Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 1

María Pilar Jiménez Aleixandre (Madrid, 1947; galega polo

menos desde 1973 ) exerce profesionalmente como profesora de


Didáctica das Ciencias e Educación Ambiental na Universidade
de Santiago de Compostela. Desenvolve unha intensa actividade
cultural colaborando en diversas revistas literarias e foros
científicos. Desde un profundo compromiso coa cultura e a
lingua galegas participa tamén en diferentes espacios asociativos.
Pero o seu principal campo de intervención social é a literatura.
Con A compañía clandestina da contrapublicidade acadou o
Premio Álvaro Cunqueiro de novela 1998. A súa obra literaria
infantil-xuvenil recibiu destacados galardóns como é o caso de A
expedición do pacífico (1994) (Premio Merlín e Premio da
Crítica á creación literaria en galego, que por primeira vez
recaeu nun libro xuvenil e nunha muller) ou O trasno de
alqueidón (Premio Rañolas de literatura infantil-xuvenil
1997).
Con Rúa carbón foi finalista do Premio Nacional de Literatura
Infantil e Xuvenil 2006. A novela xa foi traducida ao castelán e
ao euskera como Elurra ibarrean.

GUIÓN DE TRABALLO DE RÚA CARBÓN

1. As últimas vacacións en Donostia convértense para Maite nunha viaxe na procura das súas
orixes e da súa identidade. En que consiste esta busca interior e cales son as reaccións da
protagonista ante as revelacións que lle deparan eses días estivais?
2. O desvelamento do pasado mestúrase coa descuberta do amor. De que maneira?
3. A narración combínase nesta novela coa introdución dunha serie de elementos informativos
(noticias, correos...) que a complementan e que son fundamentais para o desenvolvemento
da historia. Cales son e que papel xogan?
4. Igualmente, hai numerosas citas e referencias musicais ao longo da novela. Que papel teñen
na historia? Que nos din?
5. Cal é o significado do título da novela? Poríaslle outro? Por que?
6. Valoración persoal desta obra de Marilar Aleixandre. Que che gustou máis / menos?
(imaxina que lla estás recomendando a un amigo)

You might also like