Download as doc or pdf
Download as doc or pdf
You are on page 1of 91

Introducción, Metodoloxía de Traballo e Índice 1

Territorio 2
Territorio 3

3. O Territorio
Co obxectivo de coñecer o medio e as súas implicacións sociais e económicas do Pacto
de Lemos, empezaremos por facer unha aproximación físico natural ao territorio das súas tres
comarcas; Chantada, Quiroga e Terra de Lemos.
Para facer unha achega ó coñecemento do medio, examínase en primeira instancia cal é
o encadre xeográfico en canto a situación, superficie e estrutura parroquial. Nun segundo
momento, describimos a súa morfoloxía e relevo, climatoloxía e solos, os recursos naturais e o
espazos de interese LIC coa súa flora e fauna. Faremos unha síntese histórica co obxectivo de
encadrar o patrimonio cultural máis salientable, incluíndo un mapa de recursos patrimoniais,
habida conta da riqueza cultural e patrimonial do territorio. A continuación, miraremos o
aproveitamento do solo revisando a superficie catastral, o chan industrial, a superficie forestal e
os montes de man común, e a superficie segundo tipos de cultivo. Finalmente, pasaremos a
describir cal é o seu nivel de infraestruturas, equipamentos, fluxos comerciais e comunicacións
e as entidades supramunicipais que afectan o Pacto de Lemos.

3.1. Localización do Territorio do Pacto de Lemos


De seguido, realízase unha aproximación ao encadre territorial no que se enmarca o
Pacto de Lemos, delimitando a situación, superficie, estrutura parroquial e mapa de
localización.
3.1.1. Encadre xeográfico
O Territorio do Pacto de Lemos atópase ó sur da provincia de Lugo. Seguindo o senso
das agullas do reloxo, linda ó norte coas comarcas lucenses de A Úlloa, Lugo, Sarria e Os
Ancares ; ó leste con El Bierzo na Comunidade de Castela-León e coa Comarca de Valdeorras
(Ourense); ó sur coas comarcas ourensáns de Terra de Trives, Terra de Caldelas, Ourense, e
O Carballiño a través do límite natural do río Sil; e péchase ó oeste coa Dorsal Galega da Serra
do Faro, límite natural coa Comarca de Deza (Pontevedra).
Territorio 4

3.1.2. Superficie
O Territorio do Pacto Territorial de Lemos, posúe unha extensión de 1.980,6 Km2; o que
é o 20% do territorio da provincia de Lugo (9.856,1 Km2) e o 7% de Galicia (29.574,4 Km2). A
superficie do Pacto de Lemos distribúese como sigue: a Comarca de Chantada supón un 23%;
a Comarca de Quiroga o 29% e a Comarca de Terra de Lemos o 48% restante. O reparto da
súa superficie entre os concellos é coma sigue:
Superficie do Pacto de Lemos por concello
Comarca/Concello Km2 %
Comarca de Chantada 462,2 23,34%
Concello de Carballedo 138,8 7,01%
Concello de Chantada 176,7 8,92%
Concello de Taboada 146,7 7,41%
Comarca de Quiroga 578,0 29,18%
Concello de Folgoso do Courel 192,8 9,73%
Concello de Quiroga 317,4 16,03%
Concello de Ribas de Sil 67,8 3,42%
Comarca de Terras de Lemos 940,4 47,48%
Concello de Bóveda 91,1 4,60%
Concello de Monforte de Lemos 199,5 10,07%
Concello de Pantón 143,2 7,23%
Concello de A Pobra de Brollón 176,7 8,92%
Concello de O Saviñao 196,6 9,93%
Concello de Sober 133,3 6,73%
Pacto Territorial de Lemos 1.980,6 100,00%
Lugo 9.856,1
Galicia 29.574,4
Fonte: IGE

3.1.3. Estrutura administrativa


O Pacto Territorial de Lemos está constituído por tres comarcas: Comarca de Chantada,
Comarca de Quiroga e Comarca de Terra de Lemos. A Comarca de Chantada ten tres
concellos: Carballedo, Chantada e Taboada; a de Quiroga outros tres: Folgoso do Courel,
Quiroga e Ribas de Sil; e a de Terra de Lemos seis concellos: Bóveda, Monforte de Lemos,
Pantón, A Pobra de Brollón, O Saviñao e Sober. As entidades administrativas en cada concello
é coma sigue:
Entidades Núcleos
Comarcas/ Concellos Km2 Parroquias singulares poboación Diseminados
Comarca de Chantada 462,2 87 653 102 556
Carballedo 138,8 24 193 36 158
Chantada 176,7 36 276 30 247
Taboada 146,7 27 184 36 151
Comarca de Quiroga 578 38 211 77 135
Folgoso do Courel 192,8 9 47 24 23
Quiroga 317,4 22 119 36 83
Ribas do Sil 67,8 7 45 17 29
Comarca Terra de Lemos 940,4 140 1048 163 910
Bóveda 91,1 14 57 18 39
Monforte de Lemos 199,5 27 232 14 219
Pantón 143,2 26 202 49 172
A Pobra de Brollón 176,7 22 88 28 64
O Saviñao 196,6 29 262 32 231
Sober 133,3 22 207 22 185
Total Pacto de Lemos 1.980,6 265 1.912 342 1.601
Total Lugo 9.856 1.264 9.770 1.334 8.590
Total Galicia 29.574,4 3.778 30.091 10.279 20.480
Fonte: Nomenclator IGE 2008

O modelo de asentamento da poboación enmárcase no modelo das rexións atlánticas de


Europa Occidental, caracterizado por un elevado grao de dispersións e atomización dos
núcleos de poboación. As súas tres comarcas, 12 concellos, 265 parroquias, 1.912 entidades
singulares, 342 núcleos de poboación, e 1.601 lugares diseminados danos conta da dispersión
Territorio 5

poboacional do Pacto de Lemos e das dificultades consecuentes á hora de prover servizos aos
seus habitantes.
Galicia conta con 53 comarcas e 315 concellos; Lugo con 13 comarcas e 65 concellos.
Respecto ás comarcas, a Lugo correspóndelle o 25% das comarcas galegas, e ao Pacto de
Lemos o 23% das lucenses; respecto ós concellos, a Lugo correspóndenlle o21% dos galegos
e ao Pacto o 18% dos lucenses.
Respecto ás parroquias, a Lugo correspóndelle o 33% das galegas, e ao Pacto de
Lemos o 21% das de Lugo; respecto ás entidades singulares, case o 50% corresponden ó
territorio galego e dentro do territorio galego, a Lugo correspóndelle un terzo; e ao Pacto de
Lemos case o 20% das de Lugo en liña coa superficie do territorio lucense que ocupa o Pacto.
Enténdese como entidade singular de poboación calquera área habitable do termo
municipal, habitada ou excepcionalmente deshabitada (por exemplo, urbanización e zonas
residenciais que están habitadas só en determinadas tempadas do ano), claramente
diferenciada do mesmo, e que é coñecida por unha denominación específica que a identifica
sen posibilidade de confusión. Un concello pode constar dunha ou de varias destas entidades
singulares de poboación.
O INE considera no seu Censo como núcleos rurais, no seu senso máis estrito, ós
inferiores ós 2.000 habitantes e núcleos semiurbanos os que teñen entre 2.000 e 10.000.
Tendo en conta esta consideración, das 1.912 entidades do Pacto, soamente dúas superan os
2.000 habitantes; un núcleo semiurbano en Chantada, formado por un total de 4.311 persoas (o
7,77% do total de poboación) e un termo claramente urbano en Monforte de Lemos, cunha
poboación de 16.322 habitantes (que supón o 29,43% do total de poboación do Pacto).
Todo isto tradúcese en que, 1.910 entidades singulares do Pacto (o 99,90% do total)
poden ser consideradas como núcleos rurais e representan o 62,80% (34.843 persoas) do total
da poboación do Pacto, o que pon de manifesto o carácter ruralista do noso territorio e a súa
configuración en pequenos núcleos de poboación. Se obviamos os datos referentes a Monforte
de Lemos, o indicador de ruralidade incrementariase ata o 88,02%.
Ao observar o proceso de despoboamento do rural a porcentaxe de entidades singulares
absolutamente abandonadas é especialmente grave na provincia e no Pacto de Lemos; así,
segundo o Informe do IGE 2007, o caso de Lugo presenta as peores cifras de Galicia e incluso
de España, contabilizándose na provincia o 20% do total español con 524 aldeas sen unha soa
alma. A porcentaxe das abandonadas dentro do Pacto de Lemos supoñían nesas datas o 25%
das da provincia con 130 aldeas totalmente despoboadas.
As Directrices de Ordenación do Territorio de Galicia, compromiso recollido na Mesa 4
do Diálogo Social en Galicia, e no que atinxe ao Pacto de Lemos propón un sistema de
asentamentos xerarquizados, no cal Monforte de Lemos actuaría coma cabeceira
supracomarcal dun sistema urbano intermedio; ao mesmo tempo que Chantada e Quiroga
serían subcabeceiras ou nodos para o equilibrio do territorio. Este modelo de asentamentos
articularase mediante as redes de infraestruturas de transporte, de telecomunicacións, de
distribución de enerxía, os equipamentos colectivos supramunicipais e as grandes áreas de
actividade económica, coa finalidade de prover axeitados servizos aos seus habitantes e sentar
as bases para o desenvolvemento social e económico.

3.1.4. Listaxe de parroquias


Na seguinte táboa pódese ver o nome das parroquias de cada concello, mantendo un
primeiro nome págano de distinta orixe, atopándonos topónimos celtas coma é o caso de
Barantes, Ver, Mañente ou Tor; suevos ou visigóticos coma Atán, Ousende, Gundivós,
Mourelos, Reiríz, Rubián, Gullade, etc; e incluso árabes coma Marrube, Amandi, etc. Cada un
deles dedicado a unha advocación cristián, destacando pola súa frecuencia Santa María,
Santiago, San Martiño, San Xoán, San Salvador, San Pedro, Santa Mariña, San Vicente, San
Territorio 6

Xián, San Miguel, Santo Estevo e San Cristovo. Seguindo aquelas de advocacións cristiáns
de Santa María e Santiago trázanse os distintos routeiros do Camiño de Santiago de Inverno.

Comarca de Chantada

Parroquias de Carballedo

Parroquia Parroquia Parroquia

1
1 Aguada (Santa Baia) 9 Castro (Santa Mariña) 7 Lousada (San Mamede)

1 1
2 Asma (Santa Cristina) 0 Castro (San Cristovo) 8 Marzás (Santa María)

1 1
3 Búbal (Santa Baia) 1 Cova (San Xoán) 9 Milleirós (San Xoán)

1 2
4 Búbal (San Salvador) 2 Chouzán (Santo Estevo) 0 Oleiros (San Miguel)

1 2
5 Buciños (San Miguel) 3 Erbedeiro (San Pedro) 1 Pradeda (Santiago)

1 2
6 Campos (San Romao) 4 Furco (San Gregorio) 2 Termes (Santa María)

1 2
7 Carballedo (Santa María) 5 Lobelle (San Cristovo) 3 Veascós (Santa Mariña)

1 2
8 Cartelos (Santo Estevo) 6 Lousada (Santiago) 4 Vilaquinte (Santa María)

Parroquias de Chantada

Parroquia Parroquia Parroquia

3 2
1 Adá (Santa Baia) 6 Esmeriz (Santa Mariña) 4 Nogueira de Miño (Santa María)

1 2
2 Arcos (Santa María) 3 Esmoriz (San Xían) 5 Pedrafita (Santa Baia)

1 2
3 Argozón (San Vicente) 4 Fornas (San Cristovo) 6 Pereira (San Mamede)

1 2
4 Asma (San Fiz) 5 A Grade (San Vicente) 7 Pesqueiras (Santa María)

1 2
5 Asma (San Salvador) 6 Laxe (San Xoán) 8 Requeixo (Santiago)

1 2
6 Asma (Santa Uxía) 7 Líncora (San Pedro) 9 A Riba (Santiago)

1 3
7 Asma (San Xurxo) 8 Maríz (San Martiño) 0 Sabadelle (Santa María)

1 3
8 Belesar (San Bartolameu) 9 Mato (San Xían) 1 A Sariña (San Vicente)

2 3
9 Bermún (Santa María) 0 Merlán (San Tomé) 2 A Veiga (San Xoán)

1 2 3
0 Brigos (O Salvador) 1 Monte (San Miguel) 3 Viana (San Pedro)

1 2 3
1 Camporramiro (Santa María) 2 Mouricios (Santo Cristovo) 4 Viana (Santa Cruz)

1 2 3
2 Chantada (Santa Mariña) 3 Muradelle (San Paio) 5 Vilauxe (O Salvador)
Territorio 7

Parroquias de Taboada

Parroquia Parroquia Parroquia

1 1
1 Ansar (Santo Estevo) 0 Couto (Santo Mariño) 9 Mourulle (San Vicente)

1 2
2 Arxiz (San Paio) 1 Esperante (Santiago) 0 Piñeira (Santa María)

1 2
3 Bembibre (San Pedro) 2 Fradé (Santiago) 1 Sobrecedo (Santiago)

1 2
4 Bouzoa (San Xoán) 3 Gondulfe (San Lourenzo) 2 Taboada dos Freires (Santa María)

1 2
5 Campo (San Xián) 4 Insua (San Salvador) 3 A Torre (San Mamede)

1 2
6 Carballo (San Tomé) 5 Insua (San Xián) 4 Vilameñe (Santa Mariña)

1 2
7 Castelo (Santa María) 6 Mato (San Martiño) 5 Vilar de Cabalos (Santa Eulalia)

1 2
8 Cerdeda (Santa Mariña) 7 Meixonfrío (Santa Mariña) 6 Vilela (San Miguel)

1 2
9 Cicillón (Santiago) 8 Moreda (Santa María) 7 Xián (Santa María)
Comarca de Quiroga
Parroquias de Folgoso do Courel
Parroquia Parroquia Parroquia
1 Esperante (San Pedro) 4 Meiraos (Santa María) 7 Seoane (San Xoán)
2 Folgoso (Santa María) 5 Noceda (San Pedro) 8 Vilamor (San Vicente)
3 Hórreos (San Pedro) 6 Seceda (San Silvestre) 9 Visuña (Santa Eufemia)
Parroquias de Quiroga
Parroquia Parroquia Parroquia
1
1 Augas Mestas (Santiago) 9 O Hospital (San Salvador) 7 A Seara (Santa María Madanela)
1 1
2 Bendillo (Santa María) 0 Montefurado (San Miguel) 8 Sequeiros (Santa Mariña)
1 1
3 Bendollo (Santa María) 1 Nocedo (San Lourenzo) 9 Vilanuíde (Santo Antonio)
1 2
4 Bustelos de Fisteus (Santa Bárbara) 2 Outeiro (Santa María) 0 Vilar de Lor (San Xosé)
1 2
5 Cereixido (Santa María) 3 Pacios da Serra (San Salvador) 1 Vilarmel (San Lourenzo)
1 2
6 A Enciñeira (Santa Sabela) 4 Paradaseca (San Marcos) 2 Vilaster (Santa María)
1
7 A Ermida (Santa María) 5 Quintá do Lor (Santa María)
1
8 Fisteus (San Mamede) 6 Quiroga (San Martiño)
Parroquias de Ribas de Sil
Parroquia Parroquia Parroquia
1 Nogueira (Nosa Señora das Neves) 4 Rairos (Santa Lucía) 7 Torbeo (Santa María)
2 Peites (San Martiño) 5 Ribas de Sil (San Clodio) 8
3 Piñeira (San Cristovo) 6 Soutordei (Santiago) 9

Parroquias da Comarca de Terra de Lemos


Parroquias de Bóveda
Parroquia Parroquia Parroquia
1 Bóveda (San Martiño) 6 Remesar (San Xoán) 11 Tuimil (Santa María)
2 Freituxe (Santiago) 7 Ribas Pequenas (Santiago) 12 Ver (San Vicente)
Territorio 8

3 Guntín (San Cristovo) 8 Rubián (Santiago) 13 Vilalpape (San Bartolomeu)


4 Martín (San Cristovo) 9 Rubián (San Fiz) 14 Vilarbuxán (San Bartolomeu)
1
5 Mosteiro (San Paio) 0 Teilán (Santa Baia)
Parroquias de Monforte de Lemos
Parroquia Parroquia Parroquia
1
1 Baamorto (Santa María) 0 Marcelle (San Miguel) 19 Rozabales (Santa María)
1
2 Bascós (San Martiño) 1 Moreda (San Salvador) 20 Tor (San Xillao)
1
3 Caneda (Santalla) 2 As Nocedas (Santo Estevo) 21 Tor (San Xoán)
1
4 O Chao de Fabeiro (San Ramón) 3 O Monte (Santa Mariña) 22 Seoane (San Salvador)
1
5 Chavaga (San Xoán) 4 A Parte (Santa María) 23 Sindrán (San Pedro)
1
6 Distriz (Santo André) 5 A Penela (Santa María) 24 Valverde (San Pedro)
1
7 Fiolleda (San Cosmede) 6 Piñeira (San Martiño) 25 A Vide (San Cibrao)
1
8 Gullade (San Acisclo) 7 Reigada (San Salvador) 26 Vilamarín (San Fíz)
1 2
9 Guntín (Santa Lucía) 8 Ribas Altas (San Pedro) 7 Monforte de Lemos
Parroquias de Pantón
Parroquia Parroquia Parroquia
1
1 Acedre (San Romao) 0 Frontón (San Xoán) 19 O Mato (Santo Estevo)
1
2 Atán (Santo Estevo) 1 Mañente (San Mamede) 20 Següín (Santo André)
1
3 Cangas (San Fiz) 2 Moreda (San Romao) 21 Serode (San Xián)
1
4 Cangas (Santiago) 3 Pantón (San Martiño) 22 Siós (San Martiño)
1
5 Castillón (Santiago) 4 Pombeiro (San Vicente) 23 Toldaos (San Xoán)
1
6 Deade (San Vicente) 5 Ribeiras de Miño (Santo André) 24 Tribás (San Martiño)
1
7 Eiré (San Xián) 6 Castillón (San Vicente) 25 Vilamelle (San Cibrao)
1
8 Espasantes (Santo Estevo) 7 Toiriz (Santalla) 26 Vilar de Ortelle (Santiago)
1
9 Ferreira de Pantón (Santa María) 8 Toiriz (Santa María)
Parroquias de A Pobra de Brollón
Parroquia Parroquia Parroquia
1 Abrence (San Xoán) 9 A Ferreirúa (San Martiño) 17 A Pobra de Brollón (San Pedro)
1
2 Barxa do Lor (Santa Mariña) 0 Fornelas (Santa Comba) 18 Saa (Santa María)
1
3 Canedo (San Miguel) 1 Lamaigrexa (San Pedro) 19 Salcedo (San Xoán)
1
4 Castroncelos (Santiago) 2 Liñares (San Cosme) 20 Rei (Santalla)
1
5 Castrosante (Santa Mariña) 3 Outara (Santa María) 21 Veiga (San Xián)
1
6 Cereiza (San Pedro) 4 Parada dos Montes (Santa Einés) 22 Vilachá (San Mamede)
1
7 Eixón (San Xurxo) 5 Pinel (Santa María)
1
8 Ferreiros (San Salvador) 6 Piño (Santa María)
Parroquias de O Saviñao
Parroquia Parroquia Parroquia
1
1 Abuíme (San Xoán) 1 Louredo (Santiago) 21 Segán (Santa María)
1
2 A Broza (San Tomé) 2 Marrube (Santa María) 22 Seteventos (Santa María)
1
3 Chave (San Sadurniño) 3 Mourelos (San Xián) 23 Sobreda (San Xoán)
1
4 A Cova (San Martiño) 4 Ousende (Santa María) 24 Vilacaíz (San Xián)
1
5 Diomondi (San Paio) 5 Piñeiro (San Sadurniño) 25 Vilaesteva (San Salvador)
Territorio 9

1
6 Eirexafeita (San Vicente) 6 Rebordaos (Santalla) 26 Vilasante (San Salvador)
1
7 Fión (San Lourenzo) 7 Reiriz (Santa María) 27 Vilatán (San Xoán)
1
8 Freán (Santa Cecilia) 8 Rosende (Santa Mariña) 28 Vilelos (San Martiño)
1
9 A Laxe (San Fiz) 9 Ribas de Miño (Santo Vitorio) 29 Xuvencos (Santiago)
1 2
0 Licín (Santalla) 0 Ribas de Miño (Santo Estevo)
Parroquias de Sober
Parroquia Parroquia Parroquia
1 Amandi (Santa María) 9 Canaval (San Pedro) 17 Pinol (San Vicente)
1
2 Anllo (Santo Estevo) 0 Doade (San Martiño) 18 Proendos (Santa María)
1
3 Anllo (San Martiño) 1 Figueiroá (San Salvador) 19 Refoxo (Santo Estevo)
1
4 Arroxo (San Martiño) 2 Gundivós (Santiago) 20 Rosende (San Miguel)
1
5 Barantes (San Xoán) 3 Liñarán (San Martiño) 21 Santiorxo (San Xurxo)
1
6 Bolmente (Santa María) 4 Lobios (San Xiao) 22 Vilaescura (Santa María)
1
7 Brosmos (Santa Cruz) 5 Millán (San Nicolao)
1
8 Bulso (San Pedro) 6 Neiras (San Salvador)

3.1.5. Mapa de localización das parroquias

3.2. Características morfolóxicas


Territorio 10

3.2.1. Orografía: rede fluvial e relevo


Orográficamente é unha rexión definida pola gran depresión do Val de Lemos (dende
200 m sobre o nivel do mar), rodeada de pequenas cadeas montañosas que dan paso a serras
de maior altitude que rodean ó territorio.
A depresión do Val de Lemos, antigo lago no cuaternario, está cruzada polo río Cabe
que baixa de NE-SO dende O Incio (Monte Loureira) para fluír no Sil no Concello de Sober. O
río Cabe (Espazo LIC) baixa encaixado (pendentes de 8%) no inicio aproveitando unha
fractura N-S entre os 900 e os 500 m de altitude; para pasar ata o nivel dos 400 m (2,3%) e
internarse na depresión do val (200 m) discorrendo despois entre cotas duns 280-350 m,
mantendo unha inclinación menor do 1%.
Segundo subimos en altitude cara ao oeste, atopamos as chairas intermedias de
Chantada cunha altura media de 400m cruzadas N-S polo río Miño; chairas con serras
espalladas coma os Montes da Medela, a Serra da Pena, a Serra de Vacaloura con alturas
superiores aos 800 m no Monte Maxal; que dan paso a Serra do Faro (Espazo LIC) con cumios
coma o do Alto do Faro (1.181 m.). Ao norte, a Serra do Oural (805 m) á separa da depresión
de Sarria; ao nordés e leste atópanse os cumios máis elevados do territorio na Serra do Courel
(Espazo LIC) coma o Formigueiros (1.654 m) ou Pía Paxaro (1.616m). Ao sur da depresión,
atopamos unha serie de cadeas montañosas coma a Serra de Auga Levada (879m), o Alto de
Bidual (816 m) ou os Montes San Paio (700 m) para caer en cortados de ata 500m nos cotarros
do río Sil (Espazo LIC) que ó separa da provincia de Ourense.
A especial orografía do territorio cos seus encaixados ríos, fan del unha das zonas de
máis recursos en enerxía hidráulica da Comunidade: encoros de Belesar e os Peares na cunca
do Miño; pola outra banda os de Santo Estevo, San Pedro, Sequeiros e Montefurado no Sil.
Tamén, aínda que en menor medida enerxía eólica (Serra do Faro, Monte Cabeza), coma
veremos no mapa enerxético adxunto. Asemade, e a pesar dos encoros, conta con numerosos
coutos de pesca, e innumerables fervenzas e fontes espalladas por todo o territorio.
A rede fluvial principal é coma sigue:
Principal rede fluvial
Ríos principais Afluentes pola dereita (Concello) Afluentes pola esquerda (Concello)
Moreda (Taboada) Pez (O Saviñao)
Porto Dreira (Taboada) Barrantes (O Saviñao)
Ponte de Enviande (Chantada) Pesqueiras (O Saviñao)
Ponte de Lama (Chantada) Portiño- Sardiñeira (O Saviñao)
Río Miño (N-S) Asma (Chantada) Xunqueira (O Saviñao)
Campo Ramiro (Chantada) Rego de O Saviñao (O Saviñao)
Regato Soto Varela (Chantada) Sil (Carballedo)
Fondós (Carballedo)
Búbal (Carballedo)
Selmo (Folgoso) Návea - Bibie (Quiroga)
Vilarmel - Soldón (Quiroga) San Pedro (Ribas de Sil)
Quiroga (Quiroga) Rego do Ríal (Ribas de Sil)
Río Sil (E-O)
Regato de Paterne (Quiroga)
Lor (Quiroga)
Regato de San Xoán (Monforte)
Noceda-Mao (Bóveda) Rubín-Saa (A Pobra de Brollón, Bóveda))
Cinsa (Monforte) Antigua (Bóveda)
Río Cabe (NE-SO)
Carabelos (O Saviñao) Lebrón (APobra de Brollón)
Ferreira (Pantón) Regato de Sante (Sober)
Pequeno (O Courel) Moreda (O Courel)
Río Lor (NE-SO) Lóuzara (O Courel) Romeor (O Courel)
Regato Mazo (A Pobra de Brollón) Arroio de Reconco (A Pobra de Brollón)
Fonte: http://www. cnig.es

Pasamos a amosar a listaxe dos principais cumios do territorio:


Serras e Cumios
Cadea montañosa Cumios máis salientables altitude Concello
Serra do Faro (N-S) Alto do Corto 896 m Taboada
Monte Cantelle 1.222 m Taboada
Alto do Faro 968 m Taboada
Monte Faro 1.181 m Chantada
Territorio 11

Pena Maior 1.109 m Chantada


Penedo dos Millos 1.041 m Carballedo
Alto do Faro 1.615 m Folgoso do Courel
Cabeza Grande 1.517 m Folgoso do Courel
Cabeza de Couto 1.436 m Folgoso do Courel
Pico de Formigueiros 1.639 m Folgoso do Courel/Quiroga
Teso das Papoulas 1.603 m Folgoso do Courel
A Escrita 1.460 m Folgoso do Courel
A Cabra 1.419 m Folgoso do Courel
O Airibio 1.447 m Folgoso do Courel
O Boi 1.451 m Folgoso do Courel
Cordal de O Courel (NE-SO)
O Mallón 1.589 m Folgoso do Courel
A Buzaqueira 1.579 m Folgoso do Courel
A Muralla, no Rañadoiro 1.589 m Folgoso do Courel
Pía Paxaro 1.610 m Folgoso do Courel/Quiroga
Cobaluda 1.299 m Folgoso do Courel
A Legua, na Trapa 1.307 m Folgoso do Courel
Alto da Neveira 1.164 m A Pobra de Brollón
Alto da Serra 1.137 m A Pobra de Brollón
Cima de Pías 1.131 m A Pobra de brollón
Chao de Lagas 1.060 m A Pobra de Brollón
Alto da Chá 1.021 m A Pobra de Brollón
Montouto 1.546 m Quiroga
Serra dos Cabalos (N-S)
Fonte de Cais 1.418 m Quiroga
Lastredo del Mazales 1.349 m Quiroga
Alto dos Tornos 1.324 m Quiroga
Rinán 1.451 m Quiroga
Pico da Serrada 1.494 m Quiroga
Serra do Cabreiro
Pico da Cova do Ladrón 1.367 m Quiroga
Pico do Cabreiro 1.365 m Quiroga
3.2.2. Climatoloxía e solos.

Galicia atópase dentro da España húmida con clima temperado atlántico ou oceánico,
clima caracterizado por temperaturas suaves e abundantes precipitacións. As cadeas
montañosas da Serra do Faro e do Cordal do Courel pola súa orientación e disposición de
relevo, actúan coma unha barreira para os ventos e alonxa ó territorio da influencia das masas
de aire húmidas e cálidas procedentes do mar o que fai que, en xeral, a climatoloxía do
Territorio do Pacto sexa oceánica na súa variedade continental polo que presenta grandes
oscilacións térmicas se o comparamos coa mesma latitude na costa, ó tempo de ser unha das
áreas de menor precipitación total en Galicia (inferior a 1.000 mm/ano).
Malia a xeneralidade, podemos atopar catro unidades topográficas diferenciadas que
correspóndense con catro subclimas ben diferenciados: a depresión central do Val de Lemos,
as chairas intermedias ó redor da depresión, as zonas altas das serras, e os vales fluviais nas
ribeiras dos ríos Miño, Sil e Cabe.
O analizar as estacións de observación meteorolóxicas máis pretas ao noso territorio
podemos establecer unha relación entre os datos rexistradas nelas e tres dos catro sub-climas
establecidos. Non existe ningunha estación meteorolóxica que coincida co microclima dos vales
encaixados.
Eliximos entre as estacións climatolóxicas circundantes as de: Bóveda (432m); O
Marroxo (Monforte, 645m); A Conchada (Quiroga, 697m); Serra Vacaloura (Monterroso, 795m);
Ancares (Cervantes, 1.364m) e Serra do Eixe (O Barco, 1.229m), por contar con datos dende o
2000. Máis pretas o noso eido están tamén as de: O Courel (777m), San Xoán de Ríos (1.26m)
e a de serra do Faro (991m) máis só dispoñen de información dende o 2007.
A de Bóveda e a que mellor representa o clima do Val de Lemos; as tres seguintes as
das chairas intermedias, e as dúas finais o clima de montaña.
Datos climáticos rexistrados nas estacións meteorolóxicas máis próximas
200 200 200 200 200
Bóveda (Bóveda / 432 m.) 0 2001 2 2003 4 2005 6 7 Media Max. Min.
Tª media 12,1 12,4 13,7 14,1 14,5 13,4 10,6 13,0 14,5 10,6
Tº Máxima media 18,5 18,9 19,7 20,1 21,4 20,4 17,5 19,5 21,4 17,5
Tª Mínima media 4,2 6,0 7,7 8,1 7,7 6,4 4,8 6,4 8,1 4,2
Territorio 12

Tº Máxima abs. 36,0 37,0 37,0 41,5 39,0 40,0 34,6 37,9 41,5 34,6
Tª Mínima abs. -7,0 -12,0 -4,0 -5,5 -10,0 -8,5 -9,5 -8,1 -12,0 -4,0
126 112 100
Precipitación 0 1136 8 870 658 8 446 929 1260 446
Xeada 55* 56 11 22 32 59 45* 40 59 11
200 200 200 200 200
Marroxo (Monforte / 645 m.) 0 2001 2 2003 4 2005 6 7 M.00-07 Max. Min.
Tª media 12,1 12,2 12,6 11,9 12,0 12,8 11,7 12,2 12,8 11,7
Tº Máxima media 17,7 17,5 18,1 17,7 18,0 18,7 17,7 17,9 18,7 17,5
Tª Mínima media 8,0 8,2 8,5 7,7 7,7 8,5 7,3 8,0 8,5 7,3
Tº Máxima abs. 36,2 34,2 38,3 35,5 37,1 37,7 35,1 36,3 38,3 34,2
Tª Mínima abs. -4,0 -1,7 -4,1 -3,6 -6,8 -4,5 -3,7 -4,1 -6,8 -1,7
Precipitación 832 965 793 550 541 753 366 685,7 965 366
Xeada 18* 5 19 28 40 27 18 22 40 5
200 200 200 200 200
Conchada, A (Quiroga / 697 m.) 0 2001 2 2003 4 2005 6 7 M.00-07 Max. Min.
Tª media 12,4 11,3 12,1 13,3 14,6 13,1 13,9 11,3 12,8 14,6 11,3
Tº Máxima media 18,0 17,0 17,5 18,7 19,7 18,4 19,3 17,3 18,2 19,7 17,0
Tª Mínima media 7,3 5,5 6,8 8,0 8,6 7,8 8,4 6,7 7,4 8,6 5,5
Tº Máxima abs. 36,5 37,0 34,0 41,0 37,5 37,0 39,0 34,7 37,1 41,0 34,0
Tª Mínima abs. -4,2 -8,3 -4,8 -5,5 -2,0 -4,8 -4,0 -4,5 -4,8 -8,3 -2,0
113
Precipitación 3 930 961 962 765 681 899 481 852 1133 481
Xeada 41 68 26* 27 20 39* 17 28 33 68 17
200 200 200 200 200
Sª Vacaloura (Monterroso / 795 m.) 0 2001 2 2003 4 2005 6 7 M.00-07 Max. Min.
Tª media 10,5 10,2 9,4 12,0 10,8 10,7 11,4 10,7 10,7 12,0 9,4
Tº Máxima media 15,3 14,7 13,4 16,9 15,5 15,1 15,9 15,3 15,3 16,9 13,4
Tª Mínima media 5,8 5,7 5,5 7,1 6,1 6,3 6,9 6,1 6,2 7,1 5,5
Tº Máxima abs. 33,0 31,5 30,8 35,0 28,6 32,0 36,0 31,0 32,2 36,0 28,6
Tª Mínima abs. -5,0 -6,0 -3,0 -2,0 -4,5 -6,5 -7,0 -3,5 -4,7 -7,0 -2,0
127 129
Precipitación 990 1701 6 677 802 938 5 737 1052 1701 677
Xeada 41* 38* 40 12* 42* 59 35 18* 36 59 12
200 200 200 200 200
Ancares (Cervantes / 1.364 m.) 0 2001 2 2003 4 2005 6 7 M.00-07 Max. Min.
Tª media 9,2 9,3 8,0 8,8 8,3 8,4 9,5 8,3 8,7 9,5 8,0
Tº Máxima media 13,7 13,7 12,0 12,6 12,2 12,3 13,5 12,0 12,8 13,7 12,0
Tª Mínima media 4,7 5,6 4,7 5,6 5,1 5,1 6,2 5,0 5,3 6,2 4,7
Tº Máxima abs. 30,2 29,4 27,4 30,8 29,6 30,6 31,1 28,4 29,7 31,1 27,4
Tª Mínima abs. -6,0 -7,0 -4,3 -8,1 -7,9 -11,0 -8,5 -7,7 -7,6 -11,0 -4,3
113 156
Precipitación 879 589 7 1334 4 1483 668 1093 1564 589
Xeada 41* 55* 64 71 77 79 46 54 61 79 41*
200 200 200 200 200
Sª do Eixe (O Barco / 1.229 m.) 0 2001 2 2003 4 2005 6 7 M.00-07 Max. Min.
Tª media 9,4 9,3 8,8 8,8 9,1 9,7 10,5 8,3 9,2 10,5 8,3
Tº Máxima media 13,7 13,8 13,1 13,2 13,5 14,4 15,0 13,0 13,7 15,0 13,0
Tª Mínima media 4,7 4,8 4,5 4,4 4,6 5,1 5,9 4,4 4,8 5,9 4,4
Tº Máxima abs. 32,0 32,0 29,2 33,5 30,5 35,0 33,5 29,3 31,9 35,0 29,2
Tª Mínima abs. -7,5 -9,5 -5,2 -11,0 -9,2 -9,5 -7,5 -6,9 -8,3 -11,0 -5,2
133 121 116
Precipitación 7 1285 5 1205 873 769 7 831 1085 1337 769
Xeada 71 80 79 94 100 82 60 59 78 100 59
A Estación meteorolóxica de Bóveda (432 m de altitude) ven a representar a
climatoloxía da depresión do Val de Lemos. A gran depresión do Val de Lemos ven marcada
polo río Cabe, que dado a súa orografía provoca no territorio un dominio climatolóxico
complexo; atopándose parcialmente no ámbito oceánico de montaña no seu nacemento, para
pasar ao oceánico continental e máis adiante, oceánico mediterráneo no seu final cara ó Sil. A
meirande parte da subzona ten o clima máis continental do territorio pola característica da
néboa de inversión térmica no fondo da depresión, ó que contribúe a extrema-las temperaturas
invernais, a incrementar os días de xeadas, e a presentar grandes oscilacións térmicas entre o
día e a noite. Os valores de temperatura media anual atópanse nos grupos de temperaturas
altas e extremas para Galicia. Respecto ás precipitacións, a maior parte da comarca non
supera os 1.000 mm./ano; ó que lle da un carácter de seco ou moi seco. Considerando o
período libre de xeadas, a media é entre 5 e 8 meses, ó que lle da un carácter de zona fría.
Territorio 13

No que se refire ós solos, estas terras situadas a partir dos 200m de altitude, posúen
solos de gran capacidade, desenvolvidos sobre materiais sedimentarios como consecuencia do
gran lago que foi o val no Cuaternario, constituídos por rocha madre arxilosa. Terras e
climatoloxía adecuadas para os cultivos hortícolas, forraxeiros, para a remolacha, así coma
para certos cultivos froiteiros, fundamentalmente a mazá. A excelencia do seu territorio para o
cultivo da pataca merece especial atención: O Consello Regulador de Indicación Xeográfica
Protexida-Pataca de Galicia establece catro sub-zonas de indicación xeográfica axeitada para o
cultivo da pataca galega certificada na súa variedade Kennebec, recoñecida pola UE en
febreiro 2007 coma “produto con denominación de orixe protexida”, a saber: Bergantiños (A
Coruña); Terra Chá (Lugo); A Limia (Ourense); e a sub-zona de Lemos que inclúe os concellos
de Monforte de Lemos, Pantón e O Saviñao. É dicir, as zonas de transición cara as chairas
intermedias, cun índice pluviométrico entre 1.000 e 1.500 mm./ano; cunha humidade relativa
elevada; en altitudes medias ou baixas; con terreos franco-aresos debilmente ácidos, de textura
solta e non predregosa; e con temperaturas medias entre 13º e 18º, segundo reza a descrición
da IXP Pataca de Galicia na súa páxina web.
As chairas intermedias ó redor da depresión do val de Lemos con alturas medias de
400 m, con cadeas montañosas que á circundan e que non superan, en xeral os 900 m,
presentan menores oscilacións térmicas, maiores precipitacións; asemade, inferiores
promedios en xeadas axeitados para cultivos forraxeiros, pastos e praderías.
A chaira de Chantada presenta, en xeral, unha suave topografía e unha climatoloxía con
carácter húmido continental. Tendo as zonas máis accidentadas ao oeste coa Serra do Faro,
formada sobre un solo de granito e calcoesquistos cortado polas fallas e modelado pola erosión
fluvial, cun clima de montaña; e o leste , aparece remarcado por fortes pendentes nas ladeiras
e grandes desniveis producidos pola erosión da rede fluvial tributaria do Miño, desniveis nos
que se escalonan bancais dedicados tradicionalmente ao cultivo do viño, onde atopamos a
variedade climatolóxica oceánica mediterránea que subliñamos máis adiante, dentro da
subzona dos vales.
As zonas máis montañosas a partir dos 1.000 m de altitude, teñen un clima oceánico-
húmido de montaña con confluencia do eurosiberiano; con temperaturas moi frías no inverno,
precipitacións (media de 1.200 mm/ano) en forma de nevadas e con frecuentes xeadas no
inverno (preto dunha media de 50 días/ano), e con temperaturas suaves no verán.
Merece salientar que O Courel ten unhas características especiais pola disposición NE-
SO da cordal, ó que lle da un influxo mediterráneo maior cá Os Ancares ou o Monte do Faro.
Influxo que se manifesta en fortes variacións de temperatura entre os invernos e os veráns, e
unha clara tendencia ás secas estivais. Así mesmo, varía considerablemente dende o norte, no
contorno do Cebreiro (precipitacións medias de 2.000 mm/ano, temperaturas medias de 9º), ata
ó sur, nas beiras dos Sil (precipitacións de 1.000 mm/ano, temperaturas medias de 13º)r;
pasando polo 2.285 mm/ano de choivas rexistradas nas partes máis altas do interior da serra.
No que atinxe ó solo no Courel é substrato litolóxico e, principalmente, louseiro e
cuarcítico con afloramentos calcarios.
Finalmente, queda comentar a especial climatoloxía nos vales encaixados do Miño,
do Sil, e do Cabe. Vales cunhas excelentes condicións climatolóxicas de características
continentais de influencia atlántica, mais con microclimas meso-mediterráneos. Respecto aos
solos, son esqueléticos pola súa condición granítica nas zonas de Chantada, Ribeiras do Miño
e Ribeiras do Sil ou solos aluviais sobre base de lousa nas zonas de Amandi e parte da
Ribeira do Sil e cunha complicada topografía en toda a área. Atopamos neles especies
arbóreas mediterráneas: sobreiras, aciñeiras e érbedos. Asemade, foron estes terreos
tradicionalmente ocupados polo viñedo dende tempo dos romanos cando se levaban os
apreciados viños de Amandi á capital do imperio, mesmo pola cultura monacal. E son hoxe a
base dunha das actividades máis produtivas no sector primario e que sustentan, xunto cos
recursos paisaxísticos e patrimoniais, o concepto de Ribeira Sacra. Concellos onde ó abeiro do
Territorio 14

seu especial microclima, prodúcense cultivos, ademais da vide, coma: cereixas, ameixas,
olivas, guíndos, e outros froitos de carabuña, así coma tamén figos, peras, mazás, noces, etc.

3.3. Recursos naturais


Nos epígrafes anteriores xa dimos conta dos recursos naturais do territorio pola súa
situación, variedade climatolóxica, de relevo e solos, polos recursos hídricos, forestais e
paisaxísticos. Faremos un breve repaso aos recursos xeolóxicos e enerxéticos, coutos de caza
e pesca para continuar co patrimonio natural e cultural. Cómpre contextualizar o concepto de
patrimonio, xa que atinxe aos epígrafes que repasaremos a continuación. Coa Lei de
Patrimonio Histórico Español de 1985 o concepto de patrimonio cultural foi ampliado ó definilo
como o conxunto de bens mobles e inmobles; os coñecementos e actividades que son ou foron
expresión relevante da cultura tradicional dun pobo no seus aspectos materiais, sociais e
espirituais. No ano 1987 naceu o concepto de desenvolvemento sostible co Informe Brundtland
ou Noso Futuro Común onde se pon de relevo a obriga de satisfacer as necesidades das
xeracións presentes sen poñer en risco as propias das xeracións futuras. Dende entón os
recursos naturais e culturais van emparellados, nutríndose un do outro en calquera
plantexamento de futuro.

3.3.1 Recursos xeolóxicos


O subsolo da serra do Courel, está composto por lousa, cuarcita amoricana, calcáreas e
areiscas ferroginosas. Unha enorme veta de lousa percorre a serra, cara a Ourense e Portugal,
e é considerada unha das maiores reservas de lousa de calidade de toda Europa.
Paralelamente á veta de lousa, esténdese na parte oriental e sueste da serra unha masa
calcárea que da orixe á gran variedade de flora.
Hoxe en día, estase a continuar a explotación da lousa nos concellos de Folgoso (A
Campa) e sobre todo en Quiroga (Pacios da Serra), sendo unha das fontes de riqueza máis
salientables e máis conflitiva o mesmo tempo polo impacto ambiental que supón a súa
extración. Asemade, no Oural (Bóveda) atópanse as minas de carbonato de magnesio.
A riqueza xeolóxica das serras orientais foi aproveitada historicamente. O ouro foi
explotado polos romanos co método de aluvión nos ríos Sil e Lor fundamentalmente,
concretamente en Montefurado (Quiroga), e nas minas pretas ó río Lor: minas de Toca,
Toribio, Millares, e no Monte Cido (Folgoso).
Da riqueza en ferro dan conta as numerosas ferrarías nos concellos de Folgoso: Ferraría
de Seoane, do Mazo do Soldón e Rugando; en A Pobra de Brollón: de Viduedo, Louereiro e
Barxa. Ferrarías con grande actividade nos séculos XVI e XVII que foi conservada ata
principios do S.XX, cando non puideron competir cos Altos Fornos vascos. Outros minerais
explotados son o antimonio (Vilarbacú, Quiroga) e a potencialidade en uranio (Las Cruces e
Horréos, Folgoso), segundo as positivas prospeccións feitas por Minas de Riotinto (sic Antonio
Neira Rodríguez “Camiñando pola serra do Courel”, promocións culturais galegas 1998).
O Courel posúe unha riqueza xeolóxica excepcional a xuízo dos responsables do
Laboratorio de Xeoloxía da Universidade de A Coruña. Conta con espazos de grande interese
xeolóxico coma son o pregamento sinclinal do Campodola-Leixazós , declarado de interese
europeo: PIG LU-10 (Pacios da Serra-Hospital, Quiroga), a estrutura de cuarcita amoricana do
Val do Soldón: PIG LU-11, a morfoloxía glaciar con circos coma o da Lagoa da Lucenza do
Pleistoceno (A Seara, Quiroga), cordóns morénicos nos vales da Seara, Viveiros (Quiroga) e
Visuña (Folgoso do Courel), fósiles ediacáricos no val do Lóuzara, etc. Un dos factores máis
destacados neste campo é a existencia de xacementos fósiles do período Precámbrico, a etapa
máis longa e máis antiga da historia do planeta rematada hai 570 millóns de anos, xa que só
se coñecen 41 xacementos no mundo; un nos Montes de Toledo e algúns nas Illas Británicas
no que atinxe a Europa. Segundo o responsable do Laboratorio, Juan Ramón Vidal Romaní, o
Territorio 15

patrimonio xeolóxico do Courel tería que atoparse nos niveis máis elevados de protección
dentro do proxecto da Xunta de Galicia de convertelo espazo en Parque Natural.
Ó marxe das serras, tamén foron explotadas outras riquezas coma o caolín e arxillas
para a fabricación de cerámicas e ladrillos en Monforte, Canaval, Rubián (Bóveda) e Seoane
(Monforte), así como as minas de ferro en Freixo (Monforte).

3.3.2. Recursos enerxéticos


O elevado índice pluvial e a orografía do territorio cos seus abundantes ríos encaixados
foron aproveitados para a construción de encoros para as grandes centrais de enerxía
eléctrica, fundamentalmente na década dos 50, aínda que Belesar é de 1963, San Clodio de
1970 e San Martiño de 1986; estas centrais tiveron grandes repercusións medio ambientais,
sociais e patrimoniais. A totalidade das grandes centrais eléctricas da provincia de Lugo
atópanse no Pacto de Lemos. As minicentrais son de construción máis recente; no que atinxe
ao Pacto de Lemos foron construídas entre 1992 (Enviande), 1997 (Tarrío e Moreda), e en
2003, o resto delas. Os encoros principais do Pacto de Lemos son os seguintes:

Encoros principais
Río Encoro Concello Potencia kW /ano
Belesar Chantada 255.220
Os Peares Carballedo 181.020
Miño Enviande Chantada 1.100
Tarrío-Asma Chantada 5.000
Búbal I Carballedo 4.223
Pesqueiras O Saviñao 826
Moreda-Cobas Taboada 1.470
Montefurado Quiroga 44.290
Sil Sequeiros Ribas de Sil 19.520
San Martiño Quiroga 10.520
San Clodio Ribas de Sil 19.570
Loureiro A Pobra de Brollón 1.558
Centrais Pacto de Lemos 6 529.010 kW/ano
Total Centrais Lugo 6 100% de Lugo 529.910
Total Centrais Galicia 40 17,34% de Galicia 3.055.892
Minicentrais Pacto Lemos 6 39,46% de Lugo 14.177 kW/ano
Total minicentrais Lugo 26 11,95% de Galicia 35.924 kW/ano
Total minicentrais Galicia 114 4,72% de Galicia 300.639 kW/ano
Fonte: www.inega.es

Galicia aporta, segundo o Informe 2008 da Rede Eléctrica Española, o 21,22% da


produción de enerxía hidráulica ao territorio español; cun saldo de intercambio negativo; e dicir
Galicia é exportadora de enerxía eléctrica.
O Pacto de Lemos aporta a Galicia o 17,34% da produción das grandes centrais, e o
4,72% da produción das minicentrais; e dicir, o 22,06% da produción total galega de enerxía
eléctrica, e algo máis do total exportado na comunidade. Respecto a Lugo, o Pacto apórtalle o
100% da potencia xerada polas grandes centrais, xa que todas as de Lugo están no Pacto de
Territorio 16

Lemos; e case o 40% da produción das minicentrais lucenses, aínda que as minicentrais do
pacto só supoñen o 23% das da provincia no 20% do territorio lucense.
Respecto á enerxía eólica Galicia é, segundo o Informe do Observatorio Eólico AEE (1º
semestre 2009), a terceira comunidade autónoma en potencia acumulada, por detrás de
Castela-A Mancha e Castela-León, aportando o 19% da potencia total española. Malia que a
taxa de variación en relación ao mesmo semestre do ano 2008 só tivo un incremento do 5,8%;
ocupando o sétimo lugar en canto a taxa de variación, por detrás de Valencia (28%), Andalucía
(24%), Cataluña (22%), Castela-León (18%), Asturias (10%) e Castela-A Mancha (9%).
Pola súa situación xeográfica cara aos frontes procedentes do océano Atlántico con
ventos dominantes en inverno de dirección suroeste, constantes e enerxéticos, Galicia,
segundo a Asociación Eólica de Galicia, sitúase coma a cuarta potencia eólica europea, por
detrás de Alemania, resto de España, e Dinamarca e a sexta do mundo precedida por EE.UU.
e India.
No Pacto de Lemos atópanse os parques eólicos de Chantada, Monte Cabezas e Penas
Grandes, todos eles no Espazo protexido LIC de Monte Faro, compartindo administrativamente
os concellos de Chantada e Carballedo do Pacto de Lemos co Concello de Rodeiro
(Pontevedra) ou Antas de Ulla (Lugo).
Parque eólico Concellos Potencia MW /ano % Prod. Galicia
P.E. Chantada Chantada, Rodeiro 48.000 1,55%
Antas de Ulla, Chantada,
P.E. Monte Cabezas 36.800 1,18%
Rodeiro
P.E. Penas Grandes Carballedo, Rodeiro 14.400 0,46%
Produción P. E. 99.200
Produción Galicia 3.105.615 3,19%
Fonte: Inega

A produción de enerxía eólica no Monte Faro só representa o 3,19% da do conxunto da


comunidade.
No que atinxe a outras enerxías renovábeis, no Pacto de Lemos non existe ningún
aproveitamento agás o comentado; aínda que existe un proxecto avanzado de aproveitamento
de enerxía solar promovido por iniciativa privada na parroquia de Seteventos, O Saviñao. Este
proxecto ten a previsión de utilizar 180 ha de aluguer ás comunidades veciñais de montes de
man común de O Saviñao e Pantón, nos que instalar 690 seguidores de paneis móbiles con
placas fotovoltáicas de 33 Kw c/u, cunha capacidade total de 23Mw con conexión de
abastecemento á rede eléctrica a través de dous transformadores en Eirexafeita e A Broza.
Respecto as outras enerxías renovables non hai ningún aproveitamento malia que a
potencialidade en zurro provinte de granxas ou de madeira e salientable para xeración de
biogas ou biodiesel (hoxe en día só 5 en toda Galicia cunha produción de 47.963 kW/ano). Por
outra banda, Lugo sitúase no cuarto lugar en importancia en canto á produción de biomasa;
despois de Navarra, A Coruña, e Asturias.
Do mesmo xeito, comentar a potencialidade do sur de Lugo en enerxía xeotérmica, xunto
con Ourense e Pontevedra.

3.3.3. Coutos de caza e pesca


Segundo a información dispoñible na páxina web da Consellería de Medio Ambiente da
Xunta de Galicia, Galicia conta con 89 coutos de caza en réxime cinexético común; Lugo conta
con 6 (7%) e o Pacto de Lemos conta con 3 (50 dos provinciais): un no Courel común aos
concellos de Folgoso do Courel e Quiroga; outro ao sur do concello de Monforte de Lemos nos
lindes con Pantón e Sober, e outro o suroeste de Pantón. Considerando a superficie dos coutos
de caza da provincia só o do Courel é maior cá os outros cinco xuntos. Existen certas zonas
dentro dos coutos de caza do Pacto onde a caza é prohibida: Monte de Paradamela na Pobra
de Brollón; Devesa da Rogueira (Moreda, O Courel) e no Monte Bibiei (Quiroga)
Territorio 17

Respecto aos coutos de pesca fluvial existen en Galicia 206; 60 en Lugo (29%) e no
Pacto de Lemos 5 (8% dos provinciais) todos eles de troita: Couto da Labrada, no rio Lor
entre Paradamela e o Km 503 da N-120 na ponte a Monforte (A Pobra de Brollón); Couto do
Courel, no río Lor entre a ponte de Esperante e Ferreiros de Abaixo (O Courel); Couto de
Monforte, no río Cabe cara ao norte ata a chegada a cidade (A Pobra de Brollón, Monforte de
Lemos); Couto de Chantada, no río Asma entre Esmoriz e a vila de Chantada (Chantada);
Couto do Sardiñeira, no río Sardiñeira, entre o río Portiño e o río Miño (O Saviñao); e parte do
Couto de Santalla de Lóuzara, no río Lóuzara (O Courel). Asemade tamén é posible a pesca
nos encoros cunhas limitacións espefícicas.

3.4. Espazos protexidos e hábitats


Segundo a Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia e as Directrices do
Territorio de Galicia desenvolvidas pola Xunta de Galicia, no territorio do Pacto de Lemos,
atópanse as seguintes áreas:
 Áreas estratéxicas de conservación:
• Espazos Naturais en réxime de protección xeral en Os Ancares-O Courel cun total de
102.562 ha. (Folgoso do Courel, A Pobra de Brollón, Quiroga e Ribas de Sil no Pacto).
• Lugares de Interese Comunitario LIC:
 Monte Faro cun total de 713 ha. (Carballedo e Chantada no Pacto de Lemos).
 Canóns do Sil cun total de 5.914 ha. (Pantón e Sober no Pacto de Lemos).
 Río Cabe 1.576,53 ha. (Bóveda, Monforte de Lemos, A Pobra de Brollón, Pantón e
Sober no Pacto de Lemos).
 Propostas de espazos protexidos polas DOT:
• Charca de Pumar en Sober.
• Montefurado en Quiroga.
• Carballeira de Cartelos en Carballedo.
• Desembocadura do Búbal en Carballedo
 Concellos interiores vinculados ao Patrimonio Natural propostos polas DOT: Folgoso
do Courel, Pantón, Quiroga e Sober.
Para expoñer a riqueza da flora e da fauna do territorio, utilizaremos a información
recollida na Rede Galega de Espazos Protexidos desenvolvida pola Consellería de Medio
Rural; en aplicación da Lei 9/2001 sobre Conservación da Natureza.
A Rede Natura 2000, creada en 1992 é un conxunto de espazos naturais protexidos a
escala da Unión Europea, relativa á conservación dos hábitats naturais, da fauna e da flora
silvestres. Galicia é unha das comunidades autónomas con máis riqueza en hábitats naturais,
malia que é unha das que menos superficie protexida ten.
A Rede Natura en Galicia está formada por 14 zoas de especial protección para as aves
(ZEPA), e 59 espazos incluídos na proposta de lugares de importancia comunitaria (LIC); 55
dos cales incluesen na listaxe de LIC da rexión bioxeográfica atlántica aprobada pola Decisión
da Comisión de 7 de decembro de 2004 (DOCE L387 de 29/12/2004). En total os espazos LIC
en Galicia ocupan 374.405 has. das cales 110.642,55 corresponden á suma dos tres espazos
LIC do territorio: Monte Faro, Río Cabe, Canóns do Sil, así coma o Espazo Natural en réxime
de protección xeral Os Ancares-O Courel, o cal supón un 30% do total galego.
Son espazos que superan a definición do Territorio de Lemos: no Monte faro está
incluído o concello de Rodeiro (Pontevedra); no Canón do Sil hai varios concellos de Ourense
coma: Nogueira de Ramuín e Parada de Sil; e no de Ancares-Courel: Navia de Suarna,
Territorio 18

Cervantes, Becerréa, As Nogais, Triacastela, Pedrafita do Cebreiro, Samos, e O Incio, aínda


que só reflectiremos no cadro os do Pacto:
Espazos LIC
Espazo Protexido Código LIC Superficie Concellos Parroquias
Chantada Requeixo, Esmeriz
Monte Faro ES 1120008 713,12 ha.
Carballedo Furco
Biduedo, Pacios de Veiga,
A Pobra de Brollón Veiga, Santalla de Rei,
Eixón, Fornelas
A Parte, O Freixo,
Monforte de Lemos
Ribasaltas, Piñeira, Distriz
Río Cabe ES 1120016 1.576,53 ha.
Canaval, Vilaescura,
Sober
Rosende, Anllo
Mañente, Vilamelle,
Pantón espasantes, Cangas,
Acedre, Frontón
Pantón Frontón, Pombeiro
Canón do Sil 5.914 ha. Amandi, Anllo, Barantes,
ES 1120014 Sober Bolmente, Doade, Lobios,
Pinol, Santiorxo.
A Pobra de Brollón
Folgoso do Courel
Ancares-Courel ES 1120001 102.438,90 ha.
Quiroga
Ribas de Sil
Fonte: www.medioambiente.xunta.es

Pasamos a continuación a resumir para cada un dos Espazos LIC os hábitats de


interese, a flora e a fauna.

3.4.1. Espazo LIC Monte do Faro


Sitúase preto do nacemento do río Arnego, ao oeste do Miño, área de media montaña
con formacións de mato de interese, cunha altitude media de 885 m. chegando ata os 1.1800
no alto do Faro. Pertence á rexión eurosiberiana, provincia atlántica, ten unha temperatura
media de 10,7º, unha pluviometría de algo máis de 1.000 mm/ano e unha media de 36 días de
xeada/ano. É zona de Especial Protección dos Valores Naturais. A superficie total do espazo
protexido ascende a 713 ha.
Hábitats de interese
Espazo LIC
 Hábitats de interese comunitario segundo Directiva 92/43/CEE
 Augas oligotróficas con vexetación anfibia de Lobelia.Litorella e Isoetes
 Uceiras húmidas atlánticas meridionais de Erica cillaris e Erica tetralix
 Uceiras secas oromediterráneas endémicas con Ulex parvifolios
 Tubeiras altas activas
 Mires de transición
Monte Faro  Carballeiras galaico-portuguesas con Quercus robur e Quercus pyrenaica
Fauna:
 Odonatos: Vacaloura
 Anfibios: pintega rabilongam, lagarto das silveiras, cobra rateira
Avifauna: gatafornela, tartaraña cincenta, azor gabián, falcón pequeño, cuco, avenoiteira cincenta,
cotovía das árbores, pica campestre, pica das árbores, tordo común, papuxa do mato, picanzo real
meridional.
 Mamíferos: morcegos e lobos
Fonte: www.medioambiente.xunta.es

3.4.2. Espazo LIC Río Cabe.


Nace na parroquia de Santa María en O Incio, para fluír, 56 Km despois no río Sil no
concello de Sober. No seu percorrido pasa por cotas de forte pendente do 8%, para
diminuír,antes da entrada no val, ao 2,3%, e seguir ao 1% o resto. Asemade, pasa do dominio
oceánico de alta montaña, ao oceánico continental na depresión, para acadar no oceánico
mediterráneo na zona do Sil. A superficie total do espazo protexido ascende a 1.577 ha.
Territorio 19

Hábitats de interese
Espazo LIC

 Hábitats de interese comunitario segundo Directiva 92/43/CEE


 Uceiras secas europeas
 Uceiras euromediterráneas endémicas con toxo
 Zonas subestépicas de gramíneas e anuais do Thero-Brachypodieteca
 Megaforbios eutrofos higrófilos das orlas de chaira e dos pisos montano e alpino
 Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsor
 Carballeiras galaico-portuguesas con Quercus robur e Quercus pyrenaica
 Bosques de Castanea sativa
Flora: ademais no antedito, cabe resaltar os bosques-galería riparios, os ameneiros, salgueiros, e
Río Cabe freixos que flanquean o curso fluvial.
Fauna:
 Odonatos: Vacaloura
 Peixes: Troita común, Boga do Douro, vermella, cacho, anguía
 Anfibios: sapo de espoións, píntega rabilonga
 Reptiles: lagarto das silveiras, lagarta rabuda, cobra rateira, cobra riscada
Aves: picapeixe, merlo rieiro, lavandeira real, rousñois, rousñois bravos, gabeadores azuis, páridos,
estreiñas riscadas, ouriolos, úbalos, millafre negro, aguia cobreira, aguia calzada, tartaña cincenta,
falcón pequeño, papuxas e picafollas
 Mamíferos: desmán ibérico, lontra
Fonte: www.medioambiente.xunta.es

3.4.3. Espazo LIC Canóns do Sil


Fronteira natural coa provincia de Ourense, ao sur do territorio caracterizado por profundos
canóns de entre 300 e 500 m de altitude orixinados polos ríos Sil e Cabe, ó longo de 15 Km.
Gran parte da súa superficie está cuberta de mato, principalmente nas abas orientadas cara ó
sur. A vexetación predominante é de tipo mediterráneo, con bosquetes de sobreiras e presenza
esporádica de aciñeiras. Nas abas do norte atópanse soutos de certa entidade. No que atinxe á
fauna, hai ademais xabarís e cérvidos.

Hábitats de interese
Espazo LIC
 Lagos eutróficos naturais con vexetación Magnopotamion ou Hydrochariton
 Uceiras secas europeas
 Uceiras euromediterráneas endémicas con toxo
 Pendentes rochosas silíceas con vexetación casmofítica
 Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior
Canón do Sil  Carballeiras galaico-portuguesas con Quercus robur e Quercus pyrenaica
 Bosques de Castanea sativa
 Aciñeiras de Quercus ilex e Quercus rotundifolia
Fauna:
 Aves: Águia real, águia albela, bufo real, falcón perlegrín, cotovía pequena, papuxa montesa
 Anfibios: Lagarto das silvas
Fonte: www.medioambiente.xunta.es

3.4.4. Espazo Natural en réxime de protección xeral O Courel

Trataremos de cinguirnos ó Territorio do Pacto dentro do Espazo protexido Os Ancares-


O Courel; O Courel é o enclave máis diverso para a flora de Galicia. Baste dicir que o número
de taxons inventariados pasa dos 750, o que constitúe máis do 60% da flora da Comunidade
Autónoma, e ademais, o maior dos espazos protexidos de Galicia lexislado da cordo ao
Decreto 72/2004, do 2 de abril (DOG n.º 69, do 12 de abril de 2004); á Resolución do 30 de
Territorio 20

abril de 2004 (DOG n.º 95, do 19 de maio de 2004) e á Decisión da Comisión do 7 de


decembro de 2004 (Diario Oficial da Unión Europea, L 387, do 29 de decembro de 2004).

Cunha altitude media de 935 m presenta unha orografía moi complexa, grandes
desniveis altitudiais e variedade de exposicións das ladeiras ó sur protexida do norte, mentres
que a outra é sombría ó que fai que conflúan o clima eurosiberiano co clima mesomediterráneo.
A reserva natural da Serra do Courel aínda que só represente o 1% da superficie galega, posúe
o 40% das plantas superiores da Comunidade e o 60% dos taxóns inventariados da flora da
Comunidade.

Ademais no Espazo Natural en réxime de protección xeral, existen outras figuras de


protección do territorio:

• Zona de Especial Protección de Valores Naturais.


• Zona de Especial Protección para o oso pardo (Ancares; 12,140 ha.).
• Zona de Especial Protección para Aves (ZEPA ES0000374, Ancares; 12.564 ha.).
• Reserva Nacional de Caza dos Ancares de Lugo (8.286 ha.).
• Paisaxe pintoresca.

Hábitats de interese comunitario segundo Directiva 92/43/CEE

Espazo natural

Os Ancares-
 Ríos de pisos de chaira a montano con vexetación de Ranuculiuon e Callitricho-Batrachion.
O Courel  Uceiras húmidas atlánticas de zonas mornas de Erica Ciliaris e Erica Tetralix.
 Uceiras secas europeas.
 Uceiras alpinas e boreais.
 Uceiras oromediterráneas endémicas con toxo.
 Prados ibéricos silíceos de Festuca indigesta.
 Prados alpinos e subalpinos calcarios.
 Prados secos seminaturais e facies de mato sobre substratos calcarios de Festuco-
Brometalia.
 Zonas subestépicas de gramineas e anuais do Thero-brachipodietea.
 Formacións herbosas con Nardus con numerosas especies sobre substratos silíceos de
zonas montañosas.
 Megaforbios eutrofogos higrófilos das orlas de chaira e dos pisos montano alpino.
 Prados pobres de sega de baixa altitude.
 Tubeiras altas activas.
 Mires de transición.
 Desprendementos mediterráneos occidentais e termófilos.
 Pendentes rochosas calcícolas con vexetación casmofítica.
 Rochedos silíceos con vexetación pioneira do Sedo-Scleranthion ou Sedo albi Veronicion
dillenii.
 Faiais acidófolios atlánticos con sotobosques de Illex e as veces de Taxus.
 Carballeiras galaico-portuguesas con Quercus robur e Quercus pyrenaica.
Territorio 21

 Carballeiras pedunculadas ou albares subatlánticas o medioeuropeas de Carpinion-betuli.


 Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior.
 Bosques de Castanea sativa.
 Sobreiras de Quercus suber.
 Aciñeiras de Quercus illex e Quercus rotundifolia.
 Bosques de Illex quifolium.
Fonte: www.medioambiente.xunta.es

Ademais dos hábitats mencionados cabe salientar outras especies vexetais de interese,
así como a fauna:
Espazo LIC Flora e Fauna de interese
Flora
Bosques montanos pliriespecíficos: cerquiñeiras, abeledos, acevais, bidueiras, acivros,
cancereixos, teixosfreixedos e ameneirais
Érbedos
Espiñeiras: abruñeiros, espiños albares
Matogueiras: xestas, piornos, uz branca, e outras ericáceas
Taxóns endémicos protexidos: arenaria grandiflora, incrassata, Armenia duriaei, Campanula
adsurgens, crepis albida asturica, festuca elegans, festuca summilusitanica, Genista
sanabrensis, Gentiana lutea aurantica, Iberis contracta, Iberis boissieri, Juniperus nana,
Leontodon farinosus, Matthiola fruticulosa, Narcissus asturiensis, Rhamnus legionensis, Rubus
lucensis, Sideriris hyssopifolia caureliana, Silene legionensis, teucrium pyrenaicum, Vaccinium
uliginosum, Veronica micrantha
Fieitos e orquídeas
Fauna
Os Ancares- O Especies ameazadas anexo II da Directiva:
Courel caracol Elona quimperiana, lesma Geomalacus maculosus, ropalócero Euphydryas aurina,
coleópteros Cerambyx cerdo e Lucanus cervus, cangrexo de río autóctono Austrapotofauna
pallipes.
Anfibios: píntega rabilonga, lagarto das silveiras, lagarta da serra, lagarta das brañas, lagarta
rabuda
Reptiles: víbora de montaña, cobra rateira, cobra riscada.
Avifauna: pita do monte cantábrica, peto mediano, arcea, peto negro, estreliña do norte,
ferreiriño palustre, papamoscas cincento, rabirrubio de testa branca,
Aves rapaces: águia real, miñato abelleiro, águia cobreira, millafre negro, gatofornela, tartaraña
cincenta, azor, águia calzada, falcón pelegrín, bufo real.
Avifauna propia: charrela, pica alpina, azulenta alpina, merlo rubio, choia
Mamíferos: desmán ibérico, diversos morcegos (Rhinolophus ferrum-equinum, Rhinolophus
hipposideros, Myotis myotis, Miniopterus schreibersi) lontra, musaraña da auga, furafollas
grande, corta rubia, rata de auga norteña, trilladeira nival, rata da fraga, leirón, lebre de piornal,
Carnívoros autóctonos: gato bravo, marta, lobo, oso pardo
Outros: xabarín, corzo, cervo, rebezo.
Fonte: www.medioamiente.xunta.es

3.4.5. Árbores senlleiras e Monumentos Naturais


Segundo o Decreto 67/2007, do 22 de Marzo queda regulado o Catálogo Galego de
Árbores Senlleiras e Árbores Monumentais (A.M.); pasamos a amosar unha listaxe das máis
salientables nos concellos do Pacto de Lemos:
Árbores senlleiras Concello
Secuoia Xigante no Pazo dos Marqueses (A.M.) Bóveda
Carballo da Casa do Herdeiro (A.M.) Carballedo
Carballo da Casa Grande (A.M.) Carballedo
Carballo Grande do Mestre (A.M.) Carballedo
Carballo do Pazo de Cartelos (A.M.) Carballedo
Salgueiro Negro da Casa do Herdeiro (A.M.) Carballedo
Carballo Grande de Bustelo de Abaixo (A.M.) Carballedo
Carballo de Graciano (A.M.) Chantada
Nogueira da Igrexa da Torre (A.M.) Chantada
Faial de Liñares (A.M) Folgoso do Courel
Castiñeiro de Suascasas (A.M.) Folgoso do Courel
Devesa da Rogueira Folgoso do Courel
Devesa de Romeor Folgoso do Courel
Abeto do Cáucaso de Escouredo (A.M.) Monforte de Lemos
Territorio 22

Freixo de folla estreita de Montepando (Freixo de folla estreita maior de Galicia) A Parte, Monforte de Lemos
Cedro de Líbano en Castelo Pazo de Maside(Ä. M.) Pantón
Bidueiro en Castelo Pazo de Maside (A.M.) Pantón
Ameneiro en Castelo Pazo de Maside (A.M.) Pantón
Ciprés mediterráneo do Mosteiro de Ferreira (A.M.) Pantón
Sobreira da Casa do Tristo (a maior corda de Galicia; A.M.) A Pobra de Brollón
Aciñeirada Igrexa de Santa Isabel (A.M.) Enciñeira (Quiroga)
Teixo da igrexa de Santa María Cereixido (Quiroga)
Cipreses mediterráneos da Casa da Cultura Quiroga
Carballo do Campo do Cruceiro Taboada
Carballo de Ramos (Ä.M.) Taboada
Castiñeiro da Casa do Raxedo (a maior corda de Lugo) Taboada
Fonte: www.medioambiente.xunta.es

En toda a comunidade hai 128 árbores senlleiras , atoándose no Pacto de Lemos 26


delas; o 20% das da comunidade aínda que a superficie só representa o 2%.

3.5. Patrimonio cultural


No seguinte epígrafe repasaremos os momentos históricos máis significativos no Pacto
de Lemos coa finalidade de darlle ás pegadas patrimoniais un encadre histórico diacrónico;
polo que subliñaremos o megaliltismo, a cultura castrexa, a romanización, a arte románica e o
renacemento debido á proxección internacional que lle deu ao territorio o VII Conde de Lemos
no século XVII.
A variedade e riqueza en recursos naturais foi aproveitada polos seus habitantes, dende
os primeiros tempos da existencia humana. A riqueza patrimonial material ímola listar en cada
unha da etapas históricas relevantes no territorio, que sen dúbida ten o seu esplendor coa arte
románica.
Do patrimonio inmaterial é salientable os entroidos de Salcedo (A Pobra de Brollón),
Nogueira (Chantada) e Chantada; a Queima de Fachas en Castelo (Taboada), os Agucios de
Vilelos (O Saviñao); a Romaría do Faro e os Folións dos Carros de Chantada.

3.5.1. Os primeiros poboadores.


O inicio do poboamento galego ven co megalitismo (entre o 5.000 a.c. e o 2.500 a.c.) e
cunha cultura compartida co norte de Portugal, ata o río Douro, Asturias e o occidente das
provincias de León e Zamora. Habitaban nos bosques caducifolios (carballo, piñeiro, bidueiro),
en penechairas de media altura inseridas nunha economía mixta baseada na agricultura
(leguminosas e cereais) e a gandaría (caprinos, ovinos e vacún) espallados ao longo da
xeografía galega, agás nas zonas altas das serra orientais.
Deste período consérvanse fundamentalmente restos de necrópoles tumularias,
mámoas ou medorras que poden, ou non, conter un dolmen o que acubilla un lugar de
enterramento colectivo. Testemuñas arqueolóxicas na zona sur de Lugo coma Vilelos (O
Saviñao), e incluíndo Monforte de Lemos (As Lamas, O Chao de Fabeiro), cun “grande número
de xacementos ….nunha área xeográfica reducida ó que supón unha circunstancia moi pouco
común… e que podería ser o xacemento máis importante de Galicia” (sic. La Voz de Galicia
31/03/09). Este proxecto de investigación xa iniciado por…. conta co apoio de Eudald
Carbonell, arqueólogo, paleontólogo e antropólogo, coodirector de Atapuerca.
Existen numerosas referencias documentais dos restos arqueolóxicos do neolítico, aínda
que a meirande parte deles foron aproveitados para posteriores construcións, ou derruídos ao
facer obras públicas e alí onde non queda vestixio material, a toponimia segue gardando o seu
Territorio 23

recordo. Así en Sober a chamada Aira dos Mouros ben pode facer referencia aos círculos
líticos ou cromlech; o Marco Vello, A Pedra Fita ou o Marco da Pena Longa (1,76m al. entre
Refoxo, Neiras, Canabal e Mañente) que ben podería ser un mehir, hoxe no Museo Provincial
de Lugo. Dos que se conservan, as veces inventariados e, en xeral, protexidos, os máis
doados de ver subliñámolos cun (*) na listaxe que sigue:
Restos arqueolóxicos Parroquia Concello
Medorra de Camporredondo Mosteiro Bóveda
Buraco da Moura Bóveda Bóveda
Campo da Mamoela Guntín Bóveda
Calpe Martín Bóveda
Monte da Mámoa Martín Bóveda
Catalpé Remesar Bóveda
O Gruñedo San Fiz de Rubián Bóveda
A Chá Teilán Bóveda
Vilar do Monte Aguada Carballedo
Buciños Buciños Carballedo
As Medorras Marzás Carballedo
A Medorra da Pastoriza A Cova Carballedo
Monte dos Mouinillos Lousada Carballedo
A Meda Seoane-A Meda Chantada
Monte da Medorra Mariz Chantada
Haxas de dobre anel Distriz Monforte de Lemos
Monte de Tor Tor Monforte de Lemos
A Medorra de Chavaga Chavaga Monforte de Lemos
A Medorra de Guntín Guntín Monforte de Lemos
Monte da Medorra Sindrán Monforte de Lemos
Gándara - Pombeiro Pombeiro Pantón
Monte da Morá * Eiré Pantón
Monte San Paio * Eiré Pantón
As Mámoas Budián-Acedre Pantón
Alto da Medorra Cangas Pantón
Vilar de Ortelle * Pantón
Paderne Moreda Moreda
Campo da Medorra Canedo A Pobra de Brollón
Mámoas de Lagoa, Chao e Tero Salcedo A Pobra de Brollón
Parada de Montes Parada de Montes A Pobra de Brollón
Vilachá Vilachá A Pobra de Brollón
Barxa do Lor, Castrosante, Ferreirúa,
Medorras A Pobra de Brollón
Ferreiros, Cabo en Pinol
Mámoas Fornelas A Pobra de Brollón
A Medorra Bendilló Quiroga
Mámoas de Valdecebes Serra de Bendollo (Bendollo) Quiroga
Mámoas de Lagoa Grande-Montes da
Serra de Fiais (Cereixido) Quiroga
Medorra
Pedrio da Medorra A Enciñeira Quiroga
Albaredos e Anguieiros Montefurado Quiroga
Vilar Nocedo Quiroga
Monte das Medorras Pacios da Serra Quiroga
Quintá Quintá de Lor Quiroga
As Navaregas Soldón-A Seara Quiroga
Xestoso-Orxais, Porteleira de Virducedo
Mámoas do Alto da Medorra I Quiroga
(Vilar de Lor)
Mámoas do Alto da Medorra II Vilar de Lor Quiroga
A Medorra Piñeira Ribas do Sil
A Medoña Soutordei Ribas do Sil
Anta de Abuíme * Abuíme O Saviñao
Campo das Mámoas * Abuíme O Saviñao
Campo da Bandeira A Broza O Saviñao
Campo das Mámoas A Broza O Saviñao
Chave Chave O Saviñao
Medorra de Arxúa A Cova O Saviñao
Bexán Diomondi O Saviñao
Fondo de Vila A Laxe O Saviñao
A Madorra Reiriz O Saviñao
A Orxaínza Sobreda O Saviñao
Mámoas Cruz de Forcados Forcados-Vilacaiz O Saviñao
Mámoas do Campo de Bandeira O Saviñao
Mámoa da Carqueixa (*) Figueiroá Sober
Medorra Os Cótaros Figueiroá Sober
Territorio 24

A Anta (*) Sober Sober


A Medorra do Camilo Bolmente Sober
Mámoa de Arroxó, A Arca de Anllo Anllo Sober
Buraco da Moura Bolmente Sober
Sanmil Brosmos Sober
Medorras Proendos, Doade, Figueiroá, Sober
Agro das Mámoas Santiorxo Sober
Medorras de Carballós Xián Taboada
Medorras de Gulfar Xián Taboada
Medorras de Val da Forca Xián Taboada
Sartego Igrexa de Campo Taboada
Carballas Bembibre Taboada
Fonte da Mama Meixonfrío Taboada
As Medorras Meixonfrío Taboada
A Medorra Piñeira Taboada
Outeiro Pequeno A Torre Taboada
Fonte: www.onosopatrimonio.blogspot.es/páxinas web concellos/folletos dos concellos/concellos

A Idade de Bronce (1.800-700 a.c.), deixa como testemuña numeroso armamento


metálico: puñais, machadas espadas, puntas de lanza etc (Roufeiro, e Leiro en Ourense), e
pezas de ourivería: pulseiras, diademas, brazaletes (tesouro de Caldas de Reis). No noso
territorio e salientable a cantidade de gravados en penedos ao aire libre denominados
petróglifos ou insculturas rupestres con representacións ou de carácter naturalista: cervos,
cabalos, etc.; ou de deseños labirínticos con puntos, círculos concéntricos, deseños aos que
se lles atribúe un carácter máxico relixioso. A maioría dos achados do Bronce final en Galicia
sitúanse ao norte e oeste do río Miño e nas cuncas dos Limia, Támega e Sil. No Territorio do
Pacto podemos atopalos basicamente no concello de Sober :
Petróglifos Parroquia Concello
A Beleda A Grade Chantada
Vila de A Grade A Grade Chantada
Airoá Pesqueiras Chantada
Pena Aveado Pesqueiras Chantada
Pedra Escrita A Sariña Chantada
Pena da Cima da Costa Espasantes Pantón
Sitio das Saíñas Espasantes Pantón
Óutara Óutara Pobra de Brollón
Pesqueiras-Santo Estevo de Ribas
Pena Aveado O Saviñao
de Miño
Tapada do Monte Anllo-Santo Estevo Sober
Os Cótaros Figueiroá Sober
Prados Figueiroá Sober
Coviñas do Monte do Cura Millán Sober
Laxa do Campo da Chá Pinol-Bulso Sober
Monte da Raña Pinol Sober
Do Barcal Pinol Sober
Do Agro I e II Pinol Sober
Monte do Coto Proendos (Ref. non localizado) Sober
Froxán Proendos Sober
Do Lagos I e II Proendos Sober
Pena do Cabalo Proendos Sober
Pena do Galo Proendos Sober
Pena das Portelas Proendos (Ref. non localizado) Sober
Coviñas dos Toxos Proendos Sober
Do Pombal Proendos Sober
De Pedride Proendos Sober
Tapias Proendos (ref. non localizado) Sober
Tercias Proendos Sober
Pena do Xestal I e II Proendos Sober
Do Preguiceiro Santiorxo Sober
Moreda Moreda Taboada
Fonte: www.ocoladodovento.blogspot.com / www.onosopatrimonio.blogspot.es/pax.web concellos
Territorio 25

3.5.2. A cultura castrexa.


A Idade de Ferro ven caracterizada pola utilización do ferro como metal instrumental;
utilización importada de Oriente a través das migracións de tribos indoeuropeas; entre outras,
os celtas (indo-xermánicos chegados do Rhin) a partir do 1.200 a.C.. Tribos que atoparon un
substrato indíxena caracterizado pola cultura castrexa (dende o século IX ou VIII a.c.) e que foi
collendo influencias da cultura romana no século II a.c. para acabar sendo absorbida por esta a
partir do século I d.C.. Adoita afirmarse que a cultura castrexa abrangue a Galicia actual, a
parte occidental de Asturias, o norte de Portugal entre os ríos Miño e Douro, existindo restos
castrexos na ladeira sur da Serra de Gredos, preto de Plasencia. Da cultura castrexa o máis
representativo son os poboados con cabanas circulares de cachotaría; as veces amuradas, e
asentadas en outeiros no alto dos ríos. Consérvanse abundantes pegadas espalladas por
todo o territorio do Pacto de Lemos, onde habitaban os Lemavos, pobo pre-románico, segundo
testemuña de Estrabón, Ptolomeo e fundamentalmente Plinio. A continuación unha listaxe dos
castros do territorio, aínda que non exhaustiva; os sinalados (*) son de máis entidade os que
levan ® son castros romanizados posteriormente:

Castros Parroquia Concello


Castro de Freituxe Freituxe Bóveda
Castro de Ramos Freituxe Bóveda
Castro de Bustelo Martín Bóveda
Castro de A Lomba Martín Bóveda
Castro de A Roda Rubián Bóveda
Castro de Agrón Rubián Bóveda
Sucastro Ver Bóveda
Castro de Vilarbuxán Vilarbuxán Bóveda
Castro de Agroi Bóveda
A Cova dos Mouros San Fiz de Rubián Bóveda
Castro de Vilalpape Vilalpape Bóveda
Castro de Buciños Buciños Carballedo
Castro de Bearcos Bearcos Carballedo
Castro de Morgadáns Morgade Carballedo
Castro de San Cristovo Castro Carballedo
Monte do Castro e Papelle Cova Carballedo
Castro Lobelle Carballedo
Pena do Castro Milleirós Carballedo
Castro de A Touza Oleiros Carballedo
Castro de San Romao e Roda San Romao de Campos Carballedo
Castro de Santa Mariña Santa Mariña do Castro Carballedo
Igrexa Veascós Carballedo
Castro de Vilaquinte Vilaquinte Carballedo
Castro de Candaz * Piedrafita Chantada
Castro de Breán Belesar Chantada
Castro de Arcos Arcos Chantada
Castro de Argozón Argozón Chantada
Castro de Bermún Bermún Chantada
Castro de San Sebastián Brigos Chantada
Castro de Cabreiros Camporramiro Chantada
Agros do Castro Esmoriz Chantada
Castro de Fornas Fornas Chantada
Castro de Quintela A Laxe Chantada
Castro de Vilaseco A Laxe Chantada
Castro de Líncora Líncora Chantada
Castro de Vigo Mariz Chantada
Castro de Pumar Merlán Chantada
Castro de Paderne Muradelle Chantada
Castro de Nogueira Nogueira de Miño Chantada
Castro de Airoá Pesqueiras Chantada
Castro de O Pacio Requeixo Chantada
Castro de San Fiz San Fiz de Asma Chantada
Castro de San Sebastián asma Chantada
Castro de Santa Uxía Santa Uxía de Asma Chantada
Castro de Centulle San Xurxo de Asma Chantada
Sitio do Castro e Vilaúxe Vilaúxe Chantada
Territorio 26

Castro de Vilar (*) Vilamor Folgoso do Courel


Castro de Vilamor ® Vilamor Folgoso do Courel
Castro de Fouciños Sobredo Folgoso do Courel
Castro de Brio Mercurín Folgoso do Courel
Castro da Torre ®
Paderne, Santo Estevo, Froxán,
Parada, Teso do Castro, Cabreira
Outros castros (Monte Cido), Esperante, Romeor, Folgoso do Courel
Miraz, a Torre, Mogoxe, Torexe,
Seceda, Seoane, Visuña
Dactonium(*) San Vicente do Pino Monforte Monforte de Lemos
A Peroxa, A Penela, A Vide, Caneda,
Chavaga, Guende, Castelo Grande,
Castelo Pequeño, Cornado, Riaño,
Outros castros Monforte de Lemos
Nocedas, Baamorto, Rozabales,
Moreda, Fiolleda, Eivedo,Chao de
Fabeiro, Distriz, Marcelle,
Castro da Guítara * Guítara Pantón
Castrelo de Paderne Moreda Pantón
Castro de Santa Mariña Eiré Pantón
Castro de Ferreira * Ferreira Pantón
Amboade Vilar de Ortelle Pantón
Marce Vilar de Ortelle Pantón
Amboade, Castrotañe, Castroseiros,
Castillón, Castelo de Marce,
Outros castros Espasantes, Guende, Ude, Pantón
Pombeiro, San Fiz de Cangas,Toiriz,
Toldaos, Vilamelle
Castros da Ponte e A Lama Entre Barxa e Salcedo A Pobra de Brollón
Canedo, Domiz, Castroncelos, Piño,
Outros castros A Pobra de Brollón
Veiga, Saa
Castro de Alende e Brence Cereixa A Pobra de Brollón
Castro de Lamigrexa e Santa Mariña Castrosante A Pobra de Brollón
Castro de Xunqueiro Óutara A Pobra de Brollón
Castro de Montecelo Fornelas A Pobra de Brollón
Roda de Castro Salcedo A Pobra de Brollón
Coroa do Castro A Seara Quiroga
Pena Dominga Bendilló Quiroga
Monte da Rodela Bustelo de Fisteus Quiroga
Os Castros Fisteus Quiroga
Penedo dos Mouros O Outeiro Quiroga
Castro de A Roda Vilar de Lor Quiroga
O Castro. A Roda Vilar de Lor Quiroga
Castro Barreiro Hospital Quiroga
A Coroa Pacios da Serra Quiroga
Castro de Augasmestas Augasmesta Quiroga
Castros de Ares Augasmestas Quiroga
Os Castriños Sequeiros Quiroga
Castro da Ermida A Ermida Quiroga
Castro de Xestoso Vilar de Lor Quiroga
Castro de Quiroga Quiroga Quiroga
Castelo da Veiga Montefurado Quiroga
Castro da Cruz de Outeiro Outeiro Quiroga
Castro de Sobrado ® Quintá de Lor Quiroga
Castro de Santa Andrea ® Quintá de Lor Quiroga
Castro Alto do Capelo ® Vilar de Lor Quiroga
Castro do Cereixal ® Augasmestas Quiroga
Castro de Barxa ® Hospital Quiroga
Castro Alto do Castelín ® Hospital Quiroga
Castro do Castelo ® Sequeiros Quiroga
Castro Do Souto ® Hospital Quiroga
Castro de Paradaseca ® Paradaseca Quiroga
Castro de Paradas ® Paradaseca Quiroga
Castro de Soldón 1 ® A Seara Quiroga
Castro de Soldón 2 ® A Seara Quiroga
Castro de Soldón 3 ® A Seara Quiroga
Castro de Vilaster 1 ® Vilaster Quiroga
Castro de Vilaster 2 ® Vilaster Quiroga
Castro de Hermidón ® Montefurado Quiroga
Castro de Anguieiros ® Montefurado Quiroga
Castro de Vilanuide ® Vilanuide Quiroga
Outros Castros Augas Mestas, Cereixido, A Quiroga
Territorio 27

Enciñeira, Montefurado, Quintá de


Lor, Sequeiros, Vilar de Lor, A Seara
Castro de Abaixo Nogueira Ribas de Sil
Castro de Santa Bárbara Ribas de Sil Ribas de Sil
Os Castros Soutordei Ribas de Sil
Pousanova San Clodio Ribas de Sil
Penas do Castro Piñeira Ribas de Sil
Castro da Portela Diamondi O Saviñao
Castro da Besta Vilelos O Saviñao
Castro de Illón Licín O Saviñao
Castro da Torre Freán O Saviñao
Castro de Abuime Abuime O Saviñao
Castro da Ciudá Xuvencos O Saviñao
Abuime do Monte, Abuime Broza,
Chave,
Xuvencos, Valilongo, dos Currás,
Santa Mariña, Ousende, Diomondi,
Outros Castros Amede, Mourelos, Fión, Freán, Licín, O Saviñao
Eirexafeita, Rebordaos, Piñeiro,
Reiriz, Rosende, Santo Estevo de
Ribas de Miño, Orxáinza, Vilatán,
Vilaesteva,Vilasante,
Castro de Vilacaíz * O Saviñao
Castro de Marrube O Saviñao
A Castrela Amandi Sober
Castros de Castinande Anllo (Santo Estevo) Sober
Castro de San Marcos Anllo (San Martiño) Sober
Castro de Xabrega Anllo (San Martiño) Sober
Castro de Sober Arroxo Sober
Castro de Vilanova Barrantes Sober
Castro d´ A Cividade Bolmente Sober
O Cotarro do Castro Bolmente Sober
Burato das Mouras Bolmente Sober
A Mota Brosmos Sober
Pena do Castelo Doade Sober
Petouto dos Mouros Doade Sober
Castro de A Coroa Doade Sober
Castro de Escalleiro Doade Sober
A Roda do Castro Gundivós Sober
Os Castros Gundivós Sober
Castro d´A Mota Lobios Sober
Castro da Roda Neiras Sober
Castro d´As Medorras Pinol Sober
O Castriño Pinol Sober
Castro de Franco (*) Proendos Sober
Castro de Outeiro Rosende Sober
Outros Castros Vilaescura, Lobios, Sober
Lugar do Castro Bouzoa Taboada
Predio das Arcas Fradé Taboada
Castro de San Lourenzo Gondulfe Taboada
Pena dos Mouros San Xián de Insúa Taboada
Castro de Cumbraos Mato Taboada
Castro de Laxa Sobrecedo Taboada
Castro de Cabalos Vilar de Cabalos Taboada
Castros de Caldemourelle Ansar Taboada
Castro de San Roque, Bembibre Taboada
Castro de Cabueiro, Cerdeda Taboada
Castro de Tomade A Torre Taboada
Carballo, Castelo,Cerdeda, Mato,
Outros castros Moreda, Piñeiro, Sobrecedo, Vilela, Taboada
Xián
Fonte: pax. Web concellos / www.onopatrimonio.blogspot.es/

3.5.3. A romanización
A romanización coñécese como o proceso polo que os territorios conquistados polo
Imperio Romano ían adoptando os costumes, técnicas, leis, lingua, relixión; en síntese o seu
sistema de organización social. O proceso en Galicia foi lento, intercambiándose relacións
comerciais con expedicións; a primeira no 137 a.c. da man de Décimo Xunio Bruto freouse no
Territorio 28

río Limia ou o río do esquezemento. O longo do século I, establecéronse fundamentalmente


relacións comerciais relativas a riqueza mineral do subsolo: ouro, ferro, cobre. Quedando
testemuñas dos seus xeitos de explotación: extracción por aluvión nos ríos Sil e Lor
(Montefurado,Quiroga), a ceo aberto no Courel, e a terceira a ruina montium nas Médulas
(Ponferrada).
O lento proceso da colonización romana fixo que se solaparan durante un longo período
de tempo a cultura castrexa coa cultura do Imperio, nutríndose respectivamente. A
romanización supuxo unha reorganización do hábitat galego ó introducir o fenómeno urbano
(Lucus Augusta) e o concepto das villaes; residencia rural de luxo con explotacións agrarias
nos vales máis romanizados. Este serodio proceso permitiu que nos primeiros séculos da
romanización a cultura castrexa manifestara os seus desenvolvementos materiais máis fortes
co apoxeo dos grandes castros como o de Santa Tegra. A partir do século II d.c. empezan a
despoboarse os castros a favor das villae, concentrándose a poboación nas chairas e vales
fluviais. Pero é a partir do século III d.c. cando este novo xeito de asentamento acada o seu
desenvolvemento có inicio das cidades amuradas con fins defensivos contra as invasións
xermánicas.
Deste período permanecen aínda importantes obras de enxeñería (o documentado e
extinguido Portus Polumbarii en Pantón), pontes, restos de complexos residenciais, de
explotacións de minerais e os seus túneles de lavadoiro, castros romanizados e certas
insculturas. Hai que subliñar o sartego romano da Igrexa de Santa María de Termes en
Carballedo, considerado tan antigo coma o atopado na Igrexa de San Félix en Girona, o máis
antigo dos achados na península.
O máis salientable, cara o desenvolvemento do territorio, foi sen dúbida o entrañado de
vías secundarias e pontes, que anoaban o territorio co Imperio pola Vía Nova ou XVIII (Braga-
Astorga por Chaves e Ourense) coa Vía XIX (Braga-Lugo-Cacabelos-Astorga máis longa e pola
costa) a través da Ribeira Sacra por Belesar para comunicar as cuncas do Ulloa e do Sil. Hai
documentos que fan referencia ó Camiño Real que une Santo Estevo (Ourense) con Santiorxo
(Sober), Diomondi (O Saviñao) cruzar o Miño en Belesar (Chantada). Especúlase que os
piares da ponte de Belesar, que unía os castros de Breán e Marrube, son de construción
romana. Asemade, con probabilidade o Camiño a Santiago de Inverno construíuse sobre o
entrañado romano cara a Cacabelos (Bergidum Flavium no Bierzo) atallando pola ribeira
ourensá do Sil (Trives Vello, Petín, Médulas) coa cal se artellaba o Camiño Real de Castro
Dactonium ou do complexo romano de Castrillón (Monforte de Lemos) a Castro Caldelas.
Malia todo isto, a pegada máis significativa da romanización no Pacto de Lemos foi de
carácter inmaterial: a proxección do territorio cara ó exterior, a lingua, e a estrutura xurídico-
administrativa e, en concreto, o concepto de municipio.

Vestixio romanos Parroquia Concello


Complexo residencial Termes Carballedo
Sartego de Santa María Termes Carballedo
Cóbados de Belesar (calzada) Belesar-Tarrío-San Fiz de Asma Chantada
Minas auríferas de Millán Monte da Baliña (Seoane) Folgoso do Courel
Minas de Torubio Mostaz (Esperante) Folgoso do Courel
Minas auríferas A Toca Piñeira (Seoane) Folgoso do Courel
Túnel de A Louseria Canles de auga para Millares e Torubio Folgoso do Courel
Ponte Vella Monforte de Lemos Monforte de Lemos
Restos termais Augas Santas Pantón
Vestixios complexo residencial San Vicente de Castillón Pantón
Ara funeraria Atán Pantón
Túneles lavadoiro (S. II dC) e Mina da Veiga Montefurado Quiroga
Mina Hermidón I Hermidón (Montefurado) Quiroga
Mina de Albaredos Albaredos (Montefurado) Quiroga
Mina e lavadoiro Pena Furado O Soldón Quiroga
Territorio 29

Minas de San Pedro, Freixeiro e Margaride Quintá de Lor Quiroga


Ponte Bibiei (S.II dC) Vacariza (Enciñeira) Quiroga
Minas de Moá, Figueirido, A Piñeira Peites Ribas de Sil
Vestixios calzada romana Diamondi O Saviñao
Xacemento romano Proendos Sober
Ara da igrexa de Liñarán Monte Sata. Catalina Sober
Vestixios calzada romana Santiorxo Sober
Vestixios calzada romana de Pedride Proendos Sober
Fonte: www.onosopatrimonio.blogspot / pax. Web concellos / Historia de Monforte. Germán Vazquez

3.5.4. A caída do Imperio Romano


O Imperio Romano caíu baixo a presión das invasións xermánicas. Os suevos,
chegados da Europa central (ano 409), firmaron un tratado (foedus no 411) cos romanos de
xeito que o seu reinado prolongouse ó longo dos séculos V e VI en alianza cos romanos fronte
a outras invasións, se ben a súa zona estaba centrada ó redor da capitalidade de Braga, entre
o Miño e o Douro; os límites do Regem Suevorum ou Regem Galliciae chegaron ata o río
Texo polo sur e ata o Pisuerga polo leste. Deles a herdanza é basicamente inmaterial,
afianzando o cristianismo (antigo eremitorio no Mosteiro de Atán en Doade (Sober), e a
organización social e administrativa do territorio na Parrochiale Suevum redactada por Martiño
de Dumio, recoñecido coma episcopi Gallaecia, semente do concepto xurídico de parroquia
que aínda se mantén.
No ano 585, o rei visigodo Leovixildo anexiona o reino suevo; Galicia pasa a depender
de Toledo coma unha das tres entidades do seus dominios: Hispaniae, Galliae et Gallaeetiae.
Destaca neste período a figura de San Froitoso, bispo galaico de orixe visigoda, que promoveu
numerosas fundacións de cenobios redactando a Regla Común., que permitíu que familias
enteiras, incluso con fillos, puideran vivir na orde monacal dúplice. Desta época quedan
pegadas en Amandi, Sober co Mosteiro sobre o Castro de Francos, o Mosteiro de Atán en
Doade (Sober) ou o de San Fiz de Cangas e San Vicente de Pombeiro en Pantón; en xeral,
toda a Ribeira Sacra estaba espallada de cenobios construídos dende o século VI.
Está documentado o nome de Rivoira Sacrata pola raíña Tareixa de Portugal no século
XIII, para referirse ao refuxo de monxes e eremitas dende tempos dos suevos nas gargantas
fluviais do Sil e do Miño en relación a unha ducia de mosteiros, a maioría deles, pasados
despois as ordes bieitas. Da vida monacal dúplice da conta a documentación referida aos
mosteiros e cenobios coma os de Santo Estevo de Chouzán (cenobítico e despois dúplice)
(Ref. S IX), Santa María de Termes en Carballedo, San Salvador (feminino) e Santa María
(masculino) de Piñeira en Taboada (S. XII), San Salvador de Asma (cenobítico e despois
dúplice) en Chantada (Ref. S. IX)), Santa María de Rosende (cenobítico e despois dúplice) en
O Saviñao (Ref. S. IX). No que atinxe a San Miguel de Oleiros, Carballedo, hai referencias da
súa existencia do S. IX, aínda que non sobre a súa vida monacal.
No ano 711 os musulmáns poñen fin ao reinado visigodo, malia que segundo
testemuñas dos séculos VIII e X, respectivamente, e no que atinxe a Galicia: “non quedou lugar
sen dominar en Al-Andalus se exceptuamos o país de Galicia (Al-Maccari, ed. Gayanos, 2002)
ou “ os vascos son cristiáns de Galicia” ou “Clunia (Burgos) primeiro confín de Galicia” (Ibn
Hawkal , Da Terra de Lemos ao Reino de Galicia, Xunta de Galicia, 2007). Aínda que os
historiadores non se poñen de acordo sobre a duración da súa presenza en terras galegas, no
territorio destruíron no século VIII a fortaleza de Castro Dactonium (Monte de san Vicente,
Monforte) e os Mosteiros de Atán (Pantón) e Santa María de Amandi (Sober).
No ano 813, o bispo Teodomiro anunciou a descoberta do sepulcro do Apóstolo
Santiago; no ano 813, o rei Afonso II O Casto, referido documentalmente coma rei de Asturias
ou rei de Galicia, é informado polo mesmo bispo Teodomiro de Iria Flavia, da aparición dunha
luz sobre unha antiga capela. Capela sobre a cal o antedito rei manda edificar unha igrexa,
comenzando a lenda do Camiño de Santiago o que vaia converter a Galicia nun eixo
Territorio 30

fundamental da cristiandade medieval e vía de difusión cultural á Ribeira Sacra co seu


Camiño de Inverno, en consecuencia, e pola súa posición estratéxica de entrada e saída á
Meseta.
No período altomedieval a Terra de Lemos está constituída, sendo documentada no
S.IX coma “Terra de Lemabus”. Neste período imponse o modelo de asentamento nas vilas, e
a xeografía dos castelos a partir do século X pola necesidade de facer fronte aos ataques
exteriores. Así, no Pacto de Lemos quedan pegadas do Castelo de Monforte de Lemos, o de
Ferreira de Pantón, de Xuvencos en O Saviñao e os de Asma e Chantada en Chantada.
O control sobre o territorio complétase coa rede monástica, que acada as zonas agrarias
máis afastadas. Os inicios do monacato veñen de tempos dos suevos e os visigodos, onde a
coroa tiña vínculos estreitos coa igrexa. As ordes máis relevantes do período son de bieitos e
cistercenses. Así os Mosteiros de San Vicente do Pino (Monforte de Lemos), San Salvador de
Asma en Chantada ou San Paio de Diamondi (O Saviñao), xunto cos de Santa Cristina e Santo
Estevo na Ribeira Sacra ourensá.
Así chegamos a que “En toda Europa comienza en el S X y XI una nueva vida y se inicia
un nuevo ciclo histórico “ ( Vicente Risco). “En Galicia, a pesar de los grandes trastornos que
sufre, se nota una gran actividade renovadora; surgen fuerte poderes feudales, se levantan
iglesias y monasterios, se roturan montes, se cultivan herdades, se reunen bibliotecas,
estudian los monjes, cazan y guerrean reyes y condes, trabajan la tierra colonos y siervos, van
estos recobrando su libertad y se repueblan las ciudades” (Germán Vázquez Historia de
Monforte 1970).
As reformas do abade Rosendo (S. X) e da orde bieita (S. XI) fan que o vello monacato
de fundación familiar deixe paso a unha concepción máis oligárquica feudal acentuando máis o
protagonismo político e económico dos mosteiros. Desta época altomedieval quedan
numerosas pegadas da arte prerrománica.
Os vestixio prerrománicos relixiosos máis salientables no Pacto son os seguintes:

Pegadas Século Lugar Parroquia Concello


San Miguel S. IX Oleiros Carballedo
Sepulturas antropomorfas S. VIII-XI San Cristovo (Fornas) Chantada
Mosteiro de San Vicente S. IX Monforte de Lemos Monforte de Lemos
Celosías de Santiago Vilar de Ortelle Pantón
Mosteiro de San Miguel Eiré Pantón
Mosteiro de Santo Estevo Atán Pantón
Capela rupestre O Cotillón Acedre Pantón
Sepulcros antropomorfos O Preguntoiro (Pombeiro) Pantón
Sarcófagos S. X Louredo e San Sadurniño O Saviñao
Sartegos Igrexa de Campo Taboada
Sepulturas antropomorfas Casa Grande de Moreda Taboada
Fonte: www.onosopatrimonio.blogspot.es/ Pax. Web concellos / Historia de Monforte. Germán Vázquez

3.5.5. A plenitude medieval


Esta plenitude medieval do século XII ou Era Conpostelá é debida, en gran medida, á
rexencia do Arcebispo Xelmírez e ó forte crecemento demográfico. Cara aos asentamentos
aparece unha forte dicotomía entre asentamentos evolucionando cara un hábitat concentrado
en vilas, e outros asentamentos dispersos; os casais, ó redor das igrexas e mosteiros
baseados na actividade agrícola e gandeira. Esta expansión do fenómeno urbano propiciou o
desenvolvemento do comercio e o artesanado que se viu reforzado polo Camiño de Santiago
como fonte de ingresos e variedade cultural.
Monforte xurdiu dende antigo coma núcleo aglutinador dun territorio que xa no século
XIII “era o centro comercial dunha dilatada zona que sobrepasaba, con moito, aos límites que
ten na actualidade; extendíase por Quiroga, Sarria, O Incio, Chantada, Taboada, Castro
Territorio 31

Caldelas, A Pobra de Brollón, etc.” (G. Vázquez pax. 224). Destes tempos datan a zona
amurada do Monte de San Vicente, e a Porta da Alcazaba.
A arte románica expresa plásticamente a plenitude medieval da sociedades galega
entre os séculos XII e XIII nos que se ergueron gran cantidade de mosteiros e igrexas, moitos
deles considerados monumentos nacionais.

Monasterio/ Igrexas M.N. Ref.doc. Construción Concello


Santiago de Lousada S. XIV S. XII Carballedo
San Miguel de Oleiros S. IX, S. XI S. XIII Carballedo
San Xoán da Cova 1.950 S.X S. XI, XII Carballedo
Sto. Estevo de Chouzán 1.950 S.IX, S.X S. XII Carballedo
Igrexa de Sta. María S. XII Carballedo
San Salvador de Asma S. IX, S. XI S. XII Chantada
Sta. María de Pesqueiras 1.950 S. XII Chantada
Igrexa de Campo Ramiro S. XII Chantada
San Pedro de Valverde S. XII Monforte de Lemos
San Miguel de Eiré 1.964 S. XII Pantón
Sto. Estevo de Atán 1.975 S.VIII, IX, S. XII, XIII Pantón
San Vicente de Pombeiro S. X S. XII Pantón
San Pedro de Fiz (Cangas) 1.979 S. XII, XVIII Pantón
Sta. María de Ferreira S. IX, X S. XII Pantón
Igrexa de San Mamede S. XIII Mañente, Pantón
Igrexa de Santo Estevo S. XIII Espasantes, Pantón
Igrexa de San Romao S. XIII Moreda, Pantón
Igrexa de San Clodio S. XII Ribas de Sil
Igrexa de Sta. María S. XII, XIII Torbeo, Ribas de Sil
S. Vitorio (Ribas de Miño) S .X S. XII O Saviñao
Sto. Estevo (Ribas de Miño) S. XII S. XIII O Saviñao
San Paio de Diomondi S. VIII, X S. XII O Saviñao
Sta. Mariña de Rosende S. IX, X S. XII, S XIII O Saviñao
San Martiño da Cova S. XIII O Saviñao
Igrexa de Santa María de
S. XII O Saviñao
Seteventos
San Miguel de Rosende S. XIII Sober
San Xián de Lobios S. XIII Sober
Sta. María de Proendos S. XII Sober
San Pedro de Bembibre S. XII, XVIII Taboada
San Salvador e Sta. María de
S. XIII, XIV, XVIII Taboada
Piñeira
Fonte: www.onosopatrimonio.blogspot.es/ Pax. Web concellos / Historia de Monforte. Germán Vázquez

A listaxe correspóndese cos monumentos máis relevantes e, malia que existen moitos
máis, só se conservan certos elementos desa arte coma: Igrexas de Sta. Baia, Pradeda e de A
Aguada en Carballedo, as Portas de San Miguel do Monte Tímpano, Sta. María de Bermín, ou
Sta. María de Nogueira, esta última con rosetón xa gótico, en Chantada. Sta. María de
Seteventos ou Sta. María de Marrube en O Saviñao; San Pedro de Ribasaltas, Sta. María da
Penela e Sta. María da Parte en Monforte; San Pedro de Canabal en Sober, etc.
A arquitectura militar tamén é salientable no Pacto de Lemos, facéndose no territorio
castelos e torres a partir do século XII e XIII, moitos deles desaparecidos na Revolta dos
Irmandiños e coa prohibición expresa de reconstrución por parte da raíña Isabel a Católica; os
que sobreviviron, algúns foron remodelados e outros abandonados. Da arquitectura militar
desta época os máis salientables son a Torre do Homenaxe de Monforte de Lemos (S.XII-XIV)
e a Porta da Alcazaba (S.XIII) na zona amurada de Monforte de Lemos; a Torre Novaes ou
Castelo da Encomenda (S.XIII), sede da Orde de Malta, en Sequeiros, Quiroga; A Torre da
Candaria (S.XIII) en Rebordaos, O Saviñao. Quedan vestixios ou testemuñas pola toponimia:
Torre de Eimer , Torre de Ribeira en Bóveda; Torre de Buciños, de Grixoá de San Romao, de
Milleirós en Carballedo; Torre de Arcos (S.XIII), de Vilaúxe, de Merlán, de Cancelo, de
Quinteliña en Chantada; Torre de Cabreira, Castelo de Esperante, de san Roque en Folgoso,
Territorio 32

Torre de Malpica en Ribas de Sil; Torre de Marce (S.XII) en Vilar de Ortelle, en Pantón; Torre
de Xuvencus en O Saviñao; Torre de Abaixo, Torre de Moreda en Taboada.

3.5.6. Os escuros séculos XIV e XV


Da plenitude medieval do século XIII, cunha forte presenza de Galicia no comercio
internacional marítimo que sen dúbida aportaba riqueza ao territorio de Lemos, pasamos ao
século XIV caracterizado por unha grande crise económica e demográfica produto das guerras
dinásticas (Guerra dos Cen Anos) e da Reconquista que frearon o comercio internacional; das
malas colleitas; da presión da nobreza sobre burgos e fidalgos, prelados e campesiños; e da
Peste Negra que percorreu Galicia no ano 1348 reducindo nun terzo a poboación. Todo elo
pano de fondo dos violentos enfrontamentos sociais xurdidos no seguinte século coas Revoltas
Irmandiñas.
Hai referencias ao señorío da Terra de Lemos dende o S. XII; no ano 1.104 os Condes
de Borgoña, coa colaboración do abade de San Vicente Miguel II refundan o señorío de
Lemos; no ano 1.199 nun documento de Afonso IX aparece por primeira vez a referencia a
Monti Forti; a fins do século XII, aparece o primeiro da liñaxe dos Castro; Gutierre Ruíz de
Castro.
Os dominios da liñaxe dos Castro a principios do S.XIV, abrangaban xunto coas Terras
de Lemos as de Asma, Monterroso, Sarria, Cebreiro, Valdeorras, Bolo, Trives, Caldelas,
Quiroga, Trastámara , O Bierzo e incluso, os señoríos de Vilalba e Outeiro de Rei. A rebeldía
contra a coroa de Castela dos dous condes de Lemos sucesivos Pedro Álvarez Osorio e
Rodrigo Henríquez, saldouse coa partición dos seus señoríos: en 1484, os Reis Católicos
concedíanlle O Bierzo aos Pimentel, condes de Benavente, e en 1486 creaban para eles o
Marquesado de Vilafranca. A mediados do século XV, o señorío de Lemos convértese en
condado a perpetuidade para a linaxe dos Castro ata o ano 1.777 que pasa a familia Ducal dos
Alba pola ausencia de descendentes do derradeiro XI Conde de Lemos pertencente a esta
linaxe .
Foron séculos de fanatismo relixioso e persecución das minorías que supuxeron perdas
de comunidades importantes para manter o necesario pulo económico e social do territorio.
Exemplo delo, as expulsións dos xudeus pola orde dos Reis Católicos en 1.492, comerciantes
dedicados á tintura, seda, panos gornicionería, coiro, zapataría, xoiería, e pratería; xentes
cultas entre os que destacaban médicos e avogados. Poboación xudea que en Monforte, “a
súa poboación debeu de ser das máis importante de Galicia, equiparable á das grandes vilas
de Castela” G. Vázquez pax. 392).
A resistencia da nobreza galega contra as pretensións da coroa de Castela, así cómo o
apoio daqueles aos herdeiros derrotados nestas loitas dinásticas dos séculos XIV (Enrique de
Trastamara fronte a Pedro I) trouxeron innumerables accións de castigo e hostigamento a
Galicia por parte dos Reis Católicos. No que atinxe ao Pacto de Lemos, a parte da falta de
representación política nas institucións centrais e o apoio a linaxes de orixe castelán que
afectou a toda Galicia, a prohibición expresa de plantar oliveiras, que afectou aos vales de
Quiroga; ou do traslado obrigado das congregacións de relixiosas bieitas, por orde expresa da
raíña Dona Isabel de Castela, dos conventos de San Xoán da Cova, San Miguel de Eiré, e San
Pedro de Fiz de Cangas,entre outras, a San Paio de Antealtares baixo o control das
congregacións de Castela e Valladolid, inicio da decadencia monacal da Ribeira Sacra.
Asemade, outras medidas como a prohibición expresa de arranxar as fortificacións, igrexas ou
castelos derruídos polas Revoltas Irmandiñas do século XV formaron parte da súa política de
hostigamento a Galicia para sometela á coroa de Castela, ante quen finalmente sucumbíu.
Todas estas condicións adversas foron un estancamento para o desenvolvemento social
e cultural. Por outra banda, a arte gótica característica do século foi moi influenciada pola
fortaleza que representaba o románico na zona, fundamentalmente desenvolvida da man das
ordes mendicantes franciscanas e dominicas con pouca presenza no territorio.
Territorio 33

A testemuña de Jerónimo Zurita nos Anales da Coroa de Aragón, resume a situación


destes séculos: “En aquél tiempo se comenzó a domar aquella tierra de Galicia, porque no sólo
los señores y caballeros della pero todas las gentes de aquella nación eran unos contra otros
muy arriscados y guerreros” (Anales de la Corona de Aragón, lib. XX, cap. LXX.Jerónimo
Zurita 1.562-1.580)

3.5.7. Os inicios do Idade Moderna


Na Idade Moderna, a incorporación de cultivos provenientes de América coma o millo e a
pataca, produce unha fonda transformación na agricultura que ten como primeira consecuencia
un forte crecemento demográfico; xa que a poboación galega duplicouse entre mediados do
XVI e metade do XVIII.
No século XVI e XVII chega de novo unha época de esplendor cultural, renacentista e
urbanístico, e unha dimensión internacional á bisbarra das mans dos mecenas máis
significativos Cardeal Rodrigo de Castro e o seu herdeiro o VII Conde de Lemos Pedro
Fernández de Castro.
Ao Cardeal Rodrigo de Castro (S.XVI), fillo da III Condesa de Lemos, e inquisidor
durante 15 anos postulado po Felipe II , debéselle a construción do Colexio de Nosa Dona da
Antiga ou Colexio da Compañía de Xesús, unha obra singular renacentista do mestre Herrera
(O Escorial Galego), cunha importante pinacoteca herdada do Cardeal: entre outros San
Francisco e San Lourenzo de O Greco e retablo principal barroco, orixinal de Francisco Moure,
así coma retablos de Andrea do Sarto.
O VII Conde de Lemos D. Pedro Fernández de Castro e Andrade, mecenas de
Cervantes (quen lle dedicou a segunda parte do Quixote), de Góngora, Lope de Vega, dos
irmáns Argensola e de Quevedo. Foi entre 1.603 e 1.618 Presidente do Consello de Indias,
Vicerei de Nápoles, e presidente do Consello Supremo de Italia, o que lle proporcionou ó
territorio unha dimensión internacional. A súa dona, Catalina da Porca e Sandoval, foi
fundadora do Convento de San Xacinto de fundación dominica, e do Convento das Clarisas,
franciscanas descalzas, orde na que ingresou ó quedar viúva e a quen se lle debe a riqueza
de carácter sacro que fan del, hoxe en día, un dos museos de imaxinería policromada máis
importantes de España, contando con dúas imaxes do escultor barroco Gregorio Fernández
(un Cristo Xacente e dúas Inmaculadas) e outra atribuída a Juan de Mena; a elo hai que
engadir unha reprodución en miniatura da Piedade de Miguel Angel, dous relicarios do S XVII,
e un cáliz do S. XVIII.
A declaración de Monforte de Lemos coma conxunto histórico-artístico no ano 1.973
inclúe a Ponte romana, a muralla (S. XII-XV), a porta da Alcazaba (S.XIII), a Torre do
Homenaxe (S.XII, reedificada S. XVI), o Pazo dos Condes (S.XV,XVIII), o Mosteiro Bieito
(S.XVI), o Colexio do Cardeal ou Nosa Señora da Antiga, o Convento de Sta. Clara e o
Convento de San Xacinto.
É tamén salientable a arquitectura solariega ó longo dos séculos XVII e XVIII,
fundamentalmente renacentistas ou barrocas; casas grandes e pazos dos fidalgos beneficiarios
do réxime foral, construídas frecuentemente con estruturas defensivas que, en moitos casos,
estaban baseadas en construcións anteriores. O territorio conta con numerosos pazos dos
señoríos da zona, algúns deles dedicados ao turismo rural hoxe en día, como:
Pazos e Casas Grandes Ref. / Const. Parroquia Concello
Pazo dos Marqueses S. XVI /S. XVIII Bóveda Bóveda
Casa Torre de Ver S. XVIII Ver Bóveda
Pazo de Ribeira Teilán Bóveda
Casa Priorato de Freituxe Freituxe Bóveda
Casa Valboa-Pazo de Guntín Guntín Bóveda
Casa do Pacio Bóveda
Casa de Meiruz Toimil Bóveda
Casa Montenegro Vilalpape Bóveda
Casa Pacio de Somoza Remesar Bóveda
Territorio 34

Casa Torre de Buciños S. XVIII Buciños Carballedo


Casa Grande Castrelo S. XV / S. XVIII Castro Carballedo
Casa da Torre de Vilaquinte Vilaquinte Carballedo
Casa do Mestre Carballedo Carballedo
Pazo de Cartelos S. XVIII Cartelos Carballedo
Casa Torre de Milleirós Milleirós Carballedo
Reitoral da Aguada Aguada Carballedo
Reitoral de Santa Cristina Asma Carballedo
Reitoral de Veascós S. XVIII Veascós Carballedo
Reitoral de Santa Baia Bubal Carballedo
Reitoral de San Salvador Bubal Carballedo
Reitoral de Furco Furco Carballedo
Reitoral de Lousada Lousada Carballedo
Reitoral de Oleiros S. XVIII Oleiros Carballedo
Reitoral de Temes Temes Carballedo
Reitoral de Vilaquinte Vilaquinte Carballedo
Pazo de Basán Basán Chantada
Pazo de Boán Piedrafita Chantada
Casa Forte de Sobrado Piedrafita Chantada
Pazo de Carraltravesa Sabadelle Chantada
Casa do Pacio S. XVII Sabadelle Chantada
Pazo de Elfe S. SVI/XVII Arcos Chantada
Casa Grande de Asma S. Fiz de Asma Chantada
Casa de Lemos (Servizos municipais) S. XV/XVI Chantada Chantada
Pazo de Mouricios Mouricios Chantada
Casa de A Quintá Mouradelle Chantada
Casa de Abral de Abaixo Mato Chantada
Pazo de Piñeiro (Turismo rural) S. XVII Pesqueiras Chantada
Casa da Nogueira S. XVIII Pesqueiras Chantada
Casa de Saa Pesqueiras Chantada
Pazo de Suatorre S. XVI Asma Chantada
Pazo As Casas (Turismo rural) S. XVIII San Pedro de Viana Chantada
Castelo de Carbedo Esperante Folgoso do Courel
Pazo dos Condes de Lemos
S. XV / S. XVIII Monforte de Lemos Monforte de Lemos
(Parador Nacional)
Pazo de Tor (Museo) Ref. XI /S. XVIII Tor Monforte de lemos
Pazo Muíños de Antero (Museo) S. XVIII, XIX Monforte de Lemos Monforte de Lemos
Casa Ibáñez S. XVIII San Clodio Ribas de Sil
Pazo de Casanova S. XVIII Torbeo Ribas de Sil
Pazo de Batanero ou Pazo da Costa S. XIX San Clodio Ribas de Sil
Casa do Priorato S. XII San Clodio Ribas de Sil
Casa de Pousanova San Clodio Ribas de Sil
Casa de San Román San Clodio Ribas de Sil
Pazo de Maside Ref SXI / XVI Deade Pantón
Casa de Tanqueán Deade Pantón
Pazo de Ferreiroá S. XVIII Eiré Pantón
Pazo de Goián S. XVII Goián Pantón
Pazo de Reguengo S. XV Reguengo Pantón
Casa de Remesar S. XVII Remesar Pantón
Casa de Follés S. XV / XVI Pantón
Casa Do Conde Espasantes Pantón
Casa Grande de As Lamelas S. XVI Pantón
Reitoral de Castillón (Turismo rural) S. XVII Castillón Pantón
Casa Torre de Quitapesares Ferreira Pantón
Casa Grande Ferreirúa A Pobra de Brollón
Casa de Díaz Ferreiros A Pobra de Brollón
Casa de Fontela A Pobra A Pobra de Brollón
Casa Grande da Ferrería de Rugando
S. XVI Vilarmel Quiroga
(Turismo rural)
Casa Torre do Hospital S. XVI / XVIII Hospital Quiroga
Casa das Señoritas (Turismo rural) Rosende Sober
Casa de Mazaira Doade Sober
Casa de Vilapedre Gundivós Sober
Pazo de Vilastrillas S. XVII Proendos Sober
Pazo de Sober Sober Sober
Rectoral de Anllo (Turismo rural) Anllo Sober
Casa de Velliños S.XV Santiorxo Sober
Pazo de Vilelos Vilelos O Saviñao
Pazo de Arxeríz (Museo) S. XVI /XVIII Fión O Saviñao
Pazo das Cortes S. XVIII Diomondi O Saviñao
Casa da Abadía Santo Estevo de Ribas de O Saviñao
Territorio 35

Miño
Pazo de Lamaquebrada Fión O Saviñao
Pazo de Casadonas Licín O Saviñao
Pazo de Fraguas Louredo O Saviñao
Casa Grande de Mousiños Seteventos O Saviñao
Torre da Candaira S. XVIII Rebordaos O Saviñao
Torre de Xuvencos Xuvencos O Saviñao
Casa Pazo de Vilar Vilelos O Saviñao
Casa de Torno Mourelos O Saviñao
Casa Torre de Guimil Segán O Saviñao
Casa Ferreiro A Broza, Agroxoi O Saviñao
Casa Grande de Marzán Chave, Marzán O Saviñao
A Casanova de Pardelles S. XVI Diomondi O Saviñao
S. XIII (parte mais
Casa Reitoral de Diomondi Diomondi O Saviñao
antiga)
Casa Nemesio Fión O Saviñao
Casa da Torre Freán O Saviñao
Casa Guitián Fondo de Vila, Laxe O Saviñao
Casa Vilamea S. XVII Ousende O Saviñao
Casa Toxeira Ousende O Saviñao
Casa Quiroga Albín, Ousende O Saviñao
Casa Eirexe S. XVIII Reiriz O Saviñao
Casa Fidalgo Reiriz O Saviñao
Casa Reitoral S. XVI San Vitoiro Ribas de Miño O Saviñao
San Vitoiro de Ribas de
Casa de Pacios O Saviñao
Miño
Casa do Cabaleiro Vilasante O Saviñao
Casa do Outeiro Vilasante O Saviñao
Casa do Páramo Vilasante O Saviñao
Pazo de A Pena Carmoega O Saviñao
Pazo de Perrelos S. XVIII Castelo Taboada
Pazo de Relás S .XV Taboada
Casa da Fentería Taboada
Pazo Fortaleza de Vilar Esperante Taboada
Casa Grande de A Cruz Gondulfe Taboada
Casa de Vilasusá S. Xián de Campo Taboada
Casa de Sorián S.Salvador Insua Taboada
Casa de Buín S.Xián de Campo Taboada
Casa de Chorén S. XVII S. Xián de campo Taboada
Casa de Covas Castelo Taboada
Pazo Fortaleza Srs.Taboada S. XV Taboada
Casa de Vilar de Eiriz Santiago Esperante Taboada
Casa de Carreira Santiago Sobrecedo Taboada
Casa do Penedo Santiago Sobrecedo Taboada
Pazo Casa Torre de Moreda Ref VIIII / S.XVI Moreda Taboada
Pazo de Bembibre S. XV Bembibre Taboada
Casa solariega de Moreda Moreda Taboada
Caserío da Ermida Taboada
Casal de Abral de Abaixo Taboada
Casa de Vilar de Eiriz Taboada
Casa de Romualdo (Turismo rural) Taboada
Fonte: Pax. Web dos concellos / www.turgalicia.net / www.onosopatrimonio.blogspot.es

Listamos a continuación os monumentos relacionados coa arquitectura relixiosa a


partir do século XVI , incluíndo cruceiros e os petos das ánimas; monumentos frecuentes a
partir do Concilio de Trento no que se revitaliza a idea do purgatorio. Atópanse en encrucilladas
de camiños e constan dun retablo no que se representan as ánimas cun caixón coma
esmoleiro para poder aplicar sufraxios pola salvación das almas dos mortos e vivos. Tamén
igrexas e parroquias renacentistas e barrocas con importantes retablos e tallas nos seus
interiores.
Nome Século Parroquia Concello
San Fiz S. XVI Rubián Bóveda
Capela Ecce Homo S. XVIII Rubián Bóveda
San Cristovo de Martín S. XVII Martín Bóveda
Capela da Concepción Bóveda
Capela do Rosario Bóveda
Capela de San Isidro Bóveda
Capela de San Martiño Bóveda Bóveda
Capela da Raíña Bóveda
Territorio 36

Capela de O Couso Bóveda


Capela da Portaxe Bóveda
Capela de Probeiros Bóveda
Igrexa parroquial Ref.: S. S. XVII Freituxe Bóveda
Igrexa parroquial de San Lázaro S. XVIII Guntín Bóveda
Igrexa parroquial S. XVII Mosteiro Bóveda
Igrexa parroquial S. XVII Remesar Bóveda
Igrexa parroquial S. XVII Ribas Pequenas Bóveda
Igrexa parroquial S. XVII Teilán Bóveda
Igrexa parroquial S. XVII / XVIII Tuimil Bóveda
Igrexa parroquial S. XVII Ver Bóveda
Igrexa parroquial S. XVII Vilalpape Bóveda
Peto de ánimas Ver Bóveda
Sta María de Temes Ref S.I, IV/ SXVIII Temes Carballedo
Igrexa parroquial de Loureiro S. XVII Loureiro Carballedo
Igrexa parroquial de Buciños S. XVIII / XIX Buciños Carballedo
Igrexa parroquial Santa Eulalia S. XIII A Aguada Carballedo
Igrexa parroquial de Santa Baia S. XII / XVIII Búbal Carballedo
Igrexa de Santa Cristina de Asma S. XVIII Asma Carballedo
Igrexa de Santa María de Veascós S. XIX Veascós Carballedo
Igrexa de San Mamede de Lousada XVIII Lousada Carballedo
Igrexa parroquial de San Salvador S. XVIII Bubal Carballedo
Igrexa de San Román de Campos S. XVIII Campos Carballedo
Igrexa parroquial de Carballedo S. XVIII Carballedo Carballedo
Igrexa de Cartelos S. XVIII Cartelos Carballedo
Igrexa de San Cristovo de Castro S. XIX Castro Carballedo
Igrexa de Santa Mariña do Castro S.XVIII Castro Carballedo
Igrexa de A Cova S. XX Cova Carballedo
Igrexa parroquial de Furco S. XVIII Furco Carballedo
Igrexa parroquial de Erbedeiro Erbedeiro Carballedo
Igrexa parroquial de Lobelle Lobelle Carballedo
Igrexa parroquial de Milleirós Milleirós Carballedo
Igrexa parroquial Vilaquinte Vilaquinte Carballedo
Capela de San Roque A Aguada Carballedo
Capela de San Breixo Veascós Carballedo
Capela do Pazo de Cartelos S. XVIII Cartelos Carballedo
Capela da Casa Grande Buciños S. XVIII Buciños Carballedo
Capela de Loureiro de Arriba S. XVIII Buciños Carballedo
Capela de Vilar A Cova Carballedo
Capela de Fontao S. XIX Oleiros Carballedo
Capela da Granxa de Oleiros S. XIX Oleiros Carballedo
Capela de San Lorenzo Temes Carballedo
Capela da Grixoá Chouzán Carballedo
Ermida de Cima de Vila S. XVIII A Cova Carballedo
Ermida de Santa Lucía A Cova Carballedo
Cruceiro de Cartelos Cartelos Carballedo
Cruceiro de Santa María de Carballedo Carballedo Carballedo
Cruceiro de Furco Furco Carballedo
Cruceiro de San Mamede de Lousada Lousada Carballedo
Cruceiro de Aguada Aguada Carballedo
Cruceiro de Vilaquinte Vilaquinte Carballedo
Cruceiro de Santa Cristina Asma Carballedo
Cruceiro de Santa Baia Aguada Carballedo
Cruceiro de San Salvador Bubal Carballedo
Cruceiro de Milleirós Milleirós Carballedo
Cruceiro de Buciños S. XIX Buciños Carballedo
Peto de ánimas de Casares Carballedo Carballedo
Peto de ánimas de Trasar S. XVII Carballedo Carballedo
Peto de ánimas de Vilar de Mulleres Carballedo Carballedo
Peto de ánimas de Pontepedriña Carballedo Carballedo
Nosa Dona do Faro S. XVII Requeixo Chantada
Igrexa de Nogueira S. XVI Nogueira do Miño Chantada
Igrexa de San Salvador de Asma San Salvador de Asma Chantada
Capela do Castelo S. XVII Arcos Chantada
Capela de Gordón S.XVII / XVIII Argozón Chantada
Capela de Penasilla A Laxe Chantada
Capela de San Antón S. XVII Muradelle Chantada
Capela de Carballizos A Laxe Chantada
Capela de Soilán S. XVIII Pereira San Mamede Chantada
Ermida de San Lucas S.XVIII O Mato Chantada
Santuario de Fátima S. XX San Xurxo de Asma Chantada
Territorio 37

Peto de ánimas de Centulle S. XIX Asma Chantada


Peto de ánimas de San Salvador de
S. XVII Brigos Chantada
Brigos
Cruceiro de Maríz Maríz Chantada
Cruceiro de Mosteiro Pedrafita Chantada
Cruceiro de Fornas Fornas Chantada
Convento de Sta. Clara S. XVI Monforte Monforte de Lemos
Convento de San Xacinto S. XVII Monforte Monforte de Lemos
Colexio da Compañía S. XVII Monforte Monforte de Lemos
Mosteiro de San Vicente do Pino S.XVI Monforte Monforte de Lemos
Ermida de San Lázaro S. XVI Monforte Monforte de Lemos
Cruceiro do Campo de Santo Antonio Monforte Monforte de Lemos
Igrexa de San Xoán de Toldaos Toldaos Pantón
Igrexa de San André de Ribeiras de Miño Ribeiras de Miño Pantón
Igrexa de Santo Estevo do Mato Mato Pantón
Igrexa de San Martiño de Tribás Tribás Pantón
Convento Dominico S. XVI Ferreira Pantón
Igrexa parroquial de S. XVIII Ferreira Pantón
Capela do Carme Toiriz Pantón
Capela de San Antonio Santiago de Castillón Pantón
Capela de Augasantas Pombeiro Pantón
Peto de ánimas de Canabal Canabal Pantón
Igrexa de San Pedro S. XVI A Pobra A Pobra de Brollón
Igrexa de San Cosme S. XVI Liñares A Pobra de Brollón
Igrexa de San Mamede S. XVI Vilachá A Pobra de Brollón
Igrexa de Sta. María S. XVI Pinel A Pobra de Brollón
Igrexa (retablo S.XVIII) S. XIX A Pobra de Brollón
Igrexa de Outara S. XV Óutara A Pobra de Brollón
Templo de Lamaigrexa Lamaigrexa A Pobra de brollón
Igrexa de Parada de Montes Parada de Montes A Pobra de Brollón
Nosa Dona dos Remedios A Ermida Quiroga
Igrexa de San Xoán O Hospital Quiroga
Igrexa de San Miguel S. XVIII Montefurado Quiroga
Igrexa de Santiago de Augasmestas S. XVII Augasmestas Quiroga
Igrexa de Santa María de Bendilló S. XVIII Bendilló Quiroga
Capela de San Xoán das Farrapas S: XVIII Bendilló Quiroga
Capela de San Antón S. XVIII Bendilló Quiroga
Igrexa de Santa Olalla de Bendollo S. XVII Bendollo Quiroga
Capela Ponte Soldón S. XIX Soldón Quiroga
Capela das Neves S. XIX Bendollo Quiroga
Igrexa de Santa Bárbara S. XIX Bustelo de Fisteus Quiroga
Capela de San Xoán S. XIX Bustelo de Fisteus Quiroga
Capela de San Mateo S. XIX Bustelo de Fisteuss Quiroga
Igrexa de Santa María S. XVIII Cereixido Quiroga
Igrexa de Santa Isabel S. XVI Enciñeira Quiroga
Capela de San Pedro de Sesmil S. XVIII Enciñeira Quiroga
Igrexa de Santa María da Hermida S. XVII Hermida Quiroga
Ermida Casa Estévez de San Vitoiro Hermida Quiroga
Capela Casa Velasquillo S. XVIII-XIX Hermida Quiroga
Igrexa de San Mamede de Fisteus S. XVIII Fisteus Quiroga
Capela de Vilaboa Fisteus Quiroga
Capela de Santa Apolinia de Barxa S. XVI Hospital Quiroga
Capela de San Antón de Pádua de
S. XVIII Hospital Quiroga
Carballo
Capela de Santa Bárbara de Albaredos Montefurado Quiroga
Capela de Santa María de Anguieiros S. XVIII Montefurado Quiroga
Capela da Inmaculada en Centeais S. XVIII Montefurado Quiroga
Capela de San Cosme de Ferreira S. XVIII Montefurado Quiroga
Igrexa de San Lourenzo S. XVIII Nocedo Quiroga
Capela de San Cipriano de Parteme S. XVI Nocedo Quiroga
Igrexa de San Salvador S. XVIII Pacios da Serra Quiroga
Ermida de Santa Engracia de Leixazós S. XVIII Pacios da Serra Quiroga
Igrexa de Santa María de Outeiro S. XIX Outeiro Quiroga
Igrexa de Santa María de Carballo S. XVIII Quintá de Lor Quiroga
Capela dos Remedios Sobrado – Río
S. XVII Quintá de Lor Quiroga
Maior
Capela de San Vicente de Margaride S. XVIII Quintá de Lor Quiroga
Igrexa de San Martiño S. XIX Quiroga Quiroga
Capela de San Blas de Pacios de Mondelo S. XVI Quiroga Quiroga
Capela de San Antón de Caspedro S. XVII Quiroga Quiroga
Igrexa de Santa María Madalena da Seara S. XVI Seara Quiroga
Territorio 38

Capela de San Miguel de Soldón S. XVIII Seara Quiroga


Capela do Castelo S. XVIII Sequeiros Quiroga
Igrexa de Santa María de Vilaster S. XVIII Vilaster Quiroga
Capela da Virxe do Rosario de Lamas S. XX Vilar do Lor Quiroga
Capela da Virxe do Rosario de Lamas
S. XIX Vilar do Lor Quiroga
(vella)
Capela de Soán S. XVIII Vilar de Lor Quiroga
Igrexa de San Lourenzo de Vilarmel S. XVII Vilarmel Quiroga
Capela de Rugando Vilarmel Quiroga
Igrexa de Piñeira S. XVII Piñeira Ribas de Sil
Igrexa de Nogueira S. XVIII Nogueira Ribas de Sil
Igrexa de Peites S. XVIII Peites Ribas de Sil
Igrexa de Rairos S. XVII Rairos Ribas de Sil
Igrexa de Sta. Cecilia S. XIX Freán O Saviñao
Igrexa de San Fiz S. XVIII Laxe O Saviñao
Igrexa de Santa María S. XVI Reiriz O Saviñao
Igrexa de Santa María S. XVI Ousende O Saviñao
Igrexa de San Xoán S. XVII Abuime O Saviñao
Igrexa de Santo Tomé S. XVII Broza O Saviñao
Igrexa de Sta. Baia S. XVIII Licín O Saviñao
Igrexa de San Lourenzo S. XII / XVII Fión O Saviñao
Nosa Dona de Guadalupe S. XVIII Ribas de Miño O Saviñao
Capela de San Xoán de Abuime Abuíme O Saviñao
Nosa Dona de Cadeiras S. XVIII, XIX Sober
San Martiño de Tribás S. XVIII, XIX Doade Sober
Igrexa de San Pedro S.XII / XVIII Canabal Sober
Igrexa de Sta. María S. XII / XVIII Bolmente Sober
Igrexa de S. XIX Doade Sober
Igrexa de Gundivós Sober
Igrexa de Millán Sober
Igrexa de Neiras Sober
Igrexa de Vilaescura Sober
Igrexa de Couto Couto Taboada
Igrexa de Castelo Castelo Taboada
Templo de Moreda Moreda Taboada
Templo de Tomé Taboada
Esperante Taboada
San Salvador de Insua S. Salvador Insua Taboada
San Xián de Insua S. Xián Insua Taboada
Igrexa de Meixonfrío Meixonfrío Taboada
Capela Casa Fortaleza S. XVII Vilar Taboada
Capela de Susá Taboada dos Freires Taboada
Capela de Cruz S. XIX Gondulfe Taboada
Capela de Figueiras Xián Taboada
Capela de Vilasusá Taboada
Cruceiro de Cerdeda S. XIX Santa Mariña de Cerdeda Taboada
Cruceiro de Castelo Santa María de Taboada Taboada
Cruceiro de Esperante Esperante Taboada
Cruceiro de Moreda Santa María de Taboada Taboada
Fonte: Pax. Web dos concellos / www.turgalicia.net / www.onosopatrimonio.blogspot.es

Facemos tamén referencia á arquitectura civil, fundamentalmente de ferrerías, muíños


de aceite ou fariñeiros, e pontes de gran valor patrimonial.
Ferrerías
Nome Século Parroquia Concello
Ferrería de Esperante Esperante Folgoso do Courel
Ferrería de Seoane Seoane Folgoso do Courel
Ferrería de Folgoso Folgoso Folgoso do Courel
Ferrería de Valdomir Valdomir Folgoso do Courel
Ferrería de Louzadela Seceda Folgoso do Courel
Mazo do Soldón Folgoso do Courel
Ferrería de Viduedo Viduedo A Pobra de Brollón
Ferrería de Loureiro Loureiro A Pobra de Brollón
Ferrería de Barxa Barxa A Pobra de Brollón
Ferrería da Penacoba A Pobra de Brollón
Ferrería de Quintá Ano 1.562 Hospital Quiroga
Ferrería da Rodela 2ª metade S. XVII Hospital Quiroga
Ferrería de Paleiras Ano 1.752 Pacios da Serra Quiroga
Ferrería de Gorgueira 2ª metade S. XVIII Paradaseca Quiroga
Territorio 39

Ferrería do Mazo, Outeiro ou Soldón


Ano 1.647 Seara Quiroga
da Seara
Ferrería de Roxa Longa ou Vilarbacú Ano 1.844 Seara Quiroga
Ferrería de Rugando S. XVI Vilarmel Quiroga
Fonte: Pax. Web dos concellos / www.turgalicia.net / www.onosopatrimonio.blogspot.es

Muíños
Nome Século Parroquia Concello
Muíño de Ferramulín Folgoso do Courel
Muíño de Seixo Chantada
Muíño de aceite de Bendilló Bendilló Quiroga
Muíño Fariñeiro de Soldón Bendollo Quiroga
Muíño Fariñeiro de A Seara Seara Quiroga
Fonte: Pax. Web dos concellos / www.turgalicia.net / www.onosopatrimonio.blogspot.es

Pontes
Nome Século Parroquia Concello
Folgoso do Courel
A Ponte dos Picos S. XVII Monforte de Lemos
A Pobra de Brollón
Ponte da Barxa S. XVI Quiroga
Bendollo Quiroga
Seara Quiroga
Ponte de Ferro S. XIX Ribas de Sil
Fonte: Pax. Web dos concellos / www.turgalicia.net / www.onosopatrimonio.blogspot.es

Para finalizar o epígrafe do patrimonio material, amosamos unha táboa baseada nos
datos que recolle Caixa España nas súas fichas municipais anuais, segundo a información
proporcionada pola Dirección Xeral de Patrimonio Histórico, revisadas a xuño 2009.

Xardín Conxunto Zona


Monumentos Histórico Histórico Sitio Histórico Arqueolóxica Outros Bens
Bóveda 0 0 0 0 0 0
Carballedo 4 0 0 0 0 0
Chantada 6 0 0 0 0 0
Folgoso do Courel 2 0 0 1 0 0
Monforte de Lemos 2 0 1 0 0 0
Pantón 7 0 0 0 0 0
Pobra do Brollón (A) 0 0 0 0 0 0
Quiroga 3 0 0 0 0 0
Ribas de Sil 0 0 0 0 0 0
Saviñao (O) 4 0 0 0 0 0
Sober 1 0 0 0 0 0
Taboada 2 0 0 0 0 0
Pacto de Lemos 31 0 0 1 0 0
Lugo 122 0 0 3 3 0
Galicia 583 6 1 14 6 0
Fonte: Fichas Municipais Caja España 2009

Nela observamos que só se recollen algúns dos monumentos existentes no Pacto de


Lemos; non finguran nin os Monumentos Naturais das árbores senlleiras (19 recoñecidos), nin
os espazos protexidos, nin as aldeas con valor etnográfico coma Aldea da Grixoá (Chouzán,
Carballedo), Aldea da Matanza (Furco, Carballedo), Belesar (Chantada); só se contabiliza un
dos tres sitios de interese histórico de O Courel (Froxán, Seceda, Vilamor en Folgoso do
Courel), e tampouco se totaliza Parada de Montes e Vilachá (A Pobra de Brollón), nin o Camiño
de Santiago de Inverno,etc.
Aínda con todo iso, cinguíndonos só á porcentaxe de monumentos do Pacto de Lemos
mencionados por Patrimonio a tal efecto, vemos que supoñen o 25,4% dos provinciais; que é
o mesmo que dicir que un de cada catro atópase na nosa bisbarra, mentres que Lugo ten o
Territorio 40

21% do total autonómico. Podemos concluír que o Pacto de Lemos posúe unha gran riqueza
patrimonial, destacando a concentración de arte románica na Ribeira Sacra.
Non existe hoxe en día un folleto divulgativo común do patrimonio do Pacto de Lemos,
coa excepción da información recollida polo Consorcio de Turismo Ribeira Sacra no que atinxe
aos concellos integrantes. Ata hoxe, cada concello ten a súa información turística nas súas
páxinas web ou en folletos divulgativos.
Existen diferentes iniciativas para mellorar o inventariado do patrimonio material e
inmaterial da bisbarra; por unha banda, un proxecto da Asociación Buxa para inventariar o
patrimonio industrial do sur de Lugo: minería, siderurxia, muíños, antigas fábricas, etc. Existe
no Pacto de Lemos a Asociación de Camiños de Inverno pola Ribeira Sacra. Nesta liña,
comentar a recente iniciativa da convocatoria dos GDR co ánimo de abordar a promoción e
mellora do Camiño de Santiago de Inverno; considerad de interese pola Asociación Voluntaria
de Municipios da Galicia Interior do Eixo Atlántico, que se está a formalizar e na que participan
tres dos concellos integrantes de dita institución: Sarria, O Barco de Valdeorras e Monforte de
Lemos. Recentemente os concellos da bisbarra do Camiño de Santiago de Inverno aprobaron o
Plan Director para a execución do desenvolvemento turístico do mesmo.
Asemade, subliñar as potencialidades que ofrece a existencia da Fundación Santa María
a Real, dedicada á promoción e restauración da arte románica, que conta cunha oficina en
Santiago de Compostela e que puidera proporcionar unha oportunidade de colaboración tanto
na divulgación coma nos posibles proxectos de rehabilitación e conservación do románico da
zona. Do mesmo xeito, pódese recoller a experiencia recentemente materializada coa sinatura
dun convenio entre o concello de Santiago de Compostela e o CSIC que permitirá a
construción do Centro de Ciencias do Patrimonio prevista a súa inauguración para o 2013.

3.6. Aproveitamento do solo


No seguinte apartado faremos un repaso ao aproveitamento do solo vendo a
clasificación do territorio en función do seu carácter rústico ou urbano, da utilización do solo
urbano para nova construción ou rehabilitación, a superficie de solo industrial, a contía e
localización dos polígonos industriais, o índice de especialización produtiva, a superficie agraria
utilizada, a superficie forestal arborizada ou desarborizada, a contía de agrupacións de veciños
con montes de man común e a superficie ocupada por cultivos e tipo de cultivos.
Cómpre salientar certos inconvenientes legais e estruturais para a mellora do
aproveitamento do solo no Pacto de Lemos pola ausencia de lexislación actualizada de
ordenación e definición territorial, tanto no urbano coma no rural.
No que atinxe ao territorio urbano, salientar a ausencia de plans xerais de ordenación
municipal (P.X.O.M.) en todos os concellos agás en Ribas de Sil (obtida a súa aprobación moi
recentemente) e en Sober (aprobación definitiva no D.O.G 28 de setembro de parte do
documento). O Concello de Chantada tiña lista a segunda versión da achaiadura urbanística
para presentala aos seus veciños, máis está hoxe á espera das posibles modificacións da Lei
do Solo e ás consecuentes alegacións, se son pertinentes (La Voz de Galicia 17/07/09). O
concello de Monforte de Lemos ten encargada a segunda redacción do mesmo, habida conta
dos problemas que xurdiron para a aceptación da primeira versión.
Pola outra banda, no que atinxe ó rural, estase á espera da primeira Lei de Montes, que
segundo as Novas de Galicia da Xunta de Galicia (26 de xuño 2009) o Conselleiro de Medio
Rural comprometeuse a redactar tendo en conta que “a primeira transformación da madeira en
Galicia representa o 3,5% do PIB da comunidade, o que nos sitúa ao nivel doutros países
coma Finlandia (3,7% PIB) ou Nova Zelandia (3,1% PIB)”.
Territorio 41

O encadre legal correspóndese coas leis: Lei 9/2002, do 30 decembro e as súas


modificacións na Lei15/2004, de 29 decembro, a Lei 6/2008 de 19 xuño que modificaba as
limitacións de ampliación e reformas nas construcións dedicadas a explotacións agrogandeiras
e serras e a Lei 3/2007, cuxa intención de prevención de incendios, veuse ampliada
“transcendendo e harmonizando alí onde foresta e agro se atopan”. (sic. X.A Meixide no
revista nº93, maio 2009 de Cooperación AGACA).

3.6.1. Superficie Catastral


No Pacto de Lemos hai, segundo a Área de Estatística da Dirección Xeral do Catastro
2008, 195.255,36 hectáreas de superficie cualificada coma rústica e 2059 hectáreas de
superficie urbana, da cal se atopan construídas 870,58 ha. e 1188,41 ha. son edificables.
No Pacto de Lemos, a distribución da superficie catastral por comarca e concello é coma
segue:

Superficie catastral dos concellos e comarcas do Pacto de Lemos


% Sup.
Total Sup.ha. Sup. Rústica % Sup. Sup.Urbana % Sup.
Urbana.
Catastral ha. Rústica ha. Urbana
Edificada.
Comarca Chantada 45.975,39 45.651,90 99,30% 323,49 0,70% 61%
Carballedo 13.753,37 13.701,30 99,62% 52,07 0,38% 73%
Chantada 17.540,95 17.357,81 98,96% 183,14 1,04% 60%
Taboada 14.681,07 14.592,79 99,40% 88,28 0,60% 57%
Comarca Quiroga 57.830,20 57.256,80 99,01% 573,4 0,99% 22%
Quiroga 31.724,59 31.204,27 98,36% 520,32 1,64% 17%
Folgoso do Courel 19.300,85 19.289,56 99,94% 11,29 0,06% 100%
Ribas do Sil 6.804,76 6.762,97 99,39% 41,79 0,61% 60%
Terra de Lemos 93.508,77 92.346,66 98,76% 1.162,11 1,24% 47%
Bóveda 9.064,82 8.969,54 98,95% 95,28 1,05% 47%
Monforte de Lemos 19.734,01 18.931,08 95,93% 802,93 4,07% 38%
Pantón 14.195,38 14.135,43 99,58% 59,95 0,42% 89%
Pobra do Brollón 17.566,58 17.531,34 99,80% 35,24 0,20% 83%
O Saviñao 19.597,14 19.488,67 99,45% 108,47 0,55% 63%
Sober 13.350,84 13.290,60 99,55% 60,24 0,45% 74%
Pacto de Lemos 197.314,36 195.255,36 98,96% 2.059,00 1,04% 42%
Lugo 984.048,56 973.208,14 98,90% 10.840,42 1,11% 49%
Galicia 2.942.005,62 2.861.542,64 97,27% 80.462,98 2,81% 55%
Fonte: Área de Estatística. Dirección Xeral do Catastro. Ministerio de Economía e Facenda. 2008

A meirande parte do territorio galego está catalogado como rústico; Galicia ten só o
2,81% do seu territorio cualificado como urbano, Lugo o 1,11% e o Pacto de Lemos 1,04%.
Entrando nunha comparanza entre as comarcas do Pacto de Lemos respecto á porcentaxe de
solo urbano fronte ao rústico, a de Chantada ten un 0,70%, a de Quiroga un 0,99%, e a de
Terra de Lemos ten un 1,24%; aínda que as diferenzas entre concellos son moi grandes. O
concello de Chantada ten 1,04%, fronte ao 0,38% de Carballedo; o concello de Quiroga ten un
1,64% fronte ao 0,61% de Ribas de Sil; o concello de Monforte ten o 4,07%, o de Bóveda o
1,05% fronte ao 0,20% de A Pobra de Brollón. Mención aparte a do concello de Folgoso do
Courel cuxa porcentaxe de solo urbano é só do 0,06% e onde a superficie urbana total é igual á
superficie urbana edificada.

3.6.2. Licencias de obra e rehabilitación.


Observar a evolución das obras de rehabilitación levadas a cabo no Pacto de Lemos,
amósanos un indicador dos investimentos que se están a facer na conservación patrimonial,
tanto de carácter público coma privado. Na seguinte táboa amosamos a evolución dende o ano
Territorio 42

2000 ata o 2007 (últimos datos dispoñibles), das licencias de obra totais e das licencias para
rehabilitación tanto para a comunidade, provincia e Pacto de Lemos.
Licencias de Obra e Rehabilitación
Galicia 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 Total
Total 8618 7675 8608 6179 8048 8548 8118 8933 3,66%
Rehabilitación 1856 1858 1768 1695 2244 2068 1883 2056 10,78%
Rehabilitación/total 21,54% 24,21% 20,54% 27,43% 27,88% 24,19% 23,20% 23,02% 1,48%
Lugo
Total 981 875 1082 575 893 919 891 1171 19,37%
Rehabilitación 208 193 210 168 281 288 222 301 44,71%
Rehabilitación/total 21,20% 22,06% 19,41% 29,22% 31,47% 31,34% 24,92% 25,70% 4,50%
Pacto de Lemos
Total 92 87 82 48 84 81 97 55 -40,22%
Rehabilitación 17 18 11 11 22 34 30 18 5,88%
Rehabilitación/total 18,48% 20,69% 13,41% 22,92% 26,19% 41,98% 30,93% 32,73% 14,25%
Fonte : IGE Ano 2008
Vemos como as licencias de obra total en Galicia incrementáronse case no 4%, as de
rehabilitación rexistran un 11% de incremento para o período, manténdose tamén cun
incremento notorio no ano 2007 para os dous tipos de licencias. As porcentaxes de licencias de
rehabilitación sobre o total tivo o seu cumio no 2004 co 28%.
O incremento de licencias para o eido provincial no período 2000-2007 foi do 19%, e de
case o 45% para rehabilitación, manténdose a tendencia alcista tamén no 2007. Tendo o seu
cumio no 2004 coma na comunidade.
No que atinxe ao Pacto de Lemos, a situación é ben diferente. No período baixou o
número de total de licencias nun 40,22%, debido á caída do ano 2007, no que se pasou de 97
licencias ás 55. Mentres que a porcentaxe de licencias para rehabilitación incrementouse moi
salientablemente a partir do 2005 ( e case un 6% para todo o período de análise) no 2007 as
licencias de rehabilitación retroceden e volven ás cifras do 2001. A porcentaxe de rehabilitación
sobre as licencias totais para o total do período incrementouse nun 14%.
Na táboa seguinte vemos as licencias totais e de licencias de rehabilitación no período
2000-2007 (IGE 2008), a contía das vivendas baleiras (IGE 2002) por concello; e finalmente
establecemos un ratio entre as vivendas baleiras e a porcentaxe de licencias de rehabilitación:

Total Licenzas Licenzas Peso da Vivendas Ratio


Concello
obra Rehabilitación Rehabilitación baleiras patrimonial
Bóveda 38 19 50% 134 2,68
Carballedo 12 1 8% 86 10,75
Chantada 61 6 10% 1.031 103,1
Folgoso do Courel 22 18 82% 14 0,17
Monforte de Lemos 281 52 19% 2.046 107,68
Pantón 43 23 53% 85 1,6
A Pobra de Brollón 3 1 33% 66 2
Quiroga 67 13 19% 307 16,15
Ribas de Sil 13 2 15% 122 8,13
O Saviñao 39 11 28% 278 9,92
Sober 35 14 40% 107 2,68
Taboada 12 1 8% 373 46,63
Pacto de Lemos 626 161 26% 4.649 178,81
Fonte: IGE: Vivendas Baleiras (2002) / Licenzas de obra (2002-2007)

En Galicia hai 229.360 casas baleiras, segundo o IGE 2002; en Lugo rexístranse o 15%
delas (35.349) e no Pacto de Lemos 4.649, o 13% das lucenses. Destaca Monforte de Lemos
co 46% e Chantada co 22% de casas baleiras sobre o total Pacto.
Os concellos cabeceiras de comarca son os que solicitan máis licencias de obras totais;
no concello de Monforte de Lemos foi onde máis licencias de obras totais houbo (281), seguido
de Quiroga (67) e Chantada (61). A proporción das de Monforte en comparanza coas outras
dúas cabeceiras de comarcas é salientable: por cada obra realizada en Quiroga, realizáronse
4 en Monforte e por cada obra realizada en Chantada, se fixeron case 5 en Monforte.
Territorio 43

Respecto á porcentaxe de rehabilitación sobre as obras totais, a media do Pacto para o


período é do 26%; están por riba dela os concellos de Folgoso (82%), Pantón (53%), Bóveda
(50%), Sober (40%), A Pobra de Brollón (33%), e O Saviñao (28%). No senso oposto, os de
Carballedo e Taboada que só teñen unha licenza de rehabilitación cada un en todo o período.
Chama a atención que os concellos que máis vivendas baleiras teñen non amosen, a
súa vez, unha porcentaxe elevada de licencias para rehabilitación; así Monforte de Lemos cun
total de 2.046 vivendas baleiras só solicitou o 19% das licencias con fins de rehabilitación sobre
o total, do mesmo xeito Chantada, con 1.031 vivendas baleiras e só un 10% de licencias de
rehabilitación no período. Para facer máis doada a lectura deste epígrafe fixemos o ratio entre
vivendas baleiras e licencias de rehabilitación; canto máis baixo máis esforzo en rehabilitación
en relación as edificacións baleiras existentes. Os concellos que máis esforzos fixeron en
rehabilitación en relación as vivendas, por orde: Folgoso do Courel, A Pobra de Brollón, Sober
e Bóveda; no senso contrario: Monforte de Lemos, Chantada e Taboada.

3.6.3. Superficie Industrial


O chan industrial é unha variable de interese tanto para coñecer o actual tecido
produtivo, a súa organización e sinerxías, coma para calquera plantexamento de
desenvolvemento futuro xa que nos amosa as posibilidades de crecemento das empresas
implantadas, de asentamento de novas ou de viveiros.
No Pacto de Lemos hai un total 5 polígonos industriais rexistrados nos doce concellos
que abrangue o Pacto, segundo a páxina web “suelo empresarial .com”; contando con 746.555
m 2 de superficie total; 520.912 m2 de superficie industrial e 282 parcelas, coma podemos ver
na táboa seguinte:

Parque Empresariais do Pacto de Lemos


Sup.
Denominación Localidade Sup. Total (m2) Sup. Industrial (m2) Nº Parcelas
Indust./parcela
Os Acivros Chantada 111.791 80.666 25 3.226,6
Quiroga Quiroga 108.577 71.555 90 795
Bóveda Bóveda 74.157 49.120 61 805
Reboredo Monforte de Lemos 365.675 275.235 61 4.512
O Peago (Escairón) O Saviñao 86.355 44.336 45 985
Pacto de Lemos 746.555 520.912 282 1.847
Fonte: www.sueloempresarial.com / Ano 2009

O polígono do Reboredo de Monforte de Lemos conta co 49% da superficie total de chan


industrial do Pacto de Lemos; se excluimos este polígono, a superficie total media do resto dos
polígonos é de 95.220 m 2. O 70% da superficie total é superficie industrial, aínda que con
grandes diferenzas por polígono; nos extremos o de Monforte de Lemos que dedica a
superficie industrial o 75% do total, e o de Escairón que só dedica o 51% do total.
A superficie industrial media por parcela é de 1.847 m 2 ; malia que con desigualdades
extremas; así nun extremo, os polígonos de Chantada cunha media de 3.227 m2 /parcela, e o
de Monforte de Lemos cunha media de 4.512 m2/parcela. Noutro extremo, Quiroga (795 m2
/parcela), Escairón (805 m2 /parcela) e Bóveda(985 m2 /parcela).
A ausencia dunha planificación estratéxica común do solo empresarial trae como
consecuencia que as características dos polígonos do Pacto de Lemos sexan a súa dispersión
e atomización, o variado índice de ocupación (en xeral, baixo) e o baixo nivel de equipamentos
e infraestruturas, co cal a percepción de prezo resulta moi elevada.
Territorio 44

Para continuar incidindo na dispersión do chan industrial, ademais dos polígonos


existentes, e os plans de ampliación dos de Chantada e Escairón hai plans de apertura de
outros nos concellos de Carballedo, A Pobra de Brollón e Taboada.
En Monforte de Lemos atópase o Porto Seco, unha plataforma loxística de distribución
intermodal de mercadorías, de proxección supramunicipal, e co obxectivo de converterse no
centro de gravidade de transporte de automóbiles para Asturias, Galicia e León. A primeira fase
do proxecto está rematada e xa opera nel a empresa Semat, participada nun 62% por
Transfesa (segundo operador europeo de transporte de automóbiles) e nun 38% por RENFE.
A segunda fase do proxecto atópase pendente da aprobación e compromiso de
execución pola Consellería de Política Territorial e Obras Públicas, unha vez aprobado
provisionalmente o proxecto de trazado e estudo de impacto ambiental da conexión do Porto
Seco coas estradas LU-933 e N-120 (resolución no DOG 108 de 5 de xuño), enlaces chaves
para o seu desenvolvemento. O proxecto conta cunha superficie de 307.053 m 2 , do que o 52%
sería para parcelas de usos industriais (158.518 m 2 ) e o 3,48% para a plataforma intermodal.
O resto, para zonas verdes, aparcadoiros, rede viaria e equipamentos.

3.6.4. Índice de especialización


O índice de especialización amosa a participación que un sector económico ten nun
territorio determinado, en relación a outro. O índice de especialidade establecémolo en relación
ao territorio de comunidade galega; o Pacto de Lemos especializárase nunha actividade se a
aportación desta, respecto ao total de Galicia, amosa un índice maior ca unidade. Canto máis
supere á unidade, maior será a especialidade nesa actividade concreta.
Territorio 45

No que atinxe aos sectores primario e secundario, o Pacto de Lemos amosa unha
grande especialización nas actividades relacionadas co sector extractivo: epígrafes 10, I E = 5,59
e 14, IE = 1,55 ; entre ambos o 7,14 de especialización. En segundo lugar, aparece a industria
de preparación, curtido e acabado de coiro e artigos de zapatería cun I E = 4,11. En terceiro
lugar, aparece a actividade de produción e distribución de enerxía eléctrica cun I E = 2,69,
seguido da industria de produtos alimenticios e bebidas cun IE = 2,85. Con índices máis baixos
e por tanto cunha menor especialización, aparecen a igual nivel a industria da madeira (agás
mobles) e a fabricación de produtos metálicos, agás maquinaria de equipo cun índice de 1,22.
Para rematar, as especializacións na fabricación de material electrónico (1,10), na fabricación
de mobles (1,09) e na fabricación doutros produtos minerais non metálicos (1,05).
Cómpre mencionar que no caso de Galicia hai poucos índices de especialización
industrial superiores á unidade; poñemos como exemplo, un sector moi asociado á actividade
económica galega como (cód.61) o transporte marítimo, de cabotaxe, e por vías de
navegación interiores, que só amosa IE =1,27 ou (cód. 20) industria da madeira e da cortiza,
agás mobles IE =1,58 vs 1,22 no Pacto. En case todos eles, a aportación do territorio do Pacto
é salientable, como no caso anterior, no sector da madeira ou do sector extractivo (cód.14)
extracción de minerais non metálicos ni enerxéticos IE =2,39 vs 1,55 o Pacto, no sector de
bebidas(cód. 15) industria de produtos alimenticios e bebidas IE =1,38 vs 2,85 o Pacto. Outro
sector moi asociado á actividade galega como o da industria textil (cód.17), só supón I E =1,05
na comunidade fronte, por exemplo, o (cód. 19) da preparación, curtido e acabado de coiro I E
Territorio 46

=0,17 en Galicia fronte o 4,11 no Pacto. seguinte gráfica amosa o índice de especialización no
sector servizos:

No que atinxe ao sector da construción e servizos, o Pacto amosa unha grande


especialización no epígrafe de seguros e plans de pensións cun IE =4,30, seguido de venda,
mantemento e reparación de vehículos e venda polo miúdo de combustible (1,22), da
construción (1,18), do transporte terrestre (1,16), e de actividades diversas de servizos persoais
(1,14 no Pacto vs 1,10 en Galicia). Finalmente, especialízase no comercio polo miúdo (1,09), e
na hostalaría (1,06).

3.6.5. Superficie segundo aproveitamento do solo: SAU vs forestal


Neste epígrafe estamos a amosar os aproveitamentos do solo para uso agrario e
superficie forestal; dentro dela, a que está arborizada ou desarborizada en relación á superficie
total de cada un dos eidos de análise. Asemade, amosaremos a contía de lumes forestais no
peíodo 2001-2005 por eido de análise e concello.
Segundo o Terceiro Inventario Forestal Nacional, en Galicia “nestos momentos e dentro
da Unión Europea, tan só Suecia e Finlandia sobrepasan a porcentaxe de superficie arboada
do 48% que posue Galicia…….;.de tal xeito que é doado comprender por qué o sector forestal
adquire a categoría de estratéxico cando se fala do futuro da nosa Comunidade”. Tamén,
segundo as mesmas fontes, en Galicia a superficie forestal representa o 69%, fronte o 28% de
superficie agrícola, e 0 3% de outros usos. A superficie forestal supón o 3,5% do PIB da
Territorio 47

Comunidade. O período de estudo deste IFN3 pon de relevo que en tan só unha década a
superficie forestal galega aumentou nun 36%.
A atención ó sector forestal non só cumpre cuns obxectivos de rendibilidade e de
posibles xacementos de emprego, senón que supón a conservación do territorio fronte ós
riscos de erosión e lumes. Galicia atópase no posto primeiro de toda España en canto a alta
incidencia de lumes forestais, segundo o Modelo de Predición a Longo Prazo desenvolvido polo
Consello Superior de Investigacións Científicas, quen chega a esta conclusión despois de
estudar máis de 6.000 concellos en toda España. O CSIC subliña a fragmentación do territorio,
o abandono das explotacións agrarias e o despoboamento do rural. Asemade, salienta que
detrás “dos lumes está o factor humano no 90% dos casos, risco de especial relevancia se
consideramos a situación económica dos concellos, xa que da mao do paro ven o conflito
social e o uso do lume intencionadamente”. O dito anteriormente adquire especial relevancia no
caso do Pacto de Lemos polo despoboamento e abandono do medio rural e pola súa
extremada climatoloxía continental.
A superficie forestal galega representa o 11% da superficie forestal de España, mentres
que a superficie total da comunidade só representa o 5,8% da superficie total a nivel estatal.
Galicia ten unha superficie forestal por habitante 71,9% maior ca media española. A superficie
forestal galega é de 2.040.000 ha., sendo arbórea o 68% dela. Segundo o Terceiro Inventario
Forestal Nacional, a superficie arbórea de Galicia supón o 48% do territorio da Comunidade
Autónoma, estando na provincia de Lugo unha terceira parte do total. Dentro da provincia, o
Pacto de Lemos posúe o 22% do total forestal lucense.
A seguinte táboa amosa os usos do solo en función da superficie agraria utilizada (SAU),
a forestal desarborizada e arborizada, establecendo unha comparanza entre os concellos do
Pacto de Lemos , a provincia e a comunidade.

Distribución municipal de usos (Hectáreas)


Pacto de Lemos / Lugo / Galicia. Ano 2006
For. For. For. Out.
Ano 2006 SAU Sup.Total SAU/Tot.Sup. For.Arb./For.Tot. For.Tot./Sup.Tot.
Des. Arb. Tot. Sup.
Bóveda 3093 2455 3167 5622 396 9111 33,95% 56,33% 61,71%
Carballedo 5937 2195 4610 6805 1144 13885 42,76% 67,74% 49,01%
Chantada 8007 2269 5683 7952 1713 17673 45,31% 71,47% 45,00%
Folgoso do Courel 1404 8217 8905 17122 754 19281 7,28% 52,01% 88,80%
Monforte de Lemos 6302 2889 8756 11645 2004 19952 31,59% 75,19% 58,37%
Pantón 3586 775 8352 9127 1611 14324 25,03% 91,51% 63,72%
Pobra de Brollón 3582 3043 10428 13470 619 17672 20,27% 77,42% 76,22%
Quiroga 2198 15281 12468 27749 1793 31740 6,93% 44,93% 87,43%
Ribas de Sil 771 1053 4306 5359 649 6779 11,37% 80,35% 79,05%
Saviñao, O 7122 5625 5724 11350 1183 19655 36,24% 50,43% 57,75%
Sober 3512 887 7411 8297 1525 13334 26,34% 89,32% 62,22%
Taboada 6921 1581 4632 6214 1532 14667 47,19% 74,54% 42,37%
Pacto de Lemos 52435 46270 84442 130712 14923 198073 26,47% 64,60% 65,99%
33140 17286
Lugo 407450 580319 73881 985600 33,62% 70,21% 58,88%
0 9
87250 53531 122738 176269
Galicia 322643 2957841 29,50% 69,63% 59,59%
7 0 1 1
Fonte: Consellería de Medio Rural. Anuario de Estatística Agraria / IGE

Respecto á SAU (Superficie Agraria Útil), Galicia ten o 29,50% da súa superficie, a
provincia de Lugo ten un 33,62% de terreos agrícolas utilizados mentres que o Pacto de
Lemos, só ten unha superficie de 26,47%. A Comarca de Chantada é a que posúe unha maior
proporción de superficie agraria utilizada (SAU) cunha media do 45%, tendo Taboada (47,19%)
a maior proporción dos tres concellos que á compoñen. A continuación sitúanse os concellos
de O Saviñao, Bóveda e Monforte de Lemos. No extremo contrario, Quiroga (6,93%) Folgoso
de O Courel (7,28%) e Ribas de Sil (11,37%)
Territorio 48

Respecto á proporción de superficie forestal total, o Pacto de Lemos posúe unha maior
proporción (66%) que Lugo (59%) ou a Comunidade (60%). A Comarca de Quiroga é a que
posúe unha maior superficie forestal total: Folgoso o 89%, Quiroga o 87% e Ribas de Sil o
79%. Malia que considerando a superficie arborizada dentro da total forestal, presenta
desigualdades dentro da comarca: Quiroga só ten unha superficie arborizada do 45%, Folgoso
do 52% e Ribas de Sil, pola contra, do 80%.
No que atinxe á proporción de superficie arborizada respecto á superficie forestal total,
subliñar que é o Pacto de Lemos o que menor proporción ten; 65% fronte ó 70% de Lugo e
Galicia. Os concellos que maior proporción de superficie arborizada teñen, sobre o total de
superficie forestal, son: Pantón (91,51%), Sober (89,32%), A Pobra de Brollón (77,42%),
Monforte de Lemos (75,19%), Taboada (74,54%) e Chantada (71,47%) fronte a Quiroga que só
ten arborizado o 45% do total da superficie forestal.

3.6.6. Evolución dos lumes


En Galicia existen 18 parques comarcais de bombeiros. A súa existencia só é obriga por
lei para concellos de máis de 20.000 habitantes, polo que no Pacto de Lemos non existe
parque de bombeiros; do mesmo xeito non hai establecido nin consorcio nin outro tipo de
servizo mancomunado, agás a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, rexidos polas
normas da orde 24 xuño do 2002 da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, e os
grupos de Intervención rápida (Gmir).
Na seguinte táboa amosamos a evolución dos incendios acaecidos no Pacto de Lemos,
na provincia e na comunidade dende o ano 2001 ata o 2005; poñémolos en relación á
superficie forestal total e arborada de cada eido.

% sup.arborada/ %Sup. Ratio


Total lumes Sup.arborada Sup.rasa
% sup.rasa Arborada/ queimada
2001-05 queimada ha. queimada ha.
queimada forestal arborada
Bóveda 69 4% 98,53 136,13 72% 56% 129
Carballedo 232 14% 84,01 721,44 12% 68% 18
Chantada 207 13% 27,51 145,61 19% 71% 27
Folgoso do Courel 65 4% 28,69 190,22 15% 52% 29
Monforte de Lemos 119 7% 42,88 114,93 37% 75% 49
Pantón 98 6% 98,05 402,98 24% 92% 26
A Pobra de Brollón 63 4% 121,47 189,8 64% 77% 83
Quiroga 169 10% 467,89 2.393,90 20% 45% 44
Ribas de Sil 99 6% 393,54 633,33 62% 80% 78
O Saviñao 296 18% 490,24 1.097,45 45% 50% 90
Sober 91 6% 43,26 180.19 24% 89% 32
Taboada 123 8% 14,19 70,1 20% 75% 27
Pacto de Lemos 1.631 100% 1.910,26 6.276,08 30% 65% 46
Pacto/ Lugo 27%
Lugo 6.013 100% 5.417,87 16.599,12 33% 70% 47
Lugo/Galicia 12%
Galicia 51.902 100% 48.799,47 105.100,43 46% 70% 66
Fonte: IGE 2009

No período de estudo houbo 51.902 lumes en Galicia, queimándose 153.890 ha. e sendo
o 46% delas de superficie arborada. A porcentaxe de lumes da provincia sobre o total
autonómico é do 12% mentres que a porcentaxe de lumes no Pacto de Lemos sobre os totais
da provincia chega ó 27%.
A primeira lectura que se extrae da táboa é o incremento anual da contía de lumes en
todos os eidos no ano 2002 fronte ao 2001; a continuación, baixada importante no Pacto e en
Galicia no seguinte ano para despois ter cada eido un comportamento diferente; no Pacto,
continúan a baixar e en Lugo, baixan no 2004 (despois de ter o 19% dos incendios da
Territorio 49

comunidade no ano 2003) e medran de novo no 2005. En Galicia continúan crecendo dende a
salientable baixada do 2003.
Analizando concello a concello, os que máis número de lumes tiveron no período foron
por orde: O Saviñao (296), Carballedo (232), Chantada (207), Quiroga (169), Taboada (123)
Monforte de Lemos (119); no senso contrario, A Pobra de Brollón (63), Folgoso do Courel (65)
e Bóveda (69). Se establecemos o ratio entre a porcentaxe de superficie forestal total e
porcentaxe de lumes sobre o total no Pacto de Lemos, a media é de 15; por riba dela e moi
salientablemente atópanse O Saviñao (31), Carballedo e Chantada (29) e Taboada (19); no
senso contrario, Folgoso do Courel e A Pobra de Brollón compartindo un ratio de 5 e Bóveda
con 6.
Para o mesmo período en Lugo, houbo 6.013 lumes, queimándose 22.016,99 ha., sendo
o 33% delas de superficie arborada. Establecendo o mesmo ratio, vemos que case 5 de cada
10 ha. queimadas foron en superficie arborada.
Para o mesmo período no Pacto de Lemos queimáronse 8.186,34 ha., sendo o 31%
delas de superficie arborada. Se calculamos o mesmo ratio vemos que case 5 de cada 10 ha.
queimadas foron en superficie arborada.
As diferenzas entre concellos son salientables:

Total lumes Superficie total % superficie %Superficie sobre o


% de lumes
2001-05 queimada ha. queimada total Pacto
Bóveda 69 4% 234,66 3% 5%
Carballedo 232 14% 805,45 10% 7%
Chantada 207 13% 173,12 2% 9%
Folgoso do Courel 65 4% 218,91 3% 10%
Monforte de Lemos 119 7% 157,81 2% 10%
Pantón 98 6% 501,03 6% 7%
A Pobra de Brollón 63 4% 311,27 4% 9%
Quiroga 169 10% 2.861,79 35% 16%
Ribas de Sil 99 6% 1.026,87 13% 3%
O Saviñao 296 18% 1.587,69 19% 10%
Sober 91 6% 223,45 3% 7%
Taboada 123 8% 84,29 1% 7%
Pacto de Lemos 1.631 100% 8.186,34 ha. 100% 100%
Fonte: IGE 2009

En Bóveda, en 69 lumes (4% do total de lumes) queimáronse 235 ha, o 3% das ha.
queimadas (o seu territorio é o 5% do Pacto), sendo delas o 72% de superficie arborada, aínda
que só ten o 56% de superficie arborada sobre o total forestal. En Folgoso, con 65 lumes (4%
do total), queimáronse 219 ha. (o seu territorio é o 10% da superficie do Pacto), sendo só o
15% arborizadas, aínda que ten o 52% de superficie arborizada sobre o total de superficie
forestal.
En Carballedo, en 232 lumes (14% do total) queimáronse 805 ha.; o 10% da superficie
total queimada (o seu territorio é o 7% do Pacto), sendo só o 12% de superficie arborada,
aínda que o 68% da súa superficie total forestal é arborada.
En Chantada, en 207 lumes (13% do total) queimáronse 173 ha.; o 2% da superficie total
queimada (9% da superficie do Pacto), sendo delas só o 19% de superficie arborada, aínda
que o 71% da súa superficie é arborada.
En Quiroga, con 169 lumes (10% do total) queimáronse 2.862 ha.; o 35% da superficie
total queimada (16% da superficie total do Pacto), sendo o 20% de superficie arborada aínda
que o 45% da súa superficie é arborada.
En Ribas de Sil, con 99 lumes (6% do total) queimáronse 1.027 ha.; o 13% da superficie
queimada (o seu territorio é o 3% da superficie do Pacto), sendo delas o 62% superficie
arborada aínda que o 80% da súa superficie forestal é arborada.
Territorio 50

Finalmente, no Saviñao, con 296 lumes (o 18% do total) queimáronse 1.588 ha.; o 19%
da superficie total queimada (10% da superficie total do Pacto), sendo delas o 45% de
superficie arborada en liña coa súa proporción, 50%, de superficie arborada sobre o total de
superficie forestal.

3.6.7. Montes de Man Común


A Consellería de Medio Rural sinala que a cuarta parte do territorio galego, preto de
700.000 hectáreas, corresponde a monte veciñal de man común. Característica cultural e
produtiva da Comunidade que fai referencia a aqueles montes que pertencen ao conxunto de
veciños dun determinado pobo, agrupados en mancomunidades de propietarios. A estrutura da
propiedade do monte galego fai que estea en mans privadas o 66% do total, mentres que só o
33% é xestionada polas comunidades de veciños de montes de man común e só un 1% é
propiedade pública.
No Pacto Territorial de Lemos existen 197 comunidades, repartidas desigualmente polos
concellos. As 197 comunidades representan o 6,25% das existentes en Galicia e o 20,75% das
da provincia. A Comarca de Terra de Lemos ten case o 48% das comunidades; a de Quiroga o
42% e a de Chantada o 10% .Cómpre salientar que a Comarca de Quiroga e a de Terras de
Lemos pertencen a unha Mancomunidade para a xestión administrativa dos montes de man
común de ambas comarcas.
Se establecemos unha comparanza entre a superficie forestal e a contía das
comunidades veciñais de montes de man común, temos a táboa seguinte:
Ano 2006 Sup. Forestal total Com. Montes Ha./Comunidades
Comarca Chantada 20971 20 1048,55
Concello de Carballedo 6805 3 2268,33
Concello de Chantada 7952 5 1590,40
Concello de Taboada 6214 12 517,83
Comarca Quiroga 50230 83 605,18
Concello de Folgoso do Courel 17122 24 713,42
Concello de Quiroga 27749 43 645,33
Concello de Ribas de Sil 5359 16 334,94
Comarca Terra de Lemos 59511 94 633,10
Concello de Bóveda 5622 8 702,75
Concello de Monforte de Lemos 11645 22 529,32
Concello de Pantón 9127 14 651,93
Concello de A Pobra de Brollón 13470 20 673,50
Concello de O Saviñao 11350 15 756,67
Concello de Sober 8297 15 553,13
Pacto de Lemos 130712 197 663,51
Lugo 580319 949 611,51
Galicia 1762691 3.151 559,41
Fonte: VIII Distrito Forestal e Servizo de Montes da Consellería de Medio Rural (Lugo – 2009)

A comarca de Chantada é a que ten un ratio maior de superficie por comunidade de


montes, salientando o concello de Carballedo con só 3 comunidades e unha media de 2.268
ha. de superficie, seguido do de Chantada con 5 comunidades e un ratio de superficie de 1.590
ha.
As outras Comarcas e concellos atópanse preto da media provincial de ha/comunidade,
aínda que a media do Pacto (664) é superior á da provincia (612).
Os concellos por riba da media do Pacto de Lemos de ha/comunidade son por orde:
Carballedo (2.268), Chantada (1.049), O Saviñao (757), Folgoso do Courel (713), Bóveda
(703) e A Pobra de Brollón (674). No senso contrario, e de menos a máis: Ribas de Sil (335),
Taboada (518) e Monforte de Lemos (529).
Territorio 51

3.6.8. Explotacións gandeiras


Lembramos a información sobre a superficie Superficie Agraria Útil: Galicia ten o 30%
da súa superficie, a provincia de Lugo ten un 34% de terreos agrícolas utilizados mentres que o
Pacto de Lemos só ten unha superficie de 26,47%. A Comarca de Chantada é a que posúe
unha maior proporción de superficie agraria utilizada (SAU) cunha media do 45%, tendo
Taboada (47%) a maior proporción dos tres concellos que á compoñen. Seguido polos
concellos de O Saviñao, Bóveda e Monforte de Lemos. No extremo contrario Quiroga (7%)
Folgoso de O Courel (7%), e Ribas de Sil (11%).
A gandería é un dos sectores relevantes dentro do sector primario no Pacto de Lemos.
Na táboa seguinte vemos, por concellos, o número de explotacións de vacún, cantas delas
atópanse na superficie do regadío, o número de efectivos que teñen, a media de efectivos por
explotación, e o peso dos efectivos dentro do Pacto de Lemos.

Explt. No Media de Porcentaxe de


Explotacións Efectivos
regadío cabezas/expl. efectivos
Bóveda 105 56 2.598 25 4,50%
Carballedo 331 7.934 24 13,70%
Chantada 550 14.335 26 24,76%
Folgoso do Courel 93 1.199 13 2%
Monforte de Lemos 224 177 4.652 21 8%
Pantón 131 16 1.325 10 2%
A Pobra de Brollón 174 12 3.043 18 5%
Quiroga 44 289 7 0,50%
Ribas de Sil 17 128 8 0,22%
O Saviñao 357 9.799 28 17%
Sober 116 12 1.492 13 2,58%
Taboada 376 11.096 30 19%
Pacto de Lemos 2.518 273 57.890 23 100%
Lugo 17.962 444.411 25
Galicia 51.796 954.325 18
Fonte: IGE 2007

En Galicia hai 954.325 cabeza de vacún, en Lugo 444.411 (o 47% das galegas) e no
Pacto 57.890 (o 13% das provinciais). En Galicia hai 51.796 explotacións, en Lugo 17.962 (o
35% das autonómicas) e no Pacto 2.518 (o 14% das explotacións provinciais). A provincia é o
eido con máis cabezas de vacún por explotación, cunha media de 25; mentres a media do
Pacto, aínda que superior á galega (18), está por baixo da provincial, 23 cabezas/explotación.
A comarca de Chantada conta co 50% das explotacións e o 60,46% dos efectivos, e
unha media máis elevada (27) de efectivos por explotación, sendo o concello de Taboada o
que máis aporta á comarca en todo o conxunto. Síguelle en especialidade gandeira, o concello
do Saviñao co 14% das explotacións e o 17% de efectivos e unha media de 28 cabezas por
explotación.

3.6.9. Superficies segundo tipo de cultivo


Na seguinte táboa vemos a superficie en hectáreas dedicadas ao cultivo, aos prados e a
relación coa superficie forestal:

Distribución territorial dos usos das terras. Aproveitamento (Ha)


Territorio 52

Pacto de Lemos / Lugo / Galicia. Ano 2006


Terras de Cultivo Sup. Sup.
Prados Ot.Sup.
Pacto de Lemos Herbac. Leñosos Ot.Ter.Cult. Cult.Asoc. Total For Total
2006 26454 6912 1093 2288 32171 22755 14924 128221 198072
% 12,47% 3,26% 0,51% 16,24% 11,49% 7,53% 64,73%
Terras de Cultivo Sup. Sup.
Prados Ot.Superf.
Lugo Herbac. Leñosos Ot.Ter.Cult. Cult.Asoc. Total For Total
2006 155517 15560 4695 14949 160823 170577 73881 580319 985600
% 34,41% 6,87% 2,26% 16,32% 17,31% 7,50% 58,88%
Terras de Cultivo Sup. Sup.
Prados Ot.Superf.
Galicia Herbac. Leñosos Ot.Ter.Cult. Cult.Asoc. Total For Total
176269
2006 382112 76315 25109 54427 429109 443398 322643 2957842
1
% 11,46% 2,29% 0,75% 14,51% 14,99% 10,91% 59,59%
A porcentaxe total de terras dedicadas ao cultivo é similar entre o Pacto de Lemos
(16,24%) e a provincia (16,32%) e lixeiramente superior á da comunidade (14,51%). En canto
ao tipo de cultivo, a provincia ten as porcentaxes máis elevadas tanto de herbáceos (34,41% vs
Pacto 12,47% vs Galicia 11,46%) coma de leñosos (6,87% vs Pacto 3,26% vs Galicia 2,29%).
No que atinxe aos prados, Lugo ten o 17% de superficie fronte ao 15% da comunidade e
só o 12% do Pacto de Lemos.

3.6.10. Superficies segundo os principais grupos de cultivo


Na seguinte táboa, só queda reflectido ó relacionado cos cultivos, xa sexan herbáceos (é
dicir, cereais de gran, forraxeiros, tubérculos, leguminosas de gran ou produtos hortícolas) ou
leñosos (froiteiras, castiñeiros e viñedos).

Distribución dos principais grupos de cultivos


Pacto de Lemos / Lugo / Galicia. Ano 2006
Cultivos Herbáceos (Ha) Cultivos Leñosos (Ha)
Leg.
Pacto de Lemos Cer.Gran Forrax. Tubérc. Hortíc. Total Froiteiras Castiñeiro Viñedo Total
Gran
2006 1546 23348 765 56 738 26454 650 3966 2296 6912
% 5,84% 88,26% 2,89% 0,21% 2,79% 100,00% 9,40% 57,38% 33,22% 100,00%
Cultivos Herbáceos (Ha) Cultivos Leñosos (Ha)
Leg.
Lugo Cer.Gran Forrax. Tubérc. Hortíc. Total Froiteiras Castiñeiro Viñedo Total
Gran
2006 8695 136699 5032 792 4298 155517 2794 10220 2545 15560
% 5,59% 87,90% 3,24% 0,51% 2,76% 100,00% 17,96% 65,68% 16,36% 99,99%
Cultivos Herbáceos (Ha) Cultivos Leñosos (Ha)
Leg.
Galicia Cer.Gran Forrax. Tubérc. Hortíc. Total Froiteiras Castiñeiro Viñedo Total
Gran
2006 47672 295019 18858 2897 17665 382112 11868 30794 33653 76315
% 12,48% 77,21% 4,94% 0,76% 4,62% 100,00% 15,55% 40,35% 44,10% 100,00%
En canto aos cultivos herbáceos, destacan as porcentaxes de forraxeiras no Pacto (88%)
e na provincia (88%) fronte ao 77% da comunidade. No senso contrario, a comunidade dedica
ao cultivo de cereal de gran o dobre de terreo (12,48%) ca provincia (5,59%) ou Pacto ( 5,84%).
En canto a tubérculos ou produtos hortícolas, a comunidade dedica máis terreos que os outros
dous eidos, se ben nunha relación porcentual inferior: aproximadamente o 3% no Pacto e na
provincia fronte ao 5% na comunidade, tanto para tubérculo coma para hortícolas.
No que atinxe aos cultivos leñosos, a comunidade dedica o 44% ao viñedo, fronte o 16%
da provincia e o 33% do Pacto; Lugo dedica o 66% ao castiñeiro, fronte o 57% do Pacto e o
40% da comunidade; e respecto as froiteiras, Lugo dedica o 18%, a comunidade o 16% e o
Pacto só o 9%.
O Pacto de Lemos atópase incluído no territorio da Indicación Xeográfica Protexida tanto
no que atinxe a Pataca Galega coma a Castaña Galega. Como resaltabamos no epígrafe dos
solos, cómpre recordar a excelencia do territorio para o cultivo da pataca. Así, o Consello
Regulador de Indicación Xeográfica Protexida-Pataca de Galicia establece catro sub-zonas de
Territorio 53

indicación xeográfica axeitada para o cultivo da pataca galega certificada na súa variedade
Kennebec, recoñecida pola UE en febreiro 2007 coma “produto con denominación de orixe
protexida”, a saber: Bergantiños (A Coruña), Terra Chá (Lugo), A Limia (Ourense) e a sub-zona
de Lemos, que inclúe os concellos de Monforte de Lemos, Pantón e O Saviñao. Respecto á
castaña, pola orde de 5 de febreiro 2009, a Consellería de Medio Rural determina o espazo
xeográfico protexido para a produción de castaña galega, que ó limita ao oeste coa Dorsal
Galega e ao norte coa Serra do Xistral. Existe tamén a mesma certificación de calidade para o
grelo de Galicia.
Os viños da Denominación de Orixe Ribeira Sacra constituén un dos elementos
identificativos do ámbito territorial que nos ocupa. Son viños elaborados, con unha tradición de
máis de 2000 anos, nas escarpadas e soleadas ribeiras dos rios Miño, Sil e Cabe.
O nacemento da Denominación de Orixe Ribeira Sacra supuxo un pulo decisivo na
profesionalización do sector vinícola e na difusión e coñecemento dos viños elaborados o seu
amparo. A orixe da D.O. Ribeira Sacra atopámola aló pólo ano 1993, data na que se aproba o
regulamento de Viños da Terra. O despegue definitivo prodúcese no ano 1996 coa aprobación
definitiva da Denominación de Orixe. Asemesmo, créase un Consello Regulador de Ribeira
Sacra que se encarga de garantir a orixe do produto, asegurar a calidade do mesmo e
promocionar os vinos producidos o amparo da D.O..
A Denominación de Orixe Ribeira Sacra divídese en 5 subzonas: Amandi (35 bodegas),
Chantada (26 bodegas), Quiroga-Bibei (9 bodegas) , Ribeiras do Miño (17 bodegas) e Ribeiras
do Sil (11 bodegas).
No que atinxe ao territorio do Pacto de Lemos, das 98 adegas na denominación de orixe
achanse nos concellos do Pacto de Lemos 98 ( 80%), o resto (19%) na provincia de Ourene
agás 1 en Portomarín. Na táboa seguinte podemos ver a serie histórica da denominación de
orixe Ribeira Sacra.

Serie histórica de cifras de D.O. Ribeira Sacra


2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 Var.00-08
Bodegas 71 81 89 96 99 99 100 102 98 38,03%
Viticultores 2500 2600 2800 2807 2864 2906 2897 2868 2836 13,44%
Extensión (Ha) 1000 1200 1200 1200 1200 1242 1222 1222 1228 22,80%
Produción (miles Kg) 3487 3331 3035 2250 3311 4698 5319 5220 4533 30,00%
Fonte: Web Ribeira Sacra D.O.

As cifras da D.O. Ribeira Sacra nos últimos anos indícannos que estamos ante unha
denominación de orixe en fase de crecemento, tal e como podemos observar na seguinte
táboa. No período 2000-2008 asistimos o incremento do número de bodegas (24) e de
viticultores (336). A superficie inscrita no Consello Regulador aumentou un 22,80% no mesmo
período pasando de 1.000 a 1.228 hectáreas mentres que a producción, suxeita os
condicionantes climáticos, sitúose por riba do 4 millóns de kilos a partires do ano 2005
acadando un máximo de 5.319.000 kilos no ano 2006.

3.6.11. Regadío do Val de Lemos


O Regadío do Val de Lemos xurde nos tempos do Plan Badaxoz, a mediados do século
XX, coa idea de fixar á poboación e desenvolver o territorio baseado no cultivo de remolacha,
entre outros tubéculos. Mentres que o Plan Badaxoz no seu 50 aniversario estase a considerar
un proxecto de grande éxito na consecución dos seus obxectivos, o Regadío do Val de Lemos
non acadou nunca os seus fins e atópase hoxe desvencellado en boa medida. O Regadío é
propiedade da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, quen lle cobra unhas taxas aos
propietarios dos terreos circundantes polo mantemento e o consumo. O Sistema de Regadío
parte do encoro de Vilasouto en O Incio, construído ex profeso para o abastecemento por
gravidade do regadío e cunha capacidade de 20,3 Hm 3. O sistema conta con tres canles; o
Territorio 54

principal vai dende o encoro de Vilasouto ata Ribasaltas, sendo o mellor conservado e
aproveitado, para bifurcarse en marxe dereita e marxe esquerda. A marxe dereita é a máis
abandonada existindo numerosas edificacións por riba das súas canles. A infraestrutura do
regadío e coma sigue:

Canles
Lonxitude Capacidade Superficie Concellos
secundarias
3
2,160 m
Marxe esquerda 25,28 km 1.357 ha. 65 km Sober
/sg.
2,160 m3
Marxe dereita 17,48 km 1.331 ha. 42 km Monforte de Lemos, Pantón
/sg.
Bóveda, Monforte de Lemos,
Canle Alto 25,05 km 2,86 m3 /sg. 2.022 ha. 43 km
A Pobra de Brollón
Total 67,81 km 4.710 ha. 150 km 5

A superficie SAU do Pacto de Lemos ascende a 52.435 ha, incluíndo as 4.710 ha do


regadío, (6.772,30 ha. segundo informe outono 2008 pola COTECAL) o que supón o 9% dela
(13% segundo o antedito informe). Aínda que segundo o Informe do Xefe de Área do S.E.C.A.
de Monforte de Lemos, Xesús Elías Ordás, nos terreos do regadío non hai un
desenvolvemento agrícola importante a pesar de ser este o seu propósito; estando a maior
parte da superficie a matogueira, para uso forestal, ou para explotacións gandeiras (45%
dentro da SAU utilizada).
Creouse no 2002 a Comunidade de Regantes co ánimo de poñer en valor o campo e o
regadío e darlle pulo á xuntanza de terras a través da creación dun equipo técnico de apoio
para actualizar o catastro e tratar de localizar aos propietarios, moitos deles ausentes. Hoxe en
día están a traballar coa oficina de Investigacións Agrarias de Mabegondo na Pobra de Brollón
para facer en 10.000 ha., e en fase de experimentación, unha rotación inverno-verán no
cultivo de forraxes coa finalidade de incrementar a nutrición natural e diminuír a dependencia
dos pensos e ao mesmo tempo os custos de mantemento do gando.

3.7. Infraestruturas e comunicacións


Na Mesa 4 do Diálogo Social de Galicia recolleuse o obxectivo de modernizar as
infraestruturas viarias e impulsar un modelo integral do sistema de transporte, coa finalidade de
superar os desequilibrios territoriais existentes entre a Galicia costeira e a Galicia interior e pola
importancia estratéxica que teñen as infraestruturas e as comunicacións no desenvolvemento
dun territorio. Por outra banda, está a necesidade de aproveitar recursos formativos,
asistenciais, culturais, e lograr a consecución do obxectivo de mobilidade da man de obra entre
os concellos e incluso interrexional. Así, neste epígrafe repasaremos a situación das redes
viarias e as distancias kilométricas actuais, a rede ferroviaria , os compromisos de proxectos
de mellora, as posibilidades no transporte de pasaxeiros, os fluxos comerciais, as
infraestruturas turísticas e de comunicación existentes no Pacto de Lemos.

3.7.1. Distancias kilométricas por estrada


Na seguinte táboa pódense ver as distancias kilométricas por estrada entre os diferentes
concellos que configuran o Pacto de Lemos e entre estes e as cidades máis importantes da
comunidade:
Distancias kilométricas entre os concellos do Pacto de Lemos
Bóveda
Carballedo 50,2 Carballedo
Chantada 39,3 12,7 Chantada
Folgoso do Courel 47,5 91,8 80,7 Folgoso do Courel
Monforte de Lemos 13,7 40,6 29,5 47,6 Monforte de Lemos
Territorio 55

Pantón 23,4 29,0 24,8 60,9 14,1 Pantón


Pobra de Brollón, A 12,8 57,1 46,0 35,6 14,5 26,9 Pobra de Brollón, A
Quiroga 34,1 75,4 64,3 22,8 32,8 45,2 26,2 Quiroga
Ribas de Sil 35,1 76,4 65,3 28,8 33,9 46,2 27,2 1,0 Ribas de Sil
Saviñao, O 24,2 34,7 23,6 71,7 23,1 18,6 37,1 57,8 58,8 Saviñao, O
Sober 24,0 35,6 34,4 57,6 10,7 9,0 22,9 41,7 42,8 28,1 Sober
Taboada 37,3 26,0 13,7 84,8 40,9 36,4 50,2 75,6 76,7 21,4 46,4 Taboada
Distancias kilométricas dos concellos do Pacto de Lemos ás cidades máis próximas.
Lugo 52 70 57 104 65 80 65 86 87 65 75 44
Ourense 60 30 37 93 47 35 59 78 79 48 41 50
A Coruña 146 175 161 196 160 169 159 180 182 159 170 139
Pontevedra 175 148 146 209 162 150 174 193 194 163 157 148
Santiago 131 105 91 195 121 136 137 155 156 116 127 94
Vigo 151 123 130 185 138 126 150 169 170 139 132 144
Ferrol 164 192 179 213 177 187 177 198 199 176 187 156
Ponferrada 121 162 151 90 119 132 111 87 88 140 128 160
Fonte: Google Maps. Distancias kilométricas polo itinerario máis rápido.

3.7.2. Rede viaria

O Pacto de Lemos ten unha posición central no territorio de Galicia o que lle da un
carácter estratéxico de distribución radial co resto dos concellos que o compoñen, asemade, é
a porta de entrada a Galicia dende a Meseta.

Lenda Vía de comunicación


Autoestradas e autovías
Corredor
Vía Rápida
Rede Estatal
Rede Primaria Básica
Rede Primaria Complementaria
Rede Secundaria
Territorio 56

Coa configuración da malla viaria do ano 2006, o 37% da superficie galega atopábanse a
máis de 30 minutos dunha vía de alta capacidade. No caso do Pacto de Lemos, considerando a
súa dispersión e orografía, a maioría do territorio atopábase no rango de entre 30´e unha hora;
agás as zonas montañosas de O Courel e A Pobra de Brollón que pasaban ao seguinte rango,
de máis dunha hora de traxecto para achegarse a unha vía de altas prestacións
A rede viaria no Pacto de Lemos conta con dúas estradas de titularidade do Estado: N-
120 e N-540. Dúas vías de Alta Capacidade de titularidade mixta, Ministerio de Fomento e
Xunta de Galicia: CG-2.1 e CG-2.2. Dúas estradas pertencentes á Rede Primaria Básica: LU-
546 e LU-533; dúas pertencentes a Rede Primaria Complementaria, e 6 da Rede secundaria,
todas elas de titularidade autonómica. Monforte de Lemos é o centro do sistema radial de
estradas; agás a N-540 Guntín-Taboada-Chantada-Carballedo-Ourense de orientación N-S.
Respecto á seguridade viaria, segundo o Ministerio de Fomento, atópanse na N-120 9
treitos de concentración de accidentes e outros 9 na N-540. O RACE, pola súa banda, salienta
os treitos Chantada-A Barrela e Guntín-Taboada na N-540; e o treito dende A Pobra de Brollón
ata a vía rápida de Ourense na N-120. De tal xeito que no ano 2008 as Terras de Lemos
contabilizaron o 11% de accidentes, Chantada o 6% e Quiroga o 2% dos da provincia.
A listaxe seguinte mostra a rede viaria do Pacto de Lemos segundo titularidade:
 R.I.G.E. de titularidade estatal:
• N-120 Vigo-Logroño, futura A-76, que une Ponferrada, Quiroga, Ribas de Sil, Monforte
de Lemos, Ferreira de Pantón con Ourense, onde enlázase coa Autopista do Atlántico
A-52 Vigo-Madrid.
• N-540, futura A-56, que únese á N-640 en Guntín de Pallares para chegar a Lugo
polo norte, e conecta coa N-525 en A Peroxa para chegar a Ourense polo sur; no
medio comunica os concellos de Taboada, Chantada e Carballedo.
 Vías de Alta Capacidade Autonómicas de titularidade mixta:
• O corredor CG-2.1 sae no km 525 da N-120 cara a O Saviñao-Chantada-Taboada-
Lalín, e liga en Lalín coa autoestrada AP-53 Santiago de Compostela-Ourense e a N-
525.
• O corredor CG-2.2 Sarria-Nadela, para alí fluír na A-6 vía Lugo-Madrid; e que hoxe en
día só ten rematado o treito Sarria-Nadela.
 Rede Primaria Básica autonómica:
• LU-546: Monforte de Lemos (onde liga coa N-120), Bóveda, Sarria, Nadela para chegar
á A-6 Lugo-Madrid.
• LU-533: O Saviñao coa N-540 en Chantada.
 Rede Primaria Complementaria autonómica:
• LU-652: Bóveda-A Pobra de Brollón (Estación); e une as estradas N-120 e LU-546, sen
pasar por Monforte de Lemos, facilitando os traxectos entre Lugo e Ponferrada.
• LU-651: Quiroga, Folgoso do Courel
 Rede Secundaria autonómica:
• LU-933: Quiroga, San Clodio (Ribas de Sil), A Pobra de Brollón, Monforte de Lemos.
• LU-903: Monforte de Lemos, Sober, Castro Caldelas (Ou).
• LU-617: Monforte de Lemos, Escairón (O Saviñao), Belesar (Chantada), Chantada (a
través da LU-533).
• LU-653: A Pobra de Brollón, A Cruz de Incio, Folgoso do Courel (a través da LU-642).
Territorio 57

• LU-643: Bóveda, A Cruz de Incio (a través da LU-644), Folgoso do Courel (LU-647).


• LU-611: Rubián (Bóveda), Taboada para chegar a N-540
Actualmente, respecto á titularidade autonómica, atópanse en fase de execución de
obra as conexións da CG-2.2, nos treitos I, II, III nos enlaces coa A-6. En fase de proxecto, a
ponte de Aceña Nova para unir e o roldo interior de Monforte na recta de Distriz coa N-120 sen
atravesar o núcleo urbano. Respecto a Rede de titularidade estatal, están en fase de proxecto
as A-76 Ponferrada-Ourense, paralela en trazado á N-120 e que unirá Ponferrada con Ourense
pasando por Monforte, onde terá acceso co Porto Seco e a A-52 que terá un trazado coma o da
N-540. Tamén en fase de proxecto, a mellora da LU-213 entre Chantada e o Alto do Faro, e a
LU-617 entre Chantada e Monforte de Lemos.
Nas Directrices de Ordenación do Territorio de Galicia, e no que atinxe o Pacto de
Lemos, proponse a execución das seguintes: conexión de Ponferrada-Monforte–Ourense cun
novo acceso central á A-6; conexión co futuro corredor do Douro Porto-Braganza-Valladolid a
de Lugo-Ourense; as conexións transversais Santiago-Lalín-Ourense e Lalín-Monforte, e
Ourense-Monforte-O Barco e as conexións interiores norte-sur Lugo-Sarria-Monforte.
O Plan de Mobilidade e Ordenación Viaria Estratéxica 2009/2015 que substitue ao antigo
Plan Director de Estradas, e segundo o máximo responsable da Consellería de Medio
Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, o obxectivo é “situar ao 80% da
poboación galega a menos de 10 minutos dunha vía de alta capacidade” (El Correo Gallego.es
07/10/09).

3.7.3. Rede ferroviaria


Monforte de Lemos, e máis extensivamente as Terras de Lemos, teñen a súa historia
vinculada ao ferrocarril dende a inauguración da liña Madrid-A Coruña polo rei Alfonso XII en
1883, dándolle a categoría de nó ferroviario para Galicia e o titulo de cidade á vila como
recoñecemento do esforzo levado a cabo polos habitantes na súa construción. Rede ferroviaria
vinculada o mesmo ao seu desenvolvemento económico posterior coma ao seu cénit co
traslado do Depósito Ferroviario a Ourense hai xa catro décadas.
Conflúen en Monforte de Lemos dúas liñas: A Coruña-Palencia e Vigo-Ourense. Hoxe
en día as conexións ferroviarias realízanse a través de ADIF, de vía única e ancho ibérico que
en ningún caso permiten superar a velocidade media de 120 Km/hora; de tal xeito que a
duración da viaxe dende Monforte de Lemos a Madrid ou Bilbao é de 8 horas; 11 horas a
Barcelona; o redor de 3 horas a Ferrol, A Coruña , Santiago ou Vigo, e 1 hora a Lugo ou
Ourense. É dicir, dobrase o tempo en comparanza coa viaxe por estrada.
Situación que, segundo as DOT de Galicia, amosa unhas características técnicas
insuficientes para prestar servizos de conexión competitivos polo que o ferrocarril está a perder
protagonismo na repartición modal dos desprazamentos tanto de pasaxeiros coma de
mercadorías. Isto é especialmente preocupante cara un plantexamento de desenvolvemento
sostible. Segundo as recentes declaracións (El Progreso, 25 xuño 2009) do novo Ministro de
Fomento, José Blanco e o seu compromiso co novo Presidente da Xunta de Galicia, Alberto
Núñez Feijoó, “iste ano contratarase a redacción do proxecto Monforte-Lugo, para que
contemple a dobre vía de alta velocidade (Ourense-Lugo) con circunvalación e parada en
Monforte de Lemos, onde construirase unha nova estación. Asemade, levarase a cabo o
estudo informativo entre Monforte e Ourense por onde circulará o AVE procedente de Madrid” ,
ao mesmo tempo que manterase a liña convencional para o transporte tanto de pasaxeiros
coma de mercadorías, o que supoñería un pulo esencial para o desenvolvemento da
plataforma intermodal loxística do Porto Seco e do territorio, no senso máis amplo.
Actualmente, ademais de en Monforte de Lemos, e no que atinxe o Pacto de Lemos, hai
estacións en A Pobra de Brollón e San Clodio-Quiroga, e apeadoiros en Montefurado
(Quiroga), Canabal (Sober) e Areas (Pantón); sendo as únicas comunicacións posibles entre os
Territorio 58

concellos do Pacto vía ferrocarril. A única Estación de autobuses no Pacto de Lemos é a de


Monforte de Lemos que, aínda que está no mesmo barrio, atópase a case un kilómetro de
distancia da Estación de RENFE.
Os horarios e frecuencias das conexións ferroviarias entre os concellos do Pacto de
Lemos e outras cidades, está detallado no Mapa de Recursos ná páxina web do Pacto de
Lemos. Cara o informe, só comentar o que atinxe aos rexionais, pola súa proximidade de
destino-orixe poden ser susceptibles de funcionar como medio de transporte laboral.

 Rexionais:
• Monforte-Ponferrada: saída 09:30 e 17:39; A Pobra de Brollón 17:47; San Clodio-
Quiroga 9:52 e18:05; Montefurado 18:19 ; Ponferrada 11:03 e 19:40. Servizo diario.
• Ponferrada-Monforte: saídas 06:00*, 07:00, 18:15; Montefurado 07:02*, 08:02; San
Clodio-Quiroga 07:15*, 08:15, 19:28; A Pobra de Brollón 07:35*, 08:33; Monforte de
Lemos 07:43*, 08:41, 19:50. Servizo diario agás * sábado e domingos.
• Monforte-Lugo: saídas 07:52*, 08:57, 18:25 e chegadas a Lugo as 08:52*, 09:57,
18:59. Servizo diario agás * sábados e domingos.
• Lugo-Monforte: 10:22, 20:36 e chegadas a Monforte 11:21 e 21:37. Servizo diario.
• Monforte-Ourense: 07:48*, 08:44, 11:38, 19:52, 21:38; Canaval (Sober) 07:65*, 08:57,
19:58; Areas (Pantón) parada a demanda 08:03*, e 09:02 e chegadas a Ourense as
08:41*, 09:47, 12:24, 15:47, 20:35 e 22:20. Servizo diario agás * sábados e domingos.
• Ourense-Monforte: 08:05,08:43, 16:48, 17:40; Areas (Pantón) e Canaval (Sober)
parada a demanda as 17:20 e 17:27 e chegadas a Monforte as 08:50, 09:25, 17:34 e
18:24.
Podemos concluír que os horarios de trens estanse a pensar para saír do territorio do
Pacto e poder chegar a traballar, nun horario habitual, cara Lugo (chegada as 08:52 en días
laborables, 4,10€ a agosto 2009), ou Ourense (chegada as 08:41 en días laborables; 3,30€
agosto 2009).
Parece tamén factible para o mesmo propósito, a comunicación dende Ponferrada-
Montefurado-San Clodio-A Pobra de Brollón-Monforte chegando entre as 07:02 2 as 07:45 ás
estacións ou apeadoiros da zona. Asemade Ourense-Monforte con chegada as 08: 50 a
Monforte.
No que atinxe ao tráfico de mercadorías, hai paradas na Estación de Monforte de Lemos
nos seguintes traxectos:
A Coruña-Zaragoza, La Robla-Portas, La Robla-Redondela, Ponferrada-Ferrol, Cosmos-
Pontevedra, Cosmos-Susana, Barcelona-Gándaras, León-Vigo, Cosmos-Ourense, Cosmos-As
Gándaras, León-A Coruña, León-Vigo, Oural-Cosmos, Ourense-Cosmos, Redondela-La
Robla, Portas-La Robla, Pontevedra-Cosmos, Zaragoza-As Gándaras, Gándaras-Pinto, A
Coruña SD-Cosmos.
Asemade saen de Monforte con mercadorías os trens destino: Barna C Tunis, Venta de
Baños-Gándaras, Cosmos-Oural, Ferrol, A Coruña, Santiago, Zaragoza, Gándaras, León. E
chegan a Monforte os de orixe: León, A Robla, A Coruña, Zaragoza, Zuera, Ourense,
Santiago, e Tui.

3.7.4. Transporte colectivo de pasaxeiros por estrada


As posibilidades para o transporte colectivo por estrada no Pacto de Lemos son o servizo
regular de autobús, o servizo Tes+Bus, posibilidade de utilización do transporte escolar para
outros viaxeiros e o servizo noite-bús, e o autobús urbano de Monforte de Lemos.
Territorio 59

No que atinxe ás empresas concesionarias do transporte regular, as beneficiarias son


ALSA, en comunicación externa da comunidade galega; a Empresa Monforte, S.A. que
comunica a zona oriental do Pacto entre si e coas cidades de Ourense, Lugo e Santiago e
Autocares Vila S.A., que comunica as zonas occidentais do Pacto de Lemos entre si. Ademais,
operan a Empresa Courel, S.A.; Augas de Incio, S.A. e Auto Industrial, S.A. en traxectos
puntuais.
A información sobre os horarios e as paradas pódese consultar polo miúdo na Guía de
Recursos do Pacto de Lemos. Agora nós imos facer unha breve análise da situación para
avaliar as posibilidades de comunicación por estrada no Pacto de Lemos cara ás
potencialidades con fins laborais, formativos, sanitarios ou de lecer.
 Servizo regular de autobús:
ALSA, S.A. comunica diariamente Monforte-Quiroga con Madrid, Barcelona (transbordo
en Ponferrada) e Asturias. A empresa ALSA pode recoller viaxeiros para saír da comunidade
nas estacións de Monforte, Quiroga, A Rúa e O Barco, e deixar nas mesmas estacións,
aqueles que veñen de fóra da comunidade, pero expresamente non poden transportar viaxeiros
dentro da comunidade segundo o convenio que regula oservizo. O servizo diario sae as 15:30 a
Madrid e Barcelona e as 10:30 cara a Asturias para chegar as 22 horas a Madrid, as 07:20 a
Barcelona e as 16:00 a Gijón. Existe reforzo para os fins de semana con chegada e saída
dende Madrid-Barajas .
A Empresa Monforte, S.A. comunica diariamente e, nos dous sensos, Quiroga, A
Pobra, Monforte e Bóveda con Lugo con horarios axustados ás tres quendas de traballo do
Hospital Comarcal, entre outros. A parte do servizo para ó Hospital, os horarios posibilitan saír
de Monforte cedo pola mañá (06:40) para chegar a traballar a Lugo (07:45) de luns a venres;
mentres que no senso contrario, o primeiro en saír de Lugo, agás o do Hospital, cara á bisbarra
é as 10:35.
A mesma empresa comunica diariamente, agás as fins de semana, O Incio (09:30)-A
Pobra de Brollón (10:10)-Monforte (10:35) con volta as 14:15 e 18:35, horario incompatible coa
vida laboral ou escolar..
A mesma empresa comunica diariamente, agás as fins de semana, O Saviñao (07:00)-
Monforte (07:18)-Bóveda (07:32)-Lugo (08:31) e volta Lugo (18:35)-Bóveda (19:33)-Monforte
(19:44)-Escairón (20:05); o que é compatible cos horarios laborais ou escolares cara a Lugo,
mais non no senso oposto.
A mesma empresa comunica diariamente O Barco (06:35)-Quiroga (07:05)-Monforte
(07:50)-O Saviñao (08:05)-Chantada (08:20)-Santiago (10:00); e volta Santiago (14:35 e 18:00)
cara a bisbarra; o que permite unha certa compatibilidade laboral ou escolar entre estes
concellos do Pacto de Lemos. Existe tamén reforzo de fins de semana con Santiago en período
lectivo universitario. Tamén a mesma empresa e diariamente comunica O Barco con Quiroga
en tres horarios de ida e volta que permiten a utilización do transporte coas fins de interese.
A Empresa Courel fai unha viaxe Seoane-Folgoso-Quiroga as 07:30 e volta as 14:30 só
os días de feira en Quiroga (10 e 27 de cada mes); non hai servizo cara as feiras de Folgoso do
Courel os días 1 e 19 de cada mes.
No que atinxe ás comunicacións cara á zona occidental, a Empresa Auto Industrial
comunica diariamente Monforte (09:00, 16:00 e 22:45)-Canabal-Pantón-Ourense (chegadas
10:25, 17:20 e 00:05).
Autocares Vila comunica diariamente agás fins de semana, e durante o período escolar
Taboada (06.30)-O Saviñao-Monforte (chegada 08:17) e luns e venres no período non escolar;
e volta Monforte (14:30, 18:30)-O Saviñao-Taboada (16:20, 20:00). Horario compatible só cos
horarios escolares, xestións ou mercado. Hai tamén un reforzo escolar que sae de Monforte
(18:30)- Escairón (19:10)-Taboada (20:00). Existe outro horario diario, agás fins de semana, da
mesma empresa que comunica Currelos, O Saviñao (07:30)-Ferreira (08:04)-Monforte (08:19) e
Territorio 60

volta Monforte (18:45)-Ferreira, Pantón (19:00)-Escairón, O Saviñao (19:17)-Currelos, O


Saviñao(19:35) compatible co horario escolar e certos laborais. Outra liña da mesma empresa
diariamente, agás fins de semana, une Escairón (09:50, 14:55)-Ferreira (10:02, 14:59)-Monforte
(10:19, 15:14) e volta Monforte (13:00, 14:30)-Ferreira (13:15, 14:45)-Escairón (13:29, 14:59);
asemade outro horario no período escolar que sae de Escairón as 10:10, Ferreira as 10:24,
Monforte as 10:39; e volta dende Monforte as 16:30, Ferreira as 15:45, Escairón as.16:59;
dificilmente compatibles con horarios laborais ou escolares.
Autocares Vila, só luns e venres en período escolar, comunica tanto Fión (O Saviñao) ás
07:50 con Monforte e chegada ás 08:30; coma Frontón (Pantón) ás 07:45 con Ferreira de
Pantón e chegada ás 08:20.
Finalmente, a empresa La Directa comunica diariamente Lugo con Ourense, ida e volta,
a través dos concellos de Carballedo, Chantada e Taboada, con horarios que permiten unha
compatibilidade laboral ou escolar dende Ourense cara a os concellos de Chantada e Lugo, e
dende Chantada e Carballedo cara a Ourense.
Tamén existe un autobús urbano no concello de Monforte de Lemos funcionando
diariamente dende as 08:15 ata as 19:55, facendo unha ruta circular Ribasaltas-Cemiterio e
unindo os centros neurálxicos da cidade: Estación de RENFE, Estación de Autobuses,
Ambulatorio, Hospital, centro comercial, Cemiterio, Concello, etc. e achégandose cada dúas
viaxes a Piñeira.
O servizo Tes+bus posibilita o uso do transporte escolar, no caso de espazo dispoñible,
por parte de calquera persoa pagando 1€. Teñen este servizo os centros de ensino público, a
ruta no caso dos CEIP é nun contorno máis próximo, nas aldeas circundantes, e no caso dos
IES nun radio maior que inclúe tamén certos concellos do redor. Conta con este servizo os
CEIP de A Gándara e Colexio Novo en Monforte, o CEIP do Saviñao, o de Quiroga e o de
Sober. No que atinxe aos IES, conta con este servizo o IES da Pinguela, o IES Daviña Rei e o
IES Río Cabe en Monforte e o IES de Quiroga.
Finalmente, está en funcionamento o servizo de noite-bus promovido pola Consellería
de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas que conta en Galicia con 204 liñas das que na
provincia de Lugo hai 40 (20%) e no Pacto 8 (20% das da provincia) con saídas entre as 22
horas e a unha da mañá dende as parroquias do redor cara aos centros de vida nocturna e
volta entre as 03:30 e as sete da mañá. Destino Monforte hai catro liñas dende as áreas de
Monforte, Bóveda, A Pobra de Brollón, Pantón e O Saviñao. Dende Monforte vía Chantada e
Carballedo cara a O Carballiño; e dende Chantada unha liña cara Lalín e outra cara a Ourense.
No verán 2009, respecto ao ano anterior incrementouse no eido comunitario, a contía de
viaxeiros nun 121%, polo que existen plans de apertura doutras 16 novas rutas. Na nosa
bisbarra, unha entre Ribas de Sil e Quiroga.

3.7.5. Fluxos comerciais


A táboa que amosamos a continuación reflicte os fluxos comerciais da poboación e de
cada un dos concellos; extraído do estudo Átlas Socioeconómico de Galicia, Caixanova 2008,
que se refire ao territorio galego, polo que queda excluída a área de influencia que supón,
tamén, Ponferrada para os habitantes dos concellos máis preto dela a través da N-120 coma
Quiroga ou Ribas de Sil. Aínda que polos obxectivos e a natureza do estudo, o que se reflicten
son os fluxos comerciais, o que estes fluxos están tamén a amosar son as redes de relación
social, laboral e cultural dos seus habitantes nun senso máis amplo; e que son coincidentes cos
establecidos polos servizos regulares de autobuses.
Fluxos comerciais dos concellos integrantes do Pacto de Lemos.
Concello Área comercial Subárea comercial
Bóveda Lugo Monforte de Lemos
Carballedo Ourense —
Chantada Ourense —
Territorio 61

Folgoso do Courel Lugo Monforte de Lemos


Monforte de Lemos Lugo/Ourense Monforte de Lemos
Pantón Lugo/Ourense Monforte de Lemos
Pobra de Brollón, A Lugo Monforte de Lemos
Quiroga Lugo Monforte de Lemos
Ribas de Sil Lugo Monforte de Lemos
Saviñao, O Lugo Monforte de Lemos
Sober Lugo/Ourense Monforte de Lemos
Taboada Lugo/Ourense —
Elaboración propia. Fonte: Atlas socioeconómica de Galicia Caixanova 2008.

Coma podemos apreciar Monforte de Lemos é subárea comercial para todos os


concellos agás os da Comarca de Chantada. Entre eles, os dous ao sur remítense a Ourense
(Carballedo e Chantada), mentres que Taboada opta por ambas capitais.
Os situados ao norte do Pacto teñen Lugo coma área comercial dominante; é dicir,
Bóveda, A Pobra de Brollón e O Saviñao, o mesmo que os tres da comarca de Quiroga
(Folgoso, Quiroga e Ribas de Sil). O resto (Monforte de Lemos, Pantón e Sober) teñen as dúas
capitais provinciais coma referente comercial.
Folgoso do Courel tamén ten a Sarria coma subcabeceira comercial por diante de
Monforte de Lemos ou Quiroga, habida conta do mal estado ata este ano 2009 da estrada LU-
651 que a une con Quiroga.

3.7.6. Establecementos comerciais


Este epígrafe conta con datos recollidos pola Fundación Caixanova no seu Anuario; no
que se recollen as actividades comerciais de Galicia, Lugo e Pacto. Na táboa vemos que a
variación foi positiva para Galicia e Lugo: Galicia incrementou a súa actividade nun 9%, Lugo
nun 3%; mentres que para o Pacto foi decrecente nun -4%. Respecto a porcentaxe que supón
á actividade comercial, Lugo pasou de representar o 14% ao 13% da actividade comercial
galega; e o Pacto pasou de supoñer o 16% ao 15% da actividade provincial:
Nº Actividades Comerciais por concellos. Pacto de Lemos. 2004-07
2004 2006 2007 Var.04-07 Var.%04-07
Bóveda 38 39 41 3 7,89%
Carballedo 48 45 49 1 2,08%
Chantada 251 264 215 -36 -14,34%
Folgoso do Courel 13 13 16 3 23,08%
Monforte de Lemos 589 615 547 -42 -7,13%
Pantón 34 35 40 6 17,65%
Pobra de Brollón 35 28 34 -1 -2,86%
Quiroga 83 87 76 -7 -8,43%
Ribas de Sil 27 28 30 3 11,11%
Saviñao, O 99 102 118 19 19,19%
Sober 46 49 53 7 15,22%
Taboada 87 90 76 -11 -12,64%
Pacto de Lemos 1350 1395 1295 -55 -4,07%
Lugo 8397 8869 8667 270 3,22%
Galicia 61129 67167 66808 5679 9,29%
Fonte: Atlas Socioeconómico de Galicia. Caixanova.

A decrecente evolución neste período, analizando concello a concello, foi máis


sallientable nas cabeceiras de comarca, quizais debido ás grandes superficies comerciais; así
a evolución de Monforte de Lemos foi de -42, pasando de ter un peso do 44% ao 42% no
Pacto; en Chantada foi de -36 puntos, pasando de ter unha participación no Pacto do 19% ao
17%; mentres que o concello de Quiroga, aínda que perdendo -7 puntos mantivo o seu peso do
6% no eido. Destacan nos dous extremos o incremento da actividade comercial no Saviñao,
+19 puntos, que pasou de participar na actividade nun 7% ao 9%; e no senso oposto Taboada,
que perdendo -11 puntos; aínda que mantendo o seu peso dentro do Pacto; o 6.
Territorio 62

3.7.7. Infraestruturas turísticas


O Turismo é, sen dúbida, un sector estratéxico para o desenvolvemento do Pacto de
Lemos pola potencialidade que supón os espazos LIC do Monte de Faro, os Canóns do Sil, o
río Cabe, a Serra do Courel, o Camiño de Santiago de Inverno, a contía de árbores senlleiras e
monumentais, no que se refire ao patrimonio natural e paisaxístico. Por outra banda, está a
inmensa riqueza histórica, patrimonial e cultural con pegadas de gran relevo, tanto nos espazos
LIC coma no resto do territorio, dende o megalítico á cultura castrexa, o románico ou a
arquitectura señorial.
A potencialidade da riqueza turística permitiría un posicionamento de turismo de calidade
en calquera das posibles segmentacións de mercado por tipoloxías de afinidade que se fixeran:
turismo ecolóxico, enolóxico, gastronómico, cultural, de relax, espiritual, de risco, de aventura,
etc.
Vexamos cal é a oferta de aloxamentos no Pacto. Nas táboas seguintes amosamos a
comparanza entre a contía de establecementos por tipo, nos tres eidos; Pacto de Lemos,
provincia e comunidade.

Aloxamentos turísticos
Pacto de Lemos / Lugo / Galicia. Ano 2007
Praza Praza
Pacto de Lemos Establec. Lugo Establec. Galicia Establec. Prazas
s s
Hoteis 16 787 Hoteis 103 5459 Hoteis 767 49491
Turismo Rural 37 476 Turismo Rural 147 1839 Turismo Rural 540 6428
Campamentos 1 148 Campamentos 13 2873 Campamentos 113 34590

Aloxamentos do Pacto respecto á provincia e Galicia no ano 2007

Establecementos Pacto/Provincia Pacto/Galicia Prazas Pacto/Provincia Pacto/Galicia


Hoteis 15,53% 2,09% Hoteis 14,20% 1,57%
Turismo Rural 25,88% 6,67% Turismo Rural 24,80% 7,09%
Campamentos 7,69% 0,88% Campamentos 5,15% 0,43%
Fonte: Directorio de Empresas de Actividades Turísticas da Dirección Xeral de Turismo 2007.

O Pacto de Lemos conta con 16 hoteis de diferente categoría: dous catro estrelas,
Parador Nacional de Monforte de Lemos (100 prazas) e o Balneario de Augas Santas (217
prazas) en Pantón; 6 de dúas e 8 de unha estrelas, non existindo ningún de tres estrelas.
Estes 16 hoteis representan o 15,55% dos existentes na provincia e o 1,96% dos da
comunidade, nunha porcentaxe parella ao que representa a proporción da poboación residente
no territorio, pero que non fai pensar nun espazo dirixido ao turismo.
En canto á capacidade, o ratio de número de prazas por hotel é similar no Pacto e na
provincia (52 vs 53 en Lugo), mentres que o mesmo índice para a comunidade é de 65, o que
pon de relevo a menor capacidade dos hoteis da provincia e do Pacto en relación cos da
comunidade.
Conta así mesmo con 37 casas de turismo rural, o que supón que case unha de cada
catro da provincia áchase no Pacto (24,49%), aínda que a porcentaxe de casas de turismo rural
da provincia, sobre o total das da comunidade, é maior (27%). Respecto o ratio prazas/casas
de turismo rural, é moi similar nos tres eidos: 13 para o Pacto e a provincia e 12 para a
comunidade.
No Pacto de Lemos hai, ademais 25 pensións; dúas delas con 3 estrelas e unha
capacidade entre as dúas de 36 prazas; 11 pensións de dúas estrelas, e 12 de unha estrela.
Cómpre comentar o hotel que se está a facer en Sober con previsión de ter un nivel de 5
estrelas gran luxo, e unha capacidade para 84 prazas, e que ten prevista a súa inauguración
para o verán do 2013. Isto incrementaría salientablemente a oferta hoteleira de alto nivel, pois
Territorio 63

de non abrirse ningún outro daquelas, o Pacto de Lemos tería o 50% da oferta de prazas de
hotel nas categorías de 4 e 5 estrelas e ningunha en 3 estrelas, agás as 36 prazas en
pensións desa categoría.
Respecto aos campamentos, a oferta no Pacto de Lemos só conta cun campamento en
Folgoso do Courel de dúas estrelas e cunha capacidade de 148 prazas, mentres que hai 13 na
provincia e 113 na comunidade. O Complexo Deportivo de Augas Mestas (Quiroga) naceu co
mesmo propósito, mais hoxe en día atópase abandonado e en plans de rehabilitación a cargo
da Deputación de Lugo.
Nas seguintes táboas, podemos ver a contía e a clasificación dos aloxamentos de
turismo rural tanto de Galicia, coma de Lugo e o Pacto de Lemos, segundo o Directorio de
Turismo Rural da Xunta de Galicia para o 2009.
Galicia
Totais Con Q Galicia Premium Q + Galicia Premium Sen nada
Casas Grandes 26 (5%) 12 7 7
Categoría A Pazos 46 (8%) 4 23 8 11
Casas Reitorais 16 (3%) 8 4 2
Categoría B Casas de Aldea 397 (70 %) 12 267 20 100
Categoría C Casas de Labranza 79 (14%) 57 4 18
Total 564 (100%) 16 367 43 138
% 100% 2,80% 65% 7,60% 24,50%
Provincia de Lugo
Totais Con Q Galicia Premium Q + Galicia Premium Sen nada
Casas Grandes 6 (4%) 1 3 2
Categoría A Pazos 10 (7%) 8 1 1
Casas Reitorais 3 (2%) 2 1
Categoría B Casas de Aldea 104 (69%) 86 4 14
Categoría C Casas de Labranza 27(18%) 19 8
Total 150 (100%) 116 9 25
% 100% 77,30% 6% 16,70%
Pacto de Lemos
Totais Con Q Galicia Premium Q + Galicia Premium Sen nada
Casas Grandes 2 (5%) 2
Categoría A Pazos 2 (5%) 2
Casas Reitorais 2 (5%) 1 1
Categoría B Casas de Aldea 29 (78%) 23 2 4
Categoría C Casas de Labranza 2 (5%) 1 1
Total 37 27 5 5
% 100% 73,00% 14% 13,50%
Comparando a categoría dos establecementos de turismo rural, vemos que dos 564
aloxamentos de Galicia o 15,6% (88) son de categoría A, fronte ao 12,61% (19) de Lugo e o
16,22% (6) do Pacto de Lemos. Respecto as Casas Grandes habilitadas como turismo rural,
Galicia conta co 5%, Lugo co 4% e o Pacto co 5%. Respecto a Pazos, Galicia ten o 8%, Lugo
o 7% e o Pacto o 5% e no que atinxe ás a Casas Reitorais, Galicia ten o 3%, Lugo o 2% e o
Pacto o 5%. A Q de calidade só foi obtida por 16 aloxamentos de categorías A e B, e ningún
se atopa na provincia nin no Pacto.
A porcentaxe de casas de turismo rural que conta con Q de calidade máis o logo de
Galicia Premiun, é para Galicia do 7,6%, para Lugo do 6% e para o Pacto do 13,5%.
Na categoría B, ou Casas de Aldea, en Galicia a porcentaxe é do 70%, en Lugo do 69%
e no Pacto do 78%. A porcentaxe de Casas de Labranza é para Galicia do 14%, para Lugo do
18% e para o Pacto do 5%. En liña coa categoría, en Galicia o 24,5% cas casas de turismo
rural non ten ningún distintivo de calidade, fronte ao 17,7% de Lugo e o 13,5% do Pacto de
Lemos.
Polo que podemos concluír que, o nivel de categoría e distintivos de calidade da oferta
de aloxamentos de turismo rural do Pacto de Lemos é bastante elevada en comparanza cos
outros dous eidos. En liña con iso, o Pacto conta cunha porcentaxe máis elevada en Casas
Territorio 64

Grandes e Reitorais e menos oferta en instalacións sen distintivo de calidade e Casas de


Labranza.
A modo de síntese, cómpre facer unha reflexión sobre o elevado estándar da oferta
hoteleira tanto en hoteis de 4 e 5 estrelas (50%; nun futuro próximo e se o escenario
permanece coma está) coma en turismo rural, e poñelo en relación coa oferta actual en termos
de comercio, restauración, oferta gastronómica, cultural, e de artesanía, actividades
complementarias ao turismo, sinalización dos routeiros e accesos, posibilidades de visitas aos
monumentos da arte románica, mantemento e limpeza dos espazos naturais e dos cascos
vellos, grao de conservación do patrimonio, etc. Adiantándonos as conclusións cualitativas, as
persoas entrevistadas subliñan a falla de equilibrio entre ambas as dúas partes da balanza.

Estilos de vida e hábitos de consumo.


Co ánimo de axudar na antedita reflexión expoñemos, a continuación, unha breve
síntese das tipoloxías que establece Hachette Filipache, no seu estudo EI SCANNER
2008/2009 baseado no estudo AIMC-Marcas 2007. O estudo AIMC-Marcas é un estudo media-
produto que recolle para a mesma persoa entrevistada a súa exposición a medios de
comunicación, o consumo de produtos e marcas, as súas actitudes ante o consumo e os seus
intereses e valores na vida. A técnica é a entrevista cun cuestionario auto administrado sobre o
universo español de maiores de 14 anos. A mostra é de 10.696 persoas representativas da
poboación nacional; o traballo de recollida de información fíxose entre abril e decembro do
2007.
Son dúas as tipoloxías de referencia respecto aos paradores nacionais e casas de
turismo rural de calidade son: os cualificados (6% da poboación) e os profesionais (8% da
poboación). As características que teñen en común son: clase social alta, xeralmente con
estudos universitarios e gran poder adquisitivo, consumidores expertos e selectos. Xente entre
os 25 e 45 anos, con familias compostas por catro ou cinco persoas. Valoran as marcas e a
calidade buscan a innovación e a sofisticación. Os seus fogares teñen un alto nivel de
equipamentos, priman o consumo familiar e a compra racional; buscan calidade de vida,
benestar e confort. Gustan dos produtos de alimentación natural, queren elixir entre unha gran
variedade de oferta prestando atención ás etiquetas e aos seus contidos, primando sempre a
calidade sobre o prezo. Son consumidores fieis ás marcas e produtos elixidos. Valoran moito
o servizo e a atención. Elixen aquelos soportes de medios que promoven valores de progreso,
modernidade e cambio.
Internet é unha ferramenta imprescindible para eles e sácanlle todo o partido: xornais,
música, radio, información e elaboración das súas viaxes. Viaxan en coche privado e fanse eles
mesmos as rutas. Son lectores de La Vanguardia, El País, El Periódico, Expansión, El Mundo,
Emprendedores, National Geographic, Historia National Geografic, HISTORIA y VIDA,
DEVIAJES, Viajar, GEO, Qué Leer, Interiores, Nuevo Estilo, El Mueble, Casa Diez,
FOTOGRAMAS, Ser Padres Hoy, Crecer Feliz, Tiempo, Hola, Interviú. Teñen Digital+ ou TDT
no fogar, elixen a Tv por cable, a Catro, a Sexta , TV2; gustan das cadeas temáticas e non
dedican moito tempo á televisión. Son prescriptores entre as súas amizades. Saen de
vacacións tres ou máis veces ao ano e elixen España coma destino en 6 de cada 10 ocasións
para pasar 5 ou máis noites fora. Viaxan en avión e, alomenos, unha vez ao ano saen fóra de
España, elixindo Europa coma destino con frecuencia. Saen a parques naturais, de paseo, len
libros, xogan as cartas. Gústalles o teatro, ler, visitas a museos, saír a xantar e facer compras.
Son espectadores habituais de cine. Van asiduamente ao ximnasio e practican deportes como
sendeirismo, natación, bicicleta.
En liña cos estilos de vida e hábitos de consumo, engadir a información recollida polo
IGE no ano 2008 na que se pon de relevo que as familias con fillos e cos ingresos máis altos
son as que máis valoran a eficiencia enerxética (88% moi importante), os produtos locais (61%
moi importante) e a etiqueta ecolóxica (53% moi importante).
Territorio 65

3.7.8. Comunicación: TDT e Banda Ancha


Galicia atópase nun momento de mellora e cambios de infraestrutura en tecnoloxía da
información, tanto polo proceso de instalación da TDT en España, en cumprimento do Plan
Técnico Nacional da Televisión Dixital Terrestre, segundo o Real Decreto 944/2005 do 29 de
xullo, para mudar da tecnoloxía analóxica á dixital como polo obxectivo da Comisión Europea
de incrementar a cobertura de acceso a internet no rural.
A Comisión Europea de Agricultura e Desenvolvemento Rural considera a implantación
das TIC unha condición sine-qua-non para o desenvolvemento socioeconómico do entorno
rural e o seu tecido produtivo, polo que estender a súa cobertura é unha prioridade para o
executivo europeo. A Comisión Europea marcouse o obxectivo de conectar ao 30% da
poboación rural da Unión europea que aínda non dispón de acceso á Internet de banda ancha
antes do 2010.
O Informe e-España 2009 que mide o desenvolvemento da Sociedade da Información
elaborado pola Fundación Orange, reflicte que Galicia experimenta un avance destacado e
acurta as diferenzas con Madrid que é a comunidade máis desenvolvida nesta materia. O uso
de Internet en España é maior naquelas rexións con maior renda ou con maior poboación
urbana; así o é para o 63% dos internautas de Madrid, País Vasco, Cataluña, Baleares, Ceuta
e A Rioxa, para quenes Internet converteuse nunha ferramenta de cotío. Pola contra, en
comunidades como Murcia, Galicia, Valencia ou Castela León non se supera o 58% do uso
diario.
Recollidos os obxectivos europeos, a Administración galega programou proxectos
importantes para o avance neste campo das TICs, como o Plan Avanza 2005-2010 para
impulsar a Sociedade da Información. Os seus obxectivos son xeneralizar a banda rápida a
todos os fogares (especialmente no eido rural), deseñar e incorporar solucións tecnolóxicas
para persoas con necesidades especiais e crear centros de persoas con dependencia, formar
e asesorar no uso de TICs, modernizar os Servizos Públicos da Administración (Admón.
Electrónica), dixitalización das Pemes…etc.
As característica orográficas e a dispersión poboacional do noso territorio dificultan a
tarefa e implican un maior investimento que noutras CC.AA.; de xeito que Galicia foi unha das
catro comunidades que incumpriu, no mes de xuño, coa Fase I do Plan de Transición á TDT,
xunto con Castela e León, País Vasco e Andalucía, ao non cumprir coas esixencias marcadas
na porcentaxe de cobertura dixital e no porcentaxe de poboación con acceso aos canais
dixitais. Este primeiro apagón previsto para o 30 xuño quedou aprazado de forma “indefinida”
pola Administración.
Como consecuencia, probablemente boa parte do 4% da poboación estatal que quedará
sen cobertura da sinal dixital privada cando se produza o definitivo apagón (3 abril de 2010),
estará no noso territorio. Especialmente afectada estará a provincia de Lugo (cuxa fase de
dixitalización é a máis atrasada de Galicia) pois preto de 7.000 lucenses, ó redor do 2% da
poboación, quedarán sen televisión o 3 de abril do vindeiro ano ó estar nas denominadas
“zonas de sombra” (lugares ós que a TDT non pode chegar). Na actualidade, a cobertura dixital
na provincia está o redor do 88%, aínda moi lonxe dos obxectivos marcados, e corresponden
fundamentalmente ós principais núcleos de poboación. A orografía do territorio e a
diseminación poboacional do interior lucense dificulta o seu avance tecnolóxico.

Se ben o crecemento e a implantación das novas tecnoloxías en Galicia é continua e


progresiva nos últimos anos, a situación destas infraestruturas maniféstanse aínda escasa e
insuficiente.
Territorio 66

Segundo os datos publicados polo Anuario Económico 2009 de La Caixa, Galicia é a


segunda comunidade con menor número de liñas de banda ancha por cada mil habitantes,
unicamente superada por Extremadura. Se a media estatal sitúase en 173 liñas/mil hab. en
Galicia baixa ata as 133, que na práctica supoñen menos do 5% do total destas liñas do
territorio nacional.

Nº Liñas Banda Nº Liñas/miles


Ámbito Xeográfico % Repres. Miles de hab.
Ancha hab.
Total Pacto 4.193 11,04% (resp. Prov.) 55,49 76
Total Lugo 37.988 10,27% 355,55 107
Total A Coruña 167.325 45,23% 1.139,12 147
Total Ourense 31.579 8,54% 336,10 94
Total Pontevedra 133.065 35,97% 953,40 140
Total Galicia 369.957 4,64% (resp. España) 2.784,17 133
Total España 7.977.550 46.157,82 173
Fonte: Anuario Económico 2009 La Caixa

Especialmente preocupante resultan os datos das dúas provincias galegas orientais que
son, a súa vez, as causantes de que a media autonómica baixe ata esas 133 liñas/mil hab.
Ourense con 94 liñas/mil hab. é a provincia coa menor taxa de España e só representa o
8,54% do total de liñas da Comunidade. Lugo, (107) desprázase ata o cuarto posto nacional
con menos instalacións, só por detrás de Badaxoz e Zamora, e supoñen o 10,27% das liñas
galegas. Polo contrario, as provincias de Pontevedra (140) e A Coruña (147) sitúanse por riba
da media autonómica e, entre as dúas, suman o 81% das instalacións do noso país.

No que se refire ó Pacto de Lemos, a proporción entre banda ancha e habitantes


descende drásticamente (76 liñas/mil hab.) poñendo de manifesto as grandes diferenzas cos
resultados provinciais e autonómicos. Estas instalacións representan o 11% do total da
provincia de Lugo.

3.7.9. Infraestruturas medioambientais


Neste epígrafe repasaremos as infraestruturas municipais respecto á cobertura nos
núcleos de poboación de recollida selectiva de residuos, e ao servizo de depuración de augas
residuais. Os datos máis recentes dos que dispoñemos son da Enquisa sobre Infraestruturas e
Equipamentos 2005 respecto á recollida selectiva e os do IGE ano 2000 respecto a depuración
de augas residuais. Os datos correspóndense cos núcleos de poboación, excluíndo os
diseminados.
Concello Núcleos con Núcleos sen Tipo de residuo recollido Núcleos de Núcleos de
recollida selectiva recollida selectiva poboación poboación
residuos residuos con sen
Territorio 67

depuración depuración
2000 2005 2000 2005 de augas de augas
residuais residuais
Bóveda 3 3 21 21 Vidro 1 23
Vidro (3), Papel (2),
Carballedo 0 20 61 41 1 60
Plástico (20)
Chantada 0 0 103 97 0 6 97
Folgoso do Courel 0 0 29 29 0 3 26
Vidro (28), Papel (26), Pilas
Monforte de Lemos 27 38 22 11 11 38
(1), Plástico (20)
Vidro (10), Papel (4),
Pantón 32 36 28 24 3 57
Plástico (33)
Vidro (5), Papel (1),
A Pobra de Brollón 1 43 45 3 3 43
Plástico (42)
Vidro (4), Papel (1),
Quiroga 5 4 62 63 27 40
Plástico (2)
Vidro (2), Papel (1),
Ribas de Sil 1 2 17 16 4 14
Plástico (2)
Vidro (2), Papel (2),
O Saviñao 0 2 98 96 4 94
Plástico (2)
Vidro (10), Papel (1),
Sober 0 13 71 58 6 65
Plástico (6)
Vidro (1), Papel (1),
Taboada 1 1 58 58 3 56
Plástico (1)
Pacto de Lemos 70 169 615 516 72 613
Fonte: IGE 2000 e Enquisa sobre Infraestruturas e Equipamento 2005

No ano 2000, só existía recollida de residuos selectiva en 7 dos 12 concellos que


configuran o Pacto de Lemos, o que ven sendo o 10% do total dos núcleos de poboación do
eido. Os resultados para o ano 2005 amosan os esforzos feitos na mellora medio ambiental do
Pacto de Lemos pasándose ao 25% de núcleos, agás en: Bóveda, Folgoso do Courel,
Chantada e Taboada que continúan a estar as cousas coma daquelas. Incorporáronse a esta
práctica catro concellos máis, todos agás Chantada e Folgoso do Courel nos que non hai nin
un só núcleo con recollida selectiva.
Nas cifras que amosa o IGE para o 2005 destacan os esforzos feitos na recollida
selectiva nos concellos de A Pobra de Brollón (+42 núcleos), Carballedo (+20 núcleos), Sober
(+13 núcleos), Monforte de Lemos (+11 núcleos).
Sobre o total de 169 núcleos nos que se fai recollida selectiva de lixo, selecciónase o
vidro en 66 núcleos (39%), o papel en 39 (23%), o plástico en 128 (76%) e as pilas só en
Monforte de Lemos.

Respecto á cobertura de núcleos de poboación con depuración de auga, segundo o


IGE 2002, haina no 10,5% dos núcleos de poboación, destacando o concello de Quiroga onde
a teñen o 40% dos seus núcleos, e Monforte de Lemos, o 22%.
Na seguinte táboa recollemos a información obtida na páxina web da Consellería de
Medio Ambiente da Xunta de Galicia respecto aos Puntos Limpos, recollida de plásticos
agrícolas, e recollida de envases baleiros de produtos fitosanitarios agrícolas:
Concello Puntos Limpos Plásticos Agrícolas Envases Fitosanitarios
Bóveda No No No
Carballedo No Si Si (2)
Chantada Si Si Si (3)
Folgoso do Courel No Si No
Monforte de Lemos Si Si Si
Pantón Si No No
A Pobra de Brollón No Si No
Quiroga Si Si No
Ribas de Sil No No No
O Saviñao No Si Si
Sober No No No
Taboada Si Si Si (2)
Territorio 68

Pacto de Lemos 5 8 5 (9)


Lugo 23 49 54
Galicia 106 154 220
Fonte: Consellería Medio Ambiente Xunta.es

No referente a Puntos limpos, Galicia conta con 106, Lugo con 23 (22%) e o Pacto con
5; o 22% dos provinciais. En canto a recollida de Plásticos agrícolas, Galicia conta con 154,
Lugo con 49 (32%) e o Pacto con 8; o 16% dos provinciais.Por último, na recollida de Envases
fitosanitarios, Galicia conta con 220, Lugo con 54 (25%) e o Pacto con 9; o 17% dos
provinciais.

3.8. Equipamentos
Neste epígrafe amosaremos os recursos do Pacto de Lemos en canto a equipamentos
sanitarios e de benestar social, os recursos humanos en atención primaria e hospitalaria,
centros de saúde, centros de día, co gallo de validar a calidade da cobertura da poboación a
nivel sanitario e de benestar. Así mesmo o mapa de recursos educativos e culturais para
establecer o nivel de vida cultural e de lecer que oferta o territorio aos seus habitantes.

3.8.1. Equipamento sanitario


A continuación listamos o equipamento sanitario dos tres eidos da análise para
establecer unha aproximación á cobertura sanitaria da que dispón a poboación do Pacto de
Lemos. Existen numerosas variables que hai que ter en conta á hora de facer unha análise a
fondo do sector, que non é obxecto do noso traballo actual.
Na primeira das táboas contabilizamos os centros hospitalarios diferenciados por
titularidade pública ou privada:

Centros Hospitalarios e Camas Hospitalarias segundo titularidade funcional


Públicos Privados
Centros Hospitalarios Camas Centros Hospitalarios Camas
Pacto de Lemos 1 136 0 0
Lugo 6 1015 3 313
Galicia 40 7773 31 2808

Galicia conta con 40 hospitais públicos e 31 privados, a provincia de Lugo con 6 públicos
e 3 privados e o Pacto de Lemos conta cun hospital comarcal de titularidade pública en
Monforte de Lemos que da servizo aos doce concellos e que dispón de 136 camas.
Se establecemos a comparanza entre os habitantes e o número de hospitais e camas
totais en cada eido de análise, e lembramos os 2.784.169 habitantes de Galicia, os 355.549 da
provincia e os 55.486 do Pacto de Lemos, vemos que a media de poboación/hospital para o
conxunto de Galicia é de 39.214 persoas por hospital; para a provincia é de 39.505 persoas
por hospital. Se establecemos a comparanza só no que atinxe a titularidade pública; Galicia ten
un ratio de 69.604 persoas/hospital público; Lugo de 59.258 persoas/hospital público e o Pacto
de Lemos un ratio un pouco máis favorable que Lugo ou a comunidade ao contar con 1 hospital
público para os 55.486 habitantes.

Observando o número de camas hospitalarias das dúas titularidades, a comunidade


autónoma conta cunha cama para cada 263 persoas, a provincia cunha cama para cada 268
persoas. Ao descontar a oferta privada, o ratio galego é de 358 persoas/camas públicas; o ratio
de Lugo é de 350 persoas/cama; no caso do Pacto de Lemos, hai unha cama para cada 408
Territorio 69

persoas, un ratio algo peor cos dos outros dous eidos, sobre todo se temos en conta o
tremendo envellecemento da poboación da bisbarra.

Equipamento Sanitario
Consultorios Centros Saúde Hospitais Camas Zonas Básicas Saúde Áreas Saúde
Chantada 1 3 0 0 2 1
Quiroga 0 4 0 0 1 1
Terras de Lemos 2 7 1 136 1 1
Pacto de Lemos 3 13 1 136 4 1
Lugo 13 73 9 1328 19 1
Galicia 97 389 71 10581 97 7
Fonte: Fichas Municipais Caja España 2008

O Pacto de Lemos pertence á área de saúde da provincia de Lugo, dividida no Pacto de


Lemos en catro zonas básicas de saúde: a de Chantada, cos centros de saúde de Chantada e
da Barrela (Carballedo) e o consultorio local do Castro (Carballedo); a de Servizo Guntín, co
centro de saúde de Taboada dos Freires; a de Monforte de Lemos, cos centros de saúde de
Bóveda, Monforte, Pantón, A Pobra de Brollón, Vilasante (O Saviñao) e Arroxo (Sober) e os
consultorios locais de Rubián (Bóveda) e Currelos (O Saviñao); e a zona básica de Quiroga
cos centros de saúde de Folgoso (Folgoso do Courel), Seoane (Folgoso do Courel), Quiroga e
Ribas de Sil.

Respecto aos centros de saúde, a cobertura é para Galicia de 7.157 persoas por centro
de saúde; para a provincia é de 4.871 persoas por centro, e para o Pacto de Lemos de 4.268
persoas por centro de saúde. Respecto aos consultorios, a cobertura para Galicia é de 28.702
persoas por consultorio; para Lugo de 27.350 persoas por consultorio; e para o Pacto de
18.495 persoas. Co que podemos concluír que a cobertura en atención primaria é mellor no
Pacto de Lemos que nos outros dous eidos.Pero é importante ter en conta as características
demográficas da poboación e, no caso da nosa bisbarra, o índice de envellecemento e de
sobreenvellecemento é moito máis elevado que nos outros dous eidos de análise o que supón
unha poboación especialmente máis dependente dos servicios sanitarios e de benestar.

A continuación listamos unha táboa cos recursos humanos en atención primaria con que
conta cada un dos eidos da análise; a comunidade galega, a provincia e o Pacto de Lemos, de
persoal sanitario e administrativo nos centros de saúde, ambulatorios, consultorios municipais e
consultorios parroquiais, segundo o IGE para o 2008. No epígrafe “resto” contabilízanse os
celadores, farmacéuticos, fisioterapeutas, psicólogos, matronas e técnicos especialistas.
Médico Auxiliar Asist. Función Pediatr
2008 ATS/due Odontólogo Resto Total
xeral enferm. social Administ. a
Bóveda 2 2 0 0 2 0 0 0 6
Carballedo 3 3 0 0 1 0 0 0 7
Chantada 10 12 2 1 4 1 1 8 39
Folgoso do Courel 2 2 0 0 2 0 0 0 6
Monforte de Lemos 21 22 5 1 8 2 2 11 72
Quiroga 10 10 0 0 2 0 1 3 26
Ribas de Sil 1 1 0 0 1 0 0 0 3
Pantón 4 2 0 0 1 0 0 0 7
A Pobra de Brollón 3 2 0 0 1 0 0 0 6
O Saviñao 5 4 0 0 2 0 0 0 11
Sober 4 2 0 0 2 0 0 0 8
Taboada 4 2 0 0 2 0 0 0 8
Pacto de Lemos 69 64 7 2 28 3 4 22 199
% Pacto /Lugo 18% 18% 17% 22% 18% 17% 11% 16% 18%
Lugo 385 350 42 9 154 18 35 140 1.133
Territorio 70

% Lugo /Galicia 17% 17% 15% 16% 15% 18% 11% 16% 16%
Galicia 2.261 2.021 277 57 997 101 322 855 6.891
Establecendo unha comparanza entre os eidos de análise, vemos que Lugo conta co
16% dos recursos humanos sanitarios de Galicia, aínda que a poboación provincial só
representa o 13% da total de Galicia; o Pacto conta co 18% dos provinciais, sendo do 16% o
seu peso poboacional dentro da provincia. Co que podemos concluír que a cobertura sanitaria
no Pacto de Lemos en atención primaria é superior á media de Galicia e de Lugo. Lugo
destaca nunha maior cobertura en odontoloxía, e o Pacto en recursos de asistencia social; no
senso contrario, tanto Lugo coma o Pacto de Lemos están por baixo da media de cobertura en
recursos pediátricos, supoñemos que en liña coa ausencia de poboación nova en ambos eidos.

3.8.2. Equipamento benestar


Nas dúas táboas seguintes listamos os equipamentos de benestar dependentes do
Consorcio Galego de Igualdade e Benestar; organismo que para levar a cabo os seus
obxectivos do Plan do Goberno Galego para a Igualdade entre Homes e Mulleres 2007-2010
así como o Plan Galego de Inclusión Social 2007-2013, conta no Pacto de Lemos cunha oficina
I+B cuxa cobertura correspóndese cos doce concellos do territorio máis a comarca de
Sarria.Ademais conta coa seguinte rede de servizos:
Rede de Servizos
Oficinas I+B Escolas Infantís Centros de Día CIM
Bóveda
Carballedo
Chantada 1 1 1
Folgoso do Courel
Monforte de Lemos 1 1 1
Pantón 1 1
A Pobra de Brollón 1
Quiroga 1 1
Ribas de Sil
O Saviñao
Sober
Taboada 1
Pacto de Lemos 1 4 4 3
% Pacto /Lugo 25% 44% 44% 30%
Lugo 4 9 9 10
% Lugo /Galicia 22% 11% 24% 13%
Galicia 18 84 38 78
A cobertura do Pacto de Lemos, en canto a servizos de benestar promovidos polo
Consorcio, é bastante axeitada. Conta co 44% das escolas infantis e dos centros de día
provinciais e co 30% dos centros de información á muller existentes na provincia.
Existe tamén o servizo de Xantar na Casa, promovido polo Consorcio de Igualdade e
Benestar, coa finalidade de proporcionar alimentación equilibrada e personalizada ás persoas
dependentes, dar apoio as familias e, o mesmo tempo, previr, detectar situacións de risco e
facer seguimento da calidade de vida deste colectivo. En Galicia, hoxe en día, hai un total de
83 concellos acollidos ao servizo, 20 dos cales atópanse na provincia, e deles no Pacto de
Lemos están acollidos: Folgoso do Courel, Monforte de Lemos, Pantón e Quiroga.
Respecto ás residencias para maiores, o Pacto de Lemos conta con sete en
funcionamento e unha de titularidade pública (SOGASERSO) a piques da súa apertura en
Monforte de Lemos. A Fundación Residencia San Rosendo de Taboada conta, ademais, cun
Centro de Día con 15 prazas dispoñibles.
A continuación amosamos as Residencias para a Terceira Idade, a súa titularidade, o
réxime de pago e o número de pazas dispoñibles tanto privadas coma concertadas coa Xunta
de Galicia.
Territorio 71

Camas
Réxime de Camas
Titularidade concertadas ou Concello
pago privadas
públicas
Privada con
Fundación Residencia Terceira Entre 481€ e
prazas 188 5 Chantada
Idade 961€ ao mes
concertadas
Privada con
75% dos Monforte de
Fogar San José prazas 116 4
ingresos Lemos
concertadas
Privada con
Monforte de
Residencia Virxe da Luz prazas 1.082€ mes 17 33
Lemos
concertadas
Residencia Terceira Idade de 75% dos Monforte de
Pública - 42
Monforte ingresos Lemos
Residencia de Maiores de 75% dos
Pública - 88 Quiroga
Quiroga ingresos
Privada con
Residencia Nosa Señora de
prazas 1.145€ mes 49 12 Sober
Sober
concertadas
1.154 € mes 54 camas máis
en habitación 21
Fundación Residencia San
Privada apartamentos ningunha Taboada
Rosendo 550€ mes en
dobres (42
apartamento
camas)
Total prazas 466 184 7
Fonte: www.residencias-ancianos.es

Das sete residencias para maiores que existen no Pacto de Lemos hai dúas na comarca
de Chantada, unha na de Quiroga e catro en Monforte de Lemos, contando, entre todas elas,
cun total de 466 prazas de titularidade privada, 125 públicas e 59 prazas concertadas.
Aínda que hai un bloque informativo dedicado exclusivamente á poboación, adiantamos
que actualmente o 35% da poboación é maior de 64 anos (19.420 persoas) e o 29% maior de
70 anos (16.090 persoas) e os índices de envellecemento e sobreenvellecemento son moito
máis elevados no Pacto de Lemos que na provincia ou na comunidade.
Existe, ademáis, no barrio do Morín (Monforte de Lemos) unha Residencia para á
Terceira Idade de titularidade pública (SOGASERSO), con plans de apertura dende primeiros
deste ano, que ofertará 180 prazas máis, así como 40 para o centro de día. Sumando esta
nova oferta pública, aínda non dispoñible, pasaríamos a dispor de 305 prazas de titularidade
pública para 19.420 persoas maiores de 64 anos.
Lévase tempo falando da posibilidade de rehabilitar para residencia da terceira idade o
antigo matadoiro da industria de chacinaría, preto de Monforte de Lemos, o cal pode ser unha
das vías de desenvolvemento económico nun contexto de especialización da cidade cara á
calidade de vida para este segmento de poboación.
Respecto ao resto de equipamento de benestar, existen unha serie de asociacións
asistenciais con ámbitos de traballo variado: rehabilitación e prevención de drogas e alcohol,
discapacitados psíquicos ou físicos, apoio as familias on enfermidades como alzheimer,
fibromialxia, reumáticas, etc. Asemade, asociacións de voluntariado coma Cáritas Diocesana
ou Cruz Vermella que colaboran cos servizos asistenciais dos concellos e cobren moitas das
demandas existentes no eido da atención a grupos socias en risco de exclusión e no limiar da
pobreza.
A continuación reflectimos as asociacións sen ánimo de lucro situadas no Pacto de
Lemos, o lugar da súa sede, e os seus obxectivos asistenciais:

Asociacións de Benestar Enderezo Concello


ASDEME Chantada Chantada
Asociación Familiares Enfermos de
Chantada Chantada
Alzheimer
Asociación de Alcohólicos
Chantada Chantada
Rehabilitados
Territorio 72

Asociación AGORA Monforte de Lemos Monforte de Lemos


Asociación PRODEME-ABRENTE Monforte de Lemos Monforte de Lemos
Asociaciación ALBORES Monforte de Lemos Monforte de Lemos
Asociación AUXILIA Monforte de Lemos Monforte de Lemos
Confederac. Galega MInusválidos
Monforte de Lemos Monforte de Lemos
(COGAMI)
Asociación Alcohólicos Rehabilitados Monforte de Lemos Monforte de Lemos
Instituto Municipal de
Monforte de Lemos Monforte de Lemos
Drogodependencias
ASDEME conta en Chantada cun centro ocupacional para a atención de persoas con
discapacidade intelectual, e ten o seu ámbito de influencia en toda a comunidade galega. Na
actualidade dispón de 15 prazas residenciais e dun Centro ocupacional con 39 usuarios.
Existen dúas asociacións sen ánimo de lucro, de alcohólicos rehabilitados, unha en
Chantada e outra en Monforte cunha influencia municipal.
AGORA asiste aos discapacitados físicos cun ámbito de actuación autonómico, conta en
Monforte de Lemos cun centro de día con 30 prazas e 8 vivendas tuteladas.
A Asociación PRODEME-ABRENTE dedicada á atención e integración de persoas con
discapacidade intelectual, cun ámbito de actuación autonómica, conta en Monforte de Lemos
con 79 prazas residenciais e ó redor de 85 usuarios. Para finais do presente ano, está previsto
sumar a esas prazas 6 vivendas tuteladas e 4 máis, en réxime de alquiler. Nas súas
instalacións hai que contar cunha granxa de gando vacún, e unha tenda na que se
comercializan as carnes e os produtos alí elaborados.
A Asociación ALBORES, xestora dun Centro de Rehabilitación Psicosocial de persoas
con enfermidades mentais crónicas, con 25 usuarios nestes momentos.
A Asociación AUXILIA, destinada á prestación de actividades socioculturais e lúdicas
para persoas con discapacidade física e enfermos crónicos cara á inserción social da
poboación das comarcas de Terra de Lemos e Quiroga, e que na actualidade conta con 35
usuarios.
A Asociación COGAMI ten como finalidade a integración social das persoas con
discapacidade física e cun ámbito autonómico.
A Unidade de Asistencia de Drogodependencia (UAD Monforte) ten un ámbito de
actuación sanitario dividido en dúas áreas; a área de Monforte que abrangue 11 concellos
pertencentes ao Pacto de Lemos e a área do Barco de Valdeorras na que atópanse 9
concellos. Ten fins preventivos con campañas informativas, formativas e fins asistenciais en
coordinación cos centros socio-sanitarios de tratamento de desintoxicación e apoio as familias.
3.8.3. Equipamento educativo e cultural
Neste epígrafe listaremos os recursos formativos cos que conta o Pacto de Lemos no
ensino regrado, tanto de titularidade pública coma privada, asi como a oferta para formación en
música e danza e os museos do territorio.
Equipamentos Educativos Parroquia Concello
CEIP Rosalía de Castro Bóveda Bóveda
CEIP Xosé Luis Taboada Carballedo Carballedo
Escola Infantil “O Parque” Chantada Chantada
Centro de Preescolar Chantada Chantada
CEIP Eloisa Rivadulla Chantada Chantada
CEIP Xoán de Requeixo Chantada Chantada
IES Lama das Quendas Chantada Chantada
IES Val do Asma Chantada Chantada
CEIP de Seoane do Courel Folgoso do Courel Folgoso do Courel
Gardería Infantil Caixa Galicia Monforte de Lemos Monforte de Lemos
Gardería Infantil Cooperativa Xacas Monforte de Lemos Monforte de Lemos
Gardería Infantil Parruliños Monforte de Lemos Monforte de Lemos
C.P. Educación Especial Infanta Elena Monforte de Lemos Monforte de Lemos
CEIP A Gándara Monforte de Lemos Monforte de Lemos
CEIP Colexio Novo Monforte de Lemos Monforte de Lemos
Colexio Concertado Ferroviario Monforte de Lemos Monforte de Lemos
Territorio 73

Colexio Concertado Divina Pastora Monforte de Lemos Monforte de Lemos


Colexio Concertado Padres Escolapios Monforte de Lemos Monforte de Lemos
IES A Pinguela Monforte de Lemos Monforte de Lemos
IES Daviña Rei Monforte de Lemos Monforte de Lemos
IES Río Cabe Monforte de Lemos Monforte de Lemos
Escola Oficial de Idiomas Monforte de Lemos Monforte de Lemos
UNED Monforte de Lemos Monforte de Lemos
Aula Mentor Daviña Rei Monforte de Lemos Monforte de Lemos
Unidade Acción Formativa Monforte de Lemos Monforte de Lemos
Centro de Formación e Experimentación
Monforte de Lemos Monforte de Lemos
Agroforestal
Centro Cinexético de Tor Tor Monforte de Lemos
CEIP Doutor López Suárez O Saviñao O Saviñao
CEIP de Currelos Currelos O Saviñao
CEIP Monte Baliño Pantón Pantón
Gardería Infantil Pantón Pantón
CEIP da Pobra do Brollón Pobra do Brollón A Pobra de Brollón
Gardería Municipal Quiroga Quiroga
CEIP de Quiroga Quiroga Quiroga
IES de Quiroga Quiroga Quiroga
CEIP de San Clodio San Clodio Ribas do Sil
Gardería Infantil Sober Sober
CEIP Virxe do Carme Sober Sober
Escola de Hostalería Belarmino Fernández Rosende Sober
CEIP Santó Tomé de Carballo Taboada Taboada
Gardería Infantil Taboada Taboada
O Pacto de Lemos conta con catro escolas infantís da Rede Galiña Azul (Galescolas),
cun CEIP en cada concello (agás Chantada, Monforte de Lemos e O Saviñao que contan con
dous), seis IES nas cabeceiras de comarca (tres en Monforte, dous en Chantada e un en
Quiroga) ademáis dunha oferta importante de garderías e colexios concertados.
Ademais, oferta un Colexio de Educación Especial, unha escola Oficial de Idiomas, un
Centro de Formación e Experimentación Agroforestal, un Centro Cinexético, unha Escola de
Hostalería, unha Unidade de Acción Formativa, unha delegación da UNED, un Conservatorio
de Música e un IES con Aula Mentor. Existe tamén no Pacto de Lemos, a Fundación Centro
Superior Cinexético e Piscícola de Galicia destinada a fomentar a conservación e a
investigación das especies faunísticas vinculadas á caza e á pesca, e a favorecer a
conservación das paisaxes rurais tradicionais e do medio natural (hoxe en día atópase cun
anuncio de embargo por parte da Axencia Tributaria levándose a cabo unha auditoría
económico-financeira, ambiental e patrimonial).
Como podemos observar, a oferta educativa é ampla e variada e, en xeral, maior ca
demanda en todos os niveis académicos.
As ofertas formativas dos ciclos medios e superiores de FP e a análise do alumnado de
secundaría farase, polo miúdo, no bloque do informe dedicado ás Políticas Activas de
Emprego.
Na táboa seguinte facemos mención aos equipamentos culturais máis relevantes, aínda
que o Pacto conta con numerosas asociacións culturais con fins variados coma o patrimonio, a
ecoloxía, a micoloxía, a música filharmónica, o cine, etc. ; asemade, con sociedades
deportivas e culturais de pesca, caza, tiro, cabalos, fútbol, piragüismo, golf, bridge; clubes
fluviais, polideportivos, Sala de Exposicións Sargadelos, casas de cultura, terceira idade e
mocidade en moitos dos concellos como podemos consultar na Guía de Recursos da nosa
páxina web.
Equipamentos Culturais Parroquia Concello
Escola Municipal de Música e Danza Chantada Chantada
Escola Municipal de Música e Danza Monforte de Lemos Monforte de Lemos
Conservatorio Mestre Ibáñez Monforte de Lemos Monforte de Lemos
Edificio Multiusos Monforte de Lemos Monforte de Lemos
Museo de Arte Sacro As Clarisas Monforte de Lemos Monforte de Lemos
Territorio 74

Pinacoteca Colexio da Compañía Monforte de Lemos Monforte de Lemos


Centro de Interpretación do Viño Monforte de Lemos Monforte de Lemos
Museo do Ferrocarríl Monforte de Lemos Monforte de Lemos
Museo Pazo de Tor Tor Monforte de Lemos
Museo Etnográfico Quiroga Quiroga
Museo Etnográfico Fundación Xoán de Forcados Fión O Saviñao

3.9. Entidades supramunicipais


Facemos a continuación unha breve mención acerca das institucións que posúen un
carácter supramunicipal e que teñen incidencia no territorio, destacando figuras como o partido
xudicial, fundacións comarcais, os grupos de desenvolvemento local (GDR), o consorcio, a
mancomunidade, os consellos reguladores, e outras asociacións voluntarias dos concellos do
Pacto de Lemos.

3.9.1. Partidos xudiciais


O partido xudicial é unha entidade supramunicipal con personalidade xurídica propia,
constituída por concellos contiguos da mesma provincia, e localizados na cabeceira do Partido
Xudicial na que se atopan un ou varios Xulgados de Primeira Instancia e Instrucción.

No Pacto de Lemos hai dous Partidos Xudiciais: Partido Xudicial de Chantada (que
abrangue os concellos de Antas de Ulla, Carballedo, Chantada, Monterroso, Palas de Rei,
Portomarín e Taboada) e o Partido Xudicial de Monforte de Lemos (que abrangue os concellos
Territorio 75

de Bóveda, Folgoso do Courel, Pantón, A Pobra de Brollón, Quiroga, Ribas de Sil, O Saviñao,
Sober).
No Partido Xudicial de Chantada hai un Xulgado de 1º Instancia e Instrución e no Partido
Xudicial de Monforte de Lemos hai dous Xulgados de 1ª Instancia e Instrución. O Xulgado de 1ª
Instancia e Instrución de Chantada e o Xulgado de 1ª Instancia e Instrución número 2 de
Monforte de Lemos, con competencia en materia de violencia de xénero.
Respecto a Xulgados de Paz, cada concello onde non hai Xulgado de 1ª Instancia e
Instrución conta cun Xulgado de Paz; é dicir, hainos en: Bóveda, Carballedo, Folgoso do
Courel, Pantón, A Pobra de Brollón, Quiroga, Ribas de Sil, O Saviñao, Sober e Taboada

3.9.2. Oficinas de Emprego


No Pacto de Lemos atópanse dúas oficinas do INEM, unha en Monforte de Lemos que
ten a cobertura territorial natural da súa comarca máis a comarca de Quiroga e outra en
Chantada, cuxa cobertura esténdese a certos concellos das terras da Ulloa.
Distribución Oficinas de emprego Pacto de Lemos
Oficinas Localidade Concellos Persoal oficina
Monforte Bóveda, Folgoso do Courel, Monforte de Orientadores laborais:2
Terra de Lemos-Quiroga 982400108 Lemos, Pantón, A Pobra de Brollón, Persoal Xunta: 6
Quiroga, Ribas de Sil, O Saviñao e Sober. Persoal INEM: 4
Chantada Carballedo, Chantada e Taboada (Con Orientadores Laborais:2
982440542 respecto ao Pacto de Lemos), máis os Persoal Xunta: 4
Chantada- A Ulloa
concellos da Comarca da Ulloa (Antas de
Ulla, Monterroso e Palas de Rei). Persoal INEM: 3
Elaboración propia. Fonte: Oficinas Emprego do Pacto de Lemos. Xuño 2009.

No Pacto de Lemos hai dúas Oficinas, na provincia 11 e na comunidade 52. Lugo conta
co 21% das autonómicas e o Pacto co 18% das provincias

3.9.3. Fundacións Comarcais

Son Fundacións públicas dependentes da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural da


Consellería de Medio Rural, xurdidas no ano 1994 ao abeiro do Plan de Desenvolvemento
Comarcal para desenvolver o territorio comarcal a nivel económico e social dun xeito sostible, e
cuxo contido está hoxe a ser redefinido coa nova Lei de Desenvolvemento Comarcal.

Existen dúas Fundacións no Pacto; a Fundación para o Desenvolvemento Comarcal de


Terras de Lemos (Bóveda, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra de Brollón, O Saviñao e
Sober) e a Fundación Comarcal de Chantada (Carballedo, Chantada e Taboada) cuxo
Padroado está presidido polo Director Xeral de Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia, e
integrado polos alcaldes dos concellos e os axentes económicos máis salientables do territorio.
Territorio 76

Centro Comarcal Dirección Teléfono


Fundación Comarcal Expo-Lemos N-120-Km.519-2- Monforte 982416046
Fundación Comarcal Chantada Praza Do Cantón, 11-baixo-Chantada 982441181

3.9.4. Entidades supramunicipais do sector primario

Neste epígrafe imos mencionar as entidades supramunicipais que traballan no territorio


do Pacto de Lemos en relación ao sector primario, ben sexa cun territorio definido coma o
Consello Regulador da D.O Ribeira Sacra ou o Servizo de Extensión Agraria Distrito Forestal
VIII ou sen esa definición de territorio, coma o Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica ou
o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo .

Os Consellos Reguladores ordenan e son garantes de todo o proceso de elaboración,


nun caso do viño (baixo a D.O. Ribeira Sacra) e noutro da regulación que atinxe á produción
ecolóxica (ben sexa de sidra, mel, produtos derivados da castaña, carne de vacún..) ademais
de ter unha implicación directa na promoción e comercialización dos produtos ao seu abeiro.

Os que teñen as súas sedes dentro do Pacto de Lemos, son:


Denominación Concellos Teléfono
Subzona Amandi no concello de Sober; Subzona de Chantada:
Carballedo, Chantada e Taboada xunto con Portomarín e A
Peroxa (Ou); Subzona de Riberas do Miño: Pantón, O Saviñao e
C. Regulador D.O .Ribeira Sacra Sober ; Subzona de Ribeiras do Sil: Castro Caldelas, Nogueira de 982410968
Ramuín, A Teixeira, Parada de Sil (Ou); e subzona de Quiroga-
Bibiei: A Pobra de Brollón, Quiroga, Ribas de Sil e os ourensás de
A Pobra de Trives, Manzaneda
C. Regulador Agricultura Ecolóxica
Ed. Multiusos, Ronda Urbana, S/N - Monforte 982405300
Galicia (CRAEGA)
Bóveda, Carballedo, Chantada, Folgoso do Courel, Monforte de
Distrito Forestal VIII, Medio Rural.
Lemos, Pantón, A Pobra de Brollón, Quiroga, Ribas de Sil, O 982889119
Xunta de Galicia
Saviñao, Sober e Taboada
Centro de Investigacións Agrarias de
Mabegondo
Veiga, A Pobra de Brollón 982429105
Consellería de Medio Rural . Xunta
de Galicia

3.9.5. Grupos de Acción Local para o Desenvolvemento Rural.


A metodoloxía LEADER, cuxo nome remite ao concepto, trata de fomentar a ligazón
entre as actividades de desenvolvemento da economía rural, foi promovida pola Axencia
Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) dependente da Consellería de Medio Rural da
Xunta de Galicia para xestionar os fondos de cohesión europeos dende o ano 1994. No que
atinxe ó Pacto de Lemos, o primeiro programa desenvolveuse no período 1994-99 baixo o
nome de Leader II, fora do ámbito temporal do noso estudo. O seguinte programa 2000-2006,
chamado Leader + , contou con dous grupos no Pacto de Lemos; O Leader +5 Riberia Sacra
Lucense que abrangaba os concellos de: Carballedo, Chantada, Monforte de Lemos, Pantón, O
Saviñao, Sober e Taboada, xuntos cos lucenses de Paradela e Portomarín e o Leader+ 9 Rio
Lor, nos que se atopaban os concellos de Bóveda, Folgoso do Courel, A Pobra de Brollón,
Quiroga, Ribas de Sil, máis O Incio e Samos.
Na actualidade estanse a desenvolver os Grupos de Desenvolvemento Rural para o
período 2007-2013, nos cales o territorio do Pacto de Lemos queda dividido como sigue:
Concellos Enderezo Teléfono
Asociación Bóveda, Monforte de Lemos, Avda. de Galicia s/n 982424261
Desenvolvemento Pantón, A Pobra de Brollón, Rubián 27350 http.//grupogdr8@yahoo.es
Territorio 77

Rural Ribeira Sacra Quiroga, Ribas de Sil, O Saviñao,


Bóveda
GDR #8 Sober.
Asociación Carballedo, Chantada, Taboada,
Desenvolvemento xunto con os concellos lucenses Praza de España, 11
Rural Miño-Ulloa de Antas de Ulla, Monterroso, 27500 Chantada
GDR #7 Palas de Rei, e Portomarín
Folgoso do Courel xunto con os
Asociación
concellos lucenses de Baralla, Rúa de Bolaño Mundo
Desenvolvemento 982360824 / 606035964
Becerreá, Cervantes, Navia de s/n, edificio San Xoán,
Rural Os Ancares-O http.//gdr5ancarescourel@gmail.com
Suarna, As Nogais, Piedrafita do 27640 Becerreá
Courel GDR #5
Cebreiro
Todos eles teñen definidos xenericamente os seus obxectivos e o fondo presupostado
para dinamización do sector agrario e forestal, mellora do medio ambiental e do contorno rural,
a diversificación da economía rural e mellora da calidade de vida.

3.9.6. Outras entidades supramunicipais


A actual Lei De Administración Local recolle outros tipos de agrupamentos de carácter
voluntario entre os concellos como as mancomunidades e consorcios. Hoxe en día, por debaixo
da Xunta de Galicia, existen 454 administracións: 4 deputacións, 315 concellos, 53 comarcas,
18 fundacións 43 mancomunidades e 21 consorcios locais configuran o armazón administrativo
territorial da comunidade galega; o que ben sendo 1 ente local por cada 6.000 habitantes, ou
dito doutro xeito, 1 ente local por cada 64 km 2. De novo a Galicia atlántica e a Galicia interior
amosan grandes diferenzas; mentres que nas provincias de A Coruña e Pontevedra o 90% da
poboación está mancomunada, no caso de Lugo redúcese só a un terzo dos residentes
provinciais.
As mancomunidades galegas teñen como finalidades principais a prevención e extinción
de lumes, a recollida e tratamento do lixo, o fomento do turismo, o abastecemento de auga, e a
xestión de actividades culturais e sociais, entre outras.
A seguinte táboa resume as distintas entidades supramunicipais que operan no Pacto de
Lemos, a definición do territorio obxecto das súas competencias e as súas finalidades
principais.
Outras entidades supramunicipais do Pacto de Lemos
Entidade Concellos afectados Finalidade
Desenvolvemento sostible no rural,
Instituto Lucense de
agropecuario; apoio á investigación e a
Desenvolvemento Económico e
Todos os concellos de Lugo PEMES; promoción da artesanía,e o
Social (INLUDES). Deputación de
turismo; promoción do emprego, da
Lugo
igualdade e da Formación ocupacional.
Carballedo, Chantada, Monforte de Lemos,
Quiroga, Ribas de Sil, Pantón, A Pobra de
Brollón, O Saviñao, Sober e Taboada xunto
Consorcio de Turismo da Ribeira con os concellos ourensáns de Castro Desenvolver o Plan de Dinamización
Sacra Caldelas, Esgos, Montederramo, Nogueira de Turística
Ramuín, Parada de Sil, Paradela, A Peroxa.
Portomarín, A Teixeira, Xunqueira de
Espadañedo
Carballedo, Chantada, Folgoso do Courel,
Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra de
Consorcio Galego de Igualdade e
Brollón, Quiroga e Taboada, xunto con 38 Prestación Servizos Sociais
Benestar
concellos máis de Lugo e 221 do resto da
comunidade
Promoción social, xestión de servizos
Carballedo, Pantón xunto con Nogueira de
Consorcio Os Peares municipais, recollida de residuos
Ramuín e A Peroxa de Ourense
sólidos urbanos
Fomentar a nivel municipal a
Fondo Galego de Cooperación e
Monforte de Lemos solidaridade e cooperación
Solidaridade
internacional
O. A. Administrativo Inst. M. Comarca de Terra de Lemos, Chantada e do Prevención e tratamento da drogo-
Drogodependencia Barco de Valdeorras dependencia
Axenda 21 de Desenvolvemento Cooperación transfronteriza e
Monforte de Lemos e 17 cidades do nordeste
Sostible do Eixo Atlántico Noroeste desenvolvemento sostible das cidades
de Galicia e norte de Portugal
Peninsular membros
Territorio 78

Asociación Galicia Interior. Eixo Monforte de Lemos, O Barco de Valdeorras e


Camiños de Innovación
Atlántico Sarria
Asociación Galicia Central. Eixo Monforte de Lemos, Melide, Lalín e O
Concellos Eficientes
Atlántico Carballiño
Asociación de Concellos Saúdables Chantada Hábitos de vida saudables
Recuperar o patrimonio histórico xudeu
Rede de Xuderías de España. Monforte de Lemos, Rivadavia, Hervás,
dos concellos pertencentes á Rede de
Asociación Sefarad Oviedo, Cáceres, Toledo, etc.
Xudería de Sefarad
Mancomunidade de Asociación de
Comarca de Quiroga e Terra de Lemos Xestión administrativa das CC.MM.
Veciños de Montes de Man Común
Fonte: http://servicios.web.meh.es / Páxinas Web dos concellos

3.10. Conclusión da análise territorial


 Localización espacial
O Territorio do Pacto de Lemos atópase ó sur da provincia de Lugo. Linda ao norte coas
comarcas lucenses de A Ulloa, Lugo, Sarria e Os Ancares, ó leste co Bierzo na Comunidade
de Castela-León e Comarca de Valdeorras (Ourense), ó sur coas comarcas ourensáns de
Terra de Trives, Terra de Caldelas, Ourense, e O Carballiño a través do límite natural do río Sil
e péchase ó oeste coa Dorsal Galega da Serra do Faro, límite natural coa Comarca de Deza
(Pontevedra).
O Territorio do Pacto Territorial de Lemos, posúe unha extensión de 1.980,6 Km2, que é
o 20% do territorio da provincia de Lugo (9.856,1 Km2) e o 7% de Galicia (29.574,4 Km2).
O Pacto Territorial de Emprego de Lemos está constituído por tres comarcas: Comarca
de Chantada, Comarca de Quiroga e Comarca de Terra de Lemos. A Comarca de Chantada
ten tres concellos: Carballedo, Chantada e Taboada; a de Quiroga outros tres: Folgoso do
Courel, Quiroga e Ribas de Sil e a de Terra de Lemos seis concellos: Bóveda, Monforte de
Lemos, Pantón, A Pobra de Brollón, O Saviñao e Sober.

 Modelo de asentamento
O modelo de asentamento da poboación no das rexións atlánticas de Europa Occidental,
caracterízase por un elevado grao de dispersións e atomización. Da conta deste tipo de
asentamento as súas tres comarcas, 12 concellos, 265 parroquias, 1.912 entidades singulares,
342 núcleos de poboación e 1.601 lugares diseminados.
Atendendo á dimensión destas entidades singulares, o noso territorio caracterízase por
un marcado carácter ruralista (segundo o INE ás entidades con menos de 2.000 habitantes),
pois o 99,9% (1.910 das 1.912) das entidades singulares teñen menos de 2.000 habitantes. A
isto súmase o núcleo semiurbano (entidades de 2.000 a 10.000 hab.) da capitalidade de
Chantada, constituído por 4.311 persoas, e un núcleo claramente urbano (entidades >10.000
hab.) localizado en Monforte de Lemos con 16.322 habitantes (o 29,43% do total de poboación
do Pacto), o que reforza o seu elemento diferenciador dentro do territorio.
O proceso de despoboamento do rural é, especialmente, grave na provincia e no Pacto
de Lemos; así segundo o Informe do IGE 2007, en Lugo contabilízanse o 20% do total español
con 524 aldeas sen unha soa alma e no Pacto de Lemos o 25% das da provincia, con 130
aldeas totalmente despoboadas.

 Características morfolóxicas
Orográficamente é unha rexión definida pola gran depresión do Val de Lemos, rodeada
de pequenas cadeas montañosas que dan paso ás chairas intermedias que se atopan
circundadas pola Dorsal Galega ao oeste, a Serra do Oural ao norte, a Serra do Courel ao
nordeste e ao sur, os canons do río Sil que o separa de Ourense. A chaira de Chantada, vese
Territorio 79

cruzada NS polo río Miño formando fortes pendentes nas ladeiras e grandes desniveis
producidos pola erosión da súa rede fluvial tributaria.
A climatoloxía caracterízase por un clima atemperado atlántico húmido con influencias
continentais, caracterizado por temperaturas suaves e abundantes precipitacións. As cadeas
montañosas da Serra do Faro e do Cordal do Courel, pola súa orientación e disposición de
relevo, actúan coma unha barreira para os ventos e alonxa ó territorio da influencia das masas
de aire húmidas e cálidas procedentes do mar o que fai que, en xeral, a climatoloxía do
Territorio do Pacto sexa oceánica na súa variedade continental. A súa variedade orográfica
correspóndese cunha variedade climatolóxica na que podemos atopar áreas de influencias
marcadamente continentais, eurosiberianas, de montaña e mesomediterraneo.
A depresión do Val de Lemos caracterizase por solos de gran capacidade desenvolvidos
sobre materiais sedimentarios constituídos por roxa de madre arxilosa. As chairas de transición
por terreos franco areosos feblemente ácidos de textura solta e non pedregosa. A chaira de
Chantada é de granito e calcoesquistos. As áreas erosionadas da cunca do Miño e do Sil
presentan nas zonas de Chantada, ribeiras de Miño e ribeiras do Sil, solos esqueléticos pola
súa condición granítica e nas zonas de Amandi e en partes da ribeira do Sil, solos aluviais
sobre base de lousa. O Courel ten un subsolo composto por lousa, cuarcita amoricana,
calcáreas e areiscas ferroginosas.

 Recursos naturais e enerxéticos


Os recursos xeolóxicos cómpre observalos dende a dobre perspectiva da súa
unicidade xa que na serra do Courel contase con espazos de grande interese xeolóxico, coma
son o pregamento sinclinal do Campodola-Leixazós declarado de interese europeo: PIG LU-10
(Pacios da Serra-Hospital, Quiroga), a estrutura de cuarcita amoricana do Val do Soldón: PIG
LU-11, a morfoloxía glaciar con circos coma o da Lagoa da Lucenza do Pleistoceno (A Seara,
Quiroga), cordóns morénicos nos vales da Seara, Viveiros (Quiroga) e Visuña (Folgoso do
Courel), fósiles ediacáricos no val do Lóuzara, etc. Un dos factores máis destacados neste
campo é a existencia de xacementos fósiles do período Precámbrico, a etapa máis longa e
máis antiga da historia do planeta rematada hai 570 millóns de anos, xa que só se coñcen 41
xacementos no mundo. E dende a perspectiva da súa riqueza mineira, fálase do potencial que
lle proporciona a existencia dunha enorme veta de lousa que percorre a serra do Courel, cara
a Ourense e Portugal, e que é considerada unha das maiores reservas de lousa de calidade de
toda Europa. O equilibrio sostible entre as dúas potencialidades é necesario para calquera
acción que se pretenda acometer no futuro.
A especial orografía do territorio cos seus encaixados ríos, fan del unha das zonas de
máis recursos en enerxía hidráulica da Comunidade. Galicia aporta, segundo o Informe 2008
da Rede Eléctrica Española, o 21,22% da produción de enerxía hidráulica ao territorio español
e un saldo de intercambio negativo; é dicir, Galicia é exportadora de enerxía eléctrica.
O Pacto de Lemos aporta a Galicia o 22,06% da produción total galega de enerxía
eléctrica; algo máis do total exportado pola comunidade. Respecto a Lugo, o Pacto apórtalle o
100% da potencia xerada polas grandes centrais e case o 40% da produción das minicentrais
lucenses.
Pola súa situación xeográfica cara aos frontes procedentes do océano Atlántico con
ventos dominantes en inverno de dirección suroeste, constantes e enerxéticos, Galicia,
segundo a Asociación Eólica de Galicia, sitúase coma a cuarta potencia eólica europea, por
detrás de Alemania, resto de España, e Dinamarca e a sexta do mundo, precedida por EE.UU.
e India. No Pacto de Lemos só existen parques eólicos na Serra do Faro e só representa o
3,19% da do conxunto da comunidade. A pesar da riqueza forestal e da potencialidade en
enerxía solar e xeotérmica, non existe ningún aproveitamento da biomasa, solar ou xeotérmica
no Pacto de Lemos nestes intres.
Territorio 80

Segundo o Terceiro Inventario Forestal Nacional, en Galicia “nestes momentos e dentro


da Unión Europea, tan só Suecia e Finlandia sobrepasan a porcentaxe de superficie arboada
do 48% que posúe Galicia…….;.de tal xeito que é doado comprender por qué o sector forestal
adquire a categoría de estratéxico cando se fala do futuro da nosa Comunidade” . Tamén
segundo as mesmas fontes, en Galicia a superficie forestal representa o 69% , fronte o 28%
de superficie agrícola, e 0 3% de outros usos; superficie forestal que supón o 3,5% do PIB da
Comunidade. A superficie arbórea de Galicia supón o 48% do territorio da Comunidade
Autónoma, estando na provincia de Lugo unha terceira parte do total. Dentro da provincia, o
Pacto de Lemos posúe o 22% do total forestal lucense.
 Hábitats naturais e espazos protexidos
As áreas estratéxicas de conservación con superficie no territorio do Pacto de Lemos
son:
• Espazos Naturais en réxime de protección xeral en Os Ancares-O Courel cun total de
102.562 ha. (Folgoso do Courel, A Pobra de Brollón, Quiroga e Ribas de Sil no Pacto
de Lemos).
• Lugares de Interese Comunitario LIC:
o Monte Faro cun total de 713 ha. (Carballedo e Chantada no Pacto de Lemos).
o Canóns do Sil cun total de 5.914 ha. (Pantón e Sober no Pacto de Lemos).
o Río Cabe ha. 1.576,53 ha. (Bóveda, Monforte de Lemos, A Pobra de Brollón,
Pantón e Sober no Pacto de Lemos).
• Proposta de espazos protexidos nas DOT:
o Charca de Pumar en Sober.
o Montefurado en Quiroga.
o Carballeira de Cartelos en Carballedo.
o Desembocadura do Búbal en Carballedo.
Ademais no Espazo Natural en réxime de protección xeral, existen outras figuras de
protección no Courel:
• Zona de Especial Protección de Valores Naturais.
• Zona de Especial Protección para o oso pardo (Ancares; 12,140 ha.).
• Zona de Especial Protección para Aves (ZEPA ES0000374, Ancares; 12.564 ha.).
• Reserva Nacional de Caza dos Ancares de Lugo (8.286 ha.).
• Paisaxe pintoresca.

 Árbores senlleiras e Árbores Monumentais:


No territorio do Pacto de Lemos están catalogadas 26 árbores senlleiras e 19 árbores
monumentais.
 Aldeas de interese etnográfico:
Aldea da Grixoá (Chouzán, Carballedo), Aldea da Matanza (Furco, Carballedo), Belesar
(Chantada), Froxán, Seceda, Vilamor (Folgoso do Courel), Parada de Montes e Vilachá (A
Pobra de Brollón).

 Recursos Patrimoniais
• Pegadas do megalitismo fundamentalmente de necrópoles tumularias, mámoas e
medorras: 8 en Bóveda, 5 en Carballedo, 2 en Chantada, 5 en Monforte de Lemos, 6
Territorio 81

en Pantón, 6 na Pobra de Brollón, 11 en Quiroga, 2 Ribas de Sil, 12 no Saviñao, 9 en


Sober, 9 en Taboada.
• Pegadas da Idade de Bronce: pezas de ourivería, armas, petróglifos: 5 en Chantada,
2 en Pantón, 1 na Pobra de Brollón, 1 no Saviñao, 21 en Sober, 1 en Taboada.
• Castros da Idade de Ferro moitos deles romanizados posteriormente: 11 en Bóveda,
12 Carballedo, 23 en Chantada, 19 en Folgoso do Courel, 20 en Monforte de Lemos,
19 en Pantón, 13 na Pobra de Brollón, 43 en Quiroga, 5 en Ribas de Sil, 34 no
Saviñao, 23 en Sober, 20 en Taboada.
• Vestixios romanos: complexos residenciais en Carballedo, Pantón e Sober; pontes en
Monforte e Quiroga; calzadas en Chantada, O Saviñao e Sober; minas e lavadoiros en
Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil; aras, e sartegos en Carballedo, Pantón e
Sober.
• Vestixios prerománicos: cenobios en Carballedo , Chantada, Pantón, O Saviñao e
Taboada; sepulturas antropomorfas en Chantada, Pantón e Taboada; sartegos no
Saviñao e Taboada.
• Igrexas románicas S.XII e XIII de gran valor artístico: 5 en Carballedo, 3 en Chantada,
1 Monforte de Lemos, 8 en Pantón, 2 en Ribas de Sil, 5 no Saviñao, 3 en Sober e 2 en
Taboada; 6 delas Monumentos Nacionais. En peor estado de conservación 3 en
Carballedo, 3 en Chantada, 2 no Saviñao, 2 en Monforte, 1 en Sober.
• Arquitectura militar dos séculos XII e XIII en Bóveda, Carballedo, Chantada, Folgoso
do Courel, Monforte de Lemos, Pantón, Quiroga, Ribas de Sil, O Saviñao e Taboada.
• Arquitectura relixiosa dos séculos XV, XVI, XVII, XVIII e XIX; igrexas, capelas, petos
de ánimas e cruceiros: 21 en Bóveda, 47 en Carballedo, 16 Chantada, 6 en Monforte
de Lemos, 10 en Pantón, 8 na Pobra de Brollón, 45 en Quiroga, 4 en Ribas de Sil, 10
no Saviñao, 9 en Sober, 17 en Taboada.
• Arquitectura civil:
o Pazos, casas grandes e reitorais dos séculos XV, XVI, XVII, XVIII e XIX: 9 en
Bóveda, 16 en Carballedo, 17 en Chantada, 3 en Monforte de Lemos, 2 en
Quiroga, 6 en Ribas de Sil, 11 en Pantón, 3 na Pobra de Brollón, 12 no
Saviñao, 8 en Sober, 21 en Taboada.
o Ponte dos Picos en Monforte do S.XVII, Ponte de Ferro en Ribas de Sil do
S.XIX.
o Ferrerías dos séculos XVI, XVII e XVIII en Folgoso do Courel, Quiroga, A
Pobra de Brollón.
o Muíños de aceite en Quiroga e fariñeiros en toda a bisbarra.
• Conxunto histórico-artístico en Monforte de Lemos: Torre do Homenaxe S.XII-XIV,
muralla e portas (Alcazaba S.X-.S.XIII), Convento e Igrexa de San Vicente do Pino
(fachada renacentista do XVI e interior gótico de transición), Pazo dos Condes de
Lemos (reconst.SXVII), Ponte Romana (S.II), Ponte dos Picos (S.XVII), Colexio Nosa
Señora da Antiga (S.XVII), Convento Sta. Clara (S.XVII),Cruceiro do Campo de Santo
Antón (S.XVI), Museo de Arte Sacra en Monforte de Lemos con imaxinería policromada
barroca de Gregorio Fernández, Pinacoteca do Colexio da Nosa señora da Antiga con
cadros do Greco.
En conclusión, o patrimonio tanto inmaterial coma natural, material e paisaxístico, é de
inmensa riqueza. Cinguíndonos aos poucos elementos recollidos por Patrimonio e listados nas
fichas municipais de Caja España, no Pacto de Lemos atópase 1 de cada catro existentes na
Territorio 82

provincia de Lugo, e moitos deles, declarados monumentos. O estado de conservación e a


disponibilidade para visitas non da contan do seu inestimable valor.

 Aproveitamento do solo
A ausencia de ordenación do territorio é salientable no Pacto de Lemos: só Ribas de
Sil e Sober contan cun PXOM na actualidade, e en vías de redación en Chantada e Monforte
de Lemos. Asemade, recoñécese unha ausencia de definición do territorio, en fase de
elaboración a partir das propostas recollidas no DOT.
A calificación catastral do territorio é do 1,04% urbano, fronte ao 1,11% en Lugo e ao
2,81% en Galicia e rexístranse grandes diferenzas entre os concellos; Monforte ten o 4,07%,
Quiroga o 1,64%, Bóveda o 1,05%, Chantada o 1,04%.
En Galicia hai 229.360 casas baleiras, segundo o IGE 2001, en Lugo o 15% delas
(35.349) e no Pacto de Lemos, 4.649; o 13% das lucenses. Destaca Monforte de Lemos co
46%, Chantada co 22%, Taboada co 8% e Quiroga co 7% de casas baleiras sobre as totais no
Pacto.
No período 2000-2007 incrementáronse as licencias de obra en Galicia (4%), en Lugo
o 19%, mentres que no Pacto baixaron ata o -40%. Ao mesmo tempo, incrementáronse as
licencias de obra para rehabilitación en Galicia (11%), en Lugo (45%) e no Pacto o 6% e, de
novo, con grandes diferenzas entre os concellos: o 82% das licencias foron para rehabilitación
en Folgoso do Courel, fronte ao 53% en Pantón, o 50% en Bóveda, o 40% en Sober, o 33% na
Pobra de Brollón e o 28% no Saviñao. Os concellos de Carballedo e Taboada só fixeron unha
rehabilitación cada un no período de estudo.
No Pacto de Lemos hai 5 polígonos industriais, dispersos e atomizados, cunha
superficie total de 746.555 m2 e de 520.912 m2 ; con moitas diferenzas entre eles en canto a
contía de parcelas, superficie media de parcela, nivel de ocupación (en xeral, baixo), con
baixos niveis de equipamentos e infraestruturas, e cunha percepción de prezo moi elevada.
Asemade, existen plans de apertura para outros tres noutros tantos concellos.
En Monforte existe unha plataforma loxísitica intermodal, O Porto Seco,con pouca
actividade e sen conexións axeitadas coas principais redes viarias; cuxa segunda fase de
execución estase a retrasar continuamente, o mesmo que ocorre coa execución das conexións
coa N-120 e a estrada LU-933, chaves fundamentais para o futuro da plataforma.
O Índice de especialización industrial no Pacto de Lemos é de 7,14 para as dúas
actividades extractivas (códigos 10 e 14 do CNAE), do 4,11 para o código da industria de
preparación, curtido e acabado de coiro e artigos de zapatería, do 2,85 para á industria de
produtos alimenticios e bebidas, do 2,69 para a actividade de produción e distribución de
enerxía eléctrica, do 1,22 para a industria da madeira (agás mobles) e para a fabricación de
produtos metálicos (agás maquinaria de equipo) e do 1,10 para a fabricación de material
electrónico.
O Índice de especialización no sector servizospara o epígrafe de seguros e plans de
pensións é do 4,30; seguido de venda, mantemento e reparación de vehículos e venda de
combustible polo miúdo cun índice de 1,22; construción (1,18); transporte terrestre (1,16);
actividades diversas de servizos persoais (1,14 vs 1,10 en Galicia); comercio polo miúdo (1,09);
hostalaría (1,06). Cómpre salientar que en Galicia poucos índices superan a unidade.
A superficie forestal galega representa o 11% da superficie forestal a nivel nacional,
mentres que o territorio é só o 5,8%. A superficie forestal arborada supón o 48% do territorio
galego, atopándose unha terceira parte na provincia de Lugo, e no Pacto o 22% provincial. Por
outra banda e respecto a España, Lugo sitúase no cuarto lugar en importancia en canto á
produción de biomasa despois de Navarra, A Coruña, e Asturias. No Pacto de Lemos, o 66%
da superficie é forestal e dentro dela, atópase arborada o 65%; na provincia o 59% é forestal e
dentro dela o 70% é arborada; mentres que en Galicia é o 60% forestal e o 70% é arborada.
Territorio 83

A Comarca de Quiroga é a que posúe unha maior superficie forestal total: Folgoso o
89%, Quiroga o 87% e Ribas de Sil o 79%. Malia que considerando a superficie arborizada
dentro da total forestal, presenta desigualdades dentro da comarca: Quiroga só ten unha
superficie arborizada do 45%, Folgoso do 52% e Ribas de Sil, pola contra do 80%.
Os concellos que maior proporción de superficie arborizada sobre o total de superficie
forestal son, por orde: Pantón (92%), Sober (89%), A Pobra de Brollón (77%), Monforte de
Lemos (75 %), Taboada (75%) e Chantada (71%).
A estrutura da propiedade do monte galego fai que o 66% estea en mans privadas, o
33% xestionado polas comunidades de veciños de montes de man común, e só o 1% é de
titularidade pública. No Pacto de Lemos existen 197 comunidades de montes (21% das
provinciais), en Lugo 949 (30% das galegas) e na comunidade 3.151.
A comarca de Chantada é a que ten un ratio maior de superficie por comunidade de
montes, salientando o concello de Carballedo con só 3 comunidades e unha media de 2.268
ha. de superficie, seguido do de Chantada con 5 comunidades e un ratio de superficie de 1.590
ha.
As outras Comarcas e concellos atópanse preto da media provincial de ha/comunidade,
aínda que a media do Pacto (664) é superior á da provincia (612).
Os concellos por riba da media do Pacto de Lemos de ha/comunidade son por orde:
Carballedo (2.268), Chantada (1.049), O Saviñao (757), Folgoso do Courel (713), Bóveda
(703) e A Pobra de Brollón (674). No senso contrario, e de menos a máis: Ribas de Sil (335),
Taboada (518) e Monforte de Lemos (529).
Ningún concello dos que abrangue o Pacto de Lemos supera os 20.000 habitantes polo
que ningún conta con parque de bombeiros, nin público nin consorciado. No período 2001-2005
contabilizáronse 1.631 lumes con 8.186,34 ha. queimadas no Pacto de Lemos, fronte os 6.013
lumes e 22.017 ha. queimadas na provincia e os 51.902 lumes e 153.899,9 ha. queimadas na
comunidade. Os lumes do Pacto supoñen o 27% dos provinciais nos que se queimaron o 37%
da superficie queimada na provincia; en Lugo o 12% dos lumes e o 14% do territorio queimado
da comunidade. Neste período, as diferenzas entre concellos foi salientable. O Saviñao
contabilizou o 18% do total de lumes no Pacto nos que se queimaron o 19% da superficie total
queimada, Carballedo contabilizou o 14% dos lumes, nos que se queimou o 10% do total
queimado, Chantada contou co13% dos lumes mais só aportou o 2% da superficie queimada,
Quiroga contabilizou o 10% dos incendios e o 35% da superficie queimada, Ribas de Sil só
contabilizou o 6% dos lumes mais aportou o 13% de superficie queimada.
Respecto á SAU (Superficie Agraria Útil), Galicia ten o 30% da súa superficie; a
provincia de Lugo ten un 34% de terreos agrícolas utilizados mentres que o Pacto de Lemos só
ten unha superficie do 26%. A Comarca de Chantada é a que posúe unha maior proporción de
superficie agraria utilizada cunha media do 45%, tendo Taboada (47%) a maior proporción dos
tres concellos que á compoñen. A continuación están os concellos de O Saviñao (36%),
Bóveda (34%) e Monforte de Lemos (32%). No extremo contrario Quiroga (7%) Folgoso de O
Courel (7%), e Ribas de Sil (11%).
Respecto á proporción de terras de cultivo, os tres eidos son similares: Galicia o 15%,
Lugo e o Pacto de Lemos o 16%. Onde se atopa a diferenza é nos tipos de cultivos; Galicia
dedica aos cultivos herbaceos o 12%, aos leñosos e o 75% a outros; Lugo dedica o 34% a
cultivos herbaceos, o 7% a leñosos e o 3 a outros. No Pacto, o 13% son herbaceos, o 3
%leñosos e o 0,51% outros.
Dentro dos cultivos herbaceos, Galicia dedica o 12% a cereais de gran, o 77% a
foraxeiras, o 5% a tubérculos, o 0,76% a leguminosas e o 5% a hortícolas. Lugo, o 6% a
cereais de gran, o 88% a forraxeiras, o 3% a tubérculos o 0,51% a leguminosas, e o 3% a
hortícolas. Pola súa banda, o Pacto de Lemos dedica o 6% cereais de gran, o 88% a
forraxeiras, o 3% a tubérculos, o 0,21% a leguminosas e o 3% a hortícolas. Cómpre salientar a
Territorio 84

baixa dedicación aos tubérculos, xa que o Pacto de Lemos atópase dentro da indicación
xeográfica da pataca galega e ten grandes condicións climáticas e de solo para tanto ese
cultivo, coma para os hortícolas.
Dentro dos cultivos leñosos, Galicia dedica o 16% ás froiteiras, 40% aos castiñeiros, e
44% ao viñedo; Lugo o 18% ás froiteiras, o 66% aos castiñeiros, e o 16% ao viñedo e o Pacto
de Lemos dedica só o 9% ás froiteiras, o 57% aos castiñeiros e o 33% ao viñedo.
O nacemento da Denominación de Orixe Ribeira Sacra supuxo un pulo decisivo na
profesionalización do sector vinícola e na difusión e coñecemento dos viños elaborados o seu
amparo. A orixe da D.O. Ribeira Sacra atopámola aló pólo ano 1993, data na que se aproba o
regulamento de Viños da Terra. O despegue definitivo prodúcese no ano 1996 coa aprobación
definitiva da Denominación de Orixe. Asemesmo, créase un Consello Regulador de Ribeira
Sacra que se encarga de garantir a orixe do produto, asegurar a calidade do mesmo e
promocionar os vinos producidos o amparo da D.O..
A Denominación de Orixe Ribeira Sacra divídese en 5 subzonas: Amandi (35 bodegas),
Chantada (26 bodegas), Quiroga-Bibei (9 bodegas) , Ribeiras do Miño (17 bodegas) e Ribeiras
do Sil (11 bodegas). O 80% do superficie incluida na Denominación de Orixe atópase no Pacto
de Lemos.
O que atinxe aos prados, Galicia ten unha superficie do 15%, Lugo do 17% e o Pacto
só do 12%.
O Regadío do Val de Lemos, existe na comarca de Terras de Lemos un sistema de
regadío que ocupa 6.772 ha. cunha lonxitude de 150 km. nos concellos de Bóveda, Monforte
de Lemos, Pantón, a Pobra de Brollón e Sober. Hoxe en día atópase desvencellado en boa
parte, especialmente a canle dereita con edificacións por riba del e polo tanto con
imposibilidade de recuperación (14%) .
O 40% atópase utilizado para usos forestais, vías, ou diseminado, e o 46% da súa
superficie é aproveitada polas 273 explotacións gandeiras que existen na área do regadío (o
35% desa superficie o é en réxime de arrendamento, e aínda que o BANTEGAL está a
funcionar moi pouco na bisbarra, reúne a case 2.000 propietarios das parcelas do contono).
Cara un futuro próximo, o 14% das explotacións teñen intención de aumentar o negocio, fronte
ao 22% delas que pensan abandoar ou diminuir a producción. Deste grupo con plans de
abandono, o 53% quere dedicar a terra para uso forestal e o 10% abandonalas sen máis. Os
cultivos de millo forraxeiro (51%) e de pradería (48%) acaparan o 98% da superficie regada no
2007.
En Galicia hai 954.325 cabeza de vacún, en Lugo 444.411 (o 47% das galegas) e no
Pacto 57.890 (o 13% das provinciais). En Galicia hai 51.796 explotacións, en Lugo 17.962 (o
35% das autonómicas) e no Pacto 2.518 (o 14% das explotacións provinciais). A provincia é o
eido con máis cabezas de vacún por explotación, cunha media de 25; mentres a media do
Pacto, aínda que superior á galega (18), está por baixo da provincial, 23 cabezas/explotación.
A comarca de Chantada conta co 50% das explotacións e o 60,46% dos efectivos, e
unha media máis elevada (27) de efectivos por explotación, sendo o concello de Taboada o
que máis aporta á comarca en todo o conxunto. Síguelle en especialidade gandeira, o concello
do Saviñao co 14% das explotacións e o 17% de efectivos e unha media de 28 cabezas por
explotación.
Á vista de todos estos datos resulta unha obviedade o abandono que está a sofrir o
sector primario no Pacto de Lemos, a pesar das súas grandes potencialidades, de pertencer ás
áreas xeográficas indicadas para produtos con marchamo de calidade coma a pataca e a
castaña, do seu potencial hortícola e froiteiro, das case 5.000 ha. de regadío e da
potencialidade para desenvolver o mercado de agricultura e gandería ecolóxico.

 Infraestruturas e comunicacións
Territorio 85

O Pacto de Lemos ten unha posición central no territorio de Galicia o que lle da un
carácter estratéxico de distribución radial co resto dos concellos que o compoñen, asemade, é
a porta de entrada-saída de Galicia.
A rede viaria no Pacto de Lemos conta con dúas estradas de titularidade do Estado: N-
120 e N-540. Dúas vías de Alta Capacidade de titularidade mixta, Ministerio de Fomento e
Xunta de Galicia: CG-2.1 e CG-2.2. Dúas estradas pertencentes á Rede Primaria Básica: LU-
546 e LU-533; dúas pertencentes a Rede Primaria Complementaria, e 6 da Rede secundaria,
todas elas de titularidade autonómica. Monforte de Lemos é o centro do sistema radial de
estradas; agás a N-540 Guntín-Taboada-Chantada-Carballedo-Ourense de orientación N-S.
Coa configuración da malla viaria do ano 2006, o 37% da superficie galega atopábanse a
máis de 30 minutos dunha vía de alta capacidade. No caso do Pacto de Lemos, a maioría do
territorio atopábase no rango de entre 30´e unha hora, agás as zonas montañosas de O Courel,
A Pobra de Brollón e Quiroga que pasaban ao seguinte rango, de máis dunha hora de traxecto
para achegarse a unha vía de altas prestacións. O Plan de Mobilidade e Ordenación Viaria
Estratéxica 2009/2015 que substitue ao antigo Plan Director de Estradas, e segundo o máximo
responsable da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín
Hernández, o obxectivo é “situar ao 80% da poboación galega a menos de 10 minutos dunha
vía de alta capacidade” (El Correo Gallego.es 07/10/09)
Actualmente, atópanse en fase de execución de obra as conexións da CG-2.2, nos
treitos I, II, III nos enlaces coa A-6 e o roldo interior de Monforte que pretende enlazar coa N-
120 sen atravesar o núcleo urbano. Respecto a Rede de titularidade estatal, están en fase de
proxecto as A-76, paralela en trazado á N-120 e que unirá Ponferrada con Ourense pasando
por Monforte (onde terá acceso co Porto Seco) e a A-52 que terá un trazado coma o da N-540.
Conflúen en Monforte de Lemos dúas liñas: A Coruña-Palencia e Vigo-Ourense. Hoxe
en día, as conexións ferroviarias realízanse a través de ADIF, de vía única e ancho ibérico,
que en ningún caso permiten superar a velocidade media de 120 Km/hora, de tal xeito que a
duración da viaxe dende Monforte de Lemos a Madrid ou Bilbao é de 8 horas; 11 horas a
Barcelona, ó redor de 3 horas a Ferrol, A Coruña , Santiago ou Vigo, e 1 hora a Lugo ou
Ourense, é dicir, dobrase o tempo de viaxe en comparanza co transporte por estrada.
Considerando a frecuencia e os horarios de trens, é factible o seu uso para fins laborais
ou escolares para saír do Pacto de Lemos cara a Lugo ou Ourense, para vir cara a Monforte
dende Ourense (con apeadoiros en Pantón e Sober) e para vir cara ao Pacto dende
Ponferrada-Montefurado-San Clodio-A Pobra de Brollón-Monforte.
As posibilidades para o transporte colectivo por estrada no Pacto de Lemos son o
servizo regular de autobús, o servizo Tes+Bus (posibilidade de utilización do transporte escolar
para outros viaxeiros) e o servizo noite-bús.
Considerando os horarios e a frecuencia do servizo regular de autobuses, O Hospital
Comarcal conta con servizo axeitado as súas quendas cara a Lugo e ao Barco. Os horarios
cara a Lugo posibilita o seu uso para fins laborais ou escolares, non así cara traballar no Pacto,
agás o servizo do hospital. En xeral, os servizos son escasos e pouco convenientes para
achegar á xente da bisbarra aos centros de traballo ou escolares e, practicamente inexistentes
para a comunicación entre os concellos.
Existe un autobús urbano na cidade de Monforte de Lemos cun horario e frecuencia
axeitada para comunicar os dous extremos, Ribasaltas e Piñeira cos centros neurálxicos da
cidade.
O Servizo Tes+bus só funciona para os CEIP de dous colexios en Monforte, de un en
Quiroga, no Saviñao, e Sober e de tres para os IES de Monforte e do de Quiroga.
O servizo de noite-bus conta con 40 liñas en Lugo. 8 delas operan no Pacto de Lemos e
con saídas entre as 22 horas e a unha da mañá dende as parroquias do redor cara aos centros
de vida nocturna e volta entre as 03:30 e as sete da mañá. Destino Monforte hai 4 liñas de
Territorio 86

servizo dende as áreas de Monforte, Bóveda, A Pobra de Brollón, Pantón e O Saviñao. Unha
dende Carballedo a Chantada, que pode conectar coa que vai dende Chantada cara a Lalín
ou coa outra cara a Ourense. Asemade, unha dende Monforte vía Chantada e Carballedo cara
a O Carballiño.
Os fluxos do transporte colectivo por estrada e os comerciais reforzan a cohesión
territorial da bisbarra de Monforte dende os seus concellos próximos, e descohesionan á
comarca de Chantada que pibota cara Ourense (Carballedo e Chantada) e/ou Lugo (Taboada).
Así as áreas comerciais básicas son Lugo para todos os concellos agás Carballedo e
Chantada, cuxa área comercial básica é Ourense; do mesmo xeito que Monforte de Lemos e
subárea comercial para todos os concellos agás os tres da comarca de Chantada.
En canto á actividade comercial no período 2004-07, a variación foi positiva para
Galicia (+9%) e Lugo (+3%); mentres que para o Pacto foi decrecente nun -4%. Respecto a
porcentaxe que supón á actividade comercial, Lugo pasou de representar o 14% ao 13% da
actividade comercial galega e o Pacto pasuo de supoñer o 16% ao 15% da actividade
provincial. Os concellos cabeceiras de comarca foron os que máis actividade comercial
perderon, quizais pola influencia das áreas básicas comerciais e a implantación de grandes
superficies. Chama a atención o incremento da actividade comercial no Saviñao en +11puntos
no período.
Respecto ás infraestruturas de turismo, o Pacto de Lemos conta con 16 hoteis de
diferente categoría: dous catro estrelas (o Parador Nacional de Monforte de Lemos con100
prazas e o Balneario de Augas Santas con 217 prazas, en Pantón). 6 de dúas estrelas (dous
deles en Monforte) e 8 de unha, non existindo ningún de tres estrelas. Estes 16 hoteis
representan o 15,55% dos existentes na provincia e o 1,96% dos da comunidade, nunha
porcentaxe parella ao que representa a proporción da poboación residente no territorio, pero
que non fai pensar nun territorio dirixido ao turismo.
Conta así mesmo con 37 casas de turismo rural, o que supón que case unha de cada
catro da provincia áchase no Pacto (24,49%). Respecto o ratio de prazas/casas de turismo
rural, é moi similar nos tres eidos: 13 para o Pacto e a provincia e 12 para a comunidade.
No Pacto de Lemos hai, ademais, 25 pensións; dúas delas con 3 estrelas e unha
capacidade entre as dúas de 36 prazas; 11 pensións de dúas estrelas, e 12 de unha estrela.
Cómpre comentar o hotel que se está a facer en Sober, con previsión de ter un nivel de 5
estrelas gran luxo e unha capacidade para 84 prazas, e que ten prevista a súa inauguración
para o verán do 2013. Isto incrementaría salientablemente a oferta hoteleira de alto nivel, pois
de non abrirse ningún outro daquelas, o Pacto de Lemos tería o 50% da oferta de prazas de
hotel nas categorías de 4 e 5 estrelas e ningunha en 3 estrelas, agás as 36 prazas en
pensións desa categoría.
Respecto aos campamentos, a oferta no Pacto de Lemos só conta cun campamento en
Folgoso do Courel, con categoría de dúas estrelas e cunha capacidade de 148 prazas. Mentres
que na provincia hai 13 e 113 na comunidade. O complexo de Augas Mestas en Quiroga
áchase sen servizo e abandonado en boa medida.
O nivel de categoría e distintivos de calidade da oferta de aloxamentos de turismo rural
do Pacto de Lemos é bastante elevada en comparanza cos outros dous eidos. O Pacto conta
cunha porcentaxe máis elevada de certificacións de calidade Q, Galicia Premium e de Casas
Grandes e Reitorais e, pola contra, menos oferta en instalacións sen distintivo de calidade e
Casas de Labranza.
A modo de síntese, cómpre facer unha reflexión sobre o elevado estándar da oferta
hoteleira tanto en hoteis 50% de 4 e 5 estrelas (nun futuro próximo e se o escenario
permanece coma está) coma en turismo rural, e poñelo en relación coa oferta actual en termos
de comercio, restauración, oferta gastronómica, cultural, actividades complementarias ao
turismo, sinalización dos routeiros e accesos, posibilidades de visitas aos monumentos da arte
Territorio 87

románica, mantemento e limpeza dos espazos naturais, grao de conservación do patrimonio,


etc. Adiantándonos as conclusións cualitativas, as persoas entrevistadas subliñan a falla de
equilibrio entrambas as dúas partes da balanza.
Galicia foi unha das catro comunidades que incumpriu, no mes de xuño, coa Fase I do
Plan de Transición á TDT. Probablemente, boa parte do 4% da poboación estatal que quedará
sen cobertura do sinal dixital privada cando se produza o definitivo apagón (3 abril de 2010),
estará no noso territorio. Especialmente afectada estará a provincia de Lugo (cuxa fase de
dixitalización é a máis atrasada de Galicia) pois preto de 7.000 lucenses, ó redor do 2% da
poboación, quedarán sen televisión daquelas, ao estar nas denominadas “zonas de sombra”
(lugares ós que a TDT non pode chegar). Na actualidade, a cobertura dixital na provincia está o
redor do 88%, aínda moi lonxe dos obxectivos marcados, e corresponden fundamentalmente
ós principais núcleos de poboación.
A provincia de Lugo, con 107 liñas por cada mil habitantes, atópase no cuarto posto
nacional con meno número de instalacións. No que se refire o Pacto de Lemos, a proporción
entre banda ancha e habitantes descende drásticamente (76 liñas/mil hab.) poñendo de
manifesto as grandes diferenzas cos resultados provinciais e autonómicos. Estas instalacións
representan o 11% do total da provincia de Lugo.
No que atinxe ás infraestruturas medio ambientais, no ano 2000, só existía recollida
de residuos selectiva en 7 dos 12 concellos que configuran o Pacto de Lemos, o que ven
sendo o 10% do total dos núcleos de poboación do eido. Os resultados para o ano 2005
amosan os esforzos feitos na mellora medio ambiental do Pacto de Lemos pasándose ao 25%
de núcleos, agás en: Bóveda, Folgoso do Courel, Chantada e Taboada que continúan a estar
as cousas coma daquelas. Incorporáronse a esta práctica catro concellos máis, todos agás
Chantada e Folgoso do Courel nos que non hai nin un só núcleo con recollida selectiva.
Sobre o total de 169 núcleos nos que se fai recollida selectiva de lixo, selecciónase o
vidro en 66 núcleos (39%), o papel en 39 (23%), o plástico en 128 (76%) e as pilas só en
Monforte de Lemos.
Respecto á cobertura de núcleos de poboación con depuración de augas residuais,
segundo o IGE 2002, haina no 10,5% dos núcleos de poboación, destacando o concello de
Quiroga onde a teñen o 40% dos seus núcleos, e Monforte de Lemos, o 22%.
Respecto a outras infraestruturas mediambientais coma Puntos limpos, Galicia conta
con 106, Lugo con 23 (22%) e o Pacto con 5; o 22% dos provinciais. Plásticos agrícolas,
Galicia conta con 154, Lugo con 49 (32%) e o Pacto con 8; o 16% dos provinciais.Envases
fitosanitarios, Galicia conta con 220, Lugo con 54 (25%) e o Pacto con 9; o 17% dos
provinciais.
Respecto as infraestructuras medioambientais relativas ao sector agrícola, a proporción
en relación aos outros eidos de análise é bastante positiva. Respecto á depuración de augas
residuais, aínda entendendo que a información pode ser desfasada, cómpre incrementar os
esforzos nesa liña e aproveitar as sinerxias coa Confederación Hidrográfica Miño-Sil, e as súas
obrigas, e coas empresas deste sector implantadas no Pacto de Lemos coma TEYDI.

 Equipamentos
Respecto ao equipamento en sanidade, Galicia conta con 40 hospitais públicos e 31
privados, a provincia de Lugo con 6 públicos e 3 privados e o Pacto de Lemos conta cun
hospital comarcal de titularidade pública en Monforte de Lemos que da servizo aos doce
concellos e que dispón de 136 camas.
Se establecemos a comparanza entre os habitantes e o número de hospitais e camas
totais en cada eido de análise, e lembramos os 2.784.169 habitantes de Galicia, os 355.549 da
provincia e os 55.486 do Pacto de Lemos, vemos que a media de poboación/hospital para o
conxunto de Galicia é de 39.214 persoas por hospital; para a provincia é de 39.505 persoas
Territorio 88

por hospital. Se establecemos a comparanza só no que atinxe a titularidade pública; Galicia ten
un ratio de 69.604 persoas/hospital público; Lugo de 59.258 persoas/hospital público e o Pacto
de Lemos un ratio un pouco máis favorable que Lugo ou a comunidade ao contar con 1 hospital
público para os 55.486 habitantes.
Observando o número de camas hospitalarias das dúas titularidades, a comunidade
autónoma conta cunha cama para cada 263 persoas, a provincia cunha cama para cada 268
persoas. Ao descontar a oferta privada, o ratio galego é de 358 persoas/camas públicas; o ratio
de Lugo é de 350 persoas/cama; no caso do Pacto de Lemos, hai unha cama para cada 408
persoas, un ratio algo peor cos dos outros dous eidos, sobre todo se temos en conta o
tremendo envellecemento da poboación da bisbarra.
Respecto aos centros de saúde, a cobertura é para Galicia de 7.157 persoas por centro
de saúde; para a provincia é de 4.871 persoas por centro, e para o Pacto de Lemos de 4.268
persoas por centro de saúde. Respecto aos consultorios, a cobertura para Galicia é de
28.702 persoas por consultorio; para Lugo de 27.350 persoas por consultorio; e para o Pacto
de 18.495 persoas.
A cobertura do Pacto de Lemos, en canto a equipamentos de benestar promovidos
polo Consorcio, é bastante axeitada. Conta có 44% das escolas infantis e dos centros de día
provinciais e có 30% dos centros de información á muller existentes na provincia.
Existe tamén o servizo de Xantar na Casa, promovido polo Consorcio de Igualdade e
Benestar, coa finalidade de proporcionar alimentación equilibrada e personalizada ás persoas
dependentes, dar apoio as familias e, o mesmo tempo, previr, detectar situacións de risco e
facer seguimento da calidade de vida deste colectivo. En Galicia, hoxe en día, hai un total de
83 concellos acollidos ao servizo, 20 dos cales atópanse na provincia, e deles no Pacto de
Lemos están acollidos: Folgoso do Courel, Monforte de Lemos, Pantón e Quiroga.
Respecto ás residencias para maiores, o Pacto de Lemos conta con sete en
funcionamento e unha de titularidade pública (SOGASERSO) a piques da súa apertura en
Monforte de Lemos. A Fundación Residencia San Rosendo de Taboada conta, ademais, cun
Centro de Día con 15 prazas dispoñibles.
Das sete residencias para maiores que existen no Pacto de Lemos hai dúas na comarca
de Chantada, unha na de Quiroga e catro en Monforte de Lemos, contando, entre todas elas,
cun total de 466 prazas privadas, 125 públicas e 54 prazas concertadas.
Aínda que hai un bloque informativo dedicado exclusivamente á poboación, adiantamos
que actualmente o 35% da poboación é maior de 64 anos (19.420 persoas) e o 29% maior de
70 anos (16.090 persoas) e os índices de envellecemento e sobreenvellecemento son moito
máis elevados no Pacto de Lemos que na provincia ou na comunidade.
Existe, ademais, no barrio do Morín (Monforte de Lemos) unha Residencia para á
Terceira Idade de titularidade pública (SOGASERSO), con plans de apertura dende primeiros
deste ano, que ofertará 180 prazas máis, así como 40 para o centro de día. Sumando esta
nova oferta pública, aínda non dispoñible, pasaríamos a dispor de 305 prazas públicas para
19.420 persoas maiores de 64 anos.
No que tinxe ao equipamento educativo e cultural a oferta e salientable, e no caso do
educativo supera á demanda. Aínda que non é o obxectivo deste bloque informativo, subliñar
os problemas detectados en canto á repetición da oferta nos ciclos formativos, os problemas
comunicación da oferta educativa e a necesidade de estruturala cunha concepción
mancomunada máis que municipal.
Asemade salientar o amplo tecido asociativo con fins empresariais, asistenciais e
culturais existente no Pacto.
Tamén subliñar o peso tanto da oferta formativa coma de entidades supramunicipais no
sector agrario cos que conta o Pacto de Lemos.
Territorio 89

Finalmente poñer de relevo a falla de coherencia na división do territorio do Pacto de


Lemos en canto as entidades supramunicipais que operan nel; co cal pérdense sinerxias e
duplícanse as tarefas e os custos. Tamén apuntar a ausencia case total de mancomunidades
para cubrir certas necesidades municipais no que atinxe aos servizos medio ambientais,
prevención e extinción de lumes, transporte inter-urbano, e posibles servizos de asistencia no
fogar á terceira idade.
Territorio 90
Territorio 91

You might also like