CARdis Galiza

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 3

PROXECTO CARdis-GALIZA

O proxecto do BNG para Centro de Alto Rendemento Deportivo


paralímpico, especializado en discapacidade, pretende facer do concello de
Oleiros un referente internacional en materia deportiva, cun centro
especializado único a nível internacional e localizado no contorno xeográfico
de Bastiagueiro, e que ten como xerme a Facultade de Ciencias para o
Deporte e a Educación Física de Galiza (INEF-UdC). Para este cometido,
entendemos que son básicas as seguintes infraestruturas:

1) Residencia para Estudantes adaptada á mobilidade, sen barreiras


arquitectónicas, e situada no contorno do Pazo de Lóngora, pertencente á
Universidade da Coruña, e que debe albergar entre 150 e 200 estudantes ou
residentes do INEF e do futuro CARdis Galiza. Esta residencia poderá ser
empregada tamén en período non lectivo para concentracións deportivas,
encontros, xornadas e congresos. A residencia será pública, podendo participar da
súa creación a Consellaría de Vivenda e Solo da Xunta de Galiza.

2) Instalación Deportiva cuberta anexa ao actual estadio de atletismo. Esta


instalación debe estar adaptada tamén, como todas as instalacións, a calquera
discapacidade, e debe ter espazos para as distintas modalidades deportivas
minoritarias, unha pista de atletismo homologada de 200 metros (non hai ningunha
en Galiza), e todo aquel equipamento de investigación do rendemento deportivo
vinculado ás discapacidades psíquicas e físicas. Na creación desta instalación
poden participar a Consellaría de Cultura e Deporte e a Consellaría de Industria (I
+D).

3) Eliminación de barreiras internas e externas en todo o contorno de


Bastiagueiro e nas actuais instalacións universitarias do INEF, así como os
accesos á praia de Bastiagueiro, tanto para as persoas como para as
embarcacións. Nestes investimentos podería participar a Vicepresidencia da
Igualdade e do Benestar.

4) Construción anexa ao estadio de atletismo dunha piscina adaptada para


discapacidades de todo tipo, e, nomeadamente, para aquelas persoas con
lesións medulares.

5) Creación de áreas de aparcamentos de autobuses, para vehículos normais e


adaptados.

6) Creación de pistas de paseo e campo a través, así como zonas de


exercicios ao ar libre no parque metropolitano de Bastiagueiro, con aparatos
de exercicios externos adaptados tamén á discapacidade. Pode participar na
adaptación dese contorno a Consellaría de Medio Rural.

7) Reserva de solo para o posterior deseño de infraestruturas en función das


necesidades que o CARdis-GALIZA poida xerar en función da actividade e da
demanda real que se poida precisar no futuro.

8) Creación dun gabinete de xestión da investigación para a súa aplicación


no conxunto da sociedade (I+D+I) que pode estar situado nas actuais
instalacións ou nunha ampliación das mesmas.

Todas as actuacións que propomos deben estar abertas á participación doutras


entidades e administracións como consellarías, ministerios, o COE (Comité
Olímpico Español), asociacións sociais vencelladas á discapacidade física e
psíquica, a ONCE a Universidade da Coruña como motor dunha grande área
universitaria na zona, e o Concello de Oleiros como grande beneficiario dun
proxecto ambicioso que fará do noso concello un referente internacional por
albergar un centro de grande importancia tanto no rendemento deportivo como na
investigación aplicada ao conxunto da sociedade.

Esta proposta é un esbozo do que pode ser un documento de debate no que


deben de participar as institucións mencionadas, e, polo tanto, este anteproxecto é
mudábel, adaptábel e ampliábel en función do diálogo, a negociación e o posíbel
consenso das diferentes administracións que participen do mesmo, e que definan
dunha maneira concluínte:

1) as infraestruturas concretas.

2) a prioridade á hora de crear os diferentes equipamentos.

3) a porcentaxe de participación.

Este é un proxecto transversal, transparente, participativo e ambicioso.


Oleiros, a comarca, e Galiza, deben ser os beneficiarios dun proxecto global
pensado en clave de país, sostíbel, orixinal e único, que nos porá no mundo
como un modelo para a integración a través do deporte.

You might also like