Download as doc, pdf, or txt
Download as doc, pdf, or txt
You are on page 1of 3

MONICREQUES

O pasado mes de xaneiro representouse en Monforte ( Lugo ) a obra teatral


“eleccións ó comité da empresa” Serramar seguridad s.l. ( e non pensedes que me
trabuquei ó trocar o “e” da preposición ), e escenificouse co éxito que a compañía
agardaba, por suposto. Esta xente ten táboas dabondo como para que, a pouco que
ensaien, cada catro anos un único pase e sáelles sempre perfecto.
Os encargados de executar a actuación contaron coma sempre coa imprescindible
e impagable axuda (aínda que eles se vendan por catro patacós) duns cantos crítico-xuíces
que fielmente desenvolveron a súa misión de procurar darlle tódolos visos posibles de
seriedade e credibilidade a esta comedia, unha comedia que logo dun truco de maxia
convértese en drama, e o público en triste e involuntario protagonista.
E digo eu…
Xa que acabamos sendo protagonistas, tomemos conciencia de que isto é
somentes un teatro de monicreques, e sabede que eu teño agachadas unhas tesoiras coas
que hai tempo cortei os fíos cos que me manexaban. Cando o Strómboli durmía, ceivei
primeiro un brazo, logo outro brazo, logo un pé…
E resulta que somentes é un conto para meterlle medo ós nenos ( ós nenos monicreques )
eso de que caemos “ó vacío” se nos cortan os fíos. Xusto ó contrario: podemos escalar!!
Non se esquece a faciana do manexador cando comproba que xa non tén poder
sobor dun, e que xa nunca máis has facer o que a él lle pete, e adiviñaredes que ten medo
ó pensar que si todos fixeramos o mesmo, o tenderete íaselle ó carallo.

……………………………………………………………………………………….

As pasadas elección sindicais celebradas en Serramar, S.L. para a provincia de


Lugo foron promovidas pola USO, desta volta un pouquiño máis inteligentes e menos
evidentes có ano 2004, cando presentaron na súa candidatura á filla do delegado xerente.
Este ano presentaron candidaturas a referida USO, a UGT e mais CCOO.
Na lista de CCOO figurou , por exemplo, un inspector de servizos, e os que
traballamos aquí sabemos ben qué valores hai que ter ( ou de qué valores hai que carecer )
para ser inspector de servizos en Serramar. Este individuo xa foi membro do anterior
comité, en calidade de presidente do cal foi declarar nun xuízo (citado pola empresa)
conforme se negociara legalmente o traslado dunha traballadora (afiliada á CIG ) para
Ferrol, traslado que se produce logo de que quixeran botala cando a empresa perdeu por
finalización de contrato o servizo onde ela traballaba, e pretendendo que a traballadora
en cuestión tiña contrato de fin de obra cando en realidade o seu contrato era indefinido.
Por suposto, gañámoslles tanto o xuízo polo despido como o xuízo pola movilidade
xeográfica .
E quedoume para o final falarvos da lista que presentou a UGT, na que figuran a
muller de Carlos Somoza entre outros empregados da firma, todos eles comprometidos
baluartes, da loita pola defensa dos dereitos dos V.S. que traballamos nesta empresa
( tomade nota , se queredes, os afiliados a estes …¿sindicatos? ).

Velaí os garantes de que se nos respetarán os nosos dereitos: cinco delegados da


UGT (un deles a muller de Carlos Somoza), tres da USO, e un de CCOO ( o mencionado
inspector de servizos ).

1
MONICREQUES

Doado é anticiparse ó que ha acontecer nos próximos catro anos, cun comité de
empresa ( “ a voz do seu amo “ ) outra vez totalmente entregado ó servizo dun torpe
aprendiz de capo que tén ós currelas nunhas condicións que é difícil de crer, con xente
contratada a media xornada e facendo por riba das duascentas horas ó mes, sen vacacións
( nin disfrutadas nin cobradas ), sen cobrar un can de nocturnidade e festividade, indo a
facer servizo dende Monforte a Pamplona ós partidos do Osasuna por cen euros ( nos que
se inclúen tódolos conceptos – horas, dietas, quilómetros ata Monforte, etc- ); xente que
non sabe o que é cobrar o plus de noiteboa ou noitevella, quilometraxe, … Por non falar
das salvaxes quendas de servizo que fan os vixiantes (e seudovixiantes paquistanís ) nas
obras do AVE por ahí adiante.
É tan ruín esta empresa que entrega a roupa reutilizada. E zapatos na puta vida!
Que os merquen os seguratas, que co que cobran…
Xa vos digo que é difícil de crer se non se sofre. E non se lle da máis repercusión
e non se denuncia porque os V.S. están tan cheíños de medo a represalias que non queren
saber nada de protestar ou denunciar, non vaia ser que os boten…

Vendo quen forma parte do comité de empresa, ¿quén pode esperar que éste
defenda ós traballadores, ou faga algo para impedir que se cometan estes abusos?
Coido que é unha reflexión que de xeito obrigado deberían facer os afiliados á UGT, á
USO, e CCOO, afiliados que en moitos casos non saben que se celebraron eleccións.
Non é difícil atopar a vixiantes que , afiliados a sindicatos con presenza no comité, non
saben nin quén son os delegados, e así viven sin se molestar uns ós outros, sin máis
comunicación que o regulamentario desconto da cuota sindical .
Pero máis chocante para mín é o caso ( que tamén o hai) dos traballadores que sí o
saben e aínda así seguen a ser fieis a quen reiteradamente os traizoa e se ri deles, sen
pedirlles ningún tipo de explicacións nin pasarlles factura polo que fan. Como se nada
pasase, que manda carallo. Sempre botando mao da autoxustificación con frases como
“non se pode facer nada…” , “o xefe é quen tén a tixola polo mango…”, “ está todo
comprado…” Coño! movédevos e axudade a que as cousas cambien, principiando por
deixar de darlle o voso apoio ós traidores, que se vaian rir doutro, e xuntádevos con
quen non baixa os pantalóns diante do xefe, un tipo que usa a xxxxl polo menos, sí,
pero non é de comer vixiantes.
A pouco que queirades mirar veredes que hai quen se enfronta a él e por eso
cobra as quince pagas, vaise 31 días de vacacións, cobra antigüidade, nocturnidade e
festividade, as horas extras ó prezo que a lei marca e para quen a xornada mensual
está en 162 horas ( non en 180) , e as cantidades que figuran nas nóminas que asina
son as que realmente percibíu segundo está fixado no convenio.
Pero non hai xeito de cambir as cousas sen trocar a nosa atitude, deixando de
comportarnos como peleles e tendo claro que non se nos pode tratar como se fósemos
cans amaestrados (sit, plas e demáis hostias), pero non podemos esperar que nos respeten
se non empezamos por respetarnos nós mesmos.
E tendo dignidade.

2
MONICREQUES

Moito camiño queda por andar, pero sóbrannos gañas e forzas. Xa chegamos ata
onde chegamos camiñando case sempre costa arriba , e agora temos unhas pernas coma as
do Roberto Carlos, aquel brasileiro que fora xogador do real madrid.

Pendientes sempre das argalladas que preparen estes mafiosos, dende a CIG
mantémos o compromiso de ir virando a situación que se sofre nesta empresa. Doe
mirar en tantos e tantos traballadores esa atitude de total sumisión, docilidade,
mansedumbre e servilismo que tanto dificultan a nosa labor, pero é de agardar que a
xente vaia espabilando agora tal vez apremiada polo medo a que lles quiten o choio
traballadores dos países do leste, todos exmilitares curtidos en vintemil batallas, e que
polo mesmo que cobran os puteados de aquí eles ademáis fan palmas coas orellas.
Despois o xefe ataralles a elas uns platillos… e a desfilar!!!

Lugo, febreiro de 2008.


Asdo. O Monicreque Vinjador.

You might also like