Download as doc, pdf, or txt
Download as doc, pdf, or txt
You are on page 1of 3

REXISTRO

ENTRADA
Nº de rexistro: 2008004881
Data: 13/03/2008 13:33:59

A/A ATENCIÓN DE PRESIDENCIA-ALCALDÍA:

Oleiros, 13 de Marzo de 2008

O BNG presentou (en Setembro de 2007) cando foi requerida polo Goberno
local unha relación de propostas para seren incluídas nos orzamentos
municipais. Moitas delas non son propostas estrictamente económicas, senón
que responden máis á vontade política de levar adiante unha serie de melloras
para as cidadás e cidadáns do concello, mais que pensamos que deben ser
contempladas no Orzamento Municipal de 2008, aínda que sexa con partidas
simbólicas como o compromiso escrito e aprobado en pleno de levar adiante
este ano unha chea de actuacións que de seguro mellorarán os servizos, os
investimentos e outras administracións no concello, e, polo tanto, tamén han
mellorar, sen dúbida, a calidade de vida en Oleiros. Estas propostas recollidas
en 40 puntos a día de hoxe son as que a continuación detallamos:

1. Pista de skate. Moi demandada.


2. Cubrición pista polideportiva IESP Neira Vilas. Único instituto sen
pista cuberta.
3. Apertura, dotación e mantimento da Oficina de Información
Turística no Castelo de Santa Cruz.
4. Oficina de Información Turística nos meses de verán en Santa
Cristina, co persoal necesario.
5. Restauración e ampliación do Museo dos Oleiros. Está
avellentado e ten pouco espazo.
6. Restauración da antiga Casa da Xuventude en Santa Cristina.
Encóntrase bastante deteriorada e sen uso despois de marchar
Protección Civil.
7. Adecentamento das oficinas dos grupos municipais no edificio
traseiro da Casa do Concello. O edificio anexo ao Concello só ten
amañado o local da radio. O resto non se corresponde coa imaxe
do resto de edificios públicos da capital municipal.
8. Instalación dun elevador na Casa Charry de Oleiros. A falta do
mesmo impede o dereito de todos os cidadáns a asistiren aos
plenos.
9. Criación de locais de ensaio para grupos de música. Locais
adaptados (insonorización e ligazóns para o material técnico). Os
instrumentos xa foron enviados pola Dirección Xeral de
Xuventude hai dous anos.
10. Compra de emisora móbil en Radio Oleiros para se posibilitar a
retransmisión de actividades e actos en directo. Agora mesmo só
se fai cos plenos por falta de medios técnicos.
11. Instalación de parques de saúde en áreas públicas como
parques, paseos marítimos, etc. Facilitan o acceso universal á
actividade física por parte dos cidadáns mediante aparellos
ximnásticos anti-vandalismo.
12. Reparación da polideportiva do CEIP “A Rabadeira”. É a
polideportiva máis antiga do concello. Precisa dunha grande
reforma para ser adaptada aos requisitos actuais a nível
deportivo, e precisa de se converter nun espazo polideportivo
moderno.
13. Terreo de 3000 metros cadrados de calificación de equipamento
social para un centro de día de nova construción de 80 usuarios.
14. Adaptación dun local para náutico de banco móbil na zona da ría
do Burgo.
15. Recuperación dos festivais Revela!, Nova Factory e Cabaré.
16. Mellora da iluminación nos núcleos úrbanos substituíndo aqueles
pontos que xeran contaminación lumínica.
17. Plano de estudo dos viais municipais para a súa mellora.
18. Plano de revisión de instalacións públicas para a súa mellora:
- Casas do Pobo, pavillóns, pistas descubertas, escolas,
parques, marquesinas, mobiliario urbano en xeral, etc.
- Redacción por parte do Departamento de Deportes do
Plano Director de Infraestruturas Deportivas.
19. Revisión dauus taxas municipais da auga no prezo mínimo para
premiar quen menos consome.
20. Disposición de terreos para construción de vivendas protexidas
no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda.
21. Terreo para a criación dun aparcamento de autocaravanas.
22. Terreo para a instalación dun albergue público municipal.
23. Inmóbeis para situar os locais de ensaio.
24. Terreos para a construción de dúas galescolas en Nós e
Dorneda.
25. Inmóbel para a criación dun centro de asesoramento afectivo-
sexual para a mocidade, da rede pública da Xunta “Quérote”.
26. Terreo ou inmóbel para se situar unha futura Escola Municipal de
Idiomas.
27. Terreo ou inmóbel para adxudicar unha futura Escola Municipal
de Artes.
28. Criación da Oficina da Muller.
29. Vivendas tuteladas para vítimas de acoso ou/e maltrato.
30. Traspaso das escolas infantís municipais á rede galega de
galescolas.
31. Mellora dos equipamentos informáticos e tecnolóxicos do
Concello. Creación da sinatura dixital, rede de videoconferencia, e
retransmisión de plenos e actos públicos pola rede, así como
outros actos diversos de interese público, e posibilidade de seren
realizadas operacións de rexistro a través da rede.

No plano da dotación de persoal necesario para os diferentes


departamentos, propomos unha contratación mínima destinada a seren
corrixidos e mellorados os servizos existentes:

32. Director/a cualificado/a para o Museo dos Oleiros. Nível: Licenciado/a


en Historia da Arte, Humanidades ou similar.
33. Técnico/a de Turismo. Nível: Diplomado/a na Escola Superior de
Turismo.
34. Técnico/a de Xuventude. Nível: Licenciado/a en Socioloxía,
Psicopedagoxía ou similar.
35. Monitor/a de deportes. Nível: Licenciado/a no INEF.
36. Xornalista para Radio Oleiros. Nível: Licenciado en Xornalismo.
37. Responsábel da Oficina da Muller. Nível: Licenciada en
psicopegagoxía ou equivalente. Nota: debe contratarse unha muller
para este servizo.
38. Dúas persoas para a Concellaría de Turismo, de apoio ao persoal
técnico. Nível: estudos de FP na especialidade de Turismo ou
similares.
39. Dous axentes para policías medioambientais.
40. Maior dotación de persoal laboral cualificado para corrixir as
carencias existentes na nave de servizos municipais.

Alén das 40 propostas que o BNG achega ao Goberno do Concello de


Oleiros, propomos unha de carácter xeral que estabeleza un salario mínimo de
1000€ líquidos mensais para todas/os as/os funcionarias/os do Concello,
incluíndo as 14 pagas anuais.

O BNG estudará a proposta do Goberno local en función da sensibilidade


que este teña para coa inclusión dos 40 puntos propostos nos orzamentos
municipais, e votará única e exclusivamente en función do que vexa reflectido
na proposta orzamentaria do Goberno, ou da posibilidade de inclusión como
emendas daquelas propostas non contempladas.

Asdo.

Josefina Quintáns Antelo


Portavoz do BNG no Concello de Oleiros

You might also like