Download as doc, pdf, or txt
Download as doc, pdf, or txt
You are on page 1of 3

REXISTRO

ENTRADA
Nº de rexistro: 2008004881
Data: 13/03/2008 13:33:59

A/A ATENCIÓN DE PRESIDENCIA-ALCALDÍA:

Oleiros, 13 de Marzo de 2008

O BNG presentou (en Setembro de 2007) cando foi solicitado polo Goberno local
unha relación de propostas para seren incluídas nos orzamentos municipais. Moitas
delas non son propostas estritamente económicas, senón que responden máis á
vontade política de levar adiante unha serie de melloras para as cidadás e cidadáns
do concello, mais que pensamos que deben ser contempladas no Orzamento
Municipal de 2008, aínda que sexa con partidas simbólicas como o compromiso
escrito e aprobado en pleno de levar adiante este ano unha chea de actuacións que
de seguro mellorarán os servizos, os investimentos e outras administracións no
concello, e, polo tanto, tamén han mellorar, sen dúbida, a calidade de vida en
Oleiros. Estas propostas recollidas en 40 puntos a día de hoxe son as que a
continuación detallamos:

1. Pista de skate. Moi demandada.


2. Cubrición pista polideportiva IESP Neira Vilas. Único instituto sen pista cuberta.
3. Apertura, dotación e mantemento da Oficina de Información Turística no Castelo
de Santa Cruz.
4. Oficina de Información Turística nos meses de verán en Santa Cristina, co persoal
necesario.
5. Restauración e ampliación do Museo dos Oleiros. Está avellentado e ten pouco
espazo.
6. Restauración da antiga Casa da Xuventude en Santa Cristina. Encóntrase
bastante deteriorada e sen uso despois de marchar Protección Civil.
7. Arranxo das oficinas dos grupos municipais no edificio traseiro da Casa do
Concello. O edificio anexo ao Concello só ten amañado o local da radio. O resto non
se corresponde coa imaxe do resto de edificios públicos da capital municipal.
8. Instalación dun elevador na Casa Charry de Oleiros. A falta do mesmo impide o
dereito de todos os cidadáns a asistiren aos plenos.
9. Creación de locais de ensaio para grupos de música. Locais adaptados
(insonorización e ligazóns para o material técnico). Os instrumentos xa foron
enviados pola Dirección Xeral de Xuventude hai dous anos.
10. Compra de emisora móbil en Radio Oleiros para se posibilitar a retransmisión de
actividades e actos en directo. Agora mesmo só se fai cos plenos por falta de
medios técnicos.
11. Instalación de parques de saúde en áreas públicas como parques, paseos
marítimos, etc. Facilitan o acceso universal á actividade física por parte dos
cidadáns mediante aparellos ximnásticos anti-vandalismo.
12. Reparación da polideportiva do CEIP “A Rabadeira”. É a polideportiva máis
antiga do concello. Precisa dunha grande reforma para ser adaptada aos requisitos
actuais a nível deportivo, e precisa de se converter nun espazo polideportivo
moderno.
13. Terreo de 3000 metros cadrados de cualificación de equipamento social para un
centro de día de nova construción de 80 usuarios.
14. Adaptación dun local para náutico de banco móbil na zona da ría do Burgo.
15. Recuperación dos festivais Revela!, Nova Factory e Cabaré.
16. Mellora da iluminación nos núcleos urbanos substituíndo aqueles puntos que
xeran contaminación lumínica.
17. Plano de estudo dos viais municipais para a súa mellora.
18. Plano de revisión de instalacións públicas para a súa mellora:
- Casas do Pobo, pavillóns, pistas descubertas, escolas, parques, marquesiñas,
mobiliario urbano en xeral, etc.
- Redacción por parte do Departamento de Deportes do Plano Director de
Infraestruturas Deportivas.
19. Revisión das taxas municipais da auga no prezo mínimo para premiar quen
menos consome.
20. Disposición de terreos para construción de vivendas protexidas no Rexistro
Único de Demandantes de Vivenda.
21. Terreo para a creación dun aparcamento de autocaravanas.
22. Terreo para a instalación dun albergue público municipal.
23. Inmóbeis para situar os locais de ensaio.
24. Terreos para a construción de dúas galescolas en Nós e Dorneda.
25. Inmóbel para a creación dun centro de asesoramento afectivo-sexual para a
mocidade, da rede pública da Xunta “Quérote”.
26. Terreo ou inmóbel para se situar unha futura Escola Municipal de Idiomas.
27. Terreo ou inmóbel para adxudicar unha futura Escola Municipal de Artes.
28. Creación da Oficina da Muller.
29. Vivendas tuteladas para vítimas de acoso ou/e maltrato.
30. Traspaso das escolas infantís municipais á rede galega de galescolas.
31. Mellora dos equipamentos informáticos e tecnolóxicos do Concello. Creación da
sinatura dixital, rede de videoconferencia, e retransmisión de plenos e actos
públicos pola rede, así como outros actos diversos de interese público, e
posibilidade de seren realizadas operacións de rexistro a través da rede.

No plano da dotación de persoal necesario para os diferentes departamentos,


propomos unha contratación mínima destinada a seren corrixidos e mellorados os
servizos existentes:

32. Director/a cualificado/a para o Museo dos Oleiros. Nível: Licenciado/a en


Historia da Arte, Humanidades ou similar.
33. Técnico/a de Turismo. Nível: Diplomado/a na Escola Superior de Turismo.
34. Técnico/a de Xuventude. Nível: Licenciado/a en Socioloxía, Psicopedagoxía ou
similar.
35. Monitor/a de deportes. Nível: Licenciado/a no INEF.
36. Xornalista para Radio Oleiros. Nível: Licenciado en Xornalismo.
37. Responsábel da Oficina da Muller. Nível: Licenciada en psicopedagoxía ou
equivalente. Nota: debe contratarse unha muller para este servizo.
38. Dúas persoas para a Concellaría de Turismo, de apoio ao persoal técnico. Nível:
estudos de FP na especialidade de Turismo ou similares.
39. Dous axentes para policías ambientais.
40. Maior dotación de persoal laboral cualificado para corrixir as carencias
existentes na nave de servizos municipais.

Alén das 40 propostas que o BNG achega ao Goberno do Concello de Oleiros,


propomos unha de carácter xeral que estabeleza un salario mínimo de 1000€
líquidos mensuais para todas/os as/os funcionarias/os do Concello, incluíndo as 14
pagas anuais.

O BNG estudará a proposta do Goberno local en función da sensibilidade que este


teña para coa inclusión dos 40 puntos propostos nos orzamentos municipais, e
votará única e exclusivamente en función do que vexa reflectido na proposta
orzamentaria do Goberno, ou da posibilidade de inclusión como emendas daquelas
propostas non contempladas.

Asdo.

Josefina Quintáns Antelo


Portavoz do BNG no Concello de Oleiros

You might also like