistas para afrontar os problemas profesionais e a relacin destes coa sociedade. A linguaxe do texto moi da poca: ...decatmonos de que a relacin artepblico e arte-pobo cmpre revisalas. Ns, neste contacto directo co pblico, queremos comezar, se ben moi modestamente, esta autocrtica e esta revisin (sic)15. Revisando a historia de Sisga e o contexto creativo do momento, Xess Ron alude a unha contradicin ou febleza que levaban dentro de si os seus protagonistas: por unha banda presentbanse baixo un discurso marcadamente crtico e activista, pero por outra, nunca chegaron a ter unha conciencia poltica clara, unha participacin efectiva na loita poltica fra do mbito cultural, e os seus discursos movronse dentro dunha certa vaguedade. O artista progre e culto destes anos era visto como un seorito aos ollos da sociedade, mantido pola sa familia, sen oficio recoecido, creador en palabras de Ron dun universo paralelo de enorme potencial subversivo, pero que non tivo incidencia no plano poltico16. Algunhas das sas peculiaridades lvannos a pensar nunha lia de continuidade coa bohemia decimonnica, tal e como fora caracterizada, por exemplo, por Walter Benjamin: radicalidade cultural e compromiso poltico, vaguedade ideolxica, e as tabernas como mbito preferencial de socializacin17. As exposicins de Atlntica repetiron algunhas caractersticas das que se vian celebrando na viguesa Praza da Princesa desde 1968 e, de

QUINTANA N9 2010. ISSN 1579-7414. pp. 183-195

Da autoxestin s polticas culturais. A arte galega nos anos da transicin

187 Miguel Anxo Rodrguez Gonzlez

Fig. 2. Xavier Correa Corredoira ante a sa obra Lumeaugaterra. Atlntica, Baiona, 1980.

! Fig. 3. Antn Patio: Lixo urbano, leo sobre tea, 146 x 97 cm., 1976. Coleccin particular.

feito, artistas como nxel Huete, Silverio Rivas, Antn Goyanes ou Antn Patio estn presentes en mbalas das18. A capacidade de autoxestin era case absoluta, pois comprenda tdalas fases da realizacin, anda que no apartado econmico e na dispoibilidade de espazos tiveron que contar co apoio de institucins pblicas. ngel Ilarri e Romn Pereiro son pezas clave que fixeron de intermediarios entre artistas e institucins. En mbolos dous casos os artistas prepararon o proxecto, seleccionaron artistas, encargronse do transporte, do catlogo e da preparacin de actividades paralelas, como debates ou conferencias19. As institucins que se prestaron a colaborar nestas iniciativas colectivas, presentaban carencias evidentes pola pouca bagaxe, a falta de experiencia e cartos, e sobre todo pola falta de profesionais. O caso da primeira mostra de Atlntica foi sintomtico desta precariedade institucional: cando o coleccionista Romn Pereiro lle propuxo ao entn alcalde da

vila pontevedresa de Baiona a posibilidade de realizar unha exposicin de arte contempornea o rexedor contestou poendo un espazo sa disposicin, pero advertindo que non podera apoiar economicamente nin en concepto de persoal, polas carencias do concello. Estes eran tempos de arelas de modernidade e vez defensa da cultura tradicional galega, cando os artistas se agrupaban para discutir e soar novos modos de divulgacin da arte contempornea. As arelas de cambio poltico mesturbanse coas demandas dunha xestin mis democrtica das accins culturais, e proliferaban certames, concertos, revistas, grupos literarios e artsticos. Antn Reixa, membro fundador do colectivo literario Rompente, resuma o ambiente da modernidade urbana coas seguintes palabras: A socioloxa era que haba moita xente para todo. Os tericos trataban de explicar o funcionamento do mercado respecto

QUINTANA N9 2010. ISSN 1579-7414. pp. 183-195

188 Miguel Anxo Rodrguez Gonzlez

Da autoxestin s polticas culturais. A arte galega nos anos da transicin

creacin artstica e cultura de masas, o certo era que haba moita xente en todos os sitios: os concertos estaban cheos, as inauguracins das exposicins eran verdadeiros acontecementos, os polticos disputbanse a compaa dos artistas. Esa era a novidade sociolxica: era o momento da arte, da msica pop, da moda, da modernidade, e coincida cunha opinin pblica que faca resistencia do bo humor e da festa20. As colaboracins entre o pintor Antn Patio e o poeta Antn Reixa amosaban que compartan unha vontade comn de usar os cdigos habituais dos medios e a fala popular de xeito totalmente irreverente e provocador21. En As ladillas do travesti, libro de poemas de Antn Reixa con ilustracins de Patio, o tema do lixo urbano explotado ata a saciedade, cunha esttica da bricolaxe e superposicin desordeada de imaxes dos medios e manipulacins (ampliacins, aplicacin de cor) que distorsionan a sa lectura. O carcter urbano do libro era todo un xeito de posicionarse fronte tradicin literaria en galego, que habitualmente via explotando imaxes sentimentais da paisaxe natural ou rural22. E o lixo pareca ser un dos tpicos na pintura de Antn Patio nestes anos de definicin da esttica propia (Fig. 3). O lixo lvanos idea do descartado, ou expulsado pola sociedade, si, pero tamn de materiais de consumo masivo sometidos accin humana. Acaa ben coa vocacin de utilizacin das imaxes distorsionadas dos medios de masas, habitual na pintura de Patio deses anos. Haba semellanzas coa esttica do Pop Art, e moito traballo de experimentacin a partir de imaxes fotogrficas que levaba cara a configuracins abstractas. Estas experiencias compartidas hainas que relacionar coa cultura urbana que emerxa nas cidades europeas desde haba unha dcada, con novas formas que desafiaban os cdigos de comportamento socialmente establecidos. Estas formas de cultura xuvenil manifestbanse en estilos musicais e formas de vestir vistas en moitos casos como irreverentes. Movementos como o punk ou os rastas mereceron a atencin de investigadores relacionados cos Estudos Culturais, como Dick Hebdige, quen conceptualizou estas manifestacins estticas como subcultu-

ras23. Segundo este autor, a subcultura debe ser entendida como unha forma simblica de violacin da orde social que implica a adopcin de cdigos de comportamento e estilos no vestir moi diferenciados, elaborados a partir de materiais reutilizados de xeito atpico e provocador. A esttica do bricoleur urbano adivibase tanto na moda como noutras manifestacins culturais destes grupos; formas de bricolaxe irritantes, molestas24. As exposicins do colectivo Atlntica conectaron moi ben coas tendencias artsticas en boga na Europa do cambio de dcada, aglutinadas baixo o selo do neoexpresionismo, e coas novas formas de cultura popular asociadas a estas subculturas. Estas derivas nas formas de cultura popular pdense percibir en proxectos como o comic Esquizoide (Fig. 4) de Patio, caracterizado por un debuxo nervioso e a combinacin de formas recoecibles e trazos caticos. Os catalizadores Para que os desexos e inquedanzas dos artistas se puidesen materializar en forma de iniciativas culturais precisbase algo mis que esprito de camaradera. Neste caso debemos salientar o labor de certas persoas que conseguiron transcender os lmites do grupo local e conseguiron mobilizar as enerxas de artistas residentes noutras cidades e colaboradores de institucins pblicas. Certas persoas, ademais de aglutinar en torno a eles aos artistas, souberon prender a mecha das exposicins e dos catlogos, e conseguiron as mesmo os textos ou a participacin en debates de crticos, en ocasins vidos de fra de Galicia, como foi o caso de Antonio Bonet Correa. ngel Ilarri, conservador do Museo de Castrelos de Vigo, foi un dos impulsores das exposicins da Praza da Princesa, entre o 1968 e o 1976, unha vez que recibiu a proposta de parte dalgns artistas locais, a finais dos anos sesenta25. O seu entusiasmo e apoio incondicional, para que as pinturas e esculturas puidesen ocupar a cntrica praza viguesa, sern destacadas polos artistas participantes. A nmina de artistas chegou a ser do mis amplo, e adoleceu dunha definicin endeble, pero foi unha maneira de achegar a arte ra, aos cidadns. Estas exposicins enmrcanse no fenmeno que definir s primeiras fases das polticas culturais da Europa occidental, de democratizacin cultu-

QUINTANA N9 2010. ISSN 1579-7414. pp. 183-195

Da autoxestin s polticas culturais. A arte galega nos anos da transicin

189 Miguel Anxo Rodrguez Gonzlez

Fig. 4. Antn Patio: Esquizoide (portada do comic), Edicin do Colectivo da Imaxe, Vigo, 1978.

Fig. 5. Mon Vasco, fotografiado coa sa obra S/T, (6 pezas de granito e bronce, 1980-83). Coleccin Museo de Belas Artes de A Corua.

ral, segundo a clasificacin de Esping-Andersen26. Este primeiro estadio, que en Europa via producndose desde os sesenta, caracterizbase pola vontade das institucins de poer ao servizo da poboacin (das masas) a cultura contempornea, que ata entn era patrimonio case exclusivo das elites. Pero vez hai trazos que poden ser vistos como mis propios do seguinte estadio, o da democracia cultural: a idea de que os cidadns e os propios artistas xestionen estes proxectos culturais. Antn Patio, que chegou a participar moi activamente na organizacin da ltima edicin, enmarcaba estas exposicins da Praza da Princesa dentro do ambiente de cultura de tertulias e de bares da cidade dos setenta27. Cando na primavera de 1980 Guillermo Monroy, nxel Huete, Antn Patio e Menchu Lamas realizan a sa viaxe a Nova York, a idea de organizar unha exposicin cos artistas mis avanzados da Galicia de entn acaba por se consolidar. Logo vira a chamada ao coleccionista Romn Pereiro para que apoiara o proxecto e facilitara os contactos necesarios a nivel institucional, porque nel se va a unha das poucas persoas ben relacionadas capaces de apostar por un proxecto tan ambicioso28. Pero estes son s algns dos protagonistas mis activos. Do grupo vigus que proxectou Atlntica a idea rapidamente se estendeu a outros crculos: na Corua Xavier Correa Corredoira, Xaime Cabanas e Mon

Vasco (Fig. 5), en Pontevedra Manuel Moldes, en Ourense Ignacio Basallo. Uns artistas chamaron por outros, e as sucesivamente. Como no caso das exposicins na Praza da Princesa, foron as afinidades persoais e unha certa nocin compartida de modernidade os criterios que fixeron inclur a artistas nas exposicins. Antn Goyanes fala dunha sorte de democracia interna nas decisins dos comits das mostras da Praza da Princesa, polo menos nas sas ltimas edicins, e de igual xeito os participantes nas exposicins de Atlntica salientan esta liberdade e esprito de colaboracin na preparacin dos eventos. As propostas que se fixeron contaron, polo xeral, co beneplcito do grupo, e o recordo desta camaradera puido ser o que motivou, anos despois, os recelos dalgns dos participantes nas exposicins cando a Xunta empezou a montar outras baixo o marchamo da xeracin Atlntica ou do atlantismo cun comisario que decida quen deba estar presente e quen non. Algns dos membros mis activos que participaron na organizacin da primeira das mostras de Atlntica, a de 1980, tian experiencia na xestin de exposicins. Era o caso de nxel Huete, Antn Goyanes ou Silverio Rivas coas mencionadas da Praza da Princesa, e a de Escultura ao Aire Libre de 1974. Pero tres dos que ser denominado co tempo ncleo fundador Antn Patio, Menchu Lamas e Guillermo Monroy, eran anda moi novos ese ano.

QUINTANA N9 2010. ISSN 1579-7414. pp. 183-195

190 Miguel Anxo Rodrguez Gonzlez

Da autoxestin s polticas culturais. A arte galega nos anos da transicin

A situacin era moi complicada se eras novo recorda Menchu Lamas, e decidimos tomar a iniciativa sen depender dos demais. () Moitas veces reunimonos na nosa casa. Cada un a dicindo xente que coeca da nosa xeracin e da que respectabamos o seu traballo, coa que conectabamos. Entn preguntmonos por que non convidar a unha serie de xente e intentar facer algo, e de a, onde facelo, como facelo e como podiamos dar corpo a iso. nxel e Guillermo coecan a un coleccionista que se interesaba pola arte e nos poda orientar hora de poer en marcha as ideas. Falamos con Romn Pereiro, gustoulle a idea e dixo que a intentar conseguir algn espazo. E conseguiuno en Baiona29. Das figuras an ser destacadas pola sa capacidade mobilizadora dentro dos grupos: o vigus Guillermo Monroy e o corus Mon Vasco. Os dous eran bastante novos daquela, pero conseguiron ilusionar e xuntar a creadores que nalgns casos os avantaxaban en idade. A importancia que acadou o fenmeno Atlntica debeuse en boa medida escala do grupo, que rompa coas dinmicas localistas para se converter nunha panormica dos artistas mis avanzados do momento en Galicia, mantendo unha certa coherencia esttica, modernizadora, pese diversidade de linguaxes. Foi fundamental a boa conexin cos artistas corueses que, como sinalabamos mis arriba, levaban tempo cohesionados, ao redor de sucesivos grupos, nos que os artistas e escritores compartan experiencias estaban presentes os escritores Xavier Seoane e Manuel Rivas. Polticas culturais O xito de crtica e pblico das sucesivas edicins de Atlntica via acompaado dun certo ton amargo e reivindicativo, que se reflecta nos textos e declaracins dos artistas e promotores, e nos da crtica mis afn. Romn Pereiro faca unha chamada de atencin s institucins no limiar do catlogo Huete/Lamas/Monroy/Patio, de 1982: Es hora ya de que los organismos oficiales dejen de acudir a sus obligadas y altas

citas con el pasado y se comience a revitalizar el pas con las formas de ser y sentir el mundo de hoy. Lo primero que deberan ver los que se aslan, los que retroceden, los que sienten un reflejo de huda ante algo que no comprenden, es el gran desfase histrico de Galicia con el desarrollo de la cultura universal30. Pouco despois Xavier Seoane incida doutra volta na mesma reclamacin de apoio institucional con motivo da presentacin de Atlntica 83, no Pazo de Xelmrez de Santiago de Compostela31. Un ano despois desta ltima edicin a Xunta de Galicia botou a andar, co que sera o inicio das polticas culturais a escala autonmica, con programacins que mantian unha certa periodicidade, publicacins e profesionais da xestin e administracin cultural. Desde entn entrouse rapidamente nunha nova dinmica na promocin da arte, tanto na faceta da difusin como da producin e, ademais, na de elaboracin dos discursos tericos. Imaxes dos 80 desde Galicia (Santiago de Compostela, 1984), comisariada por Xos Antn Castro, a ser a exposicin que marcara o inicio desta nova etapa. No mesmo ano, Castro prepara outra mostra que acaba de poer os alicerces do discurso atlantista: Encontros no espacio. Escultores galegos dos oitenta. Estas eran exposicins colectivas que continuaban en lias xerais coa esttica predominante nas edicins de Atlntica, inclundo a moitos dos presentes naquelas, e engadindo novos nomes que acentuaban unha lia que se pretenda neoexpresionista (Francisco Leiro e Manolo Paz sern desde entn nomes imprescindibles). Tamn nese 1984 a Xunta prepara un catlogo para a representacin galega na madrilea feira ARCO de arte contempornea (Artistas galegos en ARCO 84). Estes son os anos da presenza de Xos Antn Castro como responsable de exposicins e Luis lvarez Pousa como Director Xeral de Artes Plsticas, na Consellera de Cultura. Esta nova etapa da historia da arte galega vir caracterizada, ademais da mencionada promocin institucional a cargo da Xunta, polo xito comercial e de crtica dalgns dos participantes nas edicins de Atlntica (os mis novos, de feito): os pintores Antn Patio, Menchu Lamas, Lamazares e Freixanes (Fig. 6), e a cre-

QUINTANA N9 2010. ISSN 1579-7414. pp. 183-195

Da autoxestin s polticas culturais. A arte galega nos anos da transicin

191 Miguel Anxo Rodrguez Gonzlez

Fig. 6. Antn Lamazares: Cuento zamorano, Tcnica mixta sobre cartn, 132 x 235 cm, 1981. Coleccin particular.

cente importancia de escultores que se foron incorporando progresivamente s exposicins da dcada, e que darn lugar a unha especie de selo galaico, ben identificado tanto dentro como fra de Galicia, caracterizado pola utilizacin maioritaria de materiais tradicionais e con xeitos de traballo achegados tradicin dos oficios populares: Francisco Leiro, Manolo Paz, Paco Pestana, Xos Manuel Castro, Luis Borrajo e Ignacio Basallo. Este o contexto do discurso do genius loci de Xos Antn Castro, que defenda ideas tales como a de que primitivismo, expresionismo vivencial e o sentimento romntico eran caractersticas innatas aos artistas galegos e se evidenciaban desde a prehistoria os labirintos e espirais celtas, a arte de canteiros populares, o romnico, etc.32. E a travs dos trazos formais se evidenciara sempre seguindo o discurso do crtico e comisario, a esencia propia dunha arte indefectiblemente galega: O atlantismo galego espllase na arte dos oitenta dunha maneira totalizadora, cando o creador non est mediatizado polos prexucios de bsquedas apriorsticas de lin-

guaxes alleas como outrora se reflectiu nos artistas do primeiro tercio de sculo... Porque os elementos que definen a identidade plstica, marxe dos contidos, son as formas e os conceptos, a luz, a cor, o esprito ou o sentido emocional; e iso se falan con unha linguaxe indefectiblemente galega (sic.)33. O discurso de Xos Antn Castro cumpriu con eficacia dous obxectivos: por unha banda xustificar a poltica de promocin da arte da primeira Xunta de Galicia, cando anda as estruturas administrativas e os programas culturais estaban por facer, e por outra equiparar as novas tendencias da arte galega coas que estaban en boga noutros pases; de a a nfase en comparar co esprito neoexpresionista alemn e coa transvangarda italiana. A arte nova galega estara pois navegando entre o autctono e as novas correntes internacionais, con total coherencia e enganchndose ao esprito dos tempos (Fig. 7). Era unha arte o suficientemente diferenciada e peculiar por unha banda, pero vez presentbase como perfectamente homologada coas linguaxes internacionais. Non esta estratexia da diferenciacin homologada a xenuina

QUINTANA N9 2010. ISSN 1579-7414. pp. 183-195

192 Miguel Anxo Rodrguez Gonzlez

Da autoxestin s polticas culturais. A arte galega nos anos da transicin

das administracins cando se trata de promocionar culturas ou cidades para o turismo cultural?34 No trasfondo estbase a dar unha transformacin salientable no referido s polticas de promocin cultural: nos primeiros anos oitenta consttase un maior peso das Comunidades Autnomas na xestin dos fondos e nas actuacins, vndose isto acompaado dun incremento significativo dos orzamentos dedicados a cultura, no total das administracins. Sumando as achegas do Ministerio de Cultura e das Comunidades, pasouse en Espaa de 11.350 millns das antigas pesetas en 1978, a 29.800 en 198435; ou sexa, que en seis anos case se triplica o orzamento destinado a cultura. O socilogo Xan Bouzada apunta como fenmeno caracterstico das comunidades que contan con lingua propia as denominadas nacionalidades histricas, a asociacin entre promocin da cultura e lexitimacin do poder autnomo36. Nestes casos Galicia, Pas Vasco e Catalua, as administracins tomaron como elemento estratxico o mbito da cultura, e a travs da utilizacin de smbolos identitarios e da defensa, recuperacin e mesmo invencin de tradicins, traballaron na xustificacin da diferenza e das sas peculiaridades polticas37. A cultura foi vista polas autonomas como valor estratxico e instrumento de lexitimacin. Aqu a defensa dunha cultura propia estara unida reclamacin de mis competencias en mbitos do mis dispar, de mis autogoberno. As como se entenden situacins paradoxais como a que se deu en Galicia durante os sucesivos gobernos do Partido Popular, que asumiu posicins culturais e smbolos que os achegaban ao nacionalismo moderado. A arte non escapaba desta dinmica. O labor e os discursos desenvoltos desde a Consellera de Cultura, desde o primeiro goberno da Xunta, hainos que enmarcar polo tanto nesta tarefa de lexitimacin do novo poder, implicando desde a utilizacin de smbolos (bandeira, lingua, escudo...) ata tpicos que poderan servir para identificar e cohesionar comunidade38. Na dcada dos oitenta, coa aparicin dos primeiros programas culturais autonmicos, deuse tamn o fenmeno do solapamento nas actuacins con outras administracins. Isto afectou organizacin de exposicins, xestin de muse-

Fig. 7. Guillermo Monroy: Maceta, Acrlico sobre tea, 130 x 97 cm., 1982. Coleccin Museo Municipal Quiones de Len, Vigo.

os e promocin da creacin contempornea coas bolsas para novos creadores. altura de 1992 un documento de traballo, Las relaciones entre el Estado y las Comunidades autnomas en materia de cultura, intentaba clarificar as competencias neste mbito no que todos administracin estatal, autonmica e local parecan poder facer de todo39. No libro aldese explicitamente s ambigidades do artigo 149.1.28 da Constitucin Espaola que regula as competencias en cultura do Estado. O artigo deu p a interpretacins, posto que indica que preferentemente o Estado asume competencias de xestin e administracin de museos e bibliotecas de interese xeral40, e deixa para as autonomas as tarefas de promocin da arte e a cultura. A sentenza 49 / 1984 do Tribunal Constitucional tentou mediar nos litixios que se empezaban a producir: estableca que as competencias non son excluntes no eido da cultura

QUINTANA N9 2010. ISSN 1579-7414. pp. 183-195

Da autoxestin s polticas culturais. A arte galega nos anos da transicin

193 Miguel Anxo Rodrguez Gonzlez

a diferenza doutros eidos, e abogaba por que as CC.AA. se ocupasen do fomento da cultura e o Estado do servizo da cultura41. Puido isto derivar nunha maior nfase na promocin da arte a travs de exposicins nas Comunidades Autnomas? No caso de Galicia as o parece, porque a Xunta dos primeiros anos careca de competencias sobre museos e dos recursos necesarios para erixir outros novos, coas sas coleccins e o seu persoal, pero pola contra, puido facer un importante esforzo en promocin da arte a travs de exposicins e de bolsas. O caso que altura de 1992, chama a atencin a necesidade da aparicin deste libro branco, que comeza cunha apelacin directa necesidade de ordear competencias e distribuir funcins, entre as administracins42. O discurso lexitimador da diferenza cultural das primeiras iniciativas de promocin artstica da Xunta ser contestado en poucos anos polos mesmos artistas que protagonizaran as actividades autoxestionadas dos setenta e principios dos oitenta, reticentes a ser encadrados dentro destes parmetros. Entre os que participaran nas exposicins aparecern voces crticas ante esta aparente etapa dourada para a arte contempornea de Galicia. Ignacio Basallo xa no 1990 aluda aos perigos dunha excesiva dependencia institucional43, e Xavier

Correa Corredoira amosaba as sas crticas de xeito mis explcito, contra o control que de facto exercan certas figuras desde as institucins na seleccin de artistas para exposicins colectivas: eles eran os que agora decidan quen estaba e explicaban ao gran pblico as claves da sa arte, establecendo as interpretacins cannicas44. A exposicin que en 2002 conmemoraba no MARCO de Vigo ao movemento Atlntica xa necesariamente tia que ser outra cousa, moi diferente do esprito autoxestionado e colectivo dos oitenta. Polo medio interpuxrase toda unha estrutura institucional artellada pola Xunta, principalmente, pero tamn polas outras administracins, cunha complexa rede de centros, administradores e xestores, servindo de contexto a eventos e discursos da singularidade creativa, nun novo contexto de competicin nas programacins. Estes xestores que median entre artistas, comunidades e fontes de financiacin, acabaron por profesionalizar as iniciativas artsticas e anular o seu carcter espontneo e ilusionado45. De a o desencanto dos artistas veterns ao ver traizoado o seu impulso colectivo; de a as desconfianzas dos artistas novos mis implicados que, case trinta anos despois, parecen retomar as vellas ilusins e o ideal de traballo colectivo e precario.

NOTAS Ver o catlogo da mostra: Atlntica. Vigo. 1980-1986, Museo de Arte Contempornea de Vigo, Vigo, 2002. As exposicins colectivas realizadas baixo a denominacin Atlntica foron as seguintes: Atlntica 80 (Baiona, Pontevedra, 1980), Atlntica, o feito plstico (Vigo, 1981), Atlntica 81 (Madrid, 1981), Doce pintores de Atlntica (Salvaterra de Mio, Pontevedra, 1982) e Atlntica 83 (Santiago de Compostela, 1983).
2 1

2, en D. Barro e C. Vidal, Voces de Atlntica, Fundacin MARCO / Editorial Galaxia, Vigo, 2005.
3 4

artstica y realidad social: 1939-1976, Barcelona, Gustavo Gili, 1976. Estas declaracins estn recollidas no libro de entrevistas de D. Barro e C. Vidal, Voces de Atlntica, op. cit. Francisco Leiro, entrevistado por David Barro en Voces de Atlntica..., op.cit., p.131. Entendemos o concepto de arte oficial de xeito semellante ao de Albert Boime cando reflexiona sobre os procedementos de ensino na academia: a arte oficial, sendo tradicional en moitos aspectos, diferenciarase da acad7 6 5

Ibd., p. 288-289.

Ver: Xornadas Atlnticas, 1 e

O tema das relacins arte-pobo e a necesidade de fortalecemento da comunicacin aplicada s iniciativas artsticas estaba moi vixente nos debates artsticos en Espaa desde finais dos sesenta. Desde as traducins de ensaios de esttica marxista e de historia social da arte, ata as polmicas entre realismo e abstraccin, que viran a marcar os anos setenta. Cfr. V. Bozal e T. Llorns, Espaa, vanguardia

QUINTANA N9 2010. ISSN 1579-7414. pp. 183-195

194 Miguel Anxo Rodrguez Gonzlez

Da autoxestin s polticas culturais. A arte galega nos anos da transicin


mica por acoller certas doses de modernidade. Os heteroxneos xurados de exposicins poderan admitir obras cunha certa modernidade a carn doutras moito mis tradicionais. A acadmica, amosarase moito mis atada aos cdigos tradicionais. A. Boime, The Academy & French Painting in the Nineteeth Century, Yale University Press, New Haven & London,1986, pp. 18-20. Antes da chegada da Xunta de Galicia, as Bienais de arte de Pontevedra eran o mis significativo evento da arte de Galicia, o mis ambicioso proxecto con respaldo institucional. En canto aos museos, s dous expuan arte contempornea: o Museo Carlos Maside de Sada (A Corua) e o Museo Quiones de Len, en Vigo, e en mbolos dous casos os mellores exemplos de arte moderna correspondan con artistas galegos relacionados coas vangardas histricas. G. Plaza Molina: Arte en Galicia. La dcada del boom, Edicis do Castro, Sada (A Corua), 1980, p.16. Tralo panorama raqutico de galeras dos anos sesenta, a dcada do boom presenciou a aparicin de Mestre Mateo, Ceibe, Giannini e Os Arcados en A Corua; Arco da Vella en Lugo; nfora, Albatros e Altamira en Pontevedra; Novecento, Abracadabra, Velzquez e Van Gogh en Vigo; Matisse, Anue, Hidea e Torques en Santiago; e Souto en Ourense. Mgoa que moitas delas a penas duraron uns anos. I. Lorey, Gubernamentalidad y precarizacin de s. Sobre la normalizacin de los productores y productoras culturales, en Proyecto Transform, Produccin cultural y practicas instituyentes. Lneas de ruptura en la crtica institucional, Traficantes de sueos, Madrid, 2008, pp. 72-74. X. Correa Corredoira, en X. Seoane, Identidade e convulsin. Palavra e imaxe da arte galega, Edicis do Castro, Sada (A Corua), p.93. No manifesto fundacional do grupo Sisga poda lerse: Pertenecemos a diversas generaciones y tenden13 12 11 10 9 8

cias artsticas; estamos unidos por el deseo de difundir y popularizar un arte que trate de ser actual. Hoy en da, ante la desorientacin existente, debida en su mayor parte a la falta de informacin clara y divulgadora, se impone un tipo de iniciativas que intente en lo posible ordenar y precisar conceptos. Cit. en Plaza Molina: Arte en Galicia..., op.cit., p.19. X. Ron: O mito do caralludo (un invento progre dos 70), en O lado da sombra: sedicin grfica e iniciativas ignoradas, raras ou desacreditadas entre 1971 e 1989, Fundacin Luis Seoane, A Corua, 2005, pp. 216-217. Presentacin do catlogo da Exposicin de Pinturas ao Aire Libre da Praza da Princesa, Vigo, 1976; cit. por Antn Goyanes, en Xornadas Atlnticas 1, en Voces de Atlntica..., op.cit., p.270.
16 17 15 14

podiamos, habitualmente sen seguro (...). Esta situacin acontecer tamn nos tempos de Atlntica, anda que neste caso suavizada pola presenza e presidencia de Romn Pereiro. Goyanes, en Xornadas Atlnticas 1, en Voces de Atlntica..., op.cit., p.269. Antn Reixa: Oceanografa sentimental. (Sete claves soltas para pensar no que pasaba artisticamente nesta parte do Atlntico no principio daqueles alegres 80), en Atlntica. Vigo. 1980-1986..., op.cit., p.257. Estes creadores estaban altura de 1978 integrados en colectivos: Patio no Colectivo da Imaxe e Reixa no grupo literario Rompente. En mbolos dous casos as creacins eran en moitos casos colectivas e o impulso era provocativo nas realizacins. Ver X. Gonzlez-Milln, Literatura e sociedade en Galicia (19751990), Xerais, Vigo, 1994, pp.20-35 e 146-160. O autor defende que neste perodo de trnsito entre os setenta e os oitenta unha nova xeracin de escritores entre os que se encontran Antn Reixa, Suso de Toro e Manuel Rivas afstanse da tradicin literaria adoptando outros parmetros, como son a temtica urbana, a experimentacin e temas como o erotismo. D. Hebdige, Subcultura. El significado del estilo, Paids, Barcelona, 2004.
24 Como tales explica Hebdige, son gestos, movimientos hacia un discurso que ofenda a la mayora silenciosa, que ponga en jaque el principio de unidad y cohesin, que contradiga el mito del consenso. Ibd., p.34. 23 22 21 20

Ibdem.

W. Benjamin, Charles Baudelaire. Un lrico en la poca del altocapitalismo, en W. Benjamin, Obras. Libro I / vol.2, Abada Editores, Madrid, 2008, pp 91-120. Antn Patio alude a unha continuidade natural entre as das iniciativas: Realmente Atlntica naceu a partir dunha sinxela aleacin onde se mesturaron os artistas mis innovadores da mostra oficial da Praza da Princesa cos emerxentes de Princesa 76; de xeito que relacin de nomes sinalados denantes incorporronse Lodeiro, Huete, Mantecn, Goyanes, Armando Guerra e Silverio Rivas... Logo viran as incorporacins de Leiro, Baixeras, X. Vzquez, Basallo, Mon Vasco, Cabanas, Corredoira, dende outras reas xeogrficas. A. Patio, ngel Ilarri, Castrelos, n 11, 1998, p. 45. Sobre as exposicins da Praza Princesa dir Goyanes: ...a implicacin dos artistas nas exposicins en que participaban era practicamente total. Organizabamos e expoiamos; xestionabamos axudas econmicas, escasas e, nalgns casos, fracasadas; transportabamos as obras como
19 18

Ver Castrelos, n 11, 1998, no que distintos artistas do mbito vigus dedcanlle palabras de cario na homenaxe ao que fora director do museo Quiones de Len e impulsor de proxectos autoxestionados por artistas: as citadas exposicins da Praza da Princesa, que an estar integrados na programacin nas festas de vern da cidade, e a Exposicin de Escultura ao Aire Libre de 1974, na que se puideron ver obras de Chillida,

25

QUINTANA N9 2010. ISSN 1579-7414. pp. 183-195

Da autoxestin s polticas culturais. A arte galega nos anos da transicin


Andreu Alfaro e Chirino, xunto coa dos escultores galegos mis avanzados do momento. A. Ario Villaroya, X. Bouzada, A. Rodrguez Morat: Polticas culturales en Espaa, en Juan A. Roche Crcel y Manuel Oliver Narbona (eds.).: Cultura y globalizacin. Entre el conflicto y el dilogo, Publicaciones Universidad de Alicante, Alicante, 2005, 435-472. Rodrguez Morat toma esta clasificacin de Gosta Esping-Andersen. Estes anda eran lugares importantes na vida cultural das cidades son os casos de mticas tabernas e cafs como O Elixio en Vigo, Bar Tucho en Ourense ou o Carabela en Pontevedra. En Vigo, ademais, a librera do pai de Antn, Librouro, foi un centro importante para o intercambio de publicacins e informacins sobre arte moderna. Antn Patio, entrevista co autor, en Vigo, 24 de abril de 2010. Antn Patio, entrevista co autor en Vigo, 24 de abril de 2010. Menchu Lamas, en Voces de Atlntica..., op.cit., p.111. Romn Pereiro Alonso: Huete/Lamas/Monroy/Patio Limiar do catlogo, Vigo, 1982, en Atlntica. Vigo. 1980-1986..., op.cit., p.326. sera interesante que os organismos competentes (Concellos, Deputacin, Xunta, Fundacins) comprendesen o interesante momento histrico que estamos a vivir culturalmente, e que se fagan eco tanto da presente mostra como de todo o que est a ocorrer no noso pas, e que anuncia que algo novo est a nacer. X. Seoane: Atlntica 83. Instinto de camio en Xelmrez, en Atlntica83, Santiago de Compostela, 1983. A mellor exposicin destas caractersticas definitorias para Xos A. Castro da arte galega ao longo do tempo recllense no seu libro Expresin Atlntica. Arte galega dos 80, Follas Novas, Santiago de Compostela, 1985. s xa mencionadas arriba habera que sumar a saudade, o pantesmo ou a imaxinacin transcendente. A lia xenealxica xa fora anticipada por
32 31 30 29 28 27 26

195 Miguel Anxo Rodrguez Gonzlez

Castelao, Otero Pedrayo e Luis Seoane, entre outros.


33 34

Ibd. p. 27.

A carreira das cidades por comercializar unha determinada imaxe a partir de edificios singulares e dun discurso da excepcionalidade foi analizada polo xegrafo David Harvey, quen apuntou a este fenmeno como caracterstico da fase actual do capitalismo: as elaboracins da imaxe da excepcionalidade parecen ocupar o centro das polticas urbanas e de promocin turstica das cidades, provocando o paradoxal fenmeno de que por unha banda as cidades buscan con fervor unha imaxe de si que as distinga, pero por outra, rxense por modelos de turismo cultural cada vez mis homoxneos, coincidentes cos de calquera outra cidade con aspiracins a acadar visibilidade. D. Harvey, El arte de la renta: la globalizacin y la mercantilizacin de la cultura, en D. Harvey y N. Smith, Capital financiero, propiedad inmobiliaria y cultura, MACBA/ Universitat Autnoma de Barcelona, Barceona, 2005, pp.29-57. Datos do Ministerio de Cultura recollidos por Ario, Bouzada y Rodrguez Morat: Polticas culturales en Espaa... op.cit. p.435.
36 37 38 35

un reparto competencial vertical, lo que se produce es una concurrencia de competencias ordenada a la preservacin y estmulo de los valores culturales propios del cuerpo social desde la instancia pblica correspondiente. Ibd., p. 12. Qurense establecer novas formas de colaboracin e mesmo avgase pola creacin dunha Conferencia Sectorial para establecer un novo marco de relacins. Ibd. p. 5-6. O panorama est algo mellor... Creo, sen embargo, que estamos pecando de procurar mecenado oficial do goberno ou da Xunta, que ao final s condicionan compromisos polticos e o que fan venderte e utilizarte. Ignacio Basallo en X. Seoane, Identidade e convulsin, op. cit., p.43. Atlntica facilitounos unha cohesin entre ns a nivel expositivo, de combate. Deunos unha plataforma de loita. Achegounos a xente de xeracins anteriores... Creamos uns espazos expositivos, uns catlogos que son documentos, sensibilidade en determinados medios polticos, anda que durante pouco tempo. A xente da poltica quere controlar todo, e non lle souberon entrar ao esprito do movemento. Durante algn tempo a nivel oficial dedicronse a aproveitarse desa esttica, cando a poca de X. Antn Castro na Xunta e Lpez Calvo en A Corua. X. Correa Corredoira, Ibd., p.99. George Ydice ten analizado as derivas do sector cultural no contexto latinoamericano, dentro desta dinmica de crecemento e profesionalizacin do sector cultural. Dentro desta dinmica na que o xerenciamento e a profesionalizacin est orde do da, cabe a esperanza, que o autor ilustra con iniciativas de arte pblica que logran implicar s comunidades onde se realizan e engadir un mbito de reflexin vida coti. G. Ydice, El recurso de la cultura. Usos de la cultura en la era global, Gedisa, Barcelona, 2002.
45 44 43 42

Ibd., p.444 e ss. Ibdem.

Ver J. Gonzlez Beramendi, Os usos ideolxicos da etnicidade. Comparacin dos nacionalismos galego e espaol, en VV.AA., Etnicidade e nacionalismo. Simposio internacional de antropoloxa (coord. X.M. Gonzlez Reboredo), Consello da Cultura Galega, Santiago de Compostela, 2001. Las relaciones entre el Estado y las Comunidades autnomas en materia de cultura. Libro blanco, Ministerio de Cultura? (texto mecanografiado), 1992. Pero contemplando vez que as autonomas poden asumir a xestin destes se hai un interese territorial evidente. Ibd., p. 9. E pouco mis adiante explica a sentenza que ...ms que
41 40 39

QUINTANA N9 2010. ISSN 1579-7414. pp. 183-195

You might also like