Download as doc, pdf, or txt
Download as doc, pdf, or txt
You are on page 1of 16

2.

A civilización trobadoresca

1. A área creadora
1.1. Definición da área
1.1.1.Definición de Tavani e Istvan Frank
1) Tavani explica que na Francia meridional converxen diferentes factores
sociais, culturais, éticos, relixiosos, económicos... que permiten o nacemento
da nova civilización literaria europea.
2) Istvan Frank achega tres factores simultáneos que permitiron o
xurdimento dunha poesía lírica moderna coma a provenzal, que se dan nos
inicios do século XII:
a) Que fose expresada en lingua vulgar, de xeito que era entendida por todos.
b) Que fose poesía lírica (antes só atopamos poesía épica en lingua vulgar, xa
que a lírica escribíase en latín).
c) Que fose obra de individuos de identidade coñecida, conscientes da
importancia da obra.

Desde esta área expandiríase a civilización trobadoresca, chegando a


outras coma a galego-portuguesa un século despois (as primeiras composicións datan
de 1196/1200), pero as áreas limítrofes (norte de Italia e Cataluña) intégranse
totalmente no movemento (a creación lírica realízase en provenzal).

1.1.2.Factores sociais e económicos


1) Situación económica e política:
a) Aínda que a lingua d’oc era diferente á falada no norte, o territorio da
Provenza pertencía á coroa setentrional.
b) A actividade comercial dos portos mediterráneos e a importancia de certos
cultivos facían da Provenza unha área cunha importante riqueza
económica, o que favorece o desenvolvemento da cultura.
c) Como consecuencia da actividade económica, desenvólvense de xeito
importante as cidades (cun réxime municipal moi desenvolto) e, con elas, a
burguesía. Isto provoca un afrouxamento dos lazos de dependencia
feudal respecto do rei.
2) Situación da muller: neste territorio a muller tiña certa independencia
xurídica.
3) O matrimonio: tiña un carácter forzado, xa que se trataba de alianzas
económicas e sociais entre familias. Fronte a isto xorde o concepto do amor
cortés coma o amor voluntario, o único que pode ser fonte de perfección
moral. De aí que os trobadores provenzais lles cantasen a mulleres casadas
(de xeito menos abstracto ca na lírica galego-portuguesa).
4) Relixión: entre os séculos XII e XIII xorde a herexía albixense, practicada
polos cátaros ou puros:
a) É unha doutrina maniquea e dualista para a que todo o material era
negativo, en oposición ao espiritual.
b) Tivo unha grande repercusión na sociedade, en especial nas clases
populares e na burguesía.

1 Literatura galega medieval I


2009/2010
USC
2. A civilización trobadoresca

c) O Papa Inocencio III dita en 1208 unha cruzada1 contra os cátaros que
supuxo o final da civilización das cortes provenzais e provocou que os
trobadores marchasen a diferentes lugares de Europa, expandíndose así a
civilización trobadoresca.
d) Aínda que a nobreza non seguía en xeral esta herexía, alíanse cos cátaros
ao decatárense de que se trataba dunha guerra política na que o rei tiña a
finalidade de recuperar o poder nos territorios meridionais. A guerra remata
en 1229 co Tratado de París, aínda que os anos seguintes seguirían a ser
conflitivos.

1.1.3.Influencias que recibe a lírica trobadoresca


1.1.3.1. Clásicas

Os principais elementos da cultura clásica que inflúen na lírica


trobadoresca son:
1) Poesía erótica latina (Ovidio):
a) Configuración retórica dos poemas.
b) Observacións sobre o efecto do amor nos namorados, aínda que con
diferenzas:
poesía erótica latina lírica trobadoresca
ten carácter espiritual (sen
non ten carácter espiritual renunciar aos aspectos
físicos)
moi centrado na figura
maior importancia da muller
masculina

2) Principio do amor platónico: é unha influencia grega que chega a


través da cultura latina. Supón unha concepción espiritual do amor, como
fonte de perfeccionamento do amante que esixe un sacrificio.

1.1.3.2. Contemporáneas
1) Relixión: é probable a influencia do culto de adoración á Virxe María na
postura que adopta o namorado fronte á dama. Con todo, este rito cristián
comeza tamén neste momento, polo que poden ser fenómenos paralelos sen
que necesariamente o rito influíse sobre a postura do trobador.
2) Organización social: o feudalismo era unha relación de vasalaxe que
se daba só entre as clases dominantes, xa que os vasalos eran nobres aos que
outros nobres de maior rango lles concedían un feudo.
a) A concesión dun feudo denominábase encomenda e realizábase mediante
unha cerimonia de xuramento de fidelidade e axuda mutua que constaba
dos seguintes actos:
 Homenaxe feudal: o señor cóllelle as mans ao vasalo.
 Expresión do volo (‘consinto’).
 Xuramento de fidelidade.
 Osculum (podía darse ou non).

1
A única cruzada dirixida contra europeos.

2 Literatura galega medieval I


2009/2010
USC
2. A civilización trobadoresca

b) Na lírica:
 Reflíctese esta relación de vasalaxe, de xeito que:
 O trobador é o vasalo, que considera a dama coma un ser superior.
 A dama é o correlato do señor feudal.
 Aparece vocabulario de orixe feudal (por exemplo, servir é sinónimo de
amar). Este é un trazo que se dá en menor medida na lírica galego-
portuguesa.

1.1.4.Outros trazos
1.1.4.1. Corpus
1) Lírica provenzal: máis de 2540 cantigas.
2) Lírica galego-portuguesa: 2100 cantigas.

1.1.4.2. Tradición manuscrita


1) Lírica provenzal: 95 manuscritos.
2) Lírica galego-portuguesa: 4 cancioneiros e 6 manuscritos
independentes.

1.1.4.3. Lingua
A lírica provenzal caracterízase pola unidade lingüística (que
desde o punto de vista xeográfico prodúcese nunha zona sen unidade política, dividida
en pequenas cortes feudais). Con todo, a lingua d’oc empregada na lírica é unha koiné
literaria que non se corresponde exactamente con ningunha das variedades faladas na
Provenza medieval.

1.1.4.4. Axentes do espectáculo trobadoresco


1) Trobador: poeta culto en lingua vulgar (os autores cultos que escribían en
latín denominábanse simplemente poetas), membro das clases dominantes e que
compón non só un texto literario, senón tamén a música para ese texto.
2) Xograr: intérprete das composicións dos trobadores que pertencía a un
estrato social baixo.
3) Segrel: António Resende de Oliveira defíneo coma o xograr autor, polo que
é un axente que rompe o molde social dominante. Na lírica provenzal algúns
xograres conseguiron ser nomeados cabaleiros polos seus méritos artísticos.

1.1.4.5. Música
1) Lírica provenzal: ±260 melodías e documentos que fan referencia á
música, nos que se di que algúns dos poetas con menos calidade literaria eran
moi ben considerados, polo que este éxito debía deberse ás melodías.
2) Lírica galego-portuguesa: 419 melodías das CSM, 6 das cantigas de
amigo e 7 das cantigas de amor.

1.1.4.6. Textos en prosa: vidas de trobadores


Conservamos varios textos breves, probablemente da autoría de Uc de
Sant Cire con datos sobre as vidas dalgúns trobadores. Algúns destes datos parecen
ser reais, pero nalgúns casos danse por verdadeiras situacións descritas nos poemas,
un feito discutible.

3 Literatura galega medieval I


2009/2010
USC
2. A civilización trobadoresca

1.1.5.Difusión
1) Contactos indirectos: durante moito tempo considerouse que a
difusión do trobadorismo por Europa se producira mediante contactos
indirectos entre trobadores. Así, por exemplo, na chegada do trobadorismo ao
occidente peninsular serían importantes os seguintes factores:
a) A Reconquista e a repoboación dos territorios reconquistados, xa que
virían cabaleiros de máis alá dos Pirineos para loitar contra os árabes e
tamén para repoboar os territorios que se recuperaban.
b) O comercio (Barcelona).
c) O Camiño de Santiago (só temos constancia documental de que o realizaran
dous trobadores).
2) Contactos directos (Tavani): na actualidade acéptase a tese de
Tavani, que parte de que a difusión do trobadorismo se realizou mediante
contactos directos entre trobadores, xa que os poetas provenzais tiveron que
marchar a diferentes lugares de Europa como consecuencia da guerra
albixense. Así, a expansión do trobadorismo daríase en dúas etapas e en tres
áreas:
a) Etapas:
 Século XII: o trobadorismo dáse a coñecer nas cortes europeas, pero non
de xeito masivo. É unha difusión dependente de individualidades.
 Século XIII: como consecuencia da guerra albixense os trobadores
provenzais marchan a diferentes lugares de Europa, producíndose unha
ampla difusión do fenómeno.
b) Áreas: o trobadorismo expándese por Europa ao xeito dunha onda sonora
concéntrica e centrífuga, de xeito que Tavani distingue tres áreas:
 Primeira área:
 Territorios limítrofes: Catalunya (Barcelona) e norte de Italia.
 Teñen a mesma organización social.
 Lingua: uso da lingua d’oc pola proximidade lingüística coas linguas
desta área e pola ausencia de tradición escrita das mesmas.
 Segunda área:
 Áreas máis afastadas:
• Norte de Francia: trouvères2.
• Alemaña: minnesinger (‘cantores do amor’).
• Inglaterra (en menor medida).
 Estrutura social semellante.
 Lingua: xa non se usa a lingua d’oc, senón o alemán e a lingua d’oil,
que son linguas que xa contaban cunha tradición escrita.
 Terceira área: é unha área aínda máis afastada, que se concreta en dúas
zonas:
 É unha área aínda máis afastada, que se concreta en dúas zonas:
• Área galego-portuguesa: o trobadorismo é un movemento que se
estende durante século e medio nesta área:
- 1ª ½ do XIII: reinado de Fernando III.
- 2ª ½ do XIII: reinado de Afonso X.
- 1ª ½ do XIV: reinado de D. Denís.

2
Os provenzais recibían o nome de trobadors e trobairitz.

4 Literatura galega medieval I


2009/2010
USC
2. A civilización trobadoresca

• Sicilia: o trobadorismo só se mantén vivo durante a 1ª ½ do século


XIII, no reinado de Federico II de Alemaña e I de Sicilia, un rei
culto que atraeu poetas á súa corte.

2. Os estilos literarios
1) Trobar leu:
a) Características: estilo simple e claro, tanto na forma coma no contido.
b) Cultivadores: era cultivado sobre todo polos trobadores nobres para a
composicións de cansós.
c) Adscrición consciente dos autores a este estilo.
2) Trobar clus:
a) Características: composición complexa, na forma e no contido.
b) Adscrición consciente dos autores a este estilo.
3) Trobar ric:
a) Características: composición complexa na forma, pero non no contido.
b) Adscrición: os trobadores non facían a distinción entre o trobar clus e o
trobar ric, senón que consideraban as composicións cuxa complexidade só
residía na forma coma trobar clus.

3. Os xéneros líricos
Estes tres estilos maniféstanse en diferentes xéneros líricos:
1) M. de Riquer realiza unha tripla caracterización con finalidade práctica,
pero aceptada pola maioría dos estudosos:
a) Xéneros caracterizados polo contido.
b) Xéneros caracterizados pola versificación.
c) Xéneros dialogados.
2) P. Bec admite a tripartición de Riquer, pero tamén se refire a xéneros
aristocratizantes e xéneros popularizantes.

3.1. Clasificación dos xéneros


3.1.1. Xéneros caracterizados polo contido
3.1.1. Introdución xeral
1) Cansó:
a) Características:
 É un dos xéneros maiores da lírica provenzal.
 Temática amorosa:
 En dous sentidos:
• Lamento polo desdén ou ausencia da dama.
• Canto polo gozo do amor.
 Carlos Alvar considera que os trobadores provenzais son os
inventores do concepto actual do amor.
b) Influencia na lírica galego-portuguesa: cantiga de amor.
2) Sirventés:
a) Características:
 É un dos xéneros maiores da lírica provenzal.
 Temática satírica.
5 Literatura galega medieval I
2009/2010
USC
2. A civilización trobadoresca

a) Influencia na lírica galego-portuguesa: cantiga de escarnio e maldicir.


3) Sirventés cansó:
a) Características: E. Köhler defíneo coma un xénero independente (mestura
do sirventés e a casó).
b) Influencia na lírica galego-portuguesa: Ø.
4) Planh:
a) Características: lamento fúnebre.
b) Influencia na lírica galego-portuguesa: pranto (5 prantos + 2 satíricos).
5) Alba:
a) Características: xénero no que se desenvolve a temática amorosa ao
amencer, momento no que os amantes se teñen que separar.
b) Influencia na lírica galego-portuguesa: existencia dubidosa (pode haber
unha composición).
6) Pastorela:
a) Características: composición amorosa na que un cabaleiro e unha pastor
dialogan nun contorno natural.
b) Influencia na lírica galego-portuguesa: 7 pastorelas, contaminadas
doutros xéneros.

3.1.2. Cansó
1) Caracterización xeral:
a) Composición de temática amorosa dedicada a unha dama na que o
trobador se pode lamentar polo desdén ou a ausencia da dama, pero tamén
cantar a alegría de que esta o acepte.
b) Ten unha melodía propia, polo que é unha composición complexa.
c) É o principal xénero transmisor do concepto do amor cortés:
 Un camiño de perfeccionamento no que o namorado pasa por catro
graos3:
 Fenhedor: suspirante polo amor da dama, da que se considera
indigno e á que non lle confesa o seu amor.
 Precador: o trobador roga o amor da dama.
 Entendedor: a dama acepta a relación amorosa.
 Drutz (drudo): relación física entre os amantes.
 No que tamén é importante o segredo amoroso, xa que se trata do amor
verdadeiro (moralmente), pero non socialmente aceptado.

2) Tópicos:
a) Exordio estacional4:
 Sitúa a composición nun tempo determinado: a primavera ou o
inverno (que non reflicten o estado de ánimo do amante).
 Influencia na lírica galego-portuguesa: só atopamos preámbulos
retóricos nas cantigas de amor e de amigo, pero non exordios. Quizais

3
Na lírica galego-portuguesa só se dan os dous primeiros graos na cantiga de amor, pódese chegar ao
terceiro na de amigo e o grao de drutz só aparece nas cantigas de escarnio e maldicir, pero non en
sentido recto.
4
Tamén existe o exordio anuncio, no que se anticipa que se vai facer unha composición, pero é propio
do sirventés.
6 Literatura galega medieval I
2009/2010
USC
2. A civilización trobadoresca

se deba á forte estrutura paralelística que sitúa todas as estrofas ao


mesmo nivel conceptual, polo que non cabe a posibilidade dunha
primeira estrofa introdutoria.
b) Idealización da muller:
 O trobador bota man dun retrato estándar con expresións fixadas, que
serve para todas as damas pero non identifica a ningunha. Fai isto para
manter o secreto amoroso.
 Influencia na lírica galego-portuguesa: dáse unha caracterización
positiva pero máis xenérica e abstracta.
c) Exaltación do amor.
d) Presenza dos síntomas do amor:
 O trobador presenta un estado de ansiedade do que pode saír por dúas
vías:
 A loucura, e mesmo a morte.
 A correspondencia do amor por parte da dama.
 Influencia na lírica galego-portuguesa: non é posible a
correspondencia do amor.
e) Timidez do namorado, derivada da concepción do amor cortés (relación
vasalo – senhor).
f) Outros:
 Desprezo polos lausengiers:
 Son unha corte de aduladores do señor feudal (marido da dama,
gilos) que normalmente lle servían de espías para informalo do amor
adúltero da súa esposa.
 Non é un tópico da lírica galego-portuguesa, xa que non ten sentido
en cantigas que son moito máis abstractas e nas que non sabemos a
que dama se refire. Con todo, nalgúns textos faise referencia aos
miscradores, personaxes que se caracterizaban por meter crear
enredos.
 Presenza de confidentes e mensaxeiros amorosos. Na lírica galego-
portuguesa só se dá na cantiga de amigo.

3) Modalidades: Martin de Riquer distingue tres modalidades de cansó,


aínda que outros autores considéranas xéneros independentes. Estas
modalidades son:
a) Mala cansó (anti-cansó): textos nos que se renega do amor ou se fala mal
da dama.
b) Escondich (termo feudal): texto no que a voz poética se defende dunha
acusación. Só conservamos un texto de Beltrán de Born no que o trobador
se defende da acusación de non amar á dama, defendendo que a ama.
c) Salut d’amors: desenvolve a mesma temática cá cansó, pero cunha forma
diferente:
 Estrutura máis simple: pareados octosilábicos.
 Maior extensión, polo que o tema aparece máis desenvolto.
 É unha epístola en verso.

4) Comentario de textos:
a) Jaufré Rudel: Langand li jorn son lonc en mai:
7 Literatura galega medieval I
2009/2010
USC
2. A civilización trobadoresca

 Autor: é un trobador provenzal da segunda ½ do s. XIII famoso por


namorarse dunha dama, a Condesa de Trípoli, só de oídas. Chega onda
a súa dama ferido e morre nos seus brazos. Despois disto ela métese
monxa. Conservamos del unhas seis composicións.
 Composición:
 Estrutura:
• Exordio primaveral.
• Sete coblas.
• Tornada.
• Mot refranh: repetición da palabra loing nas mesmas posicións,
de xeito que se destaca esta idea. É semellante ao dobre da lírica
galego-portuguesa, aínda que neste caso trátase dun recurso máis
complexo.
 Contido: cántalle á súa dama, da que está lonxe.

b) D. Denis: Pero que eu mui long’ estou:


 Estrutura:
 Presenta o que A. Ferrari denomina dobre rico, xa que vai
aumentando os elementos en cada estrofa (long’ estou [...] long’
estou d’aly [...] pero long’ do logar)
 Fiinda.
 Contido: dialoga coa cansó de Jaufré Rudel. A dialoxía interna era moi
común entre os trobadores provenzais, pero en menor medida entre os
galego-portugueses.

c) La Comtessa de Dia: Estat ai en greu cossirier:


 Autora: trobairitz da que conservamos 4 cancións de amor, tamén
conservamos unha vida dela. Foi a esposa de Guillem de Peitieus e
estaba namorada de Raimbaut d’Aurenga, ao que lle dedica moitas
cancións.
 Composición:
 Estrutura:
• Tres coblas (pouco frecuente).
 Contido: arrepíntese de non lle entregar o seu amor ao seu
namorado. É moi expresiva (en xeral, as cancións das troibairitz son
máis expresivas cás dos trobadores).

3.1.3. Sirventés
1) Caracterización xeral:
a) Composición satírica que pode abranguer temáticas moi amplas. A sátira
en sentido recto está destinada a facer pensar ao lector, amosándolle
situacións que cómpre cambiar (persoas, actitudes, moral, política, etc.).
b) Forma:
 Sigue a mesma forma da cansó, pero neste case tamén existe liberdade
compositiva.
 Apóiase en melodías coñecidas, por dúas razóns:
 Permítenlle a inmediatez, xa que non cómpre compoñer novas
melodías.

8 Literatura galega medieval I


2009/2010
USC
2. A civilización trobadoresca

 Favorecen a súa difusión5.


c) Denominación. Existen varias teorías para explicar a denominación de
sirventés:
 Que esta escrita por servintes que transmiten as ideas do señor ou
atacan as dos seus inimigos. Con todo, o sirventés podía mesmo atacar
os protectores.
 Que se serve dunha melodía coñecida.

2) Temáticas do sirventés:
a) Sátira persoal.
b) Sátira moral:
 Características: achégase máis á sátira en sentido recto e presenta unha
maior perfección formal.
 Autores:
 Marcabru: pertence ás primeiras xeracións de trobadores provenzais
e destaca por establecer un diálogo con Guillem de Peitieus
(considerado o primeiro trobador), xa que considera que as súas ideas
eran demasiado liberais. Parece que foi o creador da tenzón e,
segundo A. Ferrari, tamén da pastorela.
 Peire Cardenal.
 Na lírica galego-portuguesa: Martin Moxa.
c) Sátira poética ou literaria:
 Características:
 É o principal recurso para exercer a crítica literaria.
 Satirízanse trobadores e xograres (interpretación, repertorio,
memoria).
 Autores:
 Peire d’Alvernha: é autor da sátira literaria máis famosa, na que se
satiriza a un trobador en cada estrofa (galería de trobadores6).
d) Sátira política:
 Características:
 É unha temática moi importante na lírica provenzal, propiciada pola
organización política da Provenza. Así, o sirventés político usábase
para defender as ideas dun señor e criticar as dos seus inimigos, de aí
que se estableza un paralelismo coas campañas de prensa actuais. Con
todo, o autor tiña unha grande liberdade creadora.
 Ciclos temáticos:
• Ciclo da guerra albixense: son composicións contra o rei e a
Igrexa, escritas nun ton moi apaixonado.
• Ciclo da reconquista: composicións sobre a reconquista
peninsular, que supoñía novos territorios e riquezas a repartir.

5
Neste senso, comparouse coas campañas de prensa actuais.
6
Nesta composición faise referencia a un castelán, o que lle dá pé a Menéndez Pidal para defender a
existencia dun lirismo pretrobadoresco peninsular. É o único poeta anónimo que se cita no sirventés e o
resto de trobadores escriben en provenzal, polo que non hai indicios para pensar que este anónimo o
fixese en castelán (e máis cando a lingua da lírica era o galego-portugués na península).

9 Literatura galega medieval I


2009/2010
USC
2. A civilización trobadoresca

• Ciclo dos asuntos de Italia.


• Ciclo sobre as loitas da 2ª ½ do s. XIII entre Francia e Aragón
(Aragón tiña intereses territoriais no sur de Francia).
• Ciclo das cruzadas de Oriente (35 composicións).
 O sirventés político e a cansó de crozada: algúns autores consideran
que as composicións incluídas no ciclo das cruzadas, o da
reconquista e o da guerra albixense, forman parte dun xénero
independente, a cansó de crozada.
 Autores: Bertran de Born foi o autor máis importante de sirventés
político.

3) Modalidades: Martin de Riquer considera que existe unha modalidade de


sirventés na que o trobador presume de facer cousas inverosímiles. Esta
modalidade denomínase gap.

4) Influencia na lírica galego-portuguesa: a cantiga de escarnio e


maldicir é herdeira directa do sirventés, pero desenvólvese nunha sociedade
diferente, o que fai que diste nalgúns aspectos das composicións provenzais:
a) É máis xocosa.
b) É máis obscena.
c) É moi persoal, xa que se adoita incluír o nome da persoa que se ataca (xa
sexa na cantiga ou na razó introdutoria).
d) A temática política é escasa, xa que a organización política é diferente: os
centros de poder son as cortes reais, non as nobiliarias, e os reis teñen un
poder tal que non necesitan ser defendidos, pero tampouco poden ser
atacados. Con todo, hai composicións deste tipo coma as escritas polos
trobadores defensores de Sancho II, exiliados a Castela trala guerra civil
portuguesa (anos 40s do s. XIII)

3.1.4. Planh
1) Contido: lamento fúnebre pola morte dalgún personaxe, que podía ser:
a) Un señor feudal (o máis frecuente), conservamos 33 composicións.
b) Á amada (5 composicións).
c) A un amigo (5 composicións).

2) Textos conservados: só conservamos 43 composicións, polo que é un


xénero menor.

3) Estrutura: sigue unha estrutura tripartita, cunha cuarta parte opcional


(se o lamento é por un señor):
a) Expresión da dor que sente o poeta, que convida ao lamento.
b) Gabanza do morto:
 Da liñaxe.
 Das terras nas que tiña poder.
 Das súas virtudes.
c) Rogo a Deus pola alma do defunto.
d) Gabanza do herdeiro (o trobador busca garantir a súa protección).

10 Literatura galega medieval I


2009/2010
USC
2. A civilización trobadoresca

4) Antecedentes:
a) Antigüidade clásica.
b) Poesía latina do momento.
5) Autores: Cercamon.

6) Influencia na lírica galego-portuguesa: dá lugar ao pranto:


a) Características: presenta o mesmo contido e estrutura có planh.
b) Textos conservados:
 4 de Pero da Ponte.
 1 de Johan de León pola morte de D. Dinis (1325).

3.1.5. Alba
1) Contido: composición de temática amorosa na que se cruzan outros dous
motivos temáticos:
a) Desenvólvese ao amencer.
b) O amencer obriga á separación dos amantes, o que implica que pasaron a
noite xuntos. Deben separar porque dentro do concepto do amor cortés a
dona era unha muller casada, polo que teñen que manter o secreto amoroso.
A parella podía ser axudada por un amigo, denominado gaita. Por outra
banda, a chegada ao grao de drutz supoñía un cambio na actitude dos dous:
ela non tiña porque desdeñar o trobador e el non tiña porque amosar
mesura.
2) Textos conservados:
a) 9 albas rectas, das que 7 son monólogos. Conservamos a música de dúas.
b) 9 albas relixiosas (chegada do día como alegoría da graza divina).
3) Autores: Raimbaut de Vaqueiras.
4) Orixe:
a) Poesía latina: Ovidio.
b) Litúrxica: tema do amencer.
5) Influencia na lírica galego-portuguesa:
a) O máis probable é que non exista o xénero, aínda que algúns autores
etiquetaron como alba unha cantiga de Nuno Fernandez Torneol polo seu
incipit: Levad’, amigo que dormides as manhanas frias. Con todo, xa
Tavani advertiu nos ano 60 de que se trataba dunha cantiga de amigo de
desamor, con influencia da alba, pero que non pode inscribirse dentro deste
xénero.
b) Conservamos cantigas de amigo con trazos da alba.

3.1.6. Pastorela
1) Contido: é unha composición amorosa na que podemos atopar as seguintes
características:
a) Encontro entre dous personaxes de diferente clase social, a pastor e o
cabaleiro, que pode ter diferentes desenlaces:
 A pastor acepta o cabaleiro.
 A pastor rexeita o cabaleiro.
 A pastor fica indecisa.
b) Ambientación no campo, no marco dunha natureza idílica.
11 Literatura galega medieval I
2009/2010
USC
2. A civilización trobadoresca

c) Descrición desa natureza idílica


d) Precisión toponímica.
e) Descrición da pastor.
f) Diálogo entre os personaxes, un trazo clave para algúns estudosos, pero
secundario para outros.
2) Difusión: é un xénero con gran éxito a fins do s. XII. Conservamos 25
pastorelas en lingua d’oc, pero máis de 100 en lingua d’oil.
3) Orixes:
a) Literatura latina medieval.
b) Composicións bucólicas da literatura latina clásica (Virxilio).
c) Segundo A. Ferrari foi Marcabru o creador do xénero (e tamén da tenzón).
4) Influencia na lírica galego-portuguesa: conservamos 7
pastorelas híbridas, a máis achegada ao modelo provenzal é a de Pero Amigo
de Sevilla, pero a forma e o contido son moi galeguizantes.

3.1.7. Xéneros aristocratizantes e xéneros


popularizantes (P. Bec)
1) Xéneros aristocratizantes:
a) Cansó.
b) Sirventés.
c) Planh.
2) Xéneros popularizantes:
a) Alba.
b) Pastorela.

3.1.8. Xéneros caracterizados pola versificación


3.1.8.1. Introdución
1) Balada:
a) Características: composición concibida para ser bailada.
b) Influencia na lírica galego-portuguesa: no estudo da lírica galego-
portuguesa aplicouse a etiqueta bailada en dous sentidos:
 Tradicionalmente refírese ás cantigas de amigo nas que se desenvolve a
temática da danza.
 Na actualidade, os investigadores do CIRP aplican o termo a un tipo de
composición caracterizado pola forma.
2) Dansa: composición concibida para ser bailada.
3) Descort:
a) Características: composición caracterizada pola variedade formal. P. Bec
defínea coma a anticansó, xa que na cansó a estrutura da primeira cobra
determina a das demais, mentres que no caso do descort estas son moi
variables.
b) Influencia na lírica galego-portuguesa: polo menos consérvanse 2
descorts
4) Outros:
a) Viadeira: composición semellante á cantiga de amigo, pero sen que
apareza unha voz poética feminina.
12 Literatura galega medieval I
2009/2010
USC
2. A civilización trobadoresca

b) Sonetto.
c) Estampida: composición moi rítmica que tiña a finalidade de ser bailada.
d) Retroencha: composición rítmica para ser bailada.

3.1.8.2. Balada
1) Características:
a) Son textos concibidos para seren bailados.
b) Estrutura maioritaria: AA bAba AA7, é dicir, o refrán mestúrase co corpo
da cobra.
c) Textos conservados: 9 baladas.
2) Influencia na lírica galego-portuguesa: o termo bailada
aplicouse tradicionalmente a cantigas de amigo que presentaban a temática
do baile. Con todo, o CIRP aplícao a aquelas composicións nas que o refrán
se mestura co corpo da cobra.

3.1.8.3. Descort
1) Características: Peire Bec defíneo coma a anti-cansó, xa que se trata de
composicións caracterizadas pola variación dos elementos compositivos (a
estrutura da primeira cobra non determina a das demais), o que implica que a
música tamén sexa diferente para cada estrofa.
2) Textos conservados: conservamos uns 30 descorts na lírica provenzal,
entre os que destaca o descort plurilingüe de Raimbaut de Vaqueiras:
a) Usa 5 linguas:
 Provenzal.
 Italiano.
 Francés.
 Gascón.
 Galego-portugués.
b) A estrofa en galego-portugués foi usada por Menéndez Pidal para defender
a existencia dunha lírica pretrobadoresca peninsular en castelán,
baseándose fundamentalmente en tres termos dos que defendeu a orixe
castelá. Con todo, Tavani defende que se trata só de tres formas fronte ao
resto de formas claramente galegas e, ademais, existen diverxencias entre
os manuscritos8. Estas formas son:
 vostro, que non aparece en ningún caso na lírica galego-portuguesa
(aínda que si que se rexistra nostro). Segundo Tavani é máis lóxico
pensar que se trata dunha influencia do provenzal vostre, e non do
castelán.
 muchas, forma para a que atopamos diverxencias nos manuscritos, xa
que nalgúns aparece a forma maites, máis achegada á galega.
 favlan, forma non galega (grupo <vl>), pero que tampouco pode ser
castelá como forma de xerundio, aínda que si provenzal.
3) Influencia na lírica galego-portuguesa: a existencia do xénero é
controvertida, xa que se lle aplicou esta etiqueta a unha composición satírica
que imita a forma poética da épica, é dicir, tiradas monorrimas cun número
7
As maiúsculas indican que se trata de versos de refrán.
8
Ademais, a temática da estrofa galega correspóndese coa desesperación da cantiga de amor.

13 Literatura galega medieval I


2009/2010
USC
2. A civilización trobadoresca

variable de versos. Neste caso, non parece que a intención do autor fose a de
facer un descort.

3.1.9. Os xéneros dialogados


3.1.9.1. Introdución
O diálogo entre os autores é un trazo propio da lírica trobadoresca, aínda
que foi máis intenso na provenzal ca na galego-portuguesa. Podía darse entre
trobadores coetáneos ou a través do tempo.
Os principais xéneros dialogados (nos que o diálogo se dá de xeito
directo) son:
1) Tensó: xénero dialogado que dá lugar á tenzón ou tensó galego-portuguesa.
2) Partimen ou joc partit: existente tamén na lírica galego-portuguesa.
3) Tornejament.
4) Cobla: composición moi breve, sen correlato na lírica galego-portuguesa.
5) Cobla tensonada: composición na que o diálogo se establece no marco
da estrofa.

Son xéneros que adoitan responder a normas moi estritas no


referente a:
a) Repartición igual do espazo poético.
b) Imposición das características formais: por parte do primeiro en intervir.

3.1.9.2. Tensó
1) Contido:
a) Cada autor defende a súa posición respecto dun tema determinado:
política, relixión, literatura, amor (o máis común).
b) Existe a tensó finxida, na que o autor dialoga co seu corazón, co seu cabalo,
cunha andoriña...
c) Segundo P. Bec tensó era o termo xenérico, que tamén englobaba o
partimen.
2) Orixe: segundo A. Ferrari foi Marcabru o creador do xénero.
3) Influencia na lírica galego-portuguesa: conservamos 30
tenzóns.

3.1.9.3. Partimen ou joc partit


1) Contido:
a) O primeiro autor propón un dilema, e o segundo adopta unha posición
sobre el, de xeito que o primeiro ten que adoptar obrigatoriamente a
contraria, polo que non ten porque coincidir co que el cre.
b) Os trobadores adoitan pedir o xuízo, ao señor ou aos presentes, de quen
galou o xogo.

***
As principais diferenzas entre a lírica provenzal e a galego
portuguesa, no referente aos xéneros, son:
1) Ausencia da cantiga de amigo na lírica provenzal.
2) Menor número de xéneros na lírica galego-portuguesa.
14 Literatura galega medieval I
2009/2010
USC
2. A civilización trobadoresca

3) A lírica galego-portuguesa ten xéneros que non existen na provenzal, como é


o caso do lais, tomado da literatura en lingua d’oil.

3.2. A forma dos poemas


1) Extensión das composicións9:
lírica provenzal lírica galego-portuguesa
5/7 estrofas 3/4 estrofas

2) Coblas:
lírica provenzal lírica galego-portuguesa
8/9 versos 6/7 versos
(7 nas de refrán e 3 nas paralelísticas)

3) Verso:
lírica provenzal lírica galego-portuguesa
10 sílabas 10 sílabas

4) Forma de mestría:
lírica provenzal lírica galego-portuguesa
- cantiga de amor:
en todos os xéneros (agás os ±50%.
caracterizados pola forma) - cantiga de escarnio e
implica que a rima é maldicir: 2/3.
consonante - cantiga de amigo: 30 de
504/512.

5) Ritmo:
lírica provenzal lírica galego-portuguesa
moi marcado menos importante

6) Tornada:
a) Características: estrofa breve situada ao final das composicións que
retoma a rima dos últimos versos da estrofa anterior e contén o envío das
mesmas:
 Nome da dama.
 Nome do xograr que interpreta a composción.
 Nome do protector (opcional), nestes casos hai dúas tornadas (unha co
envío á dama e outra co envío ao protector).
b) Influencia na lírica galego-portuguesa: hai un elemento inspirado na
tornada provenzal, pero cunha funcionalidade diferente: a fiinda:
 É unha estrofa final máis breve.
 Non contén o envío (a dama das cantigas de amor galego-portuguesas
era abstracta).
 A relación formal coas estrofas anteriores é máis complexa cá da
tornada.
9
A etiqueta cantiga só se aplica á lírica galego-portuguesa.

15 Literatura galega medieval I


2009/2010
USC
2. A civilización trobadoresca

7) O senhal:
a) Características: pseudónimo aplicado á dama, xa que a relación entre o
trobador e a súa senhor estaba socialmente mal vista (aínda que non
moralmente). Un poeta usaba sempre o mesmo senhal para dirixirse á súa
senhor. Ademais, o senhal tamén se lle pod
b) Influencia na lírica galego-portuguesa: non existe.

***

Malia estes esquemas máis frecuentes existe unha certa liberdade


formal.

16 Literatura galega medieval I


2009/2010
USC

You might also like