Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 332

Cultura tradicional

Cultura tradicional e desenvolvemento rural


e desenvolvemento
rural

Edición co Patrocinio de

Coa participación da UNIÓN EUROPEA

Proxecto cofinanciado polo FEDER Xavier Simón Fernández e Xabier Prado Orbán (eds.)
Cultura tradicional
e desenvolvemento rural
Patrocinio da edición Xunta de Galicia
Universidade de Vigo

Edición a cargo de Xavier Simón Fernández e Xabier Prado Orbán

Deseño seteseoitodeseñográfico

Imprime Artes Gráficas Diumaró

ISBN-13 978-84-611-2829-7

ISBN-10 84-611-2829-X

Depósito Legal VG-1078-2006

Este libro foi impreso en papel ecolóxico.


Índice

Presentación 11
Edelmiro López Iglesias. Director Xeral de Desenvolvemento Rural

Limiar
Cultura tradicional e desenvolvemento. Unha achega posnormal
para transformarmos o mundo rural 13
Xavier Simón Fernández; Xabier Prado Orbán

Introdución
01 O Proxecto Cantata. Unha aposta pola cultura xenuína 35
Rosario Álvarez Cao

02 A cultura tradicional galego-portuguesa 43


Álvaro Campelo

03 O Intanxible Común 47
Francisco Fernández Rei

04 A Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal


e a cultura común galego-portuguesa 51
Manuel Cao Fernández

05 Patrimonio inmaterial vs. materialismo “apatrimonial” 57


Xerardo F. Santomé

06 Arte, Creación, Vida 61


Antón Patiño

07 A posta en valor do patrimonio etnográfico. Apuntamentos breves 63


e reflexión crítica
Xosé C. Sierra Rodríguez

08 Accións de salvagarda para o patrimonio cultural inmaterial 71


Iván Area Carracedo; Anxo Fernández Ocampo; Xabier Prado Orbán;
Xavier Simón Fernández

09 O coñecemento tradicional como un alicerce para 77


construírmos o futuro
Xavier Simón Fernández

A candidatura do Patrimonio Inmaterial (PI) galego-portugués


como obra mestra da humanidade
10 Un patrimonio para o futuro: manifesto a favor do Patrimonio 87
Inmaterial galego-portugués
Suso de Toro

11 Romance e árbore das tradicións orais galego-portuguesas 89


Jorge Santos Silva; Xabier Prado Orbán
12 Presenza de elementos culturais europeos na cultura tradicional
galego-portuguesa 93
Xosé L. Méndez Ferrín

13 Candidatura de Patrimonio Inmaterial e desenvolvemento rural 97


Xabier Prado

14 Ponte…nas Ondas!: 1 patrimonio para o futuro 101


Santiago Veloso

15 As Escolas UNESCO e o desenvolvemento 103


Luísa Márquez

16 A lusofonia como um factor valorizador da cultura tradicional galega


e das súas potencialidades económicas 105
Jorge Rodrigues Gomes

Institucións, axentes e PI
17 O Consello da Cultura Galega e os estudos de etnografía en Galicia 111
X.M. González Reboredo

18 Actividades de dinamización do Museo do Pobo Galego 115


Ana Estévez

19 Museu Agrícola de Entre Douro e Minho e o seu contributo para


dar visibilidade a um tesouro invisível: o Patrimonio Inmaterial
do Mundo Rural 119
Abraão Veloso

20 Xermolos na recuperación do patrimonio 123


Alfonso Blanco Torrado

21 Cando o museo está dentro da escola 127


Secundino García

22 A Universidade Rural Paulo Freire do Eume 131


Miguel Teixido Sotelo; Xavier Briset

23 Achegas ao perfil humano do emigrante galego 135


Xosé Lois García

Manifestacións de PI: a cosmovisión


24 A Universidade Rural Galega e a posta en valor dos Saberes 141
Secundino García

25 ¡Non sen elas! O papel das mulleres na cultura tradicional 145


Rosa Pascual Abal; Puri Pérez Leirós

26 A agricultura tradicional como opción de futuro 147


Xoán Carlos Carreira Pérez

27 Agricultura tradicional alternativa na aldea de Reboreda 151


Pilar Penín Penín; Eloi Davila González

28 Conservando e valorizando a biodiversidade: un exemplo pioneiro


e exitoso manexando o vacún na provincia de Ourense 155
José Luís Vaz Fernández
29 A galiña piñeira 159
Xan Ramón Díaz Saavedra

30 Un novo impulso para os montes veciñais: un patrimonio único 161


Xosé Represas Giráldez

31 Desenvolvemento local e patrimonio. Mardelira: un proxecto


de desenvolvemento sustentable 165
Emilio Louro Lamela

32 Agora ou nunca. A talasonimia 169


Xosé Lois Pilar Pedreira

33 As embarcacións fluviais como recurso 173


Xosé Manuel Vázquez

34 As pesqueiras do Miño, un patrimonio en perigo 177


Inma Peniza

Manifestacións do PI: o universo artesán


35 A tradición, un patrimonio para o futuro 187
José Antonio González Fernández

36 Centro de Recuperación da Cultura Popular (CRCP) do Castelo


de Vilasobroso (Ponteareas) 191
Ilda Amoedo Amoedo; Rafa González Goyanes

37 As olerías de Sober: unha experiencia 195


Tomás López González

38 Os derradeiros batáns de Galicia 199


Manuel Suárez Suárez

Manifestacións do PI: o universo lúdico-festivo


39 O proxecto Galicia Encantada. A web da fantasía popular de Galicia 207
Antonio Reigosa

40 O patrimonio lúdico galego 209


Lois Pardo

41 Algunhas propostas de acción de salvagarda en torno


á música tradicional 213
Iván Area Carracedo; Pablo Carpintero Arias

42 Os ranchos de Reis na Galiza. O caso de Guláns (Ponteareas) 221


Nieves Barrera; Marisol González

43 Os músicos da Limia 227


Iván Area Carracedo; Cástor Castro Vicente

44 Chegou o Entroido 231


Xosé Manuel Atanes

Traballando co patrimonio inmaterial: as prácticas textuais


45 Cago na guineta: da salvagarda como reciprocidade
entre texto e habitante 239
Anxo Fernández Ocampo
46 A revista oral O Pazo das Musas. Unha proposta para a dinamización
da cultura popular 245
Antonio Reigosa

47 Cultura tradicional nas aulas: improvisación oral 247


Hortensia Bautista Fernández

48 A regueifa no mundo actual 251


Pinto de Herbón

49 Educación ambiental a través dos contos tradicionais 255


Papaventos. Escola Ambiental

50 Dinamización cultural na parroquia de Proendos 259


Alfonso Campos; Manuel Falagueiro

Territorio, patrimonio e desenvolvemento


51 As imaxes do territorio: paisaxes e marcas de identidade 267
Xosé Manuel Souto González

52 Achegamento a algúns principios do desenvolvemento sustentable 273


Ramón López Rodríguez

53 A cultura da auga: balnearios e mares interiores


na comarca do Ribeiro 277
Rosario Álvarez Cao; Arturo Revilla Bonnin

54 A cultura enerxética en Galicia. Cara ao turismo industrial


na comarca do Eume 285
Rosario Álvarez Cao; Arturo Revilla Bonnin

55 A cultura vitivinícola na comarca do Ribeiro. A ruta das aldeas


vitivinícolas medievais 289
Rosario Álvarez Cao; Luis Cohen Bossié; Arturo Revilla Bonnin;
Ana Suárez Samaniego

56 A valorización dos produtos tradicionais na comarca da Ulloa.


A súa integración no Proxecto Cantata 295
Rosario Álvarez Cao; Guadalupe Fernández Bouza

57 Marca de Calidade Territorial ULLAUMIA 299


Xosé Mª Tobío Iglesias

58 O Centro de Desenvolvemento Rural “Ancares” 303


Ramiro Martínez Carballosa

Transmisión e difusión do PI
59 Mostra do Patrimonio Inmaterial en Ourense 311
Xerardo Feijoo; Lois Pardo

60 O sobrevivir do rural. A experiencia de San Tirso de Abres 315


Loli Gutiérrez

61 Encontro da cultura tradicional do Bierzo e As Portelas 319


Marisa Cela López; Héctor M. Silveiro Fernández

62 Estiño: un pouco de historia 323


Colectivo Pedagóxico Estiño de Escolas Rurais

Relación de autoras e autores 326


Presentación
A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO),
na 32ª reunión da súa Conferencia Xeral celebrada en París no ano 2003, aprobou a
Convención para a salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial. En novembro de 2005 a
Candidatura de Patrimonio Inmaterial Galego-Portugues concorreu á Terceira Proclamación
de Obras Mestras do Patrimonio Oral e Inmaterial da Humanidade, buscando o recoñece-
mento das tradicións orais de ambos países. Daquela, pese ao esforzo dos promotores da
candidatura, non se acadou tal consideración.
As sociedades rurais tradicionais son portadoras dun gran patrimonio de carácter oral e
inmaterial. Pénsese, sen ir máis lonxe, nas tarefas vinculadas ao ciclo agrario. Todas elas inclu-
ían unha forte carga cerimonial: cantigas, danzas, traxes... Pénsese tamén nas lendas popula-
res pero tamén na cultura (cerimonia) do viño e tamén no aproveitamento tradicional da ener-
xía dos ríos. Agora, boa parte destas expresións atópanse nunha situación de vulnerabilidade.
Son moitas máis, porén, as expresións e manifestacións inmateriais comúns entre Galiza
e Portugal: a primeira delas a lingua. A nosa forma de relacionarnos os uns cos outros e co
mundo, e que nos confire identidade. Patrimonio Inmaterial é tamén a nosa forma de
nomear o que nos rodea e os lugares nos que vivimos. A toponimia, polo tanto, tamén for-
ma parte dese excelente capital que temos que resgardar do esquecemento.
É neste contexto no que é pertinente a definición de accións de salvagarda que buscan
garantir a viabilidade do Patrimonio Cultural Inmaterial. As accións deben traballarse cun
enfoque participativo posto que os verdadeiros protagonistas, os portadores, son os homes
e mulleres do medio rural.
Non obstante, cómpre deixar moi claro que para a Consellaría do Medio Rural non esta-
mos falando só de pasado, senón sobre todo do futuro. A tarefa colectiva que esta
Consellaría pretende liderar nos próximos anos é a de construír un medio rural galego vivo
adaptado ás novas condicións do século XXI, e un dos seus alicerces (tamén no plano
socioeconómico) ten que ser a conservación renovada e a posta en valor do patrimonio
natural e cultural herdado do pasado.
En consecuencia, non se trata só de salvagardar senón que as actuacións deben dirixir-
se de modo preferente a identificar oportunidades e novas alternativas de produción e con-
sumo de produtos rurais. Neste sentido, valores sociais e ambientais tradicionais, adecua-
damente postos ao día, poden axudar a dar resposta aos problemas de despoboamento e
abandono que caracterizan hoxe o noso medio rural. O patrimonio cultural –o material e
inmaterial- é un dos recursos do que poden nacer iniciativas de emprego para os mozos;
unha materia prima que pode ser motor e xeradora de riqueza e benestar e, por iso, cóm-
pre prestarlle atención crecente.
Finalmente, no mundo actual, convivindo co excepcional desenvolvemento das canles
de comunicación, existe unha evidente necesidade de actualización de enfoques e usos dos
patrimonios locais inmateriais, co que xorden, tamén aquí, novas formas de cooperación,
hoxe aínda maioritariamente exercidas a través de canles institucionais.
A presente publicación pon de manifesto a extraordinaria riqueza do noso patrimonio
inmaterial e, sobre todo, que este patrimonio está vivo, que evoluciona e que quere crear
un futuro propio. Este será o mellor recoñecemento que poda acadar.

Edelmiro López Iglesias


Director Xeral de Desenvolvemento Rural
Consellaría do Medio Rural
Xunta de Galiza
Limiar
Cultura tradicional e desenvolvemento
Unha achega posnormal para transformarmos
o mundo rural

Xavier Simón Fernández; Xabier Prado Orbán

Esta pequena achega ao estudo e dinamización do patrimonio inmaterial galego e, por


extensión, do noroeste peninsular, é o resultado da vinculación no tempo dun conxunto
de axentes, movementos sociais, institucións e organismos públicos así como de persoas a
nivel individual.
O vínculo vén establecido polos promotores da candidatura do Patrimonio Inmaterial
Galego-Portugués á proclamación pola UNESCO como Obra Mestra da Humanidade que,
malia non ter recibido ese recoñecemento, abriron novos campos de batalla nos que con-
tinuar a loita pola defensa e posta en valor do noso PI.
O soporte material e institucional desta publicación vén dado pola coincidencia de
obxectivos entre aquela iniciativa e o proxecto “Cantata” do arco atlántico europeo, como
se explicará máis adiante.
É esta unha publicación mestiza no sentido de dar entrada a autores e colectivos que
participan non en función do seu recoñecido prestixio, vara de medir predominante na
ciencia normal, senón en función de estaren afectados, en diferentes medidas, polo proce-
so de recuperación e valorización do patrimonio inmaterial galego-portugués. Así, entre os
autores encontramos científicos consagrados, pequenos aprendices de científicos, porta-
dores e portadoras, axentes de dinamización social, mestres, políticos e artistas, utilizan-
do diferentes formatos como entrevistas, textos formais, contos e outros.
Esta publicación, xa que logo, encádrase dentro do novo paradigma científico deno-
minado ciencia posnormal. Neste novo paradigma, ademais de dar importancia ás perso-
as, independentemente da súa valía científica, o obxectivo non é “acertar de forma exacta”
na diagnose do problema analizado, pois recoñécese a existencia de incertezas ineludíbeis.
Por outra parte, cando enfocamos un problema desde esta perspectiva colócase en pri-
meiro lugar os compromisos ou valores dos axentes implicados máis que os feitos obxec-
tivos, tal e como se fai na perspectiva científica. Neste sentido cómpre sinalar que de acor-
do coa perspectiva da UNESCO, o enfoque do patrimonio inmaterial está centrado nas
persoas (os denominados “portadores”) e nas súas comunidades.
Ademais todos os autores deste libro coinciden na preocupación polo estado actual
do noso patrimonio inmaterial en todas as súas esferas; é dicir, manifestan explicita-
mente a existencia dun grave problema e o seu compromiso a traballar a prol da súa
Cultura tradicional e desenvolvemento. Unha achega posnormal para transformarmos o mundo rural

defensa. Dito doutro xeito, o que está en xogo é moito: eis outra das características dos
problemas posnormais.
Neste sentido, o cambio político na Xunta de Galicia é observado como unha moi boa
noticia para a defensa e valorización do PI pois o novo goberno cre na natureza do pro-
blema e comprométese a fondo na súa salvagarda. Porén, a resolución dos problemas pos-
normais non é algo exclusivamente técnico nin pode depender da vontade política especí-
fica deste ou de calquera outro goberno. A calidade das estratexias de resolución para a
defensa e posta en valor do PI ha de medirse a través dunha cada vez maior participación
e compromiso de leigos e expertos.
Por outra parte, o conxunto de traballos que fan parte desta obra colectiva non preten-
den sentar cátedra e ser unha referencia absoluta no ámbito da cultura tradicional, espe-
cialmente no que ten que ver cos procesos de valorización. Máis ben, queren ser o punto
de partida para un debate rigoroso, pausado e transparente, sobre as posibilidades que
existen para definir novos sistemas de intercambio social, económico e ecolóxico que con-
sideren oportuno tomar como alicerce a cultura tradicional propia. É dicir, a perspectiva
que nos moveu a xuntar esforzos non é tanto a adoración da cultura tradicional como unha
fin en si mesma na que os autores deste libro sexamos as “estrelas” senón, sobre todo,
tomar a cultura tradicional no seu conxunto, e cada unha das súas manifestacións parti-
culares, como un medio útil para alcanzarmos maiores niveis de desenvolvemento.
No noso país, durante décadas, ducias de persoas e colectivos traballaron a prol da cul-
tura tradicional realizando un labor, en moitos casos de “salvación nacional”, poucas veces
recoñecido e valorado no seu xusto punto. Sen querermos atribucións que non nos corres-
ponden, gustaríanos que este libro fose ollado como un pequeno recoñecemento ao traba-
llo de todos e todas eles e elas.
O libro témolo estruturado nunha parte introdutoria e oito partes, que brevemente
comentamos de seguido, destinadas a facer un percorrido por diferentes aspectos vence-
llados co PI. Queremos recalcar que a idea condutora de todas as achegas é que o PI pode
ser un dos alicerces para definirmos estratexias de desenvolvemento que dean resposta a
algúns dos problemas máis graves aos que se enfronta o mundo rural galego, entendido
este de xeito amplo incluíndo, xa que logo, tamén ao mundo mariñeiro.

Introdución
A idea motriz desta publicación de ser un compendio de iniciativas que resulten nun-
ha chamada á acción participativa a prol da salvagarda do PI como unha contribución ao
desenvolvemento sustentábel, xustifica de por si a inclusión dun apartado específico de
carácter netamente introdutorio, a modo dun “compendio de introducións”.
Cada un desde a súa particular perspectiva persoal, profesional ou institucional, os dife-
rentes autores ofrécennos unha visión sintética deste vasto universo conceptual e ideolóxico.
Rosario Álvarez Cao, desde a Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia,
marca os aspectos máis salientábeis desa iniciativa denominada Cantata que tenta pular
pola valorización de distintos aspectos do patrimonio inmaterial. Esta proposta, cuxas
experiencias están espalladas ao longo do libro, serve para amosar un dos camiños, o ins-
titucional, que serven para traballar a prol do patrimonio inmaterial.
A dimensión transnacional do PI fica nitidamente clara co texto de Álvaro Campelo. A
visión deste investigador, redactor da parte portuguesa do dossier presentado á UNESCO,
é moi interesante para o obxectivo fundamental desta publicación. Non en van, Campelo
apela a “investigar e desenvolver conhecimento no campo dos recursos naturais e na defe-

14
Limiar

sa do ambiente” e a “fundar uma economia do saber na capacidade que temos de estarmos


abertos ao mundo” co obxectivo de sermos “herdeiros dignos da cultura que recebemos e
participantes neste mundo globalizado”. Neste mesmo sentido exprésase Francisco
Fernández Rei nese artigo con título tan suxerente (“o intanxible común”) que fora escrito
para alimentar o proceso da Candidatura. Fernández Rei coida que as tradicións orais han
ser recuperadas, revitalizadas e transmitidas pois deste xeito “os galegos e os portugueses
(e tamén os estremeiros) que habitamos a costa e o interior da antiga Gallaecia contribui-
remos a afianzar a nosa identidade común neste xeira globalizadora e uniformizadora”.
O papel que o patrimonio inmaterial pode ter, como elemento de dinamización socioe-
conómica, para as comunidades galega e do norte de Portugal fica sobranceiramente expli-
citado no artigo de Manuel Cao Fernández, desde a Comunidade de Traballo Galicia-Norte
de Portugal (CTGNP). Cómpre sinalar tanto o rol que a CTGNP tivo durante o proceso da
candidatura como as súas intencións actuais para apoiar iniciativas orixinais que tenten
avanzar no proceso de valorización do patrimonio inmaterial.
O traballo de Xerardo F. Santomé introduce a polémica rigorosa arredor dos proce-
sos de mercantilización do patrimonio inmaterial, un aspecto salientábel que non debe-
mos esquecer. Santomé apunta que “detrás da meirande parte dos intentos de actuali-
zación e modernización (do PI) existen intereses particulares soterrados: intereses que
van desde a busca de prestixio social e profesional ata os económicos, como fin última,
e pasando polos políticos”. Neste sentido atrevémonos a apuntar, para o debate, o
comentario da Sra. Concha de Luneda, que se reproduce no texto do gaiteiro de Xistra:
“A min déronmo ghratis e eu dóuvolo ghratis. O importante é conservalo, que é o máis
ghrande que temos”.
O texto de Antón Patiño vai nesta mesma liña, cando sinala que “a endogamia acrí-
tica, o ensimesmamento compracente e folclórico nun ruín oficialismo populista foron
deica agora as consignas e as coordenadas básicas da actuación política co relación á
cultura” Demandando “vitaminas de autoestima” e facéndose eco das palabras de Uxío
Novoneyra, o pintor, neste libro escritor, sinala que as cuestións clave son “preservar e
conservar, inventar e transmitir”. Para convertermos en circunstancial o “déficit de
visionarios” que padece a nosa terra, Patiño demanda arte, creación e vida, triloxía que
ha servir, no caso particular do PI, para construírmos novos escenarios esperanzadores
para o noso país.
Ao duplo obxectivo de sinalar apuntamentos críticos do que levamos feito ou deixado
de facer e camiños para a valorización do PI, en especial no que se refire ao papel dos
museos etnográficos, destínase o texto de Xosé Carlos Sierra.
O traballo conxunto de Iván Area, Anxo Ocampo, Xabier Prado Orbán e Xavier
Simón Fernández vai na liña creativa ao deseñar liñas mestras para avanzar no proceso
de salvagarda do PI. Resulta moi interesante a sistematización realizada neste texto en
relación co proceso de salvagarda ao distinguiren as fases de comprensión, intervención
e recomposición que veñen resumir moi acertadamente os pasos necesarios para o tan
necesario proceso de valorización do PI.
A introdución finaliza cun texto de Xavier Simón Fernández no que se sinalan as
grandes oportunidades existentes para construírmos novas alternativas de produción e
consumo de produtos rurais cos alicerces do sistema agrario tradicional. Sen excluír os
avances tecnolóxicos, nin moito menos, Simón apunta que o sistema agrario tradicional,
base na que se desenvolveu durante centurias a nosa cultura tradicional, ten valores
sociais e ambientais que poden dar resposta aos actuais problemas de despoboamento e
abandono dos recursos produtivos.

15
Cultura tradicional e desenvolvemento. Unha achega posnormal para transformarmos o mundo rural

A candidatura
O Manifesto “Un Patrimonio Para o Futuro” escrito por Suso de Toro e asinado por tre-
ce persoas de prestixio nacional e internacional no mundo da cultura, manifestando que o
Noroeste da Península Ibérica “é unha esquina da Europa que non é lugar de paso, senón
un recipiente no que se foron integrando elementos diversos de modo continuado” resalta
que “aquí vemos que o máis específico local noso é precisamente a cultura europea máis
profunda”. Perspectiva que coincide coa de Xosé Luís Méndez Ferrín, no texto elaborado
por Xabier Prado Orbán, Hortensia Bautista e Isabel Fernández, cando di “pódese dicir que
estamos a falar dunha cultura europea no máis amplo sentido do termo” cando nos referi-
mos á cultura galego-portuguesa.
Por outra parte, os asinantes do Manifesto salientan a necesidade de esculcar, estimar e
respectar o propio patrimonio cultural devecendo pola súa proclamación pola UNESCO
pois iso mellorará a calidade de vida e será unha marca de identidade aquí e “en todo o
mundo a través das persoas e países nos que fai parte da súa identidade”.
Esta visión que parte do local pero que está situada no mundo, ocupando un espazo
simbólico e tamén material, foi un punto de partida acertado que explica o éxito da can-
didatura, malia no ter alcanzado o recoñecemento.
O romance do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués, traballo realizado conxunta-
mente por un portugués, Jorge Santos Silva, e un galego, Xabier Prado Orbán, foi realiza-
do como complemento da Árbore do Patrimonio, feita por un alumno dunha Escola
Asociada á UNESCO, Pablo Prado, no que se resumen os principais elementos da cultura
tradicional común en formato de banda deseñada.
O proceso de candidatura iníciase, de feito, moito antes do mesmo coñecemento polos
promotores da existencia de tal posibilidade diante da UNESCO. De xeito paralelo, as
Escolas galegas da Rede Internacional de Escolas Asociadas á UNESCO, por unha parte, e
Ponte… nas Ondas!, Asociación cultural da que forman parte centros de ensino galegos e
portugueses, poñen en marcha iniciativas que conflúen en iniciativas comúns previas,
como explica Xabier Prado no seu artigo, e levan a un traballo conxunto de 4 anos de pre-
paración da candidatura e busca de adhesións. Ponte… nas Ondas!, en palabras do seu
Presidente Santiago Veloso, coa presentación da Candidatura “culminou un ciclo de 11
anos que, lonxe de pecharse en si mesmo, quere abrirse á sociedade galega e portuguesa
para compartir e ofrecer unha actividade innovadora e creativa”.
Innovar e Crear, eis dous verbos necesarios para a defensa da cultura tradicional e a súa
posta en valor. Unha vez máis, como escribe Luísa Márquez, a actividade previa e innovado-
ra das Escolas UNESCO, mobilizando durante tempo a comunidade educativa en Redes
Internacionais de Escolas que defenden os Dereitos Humanos e pulan pola aprendizaxe inter-
cultural e a protección do medio ambiente, foi un insumo fundamental no resultado final da
candidatura. Outro tanto podemos dicir das Escolas asociadas en Ponte… nas Ondas!: ven-
cellando a escolares de fala galega en moitos países do mundo con actividades participativas
de formación e diversión foron construíndo, creando, a dimensión internacional asociada ao
noso patrimonio inmaterial presente no proxecto de candidatura finalmente deseñado.
Esta sección do libro finaliza co traballo de Jorge Rodrigues Gomes, autor da primeira
formulación do concepto de cultura tradicional galego-portuguesa para a Candidatura á
UNESCO, na cal aportou tamén o seu traballo de investigación encol das xergas gremiais
do noroeste peninsular como elemento inmaterial por excelencia. Rodrigues propón no seu
artigo unha reflexión sobre a importancia e o interese que ten para a Galiza o achegamen-
to ao mundo cultural da lusofonía.

16
Limiar

O proceso iniciado polos promotores ten outra virtude que cómpre salientar: iniciado
desde o mundo educativo público foi quen de alcanzar un elevado nivel de participación
de axentes, portadores, investigadores, comunicadores, educadores e, en xeral, cidadáns
conscientes, e institucións, xerando un certo nivel de participación horizontal que xerou
aprendizaxe mutua e deixando pouso suficiente para que o traballo a prol do PI bula e ince
as mentes e espazos de traballo e compromiso de moitos e moitas galegas.
Se o agromo da candidatura foi o resultado dun proceso plural e participativo, e por iso
foi un éxito, o traballo que se queira desenvolver a partir deste momento tense que mover
neses parámetros. É necesario dar cabida a todos os que teñan algo que dicir, desde os lei-
gos aos expertos, e cómpre abrir novos ámbitos para facilitar a participación permanente
na diagnose e avaliación de oportunidades en relación ás accións de salvagarda do PI.

Institucións, axentes e PI
Neste senso, este libro foi concibido como un medio que permita facer constar o papel
desenvolvido polos axentes sociais, independentemente do seu carácter ou ubicación, na
defensa e salvagarda do PI.
Xosé Manuel González Reboredo, redactor da parte galega do dossier presentado á
UNESCO, como membro da Sección de Antropoloxía Cultural do CCG fai un recoñece-
mento do traballo previo feito polos principais “folkoristas e etnógrafos” e relaciona as
principais actividades que se teñen realizado a prol do PI. Cómpre sinalar que González
Reboredo chama a atención sobre a necesidade de que os axentes de desenvolvemento
rural valoren no seu xusto punto o valor da cultura tradicional pois “algúns (dos seus) ele-
mentos poden ser recuperados de maneira operativa, con fins turísticos, comerciais, de agri-
cultura ecolóxica ou de cohesión social”. A vinculación entre cultura tradicional e desen-
volvemento convértese, como diciamos, no eixo condutor desta publicación.
Que fagamos mención dunha única institución pública, o CCG, que se dedica á inves-
tigación antropolóxica, non quere dicir que non existan outros Centros que teñan esa fun-
ción. Os Departamentos universitarios son, sen dúbida, un lugar común onde se realiza
investigación deste tipo mais cómpre salientar que poucas veces se dá o paso adiante de
vincular etnografía, cultura tradicional e desenvolvemento social.
No cumio institucional traballando a prol do PI está o Museo do Pobo Galego (MPG).
Ana Estévez amósanos como o MPG traballa, principalmente, no eido da difusión do patri-
monio inmaterial cando, acertadamente, sinala que os aspectos inmateriais do noso patri-
monio “están unidos de forma inextricábel aos oficios, os saberes, as prácticas de toda orde
polo que se atopan presentes de xeito implícito en todo o discurso expositivo (do MPG)”.
A autora tamén sinala como, desde 2003, o MPG, en colaboración coa Fundación Antonio
Fraguas, puxo en marcha un estimulante Proxecto Didáctico que leva o nome do ilustre
Antón Fraguas e ten como propósito ”alentar entre a comunidade escolar un traballo sis-
temático orientado á educación patrimonial, ao coñecemento do medio e á posta en valor
dos máis diversos elementos do noso acervo cultural”.
Nesta xeira da difusión do PI do noroeste peninsular, introducimos nesta parte do libro
o traballo de Abraão Veloso, do Museu Agrícola de Entre Douro e Minho, co obxectivo de
amosar as semellanzas entre as iniciativas de recompilación na Galiza e no Norte de
Portugal. Veloso gaba o proceso da candidatura e chama a “atenção para o facto de todos
os patrimónios nas suas componentes materiais e imateriais serem uma maisvalia para o
Noroeste Peninsular, e necessitarem de ser protegidos e valorizados; Patrimônio genético
animal e vegetal; Património gastronómico; Património paisagístico; Patrimonio cultural;

17
Cultura tradicional e desenvolvemento. Unha achega posnormal para transformarmos o mundo rural

etc.; etc”. Sinala, por outra parte, as singularidades patrimoniais que posúen as comunida-
des campesiñas do norte portugués (xestión da auga, razas autóctonas, vezeiras etc.) para
seren elementos dunha nova estratexia de valorización.
Nestas dúas últimas experiencias a difusión do PI prodúcese, en xeral, cando os visi-
tantes acoden ás súas dependencias. Os nenos e nenas, mozos e mozas e cidadáns e cida-
dás en xeral acoden aos museos para apreciar o que alí nos queren amosar. Unha expe-
riencia que reverte este fluxo é a desenvolvida polos mestres e mestras do CEIP Mosteiro
de Caaveiro, na Capela.
Esta iniciativa, que Secundino García, Director do referido Centro de Ensino, dá en cha-
mar “Cando o Museo está dentro da Escola”, é mostra da presenza de actividade a prol do
noso PI desde ámbitos ben diferentes aos comentados anteriormente. Ademais, xunto con
outras experiencias que aparecen ao longo deste libro e que na actualidade se vinculan
arredor da Universidade Rural Galega (URG), amosan o compromiso brutal de moitos gale-
gos e galegas pola defensa do noso PI cando as “condicións institucionais” non só non fre-
aban as forzas modernizadoras chegadas a través do mercado senón que, na meirande par-
te dos casos, miraban para outro lado.
O título do traballo de Secundino García reflicte claramente como é o CEIP da Capela:
o seu interior é un museo no que podemos ollar unha inxente colección de pezas, distribu-
ídas en diferentes seccións, que mostran os moitos e diversos coñecementos que os nosos
devanceiros precisaban para a supervivencia: o cultivo dos cereais, a fabricación do pan, as
produtoras de téxtiles, os carboeiros e moitos outros “artistas”, como son denominados no
texto que comentamos. Esta iniciativa ten como alicerce que “o presente e o futuro cons-
trúense sobre o pasado”, así que o proxecto escolar do CEIP Mosteiro de Caaveiro contem-
pla a colección reunida como un referente de aprendizaxe permanente do seu alumnado: a
tradición popular, a análise das súas formas e a súa evolución integradas na escola.
Esta vinculación entre iniciativas sociais e localidade tamén está presente na iniciativa de
Xermolos de dinamización cultural na vila de Guitiriz e, en xeral, na Terra Cha. Loitando
30 anos pola defensa da cultura propia, cóntanos Alfonso Blanco Torrado, un grupo de
mozos, daquela, conseguiu pór en valor unha parte dos coñecementos tradicionais, como
foron as iniciativas cooperativas arredor dos canteiros da Terra Cha, e contribuíu á conser-
var algunhas das máis fondas manifestación do noso patrimonio inmaterial. Tal é o caso das
sucesivas Mostras de Artesáns de Instrumentos Tradicionais ou da máis recente Casa das
Palabras, lugar onde “se garda, con toda devoción a cultura oral que foi definindo o rumbo
desta colectividade, a través da palabra transmitida xeración tras xeración”. Blanco Torrado
fai un apelo ao poder da palabra pois “é a alma do pobo e grazas a ela pode seguir enxer-
gando toda esta vida”. A palabra, e o diálogo que se establece mediante ela, é unha das armas
de transformación social máis potentes das que dispomos os seres humanos.
Durante moito tempo, ao longo da nosa historia, houbo pouco diálogo entre as partes e si
demasiada abdicación e imposición de modelos e condutas que pouco tiñan que ver coa pro-
pia lóxica de desenvolvemento. Este é o punto de partida que leva ao inicio das actividades da
Universidade Rural Paulo Freire (URPF), tal e como amosan Miguel Teixido e Xavier Briset no
seu artigo: “O modelo de desenvolvemento imposto significou, e significa, para o medio rural
a desaparición de aldeas, de servizos de proximidade, de servizos culturais, de escolas, de
transportes, de actividades, de paisaxe, da VIDA......”. Esta iniciativa ten como principal fin a
recuperación urxente da memoria colectiva, facendo un exercicio participativo de historia oral
onde fiquen recollidos os coñecementos, sensacións e sentimentos ou experiencias dos porta-
dores, co gallo de crear un Fondo de Documentación para o Coñecemento do Territorio. Final-
mente, Teixido e Briset sinalan que a iniciativa da URPF persegue “xerar unha dinámica de

18
Limiar

autoestima para un mundo que foi sempre incomprendido pola cultura urbana, a pesar de ser
exemplo de adaptación respectuosa ao medio, exemplo de convivencia con valores solidarios,
exemplo de autosuficiencia, de esforzo para sobrevivir a pesar das adversidades, exemplo de
resistencia ante a agresión e exemplo de tolerancia”.
Finaliza este epígrafe co texto de Xosé Lois García quen, desde unha perspectiva mobi-
lizadora e progresista sinala que “a emigración galega non deixa de ser un dos patrimonios
máis distinguidos que cómpre cultivar as súas numerosas leccións e aprendizaxes” logo de
presentala como “un invento opresor por parte do Estado centralista que nos levou a unha
grande desfeita sen precedentes”. O emigrante galego, sinala García, non se integrou na
terra de destino senón que se adaptou. Como proba diso sinala a construción ao longo e
ancho do planeta de tecido asociativo “onde Galiza tiña o seu respiro, espiritual e material”
(cómpre mencionar neste intre a inmensa cantidade de adhesións á Candidatura que, no
seu día, chegaron desde todas as partes do planeta). Non esquece o autor, finalmente, a
contribución da emigración á construción dunha Galiza progresista e lembra os “centos de
escolas rurais que se construíron coa intelixencia e a dádiva dos emigrantes”.
Ben é certo que esas infraestruturas non foron suficientes para que o noso pobo se sen-
tise orgulloso do seu nin para que se criasen estruturas educativas que pularan por siste-
mas de aproveitamento dos recursos en función da nosa dotación, dos nosos coñecemen-
tos e das nosas necesidades. Tiñamos unha parte, moi mellorábel, a infraestrutura, pero
fallaba a superestrutura: o sistema educativo fora construído segundo parámetros alleos.
Nis as crenzas, nin as lendas, nin a historia que se contaba, nin a lingua que se utilizaba
naquelas Escolas do franquismo impulsadas polos emigrantes respondían aos procesos e
prácticas sociais propias do pobo onde se desenvolvían. En ámbitos máis técnicos e profe-
sionais inzaban, tamén, os sistemas de aprendizaxe que pouco ou nada tiñan que ver cos
procesos produtivos que, desde tempo remotos, viñan transformando fisicamente o espa-
zo aproveitado e fundado polos galegos e galegas.

A Cosmovisión
Canto máis atrás percorramos a Historia dun pobo máis elementos específicos e singu-
lares toparemos. Mentres as forzas colonizadoras do mercado ficaron afastadas do mundo
rural máis fácil era ollar procesos, prácticas sociais ou medios culturais específicos de cada
espazo. Cada pobo tiña a súa propia cosmovisión, é dicir, en cada momento histórico os
pobos desenvolveron prácticas produtivas sobre o cosmos (o espazo aproveitado polos
homes), tanto agrarias como doutra natureza.
Á análise deste ámbito do patrimonio inmaterial dedicamos o epígrafe cuxo comenta-
rio encetamos neste intre. O primeiro texto, escrito por Secundino García en calidade de
Presidente da URG, tenta explicar a xénese e obxectivos desta recente pero dinámica ini-
ciativa. O texto enfronta dúas visións da cultura: a “cultura con maiúsculas”, a cultura
dominante, e a “cultura do pobo, unha cultura milenaria expresada nunha fala que se con-
servou, conserva e ¿conservará? grazas aos labregos e mariñeiros”. García pon o acento
principal nas “xentes posuidoras desa cultura que se forxa na experiencia da vida”. Así, os
SABERES destas xentes, traducidos a un Banco de Saberes, son o alicerce para construír
unha nova xeira para a sociedade actual e as xeracións futuras. Queren, deste xeito, e
mediante a participación aberta de todas e todos, contribuír a parar ese “auténtico etnoci-
dio” ao que está sometida a particular cosmovisión dos galegos e galegas.
A este mesmo obxectivo queren contribuír Rosa Pascual Abal e Puri Pérez Leirós can-
do berran o NON SEN ELAS!. As autoras detectan un “proceso de invisibilización” das

19
Cultura tradicional e desenvolvemento. Unha achega posnormal para transformarmos o mundo rural

contribucións das mulleres nos estudos clásicos sobre a cultura tradicional malia o reco-
ñecemento unánime do seu papel central na súa reprodución. Logo de criticar a ciencia
convencional sinalan que non podemos deixar á marxe ás mulleres cando definimos estra-
texias de desenvolvemento para o rural galego, “pois esa sabedoría resúltanos imprescin-
díbel para poder afrontar, con posibilidades de éxito, os problemas do presente, na cons-
trución dunha sociedade máis xusta, máis rica e tolerante”. Logo da lectura do seu texto
estamos en disposición de resaltar a idea, cada vez máis estendida e compartida, de que o
sentido feminino é máis conservacionista, máis solidario e pacifista do que é o masculino.
Coidamos que poucos galegos fixeron tanto por resaltar a importancia dos SABERES
e o papel das mulleres no sistema agrario tradicional como fixo o xeógrafo francés Abel
Bouhier nesa obra posnormal, adiantada, por certo, ao tempo onde agroma a ciencia
posnormal, titulada La Galice. Xoán Carlos Carreira Pérez acerta ao referirse ao autor
francés cando sinala que “demostrara claramente a tremenda eficacia dunhas prácticas
agrícolas que usaban do xeito máis sostíbel posíbel os recursos dispoñíbeis”. Carreira
Pérez, dando mostras da profunda retranca do galego, quizais mamada da relación direc-
ta cos campesiños da súa terra, exprésase do seguinte xeito cando fala da sustentabili-
dade: “que concepto máis vangardista que xa era practicado polos nosos avós.…”.
Pulando pola reconstrución do sistema agrario tradicional, como xeito de superar os gra-
ves problemas aos que se enfronta o rural, Carreira Pérez apunta que, ao igual que o que
contamina debe pagar, o que preserva (a paisaxe, a biodiversidade, a cultura...) debería
cobrar. Esta controversia, froito da consideración, ou non, de que o diñeiro pode, ou
non, solucionar algúns dos nosos problemas, non fica resolta no texto.
A continuación, desde A Porqueira, o lugar onde “desapareceron eses carballos maxes-
tosos que gardaban as historias que contaban ás súas sombras os avós e bisavós dos que os
cortaron”, Pilar Penín e Eloi Davila cóntannos a súa historia vital arredor do descubrimen-
to da profunda relación e da comunicación permanente que se establece entre o labrego e
a natureza. Alianza coa natureza, por unha parte, e paciencia, pola outra, eis dous dos
ingredientes fundamentais da cosmovisión predominante no noroeste peninsular. Eloi e
Pilar, membros da Asociación Labregos Daiquí, auténticos innovadores sociais cuxo prin-
cipal valor foi, e segue a ser, pór en contacto directo os produtores cos consumidores
(recordando o espírito das feiras tradicionais) loan as virtudes agroecolóxicas da agricultu-
ra tradicional da Baixa Limia e amósannos o xeito moderno de sobrevivir á modernización
e ao crecemento económico, industrializadores da natureza e mercantilizadores da vida.
Son eses procesos de mercantilización os que usurparon, aló polos anos 40, aos veciños
e veciñas os montes comunais, eses latifundios presentes no país do minifundio para pór en
marcha unha silvicultura de monocultivo que arrasou, de xeito definitivo, o proceso de
transformación que estaba a producirse no noso agro desde principios do século XX. Xosé
Represas Giráldez ocúpase, no seguinte texto, da análise das potencialidades actuais do
monte comunal. A propiedade comunal e os sistemas de manexo con ela asociados son, sen
dúbida, unha das compoñentes diferenciadoras do patrimonio inmaterial galego portugués,
xa extinguidas na inmensa maioría do territorio europeo. Represas sinala, acertadamente, a
función de servizo social que veñen desempeñando moitas CMVMC e recalca, ao longo do
seu traballo, a papel innovador das actuacións de moitas delas. A posta en valor desta par-
te do noso PI pódese conseguir, segundo Represas, mediante o aproveitamento enerxético
de todos os recursos do monte que ata agora non teñen sido obxecto de valorización. A súa
experiencia, con todo, lévao a ser cauto na proposta pois temos exemplos recentes que amo-
san como as CMVMC teñen sufrido unha nova usurpación dos seus recursos. Trátase da
proliferación de aeroxeneradores polos montes galegos, tanto comunais como privados, que

20
Limiar

serven aos intereses especulativos das transnacionais “grazas á normativa que permite utili-
zar a declaración de utilidade pública para este negocio privado”.
Con todas as reservas que quixeramos facer, temos que crer no valor absoluto que esta
parte do noso patrimonio inmaterial debe ter no deseño de novas iniciativas que rachen as
tendencias negativas ás que está sometido o rural galego. Do mesmo xeito, unha parte
importante do acervo xenético propio resultado da milenaria interacción dos labregos e
labregas co seu entorno, as razas animais, está chamada a desempeñar un papel decisivo
na superación daquelas tendencias.
É o caso das dúas experiencias gandeiras que incorporamos a continuación. En pri-
meiro lugar, José Luís Vaz Fernández móstranos como resulta posíbel conxugar tradición
popular e desenvolvemento social. Ourense, esa terra galega berce de tantos e tantos caci-
ques, é tamén a provincia galega onde máis razas autóctonas de vacún se teñen conserva-
do. Nada teñen que ver coas novas castes de razas superprodutoras de leite ou carne
homoxénea. Son as cachena, caldelá, limiá, frieiresa e vianesa, auténticos prodixios da sin-
cronizada coevolución dos nosos antergos co entorno natural do que formaban parte. A
experiencia cooperativa da que nos dá conta Vaz amósanos o xeito de compatibilizar
desenvolvemento socioeconómico con beneficios ambientais resultado da posta en valor
do PI. Pero a cousa non fica aí. Sería doado, quizais, caer nas gadoupas das grandes áreas
comerciais e dos distribuidores ao groso. Vaz Fernández e o seu equipo, porén, buscan
compatibilizar o prezo xusto ao produtor co prezo xusto ao consumidor mediante a “ven-
da directa” (outro exemplo que replica a filosofía das feiras tradicionais). Este sistema, sina-
la o autor, “permítenos valorizar a nosa tenreira autóctona e libéranos da escravitude de
non ter un canal comercial de ‘alto rendemento’”. Eles foron uns verdadeiros innovadores
ao combinaren todo o comentado coas máis modernas técnicas de conservación dos ali-
mentos. Non é para rir, nin para desprezalos cando afirman que “somos auténticos xardi-
neiros da natureza e merecemos o recoñecemento social polo noso labor, que incide moi
positivamente nas arcas públicas e na saúde dos nosos consumidores”.
A outra experiencia de manexo da biodiversidade animal está nos seus comezos pero
non por iso resulta de menor interese, moito menos cando nos últimos temos ollamos a pre-
senza no noso sistema alimentario de crises sanitarias constantes. Son múltiples os factores
que inciden na gripe aviaria, por exemplo, pero algúns apuntan á homoxeneización das
cabanas e á industrialización dos procesos como a causa principal. Pois ben, iniciativas
como a que pretende conservar a galiña piñeira son merecentes de todo o noso respecto e
apoio por responderen a lóxicas de supervivencia e non de maximización do beneficio
monetario. A iniciativa da Fundación ACIVEGA, como parte do proxecto que abrolla arre-
dor da URG, responde ás mesmas pautas que outros dos traballos incluídos neste libro:
recuperación dos nosos saberes e remobilización dos recursos dispoñíbeis para facer fronte
ás tendencias desagrarizadoras e á homoxeneización dos patróns de consumo e produción.
Os tres últimos traballos que fan parte deste epígrafe tentan responder a outros aspec-
tos referidos á cosmovisión galega. Trátase de procesos vencellados aos recursos acuáticos,
tanto mariños como do interior.
Podería semellar, a un lector pouco informado, que a problemática da que se pretende dar
conta neste libro se cingue exclusivamente ao mundo rural interior. Nada máis lonxe da rea-
lidade. Emigración, envellecemento, deterioro da base local de recursos, imposición de novos,
e alleos, modelos de aproveitamento son comúns ao mundo mariñeiro e ao mundo labrego,
tan difíciles de deslindar, por certo, no caso das vilas mariñeiras do Barbanza ou da Costa da
Morte. Emilio Louro Lamela, Milucho, amósanos no seu traballo como reacciona a comuni-
dade mariñeira de Lira, en Carnota, diante daqueles problemas. MARDELIRA é un proxecto

21
Cultura tradicional e desenvolvemento. Unha achega posnormal para transformarmos o mundo rural

de desenvolvemento sustentábel que pretende mellorar a calidade de vida da comunidade de


base e “recuperar a autoestima dos pescadores” pondo en valor “o senlleiro valor do patrimo-
nio cultural da pesca artesanal”. Coa participación de 3 Confrarías máis puxeron en marcha a
“comercialización directa” dos produtos pesqueiros procedentes da pesca artesanal e do maris-
queo e “cos seus propios criterios e visión” os mariñeiros autolimitaron zonas de pesca para
actuaren a xeito de Reserva Mariña co obxectivo de “restauración do equilibrio do ecosistema
costeiro e conservar os recursos para conservar os pescadores”. As actuacións deseñadas por
estes auténticos enxeñeiros do patrimonio inmaterial compleméntanse cun Taller de Pesca,
con fins educativas e de difusión da cultura que lles é propia, cun Programa de Turismo
Mariñeiro. Esta última iniciativa, sinala Milucho, supón unha "importante inxección de auto-
estima para os patróns ao poder participar como actores principais neste proxecto”.
Ollamos, xa que logo, a existencia de máis semellanzas que diferenzas entre os mundos
rural e mariñeiro. O Prestige feriu de morte os ecosistemas costeiros, ennegreceu os cora-
zóns dos mariñeiros e mariscadoras e encheu de tristura o peito de todos os galegos. O
espallamento masivo de aproveitamentos hidroeléctricos na terra dos mil ríos, pola súa
banda, cortou a cultura das ribeiras e contribuíu o deterioro do noso PI.
Xosé Manuel Vázquez fai unha reflexión interesante neste sentido. As embarcación flu-
viais eran entendidas na cultura das ribeiras como medios para a supervivencia, por seren
elementos vinculados á actividade pesqueira, así como medios de transporte. Cos encoros
que “cortaron a riqueza natural manifestada na pesca fluvial” e cos pasos elevados, as
embarcacións fluviais perderon, maioritariamente, a súa función social. Vázquez, sabedor
destas circunstancias, aposta pola “ocupación de tempo libre como única alternativa de
futuro para as barcas de río”. Logo de facer mención ás diferentes actividades de difusión
das embarcacións fluviais realizadas en Galicia nos últimos anos finaliza o seu artigo sina-
lando que o novo uso proposto desde Barcas do Minho “axuda a entender a natureza e a
historia dos núcleos da ribeira, posibilita as relacións sociais arredor do río, engade un sím-
bolo ou imaxe para o turismo e, especialmente, xera unha nova memoria colectiva”.
A zona do Río Miño onde se conservan as pesqueiras tamén está inzada de historias
remotas sobre noites de pesca, contrabando e balbordo desde os primeiros días de Xaneiro
ata ben entrada a primavera. Inma Peniza lémbranos no seu artigo a historia pasada e pre-
sente das famosas pesqueiras e dos sistemas de pesca empregados e chama a atención sobre
os perigos presentes que ameazan a súa supervivencia. Unha vez máis, os intereses das mul-
tinacionais da electricidade que pretenden construír “tres minicentrais no tramo libre do río
Miño entre Frieira e Salvaterra levaría a desaparición definitiva deste patrimonio secular”.
Cómpre salientar que estamos diante dunha manifestación do noso patrimonio inmate-
rial que amosa unhas características singulares. Referímonos ao sistema de pesca que combi-
naba construcións tradicionais, as pesqueiras ou pescos, con redes fixas altamente selectivas
que garantían a constante reprodución das especies fluviais cobizadas. Non é pequena e
insignificante esta característica cando observamos na actualidade un progresivo deterioro da
riqueza pesqueira do Río Miño. Durante centos de anos, os nosos antepasados aproveitaban
sustentabelmente os ecosistemas, coevolucionando os sistemas sociais e os sistemas naturais.
Esta cosmovisión está a ser destruída e substituída polo interese do beneficio eco-
nómico no curto prazo imposto polo vixente sistema capitalista. A nosa riqueza mate-
rial e inmaterial xa non responde, maioritariamente, ás necesidades de supervivencia
das comunidades de base senón a intereses alleos e espurios que operan en todas as par-
tes do mundo nesta fase de globalización capitalista. Neste epígrafe do libro quixemos
pór en evidencia as oportunidades ao noso dispor e as experiencias que colectivos e
persoas veñen desenvolvendo para reverter esa tendencia.

22
Limiar

Cangadas ao mesmo carro camiñan outras manifestacións do patrimonio inmaterial


galego que, como veremos, padecen dos mesmos síntomas. A partir de agora ocupámo-
nos de reflectir neste limiar as razóns que nos levaron a telas en conta. Como diciamos
antes, non pretendemos ser exhaustivos senón simplemente deixar constancia dunha
mostra do traballo silencioso, e poucas veces recoñecido, de moitos homes e mulleres que
cren nun futuro diferente.

O universo artesán
José Antonio González Fernández, Toño o Cesteiro, é un deles. Considérase un “aldeán-
cesteiro” que obtén produtos útiles para a vida cotiá, verdadeiro obxectivo do artesán tradi-
cional, mediante os materiais e técnicas comunmente utilizados polos seus devanceiros.
Toño o Cesteiro, porén, milita na primeira liña de defensa do noso patrimonio ligando sem-
pre artesanía con modelos de vida pois considera que manter vivas as pezas e as súas his-
torias vitais permitirán definir“unha industria ecolóxica, barata, sostible, que aproveita uns
recursos que hoxe arden a cotío por mor do descoido do noso agro e que nos identifican
como pobo.” Finalmente, cómpre salientar o vencellamento entre arte, amor e superviven-
cia presente nas labouras cotiás da Galiza tradicional. Velaí unha proba “o meu cestiño de
verga / que vai á mesa do rei. / Miña alma por ti morre, / a túa por min non sei”.
Xunto cos cesteiros, outros artesáns da cultura tradicional eran os oleiros. Hai en Galiza
moitos tipos diferentes de olerías. Nós incorporamos neste libro un exemplo dos máis par-
ticulares: as olerías de Sober, caracterizadas por utilizaren roda baixa e por presentaren as
súas pezas de cor negra. Tomás López González é o encargado de nos amosar as caracte-
rísticas desta olería. Cóntanos como se introduce no mundo da artesanía logo de volver da
emigración e como se vai recuperando un xeito de traballar uns barros (chamados farabu-
llán e correúdo) que pola metade do século XX tiñan desaparecido. O oleiro de Gundivós,
finalmente, analiza o futuro da olería de Sober pondo o acento na necesidade de impulsar
a “artesanía etnográfica” fronte á “industria da olería”.
Hoxe en día, na Galiza, encontramos algúns exemplos similares aos de Toño o Cesteiro
e Tomás o Oleiro de Gundivós. Xentes teimudas que, aproveitando os poucos graos de
liberdade que deixa o actual modelo de consumo, traballan con materiais localmente dis-
poñíbeis para facer pezas con sabor tradicional.
O que xa non podemos oír, que nós saibamos, en ningunha parte de Galiza son os ron-
cos e inenterrompidos brouquidos dos mazos dos batáns. A actividade dos bataneiros e
bataneiras é só coñecida polas testemuñas orais de homes e mulleres como Estrela Lema,
a “derradeira bataneira de Galicia”. Manuel Suárez Suárez amósanos no texto o xeito que
tiñan os batáns, ou folóns, de traballar para completar a elaboración dos tecidos.
A artesanía téxtil era unha das máis estendidas polo noso país. Non en van temos que
pensar que a materia prima que se requiría proviña de aproveitamentos agrarios ou gan-
deiros que eran parte da vida cotiá de todas as nosas Parroquias. Rocas, teares e folóns exis-
tían por todos os contornos da nosa xeografía. A recuperación da cultura popular no
Condado, pero especialmente a vencellada coas fibras e co mundo téxtil, é a principal tare-
fa que desenvolven Ilda Amoedo e Rafa González. A través da entrevista realizada por
Xabier Prado, Ilda e Rafa cóntannos como chegan a este mundo, unha vez máis logo da
emigración, e como van construíndo, con moito sacrificio e traballo, un pequeno patamal
onde amosar, difundir e transmitir o amplo conxunto de coñecementos tradicionais na
comarca do Condado. Coidamos merecente de ser salientada a parte máis reivindicativa do
seu discurso cando falan da situación económica que padecen aqueles que queren manter

23
Cultura tradicional e desenvolvemento. Unha achega posnormal para transformarmos o mundo rural

a esencia da artesanía tradicional sen renunciar a unha digna calidade de vida. Como sina-
lan, o problema non é que non haxa medios para apoiar estas iniciativas senón que “están
mal encamiñados”.
Toño, Tomás, Manuel e Ilda e Rafa son unha mostra de resistencia popular fronte ao
imperialismo dos plásticos e da homoxeneización industrial que enche as casas dos habi-
tantes deste planeta de cousas pouco útiles, escasamente duradeiras e cun claro valor de
dominación. A supervivencia da artesanía popular axúdanos a dispor de vimbios “que
nos farán máis capaces de nos enfrontar o inevitable esgotamento do petróleo e de cola-
borar activamente na redución de emisións de gases de efecto invernadoiro”, como nos
conta Toño, o Cesteiro de Lobeira.

O lúdico festivo
Do mesmo xeito cá artesanía, o universo lúdico festivo do noso patrimonio inmaterial
tenta reverter a orde establecida. Non podemos entender doutro xeito a idea que nos trans-
mite Antonio Reigosa en relación co Proxecto Galicia Encantada: “escribindo coa boca e
lendo cos oídos”, ese xeito de pór en valor a “literatura de tradición oral, a primeira litera-
tura que existiu”. A web da fantasía popular de Galicia quere ser un instrumento para o
traballo dos escolares “que poderán aprender como dous mundos, aparentemente incom-
patíbeis, o das tradicións e a modernidade, se enriquecen mutuamente”.
Os xogos tradicionais son outro dos elementos que conforman o universo lúdico fes-
tivo do noso patrimonio inmaterial. Lois Pardo amósanos a potencialidade transforma-
dora dos xogos tradicionais ao facer un pequeno percorrido pola xénese de Brinquedia,
a Rede Galega do Xogo Tradicional. Unha vez máis fica manifesto o papel central dos
ensinantes na defensa e promoción do PI. Por outra parte, na liña que move a esta publi-
cación, cómpre sinalar o afastamento das “visións nostálxicas” ou da “recuperación
museística” para subliñar que os xogos populares “conforman un punto de reunión e de
comunicación interxeracional”.
Elemento de comunicación inter e intraxeracional como ningún outro é, sen dúbida, a
música. Como sinalan Area Carracedo e Carpintero Arias, alén dun xeito de expresión cul-
tural, a música foi “unha escusa para favorecer a relación entre mozos e mozas dunha aldea
ou aldeas veciñas”. A comunicación intraxeracional mediante a música ten esmorecido
paseniñamente, como sinalan os autores, pola caída en desgracia dos seráns, foliadas e
polavilas como consecuencia, fundamentalmente, da chegada da radio e da televisión. No
que atinxe ao papel da música tradicional como nexo entre xeracións, os autores atréven-
se a apuntar algúns elementos que permitan retirala do “zoolóxico” para reasentala nova-
mente “no espazo natural propio para o seu desenvolvemento”. Ese espazo ten mudado,
sinalan Area e Carpintero, consonte foi cambiando a sociedade galega: éxodo rural, crece-
mento urbano, envellecemento da poboación, etc.., polo que as estratexias de valorización
da música tradicional han estar adaptadas a estas novas circunstancias. O artigo que
comentamos conecta perfectamente coa liña central deste libro cando apunta a conexión
entre música tradicional, patrimonio inmaterial e desenvolvemento socioeconómico: a pro-
moción e difusión das manifestacións lúdico-festivas do rural e o pulo por novos merca-
dos para os produtos artesanais han xerar rendas que axuden a fixar poboación no campo.
Os ranchos de Reis son unha desas manifestacións musicais que requiren de promoción
e difusión para que sirvan tanto á súa propia valorización como ao pulo do desenvolve-
mento do rural. Non en van, como sinalan Marisol González e Nieves Barrera, na entre-
vista realizada por Xabier Prado, arredor dos ranchos de Reis cabería traballar durante todo

24
Limiar

ano na recuperación e deseño dos traxes tradicionais, na recuperación e aprendizaxe da


música e dos bailes, etc..
De recuperación e comprensión do patrimonio musical limián é do que nos falan Iván
Area e Cástor Castro no seguinte artigo. Fronte aos intereses harmonizadores e deturpa-
dores da tradición musical da Deputación de Ourense coas chamadas “Escolas de Gaita”,
os autores sinalan un conxunto de iniciativas (Catálogo de Músicos da Limia; Día do
Orgullo Gaiteiro…) encarreiradas a dignificar os saberes e coñecementos dos músicos tra-
dicionais. Malia recoñeceren inicialmente o sobranceiro traballo de recompilación feito por
numerosos colectivos, conclúen o seu artigo facendo fincapé na necesidade “dun especial
esforzo na fase de comprensión do patrimonio, así como no da protección, antes de abor-
dar de xeito efectivo políticas de recomposición”.
A Limia, terra de músicos e, especialmente, terra de Entroido. Xosé Manuel Atanes fai un
sinxelo percorrido vital polo amplo significado do Entroido limián. O seu artigo ten o valor da
non caducidade: podería estar escrito hai douscentos anos ou neste inicio do século XXI. O
Entroido limián tradicional, máis alá dos intentos por convertelo nunha simple representación
de máscaras, resistiu á modernización festiva. Agora, os cambios políticos teñen que pór os
medios para que o traballo anónimo de Pantallas, Peliqueiros e tantos outros seres, sirvan de
elemento para a dinamización socioeconómica do noso país. O Entroido galego, coa súa rique-
za e diversidade local, ten potencialidade suficiente para converterse nun foco de atracción de
turistas cuxas rendas poden axudar ao desenvolvemento de diversas bisbarras galegas.

As prácticas textuais
Anxo Fernández Ocampo, autor do primeiro dos textos que incluímos neste epígrafe
comeza por desmitificar o concepto de oralidade ou literatura oral propoñendo o de “prác-
ticas textuais” por ser máis amplo ao recoller os produtos tradicionais independentemen-
te da canle utilizada e pór énfase na natureza social das manifestacións do PI. O autor apos-
ta, ademais, pola necesidade de “compartir metodoloxías de salvagarda” entre os elemen-
tos materiais e inmateriais do patrimonio e recalca a necesidade de superarmos o clixé do
carácter estático das prácticas textuais. Finalmente, Fernández Ocampo chama a atención
de evitarmos o risco “de seguir entendendo a patrimonialización das prácticas textuais uni-
camente como recolleita e difusión de formas literarias populares”. De facérmolo deste xei-
to, “a identidade local é secuestrada para ser convertida en peza doutro sistema, o cal non
contribúe a que o habitante perciba as posibilidades interpretativas que lle ofrecen as súas
propias prácticas” e, polo tanto, o PI, e as súas compoñentes, perderían o potencial trans-
formador do mundo rural, verdadeiro valor á luz do texto de Fernández en liña co pensa-
mento que move ao conxunto desta obra.
A ese mesmo obxectivo contribúe a innovadora proposta da Revista Oral da que nos
fala Antonio Reigosa no seguinte artigo. Fronte aos formatos tradicionais e, en moitos casos
academicistas, de revistas culturais que pretenden a dinamización sen a participación acti-
va do lector, no caso que nos presenta Reigosa ráchase a diferenciación entre creador e lec-
tor, sendo o mesmo suxeito no mesmo momento do tempo. A experiencia vén ilustrada co
caso do número monográfico destinado a divulgar e apoiar a candidatura da tradición oral
galego portuguesa.
Sinala Reigosa que a fórmula da revista oral é “moi útil e efectiva para a divulgación cul-
tural… pois todo é posible nun formato no que o esencial é comunicar” e pode servir para
achegar a nosa cultura tradicional a todos, especialmente aos máis novos. A este mesmo
fin téntase contribuír coa experiencia da improvisación oral nas aulas de varios centros

25
Cultura tradicional e desenvolvemento. Unha achega posnormal para transformarmos o mundo rural

públicos do Condado, como nos relata Hortensia Bautista Fernández no seguinte texto.
Logo dunha diagnose negativa sobre a evolución do uso do galego, en todos os ámbitos,
na súa Comarca de influencia un grupo de mestres e mestras apostaron por incentivar o
papel activo dos mozos e mozas no proceso de recuperación dos diferentes elementos da
nosa cultura tradicional utilizando a improvisación oral como ferramenta de traballo.
Un mestre da improvisación oral é, sen dúbida, Pinto de Herbón a quen Xabier Prado
entrevista no seguinte texto. Dando mostras da súa xenialidade, e, como non, das súas
dotes para a improvisación, o Pinto déixanos xoias inéditas como aquela que di “O mun-
do da tradición/ o global xa non atura/ O moderno hoxe en día /é a defensa da cultura”,
que podería servir de resumo da loita contra dos procesos de homoxeneización e indus-
trialización do salvaxe capitalismo da actual fase da globalización, un dos eixos que moven
o conxunto de participantes nesta obra colectiva.
Creatividade e participación tamén encontramos na experiencia educativa de Papa-
ventos reflectidas nas páxinas do seguinte artigo deste epígrafe que comentamos. A dilata-
da experiencia destes educadores busca “espertar e sobre todo motivar a atención escolar
sobre temas tan importantes como a protección do patrimonio natural e cultural, sobre a
necesidade de mantelos vivos”. Non é, como podería ser pensado nun principio, unha
experiencia cerrada na nosa propia cultura, malia ser esta o punto de partida. Entre as súas
experiencias queremos salientar a dos “ContoSolidarios” en colaboración coa ONG “Bicis
Pola Paz”, cuxa razón de ser son “proxectos de contacontos para falar das desigualdades
sociais, dos refuxiados, a fame e as guerras a través de personaxes doutras culturas”.
Quixemos resaltar esta entre as numerosas actividades desenvolvidas por este colectivo nos
seus 16 anos de existencia cando, nestes momentos, abren novas portas ao impulso do
mundo rural galego participando no proxecto da URG.
Finalmente, Alfonso Campos e Manuel Falagueiro, en entrevista realizada por Xabier
Prado, cóntannos o seu xeito de traballar a prol da recuperación da tradición oral local da
Parroquia de Proendos, en Sober. Malia faceren unha diagnose negativa do percorrido parro-
quial das últimas 5 décadas e pensaren na imposibilidade de que Proendos, como tantas
outras Parroquias, recupere o balbordo da súa mocidade, Alfonso e Manuel son un exemplo
a seguir no traballo de recuperación das tradicións, dos contos, das lendas, das cantigas e da
música tradicional. Todas esas “prácticas textuais”, utilizando o concepto proposto inicial-
mente neste epígrafe por Fernández Ocampo, teñen que ser recompiladas malia non termos,
individual ou colectivamente, claro cales serán os espazos socioculturais e xeográficos en
cuxa estratexia de desenvolvemento han xogar aquelas prácticas un papel activo.

Territorio, patrimonio e desenvolvemento


Como vimos dicindo ao longo deste Limiar, non cremos naquela visión que olla o patri-
monio, material ou inmaterial, como algo estático con valor museístico. Máis ben cremos na
visión do patrimonio como dinámico e compoñente do desenvolvemento. Neste epígrafe, pre-
cisamente, presentamos un conxunto de textos que renden tributo a esta necesaria perspecti-
va. Por unha banda dous textos que sentan as bases teóricas do que se dá en chamar dinámi-
cas territoriais de desenvolvemento, o texto de Xosé Manuel Souto González, e a máis ampla
estratexia de desenvolvemento sustentábel, o texto de Ramón López Rodríguez.
O traballo de Souto, enclavado no que el chama a mercadotecnia territorial, e aplicado
ao Eixo Atlántico, chama a atención sobre “os recursos potenciais que poden facilitar o
dinamismo económico, social e cultural” así como sobre “os produtos territoriais específi-
cos de cada área e do conxunto eurorrexional e, sobre todo, aquelas marcas ou potenciali-

26
Limiar

dades de localización de actividades que permitan ensarillar as áreas urbanas e os medios


rurais do noroeste ibérico no conxunto da globalización”. En concreto, Souto sinala que a
“marca” do Eixo Atlántico é “o territorio da pedra, da auga e da saudade”. Os traballos desen-
volvidos por Cantata, aos que nos referimos posteriormente, encádranse perfectamente
neste proxecto de desenvolvemento construído cos recursos localmente dispoñíbeis e dife-
renciadores, marcadores do territorio.
Mais a estratexia de mercadotecnia territorial tenta ir máis alá do deseño participativo
das potencialidades de desenvolvemento, ficando encadrada dentro dunha estratexia máis
ampla que se chama desenvolvemento sustentábel. O traballo de López Rodríguez, ten-
tando fuxir do non recomendábel dogmatismo conceptual, tan común neste ámbito, ten-
ta sentar algunhas das bases xenéricas do novo modelo de desenvolvemento, por outra
parte unha constante na meirande parte dos textos que conforman este libro. Entre elas
cómpre salientar: compatibilidade co medio ambiente, incompatibilidade coa pobreza, coa
fame, coa ignorancia, coas guerras e coa carencia de dereitos humanos. Por último, e unha
vez máis, o autor resalta o papel fundamental das estratexias educativas participativas para
a transformación dos actuais modelos de vida. Entre os insumos dese proceso está, como
non, o patrimonio inmaterial local, as súas diferentes manifestacións.
Ao deseño de estratexias de desenvolvemento inzadas no territorio e nos recursos locais
están dedicados os restantes traballos que conforman este epígrafe do libro. Son, xa que
logo, experiencias de desenvolvemento local realmente existentes que tentan pór en liña
de acción recursos e coñecementos.
Por unha banda, Rosario Álvarez Cao e Arturo Revilla Bonnin sitúan ao lector no eixo
recursos acuáticos/desenvolvemento local cando se ocupan, nos dous primeiros traballos, de
amosar a potencialidade de xerar rendas locais dinamizando ese recurso tan abundante na
terra dos mil ríos. Nas súas propias palabras, “é necesario recoñecer os valores sociais, cultu-
rais e de identidade que significan fontes, ríos, lagos e zonas húmidas e, baixo criterios de
sostibilidade, manter e potenciar eses valores que forman parte do noso patrimonio material
e inmaterial”. Tanto no Ribeiro, “ese mundo de auga e viño”, como nas terras do Eume, ber-
ce de innumerábeis enxeños de aproveitamento colectivo da forza da auga para producir elec-
tricidade, os autores apostan por iniciativas que permitan atraer turistas que desfrutando
daqueles valores contribúan a que agrome unha nova xeira no rural galego, ata agora mer-
gullado nunha nefasta dinámica de despoboamento e modernización sen moito sentido.
A este obxectivo está dedicado o Proxecto Cantata do que forman parte Rosario Álvarez
Cao e Guadalupe Fernández Bouza, autoras do artigo sobre a valorización dos produtos tra-
dicionais da comarca da Ulloa. Neste traballo amósase a potencialidade que ten o conxun-
to e a diversidade de valores e recursos dispoñíbeis nunha zona xeográfica concreta para
definir estratexias de desenvolvemento. Así, a comarca da Ulloa dispón de “riqueza natural
nas súas paisaxes…; singular legado monumental....; unha arquitectura popular…; rutas e
camiños…; diversidade económica e gastronómica asentada nos recursos tradicionais....” e
tenta “recuperar a súa economía dándolles un pulo aos produtos tradicionais para adapta-
los ás novas esixencias do mercado e das economías de escala e que, sen deixar de mirar ao
futuro, considera a potenciación dos costumes propios como un piar fundamental para
manter a súa identidade e proxectarse como unha parte do todo que é a cultura galega”.
Eis un exemplo de como podemos pensar o futuro en base ao pasado tendo en con-
ta o presente. Este é o mesmo criterio que se segue na definición da ruta das aldeas viti-
vinícolas medievais na comarca do Ribeiro, no texto que asinan Rosario Álvarez Cao,
Luis Cohen, Arturo Revilla e Ana Suárez. A idea que move aos autores compatibiliza per-
fectamente ca idea xeral desta obra colectiva pois a cultura vitivinícola desta comarca

27
Cultura tradicional e desenvolvemento. Unha achega posnormal para transformarmos o mundo rural

ourensá “constitúe unha riqueza e diversidade patrimonial que merece ser coñecida e
que pode aportar novos vieiros ao desenvolvemento local partindo do seu coñecemento
e valorización”. É dicir, deseñando produtos con “marca territorial” xeramos novas opor-
tunidades de emprego que producirán rendas que han complementar as “rendas nor-
mais” derivadas da actividade agraria de tal xeito que poremos os alicerces para contra-
rrestar as tendencias modernizadoras que tan malos resultados están a levar ao agro gale-
go en xeral, e ao Ribeiro en particular.
A vencer esas dinámicas tamén están destinadas iniciativas de marcado carácter terri-
torial como as desenvolvidas desde as comarcas do Ulla e do Umia, segundo nos conta
Xosé María Tobío Iglesias no seguinte texto que forma parte deste epígrafe. A creación
da Marca de Calidade ULLAUMIA pretende ir máis aló dunha simple marca comercial
pois os promotores cren nela ”como un motor de desenvolvemento rural, a través dun
proxecto de Calidade global, dos produtos, servizos, actividades, eventos etc. da comar-
ca e que se fundamenta na calidade económica, na responsabilidade social e no respec-
to medioambiental das empresas ou entidades que os producen ou realizan”. Unha idea
innovadora e con entidade para se converter en motor do desenvolvemento local nestas
dúas comarcas.
Este epígrafe finaliza cunha pequena referencia a outra iniciativa con base territorial.
Trátase do traballo presentado por Ramiro Martínez sobre o Centro de Desenvolvemento
Rural “Ancares”. Se nas Comarcas máis achegadas aos centros urbanos existen problemas
de despoboamento e de “fracaso vital” que dicir das zonas de montaña onde xunto ás con-
dicións de vida máis duras aparece a maior ausencia de servizos colectivos de calidade
(sanidade, ensino, transporte e unha longa restra de carencias). É neste contexto onde des-
envolveu e desenvolve o seu traballo o CDR, tal e como nos conta Ramiro. A validez da súa
experiencia fica demostrada pola súa propia lonxevidade (case 20 anos) e tamén polos fol-
gos para continuar a traballar polo desenvolvemento local no futuro máis próximo. De fei-
to, esta iniciativa é parte tamén da URG.

Transmisión e difusión do PI
Moitos dos artigos que foron presentados previamente fálannos de experiencias que
cumpren, de xeito indirecto, a función de difundir e transmitir o patrimonio inmaterial
galego-portugués. Neste último epígrafe incluímos unha breve referencia a 3 experiencias
concretas de difusión que se realizaron co gallo da candidatura. Lois Pardo e Xerardo
Feijoo apuntan as principais liñas da Mostra realizada en Ourense. Pola súa banda, as
outras dúas experiencias tentaron amosar como a cultura inmaterial galego-portuguesa
non finaliza coa delimitación xeográfica e administrativa. As zonas de fronteira son zonas
de mestura de valores propios e alleos, que dan lugar a manifestacións particulares. Loli
Gutiérrez cóntanos a experiencia do occidente asturiano mentres que Marisa Cela e
Héctor M. Silveiro documentan o traballo desenvolvido no Bierzo para a difusión do
patrimonio inmaterial.
Finalmente, neste epígrafe de difusión e transmisión do patrimonio inmaterial in-
corporamos a experiencia do Colectivo Pedagóxico de Estiño. Unha vez máis, a comuni-
dade educativa galega traballando a prol do PI. Nesta xeira coa elaboración dun calendario
que reflicte aspectos, persoas, eventos ou oficios vencellados á cultura tradicional galega:
desde os ditos, a nosa memoria colectiva, a música, as festas, as herbas máxicas, os oficios,
as lendas, os animais do monte e así ata 27 motivos diferentes que deron lugar a outros
tantos almanaques ilustrativos do noso patrimonio inmaterial.

28
Limiar

Conclusión
Agardamos que os textos que conforman este libro, e que serán de libre disposición na
páxina web: webs.uvigo.es/cultura.tradicion.innovacion, sexan un estímulo para o necesario
traballo que colectivamente debemos desenvolver na defensa e valorización do noso PI.
A idea que move aos autores dos traballos que aparecen neste texto non é, porén, negar
calquera valor a aquilo que non sexa resultado da interacción secular dos galegos e galegas
entre si e co entorno natural. Non é iso. Debemos estar abertos a outras formas de cultu-
ra pero non debemos perder o noso. A defensa do indíxena, do particular, do propio ha
ser o punto de partida que dea lugar á mestizaxe das culturas. Calquera outra iniciativa que
non comece pola valorización do propio e chegue á exaltación do alleo só pode ser cuali-
ficada como un proceso de colonización.
Nestes tempos da globalización económica, política e cultural semella ir contraco-
rrente cando un pobo reivindica o seu, o que lle é propio, os elementos da súa cultura.
Non importa que camiñemos para alá cando case todos veñen cara acó, se o que impul-
sa o noso movemento é a necesidade de darmos pasos firmes na reconstrución da base
social e económica do noso país.
Existen feitos indiscutíbeis que dan solidez a unha iniciativa contracorrente como esta.
Por unha banda, a constatación do fracaso do modelo de modernización económica do
agro impulsado fortemente desde a década dos sesenta do século XX. Fracaso que se obser-
va na continua perda de poboación nas zonas rurais así como na progresiva redución da
renda dispoñíbel. Fracaso, por outra banda, que vén explicado, orixinariamente, pola
inadaptación do modelo de modernización ás condicións estruturais do agro galego, alén
da posta en marcha de políticas agrarias por gobernos cuxo xeito de pensar pouco tiña que
ver coas especificidades da nosa economía rural.
Só desde a disidencia seremos capaces de contribuír a que haxa no noso país espe-
ranzas dun desenvolvemento diferente, fincado nos nosos recursos, nos nosos saberes
e nas nosas necesidades. Os traballos que son parte deste libro queren, nada máis, con-
tribuír ó inicio do debate.

29
01
09
Introdución
01
O Proxecto Cantata. Unha aposta pola cultura xenuína
Rosario Álvarez Cao

02
A cultura tradicional galego-portuguesa
Álvaro Campelo

O Intanxible Común
03 Francisco Fernández Rei

A Comunidade de Traballo Galicia-Norte de


04 Portugal e a cultura común galego-portuguesa
Manuel Cao Fernández

Patrimonio inmaterial vs. materialismo “apatrimonial”


05 Xerardo F. Santomé

Arte, Creación, Vida


06 Antón Patiño

A posta en valor do patrimonio etnográfico. Apuntamentos


07 breves e reflexión crítica
Xosé C. Sierra Rodríguez

Accións de salvagarda para o patrimonio cultural inmaterial


08 Iván Area Carracedo; Anxo Fernández Ocampo; Xabier Prado Orbán;
Xavier Simón Fernández

O coñecemento tradicional como un alicerce


09 para construírmos o futuro
Xavier Simón Fernández
01

O Proxecto Cantata.
Unha aposta pola cultura xenuína

Rosario Álvarez Cao

1. Preocupación institucional pola cultura. UNESCO e Unión Europea


Na Conferencia Mundial sobre políticas culturais celebrada en México en 1982, a Orga-
nización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura, UNESCO, define a
cultura como o “conxunto de trazos distintivos, espirituais e materiais, intelectuais e afec-
tivos, que caracterizan unha sociedade ou un grupo social. Ademais das artes e as letras, a
cultura engloba os modos de vida, os dereitos humanos fundamentais, os sistemas de valo-
res, as tradicións e as crenzas”.
O labor desenvolvido por esta Organización no ámbito da cultura e do patrimonio é
intenso e continuo, inclusive na posta en marcha de instrumentos xurídicos para axudar
aos Estados a brindar unha mellor protección á cultura en todas as súas formas.
A definición da UNESCO foi retomado polo Consello de Europa na Declaración euro-
pea sobre os obxectivos culturais, na 4ª Conferencia de Ministros Europeos da Cultura en
Berlín en 1984. Pero sería a raíz do Tratado de Maastricht en 1992, cando a cooperación
cultural pasa a ser unha competencia máis da Unión Europea, que ata ese momento fun-
cionara sobre unha base esencialmente económica. O artigo 151 de dito tratado sinala que
a Unión deber contribuír “á expansión ou completo desenvolvemento das culturas dos
Estados membros no respecto da súa diversidade nacional e rexional, potenciando o
patrimonio cultural común”.
A Unión Europea é consciente de que a posta en valor do inmenso patrimonio histórico
e cultural que posúen todos os Estados membros pode ser un motor de cohesión e desen-
volvemento local e reforza a identificación da poboación co seu territorio e a súa cultura.
Para isto hai que partir do coñecemento deste rico e diverso patrimonio e, por suposto,
protexelo e salvagardalo para evitar o perigo de instrumentación e de sobrecarga. A Unión
actúa impulsando accións directas e indirectas neste senso.
O programa da Unión de maior significación neste ámbito é Cultura 2000 que engloba
programas anteriores de menor importancia orzamentaria e moi específicos (Raphael –para
temas de patrimonio–, Arianne –temas literarios– e Caleidoscopio –para as artes vivas).
Crear un espazo cultural común fomentando o diálogo cultural e o coñecemento da histo-
ria e do patrimonio común, a creación, a difusión da cultura dos pobos europeos e a mobi-
lidade dos artistas e as súas obras, as novas formas de expresión cultural e o papel socioe-
01 O Proxecto Cantata. Unha aposta pola cultura xenuína

conómico da cultura, é o principal obxecto deste programa. Pero a súa importancia radica
tamén en que considera que o concepto de cultura inclúe a cultura popular, a sociedade
da información e o emprego e a cohesión social, polo que integra a dimensión cultural nas
decisións con impacto estes elementos.
No marco da política rexional, as Iniciativas Comunitarias cofinancian accións que
abordan a dimensión e cooperación cultural. LEADER+ aborda a creación de redes de coo-
peración que experimentan novas formas de valorización do patrimonio natural e cultural.
O IFOP (Instrumento financeiro de orientación da pesca) apoia proxectos culturais.
URBAN potencia a recuperación do patrimonio material das cidades e vilas. INTERREG III
concentra os seus esforzos en potenciar a cooperación entre Estados, entre rexións e entre
zonas limítrofes.
É indubidable que a cultura e o patrimonio cultural se converte en apostas dos orga-
nismos, das organizacións internacionais e da propia sociedade, e que ten efectos estrutu-
rantes no ámbito da cohesión social e do desenvolvemento rexional grazas a unha impli-
cación significativa dos Fondos Estruturais e de programas comunitarios.
Trátase de crear un verdadeiro “espazo cultural europeo”, aberto tamén aos países can-
didatos, cun importante papel nas relacións da Unión co resto do mundo.
A preocupación pola cultura queda patente na proposición que presentou, en outubro
de 2005, a Comisión sobre a decisión do Parlamento Europeo e do Consello para declarar
2008 como “Ano Europeo do Diálogo Intercultural”.

2. O Proxecto Cantata
Cantana é un exemplo de aposta polo patrimonio cultural como motor de desenvolve-
mento territorial e de cooperación entre países. Está cofinanciado pola Iniciativa
Comunitaria INTERREG III B Espazo Atlántico. Comezouse a implementar en abril de
2005 e está previsto o seu peche en marzo de 2008.
O Xefe de Fila do proxecto é Denbighshire County Council –Condado de Denbighshire–
(Gales-Reino Unido) e o restantes socios son: Clare County Council –Condado de Clare–
(Shannon-Irlanda), Communauté de Communes du Poher –Mancomunidade de Muni-
cipios de Poher– (Bretaña-Francia), Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia
(Galicia-España), Câmara Municipal de Montemor-o-Velho –(Portugal).

36
Introdución

Países e organismos socios de Cantata

A. Antecedentes
A súa xestación iníciase co remate dun proxecto anterior no ano 1998, PLEIADES, cofi-
nanciado tamén pola Unión Europea a través do Artº10 do FEDER, relativo ao desenvol-
vemento económico de índole cultural, no que algún dos socios participaran; é dicir, exis-
tía un traballo xa desenvolvido, un coñecemento mutuo entre os participantes, unha expe-
riencia de cooperación, e o convencemento de que aínda había moito que aprender uns
dos outros e entre todos. Houbo ademais un labor continuado do Condado de
Denbighshire (Gales) e Condado de Clare (Irlanda) no senso de desenvolver un turismo
singular que contribuíse a valorizar o patrimonio destas rexións.
Clare foi consciente, a partir de diversos estudos e da propia realidade, de que tiña que
manter a súa competitividade como destino turístico tanto no contexto nacional como
europeo, diferenciándose das grandes iconas turísticas da zona (Acantilados de Moher,
Dolmen de Poulnabrone, Castelo de Bunratty) e ofrecendo ao visitante experiencias típicas
da súa rexión e auténticas: música, paseos pola costa, pesca, baile…, ou sexa, cultura,
modos de vida, natureza.
Baixo este criterio, puxo en marcha o proxecto LIVETHELIFE co obxectivo último de
crear unha estratexia de márketing e marca que permitise vender o produto “Clare” como
un todo no mercado. Nesta estratexia había dous puntos clave: o papel da comunidade
local como punto único de venta e as novas tecnoloxías.
Tras varios estudos o resultado foi o desenvolvemento dunha metodoloxía innovadora
na que a participación da poboación local xogaba un papel clave para identificar mercados
potenciais; identificar produtos “auténticos” locais comercializables; identificar as necesi-
dades locais de formación e adquisición de capacidades; desenvolver o produto.
A experiencia do Condado de Clare, serviu de base para formular un proxecto de coo-
peración europea entre rexións do espazo atlántico no eido do desenvolvemento territorial
tendo como elemento común a valorización do patrimonio cultural propio, e tomando este
como punto de partida para definir unha oferta turística “xenuína”, sostible, orientada ao
mercado e xestionada pola comunidade local.
O concepto LIVETHELIFE parecía transferible e podería enriquecerse con achegas
doutras rexións. O Condado de Clare contactou, no ano 2002, con organismos doutros
países para analizar a posibilidade de definir un proxecto conxunto que puidese contar
coa aprobación da Unión Europea. A convocatoria de INTERREG III B Espazo Atlántico
abriu a porta desta posibilidade con éxito e o novo proxecto denominado Cantata foi
aprobado pola Comisión.
O acrónimo Cantata responde a Celtic Authentic Niche Tourism Advancing The
Atlantic Area, Impulso do Espazo Atlántico Promovendo un Turismo Celta e Xenuíno.
Confinanciado por INTERREG III B Espazo Atlántico, encádrase na Prioridade D
(Reforzo e promoción da identidade atlántica na globalización) e na Medida D-2 (Creación
de produtos turísticos atlánticos).

B. Obxectivos e metodoloxía
O obxectivo de Cantata, dun xeito resumido, é conseguir unha distribución sostible e
equilibrada da actividade turística nas rexións atlánticas desenvolvendo a capacidade da
comunidade e promocionando servizos e atraccións turísticas xestionadas localmente,
mediante a creación de accesos á cultura local para os visitantes.

37
01 O Proxecto Cantata. Unha aposta pola cultura xenuína

As investigacións recentes evidencian que os visitantes son cada vez máis inmunes á
excesiva carga de márketing e se senten decepcionados coas súas experiencias turísticas.
Nun mercado sofisticado, o visitante converteuse nun entusiasta de “chegar a coñecer o
real”, coñecer a xente real e desfrutar da experiencia interesante que reflicte a frescura, a
singularidade e o dinamismo dunha cultura, o calor xenuíno da xente e un sentido de per-
tenza ao lugar que visitan.
No Espazo Atlántico a miúdo ocorre que un pequeno número de atraccións turísticas
convencionais atraen a maioría das visitas. Isto supón non só unha concentración dos
impactos negativos, senón tamén que os beneficios derivados desde o punto de vista eco-
nómico, social e cultural non se distribúan equilibradamente, privando da oportunidade
de desenvolvemento a espazos dotados de gran potencial.
Cantata pretende incidir na rectificación desta situación, común en todas as rexións
atlánticas participantes, movendo aos visitantes desde estes centros turísticos de masas ás
áreas máis periféricas e menos desenvolvidas, e promovendo experiencias auténticas e
xenuínas para os visitantes, que fortalezan e promocionen a cultura e as singularidades
locais. Evidentemente todo esto baixo criterios de respecto, sostibilidade e calidade no
ámbito cultural e medioambiental.
Así pois os obxectivos xerais de Cantata son:
❙ Distribuír aos visitantes máis homoxeneamente nunha área dada, minimizando os
impactos do turismo e equilibrando os beneficios económicos e sociais no territorio.
❙ Atraer máis visitantes e fidelizar a demanda.
❙ Incrementar a duración da estancia e a calidade da experiencia turística.
❙ Xerar repetición de visitas cara a un turismo sensible medioambiental e culturalmente.
Na metodoloxía de traballo as comunidades locais desempeñan un papel fundamental,
Elas son os “informantes”, son os “actores” e os responsables á hora de construír e mello-
rar a capacidade local, de “recoñecer” e poñer en valor a súa cultura, de sentirse orgullo-
sos dela, da súa rexión, dos seus modos de vida, de incrementar a conectividade, de defi-
nir e deseñar propostas para ofertar ao visitante transmitíndolle ese orgullo ao tempo que
se reforza a identidade local. De aí que o proxecto non tería sentido se non se implican
organismos, asociacións, entidades locais, empresarios e actores turísticos. Eles participan
a través dos workshops e grupos de traballo comarcais.
Pola metodoloxía de traballo e pola filosofía subxacente no proxecto, Cantata non bus-
ca un enfrontamento de culturas, nin crear unha “cultura para o turismo” senón que pre-
tende crear un lugar de encontro no que o visitante consiga identificar e compartir o ver-
dadeiro sentido do lugar que visita e haxa un encontro xenuíno coa poboación. Esta idea
non resta credibilidade ao produto turístico; máis ben ao contrario, dótao de “alma” e cons-
titúe a súa razón primeira.
Todo isto tense que reflectir nunha mellora do márketing a partir da investigación de
mercado e dos workshops.
O intercambio de coñecementos e de know-how entre os socios do proxecto fortaléce-
no e enriquéceno porque hai unha variedade histórica, económica e cultural rexional aín-
da que existen elementos comúns entre todas as rexións participantes. A competitividade
colaboradora permite conectividade, aumento da conciencia e promoción dunha cultura
de diversidade: unha aproximación común con solucións aplicadas localmente.
O esquema básico do modelo é: consultar, investigar, identificar carencias, identificar
necesidades, tratar as carencias en canto a provisións, realizar accións prácticas e compar-
tir información.

38
Introdución

C. Comarcas Cantata en Galicia


En Galicia estase a implementar Cantata nas comarcas do Eume, O Ribeiro e A Ulloa.
Trátase de comarcas rurais cunha grande potencialidade en canto aos recursos que
posúen e relativamente próximas ás cidades importantes de Galicia.
Todas elas contan con organismos e organizacións que traballan polo desenvolvemen-
to turístico do territorio e pola revalorización dos seus recursos e constitúen ámbito de
intervención de programas de desenvolvemento rural (PRODER, LEADER+, AGADER)
que se reforzan con Cantata.
En total, 18 concellos, preto de 60.000 habitantes e unha superficie de 1.364,3 km2.
Montañas e vales, ríos e embalses, paisaxes espectaculares, patrimonio cultural variado e rico,
atractivos turísticos indubidábeis, espertar dun incipiente turismo, tecido empresarial apoiado
nos recursos endóxenos e, sobre todo, vontade social por desenvolver o territorio e potenciar
o que lle é propio...., son todos eles trazos que identifican cada unha das tres comarcas.
Dúas son as estratexias de actuación:
1. Atraer os fluxos turísticos que reciben as cidades galegas e zonas costeiras, –as máis
visitadas–, cara ás tres comarcas, situadas relativamente próximas a ditos espazos.
2. Animar aos excursionistas –máis de 4 millóns– procedentes doutras rexións espa-
ñolas e do norte de Portugal a visitar e pernoctar nas comarcas Cantata; incidirá, sen
dúbida, na súa estrutura socio-cultural e económica.
Tras un primeiro estudo do territorio definíronse as principais liñas temáticas nas que
se pode traballar para deseñar produtos turísticos. Estas liñas están intimamente relacio-
nadas coa cultura de cada comarca, coa súa historia e co seu patrimonio cultural.
No Eume a liña principal é a natureza, o parque natural Fragas do Eume, complementán-
dose co patrimonio arquitectónico (mosteiros, igrexas, castelos) e coa industria da enerxía.
No Ribeiro a cultura do viño tómase a priori como o eixo central, complementada coa
cultura sefardí, a gastronomía –presente tamén nas outras comarcas-, o patrimonio histó-
rico e arquitectónico, e a auga no referente a ríos, balnearios e mares interiores.
A Ulloa, atravesada polo Camiño Francés a Santiago, tómao como eixo de actuación
principal unido ao patrimonio histórico-artístico e á agroindustria, reforzando a presenza

39
01 O Proxecto Cantata. Unha aposta pola cultura xenuína

de producións tradicionais como o queixo e derivados e


concedendo un espazo ás novas producións (framboesas,
espárragos trigueiros, ovos ecolóxicos...).

D. Actuacións acometidas
Seguindo a metodoloxía de traballo definida no proxec-
to, as accións que se acometen englóbanse nos seguintes
ámbitos: investigación, creación de grupos de traballo, pro-
moción, comercialización e intercambio de experiencias.
Ata o momento o traballo centrouse na investigación, na
creación de grupos de traballo e na promoción.
Na fase de investigación realizouse un diagnóstico do
territorio e un estudo do mercado turístico, a través de
entrevistas e enquisas motivacionais.
A entrevista a actores da industria local deu como con-
clusións que os empresarios son conscientes da necesidade de coñecer e valorar os recursos
das súas comarcas, partindo da súa identificación dos mesmos nun traballo conxunto; a
necesidade de cooperación entre as pequenas empresas turísticas para achegarse competiti-
vamente ao mercado; e a necesidade de definir estratexias conxuntas de comercialización en
cooperación coa administración. O concepto Cantata foi avaliado moi positivamente.
Coa enquisa motivacional realizada aos turistas pretendeuse coñecer as opinións e as acti-
tudes dos visitantes sobre a comarca visitada. A procedencia é fundamentalmente Galicia, res-
to de España (Madrid, Barcelona, norte de España), un 8% do estranxeiro, e maioritariamente
de ámbitos urbanos. A maioría destes visitantes que viaxan coa familia ou coa parella, reser-
van directamente ou viaxan sen reserva e os aspectos que máis valoran das comarcas son: a
paisaxe, a natureza, a xente, a gastronomía, as praias fluviais e o mar. É salientable que unha
das fontes de información máis habitual é internet. Entre os aspectos que se considera nece-
sario mellorar están a sinalización –que segue sendo unha materia pendente–, os aspectos
medioambientais e de accesos, a organización de actividades turísticas que complementen
unha oferta e proporcionar máis información sobre os recursos locais.
O fomento da cooperación entre as empresas do sector pasa por un traballo conxunto dos
técnicos cos empresarios, por iso se crearon grupos de traballo que, ademais de constituír un
foro para coñecerse e compartir información, supoñen unha actividade formativa.
Neste senso organizáronse dúas xornadas dirixidas por técnicos especialistas en turis-
mo. En novembro de 2005 tiveron lugar as Xornadas “Cooperación empresarial en turis-
mo a nivel local” en cada unha das comarcas. Os obxectivos principais destas foron:
Animar e incentivar as comunidades locais e cooperar e concienciar a poboación cara ao
deseño de produtos turísticos.
En febreiro de 2006 celebrouse un seminario obradoiro para “Deseño e creación de pro-
dutos turísticos”, orientado ao deseño de produtos turísticos comarcais, á busca de canles
de comercialización e á promoción dos produtos.
Destacar que a asistencia a ámbalas dúas xornadas foi moi nutrida nas tres comarcas
Cantata e que serviron para que os empresarios sexan máis conscientes dos seus recursos, do
potencial que lles brinda o territorio, da necesidade de colaborar e cooperar e de establecer
unha metodoloxía de traballo e, finalmente, de que eles deben ser os actores principais do
desenvolvemento turístico das súas comarcas.
O traballo está iniciado. A participación de empresarios turísticos e axentes culturais
das comarcas é un feito; os recursos están aí, a man; as ilusións están motivando á acción.

40
Introdución

Agora queda continuar a liña de traballo emprendida e arriscar na aposta polo desenvol-
vemento territorial. O obxectivo final non se poderá acadar se non se implican activamen-
te todos os axentes: empresarios, Fundacións para o Desenvolvemento Comarcal, Grupos
de acción local, Mancomunidade do Ribeiro, Oficinas de turismo e Centros de Iniciativas
Turísticas, Centros Comarcais, etc., e, por suposto, a propia Administración Autonómica a
través, neste caso, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural (Cª do Medio Rural) e coa
colaboración da Dirección Xeral de Turismo (Cª de Innovación e Industria).

E. Resultados esperados
O principal resultado será conseguir a articulación da actividade turística no desenvol-
vemento socioeconómico do medio rural e da economía comarcal. Para logralo poñeranse
no mercado produtos turísticos comarcais deseñados a partir do traballo desenvolvido ao
longo dos anos de implementación do proxecto, que reforcen a identidade e a singulari-
dade de cada comarca e constitúan unha oferta “auténtica” e xenuína para os visitantes. En
primeiro lugar fomentar un sentimento de orgullo nas comunidades locais polo propio é
unha das bases non só para deseñar os produtos senón tamén para dotalos da calidade que
precisan para competir nun mercado global.
Os resultados xerais que esperamos do proxecto sinálanse a continuación:
❙ Desenvolvemento do potencial das comarcas e territorios implicados para ofertar
experiencias turísticas diferenciadas e culturalmente auténticas.
❙ Desenvolvemento dun turismo equilibrado no Espazo Atlántico.
❙ Intercambio de coñecementos a nivel transnacional a través de seminarios para iden-
tificar métodos e mercados para o turismo.
❙ Promoción da identidade do Espazo Atlántico e da especificidade e peculiaridade
local como atracción para os turistas a través dun márketing fortalecido e de com-
partir o coñecemento.
❙ Mellora da calidade a través do fortalecemento da confianza, competencia e conec-
tividade no produto local a través de workshops e o intercambio de información.
❙ Mellora do uso das novas tecnoloxías na industria turística a través do uso da páxi-
na web do proxecto.
❙ Abrir o potencial para o márketing conxunto e posibles futuras accións.
A demanda do mercado polo “auténtico” abre camiños para poñer en valor o “auténti-
co” de cada territorio e conseguir que a identidade territorial sexa un factor de benestar
social e de desenvolvemento económico, en suma, un capital de desenvolvemento.

Bibliografía
Formulario de candidatura do Proxecto Cantata
Información Oficial da Unión Europea
Información UNESCO

41
02

A cultura tradicional galego-portuguesa:


da descoberta das especificidades à
necessidade da relação

Álvaro Campelo

Junto ao célebre anúncio publicitário “a tradição já não é o que era!”1, poderíamos acres-
centar: “a cultura já não é o que era”. De facto, o conceito de cultura, aparentemente con-
sensual e perceptível por todos, de tanto uso, a propósito e a despropósito, tem-se revelado
problemático para suster uma reflexão desapaixonada e coerente. A suposta “naturalidade da
cultura” enferma da condição paradoxal em que se afirma. Se tudo é cultura, nada é cultura!
No entanto, se olhamos para a cultura como o resultado de processos históricos que sedi-
mentam uma particular forma de estar e interpretar o mundo, onde esse resultado expres-
se tanto os consensos como as contradições e complexidades de interacção entre os actores
sociais, e destes com o espaço ecológico, com os recursos tecnológicos herdados ou criados
e com os discursos simbólicos que suportam a todos, então teremos uma visão aproximada
do que é a cultura de uma comunidade. Se a palavra tradição tem na sua raiz o significado
de acto ou efeito de transmitir, a cultura é, de alguma forma, sempre tradicional, porque
nascemos dentro de um espaço cultural preexistente, transmitido, herdado, que traduz o
que «aparece» como novo, que delimita regras e normas de acção e interpretação. A cultu-
ra encerra em si mesma um discurso de constrangimento e de possibilidades a que os acto-
res sociais se sujeitam no seu quotidiano. Mas sendo ela o resultado de processos históricos,
ela está sujeita à mutação da própria história e à dinâmica que esta impõe aos sentidos pre-
sentes nos acontecimentos. E é na relação estabelecida entre o estável, e permanente dos
processos sociais, e as mutações e reinterpretações próprias da sua dinâmica, que se situa a
problemática da identidade cultural, outra das invenções supostamente pacíficas.
O questionar no presente o significado e papel da cultura tradicional advém do facto das
mutações sociais e económicas serem na contemporaneidade de tal ordem que os sentidos
do tradicional aparecem como «não-sentidos», ou como desfasados do campo da acção
social. O que está em causa é a relação que estabelecemos com o que nos foi transmitido,
com os conteúdos, práticas e sentidos que informaram o espaço onde os nossos antepassa-
dos interagiram. O corte estabelecido com essas práticas e sentidos causado pelas rápidas e
profundas mutações do século XX, particularmente da segunda metade, fez com que o «tra-
dicional» adquirisse um sentido negativo, algo estranho e sem particular interesse para os

1
Spot publicitário do whisky JB.
02 A cultura tradicional galego-portuguesa: da descoberta das especificidades à necessidade da relação

dias de hoje. Outras vezes, a «cultura tradicional»


apresenta-se como um objecto a proteger e a guar-
dar em alguma gaveta do acervo da memória muse-
ológica. O destino é a contemplação estética e sau-
dosista. Fascina-nos o arcaico que encerra e o exóti-
co que nos transporta para o mistério e o inacessí-
vel, porque estranhos aos nossos sentidos.
Ora a «cultura tradicional» deverá ser algo de
diferente. Ela, nas suas múltiplas formas, pois esca-
pa a toda a homogeneização que se lhe queira
impor, apresenta-se como um conjunto de expe-
riências onde os costumes, os valores, os modos de
ser, as crenças, as expressões artísticas, as ideias e
acções do quotidiano se sedimentaram em saberes e
artes de fazer, imprescindíveis na compreensão de
qualquer comunidade. A cada momento do quoti-
diano, a cada acontecimento extraordinário, a cada
provocação do social e do ecológico, a memoria cultural é activada em relações de sentidos,
explícitos e implícitos, que organizam e governam o comportamento. Criada e alterada na
imprevisibilidade da história, na relação com diferentes interlocutores, num diálogo íntimo
e desafiante com o espaço ecológico, a cultura tradicional comunica-nos essa própria histó-
ria do saber, da capacidade da negociação com o diferente. Muito longe de ser algo de uma
rigidez fixista, ela fornece a sábia capacidade de olhar para o tempo com o distanciamento
da experiência, ao mesmo tempo que vê nele os sinais da mudança, para os quais tem o
espaço de compreensão e de inovação necessários.
Ao falarmos da cultura tradicional galego-portuguesa, queremos salientar todo um
património cultural que partilhamos, que nos foi comunicado (que faz parte da nossa tra-
dição), e que se apresenta para nós como o espaço de construção de uma identidade múl-
tipla e complexa, mas que fornece as referencias suficientes para nela reflectirmos os sen-
tidos comuns do passado, do presente e, sobretudo, do futuro. Neste Noroeste Peninsular
partilhamos um espaço ecológico, saberes e práticas que, independentemente de qualquer
simulação ou imposição identitária, reconhecemos como familiares. O ‘ar de família’ com
que os sentimos e os partilhamos, informam uma maneira de estar no mundo, de nos rela-
cionarmos com o novo e diferente, de tal forma visível e operante, que transportamos para
outras terras e paragens esse modo de vida tão singular em variadíssimas expressões artís-
ticas, que agora fazem parte do nosso património imaterial.
É indiscutível que qualquer proposta de desenvolvimento no mundo contemporâneo
deverá ter em conta a realidade e o discurso da globalização. Mas esta globalização não se
fará sem o reforço e a singularidade das expressões locais. O desafio não está na imitação ou
na diluição do particular e local. Está sim na afirmação deste, enquanto saber local, enquan-
to expressão de uma história particular que oferece ao mundo globalizado a sua especifici-
dade, a riqueza das variadas e originais formas com que lidou com os constrangimentos e
as oportunidades da história e do espaço ecológico. O local é o espaço dos problemas sen-
tidos. Ao saber acrescentamos a emoção e é na conjugação de ambos que se reforça a cren-
ça na capacidade de mudar o mundo e de ser interveniente na história. A nossa cultura tra-
dicional é a expressão dessa riqueza e é nela que estamos dispostos à negociação de uma
partilha generosa. A nossa cultura tradicional galego-portuguesa é um manancial de opor-
tunidades para o mundo, depois de ser a razão e o sentido das nossas práticas e saberes.

44
Introdución

Nenhum desenvolvimento se fará nas comuni-


dades locais, num mundo globalizado, se os actores
sociais dessas comunidades não descobrirem pri-
meiro a riqueza dos seus saberes e a capacidade
deles serem uma mais-valia nas relações mundiali-
zadas. O desenvolvimento faz-se pela capacidade
de cada região encontrar um «lugar» entre as redes
que definem as relações económicas, culturais e
politicas da globalização. E esses lugares nascem ora
da capacidade induzida pelas estratégias politicas e
económicas daqueles que detêm o poder económi-
co e politico, ora pela capacidade com que as comu-
nidades de uma determinada região têm de valori-
zar e destacar a especificidade da sua cultura tradi-
cional e nela construir estrategicamente as razões e
papeis que invocam para se afirmarem incontorná-
veis nessas redes da globalização. A memória cultu-
ral e a experiência de uma região, longe de serem obstáculos à inovação, devem tornar-se a
base de um saber e de uma capacidade de renovação e de descoberta. Essa capacidade refor-
ça-se pelo sentimento de pertença. A cultura tradicional dá-nos essa pertença e essa segu-
rança num mundo em constante mutação.
Ao longo dos tempos a nossa cultura, nas suas variadas expressões, foi criativa e Sábia na
forma como dialogamos com o nosso espaço e como nos posicionou nos variados locais para
onde o dealbar da mundialização nos levou. Nas montanhas, nos vales e nas margens do oce-
ano desenvolvemos o engenho e a arte da sobrevivência. Nos continentes para onde partimos
levamos esse engenho e arte de fazer e estar. Nesta época da globalização, depois de darmos
mundos ao mundo, temos a partilhar a arte da relação, da capacidade de lidar com o diferen-
te, o saber de encontrar nas dificuldades a razão para a acção, uma espiritualidade fundada no
dom da natureza e na graça da partilha. Estes e outros sentidos que informam a nossa cultu-
ra tradicional apresentam-se como o legado sobre o qual trabalhamos e criamos agora mun-
dos novos e para os quais queremos convocar todos os que queiram entrar neste diálogo.
Olhar para a nossa cultura tradicional é olharmos e preocuparmo-nos com a arte do
saber, a arte da criação, a arte da construção sábia de uma relação eficaz e respeitadora com
os outros e com a natureza. Alguém poderia dizer que muitas outras culturas tradicionais
podem oferecer o mesmo! Mas haverá alguém que possa contestar ser esta uma das mar-
cas mais distintivas da nossa região, uma forma de estar que se distingue na maioria das
nossas expressões culturais e na nossa história?
Investigar e desenvolver conhecimento no campo dos recursos naturais e na defesa do
ambiente; fundar uma economia do saber na capacidade que temos de estarmos abertos ao
mundo; definirmos uma politica de acolhimento ao diferente, partilhando aquilo que herda-
mos como a nossa história particular; e assumirmos que temos uma história e recursos criati-
vos que nos capacitam para ultrapassar todo o tipo de fronteiras, são as acções que se nos
impõem se queremos ser herdeiros dignos da cultura que recebemos e participantes neste
mundo globalizado.

45
03

O Intanxible Común

Francisco Fernández Rei

Moi probablemente o vindeiro 25 de novembro a UNESCO declare Obra Mestra do


Patrimonio Inmaterial da Humanidade o inmenso patrimonio intanxible común a Galicia
e ás comarcas estremeiras de Asturias, León e Zamora, que compartimos cos portugueses
miñotos e trasmontanos. Ese día será o triunfo dunha candidatura de base, impulsada des-
de outubro do 2001 pola asociación escolar “Ponte... nas Ondas!” e polas Escolas asocia-
das á UNESCO, que no seu posterior camiñar foi contando co inequívoco apoio de diver-
sas asociacións e institucións galegas e portuguesas e tamén co apoio de asociacións e enti-
dades do Eo-Navia, do Bierzo e das Portelas.
Son testemuña de que cando chegou a esta Academia Galega, ao Museo do Pobo e ao
Consello da Cultura un escrito das asociacións impulsoras no que se daba información e
se solicitaba a adhesión, os respectivos plenarios foron totalmente receptivos. E tamén lem-
bro que, cando hai un par de anos, Santiago Veloso veu a Cambados a unha asemblea da
Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial para informar desta candidatura á
UNESCO, a xente da Federación acabou facéndoa súa e volcouse totalmente nela, polo que
cando esa Federación acordou editar unha revista, Ardentía, o primeiro número dedicou-
no integramente ao patrimonio inmaterial dos ríos e dos mares da Gallaecia.
Pase o que pase o 25 de novembro, o intenso labor feito para divulgar e acadar a can-
didatura da tradición oral galaico-portuguesa nunca será traballo perdido. E non teño nin-
gunha dúbida de que moitas persoas continuarán a ser portadoras das múltiples manifes-
tacións dese patrimonio.
Ás dúas beiras do Miño e da raia seca haberá xente que seguirá a mergullarse na tradi-
ción oral para devolvernos historias de vida de galegos e portugueses, cos seus xeitos de
falar; e seguiranse a recoller coplas e cantigas populares, regueifas e romances, contos reais
ou fantásticos e lendas, así como a gran riqueza léxica e fraseolóxica relacionada cos ofi-
cios, cos labores do campo e do mar e co variado ciclo das festividades anuais.
Na comarca do Ulla vibrarán cos xenerais e en Salcedo de Brollón co seu oso, na Terra
de Lemos cos compadres e comadres, en Laza cos peliqueiros e en Verín cos cigarróns, no
Salnés cos choqueiros e coas comparsas, como tamén se vibrará en tantos lugares onde
haxa manifestacións parateatrais encadradas no ciclo do Entroido.
En Vilafranca do Bierzo os rapaces volveranse vestir con “cañaveiras ou mazandois”,
que cortarán na mesma mañá do primeiro de maio, para así festexaren o maio-mozo, o úni-
03 O Intanxible Común

co exemplar vivo dos moitos maios humanos galegos noutrora existentes. E en Ourense,
en Pontevedra e noutros lugares farán maios figurativos, que terán forma de barcos en vilas
mariñeiras como Marín ou Vilagarcía.
Nos dous costados da ría da Arousa e na ría de Pontevedra, o derradeiro día do mes de
abril, –e sempre antes do sol baixo, tal como dicían os vellos–, volveranse poñer ramos de
xesta nas portas das casas e nos coches, como antes se poñían nos carros tirados por ani-
mais. E con estes “maios” a xente do Salnés e lugares veciños estará a transmitir unha mile-
naria tradición da Gallaecia, que un Concilio de Braga prohibiu no séc. VI, á vez que
Martiño Dumiense ou Bracarense denunciaba iso como culto propio de seres infernais.
En todos os lugares da Gallaecia acenderanse cacharelas na noite de San Xoán; e cando
sexa día, moitos madrugarán para lavarse co orballo e coas augas que recenden a fiúncho,
a menta, a poexo e a tantas plantas recollidas nos lameiros.
En Lubián, entre a Portela da Canda e do Padornelo, o 8 de setembro festexarán o seu
patrón San Mamede coa recuperada tradición do “carro enfeitado”, que inzan de flores e
vexetación e que logo pasean por toda a vila coa xente detrás bailando, cantando e
bebendo, ata deixaren o carro no adro da igrexa. Ese rito do carro “afeitado”, que é como
din os vellos portelaos, seguramente é unha
tradición precristiá, como deben selo tantas
festas e ritos que tamén o 8 de setembro (ou
arredor del) se celebran en Muxía e en Rianxo,
en Amil e no Cebreiro, na Saínza e na Fran-
queira e noutras parroquias onde hai ese día
festa dedicada á Virxe.
Na Galicia da beiramar estas festas coincidi-
rán coas grandes mareas vivas (e as grandes
secas) do equinoccio de outono: son as “mareas
dos lagares” de Cambados, que marcarán o co-
mezo da vendima; e son as “lagarteiras” de se-
tembro da batida costa de Valdoviño, esas mare-
as tan areladas polos percebeiros por descubriren
pedras sempre cubertas polo mar. E na Galicia
rural, estas festas marcarán o comezo da prima-
vera de outono, que é como de xeito tan poético
os labregos da Terra Cha e de tantas outras terras
galegas denominan a estación do ano que vai da
vendima á castañeira de Otero Pedrayo.
Alá “por Santos”, en Sárdoma e noutras parro-
quias rururbanas de Vigo os rapaces furarán
“cabasas” para meter velas acesas dentro, que col-
garán das ponlas das árbores que rodean os camiños para asustar as rapazas; e en Cambados
furarán “calacús”, que é como se chaman as cabazas no Salnés, aínda que hoxe xa non se
poñan nas fontes para “darlle unha impresión ás mulleres e ás mosas que ían buscar aghua”.
Polo San Martiño, por todos os lugares, faranse magostos, á vez que os trompos irán
para o camiño, para logo polo San Amaro volveren ao faiado.
En Chantada e noutras partes da cunca do Miño seguirán recuperando e estudando os
batuxos e outras barcas de río, de igual xeito que en Lanhelas e noutros lugares do alto
Minho portugués farán o mesmo cos carochos e coas masseiras, derivacións estas da “bru-
ta” e fermosa ghamela da Guarda.

48
Introdución

Nos meses de verán, desde Ferrol a Vila do


Conde, camiño da desembocadura do Douro,
faranse encontros e regatas a vela de embarca-
cións tradicionais aparelladas ao xeito tradicio-
nal; e asemade estudarase o patrimonio inmate-
rial dos mares (e dos ríos) da Gallaecia, non
cunha visión saudosista e folclórica dun mundo
que se foi, senón para valorizar a herdanza reci-
bida, engadíndolle novas e frutíferas achegas
desde o traballo mariñeiro de hoxe e de mañá.
E cando chegue o vindeiro 17 de maio e a
Academia Galega estea a homenaxear na
Coruña ou en Sada (ou nestas dúas vilas) a
Manuel Lugrís Freire, ese mesmo día, un ano
máis, a Escola de Navegación Tradicional da
Cultural “Dorna” da Illa da Arousa botará ao
mar as dornas aparelladas con vela de relinga (a
popular vela “de cuadro”) para facer unha travesía pola ría da Arousa en honra de Manuel
Antonio, de Xaquín Lorenzo e de toda a xente que poetizou e estudou o mar. E no verán,
e ata ben entrada a primavera de outono, os patróns desa Escola seguirán aprendéndolle a
velear en dorna e en lancha xeiteira a quen estea interesado na cultura marítima, á vez que
lle transmitirán o léxico e os saberes mariñeiros que eles mesmos aprenderon (e seguen a
aprender) no libro salgado do mar e no contacto diario cos vellos patróns.
Pase o que pase o vindeiro 25 de novembro, estas accións e moitas outras que se con-
tinuarán a facer ás dúas beiras do Miño, do Sil e do Eo e ás dúas beiras dos portos de
Pedrafita e da Canda son unha garantía para que o inmenso caudal das tradicións orais
galegas e portuguesas se recupere, se revitalice e se transmita para gozo noso e das vindei-
ras xeracións. E deste xeito os galegos e os portugueses (e tamén os estremeiros) que habi-
tamos a costa e o interior da antiga Gallaecia contribuiremos a afianzar a nosa identidade
común neste xeira globalizadora e uniformizadora.
*Este texto leuse no acto de presentación da Candidatura á UNESCO da Tradición Oral
Galego-Portuguesa, que se celebrou na Coruña o 9 de novembro do 2005, no salón de
actos da Real Academia Galega. Publicouse no nº 594 da Revista das Letras, de 17 de
novembro do 2005, no especial Patrimonio que une, dedicado ao patrimonio inmaterial
común ás dúas beiras do Miño.

49
04

A Comunidade de Traballo Galicia-Norte de


Portugal e a cultura común galego-portuguesa

Manuel Cao Fernández

A Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués ante a UNESCO, polo feito de


ser unha proposta de carácter transnacional, presentaba unhas particularidades moi espe-
cíficas. A principal particularidade era a necesidade de creación dun organismo interna-
cional conxunto que asuma a función de coordinación das administracións e institucións
dos países participantes na iniciativa así como de representar esta mesma a tódolos efectos
ante a UNESCO.
No caso da candidatura galego-portuguesa dita función foi asumida, no seu día, por un
organismo xa existente e que encaixaba perfectamente dentro dos parámetros establecidos
pola UNESCO: A Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal (CTG-NP).

A posta en marcha da Comunidade de Traballo


A apertura de relacións institucionais entre Galicia e o Norte de Portugal data dos anos
oitenta, máis especificamente da integración de Portugal e España na anterior Comunidade
Económica Europea, posteriormente U.E., cando foron acordadas as primeiras posicións
comúns en seminarios conxuntos. Do incremento das relacións entre as dúas rexións resul-
tou a necesidade de crear unha estrutura que favorecese a continuidade, coherencia e
intensificación da cooperación transfronteiriza. A resposta a esta necesidade foi a base para
a sinatura do Acordo de Constitución da CTG-NP o 31 de Outubro de 1991.
O Acordo Constitutivo foi executado ao abeiro do Convenio Marco Europeo para a
Cooperación Transfronteiriza entre Comunidades e Autoridades Territoriais do Consello de
Europa de 1980.
O Acordo Constitutivo da Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal, foi actua-
lizado o pasado 24 de Febreiro de 2006, debido á necesidade de adaptalo ás disposicións
do Tratado Hispano-Portugués de Cooperación Transfronteiriza entre Entidades e
Instancias Territoriais de 3 de outubro de 2002, coincidindo coa asunción da Presidencia
da CTG-NP por parte do Presidente da Xunta de Galicia.
A Presidencia da CTG-NP recae alternativamente sobre o Presidente da Xunta de Galicia
e o Presidente da Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte
(CCDR-N) de Portugal. No momento de redactar o dossier da Candidatura, a Comunidade
de Traballo estaba presidida polo Presidente da CCDR-N.
04 A Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal e a cultura común galego-portuguesa

A estrutura da CTG-NP
A estrutura orgánica da CTG-NP está composta pola Presidencia, a Vicepresidencia, o
Consello, o Comité de Coordinación e o Secretariado.
O Consello, órgano plenario da CTG-NP, está constituído por Comisións Sectoriais e
Territoriais compostas por diferentes representantes da Administración Rexional e Local
das dúas marxes da fronteira. Todas elas teñen xogado un papel importante na presenta-
ción de proxectos de cooperación conxuntos que teñen contribuído en gran medida ao
achegamento e permeabilización da fronteira entre as dúas rexións.
Actualmente, a CTG-NP está integrada por 172 institucións galegas e portuguesas.
A composición do Consello estrutúrase en 10 Comisións Sectoriais(Agricultura, Medio
Ambiente, Educación, Dinamización Económica, etc.) e 5 Comisións Territoriais (4 Comu-
nidades Territoriais de Cooperación e o Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular, asociación
das 18 principais cidades de Galicia e o Norte de Portugal).

A esencia da CTG-NP: a cooperación transfronteiriza


Trátase dunha institución de carácter bilateral para o fomento da cooperación trans-
fronteiriza que ten como grandes obxectivos os seguintes:
a) Tratar asuntos de interese común no ámbito da cooperación transfronteiriza;
b) Formular propostas de cooperación entre as entidades e instancias territoriais que a
integran, mediante a concertación de iniciativas e a adopción de decisións, impul-
sando a súa posta en práctica e efectuando o seu seguimento;
c) Preparar estudos, plans, programas e proxectos en que se concerten actividades con-
xuntas no ámbito da cooperación transfronteiriza, especialmente os que sexan sus-
ceptibles de cofinanciamento estatal, comunitario ou internacional;
d) Promover formas de relación entre estruturas, axentes e entidades públicas e priva-
das interesadas, que poidan contribuír ao desenvolvemento da Eurorrexión Galicia-
Norte de Portugal ofrecéndolles, co respecto da súa respectiva autonomía, un mar-
co permanente de encontro e colaboración;
e) Executar as tarefas previstas para este tipo de estruturas (comunidades de traballo) no
Programa España-Portugal da iniciativa comunitaria INTERREG ou calquera outro ins-
trumento aceptado polo Reino de España e a República Portuguesa que o substitúa;
f) Impulsar a creación de organismos de cooperación transfronteiriza con ou sen per-
sonalidade xurídica e, de ser o caso, establecer mecanismos de cooperación entre
estes e a Comunidade de Traballo;
g) Fomentar a colaboración e a cooperación con outros organismos que teñan por
obxectivo ou que se ocupen de cuestións de cooperación transfronteiriza;
h) Exercer as demais actividades que lle sexan atribuídas por instrumentos internacio-
nais relativos á cooperación transfronteiriza.
En resumo, os obxectivos da CTG-NP levan ao intercambio de información, ao traba-
llo cooperativo e á resolución de cuestións de mutuo interese, tratando de obter o máximo
beneficio posible en función dos recursos materiais e inmateriais dispoñibles.
O ámbito de actuación cooperativa da CTG-NP é multisectorial, abranguendo aspectos
relacionados cos sectores económicos máis importantes (agricultura, pesca, turismo), coas
infraestruturas (transportes e comunicacións), co desenvolvemento social (sanidade, ensi-
no) e cultural (patrimonio), co desenvolvemento sustentable (medio ambiente, recursos
naturais, ordenación do territorio) así como coa cooperación no ámbito das Admi-

52
Introdución

nistracións Locais e Rexionais. A cooperación transfronteiriza no ámbito da CTG-NP ten


tamén como obxectivo estratéxico impulsar o desenvolvemento económico mediante a
xeración de emprego en base á Investigación e Desenvolvemento (I+D) realizado por todos
os axentes dispoñibles, públicos e privados.
Dende principios dos noventa, caracterizados por un incremento na interdependencia
e a solidariedade entre rexións, a CTG-NP ten desempeñado un papel de coordinación
estrutural do desenvolvemento común destas dúas rexións do Espazo Europeo.
A práctica da cooperación entre espazos achegados, histórica e xeograficamente, como
son Galicia e o Norte de Portugal, ten promovido actividades e proxectos específicos, entre
os que cómpre salientar:
❙ Promoción da posta en marcha de infraestruturas de conexión fronteiriza (estradas
de conexión fronteiriza, pontes internacionais, etc.);
❙ Pulo ao Parque transfronteirizo Gerês-Xurés;
❙ Impulso da recuperación das bacías hidrográficas dos ríos Miño, Limia e Támega;
❙ Aposta polos saneamentos e abastecementos de augas en zonas fronteirizas;
❙ Creación do Fondo de Capital Risco Galicia-Norte de Portugal;
❙ Impulso de proxectos de apoio á internacionalización das PEMES;
❙ Creación do Servizo Eures Transfronteirizo de apoio a traballadores transfronteirizos;
❙ Pulo a Programas sociais de apoio e reinserción de toxicodependentes e de menores
conflitivos;
❙ Rehabilitación de monumentos históricos fronteirizos;
❙ Creación do Mapa turístico da Eurorrexión;
❙ Posta en marcha de iniciativas de cooperación no ámbito do I+D entre Centros
Tecnolóxicos en Universidades;
❙ Xeración de información estatística da Eurorrexión;
❙ Posta en marcha do CEER (Centro de Estudios Eurorrexionais), entidade na que
participan as 6 Universidades públicas da Eurorrexión e aberta ás iniciativas sociais
e institucionais. Etc.
Como xa foi comentado, a CTG-NP tivo no seu momento un papel activo a prol da can-
didatura do Patrimonio Inmaterial Galego Portugués a obra Mestra da UNESCO e que espera
seguir tendo tal e como manifestaron, na recente cimeira eurorrexional, os presidentes da
Xunta de Galicia e da CCDR-N como a súa vontade de continuar apoiando o proceso inicia-
do coa presentación da citada candidatura da cultura tradicional galego-portuguesa.

A Candidatura das Tradicións Orais Galego-Portuguesas á


proclamación de Obra Mestra do Patrimonio Inmaterial da
Humanidade pola UNESCO e a CTG-NP
A CTG-NP interesouse na iniciativa da Candidatura practicamente dende o seu inicio,
participando nas diferentes reunións celebradas para a constitución da súa Comisión de
Coordinación.
Unha vez iniciados os traballos de preparación do dossier requirido pola UNESCO, e
de acordo coa Guía oficial destas institución para as candidaturas multinacionais, fíxose
imprescindible a designación dun organismo coordinador de carácter supranacional (a
experiencia doutras candidaturas anteriores indicaba que en moitos casos se recorría ao
establecemento dun organismo “ad hoc” para este propósito). Dadas as características da
propia CTG-NP, esta encaixaba perfectamente dentro dos requirimentos da UNESCO, polo
que dende o principio, e tras consultas coas persoas responsables en Galicia e Norte de

53
04 A Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal e a cultura común galego-portuguesa

Portugal, acordouse que sería a Comunidade de Traballo a institución supranacional que


respondese pola Candidatura ante a UNESCO, e pola coordinación das actividades de pro-
moción levadas a cabo dende todos os axentes institucionais e sociais.
O propio dossier da candidatura, cofinanciado pola CTG-NP, e presentado ante a
UNESCO recolle nestes termos a participación da CTG-NP:
❙ Organismo responsable pola coordinación de todos os Organismos e Comunidades
Implicadas (Apartado G do dossier).
❙ Institución responsable do Plan de Xestión do Patrimonio Inmaterial (Apartado 4 a)

A promoción da candidatura pola CTG-NP


Froito do seu compromiso a CTG-NP, xunto cos promotores da candidatura, organizou
unha serie de actos de promoción dela. Entre eles cómpre salientar:

1. Acto de presentación en Porto, principal cidade da Rexión Norte


A CTG-NP encargouse de organizar un acto institucional na cidade de Porto para pre-
sentar a candidatura, que estivo presidido polos responsables da Eurorrexión ao máis alto
nivel, o Presidente da Xunta de Galicia e o Presidente da CCDR-N, xunto co Ministro das
Cidades do Goberno portugués.
Con motivo da celebración deste acto, a CTG-NP editou uns dípticos informativos
sobre a Candidatura que serviron como material promocional en sucesivas oportunidades.

2. Acto central da promoción internacional da candidatura


Da mesma forma, a CTG-NP, xunto coa Asociação de Municipios do Vale do Minho,
organizou na vila fronteiriza de Melgaço o que sería o primeiro e máis importante acto de
visibilización dos elementos da Candidatura: o I Encontro de Portadores das Tradicións
Orais Galego-Portuguesas, acto que contou coa presencia da Ministra de Cultura de
Portugal para a súa inauguración.
Durante tres días, do 3 ao 5 de xuño do 2005, sucedéronse en Melgaço exposicións,
animación de rúa, demostracións artesanais, obradoiros de xogos tradicionais e debates
sobre a cultura tradicional común. Polas tardes podíase desfrutar de exemplos de gastro-
nomía popular galega e do Norte de Portugal, e cada noite celebrábase un Encontro de
Portadores da Oralidade Galego-Portuguesa, que por primeira vez permitiu contemplar
nun mesmo escenario mostras de cultura tradicional de raíz ao longo do ciclo festivo anual,
como os pauliteiros de Miranda, os ranchos de Reis de Guláns e de Salceda, os boteiros de
Vilariño de Conso e a serração da velha de Afife, cantigas de traballo do liño e do millo, así
como elementos culturais de características similares como os cantos de pandeiro galegos
e de adufe portugueses, e dun xeito especial a actuación conxunta da regueifa galega e o
canto ao desafío de Portugal como mostra da forza e viabilidade da comunicación mutua
incluso no marco das expresións culturais máis tradicionais.

3. Edición de publicación promocional


A CTG-NP editou unha Revista promocional da Candidatura, na que se reflectiron os
seus principais compoñentes, as razóns que xustificaban a presentación da candidatura, así
como o Plan de Salvagarda adxunto no dossier a modo de garantía e compromiso ante a
UNESCO de que a cultura tradicional sería protexida, estudada, conservada e promovida
dende todas as institucións e entidades participantes.

54
Introdución

O papel da CTG-NP no impulso futuro da cooperación a


prol do Patrimonio inmaterial galaico-portugués.
A Comunidade de Traballo de acordo cos obxectivos para os
cales foi constituída contempla, entre as súas liñas de actuación,
a posta en valor do patrimonio cultural común a portugueses e
galegos. Esta posta en valor terá un papel importante na posta
en marcha de iniciativas para dinamizar a vida sociocultural e
rendibilizar ao máximo as potencialidades da Eurorrexión
Galicia-Norte de Portugal. Trátase, polo tanto, de recuperar e
salvagardar o pasado co ollar posto no futuro. A riqueza cultu-
ral e etnográfica atesourada nestas terras corre un perigo de
desaparición debido ao inexistente relevo xeracional, pero pola
mesma razón o esforzo colectivo para que non morra permitirá
dotar as novas xeracións dun importante recurso inmaterial de
cara aos desafíos do futuro.
Neste senso, os plans de salvagarda deberán contemplar a
participación dos portadores e das comunidades corresponden-
tes, xa que non se trata de musealizar a cultura tradicional como
unha lembranza fosilizada e nostálxica do pasado senón de pro-
curar descubrir o valor engadido que o patrimonio cultural
pode aportar ás actividades produtivas e aos produtos resultan-
tes delas, cunha clara finalidade de desenvolvemento sustentá-
bel e endóxeno.
A CTG-NP ten unha vontade clara de cooperación interna-
cional dende a súa constitución. Ás moitas iniciativas desenvol-
vidas ao amparo desta institución, cabería sumar un campo de
traballo interesante e de futuro: a promoción da cultura común,
especialmente do patrimonio inmaterial e intanxible, ese que
non existe senón no seo de cada persoa e non se manifesta se non é na vida e nas relacións
dunha colectividade. Por esta mesma razón tamén é a medida da vitalidade dun pobo, e
por iso dende a Comunidade de Traballo se lle concede un papel fundamental na confi-
guración da identidade colectiva das persoas e comunidades que constitúen a Eurorrexión
Galicia-Norte de Portugal.
O Plan de Salvagarda do Patrimonio Inmaterial proxectado pola Universidade de Vigo
sintoniza nalgúns aspectos con obxectivos da CTG-NP tanto pola súa metodoloxía partici-
pativa, con presenza dos sectores sociais comprometidos coa defensa da cultura común,
como por liñas de acción de dinamización sociocultural no ámbito local e de potenciación
dos aspectos comúns na cultura tradicional da Eurorrexión para a súa posta en valor co
ollar posto no futuro.
De acordo co novo réxime de funcionamento da CTG-NP é posible, coa invitación do
seu Presidente ou Vicepresidente, participar como observadores nas xuntanzas do seu
Consello, representantes das respectivas administracións públicas e dos organismos hispa-
no-portugueses de cooperación transfronteiriza, de servizos públicos, de sectores econó-
micos, sociais e culturais públicos e privados, de institucións universitarias e centros de
investigación, así como expertos, que teñan competencias ou un interese relevante nas
materias que sexan debatidas. Esta apertura da CTG-NP á participación social pode cons-
tituír un mecanismo de apoio a algunhas das actuacións do Plan de Salvagarda e á propia
dinámica de funcionamento do tal.

55
04 A Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal e a cultura común galego-portuguesa

Tamén están constituídas dentro da CTG-NP Comisións sectoriais que teñen como fun-
ción o estudo dos asuntos relativos ás materias obxecto de cooperación da Comunidade de
Traballo, as cales de forma directa ou indirecta afectan ao ámbito de actuación do Plan de
Salvagarda do Patrimonio Inmaterial:
❙ Desenvolvemento económico.
❙ Transportes e comunicacións.
❙ Agricultura, ambiente, recursos naturais e ordenación do territorio.
❙ Pesca.
❙ Sanidade e asuntos sociais.
❙ Desenvolvemento local.
❙ Administración rexional e local.
❙ Educación, formación e emprego.
❙ Investigación científica e universidades.
❙ Cultura, patrimonio e turismo.
A promoción da cultura nun único país dentro destes parámetros non é tarefa doada, e
moito menos se falamos dunha cultura transfronteiriza, pola necesidade de coordinación
permanente de innumerables actuacións e medidas promocionais e de salvagarda necesa-
rias. É aquí onde o papel da CGT-NP podería contribuír á concreción dalgunhas das actua-
cións previstas no Plan de Salvagarda do Patrimonio Inmaterial, polas súas atribucións na
coordinación das actuacións das dúas Administracións, pola dinámica de traballo cos axen-
tes sociais en ámbitos multisectoriais e pola experiencia da coordinación do proceso da
candidatura transnacional e da súa presentación ante a UNESCO.
A cultura común de Galicia e o Norte de Portugal presenta características que a con-
verten nunha quintaesencia de cultura paneuropea, como se manifesta nesta mesma publi-
cación: irlandeses e demais pobos célticos, italianos, alemáns, franceses, escandinavos e
ingleses deixaron aquí algunha marca da súa cultura nos sucesivos avatares históricos, e
aínda hoxe poden recoñecerse en moitas manifestacións culturais tradicionais do Noroeste
peninsular. A necesidade crecente de construción dunha cultura europea plural e integra-
dora pode encontrar un referente nas actuacións de investigación, salvagarda e promoción
que se leven a cabo.
Por outra parte, a diáspora de galegos e portugueses fixo que a nosa cultura común poi-
da ser hoxe un referente de primeira magnitude para millóns de persoas dos cinco conti-
nentes, como se analiza nun artigo desta publicación. Esta presenza cultural internacional
conta coa CTG-NP, organismo central na proxección internacional da Eurorrexión, como
un dos avais para a súa consolidación e posta en valor.
A UNESCO, organismo de cooperación internacional por excelencia, contempla sempre
con sumo interese as iniciativas de cooperación transnacional no ámbito cultural. As activi-
dades promovidas neste senso dende a CTG-NP poderán ser presentadas como exemplo de
boas prácticas para outras zonas a través da colaboración con ese organismo internacional.

56
05

Patrimonio inmaterial vs. materialismo


“apatrimonial”

Xerardo F. Santomé

“Estes querían saber máis ca vós, eh?” Así concluía o señor Xosé despois de que aquel
grupo de xoves da Coruña rematara a súa “recolla”.
Permítanme que comece relatando unha desas vivencias que marcan un antes e un des-
pois e que provocan dúbidas e fan mudar certos enfoques no teu traballo:
Xa hai uns anos. Nunha aldea calquera da provincia de Pontevedra. Alí estabamos compartin-
do cos veciños unha desas festas “cuasi-improvisadas” como son as chocolatadas ou as castaña-
das. As pandeiretas xa levaban un tempo impoñendo o seu ritmo e os seus cantos. Pouco a pou-
co ían aparecendo máis veciños e máis amigos de Vigo e doutras zonas.
O señor Xosé tomaba un viño connosco. A el achegáronse tres xoves que se presentaron como
integrantes dun grupo folclórico da Coruña e que querían falar co noso anfitrión, quen de xei-
to natural púxose a cantar e a responder a todas aquelas preguntas perfectamente estudadas
e formuladas. Transcorrido certo tempo, Xosé sentencia: “e xa está, había moito máis pero ago-
ra non me lembro”. Aqueles dous rapaces e a súa compañeira despedíronse agradecendo aquel
momento tan marabilloso e contentos polo acadado na súa xornada de recolla.
Fiquei estrañado daquel comportamento do meu amigo, pois eu sabía que el atesouraba
bastante máis do que contara. Sinto un cobadazo nas miñas costas que me esperta do meu
asombro e que me fai xirar: alí estaba un sorrinte Xosé que me di: “estes querían saber
máis ca vós, eh?”.
Moito me fixo miolar aquela sentencia. De seguro que un grupo folclórico da Coruña
ampliou o seu repertorio pero a min deixoume “tocado”. ¿Que e canto había de certo no que
Xosé me contara tempos atrás? Se eu non me decatara de nada estraño naqueles rapaces... ¿
que é o que o fixo comportarse daquel xeito? ¿Que é o que motivou a escolla de trato prefe-
rencial cara min? ¿Isto acontece dun xeito xeral con todos os paisanos e paisanas de Galiza?
Dende hai un feixe de anos continúo a visitar aldeas, a conversar cos veciños, a organizar
diferentes tipos de eventos e a colaborar en foros e publicacións; pero dende aquel entón, non
sei si equivocadamente, someto todas as informacións que recibo ao que eu considero “dúbi-
da razoable”, converténdome nun mero transmisor aberto a calquera tipo de colaboración.
E baseándome en todas estas experiencias coido que na meirande parte dos intentos
de recuperación do noso patrimonio inmaterial camiñamos cara un puro e simple mate-
rialismo que se manifesta en diferentes vertentes que progresivamente se van dando tan-
05 Patrimonio inmaterial vs. materialismo “apatrimonial”

to nos comportamentos dos “etnógrafos” (a maioría de carácter afeccionado) coma dos


organismos ou entidades que os amparan e organizan todo tipo de actos baixo o epígrafe
de ser “reflexo fiel”. E o que aínda é máis grave: os nosos portadores tamén comezaron a
aplicar un materialismo moi particular nos seus comportamentos ante estes etnógrafos e
acontecementos.
Chegado a este punto de escepticismo teño que clarexar que son consciente de que os
meus razoamentos están baseados case exclusivamente en experiencias persoais referentes ás
expresións de tipo folclórico e que considero que o camiño andado dende fai unhas décadas
resultou moi positivo para o fortalecemento das nosos propios sinais de identidade; pois se
cadra doutro xeito nin sequera tratariamos destes temas nos termos nos que estamos a falar.
E volvendo aos estudos e acontecementos que na actualidade estamos a realizar en
nome da recuperación e da exaltación do noso patrimonio inmaterial, quixera que consi-
derasemos algúns erros fundamentais que nos están encamiñando cara uns intereses que
eu catalogaría de “materialismo apatrimonial” por canto que as motivacións e os resultados
nos levan precisamente a todo o contrario do marcado previamente nos obxectivos (no
caso de que nalgún intre os houbera). Se por patrimonio dun pobo entendemos “os bens
ou conxunto indivisible de bens herdados dos pais ou dos devanceiros que deben ser
transmitidos ás novas xeracións” (e que non poden ser vendidos, engadiría eu nestes
momentos nos que andamos), ¿quen somos nós ou con que dereito nos apropiamos des-
tes bens e os seus medios de transmisión para proveitos particulares? Porque non nos enga-
nemos, detrás da meirande parte dos intentos de actualización e modernización neste sen-
so existen intereses particulares soterrados: intereses que van dende a busca de prestixio
social e profesional ata os económicos, coma fin último, e pasando polos políticos.
Vexamos pois algúns exemplos:
Algúns medios de comunicación, incluídas certas canles de televisión pública, ofertan
programas onde mesturan aparicións de “portadores” de avanzada idade con intérpretes
musicais doutras xeracións e culturas nun sen fin de variedades para acadar o obxectivo teó-
rico de dar a coñecer a nosa cultura máis ancestral a través das novas técnicas de comuni-
cación. Ninguén dubida dos aspectos positivos que isto poida ter, pero coido que son máis
os perigos e as achegas negativas para o noso patrimonio inmaterial; pois o certo é que
detrás disto existe un dobre obxectivo agochado: por unha banda, o ser número 1 de
audiencia, conscientes de que o seu público potencial é netamente rural e de determinadas
idades polo que a achega de conceptos de tipo cultural non resulta un factor aconsellable,
e, pola outra banda, abaratar ao máximo posible os gastos de produción. ¿Por qué non se
lle paga de igual xeito a estes portadores e portadoras cás estrelas modernas? ¿Non ocupan
o mesmo ou máis tempo televisivo? E sobor de todo, existe neste tipo de programacións un
pretexto de xustificación dos entes públicos cara á nosa propia cultura, como o demostra
que non existan espazos televisivos especializados nos temas que nos ocupan. Co tempo
adicado xa abonda para argumentar que se tamén se fala do noso.
Está moi de moda o recibir no teu e-mail ou no teu telemóbil mensaxes do tipo: “este
sábado pola noite serán en tal sitio. Pásao”. Que curioso: cando comprobas o remitente da
mensaxe sempre coincide con persoas que exercen de mestres ou directores de grupos fol-
clóricos que se caracterizan por “cantar e bailar tradicional de recollida”. Ese día acodes ao
lugar da cita e, se es coñecido por tocar algún instrumento, es recibido por ese tipo de per-
soeiros que xa che asignan o lugar e a orde na que tes que realizar a túa interpretación. ¿Por
que lle chamarán serán e non festa, troula ou calquera outro nome? ¿Onde irán aqueles
seráns e festas con razón de ser: ao remate da faena, na homenaxe ao santo, etc? Os de ago-
ra só teñen de natural o seren celebrados en contextos e ambientes rurais pero moito temo

58
Introdución

que se non acoden os amigos da cidade cos seus puntos de bai-


le e os seus cantos doutros lugares de Galicia, estes seráns non
acadarían o éxito e a repercusión que merecen. Outro aspecto
positivo que posúen é que realmente cobren as lagoas e as
carencias nas programacións de lecer que para eses lugares
deberían realizar os Concellos e as asociacións de tipo cultural
vidas a menos nos derradeiros anos.
E falando deses persoeiros e grupos folclóricos, ¿por qué
nas súas actuacións e folletos publicitarios sempre argumen-
tan ser ou pretender ser “reflexo fiel”? Iso tamén o fan as
outras agrupacións nas que aínda aguantan certos “survivals”
da antiga Sección Feminina e que non son catalogadas coma
“autenticamente tradicionais” (das que é mellor non falar).
¿Non son capaces de admitir que as súas accións son simple-
mente un espectáculo folclórico baseado nas interpretacións
artísticas que realizan a partir das conversas e gravacións cos
portadores? Resulta sorprendente escoitar falar a moitos dos
integrantes destas formacións sobre o que é tradicional e o que non é tradicional. Coido
que algo esconde todo isto porque ¿a que vén o de realizar unha vez ao ano unhas “xor-
nadas de portas abertas”? ¿Para amosar aos pobres ignorantes e incultos cidadáns do que
saben e gardan coma se foran os gardiáns do tesouro? ¿É que nalgunha das súas visitas
aos pobos ou aldeas atoparon algunha porta pechada? Eu non. E como di a ben querida
e admirada Concha de Luneda: “A min déronmo ghratis e eu dóuvolo ghratis. O importante
é conservalo, que é o máis ghrande que temos”. Pero moito me temo que isto non vai con
algúns, Sra. Concha; se non ¿a que vén tanto misterio?
Outro dos exemplos máis aberrantes do “materialismo apatrimonial” atopámolo
nese falso agradecemento que temos que dar os galegos a determinadas estrelas actuais
da denominada música folk. Estamos fartos de que se nos tache de desagradecidos cara
“fulanito de tal”, pois grazas a el e algún que outro máis a gaita chegou a estar onde
está, ou cara “fulanita de cual” porque vende moitos discos cantando cunha pandeire-
ta e sen eles e elas o noso país e a nosa música popular no tería o recoñecemento e o
prestixio que agora ten. Pois..., mal nos vai se temos que depender dos produtos do
márketing moderno e non sei se non estariamos máis a gusto co noso e sen a súa ache-
ga desmesuradamente interesada a prol da imaxe pública e das vendas discográficas.
Considero que precisamente son eles e elas quen teñen que agradecer a moitas xera-
cións de portadores que gardaron e transmitiron os seus coñecementos. E máis...,
algúns destes ilustres contemporáneos deberían pedir perdón por abusar, por faltar ao
respecto e enganar aos nosos maiores; pois non tiveron nin teñen escrúpulos en convi-
dalos aos seus estudios de gravación para despois non respectárlle-lo seu traballo
empregando nas súas edicións discográficas aquelas partes e fragmentos que máis lles
interesan para un produto final que ademais lles serve para xustificar que tamén base-
an o seu traballo nas informacións de auténticos portadores. Se realmente o obxectivo
das súas colaboracións é o de basearse nas achegas dos músicos tradicionais ¿a que vén
o de gravar por separado en diferentes salas para despois desprezar algunha das inter-
pretacións e escoller o que máis interesa? ¿que sentido ten escoitar cantos de señoras
que nada teñen que ver no ton nin no ritmo co que a estrela moderna está a interpre-
tar? Iso non é respectar nin transmitir ás novas xeracións a nosa música popular, sim-
plemente é abusar e actuar polo interese particular.

59
05 Patrimonio inmaterial vs. materialismo “apatrimonial”

Ata o de agora expuxemos varias situacións nas que se dan algúns dos intereses camufla-
dos, pero... ¿existe algún outro exemplo no que estean presentes todos os tipos de interese?
¿Dáse algún exemplo que poida ilustrar ou amosar o estado máis puro de “materialismo apa-
trimonial”? Si, e se cadra desgraciadamente máis dun; pero ímonos deter un pouco, porque
non merece máis atención nin publicidade, no que está a acontecer en Galiza, e dende xa fai
uns anos en Asturies e Portugal, co asunto das gaitas marciais e as bandas modelo escocés
que dende a capital ourensá se impoñen dun xeito estratexicamente planificado e apoiado
por determinados persoeiros políticos e por aqueles organismos oficiais nos que estes teñen
cancha. Nin sequera me vou parar en pormenorizar naqueles tipos de interese que resultan
extremadamente obvios, pois en todo o que rodea ás popularmente coñecidas coma “gaitas
tricornias” existen os de tipo económico (importación de instrumentos e accesorios, subven-
ción astronómicas, etc.), os de prestixio particular (un director que se permite o luxo de esco-
ller os foros onde debater e expor os seus puntos de vista...) e os de falsa representatividade
corporativista (falar en nome doutros colectivos pero sen telos en conta á hora de tomar deci-
sións...); pero, sobor de todo, existen dous elementos fundamentais que marcan a aquelas
actividades que levan ao “materialismo apatrimonial”: o trasfondo político e a ruptura da
cadea de transmisión. O apoio desmesurado e insolidariamente inxusto que dende determi-
nados estamentos oficiais reciben estas manifestacións resulta máis que sospeitoso, porque...
¿é ou non é sospeitoso que se outorgue case a totalidade do orzamento adicado á cultura
popular soamente a un determinado proxecto deixando a outros sen unha asignación míni-
ma?, ¿non será que con este apoio tamén estaremos controlando e manipulando vontades
con resultados electorais ao noso favor?.
O cualificativo de “apatrimonial” débese traducir coma “todo aquilo que vai en contra
do patrimonio” e non hai cousa máis apatrimonial que actuar ou promover actuacións que
leven consigo a ruptura da cadea de transmisión, inventando ou introducindo factores que
poden contaminar e confundir as novas xeracións, provocando dúbidas que no transcorrer
dos anos poidan chegar a ser considerados como orixinarios e autóctonos da nosa cultura
popular. Entón... ¿cómo teriamos que considerar as gaitas marciais e toda a parafernalia
que as envolve? Non queda outra solución que consideralas como un elemento puramen-
te apatrimonial porque están a contribuír a que nun futuro non moi lonxano, cando novas
xeracións recorran aos portadores, estes terán que transmitir inconscientemente unhas
vivencias e experiencias aprendidas a partir da introdución de factores erróneos como son,
entre outros: o considerar que a gaita galega sempre tivo unha morfoloxía de tipo escocés
e perviviu nun ambiente militar e, como tal, ser considerada coma un símbolo dun pobo
hostil. Nada máis lonxe da realidade.
Pero non imos rematar de maneira pesimista. E para concluír diremos que non todo foi,
nin ter por que ser, negativo. Debemos continuar traballando coa intención seria e firme
de que o noso patrimonio inmaterial ten futuro. Para iso soamente temos que intentar que
ese sexa o noso verdadeiro e único obxectivo real, sen falsos envoltorios, aínda que tamén
se poidan acadar paralelamente outro tipo de intereses. Sirvan de exemplo os primeiros
festivais que, na década dos oitenta e primeiros anos dos noventa, se organizaron con par-
ticipación activa dalgúns dos nosos portadores: colectivos coma Xacarandaina, a A.F.I.
Berce cos seus “Encontros de Músicos Tradicionais” ou a “A Buxaina” co seu “Homenaxe
ao Gaiteiro”, entre outros, foron quen de investir os seus ingresos económicos por actua-
cións artísticas en organizar orixinais espectáculos para amosar que había outros xeitos de
ver o noso folclore nuns momentos históricos onde Galiza precisaba dun reforzamento nos
seus sinais de identidade.

60
06

Arte, Creación, Vida

Antón Patiño

A actividade cultural e artística cumpre un papel decisivo na configuración aberta da iden-


tidade dun país. O imaxinario colectivo vai recoñecerse en moitas achegas senlleiras da cre-
ación individual. Artellando un proceso de devolución, correspondencia e interacción. A arte
como feito social, onde son centrais os aspectos simbólicos (mesmo intanxibles) deica acadar
unha decisiva irradiación no eido colectivo. Existe un patrimonio inmaterial (que vai adxun-
tar unha chea de referentes das diversas facianas e perspectivas da creatividade humana). A
fonda pegada da innovación e da reinvención. Todos estes aspectos teñen como é ben sabi-
do mesmo unha dimensión económica crecente. Economía e cultura son de feito polarida-
des complementarias no desenvolvemento dos países máis avanzados. Ben o saben moitos
prestixiosos economistas cando teiman no concepto de “capital social” con relación ós aspec-
tos vencellados á educación e a formación das novas xeracións. O milagre económico de paí-
ses como Irlanda (que tantas semellanzas garda co noso) ten o seu segredo máis nidio no
apoio á cultura, á educación e á creatividade (dende o eido musical ao cinematográfico: dei-
ca abranguer á totalidade do tecido produtivo). Un país que consegue exportar a súa cultu-
ra ten gran parte do camiño andado. Neste sentido con respecto a Galiza está case todo prac-
ticamente por facer. A endogamia acrítica, o ensimesmamento compracente e folclórico nun
ruín oficialismo populista foron deica agora as consignas e as coordenadas básicas da actua-
ción política co relación á cultura (con moi contadas excepcións). O cambio en Galiza de fei-
to tería para se materializar que incidir de xeito decisivo na cultura e na educación. Para non
lle ter medo á palabra futuro e mirar para adiante sen complexos. Vitaminas de autoestima
para poder compensar as eivas e atrancos derivados da profunda anomia antropolóxica que
vive o país dende hai décadas. A necesidade de contemplar expectativas dun horizonte de
esperanza e mellora social. Galiza ten un importante patrimonio artístico tanto no eido his-
tórico coma no contemporáneo. Xorde dende un fértil palimpsesto onde cada estrato cultu-
ral vai amosar as claves da época. Hai xa anos que Galiza vive un novo rexurdimento cultu-
ral no ámbito poético e literario, nas diferentes fasquías das artes plásticas, na música, na
arquitectura. O remuíño das xeracións. Un ecoar de imaxes, ideas, palabras, sons, volumes,
formas e cores a xeito de calidoscopio para poder visualizar a impronta do pulo creador.
Metáfora, viaxe e metamorfose. Grazas á iniciativa individual e ás inquedanzas renovadas de
fatos de artistas e creadores que sen medios e con moi escaso apoio foron quen de vertebrar
06 Arte, Creación, Vida

novos espazos de sensibilidade. Logrouse neste tempo a creación


dalgúns centros e museos de arte que actúan esencialmente como
caixas de resonancia mediática, mantendo unha programación de
calidade. Cómpre salientar positivamente o desenvolvemento do
“ecosistema” e infraestuturas de mediación artística cunha impor-
tancia crecente do labor das fundacións vencelladas ás diferentes
entidades e institucións. Xerando unha rede de actividades de
divulgación, de espallamento de actitudes receptivas cara ó feito
artístico. Consolidouse a obra de artistas de varias xeracións e
tamén avanzou parcialmente o estudo e redescuberta da nosa van-
garda histórica. O triplo consello do poeta Uxío Novoneyra segue
a ser a clave de todas estas cuestións: preservar e conservar, inven-
tar e transmitir. A lúcida mensaxe do gran poeta do Courel é o
mellor programa e a máis convincente análise de base arredor da
cultura. Unha cultura de intensidade na procura de novos vieiros
de expresión. As esculcas mergullándose na autenticidade da crea-
ción. Novos signos que viaxan dende o raizame cara ó contacto con
novas formas de vida. O evolucionar dos cumes de expresividade:
a metamorfose creadora. A árbore viva da cultura e da arte como
naquela fermosa viñeta que debuxara Luís Seoane vai ter unha
chea de novas ponlas. Que medran con zume anovado. Facer unha
síntese da vitalidade da escena non é doado en poucas liñas.
Efervescencia creativa, as fumegantes fábricas da imaxinación que
seguiron a funcionar dende a eclosión resistente do antifranquismo
deica ós recentes episodios de loita pola liberdade e dignidade. Arte
e liberdade forman de sempre un binomio inseparable. Com-
pañeiras de viaxe a facer dinámicas propostas.
Os complexos procesos da chamada mundialización ou globa-
lización representan hoxe unha inédita encrucillada histórica. Neste sentido cómpre fuxir
na arte de mimetismos baldeiros e da superficial apropiación de propostas alleas. A estan-
darización dentro dos parámetros estéticos da chamada “sociedade do espectáculo” coa
incesante reificación da parafernalia do consumo. O triunfo arreo do “realismo capitalista”
na autocelebración da lóxica do capital e da alienación humana no estrañamento colectivo.
Xa o artista Torres García facía no seu tempo distingo entre a pulsión internacional (dun fal-
so cosmopolitismo) e a dinámica universal que toda obra de arte auténtica ten. O cerne de
toda obra poderosa vai expresar a raíz universal da arte. A radicalidade vén ser (na vertixe
das verbas cara a súa intrahistoria) a raíz da orixe. O núcleo ético e mítico que expande á
obra deica acadar o acougo comunitario. Vivencia que ten moito de transpersoal e sobrepa-
sa de feito tódalas lindes ou barreiras que se lle queiran poñer. Hai “déficit de visionarios”
dicía hai pouco en Santiago de Compostela, o teórico da imaxe (e da percepción) Romá
Gubern. “O pragmatismo e a especialización tenden a eclipsar a loucura creativa, esa gala-
xia mental imaxinaria, que é a dos xenios. Coido que estamos cun déficit de visionarios”.
Neste senso a precipitación e o oportunismo son moeda corrente. O que Walter Benjamin
chamaba “a moeda devaluada do actual”. O reto hoxe en día dende Galiza segue a ser como
ofrecer unha perspectiva de seu ó noso momento histórico (cheo de incertezas e complexi-
dade). Como mirar o mundo de xeito anovado dende a atalaia da Fisterra europea. O dobre
compromiso que artistas coma Luis Seoane ou Reimundo Patiño no seu momento souberon
manter. Mesturando de xeito moi fermoso: arte, creación e vida.

62
07

A posta en valor do patrimonio etnográfico


Apuntamentos breves e reflexión crítica

Xosé C. Sierra Rodríguez

Achegamento previo
Todos os patrimonios son, en boa medida, etnográficos, porque a etnografía fai a des-
crición dos trazos culturais que significan e caracterizan a identidade dun pobo ou dunha
comunidade concreta. Hai tamén, conseguintemente, unha etnografía urbana e vilega e
unha etnografía industrial e obreira. Debemos, polo tanto, facer a revisión crítica dos nosos
etnógrafos e folcloristas e superar as súas eivas teóricas e metodolóxicas, fillas do tempo no
que traballaron e do contexto científico baixo o que actuaron.

Parroquia de Velle (1936). Un achegamento inédito, daquela,


á comprensión etnolóxica da vida rural
A obra máis rica conceptualmente dos nosos etnógrafos –da autoría de López Cue-
villas, Xaquín Lorenzo e F. Hermida (1936)– é Parroquia de Velle. Nela hai unha cone-
xión entre territorio, prácticas económicas, perfís sociais e universos simbólicos, ámbi-
tos todos eles sobre os que se delimita e articula a dimensión inmaterial da cultura. Unha
comunidade (Velle) situada na contorna dunha cidade (Ourense) convive con ela e par-
ticipa das dinámicas de cambio que afectan conxugadamente aos espazos rural e urba-
no. O ferrocarril incide sobre a comercialización dos caldos nun territorio vitícola e o
labrego penetra na cidade confrontando a súa lóxica campesiña coa racionalidade ope-
raria que se configura nunha sociedade mercantil e pequenoburguesa que crea formas
mixtas de ‘obreiro-labrego’.
Con anterioridade (primeiro tercio do s. XX) autores non recoñecidos formalmente
como etnógrafos –Prudencio Rovira, Alfredo Vicenti, García Ramos, Nicolás Tenorio ou
Valeriano Villanueva– escribiron sólidos textos xurídicos, xornalísticos e agronómicos de
indiscutible interese etnográfico e dotados da dimensión social (inmaterial) que deman-
damos hoxe do coñecemento etnolóxico. É esa tradición social a que procede recuperar
para enunciar unha idea de patrimonio rural (etnográfico) que facilite respostas solventes
e imaxes ilustrativas sobre as dúas nocións chave neste debate: a noción de patrimonio
(rural) e o concepto de tradición.
07 A posta en valor do patrimonio etnográfico. Apuntamentos breves e reflexión crítica

Patrimonio
Cómpre incidir na idea divulgada pola moderna antropoloxía de que o patrimonio cul-
tural é unha construción social. Son a sociedade, as institucións ou o mundo académico os
que lle atribúen recoñecemento social e valor cultural a un fenómeno concreto.
Polo tanto, sen unha comprensión adecuada dos procesos de activación patrimonial
dificilmente artellaremos accións e políticas sobre a función social do patrimonio cultural
dotadas de sentido e de eficacia. Non é difícil entender que un muíño ‘per se’ non ten un
valor cultural para os protagonistas históricos do ‘vello complexo agrario’; igualmente o
segador a Castela non rende culto á fouce da que dependía para realizar o seu labor, nin a
tecelá ao tear que lle fixo perder vista ao tempo que progresaba a súa artrose. Conse-
cuentemente, a asignación de significados e valores culturais –a monumentalización– dos
produtos materiais das culturas do traballo é unha acción promovida por axentes alleos á
experiencia vivida polas comunidades campesiñas.
As prácticas sociais e institucionais ligadas á patrimonialización das culturas do traballo
(etnográficas) deben negociar cos protagonistas da memoria social a súa implicación no
complexo proceso que outorga rango cultural a fenómenos sen recoñecemento cultural
previo. O muíño é só un soporte, o seu valor patrimonial reside na memoria do muiñeiro,
da súa xente, dos seus veciños e clientes, e da comunidade que se apropia gradualmente
do seu potencial emblemático. A defensa e protección deste soporte xorde porque esa edi-
ficación se converte na imaxe representativa das lembranzas que queremos conservar e
transmitir. Pero sen elas esta edificación pasa a ser un elemento afásico e silente, irrecoñe-
cible para uns e transformado por outros nun espacio novo, desvencellado totalmente da
realidade social que lle deu vida e orfo dos seus densos e complexos significados: substi-
tuímos a súa significación como lugar de memoria pola de fito ‘monumental’, apto só para
o consumo do visitante ou do turista e amnésico para a lembranza dos descendentes dos
homes e mulleres que construíron, utilizaron, xestionaron e arranxaron, material e simbo-
licamente, este enxeño hidráulico.

Tradición
Cómpre tamén utilizar con máis precisión a noción de tradición. Atribuímos frecuen-
temente esta expresión ao “pasado’ ou ao ‘antigo’, a todo aquelo que non participa dos
valores e signos do presente. Contrariamente, a tradición (trado=pasar) é o que chega vivo
ao presente e o que informa o noso xeito de ser actual. A modernidade nunca pode existir
fóra da tradición. Por tal motivo a comprensión dos valores que a tradición traslada cons-
titúen o mellor instrumento para unha doada comprensión da noción de innovación.
É necesario tamén desfacer a oposición ambigua e falaz entre tradición e progreso ou
entre tradición e modernidade. A tradición como resorte crítico da acción innovadora
demanda que o patrimonio herdado sexa ademais compartido. Deste xeito a tradición pro-
cura a súa asunción polo suxeito colectivo que converte o patrimonio recibido en meca-
nismo de cohesión e identidade, e a identidade –manexada como canle para a produción
de estratexias– abre novos e variados camiños para utilizar o patrimonio cultural como
nutriente e para viabilizar a identidade que o patrimonio promove como unha identidade-
proxecto, no sentido dado a esta expresión polo sociólogo Manuel Castells. Os saberes, acti-
tudes, predisposicións e acentos que a tradición traslada ao presente desvelan, doadamen-
te filtrados, horizontes nidios e visibilidade para as navegacións vindeiras e portos de abri-
go para a cabotaxe dos programas e proxectos que inician a súa singradura.

64
Introdución

Activacións patrimoniais. Unha reflexión obrigada


Concibida a noción de patrimonio cultural como un todo complexo e diverso e des-
crita a parcela etnográfica como unha dimensión específica daquela noción, procede
acoutar a idea de patrimonio rural e facelo no marco etno-histórico ao que remite a tra-
dición do mundo rural.
Son as formas de existencia colectiva, o territorio como base das condicións materiais
desta existencia, os espazos de ocupación e asentamento, os recursos que se mobilizan, os
coñecementos que se transmiten, os valores e as crenzas que se comparten e a lingua sobre
a que se establece a comunicación e a través da que se manifesta, percibe e reproduce o
capital simbólico as parcelas que conforman o predio etnográfico rural. O universo da pro-
dución –combinación de recursos, técnicas, utensilios, individuos e produtos–, a suma de
comportamentos, prácticas e relacións para a reprodución social e o complexo de signos,
imaxes e interpretacións que configuran a dimensión inmaterial da cultura perfilan, no
ámbito rural e nos territorios delimitados por actividades agrarias, o que entendemos, na
literalidade etnográfica, por patrimonio rural. Pero este patrimonio rural participa da trama
complexa de relacións que definen, como noción ampla e diversa, o patrimonio cultural;
pois as comunidades campesiñas das sociedades complexas viven en interacción continua
e crecente coas comunidades urbanas e coa vida das vilas e cidades.
As experiencias desenvolvidas entre nós durante os últimos catro lustros para poñer en
valor cultural e social o ‘patrimonio rural’ adoeceron de dúas eivas fundamentais,
Por unha banda do reducionismo conceptual que identificaba patrimonio etnográfico e
patrimonio rural. Este reducionismo deriva:
❙ da concepción que tiñan do feito etnográfico os etnógrafos e os folcloristas do pasa-
do, incluídos os autores do SEG e os mestres de Nós.
❙ da asimilación entre arqueoloxía e etnografía, nun complexo esquema que relacio-
naba pasado e primitivismo como compoñentes identificadores do ‘rural’.
❙ da consolidación desta identificación no campo da museística
❙ das normativas de protección dos bens culturais, que fixan xuridicamente tal iden-
tificación.
Pola outra dun mecanismo de reparto de patrimonios, asentado sobre as causas indi-
cadas e promovido e sancionado polos poderes públicos e pola difusión mediática des-
ta cuestión. O mecanismo de reparto de patrimonios favorece a atribución de ‘singula-
ridade’ etnográfica aos patrimonios subalternos –entre nós os ligados ás manifestacións
da vida rural– e permite ao espazo local monumentalizar elementos físicos e folclóricos
que as tendencias desagrarizadoras e descampesiñizadoras desactivan como ámbitos da
produción económica ou da reprodución social e introducen no espazo de oportunida-
des dunha economía terciaria. O patrimonio cultural rural “monumentalizado” esquece
o seu significado como parte central da memoria social do noso pobo e como factor crí-
tico para artellar un discurso etnográfico coherente das culturas do traballo na Galiza
contemporánea.

O Museo etnográfico. Reflexións para unha musealización necesaria


Non lograremos unha comprensión doada dos relatos etnográficos e da realidade social
agraria que se desenvolve en Galicia dende finais do s. XIX ata hoxe se non encadramos
estes relatos no tránsito de saída da economía propiamente campesiña e no de entrada nas rela-
cións capitalistas de produción, como ten indicado certeiramente Raúl Iturra.

65
07 A posta en valor do patrimonio etnográfico. Apuntamentos breves e reflexión crítica

Iso é o que debemos demandar aos expertos en historia, antro-


poloxía-etnografía, patrimonio cultural e museoloxía: unha concep-
ción e descrición de patrimonio cultural rural determinada polas
análises que a ciencia social e, moi singularmente, a antropoloxía, o
folclore (revisado á luz das novas metodoloxías), a historia e a xeo-
grafía proporcionan. Tamén a socioloxía, a economía e a politoloxía
teñen moito que dicir para comprendermos ‘etnograficamente’ a
noción de patrimonio rural que coidamos cientificamente pertinente
e socialmente necesaria. Se a sociedade campesiña galega pode e
debe ser descrita e interpretada consonte aos parámetros científicos
propios das ciencias sociais, debemos igualmente enunciar o patri-
monio etnográfico dende a disciplina etnolóxica/antropolóxica.
O museo, parafraseando a Namer, é unha institución e un espa-
zo orientado a organizar as prácticas de memoria. Certamente, pero
antes foi, e segue a ser, un conservatorio, un lugar para acoller e
preservar o patrimonio que recoñecemos e dignificamos como tal.
A museoloxía etnográfica (necesariamente antropolóxica) e os
museos etno-históricos non atravesaron aínda o rubicón do pasa-
dismo, do arqueoloxicismo e do ruralismo na súa versión máis
estancada. Só a experiencia do Museo do Pobo Galego, o traballo
crítico interno de centros como o Museo Etnolóxico con sede en
Ribadavia, a experiencia iniciada de musealización territorial en
Allariz, os modestos ensaios de museo-obradoiro do Museo da
Limia (Vilar de Santos), ou a renovación museográfica parcial do
museo da Fundación Liste de Vigo permiten a penetración en
Galicia dunha renovación etnomuseolóxica modesta, que non foi
quen de dar o salto cualitativo necesario.
O mapa cultural de Galicia precisa revisar, con criterios teóricos
solventes e mediante accións programáticas transversais, o seu sis-
tema museístico. E no interior deste sistema cómpre delimitar o
papel dos museos etnográficos, asumindo que a disciplina que
debe alimentar o seu discurso museolóxico é a antropoloxía social.
As tramas socioculturais que atribúen ao traballo e ás colectivida-
des que o organizan e transforman un valor cultural orienta o labor
dos museos etnográficos como lugares nos que se acolle a memo-
ria social das comunidades rurais e/ou urbanas, que lembran o vivi-
do dende a experiencia presente. A etnografía narra feitos e expe-
riencias dos grupos, interpolando as vivencias das figuras coñeci-
das coas das figuras anónimas da colectividade. O patrimonio que os museos recollen, Palletas.
Fotografía de Alba Vázquez
documentan e estudan debe operar na museoloxía etno-antropolóxica como un elemento Carpentier.
de mediación para interpretar, comprender e debater sobre os significados e os sentidos
(sempre inmateriais) da cultura. O museo etnográfico debe manexar as súas museografías
para transmitir á sociedade as imaxes do que permanece e do que cambia –etnografía pro-
cesual– e para ofrecer o seu espazo como un foro de reflexión sobre a realidade que recibi-
mos e sobre a percepción que construímos do porvir como proxecto e esperanza.
O museo, como foro para a comprensión, a análise e o debate ofrece unha linguaxe (a
museográfica) para divulgar e socializar a realidade da que trata. O patrimonio que o
museo acumula e manexa é unha ferramenta que proporciona o potencial sintáctico para

66
Introdución

facer un relato articulado e coherente do fenómeno musealizado. Galiza precisa do/s


museo/s etnográfico/s para trasladar a imaxe da sociedade rural no seu devir xeográfico e
na súa singularidade como ecosistema que modelou, dun xeito propio e diferenciado, a
base territorial sobre a que se adaptaron historicamente as comunidades agrarias.
Pero o museo etnográfico ten ademais outra función: a de ser un espazo didáctico para
ensinar as analoxías que a historia presenta para comprendermos o presente, explicar o
pasado e olfactear criticamente o futuro. O museo etnográfico pode e debe ilustrar o xogo
de contradicións e complementariedades que operan no agro e como a adaptación do cam-
pesiñado á economía de mercado e ás relacións sociais de produción capitalista acontece,
dende finais do s. XIX ata hoxe, a través da combinación dos dispositivos de competencia
e intercambio (‘modernos’) cos mecanismos de cooperación e reciprocidade (‘tradicionais’).
Formulamos unha idea de museoloxía etnográfica, que traballe cunha visión procesual
(etnohistórica) do patrimonio rural, capaz de mostrar o potencial innovador do espazo terri-
torial agrogandeiro e a versatilidade para a adaptación e a innovación das xentes do agro.

¡Non se recibe dó!


Os museos autodenominados ‘etnográficos’ e moitas das celebracións e escenificacións
(performances) ‘etnográficas’ que foron medrando nos últimos quince anos entre nós cons-
titúen autenticas expresións de dó nas que se idealiza a Arcadia perdida. Os museos crea-
dos ou os recintos etnográficos restaurados son parroquias ausentes de veciños, que non
aparecen, nin traballan, nin se asocian, que tampouco emigran ou retornan. A vida social
e familiar non se conta, o sufrimento e a morte tampouco e nada sabemos do seu matri-
monio, de cómo parten a herdanza, como venden os froitos e produtos que cultivan e que
causas os levan a deixar as súas casas ou a abandonar o traballo da terra. Nestes recintos,
os obxectos acumúlanse e o tear é agora unha peza tan monumental como silente e a tece-
deira xa non conta as horas de soidade e fatiga. Devandoiras, fusos e rocas nada lembran
da condición feminina e unha máquina de coser, colocada nun estaribel ou nunha vitrina,
esquece falar da resposta da muller diante da penetración no agro do diñeiro e das modi-
ficacións que provoca a xeneralización da economía monetaria nas familias campesiñas.
Estas musealizacións contribúen a manter a fenda entre patrimonio e memoria social,
xeneralizada polas activacións patrimoniais orientadas só ao ‘formato’ turístico. Pero o
museo etnográfico ten unha obriga cultural esencial: a de establecer un diálogo entre as
formas de existencia social e material herdadas e os dispositivos e trazos que modelaron a
nosa identidade colectiva.
Galiza precisa actualizar o seu modelo etno-museolóxico e configurar un mapa racio-
nal de museos etnográficos, nos que a comarca sexa o marco delimitador das musealiza-
cións posibles. Pero a concepción de museo etnográfico que se precisa debe utilizar o patri-
monio rural baixo tres parámetros concretos:
❙ comprensión do territorio e da transformación histórica das paisaxes.
❙ elaboración dun relato procesual (etno-histórico).
❙ interpretación do patrimonio como un conxunto de elementos físicos e simbólicos
que, de maneira inseparable, tecen unha tradición e delimitan un perfil identitario.
Os obxectos, o traballo, a organización social, as crenzas, a festa, a música e o can-
to, ou propia expresión oral constitúen un sistema de relacións que o tempo mode-
la, fixa e cambia.
Asistimos ao paradoxo de celebrar, mediante variadas ‘performances’, a cultura agraria
que esmorece, sen utilizar a etnoloxía e o patrimonio etnográfico rural como campo de

67
07 A posta en valor do patrimonio etnográfico. Apuntamentos breves e reflexión crítica

reflexión e posicionamento fronte ao que acontece. Os museos que promovemos, os muí-


ños, fornos, pendellos, adegas e outras edificacións que restauramos, ou as mallas, fiadei-
ros, regueifas ou desafíos que representamos producen máis o efecto de festa-funeral ou de
laio polo paraíso perdido que de auténticas operacións de memoria social para activar unha
acción cultural reflexiva e educativa. É lexítimo aproveitar este patrimonio para o visitan-
te ou turista, pero é igualmente lexítimo e aínda máis necesario explicalo historicamente e
interpretalo antropoloxicamente para orientar un porvir incerto á marxe da compresión e
reactivación do sector primario. Invitamos a todos á reflexión e, conseguintemente, ao
debate necesario.

Referencias bibliográficas de interese


ARIAS VILAS, F. (1992) “Aspectos xerais e particulares do tema museolóxico en Galicia: os
museos comarcais”. Coloquios Galegos de Museos. Consello Galego de Museos. Santiago
de Compostela.
BRAÑA, F. e MARIÑO, E. (1999) “Trama y urdimbre. Género y gestión patrimonial en Vilar
de Santos”. En Las Identidades culturales de la modernidad. Homenaje a la generación Nós.
VIII Congreso de Antropología. FAAEE-AGANTRO. Santiago de Compostela
CARDESIN, J. M. (1992) Tierra, trabajo y reproducción social en una aldea gallega (s. XVIII-
XX): Muerte de unos vida de otros. M.A.P.A. Madrid.
CASTELLS, M. (1999) La era de la información: Economía, sociedad y cultura. Vol, II: El
poder de la Identidad. Alianza Editorial, S.A. Madrid
COSTA VÀZQUEZ MARIÑO, L. (2001) “Música e galeguismo: estratexias de construcción
dunha cultura nacional galega a través do feito musical”. En González Reboredo
(coord.), Etnicidade e Nacionalismo. Actas do Simposio Internacional de Antropoloxía (17-
19 abril, 2001).
DURÁN, J. A. (Ed.) (1984) Aldeas, Aldeanos, y Labriegos en la Galicia Tradicional. Alfredo
Vicenti, Prudencio Rovira, Nicolas Tenorio. Mapa-Xunta de Galicia. Madrid.
FERNÁNDEZ PRIETO, L. (1992) Labregos con ciencia. Estado, sociedade e innovación tecno-
lóxica na agricultura galega, 1850-1939. Ed. Xerais de Galicia. Vigo.
GODELIER, M. (1973) Racionalidad e irracionalidad en economía. Ed. Siglo XXI. México
GONDAR PORTASANY, M. (1993) Crítica da razón galega. Entre o nós-mesmos e o nós-
outros. A Nosa Terra. Vigo
GONZÀLEZ REBOREDO, X. M.. (1999) “Antecedentes históricos de las fiestas tradiciona-
les”. En Las fiestas. De la antropología a la historia y la etnografía. Centro de Cultura
Tradicional. Diputación Provincial. Salamanca.
GROBA GONZÁLEZ, X. (1999) “O estudio da música tradicional galega e o canto de tra-
dición oral”. En Galicia. Antropoloxía. Edicións Hércules. A Coruña.
ITURRA, R. (1988) Antropología económica de la Galicia rural. Xunta de Galicia. Santiago de
Compostela.
JAMIN, J. (1998) “Faut-il brûler les musées d’ethnographie?” Gradhiva, 24.
KIRSHENBLATT-GIMBLET, B. (2004) “Le patrimoine immateriel et la production métacultu-
relle du patrimoine”. En Visages et visions de l’immateriel. Museum International, 221-222.
LOIS GONZÁLEZ, R. C. e PIÑEIRA MANTIÑÁN, M. J. (1998) “Os espacios construídos
en Galicia: persistencias da cultura labrega despois do proceso de urbanización”. En
Castro Seixas, Pereiro Pérez e Mota Santos (Coords.) Cultura e Arquitectura. Incursións
antropolóxicas no espacio construido. Ed. Lea. Santiago de Compostela.

68
Introdución

LÓPEZ IGLESIAS, E. (1997) “Crise da agricultura tradicional e formación do agricultor. As


mudanzas experimentadas polo agro galego na segunda metade do s. XX”. En O feito
diferencial galego, I. Historia, vol, 2. Museo do Pobo Galego. Santiago de Compostela.
LÓPEZ CUEVILLAS, F., LORENZO FERNÁNDEZ, X. e FERNÁNDEZ HERMIDA, V.,
(1936) Parroquia de Velle. Seminario de Estudos Galegos. Santiago de Compostela.
LORENZO FERNÀNDEZ, X (1962) Etnografía. Cultura material. En Historia de Galiza,
dirixida por R. Otero Pedrayo, vol. II. Ed. Nós. Buenos Aires.
MANJERI, D. (2004) “Le patrimoine matériel et immateriel: de la différence à la conver-
gence”. En Visages et visions de l’immateriel. Museum International, 221-222.
MENDEZ, L. (2003) “Galicia, región de Europa: dimensiones europeistas del imaginario
culturalista de la Xunta”. RAS (Revista de Antropología Social), 12, Universidad Com-
plutense. Madrid.
MOORE, W. B. (1987) “Connecting the Past with the Present, Reflections upon Interpretation
in Folklife Museums”. En P. Hall e Ch. Seemann (eds.): Folklife and Museums. Selected
Readings. The American Asociation for State and Local History. Nashville, Tennessee.
MORENO, I. (1999) “Globalización, ideologías sobre el trabajo y culturas del trabajo”.
AREAS, Revista de Ciencias Sociales, 19.
NAMER, G. (1987) Mémoire et société. M.Klincksieck. Paris.
PEREIRO PÉREZ, X. (2001) “Reflexão sobre a Antropologia na Galiza de Hoje”. Etnogáfica,
5. POMIAN, K. (1996) “Les musées d’ethnographie dans l’Europe d’aujourd’hui”. En
Rencontres européennes des musées d’ethnographie 1993 / European meeting of ethnography
and social history of museums 1993. Musée National des Arts et Traditions Populaires-
École du Louvre. Paris
SIERRA RODRÍGUEZ, X. C.. (2000), “O patrimonio etnográfico. Procesos de patrimonia-
lización en Galicia” En González Reboredo (Coord.), Galicia. Antropoloxía. Edicións
Hércules. A Coruña.
— (2001). “O patrimonio cultural e os museos, instrumentos para a construcción e a
representación das identidades. Notas sobre (e dende) Galicia”. En González Reboredo
(coord.), Etnicidade e Nacionalismo. Actas do Simposio Internacional de Antropoloxía.
— (2003) “Museos e desenvolvemento. Experiencias e itinerarios en Galicia”. En Museos:
construindo a comunidade. VII Coloquio Galego de Museos, Consello Galego de Museos.
Santiago de Compostela.
SOUTELO VÀZQUEZ, R.. (1999) “«Eu non tiña oficio, era labrego». Identidade, repre-
sentación e memoria na Galicia rural, 1890-1960”. Actas do V Congreso Internacional de
Estudios Galegos/Akten des 5. Internationalen Kongresses für Galicische Studien.
Universidade de Tréveris/Universität Trier, 1997. Trier.
STEENBERG, A. (1966) Dansk Folkmuseum. History and activities. København
VEILLARD, J.-J. (1983) “Le Musé de Bretagne: musée d’identité térritoriale?”. En Quels
musées, pour quelles fins aujourd’hui? La Documentation française. Paris.
VERGO, P. (1993) The New Museology. Reaction Books Ltd. Londres.
VILAR ÁLVAREZ, M. (2003) “Patrimonio, museos, memoria e identidade en Galicia”. En
Museos: construindo a comunidade. VII Coloquio Galego de Museos, Consello Galego de
Museos. Santiago de Compostela.
VV.AA. Imaxes de Galicia: Fotografía etnográfica (Homenaxe a Xaquín Lorenzo). Arquivo do
Reino de Galicia-Museo Etnolóxico de Ribadavia. Xunta de Galicia. A Coruña

69
08

Accións de salvagarda para o patrimonio


cultural inmaterial

Iván Area Carracedo; Anxo Fernández Ocampo; Xabier Prado Orbán;


Xavier Simón Fernández

1. Introdución
O proxecto de accións de salvagarda do PI en Galiza que se discute a continuación pre-
tende ser un punto de partida para o traballo. Os nosos presupostos de partida, que a con-
verten nunha simple proposta pendente de debate e discusión, son os seguintes:
1. O patrimonio inmaterial componse dun repertorio de prácticas sociais transformables
que actualizan a representación da cultura. A súa salvagarda depende esencialmente da
participación, da creatividade e da súa materialización polos membros das comunida-
des que o producen e manteñen.
2. Todo instrumento referente ao patrimonio cultural inmaterial debe facilitar, estimular e
protexer o dereito e a capacidade das comunidades de seguir interpretando o seu patri-
monio cultural dotándose das súas propias modalidades de conservación, ordenación e
previsión de futuro.
3. Os elementos culturais propios compartidos e o diálogo fomentan a creatividade xeral,
sempre que se garanten o recoñecemento da singularidade e os intercambios equitativos.
4. Pódese tirar un rendemento social efectivo velando pola posibilidade de reproducir os
significados, as condicións que o fixeron posible e as competencias necesarias para a
creación, interpretación e transmisión do patrimonio cultural inmaterial, tratando ao
mesmo tempo de non perpetuar modelos de desigualdade.
5. As iniciativas destinadas a promover os usos sociais contemporáneos do patrimonio
cultural inmaterial deben fundarse en principios como o respecto aos dereitos huma-
nos universalmente aceptados, a equidade e o seu carácter duradeiro e o respecto de
todas as formas culturais e sociais que, á súa vez, respectan as demais.

2. O proceso xeral de salvagarda


Cómpre sinalar que a salvagarda é referida ás medidas encamiñadas a garantir a viabi-
lidade do patrimonio cultural inmaterial, comprendidas a identificación, documentación,
investigación, preservación, protección, promoción, posta en valor, transmisión -basica-
mente a través de ensino regrado e non regrado- e revitalización deste patrimonio nos seus
distintos aspectos. Neste sentido tórnase importante contemplar as comunidades como os
08 Accións de salvagarda para o patrimonio cultural inmaterial

espazos onde o patrimonio se expresa. Por este motivo, preténdese a definición dun plan
de desenvolvemento socioeconómico e cultural do territorio, para o cal se definirán unha
serie de accións de salvagarda do patrimonio cultural inmaterial. A salvagarda concirne
cada un dos cinco ámbitos nos que habitualmente se divide o patrimonio cultural inmate-
rial (UNESCO), a saber:
1. Tradicións e expresións orais, incluídos os usos lingüísticos como vehículo do patri-
monio cultural inmaterial,
2. Artes do espectáculo,
3. Usos sociais, rituais e actos festivos,
4. Coñecementos e usos relacionados coa natureza e o universo,
5. Técnicas artesanais tradicionais.
Esta clasificación é puramente operativa, pois o proxecto ha ter en conta que moitas
prácticas sociais patrimonializables se entretecen no medio ou por fóra desta clasificación.
Pola súa propia definición e configuración o coñecemento tradicional está atomizado,
incorporado no saber facer individual ou comunitario. Así, o éxito no seu proceso de valo-
rización require da incorporación dunha visión participativa, sendo os chamados “porta-
dores” os axentes principais no proceso de recuperación. Faise necesario, xa que logo,
introducir ferramentas de investigación que faciliten a súa real participación.
Recoñecer o valor do coñecemento tradicional non significa negar o da visión científica. As
estratexias de intervención que pretendan valorizar o patrimonio cultural inmaterial deberán
buscar a confluencia de todas as fontes de coñecemento. Na actualidade, son as formas e os
saberes que darán lugar a un mundo rural sustentable os que corren perigo de se perder. Así
as accións que se deben encetar para alcanzar este obxectivo non poden ser postergadas.
A antedita atomización do coñecemento tradicional afecta directamente os colectivos que
traballan en cada un dos seus campos. É moi frecuente observar persoas que dedican esforzos
considerábeis ao estudo dalgún campo, con pouca ou ningunha relación con compañeiros que
dedican os seus esforzos a outros saberes. De feito, a propia clasificación en cinco ámbitos
pode conducir a un minifundismo no estudo. O feito de crear unha estrutura de coordinación
ten, entre outras, a finalidade e obxectivo de tentar que as accións de traballo non se desen-
volvan unicamente dun xeito vertical para cada un dos ámbitos, senón que haxa traballo hori-
zontal entre todas e cada unha delas. Máis aínda, a división artificial do patrimonio en mate-
rial e inmaterial xa supón un atranco que a metodoloxía de traballo terá que superar.
Na definición das accións de salvagarda séguese un proceso que está subdividido en tres
fases que dun xeito sistemático aparecen recollidas na Táboa 1: Comprensión, Inter-
vención e Recomposición.

Táboa 1: Fases do proceso de salvagarda.

Salvagarda Etapas e conceptos de salvagarda


1. Comprensión Identificación Documentación Investigación
2. Intervención Protección
3. Recomposición Promoción Transmisión Difusión

Cada unha das tres fases divídese nunha ou varias etapas, sen orde preestablecida. Na
primeira fase, estudarase o metabolismo das prácticas e a sintaxe dos procesos asociados ao
patrimonio cultural inmaterial. Dita fase está dividida nas tres etapas sinaladas. Na fase de
intervención preténdese propoñer unha dimensión xurídica ás medidas de salvagarda pro-

72
Introdución

postas. Finalmente, na fase de Recomposición, definiranse todas e cada unha das medidas
encamiñadas a garantir a viabilidade do patrimonio cultural inmaterial mediante propos-
tas participativas que sirvan para que os valores do inmaterial se convertan en piares fun-
damentais dun plan de desenvolvemento socioeconómico e cultural.

2.1. A Fase de Comprensión


Para todos e cada un dos ámbitos de traballo proponse desenvolver durante os primei-
ros meses de traballo un proceso de documentación e identificación, requirindo:
1. Recoñecemento das persoas, dos colectivos, asociacións e organismos que traballen
a prol da defensa do coñecemento considerado tradicional e/ou sexan portadores.
2. Identificación e contacto cos investigadores referentes neste campo.
3. Acceso a fontes documentais e localización de todo tipo de información, en calque-
ra tipo de soporte, que sirva para os propósitos marcados.
Deste xeito será posible localizar aos axentes que poidan participar activamente duran-
te todo o proceso. A inercia xerada desde a candidatura presentada pola Asociación Cul-
tural e Pedagóxica “Ponte... nas Ondas!” e a rede de Escolas Asociadas á UNESCO servirá
para axilizar este importante proceso. Logo desta fase, comezarán a funcionar seminarios
participativos e abertos nos que participarán os axentes detectados e nos que se determi-
narán as liñas mestras de traballo. Os seus principais obxectivos serán:
1. Definir o estado da cuestión.
2. Establecer ámbitos estratéxicos de actuación.
3. Marcar as liñas globais de desenvolvemento tanto na fase de Comprensión como na
fase de Recomposición.
4. Crear un Grupo de Traballo.
No cuarto mes comezarían a traballar os Grupos de Traballo, nun número que depen-
derá do ámbito de actuación. Como exemplo sinalaremos que o ámbito da cosmovisión se
xebraría en dous posíbeis grupos: un para o ámbito marítimo-fluvial e outro para o agra-
rio. Os Grupos de Traballo, que contarán cos membros necesarios para o desenvolvemen-
to das tarefas, terán que deseñar a estratexia global de Comprensión, Intervención e
Recomposición do coñecemento tradicional.
En relación á fase de comprensión, as tarefas do Grupo de Traballo son:
1. Definir os tipos de portadores e o camiño ou camiños para chegar onda eles.
2. Complementar a identificación e documentación previa.
3. Deseñar as necesidades de investigación e encargarse de realizala ou encomendar a
pesquisa precisa.
4. Manter constantemente unha perspectiva holística que teña en conta os estudos rea-
lizados nas comunidades veciñas, engadindo novas interpretacións que alimenten a
comprensión dos fenómenos inmateriais propios.
Como resultado desta primeira fase, o Grupo de Traballo acharase en disposición de
realizar unha diagnose rigorosa sobre a situación na que se encontra o patrimonio cultural
así como de definir as principais Accións de Salvagarda no seu ámbito. Entre outros, ha de
ser quen de respostar ás seguintes cuestións:
1. Caracterización dos portadores: número, actividade, localización xeográfica, etc.
2. Censo dos espazos que reproducen a estrutura asociada aos coñecementos tradicio-
nais: graos de presenza, definir estrutura e función, zonificación, etc.

73
08 Accións de salvagarda para o patrimonio cultural inmaterial

3. Definición de Accións de Salvagarda: amplitude da acción, suxeitos participantes,


relación con outras accións/áreas, etc.
4. Definir marcos xerais que guíen as accións de valorización do coñecemento tradicional.

Táboa 2: Proceso de Documentación e Identificación.

Dous primeiros meses Terceiro mes do Proxecto Cuarto mes do Proxecto

Documentación Seminario Participativo Formación


Identificación Liñas mestras Grupos de Traballo
Axentes potenciais
Diagnose Seminarios de formación
Seminarios de formación

2.2. A Fase de Protección


Na fase de Protección as tarefas do Grupo de Traballo consistirán en deseñar medi-
das activas que favorezan a conservación do patrimonio cultural inmaterial. Neste sen-
tido ábrense polo menos dous camiños diferentes: a prevención do dano, coa conse-
guinte responsabilidade do causante, ou o impulso das iniciativas que conserven o pa-
trimonio cultural inmaterial.

2.3. A Fase de Recomposición


A fase da Recomposición ou Remobilización do patrimonio, finalmente, busca a súa
posta en valor mediante accións que o transmitan, o promocionen e o difundan de manei-
ra participativa. Isto é, a súa inserción en procesos de desenvolvemento que contribúan
positivamente a garantir as necesidades sociais. Neste marco, o Grupo de Traballo terá asig-
nadas, entre outras, as seguintes tarefas:
1. Propoñer a patrimonialización dun repertorio de elementos culturais inmateriais.
2. Contribuír a definir, de xeito participativo, as estratexias que permitan alcanzar mode-
los de desenvolvemento que, a partir do patrimonio cultural inmaterial, garantan con-
dicións de vida dignas así como o uso sustentable dos recursos naturais e sociais.
3. Elaborar programas informativos e de comunicación. Contidos para amosar na
Plataforma Global de Difusión do Patrimonio cultural inmaterial e noutros medios.
4. Propiciar acordos entre partes que beneficien a conservación e valorización do
patrimonio cultural inmaterial.
5. Introducir información nas bases de datos da Plataforma Global de Difusión do
Patrimonio cultural inmaterial.
6. Pór en marcha programas formativos en estudo, conservación e valorización do
patrimonio cultural inmaterial.
7. Elaborar programas de divulgación nas Escolas de Ensino Primario e Secundario
(unidades didácticas; actividades extraescolares, etc.).
8. Elaborar programas de promoción do patrimonio inmaterial nas asociacións de
veciños, nos centros culturais, etc.
9. Elaborar unha Oferta Global de Produtos e Servizos derivados do patrimonio cul-
tural inmaterial, asociada a unha nova marca.
10. Establecer Redes Sociais de Intercambio Urbano-Rural: feiras de produtos artesa-
nais, de produtos agroecolóxicos; granxas escola; excursións para recoñecer a bio-
diversidade de ecosistemas e a diversidade de coñecementos, etc.

74
Introdución

11. Establecer Redes Sociais de Intercambio Galiza-Comunidades de Emigrantes.


12. Propiciar, de xeito preferente, a transmisión dentro da comunidade cultural portadora.
13. Definir Mostras do Patrimonio Inmaterial.
14. Definir Encontros de Portadores.
15. Organizar Congresos Científicos e Seminarios Abertos.
16. Crear exposicións itinerantes que combinen diferentes compoñentes do patrimonio
cultural inmaterial.
17. Crear Roteiros Agroecolóxicos que reproduzan o ciclo agrario.
18. Crear Roteiros Festivos, construídos a partir das diferentes manifestacións do patri-
monio cultural inmaterial galego no universo do lecer, vinculados preferentemente
co Turismo Rural.

3. O Plan/Programa de Accións de Salvagarda


As accións de salvagarda específicas, ou un conxunto ordenado delas, que dean lugar a
programas ou propostas de intervención na conservación, defensa e valorización do patri-
monio cultural inmaterial, serán sometidas ao seguinte proceso:
1. Recepción de propostas de salvagarda.
2. Xeración de propostas de salvagarda.
3. Exame da viabilidade das propostas de salvagarda.
4. Formulación das propostas de salvagarda.
5. Supervisión do desenvolvemento de todas e cada unha das propostas que se executen.
O desenvolvemento do proceso de salvagarda, recollido na Táboa 1, que ha realizar o
Grupo de Traballo mediante as tres fases sinaladas en cada un dos ámbitos, non conduce
necesariamente a solucións concretas e fáciles de pór en práctica. Neste punto convertera-
se en relevante o esforzo de coordinación exercido desde cada ámbito e desde a coordina-
ción xeral. A súa importancia require da posta en marcha de espazos participativos de dis-
cusión que permitan aquelar axeitadamente os resultados parciais de cada ámbito. Malia
ser posible a posta en marcha de estratexias individualizadas para a conservación dunha
única compoñente dun único ámbito, a valorización do patrimonio cultural inmaterial
hase entender de forma conxunta.

Táboa 3: Coordinación para as accións concretas por ámbitos.

Ámbito 1 Ámbito 2 Ámbito 3 Ámbito 4 Ámbito 5


Comprensión Comprensión Comprensión Comprensión Comprensión
Intervención Intervención Intervención Intervención Intervención
Recomposición Recomposición Recomposición Recomposición Recomposición
Acción i1 Cord. Acción i2 Cord. Acción i3 Cord Acción i4 Cord Acción i5
Acción j1 Acción j2 Acción j3 Acción j4 Acción j5
Acción k1 Acción k2 Acción k3 Acción k4 Acción k5
Outras Outras Outras Outras
Outras accións.
accións... accións... accións... accións...

As posíbeis accións ou conxunto de accións encamiñadas á defensa e valorización do


patrimonio cultural inmaterial requiren de sinerxías con diferentes espazos. Entre elas
cómpre sinalar:
1. Adoptar unha política xeral encamiñada a realzar a función do patrimonio cultu-
ral inmaterial na sociedade e a integrar a súa salvagarda en programas de planifi-
cación do futuro.

75
08 Accións de salvagarda para o patrimonio cultural inmaterial

2. Propoñer estruturas de funcionamento locais que garantan a autosostibilidade das


accións.
3. Considerar os espazos xeográficos veciños como un mesmo sistema no cal se reco-
ñecen variantes das prácticas sociais comúns, principalmente mediante a análise de
estudos alí realizados.
4. Adoptar as medidas de orde xurídica, técnica, administrativa e orzamentaria axeita-
das para:
a) Favorecer a creación ou o fortalecemento de institucións de formación en xes-
tión de patrimonio cultural inmaterial, así como a transmisión deste patrimo-
nio nos foros e espazos destinados á súa manifestación e expresión.
b) Garantir o acceso ao patrimonio cultural inmaterial, respectando ao mesmo
tempo os usos consuetudinarios polos que se rexe o acceso a determinados
aspectos de dito patrimonio.
c) Crear institucións de documentación sobre o patrimonio cultural inmaterial e
facilitar o acceso a elas.
d) Garantir a pervivencia das comunidades e os seus sistemas produtivos adap-
tados ás circunstancias do mundo actual.
Nos programas de valorización do patrimonio cultural inmaterial, por outra parte, ha ter
un rol determinante o ámbito educativo. Neste senso, tentarase por todos os medios asegurar
o coñecemento, o respecto e valorización do patrimonio cultural inmaterial na sociedade, en
particular mediante accións encamiñadas aos ámbitos profesional, social e educativo:
1. Programas educativos, de sensibilización e de difusión de información dirixidos ao
público xeral.
2. Programas educativos e de formación específicos nas comunidades e grupos intere-
sados.
3. Actividades de fortalecemento de capacidades en materia de salvagarda do patrimo-
nio cultural inmaterial, e especialmente de xestión e de investigación científica.
4. Medios non formais de transmisión do saber.
5. Promover a educación sobre a protección de espazos eco-xeográficos fundamentais
para a memoria colectiva.
6. Manter ao público informado das actividades realizadas, das políticas culturais do
inmaterial, e en concreto das ameazas que pesan sobre determinadas prácticas so-
ciais ou procesos.

76
09

O coñecemento tradicional como


un alicerce para construírmos o futuro

Xavier Simón Fernández


Universidade de Vigo

Até hai pouco tempo, as bases enerxética, agraria, pesqueira, gandeira, forestal e de produtos
transformados da economía galega eran o resultado da combinación dinámica do que hoxe
damos en chamar coñecementos tradicionais coas condicións ambientais específicas dos eco-
sistemas apropiados. O proceso de apropiación da natureza, inicio do metabolismo social, rea-
lizado mediante os coñecementos dispoñíbeis, e as técnicas asociadas, explica a conformación
específica da sociedade galega nas décadas previas ao avance da modernización. Paralelamente
á dinámica da economía galega, baseada na apropiación dos recursos naturais renovábeis
mediante o coñecemento tradicional, agromaban distintas manifestacións culturais asociadas
coa súa base material e enerxética (actividades lúdicas asociadas co ciclo agrario, por exemplo)
ou coa dinámica social propia de sociedades agrarias (música, romarías, cantigas, seráns,....).
Aquela Galiza xa é parte da historia. Durante os últimos trinta anos, o modo de vida
vinculado co predominio do coñecemento tradicional foi progresivamente substituído
polas distintas formas nas que se manifestan as forzas da economía global de mercado, que
colonizan espazos xeográficos pero tamén ámbitos culturais, impoñendo modos de vida.
Este proceso, deixar atrás o tradicional e abarcar o moderno, iniciouse en Galiza cando en
Holanda, Reino Unido e outros países europeos xa apareceran os primeiros indicios da
eventual insustentabilidade do modelo moderno.
A pesares do retardo, as políticas agrarias comezan a facer os seus efectos transforman-
do a base produtiva do agro galego, deixando atrás as estratexias de supervivencia median-
te o policultivo e abrazando a especialización e a venda completa da produción. Nos sec-
tores máis especializados mellorou a Renda Agraria. Mentres isto ocorría, as remesas dos
emigrantes europeos e do resto do Estado contribuían a financiar un proceso de moderni-
zación demasiado acelerado e, finalmente, declarado fracasado, no sentido de que o mode-
lo implantado estaba eivado para dar resposta ás necesidades de fortalecemento da peque-
na produción familiar, daquela principal axente do campo galego.
Esas políticas agrarias son as que pretendían reducir severamente a poboación activa na
agricultura. E abofé que o conseguiron: Galiza pasou en 30 anos de 500.000 a 170.000 empre-
gos na agricultura. O que era ollado como un obxectivo desexábel, compartido tamén pola
maioría da intelectualidade, trouxo novos e serios problemas derivados do abandono dos
recursos naturais e dos ecosistemas, da perda de unidades produtivas, da perda das varieda-
09 O coñecemento tradicional como un alicerce para construírmos o futuro

des propias, derivados, en fin, da destrución da base enerxética e


material da economía galega tradicional. Ao mesmo tempo esmo-
receron as outras manifestacións culturais asociadas con aquel
mundo vivo, diverso e dinámico que constituía a sociedade galega
tal e como estaba configurada antes do avance da modernización
A hipótese que se manexa nesta publicación, e da que dan
mostra moitas das xenerosas contribucións recollidas, é que
definir estratexias de intervención, construídas de xeito partici-
pativo en base ao tradicional, que concedan oportunidades de
asentamento e ocupación do espazo rural hase converter en
punto de partida do Plan Global de Salvagarda e Valorización do
Patrimonio Inmaterial (véxase o artigo anterior).
A valorización do coñecemento tradicional, como compoñente
do PI, ha render tanto para atallar o abandono crecente como para
desintensificar as experiencias máis industrializadas. Efectiva-
mente, semella que as unidades produtivas intermedias moi inten-
sivas que pasan por problemas de rendibilidade e que non teñen
medios, e moitas veces forzas, para un novo investimento topan na
extensificación unha saída económica e tecnicamente viábel.
Ademais, moitas estratexias de manexo de recursos derivadas
do coñecemento tradicional están cargadas dunha racionalidade
ambiental que garante en maior medida a conservación da base
de recursos e dos ecosistemas. Este valor adicional, moitas veces
esquecido, concede á agricultura galega oportunidades únicas
para converter a produción de bens e servizos de elevada cali-
dade ambiental nun referente, nunha marca que axude a recon-
ducir o proceso de desenvolvemento.

O valor dos coñecementos tradicionais


Os portadores e portadoras almacenan información sobre o funcionamento dos siste-
mas naturais, sobre os principais arranxos estruturais, sobre a organización das unidades
produtivas e as mellores opcións de cultivo segundo as características dos predios que se
van ocupar. Coñecen, tamén, unha ampla variedade de cultivos así como plantas silvestres
ademais de seren uns facendeiros bastante ben dotados para o manexo do gando.
A base do modelo do coñecemento tradicional é a experiencia persoal, a dos portado-
res e portadoras, desenvolvida nunha localidade. Refírese ao concreto e ao práctico
mediante unha visión globalizadora, no sentido de non estar reducida a unha “disciplina”,
de incorporar coñecementos diversos. Ao contrario, a base do modelo do coñecemento
moderno agroma da xustificación obxectiva e universal, refírese ao abstracto e ao teórico,
sendo impersoal e especializada.
Pola súa propia definición e configuración o coñecemento tradicional está atomizado,
incorporado no saber facer individual ou comunitario. Así, o éxito no seu proceso de valo-
rización require da incorporación dunha visión participativa: arredor dos portadores e por-
tadoras xirará o proceso de recuperación e posterior valorización.
A posta en valor do coñecemento tradicional crearía novas oportunidades de emprego
e renda e, ao mesmo tempo, contribuiría a fortalecer ao rural galego, no sentido de facer
ao noso modo de vida máis resistente fronte a presións ou perturbacións externas.

78
Introdución

Recoñecer o valor do coñecemento tradicional non significa, neste caso, negar o da


visión científica. Máis ben, as estratexias de intervención que pretendan valorizar o PI
han buscar a confluencia das dúas fontes de coñecemento (véxase o artigo nº 28). Non
se trata de substituír un imperialismo científico por outro tradicional. Porén, na actua-
lidade, son as formas e os saberes que darían lugar a un mundo rural sustentábel, os
que corren perigo de se perder para sempre. Cómpre encetar inmediatamente o cami-
ño dirixido a evitar perdas irreversíbeis.

Caracterizando a estratexia de valorización


Como diciamos, moitas das achegas que aparecen nas páxinas desta publicación van
encamiñadas a pór en valor o PI. Isto significa ir alén da súa conservación estática en muse-
os. Significa, fundamentalmente, definir estratexias globais de apropiación/produción/con-
sumo e satisfacción de necesidades que, edificadas a partir da dotación local de patrimo-
nio material (construído e natural) e inmaterial (síntese dos coñecementos tradicionais e
científicos) doten a sociedade galega de capacidade propia para reaccionar cando estea
sometida a presións ou perturbacións. Isto é, estratexias que permitan que a sociedade
galega avance no camiño da sustentabilidade.
Unha condición necesaria da sustentabilidade é a viabilidade socioeconómica. No caso
que nos ocupa, podemos dicir, deixando á marxe as eivas derivadas da estrutura econo-
micista das decisións económicas, que aquela viabilidade hase conseguir, estruturalmente
falando, reconstruíndo o sistema agrario tradicional e pulando pola redución de custos
monetarios externos como principio de xestión.
A continuación sinalamos, de vagar, algúns dos elementos que son parte da estratexia
de valorización:
1. O sistema agrario tradicional é complexo: a complexidade debe ser manexada, non eli-
minada nin ocultada. A complexidade como característica da agricultura tradicional
obsérvase no elevado número de subsistemas que a conforman, no número elevado de
especies animais e vexetais manexadas e na gran diversidade de prácticas produtivas exis-
tentes. A complexidade da agricultura tradicional galega pode ser ollada tanto dentro das
unidades produtivas como a través do espazo. Isto é, a diversidade de formas de organi-
zación do espazo agrario, así como a diverxencia nas condicións ambientais, configurou
subsistemas agrarios diversificados ao longo e ancho do territorio galego. A maior com-
plexidade dos sistemas agrarios trae como beneficio social unha maior estabilidade.
2. Máximo aproveitamento da terra dispoñíbel mediante unha elevada diversidade de prác-
ticas, cultivos e sistemas de manexo. As terras de cultivo sempre foron o elemento rela-
tivamente escaso na agricultura galega. A terra era mobilizada de forma permanente can-
do as súas aptitudes así o permitían, dando lugar a unha agricultura moi intensiva. O
factor que se intensificaba era, claro, o máis abundante, a forza de traballo. Esta agricul-
tura intensiva era altamente diversa: diversidade de especies (alto número de especies),
xenética (variabilidade da información xenética intra e inter especies), vertical (aprovei-
tamentos en diferentes niveis), horizontal (distintos patróns de distribución de organis-
mos), estrutural (elevado número de nichos, papeis tróficos… na organización dos sis-
temas) funcional (complexidade nas interaccións entre subsistemas) e, finalmente, diver-
sidade temporal (heteroxeneidade nos cambios cíclicos nos sistemas). O máximo apro-
veitamento da terra dispoñíbel mediante estratexias diversas conduce a beneficios tales
como: fortalecemento do sistema fronte ás pragas, mellora da fertilidade da terra e, polo
tanto, dos rendementos, alta capacidade para facer fronte a perturbacións…

79
09 O coñecemento tradicional como un alicerce para construírmos o futuro

3. No sistema agrario tradicional os procesos eran cíclicos, reproducindo a “normal” cicli-


cidade dos procesos naturais, o que permitía viabilizar as estratexias de supervivencia
asociadas. Tal é o caso do sistema de fertilización imperante na agricultura tradicional:
o complexo monte/cultivo/prado permite que o monte, coa axuda dos sistemas de apro-
veitamento directo dos recursos forraxeiros, se converta no principal subministrador de
biomasa que os animais van descompor nas súas cortes para incorporar en forma de
esterco ás terras de cultivo, sen necesidade de acudir ao mercado. Neste “ciclo da ferti-
lidade” o obxectivo era repor a fertilidade extraída coa colleita. Outro exemplo da cicli-
cidade, moi relacionado co anterior, era a ausencia de residuos, tal e como os entende-
mos agora, no sistema agrario tradicional.
4. A apropiación do monte era o centro sobre o que xiraba a reprodución do sistema
agrario tradicional. Xunto coa función sinalada no punto anterior, o monte tamén
cumpría outras funcións: producía pasto natural para o gando (vacún, ovino ou
caprino que se alimentaba a dente nos pastos comunais das parroquias); era a fonte
enerxética principal (economía da leña); eventualmente tamén contribuía á alimenta-
ción humana (as estivadas, práctica que, por certo, incorporaba unha lóxica ecolóxi-
ca que garantía un uso non destrutivo do recurso); etc. Fronte a esta natureza multi-
funcional e de máximo aproveitamento, na xestión do monte galego observamos dous
procesos contrapostos: especialización na produción de madeira de ciclo curto xun-
to coa recente función de produción de bioelectricidade e, por outra banda, abando-
no progresivo das superficies a monte que ou ben non encaixan naquela estratexia
especializadora ou ben sofren de problemas estruturais (o principal, o gran partilla-
mento do monte privado). Os resultados dunha estratexia como esta son ben coñeci-
dos: incendios reiterados como consecuencia do abandono e concentración en pou-
cas mans das rendas derivadas do aproveitamento especializado do monte. Para corri-
xir estes problemas é necesario recuperar a multifuncionalidade do monte e reinte-
gralo nas unidades produtivas ben para cumprir funcións específicas no seu proceso
produtivo ben como xeradoras de renda que fortalezan os procesos de asentamento
no rural. En relación con isto, gustaría de mencionar o caso dos parques eólicos: pro-
dución de rendas no mundo rural por axentes alleos que foxen do rural e non per-
miten reverter a tendencia ao despoboamento.
5. Presenza de tecnoloxías rexenerativas, isto é, tecnoloxías que conservan os recursos
existentes na unidade produtiva (nutrientes, predadores, auga, solo,...) e introducen
novos elementos que incrementan aqueles recursos, substituíndo os recursos externos.
Estas tecnoloxías son, en xeral, tecnoloxías multifuncionais. É dicir, a súa posta en mar-
cha xera beneficios favorábeis en varias compoñentes dos agroecosistemas. Como
exemplos, pódense citar os seguintes:
a. Os abonos verdes. Foron utilizados desde sempre na agricultura tradicional galega.
Tal é o caso do cultivo dos “altramuces”, unha leguminosa que permite mellorar a
fertilidade do solo aumentando os nutrientes. Pero ademais, os “altramuces” redu-
cen a posibilidade de erosión, axudan á fixación de auga e son un posible hábitat
para organismos benéficos para os cultivos.
b. A utilización de barreiras naturais, coñecidas en Galiza como sebes, beneficia a
ausencia de erosión e serven, así mesmo, de nicho para organismos benéficos.
c. O manexo de variedades e razas autóctonas. Os beneficios derivados son: aprovei-
tamento gratuíto de biomasa autóctona que evita incendios; redución das doenzas e
pragas padecidas polos cultivos e os animais que converte en ocasional o gasto
monetario derivado dos tratamentos veterinarios; etc.

80
Introdución

6. Construíndo novos ámbitos para o intercambio. Calquera estra-


texia que pretenda transformar o estado actual do sistema agrario
galego debe ser consciente da escasa presenza que os intereses dos
produtores teñen nos mercados. Máis ben ocorre todo o contrario:
as diferenzas entre os prezos percibidos polos produtores e os pre-
zos pagados polos consumidores alcanzan cifras escandalosas. Por
outra parte, as actuais pautas de consumo e condicións de merca-
dos, impulsadas polo avance do neoliberalismo, favorecen os pro-
cesos de concentración e homoxeneización da produción. Nesa
estratexia sempre perden as agriculturas familiares de pequena ou
mediana escala, como as galegas. No sistema agrario tradicional
encontramos, tamén, algúns aspectos relacionados con este ele-
mento: as feiras, semanais, mensuais ou anuais que se celebraban
por todo o noso país son unha mostra útil dun sistema que vincu-
laba produtores e consumidores locais (malia ser o sistema agrario
tradicional aquel que produce case todo o que consome e consome
case todo o que produce). Estes sistemas de intercambio de produ-
tos (alimentos, remedios, insumos, capital.....), servizos (lecer, música, contadores de his-
torias....) e información dannos pistas sobre cal debe ser o punto de partida. Necesitamos
imaxinación e compromiso para definirmos eses novos ámbitos de intercambio que desem-
peñen o papel requirido dentro da estratexia global de valorización do PI.
Desenvolver estratexias nas que estes elementos, xunto a outros, conformaban o cerne
da reprodución social foi o realizado durante centos de anos polos nosos devanceiros:
deseñaban estratexias de manexo que permitían a supervivencia familiar e comunitaria, sen
pór en risco severo a capacidade produtiva dos agroecosistemas. Paralelamente a estas
estratexias de supervivencia material desenvolvíanse outras manifestacións culturais (con-
tos, lendas, festas, músicas, etc.) que eran mostra do “estilo de vida” tradicional, na súa
compoñente festiva e lúdica.
É certo, por outra parte, que as carencias materiais, e os conflitos, estaban sempre pre-
sentes e que as condicións de vida non eran, nin moito menos, as axeitadas. Porén, en ter-
mos de ocupación do espazo e de respecto ou manexo dos condicionantes impostos polos
ecosistemas apropiados, os sistemas tradicionais deseñados polos labregos e labregas
pódennos ser útiles na actualidade. Curiosamente, eses son, agora, algúns dos principais
problemas que afronta o agro galego: a desocupación do espazo, mediante o xurdimento
do denominado barbeito improdutivo, e, en segundo lugar,o deterioro da base material e
ambiental do rural mediante, fundamentalmente, os incendios forestais.
O proceso de recuperación, investigación e salvagarda do coñecemento tradicional ser-
virá, potencialmente, para construír un futuro diferente para o mundo rural galego. Un
futuro no que teñamos o espazo ocupado mediante sistemas de apropiación dos ecosiste-
mas que garantan a súa supervivencia. Un futuro onde os sistemas de produción contri-
búan a pechar os ciclos mediante tecnoloxías rexenerativas. Finalmente, os novos proce-
sos de desenvolvemento avanzarán na medida en sexamos capaces de xerar novas estrutu-
ras de intercambio de produtos e servizos.
10
16
A candidatura do PI
galego-portugués como obra
mestra da humanidade
Un patrimonio para o futuro: manifesto a favor do
10 patrimonio inmaterial galego-portugués
Suso de Toro

Romance e árbore das tradicións orais


11 galego-portuguesas
Jorge Santos Silva e Xabier Prado Orbán

Presenza de elementos culturais europeos na cultura


12 tradicional galego-portuguesa
Xosé L. Méndez Ferrín

Candidatura de patrimonio inmaterial


13 e desenvolvemento rural
Xabier Prado Orbán

Ponte… nas Ondas!: 1 patrimonio para o futuro


14 Santiago Veloso

15
As escolas UNESCO e o desenvolvemento
Luisa Márquez

A lusofonia como um factor valorizador da cultura


16 tradicional galega e das súas potencialidades económicas
Jorge Rodrigues Gomes
10

Un patrimonio para o futuro: manifesto a favor


do Patrimonio Inmaterial galego-portugués

Suso de Toro

O punto máis avanzado de Europa, no noroeste da Península Ibérica, onde os suevos esta-
bleceron o primeiro reino dentro do Imperio Romano, foi sempre un lugar habitadísimo.
Anteriormente aquí floreceu unha cultura céltica, a cultura dos castros. É unha fin do mun-
do onde chegaron sucesivas vagas de pobos e persoas que aquí chegaban e ficaban, pois
non podían continuar alén do mar, aquel mar onde morría o sol cada tarde. É unha esqui-
na da Europa que non é lugar de paso, senón un recipiente no que se foron integrando ele-
mentos diversos de modo continuado. A cultura deste lugar está marcada pola con-
tradición entre a terra e o mar: o continente eurasiático e o océano Atlántico. Pola terra che-
garon sempre dende Oriente vagas culturais, o bronce, o ferro, Roma, os suevos, o Sacro
Imperio..., polo mar tamén chegaron os gregos e romanos mais sobre todo por el viaxaron
e comerciaron os poboadores deste noroeste peninsular.
O ser un “Finisterrae” pouco comunicado, fixo que aquí durasen máis tempo os ciclos his-
tóricos, a Historia viviuse aquí ralentizada. En moitos sensos a cultura propia do noroeste é
unha síntese da civilización romana, as mesmas falas desta zona están aínda moi perto da súa
orixe romana, e tamén conserva como un eco antropolóxico as raíces do mundo xermánico
europeo que levantou no seu tempo o mundo feudal e perdurou aquí até nós como unha cos-
movisión na cultura popular. Foi a este noroeste a onde chegou, a través do Camiño de
Santiago, a torrenteira da cultura europea dende Carlomagno até a Reforma e Contrarreforma.
Aquí vemos que o máis específico local noso é precisamente a cultura europea máis pro-
funda. O que aínda permanece conservado alén do seu tempo histórico é para nós parte
tamén deste tempo contemporáneo que vivimos adultos e nenos.
Son precisamente os nenos e nenas o centro do proxecto que apoiamos. O proxecto é
antes de nada estimular a estima polo patrimonio cultural rico e complexo que herdamos
e tamén estimular a curiosidade por coñecer aos veciños por riba de fronteiras. O respec-
to por un propio e o recoñecemento dos demais. E sobre este propósito de educar xera-
cións que saben vivir no seu tempo sendo leais co seu pasado queremos que o mundo
enteiro, a través da proclamación pola UNESCO como Obra Mestra do Patrimonio Oral e
Inmaterial da Humanidade, recoñeza AS TRADICIÓNS ORAIS GALEGO-PORTUGUESAS.
Unha rica literatura de tradición oral, a cultura marítima que mantivo os vínculos entre
ambas as comunidades e o espírito comunitario presente nas actividades agrarias tradicio-
10 Un patrimonio para o futuro: manifesto a favor do Patrimonio Inmaterial galego-portugués

nais e as variadas expresións lúdicas, festivas e de


lecer. Todos estes ámbitos engloban unha cultura
común que satisfai as condicións establecidas pola
UNESCO: ser unha cultura aínda viva mais en
perigo de desaparición e enraizada nunha tradi-
ción con manifestacións de excelencia.
Conseguir esta proclamación vai permitir a pos-
ta en valor da cultura tradicional, que aquí ten unha
densidade enorme, como factor de dignificación,
orgullo e marca de identidade. Terá efectos positivos
no desenvolvemento endóxeno e sustentábel por
todo o territorio onde se expresa esta cultura.
A cultura nacida neste territorio, con esta pro-
clamación, será motivo de orgullo en todo o mun-
do a través das persoas e países nos que fai parte
da súa identidade.

Asinantes do Manifesto:
Federico Mayor Zaragoza, Ignacio Ramonet, José García, José Saramago, Manu Chao,
Manuel Dios Diz, Manuel Rivas, Mário Claudio, Nélida Piñón, Ramón Chao, Suso de
Toro, Uxía, Vasco Graça Moura

88
11

Romance e árbore das tradicións orais


galego-portuguesas

Jorge Santos Silva; Xabier Prado Orbán

Señoras e meus señores:


dun modo pintoresco,
vouvos contar a historia
da Candidatura á UNESCO

Como se fosen as follas


dunha árbore ornamental,
contarei as Tradicións
da Galiza e Portugal

Culturas do mar… e do agro…


do saber tradicional,
das Festas e Romerías,
da Literatura Oral
11 Romance e árbore das tradicións orais galego-portuguesas

Auga que nos liga ao río, Se do traballo da terra


lava o corpo ao suar, ao longo do ano falamos,
rega o millo, leva o barco falamos do agro e do monte
e pon a aceña a rodar. onde todos axudamos

Unindo as dúas beiras, Rapar e ferrar cabalos,


corre o Miño para o mar, nos montes comunitarios,
levando a nosa Dorna, son actos só de palabra
de Vela triangular sen precisar de notarios

Leva redes e outras artes Fican as espigas núas


que nos permiten pescar, aos golpes dos malladores
meixón, salmón e lamprea, pola forza, ritmo e xeito
e troita sempre a saltar de que eles son portadores

Ás praias chega o sargazo, Para enganar o cansazo,


para as terras adubar, na altura das labradas,
collido por sargaceiros cántanse coplas alegres
que danzan para o festexar nas gargantas afinadas

E o carro de bois, xunto á praia, Co pretexto das colleitas


é o mesmo que vai chiar, e das vendimas, hai danza.
cargadiño de millo xúntanse ranchos de xente,
ou cestos de vendimar. da casa e da veciñanza

Por iso, aquí nestas bandas,


hai unha mestura sen par:
o pescador labra a terra
e o labrador vai ao mar

90
A candidatura do PI galego-portugués como obra mestra da humanidade

Hai que saber, p´ra ensinar, Temos xogos populares


o aprendido dos avós; temos festas romerías,
hai que facer, p’ra mostrar, celebradas nestas terras
a arte que hai en nós. trescentos sesenta días.

Os tecidos que vestimos Para un vira, a concertina…


de la e liño, fiados, muiñeira…gaita afinada;
suman arte e natureza para cantar, o adufe;
se lle xuntan os bordados. os bombos p’ra treboada

Tecen as redes os homes… Caretos e peliqueiros


os palillos as mulleres… son os reis do Carnaval
artesáns de mans perfectas, celebrado na Galiza
peritos nos seus mesteres. e norte de Portugal

Teñen falas ben estrañas A cantar nas noites frías,


os afiadores ambulantes, Nadal e Reis celebrados
cesteiros, pedreiros, telleiros e o traballo con flores
e até mesmo os feirantes. nos Maios ornamentados.

Pérdense no po da Historia, A pretexto dos vikingos,


sempre da mesma maneira, en Catoira hai romería;
os cestos, canastas e pipos en Viana vai ao mar
feitos de vime ou madeira a Senhora D’Agonia.

De barro, collido á terra, Ao ar libre fanse xogos:


a ola feita na roda se a puntería non falla,
e a tella cocida ao Sol, bilros, chaves e billarda
nunca pasarán de moda. son parecidos coa malha.

91
11 Romance e árbore das tradicións orais galego-portuguesas

En común, 1 Patrimonio
que para nós é seguro:
Teremos que preservalo
se o queremos Para o Futuro

Se o SABER dun ancián


é riqueza milenar
ficaremos ben máis pobres
se non o podemos gardar

É un saber que é Herdanza


de Todos…por Tradición.
a conservar na Terriña
ou no lar da Emigración.

Iso apréndese na escola


Antes do Libro, xurdido do A,B,C, ou da Vida,
na Idade Medieval, que é preciso, ao Patrimonio,
xa a Cultura era servida conservalo…dar guarida…
na Literatura Oral.
Produtos tradicionais
Esfolladas e lareiras feitos na terra, co’amor
motivos p’ra namoricos: por ser unha Obra Mestra
é o fogo, ao pé da estopa… teñen moito máis valor
sexan beijos, sexan bicos
E é tamaña a riqueza
Mitos e lendas…iguais, que coñecemos, agora,
que temos de compartila
nas marxes que o Río lava:
cos turistas, cos de fóra.
comeza o conto o Minhoto…
vén o Galego que o acaba.
Por iso, este Patrimonio
que queremos de Verdade,
Os cruceiros son comúns…
deixará de ser só noso,
As rezas son defumadas
para ser da Humanidade
Afife: Serran a Velha…
Na Galiza: as Queimadas…
Da Candidatura, o inicio
será igualiño ao final:
A regueifa na Galiza, Viv’as “Tradicións Orais
desgarrada en Portugal, da Galiza e Portugal”
e o repente no Brasil
improvisan por igual.

92
12

Presenza de elementos culturais europeos


na cultura tradicional galego-portuguesa

Texto elaborado a partir dunha conversa de Xosé L. Méndez Ferrín


con Xabier Prado Orbán, Hortensia Bautista e Isabel Fernández

A cultura galego-portuguesa é o resultado da adaptación do pobo ás condición naturais e


históricas, así como das influencias recibidas do exterior.
Estas influencias foron resultado dos contactos que galegos e portugueses mantiveron
con outros pobos. Por unha banda a través da colonización e da emigración, sobre todo ó
continente americano, e por outra polo contacto coas culturas europeas ó longo da histo-
ria, tanto polas sucesivas invasións coma polo comercio ou intercambios culturais.
Como resultado disto último, pódese dicir que estamos a falar dunha cultura europea
no máis amplo sentido do termo.
A cultura castrexa pódese considerar debida a achegas indoeuropeas e celtas sobre unhas
poboacións anteriores.
Asóciase a cultura castrexa co concepto cultural e simbólico do “filociclismo” ou pre-
ferencia polos conceptos cíclicos fronte aos lineais (as casas, os adornos, as propias
murallas reflicten esta característica cíclica, relacionada tamén co ciclo anual e cunha
certa maneira de ser).
En relación cos celtas, existen unhas claras relacións de carácter ambiental con países
como Irlanda ou a Bretaña Francesa, como é o caso curioso do “toxo”, planta que é común
e moi abundante en Irlanda, Bretaña e a Gallaecia, e case inexistente noutros territorios de
climas semellantes.
A palabra Samaín é gaélica, e polo tanto de orixe celta, e dende hai 30 anos é utilizada
por asociacións galegas que buscan revitalizar unha festa tradicional, a dos calacús. Este
nome é prerromano.
Na Bretaña existen topónimos moi similares a outros galegos moi arcaicos, como é o
caso do “Caurel”.
En relación con Irlanda, nun antigo libro en gaélico existe unha referencia a Breogán
como heroe fundador procedente da Península, o que foi considerado un referente simbó-
lico polos nacionalistas galegos como Pondal. O Himno Galego refírese a Galiza como o
territorio orixinario deste heroe.
A influencia de Irlanda na música folclórica é enorme, existindo actualmente moita coo-
peración e algunhas influencias mutuas.
Cando chegaron os romanos, existía neste territorio un pobo denominado “Callaiki”
nos arredores do actual Porto (a palabra “Porto Callaiki” deu orixe ao nome de Portugal).
12 Presenza de elementos culturais europeos na cultura tradicional galego-portuguesa

Dadas as analoxías culturais entre estes “Callaiki” e os pobos tamén celtas cos que se tiñan
relacionado anteriormente (Galos, Gálatas), os romanos tenderon a denominalos “Gallae-
chi”, nome que mantiveron cando posteriormente conquistaron todo o territorio.
A Gallaecia pódese considerar equivalente á rexión de cultura castrexa, aínda que como
provincia romana tense estendido máis alá.
A Gallaecia, debido a esta forte unidade cultural e natural preexistente, é a única pro-
vincia de todo o Imperio Romano que sobreviviu con ese nome, ademais da Britannia (nes-
te caso por outras razóns, xa que é unha illa).
A cultura da Gallaecia, o mesmo que a italiana, francesa, etc., forma parte da Romania
(territorios abarcados no seu momento polo Imperio Romano).
A lingua pertence a ese conxunto de orixe latino, existindo evidencias dun substrato
anterior á romanización.
O carro era un elemento común en todo este vasto territorio do Imperio, e perviveu en
moitos lugares antes da construción de estradas. Existe, nun museo ao lado de Oxford, un
carro dunha tipoloxía idéntica ao carro galego-portugués.
O mesmo acontece co arado romano, de estrutura arcaica e uso universal no Imperio.
O hórreo, coa estrutura de graneiro sobre pés, era común ao norte da Península, e a tra-
vés da Gascuña estendíase ata territorios da Imperio tan afastados como a actual Eslovenia.
Dentro deste vasto conxunto, a tipoloxía do hórreo galego é moi específica e mantén unha
orixinalidade e identidade características.
Considéranse produtos de contribución romana o viño (pois as poboacións prerroma-
nas bebían sidra ou hidromel), e tal vez a castaña (algúns teñen dito que a abundancia de
castiñeiros ao redor das minas de ouro das Médulas é o resultado das necesidades alimen-
ticias do gran continxente de escravos que alí traballaban).
Os suevos eran unha tribo xermánica procedente dos bosques de carballos nas ribeiras do
Danubio da actual Eslovenia,. O seu rei Hermerico, a principios do século IV, cruza no ano
405 o xeado río Rin cos vándalos e alanos, entrando na Galia. Pasan os Pirineos, e instálanse
a partir do 409 no sudoeste da península (Lusitania). No ano 411 xóganse ás tabas as provin-
cias romanas da Península, e correspóndelles aos suevos o Convento Bracarense (a Gallaecia).
A partir do 420 consolídase o seu reino como o 1º reino constituído en Europa sobre
territorio do Imperio Romano, co nome de “Gallaecia Regnum”, no que sucedeu un pro-
ceso de mestizaxe coa poboación galaico-romana existente. A ausencia de referencias a este
mesmo permite supor que non tivo un carácter traumático.
Hermerico (do cal se cita a anécdota de que reinou 2 veces) abdicou por enfermidade
no ano 438. O seu fillo Requila “O Conquistador” (438-448) expande os territorios do rei-
no. Os sucesivos reis suevos mantiveron relacións co reino visigodo de Aquitania, o dos
vándalos do norte de África, cos restantes reinos peninsulares e incluso co Imperio
Bizantino, privilexiando sempre as relacións N-S (de feito, a súa entrada na Gallaecia pro-
duciuse dende o sur).
Requiario (448-456), é derrotado polos visigodos nos Campos Páramos de Astorga, e o
primeiro reino suevo remata coa caída da capital, Braga, e a morte do rei.
Os visigodos instalan guarnicións no territorio, o cal non impide a formación dun segun-
do reino suevo, no cal destacan como dirixentes Cararico (572-582) e Miro (550-559).
Finalmente, o rei visigodo Leovixildo derrota aos suevos na batalla de Órbigo, aínda
que o reino da Gallaecia seguiu mantendo poder e funcionando como tal, o que é eviden-
ciado, entre outros feitos, pola cuñación de moeda en cecas propias.
A lingua galega pódese dicir que é unha creación sueva, xa que anteriormente falábase
o latín vulgar común a todo o Imperio Romano.

94
A candidatura do PI galego-portugués como obra mestra da humanidade

Existen numerosos nomes de orixe xermánica, como os rematados en –il ou en –iz e moi-
tos outros, ata chegar a xuntar o 99% dos topónimos de orixe xermánica de toda a penínsu-
la. Isto evidencia a súa existencia antes do 711, xa que as persoas de orixe xermánico que che-
garon durante os séculos de loitas contra os musulmáns se repartiron por toda a península.
Os topónimos xermánicos proceden na súa maioría de nomes de persoas, como é o caso
de Mondariz (Vila de Munderico), Gondomar (Vila de Gundemaro), Guitiriz (Vila de
Witerico), Allariz (Vila de Aliarico), etc.
Un documento excepcional, as Parochiales de 572, testemuña da organización territo-
rial en parroquias e freguesías, que perviviu ata hoxe.
O monte comunal asóciase co que os historiadores do Dereito denominan Dereito
Xermánico en contraposición ao Dereito Romano, que contempla exclusivamente a pro-
piedade individual e patriarcal.
A pervivencia do monte comunal durante séculos, ata que finalmente foi recuperado
pola presión do nacionalismo, evidencia unha implantación maior que noutras áreas
peninsulares onde tamén existía. Na actual Alemaña máis do 20% dos montes son tamén
de carácter comunal, coa diferenza de que están asociados a unha cultura do “bosque” con
connotacións positivas (a batalla do Bosque Teutónico foi a que garantiu a independencia
dos xermanos en relación co Imperio Romano).
As relacións coa actual Francia foron sempre moi intensas, como testemuña a existen-
cia en Santiago do barrio do Franco, que era onde residían os franceses.
O Camiño de Santiago foi sempre de ida e volta, existindo influencias recíprocas.
O Códice calixtino é escrito por un francés (Aymeric Picaud).
Os xograres provenzais mantiveron relacións de influencia mutua cos trobadores galai-
cos, que desenvolveron modelos propios (as cantigas de escarnio e maldicir, por exemplo).
A existencia dun poema provenzal no que se loan as “altas ondas do mar” é outra mostra
da influencia recíproca.
Desde a actual Escandinavia, de acordo a Staffan Moerling, profesor sueco na escola
Naval de Marín, chegaron influencias no que se refire á construción de embarcacións tra-
dicionais como a dorna. As táboas da dorna están montadas unhas por riba das outras,
nunha estrutura coñecida en castelán por “tingladillo” e en galego por “escarba”, palabra

95
12 Presenza de elementos culturais europeos na cultura tradicional galego-portuguesa

esta que corresponde cun vocábulo sueco que designa a mesma estrutura, existente tamén
nos “drakkars” vikingos.
A Romaría Vikinga de Catoira foi establecida polo “Ateneo do Ullán”, por iniciativa de
Faustino Rey Romero, propietario da fábrica Cedonosa e a participación de personalidades
como o propio Borobó.

96
13

Candidatura de Patrimonio Inmaterial e


desenvolvemento rural

Xabier Prado Orbán

A valorización da cultura tradicional é un requisito para garantir a súa supervivencia no


futuro. O aproveitamento sustentábel dos recursos, o respecto e coñecemento profundos do
medio ambiente, a biodiversidade, o traballo e a propiedade comunitarias, formas específi-
cas de lecer, artesanía, as expresións orais e a cosmovisión non deberían estar condenadas a
seren substituídas por formas culturais alleas baixo un suposto concepto de modernidade.
A cultura tradicional galega está intimamente ligada ao modo de vida rural, e os seus
portadores son as persoas máis vellas. De aí a necesidade de transmitir os saberes aos máis
novos, xerando neles o interese polas súas raíces, así como de conseguir unhas condicións
de vida dignas para evitar o despoboamento do mundo rural.
A Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués á proclamación pola UNESCO
como Obra Mestra da Humanidade é unha iniciativa nacida no mundo educativo con von-
tade de contribuír á salvagarda dos saberes tradicionais.
Cando as Escolas Asociadas á UNESCO fomos coñecedoras do proceso establecido
pola UNESCO (a iniciativa de Juan Goytisolo, con quen contactamos persoalmente)
para a presentación de candidaturas de Patrimonio Inmaterial, comprendemos que esa
podería ser unha vía para contribuír a salvagardar a nosa cultura tradicional. A UNES-
CO privilexia a presentación de candidaturas multinacionais para fomentar a coopera-
ción internacional, perspectiva que abriu a posibilidade de presentar ao mundo o feito
da pervivencia no noroeste da Península Ibérica dunha cultura tradicional común den-
de épocas remotas. Esta cultura tradicional foi posteriormente espallada polo mundo
constituíndo un referente para toda a lusofonía.
Na xénese deste concepto interveñen varios proxectos das Escolas Asociadas que mere-
cen unha breve explicación:
❙ Ruta do Escravo: Proxecto de carácter triangular entre Europa, África e América no
que se trata de quebrar o silencio secular sobre un período oculto da historia no cal
mais de 40 millóns de africanos foron trasladados á forza en barcos europeos ás colo-
nias americanas para traballar o resto da súa vida como escravos. Este feito históri-
co tivo consecuencias na conformación do mundo actual, como as teorías racistas
sobre a inferioridade das persoas de cor negra, a mestizaxe cultural de moitos paí-
ses americanos e a presenza de elementos africanos nas artes (Música, Plástica, etc.).
13 Candidatura de Patrimonio Inmaterial e desenvolvemento rural

As escolas galegas entraron neste proxecto a pesar da posición do Goberno español,


que negaba ter participado na trata negreira transatlántica.
❙ Patrimonio nas mans dos xoves: Proxecto internacional que trata de sensibilizar
aos escolares da importancia de valorar e preservar o patrimonio cultural do seu
contorno, como unha forma de contribuír á preservación a nivel mundial. As esco-
las galegas desenvolveron de forma especial a súa actividade no campo específico do
patrimonio inmaterial, que ten características diferenciadoras que o fan especial-
mente atractivo no noso país: ser un patrimonio vivo, que vai coas persoas (en con-
traposición aos monumentos, que permanecen inmutábeis e no mesmo lugar sem-
pre). Estas persoas poden ser obxecto de atención preferente nas aulas, e en gran
parte tamén nas propias familias dos alumnos (valorización do papel dos avós). Por
outra parte, existe na Galiza unha enorme riqueza de tradición oral que corre graví-
simo perigo de desaparición, algo que as escolas poden contribuír a evitar.
❙ Proxecto Atlántico: Iniciativa xurdida das escolas galegas como alternativa ao
Proxecto Mediterráneo, un dos proxectos-faro da UNESCO no que as escolas do
sur da Europa e norte de África participan no sentido de recoñecer afinidades
culturais e ambientais, realizando actividades de defensa do medio ambiente,
intercambios culturais, publicacións conxuntas, etc. No Proxecto Atlántico, as
escolas galegas e portuguesas manifestan a súa vontade de contribuír a un desen-
volvemento sustentábel dentro do marco de referencia do Océano Atlántico, ele-
mento xeográfico de primeira orde á hora de procurar referentes culturais,
ambientais e históricos para o noso país.
O proceso de proxección social dos proxectos das Escolas Asociadas á UNESCO, que
xa tiña producido experiencias interesantes no campo de actividades específicas como a
celebración do Día da Paz, no que se ten contado coa colaboración de Concellos e
Asociacións locais, deu un paso adiante no caso do proxecto da Ruta do Escravo.
Promovéronse actividades de sensibilización cara á presenza crecente de inmigrantes afri-
canos e latinoamericanos, relacionándoa con fenómenos migratorios anteriores de galegos
e portugueses, denominándoos “Camiños de Ida e Volta”.
Na procura de alianzas que se fixo necesaria para levar adiante o traballo, recibiuse un
apoio total por parte da Comissão Nacional para a UNESCO de Portugal e das escolas por-
tuguesas participantes no proxecto. Na mesma liña, as escolas galegas propoñen ao colec-
tivo de escolas participantes no programa Ponte…nas Ondas! incorporar a Ruta do Escravo
como tema de traballo no ano 2001. As escolas UNESCO de Portugal achegaron toda a
información de carácter escrito, dado que este feito histórico forma parte importante dos
programas educativos en Portugal.
A Comissão Nacional para a UNESCO de Portugal convidou as escolas galegas a un espec-
táculo teatral específico sobre a trata negreira en Porto, e a participación de escolas UNES-
CO de Portugal, Brasil, Angola e Mozambique permitiu darlle ao programa de radio esco-
lar unha dimensión transatlántica, así como tratar un tema específico de relevancia social.
Esta liña de incorporación de proxectos da UNESCO ás actividades de Ponte… nas
Ondas! continuou no ano seguinte co ofrecemento da información sobre o Patrimonio
Inmaterial que permitiu facer o traballo de preparación dos programas no ano 2002.
A oportunidade de contribuír a canalizar os traballos de promoción do PI na dirección
dun desenvolvemento rural sustentábel (dada a énfase concedida pola UNESCO ao papel
dos portadores e ao mantemento do modo de vida das súas comunidades) situaba este pro-
xecto, ademais, en consonancia cos obxectivos incorporados no Proxecto Atlántico por par-
te das Escolas Asociadas á UNESCO.

98
A candidatura do PI galego-portugués como obra mestra da humanidade

O positivo da experiencia, e o contacto directo establecido polas Escolas UNESCO coa


División de Patrimonio Inmaterial da UNESCO, permitiron contemplar a posibilidade de
promover unha candidatura conxuntamente coa Asociación Ponte...Nas Ondas!. Desde as
escolas da Rede PEA-UNESCO recolleuse a información necesaria, realizando un material
audiovisual que serviu como elemento promocional durante os anos seguintes, en que se
realizaron toda clase de contactos con asociacións e institucións.
Seguindo sempre as orientacións da UNESCO, as escolas promotoras consideraron
necesario contribuír a xerar unha actitude positiva no conxunto da sociedade de cara a
garantizar un futuro para a cultura tradicional.
Neste sentido, foi fundamental o apoio recibido ao longo dos catro anos de xestación e
promoción da candidatura por parte das Asociacións de Montes Comunais, Asociacións e
Institucións Culturais, Centros educativos, Concellos e Deputacións que foron gradual-
mente apoiando a candidatura, merecéndose destacar a contribución decisiva do Consello
da Cultura Galega na materialización do dossier, da Comunidade de Traballo Galicia-Norte
de Portugal na publicación da revista, e de AGADER na realización de traballos de campo
e na posta en marcha da páxina web da candidatura, www.opatrimonio.org.
O mundo universitario reaccionou de forma positiva ante esta iniciativa. Proba diso é a
participación do CEER (Centro de Estudios da Eurorrexión) na Comisión Promotora da
Candidatura, a declaración institucional da Universidade da Coruña en favor do
Patrimonio Inmaterial e da candidatura, a colaboración de profesores da Universidade de
Santiago en actividades de promoción do PI (reflectido en varios artigos desta publicación),
e a presentación do Plan de Salvagarda do Patrimonio Inmaterial pola Universidade de Vigo.
Tamén participaron no proceso a Universidade de Trás-Os-Montes (UTAD) a través do pro-
fesor Américo Nunes Peres, a Universidade do Minho co profesor Paulo Rodrigues (direc-
tivo da Associação de Sociologos do Alto Minho, unha das entidades promotoras da can-
didatura), a Universidade do Porto mediante o apoio prestado polo profesor Augusto
Santos Silva (actualmente ministro en Lisboa), e incluso a Universidade de Belo Horizonte
(Brasil) a través dos textos enviados polo profesor Andityas Soares de Moura en relación
coa presenza da cultura galega no Brasil.
Os apoios de personalidades do mundo da cultura foron tamén relevantes, como foi o
caso dos redactores do texto do dossier, os profesores Álvaro Campelo, director do Centro
de Antropologia Aplicada de Porto, e Xosé Manuel González Reboredo do Consello da
Cultura Galega, dos fotógrafos Gualberto Boa-Morte e Víctor Vaqueiro, de Carlos Núñez
(logotipo e ideas para a campaña de promoción), Felipe Senén (textos sobre simbolismo),
Eloy Lozano (no video presentado finalmente ante a UNESCO), e os intelectuais asinantes
do Manifesto en favor do PI redactado por Suso de Toro.
Despois de catro anos de promoción da candidatura ante unha desesperante atonía gober-
namental, o cambio de escenario político producido con motivo da entrada do novo Goberno
da Xunta de Galicia nas eleccións autonómicas do ano 2005 permite dedicar os 3 meses pre-
vios ás proclamacións das Obras Mestras do PI pola UNESCO a unha campaña de informa-
ción e sensibilización na sociedade, actividade á que se dedicou a Asociación Ponte…Nas
Ondas! co apoio das Consellerías de Cultura e Educación, da CRTVG e de Turgalicia.
As Escolas UNESCO, nese intre, consideran interesante potenciar a liña de traballo de
relacionar a candidatura co desenvolvemento rural, que durante todo este tempo tiña esta-
do implícita no proxecto. Pretendeuse ofrecer un punto de confluencia para as múltiples
iniciativas en defensa da nosa cultura existentes por toda a xeografía e na emigración.
Recibiuse o apoio para iso das Consellerías de Desenvolvemento Rural, de Industria e da
Secretaría Xeral de Emigración do novo Goberno.

99
13 Candidatura de Patrimonio Inmaterial e desenvolvemento rural

Resultado desta actuación son o Plan de Salvagarda do PI e esta publicación, que foi
realizada grazas a contribucións de moi diversos ámbitos que coinciden na defensa do
mundo rural e da cultura tradicional. Estas aportacións veñen reflectidas nos artigos
correspondentes, e aquí faise tan só unha breve explicación do proceso no que se foron
xuntando vontades, coa intención de dar unha visión optimista de cara ao futuro.
Os primeiros contactos nesa dirección foron feitos coa Universidade de Vigo, a través do
profesor Xavier Simón Fernández, do Departamento de Economía Aplicada, quen recolle
estas ideas e as incorpora a unha proposta de revitalizar o mundo rural a partir da valoriza-
ción da cultura tradicional. Posteriormente contactouse cos promotores da Universidade
Rural Galega, unha vez comprobada a coincidencia de obxectivos coa mesma.
O traballo do Consello da Cultura Galega, as actividades de dinamización do Museo do
Pobo Galego, a incorporación da defensa do PI dentro do Plan Estratéxico do Eixo Atlántico,
a revista oral O Pazo das Musas realizada polo Museo Provincial de Lugo e na que o prota-
gonismo é das persoas portadoras do PI, ou a loita tenaz das asociacións culturais de
Santiso do Eo, no Occidente Asturiano, e do Seminario de Estudios Bercianos, na comar-
ca do Bierzo, pola defensa da súa identidade mediante a realización de Encontros de
Portadores, son só algunhas das moitas iniciativas que pretenden potenciar o papel da cul-
tura tradicional na dinamización do mundo rural.
Por último, a colaboración coa candidatura e a defensa do PI do Seminario Galego de
Educación para a Paz, da Asociación Galego-Portuguesa de Educadores/as pola Paz, da
Asociación Socio-Pedagóxica Galega, da CIG-Ensino e da propia Consellería de Educación
amosan a importante contribución que pode facer o mundo educativo a asegurar un futu-
ro para os saberes tradicionais mediante a transmisión ás xeracións máis novas.
Todas estas iniciativas non constitúen máis que unha pequena mostra do potencial exis-
tente na nosa sociedade para poñer en valor a cultura tradicional. Nese sentido, pensamos
que se deben planificar estratexias axeitadas para a dinamización do mundo rural unifi-
cando forzas e vontades, e cunha perspectiva de optimismo a pesar do lastre das políticas
de desertización territorial e cultural que leva sufrido o noso país.
A vitalidade do tecido social aínda é impresionante, o estado do paciente é crítico mais
aínda mantén todas as súas constantes vitais, polo que urxe unha medicación axeitada.

100
14

Ponte… nas Ondas!: 1 patrimonio para o futuro

Santiago Veloso Troncoso

A experiencia de comunicación Ponte... nas Ondas! realizada desde hai máis de 11 anos
ten demostrado as potencialidades que unha iniciativa nacida nesta parte do territorio é
capaz de desenvolver atendendo as posibilidades propias.
Desde o ámbito educativo, Ponte... nas Ondas! foi quen de implicar a sociedade galega e
portuguesa nun proxecto común, na defensa e posta en valor do seu patrimonio cultural
común. A Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués presentada á 3ª proclamación
das Obras Mestras do Patrimonio Oral e Inmaterial da Humanidade constituíu un acontece-
mento histórico sen precedentes na historia das dúas comunidades. A cultura galego-portu-
guesa, esa marca de identidade que conforma a cosmovisión de galegos e portugueses, foi pos-
ta en primeiro plano da actualidade e levada á UNESCO para o seu recoñecemento mundial.
Pero, tal vez, o máis importante deste proceso, que arrancou no ano 2001 a raíz das primei-
ras proclamacións, teña sido a implicación de colectivos e institucións na toma de conciencia
da existencia deste patrimonio compartido. O labor desenvolvido por Ponte...nas Ondas!
como asociación coordinadora de todo este proceso supón xa un precedente importante para
as relacións futuras entre Galiza e Portugal. É evidente que o protagonismo é dos galegos e por-
tugueses, das comunidades que se implicaron na transmisión e preservación deste patrimonio
ao longo da historia e nese sentido sentímonos orgullosos de pertencer a unha cultura mile-
naria que soubo manter a súa unidade esencial a pesar da separación política dos dous pobos.
A experiencia de Ponte...nas Ondas! nace da necesidade de estender pontes de comu-
nicación entre esa cultura común que permanece viva por riba das fronteiras. Crendo na
condición de arraianos e sendo transfronteirizos fomos quen de poñer en valor esta privi-
lexiada situación, non só xeográfica senón tamén cultural e humana. A ponte que une
polas ondas desde o ano 1995 as dúas beiras do Miño ten demostrado e evidenciado a
necesidade de comunicación entre galegos e portugueses, e non só no ámbito educativo,
como foi a primeira intención desta experiencia.
A incorporación activa dos xoves ao traballo cos medios de comunicación e especial-
mente a un medio de comunicación como é a radio, cunha clara finalidade educativa e a
chegada das novas tecnoloxías enriqueceron e agrandaron as potencialidades iniciais. Se a
isto lle engadimos unha presenza constante do mundo da cultura e dos medios de comu-
nicación, chegamos á fórmula que deu o éxito a esta actividade: educación + medios de
comunicación + novas tecnoloxías + cultura = Ponte... nas Ondas!
14 Ponte… nas Ondas!: 1 patrimonio para o futuro

E é no ámbito de dinamización cultural onde a intensidade


da experiencia se ten centrado nos últimos anos. A acollida de
proxectos multiculturais da UNESCO como a A Ruta do Es-
cravo ou o Patrimonio Inmaterial permitiu levar ás aulas e
tamén á xornada de radio interescolar un contido cultural trans-
versal, propiciando a realización de actividades culturais como
exposicións, ciclos de conferencias, proxeccións, concertos, etc.
O traballo co patrimonio inmaterial galego-portugués permi-
tiu que este fose posto en valor, non só nas aulas senón tamén
na sociedade. Concertos como a Mostra da Oralidade Galego-
Portuguesa xuntaron arredor da experiencia a un amplo abano
representativo da nosa cultura e de Portugal.
A presenza de escritores, investigadores, etnógrafos, artistas,
músicos e xornalistas configuran unha dinámica que realza o
traballo dos xoves e os implica directamente na cultura, nos
medios e nas novas tecnoloxías.
A xestión de todo o proceso da Candidatura de Patrimonio
Inmaterial Galego-Portugués por parte da Asociación Ponte... nas Ondas! demostrou a
capacidade dun equipo de profesorado capaz de transmitir á sociedade e ás institucións a
confianza nun proxecto común. O proceso, modélico desde o punto de vista da UNESCO,
cualificado de “boa práctica”, constitúe un exemplo singular de traballo con este patrimo-
nio, pioneiro no mundo e seguindo as directrices da Convención do Patrimonio
Inmaterial aprobada pola UNESCO no ano 2003 que outorga ao sistema educativo un
papel destacado na protección e na transmisión deste patrimonio ás novas xeracións.
Se a experiencia en si mesma de Ponte... nas Ondas! resulta innovadora e singular, novas
facetas teñen sido desenvolvidas. A última, o proxecto Meniños Cantores, un traballo edi-
tado xunto co estudo Casa de Tolos que se concretou nun libro-disco-dvd e que constitúe
un bo exemplo sobre a necesidade de abordar o patrimonio inmaterial coas novas xeracións.
A experiencia de Ponte... nas Ondas! cumpriu neste ano 2005 once anos e culminou
esta traxectoria coa presentación da Candidatura de Patrimonio Inmaterial Galego-
Portugués. Un ciclo que, lonxe de fecharse en si mesmo, quere abrirse á sociedade galega
e portuguesa, para compartir e ofrecer, unha actividade innovadora e creativa.

102
15

As Escolas UNESCO e o desenvolvemento

Luísa Márquez Rodríguez

¿Quen somos?
A Rede de Escolas Asociadas á UNESCO (PEA) é unha organización internacional que
agrupa ao redor de 8.000 escolas de todos os niveis educativos, dende infantil ata univer-
sitario, e que ten presenza nos cinco continentes.
É unha rede única, comprometida en promover os ideais da UNESCO, a educación
internacional e a calidade desta, partindo da premisa de que “a educación é o motor do
desenvolvemento”.
Todas as escolas comparten valores e obxectivos comúns, servindo de laboratorios para
a innovación educativa mellorando os contidos, os materiais educativos e os seus enfoques,
nos seus catro temas de estudio principias:
❙ As preocupacións mundiais e o sistema das Nacións Unidas
❙ Os Dereitos Humanos e a Democracia
❙ A aprendizaxe intercultural
❙ A protección do medio ambiente e o desenvolvemento sostible
A existencia desta rede permite ás escolas superar as barreiras económicas, políticas,
sociais ou lingüísticas establecendo acordos coa UNESCO que lles facilita os recursos nece-
sarios e impulsando o establecemento de parcerías e programas de solidariedade entre as
diferentes escolas.

Accións para o desenvolvemento


A Rede-PEA promove a participación das súas escolas en proxectos faro e proxectos
piloto, Ruta do escravo, O Patrimonio nas mans das e dos xoves, Linguapax, Atlántico, Youth-
Exchange, que serven para reforzar os catro piares da aprendizaxe para o século XXI:
❙ Aprender a facer
❙ Aprender a coñecer
❙ Aprender a ser
❙ Aprender a vivir xuntos
15 As Escolas UNESCO e o desenvolvemento

A experiencia da Candidatura de
Patrimonio Inmaterial
A existencia previa de dous destes proxectos, “O
Patrimonio nas mans das e dos xoves” e o “Atlán-
tico”, levou ás Escolas Asociadas a converterse, xun-
to coa Asociación Cultural e Pedagóxica “Ponte…
nas Ondas!”, en promotoras da Candidatura a Obra
Mestra da Humanidade do Patrimonio Inmaterial
Galego-Portugués iniciando os contactos coa divi-
sión de Patrimonio Inmaterial da UNESCO por
recomendación de Juan Goytosolo, nese momento
presidente do xurado internacional. Durante todo
o proceso as Escolas Asociadas asumiron un forte
compromiso na conservación, difusión e protec-
ción dese Patrimonio Inmaterial, abrindo as súas
aulas aos portadores, recompilando as falas parti-
culares, aprendendo os vellos oficios, montando
exposicións e participando xunto coas escolas do outro lado do Atlántico no programa de
radio “Ponte... nas Ondas!”.
As Escolas Asociadas, ademais, impulsamos a celebración de dous Encontros ao redor
do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués. Un no mes de febreiro do 2005 en Santiago,
o II ENCONTRO GALEGO que reuniu a 300 estudantes dende infantil ata bacharelato e
35 mestres e mestras. O segundo, no mes de xullo, o XVIII ENCONTRO ESTATAL DA
REDE DE ESCOLAS ASOCIADAS reuniu en Pontevedra a 153 escolas das 17
Comunidades Autónomas e tivo como eixo central o “Patrimonio Inmaterial”.
O proxecto “Atlántico”, ademais, serviulles ás Escolas Asociadas para ampliar o ámbito
de estudo dese Patrimonio, xa que o seu traballo de recuperación da memoria da emigración
abriu unha nova perspectiva. Xunto cos homes e mulleres viaxaron a través do Atlántico as
tradicións, a música e as danzas, os saberes tradicionais e o imaxinario popular, conforman-
do un fondo cultural común entre as dúas beiras do océano que se converteu nunha ponte
intercultural que permitiu a preservación e difusión dese patrimonio inmaterial.
A Rede de Escolas Asociadas á UNESCO permite desenvolver iniciativas de promoción
exterior e teñen unha compoñente de interese cultural, de respecto mutuo, de multicultu-
ralismo, que contribuiría a connotar positivamente o turismo en prol do patrimonio e axu-
daría a converter a cultura tradicional en motor de desenvolvemento.

104
16

A lusofonia como um factor valorizador


da cultura tradicional galega e as súas
potencialidades económicas

Jorge Rodrigues Gomes

Nas linhas que seguem tencionamos expor brevemente as conseqüências positivas das
relaçons da cultura galega com a chamada Lusofonia, focando dous aspectos, o da identi-
dade e o da oportunidade.
A identidade é o reconhecimento do que alguém, neste caso umha comunidade, é, e as
conseqüências que dela se derivam. A identidade galega é historicamente equívoca, como
a de todos os povos forçados a integrar-se numha cultura alheia, fruto do conflito entre
umha identidade espontánea e umha identidade impingida, quer dizer, entre o que o povo
é na sua manifestaçom cultural quotidiana e o que se lhe di que é ou que deve ser.
Conseqüência deste conflito é o menosprezo da identidade objectivamente própria e a alie-
naçom que supom o distanciamento desta e a identificaçom com formas culturais alheias.
A identidade estabelece-se sempre face aos “outros”, isto é, existe-se como colectivo huma-
no porque se percebe diferente a outras comunidades, dependendo do grau de diferenças
a integraçom nuns grupos ou noutros. A percepçom da diferença pode estabelecer um
“estranhamento” ou um “reconhecimento” em relaçom com outros grupos culturais próxi-
mos. A cultura portuguesa é, em geral, pouco conhecida entre a populaçom galega, mas
quando se descobre manifesta-se sempre um sentimento de identificaçom, como se pode
verificar nos intelectuais galegos que desde o século XIX se comprometêrom com a defesa
da cultura pátria. Dado que a cultura portuguesa é umha cultura reconhecida e valorada,
presente como um elemento de referência no sistema cultural internacional, a semelhança
que a galega apresenta com ela é umha característica que por si própria tem valor norma-
lizador. Tem sido discutido o maior ou menor grau de identidade da cultura tradicional
galega com a portuguesa, mas nom essa identidade, salientada por toda a intelectualidade
galega que ao longo dos séculos XIX e XX criou o sistema cultural galego contemporáneo
(Eduardo Pondal, Manuel Murguia, Joám Vicente Viqueira, Antom Vilar Ponte, Vicente
Risco, Castelao, etc.). Quanto a elementos concretos que a efectivam podemos citar, ape-
nas como exemplo, o reconhecimento administrativo da freguesia em Portugal, reinvindi-
cado na Galiza historicamente e ainda hoje nom realizado; a vitalidade de manifestaçons
do património oral comum como os cantos ao desafio ou regueifas em Portugal, quase des-
aparecidos na Galiza; a recepçom natural que os produtos culturais galegos como a músi-
ca, o cinema e a literatura podem ter em Portugal devido à compreensom lingüística. Neste
16 A lusofonia como um factor valorizador da cultura tradicional galega e as súas potencialidades económicas

último ponto podemos fazer um pequeno comentário: os cantores/as galegos/as tenhem


um mercado limitado e, quase reduzido a Galiza, visto que no Estado Espanhol nom som
facilmente aceites por questons lingüísticas, assim a ausência de cantores/as galegos/as nos
meios de comunicaçom estatais, rádio e televisom, é absoluta; talvez estes cantores/as deve-
riam dirigir os seus esforços de difusom no mercado através do mundo lusófono.
O segundo ponto da nossa reflexom sobre a importáncia da Lusofonia em relaçom com
a cultura galega é a “oportunidade”. Além de ser um elemento de reforço da identidade
tamém significa oportunidades de desenvolvimento material. A proximidade cultural com
o mundo Lusófono pode concretizar-se numha vantagem competitiva nas relaçons econó-
micas e sociais com umha parte do mundo que oferece um mercado potencial de mais de
220 milhons de pessoas e somam um Produto Interno Bruto (PIB) de 669.541 milhons de
dólares, 1,83% do PIB mundial, com presença nos cinco continentes através de oito países
entre os que destaca o Brasil, como futura potência mundial emergente (junto com a China
e a Ìndia); neste sentido, em pouco tempo estamos a ver como se estabelecem acordos de
cooperaçom regional entre os países da América do Sul com o Brasil como centro, e como
a diplomacia brasileira toma iniciativas cada vez mais autónomas em partes tam distantes
como o Oriente Asiático (aliança estratégica com a China, cooperaçom com Timor, etc.),
sempre com a vista posta nos países lusófonos da África. A releváncia e potencialidade des-
ta área observamo-la tamém em dados como o de Angola ser o segundo produtor de petró-
leo da África sub-sariana e principal fornecedor da China suplantando a Arábia Saudita na
liderança das relaçons petrolíferas com o gigante asiático. A identidade cultural continua a
ser, como é natural, um valor nas relaçons internacionais, e supom um segundo poder,
após o enconómico, que coloca em vantagem aos países que a partilham, e assim temos o
exemplo do mundo árabe ou dos países hispano-americanos. Galiza encontra-se precisa-
mente relacionada com duas grandes áreas, a lusófona e a hispano-americana, podendo
servir de ponte entre as duas do ponto de vista cultural, geográfico e mesmo económico.
Potenciar a identidade galega é potenciar a proximidade cultural com um mundo que pode
receber a Galiza nom como se fosse mais um país estrangeiro, mas como um parceiro que
partilha interesses comuns. As relaçons históricas com Portugal, mas tamém com o Brasil,
surprenderiam a qualquer cidadá/ao desinformado e devem ser divulgadas e aproveitadas
como umha prova da naturalidade com que se devem assumir futuras relaçons. Convém
igualmente acabar com mitos e tergiversaçons históricas que predisponhem as mentes das
pessoas em sentidos errados. Um primeiro passo seria o estudo e divulgaçom da história
do reino da Galiza e a sua profunda relaçom com Portugal.
Resumindo as ideias expostas, a Lusofonia pode significar um reforço e revalorizaçom
da cultura tradicional galega, e umha vantagem competitiva nas relaçons internacionais
que a Galiza deveria aproveitar.

106
17
23
Institucións, axentes e PI
O Consello da Cultura Galega e os estudos de
17 etnografía en Galicia
X.M. González Reboredo

Actividades de dinamización do Museo do Pobo


18 Galego
Ana Estévez

Museu Agrícola de Entre Douro e Minho e o seu


19 contributo para dar visibilidade a um tesouro invisível
Abraão Veloso

Xermolos na recuperación do patrimonio


20 Alfonso Blanco Torrado

Cando o museo está dentro da escola


21 Secundino García

A Universidade Rural Paulo Freire do Eume


22 Miguel Teixido Sotelo; Xavier Briset

Achegas ao perfil humano do emigrante galego


23 Xosé Lois García
17

O Consello da Cultura Galega e os estudos


de etnografía en Galicia

Xosé Manuel González Reboredo

Galicia mantivo entre o século XIX e os últimos decenios do século XX unha cultura tra-
dicional da que nos quedan numerosas lembranzas e documentos. Os folkoristas e etnó-
grafos da nosa terra, e algún foráneo, dirixiron a súa mirada a esta nosa realidade socio-
cultural de maneira constante, con nomes como M. Murguía, N. Tenorio, V. Risco, F.
Bouza-Brey, A. Fraguas, X. Lorenzo, X. Taboada, etc. A eles habería que engadir as novas
e anovadoras achegas de antropólogos aínda en activo. O labor destes estudiosos foi, en
ocasións, de carácter individual, mais en moitas outras levouse a cabo no seo de institu-
cións como o Seminario de Estudos Galegos, o Instituto de Estudios Galegos “P. Sarmiento”, ou,
nas últimas décadas, nas universidades galegas e museos como o Museo do Pobo Galego.
Grazas a este continuado e diverso labor contamos hoxe cun corpus de información sobre
o que era, e en certas ocasións moi puntuais aínda segue a ser, a cultura dos nosos labre-
gos, artesáns e mariñeiros.
Entre as institucións que dedicaron medios humanos e materiais ao coñecemento das
nosas formas culturais tradicionais, ou ás comunidades situadas nos lindeiros da Galicia
administrativa, é de salientar a levada a cabo polo Consello da Cultura Galega, institución
contemplada no noso Estatuto de Autonomía coa encomenda de estudar e difundir o noso
patrimonio cultural, así como asesorar en asuntos que se refiran a ese patrimonio. Dende
o ano 1985 o Consello conta con Sección de Antropoloxía Cultural, a cal desenvolveu
unha actividade que amosarei de maneira sintética.

1. Estudos de comunidades situadas nos lindeiros do territorio


da Galicia actual
A sección aprobou no ano 1989 un plan a longo prazo de estudo daquelas comunida-
des que, situadas inmediatamente despois das fronteiras administrativas de Galicia, teñen,
por continuidade xeográfica, por relacións sociais e por vínculos históricos, numerosos tra-
zos compartidos ou coincidentes cos característicos da nosa terra. Nun primeiro intento,
varias licenciadas universitarias dirixidas polo profesor X. A. Fernández de Rota, levaron a
cabo unha breve investigación de campo nas localidades de S. Antolín de Ibias (Asturias),
Oencia e a Cabreira Baixa (León), Porto de Sanabria (Zamora) e Beça (Portugal), tratando
17 O Consello da Cultura Galega e os estudos de etnografía en Galicia

de descubrir, en liñas xerais, as semellanzas coas localidades galegas próximas e os niveis


de identidade manifestados polos seus veciños.
Como era oportuno ampliar esta visión con outros investigadores, galegos ou foráneos, que
enriquecesen o debate mediante ideas, conceptos ou datos, decidiuse convocar dous simpo-
sios dedicados ao tema dos Lindeiros da Galeguidade. O primeiro tivo lugar en xullo de 1990
en dúas localidades do oriente galaico, O Cebreiro e Pobra de Navia, e unha administrativa-
mente leonesa, Vilafranca do Bierzo. O segundo levouse a cabo no ano seguinte, con xorna-
das en Verín (Ourense), Chaves (Portugal) e Lubián (Zamora). En conxunto, participaron nes-
tes simposios investigadores de Asturias, Galicia, Portugal, Castilla-León e outros países, o que
enriqueceu o debate sobre o tan difícil tema das zonas situadas nos límites administrativos e
culturais, que presentan formas de cultura común e relacións sociais constantes, mais os seus
habitantes manteñen unha difusa e cambiante identidade segundo as circunstancias.
Os ensaios anteriores foron complementados con posterioridade mediante investiga-
cións máis demoradas, e de maior calado. Botando man do vello método de estudo de
comunidades, levouse a cabo, primeiramente, un traballo de campo nas localidades do val
do río Ancares, na vertente leonesa da serra deste nome, nos anos 1993 e 1994. Nun
segundo momento, nos anos 1999 e 2000, programouse un novo estudo do val de Fornela,
no curso alto do río Cúa.
O tema dos lindeiros da galeguidade segue aberto no seo da Sección, e posiblemente en
anos vindeiros programaranse novas xeiras de traballo nunha liña de investigación que
require constancia e innovadoras perspectivas.

2. Reedición de textos que conteñen informacións sobre a cultura


popular galega do pasado
Unha segunda liña de actuación centrouse na reedición, ou recuperación no caso de
estar inéditos, de escritos de interese etnográfico feitos en tempos pasados, pois neles
temos datos para unha etnohistoria de Galicia e para contrastar coas realidades que pode
recompoñer o etnógrafo no presente. Dentro desta actividade, a primeira obra que viu a
luz foi a Arqueología jurídico-consuetudinaria-económica de la región gallega, de A. García
Ramos, obra editada orixinariamente en 1912. En anos diversos foron aparecendo outros
textos, como as respostas á enquisa do Ateneo de Madrid sobre nacemento, casamento e
morte (1901-1902), a Memoria da pesca da sardiña de J. Cornide (1774) e o libro de B.
Rodríguez Santamaría Los pescadores del Norte y Noroeste de España (1916).

112
Institucións, axentes e PI

3. Convocatoria de simposios de Antropoloxía


Dende o momento da súa constitución, e consonte as misións encomendadas por lei ao
Consello da Cultura Galega, a Sección de Antropoloxía Cultural asumiu a responsabilida-
de de convocar encontros nos que se abordasen temas antropolóxicos de especial interese,
tratando de combinar as novas de investigadores do país galego coas de antropólogos da
península, de Europa e de América, co obxectivo de poder contrastar puntos de vista e
metodoloxías de análise. Os sete simposios convocados ata o presente versaron sobre
“Identidade e Territorio” (1988), “Folklore, Etnografía, Literatura Oral” (1992), “Romarías
e Peregrinacións” (1993), “Tecnoloxía Tradicional” (1994), “Medicina popular e Antropo-
loxía da Saúde” (1995), “Antropoloxía Mariñeira” (1997) e “Etnicidade e Nacionalismo”
(2000). Neles participaron, con relatorio, un total de 68 investigadores de Galicia, 42 de
España e Portugal, 19 doutros países de Europa e 3 de América.

A xeito de remate
Amosei de maneira sintética o que os antropólogos vencellados ao Consello da
Cultura Galega fixeron nos dous últimos decenios. Mais non rematarei estas liñas sen
advertir que o mundo tradicional galego está sendo sometido a fondos cambios dende
hai tres décadas, e tamén a unha fonda desagrarización que fai que moitas das cons-
trucións, aveños de labranza, embarcacións, formas de sociabilidade ou valores e cren-
zas estean desaparecendo de maneira ás veces vertixinosa. Como sinala un estudioso do
patrimonio etnográfico andaluz, Salvador Rodríguez Becerra, a cultura tradicional foi
vivida polos avós e coñecida polos pais, pero os netos xa non a coñecen. Prodúcese así
unha indesexable ruptura co pasado que é preciso corrixir. Por iso os gobernos, ou as
institucións encargadas da formación e información dos cidadáns, deben de tratar de
recuperar “lugares da memoria”, ou “tempos da memoria”, para que os galegos e gale-
gas se reconcilien co seu pasado e o asuman como punto de partida na construción dun
futuro de benestar.
Neste labor os axentes de desenvolvemento rural teñen un papel importante, pois os
intentos de frear esa abusiva desagrarización da nosa terra contan na cultura tradicional
con algúns elementos que poden ser recuperados de maneira operativa, con fins turísticos,
comerciais, de agricultura ecolóxica ou de cohesión social. Penso, neste aspecto, que o tra-
ballo levado a cabo pola Sección de Antropoloxía Cultural do C. C. G., reflectida en publi-
cacións que citarei a seguir, pode serlles de utilidade.

Bibliografía
Cito aquí as publicacións nas que se recollen os estudios, reedicións e simposios feitos
no seo do C. C. G. e aludidos neste escrito.

1) Lindeiros da galeguidade:
X. A. FERNÁNDEZ DE ROTA (dir.).- Nos lindeiros da galeguidade. C.C.G., Santiago, 1990.
X. M. GONZÁLEZ REBOREDO/ X. A. FERNÁNDEZ DE ROTA (Coords.).- Lindeiros da
galeguidade I. Actas do Simposio de Antropoloxía. C. C. G., Santiago, 1991).
X. A. FERNÁNDEZ DE ROTA/ X. A. FIDALGO SANTAMARIÑA/ X. M. GONZÁLEZ
REBOREDO (Coords.).- Lindeiros da Galeguidade II. Simposio de Antropoloxía. C.C.G.,
Santiago, 1993.

113
17 O Consello da Cultura Galega e os estudos de etnografía en Galicia

X. M. GONZÁLEZ REBOREDO/ C. GONZÁLEZ PÉREZ.- Sociedade e tecnoloxía tradicionais


do val de Ancares. C.C.G., Santiago, 1996.
X. M. GONZÁLEZ REBOREDO/ L. COSTA VÁZQUEZ-MARIÑO/ C. GONZÁLEZ
PÉREZ. Nos lindeiros da Galeguidade. Estudio antropolóxico do val de Fornela. C. C. G.,
Santiago, 2002.

2) Edición ou reedición de textos antigos:


A. GARCÍA RAMOS.- Arqueología jurídico-consuetudinaria-económica de la región gallega.
Madrid, 1912. Edición Facsímil do C.C. G. Introdución de A. FRAGUAS.
X. M. GONZÁLEZ REBOREDO (Superv.).- Nacemento, casamento e morte en Galicia.
Respostas á Enquisa do Ateneo de Madrid (1901-1902). C. C. G., Santiago, 1990.
J. CORNIDE.- Memoria sobre la pesca de la sardina. Madrid, MDCCLXXIV. Ed. Facsímil. C.
C. G., Santiago, 1997. Edición e estudo de F. CALO LOURIDO.
B. RODRÍGUEZ SANTAMARÍA.- Los pescadores del norte y noroeste de España. Ed. Facsímil
do orixinal de 1916. C. C. G., Santiago, 2005. Introdución de F. CALO LOURIDO.

3) Actas de simposios de Antropoloxía:
X. M. GONZÁLEZ REBOREDO / X. A. FERNÁNDEZ DE ROTA.- Actas do simposio inter-
nacional de Antropoloxía “Identidade e Territorio”. C. C. G., Santiago, 1990.
A. FRAGUAS/ X. M. GONZÁLEZ REBOREDO/ X. A. FIDALGO SANTAMARIÑA (Coords.).-
Actas do Simposio de Antropoloxía in memoriam F. Bouza-Brey. C. C. G., Santiago, 1994.
A. FRAGUAS / X. M. GONZÁLEZ REBOREDO/ X. A. FIDALGO SANTAMARIÑA (Coords.).-
Romarías e peregrinacións. Simposio de Antropoloxía. C. C. G., Santiago, 1995.
A. FRAGUAS FRAGUAS/ X. A. FIDALGO SANTAMARIÑA (Coords).- Tecnoloxía tradicio-
nal: dimensión patrimonial e valoración antropolóxica. Actas do simposio internacional de
Antropoloxía in memoriam X. Lorenzo. C. C. G., Santiago, 1996.
X. M. GONZÁLEZ REBOREDO (Coord.).- Medicina popular e antropoloxía da saúde. Actas
do simposio internacional en homenaxe a D. Antonio Fraguas. C. C. G., Santiago, 1997.
F. CALO LOURIDO (Coord.).- Antropoloxía mariñeira. Actas do simposio internacional in
memoriam X. Filgueira Valverde. C. C. G., Santiago, 1998.
X. M. GONZÁLEZ REBOREDO (coord.).- Actas do simposio internacional de Antropoloxía
“Etnicidade e Nacionalismo”. C. C. G., Santiago, 2001.

114
18

Actividades de dinamización do Museo do


Pobo Galego

Ana Estévez

O Museo do Pobo Galego foi creado en 1976, por un Padroado que aglutina a boa parte
das institucións e persoas que traballan a prol da cultura en Galicia. Constitúese así, a par-
tir dunha iniciativa civil e sen ter titularidade de ningunha das administracións públicas.
As primeiras salas inauguráronse en 1977, no edificio do antigo convento de San
Domingos de Bonaval, cedido polo concello de Santiago de Compostela. É o primeiro
museo de Galicia que, desde a perspectiva da antropoloxía cultural, tenta abranguer e rela-
cionar as diversas manifestacións humanas no seo dunha comunidade diferenciada. En
1993, por decreto da Xunta de Galicia, é recoñecido como “ centro sintetizador dos museos
e coleccións antropolóxicas de Galicia”.
Dende a súa apertura, boa parte da actividade da institución oriéntase cara a difusión.
Na actualidade, as actividades do Museo atenden á demanda dunha diversidade de públi-
co que vai dende os cativos en idade escolar até os profesionais e/ou especialistas. Todos
eles teñen cabida á hora de planificar e xestionar os recursos cos que o Museo conta.
Dende a organización de cursos e congresos ata as actividades para grupos escolares,
todo no Museo está orientado a facilitar elementos de referencia e integración, a través das
diferentes mostras da cultura da propia comunidade.
Moitas das actividades desenvolvidas teñen relación directa cos aspectos intanxibles da
cultura, co chamado patrimonio inmaterial. Hai que ter en conta que ditos aspectos están
unidos de forma inextricable aos oficios, os saberes, as prácticas de toda orde polo que se
atopan presentes de xeito implícito en todo o discurso expositivo. Pero ademais a apertu-
ra da sala denominada A sociedade, memoria e tradición, completou o repertorio das salas
permanentes cunha presentación máis conceptual e suxestiva dos elementos intanxibles da
cultura tradicional: a casa e as relacións familiares, a propiedade e o sistema de herdanza,
os traballos e os días, as idades, as festas...
En moitas ocasións, o patrimonio inmaterial é o elemento central de moitas das activi-
dades realizadas. Nesta liña, o Museo ten desenvolvido diversas accións ao respecto, entre
as que cabe destacar:
Exposicións temporais producidas polo Museo nos últimos anos, como “ O Entroido” ou
“Enredos e Ixolas”; traballos de investigación con recollida de materiais e montaxe de vídeos
sobre o cultivo e transformación do liño, os cabaqueiros do Baixo Miño, ou o entroido de
Vilariño de Conso; xornadas como as dedicadas á cultura popular na escola, en colaboración
18 Actividades de dinamización do Museo do Pobo Galego

coa Asociación Socio-Pedagóxica Galega centra-


das, en dúas ocasións, na música e na tradición
oral; a constitución da Sección de Etnomedicina,
que integra a profesionais da Antropoloxía e da
Medicina. Dentro do seu traballo de saúde mental
e desenvolvemento comunitario, realizou a grava-
ción de prácticas curativas tradicionais no
Concello de Carballo.
Un apartado especial merecen os seguintes
proxectos:
❙ Recupera-la tradición oral: un proxecto
interactivo museo-escola. En 1994, o
Museo do Pobo Galego presentouno á
Consellería de Educación e Ordenación
Universitaria. A metodoloxía do traballo
procuraba introducir un elemento de siste-
matización nos traballos que, de forma
espontánea e como froito do interese dalgúns profesores e centros, se viñan desenvol-
vendo. A actividade constou de catro sesións teóricas, celebradas nas dependencias do
Museo do Pobo Galego, e un semestre dedicado ao traballo de campo, no que partici-
paron profesores e alumnos. A última fase do traballo consistiu na ordenación e clasi-
ficación polo Museo da información recollida, de xeito que permitira o estudio, selec-
ción e elaboración de materiais para a confección dunha guía didáctica e a ulterior for-
mación dunha base de datos para fins de investigación.
❙ O Proxecto didáctico Antonio Fraguas que vén desenvolvéndose dende o ano
2003, é unha iniciativa conxunta da Fundación Antonio Fraguas Fraguas e o Museo
do Pobo Galego. O proxecto, encamiñado á realización dun programa de pescuda
sobre o patrimonio etnográfico, antropolóxico, xeográfico, histórico e artístico do
contorno inmediato entre os centros escolares de Galicia, ten o propósito de alen-
tar entre a comunidade escolar un traballo sistemático orientado á educación patri-
monial, ao coñecemento do medio e á posta en valor dos máis diversos elementos
do noso acervo cultural. Establécense dúas modalidades: ensino primario e ensino
secundario. En cada unha delas elíxese un proxecto, para desenvolver durante o
seguinte ano lectivo, cunha dotación económica dedicada integramente á realiza-
ción do proxecto, coordinado polo Departamento de Educación e Acción Cultural
do Museo do Pobo Galego.
O Museo do Pobo Galego tamén desenvolve o seu labor divulgativo dende a práctica
editorial, publicando diversos traballos de investigación, elaborando unha serie didáctica
sobre etnografía galega ou levando a cabo a recuperación e difusión de textos fundamen-
tais da nosa cultura.
En toda esta actividade a consolidación dun Departamento de Educación e Acción
Cultural, no ano 1990, significou un avance significativo na procura dun Museo como
espazo de encontro e de participación no que é a propia comunidade a que define o que é
relevante. A relación coa cultura popular nun contexto de normalidade, na que non sexa
presentada como subalterna, pretérita ou exótica senón como unha ferramenta útil de
comprensión do presente e de construción de futuro.
Nesta dedicación a establecer programas de actividades para o público non especializa-
do, consolidouse o uso dos aspectos intanxibles da cultura no traballo de adaptación ás

116
Institucións, axentes e PI

características dos distintos colectivos que o conforman e aos


cambios socioculturais producidos nos últimos anos. Escolares,
turistas, maiores, familias, colectivos de diversa índole con carac-
terísticas propias e, en ocasións, ben diferentes atenden e enten-
den o achegamento á cultura popular como expresión dos logros
dunha colectividade pero, e por iso mesmo, susceptible de sufrir
unha selección e reflexión crítica pola súa parte.
Visitas monitoradas, obradoiros, materiais didácticos e de
consulta, accións formativas... en todas estas actuacións, tanto
dende o DEAC como dende o resto dos departamentos do
Museo, esforzámonos por trasladar os conceptos, os procesos
sociais e un xeito de ver os obxectos non tanto polo seu inte-
rese formal como por ser elementos significativos da cultura
representada. En xeral pretendemos transmitir a interrelación
dos distintos aspectos que conforman o sistema sociocultural
e a súa evolución.

117
19

Museu Agrícola de Entre Douro e Minho


e o seu contributo para dar visibilidade
a um tesouro invisível: O Património Imaterial
do Mundo Rural

Abraão Veloso

O Museu Agrícola de Entre Douro e Minho foi inaugurado em Março de 1989 depois de
três anos de intenso trabalho de recolha por todo o noroeste de Portugal. Está instalado em
Vairão-Vila do Conde no antigo assento de lavoura de uma quinta de finais do século XIX.
As construções e as colecções relativas ao vinho, milho, leite, linho, alfaias agrícolas etc…
bem como o centro de documentação são elementos muito importantes para uma melhor
compreensão da agricultura minhota e de sua evolução.
Para uma melhor compreensão deste território e dos seus habitantes aqui deixo tam-
bém as palavras sábias do Prof. Eugénio Castro Caldas infelizmente já falecido: Em maré
de recordações tenho aqui de prestar homenagem ao Dr. Ernesto Veiga de Oliveira,
Fernando Galhano (infelizmente já falecidos) e Benjamim Pereira pelo seu apoioinestimá-
vel na fase crucial da instalação do Museu. Benjamim Pereira continua a honrar-nos com a
sua amizade e com o seu apoio.
A recolha e conservação do património rural móvel, a conservação do património cons-
truído, a montagem da exposições e a comunicação com os mais diversos públicos, em
especial com o público escolar têm constituído as principais áreas de actividade do Museu
que também se tem apresentado fora de portas com diversas exposições visando promover
o mundo rural e as suas potencialidades.
As presenças mais significativas O Minho, a Terra e o Homem aconteceram em Lisboa na
FIL-EXPO, Mostra do Mundo Rural e no Centro Comercial BragaParques em Braga no
evento “Tradições” coordenado pelo Museu D. Diogo de Sousa e que envolveu diversos
Museus da Região.
Neste percurso tenho a salientar até pelas responsabilidades acrescidas a integração em
2004 do Museu na Rede Portuguesa de Museus.
A equipa que tem desenvolvido este projecto sente que se pode ir mais além e que
quer o percurso já efectuado quer o facto do Museu pertencer à Direcção Regional de
Agricultura de Entre Douro e Minho –que detém um papel muito importante no
desenvolvimento rural da Região– permitem prever um Museu mais actuante a nível
da Região.
O Museu, além de contribuir para preservar o passado, vai cada vez mais contribuir
para a leitura e a valorização do mundo rural dos nossos dias e dos seus produtos.
19 Museu Agrícola de Entre Douro e Minho e o seu contributo para dar visibilidade a um tesouro invisível

Nesse sentido estão actualmente em reformulação algumas das


suas exposições permanentes. É também com esse objectivo que
o Museu e a Direcção Regional de Agricultura de Entre Douro e
Minho tem apoiado desde o primeiro contacto a candidatura “A
Tradição Oral Galaico-Portuguesa: Simbologia e Apropriação do
Meio Natural” a Património Imaterial da Humanidade.
Em abono da verdade tenho a dizer que a temática
Património Imaterial-Um Tesouro Invisível não poderá ser mais
oportuna pois permite chamar a atenção para o facto de todos os
patrimónios nas suas componentes materiais e imateriais serem
uma mais valia para o Noroeste Peninsular, e necessitarem de ser
protegidos e valorizados; Património genético animal e vegetal;
Património gastronómico; Património paisagístico; Património
cultural; etc…
O desenvolvimento do nosso território obriga-nos a identifi-
car todas as potencialidades e a aproveitar e valorizar as suas
complementaridades. A Candidaturam “A Tradição Oral
Galaico-Portuguesa: Simbologia e Apropriação do Meio Natural” a Património Imaterial de
Humanidade é pois benéfica pois numa primeira fase obriga a olhar para o território com
mais cuidado visando identificar património imaterial ainda vivo, de excelência e com ris-
cos de extinção para que esses aspectos sejam proclamados, defendidos e valorizados.
A tecnologia tradicional do linho e o artesanato são aspectos a realçar no nosso Patri-
mónio Imaterial. No Museu está já em marcha a reformulação do tema linho com uma
nova exposição permanente numa perspectiva que vai do património imaterial constituído
pelos saberes e tradições orais dos agricultores e artesãos ao património material constitu-
ído pelos utensílios e equipamentos utilizados na tecnologia tradicional, pelas inovações
tecnológicas e pelos produtos provenientes do artesanato do linho.
Para a reformulação e montagem desta exposição “Linho-As Voltas da Tecnologia-O Som
das Tradições”, será determinante a participação dos agricultores e artesãos para a identifica-
ção no território de práticas culturais, canções, lendas, etc…, ligadas ao linho. No final será
interessante a realização de um seminário Galaico-Português sobre o tema “Tecnologias e
Saberes do Mundo Rural-Do Património Imaterial ao Património Material”
Esta viagem pelo património imaterial proporcionado em parte por esta candidatura
permite chamar mais uma vez atenção para o facto do Património Imaterial se preservar, e
se transmitir através das pessoas e que quando uma aldeia é abandonada só fica patrimó-
nio material e mesmo esse correndo sérios riscos de degradação e desaparecimento.
Assim a defesa do espaço rural e do seu património imaterial passa pela fixação das
populações que só se consegue através da criação de emprego e de condições de vida dig-
na de todos aqueles que por opção pretendem manter-se no espaço rural. A preser O
Minho, a Terra e o Homem vação do nosso património imaterial passa pela compreensão das
pessoas, das suas ambições e expectativas, dos seus modos de vida e das tecnologias utili-
zadas, passa também pelo aperfeiçoamento das competências e pela criação de novas com-
petências que possibilitem novas fontes de receita e de riqueza e que diminuam dessa for-
ma o risco de despovoamento, de concentração das populações nas sedes dos concelhos
ou ainda no pior dos cenários de sua emigração para as grandes cidades, para o litoral ou
para o estrangeiro. A identificação, compreensão e valorização das experiências de sucesso
quer a nível individual quer a nível associativo, será também importante como factor moti-
vador para o mundo rural.

120
Institucións, axentes e PI

Esta perspectiva leva-me a procurar identificar prioritariamente aspectos do nosso


Património Imaterial que possam constituir elementos valorizadores de um pacote de
turismo rural, ecológico e de qualidade.
E aqui identifico, a conquista, o aproveitamento e a gestão da água feita ao longo dos
séculos de forma sábia pelos nossos agricultores, para mover os mais diversos mecanismos
ou para a rega das suas propriedades.
Como será interessante explicar a um turista nórdico como ocorreu a socalcação do
território, como foi feita a conquista de água com os seus milhares de quilómetros de
minas, poças, levadas construídas depois da introdução do milho e mantidas século após
século até aos nossos dias através de um associativismo de base das populações.
Explicar-lhe que esses sistemas mantêm-se funcionais nos nossos dias e que os custos
de manutenção desses regadios são calculados em função da quantidade de água de rega e
da frequência das regas. Como poderá ser valorizador do nosso território chamar a aten-
ção para alguns desses sistemas de rara beleza arquitectónica a par de outros de grande
simplicidade e pragmatismo. Naturalmente tudo isto acompanhado pela nossa gastrono-
mia regada com um bom vinho verde tinto ou branco produzido nos mesmos socalcos
construídos para a cultura do milho.
De facto parece-nos que os nossos regadios tradicionais podem e devem ser trazidos
para a ribalta. A conquista de água é algo de muito caro para o noroeste peninsular. Em
muitas regiões a manutenção destes regadios é uma questão de sobrevivência da agricul-
tura e logicamente de manutenção de pessoas no tecido rural.
Mas na nossa divagação pelo território o que dizer das vezeiras, uma forma de coope-
ração agropastoril secular em que o pastoreio colectivo dos animais é assumido rotativa-
mente pelos proprietários em função do número de animais que possuem?
Ligadas as nossas raças autóctones, caprinas, bovinas e equinas existem outras práticas ver-
dadeiramente únicas no contexto europeu que merecem ser realçadas. Mais uma vez temos de
referir que o desaparecimento destas práticas e desta forma de organização social arrastará con-
sigo um maior despovoamento das zonas rurais
e que pouco restará para esses territórios… que
apesar de tudo tem muito para oferecer.
Produtos de qualidade, beleza paisagística,
flora rica e variada, hospitalidade das popula-
ções. Mas também é certo que muita da valori-
zação destes aspectos não depende das popula-
ções aí residentes.
No âmbito desta candidatura o Museu
Agrícola de Entre Douro e Minho vai procurar
dar o seu contributo nomeadamente na identi-
ficação e registo destes e de outros aspectos do
nosso Património Imaterial para dessa forma
permitir a sua maior visibilidade perante a opi-
nião pública.
A proclamação esperada de “A Tradição
Oral Galaico-Portuguesa: Simbologia e Apro-
priação do Meio Natural” como Património
Imaterial da Humanidade virá com certeza
potenciar acções visando, preservar e valorizar
este Tesouro Invisível.

121
19 Museu Agrícola de Entre Douro e Minho e o seu contributo para dar visibilidade a um tesouro invisível

Ser Minhoto
”... Ser minhoto é ser Celta;
Castrejo Galaico, pouco
Lusitano; mais Suevo do que
Visigodo; nada Mouro.
Aragem do Atlântico sobre o
Mediterrâneo.
Do berço de Portugal, não da
colónia.
Se perguntar se e bem ou mal,
julgo que é apenas tal e qual:
mais enxada do que charrua,
mais regadio do que sequeiro,
mais prado do que pousio, mais
trabalho do que terra...”

122
20

Xermolos na recuperación do patrimonio

Alfonso Blanco Torrado

Experiencias e actividades desenvolvidas por Xermolos

Dinamización cultural na vila de Guitiriz


Neste momento cando está a xurdir a Universidade Rural Galega, Xermolos quere ache-
gar a súa maduración grazas á cultura tradicional que a inspirou ata aquí, conscientes de
que o traballo conxunto de todos estes colectivos abre un novo horizonte. Cando abrolla-
ron naquela primavera política e cultural que eran os comezos da transición (1976), os
máis remisos miraban de esguello unha asociación cultural e xuvenil que apostaba pola
nosa identidade, e alcumárona coma “os do pobo”. Estaban a acertar, porque era a orixe
do seu ser e facer. En moitas xeiras foron descubrindo a sabedoría do pobo, fronte aos que
a desprezaban como incultura, ou a marxinaban nunha segunda clase, como algo menos
refinado. Este alleamento e ignorancia impedíalles gozar da creación máis orixinal que
medraba no seu contorno; ata perderan a memoria do seu.
Xermolos, recoñecéndose e medrando neste leito, foi acadando con tensión a súa ver-
dadeira personalidade. A primeira imbricación foi o idioma, nunha vila que como apun-
tou o analista da Galiza rural, Benxamín Casal, padecía un certo alleamento no uso cotián
dun castrapo fóra de lugar. Xermolos detectouno nas manifestacións dalgúns veciños vile-
gos, incapacitados a cotío para expresar os sentimentos e as emocións nun idioma que non
era o propio, pero fronte a esta alienación eran depositarios dunha cultura inconmensurá-
bel, a da transmisión oral: cantigas, ditos populares, oficios, romaxes, etc., que comunica-
ban o seu auténtico sentir e reflectían toda a simboloxía da vida deste recanto da Terra Cha.
Á par que convocaban cursos para estudar a lingua (esa estrutura ou son que define a per-
sonalidade do pobo), tamén fixaban por escrito ou en coreografías e escenificacións as len-
das, oficios, festas, que ían recollendo con risco de desaparición, na escolla “As Raíces”, e
pensando nos máis novos, difunden algunhas en cómic.
Nesta universalización da cultura, reforzouse a programación para coñecer o máis noso nos
cursos de Educación de Adultos e na Escola Social Rural que funcionaron ao longo de varios
anos: idioma, costumes, arte popular..., con relatorios e visitas a espazos simbólicos da zona.
Atacaron ese desprezo polo propio descubrindo aos escritores da comarca que coa súa
obra fortalecen a lingua e a cultura, e rescataron do esquecemento ao poeta de Guitiriz,
20 Xermolos na recuperación do patrimonio

Xosé María Díaz Castro, con recitais e estudos dunha poesía que
foron capaces de transmitir coma un camiño para coñecerse
mellor coa forza emocional da lírica.
Asumiron que este legado estivera xermolando e medrando
nunha paisaxe, nunha terra, nun xeito de poboación: a Chaira,
e cos “Encontros da Terra Cha”, cada ano, foron penetrando na
obra de escritores, artesáns, músicos..., que deron lugar a dúas
colleitas: “Guieiros”, mergullándose na súa obra para sentirse
membros desta colectividade, e “Letras Chairegas”. Neles tamén
hai unha reivindicación da gastronomía da zona, coma unha
actividade a salvagardar. Na liña de difundir a nosa literatura
popular, publicaron “Panxoliñas” e “Novena a Santa Isabel de
Outeiro de Rei” do escritor Manuel María.
Neste proceso de identificación dos veciños co amplo caudal
da súa cultura atopouse un filón máxico na arte da improvisa-
ción dalgúns deles, verdadeiros versificadores: desafíos, parrafe-
os, combates verbais..., cos que se busca a participación activa
na celebración do Martes de Entroido, na praza, non só proclamando o “Sermón de
Entroido”, tamén construíndo romances sobre acontecementos sociais coma o Casón, polí-
tica local, etc., algúns xa herdanza de xeracións anteriores.
Xermolos ten a teima de arrincar as festas estacionais (Nadal, Entroido, San Xoán...) da
deturpación do consumo. Co “Entroido na Rúa” mobiliza a persoas e grupos para que tra-
ballen durante semanas na confección de traxes, comparsas, cantigas, máscaras, nunha liña
de recuperación da tradición. O Nadal, non é a “cabalgata” estereotipada, é un “nacemen-
to” vivo nos cubertos da feira de Parga, reivindicando esta arquitectura abandonada, repre-
sentando oficios: fiadoras, lavandeiras, zoqueiros, etc., e mesmo formando un grupo de
investigación e recolleita de “panxoliñas”, “reis”..., que están a perderse. Algúns anos a
mocidade foi cantar estes “reis” por varias parroquias, converténdose en axentes activos,
dando novo pulo a unha tradición que estaban a recibir dos avós.

Para estimar o patrimonio hai que coñecelo


Neste crecemento a asociación foi tomando consciencia de que para protexer o patri-
monio, hai que coñecelo e investigalo. Fíxose un achegamento aos artesáns e publicaron
varios cadernos sobre estes artistas. E nas edicións de Xermolos hai traballos sobre as
mallas, feiras, lendas recollidas nas parroquias, cultivo do liño, San Xoán..., e tamén se ser-
viu doutras canles como as coreografías e representacións de romaxes, procesións, fías, etc.
Organizan todos os anos a Mostra de Artesanía coma un espazo do Festival de Pardiñas,
“Feira e Festa da Música e da Arte”, e convocan sesións de estudo nos seus talleres con
especialistas e con persoas interesadas en descubrir estas verdadeiras tecnoloxías e saberes
que son un sinal da riqueza e relevancia da nosa cultura.
Xermolos sentiu sempre unha especial predilección pola música tradicional, non só na
súa escola, tamén dando a coñecer os instrumentos e a súa interpretación. A través dos con-
certos do Festival de Pardiñas, xa na 26 edición, e da Mostra de Artesáns de Instrumentos
que é cada ano unha oportunidade para coñecer mellor a música da man dos obradoiros
máis importantes do país, grazas á organización da Asociación de Gaiteiros Galegos. Este
espazo achega exposicións, concertos, seminarios sobre instrumentos, danza, etc., abertos e
buscando a participación de todos. Froito desta sensibilidade foi nacendo en Pardiñas un

124
Institucións, axentes e PI

manancial de creación arredor do taller do músico Sito


Carracedo, investigador e artífice de gaitas de varios países de
Europa, e tamén de libros como “A palleta maldita”, o primeiro
método de afinación, traducido a varios idiomas. Este evento
cultural supón unha chamada a centos de forasteiros que visitan
Guitiriz neses días, supoñendo un incremento económico, un
motivo para dar a coñecer esta comarca, e o taller de gaitas atrae
ao longo do ano a estudosos mesmo doutros pobos.
No labor de fixación destas manifestacións tradicionais en
soportes perdurábeis para non perdelas, e pensando na mocida-
de, este colectivo viu a necesidade de dinamizalas a través de can-
les de produción e comercio, axeitadas a estes tempos, nese reto
de unir tradición e modernidade. Buscáronse e interpretáronse
danzas tradicionais desta comarca, pero tamén se abriron alcobas
e rescatáronse traxes da zona e mesmo se fixeron cursos e estudos
con mestres artesáns sobre os de faena e os de festa, para confec-
cionalos, permitindo a algunha muller adicar horas e recursos
para acadar unha mellora na estabilidade económica. Un grupo percorreu as parroquias bus-
cando, debuxando e clasificando vestimenta antiga que aínda se conserva nas casas.
Esta asociación non só inventou un festival para dar a coñecer a música de raíces e outras,
tamén loitou porque as parroquias recuperasen o sentido orixinal das romaxes, achegando os
grupos de gaitas, danzas, teatro e demais actividades de Xermolos ás festas patronais.

Dinamizando o patrimonio
Publicaron cadernos sobre os canteiros da Terra Cha, pero tamén organizaron cursos
para mozos, desempregados, mulleres..., e así recuperar un oficio que estaba a perderse.
Algúns seguen a traballar na cantería coma vocación da súa vida en empresas ou en talle-
res propios, outros montaron, co apoio de Xermolos, a cooperativa “Arxina”, coma canle
de busca de mercados. Neses anos pasaron ducias de mozas e mozos por esta formación
ocupacional, e creouse unha autoestima social e artística da cultura da pedra a nivel da
Chaira, dende hai séculos un dos recursos económicos fundamentais destas terras de
Parga. Sen esquecer a recuperación do patrimonio artístico en labores de construción de
fontes, cruceiros, esculturas, ou conservación como a restauración do Santuario de
Bascuas, agora convertido en mostra de cultura e arte relixiosa popular. En varias salas hai
vestixios das crenzas, mesmo precristiás, como o culto aos mortos: unha estela romana ou
representacións escultóricas da Santa Compaña, o culto á auga, lume..., tamén referencias
da relixiosidade popular unidas á cultura labrega e a celebracións coma o San Marcos no
tempo das sementeiras con bendición dos campos.
Xermolos tamén loitou pola restauración de edificios exemplares: a reitoral de Mariz
agora convertida nun espazo de recolleita de ferramentas e útiles antigos.
Neste eido, Xermolos redobrou o seu esforzo, publicando achegas sobre lápidas roma-
nas, arte románica..., deseñando roteiros, remarcando os monumentos naturais e artísticos
que cómpre coñecer e conservar. Para isto ten lugar cada ano o Congreso Cultural da Terra
Cha no que hai un achegamento ao patrimonio da comarca, con conferencias e visitas de
campo. Mesmo tomando conciencia da calidade da cultura labrega dende o neolítico con
testemuñas como as mámoas tan estudadas pola Asociación e que mostran a vixencia de
séculos dunha sabedoría popular que dá sentido á vida e á morte.

125
20 Xermolos na recuperación do patrimonio

A estas alturas da súa evolución Xermolos puido deseñar un espazo coma fogar e lugar
de encontro, cos seus sinais de identidade, a “Casa das Palabras”, convencidos de que a
palabra é a alma do pobo e grazas a ela pode seguir enxergando toda esta vida. Aquí gar-
da, con toda devoción, a cultura oral que foi definindo o rumbo desta colectividade, a tra-
vés da palabra transmitida xeración tras xeración, en lendas expresadas en murais dun xei-
to plástico por artesáns chairegos en barro, pedra..., ou a través de gravados. Tamén a outra
palabra, a escrita en tinta viva co pulso e o ritmo do corazón do poeta de Guitiriz, Díaz
Castro, así como as dos seus amigos e críticos literarios: Iglesia Alvariño, Otero Pedrayo,
Manuel María, Novoneyra..., e, en fin, a comunicación verbal que está a socializar e facer
pobo neste momento. Tecendo a vida cotiá, pero tamén actividades como a “Escola da
memoria”, un tempo de comunicación de experiencias vitais e singulares, no sentido de
que entregaron a súa existencia á comunidade, o mesmo có “Taller de creación”, que é a
achega dos máis novos. Sempre co concurso de sabedores e especialistas sobre estes coñe-
cementos e saberes acumulados no medio do pobo.

126
21

Cando o museo está dentro da escola

Secundino García

No ano 1981, co gallo de conmemorar o “Día das Letras Galegas” montouse no C.E.I.P
“Mosteiro de Caaveiro”, da Capela, a Iª Mostra do Libro Galego. Coa finalidade de am-
bientala pedíuselles aos alumnos que trouxesen das súas casas “obxectos antigos”.
A idea tivo unha grande acollida achegándose ao redor dunhas 50 pezas. Isto levou-
nos a pensar que, dado o interese amosado polos nenos e a boa disposición dos pais, esta
experiencia non debería rematar aquí. Guiados por un certo sentido da oportunidade
envióuselles ás familias unha circular na que se lles manifestaba a idea de ampliar a
Mostra e facela permanente.
De novo a resposta foi moi favorable grazas a que pais, mestres, veciños en xeral... pero
sobre todo os nenos e as nenas, se converteron en auténticos buscadores de tesouros vellos
por faiados, alpendres, palleiras, casas abandonadas,... e, as máis das veces, en salvadores
de pezas que pasaran a durmir o sono do que xa non ten valor de uso ao tempo que ían
descubrindo o seu pasado recente.
A colección foi medrando pouco a pouco ata chegar ás aproximadamente 1.000 pezas
diferentes coas que conta na actualidade. A maior parte foron recollidas na área de influen-
cia do Colexio (A Capela, Soaserra...). Todas foron doadas desinteresadamente.
As pezas están distribuídas en seccións polos corredores e o comedor do colexio. Seccións
como as adicadas a: enredos e a escola antiga; a lareira; o pan (a sega, os muíños e o forno);
paxes e cestos; traballo nas fragas (o soutelo, as foias de carbón, a casca...); oficios: tecelá, cos-
tureira, cantorleiro, zapateiro, carpinteiro, zoqueiro, follalateiro, ferreiro, canteiro... e labregos.
O conxunto permite facernos unha idea bastante aproximada de como era a vida no
mundo rural e do porqué desa vida pasada. Na súa maioría son obxectos saídos das mans
anónimas dos nosos labregos que, cando as faenas do campo eran máis liviás –no inverno,
principalmente– fabricaban as súas ferramentas e utensilios. Son auténticas obras de arte;
destacan pola súa subxectividade, de aí que sexa moi difícil atopar dúas pezas idénticas
aínda que representen o mesmo obxecto. Estes artistas anónimos souberon sempre conce-
derlle ás súas obras unha individualidade que a produción en serie xa ten desterrada; unha
individualidade na que se combina en perfecta harmonía unha singular beleza coa máis
estrita funcionalidade do obxecto. Ao mesmo tempo que o seu enxeño, o seu saber... sor-
préndenos a perfecta compenetración que ao longo da historia mantiveron estes artistas
descoñecidos co seu contorno.
21 Cando o museo está dentro da escola

En resumo, esta colección permítenos ache-


garnos a unha cultura tradicional milenaria, que
comeza a desaparecer cando se incrementa o
comercio e se mercan obxectos fabricados en
serie; co que tamén se inicia a desaparición de
moitos oficios e actividades. Unha testemuña que
se vai borrando coa memoria dos máis vellos.
Unha das principais características desta
colección vén dada pola relación dos escolares
con ela, que non son as que habitualmente se
dan no visitante ocasional ao uso: a de obser-
vador pasivo. Desde un principio se procurou
que o seu papel non se reducira a aportar
pezas; a súa colaboración foi moi importante
no proceso que vai desde a recepción da peza
ata que pasa a ser exposta (recollida de infor-
mación, inventario, catalogación...).
Aínda que os novos alumnos se acostuman, tras un primeiro e breve período de
estrañeza, coa inevitable indiferenza do cotián a aqueles obxectos que invaden os corre-
dores e esquinas do colexio, o proxecto seguiu sempre enxertado na vida didáctica do
Centro. Tamén eles, os alumnos novos, polo tanto, acabaron por establecer unha rela-
ción activa con el (labores de limpeza e conservación, elaboración de fichas, campañas
de recolleita de pezas, atención visitas escolares...). Quizais por iso todos consideran
que as pezas da colección son algo propio, algo que lles pertence, polo que as respec-
tan, as coidan e as valoran. Sentimento que se fai extensible aos “maiores” que senten
con orgullo que aquelas cousas súas cobraron importancia nas mans do nenos ao se
converteren en nobres pezas de Museo.
Amais das actividades relacionadas directamente co seu funcionamento o Museo xerou
un senfín de actividades paralelas; en consonancia cun dos principios básicos do Centro:
un ensino contextualizado e en galego. Unha escola que vive en contacto coa realidade e o
medio no que se desenvolven os nenos, para que o coñezan en todos os seus aspectos (xeo-
gráfico, socioeconómico, cultural...), o valoren e se sintan protagonistas afectivos del. Entre
outras podemos destacar:
❙ Traballos de recompilación e estudo das variadas mostras da literatura popular de tra-
dición oral (refráns, lendas, contos...) recollidas logo na revista escolar Xenar ou en
libros como O refraneiro do ano (1989) ou Lerias na Parañeira (1999).
❙ Traballos de investigación –a partir das achegas dos nosos maiores– sobre diferentes sec-
cións do Museo: oficios, tradicións...; traballos que se recolleron en monográficos como:
Os muíños da Capela, Os canteiros de Cabalar, Miña nai foi tecelá...
❙ Recuperación dos Xogos tradicionais. A partir da sección adicada aos enredos e do tra-
ballo de campo Brinquedos (1981) no que se recollían os xogos de antes e os siste-
mas de sortes da zona organizamos os “Encontros do Xogo Popular”. Esta experien-
cia permitiu recuperar para a escola xogos como: o chantón, o peón, os chancos, a
mariola, as lombas, as bólas, o cinto,....
❙ Recuperación de tradicións perdidas que se incorporan á programación de actividades
paralelas: o soutelo (a castañada), celebración do Entroido...
Deixando á marxe a curiosidade, o bonito ou decorativo que poida ter esta colección
etnográfica e o seu recoñecemento como experiencia pioneira no eido do ensino, o seu ver-

128
Institucións, axentes e PI

dadeiro valor vén determinado pola consecución dos obxectivos que se marcaron desde un
principio:
❙ Apertura da escola á realidade circundante, integrando na vida escolar a tradición
popular da zona.
❙ Fomentar a comprensión do presente, descubrindo a importancia do pasado.
❙ Comprensión, por comparación, da evolución sufrida nas formas de vida e o que
representan os procesos de industrialización e mecanización do campo.
❙ Descubrir e valorar o propio patrimonio cultural.
Estes mesmos obxectivos –amais doutros que non se poden acadar desde un colexio–
son os que nos moveron a participar na creación da U.R.G.
Tamén hai que recoñecer que son innumerables as necesidades e carencias desta Co-
lección; a maioría inherentes á súa peculiaridade: falta de persoal (todo depende do volun-
tarismo) e dun financiamento mínimo; edificios e instalacións inadecuadas que carrexan
unha montaxe asimétrica, amoreamento de pezas, deficientes condicións de conservación,
falta de seguridade, freo ao enriquecemento con máis fondos... Por todo isto e pola perda
dos alumnos “maiores” da antiga E.X.B (os auténticos motores durante dúas décadas da
colección) no ano 2001 creouse xunto co Concello e o movemento asociativo da Capela o
“Padroado do Museo Etnográfico da Capela”. O seu principal obxectivo é o de reubicar
e ampliar a colección en espazos máis axeitados. Así na primavera do 2006 inauguraranse
–tralas obras de restauración– a Casa do Pazo (adicado á casa rural) e o Parque Etnográfico
do Sesín (os traballos na Fraga). En fases posteriores se ampliarase esta Rede de Museos con
outros proxectos.

“O presente e o futuro constrúense sobre o pasado”


22

A Universidade Rural Paulo Freire do Eume

Miguel Teixido Sotelo; Xavier Briset

Antecedentes
Os avatares sufridos polo medio rural nos últimos anos, especialmente a partir da segunda
metade do século pasado, conlevaron unha profunda transformación nel. Transformación
que tivo aspectos positivos pero tamén moitos negativos. O modelo de desenvolvemento
imposto significou, e significa, para o medio rural a desaparición de aldeas, servizos de pro-
ximidade, servizos culturais, escolas, transportes, actividades, paisaxe, VIDA...
Todo isto está a levar por diante prácticas culturais, oficios, tradicións, etc., en definiti-
va toda unha cultura popular, un coñecemento baseado en moitos casos nunha experien-
cia práctica de anos. O feito de que estes coñecementos/tradicións non foran contempla-
dos polos novos modelos de desenvolvemento provocou, nalgúns casos, o rexeitamento
daquilo que representa a cultura popular rural, o que conleva o rexeitamento do propio,
perda de autoestima...
Tal e como se recolle no convenio1; “Ao mesmo tempo existe unha sabedoría local-rural
que permitiría fortalecer outros modelos de desenvolvemento, que parten do propio, recu-
perando o coñecemento local e revalorizando o respecto cara a terra, auga, sementes (bio-
diversidade) alimentos e persoas, tendo presente a diversidade cultural. Para iso é necesa-
rio crear unha entidade que por unha banda non deixe esquecidos saberes populares, e por
outra os difunda e os perfeccione, para coñecemento das persoas que formamos parte des-
ta sociedade e de xeracións futuras.
A creación da UNIVERSIDADE RURAL PAULO FREIRE (URPF) permitirá a promoción
dun espazo educativo que ofreza instrumentos de formación vinculados aos novos retos
que presenta a sociedade, e que permita a transmisión dos coñecementos rurais dende
unha recuperación e construción do local, cumprindo as seguintes funcións:
❙ estar ligada ao desenvolvemento local/global
❙ estar ligada a unha forma de educación permanente das persoas adultas”

1 Fai referencia ao convenio asinado polas entidades de desenvolvemento rural para desenvolver o proxecto
da URPF. As comarcas participantes figuran na páxina seguinte.
23 A Universidade Rural Paulo Freire do Eume

O Proxecto
A construción da UNIVERSIDADE RURAL PAULO FREIRE é o resultado dun proceso
participativo que se inicia no ano 2002 a partir do 3º FORO POR UN MUNDO RURAL
VIVO, convocado pola PLATAFORMA RURAL. En 2003 nove asociacións que traballan no
eido do desenvolvemento rural firman un convenio de colaboración para desenvolver o
proxecto da URPF en cadansúa comarca: Sierra Francia-Sierra de Béjar, Riaza-Duratón,
Tierra de Campos, Vega Valdavia en Castilla y León, Sierra del Segura, La Manchuela, la
Manchuela Conquense en Castilla la Mancha, Serranía de Ronda en Andalucía e a
Asociación EuroEume no marco do Eume aquí en Galicia.
A partir deste momento constitúese a Universidade Rural Paulo Freire do Eume en
Abril de 2004. Conscientes de que nas últimas décadas estamos perdendo o noso patri-
monio inmaterial así como os nosos protagonistas anónimos, que aínda son capaces de
relacionarnos coa tradición a diferenza doutros lugares de Occidente, convócase un con-
curso público, a través da Iniciativa LEADER que xestiona EuroEume, para a realización
dun Estudo sobre a Memoria Histórica e Oral dos Concellos de Cabanas, Capela, Moeche,
Monfero, Pontedeume, As Pontes de García Rodríguez, San Sadurniño, As Somozas e
Vilarmaior, todos eles na provincia de A Coruña.
Para iso, recolleranse documentos conservados nos diversos arquivos, publicacións,
bibliografía e material publicado na prensa relacionado co territorio, elementos icónicos
(fotos, postais, documentais, cine e vídeo afeccionado), fornecerase unha relación de
expertos coñecedores das realidades do Eume, así como unha serie de entrevistas efectua-
das aos portadores da memoria colectiva (Historia Oral; persoas que desexen transmitir os
seus coñecementos, sensacións, sentimentos ou experiencias vencelladas ás súas vivencias
en relación co territorio).
Con todo iso preténdese crear un Fondo de Documentación para o Coñecemento do
Territorio. Dito Fondo deberá permitirnos coñecer o pasado para poder interpretar o pre-
sente e planificar o futuro, e para a súa elaboración valorábase especialmente o carácter
participativo da actuación e a implicación da poboación local na investigación..
Toda esta información servirá de base para a propia URPF do Eume, que deberá darlle
continuidade aos traballos aquí iniciados, con novas investigacións, aproveitando os recur-
sos para o seu proxecto educativo, musealizacións, etc.
Así, unha vez adxudicada dita licitación a Los Ocho Mares, e co proxecto avanzado, xa
dispoñemos a día de hoxe (a espera de rematar esta primeira fase a finais do ano 2006),
dunha base de datos provisional, con máis de 400 entradas bibliográficas, de traballos
publicados sobre temas vinculados ao noso territorio. Estamos realizando o baleirado da
hemeroteca, localizando noticias publicadas sobre a comarca ao longo do século XX.
Dispoñemos de información dos fondos arquivísticos con documentación que nos afecta,
dende a Idade Media. Localizamos importantes coleccións de fotografías, vídeos gravados
e películas filmadas e avanzamos nun listado de expertos sobre algún tema transcendente
para o coñecemento do noso territorio.
Un aspecto clave deste proxecto é a creación dunha videoteca que conteña as grava-
cións, realizadas en vídeo dixital, daquelas persoas que podemos considerar como porta-
doras da memoria colectiva, dispoñendo xa de 64 horas gravadas a 77 protagonistas, estan-
do previsto incrementar significativamente estas cifras.
Con toda esta información, que quedará a disposición de calquera investigador ou veci-
ño interesado, e con certo apoio, estaremos en condicións de musealizar os seus contidos
permitíndonos, co apoio de medios audiovisuais e tecnoloxía 3D, a reconstrución da vida

132
Institucións, axentes e PI

da comarca durante o século XX. Dividindo a centuria nunha primeira etapa na que se
representaría dende o complexo calendario agrícola ata o mundo das crenzas, costumes,
oficios, alimentación, vivenda, organización humana, industrialización, enerxía, comercio,
escapados, emigración, sanidade, feiras… todo o conxunto da sociedade precapitalista que
termina na década dos 50 desprazada pola economía industrial. Dende ese momento ata o
presente trataríase da evolución e adaptación á nova realidade.
Coa súa musealización e divulgación conseguiremos poñer en valor o noso PATRIMO-
NIO INMATERIAL, xerando unha dinámica de autoestima para un mundo que foi sempre
incomprendido pola cultura urbana, a pesares de ser exemplo de adaptación respectuosa
ao medio, exemplo de convivencia con valores solidarios, exemplo de autosuficiencia, de
esforzo para sobrevivir a pesares das adversidades, exemplo de resistencia ante a agresión
e exemplo de tolerancia.
Esta historia está por contar e contarana os seus protagonistas, non para deleite nostál-
xico senón para impedir o proceso de aculturización, facilitando que estudantes, veci-
ños/as, visitantes e xeracións futuras poidan dispoñer de información e documentos de pri-
meira man, fundamentais para participar creativamente na cultura Universal.
¿Onde temos un continente á medida destes xigantes? Se eles son o corazón da Fraga,
sen dúbida nun lugar como o Mosteiro de Caaveiro estarán moi a gusto.

133
23

Achegas ao perfil humano do emigrante


galego

Xosé Lois García

Durante séculos falouse moito dos diversos perfís do emigrante galego desde varios paráme-
tros sociais, económicos, culturais e de integración e desintegración. Pero foron moi poucas as
achegas en encadrar ese outro perfil, bastante esquecido, como é o sentimento pola matria de
nacenza ou o conflito existencial que verificamos no cambio de pasar de ser unha persoa indi-
ferente (aceptando o molde de silencio imposto na Galiza desde os solemnizados Reis
Católicos, os da “Doma y Castración del Antiguo Reino de Galicia” –como deixou constancia
o cronista Zurita) a ser súper sensíbel coa realidade persoal e existencial. Este tránsito non se
debe a unha manifestación saudosa ou a un recurso que procura unha estabilidade determi-
nada ao asumir unha nova realidade en terra allea. Neste contexto é onde comeza a ser críti-
co coas causas e coas fins pretendidas sobre o éxodo galego polas clases dominantes da Galiza.
É ben sabido que a emigración galega, esa enorme pantasma que sempre nos afastou
das nosas propias realidades e convivencias, historicamente, foi un invento opresor por
parte do Estado centralista que nos levou a unha grande desfeita sen precedentes. Cando
observamos aquela emigración galega levada á Alpujarra granadina, en tempos de Felipe
II, recrutando unha serie de homes de oficios e súas familias para poboar aquelas ermas
terras. Desde aquí verifícase todo un mosaico de actitudes administrativas co fin de alienar
e empobrecer Galiza por medio de levar braceiros galegos a lugares moi concretos co fin
de beneficiar as arcas do Estado opresor. Este comportamento foi unha constante desde
Felipe II ata o réxime franquista.
Se tivésemos que facer un estudo sociolóxico e paralelamente outro psicolóxico deca-
tariámonos de que o perfil máis axeitado, grosso modo, do emigrante galego en calquera dos
hemisferios onde se atopou e atopa ofrécenos unha característica e uns trazos moi parti-
culares de conciencia sobre o seu país de orixe. O amor e a paixón polo seu ente nativo
cómpre non confundilo cunha simple saudade cando a súa conciencia supera tódalas emo-
cións posíbeis que poda lembrar do seu pasado por moi abstractas que estas sexan. E nes-
te transvase, de territorio físico e de nomenclatura humana, o emigrante comeza a percibir
un novo estado de conciencia comparativa, entre as diversas frecuencias que hai entre o
país nativo e o pais de recepción. Esta conciencia dinámica non disimula nin oculta as dúas
realidades, ao marxe do emocional que lle pode resultar manter o seu espírito no lugar
nativo que perfilou e glorificou a súa personalidade.
23 Achegas ao perfil humano do emigrante galego

O espírito de materializar unha acción determinada en pro de Galiza, por parte do emi-
grante galego, sempre o convocou a resistir e a emanciparse cos atributos que lle deron idio-
sincrasia ao seu ser. Isto resúltanos sorprendente cando detectamos o perfil xeneral do emi-
grante galego que saíu da súa terra, semianalfabeto ou analfabeto total, só aspirando a supe-
rar a súa subsistencia. Mais por isto, non chegou a integrarse senón a adaptarse. Eu mesmo,
como emigrante en Cataluña desde hai corenta anos, nunca me sentín un integrado e si un
adaptado, malia a falar e escribir en catalán. Para integrarse hai que desintegrarse do perfil
orixinario e isto non é un dogma ou unha simple metáfora, é unha contundente realidade.
Os emigrantes galegos, pola súa incontinencia ruralista, malia dicir que se integraban
nunca o fixeron, o problema é que non tiveran conciencia da súa adaptación nin son cons-
cientes do que significa integración e adaptación. Por iso é que as relacións dun adaptado,
como é todo emigrante galego, non son de renuncia ás súas orixes. E pode que a crítica
sexa obxectiva ou subxectiva pero os dous conceptos sempre estarán centrados baixo ese
perfil de sentimento pola terra nativa. Galiza sempre aparece detrás desa grande tea de fon-
do no gran teatro dramático e emocional. Pode que as emocións afoguen ese sentido do
ridículo que o outro, o receptor, faga da súa forma de ser, e se converta nun crítico de si
mesmo e do outro. Sen dúbida, aquí pode comezar o gran reto de descubrir ou teorizar
sobre o seu país e os seus referentes.
Cando o Estado centralista coidaba que o efecto emigratorio ía converter aos emigran-
tes nun amoado de filloas ou desintegrarnos, aqueles labregos e mariñeiros condenados ao
éxodo, perfilaron en terras foráneas grandes concursos e centros de non asimilación, onde
Galiza tiña seu respiro, espiritual e material, en lonxincuas terras. Aquí vemos como a
adaptación tomándolle o pulso á integración venceu a esta. Todos eses centros asociativos
que o emigrante galego ergueu no seu país de acollida, veñen a ser o buque insignia desa
práctica constante de construír unha Galiza progresista e, deste prodixio, saíron propostas
na emigración que foron efectivas na nación galega, como a fundación da Real Academia
de Lingua Galega, o himno galego, a bandeira e centos de escolas rurais que se construí-
ron coa intelixencia e a dádiva dos emigrantes.
Do negativo que ten a emigración para Galiza, como sangría, os emigrantes, partindo
de moi diversas concepcións, aportaron ideas innovadoras fronte ao estático poder omní-
modo dunhas forzas opresivas e intermediarias do Poder centralista que se lucraron dos
agraviados emigrantes. Mais o emigrante non pensou nunha Galiza idealizada ou suxerida
pola súa propia saudade, foi extraordinariamente coidadoso en aportar, coa súa crítica e
súa práctica, recursos humanos que conforman ese ideario de transformación e lexitima-
ción da nosa personalidade histórica.
Non cabe dúbida de que a emigración galega non deixa de ser un dos patrimonios máis
distinguidos e cómpre cultivar as súas numerosas leccións e aprendizaxes. Todo un perfil
de autenticidade galega malia aos contrastes e as renuncias que se poidan detectar nalgúns
dos casos. Evidentemente estamos falando dun perfil asimétrico e de tantas continxencias
desiguais, pero dunha grandiosa mobilidade que cómpre rescatar e integrar a unha Galiza
que comeza abrir portas ao seu futuro.

136
24
34
Manifestacións de PI:
a cosmovisión
A Universidade Rural Galega e a posta en valor
24 dos Saberes
Secundino García

¡Non sen elas! O papel das mulleres na cultura


25 tradicional
Rosa Pascual Abal; Puri Pérez Leirós

A agricultura tradicional como opción de futuro


26 Xoán Carlos Carreira Pérez

Agricultura tradicional alternativa na aldea de


27 Reboreda
Pilar Penín Penín; Eloi Davila González

Conservando e valorizando a biodiversidade: un exemplo pioneiro


28 e exitoso manexando o vacún na provincia de Ourense
José Luís Vaz Fernández

A galiña piñeira
29 Xan Ramón Díaz Saavedra

Un novo impulso para os montes veciñais:


30 un patrimonio único
Xosé Represas Giráldez

Desenvolvemento local e patrimonio. Mardelira: un


31 proxecto de desenvolvemento sustentable
Emilio Louro Lamela

Agora ou nunca. A talasonimia


32 Xosé Lois Pilar Pedreira

As embarcacións fluviais como recurso


33 Xosé Manuel Vázquez

As pesqueiras do Miño, un patrimonio en perigo


34 Inma Peniza
24

A Universidade Rural Galega


e a posta en valor dos Saberes

Secundino García

Conxunto de coñecementos, literarios, históricos, científicos ou de calquera outra índo-


le que se teñen como froito da instrución e da experiencia; esta pode ser unha definición
do que se entende por CULTURA.
En xeral, a CULTURA é unha manifestación moi restrinxida: dar unha conferencia,
escribir un libro, pintar, ir ao teatro, ter unha carreira… ter unha grande información sobre
un tema determinado. Todo iso non é en exclusiva cultura aínda que é cultura. Pero, para
todos, é a CULTURA con maiúsculas, a do poder económico, social; é a cultura que se aso-
cia coa escola, a da universidade; a que todos queremos para os nosos fillos.
Pero á par desta cultura dominante hai outra cultura esquecida, que non aparece –ou
pouco– nos libros da escola, que case sempre foi refugada e non é aceptada como tal polos
posuidores da cultura con maiúsculas e mesmo polos portadores desta propia cultura.
Unha cultura que se identifica co pobo, unha cultura que se manifesta en todo o que
rodea ao home: nas súas crenzas, ritos, usanzas sociais, costumes…
Unha cultura que ten fartura de caracteres distintivos que a individualizan e son visi-
bles desde moi antigo, probablemente desde que os primeiros seres humanos chegaron
a estes vales.
Se lles preguntasemos ás pedras pulimentadas do paleolítico, aos símbolos de orixe cas-
trexa, ás técnicas e instrumentos agrícolas conservados desde os romanos, ás lendarias covas
onde os mouros gardaban os seus tesouros, aos estilos xurídicos vixentes desde a Idade
Media, ás pequenas aldeas, aos procesos artesanais e oficios tradicionais, ás diferentes mani-
festación da literatura de tradición oral, aos diferentes espazos xeográficos…. contestarían-
nos cun alto, forte e carraxento SI; que existe unha cultura milenaria expresada, en primei-
ro lugar, nunha fala común que é o noso maior sinal de identidade, unha fala –dito sexa de
paso– que se conservou, conserva e ¿conservará? grazas aos labregos e mariñeiros.
Esta cultura chámase popular porque é do pobo; pero o pobo é xente, polo tanto todo
home ou muller é posuidor desta cultura que se forxa na experiencia da vida. Persoas que
nalgún caso ata son iletradas, que pisaron pouco a escola, que non pasan das catro regras,
que… pero que saben: ollar o ceo, dos ciclos da natureza, das árbores e dos paxaros; per-
soas que gardaron os segredos dunha forma de vida máis equilibrada e sostible; persoas
que se guiaron por un sistema de valores baseado en ter sempre “a honra do nome por
24 A Universidade Rural Galega e a posta en valor dos Saberes

espello”; persoas que aprenderon vivindo a


vida; persoas que lle transmitiron aos seus fillos
os seus saberes sen necesidade de infraestrutu-
ra formativa ningunha.
Mais esta CULTURA sobreviviu principal-
mente no mundo rural; nas aldeas espalladas e
moi a miúdo reducida ás humildes lareiras…
a pesar dese movemento uniformante iniciado
hai máis de 500 anos. Este movemento actuou
con maior ou menor peso segundo as circuns-
tancias históricas e foi paseniñamente afondan-
do nas diferentes xeracións ata producir un
auténtico drama; conseguir que as xentes vivan
en oposición teimosa e constante coa propia
historia, as propias tradicións e co mesmo mar-
co xeográfico…
É agora, no transcurso das últimas décadas
–en pleno proceso de globalización– cando o drama se está a facer máis intenso e extenso
favorecido polos cambios radicais que se produciron no medio rural. A expansión indus-
trial e o mercado empézanlle a comer terreo ás formas de vida da aldea; moitos trebellos
son substituídos por modernas máquinas iniciándose así a desaparición paulatina de moi-
tos oficios e actividades e polo tanto de moitos saberes, artes e costumes tradicionais.
Estes cambios levan non só á perda dun gran acervo cultural que se vai borrando pase-
niñamente coa memoria dos máis vellos senón que tamén están a producir unha grande
crise no mundo rural actual; o despoboamento coa conseguinte falta de renovación xera-
cional; as poboacións máis novas xa non están a vivir no mesmo medio no que o fixeron
os seus avós ¡Un auténtico etnocidio¡
Pola contra hai moitas persoas, asociacións, entidades que, conscientes desta desfeita, están
traballando con moita creatividade e teimosía para tentar subverter esta tendencia negativa.
Un grupo delas (Asociación EuroEume, A.D.R Ancares, Preescolar na Casa, Colectivo
Estiño, Xermolos, C.E.I.P Mosteiro de Caaveiro…). comezamos a xuntarnos desde hai un
ano para tentar poñer en valor o traballo das persoas e grupos que están a desenvolver en
Galiza proxectos e accións que favorezan o recoñecemento e dignificación tanto do mun-
do rural actual coma da súa historia.
Este horizonte esixe a creación dun ente que, por un lado, non permita que se esque-
zan os saberes populares e, por outro, os difunda e os perfeccione dándolles un valor enga-
dido para coñecemento da sociedade e xeracións futuras. Isto é o que pretende ser a UNI-
VERSIDADE RURAL GALEGA (U.R.G); unha organización:
❙ EFICAZ, coa estrutura, orzamento, medios e profesionais axeitados para levar a cabo
os traballos necesarios para acadar eses obxectivos.
❙ PLURAL, na que poidan converxer diferentes opcións políticas e ideolóxicas en aras
duns mínimos comúns orientados fundamentalmente por logros concretos no eido
da etnografía, da cultura e do desenvolvemento rural.
❙ LIGADA esencialmente a proxectos de base de animación e de desenvolvemento
rural e realizacións concretas culturais e etnográficas.
Así a U.R.G márcase como obxectivos xerais:
1. Colaborar na recuperación, conservación e difusión dos saberes tradicionais do
mundo rural.

142
Manifestacións de PI: a cosmovisión

A. Realizando un Banco de saberes que sirva de recurso achegado para utilizar polos
distintos ámbitos da sociedade e centralizado nun lugar físico, nun enderezo
concreto…
B. Artellando o Banco de saberes en función da utilidade que para a sociedade rural
teña o seu saber (saúde, vestido, construción, alimentación, lecer, cultura…) de
xeito que se poida ofertar un servizo de coñecemento para os propios sabedores
e de orientación para a sociedade en xeral.
C. Ofertando un servizo de mediación entre as posibilidades dos sabedores e os
interesados nas aprendizaxes.
D. Organizando un amplo fondo bibliográfico e documental a partir dos recursos
que se atopan espallados por domicilios, asociacións… que queiran sumarse á
iniciativa.
E. Organizando unha oferta formativa anual animada e xestionada pola propia
U.R.G directamente ou en colaboración con algún outro grupo.
F. Organizando anualmente a Feira dos saberes.
2. Colaborar e poñer en valor canta iniciativa de recollida, conservación e difusión das
tradicións rurais que se atopan espalladas por Galicia.
A. Elaborando un censo de todas as persoas e grupos que en Galicia están a traba-
llar no eido da conservación e recuperación de usos e costumes rurais.
B. Colaborando na publicidade e coñecemento das actividades destas persoas e
grupos.
C. Elaborando o diagnóstico da situación deste sector: problemas, carencias, ex-
pectativas.
D. Organizando anualmente, sempre en colaboración con algún dos grupos
implicados, un foro sectorial (agricultura, lecer, cultura…) de intercambio e
debate.
3. Favorecer todo o tipo de actuacións que dignifiquen e melloren a vida no mundo
rural galego.
A. Poñendo en marcha un observatorio da realidade no que se analicen as actuacións
que se están a levar a cabo no mundo rural e se fagan propostas en consecuencia.
B. Elaborando o censo de todos os grupos que están a levar a cabo proxectos de
desenvolvemento no mundo rural.
C. Elaborando un dossier pedagóxico no que se conte o máis salientable das expe-
riencias de desenvolvemento.
D. Elaborando un sistema de intercomunicación que posibilite a circulación e o
intercambio de información.
E. Celebrando un encontro anual para debater a problemática, perspectivas, meto-
doloxías… no mundo rural.
4. Axudar á consolidación dunha organización eficaz, ampla e aberta en todos os sen-
tidos do termo que posibilite a consecución dos obxectivos anteriores. (Desen-
volvemento da U.R.G.).
A. Consolidando e potenciando todo o labor feito.
B. Organizando unha boa campaña que posibilite chegar á práctica totalidade de
grupos que están a traballar polo mundo rural de xeito que podan sumarse ao
proxecto.
C. Consolidando e favorecendo unhas boas condicións do servizo así como un bo
equipo técnico.

143
24 A Universidade Rural Galega e a posta en valor dos Saberes

A criatura xa naceu (IV A); agora unha comisión está a traballar para que dea os seus
primeiros pasos (IV C); logo farase o posible para que todos (IV B) camiñemos xuntos polo
vieiro da recuperación (I) e posta en valor (II) do saber tradicional cara a un desenvolve-
mento equilibrado do mundo rural (III).
Se xa queres sumarte á iniciativa podes contactar con:
C.D.R. Ancares: Ramiro 982.364560 - cdrancares@terra.es
C.E.I.P. Mosteiro de Caaveiro: Secundino 981. 459022 /459133 cundi@edu.xunta.es
Xosé C. Figueroa 686783800 - Freire@axouxere.net

144
25

¡Non sen elas! O papel das mulleres na cultura


tradicional

Rosa Pascual Abal; Puri Pérez Leirós

En todas as culturas a importancia das mulleres na construción e transmisión dos elemen-


tos constituíntes do patrimonio tradicional é indiscutible. Ademais de compartir a maioría dos
traballos produtivos e de contribuír na elaboración do patrimonio inmaterial (crenzas, costu-
mes, ritos, etc.) algúns aspectos tan significativos como o referido á saúde da familia, aos reme-
dios caseiros, ao coñecemento das plantas e aos seus diversos usos, ao coidado dos animais, á
educación dos nenos e nenas en crenzas e valores, á organización do espazo doméstico, etc.,
teñen un marcado carácter feminino, cando non son ámbitos exclusivos das mulleres.
En Galiza esta importante presenza feminina viuse reforzada polo feito da emigración,
que no tránsito do século XIX ao XX e nas décadas centrais do XX, foi protagonizada maio-
ritariamente por varóns e deixou nas mans das mulleres toda a carga de sostemento, coida-
do e responsabilidade da familia e do seu contorno.
A pesares da súa relevancia como creadoras de cultura atopamos nos estudos, exposicións,
etc., que se veñen realizando sobre aspectos da cultura tradicional, escasas referencias ás con-
tribucións das mulleres e detectamos un proceso de invisibilización das mesmas. Se ben é cer-
to que a cultura tradicional é claramente patriarcal e discrimina e aínda explota as mulleres,
non obstante recoñece a importancia do seu traballo e o papel da muller é, nel, moi visible.
Por que entón esta presenza non se reflicte en moitos estudos e por que campos impor-
tantes da cultura, tradicionalmente femininos, están perdéndose da memoria colectiva? A nosa
interpretación é que a difusión das ideas propias da sociedade liberal, industrial e urbana que
dividiron a sociedade en dúas esferas, a pública, a dos varóns, e a privada, a das mulleres, con-
finadas no espazo doméstico, e o ideal burgués feminino de “anxo do fogar” limitado a súa
función como nai e “descanso do guerreiro” favoreceron a desvalorización do seu traballo e da
súa achega á cultura. Esta visión permanece hoxe en día e conforma a nosa mirada, influíndo
sobre o enfoque co que nos achegamos a realidades diferentes, favorecendo neste caso a ocul-
tación do papel das mulleres, que non obstante, era recoñecido na súa comunidade.
Esta ocultación ten consecuencias de gran calado, xa que non é só unha carencia que
pode resolverse engadindo un pequeno apartado aquí ou alá, é pola contra unha distorsión
da memoria histórica que pretendemos recuperar e transmitir. Non se trata só dunha cues-
tión de facer xustiza ao labor das mulleres, a cuestión é que non nos podemos permitir per-
der por ignorancia ou prexuízos esa acumulación de coñecementos, esa sabedoría que nos
25 ¡Non sen elas! O papel das mulleres na cultura tradicional

resulta imprescindible para poder afrontar, con posibilidades de


éxito, os problemas do presente, na construción dunha socieda-
de máis xusta, máis rica e tolerante.
O campo de traballo é polo tanto moi amplo, levará tempo e
sumar esforzos e non queremos rematar sen apuntar algunhas
propostas, para ir comezando...
É urxente recoller as testemuñas das mulleres sabedoras,
portadoras de coñecementos, para que estes non se perdan coa
súa desaparición. Con esta información poderíamos:
❙ elaborar pequenas biografías daquelas mulleres máis
representativas
❙ elaborar catálogos de usos tradicionais de herbas, costu-
mes, etc.
❙ elaborar pequenas monografías sobre aspectos concretos.
Tamén é importante involucrar aos rapaces e rapazas dos
centros de ensino medio das comarcas na recollida e tratamento
desta información, co asesoramento e supervisión do profesora-
do experto en técnicas de tradición oral, para facer as novas xera-
cións conscientes do valor deste patrimonio e tamén do seu pro-
pio valor como transmisores.
Debemos facer chegar ás entidades, concellos, departamentos
universitarios, asociacións culturais, etc., é dicir a todos aqueles
que traballan, investigan e ou difunden este tipo de coñecemen-
tos, a importancia de seren rigorosos e darlles aos axentes a pre-
senza que lles corresponde, é dicir, non se pode facer estes tra-
ballos sen contar coas mulleres, non sen elas!
Non sen elas porque son creadoras e portadoras dun patri-
monio, que por levar a marca de “elas”, a marca de mulleres, foi,
é, infravalorado e polo tanto retirado dos circuítos relacionados
co ben considerado, co valor económico, social, etc. Renunciar a
todo este patrimonio é renunciar polo tanto á unha parte da nosa
identidade, a unha parte da nosa Historia.

Que propostas de acción se poden desenvolver


ou se están a desenvolver nestes momentos?
As mulleres como portadoras, conservadoras e transmisoras
de patrimonio nos anos da emigración cara América.
❙ Recollida de receitas.
❙ Recollida de remedios, enxertos, etc. utilizados na agricul-
tura.
❙ Recollida de oficios realizados polas mulleres.
❙ Biografías de mulleres das distintas zonas de Galicia.
❙ Recollida de rituais, cerimonias, etc.

146
26

A agricultura tradicional como opción


de futuro

Xoán Carlos Carreira Pérez

En máis dunha ocasión temos escoitado que un país, Galiza neste caso, debe aproveitar
as súas vantaxes comparativas. Poñer en valor, como se di agora, a agricultura tradicional
é sen dubida actuar neste camiño.
Moitas veces a reivindicación de conservar os nosos bosques, o noso patrimonio etno-
gráfico, a nosa paisaxe, a nosa agricultura, a nosa gandería faise dende unha perspectiva
conservadora (máis que conservacionista). Con todo, hai outra visión que pode unir a
valorización das practicas agrícolas tradicionais coa modernidade e o futuro.
Galicia ten perdido en certo xeito o tren da modernidade no sector agroalimentario,
agás na pesca. Temos fracasado no formulación dun potente sector agroindustrial tanto no
sector do leite como no da carne e en case que todas as producións agrícolas agás excep-
cións. Hoxe a nosa Produción Final Agraria achégase a un monocultivo do leite e da carne
de vacún mais exportamos materia prima sen transformar, de moi pouco valor engadido,
mentres importamos dende queixos a conservas vexetais.O mesmo podemos dicir do noso
desenvolvemento económico nos termos máis aceptados na economía oficial.
Porén, aquilo que pode ser considerado un fracaso pode ser tamén unha vantaxe com-
parativa. O modelo de intensificación xeradora de excedentes, o modelo de gandería e agri-
cultura industrial que quedou duramente cuestionado coa crise das “vacas tolas” pode que
teña os días (ou anos ou decenios) contados no noso contorno xeográfico. Por iso aqueles
soutos que non foron destruídos grazas ao atraso económico, e que seguen poboando aín-
da unha parte importante das nosas serras orientais, pode que agora sexan un ben estraté-
xico dende o punto de vista económico. O mesmo poderiamos dicir da nosa agricultura
tradicional. Nun contexto de reconversión ou evolución cara unha produción respectuosa
co medio e garante de calidade e seguridade alimentaria, chamémoslle ecolóxica en senti-
do amplo, a pervivencia aínda das prácticas de agricultura tradicional en Galicia pode ser
unha vantaxe comparativa.
Non vou insistir nos aspectos positivos destas prácticas da agricultura tradicional,
outras persoas poderán fala diso mellor ca min. Con todo, se cadra ten interese lembrar
algunha sen ser exhaustivo:
❙ A importancia da fertilización orgánica e os seus beneficios sobre o solo fronte aos
excesos da fertilización mineral parecen hoxe evidentes.
26 A agricultura tradicional como opción de futuro

A existencia de sebes que serven de refuxio a fauna que serve para controlar pragas
pode facer que mesmo agradezamos que en algures non chegaran as concentracións par-
celarias e determinadas prácticas de reordenación da propiedade.
A utilización de variedades autóctonas, se aínda estamos a tempo de conservalas e recu-
peralas, pode permitir unha oferta de produtos diferenciados recolleitados en temporada.
En todo caso a concepción da agricultura tradicional como unha posíbel vantaxe com-
parativa de Galiza significa reflexionar sobre algunhas cuestións que me atrevo a formular
aquí sendo consciente de que non deixan de ser unha herexía mesmo no meu campo ide-
olóxico, aínda que sabedor tamén de que apenas houbo avances sociais e científicos que
non naceran nunha herexía.
A primeira reflexión que me fago e vos fago é de se o minifundio segue a ser, no sécu-
lo XXI, un problema para o desenvolvemento agrario de Galicia. A máis moderna das agri-
culturas oficiais é hoxe a chamada “agricultura de precisión” e/ou a “rega por goteo” que
discrimina as labores, a rega e tratamentos que hai que dar, etc., en función non xa da par-
cela senón de cada parte da parcela. Os tractores guiados por GPS e demais avances poden
cambiar mesmo as doses de tratamentos, aboamento, densidade de semente, etc., segundo
por onde estean a traballar. Claro que estamos falando de parcelas de centos de Has nun-
ha agricultura altamente tecnificada. Mais pensando un pouco ¿non resposta o minifundio
a unha adaptación ao medio ademais dunha necesidade social que levaba á división da pro-
piedade? ¿Non é o minifundio en Galiza en certa maneira unha agricultura de precisión,
feita iso si a base dun enorme esforzo e traballo humano? Xa que logo, non valerá a pena
coñecer por que se dividiu o territorio do xeito que se fixo ao longo de tantos anos? ¿non
será reconvertíbel nunha “agricultura de precisión” á galega e polo tanto un punto de par-
tida para coller o sendeiro da modernidade dando un salto no tempo?
En relación co anterior non teño claro se debemos seguir cifrando as nosas esperanzas
de desenvolvemento agrario no sector lácteo e gandeiro e/ou na constitución dun potente
grupo agroalimentario galego neste sector. Dada a evolución, os cambios nos hábitos de
consumo (co avance da alimentación baseada ou máis orientada cara os vexetais), dados
os problemas de saúde que xera unha alimentación que produce taxas alarmantes de obe-
sidade, ¿non será o momento de apostar estratexicamente, de novo, pola produción agrí-
cola agora dende unha perspectiva ecolóxica en sentido amplo, tomando a dianteira neste
terreo nun mercado que vai seguir expandíndose sen parar nos próximos anos?
A terceira das reflexións ten que ver cos avances de I+D+i no sector agrario. ¿Non será
máis útil recoller o que os labregos e labregas investigaron (si, investigaron ou experimen-
taron, como queirades) a través dos tempos e que até de agora desprezamos como atraso?
Tivo que ser un estranxeiro, Abel Bouhier, quen demostrara claramente a tremenda eficacia
dunha prácticas agrícolas que usaban do xeito máis sostíbel posíbel os recursos dispoñíbeis.
Este saber aproveitar o medio de xeito sostíbel (que concepto máis vangardista que xa era
practicado polos nosos avós) pódese perder na próxima década se non facemos un esforzo
investigador para recollelo dunha xeración a punto de desaparecer, mais ¿convenceremos a
alguén de que isto é realmente investigación, desenvolvemento e innovación?
Outro aspecto que se está poñendo en cuestión é propio concepto de agricultura., A agri-
cultura tradicional (e aquela pola que entendo debemos apostar no futuro) xera riqueza pai-
saxística, descontaminación de solos e augas, etc. como parte do propio proceso produtivo
e está, en certa maneira, indisolubelmente unida a el. Porén, non é remunerada.
Salvando as distancias que toda comparación ten, poderiamos dicir que é como se os
produtores/as de leite tivesen que regalar os becerros que xorden como parte indispensá-
bel do seu proceso produtivo porque aparecen inevitábelmente “sen querer”. Porén, eu non

148
Manifestacións de PI: a cosmovisión

teño dúbidas en que os/as labregos/as deben ser remunerados/as polo sociedade xa que
resultados consubstanciais do propio proceso produtivo se converten hoxe en bens sociais
de enorme valor. Hai varias formas de remunerar esta función social da agricultura tradi-
cional, dende unha renda básica parcial para aquelas persoas que practiquen determinado
tipo de agricultura, até a valoración do que supón o respecto do medio e da paisaxe e a
conservación de recursos naturais.
Por exemplo no Plan Zonal Agro-Ambiental do Parque Nacional da Peneda Gerês, ava-
líase cal é o custo e como debe ser remunerado o compromiso de utilizar especies locais,
cultivar e gardar as sementes en cantidade suficiente para nova sementeira, proporcionar
sementes para o Banco Nacional de Germoplasma Vegetal, etc. Tamén se avalía por exem-
plo cal é o custo e como debe ser remunerado o compromiso de mantemento do cultivo
en socalcos, incluíndo recuperación de muros de soporte en mal estado de conservación e
mantemento dos que estean en bo estado, etc.
O mesmo día que escribo este artigo, o xornal recolle o traballo de Albino Prada que
confirma a intuición que eu xa tiña sobre a dispoñibilidade dos galegos e galegas a pagar
pola conservación do medio e en contía nada desprezábel, superior mesmo aos doutros
países. Non hai pois desculpa para que os poderes públicos non afronten este tema cunha
opinión pública tan favorábel como amosa o estudo.
A ultima reflexión refírese á agricultura a tempo parcial ou simbiótica en termos máis
propios dos economistas galegos. Sempre foi considerada como unha agricultura de segun-
da orde que en nada axudaba á modernización porque non permitía unha profesionaliza-
ción axeitada, paso indispensábel para a modernización e intensificación da produción
agraria. Mais, ¿segue a ser válido esta análise nun contexto onde moitos labregos e labre-
gas de tempo parcial son precisamente os depositarios/as daquilo que hoxe debemos valo-
rizar? ¿Segue a ser válida hoxe esta valoración da agricultura a tempo parcial cando os seus
“defectos” implícitos poden ser hoxe vantaxes? En todo caso, da importancia económica
deste tipo de agricultura (que probabelmente non recolle axeitadamente o a metodoloxía
de cálculo do PIB) dannos idea estes datos: o número de persoas que están inscritas na
Seguridade Social Agraria en Galicia son 57.000, a Poboación activa agraria estímase en
117.000 persoas e as Unidades de Traballos para obter a Produción Agraria estímanse en
194.000. ¿Quen se ocupa da produción agraria?
Será ben que deteña as reflexións e as preguntas aínda que quedan algunhas máis. Tan
só unha ultima cuestión final. Non hai dúbida (polo menos para min) de que estamos ao
remate dunha crise agraria. A reconversión agraria xa chegou ou está a punto de chegar ao
final. Cumpríronse, por desgraza, as previsións daqueles que denunciabamos os posíbeis
efectos de determinadas políticas agrarias. Mais precisamente por iso deberiamos ollar a
realidade tal cal, ver as posibilidades que nos ofrece o que agora temos, non o que pode-
riamos ter se hai trinta anos a política agraria tivera seguido outro camiño.
E aquí é onde, dende o meu punto de vista, xorde a necesidade de saír da crise con
novas formulacións nas que aparece o enorme valor da agricultura tradicional, con todo o
seu saber secular, as súas practicas sostíbeis, os vellos-novos produtos, o seu papel na con-
servación do medio e da paisaxe, a súa xeración de actividades económicas auxiliares
(turismo rural, sendeirismo, pesca, produción artesanal, etc. non terán éxito sen este tipo
de agricultura). Mais para apostar por este novo camiño cómpre non perder tempo, por-
que apenas nos quedan uns anos para evitar que se perdan de xeito irreparábel saberes,
prácticas, produtos, variedades, paisaxe...

149
27

Agricultura tradicional alternativa


na aldea de Reboreda

Pilar Penín Penín; Eloi Davila González

Moitas veces as ideas preconcibidas e os prexuízos cara o pasado non nos deixan ana-
lizar e apreciar o saber facer daquelas xentes. Todos estamos afeitos a oír dicir que a labran-
za de antes era todo miseria, unha agricultura de subsistencia da que se malvivía.
Educáronnos así, estudamos as modernas técnicas menosprezando a cultura popular. Co
tempo deixamos de ser tan arrogantes e empezamos a fixarnos nos pais e nos veciños can-
do traballan na horta ¿Que segredo gardan os maiores nas súas mans que as sementes pare-
ce que xa van nacendo antes de tocar a terra?
Tradicionalmente había un aproveitamento racional da terra e dos recursos naturais. O
labrego era un observador do entorno e coñecía perfectamente o seu lugar, asignándolle un
uso determinado a cada zona. O monte tiña moita importancia, había terreo herdativo e
comunal, e abastecía de leña, madeira, estrume de mellor calidade que o da veiga, pedras,
pastos para o gando, centeo... e dende logo, polo valor que supuña, non ardía.
Nas terras de labranza distinguíase entre:
❙ Prados; para pastos e herba seca.
❙ Hortas; con verza negra.
❙ Nabás; que eran de regadío e nunca folgaban, había unha sucesión continua de cul-
tivos. Na primavera sementábase millo que podía levar asociado fabas e cabazos. En
agosto, despois xa dunha sacha do millo, sementábanse nabos e cando nacían sachá-
base entre eles e sementábase o centeo. Unha vez recollido o millo podían recoller-
se os nabos e por último a ferraña, que se segaba para o gando. Estercábase, arába-
se e volvía empezar o ciclo.
❙ As leiras; nas que se alternaban dous cultivos. A calidade da terra marcaba tres gran-
des zonas, de mellor a menor, destinguíanse leiras de patacas/centeo, leiras de
millo/centeo, leiras de centeo/barbeito. Seguían unha pauta curiosa á hora de rotar
os cultivos que reflectía o tipo de organización social; o pobo era un clan, todos
sementaban o mesmo cultivo no lugar que ese ano tocaba. Non facía falla falalo, xa
estaba establecido de antigo e todo o mundo sabía que as patacas este ano van nas
caldas e o centeo na praza do Barreiro. Isto era extrapolable a moitos traballos e cos-
tumes, marcando un ritmo e unha sintonía entre os labradores e no entorno no que
vivían; había harmonía
27 Agricultura tradicional alternativa na aldea de Reboreda

Esta organización co parcelamento desaparece.


As sementes eran gardadas dun ano para outro, e recollidas en boa lúa. Estas sementes
que pasaban de xeración en xeración eran seleccionadas dos mellores exemplares, estaban
adaptadas perfectamente ás condicións climáticas do lugar e tiñan unha maior resistencia ás
enfermidades e insectos cos que convivían, converténdose así, ano tras ano, en variedades
rústicas, duras e resistentes que non presentaban practicamente problemas no seu cultivo.
Abonábase con esterco provinte das cortes dos animais e dos camiños que se estraban
con estrume.
A laboura, que se realizaba con animais ou manualmente, respectaba a estrutura do solo
e non provocaba as compactacións do solo que aparecen actualmente o empregar maqui-
naria pesada.
A existencia de sebes, regatos, paredes de pedra, arboredo, e de toda a fauna que atopa-
ba abrigo e alimento neles, permitía manter un equilibrio do ecosistema, favorecendo enor-
memente os cultivos. O cultivo non se impuña sobre a natureza senón que coexistía con ela.
Estes sistemas eran pechados e autosuficientes porque non había desperdicios, todo tiña
a súa utilidade, onde a agricultura e a gandería eran actividades complementarias, non se
entendía unha sen a outra. Estas formas de traballar non só non contaminaban senón que
preservaban o entorno, mantiñan a paisaxe e salvagardaban as especies animais e vexetais.
A partires da revolución verde, nos anos sesenta, este panorama cambia rapidisima-
mente acentuándose a industrialización do campo. O labrego pasa a ser “empresario agrí-
cola”, un operario que explota a terra, valorando unicamente a rendibilidade. Este proce-
so industrializador provoca unha serie de problemas:
❙ O uso indiscriminado de pesticidas; estas sustancias son moi contaminantes para o
medio ambiente e moi nocivas tanto para a saúde do labrego como dos consumidores.
❙ O labrego perde o control das sementes; xa non se gardan dun ano para outro senón
que se mercan na tenda, xeralmente variedades híbridas que non están adaptadas ao
lugar, polo que son máis susceptibles a enfermidades e pragas, incrementándose así
o uso de pesticidas. As multinacionais que controlan as sementes limítanse a sacar
ao mercado unhas poucas variedades comerciais, co que unha grande parte das
variedades que existían desaparecen.
❙ Establécense grandes monocultivos onde un único agricultor, cun bo parque de
maquinaría, fai todo o traballo.
❙ O solo deixa de ser importante e pasa a ser un mero soporte para as plantas, non se con-
sidera como o ser vivo que é, no que se acolle unha grande cantidade de vida xerado-
ra de fertilidade. Por iso o uso de pesticidas mata toda a vida canta hai e se reduce a fer-
tilidade natural da terra. Esta falla de respecto pola terra (uso de agroquímica, labouras
inadecuadas, non aportar adubos orgánicos…) leva co tempo á desertización.
❙ Os agricultores deixan de ser autosuficientes para pasar a depender das multinacio-
nais que os abastecen de sementes, produtos fitosanitarios, maquinaria… perdendo
tamén o control dos prezos das súas colleitas
Todos estes problemas derivados da industrialización da agricultura conducen ao des-
poboamento do rural e á aglomeración nas cidades, cos conseguintes problemas sociais. Os
agricultores que quedan non ven claras as perspectivas de futuro e cada ano salta algunha
crise alimentaria, que non son máis que avisos que indican que isto non vai ben.
Ante este panorama rexorde a agricultura biolóxica como unha alternativa; non é vol-
ver ao pasado senón que recolle esa verdadeira sabedoría popular, froito da experiencia, e
adáptase ao noso tempo, aproveitándonos para iso das modernas técnicas e dos coñece-
mentos actuais.

152
Manifestacións de PI: a cosmovisión

Os nosos pais, e a maioría dos galegos, o último que queren para os seus fillos é que
sexan labregos.
Nós somos Pilar e Eloi, vivimos na aldea de Reboreda no concello de Porqueira.
Estudamos e traballamos durante algún tempo na cidade e démonos conta de que non era
o que nós buscabamos. Decidimos entón volver para a aldea. Levamos seis anos cultivan-
do hortalizas usando métodos de agricultura biolóxica, aínda que os nosos comezos foron
con agricultura convencional, producindo para unha cooperativa flores en invernadoiro e
hortalizas ao aire libre. Nun principio era cómodo seguir as directrices de cultivo que nos
marcaban e ter asegurada a venda das producións. A agricultura convencional baséase en
facer tratamentos preventivos sistematicamente con agroquímicos, cada semana aplicaba-
mos varios centos de litros de funxicidas, insecticidas, herbicidas... Son produtos moi tóxi-
cos e aínda que os empregabamos con luvas e máscaras empezamos a ter problemas de
saúde. A raíz disto decidimos non usar máis este tipo de produto pero isto levou a que os
nosos cultivos non cumpriran os criterios de calidade convencionais.
Agora sabemos que facer agricultura biolóxica non só consiste en non empregar pro-
dutos químicos de síntese, senón que é máis ben un conxunto de actuacións: abonar
correctamente cada planta, aplicar preventivamente infusións, maceracións e xurros de
plantas, elixir variedades rústicas e adaptadas o lugar, fomentar a biodiversidade, pór sebes
de plantas silvestres, contemplar as rotacións de cultivos e asociacións de plantas que se
beneficien mutuamente, sementar nas épocas apropiadas...
Era normal que os caraveis empezaran a ter problemas sen lle manter esa burbulla asép-
tica que conseguían as fumigacións. Ao ser un monocultivo favorecíase que se estendesen
as pragas, son plantas seleccionadas para que produzan moito con adubos químicos pero
extremadamente delicadas e inapropiadas para o cultivo biolóxico.
Durante estes anos fomos a cursos, buscamos información en libros, visitamos outros
agricultores para que nos contaran a súa forma de traballar, pero o máis importante é levar
á práctica estes coñecementos facendo probas e experiencias na túa horta, porque hai
unhas leis xerais pero cada agricultor ten que ver que é o que lle dá resultado nas súas cir-
cunstancias particulares.
Para facer unha agricultura respectuosa co medio ambiente é imprescindible aliarse coa
natureza, intentar coñecela e seguir os seus ritmos. Se se ven uns cantos bichiños, non hai que
alarmarse e ir correndo á tenda fitoagraria máis achegada para que nos dean un veleno, debe-
riamos ser pacientes e esperar porque cando se fomenta a biodiversidade na horta permítese
a convivencia de distintas especies e establécese un equilibrio entre a posible praga e os seus
depredadores. Un ataque de pulgón pode ser controlado por depredadores como a xoaniña,
a cadela dos frades..., por parasitos, como a avespa que pon o seu ovo dentro do pulgón… Se
ben, como último recurso, podemos empregar insecticidas e funxicidas de orixe natural.
A paciencia é outra das virtudes que ten que cultivar o agricultor, e digo paciencia, non
resignación. Non hai que declararlle a guerra á natureza e ter a sulfatadora cargada apun-
tando a todo o que se mova. Temos que ser observadores e se unha planta non vai ben
teriamos que preguntarnos que é o que fixemos mal (sementar en mal momento, por unha
variedade que non se adapta, abonar demasiado...). Para conseguir a saúde das plantas a
nosa función pódese resumir en intentar manter ese equilibrio natural que se ve mermado
cando o único que intentas é producir a toda custa. De todas formas temos moita varieda-
de de hortalizas, non arriscamos todo a unha carta, se algunha falla é unha mágoa pero non
é unha catástrofe. Isto tamén nos favorece á hora de vender porque ofertamos variedade.
Vendemos o máis directamente posible, eliminando intermediarios, así nós obtemos un
mellor prezo e ao consumidor resúltalle máis barato. Estamos dentro dunha asociación

153
27 Agricultura tradicional alternativa na aldea de Reboreda

“Labregos Daiquí” da Carballal (Rairiz de Veiga). Alí María e Manuel encárganse de cen-
tralizar a produción de varios labregos, e por outra banda recollen os pedidos dos consu-
midores e fan o reparto semanal.
A forma de certificar que os produtos son biolóxicos é a través de aval do Consello
Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia. No noso caso, o non estar inscritos no
Consello Regulador, é importante que teñamos un contacto persoal cos nosos consumido-
res para establecer unha relación de confianza.
Cultivamos a terra nunha zona onde se fixo a concentración parcelaria cuadriculada e
lambida, así que cambiou moito o entorno. Onde antes a xente dicía que tiña nabás (que
levaban millo, ferraña e nabos), as leiras, os prados, as hortas, agora son todo parcelas, xa
no hai regatos retortos senón canles dereitas de formigón, e onde antes era húmido agora
é seco e viceversa. Desapareceron eses carballos maxestosos que gardaban as historias que
contaban ás súas sombras os avós e bisavós dos que os cortaron. Está un pouco todo patas
arriba, aínda que a maioría da xente está contenta co cambio. Por iso na parcela onde
temos os invernadoiros plantamos unha sebe de salgueiros, amieiros, sabugueiros, puxe-
mos algunha que outra árbore intercalada e deixamos que medre espontaneamente algún
toxo, xestas…
Non sei se algún día os coñecementos que teñamos os humanos sobre o planeta nos leva-
rán a dicir “a vida xa non ten segredos para nós”. Pero grazas a Deus por moi importantes
que nos consideremos, o noso coñecemento é bastante superficial, e a vida mantense grazas
a millóns de sutilezas que nós descoñecemos. Todo está en constante relación con todo, por
iso unha árbore nas nosas fincas non a vemos como un estorbo á hora de laborar co tractor,
senón que debaixo dela podo descansar á súa sombra, acollerá moita vida (paxaros, insectos,
fungos...) que sen dúbida beneficiará dalgún xeito os nosos cultivos. As súas raíces recolle-
rán minerais das capas profundas da terra e no outono as follas caídas alimentarana de novo.
Cando chova, as raíces dirixiran a auga cara ás profundidades e non deixarán que as esco-
rrentas marchen co solo. Son tan xenerosos que nos dan osíxeno e nos limpan o aire que res-
piramos, alégrannos a vista e avisan os despistados en que estación estamos. Podería xustifi-
car a súa importancia con máis beneficios que todos sabemos e con mil que descoñecemos.
Cremos na vida das aldeas, valoramos moito a relación entre os veciños e aínda que nos
ven cun pouco de receo cando lles dicimos que tanta química non é boa, que todo ser vivo
ten igual importancia sexa sapo, cobra, toxo, amieiro…, pero nunca dubidan en botarnos
unha man cando a precisamos
A nós claro que nos gustaría cambiar varios aspectos desta sociedade que menospreza
a natureza e o traballo dos labradores, pero a xente está cansada de discursos, así que a
nosa táctica e seguir desfrutando co que facemos, co tempo iso vaise transmitindo.
Consideramos que somos uns privilexiados por poder vivir no campo deste xeito, sendo
bastante autosuficientes e fuxindo así, dentro do que podemos, deste consumismo no que
non nos sentimos a gusto.
Participamos no proxecto da Universidade Rural Galega porque nos gustaría afondar
máis nestes coñecementos populares antes de que desaparezan por non ser valorados.
Animamos a todos os que teñan medo a manchar as mans a que planten, aínda que sexa
no balcón da casa, unhas leitugas, uns tomates, o que máis lles guste. É unha boa terapia
para combater o mal do “aquí e agora” desta sociedade do inmediato e marabillarémonos
vendo como a partires dunha minúscula semente e uns poucos coidados o tempo conse-
guirá uns froitos que saberán a gloria.

154
28

Conservando e valorizando a biodiversidade:


un exemplo pioneiro e exitoso manexando o vacún
na provincia de Ourense

José Luís Vaz Fernández

VERIN-BIOCOOP Sociedade Cooperativa Limitada, é unha sociedade fundada no ano


1998, froito da unión de once gandeiros con explotacións de gando vacún de leite e car-
ne. A súa pretensión era orientar e reconverter as explotacións en unidades produtivas res-
pectuosas co medio ambiente e coa saúde de todos. Na actualidade Biocoop está integra-
da por 28 socios distribuídos por toda a provincia ourensá.
A zona de influencia abarca todo o ámbito xeográfico da provincia de Ourense.
Podemos atopar socios nos concellos seguintes: A Veiga, Allariz, Barbadás, Blancos, Coles,
Cualedro, Laza, Montederramo, Monterrei, Ourense, Quintela de Leirado, Riós, San Xoán
de Río, Sandiás, Verín, Xinzo de Limia, Entrimo, Calvos de Randín e A Teixeira.
Os socios agrúpanse en tres liñas de produción:
❙ Cinco gandeiros posúen ganderías de produción leiteira.
❙ Oito socios teñen explotacións intensivas de vacún: Tenreira Galega.
❙ Quince son os socios que rexentan ganderías ecolóxicas extensivas.
Biocoop ocúpase de dar unha ampla gama de servizos ós seus socios. No que atinxe ás gan-
derías ecolóxicas, a nosa cooperativa encárgase de subministrar o penso ecolóxico así como
todo tipo de servizos en relación ó asesoramento técnico e produtivo. Outra función que cum-
pre a cooperativa é a de colocar os produtos ecolóxicos das nosas ganderías no mercado.

Principios xerais de Biocoop


❙ Prezo xusto ó produtor. O produtor ecolóxico asociado recibe entre un 10 e un 15% por
encima dos prezos de referencia da tenreira galega suprema. Isto conseguímolo aínda sen-
do conscientes de que temos que competir no mercado con prezos en orixe máis baixos
noutras zonas do Estado español. O noso principal aval é a calidade das nosas carnes.
❙ Prezo xusto ó consumidor. Consideramos que o prezo final da nosa carne ecolóxica
non pode exceder demasiado o da carne convencional (10 – 15%), para evitar que sexa
un produto de elites, só accesible ós grupos sociais de maior renda. Para conseguir este
obxectivo pensamos que é necesario establecer un contrato social, que fixe unha trans-
ferencia de renda ás producións ecolóxicas, como xa está ocorrendo coas axudas
medioambientais, polo labor social que desenvolvemos:
28 Conservando e valorizando a biodiversidade: un exemplo pioneiro e exitoso manexando o vacún…

❙ impacto cero ou mínimo na natureza


❙ control de incendios no medio rural
galego.
❙ minoración do cambio climático.
En definitiva, somos auténticos XARDINEI-
ROS DA NATUREZA e merecemos o recoñece-
mento social polo noso labor, que incide moi
positivamente nas arcas públicas e na saúde dos
nosos consumidores.

Producindo carne con biodiversidade


propia
Unha das principais virtudes que, en xeral,
amosa a experiencia de Biocoop é que o mate-
rial xenético das nosas vacas é único e exclusi-
vo destas terras. Non é que non valoremos o
potencial produtivo que teñen outras razas senón que traballando con razas autóctonas
conseguimos: reducir ó mínimo os gastos de fóra do sector ó seren razas perfectamente
adaptadas ás condicións ambientais locais. Por outra parte, valorizando as razas autócto-
nas estamos conseguindo que ese patrimonio xenético, froito do traballo milenario dos
nosos devanceiros, non se perda de forma irreversible.
Alén da rubia galega, a raza autóctona máis coñecida, as ganderías asociadas en Biocoop
traballan con material xenético das RAZAS EN PERIGO DE EXTINCIÓN: cachena, caldelá,
limiá, frieiresa e vianesa. En xeral, trátase de unidades produtivas extensivas: os animais, en
estado salvaxe, están en liberdade, non pechados. Trátase pois de imitar no posible a situa-
ción natural na que se atoparían os animais se o home non interviñese, permitir que formen
mandas, proporcionarlles diversidade de zonas (pasto, bosque, zonas húmidas,…) para que
sexan eles os que elixan onde queren estar, deixar que se reproduzan cando consideren que
é o momento óptimo, darlles sempre alimentos ecolóxicos que consumirán de xeito natural.
As ganderías extensivas permiten aproveitar os recursos que ofrece a zona, axudando
incluso á limpeza dos montes e polo tanto, a reducir a propagación dos incendios. Trátase
de que a produción dos animais sexa respectuosa:
❙ Co medio no que se integran, para constituír un ecosistema sostible.
❙ Coa saúde dos consumidores, xa que os animais se alimentan exclusivamente de pro-
dutos ecolóxicos (pastos ós que teñen acceso, cereais e leguminosas de produción
ecolóxica, millo das propias unidades produtivas e feo).
❙ Cos propios animais que integran a Unidade Produtiva, xa que hai que permitirlles
que, mentres estean na gandería, se desenvolvan e se encontren o mellor posible e
sen sufrir tensións, e dicir, o máis parecido a como se atoparían en estado salvaxe.
Que os xatos non tomen medicamentos (antibióticos, antiinflamatorios...) ó longo
da súa vida fai que a súa carne sexa de maior calidade e máis segura sanitariamen-
te, posto que non teñen substancias nocivas acumuladas nos seus organismos.
Como resultado do manexo realizado, os animais encóntranse fortes, vigorosos, alegres
e sans, o que permite que non reciban ningún tipo de tratamento medicamentoso. Está cla-
ro que para que os animais dunha gandería estean en perfecto estado, é imprescindible e
case requisito único respectar a súa forma de vida.

156
Manifestacións de PI: a cosmovisión

Outros elementos que caracterizan a algunhas das unidades produtivas que fan parte de
Biocoop son os seguintes:
❙ A intervención dos coidadores está na procura das mellores condicións posibles para
a estadía dos animais, buscando a rusticidade e pragmatismo nas construcións e ten-
tando obter boas producións de pasto mediante a contribución de compost e xurros
obtidos pola maceración de plantas en auga.
❙ A busca da autosuficiencia. A meirande parte dos complementos alimentarios que
se lles proporcionan ós animais son producidos nas propias Unidades Produtivas.
Cando é necesario impórtanse de fóra das unidades, pero sempre de procedencia
ecolóxica certificada.
❙ Recuperación de variedades vexetais propias, como foi o caso dunha variedade rústi-
ca de centeo, orixinario da comarca da Limia. Trátase dun cereal que se sementaba no
monte. O seu gran servirá de alimento para os xatos e a palla como cama do gando.
❙ As crías nacen no monte, xa que os animais están ceibes sempre. Os xatos que van
ser destinados ó consumo humano maman das súas proxenitoras ata que chega o
momento do sacrificio, mentres que as crías que van quedar na unidade para
aumentar os seus efectivos maman ata que son destetadas polas nais.
Este tipo de ganderías proporciónalles ós animais as condicións (consultar gandería
Outeiro) perfectas para que se desenvolvan fortes e sans, de xeito que non precisan de tra-
tamentos medicamentosos.

A preparación dos produtos


Os becerros que se crían nas unidades produtivas de Biocoop son comercializados a tra-
vés da propia cooperativa seguindo o proceso descrito a continuación:
❙ O sacrificio lévase a cabo entre os 9 e 11 meses de idade do becerro. Ten lugar no
matadoiro da Estrada – Pontevedra, que está homologado polo CRAEGA (Consello
Regulador da Agricultura Ecolóxica en Galicia). Os animais cualificados como eco-
lóxicos han de ser sacrificados en tempos e/ou espazos diferentes ós convencionais,
para evitar todo tipo de contaxio.
❙ A maduración/transformación ten lugar nas salas de Cocarga S.L, sita en Vigo, tamén
homologada polo CRAEGA. Trala matanza, o proceso de faenas comeza coa madu-
ración dos canais (2 ºC, durante 5-6 días ) nas cámaras frigoríficas. Logo, o animal
é desosado e despezado no tipo de porcións que elixiu o cliente. Tamén comerciali-
zamos canais e medios canais.
❙ O envasado. As diferentes porcións (solombo, entrecot, filetes 1ª a e 1ª b, redondo, fon-
due, rotti, ragout, xarrete, hamburguesas –carne picada con sal mariño groso e oure-
go de produción ecolóxica– e carne picada) son envasadas ó baleiro seguindo diferen-
tes sistemas: sistema darfresh, skin ou termoformado. Esta tecnoloxía de envasado,
que combina o baleiro e a micropasteurización superficial da carne, permite unha con-
servación óptima do produto durante 30 días e unha longa caducidade.

A venda dos produtos


Para que a carne ecolóxica non resulte cara e poida chegar ó mercado a un prezo razoable
(sopesando a relación calidade/prezo) é necesario pór en contacto o produtor co consumidor
final, evitando no posible a intermediación comercial. Para conseguir este propósito é necesa-
rio que os gandeiros unan forzas como fixeron os gandeiros ecolóxicos asociados a Biocoop.

157
28 Conservando e valorizando a biodiversidade: un exemplo pioneiro e exitoso manexando o vacún…

A cooperativa é quen organiza e vende, directamente, os xatos das súas ganderías eco-
lóxicas ás amas de casa, ás familias, asociacións de consumidores ecolóxicos, ás tendas e
restaurantes ecolóxicos.
Este sistema de venda directa permítenos valorizar a nosa tenreira autóctona e libéra-
nos da escravitude de non ter un canal comercial de “alto rendemento”.
Biocoop coloca os seus produtos en calquera punto do estado español en 48 horas
mediante transporte de frío, seguindo dous sistemas de venda:
❙ Sistema darfresh: venda directa a particulares, tendas ecolóxicas, liñas de grandes
superficies (por exemplo, centros de El Corte Inglés de Galicia).
❙ Canais e medios canais: venda a profesionais carniceiros, moi sensíbeis á calidade
diferenciada e singular. Por exemplo, Carnicería “Gallaecia”, 100 % ecolóxica, na
Coruña; “Raza Nostra” en Madrid; Equanto S. A., en Lisboa, que nos compra 6
canais semanais; alén de balnearios e casas de turismo rural en Galicia e carnicerías
de Valencia e Castellón.

Sistemas de control
As unidades gandeiras de Biocoop sométense ó control externo exercido polo CRAEGA.
Así, as unidades son inspeccionadas dúas veces por ano, realizando analíticas de terra,
auga, vexetación, alimentos, pelo dos animais, etc. O obxectivo dos controis é buscar cal-
quera residuo de produtos non permitidos na gandería ecolóxica.
Alén do control externo, os socios da cooperativa conforman unha agrupación
medioambiental Biocoop, organismo de control interno que pretende, entre outras fun-
cións, velar polo bo cumprimento da normativa ecolóxica e inspeccionar e controlar perio-
dicamente as ganderías
Para desenvolver estes labores contamos con persoal técnico capacitado: unha bióloga
(Anabel Dacosta) e unha enxeñeira agrónoma (Begoña Gómez).

158
29

A galiña piñeira (proxecto da fundación ACIVEGA)

Xan Ramón Díaz Saavedra

Na provincia da Coruña existiu sempre unha pita de tipo silvestre, aperdigada, e denomi-
nada popularmente “piñeira” que foron mellorando os habitantes da zona do concello do
Piñeiro e os seus limítrofes, seleccionando exemplares que derivaron cara unha pita de tipo
produtivo de aptitude cárnica e poñedora.
A poboación actual desta pita silvestre veuse reducindo, ficando na actualidade nuns
poucos exemplares, ao redor de 400. Endexamais se estudou, nin catalogou na súa varie-
dade silvestre; e a selección artesá fíxose de xeito empírico e sen as precisas actuacións que
se derivarían dun axeitado estudo das unidades orixinais.
A pita piñeira é unha raza moi maternal: presenta unha plumaxe acastañada, mestura-
da con azuis e grises, nas femias, e de cor negra no peito e nos cabos extremos dos machos.
O proxecto de ACIVEGA sobre a PITA PIÑEIRA ten os seguintes obxectivos:
1. Recuperar unha raza autóctona e campeira.
2. Estudar a comercialización dos seus produtos: ovos, carne e plumas.
3. Mellorar a raza e gardar a selección xenética nun banco de xenes.
Co primeiro obxectivo do proxecto trátase de marcar pautas para a conservación e
mellora da raza cara ao seu mantemento e recuperación. Obter datos fidedignos que per-
mitan a utilización produtiva da pita.
No segundo obxectivo preocuparémonos da produción fundamentalmente de ovos,
carne e plumas para a mosca na pesca deportiva.
Co terceiro obxectivo trátase de crear un banco xenético onde este material se conserve
para os futuros produtores que poidan iniciarse neste sistema produtivo, e ao mesmo tempo
tratar de conservar para os nosos fillos e netos unha raza galega que non debe desaparecer.
Entre as iniciativas e plans deseñados para executar este proxecto establecéronse os
seguintes:
1º Buscar máis espazo para desenvolver o actual galiñeiro experimental.
2º Ampliar a poboación deste galiñeiro a 100 aves
3º Construír un almacén e unha dependencia comercial cara ao produtor
4º Instalar un minilaboratorio para o control de calidade
A conclusión principal do proxecto:
❙ Recuperar e darlle valor ao noso patrimonio, e é polo que estamos integrados e cola-
boramos co proxecto da UNIVERSIDADE RURAL GALEGA.
30

Un novo impulso para os montes veciñais:


un patrimonio único

Xosé Represas Giráldez

Pasados xa máis de 25 anos do “recoñecemento legal” dos montes veciñais, que repre-
sentan case a cuarta parte do territorio de Galicia. Esta forma de posesión, tan propia de
Galicia e Portugal, nace coa conformación dos núcleos de poboación, sendo anterior ás ins-
titucións de poder local.
Os montes veciñais foron clasificados como tales, cando a Comunidade Veciñal xa esta-
ba inoperativa e vivía de costas ó monte, pola crise da agricultura e os costumes tradicio-
nais, polos cambios sociais e económicos.
Nesta situación, coa comunidade desorganizada e sen a utilidade e importancia que o
monte tiña na agricultura tradicional, os montes que antes lles usurparan sonlles recoñe-
cidos ós veciños, pero sen delimitar, con contratos que non se realizaron, sen planificación
de ningún tipo e con escasos recursos que poder reinvestir, e sen que o Estado recoñecese
todo o dano causado ás Comunidades Veciñais polos continuos ataques contra os montes
veciñais dende 1835 (ano no se inicia o deseño do novo mapa municipal). Queda así frus-
trado o recoñecemento, por estas eivas e limitacións.
O Estado ten cos montes veciñais de Galicia unha débeda histórica sen reparar, pois
nunca foron indemnizadas as Comunidades Veciñais pola marxinación que sufriron na
lexislación forestal española, asignando a súa titularidade ós Concellos. Ademais do “reco-
ñecemento legal”, non houbo, ó longo destes anos, ningunha actuación significativa que
de forma planificada permitise normalizar o funcionamento das Comunidades Veciñais.
Unicamente cabe reseñar que na Lei Estatal de 1980, o seu artigo 14 recolle que a
Administración asumirá con respecto ós montes veciñais os seguintes cometidos: deslinde
e amolloamento, asegurar a conservación e integridade, divulgación e asesoramento técnico, pro-
gramas de transformación e plans de investimento, realización dun plan xeral de aproveitamen-
to de montes veciñais coas dotacións técnica, financeira e orzamentaria necesarias. Isto que
podía ser parte desa indemnización, nunca foi realizado e tampouco recollido no acordo
de transferencia de competencias á Comunidade Autónoma.

A consolidación da comunidade e do monte veciñal


A Comunidade Veciñal ten estado todos este anos nunha situación de debilidade e
abandono, sufrindo ataques de diversos sectores, sendo precisa por tanto unha actuación deci-
dida de defensa e consolidación da propiedade e da Institución.
30 Un novo impulso para os montes veciñais: un patrimonio único

A consolidación do monte veciñal vai unida á recuperación e


funcionamento normalizado da comunidade de veciños, pois a
transmisión de coñecemento, usos e organización que foi corta-
da de forma radical durante a ditadura provocou unha desvin-
culación case total, requirindo agora un esforzo en dous senti-
dos; na recuperación da Institución Veciñal e ó mesmo tempo
que esta utilice o monte en función dos seus intereses no
momento actual, pois só así pode preocuparse por coidalo.
Para a consolidación da propiedade veciñal, é necesario com-
pletar o proceso de clasificación realizado polos Xurados no seu
día incluíndo ademais dos deslindes toda a información, contra-
tos e planimetría en canto ás ocupacións e servidumes realizadas
sobre os montes antes da clasificación; é dicir de todos os nego-
cios xurídicos realizados sen a intervención da Comunidade,
como liñas eléctricas, etc.
A consolidación destas propiedades cara ó futuro, precisa de
diversas medidas que permitan coidar e transmitir este patrimo-
nio, indo máis alá da parte tanxible e facilmente valorable, pois se aínda hoxe temos estas
propiedades coas súas características tan ben definidas e coñecidas pola maioría dos que
vivimos en áreas rurais, é sobre todo pola transmisión oral, de xeración en xeración, da for-
ma de organización, etc., pois esta forma de posesión dos “montes veciñais” en Galicia e
en zonas de Zamora, León e Asturias, así como dos “montes baldíos” en Portugal, forma
parte do patrimonio cultural común que compartimos. Historicamente estiveron rexidos
pola comunidade de veciños de cada parroquia, “freguesía” ou lugar, que fixaba as normas,
sistemas de aproveitamento e conservacións dos montes e demais cousas “do común”
como os regadíos, os muíños, as fontes, os fornos, etc., sendo esta forma de posesión ante-
rior a calquera documento escrito.
Ás veces parece que xa se ten falado moito das posibilidades dos montes veciñais, da
súa orixe, da súa importancia, por se-los grandes latifundios galegos que representan máis
do 22% do territorio galego e que pertencen por igual ós veciños de cada parroquia ou
lugar, pero máis alá dunha breve referencia neste sentido, para máis da metade dos gale-
gos que xa viven nas cidades e grandes vilas, resulta en boa parte descoñecido o funciona-
mento e forma de organización.

A función social do monte veciñal no século XXI


A evolución e funcionamento actual de aproximadamente o 40% do total de comuni-
dades clasificadas que teñen unha actividade regular é debido ó interese dun bo grupo de
comunidades e tamén polo voluntarismo de moitos directivos, reorientando as funcións
que deben cumprir os montes para os veciños e a sociedade no século XXI, atendendo ás
demandas de tipo social, cultural, formativo, de realización de obras de interese parroquial,
etc. Grazas a este esforzo, xa podemos falar de experiencias innovadoras que teñen resul-
tado moi ben valoradas polos veciños e que están a guiar a función social que cumpren
hoxe as comunidades.
Unha xestión adecuada dos recursos pode reportar outros beneficios directos para os
veciños, donos dos montes veciñais, e tamén poden axudar a compensar marxinacións e
desvantaxes, con respecto ós que viven en vilas e cidades, por dispoñer sobre todo dun
maior número de servizos próximos.

162
Manifestacións de PI: a cosmovisión

Un exemplo das posibilidades dun mellor aprovei-


tamento dos recursos dos montes témolo nos restos de
cortas, rareos, podas e árbores sen aproveitamento
para madeira que antes se utilizaban para leñas e que
agora quedan nos montes, todo isto que coñecemos
como biomasa forestal, representa un 25% da madei-
ra que producen os nosos montes e que agora está
incrementando o risco de incendio. Resulta, cando
menos chocante, que importemos petróleo, cada vez
máis caro, para producir calor e que teñamos ó lado
das nosas casas este recurso sen aproveitar.

Posibilidades de innovación a curto prazo


Hoxe en día é posible estender, no medio rural, a
instalación de pequenas caldeiras que queimen
madeira en lascas, para dar calor a casas ou edificios
públicos, como xa sucede noutros países de Europa, coa mesma comodidade que se utili-
za o gasóleo e ó mesmo tempo o diñeiro quedaría todo no país, sen pagar facturas de
importación de petróleo e cun aforro do 40% dos custes para os veciños. Este exemplo de
innovación, no seu desenvolvemento inicial, precisa da implicación da administración,
ademais da participación directa dalgunhas comunidades de montes. Este tipo de accións,
permite cumprir simultaneamente, con diversos obxectivos, pois crea emprego, diminúe o
risco de incendios, axuda a coidar os montes, recupera un aproveitamento tradicional pero
adaptado ó momento actual, aporta melloras medioambientais, fixa poboación, é compa-
tible con outros traballos estacionais no medio rural, etc.
Como toda acción innovadora, precisa dun tempo para superar os atrancos iniciais,
pero, pola experiencia durante anos, noutros países de Europa, resulta viable a nivel téc-
nico e económico, só é necesario establecer un sistema estable de subministro de las-
cas achegado ás áreas de consumo, para competir cos derivados do petróleo en con-
dicións de maior comodidade para os veciños consumidores, garantindo ó mesmo
tempo un aforro de custes, que cada ano será maior, ofrecendo ó mesmo tempo poucas
dúbidas cara ó futuro.
Iniciativas deste tipo só poden saír do interese das comunidades de montes, de propie-
tarios particulares agrupados ou da administración, porque a súa maior riqueza está nos
beneficios sociais que crea, máis que na marxe de beneficio da actividade. Todo o contra-
rio do que sucedeu nestes anos cos aproveitamentos eólicos nos montes, que si contaron
con elevados investimentos empresariais pero ignorando a propiedade e sen que os bene-
ficios deste recurso repercutan alí onde se aproveitan. Mediante unha xusta compensación,
cunha renda anual dunha porcentaxe sobre a facturación, evitariamos a expropiación do
recurso eólico dos nosos montes que foi o que ó final sucedeu, grazas á normativa que per-
mite utilizar a declaración de utilidade pública para este negocio privado.
Os aproveitamentos dos recursos enerxéticos dos montes, permiten valorar outras fon-
tes de posibles ingresos, permitindo uns maiores beneficios para os veciños e achegando
recursos para recuperar os montes para acadar unha xestión sostible deles.
Durante estes anos tamén se teñen dado iniciativas empresariais, por parte dalgunhas
comunidades, para xerar emprego e participar no aproveitamento e transformación dos
recursos dos seus montes, mais estas iniciativas chocaron coas limitacións legais da nor-

163
30 Un novo impulso para os montes veciñais: un patrimonio único

mativa vixente dende 1989 que limita a capacidade xurídica das comunidades de montes
veciñais en man común.
Para un novo impulso dos montes veciñais, ademais de consolidar a propiedade e a
Institución Veciñal; valorar as súas potencialidades e divulgar os seus valores culturais,
medioambentais e paisaxísticos; apoiar, a súa xestión sostible aportando beneficios sociais
ós veciños, a innovación no aproveitamento dos seus recursos, precisa ademais de modifi-
cacións legais, que permitan actuar ás comunidades de montes con plena capacidade xurí-
dica no momento actual, para non ter limitadas as súas posibilidades, garantindo ó mes-
mo tempo as características da propia figura xurídica.

Centro de Documentación e Divulgación dos Montes Veciñais


Mais a pesares desta enorme riqueza e patrimonio coa que en diversos aspectos contan
os montes veciñais, bótase en falla a creación dun Centro de Documentación que permiti-
se recompilar toda a documentación histórica que está moi dispersa sobre montes veciñais
e que ó mesmo tempo servise como centro de referencia para divulgar a importancia social,
cultural e económica das comunidades de montes na sociedade galega.

164
31

Desenvolvemento local e patrimonio


Mardelira: un proxecto de desenvolvemento sustentable

Emilio Louro Lamela “Milucho”

Traballo na confraría desde o ano 1989 e nos últimos anos, desde o ano 2000, estamos
a desenvolver unha serie de iniciativas pioneiras en Galiza e nalgúns dos casos, mesmo no
Estado Español, que teñen como nexo común a posta en valor do coñecemento tradicio-
nal dos pescadores para artellar un futuro mellor para o sector
Hai un dato curioso que resaltar na miña biografía, nacín o 25 de febreiro do ano 1966
en Lariño, parroquia veciña de Lira. Esta data coincide cun feito histórico salientable como
foi o naufraxio dunha fragata da armada española chamada “Ariete” e no que grazas ó com-
portamento heroico do pobo de Lira se salvaron os 167 tripulantes da embarcación. En
sinal de agradecemento o Almirante Nieto Antúnez xestionou a construción da primeira
rampla e o dique de abrigo do porto de Portocubelo, onde antes era un porto natural. Polo
tanto podemos falar de que a evolución moderna do porto de Lira produciuse a raíz do
referido acontecemento histórico. A coincidencia fixo posible que unha persoa veciña nada
nesa mesma data acabara vinculada e traballando na Confraría de Pescadores de Lira.
O termo SOLIDARIEDADE en Lira escríbese en maiúsculas. No 1966 grazas ó apoio
desinteresado de toda unha vila, e pondo en perigo as súas propias vidas, salvaron a tódo-
los mariños do “Ariete” (de aí que no escudo do Concello de Carnota apareza o de “Moi
Humanitario”). No 2002 hai outro feito inesquecible para toda Galiza pero moi en concreto
para Carnota e de forma moi especial para Lira. Estou falando da catástrofe provocada polo
“Prestige”. O chapapote procedente dese barco maldito no seu deambular errático ó longo
de toda costa castigou de forma moi especial a comunidade pesqueira na que teño a hon-
ra de traballar. Falamos de que Lira se converteu na zona cero biolóxica. Trinta e sete anos
despois do naufraxio do Ariete, Lira foi receptora da maior mostra de solidariedade que se
lembra no Estado Español. Era a gran marea branca, que acudiu, para salvar o noso mar.
Máis de 90.000 voluntarios fixeron posible que unha pequena comunidade pesqueira
recuperara o ánimo e se puxera a traballar para reverter unha situación que apestaba a cha-
papote e, unha vez máis, a emigración.
Esta circunstancia foi un dos desencadeantes para que os pescadores que compoñen a
comunidade de Lira, especialmente sensibilizados pola situación de catástrofe ecolóxica
vivida, pensasen en buscar fórmulas para buscarlle unha rendibilidade a actividade pes-
queira e que se concienciase na importancia que ten o respecto ós recursos mariños e ó
medio ambiente.
31 Desenvolvemento local e patrimonio. Mardelira: un proxecto de desenvolvemento sustentable

Lira é unha pequena poboación do concello


de Carnota ubicada no límite da Costa da
Morte. A poboación de pouco máis de mil habi-
tantes está marcada historicamente pola emi-
gración. Máis do 35% da poboación activa vive
directamente da pesca artesanal e o marisqueo
polo tanto podemos dicir que é unha zona alta-
mente dependente da pesca.
Desde a confraría de pescadores de Lira
detectamos como nos últimos anos había un
abandono progresivo da actividade pesqueira.
Máis da metade dos mariñeiros ou marisca-
dor@s están por riba dos 51 anos e tan só o
26% ten menos de 25 anos de idade. Polo tan-
to estamos a falar dunha clara falta de relevo
xeracional principalmente porque non se consi-
dera rendible a actividade pesqueira.
Unha vez detectada esta situación entre un grupo de colaboradores da confraría e xente
do propio sector pesqueiro elaboramos un diagnóstico da situación e puidemos relacionar
unha serie de problemáticas do sector que cremos que impiden o seu desenvolvemento
(desestruturación sectorial, malas prácticas de pesca, escaseza de recursos, sobreexplota-
ción, deficiente comercialización, impacto “Prestige”, previsible recorte dos fondos U.E. a
partires do 2007…)
Diante deste diagnóstico pensamos en buscarlle solucións a estes problemas incidindo
fundamentalmente en 3 áreas de actuación (ECONÓMICA, BIOLÓXICA E SOCIO-CUL-
TURAL), interrelacionadas entre si e buscando sinerxías entre elas:
❙ ECONÓMICA
Era preciso acometer unha serie de melloras infraestruturais e de servizos no porto e
mellorar a comercialización. Iso logrouse coa dotación do porto da maior parte dos servi-
zos que precisabamos (servizos de carnadas, combustible, varadoiro, casetas de usuarios,
nave de comercialización, loxística propia e poxa automática) e creando unha empresa de
comercialización directa xunto con outras 3 confrarías e a achega de capital de investido-
res privados. Lonxanet Directo S.L. encargase de facer chegar directamente do produtor ó
consumidor final os produtos procedente da pesca artesanal e o marisqueo coas máxima
garantías de frescura e calidade, nun servizo urxente de transporte (menos de 24 horas a
calquera punto da península), garantindo en todo momento a trazabilidade do produto. A
posta en funcionamento deste sistema de venda supuxo que o mariñeiro se decatase de que
se vendemos ben podemos pescar mellor.
❙ BIOLÓXICA
A iniciativa do propio sector ten presentada unha proposta diante da Consellería de
Pesca e Asuntos Marítimos para establecer unha zona de Reserva Mariña de Interese
Pesqueiro (RMIP) ou Área Marítima Protexida (AMP) como unha ferramenta que axude a
racionalizar de maneira sustentable as prácticas de explotación dos recursos delimitando
unha zona que quede protexida da pesca indiscriminada e doutros usos deportivos ou de
ocio con impacto ambiental negativo e creando 2 zonas de reservas integrais que permitan
a recuperación dos ecosistemas mariños, tendo como obxectivo a restauración do equili-
brio do ecosistema costeiro e conservar os recursos para conservar os pescadores No caso
da RMIP ou AMP fronte a outras AMPs do Estado que foron implementadas dende as dife-

166
Manifestacións de PI: a cosmovisión

rentes administracións, a de Lira foron os propios pescadores os que a propuxeron. Pero


ademais, no deseño da área empregouse o propio coñecemento dos pescadores, foi cons-
truída cós seus propios criterios e visión: ubicación, tamaño, localización, reservas inte-
grais, zonificación doutros espazos e sobor de todo como xestionala no futuro.
❙ SOCIO-CULTURAL
Neste campo púxose en marcha un proxecto que se denomina “Mardelira” que preten-
de dar a coñecer á sociedade o senlleiro valor do patrimonio cultural da pesca artesanal, a
complexidade do mundo da pesca e do mar e dinamizar socialmente o contorno do porto,
coa presenza de novos actores (nenos, mestres, turistas) coa fin de recuperar a autoestima
dos pescadores integrando no Proxecto todas as xentes do mar, a poboación laboralmente
activa e non activa da pesca (profesionais pescadores, xubilados e mariscadoras). Mardelira,
amosa o mar, as tradicións, a historia e as lendas desta vila cos ollos dos mariñeiros.
O fundamento do Proxecto Mardelira é a xeración dun modelo de desenvolvemento
apoiado na pesca sustentable.
O proxecto consta de 2 áreas de actividades: un taller de pesca e un programa de turis-
mo mariñeiro.
❙ O taller de pesca está orientado a nenos en idade escolar con rutas temáticas guia-
das vinculadas ó mundo da pesca e o mar. A oferta das rutas aínda que incorpora
un pormenorizado inventario dos bens patrimoniais do concello e dos limítrofes,
está artellada arredor do patrimonio pesqueiro. Nelas amósanse recursos tanxibles e
intanxibles do patrimonio natural e cultural (espazos naturais, embarcacións, apa-
rellos, instrumentos para a confección de artes de pesca, casetas de pescadores, his-
toria de naufraxios, lendas…)
Unha caseta de pescadores do século XIX rehabilitada para este proxecto (Caseta de
“Pepe do Cuco”), é utilizada como pequeno centro cunha exposición permanente
sobre a historia de Lira, mediante paneis explicativos, utensilios de pesca restaura-
dos, artes de pesca en desuso… expresivos da adaptación da actividade pesqueira
tradicional ós tempos.
❙ O Turismo Mariñeiro vai destinado a aquelas persoas que desexen vivir unha xor-
nada de pesca con mariñeiros deste porto como unha proposta de turismo activo
nunha costa como é a Costa da Morte. Esta actividade ofrécese como unha expe-
riencia de transmisión de coñecementos e valores da cultura da pesca tradicional.
Durante a xornada de pesca o patrón eríxese como guía da actividade pesqueira e
vai expoñendo en alto o seu pensamento, transmitíndolle o importante caudal de
información e de coñecementos de que dispón. O turista poderá presenciar como se
realiza a actividade laboral dun pescador, coñecer de primeira man as súas inque-
danzas, dificultades e a propia fala mariñeira. Desde a embarcación pódese apreciar
o perfil da costa, dos baixos, observar aves e cetáceos…
A Actividade de Turismo Mariñeiro preséntase como unha experiencia mutua entre
pescadores e turistas. Os primeiros, cunha alteración mínima da súa rutina, gozan
dunha nova relación espontánea, pero planificada. Os segundos intégranse nun
medio social e natural para eles descoñecido e sorprendente.
No tempo que levamos desenrolando este programa podemos detectar a importante
inxección de autoestima que supón para os patróns poder participar como actores princi-
pais neste proxecto.
En definitiva, en Mardelira rescatamos a memoria oral, a pequena historia desta comu-
nidade de pescadores, rescatamos e interpretamos aqueles elementos vencellados ó mar

167
31 Desenvolvemento local e patrimonio. Mardelira: un proxecto de desenvolvemento sustentable

como o espazo portuario, as actividades pesqueiras, as artes, as especies, os antigos alma-


céns de salga, os barcos… O coñecemento tradicional que teñen os pescadores sobre o eco-
sistema costeiro emprégase na voz dos propios pescadores, comunicándoo en interacción
cos usuarios que participan no proxecto de turismo mariñeiro.
Os destinatarios deste coñecemento etnográfico son a sociedade en xeral e, sobor de
todo, os nenos coa finalidade de que, de adultos, a experiencia de ter pasado por Lira os
faga máis sensíbeis e receptivos ó mundo do mar e os pescadores.
Os actores que transfiren este capital cultural son os propios pescadores, mariscadoras
e xubilados do mar. Esta é a nosa forma de converter a etnografía en patrimonio.
Pero dentro do eido socio-cultural a confraría de Pescadores de Lira tamén participa dun-
ha Rede de Comunidades Pesqueiras Artesanais polo Desenvolvemento Sustentable (RECO-
PADES) que foi constituída en Lira o 19 de novembro do 2004, e onde participamos ini-
cialmente catro comunidades pesqueiras (La Rocha-Uruguai, Puerto Madryn-Arxentina, Illa
de Hierro-Canarias e Lira-Galiza) neste ano 2005 nunha xuntanza celebrada en Ushuaia a
rede incrementouse con comunidades pesqueiras de Chile, Brasil e outras de Arxentina.
No caso de RECOPADES a única forma de enriquecer e mellorar a nosa cultura propia
é coñecendo as realidades sociais, culturais e económicas doutros pobos que como nós
viven e dependen da pesca. Esta cremos que é a maneira de compartir problemas e coo-
perar na súa resolución. Abríndonos ós demais, seguiremos aprendendo e mellorando a
nosa realidade cultural.
Despois de todo o exposto consideramos que as distintas iniciativas nas que estamos
inmersos se encadran no campo da cultura pesqueira e o desenvolvemento local, é dicir na
dinamización económica e social do sector pesqueiro de Lira empregando entre outros
recursos a cultura pesqueira.

168
32

Agora ou nunca. A talasonimia

Xosé Lois Pilar Pedreira

Cando queremos saber dos nomes das rúas dunha cidade acudimos ó mapa de rúas
que se vende en quioscos e librerías. Se a nosa viaxe vai alén do territorio que trepamos
e percorremos de cote entón mercamos un mapa de estradas no que figuran cidades,
vilas, ríos, montañas... cada día máis, mapas e planos e atlas e globos terráqueos van per-
dendo terreo a prol dos aparellos que nos localizan por G.P.S. (Global Position System)
en calquera sitio do mundo.
Pero se o que queremos saber non son as rúas de Malpica nin as da Guarda, nin son as
estradas de Ortigueira a Oia, senón os nomes da costa e do fondo e da superficie do mar
desde o Miño até a praia de Patos, para encher a nosa curiosidade consultamos mapas
catastrais e de estradas, cartas náuticas, derroteiros, programas informáticos, aeroguías,
libros antigos, etc., etc... Logo de moitas pescudas bibliográficas decatámonos do baleiro
informativo das fontes escritas e tivemos que recorrer ó mellor programa informático, á
mellor carta náutica, ó mellor derroteiro, tivemos que acudir á experiencia e á memoria das
mulleres e homes que levan centos, miles de anos explotando o medio mariño. Xente da
Guarda, Oia, Panxón, Baiona e Baredo que pesca, apaña argazo, colle percebes nas pedras
da beiramar, nos areais, no fondo do mar, ó redor de illas e illotes. Tivemos que falar con
eles para deixar constancia escrita dos topónimos do mar: a talasonimia, a hidrotoponimia.
Entramos así no máis “esbrugho” do patrimonio inmaterial que supón un nome, moitas
veces xamais escrito, só proferido no aire, só pronunciado e escoitado, sen máis soporte para
a súa existencia que o cerebro, a memoria dos nosos mariñeiros, argaceiras e percebeiros.
Para recuperar os hidrotopónimos desde a parroquia de Salcidos (A Guarda) até A Area
das Canas (Panxón) entrevistamos a medio cento de persoas que nos forneceron uns 1.400
nomes da costa, do río e do mar neste tramo de 70 quilómetros.
Entre toda a bibliografía consultada non xuntamos máis ca uns 300 topónimos no espa-
zo no que a transmisión oral nos achegou 1.400. Esta recollida ten en por si a importan-
cia de perpetuar na escrita un tesouro memorístico que á volta de poucos, moi poucos
anos, se perdería para sempre. Non recollemos os nomes nunha simple e insípida listaxe
senón que a cada nome lle fixemos unha ficha, un diagnóstico e en colaboración co SIT-
GA (Sistema de Información Territorial de Galicia) xeorreferenciamos os nomes que fica-
ron localizados no lugar exacto sobre fotografía aérea recente.
32 Agora ou nunca. A talasonimia

E como era de lei, a colaboración coa confraría de Baiona deu como froito a publica-
ción dunha aeroguía litoral con tódolos topónimos recollidos até remates do ano 2004.
Ademais o traballo de recolleita ten un aproveitamento desde o punto de vista filolóxico,
arqueolóxico e patrimonial no que se está a traballar desde o IEM (Instituto de Estudos
Miñoranos) e colaborando con Iván Sestai que comezou a recolleita na ría de Aldán e pen-
samos en breve xuntarnos nun ou noutro punto do concello de Vigo.
Brindamos o noso traballo á ANPA do Colexio da Cruz de Camos (Nigrán) que coa pro-
fesora Pilar Barreiro está a traballar no proxecto didáctico “A toponimia do Val Miñor”
merecente do 3º premio Antonio Fraguas que concede o padroado homónimo do Museo
do Pobo Galego. Eis entón a vertente pedagóxica da hidrotoponimia.
Tanto o traballo de campo como o traballo de gabinete son moi gratificantes. A conversa
coas xentes que traballaron ou aínda traballan no mar está inzada do sufrimento do traba-
llo, da dureza do medio mariño, as anécdotas e intres de perigo das súas vidas, a narración
de afogamentos, naufraxios, embarcacións seladas ou capotes, supersticións... Un senfín de
matices no que poder afondar, por exemplo:
❙ Hai naufraxios que deixan nome que ás veces son evidentes como O Barco do Sal
ou O Conde de Barbate, pero outras sabémolo pola conxunción do traballo de
hemeroteca e a recollida oral. Por iso sabemos que na pedra chamada O Cunichán
afundiu o Collingham o 25 de xaneiro de 1906 cargado de semente de algodón, ou
seis anos antes afundiu o veleiro de Baiona La Regente na enseada do Baleal agora
tamén coñecida coma do Peito Ancho, alcuño do armador e dalgúns tripulantes da
lancha. En 1917 enxurrou o Cabo Oropesa nos baixos ó sur de Rebel, na Guarda,
logo coñecidos como Os Baixos do Oropesa.
❙ A hidrotoponimia descubriunos unha radiografía do patrimonio marítimo inmoble que
tantas veces ten tratado e defendido Dionisio Pereira e a Federación Galega pola Cultura
Marítima e Fluvial (FGCMF). Podemos individualizar diversas categorías como asenta-
mentos protohistóricos ( O Castro) e medievais (A Pescaría), arquitectura popular, muí-
ños de vento (Os Muíños), hidráulicos (O Muíño de Facorro), tendais de redes (O Tendal
de Maciel) e de argazo (A Laxe da Felicia) así como instalacións industriais, militares,
portuarias, construcións relixiosas, sinais marítimos e monumentos varios.

170
Manifestacións de PI: a cosmovisión

❙ A constatación dun importante grupo de xenéricos, que veñen ser o nome específi-
co que recibe cada realidade xeográfica ou topográfica nunha determinada zona. Un
seco é aquela parte emerxente nun fondo máis ou menos uniforme, e o limpo é unha
superficie do fondo do mar cuberta de area, unha allada é unha mancha de area, a
beirada é a franxa ou zona de contacto entre o limpo e a superficie rochosa, unha
olga é unha laxe que non descobre coa baixamar e que se pode ollar desde a embar-
cación, e castizal, brugal, porto, serrón, corveiro mesiña, ladeira, banqueta...
Estamos a constatar o tesouro que supón a toponimia, no caso que nos ocupa a TALA-
SONIMIA, só existente na súa inmensa maioría na memoria dos homes e mulleres vincu-
lados vitalmente ó río e ó mar.
Estamos a constatar que a principal fonte de información para construír un rexistro
toponímico do mar está a desaparecer e estamos a facer pouco por recuperalo. Ou ago-
ra ou nunca.

171
33

As embarcacións fluviais como recurso

Xosé Manuel Vázquez

A finais dos anos noventa comezamos a interesarnos pola cultura fluvial. De partida o
abandono faise notar: estudos incompletos (pechados arredor das arcaicas e veneradas pes-
quisas de Xaquín Lorenzo) e desprezo polo propio (barcas elaboradas en madeira de cas-
tiñeiro podrecendo en Belesar e en Pincelo, acoso legal aos últimos barqueiros e promo-
ción da Ribeira Sacra na rede con imaxes de embarcacións marítimas). O escaso interese
que motivaran as ribeiras era para recoller pezas singulares, logo descontextualizadas en
locais de hostalería de Lugo e Ourense, decoración de xardíns en Outeiro de Rei e Vila
Nova de Cerveira, alén de exemplares gardados no Museo Etnográfico da Limia, no
Etnolóxico de Ribadavia e no Municipal de Caminha.
Despois dun par de anos de xestación, en 2001 comeza a traballar o colectivo Barcas do
Minho. A experiencia a seguir foi a da emerxente Federación Galega pola Cultura
Marítima, coa suma de Fluvial desde 2003 para recoller mellor a amplitude do medio acuá-
tico, dinamismo asociativo galego que é debedor das agrupacións do norte de Europa e
modelo na Península Ibérica.

Bases de partida
Sinalemos de entrada que non se pretende sacralizar un aparello, nin esquecemos que o
concepto de patrimonio é unha construción cultural, e polo tanto muda coa sociedade. A
barca propia pode sumar, entendendo que serve á comunidade no futuro: o legado patrimo-
nial, repetimos, é unha elaboración social, ideado por alguén nun momento histórico con-
creto, de acordo cos seus intereses e fins (Llorenç Prats, Antropología y patrimonio, Barcelona,
1997). A pregunta inmediata que debemos formularnos é se temos motivos para manter as
embarcacións fluviais, dos significados e da utilidade –como símbolos para representar unha
identidade– que a súa conservación reporta para o presente e as xeracións vindeiras.
As barcas fluviais son elementos patrimonializables pola súa relación coa natureza, a
historia e a inspiración colectiva. Pola contra, a nobreza, a perda de funcionalidade e a
escaseza non son criterios admisibles hoxe, por moito que sigan aparecendo resaltados
cando se difunde o legado cultural. Lembremos que até a segunda metade do século XX o
espallamento das barcas de río foi notorio. Pensamos que todas as vías fluviais de certa
entidade contaron con embarcacións. Anotamos a presenza de barcas cando menos nos
33 As embarcacións fluviais como recurso

ríos Miño, Anllo, Támoga, Ladra, Parga, Narla, Asma, Avia e


Arnoia; no Sil, Bibei e Cabe; no Limia e Támega; no Navia, Eo e
Landro; e no Eume, Mandeo, Tambre, Ulla, Umia e Lérez.
A diversidade nas tipoloxías fluviais por nós recollidas, unha
decena sen considerar as variantes locais, é unha mostra da rique-
za do que foi a densa cultura das ribeiras. Como medios de paso,
pesca e lecer deron resposta ás necesidades dos ribeiraos. Contex-
tualizadas debidamente, comprenderemos como todas as formas
son válidas, axeitadas á zona na que se desenvolven, e froito de
anos de experiencia e de evolución propia.
Cando propoñemos unha intervención destinada a potenciar
a navegación fluvial de recreo, partimos dunha historia e costu-
mes apenas interrompidos na nosa área cultural –moi estendida
nos estados do norte de Europa, chegando a xuntar en SulKava
(Finlandia) 8.100 participantes nunha proba de remo e 20.000
visitantes, tendo ademais catro artesáns que gañan a vida cons-
truíndo embarcacións, nunha zona que soubo aproveitar para
este proxecto o programa de desenvolvemento europeo
LEADER II–, tradición que se une á crecente demanda de acti-
vidades respectuosas coa natureza, de encontro e de interacción
social. Unha liña de actuación presente en mesas de traballo
onde se están a abordar alternativas para as embarcacións tradi-
cionais (Ontzi tradizionalak milurteko berriaren atarian. Las
embarcaciones tradicionales ante el nuevo milenio, Untzi Museoa-
Museo Naval, Donostia, 2000).

Postulados teóricos
Dentro das premisas do etno-desenvolvemento, onde non só atendemos ao rescate, pro-
tección e difusión de prácticas culturais, senón que buscamos a participación concreta da
comunidade en proxectos definidos segundo os propios valores e aspiracións, procuramos
acomodo para a cultura das ribeiras. Este punto de vista teórico leva aparellada unha nova
noción de patrimonio.
Superado o culto polo obxecto illado, as barcas, pasamos a contextualizalo no territo-
rio, onde para comprender é preciso integrar legado cultural e natural. A visión local enri-
quece se está englobada no seu contexto, sempre que sexa aberta e plural (mais moitas
veces é localista, autosuficiente e pechada –guiada por eruditos locais que defenden unha
identidade forzada, en ocasións simples comparsas do poder municipal– polo que resulta
empobrecedora). De priorizar unha obra material pasamos a interesarnos polas manifesta-
cións culturais variadas (valores, tradicións, costumes) máis próximas aos veciños das
ribeiras que a rodean.
As embarcacións, máis que como un valor por si mesmas, considerámolas en canto ás
posibles utilizacións que estas ofrecen aos ribeiraos. O emerxente asociacionismo que tra-
ta de poñer en valor o patrimonio marítimo e fluvial destaca o uso social do herdado entre
as súas finalidades. Alleos ao fetichismo formalista dos museos de estilo decimonónico
–que anacronicamente persisten e seguen a proxectarse–, apostamos pola socialización e o
desfrute dos bens culturais. Máis alá de pedestais, vitrinas e cordas delimitadoras dos visi-
tantes, inserir as embarcacións na dinámica social é democratizar o patrimonio.

174
Manifestacións de PI: a cosmovisión

Sobrepasado o rescate folclórico, de contemplar só ao público visitante pasamos a dar-


lle prioridade á poboación local, así estaremos preparados para recibir o turismo como fac-
tor de mellora territorial. Se a comunidade é forte, o intercambio será enriquecedor para
ambas partes. As chaves seguen a ser darlle preferencia aos veciños das ribeiras no lugar
de dirixirse só aos potenciais turistas, na vivencia –non na impresión, nin en celebrar gran-
des espectáculos– e na reciprocidade –de suxeito pasivo a participativo, aberto a interac-
tuar– que integre tamén ao visitante.

Realizacións e proxectos
Desaparecida a necesidade de comunicación transversal pola proliferación de pasos ele-
vados, e cortada a riqueza natural manifestada na pesca fluvial (salvo o último tramo do
Miño, libre de encoros, e os caneiros de Portomarín e da Terra Cha), quedamos coa ocu-
pación do tempo libre como única alternativa de futuro para as barcas de río. Os primei-
ros pasos, encamiñados á utilización das embarcacións tradicionais como recurso, estanse
dando en variadas activacións patrimoniais: desde as lanchas para o propio lecer dos veci-
ños do Barco de Valdeorras –dirixidos por A Figueiriña-Lanchas do Sil–, ás barcas da
Ribeira Sacra –en Monforte de Lemos e no río Miño–, abertas a un posible uso de visitan-
tes de fóra da comunidade ribeirá.
A proposta de Barcas do Minho foi o Concello de Lugo o primeiro en acoller encontros
de embarcacións e mostras da cultura das ribeiras desde 2001, aposta á que en 2005 se
incorpora o Concello de Monforte de Lemos baixo a denominación de Festa do Río, acom-
pañada de paseos en barca polo Cabe no verán, e proxectando un centro de interpretación
e unha escola-obradoiro de temática fluvial.
Nos últimos anos tamén debemos anotar na área ambiental o proxecto de Terras do Miño
(INLUDES-Deputación Provincial de Lugo) e de xeito moi especial a realización do
Aquamuseu de Vila Nova de Cerveira. Na liña do uso social do patrimonio ten maior intere-
se a presenza de dúas embarcacións para os hóspedes nunha casa de turismo rural do Corgo.
Barcas do Minho encargouse da produción de mostras itinerantes sobre a cultura flu-
vial –embarcacións tradicionais, rescatando os derradeiros exemplares acompañados de
réplicas navegantes, elaborando maquetas e contando coa colección máis completa de artes
de pesca–, chegando a máis dun centenar de localidades galegas e do norte de Portugal. A
oferta mellorouse con audiovisuais e publicacións propias. No proxecto do grupo está a
necesidade de crear un centro estable sobre a cultura das ribeiras, alén de participar en
investigacións, asesoramento e coordinación das realizacións xa existentes.
Sabido é, finalmente, que un dos elementos máis intimamente relacionados cos sinais
de identidade comunitaria é a recuperación patrimonial. Restablecer as barcas de paseo
axuda a entender a natureza e a historia dos núcleos da ribeira, posibilita as relacións
sociais arredor do río, engade un símbolo ou imaxe para o turismo e, especialmente, xera
unha nova memoria colectiva. Apostamos por fomentar a participación dos visitantes e dos
veciños das distintas poboacións no restablecemento e conservación –xa sexa con activi-
dades económicas sostibles ou con ocupacións de lecer– do contorno das correntes flu-
viais. Miramos ao futuro sabendo que nas embarcacións tradicionais temos un potencial
que podemos aproveitar.

175
34

As pesqueiras do Miño, un patrimonio


en perigo

Inma Peniza

A razón deste artigo é o intento de divulgar a existencia dun valioso acervo de constru-
cións de arquitectura popular, que aparecen en ámbalas dúas marxes do río Miño e que
aínda hoxe en día son utilizadas para a pesca. O estudo, a protección e o respecto deste
valioso patrimonio débese afrontar dende agora xa que corre o perigo de desaparecer. O
pasado mércores día 21 de decembro deuse un gran paso adiante neste proceso xa que foi
aprobada por unanimidade pola comisión de cultura do Parlamento Galego o inicio do
expediente de declaración de Ben de interese cultural ás pesqueiras do Miño. A Consellería
de Cultura contará a partir de agora con 20 meses para elaborar o informe final necesario
para que o Consello da Xunta aprobe a declaración das Pesqueiras como Ben de Interese
Cultural na categoría de Lugar de Interese Etnográfico (art. 8.4 f da lei 8/1995), trátase da
maior protección prevista pola lei para os bens culturais desta entidade. Existe unha ini-
ciativa similar para presentar ante a goberno portugués.
Estamos ante un fito fundamental dun longo e tortuoso camiño que comezou hai máis
de vintecinco anos. Este artigo quere render unha homenaxe a todas aquelas persoas que
loitaron por salvar un patrimonio e un río en perigo: Eliseo Alonso, César Portela, Antero
Leite, Xaquín Lourenzo, Daniel Pino, Manuel Caamaño, Tarrago Cid, Molinero Llorente,
Agustín Ferreira, Luis Dorado, Anxo Saborido e tantos outros. Pero sobre todo, o esforzo
esquecido dun pescador de Lampreas de Arbo, Ignacio Gago. Grazas ao seu afán e tesón
as pesqueiras iniciaron o camiño da protección legal no ano 1979. Co seu empeño conse-
guiu que se incoase o expediente de declaración das pesqueiras de Salvaterra, As Neves,
Arbo e Crecente como “Patrimonio Histórico-Artístico”. A burocracia é tortuosa e o seu
expediente nunca se concluíu, e a protección unicamente acadou os pescos localizados no
concello de Arbo, que figuran desde entón como “elementos inventariados”, o nivel de pro-
tección máis elemental que considera a Lei do Patrimonio Cultural de Galiza. Vintecinco
anos despois creouse a Plataforma Cívica en defensa do Río Miño formada polos Concellos
da ribeira galega do río, partidos políticos de ámbito no Condado, agrupacións ecoloxistas
(temos que destacar o labor de ADENCO e ANABAM) asociacións veciñais, culturais,
deportivas, escolas e institutos de ensino medio, que pretendía por un lado, a protección
integral do Miño, a paralización do construción de novos encoros nas dúas marxes do río
e instar de novo á Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galiza, a declaración das pes-
queiras de todos os concellos afectados como Bens de Interese Cultural (BIC). Dende o IES
34 As pesqueiras do Miño, un patrimonio en perigo

“Pazo da Merced” das Neves e o IES “Pedra da Auga” de Ponteareas un grupo de seis pro-
fesores (Carlos Rei, Baltasar Berciano, Miguel Fernández, Álvaro Groba, Rafael Rodríguez
Paz, e Inma Peniza) comezaron a desenvolver unha serie de actividades interdisciplinares
e intercentros co obxectivo de revalorizar, recuperar e preservar as pesqueiras do río Miño.
Estudar as súas peculiaridades e o patrimonio material e inmaterial aportado polos homes
e as mulleres adicados á súa explotación económica. O obxectivo esencial é que o alum-
nado teña un coñecemento da área xeográfica, do ecosistema e das especies animais e vexe-
tais no entorno do río, dos aspectos económicos e sociais e das características construtivas
das pesqueiras. As actividades intentan unha implicación de tódolos elementos integrantes
no proceso educativo: alumnado, profesorado, pais e nais. Procúrase incidir na realización
por parte do alumnado de traballos de campo que recollan a toponimia, as tradicións, cos-
tumes, cancións, bailes, usos lingüísticos propios, costumes culinarios, as festas en torno a
este patrimonio. Por outra banda estase intentando incidir na dinámica dos Centros edu-
cativos da comarca de xeito que o conxunto da comunidade escolar teña en conta este tema
nas súas actividades transversais. O mesmo tempo, estase tentando implicar tamén aos
centros educativos da outra ribeira do Miño. Este traballo tivo os seus froitos xa que reci-
biu o Premio Antón Fraguas do Museo do Pobo Galego na súa cuarta edición.

¿Qué son as pesqueiras?


Dende etapas prehistóricas vense aproveitando a riqueza piscícola dos ríos galegos: troi-
tas, anguías, lampreas, sábalos, salmóns... capturáronse dende sempre utilizando variedades
de artes de pesca como canas, liñas, fisgas, nasas, redes lampreeiras, bituróns, cabaceiras,
etc. En ocasións utilizábanse embarcacións, pero na maior parte dos casos, as pesca fíxose
dende a terra. Para facilitar a captura dos peixes necesitouse erixir unha serie de constru-
cións ás beiras dos cursos dos ríos: as pesqueiras ou pescos son un tipo de construción pre-
sente nos grandes ríos de Galiza (Tambre, Ulla, Miño). Situadas sempre en lugares estraté-
xicos, onde se producen as correntes e remuíños e que facilitan a captura dos peixes.

As pesqueiras do Miño
Levantadas en forma de sólidos bloques graníticos, as pesqueiras do río Miño levan sécu-
los axudando aos pescadores a pescar lampreas, salmóns, sábalos, sollas... Suponse que xa
na Prehistoria a pesca era unha actividade esencial nunha economía de recolección e de sub-
sistencia en ambas marxes do río Miño e como tal, aparecen vestixios da práctica desta arte
na época Mesolítica e da etapa Castrexa. Así, temos importantes vestixios líticos (poutadas)
ou restos de anzois na zona da desembocadura do Miño. Da época romana temos testemu-
ñas das descricións de autores clásicos como Estabón, Plinio, Gracio e Marcial que confir-
ma a explotación da riqueza piscícola do Miño e a exportación de peixes, especialmente a
lamprea, ata a cidade de Roma onde era considerada un manxar exquisito. A romanización
seguramente puido traer melloras na construción dos pescos que facilitarían as capturas nos
ríos. Pero as primeiras referencias documentais precisas sobre o uso de pesqueiras data os
séculos IX e X, trátanse de doazóns reais ou privilexios de construción e explotación a mos-
teiros e o bispado de Tui. A propiedade das pesqueiras durante a Idade Media era esencial-
mente eclesiástica malia tamén as haber de señorío nobiliar. Ese ben apreciado polos cam-
pesiños e campesiñas como complemento esencial da súa precaria economía agraria de sub-
sistencia, era usufrutuada en réxime foral e o seu beneficio pasou durante séculos en her-
danza de pais e nais a fillos e fillas, o mesmo que ocorría co réxime foral no usufruto da

178
Manifestacións de PI: a cosmovisión

terra. Así creouse unha rede de multiplicidade


de beneficiarios dese usufruto que foi diluíndo
o papel dos verdadeiros propietarios que recibí-
an a cambio o pago do foro en especie (lampre-
as, sábalos). Sobre o usufruto da pesqueira
tamén recaía o pago do desmo á Igrexa e o pago
de impostos o Rei.
A propiedade e o usufruto das pesqueiras
creou serios roces e enfrontamentos non so
entre señores e campesiños senón tamén entre
as poboacións das dúas marxes do río. Logo da
independencia do reino de Portugal en 1640,
encontramos verdadeiros enfrontamentos entre
os dereitos dos propietarios e os usufrutuarios
desa pesca que levarán por exemplo a que a
única peza teatral da época escura que se con-
serva sexa unha obra do licenciado Feixoo de
Araúxo, suponse que oriúndo da raia do Miño e que debeu vivir entre os séculos XVII e
XVIII e que escribiu o “Entremés famoso sobre a pesca do río Miño” a primeira peza coñe-
cida de teatro en lingua galega, que se conserva na Biblioteca Nacional de Madrid. O argu-
mento da peza é sintomático da importancia que o uso e beneficio dos pescos tiña para os
pescadores das dúas ribeiras do Miño. Trátase dun episodio de enfrontamento fronteirizo
entre os veciños de Caldelas de Tui e os do veciño Portugal acabando o episodio nun tra-
to e unha festa pacífica. É de destacar a linguaxe usada na obra, popular da ribeira do Miño
e da que aínda agora se conservan algunhas expresións, ademais as diferenzas entre a lin-
gua das dúas marxes que se recollen son mínimas.
Na Idade Moderna o Catastro do Marqués de Ensenada (S. XVIII) fai un inventario deste
patrimonio e xa recolle referencias ao número de pesqueiras existentes no Miño, así como aos
beneficios que acadaban os seus titulares. Na vila de Arbo existen documentos do século
XVIII denominados tabalas (verdadeiras xoias documentais), nos que se fixa o rexistro da
propiedade das pesqueiras, os días de pesca, a feitura das redes, como armalas e incluso a
técnica de construción dos pescos. A desamortización liberal do século XIX vai a incidir na
liberalización do foro eclesiástico e señorial en beneficio dun entramado de múltiples copro-
pietarios en réxime de herdeiros (similar o dos muíños) que perdurou ata fai poucos anos.
Actualmente UNIÓN FENOSA, na marxe Galega do río e ELECTRICIDADE DE PORTUGAL
por parte da raia Portuguesa, son os propietarios do 90% dos pescos dende Crecente ata
Salvaterra. O proxecto de construción de tres minicentrais no tramo libre do río Miño entre
Frieira e Salvaterra levaría a desaparición definitiva deste patrimonio secular. Así mesmo é
esencial recordar que unha de cada tres pesqueiras do Miño desapareceron xa para sempre
pola construción dos encoros de Frieira, Castrelo do Miño, Velle, Os Peares e Belesar.
As pesqueiras son construcións ciclópeas feitas a base de grandes cachotes de granito
que se chaman poios e que, segundo o tipo de pesqueira poden ser dous, tres ou catro.
Arrancan xusto da beira do río e adéntranse diagonalmente nel, no sentido sempre da
corrente (ás veces pode ser paralela a ela). O corpo das pesqueiras levántase en cachotería
concertada construída a seco, isto é, sen argamasa. Segundo o arquitecto César Portela
(1985), nas últimas décadas tense incorporado a argamasa, grampas de ferro e incluso o
formigón. Entre os poios fórmanse estreitos canellóns ou rúas, de menos de un metro,
entre os que discorre a auga do río e na que se coloca a arte de pesca. Cada poio pode

179
34 As pesqueiras do Miño, un patrimonio en perigo

medir entre 4 ou 5 metros de longo, dous metros de anchura e de 4 a 6 metros de altura.


As pesqueiras fúndense coa paisaxe rochosa das ribeiras do río e confúndense coa nature-
za nunha fusión de rara beleza na que é difícil distinguir onde empeza a obra do home e
onde empezan os elementos da paisaxe natural. A pesqueira é así un compendio de sécu-
los de sabedoría acumulada das persoas que viviron do río e co o río en plena simbiose.
Segundo a forza que leve a corrente das augas do río ata a desembocadura podemos ato-
par tres formas diferentes de pesqueiras:

As que se sitúan nos rápidos dos ríos, onde a corrente é maior, trátase tamén da tipo-
loxía máis numerosa, está formada por varios muros ou poios. Estes poios dispóñense
de maneira graduada desde o punto de vista volumétrico, perdendo altura a medida
que penetran no río. Estas construcións aprovéitanse para utilizar a arte de pesca do
biturón, trátase dunha rede en forma de funil que se coloca nas rúas contra corrente.
❙ As pesqueiras que se sitúan en augas máis tranquilas, un dos poios adéntrase ata un
terzo no río a modo de represa impedindo a subida do peixe río arriba e utilízase
tamén o biturón.
❙ Na zona de Arbo, utilízase un único muro ciclópeo de cachotería de granito de for-
ma trapezoidal ou de paralelepípeda, que se ergue á beira do río, ben de forma obli-
cua ou paralela ao leito, e adéntrase un terzo no río (en ámbalas dúas ribeiras, a gale-
ga e a portuguesa) utilizándose aquí unha arte de pesca chamada rede cabaceira,
máis grande que o biturón.
Actualmente as pesqueiras que se conservan están englobadas nunha zona restrinxida
do Baixo Miño, de máis de 30 quilómetros, seguindo o curso do río dende o concello de
Crecente, Arbo, Salvaterra, e Caldelas de Tui pola marxe galega e dende Paços ata Lapela
pola marxe portuguesa. O número de pesqueiras en produción non fixo senón diminuír
progresivamente, pasando dos 700 exemplares útiles no ano 1963 aos 450 do ano 2004
(243 na marxe galega, dos que só se utilizan a metade). O mesmo tempo, o número de
capturas descendeu de maneira alarmante nas últimas décadas. A contaminación das
augas, a sobrepesca, as areeiras e os encoros son os causantes da perda de vida do río.
Para concluír, temos que engadir que a protección das pesqueiras ten un papel esencial
na revalorización da paisaxe natural e cultural de ambas ribeiras do Miño. A súa con-

180
Manifestacións de PI: a cosmovisión

servación e protección son esenciais para dinamizar un desenvolvemento integrado e


sostible do curso final do río, a última zona ceibe e con vida natural, que porta unha
riqueza material, inmaterial e natural que é propia do noso acervo cultural dende hai
séculos e que é deber esencial transmitir ás xeracións futuras. A natureza, a pesca, a pai-
saxe, as construcións populares, o turismo, o deporte de aventura, a gastronomía teñen
que ser vieiros para dinamizar un territorio no futuro. Debemos concienciarnos da nece-
sidade de preservar o noso patrimonio como parte da nosa identidade cultural que está
a piques de desaparecer por un proceso atroz de aculturación que nos leva á desapari-
ción como entidade cultural. Polo tanto, cómpre manter na memoria colectiva as nosas
raíces e o noso patrimonio.

Bibliografía
ANTERO LEITE: As pesqueiras do río Minho. Economía, sociedade e Patrimonio. Caminha
1999.
Alberte REBOREDA: “As Pesqueiras do río Miño, Bens de interese cultural”. A Trabe de
Ouro. Publicación Galega de Pensamento Crítico. Nº 60 Tomo IV ano XV 2004.
Xaquín LORENZO: O Mar e os ríos. Editorial Galaxia 1982.
Eliseo ALONSO: Pescadores del río Miño. Deputación de Pontevedra 1989.
Manuel CAAMAÑO SUÁREZ: As Construccións da arquitectura Popular. Patrimonio etnográfico
de Galicia. Consello Galego do Colexio de Aparelladores e Arquitectos Técnicos 2003.
Staffan MÖRLING: Las embarcaciones tradicionales en Galicia. Santiago 1989
Ernesto IGLESIAS ALMEIDA: Notas históricas del Bajo Miño, Puertos, Barcas, Pesqueras. Tui
1888.
Cadernos Museo do Pobo Galego: As construccións adxectivas. Museo do Pobo Galego.
Santiago.
Agustín FERREIRA LORENZO: Monografías de la Asociación Naturalista “Baixo Miño”
Anabam Nº 9: Guia para andar por el estuario del Miño.
Agustín FERREIRA LORENZO e Luis DORADO SENRA, Monografías de la Asociación
Naturalista “Baixo Miño” Anabam Nº11: A Costa do Baixo Miño.
Olga GALLEGO DOMÍNGUEZ: As barcas e os barcos de pasaxe da provincia de Ourense no
Antigo Réxime. Ourense 1999

181
35
38
Manifestacións do PI:
o universo artesán
A tradición, un patrimonio para o futuro
35 José Antonio González Fernández

Centro de Recuperación da Cultura Popular (CRCP)


36 do Castelo de Vilasobroso (Ponteareas)
Ilda Amoedo Amoedo; Rafa González Goyanes

As olerías de Sober: unha experiencia


37 Tomás López González

Os derradeiros batáns de Galicia


38 Manuel Suárez Suárez
35

A tradición, un patrimonio para o futuro

José Antonio González Fernández, Toño O Cesteiro

Con este lema preséntanseme un grupo de persoas sensibilizadas co deterioro e a deca-


dencia dunha cultura na que nos criamos e que hoxe en día está sendo arrasada por outra
allea que destrúe o acadado por séculos de traballos e acumulación de saberes, en prol
duns intereses multinacionais que queiman a terra, esgotan o mar e polúen o aire. Síntome
fondamente identificado con eles e dende a miña posición intencionada de Aldeano-
Cesteiro tentarei mostrar a miña visión do asunto da Tradición e o medo que teño a vivir
nun mundo sen terra, sen mar e sen aire.
Un cidadán medio de calquera parte do planeta consome de noventa a cen veces máis
enerxía da que realmente precisa, xerando unha destrución do medio ambiente como nun-
ca se producira na historia da humanidade.
O aldeán con cultura tradicional, pola contra, mellora o medio que habita, constrúe cos
materiais que ten cerca, planta árbores, cultiva a terra de forma biolóxica, etc.
A política franquista da segunda metade do século pasado de achegar man de obra aos
centros de produción das cidades, situounos aos aldeáns en clara desvantaxe e inferiorida-
de á hora de defender o noso dereito de vivir e crecer nas nosas aldeas, de maneira que
hoxe en día xa non emigramos para vivir máis folgados economicamente, senón por pura
necesidade, quedando grande parte do país a monte.
A transmisión da tradición oral facíase nas aldeas de maneira directa e automática, cada
casa e cada porta tiña un portador dalgún saber necesario para o sostemento da vida cotián.
Gaiteiros, ferreiros, canteiros, cesteiros, tecedeiras e todos os demais oficios que forma-
ban o tecido vital das aldeas de Galiza raramente eran practicados a tempo completo,
senón compartidos co resto dos labores agrarios propios de cada época do ano. Ademais,
é moi común o dominio de varios saberes pola mesma persoa.
Hoxe en día os centros de produción están illados das persoas, especialmente dos
nenos, xa non poden aprender directamente senón a través de terceiros.
Incluír a ensinanza da Tradición Oral nos colexios e mesmo na universidade paréceme
imprescindible se queremos manter a nosa identidade.
Dende hai uns anos adico parte do meu tempo a ensinar cestería en cursos organizados
ao tempo que fago exposicións de cestería tradicional de Galiza en colexios e festas cultu-
rais. Esta actividade deume a oportunidade de mostrar en público a gran riqueza que rodea
a nosa cestería. Aquí, falando de cestos, falo das árbores que empregan os cesteiros, árbo-
35 A tradición, un patrimonio para o futuro

res autóctonas (sanguiño, carballo, castiñeiro, salgueiro, cerdeira brava) que adornan as
nosas ribeiras acubillando e alimentando unha gran diversidade de fauna, en contraposi-
ción comento os piñeiros e eucaliptos que á parte de non servir para cestear queiman e afe-
an a terra onde son masivamente cultivados.
Nomeo e mostro recipientes para o transporte, exposición e almacenamento de produ-
tos cultivados e elaborados no noso país, en contraste co costume actual de abusar dos
envoltorios plásticos que os supermercados se encargan de obrigarnos a consumir e que
tanto prexudican o medio ambiente.
Falo tamén do grande amor e arte con que a nosa xente se adicaba aos labores cotiáns,
así di a cantiga:
Miren os cestos
e mírenos ben
que como eles
non os fai ninguén.
Iste cestiño foi feito
con cariño e amor.
Non é prata nen ouro
máis belo como unha flor
O meu cestiño de verga
que vai á mesa do rei.
Miña alma por ti morre,
A túa por min non sei
Dado o secular illamento de aldeas e xentes, cada comarca ten os seus propios cestos,
distintos materiais, técnicas e formas para os mesmos usos.
❙ Os grandes culeiros de castiñeiro ou salgueiro teñen con eles a historia dos socalcos
da Ribeira Sacra.
❙ As esportas, patelas, medidas e lavaxes contan faenas mariñeiras e de regateiras.
❙ O paxe das cunchas de Viveiro permítenos lembrar como as algas e as cunchas da
beiramar servían para enriquecer as terras de cultivo e endurecer as cascas dos ovos
das galiñas.

188
Manifestacións de PI: o universo artesán

❙ As nasas do Miño deixaron de ser útiles cando os encoros trancaron o río e as


anguías xa non puideron traspasar Frieira.
❙ O cesto do millo da Baixa Limia permite mostrar o proceso completo do pan dende
a leira ao galleiro.
❙ A cesta do fuso atesoura riquezas de la e liño, mazarocas e novelos, tesouros femininos.
❙ Cacipos que noutrora rebordaban de troitas en calquera regato, o que hoxe é só
unha lembranza.
❙ Curuchos de palla centea que protexían as colmeas das inclemencias do tempo.
❙ Sombreiros e corozas que facían o mesmo con homes e mulleres.
❙ O cestín do furón dos Ancares onde se transportaba este bicho e que fala do tempo
en que os coellos inzaban o monte ata que unha peste do “progreso” deu cabo deles.
❙ A cesta galocheira, forte, rexa, percorrendo camiños coa ferramenta dos moitos ofi-
cios ambulantes que se exercían no país: cesteiros, zoqueiros, carpinteiros, etc.
❙ Sonoros axóuxeres para arrincar sorrisos da face dos meniños.
❙ Grandes canastros de varas que mostran fartura, xa que neles se gardaba o millo can-
do a colleita non cabía nos cabazos de pedra.
E así un sen número de pexas, cada unha con historias que contar e que convén man-
ter vivas para que un patrimonio tan rico siga formando parte dunha industria ecolóxica,
barata, sostible, que aproveita uns recursos que hoxe arden a cotío por mor do descoido
do noso agro e que nos identifican como pobo.
O fomento da cultura tradicional faranos máis capaces de afrontar o inevitable esgota-
mento do petróleo e de colaborar activamente na redución da emisión de gases de efecto
invernadoiro.

189
36

Centro de Recuperación da Cultura Popular


(CRCP) do Castelo de Vilasobroso (Ponteareas)

Ilda Amoedo Amoedo; Rafa González Goyanes


Entrevista feita por Xabier Prado Orbán

X: ¿Por que razón vos adicades a isto?


I: Eu creo que unha das razóns que influíu en nós os dous foi o feito de ternos criado
no estranxeiro e ter recibido un patrimonio… Eu, no meu caso, nacín aquí, marchei sen-
do moi nena, e entón isto, para min, era o ideal. E aínda coñecín a vida tradicional. Cando
volvín, xa con 17-18 anos, esa vida estaba desaparecendo, e xa foi unha obsesión: apren-
der as cousas, que non desapareceran, que quedaran, contos, lendas, sistemas de curación,
todas estas cousas.
R: Eu algo parecido, o que pasa é que creo que tiven a gran sorte de ter un pai que me
transmitiu tan forte, tan forte as súas sensacións e as súas vivencias, que eu cada vez que
viña tiña ganas de non volver para onde estabamos.
X: ¿Poderíase dicir que a emigración, que normalmente se considera negativa, puido ter algún
efecto positivo en vós de cara a valorizar a cultura tradicional?
R: Eu porque era algo totalmente distinto de onde estaba que me identificaba moito, nes-
te caso cos meus pais, e eu xa dende moi pequeno fun revolvendo en todo o que encontra-
ba vello e con todo o que tivera algo que ver co que me contaba, máis que nada do seu avó.
I: Eu, por exemplo, cando volvín, nos anos 70, cando todo se volvía plástico, despre-
zábase totalmente o antigo, eu reaccionaba ao contrario. Eu, claro, do plástico xa viña.
Entón a min o que me gustaba era o antigo, que me contaran os contos de antes, que me
falaran desas cousas. No noso caso foi positivo, a ese nivel.
X: Describide moi brevemente o contido da vosa actividade.
R: O que facemos é unha cousa, o que pretendemos facer é outra.
Rexentamos o pequeno museo etnográfico do Castelo de Vilasobroso, a través dun conve-
nio que temos co Concello, que pon o local e nós poñemos o resto, e sentímonos moi con-
tentos e moi felices de saber que todo o que está dentro é noso, por dicilo dalgunha forma.
Non porque sexa noso como propiedade, senón porque é noso como traballo.
I: O que fixemos foi iso, recuperar todo o proceso do liño e da la, e de confección de
cousas, sobre todo das que teñen utilidade para os fogares.
R: E despois aínda temos a parte de conservar todo o que temos, e temos feito, tanto a
nivel particular como en conxunto, o que son reproducións auténticas feitas por nós dal-
gunhas das pezas vellas que temos. Sobre todo téxtiles.
36 Centro de Recuperación da Cultura Popular (CRCP) do Castelo de Vilasobroso (Ponteareas)

I: E finalmente, claro, como temos que comer, damos o gran-


de salto, que tivemos que montar tamén unha tenda. Porque só
a outra parte non dá.
X: ¿E como diciades antes, que é o que vos gustaría poder facer?
R: Dedicarnos única e exclusivamente a manter, a conservar
e a buscar máis para ensinar, non ter que traballar como tecedor
e como bordadora, non ter que vender como tendeiros, vamos,
senón á outra parte.
I: A recuperación, a transmisión, a conservación.
X: ¿E como se podería conseguir iso?
I: Con fondos públicos. É imposible facelo só dende unha
empresa privada.
R: Claro, se nos poñemos alí explicándolle aos nenos, días e
días un detrás doutro, e despois queres ir a unha aldea e botar
toda unha tarde cun vello de charla e recoller todo iso para trans-
mitilo, entón como comemos?
I: A nós o da roupa gústanos moito, e o proceso téxtil gústa-
nos moito, pero temos información sobre curacións, sobre cociña, sobre contos, sobre
música, sobre cantares, danzas, traballos da aldea, sobre un montón de cousas.
E por outra parte sería marabilloso, pillar unha das moitas aldeas abandonadas que hai
e alí montar unha aldea cos traballos que hai e co resultado dos traballos, e tamén como
“ecoaldea”, non?
X: Cres, entón, que o patrimonio inmaterial incorpora tamén valores de respecto á natureza, ¿ou
que?
I: Si, Si. Nós cremos nos costumes e nos produtos feitos con materias propias pero
tamén valoramos a relación que toda a vida tivemos co campo e coa Natureza, e que era
perfecta. Galicia decaeu cando rompemos esa relación. Fíxate, en Galicia, en concreto nas
Cortellas (Ponteareas), organizouse a mediados dos oitenta o primeiro curso de “perma-
cultura” que houbo en España, e a mestra que veu, cando mirou como plantabamos, can-
do mirou unha veiga na cal había viñas, na cal había millo, había nabizas, había feixóns,
había xudías e calacús, dixo: isto é permacultura, non tedes que aprender nada dos ame-
ricanos nin dos australianos, isto é permacultura.
X: ¿Como recibistes ese saber, de que forma chegou ata vós?
R: Eu no meu caso metérame en cursos de restauración e conservación do téxtil, e unha
vez que montamos todo o rollo, entre os dous, pasamos a aprender a tecer, porque tiñamos
os traxes, eu tiña unha parte de roupa e ela tiña todos os trebellos do liño. E aprendemos
a tecer e a fiar. E unha vez que aprendiches, o mecanismo o máis básico, despois de aí en
diante sempre fun autodidacta.
I: E eu no meu caso, pois a última muller que había e que aínda traballara no liño, e
aínda recordaba todo o proceso, falei con ela para que me ensinara. E logo, gustoume e fun
a Madrid a facer un curso xa para aprender outras técnicas, que aquí non se aplicaban pero
porque me gustaba tinxir, fun cunha das grandes artesás do téxtil de España, non? E logo,
claro, cando se organizou o curso este de animación sociocultural, eu daba este curso, e eu
non podo evitar, nos cursos de animación sociocultural sempre falo da cultura popular…
E Rafa, que era alumno, e eramos dous chalados, movemos a todos os demais a organizar
o Obradoiro de Noutrora, unha iniciativa pioneira nosa para achegar as escolas e a socie-
dade aos artesáns tradicionais locais e que tivo moita repercusión.

192
Manifestacións de PI: o universo artesán

X: ¿En que consistiu ese Obradoiro?


R: Dividiámonos en grupos de traballo, e
uns ían buscar os telleiros, outros levaran os
cesteiros, outros levaran unha señora que viña
tecer, e chegamos a un punto que non tiñamos
nin ocos, que estabamos todo o tempo seguido
atendendo rapaces das escolas. Que nós pensa-
mos en dous días e ao final quedaron catro, a
cousa impresionaba. E entonces a cousa que-
dou así, acabou o curso, e entón Ilda e eu, nun
momento determinado, dixemos: e que imos
facer con todo isto que tes ti e que teño eu,
parado na casa, alí metido? Sería bo que fixe-
sen algo aquí. E propuxémoslles a idea. Pero
houbo que dárllelo todo masticadiño para que
despois eles dixeran: Pois bueno, pois si.
Botamos tres anos para montar o tinglado. E
montado o tinglado, cuns convenios que había, co organismo oficial de turno, botamos
tres anos, pero tres anos enteiros, os dous traballando e atendendo ao tinglado.
A nosa ilusión era conseguir recuperar o máis que se puidera, expoñelo, conservalo, e
divulgar dalgunha forma en todas as áreas que nos fora posible, e facer incluso talleres, que
chegamos incluso a levar algún no verán, onde cocéramos o pan, e se fixeran cousas de
barro, e fiaran, e teceran, e todo iso, esa era a idea. Ir mostrando todo, aínda que fora por
fases, ou por épocas do ano, xa se distribuiría como fora. Pero aquilo era moito.
X: ¿E como reaccionaban os artesáns a esa proposta vosa?
R: Había de todo. Polo xeral, bastante ben. O que pasa é que tiñan que… a ver, esta-
ban cansos, cansos de traballar. Entón, cando nós chegamos e lles dicimos: por que non
vides con nós un día para alí? Mira, levade a quen queirades, a min deixádeme en paz, levo
toda a vida de Dios facendo cestos, e agora estou retirado, a min xa me chega ben, non que-
ro facer máis cestos ningúns. Entón, o que pasaba era iso, que eles xa estaban un pouco
aburridos, pero despois, tamén tiñan a outra parte, que era como un recoñecemento ao seu
traballo, un recoñecemento público, da xente que viña, e entón, a veces, chegamos nalgún
punto, por exemplo coa señora que é tecedora, que tivemos que mandala para casa por-
que ela aínda seguía vindo. Collía o autobús desde alá, de Mondariz, e seguía vindo, xa coa
feira desmontada, porque ela quería seguir tecendo.
X: ¿Vedes algún futuro para estas actividades?
I: A artesanía, como artesanía tradicional, é moi difícil que comercialmente a saques
adiante. Vai adiante a artesanía nova, con bixuterías, con non sei que máis, que son os arte-
sáns que hai hoxe en día. Artesáns tradicionais, quedan os catro vellos, que a medida que
se van xubilando o deixan.
R: A nivel artesáns témonos movido, de feito bastante, non só por aquí, estivemos en
Intergift (feira internacional bianual dos agasallos en Madrid), estivemos en Bilbao, en
feiras grandes. E entón dáste conta de que a artesanía non ten moi boa… Non caben
todas, nin moito menos. Porque na de Intergift, por exemplo, un día chegounos un
señor que estaba namoradísimo das alfombras que facemos nós, e preguntoulle a Ilda
cántas facíamos ao día.
I: “Qué producción tienen diaria?” Diaria… home, ao mes, a veces facemos unha alfom-
bra. A veces.

193
36 Centro de Recuperación da Cultura Popular (CRCP) do Castelo de Vilasobroso (Ponteareas)

X: ¿Pero se houbese unha boa rede de comercialización, o produto en si podería ter un prezo
rendible?
I: Se realmente houbese un respaldo, real, detrás da artesanía, que a nivel institucional
se crearan redes, se crearan marcas, denominacións de… calidade, ou o que fora, e hou-
bese apertura cara mercados que realmente aprecian iso, si. Pero, agora, que tes que comer-
ciar ti co Corte Inglés, que che di que deixes o teu produto, e que tres meses despois de
telo vendido cho van pagar, triplicando o prezo eles, ti aí non podes…
R: Téñense feito campañas, todos sabemos que se teñen feito campañas de artesanía de
Galicia e todo o demais, pero o que pasa é que cremos que non están todo o enfocadas que
deberían. A veces temos falado isto entre nós, e parece que hai como a creación dunha ima-
xe, sen chegar a beneficiar ao produtor.
I: E por exemplo, unha idea que temos, a de montar aquí un mercado de principios de
século, que hai imaxes, hai memorias, e quen ten memorias dunha feira medieval?
E o interesante de organizar esa feira proposta por nós sería que o que fai falta precisa-
mente é xente que veña cos cestos e que venda as cestas, e xente que traballara as cabazas,
que precisamente aquí había unha feira das cabazas, etc..
X: Se houbera algún tipo de control da organización desas feiras…
I: Iso é o que pedimos os artesáns. É que por exemplo hai unha inxustiza patente, non?
Ti, por exemplo, es artesán pero non estás dado de alta, e eu son artesá e estou dada de
alta, e resulta que imos a unha feira onde imos pagar 300 euros por posto, ti gastas os teus
300 euros e despois todo o que vendas lévalo para a túa casiña, pero eu pago os meus 300
euros igual ca ti e despois aínda teño que pagar impostos, seguridade social e todo o
demais. Non estamos en igualdade de condicións, e iso non se respecta en absoluto.
X: Iso podería ser tamén unha reivindicación.
I: Home, por favor, é que como mínimo, equipararnos aos campesiños, ao seguro agra-
rio, non? Ou que distingan. Por exemplo, un rapaz que coñecemos de Madrid, que ten un
taller de fundición de vidro, artesanal, con 20 empregados, ao mellor pode pagar uns segu-
ros normais. Agora, un tecedor, que ten que pagar tódolos meses trinta e pico mil pelas de
seguridade social …
Hai que sacar aos artesáns da economía irregular, porque moitos quererían estar dados
de alta, xa que o día de mañá tamén aspiras a ter unha pensión e o que sexa.
R: Aquí hai algo que eu non sei ben como, pero que habería que buscar unhas condi-
cións específicas e especiais para os que facemos estas actividades artesanais.
E despois unha axuda pública para os que fagamos a outra parte, a de divulgación, para
a parte cultural.
I: E despois, no caso particular daquela artesanía tradicional en vías de desaparición,
que aquelas persoas que aínda saben facer eses traballos teñan unha recompensa e un reco-
ñecemento. O que se fai en Xapón. O mestre tal, de tal artesanía, cobra tanto ao ano por
ter tantos alumnos, pero ese alumno vai ter que estar con el un ano ou ano e pico ata que
demostre que o sabe facer.
R: O malo é que hai moitos cartos para moitas historias, pero volvo a dicir o mesmo,
estarán mal encamiñados.

194
37

As olerías de Sober: unha experiencia

Tomás López González

Aínda que eu empecei en 1998, non sei certo se o meu interese pola olería vén dunha tía
avoa, da influencia das telleiras de Canabal ou do propio misterio de facer unha peza de
barro de distintos xeitos. Despois de traballar fóra de Galicia, cando regresei, no ano 82,
unha das primeiras preocupacións que tiven foi falar cos oleiros e ver como traballaban.
Acudín dúas ou tres veces a Gundivós. O meu novo traballo daquela era en Tui e, ben per-
to, nas Gándaras de Budiño, había unha familia alfareira, os Cortiñas, á que visitei con fre-
cuencia. Eran pai, nai, unha filla e un fillo de quince anos, aínda que o xeito de traballar
deles era en roda alta que ten pouco que ver co xeito de traballar a olería coñecida como de
Gundivós. Para quen non o saiba, Gundivós é unha parroquia do concello de Sober, en plena
Ribeira Sacra. En Sober había varias parroquias onde se traballaba o barro. Ademais de
Gundivós estaban Liñarán, Figueiroá, Neiras e algunha outra. Pola metade do século XX fóron-
se acabando todos os oleiros. Uns emigraron a Asturias, outros a Suíza, Francia e Alemaña.
No ano 82 volveu de Europa Obdulia, máis coñecida por Lula, e Alonso volveu de As-
turias. Foi por ese tempo cando, entre eles que puxeron os xarros e os viñateiros de Amandi
que trouxeron o viño, se montou unha mostra que hoxe é coñecida como a Feira do Viño de
Amandi. Iso animou a outros oleiros, como Ventura, Federico e Agapito, a retomar o traba-
llo. O de facer xarros comezaba de novo a dar cartos, recuperando aquel fío que rachara nos
50-60 coa chegada do plástico. No ano 1998, por posibilidades de traballo, puiden achegar-
me a Gundivós e aprender como traballaban Alonso, Lula e principalmente Agapito. Uns
meses despois a Deputación e o Concello promoveron un curso de aprendizaxe desta olería,
no que impartiron clases Agapito e Alonso, repartindo os alumnos, unha ducia, entre os
dous. O curso foi en dúas etapas. Despois de rematar, no 2000, só seguimos Otilia e máis eu.
Neste momento, a situación é a seguinte: Alonso e Federico morreron, Lula e Ventura
están moi maiores e non traballan e Agapito xa está canso. Permanecemos activos catro
oleiros: Camilo en Monforte, Otilia e máis eu en Proendos e Elías en Gundivós.

A olería en roda baixa


A olería de Sober faise distintamente á do resto dos oleiros tradicionais de Galicia. As
que máis se coñecen son en roda alta, pero a forma máis primaria de facer barro é en roda
baixa que é a que utilizamos nós.
37 As olerías de Sober: unha experiencia

A técnica de facer as pezas é o enrolado con churros ou cerillotes. Sobre a base ou cu


da peza aplícase o enrolado. A roda úsase para o centrifugado do barro, con ela dáselle a
forma axeitada.
O barro que empregamos non é un barro comercial. Témolo que buscar nas parroquias
de Bulso, Santa Cruz, Figueiroá e Proendos.
Temos dous tipos de barro: o farabullán que se usa para os asadores e cazolas, e o corre-
údo que serve para olas, xarros e demais pezas.
O forno que empregamos correspóndese coa figura dun cono truncado e invertido, de
pedra, e aberto por riba. A cocedura, entre a carga e o atizado, vén levando sobre nove
horas. Quéimanse toxos, carqueixas e xestas.
Esta olería conta con 45 tipos distintos de pezas tradicionais, tales como ámboas, esco-
rrecubas, xarros, olas, meleiras, barreñóns, etc. Non eran decorativas, eran útiles campesi-
ños. Hoxe en día séguense a usar, pero, agora si, con finalidade principalmente decorativa.
O color que máis se lle coñece na actualidade é o negro, aínda que tradicionalmente só
se facían negras tres pezas: a ámboa, o xarro e algúns escorrecubas.
Unha peculiaridade tamén desta olería é a impermeabilización, que se fai con pez (resi-
na de piñeiro). Noutras olerías úsanse esmaltes.
Tanto as formas, sobre todo o xarro, como a impermeabilización, son moi pouco fre-
cuentes, se cadra únicas, hoxe en día en Europa.

Pensando no futuro
Desde o punto de vista institucional hai que ter en conta que as obras públicas que se
fan e as instalacións que se crean (por exemplo no sector turístico, caso de paradores, casas
de turismo rural, etc.) están obrigadas por lei a que o 30% do investimento de decoración
sexa en artesanía da zona. Mais o certo é que esta norma non se cumpre. As pezas dos para-
dores son iguais en Monforte que en Sevilla ou en Cataluña. Algo semellante sucede coas
caixas de aforros que decoran algunhas das súas instalacións con pezas de importación,
traídas non sei se do sueste asiático ou doutros lugares. Hai que ter en conta que o cum-
primento da norma anunciada antes sería máis relevante polo seu efecto sobre a divulga-
ción das obras que pola súa propia contía económica.

196
Manifestacións de PI: o universo artesán

Tamén é importante a aprendizaxe na escola e sobre todo a transmisión. É dicir, algo


tan doado e elemental como que os rapaces saiban da olería que se fai na súa comarca, case
sempre unha vella e bela descoñecida.
No meu caso persoal, podo dicir que me gustaría transmitirlles o oficio aos meus fillos.
De feito a filla máis nova algo empeza a facer. Mais non me sinto con ánimo para introdu-
cila, cando menos coa idea de que sexa o seu medio de vida.
Por outra parte, non penso que o camiño que se deba seguir sexa o de converter os arte-
sáns en industriais da olería, unha especie de fabricación que acabaría coa artesanía e que
ademais atoparía moita competencia.
O traballo dos ferreiros, oleiros, cesteiros e algúns máis debería ser considerado, na
miña opinión, máis que artesanía a secas, artesanía etnográfica.

197
38

Os derradeiros batáns de Galicia

Manuel Suárez Suárez

No concello de Vimianzo (Terra de Soneira) a Deputación Provincial da Coruña mercou


en 1998 os batáns e muíños do Mosquetín coa finalidade de convertelos nun conxunto
etnográfico que fose tamén unha homenaxe aos bataneiros e muiñeiros que traballaron
durante máis de 250 anos na beira do río Grande.
O Mosquetín é o lugar máis pequeno –só dúas casas– e tamén máis solitario de
todos os que forman a extensa parroquia de Santa María de Salto que está constituída
ademais por estes outros: Cainzadas, Castro, Castromil, O Careixo, Reboredo,
Reparada, Señorás e Torelo.
Ata 1966 os batáns estiveron funcionando sen interrupcións xa que despois os seus
donos lle venderon os dereitos da auga á empresa que instalou alí unha piscifactoría aínda
que seguiron abatanando para cumprir con encargos ata 1970. Os históricos batáns do
Mosquetín case con certeza foron os últimos que funcionaron en Galicia e a súa ben gaña-
da sona facíalles recibir siareiros das comarcas de Bergantiños, Soneira e Xallas.
Nos tempos antigos, cando a industria da lá aínda estaba en mans artesanais, o batán era
un elemento imprescindible para complementa-la elaboración dos tecidos. Os tecidos casei-
ros, feitos con fío fiado na roca e tecido en teares manuais que había nalgunhas casas de cada
aldea ou parroquia, presentaba á saída do tear unha contextura frouxa, pouco densa e pou-
co firme, que se esfiaba doadamente. Requiría unha operación especial de acabado.
Os tecidos de la debíanse abatanar, especialmente aqueles destinados a soporta-la chu-
via e o frío e particularmente as mantas. Abatana-los tecidos é batelos fortemente en molla-
do durante bastante tempo, para aperta-la trama e mesmo a tea, amalgamando as fibras,
así váiselle quitando o pelo e transformando nunha pasta feltrosa, homoxénea e forte,
como un feltro. Ó mesmo tempo, o tecido lávase e desengráxase da sucidade e restos da
suarda natural de la ou do aceite e demais produtos con que se prepara antes da fía, con
auga e xabón, que ó mesmo tempo os limpa das fibras soltas.
O batán –tamén chamado folón ou pisón noutras zonas—é unha máquina movida por
forza hidráulica, composta por uns grosos mazos de madeira movidos por un eixe, que ser-
ve para bater en mollado o tecido saído do tear, para aperta-lo seu entramado e amalgama-
las fibras, ó mesmo tempo que o lava e desengraxa.
Tódolos batáns tradicionais son aparellos moi rudos e primitivos, moi pesados, feitos
case na súa totalidade en madeira rudamente traballada. Esta madeira é de carballo para
38 Os derradeiros batáns de Galicia

que resista mellor a humidade, unicamente o groso eixe e as paletas do rodicio son de
piñeiro. A utilización da madeira case en exclusiva quizais se deba a que o emprego do
ferro podería racha-lo pano.
O seu principio mecánico é moi simple, constando de tres pezas fundamentais, inde-
pendentes pero relacionadas entre si e en conexión unhas coas outras: unha caixa, dous
mazos e unha roda.
Partes do aparello:
1º. A caixa é unha sólida e resistente armazón (a mesa), asentada no chan do edificio,
que conta cunha cavidade aberta na parte dianteira (a pía); é aquí onde petan os
mazos, sobre o tecido por abatanar.
2º. Os dous voluminosos mazos descansan no interior da pía e van pendurados dunhas
bisagras por encima da mesa, cando se poñan en funcionamento vanse erguer alter-
nativamente para petar na pía como martelos e bate-lo tecido alí situado.
3º. A roda, disposta verticalmente é a que vai poñer en marcha o mecanismo ó virar
impulsada pola forza continua da auga dun río, que chega ó aparello mediante unha
canle artificial aberta no extremo dunha represa, á súa vez, vai facer virar un groso
eixe onde se insiren, en puntos diferentes, dous espigóns en posición perpendicular
un con relación ó outro, que van se-los que consigan ergue-los pesados mazos.

FICHA TÉCNICA. Batáns do Mosquetín [Salto-Vimianzo-A Coruña]

Denominación batán.
Tipoloxía roda interior, propulsión inferior, manlles de petada horizontal.
Material predominante madeira de carballo.
1. trabes da mesa
2. pía
3. contrapé
4. postes da mesa
A) a mesa do batán
5. tiradores
6. travesas
7. xugos
8. coloucóns
9. cravillas
As partes do aparello 10. manlles
B) as manlles:
11a. zapatas das
11. almancas
almancas

12. eixe
13. levadoras
14. veos
C) o eixe: 15. buxas

16a. cambas
16. rodicio 16b. rellas
16c. penas

* O sistema de abatanamento

200
Manifestacións de PI: o universo artesán

Estrela Lema Andujar é descendente de


Antonio de Romar quen en 1753 aparece no
Catastro de Ensenada como posuidor dun dos
batáns do Mosquetín. Os pais, avós, bisavós e tata-
ravós de Estrela foron bataneiros e ela participou
arredor de 1970 nos últimos abatanamentos. Así
lle comenta ó prof. Lema Suárez, autor do traballo
inédito O conxunto etnográfico dos batáns e muíños
do Mosquetín:
“Ós nosos batáns traían mantas para abatanar des-
de moi lonxe: desde Carballo e mesmo desde a
parte de Noia; aquí chegaba xente de Serramo, de
Baíñas, da Picota e como é natural de toda a nosa
redonda.
Antes había moitos rabaños de ovellas; non lonxe
de aquí, eu acórdome de Fruitoso, das torres do
Apalzaduiro (Nande), que era ovelleiro e vendía
moita la. Rapábase a la das ovellas, lavábase e car-
dábase; despois fiábase no fuso e na roca e prepa-
rábase no tear. Pola comarca aínda había uns can-
tos teares en casas particulares: en Reparada
(Salto), en Lamas, Tines, Serramo, Borneiro... As
mantas viñan do tear como as redes, cos fíos moi
separados entre si, ou aínda peor cás redes, pois
cabían cumpridamente os dedos entre os fíos.
Cando o cliente nos entregaba as mantas que traía
o primeiro que se facía era medilas unha por unha:
habíaas de varas, de 16, de 20 varas, etc. Cada
vara eran 84 cm. Despois poñíaselle a cada manta uns sinais, uns remendiños nos bor-
dos, para saber de quen eran; algúns xa traían un lote de remendos, de cincuenta colo-
res; tamén se lles podía atar un fiaño distintivo calquera.
Na casa tíñamos un libro onde apuntábamos o dono da manta, as varas que medía esta
e o sinal que tiña.
Nos tempos de miña avoa cobrábase a vara a patacón; despois subiuse a un real e, un
pouco máis tarde, a dous reás. Polos anos trinta xa custaba unha peseta a vara e lem-
bro que de ano en ano se ía subindo un pouquiño máis, ata que se chegou a un peso.
Cando xa estaban as mantas chegadas, ó cabo das 28 horas, sacábanse, estirábanse e vol-
víanse á pía para lavar. Unha canaleta –a cana– feita nun longo varal de piñeiro levaba auga
corrente desde a canle exterior á pía, na que entraba por un buratiño lateral. Pero aínda lle
había que botar varios caldeiros de auga na pía para axudarlle a lavar, pois non daba abas-
to. E así ata que estivesen lavadas, sen xabón e sen outra cousa. Entre batán e batán había
unha pedra longa e lisa moi xeitosiña; había que lava-la ben, pois alí era onde se enrolaban
as mantas, apertándoas ben, ó quitalas definitivamente da pía. A continuación poñíanse as
mantas unha despois doutra nunha táboa longa que había ó longo da parede sur, desde o
medio do edificio á esquina; quedaban alí a escorrer dun día para outro”.

201
39
44
Manifestacións do PI:
o universo lúdico-festivo
O proxecto Galicia Encantada. A web da fantasía
39 popular de Galicia
Antonio Reigosa

O patrimonio lúdico galego


40 Lois Pardo

Algunhas propostas de acción de salvagarda en torno


41 á música tradicional
Iván Area Carracedo; Pablo Carpintero Arias

Os ranchos de Reis na Galiza. O caso de Guláns


42 (Ponteareas)
Nieves Barrera; Marisol González

Os músicos da Limia
43 Iván Area Carracedo; Cástor Castro Vicente

Chegou o Entroido
44 Xosé Manuel Atanes
39

O proxecto Galicia Encantada.


A web da fantasía popular de Galicia

Antonio Reigosa

Desde os primeiros días de marzo de 2005 está operativo na rede un proxecto denomi-
nado Galicia Encantada, Enciclopedia da fantasía popular de Galicia (www.galicia
encantada.com) promovido por quen subscribe e co asesoramento técnico de Manuel
Fernández Prado, da empresa Desarrollos Lugonet, S.L.
Entre os obxectivos de partida o principal consiste en aproveitar as inmensas posi-
bilidades da internet para achegar a calquera interesado, sexa cal sexa o punto xeográ-
fico onde se atope, a máxima información posible arredor da cultura tradicional gale-
ga. Ao mesmo tempo, e á inversa, esta mesma vía permite estar en disposición de incor-
porar á súa base de datos todos aqueles textos, documentos, lendas e demais manifes-
tacións do tradicional galego que calquera colaborador, desde o recuncho máis insos-
peitado, teña a ben achegar.
Por outra parte, cremos que a nosa cultura tradicional, aínda sendo conscientes do seu
progresivo esmorecemento, non é debidamente coñecida. Pretendemos contribuír, xa que
logo, a unha maior difusión da nosa lingua e cultura, a unha posta en valor dos nosos refe-
rentes culturais tradicionais, non para que pervivan como mostras arqueolóxicas do pasa-
do senón como alicerces do futuro. Sabendo de onde vimos, mellor atinaremos cos cami-
ños que queremos transitar no futuro.
Ademais, Galicia Encantada quere atender especialmente ás manifestacións de carácter
local. Así as lendas e os seres míticos que habitan castros, mámoas, fontes, penedos, covas,
illas... etc. coas súas particularidades locais vannos ir axudando a elaborar o grande corpus
da fantasía popular de Galicia. Desde o pequeno, do individual e do local, chegaremos a
comprender, cremos nós, o colectivo cultural que representamos dentro dun mundo glo-
balizado e totalizador.
Outro dos grandes obxectivos de Galicia Encantada é o de achegarse ás novas xera-
cións, aos docentes e aos escolares que traballan arredor da literatura e da mitoloxía
popular tradicional.
Entendemos que merece a pena poñer en valor a literatura de tradición oral, a primeira
literatura que existiu, amosar as posibilidades deste patrimonio oral con actividades axeita-
das, concienciar os máis novos para que nun futuro tomen interese polo estudo, a investiga-
ción e a difusión da literatura oral galega como parte que é dun sistema literario antigo e uni-
versal, incentivar o coñecemento do entorno e dos seus habitantes, do valor das tradicións e
39 O proxecto Galicia Encantada. A web da fantasía popular de Galicia

das persoas maiores que as coñecen e as transmiten, valorar o papel da conversa e a necesi-
dade de saber contar, integrar os escolares procedentes doutras culturas, compartindo os seus
contos e os nosos, que, ao cabo, son os mesmos, transmitir a idea de que se poden divertir
contando e escoitando; escribindo coa boca e lendo cos oídos, para, finalmente, integrar as novas
Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC) no traballo dos escolares, que pode-
rán aprender como dous mundos, aparentemente incompatibles, o da tradición e o da
modernidade, se enriquecen mutuamente. É unha obriga tamén dos poderes públicos con-
tribuír a que así sexa, e a que o resto do mundo saiba da nosa existencia
Estar na rede é unha das mellores maneiras de estar no mundo. A cultura galega debe
aproveitar, non pode deixar de lado este medio, para ocupar o lugar que lle corresponde.
Aquí os galegos de Australia e os de Lugo, poño por caso, poden conversar ou relacionar-
se en tempo real gracias á rede.
A web Galicia Encantada organízase en Categorías atendendo aos contidos: a morte, a
medicina, os ritos, a fauna ou a flora, a literatura, a mitoloxía relixiosa, o lume, o calenda-
rio... etc. E tamén conta con seccións ás que, paseniño, se vai incorporando material de
investigación, propostas didácticas, e conta cunha área re-creativa onde se irá dando cabi-
da ás creacións de autor que revisen e actualicen o discurso da tradición. Así mesmo con-
ta con fotos e ilustracións que poñen cara aos mitos da nosa tradición.
Por último, lembrámoslle ao viaxeiro polas páxinas de Galicia Encantada que pode con-
tribuír ao seu crecemento a través do formulario “Envía unha lenda”. Dende calquera pun-
to xeográfico de Galicia ou do mundo quen así o desexe pode achegar os seus coñece-
mentos sobre a cultura popular galega a esta “lareira virtual”, ao calor dunha cultura
común, sentida e compartida polos galegos do mundo.

208
40

O patrimonio lúdico galego

Lois Pardo

Os homes son en realidade deuses que inventaron o mundo como un xogo.


Entón, descenderon a el, rematando por se converter en vítimas da súa pro-
pia amnesia, até o punto de ficar atrapados no xogo para sempre.
(L. Ron Hubbard)

Podemos definir ao xogo tradicional como aquel nacido ou desenvolvido nunha deter-
minada comunidade para dar satisfacción ás súas necesidades lúdicas, marcadas polo seu
particular xeito de vida. Consideramos de importancia capital o conxunto das nosas prác-
ticas lúdicas tradicionais, sendo varias as razóns que nos levan a esta conclusión. Entre elas
podemos enumerar:
❙ Algúns dos xogos tradicionais que integran o Patrimonio Lúdico galego son prácti-
cas culturais máis antigas que moitos dos monumentos arquitectónicos que temos
todos na cabeza.
❙ O material preciso para a práctica dos diversos xogos tradicionais acostuma ser de
balde ou moi económico, polo que facilita a dinámica social dos xogos e diminúe os
límites sociais.
❙ A súa práctica favorece a comunicación interxeracional, tan en desuso nos nosos
días, que vén ser o principal xeito de transmisión cultural e afectiva.

Brinquedia. O nacemento dunha Rede


Actualmente, os xogos e deportes populares e tradicionais galegos están gozando dun
pequeno auxe despois de atravesar unha situación de desaparición progresiva. Podemos
constatar nos últimos tempos a continua aparición de colectivos (clubs, asociacións,
empresas, centros de ensino, iniciativas particulares...) interesados ben na recuperación
das prácticas lúdicas tradicionais en xeral, ben dunha modalidade específica. Podemos
salientar as ligas de birlos/bolos do Val Miñor, de Viana do Bolo, de Xove ou da Órrea; as
regatas de dornas da Illa de Arousa e de Ribeira; as ligas de chave de Ourense e Ferrol,
Santiago e A Coruña; a realización de numerosas actividades no tecido asociativo, o trata-
mento incipiente dos nosos xogos nos centros de ensino (de salientar aquí o Museo de
Xogos Populares do CEIP de Esteiro en Ferrol ou o CEIP Mosteiro de Caaveiro na Capela,
40 O patrimonio lúdico galego

nas terras do Eume, colexio que ademais, proxecta


a apertura dun Centro de Interpretación dos Xogos
Tradicionais, recuperando espazos do patio escolar
e marcando diferentes zonas de xogo con paneis
explicativos); a creación de novos espazos e infra-
estruturas que gardan estreita relación co mundo
do xogo (o MUPEGA en Santiago, o Palao en
Ourense, o Museo do Xoguete en Allariz...) e mul-
titude de asociacións e centros de ensino que tra-
ballan arredor dos xogos tradicionais, ben no día a
día, ben na organización de interesantes e frutuo-
sas actividades.
Porén, tamén observamos que, malia existir
tantas iniciativas, o xogo tradicional non se ato-
pa recoñecido socialmente, véndose relegado
habitualmente a unha segunda plana. Con rela-
ción a isto, podemos nomear o caso tan curioso
de que a Asociación da Chave de Ourense (xogo galego de fondo raizame), para poder
desenvolver a súa Liga, teña que estar inscrita na Federación de Petanca (xogo impor-
tado da Francia hai apenas un século). Do mesmo xeito, constatamos que ao longo das
3 últimas décadas o xogo tradicional (agás algunhas excepcións) perdeu presenza
nomeadamente entre a mocidade, centrándose a súa práctica entre os “vellos”, ou ben
en programas culturais que os protexen.
Estes argumentos tiveron un peso especial cando a finais maio do 2004, un grupo de
persoas e colectivos participantes do I Curso de Xogos e Deportes Tradicionais –celebrado en
Ourense– aprobabamos entre as Conclusións do Congreso a necesidade de crear unha enti-
dade que agrupase a todas as manifestacións que arredor dos xogos tradicionais existiran
en Galiza e deseñase un proxecto de actuación común.
Cumpriu case un ano e diversas reunións en distintos puntos do país para lle dar for-
ma á idea. En Melide redactamos o Documento Fundacional, na Capela xestáronse os I
Encontros Escolares de Xogos Tradicionais e finalmente en Riotorto celebramos a Asemblea
Fundacional o 27 de marzo de 2005.
Entre os obxectivos marcados por Brinquedia-Rede Galega do Xogo Tradicional, pode-
mos salientar:
❙ Creación dunha Rede de información e comunicación entre todas as iniciativas adi-
cadas aos xogos tradicionais.
❙ Deseño dun Plan Galego de Rehabilitación dos Xogos Tradicionais e inclusión do
Patrimonio Lúdico na lexislación deportiva e cultural galega.
❙ Difusión e promoción do catálogo lúdico tradicional.
❙ Contemplar a creación e adaptación de espazos para os nosos xogos ao deseñar as
infraestruturas escolares, deportivas e de lecer.
❙ Implicación dos medios de comunicación galegos e dos representantes das distintas
disciplinas artísticas, recoñecendo ao xogo tradicional como unha parte máis da
nosa Cultura.
❙ Conservar e promover a cultura popular; a través da promoción do Patrimonio
Lúdico, promovemos tamén o coñecemento da lingua e do medio galego, as clases
de árbores, de madeiras, pedras, crenzas, oficios, ferramentas e moitos outros apar-
tados do noso Patrimonio Inmaterial.

210
Manifestacións de PI: o universo lúdico-festivo

❙ Ademais disto, desde Brinquedia, impulsamos a organización de distintas activi-


dades, como o I Encontro Escolar de Xogos Tradicionais, que o pasado 21 de maio
reuniu no Campo de Bonaval –en Santiago– a máis de 800 nenos/as ou a iniciati-
va, tamén escolar, Polo San Martiño, peóns ao camiño, que pretendía potenciar o
xogo do peón na que tradicionalmente foi a data que marcaba a estacionalidade des-
te xogo, conseguindo que nesa xornada bailasen ao longo do noso país máis dun
milleiro de trompos.

O xogo tradicional
O concepto de xogo tradicional quizais teña mudado nos últimos anos grazas á existen-
cia de certos traballos etnográficos, sociolóxicos e antropolóxicos que viñeron a comple-
mentar pouco a pouco o punto de vista que se tiña del; posibilitando así que estas prácti-
cas deixasen de ser curiosidades exótico-folclóricas, para as incluír –dun xeito reflexionado e
coa importancia que merecen– dentro do Patrimonio Cultural de cada pobo.
Así, pois, o proceso de rehabilitación xa non se fai acudindo a unha visión nostálxica
ou a unha recuperación museística, senón que pasa por favorecer a súa promoción actual,
conscientes da realidade e coñecedores das distintas prácticas lúdicas.
Os xogos representan, logo, un adestramento variado do concepto de calidade social e
comunitaria, conformando un punto de reunión e de comunicación interxeracional. Son
unha fonte de enriquecemento individual e colectivo así como unha experiencia local e
territorial. E dado que moitos xogos teñen unha práctica semellante fóra do noso país,
levan implícita unha clara dimensión internacional e globalizadora.

211
41

Algunhas propostas de acción de salvagarda


en torno á música tradicional

Iván Area Carracedo; Pablo Carpintero Arias

Neste artigo, facemos distintas propostas de accións concretas en relación coa música
tradicional, orientadas a unha posíbel dinamización do mundo rural. Entre outras, pre-
téndese a posta en marcha dunha iniciativa que na Bretaña francesa está a dar moi bos
resultados, relacionada coa realización de feiras de produtos artesanais de alta calidade e
coa organización, subvención e mantemento de xuntanzas semellantes ás antigas reunións,
denominadas na Galiza seráns, foliadas, polavilas, etc.
Os zoolóxicos están moi ben… pero preferimos a liberdade. Cando os últimos exem-
plares dunha especie animal están nos zoolóxicos, calquera persoa entenderá que a desa-
parición da especie terá lugar nun prazo de tempo máis ou menos curto. Tecnicamente
falando, cando isto sucede a especie xa non existe, posto que o seu nicho ecolóxico, o lugar
onde vive e se relaciona, é unha parte consubstancial das especies. A supervivencia das
especies non depende única e exclusivamente da existencia de exemplares; cómpre tamén
que existan as condicións naturais para que os animais poidan desenvolver todas e cada
unha das súas competencias vitais; as especies precisan un entorno natural ao que pouco
e pouco, co paso do tempo se foron adaptando, un espazo que foron penetrando tan inti-
mamente que, ao desaparecer este, desaparecerá a especie tamén. Non basta con que teña-
mos miles de exemplares dun animal en concreto, se non conservamos o espazo onde vive,
a especie está acabada de antemán.
Facendo un pequeno exercicio de abstracción, e cunha intención que dista moito de
buscar comparacións, apliquemos esta evidencia a calquera manifestación cultural, en par-
ticular á música tradicional. A nosa música leva miles de anos vivindo nun espazo natural
que actualmente se define como Galiza, adaptándose a este entorno natural e vivindo fun-
damentalmente no campo, no rural. Para o seu desenvolvemento e pervivencia é necesa-
rio algo máis que a existencia de bailadores e músicos coñecedores da nosa tradición (os
individuos da especie); cómpre, ademais, que exista o espazo onde se interpretan as melo-
días e onde se baila, ou que dito espazo teña evolucionado a formas onde a música e o bai-
le tradicionais poidan estar presentes. Sen espazo para a nosa música e o noso baile, ambos
morrerán sen lugar a dúbidas. Hoxe por hoxe o seu espazo natural está esmorecendo e con
el as nosas manifestacións musicais tradicionais. Os seráns, as malladas, as segas, os fian-
dóns, os bailes... alí vivía a nosa música tradicional; hoxe faino nos escenarios, xa non for-
ma parte do entorno natural, xa vive nun zoolóxico. Debemos lembrar que unha determi-
41 Algunhas propostas de acción de salvagarda en torno á música tradicional

nada forma de expresión artística pertence nor-


malmente a unha área sociocultural determina-
da cando ten relevancia social, no sentido de
posuír, no grupo ao que nos referimos, signifi-
cados, usos e funcións. Se lle quitamos á nosa
música os seus usos tradicionais (acompañar ao
traballo e servir de base para o baile son dúas
das máis importantes funcións) estaremos aca-
bando con ela. Hoxe a función e o uso practica-
mente desapareceron, e se queremos revitalizar
o noso patrimonio musical tradicional debemos
recuperar a funcionalidade das nosas tradicións,
o cal pasa, indefectibelmente, por recuperar o
medio rural e por tentar darlle, ás nosas mani-
festacións culturais tradicionais, un uso e unha
función entre os poboadores das cidades, onde
Fernando Paradela Lage e
hoxe xa se concentra a maior parte da poboa-
grupo, Sarreaus. Tocando para
ción galega. Por suposto, tamén cómpre darlle unha funcionalidade urbana á música e ao Franco no ano 1957.
baile tradicionais, procurando sempre a antedita relevancia social para eles.
Debemos ter en conta que o patrimonio inmaterial non é exclusivo do ámbito rural, se ben
as propostas teñen unha compoñente moi forte nesta liña, pois existe un problema real de des-
poboamento. A súa importancia é a mesma no ámbito rural e no ámbito urbano. Tamén é
necesario evitar posíbeis atomizacións do patrimonio, comezando pola división entre material
e inmaterial, realizando propostas conxuntas que involucren estas dúas partes indisociábeis.
Existen na actualidade un número importante de conceptos previos errados na socie-
dade galega en relación coa cultura tradicional, de xeito que é necesario realizar bastante
traballo de recoñecemento, estudo e transmisión, co obxecto de que a sociedade no seu
conxunto chegue a asumir como propios os valores do patrimonio material e inmaterial,
saíndo deste xeito dos círculos dos estudosos. Pasaremos de observar o patrimonio unica-
mente na súa vertente histórica, dándolle unha dimensión de activación e revitalización,
en xeral, do patrimonio cultural.
Nunha reunión da Xunta Directiva da Asociación de Gaiteiros Galegos, un compañei-
ro, cunha intencionalidade reducionista, sinalaba: “Se un individuo pertence a un grupo,
ou é por diñeiro ou é por sexo. Posto que aquí non hai diñeiro...”. Historicamente a músi-
ca foi, ademais dun xeito de expresión cultural, unha escusa para favorecer a relación entre
mozos e mozas dunha aldea ou de aldeas veciñas, entre veciños en xeral, que entendemos
é como interpretar o antedito comentario. Nos últimos cincuenta anos, desde a entrada
dun xeito masivo da radio na Galiza, moito teñen cambiado as cousas neste aspecto. Máis
aínda nos últimos tempos.
Coa chegada da radio, e posteriormente da televisión1, non só a música, senón tamén o
baile e, en xeral, unha boa parte das nosas manifestacións culturais pasaron, en termino-
loxía televisiva, a un segundo plano. As manifestacións lúdicas tradicionais non tiveron
unha continuidade no tempo e, simultaneamente, foron perdendo a súa relevancia social.
Pasamos da música participativa social a unha música de virtuosismo, unha música de
escenario, sen uso nin utilidade. Mutatis mutandis podemos observar unha situación seme-

1 Esta última é moito máis doada de situar no tempo, tendo en conta que as primeiras emisións de TVE foron
realizadas en 1956. En relación coa radio inclúese un pequeno apéndice sobre o tema.

214
Manifestacións de PI: o universo lúdico-festivo

llante no baile e en outras moitas manifestacións culturais. Cómpre ter presente en todo
momento que a música que temos recibido é o froito do filtro dos nosos devanceiros, quen
afirmaban ou negaban certas manifestacións artísticas en virtude da sociedade; nas festas,
torreiros, seráns, foliadas e polavilas, os músicos escollían de xeito natural aquelas melo-
días que tivesen unha mellor aceptación por parte do público que participaba na festa. Non
interviña unicamente a calidade dos artistas, senón tamén o que realmente interpretaban.
Máis aínda, debemos ter en conta que durante o século XX se produce simultaneamente
unha migración desde o rural ás vilas e cidades que contribúe dun xeito excepcional a mar-
xinar e esquecer as nosas manifestacións culturais, incluso en ocasións a ridiculizalas.
Nesta liña non podemos deixar de mencionar o traballo contra o patrimonio inmaterial,
na súa vertente de ridiculización mediática e a nivel do ensino impartido, que se leva rea-
lizado co apoio da Deputación de Ourense nos últimos tempos, á que ultimamente se
sumou a Deputación de Pontevedra.
Unha posíbel cuestión é como ser quen de que a música contribúa a revitalizar a vida
no medio rural. Como poden a música e o baile tradicionais, así como outras manifesta-
cións folclóricas, axudar a dinamizar a cultura no medio rural como un xeito de evitar o
seu despoboamento e favorecer o seu desenvolvemento?
Unha proposta é a revitalización dos seráns por todo o país, e non só no rural, senón tamén
nas cidades. Debemos ofrecer, dun xeito aberto e participativo, a nosa música e o noso baile
como vehículos de relación entre as persoas. Vexamos como se podería acadar este obxectivo.
En primeiro lugar cómpre adaptarse aos novos tempos en relación cos horarios. Ofrecer
á xuventude2 locais nas principais poboacións onde se faga música e baile tradicional ao
antigo uso, de xeito participativo e integrado nos tempos actuais é unha prioridade. Estas
ofertas poden chegar a ser unha opción moito máis interesantes que o tristemente célebre
“botellón”, sempre e cando os horarios destes centros de cultura tradicional teñan en con-
ta tamén os hábitos e costumes tanto da xente máis nova canto de persoas máis adultas.
Sen pretensión de sermos demagóxicos, os que redactamos estas liñas teñen participado
activamente en moitas “fins de ano” onde a música tradicional constitúe o eixo funda-
mental da festa. Curiosamente estas iniciativas non son endogámicas, achegándose e
gozando delas xentes que pouco ou nada teñen que ver coa música tradicional.
Por suposto, a participación dos músicos ten que ser aberta e contar cos representantes
locais, quen, con certeza, aínda terán moito que aportar. Este tipo de iniciativas permitirá
realizar traballos de recolleita activa, cos músicos dentro do seu espazo natural e coas con-
dicións ideais para que realicen o traballo que levan facendo toda a súa vida. Ademais, a
interacción entre músicos curtidos e non tan veteranos dará lugar a un proceso de trans-
misión que estivo cortado durante moito tempo3, o mesmo sucederá co baile, actividade
que xera directamente e promove as relacións interpersoais, ou o canto. Deste xeito as
melodías por interpretar retoman o filtro social do cal están a carecer nos últimos tempos,
sendo os participantes nas festas os que, dun xeito ou outro, axuden a incorporar novas
melodías ao tempo que se deixan de interpretar outras. Evidentemente, a interacción de
músicos de fóra da bisbarra terá como consecuencia a superación do ámbito local. Tamén
é verdade que hai un certo risco de folclorización, mais consideramos importante levala a
cabo polas numerosísimas compoñentes positivas que contén esta proposta.

2 E por extensión á toda a sociedade, incluídas as persoas maiores que poden facer bastantes máis activida-
des que o tai-chi.
3 Se ben é verdade que sempre existiron grupos, colectivos, asociacións e individuos dedicados a recompi-
lacións de campo, non se ten traballado demasiado na proposta de participar activamente nun mesmo acto
diferentes xeracións de músicos e bailadores.

215
41 Algunhas propostas de acción de salvagarda en torno á música tradicional

Ademais, este tipo de iniciativas deberan ser coordinadas por todo o país, tendo a debi-
da publicidade. É un dos xeitos de garantir a presenza de participantes e de evitar compe-
tencias non procuradas.
Non debemos deixar de mencionar a necesidade do recoñecemento aos músicos e aos
bailadores. Na actualidade existen experiencias similares nas que de xeito sistemático os
membros de grupos tradicionais son “convidados” a participar; a maior parte das veces rea-
lízase este tipo de actuacións por militancia, se ben a xente é consciente de que este non é
o xeito de que a situación prospere. Ademais, preténdese que esta iniciativa sexa autofi-
nanciábel a medio prazo, sendo fundamental a transmisión á sociedade do valor do noso
patrimonio cultural que permitirá, a longo prazo, ser consumidores no lugar de sermos
consumidos ou fagocitados.
Nunha sociedade onde a utilidade é un dos factores para que calquera produto triúnfe
no mercado, unha posíbel opción para transmitir é, por dicilo dalgún xeito, as relacións.

O interese turístico das manifestacións patrimoniais


Dende hai séculos a nosa cultura inmaterial e, máis concretamente, a música e o baile
tradicional teñen actuado como vehículo de relación e ligazón entre os habitantes do medio
rural dun xeito moi notorio. Até os nosos días chegou o costume de facer determinadas
labras, aquelas que esixen un grande esforzo, de xeito comunal (sachadas, matanzas, fiadas,
segas, etc.). Os veciños axúdanse neste tipo de tarefas, dando lugar a manifestacións de
cultura, moitas delas cun grande atractivo cando son realizadas polos métodos tradicionais.
Tamén as reunións que antigamente se facían despois do traballo e determinadas
manifestacións asociadas ás festas patronais (danzas de procesión, penlas, danzas gremiais,
etc.) ou ao ciclo do ano (cantos de Reis, Entroidos moi característicos que aínda sobreviven,
Maios, etc.) posúen un grande interese, que se pode traducir directamente como interese
turístico. Moitas das manifestacións lúdicas e festivas que aínda perduran entre as nosas
xentes teñen un inestimábel valor turístico que achamos está moi infravalorado, sobre todo
debido a unha carencia case total de publicidade dos mesmos. Exemplos do ben que poden
funcionar a este nivel as nosas manifestacións patrimoniais son os entroidos de Xinzo, Verín
ou Vilariño de Conso que atraen a xente de toda Galiza e de fóra do país. Cremos que se
estes eventos fosen correctamente publicitados, postos en valor e, sobre todo, se a súa
continuidade fose asegurada mediante unha política cultural que permitise a súa correcta
subvención4, cantos de Reis, malladas veciñais ao antigo uso, seráns, danzas de todo tipo
que sobreviven por toda Galiza, entroidos, etc., poderíanse transformar en actos de grande
poder de congregación. Só un exemplo no sentido de que practicamente todo é posíbel na
maior parte dos lugares da Galiza: o Entroido da Ribeira Sacra Lucense, sendo un dos máis
rechamantes, é practicamente descoñecido no resto da Galiza. A afluencia de público
limítase á xente das aldeas implicadas e polo tanto, debido o despoboamento do rural e a
perda de interese da xente nova nestas manifestacións (froito dunha política de difusión e
valorización cultural nefasta) este Entroido deixouse de celebrar nos últimos anos. Se
desde os estamentos políticos se mimaran estas manifestacións poderiamos, neste caso
concreto, ofrecer ao público un motivo para visitar a Ribeira Sacra en inverno cando as
actividades turísticas da Ribeira Sacra se centran fundamentalmente en actividades estivais.

4 Tendo en conta que, por exemplo, algunhas das políticas de subsidio foron encamiñadas a converter o
Entroido nun pseudo-carnaval ou en representacións de máscaras, moi lonxe do que deberan ser, ou a pro-
mocionar os mal denominados “Día da Muiñeira” que ademais de ser unha lamentábel folclorización con-
segue desactivar o interese pola música na base do ridículo.

216
Manifestacións de PI: o universo lúdico-festivo

Como se sinalaba anteriormente, este tipo de


manifestacións patrimoniais susceptíbeis de recibir
unha grande afluencia de público existen por
todas as nosas aldeas. A súa lista sería enorme,
pode semellar que son só unhas poucas, mais esta
impresión e simplemente o froito do descoñece-
mento que en xeneral temos delas. Publicitando e
organizando estas actividades correctamente
potenciaremos o turismo no rural e este é un xeito
importantísimo de adaptar as manifestacións patri-
moniais do rural aos tempos modernos ao mesmo
tempo que se fornece as aldeas dunha fonte de
ingresos substancial. Catro liñas claras de
actuación deberan ser:
1. Estudar e documentar todos os eventos patrimo-
niais susceptíbeis de ser obxectivo turístico.
2. Unha vez documentados, dar a coñecer estes
Gaiteiros de Vilar, Calvos de eventos ao público en xeral mediante campañas publicitarias adecuadas que
Randín.
sobrepasen, a ser posíbel, o nivel da nosa comunidade (pensemos no caso do fol-
clore andaluz).
3. Dotar as aldeas dos medios necesarios para manter vivas estas manifestacións. Urxe
unha boa política de planificación.
4. Organizar os eventos desde o punto de vista turístico mantendo inalterada a súa esen-
cia; pensemos por exemplo no éxito que as feiras gastronómicas están tendo e a canti-
dade de xente que atraen, é dicir, a situación ideal sería aquela na que os turistas poi-
dan participar dun xeito máis ou menos directo na celebración do evento, onde a expe-
riencia indica que pode ser recomendábel a difusión dunhas directrices de conduta.

Calidade dos produtos manufacturados de xeito tradicional


Nos últimos tempos observamos unha clara tendencia no mercado a ofrecer produtos
manufacturados de moi alta calidade e valor engadido. Este tipo de produtos baseados
nunha manufactura feita ao xeito tradicional están a ter unha grande acollida, pensemos
no grande éxito acadado por empresas como Prada a Tope, cuxa filosofía de venta é ofre-
cer ao público produtos fabricados ao xeito tradicional, ou a proliferación de tendas onde
se ofrecen este tipo de produtos fundamentalmente orientados ao turismo.
Na Galiza gozamos dunha grandísima cantidade de produtos susceptíbeis de seren tra-
tados deste xeito, a fabricación de moitos deles está directamente relacionada con prácti-
cas de produción moi antigas que renden un produto de moi alta calidade.
Desde o goberno da autonomía debera terse en conta este factor que pode contribuír
tanto ao desenvolvemento da economía rural, como á conservación de procedementos pro-
dutivos implantados no noso saber secular. As liñas de actuación para acadar este obxec-
tivo poderían ser as seguintes:
1. Estudar e documentar os procesos tradicionais de obtención de produtos agrícolas
e manufacturados producidos no rural.
2. Realizar un estudo económico e de mercado para pescudar: cales destes produtos
son ou poden ser demandados pola sociedade, que estratexias de venda son as ade-
cuadas para cada tipo de produto (venda centralizada ou anexada os centros de pro-

217
41 Algunhas propostas de acción de salvagarda en torno á música tradicional

dución) e cales son susceptíbeis de aportar un beneficio económico substancial aos


seus produtores.
3. Revitalizar e publicitar as feiras tradicionais para devolverlles o seu papel como vehí-
culo de relación entre os habitantes do medio rural (e a interacción actual co mun-
do urbano e rurbano) e como punto de venda deste tipo de produtos.
4. Tentar ofrecer aos turistas a oportunidade de participar directamente nestes proce-
sos de produción tradicional organizando nas diferentes zonas e ao nivel que se eli-
xa (comarcal, municipal ou parroquial) centros de referencia onde se podan apren-
der diversas técnicas tradicionais. Co obxecto de pór exemplos concretos a cociña
tradicional, a olería, os procesos de confección de teceláns, palilleiras, bordadoras,
etc., diversos traballos do campo como sachadas, cacheos, segas, vendimas, etc.,
poden ser dun grande atractivo turístico se son ofertadas do xeito adecuado.
5. Organizar unha rede de distribución dos produtos manufacturados baseada nestes
centros de referencia.
Con estas actuacións aseguraremos o estudo e a supervivencia dos nosos traballos tra-
dicionais, a súa posta en valor e, ao mesmo tempo, ofreceremos un vehículo de desenvol-
vemento ao medio rural a través da rendibilización económica destes procesos e os seus
produtos resultantes.
Deste xeito, se queremos recuperar a funcionalidade e devolver un uso á nosa música
tradicional, para que esta continúe a vivir e recupere a súa saúde, deberemos seguir unhas
liñas xerais de actuación:
1. Estudar e dar a coñecer as partes esquecidas da nosa cultura no medio rural: a educa-
ción infantil é absolutamente prioritaria, sen poder descoidar ao resto da sociedade.
2. Recuperar o espazo natural da nosa cultura: apertura de centros para reunións e sub-
vención de grupos de música e monitores para volver a iniciar a transmisión oral.
3. Revalorizar os antigos oficios para a produción de items tradicionais con valor turís-
tico ou mercantil (cesteiros, zoqueiros, diferentes tipos de comidas e bebidas tradi-
cionais...) centrándose na calidade e non na cantidade. Ofrecer á par do turismo
rural un turismo folclórico, sen caer no folclorismo, procurando alternativas de vida
á xente do campo para evitar a emigración ás cidades.
A integración do exposto é posíbel mediante a realización dos seráns dentro e logo das
feiras revitalizadas onde os produtos galegos de calidade teñan un papel prioritario. Deste
xeito, a planificación temporal tórnase moito máis doada pois ao longo dos séculos as vilas
e aldeas foron variando as datas de celebración evitando as competencias directas entre
vilas excesivamente próximas ao tempo que se contribúe á non atomización dos saberes
que constitúen o patrimonio cultural inmaterial.
Finalmente, sinalar que no presente traballo estamos a reducir dun xeito implícito as
posibilidades do mundo rural pois, en certo modo, estamos a dar propostas que van na
liña de preconceptos establecidos sobre el, cousa que habitualmente non se fai ao pensar
no mundo urbano. Propostas moito máis abertas serán tratadas en futuros traballos.

218
Manifestacións de PI: o universo lúdico-festivo

Apéndice
(tomado de Evolución dos recursos interpretativos na gaita galega
por Iván Area, Iván Costa e Xesús Vaamonde, en prensa desde o ano 2000
para a colección “Clásicos da Música Galega”)
En relación coa entrada da Radio5 na Galiza convén sinalar que a radio comezou na
Galiza a finais dos anos 20 e durante os 30, case dez anos máis tarde da súa aparición en
Barcelona e Madrid. Tratábase de iniciativas privadas, moi precarias, promovidas por par-
ticulares e con carácter experimental, difíciles de contabilizar, e que só nalgúns casos cris-
talizaron en emisións regulares. Até 1932, baixo o amparo da lexislación republicana, non
se inaugura oficialmente ningunha emisora de radio na Galiza: Radio Galicia en Santiago
de Compostela, pertencente á “Sociedad Española de Radiodifusión” (SER). Naquel mes-
mo ano de 1932, Ramón Puga Noguerol inicia en Ourense unha serie de experiencias
radiofónicas desde unha moi pequena e rudimentaria emisora instalada nun cuarto do seu
establecemento comercial da rúa das Tendas. En 1935 inaugúrase oficialmente “Radio
Orense”. “Radio Pontevedra” inicia as súas emisións regulares en marzo de 1934, da man
do avogado Enrique Vázquez Lascaille. Polas mesmas datas comeza a emitir “Radio
Coruña” creada por Francisco Hervada García-Sampedro, e un mes despois, “Radio Vigo”
fundada por Santiago Montenegro Costas e Emilio Torrado Lima. A partir de 1935, emite
“Radio Lugo”, propiedade de Ramón Beberide Ledo, que foi e seu director até 1980. A
década dos cincuenta, é a grande década da radio, pese ás limitacións técnicas e de liber-
dades existentes. É a época dos seriais, concursos, espectáculos, programas e actuacións de
cara ao público. A aparición do transistor, masivamente introducido polos emigrantes,
multiplica a audiencia, coas repercusións sinaladas para a cultura tradicional.
No mesmo artigo de onde se tomaron estes datos tamén se fai unha análise das apari-
cións das denominadas orquestras e a súa implantación na Galiza.

5 O inventor do sistema de sinais por radio foi Guglielmo Marconi quen fixo a primeira transmisión de sinais
sen fíos a través do océano en 1899.

219
42

Os ranchos de Reis na Galiza.


O caso de Guláns (Ponteareas)

Nieves Barrera; Marisol González


Entrevista feita por Xabier Prado Orbán a Marisol González (M) e Nieves Barrera (N)
en presencia doutras compoñentes do rancho de Reis de Guláns

X: ¿Quen sodes, e cal é a actividade que facedes dentro da cultura tradicional?


M: Chámome Marisol, e participo no Rancho de Reis, que é unha cousa tradicional de
Guláns, e fágoo porque me encanta, e non me importa perder o tempo nin nada, de ver-
dade que o fago por satisfacción persoal, e gustaríame que isto seguira adiante.
N: Eu chámome Nieves, e ao igual que Marisol gústame o rancho porque o desfruto,
pásoo ben, sácolle horas ao sono, trato de coordinar co traballo e é algo que nesta época
me atrae, igual que che pode atraer calquera outra cousa.
X: Explicádeme un pouco en que consiste o rancho de Reis.
M: O Rancho de Reis é unha agrupación, que pode ser de 4, de 6, de 8, ata 12 ou 18,
pode ser moita xente. Homes e mulleres que se xuntan e que fan unhas danzas, unha con
castañetas, outra con arquillos, con distinta música e distintos pasos. É moi brincadeira e
moi alegre, tanto a música nun caso como no outro.
X: ¿Cando se fai isto?
N: Faise durante o Nadal. Antigamente saían durante todo o Nadal e ían de concello en
concello. Hoxe en día non, poden actuar nalgún sitio moi concreto que chamen por eles
para ir, pero cando se fai fixo é o día de Reis e, en Guláns, o día de San Xulián. É o día 7,
ao final de Reis, ao final das vacacións de Nadal e alí é o día que se danza diante de todos.
Ademais, primeiro dánzase diante do santo, na procesión, e despois faise unha exhibición
pública, claro. A danza diante do santo é moi particular e distinta das outras, porque nela
non se pode en ningún momento darlle o cu ao santo.
X: ¿Como se organiza, prepara, é dicir: que hai que facer antes?
M: Pois sobre 15 días antes, ou así, quedamos e ensaiamos, é dicir, recordamos, porque
como non volvemos a bailar esquecémonos xa un pouco, pero bueno, todo o malo é empe-
zar e xa volves a lembrar. Pouco se ensaia, eh? Unha vez que o saibas, porque se non o sabes,
ao principio cústache, pero unha vez que o sabes adoitas recordar os pasos da vez anterior.
X: ¿Existe unha asociación ou algo así, ou é algo espontáneo?
M: É unha cousa bastante espontánea. Hai un rancho eiquí que si, que ten unha cabe-
za visible que está aí, que podes chamalo por teléfono e ao mellor pódenche dicir que
poden ir actuar ou que non, pero así como asociación, non.
42 Os ranchos de Reis na Galiza. O caso de Guláns (Ponteareas)

X: ¿E o material necesario, traxes, elemento, iso todo, de onde sae?


M: Iso de casa en casa. As castañetas son antigas, e vanse pedindo á familia tal, que é
quen as ten, os gorros tamén, fixéronnos no ano 77, os últimos, despois fíxoos Lino, que
é un dos do rancho, volveu a facelos, pero os así … tal, son do ano 77. Que os fixeron
Secundino, Anxo, Porto e todos estes, e que quedan moi bonitos. E despois os panos e
todo iso é de casa en casa. Os que teñen, que a conservan alí como unha reliquia, e que
pasamos pola casa a pedirllas. Non poñen ningún problema, vas alí e dis que o queres e
din: podedes vir a buscalo.
No ano 77 gravaron un programa, chamábase “Raíces”, da Televisión Española, gra-
vouse en Guláns, primeiro gravouse a parte cos nenos, xogos, e despois na igrexa grava-
mos varias das danzas. Non recordo exactamente se 3, se 4. Pedíuselle á TVE, hai anos,
que nos mandaran un vídeo, e actualmente algúns de nós conservámolo.
X: ¿Como aprendestes, como entrantes nisto?
N: Desde pequena míralo, porque é unha cousa que tes aí en Reis sempre, entón se
che gusta a música, ou che gusta bailar, pois ti bótaslle unha ollada e miras: fan así, fan
alá, de pequenos collías unha vimbia e tratabas de facelo, non quere dicir que o fixeras,
e menos ti soa, non? Pero despois cando tiñas unha certa idade, a xente íao deixando,
outra vai entrando, e pedíronnos, a min polo menos pedíronme para ir, e dixéronme: ti
fai o que fan os outros, e entón de vez en cando dicíanche: rapariga, ti por aquí, ti por
alá, e así aprendías.
M: Eu creo que non recordo ben como empecei, pero fun o primeiro ano, agarrei o pau,
porque tamén se baila a danza do pau, e despois o segundo ano creo recordar que Nieves
marchara e facía falta unha persoa para o grupo dos maiores, e chamáronme a min. Ensaiei,
e ata hoxe. Debía ter sobre 16-17 anos. E agora o que se fai é que a quen queira aprender,
dámoslle unhas clases, agora durante os meses de novembro e decembro, e os rapaces que
queiran apuntarse poden ir. Ensínaslles os pasos, e despois xa cando veña o gaiteiro e todo
iso, coa música faise máis levadeiro.
X: ¿E que tal responden?
N: Neste momento non responden moi ben.
Hai moi poucos nenos e nenas. Danzantes aínda
hai, pero xa son todos de vinte e tantos anos,
pequenos nestes momentos non hai.
Os de vinte anos xa saben, só veñen ensaiar
para ir a bailar. A recordar os pasos e bailar como
o ano pasado. Pero para aprender de novo xa che
digo que, agora mesmo, non hai nenos.
Eu creo que agora os nenos, non a xuventu-
de, os nenos, teñen todo. E ir danzar, ao mellor é
un esforzo para eles. Nós antes, era para poder
saír, ir cos amigos ou coñecer sitios novos, aínda
que sexa ir coñecer Redondela ou Vigo, que ao
mellor non os coñecías. Pero agora eles, se non
van a danzar, van igual. Eu creo que agora, para
eles, realmente é un esforzo aprender iso. Salvo,
ao mellor, raras excepcións. Si, porque antes, se
dicías que ías co rancho, xa non che facían máis
preguntas os pais, e ías co rancho todo o día por
aí, chegabas a calquera hora, liberdade total, e iso

222
Manifestacións de PI: o universo lúdico-festivo

era unha novidade, pero hoxe en día non nece-


sitas nada diso para saír.
X: ¿E que pensades que lles aporta aos rapaces que
están aí?
M: Creo que curiosidade, a verdade é que
nunca lles preguntamos, e ao mellor non esta-
mos valorando de verdade o que eles queren
aprender. O feito de ensinalo, de poñer o traxe,
iso tamén inflúe. Non deixa de ser un traxe un
pouco pintoresco.
Penso que senten que é algo importante por ser
de Guláns, aí polos arredores non queda moito.
N: A miña filla di que unha das cousas polas
que o fai é porque lle gusta, para que non se per-
da, e creo que no fondo é porque o pasa ben.
Coas súas amigas, e tal, e van actuar aquí, e alá,
e coñecen xente, e van de acampada, e aprovei-
tan, e esas cousas todas. Pero ao mellor o que necesitaban era un incentivo económico,
tamén. Para que elas sigan e animen á xente que vén detrás delas, non?
X: ¿Que pensades que se podería facer para que no futuro isto tivera continuidade nas mellores
condicións? Pensades que neste momento o rancho de Reis ten forza dabondo para manterse por
si mesmo?
N: Eu penso que si, que neste momento por unha razón ou por outra estase mantendo
por si só, como se estivo mantendo sempre.
Quizais onde teñamos un pouco de problema é cos músicos. O problema pode ser que
os maiores se fixan tanto, que os novos non queren ir. Porque hai xente que toca a gaita,
xente que toca o bombo e xente que toca o tambor, e ao mellor vanche un par de veces e
despois xa non volven. Realmente, non sabemos o que pasa.
M: A miña opinión persoal é que ao mellor os maiores critican demasiado e despois os
músicos xa non queren expoñerse a que os critiquen.
N: Normalmente, os músicos son de aquí ou de moi cerquiña, e a música é música do
rancho, é moi concreta. Cada peza ten a súa música, non é calquera música. Os músicos
aprenden duns a outros, de oído.
X: ¿E os gaiteiros tocan só para o rancho, ou participan tamén noutros grupos folclóricos?
N: Non, non tocan só para o rancho, e ao mellor era o que necesitabamos: un grupo de
músicos específico. Iso pode que si, que fose boa idea, ves?
X: ¿E o rancho, na situación actual, mantense por si mesmo, ou tedes necesidades onde podan
axudarvos?
N: O rancho actualmente deféndese ben, pero temos un problemiña aínda, e ímoscho
explicar: os homes, co traxe, van todos igual, pero as mulleres novas van cun traxe, e as de
máis idade vamos con outro. A diferenza é que antigamente no rancho, e isto contában-
nolo todos, había a Madama, levaban a Madama con eles, que normalmente parece ser que
pola época, despois da guerra ou algo así, era un neno que vestían de nena, poñíanlle todos
os abalorios e todo. Pero os de Guláns, as mulleres nesa época comezaron a vestir o traxe
galego, coa saia e os panos en encarnado e negro. Pero antes da guerra parece ser que había
un traxe branco, só que non logramos definilo. Entón temos o traxe branco, co sombreiro
de flores, o traxe branco clásico da Madama, e tal. Pero pensamos que lle falta algo, por-

223
42 Os ranchos de Reis na Galiza. O caso de Guláns (Ponteareas)

que para ser de inverno é un pouco fresco


demais. E entón aí é algo que non temos, e ao
mellor o que necesitamos é alguén que nos axu-
de a investigar un pouco o que pasou ou o que
pasa con isto. Porque temos unha persoa que
coñecemos que é Anxo Porto que é un gran inves-
tigador destas cousas, e el encontrou algo en Tui,
no antigo Arquivo Diocesano, do ano mil sete-
centos e pico ou algo así, que xa nomean o ran-
cho de Reis de Guláns. O que pasa é que non di
nada aparte de nomealo, e o que tratamos é de
que alguén nos axudara un pouco a buscar o que
hai do traxe branco e do traxe encarnado, ou se
de verdade é que o traxe encarnado xa viña de
atrás. Gustaríanos ter un pouco máis de segurida-
de no que facemos. Queremos que de verdade
sexa algo que reflicte a tradición.
Ti coa xente que tes, actualmente, vaslle preguntando. Acórdome de preguntarlle ata á
señora Encarnación, e ela dicíame: Eu cando era nova si que ía aos Reis, iamos todos aos
Reis e tal. Pero co dos traxes, dicía: non, iamos todos con eles, co que tiñamos, tratabamos
de saír… Ou sexa que tampouco tiñan algo definido. E Anxo sempre me di: mira, Nieves,
que o traxe é o encarnado. Home, é máis bonito.
Carmen (señora maior presente na conversa): para min, é. Eu vexo as levitas que leva-
des e non…
Eu son Carmen de Habanero, para sabelo en todo Guláns. E que non me gusta o traxe
branco. Cada vez que vos miro con aqueles traxes, digo: eu non digo que son de Guláns.
Parece que van sen nada, en camisón. Aí a Florinda ten ela a saia de hai corenta anos, e
aínda a mirei eu dentro dunha maleta vella, e había os calcetíns e todo, co conto dos Reis
e co conto dos Carnavais desapareceu iso e moitas cousas mais. E non falo mais nada, que
despois sae aí todo.
X: ¿Alguén máis quere facer algún comentario de algo que non se falara?
I: Eu son Isabel González, e o que comentabades antes das subvencións, ou de axudas,
eu penso que a veces podía haber unha idea de intercambio de culturas, con outros sitios,
que ao mellor podía ser interesante como iniciativa, para que a xente se involucre e sigan
as tradicións adiante. Tanto esta de aquí como pode ser doutro sitio cerca. Ou lonxe, dá
igual. Como aliciente, algo haberá que facer coas culturas que se están perdendo, non?
Movelas dalgunha maneira. Porque por si, todos tan modernos somos que vamos perden-
do o que traemos detrás. Que a veces nin nos acordamos.
R: Eu son Rosa María González, e tamén quero dicir unha cousa. Eu creo que non se
vai perder, porque nós agora estamos tranquilos porque a cousa está en auxe, pero se mira-
mos que se perde eu creo que imos convencer aos nosos fillos para que aprendan, non?
Cando teñan idade, claro. Agora estamos tranquilos porque están elas, están os máis novos,
pero creo que se miramos que a cousa perde, entón imos intentar convencer máis aos rapa-
ces. Imos ir, se fai falla, á escola.
N: Iso xa pasou hai anos. Houbo unha época que non saía o rancho. E foron algúns
maiores que estaban aí, que foron buscar aos rapaces, que lles ensinaron, levaron un tra-
ballo enorme, porque non a todo o mundo lle gusta bailar, non todo o mundo lle pega a
ese ritmo, non? E así volveron outra vez a levantalo. Porque eu me lembro que a primeira

224
Manifestacións de PI: o universo lúdico-festivo

vez que fun levaba un ano ou dous en que o rancho non saíra. E ese ano as persoas que
foron con nós foron os homes, xa os casados, eran Isabel e Pepe da Barxa. E Secundino,
xente maior. E Caseira. Estivo alí con nós, na biblioteca, e ensinaba. E Manuel Esperanza,
que aínda nos aprendeu a nós. E Secundino tamén axudou, ensinounos, cando levaba ao
fillo. Houbo un grupo de xente que loitou para que non se perdera, alá polo ano 74, ou
por aí. Hai varios anos tentamos recuperar o grupo de maiores, e xuntamos xente de máis
de 40 anos, o máis vello tiña 68. 12 bailaríns, 6 mulleres e 6 homes. Algúns levaban vin-
te tantos anos sen bailar.

NOTA: Os ranchos de Reis, unha manifestación singular da cultura tradicional galega con
certas influencias da emigración a Latinoamérica, foron frecuentes en moitas parroquias do
país. Consérvanse aínda nalgúns casos, aparte do de Guláns, como poden ser os de Riofrío
ou Salceda de Caselas, entre outros. Hai mostras dun grande interese na súa recuperación
ou revitalización, como pode ser o caso de Barbadás en Ourense ou Boimorto en Santiago.

225
43

Os músicos da Limia

Iván Area Carracedo; Cástor Castro Vicente

As compilacións de música tradicional son unha realidade na Galiza desde hai xa máis de
cento cincuenta anos. Nas primeiras épocas houbo un traballo importante de recompila-
ción de letras e cantigas; máis adiante ampliando os intereses ás melodías. Nesta liña, con-
sidérase ao estradense Marcial de Valladares Núñez (1821-1903) o primeiro recompilador
musical da Galiza. Ademais, pensamos que aínda outra volta era necesaria: ter en conta as
propias vidas dos músicos.
Desde hai preto de quince anos, un grupo de investigadores1 da música patrimonial rea-
lizamos un rastrexo sistemático dunha bisbarra da xeografía galega na que non se tiña fei-
to un excesivo traballo de campo. En obras cuasi-enciclopédicas anteriores, como pode ser
o Cancioneiro de Dorothé Schubarth e Antón Santamarina, o de Eduardo Martínez Torner
e Jesús Bal y Gay, ou mesmo o de Casto Sampedro, as referencias a músicos limiaos son
practicamente nulas. Incluso en obras centradas na provincia de Ourense, como pode ser
o Cancioneiro de Daniel González Rodríguez, non comparábel aos anteriores, non existe un
número apreciábel de melodías ou letras desta bisbarra. Entre todos os cancioneiros publi-
cados apenas se xuntan arredor de vinte referencias. No ano 2003 a agrupación Castro
Floxo edita o segundo volume do Cancioneiro popular da provincia de Ourense dedicado á
Limia, con 39 cantigas e 48 pezas instrumentais (recollidas pola agrupación e achegas dou-
tros investigadores), que constitúe unha pequena mostra do que é realmente o folclore
musical da bisbarra. Sendo honestos, tiñamos un preconcepto previo: non habería un
número excesivo de músicos. Se non, como pasou desapercibida esta bisbarra a tantos
investigadores anteriores a nós? A nosa sorpresa, a medida que avanzaron os anos foi
maiúscula. Pouco a pouco aparecían máis e máis músicos, como unha tea de araña sen fin.
Abordamos este traballo desde unha nova perspectiva. Non só procurar músicos, xun-
to coas letras, cantigas e melodías, senón ademais, prestar especial atención ás vidas des-
tas persoas que contribuíron dun xeito excepcional a manter vivo un dos nosos máis gran-
des tesouros. Desde o punto de vista musical e vital, os intereses prioritarios foron saber
das súas motivacións para aprender a tocar, os distintos e variados ámbitos nos que se
movían, as súas relacións con outros músicos da bisbarra ou de fóra dela, nalgúns casos as

1 Cástor Castro, Socorro Rúa, Iván Area, Félix Castro, Pablo Carpintero, Roberto de Andrés, María del
Carmen Gil.
43 Os músicos da Limia

razóns e motivos polos que deixaron de tocar, a súa historia labo-


ral, as frecuentes emigracións das persoas desta bisbarra...
Ademais, tivemos especial interese en aprender dos portadores os
distintos e variados aspectos culturais relacionados coas expre-
sións musicais, amén de numerosas anécdotas que serven para
comprender as realidades sociais dos distintos momentos históri-
cos que aparecen reflectidos na obra. Por suposto, as melodías
foron tamén aprendidas.
Coa finalidade de completar o estudo o máximo posíbel,
entrevistamos non só a músicos vivos, senón tamén a familiares
e veciños que nos puidesen aportar información daqueles músi-
cos que xa finaran, e que polas referencias obtidas formaban par-
te substancial da historia da comarca. Neste sentido houbo bas-
tantes referencias a músicos que xa forman parte do acervo cul-
tural limiao.
En Setembro de 2004 xurdiu a oportunidade de publicar unha
parte moi pequena do traballo de campo recompilado, baixo o
nome Catálogo de Músicos da Limia: Música Tradicional dentro dun-
ha colección promovida polo Museo da Limia (Concello de Vilar
de Santos) e editada por Difusora de Artes, Letras e Ideas, sendo
os textos “obra” de Delfín Caseiro e Cástor Castro, facendo unha
condensada síntese das transcricións das máis de cen entrevistas (e máis de cento cincuen- Ermelinda Seguín Matías,
Ermelinda do Muíño.
ta horas de gravación) que se fixeran ata aquela data. En certo modo aumentou, dun xei- Sas. Sarrreaus.
to case exponencial, o traballo de recompilación entre setembro de 2004 e febreiro de Fotografía de Alba Vázquez
Carpentier.
2005, tendo en conta a existencia dunha data para rematar o traballo. Agora continuamos
a desenvolver traballo na Limia co incentivo de ter unha parte xa publicada e coa finalida-
de de publicar unha obra na que sexa posíbel achar a maior parte da información recompi-
lada. Debemos sinalar que froito do intenso traballo o listado final mostra máis de 125 músi-
cos tradicionais (máis de 250 ao contar individualmente os membros de cada grupo –caixa,
bombo, etc.) dos que no Catálogo saen referenciados 79. Neste punto foi altamente acerta-
da a solución editorial elixida para o Catálogo, xa que se trata dunha obra de pequeno for-
mato e fácil lectura, coa que se ten acadado a máxima difusión, fronte á complexidade dou-
tro tipo de obras de folclore dirixidas a especialistas.
O espazo temporal dos músicos estudados abrangue desde finais do s. XIX até os anos
70, e inclúense tanto gaiteiros solistas, como grupos de gaitas (nas distintas formacións:
dúo de gaitas, gaitas e clarinete, acompañados maioritariamente por caixa e bombo), acor-
deonistas (principalmente de diatónico), e violinistas e acordeonistas cegos, e tamén de
modo testemuñal varias cantareiras destacadas. Sorprendeunos especialmente achar un bo
número de cegos músicos que acudían ás romarías e celebracións da bisbarra cos seus
romances, desafíos e cuartetas, coma foron o Cego de Sas, o da Alberguería, o da Gándara,
ou o de Buxán. Tamén foi moi interesante constatar a abondosa presenza de acordeonistas
diatónicos, que entraban en competencia cos gaiteiros, cando outros investigadores os ubi-
caban vinculados a zonas costeiras.
A pretensión do noso equipo de traballo foi, en todo momento, unha difusión do patri-
monio musical desta bisbarra, que sirva como alicerce do futuro, dándolle todo o prota-
gonismo aos músicos. Nesta liña de pensamento, a presentación oficial do Catálogo, reali-
zada no Museo da Limia co gallo de celebración do Día das Letras Galegas do ano 2005, á
que acudiron preto de cincuenta dos músicos e moitos familiares e amigos, foi un acto

228
Manifestacións de PI: o universo lúdico-festivo

entrañábel no que se recoñeceu a importancia de todas estas persoas


que contribuíron e contribúen á transmisión da música tradicional na
Limia.
Como liña de continuidade organizamos o domingo 25 de setembro,
día grande da festa da Saínza, a romaría da Limia, no prado afortunado
da maxestosa Carballa da Rocha, o “I Encontro de Músicos da Limia”,
depositarios e transmisores da arte e do saber dos devanceiros, coa pre-
senza gozosa de moitos dos músicos limiaos vivos e dos parentes dos
finados.
Por outra banda, nas distintas edicións celebradas do “Día do
Orgullo Gaiteiro”, que organizamos desde a Aula de Música Tradicional
Gomes Mouro, rendeuse merecida homenaxe a músicos da Limia. Se
no ano pasado se lle fixo a D. Francisco Villarino Ojea, o Sr. Paco de
Escornabois, neste ano 2005, o noso especial recoñecemento foi para
os Músicos de Vilar (Calvos de Randín). Cómpre sinalar que a data de
celebración desta xornada é o 17 de decembro, pois dese mesmo día
do ano 1458 data o documento, achado polo escritor e historiador
Xesús Ferro Couselo, no que o gaiteiro “Gomes Mouro”, do que a
Asociación toma nome é recibido como veciño da vila de Ourense. Esa
data supón a primeira constancia escrita da presenza dun gaiteiro na
cidade de Ourense e a segunda en toda Galiza, e foi tomada pola Aula
desde hai xa varios anos como xornada “reivindicativa” e lúdica arre-
dor da nosa música tradicional.
As vivencias, saberes e cariño que nos transmitiron e transmiten
todas as persoas coas que contactamos durante este traballo vai moito
máis aló do que se pode reflectir nunha gravación de campo ou nun
artigo. O feito de que un grupo de investigadores, escritores, fotógrafos
e finalmente o editor, se acheguen aos músicos limiaos interesándose
Francisco Villarino Ojea, polos seus coñecementos e saberes, as súas vidas e as súas ilusións, que finalmente se ven
Escornabois, Trasmiras.
Tocando xunto a peliqueiro plasmadas nun libro onde se ven reflectidos e se senten identificados, ten elevado a auto-
en Castro de Laza. estima e a consideración dentro da súa familia e veciños. Ademais, as convocatorias que
periodicamente se lles realiza para participar en encontros, mostras, homenaxes, incre-
menta máis aínda este recoñecemento, entrando no valor emocional do patrimonio.
Finalmente queremos facer unha última consideración aplicábel tanto á Limia como ao
resto das bisbarras da provincia de Ourense onde a Deputación leva máis de dez anos sub-
vencionando unha estrutura altamente criticada tanto polo colectivo de estudosos da músi-
ca tradicional como polos propios músicos que aparecen recollidos no Catálogo, con
comentarios certamente atinados. Nestas mal denominadas “Escolas de Gaita” ofértase
unha formación orientada a crear bandas para competicións, cunhas técnicas que non
teñen nada que ver coa nosa tradición musical, sempre de costas aos músicos tradicionais
da bisbarra, que foron desprazados do seu ámbito e rompendo a cadea de transmisión do
saber. Cumprirá un especial esforzo na fase de comprensión do patrimonio, así como na
de protección, antes de poder abordar de xeito efectivo políticas de recomposición.

229
44

Chegou o Entroido

Xosé Manuel Atanes

Chegou o Entroido. Remataba o longo inverno na Limia, e igual có ano pasado, aquel
domingo á beira do lume xantabamos o pedro con grelos, cachola e patacas.
Inmediatamente despois, xa quedabamos todos os nenos na Aira do Forno. Utiliza-
bamos un cartón con dous buratos para tapar a cara e a roupa de ir ó esterco dos nosos
pais. Despois de ensarillar as mans no pote, corriamos polas corredoiras de Soutelo cheas
de bulleiro de arriba cara abaixo meténdolles medo ata ós maiores. Parecía que lles diver-
tía pois algún ata nos daba unha galleta, ou unha moeda. Faciámolo simplemente porque
tamén o facían os nenos maiores.
Ben entrada a noite volviamos a cear o que sobrou do mediodía. Meus pais sempre
repetían a mesmo conversa:
– Maruja, ¿acórdaste no baile daquel ano, cando levaba aquel bigote e ti vestida de car-
pinteiro, e ninguén nos coñecía?
– Cala, cala, daquela non podiamos tapar a cara, e tiñamos medo... Pero máis me acor-
do da vergoña que pasei cando o sancristán lía o testamento, repartindo o burro:
Á Maruja de Soutelo
por ser pastora de ovellas
tamén lle daremos algo
anque sexan ás orellas.
Despois miraban cara nós e dicían:
– No Entroido non saiades da aldea. Andan os zarramoncalleiros, as pantallas, e os peli-
queiros, que collen os nenos.
O do reparto do burro xa non se facía, pero as ameazas daqueles seres…
Xa eramos nenos maiores, cando nun Entroido fomos á vila. Mellor me sería facerlle
caso á miña nai. Cando na rúa de San Roque, un ruído estremecedor se achegaba cara nós,
o xentío recuaba cara as paredes. Eles a min nin me viron, pero eu case me mexo. Aqueles
“monstros” corrían polo centro da rúa bourando unhas vexigas enormes no ar. ¡Querían
“comer” un home que corría diante deles!. Aquela imaxe quedou gravada na miña cabeza
para toda a vida. Eran as Pantallas.
Eramos xa mozotes, cando con outros mozos veciños corrín o primeiro Entroido en
Xinzo. O Pepe prestoume unha pantalla, e a iso das cinco da tarde puxémonos a correr
44 Chegou o Entroido

polas rúas. Sentíame un pouco ridículo intentan-


do berrar coma eles, e ata me mancaba a careta.
Non sei quen dixo non sei que, e todos corre-
mos como tolos detrás dun señor. Cando o colle-
mos, os máis veteranos bouraban a eito abrindo
camiño entre a xente, e outros catro metémolo ó
colo no Mesón. No momento xa tiñamos sitio
naquel bar ateigado de xente. Dentro, todos saca-
mos as caretas e “o Rizos” abrazouse a el.
– ¿Pero home, ti outra vez?. Teremos que
mercarche nós un disfrace.
– A min ata me gusta que me collan. ¡Pon
unha botella!.
El bebeu primeiro, e nós, a rolda despois. De
repente empezamos todos a bourar coas vexi-
gas, e a xirar a cintura para que os cintos soa-
ran. Berrabamos:
– O Entroido de Xinzo que bonito é
andar de parranda e durmir de pé.
Coido que se oía en toda a Limia. Despedímonos do señor, dándolle todos as grazas.
Saímos, puxemos as caretas, e como foguetes dirección á praza.
Xa non me mancaba a careta. Xa non me sentía ridículo. Ata me gustaba berrar coma
eles. Dábame conta de que a xente nos deixaba paso.Víame a min mesmo en cada neno
que fuxía, ou se metía na saia da nai. O ruído dos cintos marcaba o paso da nosa carreira.
As vexigas boura que boura. A Rúa de San Roque, A Praza, a Rúa dous de Maio, os Viños...
todo era noso. Saudamos a outras pantallas que cruzan.
Aínda vai frío, pero a suor corre por dentro da careta. Vemos outro home sen disfrazar,
que alguén dos que vai connosco recoñece. Repítese a historia unha e outra vez.
Cae a noite, entre o cansazo e o viño ímonos retirando ó parque. Tombados na fría her-
ba contamos as anécdotas da xornada con outras pantallas.
– Mira que outra vez o cura, tódolos anos igual.
– Pois nós tamén o collemos
– ¿Mañá corredes outra vez?.
– Pois claro.
– Entón non poderedes co corpo o martes.
– Si, home si. Sempre se puido.
Nós retirámonos a cear o pote de tódolos anos.
Caéronme as bágoas cando ó ano seguinte, a miña irmá Raquel me regalou unha panta-
lla nova. Axudoume a vestila. O cinto era de vintecinco campás, a min non me pesaba nada.
Unicamente oía o seu ruxido. A careta, preciosa, mágoa que desde dentro non se vexa.
Corría cara onde os outros escoitándome a min mesmo. Paso diante dos veciños e ninguén
me recoñece. Invádeme unha sensación de poder e liberdade. Síntome inmune, intocable. Son
o rei do mundo. Os demais van disfrazados. Eu son pantalla. A pantalla ten vida propia.
O vento da emigración espallounos polo mundo. Pero fieis a nosa cita, cada domingo
de Entroido, e ano tras ano, ás catro e media todos estabamos no bar “Fentos” para correr
outra vez. Sempre faltaba unha vexiga, unha luva..., sempre había algún veciño sen disfra-
zar, se non... para pagar un viño valía calquera. Ata nos pediu un forasteiro que bailaramos
cara el, e meteramos nun bar ó seu acompañante.

232
Manifestacións de PI: o universo lúdico-festivo

Os máis vellos ían abandonando a panda, eu fíxeno cando unha señora me dixo:
– ¿”Usted” está enseñando a estos niños?.
Sigo vivindo o Entroido. Escoito a miña pantalla pedir que a vista. Unha vez que es pan-
talla, elo para sempre. Aínda corro un anaco do desfile do martes, e tomo unhas cuncas no
barrio dos viños.
Despois descúbrome e espero que pasen os meus herdeiros para que me collan, e me
metan ó colo:
– ¡Pon unha botella!

233
45
50
Traballando co patrimonio
inmaterial: as prácticas textuais
45
Cago na guineta: da salvagarda como reciprocidade
entre texto e habitante
Anxo Fernández Ocampo

A revista oral O Pazo das Musas. Unha proposta


46 para a dinamización da cultura popular
Antonio Reigosa

47
Cultura tradicional nas aulas: improvisación oral
Hortensia Bautista Fernández

A regueifa no mundo actual


48 Pinto de Herbón

Educación ambiental a través dos contos tradicionais


49 Papaventos. Escola Ambiental

Dinamización cultural na parroquia de Proendos


50 Alfonso Campos; Manuel Falagueiro
45

Cago na guineta: da salvagarda como reciprocidade


entre texto e habitante

Anxo Fernández Ocampo

Velaí algo que expoñemos con decisión: se nesta intervención relativa ao patrimonio tex-
tual preferimos desbotar o uso dunha locución como “literatura (popular) de tradición
oral”, non é porque tal etiqueta sexa incorrecta, senón porque preferimos incidir nos
seguintes aspectos, que por veces tenden a pasan desapercibidos.
Por unha banda non habería nada que obxectar respecto do carácter oral da literatura
popular, só que a oralidade en si non é enteiramente definitoria das prácticas que se dan
nos espazos a estudo neste volume. Por un lado a sociedade rural dende moi antigo e na
época moderna soubo compoñer e transmitir o signo gráfico, cando non subverteu ou
adoptou signos trazados ou escritos, e por outro a oralidade tamén forma parte da socie-
dade urbana. Non é logo que a etiqueta de “oral” non sirva, senón máis ben que se tende
a limitar ao mundo rural sen que se recoñeza plenamente a importancia da oralidade no
conxunto dos espazos sociais.
Por outra banda coidamos que cómpre abrir o debate da literatura oral nun cadro máis
amplo e revelador dunha diversidade de prácticas: as prácticas textuais. Falar de prácticas
lémbranos que a lingua e outras linguaxes constitúen auténticas prácticas sociais, mentres
que con “textuais” consideramos o tema dende o punto de vista do produto, sexa cal sexa
a canle utilizada (falada, cantada, escrita, berrada, debuxada, xesticulada, etc.) e do seu
polimorfismo, cando o texto é practicado como forma sonora, visual ou táctil, como esce-
nificación da paisaxe que compón o universo doméstico e o monte, ou como interpreta-
ción do estranxeiro e as formas de viaxar para el.
Nos últimos anos as ciencias sociais foron erguendo moitas barreiras que separaban
polos aparentemente opostos. Iso lle aconteceu ao paradigma popular/culto e todas as súas
declinacións: oral/escrito, rural/urbano, tradicional/moderno, e en definitiva tamén par-
vo/listo, como Xan e Pedro nos contos, pois xa sabemos que un é parvo e acepta a her-
danza da mai e outro é listo e emigra para a cidade.
Mais o que é hoxe obvio para os investigadores das ciencias sociais tamén debería selo
para calquera que volva a súa mirada sobre as prácticas populares, o seu tratamento e estu-
do. E sería mágoa que sigamos recreando e asumindo semellante dualidade, que ao cabo
desemboca na negación da contemporaneidade das prácticas en cuestión. Aceptar esa pola-
rización significa admitir que o espazo rural practicamente só pode limitarse a recrear for-
45 Cago na guineta: da salvagarda como reciprocidade entre texto e habitante

mas pasadas. Por esta razón é arriscado querer definir o tradi-


cional por oposición ao non-tradicional. Sabemos ademais que
pode existir “tradición” en procesos dos espazos predominante-
mente urbanos como rurais, e tocante ás prácticas de calquera
clase social, non só as populares.
O carácter de urxencia tamén condiciona negativamente o
discurso sobre o inmaterial e a súa patrimonialización. Xa entre
os argumentos dos irmáns Grimm verbo do seu proxecto a
comezos do século dezanove facíase referencia á urxencia coa
que había que recoller os contos populares. O efecto Grimm
designa de feito o clixé polo que se di que “cómpre recoller axi-
ña mostras tradicionais antes de que desaparezan”. Sen negar a
fraxilidade da existencia das formas concretas polas que nos
interesamos, debemos admitir que o efecto Grimm provén sobre
todo do discurso polo que a intelectualidade se reserva o derei-
to hoxe a sinalar qué se entende por formas tradicionais patri-
monializables, é dicir qué formas merecen ser reaproveitadas, e
qué partes do patrimonio son as que están ameazadas. Xosé de Minguxo
Efectivamente, a tradición só é visible cando un determinado tecido de prácticas (co permiso de Victoria
Conde Marqués).
perde vitalidade, quedando aparente a súa proxección cara ao pasado. É dicir, que a tra- Fotografía de Anxo Fernández
Ocampo.
dicionalidade é unha característica socialmente visible a partir da cal á práctica afecta-
da se lle confiren, entre outras características, certa emotividade e poder de lexitima-
ción identitaria. Dito isto, é doado adiviñar que a patrimonialización é unha operación
relativamente laboriosa e que non existen prácticas patrimoniais por definición senón
políticas de patrimonialización.
Aínda que a cultura oficial vexa nas manifestacións artísticas populares formas empo-
brecidas da arte, con todo sempre considerou que existían, por cadrar nalgunha categoría
definida (poesía, danza, etc.). Pola contra pouca ou ningunha atención se leva prestado a
moitas prácticas recorrentes pero non percibidas como formas patrimonializables. Neste
caso cómpre deitar unha mirada etnográfica sobre a expresión cotiá das clases populares,
tanto urbanas como rurais.
Así, moitas prácticas sociais textuais (ou non textuais) presentan aspectos materiais
ou inmateriais alleos á consideración institucional pero que son constitutivos da expre-
sión popular. Son prácticas recorrentes pero non adoitan ser percibidas como formas
patrimonializables: no rexistro da escritura, os carteis, os grafitos, a correspondencia ou
os anuncios de venda de material agrícola desprenden tanto valor patrimonializable
como as manifestacións lúdicas máis estéticas. Esa diversidade existe igualmente nos
rexistros orais, por exemplo no emprego do teléfono para “meterlle o Entroido” ao
interlocutor despistado.
A tradición non é logo indiscutible. É máis, o conto, a cántiga ou a fórmula non son só
elementos dun repertorio que a clase culta somete a estudo e clasificación, senón que
representan a materia coa que se envolve a experiencia tanxible e que permite operar sobre
o nome das cousas, da xente e dos lugares. Sen a súa dimensión textual, calquera trans-
formación sería imposible. Véxase se non.
Corrían os anos cincuenta para toda a xente e tamén para Alfredo Felipe, portugués da
primeira República refuxiado no noso país logo da revolución do 1926. Un día foi serrar
unha nogueira que medrara apertada entre dúas paredes. Mais para serrala Alfredo houbo
de pronunciar unhas palabras con forma de tirarrollas, unhas verbas para desenroscar a

240
Traballando co patrimonio inmaterial: as prácticas textuais

árbore, un resorte que relembraba cara atrás o nacemento da


planta, co poder de operar nela ou desprazala.
cago na guineta [xeneta]
que comeu o rato
que tiña que comer a noz
que tirou o corvo
Velaí foi como se evocou a orixe da nogueira encaixada.
Polo tanto, en vez de problematizar a salvagarda de prácticas
textuais, máis fácil é recoñecer que elas, pola súa maleabilidade,
poden servir de instrumento de salvagarda das demais prácticas.
Neste aspecto hase ter en conta a veciñanza co patrimonio mate-
rial que, de mesmo xeito que o textual, se ten concibido como
repertorio cerrado de monumentos, provocando a emerxencia
de illotes patrimonializados en medio de desfeitas de planifica-
ción. En calquera caso e dado que os elementos materiais se vol-
ven interpretables á luz das prácticas textuais (e viceversa), sería
desexable compartir metodoloxías de salvagarda, nun espírito
O antropónimo Minguxo
(casa de Minguxo, Sampaio,
de superación da oposición artificial entre material e inmaterial.
A Pontenova) emerxe como Dito isto, subliñaremos tres das dimensións aproveitables das prácticas textuais nun
escrita vernácula, mentres a
microtoponimia estende a programa de patrimonialización, unhas dimensións que non sexan obxecto de mecánicas
trama dos nomes que fan de recolección/repetición e que non contemplen só os textos da literatura popular:
lexible o espazo humano
e social. a) As posibilidades da lingua popular respecto da introdución do galego nos usos lin-
Fotografía de Anxo Fernández
Ocampo. güísticos, alimentándoa con recursos estilísticos, fraseolóxicos, terminolóxicos, etc.
Entre as variedades menos coñecidas figura o galego practicado na emigración, hoxe
tecido vivo con recursos sorprendentes e recorrentes, un medio excelente no que
observar as claves do galego sobre a capacidade e a forma de ler e interpretar os sis-
temas alleos.
b) A paisaxe como texto, composto dunha sintaxe de elementos lexibles nunha trama
(micro)toponímica, e asociados á lenda ou á historia de vida.
c) As propiedades narrativas das artes decorativas (talladas, pintadas, tecidas, cocidas,
etc.) que narran e que traducen formas dos nomes de seres e cousas.
Para todo isto precisamos confiar na autonomía dos sistemas locais, baseada nunha
vontade que pon orde na interdependencia cos demais sistemas veciños. Dentro de cada
sistema fíxanse as variantes e constrúese un cosmos a partir da experiencia vital dos seus
intérpretes. O sistema confire uns límites teóricos á identidade fronte aos demais. Pode
minguar ou estirarse, pode ser o lugar, a parroquia, grupos de parentesco ou calquera
outro tipo de unidade no centro do cal se sitúen os axentes que a forman.
Mais a identidade local non provén dunha herdanza estática e singular, senón que é
responsabilidade constante dos axentes (intérpretes e público) da comunidade, atentos ao
que pasa fóra e dentro do seu sistema de vida. Neste senso a etimoloxía da polavila débe-
se precisamente ao acto de narrar o que pasa pola vila, pois idealmente as paraxismas
tráense da vila. Daquela a identidade local fúndase e establécese continuamente median-
te o ir e vir entre os espazos, e como en calquera sistema, mediante filtros e estratexias de
domesticación, a novidade ten que ser desactivada e as novas experiencias irán adecuán-
dose a un repertorio constantemente actualizado. Como mostra de como incidiu a revo-
lución industrial no imaxinario dos intérpretes de enxameadas e contos de esaxero, é tem-
po de evocarmos a Xosé de Minguxo.

241
45 Cago na guineta: da salvagarda como reciprocidade entre texto e habitante

Xosé de Minguxo posuía unha axilidade pouco


común. O día da festa podía pasar unha perna por
riba da muller coa que bailaba, e cando varexaba
castiñeiros, sempre en zocas, dicíase que botaba o
día enteiro subido a eles e pasaba dun a outro en
equilibrio sobre a vara de varexar.
Xosé era un excelente narrador de enxameadas e,
como no caso do barón de Münchhausen, el mesmo
era o protagonista das accións. Así, para aforrar o
prezo do billete do tranvía, competía co transporte
público correndo en equilibrio sobre a varanda da
ponte de Baracaldo mentres o tranvía circulaba pola
vía da ponte. Á máquina leváballe trinta minutos
cruzar, pero a el só quince. Sendo camareiro, poñí-
ase na cabeza dunha mesa de vintecatro servizos e
mandaba os pratos todos á vez polo aire e cada un
quedaba no seu sitio. Ademais, de obreiro en Bilbao
sacou horas libres para facer a estatua dun homónimo veciño del, un tal Ramiro de Esluíndose a fronteira entre
Campaña, toda picada ao buril. patrimonio material e
inmaterial: un sebeiro galego
Non dubidamos agora de que as prácticas textuais son dinámicas e que a partir delas é é interpretado para unha
posible construír xuízos contemporáneos. Agora, canto ás accións propiamente destinadas linguaxe plástica de textos e
debuxos polos franceses
a salvagardar as prácticas textuais, nos límites deste pequeno artigo cabe adiantar tres ini- Hervé Bacquet, pintor, e
ciativas, entre moitas outras, en termos de investigación, planificación e participación: Yves Bergeret, poeta.
Difusión e proxección no
estranxeiro dos valores
a) Unha investigación que non se limite á compilación/clasificación nacionalizadora e estéticos do noso
que basee o seu esforzo no estudo das tensións entre variantes. patrimonio.
Fotografía de Anxo Fernández
b) O deseño de estratexias de xeración e aproveitamento sustentable dos recursos tex- Ocampo.
tuais, en particular no turismo. As entidades locais hoxe xa se ven concernidas por
un traballo de fixación e particularización no campo terminolóxico e social, e com-
piten polo dereito de usar etiquetas e nomes (propios ou de produtos).
c) A capacidade dos axentes sociais locais para controlar a produción e a difusión dos
seus produtos e derivados textuais, incluídas a tradución e interpretación que
enchan eficazmente o espazo entre o noso sistema cultural e o dos outros.
Con todo, é na súa dimensión participativa na que poden xurdir os principais atrancos
ás accións de salvagarda das prácticas textuais.
Con Bourdieu sabemos que unha das propiedades da sociedade rural é a de cambiar
en comunicación e cooperación as relacións de reciprocidade xeradas polo parentesco,
pola veciñanza e polo traballo colectivo. Transfórmanse esas obrigas en tarefas de repro-
dución das relacións establecidas (festas, intercambios de bens, visitas, sinais de boa
educación, vodas, etc.). Acontece como se a sociedade “tradicional” teimase en negar a
acción económica disfrazándoa de intercambio como único modo de circulación dos
bens. As actividades lúdicas fan aparecer as transaccións como actos de xenerosidade,
danlle invariablemente ao público a sensación de que o traballo no campo é unha forma
de festa colectiva, e alimentan a crenza conforme o rural ten que ser necesariamente un
espazo de produción e de lecer (polo tanto non un espazo no que se tomen decisións).
Algo semellante acontece canto aos recursos textuais desenvolvidos nun sistema local,
cando a patrimonialización (mediante coleccións ou difusión ao público xeral) non coida
as condicións de consumo dos propios axentes sociais do lugar. Ábrese nestes casos unha

242
Traballando co patrimonio inmaterial: as prácticas textuais

fenda entre o valor de intercambio que ten a


variante local dentro do circuíto ao que pertence e
o valor totalmente diferente que se lle confire ao
publicala en circuítos aos que non acceden os
axentes sociais.
Así, e xogando co binomio etic/emic, diremos
que sobre a literatura popular existen compila-
cións (por exemplo do tipo “contos populares gale-
gos”) destinadas a alimentar proxectos académicos,
empresas editoriais ou correntes intelectuais. Son
produtos de ámbito nacional ou administrativo
dende o noso punto de vista necesarios, mais co
inconveniente de que desarticulan as variantes de
cada un dos sistemas culturais locais de onde se
extraeron as variantes. Pensamos logo que se corre
o risco, de seguir entendendo a patrimonialización
das prácticas textuais unicamente como recolleita e
Patrimonio e formas da difusión de formas literarias populares, de estar a valorizar determinadas prácticas estéti-
paisaxe: os paxelos que os cas coincidentes co canon para convertelas en subsistema dos modelos chamados cultos.
romeiros atan nas pólas pé
da fonte do San Pedro Fiz En certa maneira, como viamos, a identidade local é secuestrada para ser convertida en
(Vilarmide, A Pontenova) peza doutro sistema, o cal non contribúe a que o habitante perciba as posibilidades inter-
reproducen o aliñamento e o
movemento das cales pretativas que lle ofrecen as súas propias prácticas.
brancas das casas da aldea Nunha época na que o estudo etnográfico abandona o rural ou as selvas do exótico para
no trasfondo. Aquí, o valor
patrimonial inmaterial andar (por fin) a vida cotiá de todos os espazos sociais, agora que sabemos que a etnogra-
depende da disposición dos
panos.
fía non é un mero pretexto para a constitución de repertorios de recolleita, é cando preci-
Fotografía de Anxo Fernández samos que un número suficiente de antropólogos e antropólogas cun manexo rigoroso da
Ocampo.
disciplina etnográfica sintan como novidade aqueles espazos rurais nos que chorar as risas
do tempo presente.

243
46

A revista oral O Pazo das Musas.


Unha proposta para a dinamización da cultura popular

Antonio Reigosa

Dende decembro do ano 2004 o Museo Provincial de Lugo, a través do seu Depar-
tamento de Didáctica, edita trimestralmente unha revista oral denominada O Pazo das
Musas. As funcións teñen lugar no outrora refectorio do convento franciscano, hoxe sé do
museo, e adoitan celebrarse o derradeiro xoves do trimestre. Ten unha duración aproxi-
mada de noventa minutos e unha programación variada atendendo á actualidade cultural.
Ten como obxectivo ser un foro de opinión e de debate no que participan os protagonis-
tas e axentes involucrados na creación e difusión da cultura en xeral.
A denominación “Pazo das Musas” fai referencia á morada das musas clásicas, de onde
provén o nome dos museos e, ao mesmo tempo, quere ser unha homenaxe a eses perso-
naxes mitolóxicos que aportan a inspiración imprescindible para os creadores de cultura.
Todos os números da revista contan con seccións fixas como a música e a poesía; o res-
to dos contidos varían en función das circunstancias ou se así se considera, como foi o caso
hai pouco tempo, dedícase un número monográfico a un tema de grande importancia, de
actualidade ou transcendencia social. Referímonos ao número especial do pasado día 29 de
setembro de 2005 co que se pretendeu divulgar e apoiar a Candidatura para o recoñece-
mento por parte da UNESCO da Tradición Oral Galego-Portuguesa como Obra Mestra do
Patrimonio Oral e Intanxible da Humanidade. Sumámonos así á vontade das persoas, agrupa-
cións, entidades e institucións que interviñeron e colaboraron con este proxecto para tentar
acadar a desexada declaración, co modesto obxectivo de que este patrimonio se difunda, se
poña en valor e se salvagarde para o futuro. Xa sabemos que desta vez non foi posible aca-
dar o éxito mais, visto con ollos optimistas, tampouco importa demasiado. A cultura e a tra-
dición seguen vivas, que é o principal; polo tanto, xa virán os recoñecementos.
Nese número extraordinario interviñeron, entre outros, portadores coma Elva Requeijo,
músicos coma Emilio do Pando, da Fonsagrada, e as mozas de Cantar das Eiras, de Lugo,
o antropólogo X. Manuel González Reboredo, os representantes da candidatura Xabier
Prado e Mª Lourdes Carita, o investigador Xoán Cuba, a xove aprendiz de contos tradicio-
nais Clara Reigosa, leuse o Manifesto de Apoio á Candidatura elaborado polo Museo
Provincial de Lugo, visionouse o filme O carro de Antonio Román e do inesquecible Xaquín
Lourenzo, e na parte gráfica gozamos das espléndidas imaxes que captara na zona orien-
tal da provincia de Lugo hai máis de oitenta anos o alemán Walter Ebeling, arquivo ago-
ra propiedade da Excma. Deputación Provincial de Lugo.
46 A revista oral O Pazo das Musas. Unha proposta para a dinamización da cultura popular

A fórmula da revista oral O pazo das Musas revelouse, a pesar da pouca andaina con que
conta, moi útil e efectiva para a divulgación cultural. Ademais, trala experiencia do núme-
ro monográfico dedicado á cultura inmaterial, considerámola singularmente eficaz para a
difusión da cultura tradicional. Neste formato teñen cabida todas as manifestacións, desde
aquelas que xa esmoreceron pero que se poden relembrar, ata as máis puxantes e vivas. É
posible facer demostracións de cultura material e, ao tempo, desfrutar dun espectáculo
musical ou poético, narrar un conto ou unha lenda, escoitar aos científicos populares
facendo a predición do tempo ou recomendando remedios curativos para os males máis
correntes. Acae a intervención do investigador e a do portador, a do creador e a do recrea-
dor. Todo é posible nun formato no que o esencial é comunicar.
Por todo o que acabamos de dicir, e por máis razóns que seguramente o lector deducirá,
entendemos que a nosa cultura tradicional precisa de imaxinación e de recursos para sobrevi-
vir. Entre todos debemos buscar maneiras de achegala a todos, especialmente aos máis novos,
para que se coñeza e para que se valore, e, debemos recoñecelo, non sempre atinamos.
Esta só é unha proposta por explorar; os resultados terán que verse co tempo, mais para
que se poidan ver, algo haberá que intentar.

246
47

Cultura tradicional nas aulas:


improvisación oral

Hortensia Bautista Fernández

Punto de partida
Cómpre sinalar, que esta experiencia xurdiu como resultado da reflexión por parte dun
grupo de mestres sobre a evolución do uso do galego desde a aprobación do Estatuto no
ano 1981, onde no seu artigo 27 se recoñecen as competencias exclusivas da Comunidade
Autónoma na promoción e ensino da lingua galega.
Esta data coincidiu co comezo da actividade académica dalgúns de nós como ensinantes
de educación pública na comarca do Condado, concretamente no concello de Ponteareas.
Se ben é innegable que dende aquela asistimos a un aumento sen precedentes na his-
toria do noso país, no que se refire a publicacións editoriais e a un maior coñecemento e
emprego do galego escrito, non acontece o mesmo na lingua falada.
Nesta comarca nos últimos vintecinco anos constatouse unha perda real de galegofalan-
tes, pasándose dunha situación de uso maioritario polos escolares de principio dos oiten-
ta á situación actual onde a tendencia é claramente inversa.
Esta realidade, levounos a realizar unha pequena análise previa e indagar sobre as posi-
bles razóns do descenso do uso do galego oral no entorno dos escolares de infantil, pri-
maria e secundaria no entorno educativo na nosa Comarca.
❙ Progresivo abandono das actividades agrícolas, a favor da industria e servizos, que
se acelerou coa entrada na UE. Isto trouxo como resultado a perda de identidade co
grupo da parroquia e o esmorecemento da cultura popular agraria e rural, onde o
uso do galego era exclusivo.
❙ Percepción do galego como lingua secundaria, de escaso prestixio, asociada a deter-
minadas profesións, apenas usada nas consideradas de alta escala profesional, e
reducida en moitos casos a un uso exclusivamente familiar ou anecdótico.
❙ Desruralización e forte incremento da poboación en núcleos urbanos: adopción de
formas de comportamento urbano que produciu un desapego e mesmo desprezo
por xeito de celebracións propias das parroquias, adoptando entre os máis novos
modas impostas pola presión dos media.
❙ Progresivo aumento do emprego do castelán no entorno familiar tanto no medio
urbano coma nos núcleos rurais próximos, como lingua materna exclusiva, para a
socialización dos máis pequenos.
47 Cultura tradicional nas aulas: improvisación oral

Ao anterior habería que engadir unha situación de diglosia do


galego tamén no ámbito educativo no que se aprecia:
❙ Uso maioritario do castelán entre os membros da comuni-
dade educativa.
❙ Introdución de formas de cultura alleas que veñen subs-
tituír formas autóctonas en celebracións tradicionais
cíclicas.
❙ Diferente tratamento por parte das editoriais na presenta-
ción, ilustracións e deseño dos libros de texto en función
da edición, apreciándose un claro interese e esmero nos
textos escritos na lingua castelá.

Situación actual
Consideramos que polo anteriormente exposto a realidade reflectida podería parecer
preocupante e mesmo irreversible, pero os acontecementos tanto políticos coma culturais
acaecidos nos últimos anos demostraron que aínda se poder frear ou mesmo mudar esta
tendencia polo que é necesario que á institución escolar adopte unha postura de clara van-
garda na defensa da lingua e na recuperación de formas de cultura propias.
A raíz disto, varios ensinantes de primaria e secundaria, propuxémonos elaborar un
proxecto de traballo entre tres centros de ensino do concello de Ponteareas, coa finalidade
de introducir a improvisación oral como instrumento de capacitación para un mellor
desenvolvemento da linguaxe en distintos contextos.
Este proxecto foi presentado e aprobado polo CEFORES de Vigo hai xa tres anos, e nel
continuamos a traballar na actualidade.

Resumo da experiencia
No primeiro ano (2003-2004) adicámonos a realizar un estudo introdutorio das dife-
rentes manifestacións orais en Galiza, centrándonos máis na nosa comarca, O Condado.
Fixemos un percorrido centrándonos en informantes direct@s nas parroquias de Mon-
dariz, Mouriscados, Leirado, Padróns, Fozara, Bugarín, Areas e Ponteareas.
As mostras foron realizadas entre persoas maiores de 65 anos que aínda conservan a
memoria viva destas manifestacións da oralidade, e entre outras máis xoves interesadas na
conservación destas manifestacións culturais.
Ademais contamos coas contribucións dos membros do Centro de Recuperación da
Cultura Popular de Ponteareas, mediante información recollida sobre as diferentes mani-
festacións da oralidade.
Recollemos coplas, ditos, refráns, cantigas que se cantaban en diferentes acontecemen-
tos sociofestivos e actividades relacionadas coas faenas agrícolas: añas, seráns, Nadal,
Entroido, cornetadas…
Constatamos que existía unha maior valoración e nivel de colaboración entre os porta-
dores máis novos que entre os máis vellos, dándose nestes últimos unha inicial reticencia
debido á escasa autovaloración do seu saber. Isto mudaba cando se lles facía ver a impor-
tancia da súa achega para poder transmitir esta cultura ás novas xeracións e impedir a súa
desaparición definitiva.
En segundo lugar tratamos de achegar ás aulas dos centros participantes mostras da
improvisación oral aínda viva. Ao traveso da asociación O.R.A.L puxémonos en contacto

248
Traballando co patrimonio inmaterial: as prácticas textuais

cos regueifeiros Luís Caruncho e Pinto de Herbón, organizando unha xornada sobre
regueifas con escolares dos centros CEIP Fermín Bouza Brey e IES Val do Tea.
Esta experiencia demostrou que a arte de regueifar non lles resultaba allea aos máis
novos. Malia non estar acostumados a escoitar nin practicar esta arte, entendían perfecta-
mente a controversia, a ironía dos regueifeiros e participaron animadamente nos xogos de
palabras que eles lles propoñían, conseguindo durante a sesión iniciarse na improvisación.
No segundo ano (2004-2005) adicámonos ao deseño de actividades para a posta en prác-
tica da improvisación oral na aula, tanto en verso coma en prosa, e a recollida de lendas e rela-
tos tradicionais da zona sobre lugares, aparecidos, estántigas, procesión de Santa Compaña…
Empezamos por sesións de relatos orais nas aulas entre os alumnos, contando as len-
das, contos, ditos… que os rapaces escoitaran dos seus avós.
Paralelamente iniciamos a práctica da improvisación primeiro en verso como as coplas co
gallo do Entroido, actividade moi motivadora onde puidemos constatar a presenza de “poten-
ciais improvisadores” entre algúns alumnos que espontaneamente se desafiaban en verso.
Posteriormente continuamos con improvisacións en prosa sobre diferentes temas, onde
se constataba o diferente grao de fluidez dos rapaces para expresarse en galego, decrecen-
te en función da pertenza a un centro urbano coma o alumnado do C.E.I.P Fermín Bouza
Brey, fronte á maior espontaneidade nos rapaces do centro rural, alumnado galegofalante
do C.E.I.P. Fraga do Rei, ambos no concello de Ponteareas.
No presente ano (2005-2006) intentamos elaborar unha secuenciación de actividades
e deseñar unha metodoloxía que permita chegar a formar improvisadores desde a escola.
Comprobamos despois da experiencia destes dous últimos anos que do mesmo modo
que para a música, a pintura e calquera actividade artística, tamén para a improvisación, é
fundamental o talento innato de cada individuo, pero non é menos certo, que cunha meto-
doloxía axeitada, todos podemos aprender a tocar un instrumento, pintar un cadro ou che-
gar a ser improvisadores e en calquera caso inculcar a sensibilidade cara á cultura propia e
particularmente á arte de improvisar.
Apuntar a necesidade fundamental de continuidade neste tipo de actividades, precisa
para unha observación sistemática dos progresos acadados tanto no coñecemento das dife-
rentes manifestacións orais tradicionais coma na improvisación oral. De aí que sexa nece-
sario traballar co mesmo grupo de alumnos cos que se comezou a experiencia durante un
certo tempo de forma ininterrompida.

Reflexión final
Necesidade de recuperar o papel da escola na vangarda de recuperación e difusión da
nosa cultura debido o perigo real de desaparición. “Cando un ancián morre, unha biblio-
teca desaparece” (Hampate Ba, intelectual africano de Mali).
Os centros de ensino reúnen unha serie de factores que os fan idóneos para este cometido:
❙ Accesibilidade a portadores a través dos seus descendentes.
❙ Posibilidade de difusión entre tódolos membros da Comunidade Educativa.
❙ Capacidade de intercambiar experiencias e acometer un programa común de actua-
ción entre os diferentes centros dun mesmo concello e /ou da comarca, con exposi-
cións e certames coa participación de todos os escolares.
Estas medidas posibilitarían que nun espazo de tempo relativamente curto, se podería
recuperar unha boa parte do noso patrimonio inmaterial e etnográfico que permitiría
garantir un futuro esperanzador para a nosa cultura.

249
48

A regueifa no mundo actual

Pinto de Herbón
Entrevista feita por Xabier Prado Orbán

– Preséntate cunha copla


Voume a presentar amigos
con ledicia e emoción.
Adícome á regueifa
e son o Pinto de Herbón.
– Cal é a túa actividade no campo da cultura tradicional e por que o fas?
Eu fago regueifa, e fago isto porque me gusta e porque me serve para espremer o siso
cada vez que regueifo con outro compañeiro.
– Responde cunha copla a esta:
Iso de facer regueifa
sonche cousas do pasado,
demóstrasme que a Galiza
aínda é un país atrasado
As políticas practicadas
leváronnos ao inferno.
A Galiza entre todos
faremos un país moderno.
– Pensas que a improvisación oral pode aportar algo ás novas xeracións?
Non é que o pense, é que estou completamente convencido. Por exemplo, a regueifa
serve para axilizar o enxeño, para que os nenos na escola, facendo unha tonada, fagan octo-
sílabos por un tubo; atopen nas súas cuartetas as figuras métricas que tanto traballo lles
custa atopar, cando os mestres lles ensinan métrica. E ademais, non se pode dicir que o día
de mañá non haxa xente que viva da regueifa como forma de espectáculo.
– Fai unha copla que inclúa estas palabras: “Cultura, Tradición, Moderno”
O mundo da tradición
o global xa non atura.
O moderno hoxe en día
é a defensa da cultura.
48 A regueifa no mundo actual

– Pensas que a cultura tradicional pode ter algún papel no mundo actual?
Estou seguro de que si, porque no mundo actual do que din que todos somos iguais,
iso de certo ten moi pouco, porque uns son máis iguais ca outros. Non é o mesmo un gale-
go ca un gringo (por sorte), a diferenza é abismal. Nós temos unhas sensibilidades que eles
non teñen ou aparentan non ter: como que non miramos para outro lado cando bombar-
dean hospitais, ou por exemplo (aínda que sexa pouco importante para outros pero para
min é importantísimo) a matanza do porco e todo o ritual e significado que iso ten para os
galegos que o vivimos toda a vida. Pois ese tipo de cousas que ten a nosa cultura tradicio-
nal é o que nos fai auténticos como galegos e como cidadáns do mundo.
– Fai unha copla que comece por: “Debemos valorar o noso…”
Debemos valorar o noso.
Digo esto, non me confundo,
porque desde hai moito tempo
o galego está no mundo.
– Que pensas da autoestima e da valoración mutua de galegos e portugueses?
Home, é un camiño que está moi pouco andado. Ou moi prexudicado (como diría o
outro), debido a tantos séculos escoitando desde a meseta que non tiñamos nada que ver
os galegos e os portugueses. Ben, desde a meseta e mais dos nosos veciños de par da casa,
pero penso que estamos nun intre doce para trocar esa concepción.
– Fai unha copla que remate con este pé forzado: “…desenvolvemento rural”.
Estamos traballando arreo
dunha forma especial,
para que aquí xa haxa
desenvolvemento rural.
– Cales serían as condicións para unha vida digna no rural?
Primeiro, ter un goberno galego que crea no rural. Logo, levar a cabo unha serie de
infraestruturas para que os que nos adicamos ao agro ou á gandería ou á explotación de
masas forestais teñamos facilidades nas nosas tarefas, como por exemplo:
❙ Sistemas de regadío e acabar co traballoso labor de andar coa bomba de aquí pra alá.

252
Traballando co patrimonio inmaterial: as prácticas textuais

❙ Concentración parcelaria tanto agrícola como forestal.


❙ Buscar un sistema de recollida e reciclaxe do plástico sobrante dos sementoiros (en
Herbón tallóns).
❙ Atopar unha saída á biomasa que aflora nos nosos montes (antes había vacas e a xen-
te do rural utilizábaa para estra-los animais).
❙ Cultiva-los montes de árbores autóctonas para producir madeira ou froitos secos
para a industria da transformación.
❙ E moitas outras cousas que a política seria, formal e creativa ten o deber de levar
adiante.
– Véndeme pementos nunha copla.
Se calidá queres comer
leva ppementos de Herbón.
Unha vez na boca os metas
aledarás o corazón.
– Cres que a cultura tradicional pode contribuír á valorización dos produtos?
Iso non fai falla que o diga eu, iso xa hai tempo que o mercado nolo recoñeceu. Hai que
seguir por este camiño: “Calidade, Calidade, Calidade”, este é o nome dos nosos produtos
agrícolas. Feito dunha tradición agrícola e cultural. De aquí veñen: viños, lacóns, queixos,
pementos, rabizas, etc.
– Escribe unha copla libre
A regueifa é rebelde
Poetisa e divertida.
Cásate con ela amigo
Que che ha de dá-la vida.
– Tes algunha reflexión máis como PORTADOR que consideres interesante para que a teñan en
conta os axentes de desenvolvemento á hora de planificar actuacións sobre a cultura tradicional
e sobre o desenvolvemento rural?
Temos auga, temos vida, temos medios, sabemos traballar. Só falta crer en nós mesmos
como país e como cultura. Se chegamos aquí por qué parar agora.
– Copla de despedida.
Xa me despido agora,
digo adeus a todo quisque.
Aínda que moitos non queiran
a nazón galega existe.
– Expresarías algún desexo de cara ao futuro?
O primeiro desexo que teño de cara o futuro é que cando me volvas a poñer versos para
que eu empece ou remate a cuadra (cuarteta), fainos de oito sílabas porque na regueifa son
de oito, os teus son de nove. Se non, observa:
- De/be/mos va/lo/rar o no/so/: 9
- De/sen/vol/ve/men/to ru/ral: 8+1 (é agudo) = 9
Non esquezamos que a regueifa é poesía e débese a unhas normas e regras.
E o outro desexo é que pensemos no noso como valor engadido e non como unha cou-
sa que non vale e que non ten futuro, porque iso sería mentirnos a nós mesmos.
Temos idioma, temos cultura, temos recursos e temos futuro: A traballar, que o futuro
empeza hoxe.

253
49

Educación ambiental a través dos contos


tradicionais

Papaventos. Escola Ambiental

No ano 1990, un grupo de educadoras e educadores vinculados o movemento ecolo-


xista galego, puxemos en funcionamento un proxecto de educación ambiental na pequena
aldea chantadina de Garabelos. Co apoio de etnógrafos e historiadores tentabamos vincu-
lar o achegamento ao entorno natural a través da riqueza e a diversidade do acervo cultu-
ral e patrimonial do noso contorno. Así nacían as Aulas da Natureza de Papaventos que
nunha convivencia quincenal amosaban unha visión diferente, máis próxima, das raíces
dos propios participantes con frecuencia ignoradas e practicamente desaparecidas nas pro-
postas educativas “oficiais”. Obradoiros de artesanía popular, roteiros ata igrexas, castros,
fervenzas, torres, fragas e montañas, talleres de reciclaxe, e sobre todo, contos, teatro,
mímica, o achegamento do propio a través das lendas, das historias, dos protagonistas dun
imaxinario rural que se ía perdendo pouco a pouco.
Unha vez transcorridos os primeiros campamentos da natureza, Papaventos decidiu
ampliar toda esta experiencia ás propias escolas, cando menos para abrir por uns minu-
tos as portas da educación á reivindicación continua e constante do coñecemento do
propio como única posibilidade para promover hábitos diarios para o seu coidado e pro-
tección. O principio consistía en explicar a través dun conto teatralizado a importancia
do bosque e polo tanto a necesidade de iniciativas como a da reciclaxe do papel. Máis
tarde foron xurdindo novas propostas que promovendo o conto deron forma a unha
experiencia lúdico-pedagóxica na que anualmente participan 13.000 nenas e nenos en
máis de 330 sesións nos centros escolares, bibliotecas e aulas de cultura de 250 conce-
llos de Galiza, Asturias, O Bierzo e Portugal, e que ten merecido recoñecementos como
o Premio de Educación Ambiental en Galicia 1990 (convocatoria Xunta-Conxuga) ou o
Premio á mellora da calidade de vida “Agronatura 1991” (Convocatoria Inorde-Depu-
tación de Ourense).
Non hai dúbida de que hoxe para espertar e sobre todo motivar a atención escolar sobre
temas tan importantes como a protección do patrimonio natural e cultural, sobre a nece-
sidade de mantelos vivos, é preciso e necesario o emprego de metodoloxías que sexan
atractivas e sobre todo moi participativas para as/os alumnas/os dos centros escolares. En
Papaventos topamos nos contos esa óptima ferramenta de motivación educativa, e con ela
desenvolvemos un feixe de proxectos que a continuación relacionamos.
49 Educación ambiental a través dos contos tradicionais

1. Embarcaescola: En colaboración coa Asociación Cultural Barcas do Minho, facemos


unha “baixada” polas escolas da nosa vía fluvial (de Meira a Caminha) acompaña-
dos por unha ducia de maquetas, feitas en madeira, das diferentes tipoloxías que ao
longo dos séculos sucaron os ríos galegos e acompañamos todo isto cun feixiño dos
chamados “Contos da Xacia Meira” recuperando personaxes fluviais, como os
xacios e xacias, que xurdían do río con forma de homes e mulleres peixe. Temos
tamén un pallaso malabar de nome Xaciño que se adentra nos contos tentando con-
vencer os nenos para limpar o río cun cepillo de dentes, unha vasoira, ou un plu-
meiro, e despois converte o lixo en bólas malabares. Todos estes contos conforman
un interesante proxecto de contacontos dentro das mesmas barcas tradicionais,
mentres imos remando polo río, desenvolvido nos Encontros de Embarcacións
Tradicionais do Río Cabe.
2. Ciclo-biblioteca: Un proxecto de achegamento da bibliografía medioambiental a tra-
vés dunha bicicleta que percorre as escolas cargada de libros medioambientais coa
fin de que nos libros as nenas e os nenos descubran toda a riqueza do seu contorno
e sobre todo se comprometan a protexelo, levando con ela personaxes coma o lobo
Marroxo, a sobreira Suberiña, a Coureliña e o lobo Lor, o paxaro Vicentiño, defen-
sor do río Miño...
3. Os xogos do lixo: Xogos cooperativos baseados en personaxes como trasnos, as fadas, que
tentan ensinar os participantes a separación en orixe do lixo a través das tres “erres”.
Reducir, Reutilizar e Reciclar.
4. Papainventos: Inventos baseados en xogos populares como poden ser:
❙ Tira-beloteiro-plantabosques: Un tiracoios tradicional feito con galla de maceira,
cámara de bicicleta, que dispara belotas repoboando os montes e montañas… cos
que contamos as historias da “Casa das landras voadoras”.
❙ Paraugas “Dame-augas”: Un paraugas reciclado coa lenda “dame-augas” e con debu-
xos para que chova, chova e non pare de chover. Que se abre para contar os contos
de “Ogheb, a muller chuvia”.
❙ Árbores “atrapa-contos”: Árbores feitas de cartón reutilizado que teñen na copa un
buraco tecido con fíos e agulla para atrapar contos solidarios.
5. Obradoiro-teatro “O bosque desanimado”: Teatro sobre os problemas do bosque autócto-
no no que as nenas e nenos viaxan nunha bicicleta imaxinaria (facendo curvas, subidas,
baixadas…) ata o bosque onde descobren os seus problemas e a través da mímica e dun
taller de reciclaxe de papel tentan axudalo.
6. Abraza-contos: Recuperamos a historia certa dunha curandeira de Sober que recomen-
daba aos doentes que abrazaran as árbores como xeito de recibir a súa enerxía. A tra-
vés dun taller de “afectividade” nenas e nenos interpretan a árbores e doentes que se
abrazan e despois eles mesmos abrazan as árbores e coa súa imaxinación contan todo o
que lles dixeron, inventando conversas neno-árbore.
7. Contos reciclados: Contos tradicionais de recolleitas feitas en Galiza que se reciclan para
comprometer as nenas e nenos co coidado do seu contorno.
Exemplos:
❙ “O trasno do lixo”: “O trasno do lixo vai polo bosque tirando no lixo cando esvara
nun verquedoiro incontrolado, emporcállase todo e quere que o limpen a el, así que
vai onde unha herba (interpretada por unha nena):
– Herba, limpa o trasno do lixo que vai polo bosque tirando no lixo.

256
Traballando co patrimonio inmaterial: as prácticas textuais

¿Que dixo a nena? (e responden todos os nenos):


– ¡Non tires máis lixo!
Despois o trasno vai onde a vaca e dille:
– Vaca, come a herba, que non quere limpar o trasno do lixo que vai polo bos-
que tirando no lixo.
¿Que dixo a vaca? (e responden todos os nenos):
– ¡Non tires máis lixo!
Así sucesivamente con paus, lume, auga, burros, …
Ata que os nenos e nenas ao remate saen pola escola, polo aldea, pola vila, dicíndo-
lle a todo o mundo
– ¡Non tires máis lixo!
❙ “O Casamento do Sil e o Miño”
O Sil e o Miño querían casar e non tiñan pan para festexar, saíu a carballa da súa
carballeira: ¡Mandaime recado que son panadeira!
Miña vidiña, panciño xa o temos, fáltanos vestido, onde o atoparemos?
Do seu sobreiral saíu a sobreira: ¡Mandaime recado que eu son tecedeira!
Así van aparecendo castiñeiras, aciñeiras, érbedos, acivros, teixos… ata conformar
un casamento, ao mesmo tempo que nenos e nenas coñecen o patrimonio.
8. Roteiros pequeneiros “un paseo pola historia”: Rutas de interpretación ambiental e do patri-
monio, no que mentres camiñamos descubrimos con contos o propio patrimonio cultural.
❙ Exemplo: para explicar as orixes das sepulturas antropomórficas de Fornas
(Chantada) contamos a xeito de lenda medieval poética a historia do namoro entre
un labrego e unha doncela.
10. “ContoSolidarios”. En colaboración coa ONG “Bicis Pola Paz”, son proxectos de conta-
contos para falar das desigualdades sociais, dos refuxiados, a fame e as guerras a través
de personaxes doutras culturas.
❙ Juja, o trasno do deserto saharauí, as bonecas quitapenas de Guatemala… fusiona-
dos con personaxes propios da nosa cultura.
11. “Ceiba-contos”. Consiste en ceibar contos propios para que a xente os recicle, os adap-
te, os adopte, os mellore, os empeore, os conte, os manteña vivos. Non cremos na pro-
piedade intelectual do conto (como noutras propiedades), tal como fixeron os nosos
devanceiros que crearon contos sen “copy-right”.

Avaliación
A nosa experiencia de 16 anos polas escolas fai que teñamos absolutamente claro que
o conto é un xeito claro de achegar problemas, que vive o noso patrimonio natural e cul-
tural, e sobre todo o conto pode crear hábitos de que sexan os propios participantes os que
manteñan viva a imaxinación dun pobo creador de historias grazas ao seu contorno máxi-
co que hoxe lamentablemente entre tanto incendio, lixo, contaminación, pode desapare-
cer. O conto educativo baseado na recuperación da tradición oral galega debe manterse
vivo polo que o obxectivo fundamental das nosas propostas, que pouco a pouco se van
plasmando na realidade –como por exemplo vimos de facer no concello de Toén (Ourense)
coa primeira Escola de Contacontos, dentro dun proxecto de interculturalidade e que
pronto dará os seus froitos en forma dun libro de contos do/as propios alumnos/as– é que
sexan as nenas e os nenos galegos quen sigan a cadea para darlle continuidade á riqueza

257
49 Educación ambiental a través dos contos tradicionais

do seu patrimonio adaptado aos novos tempos. Eles serán a nosa esperanza na educación
ambiental e na defensa do patrimonio cultural.
Papaventos forma parte da iniciativa da creación da Universidade Rural Galega como
ese referente integrador necesario para a universalización e sobre todo para manter vivo o
patrimonio cultural galego.

Máis información: Papaventos Escola Ambiental


Garabelos-Mariz 27518 Chantada-Galiza
e-mail:carballoconbotas@hotmail.com
web: www.contosolidarios.org

258
50

Dinamización cultural na parroquia


de Proendos

Alfonso Campos; Manuel Falagueiro


Diálogo entre Alfonso Campos (A) e Manuel Falagueiro (M), da parroquia de Proendos (Sober)
sobre as actividades de dinamización parroquial. Gravación: Xabier Prado Orbán (X).

X: Gustaríame que falasedes entre vós sobre as actividades que fixestes durante todos estes anos
para contribuír a dinamizar a vida cultural e social na vosa parroquia.
A: Ben, cando nos propuxemos traballar dende a Asociación de Veciños “PROENCIA”
da parroquia de Proendos en Sober (Lugo), tiñamos en mente a recuperación da tradición,
principalmente oral, que existía aínda viva na súa xente. Así o fomos plasmando nunha
serie de boletíns que para o noso gusto tiveron moitísimo éxito e que a xente se implicou,
non só a xente que vivía na parroquia, senón que nos gustou que esa xente tamén que esta-
ba fóra, na emigración ou xa asentada en Vigo, Barcelona, en fin, iso interesáballes moití-
simo porque era un punto de contacto coa súa terra.
M: É que a parroquia, a principios do século pasado, tivera unha actividade cultural bas-
tante ampla. Era famoso en todo o contorno o Entroido de Proendos. Era unha tradición que
xa viña de moi atrás e que perdurou especificamente en Proendos. Conta a miña nai que na
súa época xente de Pinol, de Gundivós, Anllo, de todas as parroquias ao redor, chegaban o
día do Entroido a Proendos e era unha inmensidade de xente a que se xuntaba. A xente pre-
paraba as súas obras de teatro e tiñan un deus, Momo (igual que no Brasil). Publicábanse e
editábanse coplas, moitas veces satíricas. Había unha inquietude cultural bastante grande. Iso
por un lado. Por outro lado tamén que na parroquia (isto era terra de músicos) había tamén
moito músico. Entón tentamos recoller un pouquiño toda esa tradición de anos atrás cando
as parroquias vivían e tiñan un montón de xente nova, cousa que agora xa non sucede por-
que quedan os que quedan e están todos de 70 para riba practicamente. Pois esas cousas que
eles valoraron tanto, que tiveron tanta importancia, pois que non se perdan. Polo menos que
queden recollidas en papel para que se vén alguén posteriormente pois que non se esquezan.
X: ¿E como enfocastes o traballo? ¿Foi pouco a pouco, ou …?
M: Non, en principio partimos do traballo da Asociación de Veciños, que xa debe levar
unha andaina de máis de 15 anos. Pensamos en sacar en principio unha revista, e démos-
lle máis que nada importancia á tradición cultural e tamén á etnografía. Un pouco reco-
llendo as cousas doutras épocas anteriores. Eiquí estivera Mini, na súa primeira andaina de
mestre estivera co colexio de Sober, se cadra hai xa 30 anos. Entón il, que xa daquela tiña
moitas inquedanzas, dedicárase a andalas recollendo e claro, atopou moitísimo material
parte do cal publicouno en dous dos seus libros de cantares de cego, coplas e por aí.
50 Dinamización cultural na parroquia de Proendos

A: O que intentamos na parroquia tamén, pois


anque o Entroido foi moi importante, procuramos
darlle uso por exemplo á reitoral. Proendos é moi
rico. Pode ser que noutras zonas ocorra algo pare-
cido, pero temos eiquí un asentamento castrexo,
romano, e iso da pé a cincuenta mil historias e a
certo orgullo, tamén. Por exemplo, é unha zona
onde aras e encontras unha pía, ou calquera desas
cousas. Tamén é unha zona bastante dinámica,
incluso un coro que facía o cura ían cantar por aí,
non? E facían os bailes istes das cintas, recordan ir
a Cadeiras. Resultounos bastante fácil porque cola-
boraban, estaban desexando. Recordo unha señora
que lle fun facer unha trasnada e ateille un cancelo,
isto fai anos, non? E dixo Home! Se digo a verdade
era a do Tarabela, a señora Asunción, non? E dixo
“Xa era hora de que volveran as trasnadas!” E era
unha trasnada, pero ela quería que volveran.
M: A parroquia, como todas as do interior de Galicia, sufriu unha despoboación terri-
ble aí polos anos 55 a 65-70, marchou a xente máis ou menos nova daquela época. Entón
a parroquia fervía de xente, era un maremagnum de xente nova, e xente con ganas de
divertirse, porque non había o tipo de diversións que hai hoxe en día e a xente buscaba
outro tipo de diversións. Montaban farras e parrandas en calquera monte.
A: O Mini sempre dicía que quedou sorprendido cando estivo aquí porque claro, ían cara
a Pena, estaba o Marcelino, estaba o Bautista, e claro, cantaban xa espontaneamente a tres
voces. Cando non eran catro. Porque ningún quería facer a mesma. Eu inda me acordo xun-
tarnos en certa zona a cantar. Practicamente afinado. Aínda na nosa época. E os de atrás máis.
M: Debido a que a poboación foi quedando tan escasa e tan mermada na parroquia,
sobre todo a xente nova, pois era máis que nada recoller para que non se perdera, polo
menos xa non só saber que existiu, polo menos que quedase plasmado de que algo había
ou algo houbo.
A: E intentar conectar dalgún xeito un pouco coa xeración nova, inda que é complicado.
M: Si, si, moi difícil.
A. É dicir, que unha das funcións, se un pensa que a súa parroquia, por pensar nun
ámbito no que un ás veces se circunscribe e se identifica, e por extensión seguir amplian-
do o territorio, non? Se pensamos na parroquia, interesa que teña futuro, e para iso pois
tes que, a xente ten que sentirse identificada e saber que pode haber unha forma de… Ao
mellor non a curto prazo, pero si ao mellor a máis longo prazo, pero para iso necesitas toda
esa xente, que algunha a veces estivo vinculada, dalgunha forma que se siga sentindo vin-
culada e que se sinta que aí hai vida e houbo vida, non? Porque agora os rapaces, moitas
cousas destas que hai por aí, e que conste que consultan tamén, nos traballiños das clases,
os nosos boletíns que se lles puxeron aí na biblioteca, pero están completamente desvin-
culados, non saben. Por exemplo, os petroglifos, algún día teremos que levar aos rapaces
a ver os petroglifos, de, en fin, 7 ou 8 puntos perfectamente accesibles. Ser son 16, pero…
X: E entón, esa experiencia que presentastes en San Tirso de Abres…
A: ¿O Trícole? Iso é un curso de adultos, que se fixo aquí na Escola de Música de Sober,
que por certo durante moitos anos a maioría dos músicos da banda eran de Proendos. En
Sober hai unha tradición musical moi estendida, o que dicíamos antes de xente capaz de

260
Traballando co patrimonio inmaterial: as prácticas textuais

cantar en voces dunha forma case espontánea porque a música está metida en todas as fami-
lias. Entón o que lles demos foi ese curso de adultos, como o solfexo adoita ser moi aburri-
do, pois á parte de solfexo démoslles unha idea: recoller a tradición oral, como por exem-
plo o que hai nestes cadernos: un pouquiño de tradición oral do concello de Sober. Esto son
transcricións de cintas. E loxicamente, claro, eu por exemplo son de Proendos, pero unha
vez alá en Pinol, falo doutra parroquia, chovía e tiña bastante présa. E había uns vellos meti-
dos nun couso deses dos pequenos que lle poñen, non? Entón xa pasei e cheguei á estrada.
E dixen: Carallo, están aquí istes, o señor Manuel, que eu aínda non o coñecía, e o do
Noguedo, que teñen noventa e pico de anos todos… Vou parar. Entón, claro, empezamos a
falar: e logo usté de onde é? Son de Proendos. E… tal, tal. De Proendos cal? De Francos…
Bueno, cando me vin, vaia, como un animal, que digo o abren e souberon todas as tripas, a
partir de aí xa puiden empezar a preguntar, non? E foi impresionante o que aquil día saquei
desa xente. Dende un castro con cousas que romperan e que apareceran, ata cousas de bru-
xas, de lendas, il era un canteiro que foi capaz de levar dúas pedras de muíño que lle fa-
cían… unha delas anda por eiquí, que facían no monte e que baixou, fixéranlle unha apos-
ta, e todo iso, ou sexa, aquilo deume para volver cincuenta… Realmente, o que sabe cal-
quera paisano… porque hoxe non sabemos nada. Un paisano facía de carpinteiro, se facía
falta ata de electricista, non era cuestión só de cousas pasadas, aprendía todo.
M: O contacto da xente, a pesar de que ás veces te coñecen, é bastante difícil. Porque a
xente cóntache as historias cando está realmente convencida de que aquilo vai ter algun-
ha importancia. Déuseme, por exemplo, un caso dunha lenda. Contactando con este señor,
que estaba fóra, pero bueno, vén á súa casa, está só practicamente, que xa non ten familia
eiquí, familia achegada, pero bueno, lle apetece sentarse no seu corredor e estar alí, e un
día, pois recorrendo a parroquia fomos por alí e atopámolo. Máis ou menos sacámoslle a
lenda porque tiñamos referencias de que no sitio deles había a lenda esa. E preguntámos-
lle, e tal, e dixo que aquilo era unha tontería, que nin se podía contar, a ver se iamos pen-
sar que era unha chorrada aquilo que nos ía contar, e non nolo contou. Pero bueno, hai que
insistir, e hai que traballar coa xente, e hai que falar, falar se cadra doutras cousas menos
importantes ata que realmente chega o momento e contan o que realmente estás buscan-
do, o que estás esperando.
A: Pero podiamos mellorar, aproveitar iso e evolucionar, por suposto. Pero hoxe por
exemplo non sabemos nada de plantas. E a miña nai é capaz de dicirme: isto, a xarxa, é
para tal, a miña avoa acórdome que facía mexunxes de tal. E todo iso, que lle transmitiron
as nais, é froito de que vivían dunha forma que hoxe non existe.
M: Somos testemuñas da ruptura que houbo no campo, onde a xente nova abandonou
totalmente o campo, poucos quedamos e os que quedamos non traballamos nel, e é unha
pena, vivimos cando eramos pequenos o traballo do campo, ir coas vacas, axudar na casa,
e todo tipo de traballos, e claro, iso agora xa non se dá. Porque pasou de ser unha poboa-
ción rural a unha poboación que vive das pensiós. Trabállase unha horta e practicamente
non se fai outra cousa.
Se a entrada na Comunidade Económica Europea sucedese hai 50 anos, cando había un
montón de xente nova aínda que podía vivir nas aldeas, pois si, pero é que agora case non
hai ninguén con quen falar na parroquia. E entón vaise un pouco perdendo todo e vai un
pouco decaendo. Eu non lle vexo futuro, véxollo totalmente negro. Eiquí non houbo axudas
cando realmente tivo que habelas, pró campo… Entón a xente tratou de buscar a vida, o
mellor que puido, por outro lado. Porque había que traballar. Na miña casa, por exemplo,
había cinco persoas maiores que traballaban arreo, un montón, e chegar a fin de mes e estar
practicamente como o primeiro día, é dicir, que no campo non vivías nin miserablemente.

261
50 Dinamización cultural na parroquia de Proendos

A: O xeito de vida acabouse e, como din algúns, ao transformarse a economía tamén se


transforma a sociedade. O cambio no xeito de vida é total. Eu aínda fun coas vacas, fun ao
abono, fun aínda algo á cava, é dicir, participei na vida labrega, pero é que istes xa non.
X: Estades caendo nun pesimismo moi grande, e vou tentar ser algo optimista.
A: Non, somos realistas.
M: É distinto de ver unha parroquia que estea perto dunha cidade. Non ten por que
estar mesmo pegada, pero bueno, a unha distancia prudencial onde pode haber novas
segundas residencias de xente que xa non era da parroquia pero que se asenten alí, e bue-
no, que pode haber unha actividade cultural porque hai xente nova. Pero estas parroquias
que estamos tan deixadas da mao de Deus, tan afastados, eu vexo realmente difícil que esto
volva outra vez a rexurdir, porque é que non sei por onde se podía coller. Eu nese aspec-
to son totalmente negativo, si, si. De ver as leiras e lameiros todo traballado, pero ben tra-
ballado, e ves que agora vai quedando a monte, van saíndo xestas, van saíndo toxos, empe-
zan a aparecer carballos, e dis: bueno, esto é o bosque autóctono de Galicia pero tal e como
era fai dous mil ou tres mil anos. Igual, igual.

262
51
58
Territorio, patrimonio e
desenvolvemento
As imaxes do territorio: paisaxes e marcas de
51 identidade
Xosé Manuel Souto González

Achegamento a algúns principios do


52 desenvolvemento sustentable
Ramón López Rodríguez

A cultura da auga: balnearios e mares interiores na


53 comarca do Ribeiro
Rosario Álvarez Cao; Arturo Revilla Bonnin

A cultura enerxética en Galicia. Cara ao turismo


54 industrial na comarca do Eume
Rosario Álvarez Cao; Arturo Revilla Bonnin

A cultura vitivinícola na comarca do Ribeiro.


55 A ruta das aldeas vitivinícolas medievais
Rosario Álvarez Cao; Luis Cohen Bossié; Arturo Revilla Bonnin; Ana Suárez Samaniego

A valorización dos produtos tradicionais na comarca


56 da Ulloa. A súa integración no Proxecto Cantata
Rosario Álvarez Cao; Guadalupe Fernández Bouza

57 Marca de Calidade Territorial ULLAUMIA


Xosé Mª Tobío Iglesias

O Centro de Desenvolvemento Rural “Ancares”


58 Ramiro Martínez Carballosa
51

As imaxes do territorio: paisaxes e marcas


de identidade

Xosé Manuel Souto González

O ser humano percibe o territorio a partir de filtros culturais e sensoriais. Sen dúbida, o
gusto, tacto, ouvido, vista e olfacto teñen unha importancia grande na creación dun ima-
xinario territorial, pero sobre todo son os referentes culturais que chegan a través das ima-
xes visuais dos estímulos publicitarios os que deciden o noso comportamento espacial e
que serven de guieiro nos desprazamentos cotiáns sobre a cidade ou na contemplación das
paisaxes nos campos, montes e praias (C. de Castro, 1997).
A manipulación das imaxes territoriais incide nas expectativas dos veciños e sobre todo
dos actores sociais que realizan investimentos para cambiar a escena da paisaxe. Nuns
casos uns convértense en turistas ávidos dunha “paisaxe natural”, aínda que se teña cons-
ciencia de que é artificial, noutros os promotores das urbanizacións “venden” un espazo
construído como se fora un paraíso natural. Pero ao mesmo tempo, a fixación desta imaxe
no inconsciente persoal fai que perdan valor aspectos que existen realmente no territorio,
pero que pasan desapercibidos aos cidadáns, sobre todo cando non poden establecer com-
paracións con outros lugares. As paisaxes sintetizan a visión persoal do territorio e as diná-
micas ambientais e sociais deste, polo que é preciso descubrir os factores ocultos que expli-
can a súa formación (Souto, 2000).
No caso do conxunto político denominado Eixo Atlántico temos unha oportunidade de
analizar as transformacións e os proxectos de identidade territorial, que se difunden a par-
tir das técnicas de mercadoloxía. O Eixo é unha iniciativa que xorde en 1992 a partir do
liderado do Porto, cidade que aparece nos documentos do Comisión Europea de 1995
como o gran núcleo urbano existente entre a área de Lisboa e o triángulo asturiano no de-
nominado Arco Atlántico, un dos dez bloques suprarrexionais que utilizou a antedita Co-
misión para planificar o futuro territorial da Unión. Isto significa que existe un intento de
transformar desde o global (as estratexias rexionais da UE) o local (a eurorrexión do nor-
oeste ibérico) contando co protagonismo das cidades e dos poderes locais. En consecuen-
cia, as imaxes que se van difundir desde o Eixo estarán moi relacionadas cos proxectos polí-
ticos que teñen os alcaldes, concelleiros, poderes económicos, culturais e sociais das dezaoi-
to cidades do Eixo respecto do conxunto territorial, onde a paisaxe ten un valor incuestio-
nable. Isto non podía ser doutra maneira, en tanto que o proxecto do Eixo aparece como
unha consigna da Europa dos cidadáns fronte ás ideas da Europa das rexións. Poboación e
territorio outra vez elementos fundamentais dun proxecto de identidade territorial.
51 As imaxes do territorio: paisaxes e marcas de identidade

O cambio de escala de Arco Atlántico a Eixo Atlántico non é


algo fútil. Presupón unha toma de posición das autonomías
locais fronte ao poder das autoridades estatais e das Autonomías
españolas ou das Comissões da Coordenação Regional de
Portugal. Non obstante, esta opción supón a existencia de novos
retos: relacións políticas entre o Eixo e a Comunidade de Traballo
Galiza-Norte de Portugal, relacións técnicas e de promoción
territorial entre os 18 municipios que no ano 2000 configuran o
Eixo Atlántico. E aquí reside o cerne da nosa argumentación:
poden as cidades e a cultura urbana, caso de que a poidamos
definir como tal, ser quen de impulsar unha política de merca-
doloxía territorial que poña en valor crecente a paisaxe, os aspec-
tos inmateriais, as percepcións e os sentimentos do conxunto
eurorrexional? Pode a cultura da poboación máis densa, dinámi-
ca e accesible ser quen de definir un proxecto cultural que saiba
redefinir desde unha simbiose os conceptos de rural e urbano,
espallado e concentrado, tradición e modernidade?
Hoxe a poboación da eurorrexión do noroeste peninsular
está concentrada fundamentalmente nas cidades e áreas de
influencia inmediata. A organización municipal do século XIX
ten pouco sentido dous séculos máis tarde, cando os proble-
mas aparecen nas áreas metropolitanas nas que se integran as
cidades principais, como no caso do pacto intermunicipal das
18 cidades que constitúen o Eixo. Por iso os conceptos urba-
no/rural perden o significado de oposición estrutural que
antano posuían.
O espazo urbano coincide cun proceso de transformación da
natureza que se espalla desde unha cidade, a través da mobili-
dade da poboación, das mercadorías e das informacións. Nesta dinámica absorbe a paisa-
xe rural, escenario de actividades agrarias, comerciais, forestais, turísticas e artesanais. Un
medio rural que xa dispón dunhas características de vida material que son semellantes ás
das cidades: ciclo da auga en todas as vivendas, rede eléctrica, telefonía, internet... aínda
que con problemas de accesibilidade aos grandes centros de servizos: teatros, universida-
des, cines, comercios especializados... E isto xera unha demanda de infraestruturas e novos
servizos para un espazo que chamamos periurbano (Boira e Souto, 1995)
En efecto, o crecemento inmobiliario e demográfico, que desbordou os límites munici-
pais, provocou importantes problemas ambientais (contaminación do manto freático, lixei-
ras incontroladas, ausencia de xerarquía viaria) que non son aceptables nunha proposta de
desenvolvemento sustentable, tal como se recomenda desde as máis importantes institu-
cións mundiais (ONU e Unión Europea). Unha crise ambiental á que nos anos de cambio
de milenio se une a fin dun ciclo económico das economías de escala industrial, que en
gran medida se correspondía cos alicerces económicos de Vigo e O Ferrol dos anos sesen-
ta e que provocou o enorme crecemento demográfico e do parque inmobiliario entre 1960
e 1980. A posterior crise do téxtil incidiu no devecer dos vales do Ave e Cávado, así como
a continua perda da rendibilidade agropecuaria fai minguar a poboación que se localiza nas
bisbarras de Bragança, Chaves, Lugo ou Monforte. Os procesos económicos mostran que
as cidades, vilas e aldeas teñen ciclos de vida, moitas veces ignorados cando só explicamos
o presente desde unha perspectiva temporal moi curta.

268
Territorio, patrimonio e desenvolvemento

Os ciclos de vida das cidades tamén inciden no devecer do rural, que estaba ensarilla-
do na súa dinámica desigual (Veltz, 1995). Pero o rural é algo máis que unha actividade
económica, unhas infraestruturas viarias e un hábitat, cunha elevada calidade de vida se
está próximo a unha gran cidade. Tamén é o que levan nos seus miolos as persoas que aló
viven, ou ben que o visitan depositando unha serie de valores polos que senten saudade.
A paisaxe rural é percibida como unha identidade territorial para moitas persoas, aínda
para moitos é unha idealización bucólica de fins de semana ou vacacións estivais. E isto
tamén é o rural. Por iso desde as cidades cómpre analizar, dar pulo ao medio rural, facili-
tar proxectos que favorezan a biodiversidade non só botánica ou faunística, senón tamén
antrópica. Un pobo que esquece os seus sinais de identidade é un pobo amnésico, é un
pobo con alzheimer. Pero sobre todo un pobo que estraga o seu medio comete un atenta-
do mortal contra si mesmo: un suicidio colectivo.
Un estudo sobre a mercadotecnia territorial quere mostrar un camiño de reflexión e acción
sobre a toma de decisións que implica unha modificación no desenvolvemento económi-
co, social e xeográfico. Para isto pretendemos escolmar aqueles recursos potenciais que
poden facilitar o dinamismo económico, social e cultural e que, polo mesmo, teñan inci-
dencia sobre o territorio do noroeste peninsular. Referímonos aos produtos territoriais espe-
cíficos de cada área e do conxunto eurorrexional e, sobre todo, aquelas marcas ou poten-
cialidades de localización de actividades que permitan ensarillar ás áreas urbanas e aos
medios rurais do noroeste ibérico no conxunto da globalización. Un proxecto de merca-
doloxía permite situar un espazo local no planeta global, para isto facilita a creación de
marcas de identidade.
A mercadoloxía territorial é un conxunto de coñecementos que se aplica no planeamen-
to estratéxico, para conseguir a emancipación política e económica, pois considérase que non
só os recursos produtivos e a oferta de traballo provocan o desenvolvemento, senón tamén a
imaxe que proxecta o territorio sobre o exterior. Neste senso, o Eixo Atlántico ten que mos-
trar que é capaz de xerar unha imaxe territorial cuns recursos produtivos (a auga, a paisaxe,
a cualificación laboral, a cultura inmaterial, o ambiente urbano entre outros) que xere expec-
tativas de investimentos exteriores e que mellore a calidade de vida dos veciños de seu.
Trátase de valorar as identidades locais para promover dinámicas territoriais de desen-
volvemento. Procúranse definir os puntos fortes do desenvolvemento de cada área local,
subliñando os cambios económicos que se teñen producido e definindo as tendencias futu-
ras. Preténdese utilizar o patrimonio arquitectónico e paisaxístico como elemento de refor-
zo da dinámica cultural, ensarillando as pequenas cidades no sistema urbano do Eixo e este
no conxunto de relacións europeas. Un esforzo polo desenvolvemento dos recursos insti-
tucionais co gallo de alcanzar propostas de colaboración transfronteiriza en materias de
planeamento, de tal xeito que se poidan albiscar os alicerces dun crecemento das áreas
periurbanas no contexto do desenvolvemento sustentable. Trátase de promover unha
defensa do patrimonio ambiental, pero que non sexa gravoso para a poboación que viva
nestes lugares e vai soportar a presión dos habitantes das cidades, o que significa aumen-
tar as condicións de vida e rendas da poboación de espazos lonxe das cidades, pero que
determinará en gran medida o ocio e lecer dos cidadáns.
Neste senso entendemos que a mellor definición para o conxunto do Eixo Atlántico, e
así o propuxemos para as dezaoito cidades-municipios, é o de “os territorios da pedra, da
auga e da saudade”. As pedras de cantería están presentes en case todas as edificacións, aín-
da que na zona oriental aparezan as lousas nas casas máis vellas e en todas as cidades poi-
damos observar o ladrillo e o formigón como símbolo da modernidade arquitectónica. A
auga mariña, fluvial, da chuvia, aparece por todos os lugares. As cidades simbolizan unha

269
51 As imaxes do territorio: paisaxes e marcas de identidade

espesa néboa, gotas de condensación de milleiros de recordos


históricos, de fitos do pasado que veñen onda nós; no medio
rural a auga transforma nun mosaico polícromo as paisaxes
agropecuarias, forestais, para lembrarnos o que continuamente
quixo e continúa a ser. E por último as cidades e aldeas da morri-
ña e da hospitalidade, un sentimento que abrangue por igual
aos cidadáns de Galiza ca do norte de Portugal. Se nun caso os
indianos ou americanos regresaban de Arxentina ou Venezuela,
noutra beira do Miño viñan de Brasil e nos dous casos a súa
incidencia sobre a promoción inmobiliaria e o desenvolvemen-
to de servizos urbanos (educativos, culturais) foi semellante.
Era o seu amor á terra nai, a onde volvían para morrer, o que
lles facía investir neste solares, sen desprezar a propia activida-
de empresarial.
Un continuo tecer e destecer de tramas urbanas parcelarias e
de construír e reconstruír volumes pétreos. Por iso pretendemos
valorar os recursos materiais e humanos que podan dar lugar a
un desenvolvemento integrado, un desenvolvemento sustentable para as xeracións vindei-
ras. En consecuencia, non só estudamos os centros históricos das 18 cidades, senón tamén
espazos próximos que manteñen unha estreita relación coas principais cidades. Porque
entendemos que as áreas de influencia urbana das cidades do Eixo abranguen practica-
mente a totalidade da antiga Gallaecia e, polo mesmo, as decisións que teñan unha orixe
nas cidades van chegar ata as últimas aldeas que reciben a visita ou o investimento dos
axentes sociais urbanos. Pero isto significa definir a cultura urbana en Galiza e norte de
Portugal desde unha perspectiva de achegamento dialéctico entre o local e o global (Borja
e Castells, 1997). Significa facer visible, colocar no mapa do mundo a presenza cultura da
eurorrexión desde os seus valores e patrimonios, materiais e inmateriais.
Sen dúbida, os recursos patrimoniais, construídos polo home ou baixo o determinante
das forzas da natureza, permiten mellorar a calidade de vida ambiental e social dos cida-
dáns a través das medidas anteriores, pois é factible crear un programa de actuación que
poda ser xestionado polas autoridades locais. Un programa que reforce a especificidade de
cada cidade, pero ao mesmo tempo que procure crear unha marca, un símbolo cultural que
identifique ás cidades do Eixo no conxunto europeo. Pero as marcas non teñen sentido se
non van acompañadas dun proceso de participación cidadá e de creación de sinais de iden-
tidade coas anteditas marcas. E para isto é preciso un proxecto de gobernanza local, onde
os concellos son os fulcros do proceso político e social. Nos concellos é o lugar onde con
máis facilidade é posible chegar a un acordo entre as iniciativas sociais e culturais dos
colectivos e persoas e as forzas institucionais do poder político.
Por iso un proxecto de mercadoloxía territorial debe conceder un gran peso específico
ao tecido asociativo, pois entendemos que o movemento cidadán, artellado en asociacións
veciñais, culturais ou laborais, é o gromo dunha nova cultura territorial, pois como dixe-
mos a identidade territorial, así como o consenso e participación dos axentes sociais na
promoción das cidades e da eurorrexión é fundamental para o éxito do planeamento. Neste
senso temos que celebrar a presencia de federacións veciñais, agrupacións culturais e unha
coordinación das principais forzas políticas e sindicais nos debates dos planes territoriais
nas cidades do Eixo, como sucedeu no caso do Congreso do Segundo Plano Estratéxico do
Eixo Atlántico celebrado os días 30 e 31 de marzo de 2005 en Ourense. En calquera caso
aínda falta camiño por percorrer.

270
Territorio, patrimonio e desenvolvemento

Neste guieiro é preciso contar cun proxecto


de márketing ou mercadotecnia territorial. Un
proceso de definición dos puntos fortes do terri-
torio que poida ser avaliada polos cidadáns, un
proceso que implique a participación dos axen-
tes sociais organizados en colectivos. Unha parti-
cipación dos axentes institucionais, das empre-
sas privadas, dos poderes políticos públicos que
sexan capaces de crear as condicións dunha nova
xeira de crecemento, que teña os seus alicerces
nas novas tecnoloxías, na economía da informa-
ción e no papel rector das cidades.
Finalmente queremos subliñar que un pro-
xecto de márketing territorial non é un de defi-
nición de produtos turísticos, aínda que estes
poden aproveitar os resultados da avaliación
dos recursos territoriais e sociais que se fai nel.
A mercadotecnia territorial procura ofrecer aos diferentes grupos que teñen intereses sobre
o territorio (investidores, axentes de turismo, políticos, dirixentes veciñais, empresarios...)
unha descrición da potencialidade do territorio, dentro dunhas coordenadas que nós tipi-
ficamos como desenvolvemento sustentable.
Por iso escolmamos as pedras, as augas e a morriña pola terra de seu como identidades
creadas no proceso histórico. Pero a Historia non é un conxunto de feitos do pasado que se
contan dunha maneira estática e pasiva. Antes ben, o coñecemento histórico debe servir
para situar o porvir, para comprender criticamente o presente a través da explicación do
pasado, dos ciclos históricos que unha vez pechados poden ser analizados con rigor. Neste
proxecto de explicación científica cobra sentido a análise que facemos dos proxectos incon-
clusos de innovación, pois sabemos que nestas innovacións está agochado o gromo do futu-
ro. Unha innovación que utiliza o pasado (as pedras), o presente (a potencialidade do recur-
so da auga) e o futuro (a formación da poboación que se sente identificada co territorio).

Referencias bibliográficas
BOIRA, J.V.; SOUTO, X.M. Percepción del medio y planificación del territorio: el caso de
Vigo, Boletín de la A.G.E., nº 20, 1995, pp. 67-80
BORJA, Jordi, CASTELLS, Manuel. Local y global. La gestión de las ciudades en la era de la
información, Madrid, Taurus, 1997
CASTRO, Constancio de. La geografía en la vida cotidiana, Barcelona, Serbal, 1997
FERRÁS SEXTO, Carlos. Contraurbanización, suburbanización y cambio social en la Euro-
pa Atlántica: estudio comparado de Galiza e Irlanda c. 1970-1990, Universidade de
Santiago de Compostela, Tese de Doutoramento, inédita, 1995.
SOUTO GONZÁLEZ, Xosé Manuel. Cambios culturais, globalización e periurbanización.
Paisaxe, poboamento e ordenamento territorial. Galicia fai dous mil anos. O feito diferen-
cial galego, Santiago: Museo do Pobo Galego, 2000; páxinas 61-103
VELTZ, Pierre. Mundialización, ciudades y territorios, Barcelona, Ariel, 1999

Bibliografía do Eixo Atlántico relacionada coa mercadoloxía territorial


FIGUEIREDO, António Manuel et alli. Proposta de Estudo estratégico das cidades do Eixo
Atlântico, Planum Lda., Porto, 1993. Material xerocopiado.

271
51 As imaxes do territorio: paisaxes e marcas de identidade

— Estudo estratégico do E.A. Vol. 1: As formas do terciàrio superior, Cámara Municipal do


Porto, 1995.
— Estudo estratégico do E.A. Vol. 2: Anàlise dos centros históricos, Cámara Municipal do Porto,
1995.
— Estudo estratégico do E.A. Vol. 3: Novas dinâmicas urbanas, Cámara Municipal do Porto,
1995.
HIDALGO CUÑARRO, José Manuel et al. Rutas arqueológicas. Vigo, Eixo Atlántico do
Noroeste Peninsular, 2005.
NOGUEIRA, Mario e HIDALGO, J.M. (coord.) Museos do Eixo Atlántico, Vigo, Eixo
Atlántico do Noroeste Peninsular, 2004.
PARDELLAS DE BLAS, Xulio (director) Plan de Infraestructuras do Eixo Atlántico, Vigo, Eixo
Atlántico do Noroeste Peninsular e Deputación de Pontevedra, 2000.
PARDELLAS DE BLAS, Xulio (director) Abordagem á actividade turística nas cidades do Eixo
Atlântico, Vigo, Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular, 2002.
SOUTO GONZÁLEZ, Xosé M. (coord.) Xeografía do Eixo Atlántico, Vigo, Eixo Atlántico do
Noroeste Peninsular, 1999.
SOUTO GONZÁLEZ, Xosé M. (coord.) A Historia no Eixo Atlántico, Vigo, Eixo Atlántico do
Noroeste Peninsular, 1999.
SOUTO GONZÁLEZ, Xosé M. (coord.) Planeamento estratéxico e mercadotecnia territorial,
Vigo, Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular, 2001.
SOUTO GONZÁLEZ, Xosé M. e MARQUES, Raul Jorge (coord.) Participación cidadá e desen-
volvemento local no Eixo Atlántico: Monforte e Chaves, Vigo, Eixo Atlántico do Noroeste
Peninsular, 2003.

272
52

Achegamento a algúns principios do


desenvolvemento sustentable

Ramón López Rodríguez

É evidente que a situación actual de moitas rexións e zonas do noso planeta se mostra
claramente como insustentable, con case dúas terceiras partes da poboación total carecen-
do do básico; e cun panorama onde as agresións ao medio ambiente, o desperdicio de
recursos naturais e os desequilibrios sociais constituíronse en condicionamentos que se
adoitan asumir como irremediables dentro dos modelos de funcionamento vixentes.
Resulta evidente a necesidade dun xiro efectivo cara a un futuro distinto, que aporte novos
valores e principios que poidan proporcionar posibilidades dun cambio e posterior estabi-
lización que moita xente desexa. Nesa liña, e como alternativa, a finais do pasado século
XX emerxe un novo concepto: o do desenvolvemento sustentable.
A expresión desenvolvemento sustentable fíxose popular desde que foi adoptada como
proposta de futuro no Cume de Río, converténdose progresivamente nun novo talismán que
usan cada vez máis persoas ou grupos e nun indispensable aval de numerosos proxectos e
realizacións. Con todo, en moitas ocasións estas palabras non sempre teñen detrás sequera
unha idea; de forma que a miúdo é complicado saber de que se está falando cando se fala
de sustentabilidade. Por iso, primeiro de nada parece conveniente deterse na propia defini-
ción, buscando cando menos unha posible aproximación ao concepto nela implícito.
A Comisión Brundtland definiu o desenvolvemento sustentable como aquel capaz de
satisfacer as necesidades da xeración presente, pero sen comprometer a capacidade das xeracións
futuras para satisfacer as súas propias necesidades (‘O noso Foro Común’, 1989). E o certo é
que en si mesma non é unha verdadeira definición, senón máis ben unha declaración de
intencións, de forma que a vaguidade a caracteriza: ¿cales son as necesidades que sería pre-
ciso satisfacer? ¿de que grao de satisfacción falamos? ¿cantas xeracións futuras e de que
dimensións? ¿que cabería entender por desenvolvemento? etc.; son preguntas sen respos-
ta explícita que se poden suscitar deseguida. En realidade posiblemente esta vaguidade
poida explicar o seu éxito como cita, porque permite que poida ser usada indistintamente
por partidarios e adversarios do crecemento económico.
En calquera caso, a propia definición de desenvolvemento sustentable parece encerrar
ou conter tres conceptos fundamentais: o de necesidades o de limitacións e o de futuro:
1. O de necesidades, porque así se manifesta explicitamente na propia definición; e neste
sentido evolucionar cara a un desenvolvemento sustentable tería necesariamente que supoñer
52 Achegamento a algúns principios do desenvolvemento sustentable

intentar satisfacer as necesidades básicas de todos, e xa que logo en particular as necesidades


esenciais dos que actualmente non as teñen cubertas, que aínda son maioría en moitas zonas
do planeta. E esta cobertura de necesidades que poida estender e incrementar o benestar a
todos os habitantes do planeta, parece levar consigo a aceptación dalgúns principios:
Por exemplo o principio de responsabilidade e racionalidade no consumo de recursos, que
implica a conseguinte modificación de hábitos de consumo absolutamente insustentables
das sociedades avanzadas. Del tamén se deriva a necesaria evolución cara modelos e polí-
ticas de auténtico desenvolvemento que busquen transformar o exclusivo benestar mate-
rial en auténtica calidade de vida, dotándoa das correspondentes dimensións sociais, éti-
cas, culturais e espirituais.
E sobre todo o principio de equidade para que poidan saír da pobreza e alcanzar benes-
tar e desenvolvemento aqueles que agora non o teñen. Equidade, tanto intraxeracional: os
beneficios, as oportunidades e en xeral a cobertura de necesidades hanse de compartir
equitativamente entre todos os pobos e persoas; como interxeracional, xa que esta conse-
cución se ha de garantir non só para o presente senón así mesmo para xeracións futuras.
2. O de limitacións, porque esa satisfacción de necesidades para as xeracións actuais e
futuras está condicionada polos límites impostos pola propia biosfera. Límites establecidos
polos recursos naturais existentes, e aínda dunha forma máis importante pola capacidade
de asimilación de residuos, que é probablemente o ámbito onde se xeraron a maioría e
máis graves problemas ambientais coñecidos.
De feito, e en canto a este concepto de limitación, esencial en calquera formulación
de sustentabilidade, existen hoxe en día diferentes interpretacións, que fundamental-
mente se poderían concretar nas dúas seguintes: a que deriva os seus argumentos e prin-
cipios basicamente da ecoloxía, e a que os deriva basicamente da economía. A primeira
parte da existencia dunha limitación física inescusable, marcada por unha biosfera fini-
ta (tanto en recursos, como en canto á asimilación de residuos), que condiciona tamén
a existencia de límites claros ao crecemento económico continuado, que nunca podería
exceder esas limitacións ecolóxicas. Pola súa banda, a posición economicista suscita as
posibilidades de substitución que crea a propia economía xunto co progreso tecnolóxi-
co, que podería permitir superar os límites naturais; obviando xa que logo calquera posi-
bilidade de freo á expansión económica.
De todos os xeitos, a existencia de límites medioambientais parece que dificilmente
pode poñerse en dúbida desde a óptica que representa a crise ambiental actual. De feito
hoxe o coñecemento científico permite establecer con bastante aproximación cales son
estes, de forma que o problema non está en que non os coñezamos, senón que, coñe-
céndoos, os excedemos. Esta situación colócanos baixo dun modelo que se caracteriza
pola súa evidente insustentabilidade.
A existencia deses límites, que se pode observar na degradación de determinados sistemas
sustentadores da vida, como a atmosfera, o chan, a auga ou a perda de diversidade biolóxi-
ca, debe estar presente no deseño das políticas do século XXI co obxectivo de reducirmos a
insustentabilidade actual. A aceptación da existencia de límites medioambientais, e dos topes
que estes impoñen ás actividades humanas, supón tamén a aceptación de varios principios:
❙ Como o principio de eficiencia, cuxa aplicación resulta especialmente importante nos
sistemas de produción, mediante a urxente orientación da tecnoloxía cara a unha efi-
ciencia específica para a sustentabilidade, e non soamente en producir máis como
xenericamente se ten feito ata agora. O significado da eficiencia ao servizo da sus-
tentabilidade poderíase resumir no seguinte lema: producir máis con menos (usan-
do menos recursos e xerando menos contaminación).

274
Territorio, patrimonio e desenvolvemento

❙ Outro principio que ten que ver cos límites é o indispensable principio de suficiencia,
que dirixe a súa mirada sobre todo ao cidadán e as súas necesidades e a organiza-
ción da sociedade, suscitando o sentido dos límites e xa que logo a necesidade de
complementar eficiencia con suficiencia: pouco se solucionaría facendo coches coa
metade de recursos, que consuman e que contaminen a metade (eficiencia), se mul-
tiplicamos sucesivamente o parque automobilístico.
❙ Ou en última instancia o principio de compensación, que se fundamenta nun necesario
e drástico axuste das cargas fiscais en función da incidencia dos proxectos e procesos
sobre o medio ambiente e a sostibilidade en xeral. Este principio podemos entendelo
como aquel no que ‘quen máis recursos consuma e máis contamine máis terá que
pagar; e, sobre todo, quen menos o faga máis deberá de gañar fiscalmente’. En todo
caso, é necesario facer mención a que a transformación do dano, do deterioro ambien-
tal en carga fiscal non garante, por si só, a corrección dos problemas ambientais.
3. E o de futuro, porque a cobertura de necesidades das xeracións actuais non pode com-
prometer a capacidade das xeracións futuras de cubrir as súas propias necesidades. E aínda
que é certo que a este respecto se poderían suscitar reflexións relevantes como que ambas xera-
cións non van participar de mercados idénticos, nin dos mesmos coñecementos e avances tec-
nolóxicos, nin sequera de valores ou patróns necesariamente similares, e polo tanto non pode-
mos enfocar o futuro cos ollos do presente; con todo, desde un punto de vista pragmático, a
cuestión poderíase resumir finalmente nunha idea simple: o desenvolvemento poderá ser máis
compatible con sostibilidade se as xeracións futuras herdan un medio similar ou mellor que o
que recibiron as xeracións presentes. E o modelo de desenvolvemento que supón esta idea
parece implicar tamén a aceptación polo menos de tres principios importantes:
❙ O principio de precaución, que propugna unha visión e unhas formulacións preventi-
vas que supoñen valorar as consecuencias e anticiparse aos problemas, buscando en
definitiva xestionar o futuro en lugar de xestionar as crises como moitas veces face-
mos actualmente.
❙ O principio de participación de todos os compoñentes da sociedade nos mecanismos
de toma de decisións; resultando neste sentido fundamental a máxima participación
e consenso para decidir os usos do medio que afectarán ao futuro.
❙ E o xa citado principio de equidade, neste caso entre as xeracións actuais e futuras.
Deste xeito, a evolución ou transición cara a un novo modelo sustentable, que poida ofre-
cer garantías de compatibilizar adecuadamente a cobertura de necesidades coas limitacións
ecolóxicas, suscita a necesidade de profundos cambios estruturais no modelo actual, que
supoñen e requiren así mesmo cambios fundamentais nos valores, nas formas de pensamen-
to e nas actuacións, dentro do entramado social que sostén e soporta devandito modelo.
A recuperación e posta en valor do patrimonio inmaterial que atesouramos as culturas
máis ancestrais, como a nosa, tan cargado de valores ambientais, de valores cooperativos e
outros, ha de xogar un papel significativo á hora de avanzar na senda da sustentabilidade.
Así, e desde a certeza de que a natureza da crise social e ambiental existente se enmar-
ca en gran medida nas relacións entre modos de desenvolvemento vixentes e o medio
ambiente, calquera proposta dun modelo alternativo, como é a do desenvolvemento sus-
tentable, ten que suscitar e asumir a necesidade non só dun cambio xenérico nas relacións
entre modelo social e medio ambiente, senón especificamente nas relacións entre os pro-
pios individuos e destes co medio.
En síntese, a sostibilidade require un equilibrio dinámico entre moitos factores. O que
se busca é un modelo de desenvolvemento compatible co medio ambiente, que permita

275
52 Achegamento a algúns principios do desenvolvemento sustentable

alcanzar a todos os seres humanos a verdadeira condición humana. E isto só poderá lograr-
se como resultado dun proceso de cambio gradual, que permita ás sociedades, especial-
mente ás menos avanzadas, mellorar as súas condicións de vida e ambientais, mellorando
as súas capacidades científicas, tecnolóxicas, organizativas e económicas; e dentro dun sis-
tema de valores distinto compatible coas condicións de todo tipo que lle son propias.
Isto quere dicir, en definitiva, que un verdadeiro desenvolvemento sustentable non é des-
de logo compatible co deterioro do medio ambiente; pero tampouco coa pobreza e a fame,
nin coa carencia de dereitos humanos, de paz e liberdade; nin coa ignorancia ou a discrimi-
nación de calquera tipo, nin cos conflitos ou as guerras. Non se trata tampouco dun asunto
meramente económico, científico, tecnolóxico, ou de lexislación; senón que demanda cues-
tións conxuntas e globais que impliquen verdadeiros cambios nos modelos e formas de vida
imperantes, e nese sentido require do apoio e participación de todos os grupos sociais, eco-
nómicos e políticos da sociedade, e de todos os cidadáns comprometidos nesa liña.
E, precisamente por iso, a educación ambiental atópase no centro de todo este compli-
cado panorama, e considérase un dos medios fundamentais para fomentar a conciencia e
sobre todo a capacitación cidadá, que axuden a promover e executar as necesarias accións
sociais, económicas, científicas, técnicas e de valores, que poidan significar a transición
cara a un desenvolvemento realmente sustentable. Nese proceso, como diciamos, o noso
patrimonio inmaterial debe ser un elemento presente e activo.

276
53

A cultura da auga: balnearios e mares interiores


na comarca do Ribeiro

Rosario Álvarez Cao; Arturo Revilla Bonnin

Introdución
Dando un paseo ao longo dos tempos descubrimos o papel destacado que a auga tivo
no decorrer da historia. Nas civilizacións máis remotas existiron mitos relacionados coa
auga; fontes, ríos, lagos ou estanques estaban en posesión dunha divindade ou dunha gran-
de variedade de xenios acuáticos. A mitoloxía está chea de exemplos nos que a auga cura,
embelece, crea, limpa e purifica.
Gregos e romanos coñecían e aproveitaban as virtudes terapéuticas das augas a través
das fontes e da súa afección aos baños. Esas augas curativas considerábanse unha expre-
sión do poder sobrenatural dos deuses e os lugares nos que elas se atopaban chegaban a
ser centros de culto, as máis das veces, de grandiosidade arquitectónica.
Río Avia ao seu paso por A auga era un don dos deuses que nun diálogo íntimo co home deu orixe a moitas
Leiro.
Fotografía de J. Salgado. manifestacións tradicionais. En estado sólido, líquido ou gasoso é un elemento esencial da
vida, relacionado coa saúde e a fertilidade e tamén co mundo funerario sendo, nalgunhas
culturas, o elemento que permite o tránsito ao máis alá.
En Galicia hai unha tradición prerromana de adoración das fontes e mananciais que
continuou ata os nosos días aínda que perdeu ese carácter místico-relixioso en favor das
súas virtudes terapéuticas. Pero a auga segue sendo un tesouro, un recurso natural de pri-
meira orde para contribuír ao desenvolvemento dun territorio, inserto na tradición, na cul-
tura popular, nas formas de vida, na sociedade en suma: ir buscar auga á fonte, lavar ao
lavadeiro, regar aos prados e ás terras, moer aos muíños movidos pola súa forza motriz, ir
tomar as augas…, son actividades habituais na nosa cultura. Foi, desde os inicios dos tem-
pos, un medio de produción que desenvolveu unha arquitectura específica (muíños,
batáns, ferrerías…) e con múltiples vertentes desde o punto de vista etnográfico (folclore,
toponimia, organización social…). Pero foi tamén un elemento de socialización que favo-
recía o encontro social e o xurdir de novas relacións sociais.
As fontes con propiedades minero-medicinais deron pé, nos séculos XVII e XVIII, ao
nacemento de balnearios, cuxa orixe atopámola nos baños romanos. O balneario era un
espazo de curación, tanto física como espiritual, de intensa vida social, que trocaba a vida
cotiá do contorno no que estaba –xeralmente ligada á actividade agraria–, e permitía un cer-
to progreso dese espazo respecto ao medio rural circundante. A poboación dese contorno
53 A cultura da auga: balnearios e mares interiores na comarca do Ribeiro

pasaba da actividade agrícola-gandeira habitual


a adicarse, nos meses do estío, ao traballo no
balneario, ao servizo dos clientes e visitantes.
No século XIX é cando a actividade balnea-
ria adquire maior relevo, e o ritual termal, que
se inicia coa viaxe, favorece que bosques, par-
ques e xardíns do contorno das instalacións
balnearias se revaloricen e se enchan dun certo
aire cosmopolita e intelectual.
A Carta Europea da Auga recoñece tamén o
seu valor estratéxico e sinala que “non hai vida
sen auga. Ela é un estimado ben, indispensable
para tódalas actividades humanas”.
“A auga é sabia e sabe onde nacer” di o
refrán e certamente parece ser así porque os
lugares onde mana acostuman amosar unha
beleza singular.
A auga como recurso achéganos a unha mellor calidade de vida: no económico, no Vista de Ribadavia.
aspecto social, no ámbito sanitario, no tempo de lecer e de ocio. É necesario recoñecer os Fotografía de J. Salgado.

valores sociais, culturais e de identidade que significan fontes, ríos, lagos e zonas húmidas
e, baixo criterios de sostibilidade, manter e potenciar eses valores que forman parte do
noso patrimonio material e inmaterial.
No marco do proxecto Cantata, INTERREG III B Espazo Atlántico, estamos a traballar
por definir produtos turísticos “xenuínos” nas comarcas do Eume, A Ulloa e O Ribeiro.
Imos achegarnos a esta última comarca, a do Ribeiro, para descubrir como a auga é un
recurso estratéxico que está xerando crecemento económico e desenvolvemento social des-
de os seus valores salutíferos, a través das fontes e balnearios e mediante as actividades de
ocio que permite realizar.
Nesta Galicia dos mil ríos, aínda que Ourense é a única provincia totalmente interior,
nas súas comarcas atópase unha gran variedade de fontes e balnearios, de ríos e mares inte-
riores –naturais e resultado da man do home–, que ademais da práctica de actividades
deportivas e de ocio, abastecen os nosos fogares grazas á produción hidroeléctrica, sendo
polo tanto elemento esencial no benestar individual e social.

O Ribeiro, un mundo de auga e viño


A comarca do Ribeiro atópase no extremo occidental da provincia de Ourense e com-
prende dez concellos: A Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño,
Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia –verdadeiro centro histórico da comarca–. A
súa morfoloxía é moi variada, e vai dende os penedos das alturas de Avión, nas serras do
Suído e Faro de Avión ata os fértiles vales do río Miño e dos seus afluentes Arnoia e Avia,
configurando paisaxes moi compartimentadas e de gran beleza. Estes ríos forman unha
tipoloxía paisaxística moi característica: os “ribeiros”, que dan nome á comarca. Por outra
parte, as especiais características xeolóxicas outorgan a esta comarca unha peculiaridade,
que é o fenómeno do termalismo, coñecido xa na época romana e empregado asiduamen-
te pola poboación ao longo da historia.
Esta comarca é unha das mellor definidas de Galicia pola súa longa historia, pola súa
relación co mundo da auga e polo cultivo da vide, moi relacionado co río Miño. Nas súas

278
Territorio, patrimonio e desenvolvemento

ribeiras e na dos seus ríos tributarios concéntrase este cultivo, que marcou ao longo do
tempo o seu carácter e ten marcado moi claramente a súa paisaxe, moi humanizada e trans-
formada polo cultivo da vide, que tivo que adaptarse aos vales dos ríos –os socalcos. Tamén
o clima fai a súa contribución, pois proporciona temperaturas suaves e a humidade preci-
sa para este cultivo milenario.
Auga corrente –ríos e encoros–, auga termal –balnearios e fontes– e viño son os princi-
pais elementos configuradores da rica e longa historia do Ribeiro.

A historia da comarca
A comarca do Ribeiro faise presente na historia moi cedo, non faltando referencias mis-
teriosas á fundación de Ribadavia, presentes na primeira historiografía, que atribúe diver-
sas orixes –gregos, cartaxineses e mesmo fenicios– á toponimia e aos nomes dos ríos. Non
hai dúbida de que estamos ante un territorio poboado dende moi antigo, feito corrobora-
do polos achados arqueolóxicos. Xa o xeógrafo romano Estrabón fala de que estas terras
eran moi activas na época romana, e que tiñan interese económico para a metrópole.
Máis tarde, nos séculos IX e X, na época da repoboación de Galicia, aparecen as pri-
meiras referencias documentais acerca das terras do Avia e do Miño e do seu viño. Tamén
se fala destas terras como a “Castela de Ourense”, a causa das numerosas fortificacións que
se localizaban na comarca. O interese amosado polas ordes relixiosas –xa dende a primei-
ra Idade Media– por instalar mosteiros nestas terras –San Clodio, Melón, o Convento de
Santo Domingo, etc.– fala tamén da importancia estratéxica e económica do Ribeiro.
No século XI O Ribeiro adquire importancia porque o rei Afonso IX outorgou un pri-
vilexio polo que Ribadavia se convertía en Vila Regis. Máis tarde, en 1065, o rei García I de
Galicia elixe a Ribadavia como capital do seu reino. O tempo que transcorre entre os sécu-
Muralla de Ribadavia. los X e XVI é moi movido polas continuas loitas e a acumulación de poder e terras da
Fotografía de J. Salgado.
nobreza galega, ordes militares e os relixiosos. Os restos da fortaleza dos Sarmiento, en
Ribadavia, son testemuño do feudalismo na comarca, que de-
tentaba poder e privilexios.
Cómpre destacar o mosteiro de San Clodio, beneditino no
principio, cisterciense despois e beneditino outra vez ao final;
fundado a principios do século X e mantivo a súa importancia
ata o ano 1779. A súa contribución á comarca foi o impulso ao
cultivo da vide, que transformou o tecido social e ata a paisaxe
do Ribeiro. O viño adquiriu importancia comercial a finais da
Idade Media coa apertura de fronteiras, que permitiu o comer-
cio internacional e que iniciou unha etapa de florecemento eco-
nómico para o Ribeiro. Nesta época de prosperidade foi cando
se asentou en Ribadavia unha importante colonia xudía, da que
na actualidade se conserva o chamado “Barrio Xudeu”.
A partir do século XVII iniciouse un paulatino declive des-
tas terras ao entrar en competencia o viño do Ribeiro cos viños
portugueses e do resto de España, e isto a pesar de que aumen-
tou moito o cultivo da vide, o que favoreceu, nun primeiro
momento, un forte aumento da poboación, feito que non fixo
senón aumentar a presión sobre a terra e que, en épocas de
malas ou escasas colleitas, se deran na comarca situacións de
fame e miseria.

279
53 A cultura da auga: balnearios e mares interiores na comarca do Ribeiro

Os séculos seguintes transcorren ligados ás


vicisitudes do cultivo da vide e á elaboración
do viño, e non hai máis feitos dignos de men-
ción que a Guerra da Independencia, que casti-
gou varias veces a comarca. No século XIX
constituíronse os novos concellos, e a comarca
sufriu unha reorganización territorial, á custa
das xurisdicións dos mosteiros, especialmente
o de San Clodio.

O termalismo
O termalismo está relacionado dende as
súas orixes coa saúde. O descubrimento das
virtudes medicinais das augas minerais dátase
no século V (a. C.) e destaca a contribución dos
romanos, que difundiron por todo o mundo
coñecido o uso social deste tipo de augas. Ante a demostrada eficacia das augas con fins Balneario de Laias.
curativas, as xeracións posteriores non só asumiron a crenza nas mesmas, senón que segui- Fotografías de S. A.
Desenvolvemento Comarcal de
ron investigando neste campo coa fin de determinar a causa-efecto das augas minerais, así Galicia.
como outros métodos de aplicación, á parte dos tradicionalmente empregados na época.
Na actualidade este fenómeno mestúrase tamén co turismo e co desenvolvemento
endóxeno dos territorios onde aparece. O turismo de saúde ofrece unha alternativa ao con-
cepto tradicional de turismo ao conxugar o seu carácter de centro de saúde coas posibili-
dades turísticas e de lecer que presentan os contornos naturais nos que se enclavan.
A procedencia das augas minerais e termais é, na gran maioría dos casos, meteórica.
Este mesmo proceso dáse en ocasións a maior profundidade grazas a fracturas de gran
desenvolvemento vertical, o que ocasiona un progresivo quentamento da auga debido ao
gradiente xeotérmico, o calor xerado polas propias tensións da fractura ou a procesos de
desintegración radioactiva de minerais presentes nas rochas graníticas polas que circula.
Nestes casos os mecanismos de afloramento son os constituídos pola carga hidrostática do
circuíto ou pola presión de vapor acadada, dando lugar desde xeito a mananciais de augas
termais. A temperatura de afloramento destes mananciais depende da profundidade á que
circula a auga, da temperatura máxima acadada no almacén subterráneo, da velocidade de
ascenso e das posibles mesturas con augas superficiais nos últimos tramos do circuíto, o
que incide directamente no seu arrefriamento. As profundidades e as temperaturas medias
de almacéns relacionados coas augas termais galegas son da orde de 2.500 m e 100ºC res-
pectivamente. En canto á tipoloxía e composición química das augas minerais, dependen
en gran medida da composición da auga que se infiltra, da natureza dos terreos polos que
discorre e dos procesos bioquímicos da zona non saturada e, finalmente, do tipo de mine-
rais das rochas que están en contacto coa auga que as atravesa. Debido a estes condiciona-
mentos e á diversidade do substrato xeolóxico de Galicia, as augas minerais teñen unha
importante variedade de sales minerais disoltas.
O emprego das augas termais en Galicia remóntase polo menos á época romana, como
o demostran os achados arqueolóxicos de Lugo, Caldas de Reis, etc., xerándose unha arrai-
gada tradición hidrotermal na poboación galega, que fai que este recurso siga a empregar-
se de moitos xeitos. Efectivamente, a auga é, seguramente, o medio de tratamento máis
antigo. A orixe da cura balnearia confúndese cos tempos remotos da orixe da medicina,

280
Territorio, patrimonio e desenvolvemento

que nos seus principios empregou medios físicos, e entre eles, a


auga. Tras un longo período de decadencia, o emprego deste
tipo de augas mineromedicinais foi rexurdindo paulatinamente.
Nos últimos tempos o concepto de augas minerais sufriu pro-
fundos cambios, feito ao que ten contribuído o seu significativo
aumento de produción, aplicación e consumo. Actualmente, as
augas minerais son explotadas por sociedades ou por particula-
res, e tamén por asociacións veciñais ou concellos, pero a maior
significación económica provén do ámbito das augas minerais
envasadas e polos balnearios, responsables estes últimos da
espectacular modernización recente do sector.
Mención á parte merece o gran número de fontes e mananciais
de uso tradicional espalladas por toda Galicia, que a pesar de non
teren infraestruturas de aproveitamento e non sendo explotadas
con fins económicas, son empregadas polos veciños das poboa-
cións circundantes.

Detalle da Vila Termal da Balnearios e mananciais na comarca do Ribeiro


Arnoia.
Fotografías de S. A.
Desenvolvemento Comarcal de
Sen lugar a dúbidas, a comarca do Ribeiro constitúe, xunto coas veciñas comarcas de
Galicia. Ourense e O Carballiño, un dos paraísos do termalismo en Galicia. O Ribeiro conta con cin-
co balnearios activos, aos que se suman outras fontes e mananciais empregados tradicio-
nalmente pola poboación. Estes balnearios son un dos motores da economía da comarca,
poñendo en valor os recursos naturais desde un prisma de respecto ao medio ambiente.

Vila Termal da Arnoia


O actual balneario, inaugurado en 1995, localízase na marxe esquerda do río Miño, pre-
to das localidades de Reza e San Mauro. As súas augas saen a 22ºC sendo indicadas para
estrés, afeccións dermatolóxicas e respiratorias, reumatismos, procesos posquirúrxicos e
postraumáticos.

Balneario de Berán. (Leiro)


O balneario de Berán, na parroquia do mesmo nome, consta dunha pequena casa de
baños e unha piscina termal con augas a 28ºC e de forte forte cheiro a sulfhídrico.
As primeiras referencias históricas aparecen no ano 1619. Hoxe está próximo a entrar
en funcionamento un novo balneario, nun moderno edificio situado a carón do vello.

Vila Termal de Laias (Cenlle)


O emprego das augas termais deste balneario data da época romana, como o demostran
os vestixios duns baños romanos, con inscricións latinas que fan referencia a Aquae Leae e
continuou na Idade Media e chega ata a actualidade. Ao longo do século XIX construíron-
se varios pilóns de pedra sobre as antigas termas romanas. O balneario primitivo atópase
hoxe medio asolagado polas augas do encoro de Castrelo de Miño. As actuais instalacións
empregan o mesmo manancial. O balneario de Laias, situado en Santa Olaia de Laias con-
siste nun moderno establecemento, inaugurado no ano 2001 e dotado dun gran número de
programas e actividades, posúe unhas augas bicarbonatadas sódicas, alcalinas e hiperter-
mais, que saen a 51ºC, indicadas para afeccións respiratorias, gástricas e reumatolóxicas.

281
53 A cultura da auga: balnearios e mares interiores na comarca do Ribeiro

Balneario de Cortegada (Cortegada)


Non se coñece a data do descubrimento do manancial, pero
pénsase que a súa orixe é moi remota. As augas termais de
Cortegada xorden en tres fontes principais: chamadas Baños da
Pedra, do Campo e do Monte, que contaban con pilóns ao aire
libre e con algunhas casetas de madeira, que se montaban ao ini-
cio da temporada de baños.
A pesar de ter estas augas grande sona en toda Galicia, des-
taca a precariedade das súas instalacións a causa da proximida-
de do río Miño, que coas súas crecidas estragaba as infraestru-
turas, e pola falla de recursos. A construción do encoro de
Frieira fixo que o antigo edificio e os mananciais quedaran bai-
xo das augas. O balneario de Cortegada sitúase na marxe esquer-
da do río Miño; foi restaurado recentemente e posto de novo en
actividade. As súas augas xorden a 26ºC.
Os Baños do Monte están nunha pequena casa de baños, con
auga procedente dun manancial que mana de catro fontes con
temperaturas de 16ºC; son oligometálicas, cluoruradas, bicarbonatadas sódicas e cálcicas, Encoro de Albarellos.

sulfatadas e ferruxinosas.

Termas de Prexigueiro (Melón)


Os Baños de Prexigueiro estiveron inactivos bastantes anos, pero a súa recente moder-
nización permitiu de novo a entrada en funcionamento deste tradicional establecemento
termal. Os baños están na beira do río Cerves, de cuxo leito xorden as augas, hipertermais,
de natureza sulfurosa, bicarbonatadas sódicas e de boas propiedades terapéuticas.

Castrelo de Miño
Do antigo balneario, empregado xa en época da dominación romana, non queda nin-
gún vestixio, ao ser toda a zona asolagada polo encoro de Castrelo de Miño.
Na actualidade, o tradicional costume de “ir tomar as augas” mantense na nosa socie-
dade aínda que a renovación das instalacións balnearias permitiu abrir estas a un turismo
de saúde, de descanso e de ocio. As augas termais están presentes na oferta que a comar-
ca do Ribeiro achega aos visitantes e aos propios do lugar. Un aspecto importante aínda
pendente de resolución na actividade balnearia é a forte estacionalidade que acusa, agás no
caso dos grandes complexos (Vilas Termais de Arnoia e Laias).

Os ríos e os mares interiores


A comarca do Ribeiro está fortemente vencellada ao río Miño e a un dos seus principais
tributarios, o Avia, que dá nome a Ribadavia (Ribeira do Avia), centro histórico da comar-
ca e antiga capital de Galicia (S.XI). A hidrografía da comarca está actualmente moi condi-
cionada pola existencia de tres encoros: Albarellos no río Avia, e os encoros de Castrelo de
Miño e da Frieira, ámbolos dous no Miño.
O encoro de Castrelo é de 1960 e o da Frieira entrou en funcionamento en 1970. O
aproveitamento de ámbolos dous encoros é hidroeléctrico e constitúen tamén un espazo
de lecer. Pola súa parte, o río Avia está represado en Boborás, na veciña comarca do

282
Territorio, patrimonio e desenvolvemento

Carballiño, no encoro de Albarellos, inaugurado en 1972. Estes encoros son mares inte-
riores que permiten a realización de actividades turísticas e de ocio. O Club Náutico Cas-
trelo de Miño oferta unha ampla variedade de actividades de deporte náutico: vela, remo,
piragüismo, windsurf, caiac, pedaleta. Así mesmo, desenvólvese no encoro de Castrelo de
Miño un notable programa de competicións náuticas, que abarca regatas nacionais, trofe-
os e campionatos galegos.
O río Miño achéganos a unha paisaxe de augas e permítenos ir descubrindo as entra-
ñas desta comarca, a súa razón básica, xeoloxía, hidrografía..., a súa natureza telúrica. O
río Miño entra na comarca en Barbantes (Cenlle), xa encorado na presa de Castrelo, e sae
desta á altura da desembocadura do río Deva, onde se inicia o encoro da Frieira. Recibe
numerosos regueiros no seu percorrido destacando, pola marxe esquerda, o Arnoia á altu-
ra do concello do mesmo nome. O río Arnoia nace na serra de San Mamede e percorre as
terras da veciña comarca de Celanova; o seu tramo final, que é o tramo do Ribeiro, é de
forte pendente a causa do importante desnivel que ten que salvar dende a superficie apla-
nada de Celanova ata o curso do Miño.
Pero é sen dúbida a marxe dereita do Miño, co río Avia drenando a súa superficie, moi-
to máis interesante dende o punto de vista hidrográfico. O Avia nace en Fonte Avia, na
Serra do Suído a uns 1.000 m. de altitude, no concello de Avión. Recolle as augas de
diversos regos para verter no encoro de Albarellos. Augas abaixo do encoro recibe un
importante afluente, o Arenteiro, e entra plenamente na comarca, ata desembocar no
Miño en Ribadavia. Posteriormente, o Miño recibe o Brul e o Cerves, procedentes das
ladeiras orientais do Faro de Avión. No río Cerves existen numerosas cachoeiras ou fer-
venzas, entre as que destacan as de Melón e as de Tourón, orixinadas pola erosión dife-
rencial dos materiais que vai cortando o río –xistos e granitos. Nesta zona, o Miño está
fortemente encaixado, sendo nas zonas de substrato granítico, por ser rochas máis duras,
onde o val se encaixa e afonda, entre Castrelo e Ribadavia, abrindo o seu val nas zonas
metasedimentarias de tipo xistoso (concello de Castrelo de Miño). Por outra parte, a for-
te tectónica á que se viu sometida toda a área produto da existencia de fallas de dirección
NE/SW e NNW/SSW tivo como resultados unha serie de foxas tectónicas, con diversos
bloques levantados e outros afundidos, dando unha estrutura xeolóxica de enorme com-
plexidade. O río Miño aproveita parte destas fracturas para acomodar a súa conca.
Outra característica xeomorfolóxica é a presenza de depósitos aluviais e de terrazas
fluviais a diferentes alturas, terreos importantes na produción agrícola, fundamental-
mente vitícola da comarca. Os depósitos aluviais aparecen nas canles dos principais
ríos, destacando na actualidade os do río Avia, dende Beade ata Leiro, dando lugar a
unha pequena veiga aluvial. A extensión deste tipo de depósitos foi moi superior á
actual, pero a construción dos diversos encoros provocou o seu asolagamento. En can-
to ás terrazas fluviais localízanse no val do río Miño, na vertente de Cenlle e en
Castrelo, e no val do Avia, na zona de Beade.
Como se pode apreciar ao longo deste artigo, a auga é un elemento identificativo da
comarca do Ribeiro. Un recurso natural totalmente imbricado na vida da comarca, augas
quedas e tranquilas e augas que corren, brincadeiras, augas que dan saúde, augas que dan
vida e que abren camiños á diversificación da economía comarcal e inciden na calidade de
vida e benestar da poboación que vive e visita este territorio.
“As augas encerran tódolos remedios, lavan os pecados e curan a enfermidade, van
cheas de vida ó home que reclama os seus socorros vixiando a súa casa e benestar”
Libro de Hiranyakecin

283
53 A cultura da auga: balnearios e mares interiores na comarca do Ribeiro

Bibliografía
AA.VV. Plan de Desenvolvemento Comarcal do Ribeiro. 1995. Xunta de Galicia,
DE JUANA, J. (Dir.). O Ribeiro (a terra que regou o viño). Ir Indo Eds. Vigo, 1993.
LUIS RODRIGUEZ MÍGUEZ: Ourense Termal. Alva Gráfica Edcs.2001.
MAITE SUÁREZ SANTOS: “Auga Fonte de Saúde” en Natureza Galega, rev. bimestral.
1994.
MARIA A. LEBOREIRO: A vida nos balnearios de Galicia. Ir Indo Edcs.1996.
CONSELLO DA CULTURA GALEGA: “As augas de Galicia”. Ponencia de Patrimonio natu-
ral. 1996.

284
54

A cultura enerxética en Galicia.


Cara ao turismo industrial na comarca do Eume

Rosario Álvarez Cao; Arturo Revilla Bonnin

O recurso enerxético é susceptible de ser aproveitado para o feito turístico; é un recurso


propio, vencellado á cultura galega e que tenta ser posto en valor a través de iniciativas espe-
cíficas e do proxecto Cantata, INTERREG III B Espazo Atlántico, integrándoo na oferta
comarcal de produtos turísticos. Non se trata só dunha arquitectura específica senón que, en
torno á enerxía, aproveitada para distintas utilidades, xira todo un mundo de tradicións cul-
turais, de costumes e de modos de vida, que hoxe manteñen un carácter testemuñal pero que
están nas raíces do noso pobo e que non deben esquecerse na memoria. Este “mundo” cons-
titúe, sen dúbida, un elemento de interese no proceso de desenvolvemento do territorio.
O home, o longo da súa historia, ten precisado sempre da enerxía para a súa subsis-
tencia. Ao principio era un simple lume para cociñar os alimentos e quentarse. Máis tarde,
utilizou a tracción animal para o transporte, e a auga e o vento, que se empregaban na
Parque eólico.
Fotografías de S. A. obtención de enerxía que abondaba para a industria do momento. Non será ata o inicio da
Desenvolvemento Comarcal de Revolución Industrial cando se inicie o uso dos combustíbeis fósiles, como o carbón nun-
Galicia.
ha primeira fase, e o petróleo máis tarde. É dicir, a grandes trazos, o emprego da enerxía
polo home pode dividirse en dúas fases: a primeira vai dende os albores da historia ata a
Revolución Industrial, e caracterízase pola utilización de enerxías renovables (o sol, a auga
e o vento). A segunda fase vai dende a Revolución Industrial ata a actualidade, e está carac-
terizada polo emprego de combustibles non renovables, ademais do uso da enerxía elec-
trohidráulica. Desta segunda fase cómpre destacar que nas últimas décadas aumentou o
interese pola obtención de enerxías alternativas, interese que ten favorecido o desenvolve-
mento da enerxía eléctrica obtida a través das placas fotovoltaicas ou das turbinas eólicas.
En Galicia as dúas fases mencionadas están perfectamente representadas aínda que os
métodos tradicionais de obtención de enerxía persistiron ata datas ben recentes, en que
foron caendo en desuso a causa da progresiva xeneralización das fontes masivas de ener-
xía, nomeadamente a termoeléctrica e a electrohidráulica.
Galicia posúe moi boas condicións naturais para a obtención de enerxía a partir de
recursos naturais e renovábeis: a climatoloxía proporciona auga en abundancia e vento. En
efecto, a auga foi unha das principais fontes de enerxía ao longo da historia. Así, o mapa
hidrográfico de Galicia está cheo de muíños, principalmente nos pequenos ríos e regatos e
normalmente afastados das aldeas, que eran empregados basicamente para moer cereais,
aínda que tamén eran empregados en batáns e outras industrias. Estes muíños foron moi
54 A cultura enerxética en Galicia. Cara ao turismo industrial na comarca do Eume

importantes para a economía do país e incluso conformaron


parte da etnografía e do folclore dos últimos séculos.
Outro importante recurso proporciónao o mar, que coas súas
variacións periódicas de nivel facilita a instalación de muíños de
marés e aceas, moi presentes ao longo da costa galega –principal-
mente nos fondos das rías–, e que serviron tamén para moer o
gran e para a industria. Outro recurso natural é o vento, que foi
empregado e desenvolvido xa polas primeiras civilizacións. En
Galicia este recurso preséntase en forma de ventos abondo cons-
tantes e fortes, como é o caso do sector comprendido entre a
Estaca de Bares e Fisterra. Cómpre dicir que os muíños de vento
tiveron aquí menos importancia que noutros lugares a causa pre-
cisamente da abundancia de cursos de auga. Por esa mesma
razón, os muíños de vento situáronse en zonas de boas condi-
cións de vento e que sufrían secas periódicas no verán. Por iso, na
Galicia interior a súa presencia é practicamente testemuñal.
Muíños de auga nos ríos e regatos de toda Galicia, muíños
de marés nas rías e muíños de vento en diversos puntos da costa son as principais fontes Muíño de auga.
de enerxía tradicional de Galicia, elementos presentes aínda hoxe en día na paisaxe galega Fotografías de S. A.
Desenvolvemento Comarcal de
e que forman parte do patrimonio etnográfico galego. Os muíños –especialmente os muí- Galicia.
ños de auga–, ademais da función produtiva, tiveron na cultura galega unha función social
relevante; constituían un elemento de relacións entre veciños, homes e mulleres, mozos e
mozas, coñecidos e foráneos. Eran lugares e pretextos para a festa, para as relacións, para
mocear, para a cultura popular..., feitos que queda claramente resumidos nas lendas, con-
tos, cancións e nas numerosas cantigas que teñen como tema central o muíño:
Unha noite no muíño,
unha noite non é nada,
unha semaniña enteira,
iso si que é muiñada
Ou aquela outra de carácter amoroso que di:
Na porta daquel muíño
hai dúas pedras d’asento
unha é para namorar
e outra pra pasa-lo tempo
Nos anos centrais do pasado século iniciouse a construción de encoros e presas hidro-
eléctricas nos principais ríos, feito que fixo de Galicia un importante produtor de electri-
cidade. Un pouco máis tarde instaláronse –en Meirama e nas Pontes– dúas centrais térmi-
cas alimentadas por dous importantes xacementos de lignitos, que situaron a Galicia un
pouco máis arriba no ranking da produción de enerxía eléctrica, aínda que como factor en
contra teñen o consumo de recursos non renovábeis e a contaminación atmosférica que
producen ámbalas dúas centrais.
Nos últimos anos a enerxía eólica experimentou un espectacular desenvolvemento en
Galicia, sendo xa importante a súa produción eléctrica en termos porcentuais. Así, os princi-
pais cumios e serras galegas, tanto da costa como no interior, están poboados de modernos
muíños de vento. Estes muíños teñen ao seu favor a nula contaminación e o aproveitamento
de enerxía renovable, e, en contra, fálase do seu impacto visual, aínda que pola dispersión que
presentan os parques eólicos non teñen producido unha transformación severa da paisaxe.

286
Territorio, patrimonio e desenvolvemento

Cómpre tamén falar doutras formas de produción de enerxía,


aínda que a súa importancia é moito menor –normalmente, a súa
escala é a local–. Exemplos destas instalacións son as minicentrais
hidroeléctricas, as centrais de ciclo combinado e as de coxeración,
que aproveitan refugallos e residuos forestais na produción de
enerxía. Por outra parte, atópase en fase avanzada de investigación
a produción de biocombustibles, destinados principalmente á
automoción e o transporte e á produción de electricidade.
Na vila das Pontes de García Rodríguez (A Coruña) iniciouse,
en 1972, a construción dunha central térmica para aproveitar o
xacemento de lignito atopado nas proximidades, central que foi
inaugurada no ano 1976. O longo destes anos, a mina de lignito
foi chegando progresivamente o seu límite de rendibilidade –ade-
mais de que os niveis de contaminación que xeraba a queima de
lignito eran xa insostíbeis-– polo que a finais do século XX come-
zou a queimar carbón importado a través do porto de Ferrol, que
construíu un peirao especializado na descarga de grandes volumes
Muíños sobre un regato. de carbón. Por outra parte, esta cuestión ten contribuído –como factor colateral– a dotar o
Fotografías de S. A. concello das Pontes dunha boa accesibilidade. Esta central ten hoxe data de caducidade, e a
Desenvolvemento Comarcal de
Galicia. mina está xa fóra de servicio –existe un proxecto de converter o burato nun lago.
Desde a Asociación EuroEume, xestora do programa PRODER, elaborouse un Plan de
Desenvolvemento Turístico baseado na combinación do turismo rural e do turismo industrial,
dado o importante papel que a actividade industrial xoga nesta comarca; este último centrado
en visitas a empresas, arqueoloxía e patrimonio industrial e museos científicos e técnicos. A
enerxía é o fío condutor desta proposta. Neste contexto insírese o proxecto da Casa da Enerxía,
eixo dun parque temático da enerxía, da que o complexo mineiro-industrial das Pontes é un
compoñente básico. A Casa da Enerxía é un museo técnico e centro de interpretación para aco-
ller e introducir na realidade local os visitantes. O parque temático complétase con visitas a
empresas da zona e ao complexo mineiro-eléctrico das Pontes, así como a outros exemplos de
aparellos hidráulicos, forxas antigas, etc. integrados en Rutas da enerxía.
O proxecto Cantata, apoia este traballo e considera que a enerxía, e o contorno rela-
cionado, é un elemento vivo nesta comarca, ligado a súa historia e que constitúe, por si
mesmo e/ou en combinación con outros, un produto turístico xenuíno de grande atracti-
vo no mercado actual. Nas mans do empresariado comarcal e das organizacións comarcais
de desenvolvemento está o traballar e potenciar os recursos do seu territorio.

Bibliografía
ANDRÉS SAMPEDRO: “Tódolos muíños da Terra Galega”. Colección Etnografía Galega, T.II.
Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE). Eds. Cardeñoso, Vigo, 1990.
BEGOÑA BAS: Muíños de Marés e de Vento en Galicia. Fundación Pedro Barrié de la Maza.
A Coruña, 1991.
GESTENGA: As enerxías renovables e Galicia. 1991.
ASOCIACIÓN EUROEUME: Plan de Desarrollo Turístico del Eume. Parque temático de la Energía.

287
55

A cultura vitivinícola na comarca do Ribeiro.


A ruta das aldeas vitivinícolas medievais

Rosario Álvarez Cao; Luis Cohen Bossié; Arturo Revilla Bonnin;


Ana Suárez Samaniego

Os pobos do Mediterráneo comezaron a saír do barbarismo cando


aprenderon a cultivar o viño.
TUCÍDIDES s.V a.C.

O viño, ofrenda sagrada, herdado dos gregos foi globalizado polos romanos que o popu-
larizaron e expandiron co seu imperio, en ritos estritamente regulamentados. Este estreito
vínculo entre viño e relixión remóntase á noite dos tempos e sublímase no cristianismo, sen-
do a Igrexa a través dos mosteiros e conventos quen elevou o seu cultivo a nivel universal.
Unido tamén á adiviñación e á maxia, o cultivo dos viñedos imprime carácter nos pobos e
nas paisaxes. A solemnidade dos viñedos outonais, a súa serenidade chea de colorido,
impregna tamén os caldos resultantes. A lentitude do proceso, no silencio e na penumbra,
chega á súa plenitude no viño, enchendo os sentidos e o padal de sensacións.
O cultivo da vide, a viña, a elaboración do viño e os seus derivados, a súa promoción é
indubidable que teñen unha vocación social e unha dimensión cultural mesturada coa
ciencia, coa economía, coa literatura e tradición popular, co patrimonio. En moitas zonas
rurais a produción vitivinícola vertebra a sociedade e incide na súa calidade de vida. O viti-
cultor, o bodegueiro, as cooperativas vinícolas recollen unha tradición e, desde ese saber
facer tradicional, proxéctanse ao mundo e ábrense a el. Non é de estrañar porque desde a
antigüidade o viño foi un factor civilizador e cultural; considerado polos comerciantes feni-
cios tan valioso como o metal precioso, foi unha bebida digna de deuses que circulaba
entre os homes e que requiría un marco adecuado para ser degustado.
As faenas agrícolas ligadas ao cultivo dos viñedos e a produción de viño foron sempre
unha ocasión de compartir cos veciños: as vendimas, o traballo no lagar e nas adegas... non
se entenden sen o bulicio e a alegría da xente que participa nelas. Ademais dos numerosos
aparellos utilizados na produción vitivinícola, existe tamén unha arquitectura ligada ao
viño. Arquitectura, etnografía, costumes, folclore... constitúen unha riqueza e diversidade
patrimonial que merece ser coñecida e que pode aportar novos vieiros ao desenvolvemen-
to local partindo do seu coñecemento e valorización.

Nota: Agradecemos a colaboración na documentación sobre ruta de Antonio Amil, técnico en turismo do
Concello de Ribadavia.
55 A cultura vitivinícola na comarca do Ribeiro. A ruta das aldeas vitivinícolas medievais

Esta é a contribución que o proxecto Cantata, cofinanciado por INTERREG III B Espazo
Atlántico, espera lograr: crear un produto turístico singular e viable que promocione a cul-
tura do viño, no máis amplo sentido, como parte esencial da historia da comarca, reforce
o desenvolvemento económico do medio rural e valorice o patrimonio histórico-etnográ-
fico e a natureza.
O viño está tan presente en toda a historia do Ribeiro que até se pode dicir que é o ver-
dadeiro elemento conformador da mesma historia e da paisaxe ribeirá desta comarca
ourensá bañada polas augas do Miño, do Avia e do Arnoia. Os viñedos, nos vales ou en
socalcos nas ladeiras, impregnan de singularidade esta terra.
Se nun primeiro momento é a auga o factor de atracción, coas augas termais, descu-
bertas polos romanos, e a navegabilidade do Miño para a saída dos produtos das minas,
cedo será a dispoñibilidade de viño –en cantidade e calidade– o que faga que monxes –os
grandes impulsores do cultivo da vide en Galicia– e señores –grandes propietarios– se ins-
talen nestas terras. Esta conxunción de intensidade no cultivo da vide e o predominio dos
grandes propietarios da terra en detrimento dos pequenos fixo que a paisaxe cambiara moi
rapidamente, adquirindo unha forma semellante á disposición actual do territorio. Cómpre
recordar que a importancia do viño nestas datas vén dada da consideración de alimento
que tiña para a poboación xeral, mentres que para o clero era un elemento litúrxico.
Ademais, o viño era elemento fiscal, co que se pagaban as numerosas exaccións da época.
Incluso o viño formaba parte dos ingredientes empregados nas boticas.
Pola propia documentación monástica sabemos hoxe que a ocupación da vide foi inten-
sa xa no século XI e XII, e que xa se comerciaba co viño, o que indica que, unha vez paga-
dos foros, impostos, dereitos e portaxes, aínda quedaban excedentes para comerciar coas
principais vilas galegas e mesmo co estranxeiro, de xeito que no século XIV o viño, xunto co
peixe, era o principal produto galego de exportación. Así as cousas, compréndese a radical
importancia que ten o viño para o Ribeiro: social pola gran masa de asalariados que empre-
gaba, e económica polos rendementos que proporcionaba o seu comercio. Este último extre-
mo tiña a vantaxe –e o inconveniente, segundo os casos– de inserir plenamente o Ribeiro nos
circuítos comerciais, polo que as crises de prezos, as regulacións dos mercados ou unha sim-
ple sucesión de malas colleitas tiña graves repercusións en toda a poboación. Os xudeus asen-
tados en Ribadavia especializáronse no comercio do viño. Non menos perigoso era o ano de
abundancia para o colleiteiro; non podendo conserva-los viños máis aló do seguinte verán,
tiña que malvendelos aos arrieiros, perdendo así o froito do seu traballo.
A época de esplendor do Ribeiro chega ata as postrimerías do século XVII, cando a com-
petencia doutros viños amosa os perigos dunha excesiva especialización –neste caso, de ter
unha agricultura moi pouco diversificada-. Neste século iniciase un período de dificultades,
que aínda tardaron en superarse. Por outra parte, as fallas de innovacións e o atraso impe-
rante no que atinxe á elaboración do viño na comarca prolongou o período de decadencia
que sufriu o Ribeiro pola incapacidade de facer fronte á competencia dos viños doutras
rexións. Á crise recorrente engádese, a finais do século XIX, a aparición de pragas que trou-
xeron a necesidade de renovar tanto as prácticas do cultivo como as de vinificación, que per-
manecían case inalteradas dende a Idade Media. A filoxera, que apareceu no Ribeiro a prin-
cipios do século XX, supuxo a fin do predominio das castes autóctonas e a introdución dou-
tras variedades máis resistentes, como o palomino e a garnacha, distribución varietal que
permanece na actualidade. En 1957 a zona de produción obtivo a Denominación de Orixe
que hoxe abarca 13 concellos ourensáns do Ribeiro e da comarca do Carballiño.
Os traballos da viña ocupaban todo o ano, e só se daba unha pausa ao chegar o verán,
e retomábanse coa vendima, a finais de agosto ou setembro. O resto do ano pasábase en

290
Territorio, patrimonio e desenvolvemento

podas, bimas, estercados e rodrigados. A chegada das pragas complicou o cultivo da vide
coa aparición de novas técnicas como o enxofrado, o sulfatado, ou o esfollado das cepas,
que encarecía o cultivo, o ter que mercar produtos químicos ou pagar máis xornais. O
reemprazo de vides aproveitouse para introducir o aramado, ou ordenación dos pés tal
como se coñece hoxe, o que permitía un considerable aforro en xornais. Se os cambios no
cultivo foron moi rápidos, nas adegas non pasou o mesmo e seguíronse as técnicas antigas,
o que se reflectía na calidade do viño.
Só nos primeiros anos do século XX se introduciron innovacións no prensado da uva,
como a chegada da chamada prensa francesa, que homoxeneizaba a produción de mostos
e permitía controlar mellor a fermentación do viño. Tamén se coñeceu o fenómeno do
“matute”, viños foráneos e de peor calidade, que se vendían como viños do Ribeiro, feito
que causou grave dano –que se está reparando– á comarca polos abusos e irregularidades
cometidas tanto na elaboración como na comercialización dos viños.
Nos anos 60 do pasado século iniciouse o embotellado da man do cooperativismo, o
que permitiu un mellor control da calidade dos viños, que contaban xa cun Consello
Regulador que verificaba a calidade da materia prima. Nos últimos tempos, todo o sector
vitivinícola do Ribeiro, grandes cooperativas e pequenos colleiteiros, está coñecendo unha
importante renovación e modernización onde teñen cabida innovación e investigación,
recuperando variedades tradicionais. As adegas do Ribeiro adaptáronse á mudanza nos
gustos dos consumidores, producindo viños limpos e afroitados que pouco a pouco van
restituíndo a fama que tiña en séculos pretéritos e que constitúen, xunto con toda a cultu-
ra que os rodea, un atractivo turístico interesante.

Ruta das aldeas vitivinícolas medievais


A viticultura, que conta cunha tradición de séculos nestas terras, deixou entre outros
vestixios un número importante de aldeas que se remontan á Idade Media, caracterizadas
por unha especialización produtiva centrada no viño.
No marco do proxecto Cantata, que está a financiar a Iniciativa Comunitaria INTERREG
IIIB, Espazo Atlántico, trátase de valorizar este patrimonio arquitectónico, cultural e etno-
gráfico mediante a promoción dunha Ruta de Aldeas Vitivinícolas Medievais do Ribeiro que, na

291
55 A cultura vitivinícola na comarca do Ribeiro. A ruta das aldeas vitivinícolas medievais

súa concepción inicial, foi un deseño conxunto da


Fundación para o Desenvolvemento da Comarca do
Ribeiro e da Oficina de Turismo do Concello de
Ribadavia. Trátase dun percorrido de aproximada-
mente 30 km., que, saíndo de Ribadavia en direc-
ción ao Carballiño, transcorre por unha serie de
aldeas e enclaves historicamente ligados á produ-
ción de viño e á cultura que esta actividade xera.
A vila medieval de Ribadavia, declarada Con-
xunto Histórico Artístico, é a sede do Consello Re-
gulador da D.O. Ribeiro. O seu entramado de rúas,
restos dun rico pasado e o barrio xudeu, integrado
na rede de xuderías de España, somérxennos nou-
tro tempo e achégannos unha variada oferta de
actividades: visitas guiadas e interpretadas, catas,
museos, servizos de restauración e aloxamento, etc.
Seguindo a estrada OUR-210 en dirección a
Carballiño, á altura de San Cristovo, cóllese a man esquerda unha estrada local que nos
introduce nunha paisaxe de viñedos para chegar, ao cabo de dous quilómetros, á igrexa da
Misericordia.
Por pleno val do Avia, entre extensos terreos de viñedo en dirección a Beade, chégase á
Encomenda de Beade, unha das máis importantes de Galicia. A súa igrexa, con fachada de
estilo barroco e cun esvelto campanario, contén restos arquitectónicos desde o románico
ata os nosos días; ante ela érguese un cruceiro. Garda no seu interior interesantes retablos
e un impresionante viacrucis, ao que xa facía referencia Castelao no libro “As cruces na
pedra”; trátase de cruces patibularias ás que os ladróns están amarrados con grosas cordas.
O viacrucis comeza no adro da igrexa e termina na inmediata capela de San Roque, onde
se sitúa o Calvario.
Neste punto do percorrido hai dúas opcións: continuar en dirección a Beade ou ben
desviarnos por un sendeiro para facer unha ruta a pé, duns trinta minutos de duración,
que sae por detrás do viacrucis e que transcorre por Redimoas e Regadas –núcleo tradi-
cional con construcións típicas do Ribeiro vitivinícola–, para acabar en Beade, onde pode-
mos visitar as adegas Eladio Rodríguez ou A Portela, que foi unha das primeiras adegas en
elaborar o afamado “tostado” do Ribeiro.
Retomando a ruta inicial desde Beade, cóllese dirección a Berán. No transcurso deste
tramo do percorrido, encravado nunha paisaxe idílica, atopamos a man dereita o Hotel
Balneario de Berán que conta con tódolos avances técnicos para o desfrute das súas augas
termais en tratamentos médicos ou simplemente de ocio.
Preto de aquí avistaremos a aldea de Berán, o noso próximo destino.
Berán é un conxunto histórico singular que conta cun entramado urbano medieval con
construcións típicas da zona e rodeado de viñedos.
No núcleo existen varias adegas visitables, adscritas á D.O. Ribeiro, como a de Avelino
Lorenzo, en pleno casco histórico, á que se accede baixando polas rúas medievais á vez que
se desfruta da arquitectura tradicional e das estreitas rúas de pedra que lle confiren ao con-
xunto un encanto especial. Berán disporá en breve dun hotel rural.
Durante o paseo pola aldea pódense atopar con frecuencia diferentes ferramentas utili-
zadas no cultivo e proceso de elaboración do viño, como presas e estacas utilizadas na
“rodriga”, en definitiva, materiais e elementos etnográficos que impregnan de identidade

292
Territorio, patrimonio e desenvolvemento

cultural estas terras do Ribeiro na súa relación histórica co cul-


tivo dos viñedos.
A igrexa barroca de San Breixo de Berán será un bo remate a
esta visita. Restos do renacemento e o escudo dos Sarmiento
comparten fachada coas esculturas dos santos Verísimo, Bárbara
e Margarita. No seu interior destacan unha Virxe co Neno de
estilo gótico e o retablo maior, de finais do XVIII.
De Berán dirixímonos a Leiro, unha vez alí tómase o camiño
que vai dar á aldea de Barzamedelle, cuxas rúas e camiños
empedrados nos permitirán retroceder no tempo, axudados
pola paisaxe, os olores e o doce son das augas do río Avia.
De aquí, cruzando o río pola ponte gótica, marabillosa obra
arquitectónica do século XIV, chégase á aldea de San Clodio,
onde se pode visitar a adega Viña Meín, ubicada nunha singular
paraxe de viñedos en terrazas de granito. Nesta adega, orixina-
ria do século XII e recuperada recentemente polos seus propie-
tarios, conxúgase á perfección tradición e modernidade. Dispón
de aloxamento para doce persoas, degustación e venda de viños.
O conxunto San Clodio-A Ponte-Barzamedelle, declarado Conxunto Histórico Artís-
tico, localízase nun ámbito natural de moito interese, atravesado polo camiño da ruta do
Avia que vén de Pazos de Arenteiro e vai a Ribadavia. O mosteiro de San Clodio, do sécu-
lo XV, con dous magníficos claustros –renacentista e barroco–, pertenceu aos monxes cis-
tercienses e posteriormente aos beneditinos. Hoxe é un hotel-monumento de catro estre-
las –o primeiro en Galicia no seu día– e mantén a beleza e a estrutura orixinal.
En San Clodio atópase tamén a case de turismo rural Doña Blanca, con spa propio.
Baixo os soportais dun edificio de pedra os restaurantes típicos, como O Mosteiro permi-
tiran ao visitante alimentar o corpo coa boa mesa e a alma coa serenidade da paisaxe.
Cerquiña de San Clodio pódese visitar a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia, que
nos achegará máis polo miúdo á cultura do viño.
De volta a Ribadavia varias adegas invitan a deterse: a cooperativa San Roque, inaugu-
rada no 2005 e sita no km 4 da estrada Carballiño-Ribadavia, cunha produción de máis
dun millón de litros; a adega Casal de Armán, con establecemento de turismo rural; a ade-
ga Sameirás e a adega Cooperativa Vitivinícola do Ribeiro, unha das de maior produción
de viño de Galicia.
Ao longo de toda a ruta, sexa a pé, en bicicleta ou coche, carballos, freixos, castiñeiros,
cipreses e outra vexetación autóctona acompañan o camiñante mesturados con especies
foráneas, pero son os viñedos os que enchen tódolos espazos dominando a paisaxe.

Bibliografía
AA.VV. O Ribeiro, o viño da cultura, a cultura do viño. Mirabel, S.L. Vigo, 2001.

293
56

A valorización dos produtos tradicionais


na comarca da Ulloa.
A súa integración no Proxecto Cantata

Rosario Álvarez Cao; Guadalupe Fernández Bouza

O nome da Ulloa está vencellado á literatura. Emilia Pardo Bazán na súa obra Os Pazos
da Ulloa, inmortalizou esta comarca debuxando, con gran realismo, a sociedade rural
deminonónica, a precaria existencia das xentes, os costumes, a economía, as condicións
ecolóxicas, as paisaxes. Estas altas terras de “lugares montuosos”, como as cualifica o
Códice Calixtino, sitúanse na zona central de Galicia, na provincia de Lugo, ocupando
unha superficie de 417,6 km2. Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei, dan vida á comar-
ca da Ulloa, na que o relevo asemella un anfiteatro aberto cara ao oeste e que arrola o río
Ulla no seu nacemento, definido por suaves cordais montañosos (Sª do Careón, O Farelo
e os Montes da Vacaloura) e con calmos e altivos vales.
A xeografía desta comarca foi testemuña no discorrer do tempo, das formas de vida, dos
traballos labregos, do rico folclore, dos recursos que a foron achegando ao desenvolve-
mento. Castelos, pazos, mosteiros e igrexas, balnearios e ríos, señores, labregos e peregri-
nos falan dun camiño percorrido na historia cara ao presente.
A Ulloa aínda conserva moitas tradicións propias e moitas outras daquelas que caracte-
rizan o rural galego de interior. Desde esa tradición, cada vez son máis as iniciativas que
conseguen darlle un carácter modernizado á economía desta comarca que ten no campo e
nas materias primas que del se derivan a súa principal fonte de riqueza.
Nunha economía agraria, o autoconsumo e a pequena venda de excedentes na agricul-
tura e na gandería foron as características que definiron a economía da Ulloa ata os últimos
anos de finais do século XX. Este estilo de vida tradicional veuse na obriga de evolucionar
cara a novas formas de explotación dos recursos para facer fronte, no posible, ao despo-
boamento da comarca, dándolle un impulso a súa economía. A pesar de que se segue man-
tendo certo tradicionalismo, as novas xeracións, que buscan o seu futuro na Ulloa, estan-
se a decantar pola implantación de novos proxectos que potencien o rural desde a sostibi-
lidade dos recursos propios.
A actividade gandeira foi o xerme da reactivación económica e a que primeiro empezou a
súa modernización. Os beneficios obtidos da produción de leite e de carne permitiron que as
explotacións medrasen en número de cabezas de gando e se modernizaran, tanto en instala-
cións como en maquinaria. Así mesmo, asistiuse a unha progresiva roturación dos montes para
convertelos en pastos. A actividade agraria quedou supeditada aos usos gandeiros, aínda que
no concello de Antas de Ulla son importantes as plantacións de trigo, que é a base para a ela-
56 A valorización dos produtos tradicionais na comarca da Ulloa. A súa integración no Proxecto Cantata

boración do famoso pan de Antas e que nos últimos anos mellorou


da man da investigación.
Sen dúbida o recurso económico que mellor define A Ulloa é a
produción de queixo. A base da calidade deste produto está na
materia prima empregada, leite de vaca pasteurizado, e nun coida-
do proceso de elaboración. Esta actividade pasou de ser totalmen-
te artesanal, feita de xeito individual nas casas particulares e sen
ningún tipo de control, a converterse no produto estrela da comar-
ca. A pesar de que o proceso de fabricación segue mantendo o seu
carácter tradicional, a produción realízase de maneira industrial
nas queixerías locais, sometida a ríxidos controis de calidade. A súa
dignificación dentro da denominación de orixe Arzúa-Ulloa dotou-
no de fama e renome, por iso toda a comarca lle rende culto na súa
feira de exaltación que ten lugar tódolos anos, de modo rotativo,
entre os tres concellos que conforman estas terras.
A avicultura tamén é outro valor en alza na cadea produti-
va da Ulloa. Na actualidade hai instaladas dúas granxas avíco-
las a pleno rendemento que, aínda seguindo filosofías de empresa distintas, constitúen
un piar importante na economía desta zona. Unha das iniciativas cría galiñas en semi-
liberdade apostando por unha produción ecolóxica de calidade, mentres a outra optou
por conseguir a máxima produción tendo como ferramentas indispensables os últimos
avances en tecnoloxía e mecanización.
A explotación innovadora de produtos tradicionais estase convertendo nunha vía de futu-
ro importante. Unha empresa agroalimentaria –Arotz S.A.– instalada en Monterroso impulsou
as plantacións de framboesas e amorodos silvestres para sometelos a un proceso de envase e
conxelación que os prepara para seren distribuídos nos mercados. Estes cultivos lévanse a cabo
de maneira controlada e con coñecementos biolóxicos para garantir as mellores condicións de
calidade. Nesta iniciativa foi importante acadar a participación da poboación e a súa implica-
ción directa e indirecta. Outra das materias primas empregadas é a castaña. Os abundantes
soutos que se conservan son a base para este tipo de cultivo; porén, estase a estudar o proxecto
de facer plantacións que melloren en calidade e en cantidade os índices de produción rexis-
trados na actualidade. Destacan tamén os cogomelos e os espárragos trigueiros, estes últimos
cunha extensa plantación que se está desenvolvendo nos últimos anos.
Unha iniciativa pioneira que se está abrindo paso en Palas de Rei ten como protagonis-
tas a tres mozos emprendedores. Trátase dunha cooperativa na que se producen plantas
medicinais e aromáticas coas que se fabrican infusións, aceites aromatizados e sales de
baño. Ademais cultivan plantas de viveiro e sementes. A característica que diferencia o tra-
ballo destes mozos é a comercialización de froitas e hortalizas deshidratadas a través dun
proceso que conserva tódalas súas propiedades nutritivas.
O complemento perfecto a estas novas formas de economía produtiva reside no sector tu-
rístico. As iniciativas de turismo rural levadas a cabo durante os últimos anos dotaron A Ulloa
dunha rede de aloxamentos dedicados a esta actividade que ofrecen unha oferta variada aos
visitantes. Esta modalidade de turismo permitiu non só a rehabilitación de antigas edificacións
que seguen a conservar o estilo propio da arquitectura popular da comarca, senón tamén a po-
tenciación dos seus recursos naturais e do seu patrimonio. A filosofía deste sector tamén con-
tribúe activamente a conservar e poñer en alza a cultura propia, os costumes e as tradicións.
A identidade e a idea de unidade dun pobo baséanse na cultura e nas tradicións que lle
son propias, por iso, cada zona intenta manter vivas as mensaxes e formas de vida herda-

296
Territorio, patrimonio e desenvolvemento

das dos seus antergos. O rural galego caracterizouse durante séculos por estar poboado con
familias numerosas que convivían en aldeas de moitos veciños. A maioría destes núcleos
poboacionais atopábanse illados e a súa única maneira de pasar o tempo de ocio era xun-
tándose nas casas ou organizando bailes e festas.
Neste contexto nacen multitude de manifestacións literarias populares que conseguiron
chegar aos nosos días grazas á tradición oral. A vida cotiá das comunidades rurais é reflec-
tida nas cantigas que se interpretaban nos bailes que conmemoraban as colleitas e as dis-
tintas actividades agrarias. Tamén son moi coñecidas as “regueifas”, coplas espontáneas nas
que dúas persoas se dan a réplica nun desafío cuxa temática pode ser moi variada e que
normalmente son improvisadas segundo se van cantando.
Outra manifestación moi coñecida son as lendas ou contos que recrean historias fantás-
ticas con personaxes ficticios e que normalmente teñen como escenario algunha paraxe con-
creta. Entre as fadas e mouros que protagonizaban as historias contadas ao redor da lareira,
na Ulloa son famosos os nubeiros, homiños de dous palmos de altura co corpo cuberto de
pelo e cun rabo retorcido, que son os responsables de que se desaten as treboadas.
Un dos mellores exemplos da pervivencia dunha tradición é a Feira de Santos de
Monterroso, que ten as súas raíces en séculos pasados –s. XV–. As transaccións económi-
cas levadas a cabo nesta feira convertéronse nun acontecemento social na comarca e teñen
moita sona incluso no resto da comunidade galega. Ademais disto son moitas as festivida-
des que se manteñen ao longo de toda A Ulloa e que veñen de antano, sobre todo, aque-
las que veneran santos como o Santo Cristo en Antas de Ulla, o San Miguel en Monterroso
ou o Ecce Homo en Palas de Rei.
Esta riqueza cultural intenta manterse viva no paso do tempo a través de distintos gru-
pos de baile, teatro ou corais que recuperan e transmiten dita herdanza. Tamén hai publi-
cacións que recompilan as mostras orais para que quede constancia escrita das mesmas e
a súa conservación sexa máis doada.
Riqueza natural nas súas paisaxes montesías e de ribeira; singular legado monumental cun
románico rural ben conservado, unha arquitectura popular resultado da relación do home co
medio natural e numerosas mostras de arquitectura civil e militar resaltada nos pazos e no
Castelo de Pambre –un dos máis interesantes e mellor conservados de Galicia–; rutas e cami-
ños de peregrinación cara a Santiago de Compostela; diversidade económica e gastronómica
asentada nos recursos tradicionais.... en definitiva, A Ulloa: unha comarca de interior que
intenta recuperar a súa economía dándolles un pulo aos produtos tradicionais para adapta-
los ás novas esixencias do mercado e das economías de escala e que, sen deixar de mirar ao
futuro, considera a potenciación dos costumes propios como un piar fundamental para man-
ter a súa identidade e proxectarse como unha parte do todo que é a cultura galega.
Todas estas iniciativas e os produtos que as sustentan contribúen a manter viva a iden-
tidade desta comarca e xeran dinamismo económico, xeran riqueza. O empresariado local
quere abrirse a novos mercados organizando os seus produtos nunha oferta turística rica e
diversa que achegue ao visitante a autenticidade destas xentes e da comarca na que viven,
e moito máis, da comarca que senten e que lles permite manter viva a súa razón de ser.
O proxecto Cantata, INTERREG III B Espazo Atlántico, é un instrumento posto ao ser-
vizo dos empresarios e as xentes con vontade da comarca, para abrir unha porta cara á ilu-
sión e ao futuro cun traballo conxunto e imaxinativo, incrementando así o valor engadido
do seu territorio.

297
57

Marca de Calidade Territorial ULLAUMIA

Xosé Mª Tobío Iglesias

A Marca de Calidade Territorial ULLAUMIA é un proxecto estratéxico de cooperación dentro


da iniciativa comunitaria LEADER+ que ten como obxectivo crear unha etiqueta de calidade,
a nivel europeo, que contribúa ao desenvolvemento sostible do territorio Ulla-Umia.
A súa orixe remóntase ao deseño do plan estratéxico de desenvolvemento do territorio
Ulla-Umia (concellos de Caldas de Reis, Catoira, Cuntis, Moraña, Portas, Pontecesures
e Valga), e xorde ante a necesidade de estabiliza-la súa poboación, de mellora-la súa renda e
emprego e en definitiva de revitalizala económica e socialmente ante uns mercados cada vez
máis abertos e globalizados.
Este proxecto de calidade caracterízase ademais, por perseguir os seguintes obxectivos
específicos:
❙ Valorizar o patrimonio natural e cultural como panca de desenvolvemento económico.
❙ Contribuír ao desenvolvemento de estratexias dos sectores empresariais baixo o prisma da
durabilidade e globalidade do enfoque “calidade UllaUmia”.
❙ Impulsar a interacción dos sectores entre si.
❙ Ir creando solidariedades e sinerxías entre os axentes, grazas aos valores comúns com-
partidos.
❙ Centrar ao empresario/a no seu territorio para que asuma o papel e a responsabilida-
de que lle corresponde no desenvolvemento do territorio onde vive e exerce a súa
actividade.
❙ Acurtar as redes de distribución entre os axentes comprometidos no enfoque de cali-
dade, favorecendo unha produción e unha distribución máis racional e solidaria.
❙ Construír unha identidade colectiva, asentada en valores comúns.
❙ Compartir os valores fundamentais, mellorando a cohesión social. Sen solidariedade
non hai calidade territorial.
❙ Defender os valores ambientais como indispensables para a calidade dos produtos e
servizos.
❙ A introdución tecnolóxica nos produtos e servizos do territorio como ferramenta indis-
pensable para afrontar o mercado global e compatible co “saber facer” tradicional.
❙ Definir unha imaxe acorde coa identidade compartida.
❙ Provocar accións de comunicación e promoción intersectoriais.
57 Marca de Calidade Territorial ULLAUMIA

❙ Informar aos consumidores non só da dimensión cualitativa de cada produto, senón


tamén do compromiso polo desenvolvemento sostible do seu territorio.
❙ Constituír unha rede de territorios comprometidos cun proceso de desenvolvemento e
de valorización de seus produtos e servizos, creando as condicións para a súa expe-
rimentación e difusión.
❙ Conseguir o recoñecemento a nivel europeo da Marca de Calidade Territorial e o seu
dispositivo de xestión.

Un modelo de calidade: a calidade territorial


Trátase dun novo concepto de calidade, máis aló dos valores normativos e das denomi-
nacións de orixe, que consiste en crear un produto-territorio competitivo no mercado
baseado na asociación de dous elementos clave: territorio e sostibilidade.
❙ Territorio, referido a súa identidade, é dicir, ao conxunto de elementos materiais e
inmateriais que contén e que poden diferencialo e actuar como forza de cohesión
interna, reforzando a implicación de todos os actores locais, nos ámbitos económi-
co, social e cultural.
❙ Sostibilidade, a través da aceptación dun compromiso para mellorar a calidade de
vida das persoas, satisfacendo as necesidades do presente sen comprometer a capa-
cidade das xeracións futuras de satisfacer as súas, nun equilibrio harmonioso entre
medio ambiente, sociedade e economía.

MARCA DE CALIDADE TERRITORIAL


Ferramenta e método de XESTIÓN COMPROMETIDO
co territorio, co seu presente e futuro

TERRITORIO SOSTIBILIDADE

➡ Identidade-cohesión social: favorecedor das ➡ Mellora da calidade de vida da poboación


relacións entre poboación, comarca, produtos satisfacendo as necesidades presentes e sen
e servizos. comprometer as futuras.
➡ Aposta polo potencial endóxeno. ➡ Equilibrio medioambiental, social e económico.

Referímonos, polo tanto, á Marca de Calidade ULLAUMIA, como algo máis ca unha
simple marca comercial; como un motor de desenvolvemento rural, a través dun proxecto
de Calidade global, dos produtos, servizos, actividades, eventos etc. da comarca e que se
fundamenta na calidade económica, na responsabilidade social e no respecto medioambiental
das empresas ou entidades que os producen ou realizan.

Características
❙ Adhesión voluntaria e aberta para empresas, entidades e organizacións do territorio.
❙ Complementariedade: a marca é compatible con outros procesos ou sistemas de calidade.

300
Territorio, patrimonio e desenvolvemento

❙ Identidade territorial: a marca caracteriza a empresas, produtos, servizos, eventos, etc. do


territorio, proporcionándolles un carácter de exclusividade.
❙ Garantía/autenticidade: a marca como garantía para o/a consumidor/a das característi-
cas, trazabilidade, orixe, etc. dos produtos/servizos.
❙ Cultura de responsabilidade social: Establecemento dun código ético ou de conduta, para
empresas ou organizacións, respectuoso cos dereitos fundamentais, a igualdade de
oportunidades, a protección do medio ambiente, etc.

A Calidade territorial como estratexia de cooperación:


a masa crítica necesaria
O territorio Ulla-Umia é, de momento, a única comarca de Galicia que forma parte des-
ta iniciativa pioneira en Europa.
Agora ben, unha marca comarcal non é suficiente para garantir a sustentabilidade a
medio e longo prazo. É preciso, polo tanto, aglutinar esforzos nun marco de cooperación
entre territorios, para que esa marca comarcal, en alianza con outras marcas similares,
alcance unha razoable masa crítica.
A imaxe da marca ULLAUMIA adquire así un segundo “apelido” común (Calidade
Rural) que actúa de marca paraugas para acceder ao mercado.
Na actualidade son 10 as comarcas rurais españolas que forman parte da rede Calidade
Rural, agrupando a 138 concellos e 440.935 cidadáns de sete comunidades autónomas.
Se ademais ampliamos esta cooperación a nivel europeo, a capacidade de éxito da
marca é maior, ao mellorar as sinerxías e economías de escala, e garantir unha maior pre-
senza e forza nos mercados, facilitando ao consumidor a súa identificación.
Actualmente, o proxecto vén de iniciar a súa andaina transnacional, coa incorporación
de nove zonas rurais de Francia, Italia e Grecia, quedando integrada a rede “Calidade
Rural” por un total de 586 concellos e 1.024.398 habitantes.

301
58

O Centro de Desenvolvemento Rural “Ancares”

Ramiro Martínez Carballosa

1. A historia do Centro de Desenvolvemento Rural Ancares


A historia do C.D.R. “Ancares” naceu no ano 1.986, malia non nos rexistrarmos legal-
mente ata febreiro de 1992
Traballamos no concello de Cervantes que é un concello da montaña luguesa de 276
Km.2 nos que están esparexidos 132 núcleos de poboación con 1973 persoas.
Os membros do centro foron variando ó longo destes anos pero unha constante manten-
se: a incorporación de xente da zona. Na actualidade somos 9 socios máis 19 voluntarios que
colaboran activamente nunha parte importante das accións; todos residimos en Cervantes.
O funcionamento do equipo ten catro fontes básicas de financiamento: subvencións,
donativos, fondos propios, contribucións en traballo, material, locais, etc. por parte do
equipo e do grupo de voluntarios/as.

2. Metodoloxicamente teñen importancia básica tres elementos


a) Ser ou estar na zona: coñecemento e trato veciñal; coñecemento da problemática, dos
recursos e doutros proxectos da zona; empatía, valoración positiva e ganas de colabo-
rar no desenrolo propio e no das persoas coas que se vai actuar.
b) Moverse: como a dispersión da poboación é moi grande e as dificultades para comuni-
carse e xuntarse tamén se fai necesario que os animadores e os propios veciños viaxen
constantemente pola zona para visitar, aprender, animar, apoiar, asesorar, coordinar,
acompañar…
c) Formación: tanto do propio equipo da asociación como das persoas pertencentes ós
colectivos beneficiarios do programa.

3. Programas

a) Programa económico:
❙ Xuntanzas polos núcleos para: organización de comunidades de montes, de veciños,
realizacións de pastizais, etc.
58 Centro de Desenvolvemento Rural “Ancares”

❙ Visitas ás explotacións agrarias para promover melloras técnicas.


❙ Preparación de sesións de formación e charlas informativas dirixidas a toda a poboación.
❙ Colaboración coa cooperativa “A Carqueixa” na xestión de vendas (vacún de carne, cas-
tañas, mazás) e compras (gasóleo, penso, abonos…).
Temos a convicción de que sen melloras no sistema da pro-
dución non vai haber melloras sociais e por iso adoptamos este
programa como o prioritario.
A Cooperativa naceu do empeño de 27 persoas que en con-
tra da opinión dos “técnicos” decidiron montala; o tempo veu
darlles a razón pois foi un acicate que animou a toda a zona e
aumentou a autoestima; hoxe son 243 socios.
Fomos aprendendo que o déficit de capital e de nivel nos cri-
terios de rendibilidade marcados pola P.A.C hai que superalos
con xenerosidade e creatividade; se non tivesen custeado e bus-
cado novas fórmulas de venda, se non tivesen mandado bece-
rros sen saber certamente se ían cobrar ou non... a cooperativa
non sería posible.
Tamén aprendemos que os cambios de verdade e duradeiros
non empezan pola terra senón polas cabezas e polo tanto progresar
significa un traballo educativo a partir de experiencias concretas.
Fixéronse bastantes melloras técnicas e multiplicouse o número
de cabezas de gando pero moito queda por facer para acadar niveis
de vida dignos e isto pasa por ser capaces de buscar fórmulas eco-
nómicas que complementen a gandería, a construción e o turismo
rural. Temos cocendo un proxecto a partir do coidado dos vellos...
volvemos a estar moi ilusionados.

b) Programa de maiores
❙ Pequenos arranxos nas vivendas.
❙ Percorrido diario de visitas ós/ás vellos/as.
❙ Colaboración con Cáritas na realización do programa “Vivir na Casa”.
❙ Realización de xestións e visitas ós hospitais.
❙ Visitas de acompañamento ó médico, órganos de xestión.
Dos 1873 habitantes de Cervantes 714 son maiores de 65 anos e destes 284 viven sen
ningunha persoa menor de 65 anos na casa. Desde hai 18 anos marcharon, que nosoutros
controlemos, para a cidade ou para residencias 83 vellos/as (algunhas aínda hoxe nos doen).
Como non hai transporte público os gastos para ir ó médico ou facer xestións necesa-
rias ascenden de xeito considerable e discriminante respecto dos/das vellos/as das cidades
ou das vilas grandes.
Ó longo destes anos fomos aprendendo 1) que non queremos que se nos vaian máis
vellos/as e que temos que buscar fórmulas para que poidan quedar na casa de xeito digno.
Por digno entendemos: que cada vello/a poida decidir, en diálogo coa coordinadora do
programa, cando, quen e que axuda necesita; alguén achegado que poida levalo/a rapida-
mente ó medico en caso de urxencia; uns mínimos de hixiene, alimentación, vivenda; veci-
ñanza... e 2) que os vellos son un excelente recurso humano, cultural e económico. A pro-
pósito, estamos rematando un proxecto de “vellos/as” co que estamos moi ilusionados e
que vai pasar a ser a prioridade do CDR durante 3 anos.

304
Territorio, patrimonio e desenvolvemento

c) Promoción da muller
❙ Visitas á maioría das mulleres de concello para falar dos seus problemas e a súa dispo-
ñibilidade.
❙ Algunhas xuntanzas esporádicas para tratar temas que lles preocupen.
❙ Organizacións de cursos de formación escollidos por elas.
❙ Visitas para acompañar algunhas mulleres ó médico ou facer algunha xestión
❙ Visitas de asesoramento e acompañamento persoal.
En Cervantes hai 883 mulleres das que 353 son menores de 65 anos. Se nos poñemos
a escribir a riqueza e a problemática de todas estas mulleres seguro que enchemos un dos
libros máis bonitos e tenros e ó mesmo tempo máis duros da actualidade. Como este non
é nin o contexto nin o obxectivo destas liñas só diremos que nosoutros nos limitamos a 1)
visitar e acompañalas todo o que podemos; 2)poñer por escrito e transformar en proxecto
presentable as inquedanzas que lles imos escoitando e 3) artellar na medida en que pode-
mos xuntoiros, obradoiros, cursos, ceas e farras.
Do máis visible que fixemos ultimamente foi artellar dúas tandadas de clases aquí en
Cervantes para obter o carné de conducir un total de 28 mulleres: hai que dicilo: un éxi-
to, todas teñen hoxe o prezado carné e a algunhas “cambioulles a vida”.
Agora andamos preparando outros cursos de informática e mulleres son a meirande
parte (2 homes) das voluntarias que levan adiante o programa de nenos/as.
No día a día quedan moitas mulleres ás que chegar, moitos estereotipos que romper e
moitos empregos que crear e moitas... pero cando vemos algunhas das farras ou a evolu-
ción dalgunha delas reafirmámonos en que merece a pena e que hai que seguir.

d) Programa de nenos/as
❙ Visitas personalizadas a cada unha das familias que presentan situacións problemáticas.
❙ Reunións semanais encol de actividades de lecer e tempo libre.
• Formación de equipos de fútbol.
• Sesións de autoestima e valoración da zona.
• Sesións de xogos didácticos.
• Sesións de manualidades.
❙ Reunións semanais para realizar actividades de apoio escolar.
❙ Apoio económico e de asesoramento a algunhas familias.
❙ Varias viaxes para leva-los/as nenos/as ó cine…
En Cervantes temos 114 nenos/as en idade escolar. Presentan, ó noso entender, tres
problemas particularmente preocupantes:
A dispersión e o illamento. Hai bastantes nenos/as que, agás nun contexto tan regula-
do como é o colexio, pasan o día con persoas adultas ou como moito teñen na veciñanza
outro ou dous nenos/as e probablemente de idades moi dispares. Entendemos que isto é
un problemón por canto carecen dos “feed-back” axeitados que lles permita ir elaborando
unha imaxe correcta de si mesmos así como ir elaborando mecanismos de defensa fronte
ás agresións ou as normais frustracións. Sen entrar en máis matizacións, fronte a este fenó-
meno nosoutros pretendemos reforzar ou organizar o meirande número posible de tempos
e espazos para que os/as nenos/as convivan e xoguen coa maior liberdade posible.
Moi baixa autoestima e negativa valoración do seu entorno. Fronte a isto organizamos
actividades lúdicas e formativas que volteen esta dinámica.
Por razóns que non procede aquí analizar temos un elevado fracaso escolar. Fronte a
isto organizamos grupos de apoio escolar, totalmente insuficientes porque non dispoñe-

305
58 Centro de Desenvolvemento Rural “Ancares”

mos de moitos medios e sobre todo falta xente con formación académica suficiente (sobre
todo para ESO) que poida e queira meterse nesta historia. Neste traballo temos unha estrei-
ta colaboración cos colexios.
4. De cara ó futuro
Estamos bastante animados aínda que ás veces nos poida tanta xente que se nos vai,
tanta cheminea que para de fumear, tanta “polavila” esmorecida, tanto suspenso nos/as
nenos/as... Será por iso polo que ás veces botamos de menos grupos doutras zonas de
Galicia parecidas á nosa e con formas parecidas de traballar cos que compartir, xente con
teimas parecidas para animarnos, plataformas que permitan xestionar cartos e organizar-
nos os que pelexamos por un modelo de desenvolvemento dalgún xeito alternativo... Por
iso apoiamos e estamos ilusionados na posta en marcha da Universidade Rural Galega.

306
59
62
Transmisión e difusión do PI
Mostra do Patrimonio Inmaterial en Ourense
59 Xerardo Feijoo; Lois Pardo

O sobrevivir do rural. A experiencia de San Tirso


60 de Abres
Loli Gutiérrez

Encontro da cultura tradicional do Bierzo


61 e As Portelas
Marisa Cela López; Héctor M. Silveiro Fernández

Estiño: un pouco de historia


62 Ana Vila; Luis Fernández; Natalia López; Aurora Besteiro;
Mari Carmen Seijar
59

Mostra de Patrimonio Inmaterial en Ourense

Xerardo Feijoo; Lois Pardo

Cando, rematando o mes de maio do ano 2005, presentabamos en París os derradeiros


documentos que compuñan o Dossier solicitado pola UNESCO para participar na terceira
proclamación de Obras Mestras da Humanidade de Patrimonio Inmaterial, dentro da
comisión promotora naceu a necesidade de facer visíbel diante da sociedade galega e por-
tuguesa a realidade de que tal candidatura existía e que o conxunto social fose consciente
de que, como portadores ou receptores desa cultura, todos estabamos a ser, dun xeito ou
doutro, avaliados pola UNESCO en París.
Para conseguir esta fin trazamos un calendario de festas e celebracións con renome e
transcendencia dentro do eido no que nos moviamos, ou sexa, tradicións culturais de
carácter inmaterial. Así, percorremos o país como queda demostrado no feixe de activida-
des, que se describen nesta publicación, e noutras máis que por diversas razóns non teñen
cabida neste traballo.
Cando pensamos cal sería a época máis acaída para facer a presentación diante da
sociedade ourensá, non nos coubo dúbida ningunha, as festas do outono: as cabazas e
mailo magosto.
Tendo claro o cando, comezamos a matinar no como. O primeiro paso foi pornos en
contacto co concello de Ourense, na persoa do Concelleiro de Cultura que nos deu luz ver-
de e respaldo institucional para levar adiante o noso proxecto. Con esta seguridade come-
zamos a traballar.
Outra das nosas teimas era o noso desexo, que considerabamos vital, de contar coas
escolas; que os centros educativos, os rapaces, as rapazas os profesores e as profesoras,
coñecesen primeiro este proxecto e que, dentro do posíbel, o fixesen seu participando
nas actividades que queriamos propor. Con este obxectivo, propuxémoslle á
Concelleira de Educación do Concello de Ourense que convocara unha xuntanza de
directores de tódolos centros escolares da capital, convocatoria que fixo, e na que, dian-
te de máis de cincuenta representantes dos centros escolares, expuxemos o proxecto,
lles repartimos diversos materiais e tivemos un intercambio de opinións con eles para
acto seguido xuntarnos coa representación das ANPAs da capital para facer tamén estes
colectivos partícipes das actividades.
E tendo cumprida a primeira parte do noso plan puxémonos a traballar na organización
das actividades.
59 Mostra de Patrimonio Inmaterial en Ourense

Dende algún tempo atrás víñase celebrando en Ourense o


Halloween en distintos centros de ensino e locais de hostalería,
polo que este ano queriamos reconducir este costume exótico e
darlle a dimensión de ser unha festa de fonda raíz galega e, ao
mesmo tempo, formar parte dun proxecto máis transcendente
como era o feito de formaren parte da candidatura. Para conseguir
esta fin tratamos de implicar a certos sectores comerciais, nomea-
damente a Asociación de Artesáns de Ourense e o día 31 de outu-
bro convocamos nunha praza do casco vello a todas as persoas
que desexaran participar e máis de 150 cabazas foron talladas
neste acto, aparte das que se tallaron nas escolas. Con todo ese
material percorremos, nunha fantasmal procesión, as rúas do cas-
co vello das que previamente foran apagadas as luces.
O día do San Martiño, patrón católico da cidade, é o día no
que tradicionalmente e dende tempo inmemorial as xentes da
cidade do Miño se achegan ás abas dos montes que rodean a
capital co obxectivo de acender as fogueiras rituais nas que asar
as castañas, e así dende primeiras horas da tarde columnas de fume mesto coroan as altu-
ras que rodean a vila. Esta data pensamos que sería a máis acaída para facer a presentación
da Candidatura de Patrimonio Oral e Inmaterial na cidade das Burgas, pero unha dúbida
sobrevoaba a nosa intención posto que sería incongruente que no día en que se celebra
unha festa tradicional, nós propuxeramos rachar esta tradición e mudar os costumes para
introducir unha presentación. Tratamos de evitar tal cousa e deixamos libre o espazo de
tempo que normalmente se adica á festa concentrando as actividades nos momentos nos
que quer a festa non comezara quer xa rematara.
Pola mañá celebramos un Desfile-Mostra do Patrimonio coa intención de chamar á fes-
ta e de representar unha das expresións máis enxebres do calendario tradicional da provin-
cia ourensá como é o Entroido. Neste desfile participaron representantes de varias máscaras
da provincia como son: os boteiros de Viana, as mázcaras de Manzaneda, cigarróns de Verín
e as pitas das Eiroás así como folións de Viana do Bolo e de Manzaneda. Tamén participa-
ron neste lúdico desfile representantes dunha asociación cultural da cidade que portaban un
maio, agrupacións de gaiteiros tradicionais, representación de traballos comunitarios. Os
ecos dos bombos e o resoar das gaitas por toda a rúa do Paseo atraeron a atención de gran
cantidade de xente espertando viva expectación sobre o que estaba a pasar na cidade.
Ao remate do percorrido tivo lugar a presentación institucional no salón de plenos do
Concello onde tomaron a palabra representantes dalgúns dos grupos invitados ao desfile,
o representante da coordinadora da Candidatura, o Delegado da Consellería de Cultura na
provincia e o Alcalde do Concello de Ourense.
A Asociación Brinquedia, Rede de Xogo Tradicional, unha das entidades promotoras da
Candidatura, propuxera a actividade “Polo San Martiño... peóns ao camiño”. A proposta
foi recollida pola nosa Asociación e démoslle a difusión precisa para que ese día se xogara
ao peón nos nosos colexios e institutos. Esta actividade tivo repercusión tamén no torrei-
ro onde se celebraba o magosto popular da cidade, onde novos e vellos se xuntaron para
desfrutar co vello e tradicional xogo. As bocas dos máis novos abríanse de par en par can-
do vían algúns dos seus avós lanzar o peón, algúns tamén bailaban de cu, e recollelo coa
palma da man despois de lanzalos ao ar, e mesmo facelos bailar na unlla.
Unha vez rematada a hora na que se celebran os magostos, e xa as primeiras sombras
da noite tomaban o relevo da luz do sol, que se retiraba por detrás dos montes do

312
Transmisión e difusión do PI

Seminario, deu comezo a Mostra Festival da Oralidade. Tres obxectivos nos propuxemos
dende o inicio da organización da actividade:
❙ Que fose moi oral, que a verba tivera preponderancia, toda a velada.
❙ Que fose moi “ourensá”, é dicir, que a meirande parte das actividades tivesen como
orixe a provincia onde faciamos a presentación.
❙ Que fose unha mostra representativa do calendario lúdico-festivo anual.
A presentación do acontecemento correu a cargo de dous regueifeiros, Luís Correa
“Caruncho” e Pinto de Herbón, que ao tempo que informaban aos presentes da presenta-
ción da Candidatura, facían escachar coa risa co seu enxeño e malicia.
O percorrido polo ciclo anual comezou cos cantos de Reis cantados pola Sra. Her-
melinda. Seguiu Matías de Sarreaus, que no medio do frío da noite outoniza que case pode
con el, nos deleitou con tres cantos de Reis dos moitos que sabe, e unha vez entrado en
calor sóubolle a pouco a súa actuación.
A continuación a gran festa invernal por excelencia: o Entroido. Manuel Quintas
“Dopa”, testamenteiro de Laza, vestido cunha rechamante coroza tradicional, leunos un
extracto dun “Testamento do burro”.
Rematado o inverno achégase a primavera e nas terras ourensás queda intacto a costu-
me de, nenos e vellos agasallar a recén entrada estación cos monumentos florais e vexetais
que chamamos maios, ao tempo que un grupo de mozos e mozas recitaban algunhas das
tradicionais coplas.
Chega o verán e con el o San Xoán, festa de música e troula na que os mozos saen a
roubar carros e cancelas das portas para deixalos no adro das igrexas. Para lembrar esta fes-
ta a Aula Gomes Mouro interpretounos algunhas pezas musicais do seu repertorio, que ani-
maron a bailar porque xa o frío comezaba a facer fraquear
Quixemos representar a continuación os traballos comunitarios que se realizaban nas
épocas do verán e para iso un grupo de mulleres pertencentes ao CDR Eirada de Parada
do Outeiro, concello de Vilar de Santos, representaron uns momentos do traballo do liño,
acompañadas coas cantigas dunhas pandereteiras.
Outra celebración desta estación son as festas arredor das celebracións das Virxes do
verán. Para representar estes acontecementos, o Centro de Cultura Popular Xaquín Lo-
renzo de Ourense interpretou unha danza procesional.
E volvemos ao principio para fechar o ciclo festivo anual no punto onde comezamos:
as festas outonais. Para representalas introducíronse varias cabazas talladas e con candeei-
ros acesos no seu interior, mentres que tódolos participantes mailo público en xeral canta-
ba a cantiga “Non chas quero....”.
Ao mesmo tempo que se desenvolvía o Festival, nunha pantalla situada no escenario
proxectábanse diversas imaxes de diferentes manifestacións do Patrimonio Inmaterial. Esta
grande mostra rematou cun concerto musical levado a cabo polos grupos Aula de Música
Tradicional Gomes Mouro e Os Cempés do Ferrol.
Rematada a festa queda o pouso da reflexión e da inquedanza de pensares se o que se
fixo tivo algunha transcendencia ou se foi como unha faísca que sae do lume e vai esmo-
recendo no ar. Este pensamento non tarda en abandonarnos cando lembramos a cara dos
pícaros, e a dos avós, xogando ao peón ou os folgos dos “folioneiros” petando nos seus
bombos, do pórse ao noso dispor das xentes para vir cos seus vestidos de Entroido a pesa-
res de ser día laborábel, do frío da señora Hermelinda que pasou axiña que comezou a can-
tar, do repenicar das pandeiretas das mozas novas mentres as súas avoas ripaban e espa-
delaban no liño, e cómo todos e todas bailamos as muiñeiras e as xotas dos gaiteiros da
Gomes Mouro. Todo iso foi a demostración de que o noso patrimonio existe, está moi vivo
e de que para nós…. É OBRA MESTRA DA HUMANIDADE.

313
60

O sobrevivir do rural.
A experiencia de San Tirso de Abres

Loli Gutiérrez

A realidade
San Tirso de Abres é unha poboación situada no extremo máis occidental de Asturias,
eminentemente rural. Nos anos 70 rondaba os 1.300 habitantes, hoxe, apenas pasa dos
600 dos que un 60% son maiores de 65 anos.
Probablemente cada un de vós só teñades que modificar o nome e a situación xeográ-
fica para pensar que estou a falar desa aldea da vosa infancia, e sentirvos identificados co
tema que nos ocupa.
Buscar culpables desta situación non é o que nos interesa senón buscar solucións, e se
é ben seguro que parte da culpa a ten a administración tamén é certo que a solución pasa
polas súas mans.
Poderiamos escribir páxinas e páxinas falando do que podería ser e non é, pero a miña
análise ten que ser por forza positiva e construtiva, así que o que chama a atención aos
meus ollos é o que, grazas a esta situación, se gañou.
Estamos a falar de lugares onde aínda hoxe, se nos afastamos un pouco da poboación,
podemos camiñar durante horas sen atopar ningún coche, onde podemos observar o voo
dun azor, onde se cadra, nos pode saír ao paso un raposo que foxe asustado ao nos ver.
Fontes nas que o cano é unha pedra que a auga debuxou ao seu antollo.
Se paras na beira do río podes escoitar a auga que trae no seu pasar contos de San
Andrés, de Eilale ou da Pontenova. Se queres ver garzas, tes que achegarte na primavera e
se queres ver patos, no inverno. Porque estes ríos non están civilizados e as aves se déixan-
se ver cando o tempo as trae e hai que ir velas antes de que marchen cara a outras latitudes.
Camiñamos e atopamos casas con cans na porta, con cabozos (hórreos) que se utilizan
aínda para a súa fin primaria. Podemos ter que apartar do camiño para deixar pasar unhas
vacas rubias, cansas, que no único que se diferencian das que recordamos da infancia é no
seu DNI pendurado da orella.
Falando coa xente dáste conta de que todos coñecen cesteiros ou zoqueiros, que podes
botar horas falando de mallas de trigo, de esfollas, de sementeiras e de romarías, das tar-
des nas que se ía lavar a roupa no río…
Estas xentes viviron unha infancia diferente á nosa: os seus xoguetes non eran electróni-
cos, as bonecas non andaban soas. Os seus xoguetes, nos máis dos casos, eran fabricados por
60 O sobrevivir do rural. A experiencia de San Tirso de Abres

eles mesmos con paus, latas, ou pedras. Os seus


contos non tiñan ilustracións chamativas nin pes-
tanas para tirar delas: os contos eran os que escoi-
taban ao pé do lume nas tardes de inverno cando
os avós tiñan a ben contar. Non tiñan mp3, nin
discman: para a música había que esperar a que
houbese romaría ou aos seráns das mallas, aínda
que tamén as nais e as avoas sabían cantigas fer-
mosas que lles aprenderan as súas nais e avoas.
En resumo, estamos a falar de lugares onde,
aínda hoxe pervive a cultura tradicional e os
saberes de transmisión oral. De lugares que, por
desgraza están abocados a desaparecer e con eles
os seus saberes.

Como valorizar esta cultura


A Asociación Cultural San Tirso de Eo leva traballando en actividades encamiñadas á
posta en valor da cultura tradicional dende hai xa varios anos.
Comezamos a facer a Festa da Malla hai 3 anos. A idea partiu dun veciño que se ofre-
ceu a labrar o trigo. Con isto puxémonos en marcha, comezamos a organizar a festa.
Queriamos que fose como eran antes as mallas: a sega co atado dos mollos, a meda, a
malla, limpar o grao e facer o palleiro, comer todos xuntos como se facía antes, alí no cam-
po, e para despois de comer buscar algún gaiteiro que nos fixera bailar ata a noitiña.
Falamos cos veciños e toda a xente se apuntou: uns para segar, outros para atar mollos,
outros para axudar a facer a meda, para poñer a punto o motor da malladora, para dar
mollos á máquina, recoller o grao ou para facer a comida. Tamén houbo quen se apuntou
para contarnos un conto na hora do café.
E fixemos a Festa e pasámolo moi ben. Cando rematou, a xente comezou a falar do que
se podía facer para mellorala o ano seguinte. Así que xa empezamos a falar da II Festa da
Malla. E fixemos a II Festa da Malla, e pasámolo moi ben, e cando rematou, comezamos a
falar da III Festa da Malla.
E aí coñecemos a Ponte… nas Ondas!, e a súa candidatura á UNESCO. E pensamos que
tiñamos que participar e apoiar esta candidatura. E decidimos facer, xunto coa III Festa da
Malla, o I Encontro de Portadores da Tradición Oral do Occidente Asturiano.
O que fixemos foi sinxelo: falar coa xente. Falamos cun ferreiro de garfelos, cun zoquei-
ro que había 15 anos que non facía unhas zocas, cos veciños de Meredo que se xuntan aos
domingos a botar a partida de patefa, cuns malladores que sabían mallar con mallos, cun-
has mulleres que sabían fiar, cuns teitadores, cunha muller que facía encaixe, co museo de
Grandas de Salime, cun cesteiro, cun artesán da madeira. E ningún deles dubidou en dicir
que si, que contasemos con eles para o que fixera falta. Falamos con algún alcalde para que
nos enviase o seu grupo de gaitas municipal. Ponte… nas Ondas! e a candidatura trouxé-
ronnos un rancho portugués e xogos tradicionais.
E falamos coas institucións para buscar financiamento: con Caja Rural, Cajastur, Ayun-
tamiento de San Tirso de Abres, Ceder Oscos-Eo e a Consejería de Cultura, Comunicación
Social y Turismo do Principado de Asturias.
Caja Rural prometeunos 100 €, o Ceder 1000 € e a Consejería de Cultura 600 €, que
aínda hoxe non cobramos.

316
Transmisión e difusión do PI

Pero a III Festa da Malla de San Tirso de Abres foi un éxito rotundo. Nunca tanta xen-
te se xuntou alí en ningunha festa: había máis de 1.000 persoas que desfrutaron, uns de
rememorar saberes, e outros de velos por primeira vez. Toda a xente participou dalgunha
maneira e todos se sentiron protagonistas, porque falaban de se na súa aldea se facía aque-
la cousa da mesma forma ou se había algunha variación.
Isto animounos a preparar a esfolla do millo. E o proceso foi igual: falar coa xente.
Buscamos o millo, e buscamos as persoas para facer as distintas labores relacionadas: esca-
nalo, esfollalo, debullalo, moelo. Veu tamén un artesán de gaitas e un cesteiro e uns serran-
chíns. Viñeron pandereteiras e gaiteiros, regueifeiros e cantores de música tradicional. E
volvemos a pasalo ben así que xa estamos pensando que facer para a primavera. Porque
nós tamén nos movemos cos ciclos agrarios (será herdanza xenética).
Con isto demóstrase que non é necesario un grande investimento económico para
realizar actividades de promoción da cultura tradicional, senón ilusión, traballo e tem-
po para falar coa xente.

Como evitar a súa desaparición


Nas formas de vida tradicionais son fundamentais as relacións entre as persoas, o que
contribúe a unha maior riqueza cultural. Fronte ao individualismo e a competitividade que
rexen a vida de hoxe, atopamos os traballos comunitarios e o colaboracionismo indispen-
sables para o entendemento entre as persoas.
Evitar a desaparición da cultura tradicional, tanto material como inmaterial, é o que
nos preocupa, por iso fixemos o Plan de Promoción e Salvagarda da Cultura Tradicional
do Eo-Navia. Non se trata de industrializar o medio rural, senón de conservar estas
manifestacións culturais para, desta maneira, garantir o desenvolvemento sustentable
destas comunidades que, co seu modo de vida tradicional, son a base da supervivencia
desta cultura.
Dentro deste plan contémplanse tanto os labores de investigación, documentación e
arquivo como labores de promoción, transmisión e divulgación.
Crearíanse dous centros claves: un Centro de Estudos da Cultura Tradicional Eo-Navia
en San Tirso de Abres que incluiría no seu seo un Centro de Formación Profesional Rural,
e un Centro de Estudos de Música e Danza na Caridá.
É importante tamén a introdución da cultura tradicional en todos os ámbitos do ensi-
no, por iso propoñemos a súa incorporación no ensino infantil, na educación primaria e
na ESO a través das materias de plástica, música e tecnoloxía, ademais da súa inclusión no
programa de garantía social.
Na universidade é necesaria a creación dunha materia sobre cultura tradicional que sir-
va de base a todos aqueles que dediquen a súa vida profesional á actuación sobre o medio
(Xeografía, Arquitectura, Enxeñerías, Turismo...)
Consideramos fundamental o recoñecemento dos portadores deste patrimonio e, para
evitar a súa desaparición é imprescindible a formación de formadores, orientada a crear
especialistas en cultura tradicional.
Que os maiores se sintan útiles transmitindo os seus saberes aos máis novos contribui-
ría a un maior entendemento das nosas raíces e iso conseguiríase organizando encontros
entre eles a través dos centros de estudos e os centros da terceira idade.
Esta sería a parte institucional. Pero hai outra parte, a da promoción, na que intervirían
activamente as asociacións civís: organizando festas, feiras, romarías e encontros de porta-
dores que ofrecerían un atractivo turístico de calidade. A teatralización das lendas e histo-

317
60 O sobrevivir do rural. A experiencia de San Tirso de Abres

rias tradicionais por parte das compañías teatrais contribuirían a que eses saberes de trans-
misión oral sigan influíndo nas novas xeracións para que valoren e aprecien as súas raíces.
Coa realización deste plan crearíase un gran parque temático respectuoso co medio.
Pensamos que con este plan se conseguiría:
❙ Non só evitar o despoboamento senón promover o aumento de poboación a través
do desenvolvemento sustentable do medio rural.
❙ Evitar a perda dos saberes tradicionais.
❙ Impulsar a relación entre comunidades a través da cultura.

318
61

Encontro da cultura tradicional do Bierzo


e As Portelas

Marisa Cela López; Héctor M. Silveiro Fernández

¿Pode un atoparse diante de mairande fazaña que pasar de boca en boca, as creaciois e sabi-
duría populares que compoin os contos, as lendas, refrais, remedios meciñeiros ou conocementos
sobre o tempo, e mantelos sen máis instrumentos que a memoria ó longo de tanto tempo? A un
antóxaselle empresa ben pouco doada, máis inda logo de comprobar que quen vos fala tuvo que
valerse en máis dunha ocasión, véndose sen papel e bolígrafo, dunhos pedazos de lousa pra rexis-
trar por escrito nomes ou expresiois co medo do que miña memoria non pudera manter durante
unhas horas algo que non conviña esquecer.
Todo este cachón cultural colectivo vai desaparecendo porque a terra abonada na que nacían
e medraban as creaciois populares quedou a poulo. Touvos falando do fiandón, fiandeiro ou serao,
mairande acto social de xuntanza ou reunión no Bierzo, que foi coiñeiro de tradiciois no pasado
pero que quedou achicado pra sempre polos modernos medios de comunicación ou polos tempos
que nos toca vivir. Polo tanto, toda esa sabiduría popular que, mal que ben, foi resistindo deica
astora, leva camiño de cochar pra sempre.

Estas son palabras de Aquilino Poncelas, recompilador da tradición oral na comarca,


palabras que daban inicio a unha xornada en Vilafranca do Bierzo, a un emotivo día, o 17
de setembro, escollido para apoiar desde O Bierzo (León) conxuntamente coas Portelas
(Zamora), eses territorios controvertidos onde hai lingua e cultura galegas da Comunidade
de Castela e León, á Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués á UNESCO.
A idea de apoiar esta Candidatura nacera tras do contacto cos seus promotores oficiais
de Galicia e Portugal que tivo lugar no pasado mes de xuño en Melgaço (Portugal) no
Encontro de Portadores da Tradición no que estivemos presentes coa ancestral Festa do
Maio de Vilafranca, ocasión na que ata a Ministra de Cultura portuguesa se interesou pola
peculiaridade deste costume no Bierzo.
Baixo o lema UN PATRIMONIO PARA O FUTURO a Comisión Cultural Martín
Sarmiento e a Asociación Cultural Escola de Gaitas, ambas de Vilafranca, xunto coa Aso-
ciación Cultural Xente Nova das Portelas, co apoio institucional da Concellería de Cultura
do Concello de Vilafranca configuraron un denso programa de actos.
Na sesión matinal, no Teatro Vilafranquino, tras das palabras de benvida dos convocan-
tes do acto e de Concepción López, Concelleira de Cultura do Concello de Vilafranca e tras
61 Encontro da cultura tradicional do Bierzo e As Portelas

da presentación da Candidatura por parte de Xerardo Feijoo, houbo dúas intervencións do


movemento asociativo que apoiaba a Candidatura: a Asociación da Lingua Xarmenta, A
Morteira e Fala Ceibe do Bierzo e a ADISAC de Sanabria e Carballeda. Logo deuse paso a
intervención de Aquilino Poncelas, un relatorio sobre a tradición oral no Bierzo.
A continuación, tras unhas palabras da súa coordinadora, Marisa Cela, inaugurouse a
Exposición de Artesanías e Oficios Tradicionais que ocupaban diversas ubicacións. Na
entrada do teatro unha sección adicada ao tear e os tecidos. A señora Manuela co seu tear
traído desde Vilarubín e as tecedeiras a señora Remedios de Ribón, Isabel das Veigas do
Seo e de Santalla Guti con rocas e fusos. Había tamén dúas palilleiras, Pilar e Dina, de
Vilafranca e Parandois. No exterior do teatro, a mesma Praza Maior centro neurálxico da
vila, foi o espazo escollido para esta mostra. Á beira dos soportais un cesteiro de
Dragonte, Domingo Gómez, traballaba afanosamente para amosar o seu labor artesán her-
dado dos seus maiores. Outro artesán cesteiro de Burbia, Lorenzo González, preparaba ao
seu carón as vimbias. Bernardino Poncelas, galocheiro, veu dende Porcarizas, unha aldea
da montaña da Somoza, e rematou ante o público, que se congregaba curioso, unhas galo-
chas. Alí estaban traballando a madeira Domingo Gómez, a carón de Mila Suárez. De
Domingo, tallador de recoñecido prestixio, é a figura que aparece no cartaz que se editou
para esta xornada. Este cartaz foi un deseño de Oswaldo Pereira que utilizou unha fer-
mosísima foto de Luisma Gaztelu sacada para a ocasión na ferrería de Pereda de Ancares.
Precisamente os ferreiros de Penacaira e de Parada de Souto José Moral, ao non poder
desprazar a fragua, amosaron na praza a súa ferramenta. O mesmo que lle ocorreu ao can-
teiro de Vilar de Aceiro Fernando Alba e Alejandro, sobrín de Domingo González de
Canteixeira, que esta aprendendo a tallar a madeira como o seu tío. Para desfrute dos máis
pequenos estaba tamén o ceramista Felipe Hoyos de Iglesia de Campo, co que moitos
nenos e nenas tiveron un primeiro contacto coa artesanía do barro. Pero dúas cousas cha-
maron especialmente a atención da exposición. Por un lado, a mostra do rabel, un con-
xunto de tres destes instrumentos tradicionais feitos por Amador Bruña de Porto
(Zamora) e, o que resultou máis espectacular, o traballo en vivo dos teitadores Juan
González de Chan de Vilar e Manuel Santín de Burbia que cos “vincallos de palla na mao”
e sobre unha estrutura de madeira que simulaba un lateral dunha palloza, apoiada na
fachada da Casa Consistorial, fixeron unha demostración completa de como se teita esta
construción tradicional típica da Somoza e Ancares.
A primeira hora da tarde na Alameda, para mozos e non tan mozos, tivo lugar outra
demostración da presenza do Patrimonio Inmaterial común no Bierzo a través dos xogos tra-
dicionais. A billarda da que se encargou, entre outros, Constento Ortega e dos bolos de
Teixeira, dos que se ocupou de explicar Elpidio Alba, un verdadeiro especialista e entusiasta
xogador. Houbo tamén outros xogos que trouxeron dende Ourense os amigos de Brinquedia,
asociación pola recuperación dos xogos tradicionais. Tamén dende Ourense desprazouse
unha representación do mundo editorial e libreiro, a Libraría Torga, que organizou un posto
con unha moi abondosa bibliografía sobre o patrimonio cultural e a literatura de tradición
oral na Praza Maior a carón da Exposición de Artesanías e Oficios Tradicionais que estivo acti-
va tamén pola tarde ata pouco antes de dar comezo os actos de clausura.
A clausura do acto tentou ser unha mostra entre teórico, lírico e musical do que o Bierzo
e as Portelas aportan ao conxunto do Patrimonio Inmaterial galego-portugués, quixo tamén
divulgar os obxectivos que levaron a Ponte… nas Ondas! a presentar esta Candidatura e á vez
ser un acto público de apoio institucional de diversas autoridades de Castela e León á
Candidatura. Tras da presentación do audiovisual da Candidatura e as palabras de Xerardo
Feijoo ante un teatro abarrotado de público viñeron as intervencións institucionais de Vicente

320
Transmisión e difusión do PI

Cela, Alcalde de Vilafranca do Bierzo patrocinador destes actos, Ricardo González Saavedra,
Presidente do Consello Comarcal do Bierzo que no galego da zona argumentou as “razois”
polas que o organismo que preside acordou asumir un compromiso coa posta en valor do
patrimonio inmaterial común que teñen o Bierzo, Galicia e o norte de Portugal. Logo foi Felipe
Lubián que en calidade de Procurador por Zamora nas Cortes de Castela e León fixo unha rei-
vindicación dos valores da cultura tradicional e da lingua galega nos territorios que están fóra
da Galicia administrativa, pero que son galegofalantes. Rematou este apartado Luís Bará,
Director Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia,
quen compartiu con nós toda a xornada, sinalou a transcendencia da realización deste acto no
Bierzo e subliñou o compromiso que dende a súa responsabilidade debe haber dende o gober-
no galego co estudo, coa revitalización e a posta en valor de todo o patrimonio cultural gale-
go no Bierzo e nas Portelas.
A continuación proxectouse un pequeno audiovisual realizado por Héctor Silveiro,
coordinador desta xornada, titulado Vilafranca e o Bierzo, portadores da Tradición, no que
se pon en evidencia o conxunto de manifestacións patrimoniais que a comarca e, en
especial, a vila onde naceu o ilustrado Martín Sarmiento conservan e deben ser consi-
deradas parte fundamental do nosos valores patrimoniais á vez que son a esencia da
nosa identidade cultural. Tomou logo a palabra o escritor Anxo Angueira para recitar
unha selección de versos do poeta do Rexurdimento berciano Antonio Fernández y
Morales que este compuxera baseándose na fala do Bierzo e na tradición oral. Angueira,
estudoso do poemario Ensayos poéticos en dialecto berciano (1861) fixo un recitado car-
gado de expresividade e emotividade que sorprendeu a todos os presentes e foi corres-
pondido con fortes aplausos.
Houbo no acto de clausura tamén un espazo para evidenciar os lazos que Valdeorras e
o Bierzo teñen de vello, lazos históricos, sociais e culturais. Encargouse de sinalalos Angel
Fernández, Presidente do Instituto de Estudos Valdeorreses, quen aproveitou a ocasión
para manifestar tamén o seu apoio á Candidatura. Tras das súas palabras actuou o grupo
de música e baile tradicional da Rúa de Valdeorras ABERTAL, un dos máis prestixiosos gru-
pos da comarca veciña. Tras dun segundo recitado de Anxo Angueira cos versos adicados
a Vilafranca de Fernández y Morales que no galego da zona din:

321
61 Encontro da cultura tradicional do Bierzo e As Portelas

Tornemos a nosa villa Cual tesoro q´a codicia


franca, garrida, sencilla, de dous avaros escolta
cos honores de ciudá, con xusticia, ou sin xusticia,
que de dous ríos na orilla tira por ela Galicia,
e nun val clavada está. máis Castilla non a solta.
Comezou a derradeira actuación musical, a da Escola de Gaitas de Vilafranca, que
entrou no escenario cantando as coplas tradicionais do Maio de Vilafranca, unha das pezas
máis singulares do noso patrimonio inmaterial, rematando coa interpretación da Danza de
xigantes e cabezudos que desfilan nas festas patronais polas rúas da vila.
Foi unha xornada inesquecible que sería imposible realizar se non fose por un grupo
de persoas que anonimamente sumaron ilusións, esforzos e interese para que todo saíse
ben. Houbo quen colaborou na montaxe da exposición, a preparación da estrutura do tei-
to para os teitadores ou nos contactos coas persoas precisas en cada aldea, mesmo procu-
rou que houbese paus para os xogos da billarda. Houbo pois moitos implicados e de dis-
tintas maneiras na posta a punto dos diversos apartados do programa, membros das aso-
ciacións Escola de Gaitas ou da Morteira ou persoas que espontaneamente se sentiron
motivados polos obxectivos da xornada. E houbo finalmente un xeito importante de par-
ticipar do evento como é formar parte do público entre entusiasta e curioso, emocionado
ou comprometido, como os membros do goberno municipal e da oposición do Concello
de Vilafranca, tamén algún dirixente destacado da UPL e deputado nas Cortes de Castela
e León, xente coñecida ou membros menos coñecidos da comunidade académica da
Universidade de Vigo como Xosé M. Cid, vicedecano da Facultade de Humanidades do
Campus de Ourense, entre outros e un longo etcétera de bercianos asistentes aos actos.
As razóns que nos moveron a apoiar a Candidatura están en que no rico conxunto patri-
monial do Bierzo (León) e As Portelas (Zamora), un dos elementos que se está poñendo en
valor é ese patrimonio da tradición oral, da fala e o patrimonio inmaterial que constitúen
un universo relacionado coas actividades agrarias, as artesanías e o ciclo festivo.
Precisamente un primeiro argumento que avala a nosa contribución ao patrimonio galaico
é o feito de que as autoridades autónomas de “Castilla y León” e o propio Parlamento
Español recoñezan no Bierzo unha comarca con carácter peculiar e a existencia da lingua
galega nos seus territorios. O Bierzo é unha comunidade bilingüe como tantas outras hai
no mundo, este debe ser un elemento que nos enriqueza.
A nosa contribución ao patrimonio inmaterial galaico-portugués está viva, é significati-
va e relevante. Chegamos ao século XXI conservando unha boa parte das diversas mani-
festaciois da nosa forma de vivir e ver o mundo, vellos oficios, costumes, lendas e festas
que son hoxe símbolo do que fomos onte.
Debemos estar orgullosos dese conxunto de persoas que foron e son aínda os verdadei-
ros transmisores a día de hoxe deste legado cultural que, como tamén é sabido, está amea-
zada pola configuración dun mundo globalizado e polo declive das sociedades agrarias.
A presente Candidatura do patrimonio inmaterial do galego-portugués á UNESCO foi,
sen dúbida, unha oportunidade irrepetible de defender o noso patrimonio e de coñecer
máis a fondo a nosa identidade, por iso a apoiamos sabendo que así apoiamos un patri-
monio para o futuro.

322
62

Estiño: un pouco de historia

Ana Vila; Luis Fernández; Natalia López; Aurora Besteiro; Mari Carmen Seijas

Polos anos setenta un grupo de mestras e mestres de escolas unitarias da provincia de


Lugo empezamos a reunirnos para intercambiar experiencias, compartir recursos e buscar
resposta á problemática escolar rural daquel momento.
Co paso do tempo viuse a necesidade de dar amparo legal a este grupo. Así nace o
Colectivo Pedagóxico Estiño no ano 1983.

Obxectivos
Aqueles primeiros obxectivos de postas en común, comentarios de experiencias, traba-
llos... vense ampliados e concretados nos estatutos:
“Este colectivo ten por finalidade promover toda clase de estudos e actividades sociais
e pedagóxicas sobre a escola rural galega e o seu medio.
❙ Potenciará a recollida da cultura galega e o seu espallamento.
❙ Promoverá a publicación de traballos escolares.
❙ Tratará de dignificar a Escola Rural en tódolos seus aspectos.
❙ Potenciará todo o que axude a facer da escola de hoxe unha escola galega”.

Na actualidade
Na actualidade mantemos os mesmos obxectivos aínda que houbo cambios nos centros,
no profesorado e na dinámica de traballo.
O noso traballo pedagóxico persegue que toda a comunidade educativa se implique no
estudo dos distintos aspectos da cultura galega, a valore e axude a mantela viva.
Outra das nosas metas é conseguir sentirnos orgullosos do noso pobo, para mellorar a
autoestima e contribuír á mellora do mundo rural. Na medida das nosas posibilidades
tamén estamos colaborando coa Universidade Rural Galega.

O póster-calendario
Un dos nosos traballos é un póster-calendario (imos no número 27).
62 Estiño: un pouco de historia

Calendario de Estiño
Coma tódolos anos, desde 1980, o Colectivo Pedagóxico
Estiño elabora o seu calendario-póster.
Participaron na súa elaboración os/as nenos/as de: A Ponte,
Casás, Lousada, Mosteiro, IES de Meira, Bretoña, San Román de
Cervantes, Chao de Pousadoiro, Xoán de Requeixo (Chantada) e
Oleiros (Vilalba) da provincia de Lugo, e A Veiga, Viana e IES de
Allariz da provincia de Ourense.
O calendario do 2006 trata dos animais do monte
Nas viñetas hai debuxos dos seguintes: a garduña, a donicela,
o furón, o esquío, o gato bravo, o armiño, a xineta, o morcego, a
lebre, o coello, o raposo, o xabarín, o corzo, o cervo, o lobo, o
porco teixo, o rato, a teipa, a perdiz, o ourizo, o oso, a pita do
monte, a lontra, a serpe, a píntega, o lagarto, a ra e o sapo.
Ademais hai pegadas pola marxe e pódense ler textos referi-
dos ós animais:
Que fina é a xente,
come o do meu cu
deixa o do meu dente.
Se te morde unha donicela
busca lus e busca vela
que mañá irás para a terra.
Ora velaí vai a raposa polo prado,
Ora velaí vai co seu rabo recachado.
Ora velaí vai a raposa polo trigo,
Ora velaí vai co seu rabo retorcido.
Etc.
O calendario véndese a 1,5 € e o recadado emprégase para pagar o calendario, a revis-
ta Miuzallas, e para colaborar en proxectos educativos en Nicaragua.
Os temas de anos anteriores foron:
1. Os traballos 1980
2. Cousas de nenos 1981
3. Ditos 1982
4. As estacións 1983
5. A nosa memoria colectiva 1984
6. Rosalía 1985
7. Castelao 1986
8. Xogo dos cogumelos 1987
9. Tempo libre 1988
10. Árbores 1989
11. Música 1990
12. A natureza é vida 1991
13. ¿Xogas? 1991
14. Festas 1993
15. Dereitos dos nenos e nenas 1994
16. Herbas máxicas 1995
17. De pedra 1996

324
Transmisión e difusión do PI

18. Os oficios 1997


19. Enredos 1998
20. Lendas 1999
21. Roupa 2000
22. Herbas medicinais 2001
23. De madeira 2002
24. Máquinas 2003
25. 25 anos de ESTIÑO 2004
26. Os animais da casa 2005
27. Os animais do monte 2006
A exposición dos 27 calendarios está a disposición dos interesados.

O proceso de elaboración do calendario


1. As nenas e os nenos dos colexios con profesorado do colectivo ESTIÑO propoñen
temas e fan unha relación dos máis votados.
2. Os mestres e mestras escollemos un tema valorando a súa relación coa CULTURA
GALEGA.
3. O alumnado fai deseños para plasmar o tema.
4. Os profes escollemos o deseño que nos parece máis axeitado, ampliámolo e repartí-
molo en viñetas para os distintos colexios.
5. Cada colexio estuda e investiga sobre o tema seleccionado, profundando especial-
mente na parte que lle tocou debuxar. Normalmente é neste momento, no primeiro
trimestre do curso, cando se poden ver nos colexios exposicións relacionadas co
tema elixido (plantas medicinais, mobles, traxes tradicionais, enredos...).
6. Fanse os debuxos procurando que sexan significativos e que vaian ben coloreados.
Nos colexios faise a primeira selección dos debuxos.
7. Montamos os debuxos seleccionados sobre unha cartolina coma se fora un quebra-
cabezas e lévase á imprenta.
Cando os nenos e nenas ven o resultado do seu traballo unido ó dos outros centros sor-
préndense gratamente e séntense satisfeitos.

325
Relación de autoras e autores
[O1, 53, 54, 55, 56] Álvarez Cao, Rosario
Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia (Xunta de Galicia)

[36] Amoedo Amoedo, Ilda


CRCT do Castelo de Vilasobroso (Ponteareas)

[08, 41, 43] Area Carracedo, Iván.


Universidade de Vigo

[44] Atanes, Xosé Manuel


[42] Barrera, Nieves
Veciña de Guláns (Ponteareas)

[47] Bautista Fernández, Hortensia


Coordinadora do Seminario Permanente sobre Improvisación na Aula

[62] Besteiro, Aurora


Colectivo Pedagóxico Estiño de Escolas Rurais

[20] Blanco Torrado, Alfonso


Xermolos. Guitiriz

[22] Briset, Xavier


Los Ocho Mares

[02] Campelo, Alvaro


Centro de Antropologia Cultural, Porto

[50] Campos, Alfonso


Veciño de Proendos

[04] Cao Fernández, Manuel


Coordinador Técnico da Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal

[41] Carpintero Arias, Pablo


[26] Carreira Pérez, Xan Carlos
Escola Politécnica de Lugo. USC

[43] Castro Vicente, Cástor


[61] Cela López, Marisa
Seminario de Estudios Bercianos

[55] Cohen Bossié, Luis


Proxecto CANTATA, I.C. Interreg III B Espazo Atlántico. Sociedade para
o Desenvolvemento Comarcal de Galicia

[27] Davila González, Eloi


Labrego. URG. Labregos Deiquí

[29] Díaz Saavedra, Xan Ramón


Secretario da Fundación ACIVEGA

327
Relación de autoras e autores

[18] Estevez, Ana


Museo do Pobo Galego

[05] F. Santomé, Xerardo


Asociación de Gaiteiros da Xistra

[50] Falagueiro, Manuel


Veciño de Proendos

[59] Feijoo, Xerardo


Directivo de Ponte... nas Ondas!

[56] Fernández Bouza, Guadalupe


Fundación para o Desenvolvemento da Comarca da Ulloa

[08, 45] Fernández Ocampo, Anxo


Universidade de Vigo

[03] Fernández Rei, Francisco


Federación Galega pola Cultura Marítimo-fluvial

[62] Fernández, Luis


Colectivo Pedagóxico Estiño de Escolas Rurais

[21, 24] García, Secundino


Director do CEIP “Mosteiro de Caaveiro”, A Capela. URG

[23] García, Xosé Lois


Emigrante en Barcelona. Director do Arquivo Histórico Municipal de Sant Andreu
de la Barca

[35] González Fernández, José Antonio


“Toño O Cesteiro”, de Lobeira (Entrimo)

[36] González Goyanes, Rafa


CRCT do Castelo de Vilasobroso (Ponteareas)

[17] González Reboredo, X.M.


Sección de Antropoloxía Cultural do Consello da Cultura Galega

[42] González, Marisol


Veciña de Guláns (Ponteareas)

[60] Gutiérrez, Loli


Asociación Cultural San Tirso de Eo. Asturias

[37] López González, Tomás


Oleiro de Gundivós

[52] López Rodríguez, Ramón


Escola Universitaria de Maxisterio de Lugo. USC

[62] López, Natalia


Colectivo Pedagóxico Estiño de Escolas Rurais

[31] Louro Lamela, Emilio “Milucho”


Xerente da Confraría de Pescadores de Lira

[15] Márquez, Luisa


Coordenadora das Escolas Asociadas á UNESCO de Galicia

328
Cultura tradicional e desenvolvemento rural

[58] Martínez Carballosa, Ramiro


CDR Ancares

[12] Méndez Ferrín, X.L.


Escritor e Ensaísta

[49] Papaventos. Escola Ambiental


[40, 59] Pardo, Lois
Presidente de Brinquedia-Rede Galega de Xogo Tradicional

[25] Pascual Abal, Rosa.


IES de Beade. Vigo

[06] Patiño, Antón


Pintor galego e Vicepresidente do Círculo de Bellas Artes de Madrid

[27] Penín Penín, Pilar


Labrega. URG. Labregos Deiquí

[34] Peniza, Inma


IES Pedra da Auga. Ponteareas

[25] Pérez Leirós, Puri


IES 1º de Marzo. Baiona

[32] Pilar Pedreira, Xosé Lois


Membro do Instituto de Estudos Miñoranos (IEM)

[48] Pinto de Herbón


Regueifeiro galego. Herbón (Padrón)

[08, 11, 13] Prado, Xabier


IES Pedra da Auga. Ponteareas

[39, 46] Reigosa Carreiras, Antonio


Membro do Grupo Chaira. Coordinador da Revista Oral O Pazo das Musas

[30] Represas Giraldez, Xosé


Directivo da CMVMC de Xinzo (Ponteareas)

[53, 54, 55] Revilla Bonnin, Arturo


Proxecto CANTATA, I.C.Interreg III B Espazo Atlántico.Sociedade para o
Desenvolvemento Comarcal de Galicia

[16] Rodrigues Gomes, Jorge


IES Pedra da Auga. Ponteareas

[62] Seijas, Mari Carmen


Colectivo Pedagóxico Estiño de Escolas Rurais

[07] Sierra Rodríguez, Xosé C.


Museo Etnolóxico de Ribadavia

[11] Silva, Jorge S.


[61] Silveiro Fernández, Héctor M.
Seminario de Estudios Bercianos

[08, 09] Simón Fernández, Xavier


Universidade de Vigo

329
Relación de autoras e autores

[51] Souto González, Xosé Manuel


Sociedade Galega de Xeografía

[55] Suárez Samaniego, Ana


Proxecto CANTATA, I.C.Interreg III B Espazo Atlántico.Sociedade para
o Desenvolvemento Comarcal de Galicia

[38] Suárez Súarez, Manuel


Secretario do Seminario de Estudos Comarcais para a promoción
do patrimonio cultural da Costa da Morte

[22] Teixido Sotelo, Miguel


Asociación EuroEume

[57] Tobío Iglesias, Xosé Mª


Coordinador da A.D.R. Ulla-Umia

[10] Toro, Suso de


Escritor e Ensaísta

[28] Vaz Fernández, José Luis


Xerente de Verín Biocoop SCG

[33] Vázquez, Xosé Manuel


Asociación Barcas do Minho

[14] Veloso Troncoso, Santiago


Presidente da Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte... nas ondas!

[19] Veloso, Abraão


Museu Agrícola de Entre Douro e Minho

[62] Vila, Ana


Colectivo Pedagóxico Estiño de Escolas Rurais

330
Cultura tradicional

Cultura tradicional e desenvolvemento rural


e desenvolvemento
rural

Edición co Patrocinio de

Coa participación da UNIÓN EUROPEA

Proxecto cofinanciado polo FEDER Xavier Simón Fernández e Xabier Prado Orbán (eds.)

You might also like