Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 20

EMBATE

outubro-novembro-decembro 2006
-
numero 5

Voceiro Nacional de ADIANTE (Mocidade Revolucionaria Galega)


2
EMBATE
GRÁFICAS PLANETA · Pedraucha 9 · LIBRARIA ANDEL · Rúa Pintor Lugrís, 10 · Vigo ESPADELA ARTESANATO · Rúa do Vilar, 58-B O BARDO · Cervantes 5, Baixo · Vigo
Tameiga-Mos Compostela

embate@adiantegz.org
LIBRERIA MENDINHO · Avda. Castelao, 7 · Vigo CASA DAS CRECHAS · Vía Sacra, 3 · ANIL PERRUQUEIROS· Praza de Feixóo, nº 3 A TULLA · Entrerrúas, 1· Compostela
Compostela Compostela
PUBLICIDAD E

AVANTE · Cantom do S. Bieito, 4 · Compostela EMBORA · Rúa Tras Fiz de Solovio, 2· A POLA NA POLA · Rúa Cervantes, 19 · Vigo A VACA LÁCTEA· Rúa Algalia de Arriba, 4·
Compostela Compostela
Editorial
Máis unha vez, comezamos o novo curso político nun aparente clima de calma e sumisión que o
capitalismo español, coa súa colonización, pretende facernos crer e vivir. No entanto, a mocidade
galega é a primeira coñecedora dos acontecementos que se sucederon nos meses pasados e das
frentes abertas que nos esperan neste futuro próximo:
Dunha banda, tod@s fomos testemuñas da queima sen tregua que sofreu a nosa terra durante os
meses de verán. Acostumad@s, pola incompetencia do poder político, a este tipo de
acontecementos no interior do noso país, a sociedade galega conmocionouse ao constatar que,
desta vez, era sobre todo a costa quen ardía brutal e incontroladamente.
O estupor da sociedade galega non se traducíu en parálise ou en accións individualistas, como sería
do gusto da España colonizadora, culpábel directa destes acontecementos por impedirnos a auto-
organización dos nosos recursos ao tempo que pon freo á posibilidade de desenvolvermos unha
política forestal baseada no enriquecemento da flora e da fauna, non no das mafias especuladoras
nin no do beneficio persoal. Non se traducíu, diciamos, na parálise, senón na organización por unha
arela común: dar resposta a un (suposto) ataque dos sicarios do PP para desacreditar o novo
goberno. Sen constatar sequera que iso era tal e como apuntaban na súa defensa os políticos da
Xunta, a sociedade galega deu respota antifascista e pedíu, de paso, responsabilidade tamén a esa
nova Xunta, esa que non deu controlado a situación como cabería ter esperado.
E con esa fin do verán comezamos un outono non menos hostil para o noso país, afogado desta volta
nunhas chuvias que tornaron en riadas incontroladas debido, como apuntan os expertos, a un mal
xestionamento dos incendios estivais. Non é o seu labor controlar os fenómenos meteorolóxicos,
mais si é obriga deste novo goberno erguer unha política ecolóxica que defenda os valores naturais
do noso país. Que desterre para sempre as prácticas mafiosas do Partido Popular.
Asimesmo, desde ADIANTE, non queremos deixar de lembrar dúas datas ben distintas que se
achegaron sinalando xornada de convocatoria no noso calendario. Dunha banda, un 25 de novembro
pola reivindicación da loita feminista nunha sociedade patriarcal que nunca chegará a mudar o seu
pensamento no seo dun sistema capitalista como o imperante. E, pola outra, un 6 de decembro para
defender, máis que nunca, a autodeterminación, o dereito a sermos nós mesm@s, galegas e galegos,
fóra do marco dunha Constitución española ilexítima por estranxeira e antidemocrática. Fóra tamén
dun marco estatutario que continúa o ronsel de medidas rexionalistas que vén tomando o novo
goberno, sen rachar de vez con esa Constitución que nos é allea, lembremos que @s galeg@s non a
eleximos.
Chamámosvos, xaquelogo, á mobilización e á loita polos nosos dereitos na igualdade de xénero e
no recoñecemento da nosa Nación. No entanto, non esquecemos que a loita que prende, como eses
lumes que nunca deberon telo feito, é a que se xesta cada día co esforzo de todas e todos, coa
resistencia que existirá sempre alá onde non goberne a democracia de tod@s e a liberdade.

CONtidos EMBATE
número 5 - outubro, novembro, decembro 2006

[páx. 2] Editorial y
Voceiro Nacional de
[páx. 3-4] A muller atrapada no tempo ADIANTE (Mocidade Revolucionaria Galega)
y
[páx. 5-6-7] En defensa dun mundo libre de www.adiantegz.org
transxénicos embate@adiantegz.org
[páx. 10-11] Entrevista a... Xiana López y

[páx. 12-13-14] Referentes históricos da loita EMBATE non ten por que compartir
xuvenil necesariamente a totalidade das opinións aquí
expresadas
[páx. 16] O abrente de América Latina
[
y
páx. 17] Do lado dos aforcados Pódense reproducir os artigos citando a fonte
y
Local Nacional: Rúa do Peso, 12, 2º
[páx. 18] Patrimonio inmaterial galego- 15702 Compostela (Galiza)
portugués
y
[páx. 19] Música/libros/www Dep. Legal: C-1813-2005

EMBATE
3
a muller atrapada begoña martínez

Moito se escoita falar ultimamente nos medios modelo familiar tradicional (base e
de comunicación oficiais sobre o traballo perpetuación das sociedades patriarcais) e a
doméstico e as medidas de conciliación laboral conseguinte aparición de cada vez máis
e familiar para a muller. Sen entrarmos a mulleres que deciden vivir de forma
debater o propio termo de conciliación (que non completamente independente e autónoma,
poucos expertos sinalan como impropio para sendo as protagonistas da súa vida e non un
este tipo de políticas) cómpre, cando menos, complemento do home, fai que a estabilidade
facer algúns apuntamentos que nos axuden a do sistema perigue. Pois, se non hai mulleres
comprender este tipo de medidas, o seu porque que se ocupen do traballo doméstico, do
e a súa finalidade. E cómpre tamén, como coidado da familia e do fogar, quen o fará?
mulleres e traballadoras, non deixarnos enganar
por un discurso político que nos ensina as É neste punto onde aparecen as políticas de
marabillas da conciliación, dicíndonos que a conciliación, que pretenden "facilitar" ás
través dela a nosa vida será máis fácil e mulleres o desenvolvemento do seu duplo
cómoda, e que nos veremos libradas da dupla traballo: o de asalariadas e traballadoras na
carga que soportamos diariamente e que non esfera pública, e o de mantedoras do fogar na
contribúe a máis que a reforzar o noso papel de privada. Deste xeito, garanten a forza de
subordinación ao home. traballo da muller na cadea de produción e, ao
mesmo tempo, aseguran a continuidade do
As políticas de conciliación laboral e familiar sistema patriarcal e a perpetuación da
(que están dirixidas exclusivamente á muller) subordinación da muller.
xorden no contexto europeo como un intento de
paliar a baixa fecundidade que afecta á O conxunto de medidas que se presentan como
meirande parte dos países da UE. Deste xeito, conciliadoras (das que cabe salientar a política
non emerxen dunha demanda social das europea de Igualdade de Oportunidades, por ser
mulleres, senón dunha preocupación dos a de maior orzamento), céntranse,
dirixentes mundiais, que ven na baixa basicamente, en dous aspectos:
natalidade un problema para o futuro sustento
do sistema. O tema que abordan é xa vello e ten - Por unha banda, impoñen unha maior
que ver, fundamentalmente, coa relación entre flexibilización e precarización laboral ao
traballo e tempo (entendendo, en clave colectivo das mulleres (xa discriminadas no
mercantil e masculina, o traballo como o traballo con respecto ao home). Mediante unha
emprego e o tempo como a xornada laboral). redución de xornada, traballo a tempo parcial e
Esta relación é fundamental nas actuais horarios non habituais (nocturno) preténdese
sociedades capitalistas, pois serve para xerar que a muller siga asumindo despois da xornada
dereitos e deberes na cidadanía (acceso a laboral toda a responsabilidade na casa. Así
servizos sociais, cotización...). Sen embargo, perpetúase a división sexual do traballo que
cando falamos da relación entre o traballo e o atribúe ás mulleres as tarefas do fogar-familia.
tempo referido ás mulleres, o traballo non é só É clave salientar neste punto que o núcleo forte
o emprego, e a xornada laboral algo máis que a da opresión ás mulleres atópase no seo familiar
que ocupa o traballo asalariado. As ocupacións por ser ela quen realiza, compensa e integra o
que a sociedade patriarcal vén atribuíndo á traballo doméstico non realizado polos demais
muller, como o traballo doméstico e o coidado membros da familia, sen obter, por outra parte,
das persoas maiores, non son recoñecidas a ningún recoñecemento social nin económico.
nivel social como un Traballo; é máis, son
tarefas invisibilizadas socialmente e Ademais, aspectos coma a redución da xornada
consideradas como características "innatas" do ou o emprego a tempo parcial, aumentan a
xénero feminino. Á raíz da incorporación da precariedade dos traballos femininos, pois o
muller ao mercado laboral, o sistema viu como salario é moi inferior, polo tanto tamén as
este reparto deixaba de ser válido para a prestacións sociais ás que se pode acceder. As
estabilidade do mesmo, pois moitas mulleres mulleres vemos como deste xeito seguimos
que traballan a tempo completo teñen que relegadas a un papel secundario e dependente
deixar de lado algunhas das súas "obrigas do home.
innatas", como por exemplo, a de ter fillos.
- Outra das medidas que se contemplan é a
Este factor, unido ao desmoronamento do promoción de servizos á vida diaria, que apenas

EMBATE
4
no tempo
regina rodríguez

están desenvolvidos no Estado español. Cunha


boa planificación destes servizos o Estado As alternativas
podería facerse responsábel do coidado das posíbeis son
persoas maiores, o que se vén chamando moitas, e
"socialización do coidado". Para parten da base
implementar esta medida habería, en principal de
primeiro lugar, que adquirir boa modificar a relación
conciencia da importancia social das entre o traballo e o
tarefas de coidado, de forma que o SAD tempo. As mulleres
(Servizos de Atención Diaria) non sexa un víronse gravemente
guetto feminizado e con baixa desfavorecidas por
cualificación, e se convirta nun servizo de un modelo de
calidade, cualificado e levado a cabo por s o c i e d a d e
profesionais (tanto homes coma mulleres) discriminatorio por
que realmente se encargue do coidado das razón de xénero,
persoas dependentes. Sen embargo, non é no que a obtención
neste punto onde se centran as medidas de prestacións
contempladas polo Estado español. sociais está
Concretamente, limítanse a ofertar unha axuda directamente
mensual para as mulleres que teñan ao seu vencellada ao traballo
cargo persoas maiores, e que se vexan asalariado. Chegados a
impedidas da realización dunha xornada laboral este punto, parece de xustiza esixir unha igual
a tempo completo. En determinados casos, o distribución da dupla presenza na sociedade,
goberno garante a presenza dunha persoa que pois isto suporía que o colectivo dos adultos
axude á muller nas súas "obrigas", pero que en asumen a carga total do traballo necesario para
ningún caso suple o seu traballo. que a sociedade subsista. Amais, unha redución
da xornada laboral e as políticas de conciliación
Polo tanto, estas políticas dirixidas á muller non deberían dirixirse a ambos sexos, pois, unha vez
modifican en absoluto o eixo clave da cuestión: máis instígasenos a que sexamos as mulleres as
a desigual distribución do traballo doméstico e que conciliemos. Conciliar que? A nosa dupla
familiar entre xéneros. presenza, a nosa dupla carga e o noso duplo
traballo?
Se verdadeiramente pretendemos a igualdade
entre homes e mulleres, se as mulleres Unha redución da xornada equivalente para
queremos estar nun primeiro plano, ser donas ambos sexos (que permita que o traballo
das nosas vidas e non relegarnos a "unha vida asalariado non sexa o centro das nosas vidas),
traballando", debemos contemplar o traballo no unha mesma distribución do traballo doméstico,
fogar como algo fundamental. Posto que é un sistema de servizos sociais non atado ao
completamente imprescindíbel para o traballo asalariado e a asunción por parte do
mantemento da vida humana, faise necesario Estado do coidado das persoas dependentes,
trocar o imaxinario colectivo imposto, e que poderían ser, cando menos, puntos polos que
outorga a homes e mulleres distintos roles comezar.
segundo unha división sexual.

organizate e loita
www.adiantegz.org EMBATE
5
Abordar o tema 'transxénicos' non resulta
doado. A miúdo, sobre todo dende as posicións CEGADOS POL
defensoras, plantéxase a discusión en termos
puramente técnicos ou científicos: unha mellora
da técnica - o irrefreábel progreso - relacionada
neste caso coa evolución experimentada no
EN DEFENSA
LIBRE
campo da manipulación xenética e a aplicación
práctica deste avance, que suxire a posibilidade
de introducir cambios na estrutura xenética dos
oganismos manipulados co obxectivo de obter
unha determinada propiedade. Por detrás desta
discusión na que aparentemente só a ciencia
ten algo que dicir agóchanse cuestións de fondo
ben relevantes sobre as que a opinión dos
TRANSX
científicos non é máis importante que a de DAVID PÉREZ NEIRA (JAS SKÁRNIO)
calquera outra persoa. Así, e deixando un
instante os aspectos técnicos a un lado - que,
nembargante, se tratarán logo - o que
Sen sermos conscientes estamos a ser os "coel
pretendemos plantexar é que a discusión non mundial. Dende hai anos estanse a libera
está tanto na valía dunha tecnoloxía en si,
senón na lexitimidade dunha forma moi alimentaria organismos modificados xeneti
concreta de entender a Agri-Cultura en a aposta máis forte das m
base a uns determinados fins e
obxectivos. Estes fins e obxectivos biosfera no seu conxunto. Hanse
están ao servizo do modelo de considerar tamén os conflitos
organización económica e social sociais que supón un modelo
neoliberal guiado pola máxima do alimentario planificado a
beneficio a curto prazo e, por escala mundial en base a
suposto, polas ansias de unha nova división
dominación cultural internacional e sexual do
occidental baixo a etiqueta traballo e, por suposto,
do "cientifismo". as cuestións que se
desprenden da
A complexidade e dimensión individual
dimensións do do problema que
problema son nos atinxe a
considerábeis de tod@s como
máis como para
reducir a
discusión aos
intereses

económicos, ou a aspectos de índole ambiental consumidores/as, como actores e actrices


tan graves e irreversíbeis como poden ser a sociais con capacidade, aínda que relativa, de
perda de biodiversidade, a contaminación decisión e mediación no conflito (información,
biolóxica e química, etc.; cuestións centrais e difusión, concienciación e por suposto acción).
imprescindíbeis, mais insuficientes. Existen
elementos de índole política (no sentido amplo Pero... Que é un transxénico?
da palabra) relacionados coas regras do xogo e
a lexislación vixente sobre transxénicos a escala Os transxénicos - ou Organismos Modificados
local, nacional e internacional tanto na esfera Xenéticamente - son organismos aos cales se
da produción coma na comercialización, o papel lles modifica a súa estrutura xenética
e as posturas das institucións formais e introducíndolle un xen doutra especie mediante
informais, as resistencias dos movementos técnicas de biotecnoloxía. Cómpre dicir que
sociais, as organizacións campesiñas, etc. este intercambio de xenes se produce entre
Tamén hai que ter en conta cuestións éticas especies de distinto reino e/ou entre especies
relacionadas cos efectos non planificados ou que por si soas nunca poderían intercambiar
imprevistos da liberalización de OMXs sobre a material xenético. Por exemplo, o intercambio
saúde humana, sobre as xeracións vindeiras, de material xenético nunca sería posíbel entre
sobre o resto das especies e, en xeral, sobre a un coello e un tomate, entre outras cousas
EMBATE
6
contaminando o aire, a auga, erosionando o
POLOS XENES chan, facendo uso intensivo dos recursos
naturais, xerando dependencia d@s

A DUN MUNDO agricultores/as do mercado (plaguicidas,


funxicidas, fertilizantes químicos de síntese,
maquinaria, combustíbeis fósiles, etc. coas súas

RE DE
respectivas consecuencias medioambientais) e
das grandes transnacionais e distribuidoras
comerciais, erosionando a biodiversidade...
Nembargante, e a pesares disto, a agricultura

XÉNICOS transxénica ten consecuencias a maiores das


anteriormente citadas, unhas inherentes á
construción dos transxénicos en si, e outras
dado o contexto político-internacional no que se
están movendo.
DANIEL VÁZQUEZ MERÉNS
Un dos aspectos diferenciais dos OMXs é que,
coellos de indias" dun gran experimento a escala como xa se apuntou anteriormente, son
berar ao ambiente e a introducirse na cadea organismos vivos que se poden reproducir, polo
que a súa liberación supón unha contaminación
neticamente (OMXs), os coñecidos Transxénicos: xenética viva. Así, as plantas transxénicas cando
as multinacionais do agronegocio. polinizan a outras plantas, estanlles a transferir
os seus xens modificados - transxénicos - á súa
porque existen barreiras naturais entre especies cadea de ADN. O avanzar deste proceso leva
que impiden tal suceso. Pódese dicir, polo consigo, entón, unha progresiva erosión
tanto, que os transxénicos son construcións xenética e perda irreversíbel de biodiversidade
antinaturais no sentido de que estas agrícola. Ao tempo que avanzan estas sementes
construcións non estaban presentes nas redes transxénicas tamén avanza a perda das
do funcionamento da biosfera con anterioridade sementes autóctonas conservadas e melloradas
á intervención humana (como tamén son polos agricultores durante miles de anos
antinaturais neste mesmo senso outras adaptadas mediante un lento proceso de
sustancias tales como os plásticos ou os residuos selección ás condicións edafoclimáticas e
radioactivos, etc. coa diferenza de que os OMXs culturais da zona. Hai que ter en conta,
son organismos vivos e, polo tanto, están ademais, que estas sementes transxénicas están
suxeitos a reprodución). Por outro lado, os patentadas, é dicir: teñen dono (existen
transxénicos son construcións altamente dereitos de propiedade intelectual), polo que
inestábeis debido á súa creación no laboratorio para seren utilizadas @s agricultores/as deben
a partires duns altos graos de descoñecemento pagar por elas(2). A tendencia, entón, é clara: a
e incertidume e cunhas tecnoloxías que, tal medida que se van perdendo e contaminando as
como sinala Jorge Riechmann, son máis propias sementes locais e as sementes transxénicas van
de xastrería que de enxeñaría xenética(1). As avanzando, a agricultura, o sustento da
condicións nas que se ten experimentado cos humanidade, vai pasando paulatinamente a
transxénicos non ten levado senón a multiplicar mans privadas: a agricultura e a alimentación
os riscos e as incertidumes asociadas á mundial estase convertendo nun auténtico
liberación deste tipo de organismos vivos no oligopolio baixo a lexitimidade política
ambiente. internacional!!! As implicacións que isto supón
no longo prazo foxen incluso da nosa
Implicacións da agricultura transxénica imaxinación...

En resumidas contas, as consecuencias da Os riscos que pode supor xogar a crear vida
agricultura transxénica pódense traducir en saltando por enriba das barreiras naturais entre
impactos sobre a biosfera, sobre a saúde especies en base a un coñecemento precario
humana e animal, sobre a estrutura social e son, tamén, inimaxinábeis: bacterias resistentes
económica do campo, e sobre a seguridade e a antibióticos (xa que na creación dos
soberanía alimentaria nas diferentes escalas. transxénicos introdúcese un xen marcador con
Porén, e segundo a nosa percepción, a resistencia a antibiótico que fica no organismo
agricultura transxénica non constitúe unha nova modificado), aparición de novas alerxias e
categoría de facer agricultura en tanto que é enfermidades, desequilibrio nos ecosistemas
herdeira do modelo de agricultura industrial por colonización de especies sen competidores
que leva décadas occidentalizando a Agri- naturais, e un longo etc.
Cultura, homoxeneizando e destruíndo os
agroecosistemas diversos para substituílos por Cabe dicir que o Estado español é o único
monocultivos industriais, expulsando aos membro da Unión Europea que produce cultivos
pequenos e medianos agricultores do campo, transxénicos con caracter comercial, que
EMBATE
7
permitiu a introdución no ano 1998 de dúas xeito intensivo - o que segundo datos da FAO
variedades de millo insecticida no Rexistro de absorbe o 40% de cereais do mundo - (podemos
Variedades Comerciais, incorporando no 2003 imaxinar a 6.000 millóns de persoas comendo
cinco variedades máis, e outras nove no 2004. A 6.000 millóns de bistés de xato ao día?). O
pesar de que en xuño do 2005 o goberno estatal debate, cremos, non radica tanto na produción
retira deste Rexistro todas as variedades agraria, coma no que se fai con ela: especular
portadoras de xenes de resistencia a ampicilina nos mercados internacionais, criar gando de
(as variedades Bt 176) grazas ás recomendacións xeito intensivo para a posterior alimentación
da Axencia de Seguridade dalgunhas persoas ou
Alimentaria que advertía destinar a produción
do perigo destas agraria directamente á
variedades e os seus alimentación humana,
efectos negativos sobre a evitándose así perdas
saúde humana, no 2006 enerxéticas e podendo
vólvense aprobar no alimentar a máis xente.
rexistro tres novas
variedades de millo Bt. A miúdo nos preguntamos: e
nós que podemos facer para
Isto constitúe un claro frear isto dos transxénicos?
exemplo do estado da A resposta é clara: aparte
cuestión; que a pesares de esixir e facer presión aos
do grao de gobernos e administracións
descoñecemento para a prohibición da
existente na materia produción e
trunfa a imprudencia, comercialización de OMXs
guiada por intereses (ou ao menos obrigar a que
económicos enmascarados coa declaración de no etiquetado dos produtos se especifique se hai
intencións de loitar contra a "fame no mundo" OMXs para poder decidir), o noso xeito de
cando está sobradamente demostrado que a consumir é o máis importante. Non sempre
produción agrícola mundial daría para alimentar somos conscientes do acto político que supón
a toda a poboación humana se a distribución algo que facemos tres veces ao día: o consumo
destes alimentos obedecese a tales obxectivos - de alimentos. Que mercarlle os tomates ao
garantir a alimentación da humanidade -. labrego de ao lado ou no supermercado supón
Obviamente este non é o obxectivo que esteamos beneficiando a un tipo de
preponderante, senón non se explican os agricultura ou outra. As consecuencias políticas,
problemas de sobreprodución e a destrución de económicas, sociais e ambientais das nosas
stocks alimenticios para manter os prezos dos pautas de consumo son importantes de máis
produtos. Por outro lado, non podemos pensar coma para seguir obviándoas e comprando nas
que é posíbel unha alimentación mundial en grandes superficies (Carrefour, Alcampo, ...) sen
base á dieta típica dos países do Norte, cargada, mirar, sequera, o que pon na etiqueta.
por exemplo, de proteína animal producida de

(1) A decodificación de xenoma humano publicada no 2001 (Proxecto Xenoma Humano) deixou como un dos
resultados máis abraiantes que o xenoma do homo sapiens ten uns 30.000 xenes, unha terceira parte dos que
se estimaban a priori dado o número de características dos humanos en relación ás outras especies. Que
relevancia ten este descubrimento? A enxeñaría xenética baséase na idea de que cada característica se pode
atribuír a un xen (un xen, unha característica) (esta teoría é coñecida como a Teoría do Dogma Central,
elaborada por Watson e Crick nos anos 50), e polo tanto só é necesario localizar o xen desexado, illalo, e
colocalo noutro lugar para que realice a mesma función que no lugar de orixe (visión mecánica da vida). A
partires da publicación dos resultados do Proxecto Xenoma queda claro que esta vella idea de "un xen, unha
característica" é totalmente falsa. A transmisión de información xenética é un fenómeno altamente complexo
onde interveñen moitos outros mecanismos reguladores e onde o ambiente celular constitúe un factor
irreducíbel, superándose así a idea de transmisión mecánica e unidireccional no que se basea o dogma central.
A denominación de "xastrería" de Riechmann, pola súa parte, obedece a que no proceso de fabricación dun
transxénico o xen non se coloca nun punto determinado, senón que se dispara contra a cadea de ADN do
organismo receptor, sendo o azar quen sitúa ao novo xen nun lugar ou noutro de tal cadea. A sensación de
"exactitude científica" que se nos transmite cando se fala de biotecnoloxía dilúese a medida que nos
mergullamos no tema. Tendo en conta que dende 1996, e aínda tras coñecérense os resultados do Proxecto
Xenoma, se seguen a liberar OMXs ao ambiente, só queda pensar que o problema "científico" é que hai unha
industria multimillonaria apegada ao vello Dogma Central.

(2) Cabe resaltar que as sementes transxénicas soen ser estériles grazas a un xen coñecido como "terminator",
o que asegura que @ agricultor/a teña que mercar un ano tras doutro a semente á empresa distribuidora e non
poida, como se veu facendo tradicionalmente, aproveitar e mellorar a semente para a próxima colleita.

EMBATE
8
Desde hai máis dun ano, varios veciños e veciñas de
Cangas, organizados e organizadas ao redor do
Foro Social pola Defensa do Pobo, están
protagonizando unha intensa loita contra o
proceso de ‘marbellización’ urbanística e
medioambiental apadriñada pola política
especulativa do goberno municipal de Sotelo (PP) e
dos seus aliados como a entidade financeira
Caixanova.

A loita continúa e continuará en Cangas, Nigrán,


Bouzas, Redondela... e en todos os lugares de
Galiza dispostos a se defender. A loita contará
certamente coa solidariedade e as mans dispostas
da xuventude organizada en ADIANTE.
Loitamos unid@s, venceremos loitando!
EMBATE
9
Entrevista a...

Despois de sete anos de militancia en diversos eidos do independentismo, Xiana López é


Coordenadora Nacional de ADIANTE (Mocidade Revolucionaria Galega). Unha moza que participou
activamente no ensino, no movemento contra a LOU e o de Nunca Máis, que viu nacer o proxecto
galego da Marcha Mundial de Mulleres e que está afiliada sindicalmente desde o nacemento da
Central Unitaria de Traballadores/as.

ADIANTE ten xa algo máis de dous anos de


traxectoria. Por que se decidiu, no seu
momento, crear unha nova organización da
mocidade independentista?

Pois a verdade é que eu e varias persoas coma


min, que xa participaran anteriormente no
movemento independentista, comezamos a nos
percatar de que existía un baleiro que non
cubrían as organizacións da mocidade. Por un
lado estaba unha organización independentista
que non cubría todo o espectro ideolóxico
posíbel no independentismo e, polo outro, a
organización xuvenil maioritaria, que non
abranguía correntes independentistas dentro
dela. Foi deste xeito como vimos a necesidade
dunha outra organización independentista, na
que pudieran organizarse aquelas persoas que,
coma nós, non se sentiran identificadas cos
rumbos que estaban a tomar as outras
organizacións. Ademais vimos como algo
prioritario darlle unha clara perspectiva de clase
ao noso movemento e achegarnos á mocidade
traballadora do noso país, e non só ao
estudantadado. Despois de varias conversas
comezamos a organizarnos.

De que forma?

O primeiro paso era atopar a xente coma nós, interesada en formar parte do noso proxecto. Puxémonos en
contacto varias persoas procedentes de distintos eidos do independentismo (sindical, estudantil…) e que nos
coñecéramos en loitas inda recentes como a da LOU. A partir de aí iniciamos unha serie de asambleas abertas
nas que se foron sumando máis persoas de toda Galiza, algunhas que xa participaran no movemento
independentista e outras que non. Iniciamos debates e conversas de cómo debería ser a organización que
buscábamos, até que en outubro de 2004 celebramos a nosa Asamblea Nacional Constituínte.

Un dos principias problemas da mocidade galega é unha taxa de paro xuvenil que chega ao 10% no ano
2005, sendo unha das máis altas do Estado. Que análise fas da situación?

O problema do paro afecta a toda a clase traballadora, pero, sen dúbida, é na mocidade onde máis se sinte.
Vémonos obrigados a ir de ETT en ETT con traballos temporais, mal pagados e en penosas condicións, ou a
traballar en pizzerías xornadas interminábeis por salarios de miseria. E non escapan a isto os que optan por
facer unha carreira universitaria. Despois de rematala nos esperan anos de traballo sen contrato, a través de
bolsas de prácticas, anotarnos no paro ou marchar á emigración. Eu por exemplo conseguín un traballo dun
ano a través do Plan Labora, pero agora que? E isto pasará cada vez máis, pois non se toman medidas e é onde
nos leva a lóxica do sistema onde vivimos: á flexibilización do emprego, á precariedade e ao paro.

Falas da emigración da mocidade…

Por suposto! Non podemos esquecer que a emigración non é algo que pertenza ao noso pasado, senón tamén
ao noso presente máis inmediato. Ou quen non ten algún amigo ou coñecido que vaia a buscar traballo na
construcción ou hostelaría a Canarias, Barcelona ou Madrid? E non é isto emigrar? As mozas (e os mozos) vemos
como na nosa terra non temos oportunidades, polo que moitos deciden probar sorte fóra, e vénse obrigados a
marchar para desepeñar traballos que en ningún caso escapan á precariedade que aquí existe.

En que se concreta esta precariedade da que falas?

EMBATE
10
. xiana lópez
xiana lópez
“ se non loitamos nós, quen o vai facer?
A precariedade laboral que sufrimos as mozas e os mozos (as mozas en mayor medida, pola nosa condición de
mulleres) non é só a de cumplir longos horarios. O tipo de contratos que se nos fan son temporais, facemos
horas de máis sen que nos sexan remuneradas, e, despois, poden despedirnos en calquera momento coa
máxima impunidade; vexamos o traballo na hostelaría, por exemplo Outro factor é a realización de traballos
subvencionados. A realización de prácticas en empresas e as bolsas para o primeiro taballo, por exemplo. Son
formas que adoptan as empresas e a Xunta, e que nos levan a unha mayor precariedade: en forma de
"prácticas" ou de "aprendizaxe" substituímos prazas de traballadores, coas súas mesmas responsabilidades e
obrigas (cando non máis) por un salario moi inferior. E isto por poñer algúns exemplos, porque na nosa vida
diaria, todas e todos poderíamos poñer moitos máis… Por iso é tan importante non deixarnos vencer, e
organizarnos nos nosos traballos en sindicatos galegos e que defendan os intereses de clase, para loitar polos
” ”
dereitos que día tras día nos son arrebatados. Se non loitamos nós, quen o vai facer?

Tendo en conta que as mulleres son as máis discriminadas laboralmente e socialmente, resulta estraña a
súa escasa militancia…

É certo, mais hai que ter en conta varios factores. En primeiro lugar, a triple opresión que sufrimos as mulleres
galegas: pola nosa condición de mulleres, pola condición de clase traballadora e pola nosa pertenza a unha
nación colonizada. A carga que soportamos sobre nós non é pouca, máis se temos en conta os estragos que a
sociedade patriarcal fixo e continúa a facer sobre nós. Pero a verdade é que esta realidade maioritaria non se
corresponde coa da nosa organización, onde hai unha maioría de mulleres. É un aspecto moi importante, pois
a cuestión de sexo témola sempre moi presente en todo o que facemos. Así, consideramos fundamental o
traballo feminista, que levamos a cabo dentro da Marcha Mundial de Mulleres.

Falemos agora do ensino. Diversas reformas se están a levar a cabo tanto a nivel europeo como estatal.
Cara a onde camiña a ensinanza?

Ben claro está que tanto o proceso Boloña (que pretende a reforma universitaria a nivel europeo) como a LOE
son ferramentas para unha, inda maior, privatización do ensino. Ademais estas reformas non son ailladas senón
que responden a un proceso privatizador de servizos públicos en todo o mundo. Dende a nosa organización
loitamos e seguiremos facéndoo por un ensino PÚBLICO e LAICO, pois a educación non é algo que se compra e
se vende, e todos temos que ter acceso a un ensino de calidade e galego.

Galego coma as Galescolas?

Non. Polo que loitamos é por unha plena normalización da nosa lingua no ensino; por un ensino monoligüe en
galego. Até chegar a este punto, o goberno da Xunta debería, polo menos, facer cumprir a Lei de
Normalización Lingüística, claramente insuficiente, e ampliala, en vez de idear medidas discriminatorias.

Se miramos o panorama internacional, pode dicirse que estamos ante unha ola represiva a nivel mundial?

Si, a represión que sofre a mocidade organizada en Galiza non é casual nin aillada. Aquí, compañeiros do
independentismo sufriron a Operación Castiñeira, en Euskal Herria a mocidade de SEGI está tamén perseguida,
e, en Chequia veñen de ilegalizar á KSM, mocidade comunista. O sistema tenta manter a orde mundial
establecida, e as mozas e mozos organizados e revolucionarios, ao redor do mundo, non somos de agrado. Pero
isto ten que servir para reafirmarnos na loita e nos nosos valores internacionalistas e de solidariedade con
outros movementos arredor do mundo.

E que pasa coa mocidade nacionalista galega?

Estamos nun momento no que están a xurdir iniciativas moi interesantes no movemento xuvenil galego, que
paga a pena pararse a analizar. Ademais van xurdindo locais sociais en moitas partes de Galiza, e a mocidade
implícase cada vez máis nas súas actividades. Penso que esta situación podería abrir novos campos dou formas
de actuación.

Que perspectiva de futuro ten unha organización como ADIANTE?

Nun prazo de tempo próximo celebraremos o noso II Congreso Nacional, oportunidade que aproveitaremos para
facer balance do camiño percorrido e comezar unha nova etapa. O nacemento dunha organización dende cero
é duro, difícil e lento, polo que non pretendimos "chegar e encher". Despois de dous anos, a nosa organización
é moito máis madura e forte.
EMBATE
11
Jarrai, inspirada no modelo organizativo de ERGA, naceu a
finais de ´70 como movemento xuvenil da alternativa
Con esta nova sección da nosa revista tenc
patriótica e revolucionaria representada polas entidades da partires dun texto característico, dalgúns d
Koordinadora Abertzale Sozialista (KAS) de Euskal Herria.
mocidade anti-sistema
Durante dúas décadas, e grazas á súa actividade de debate
Referentes históricos internacionais da loita xuvenil revolucionaria

libre e loita sen tregua, medrou dun xeito incesante até se


constituír na maior e máis importante organización xuvenil da Nesta primeira entrega apresentámos
esquerda real europea.
revolucionaria basca sobre os últimos anos
As súas sucesoras Haika e Segi foron ilegalizadas polas farsas
dos tribunais políticos do Estado Imperialista Español (EIE), con Gazteriak para crear
polo que moit@s moz@s basc@s sufriron, e algún/has aínda
sufren, cadea, represión, persecución e exilio.

Independencia e socialismo, o proxecto


político de
Jarrai
V CONGRESO, 1992: OS
ALICERCES PARA UN PROCESO
FRUTÍFERO

a) Punto de partida ou "campo


de fútbol"

Nesta época escoitábase moito o


debate do "campo de fútbol". É
dicir, utilizábase para definir os
alicerces do debate. Había
moita confusión e para chegar a
un acordo sobre os parámetros
do deseño de Jarrai, para falar
tod@s o mesmo idioma, para comezar no debate e no traballo, precisabamos un "campo" común.
Fixéronse un montón de reunións para definir as medidas dese "campo de fútbol".

b) Eixos do debate

* Valor político-estratéxico do traballo social (traballo de formiga). Foi recollida por primeira vez como
emenda á totalidade no proceso de debate de Kimuak. Durante longos anos a Esquerda Abertzale
plantexara o traballo político e social a curto prazo (para un inminente proceso negociador) dentro dun
esquema de acumulación de forzas. Acumular forzas e engordar HB de cara á solución.

* "Concepción do suxeito". O que se quería suliñar por debaixo desta visión, era o valor do traballo calado
e anónimo de todos os días. Por exemplo, o traballo que se desenvolvía no eido do lecer infantil,
recoñecéndolle o seu valor e natureza transformadora, ollando niso a semente para o alicerce dunha
nova sociedade, que daí comezaba o futuro do euskera ou que nun plantexamento "a posteriori" ollar que
o euskera non podería ter base abonda para sobrevivir. Día a día, facer noso o que nos corresponde sen
agardar por mudanzas políticas cualitativas.

* Unha aposta pola sectorialidade. Ao longo da historia de Jarrai sempre estivo presente a necesidade de
complementar vieiros e moldes entre o conflito político xeral e os diferentes sectores (diferentes
problemas xuvenís).

Trabállase a sectorialidade sobre todo nun plano reivindicativo. Tratouse sobre a necesidade de superar
a dicotomía entre sectorial/xeral sen conseguilo. Cómpre dicir que faltou unha visión integral. Ao
traballo sectorial chamóuselle traballo de construción, traballo social. O reto estaba en traballar dun
punto de vista integral, deixando de vez a un lado conceptos da sectorialización.

c) Novos alicerces ideolóxicos

Unha organización de toda Euskal Herria

O tema da territorialidade tiña cada vez maior presenza en Jarrai. Comezouse a profundizar as relacións
coa mocidade de Iparralde (norte de Euskal Herria) e a realizar campañas conxuntas entre outras cousas.
EMBATE
12
Este decorrer das cousas tivo un grande pulo na
tencionamos amosar unha pequena mostra, a natureza nacional cando por primera vez se recoñeceu
ns dos principais referentes internacionais da como definición de Jarrai. O salto de Hegoalde (sur de
Euskal Herria) e Iparralde a Euskal Herria, ademáis de
ema na historia recente. dar pasos claros no discurso, abriu novas oportunidades
e aliás unha nova coerencia. É máis, no vieiro que
traballou a Esquerda Abertzale posteriormente, colocou
mosvos unha análise feita pola mocidade o traballo de Jarrai nunha boa situación xa que tiña
moitos pasos adiantados.
anos da evolución de Jarrai antes de confluír
ear Haika e máis tarde Segi
Unha organización "euskaldún" (que fala euskera)

Jarrai defínese por primera vez coma unha organización euskaldún. Esta decisión trouxo consigo unha
grande transformación na organización xuvenil, xa que, até entón apenas se redixira case nada en
euskera. Fixéronse esforzos para pular pola euskaldunización interna e a súa utilización, así como para
a promoción da produción en euskera. Pequenos froitos que foron debilitándose co tempo, aínda que se
fixeron algunhas campañas e traballos en xeral, foise diluíndo o que daquela era o principal alicerce
ideolóxico.

Unha organización plural

Jarrai era unha organización que estaba composta por unha "estrutura de cadros" políticos que trataba
de "politizar á masa de xente nova" e organizala nunha práctica e teoría de desdobramento militante.
Jarrai marcou as súas liñas de traballo en base a esta duplicidade, secuestrando as liñas de traballo en
favor dunha estrutura concreta durante longos anos. Pero esta teorización non daba para máis, non
cando menos nunha organización independentista e revolucionaria como Jarrai.

Para superar este problema máis que unha clarificación teórica, foi a práctica a que ensinou cales eran
os camiños a seguir. Para entender esta práctica é preciso facer referencia ao documento do Vº Congreso
e o seu enmarque teórico: "Neste senso, Jarrai abrirá as súas portas a tod@ moz@ que sexa abertzale e
progresista que, de forma organizada (colectiva), estean dispost@s a loitar. Cando dicimos abertzale,
abonda que vexan a filosofía e contidos da Alternativa KAS, aínda vendo nela claro-escuros puntuais".
Este alicerce novo e aberto ofreceu grandes oportunidades no desenvolvemento de Jarrai. Con este
punto de partida, Jarrai rachara as cadeas do apriorismo político masa/cadro. Dando á súa vez, outro
punto de vista ao traballo coa xente achegada, superando o problema militante/"laguntzaile"
(colaborador/a), facilitando o traballo con outros sectores, creando asembleas. Dando pasos, aliás, para
ser un movemento e non só unha organización.

d) Novo senso e definición de Movemento Xuvenil

Na evolución histórica de Jarrai ten habido tres perspectivas diferentes de definir o Movemento Xuvenil
(MX). Nun principio só se tomaba como Movemento Xuvenil ás organizacións de masas a nivel nacional,
é dicir, as que actuaban ao redor da "vangarda".

Máis tarde e co IV Congreso, fíxose unha curiosa definición. O Movemento Xuvenil era o conxunto de
expresións xuvenís: grupos de montaña, catequistas, seccións xuvenís de partidos políticos... tanto
euskaldúns como castelán-falantes, tanto @s que amosaban respecto cara Euskal Herria, como @s que a
desprezaban; todo era Movemento Xuvenil, segundo esta nova definición. Neste intre, en troques, non
se concretou cal é o Movemento Xuvenil que precisaba Euskal Herria e por conseguinte, non había rastro
do traballo que tiña que facer Jarrai.

A terceira e última definición veu ao fío da renovación que trouxo o V Congreso en 1992. O obxectivo
era ofrecer unha definición utilizábel que aclararía o rumbo de traballo a levar a cabo. Ao mesmo tempo
déronse criterios operativos para erguer o Movemento Xuvenil e se puxeron os alicerces concretos do
traballo político da organización xuvenil. Segundo esta perspectiva, no Movemento Xuvenil terían cabida
diferentes niveis de compromiso, é máis, todos serían precisos. Ademáis, subliñouse a importancia de
entender e estudar os resultados do Movemento Xuvenil a longo prazo; porén, tomouse como clave o
traballo calado e anónimo en vilas e barrios. Por outra parte, ao parecer de Jarrai, sería o Movemento
Xuvenil toda expresión xuvenil que exprese compromiso cara Euskal Herria, por conseguinte, darase
especial importancia á postura que tomará o Movemento Xuvenil respecto ao euskera. Por último, cítase
a natureza plural do MX, entre outras cousas.

e) O "zulo" (burato) da estrutura


O V Congreso tivo grande incidencia tamén no ámbito da estrutura. Non se instaurou unha definición
alicerzada nos estatutos e tampouco se creou unha forma estrutural pechada. Tomouse unha postura
clara cara a apertura no modelo de organización das vilas, na composición dos comités, así como na
EMBATE
13
concreción da coordinación dos "eskualdes" (comarcas). En vez de concretar un plantexamento,
propuxéronse moldes segundo o intre e o lugar dando vieiros para o seu desenvolvemento.

1992-96: RESULTADOS DO CAMIÑO PERCORRIDO

Referencialidade

Co quefacer diario, asumindo riscos con coerencia e afouteza, levando unha mensaxe clara e directa,
Jarrai conseguiu rachar co apartheid informativo imposto polo sistema. Resultando que a
referencialidade non se gañou co discurso, foi a práctica de Jarrai. Alén da importancia que se deu ao
traballo de vila a vila, a capacidade amosada en retos concretos, foi a característica principal destes
anos. A militancia de Jarrai que estaba implicada en diferentes loitas de vilas e barrios, conseguiu unha
clara referencialidade respecto á Esquerda Abertzale e tamén respecto aos diferentes sectores xuvenís.
Por conseguinte, o factor da polarización quedou desartellada.

Medre, renovación da militancia

Como comentamos anteriormente, na esquerda abertzale había unha preocupación sobre as actitudes
que tomaban @s nov@s. Pero nestes anos, amosouse a capacidade de organizar novas forzas. Da man de
Jarrai unha nova xeración sumouse á loita, unha xeración que tomou un rexo compromiso na construción
de Euskal Herria.

As mudanzas que se deron encol do concepto da militancia foron o alicerce do éxito. Nestes últimos tres
ou catro anos foron milleiros e milleiros @s moz@s que traballaron xunto a Jarrai, amosando que Jarrai
era un instrumento axeitado para a loita.

Visión nacional

O movemento Gazteriak naceu en 1994 e foi un instrumento imprescindíbel para a organización da


mocidade do Iparralde. Desde o principio houbo unha grande relación entre Jarrai e Gazteriak, e isto deu
os seus froitos; froitos como a organización do Gazte Topaguneak (encontros xuvenís) e os mendi martxak
(marchas ao monte) conxuntamente.

Resultados prácticos

a) Gazte Topaguneak

Tres foron os máis importantes, os que se celebraron en Etxarri, Zaldibi e Soüta. Estes foron o reflexo
da evolución de Jarrai; a demostración de forza dunha nova e ampla mocidade que se sumou á loita.

Alén de ser simplemente unha expresión de capacidade de Jarrai e de aumento de forzas, foron
iniciativas que promoveron outra clase de resultados, resultados máis profundos e interesantes. Serviron
para afortalar os alicerces do Movemento Xuvenil Basco e para lle dar forma a este movemento.

b) A loita a prol da desmilitarización

Jarrai, dous anos atrás, realizara unha análise teórica sobre a loita contra o militarismo. As
consecuencias que acarrexaba o militarismo en Euskal Herria, superaban os problemas do servizo militar.
E naqueles intres Jarrai atinou ao ligar a loita a prol da desmilitarización co proceso de liberación de
Euskal Herria.

c) Gazte sarea

Instrumento creado para superar a dispersión de forzas e a incomunicación entre as diferentes loitas que
se daban no movemento xuvenil de Euskal Herria, é dicir, un sitio de encontro continuo.

VI ASAMBLEA, 1996: OS ALICERCES PARA AVANZAR

A partires da década de noventa comezouse a avanzar, mostra diso foron as novas xeracións que loitaban
en barrios e vilas. No Movemento Xuvenil había sendos alicerces e isto deixaba ollar as oportunidades de
abrir unha nova xeira.
Aprofundando na situación d@s moz@s

Neste tempo reflexionouse sobre a situación da mocidade e as consecuencias que se tiraron foron
preocupantes. A moitos fenómenos que se estaban a dar por todo o mundo (globalización da economía,
uniformización da cultura, maior diferenza entre pobres e ricos...) había que lle sumar os ataques
EMBATE
14
específicos que sofría Euskal Herria. Por un lado, ser un pobo ao que se lle nega a palabra, e por outro
lado, consecuencia desta negación, o enfrontamento que existe cos Estados español e francés.

A mocidade basca vive no medio desta situación, e son moi graves as consecuencias que crean estas
condicións: o paro e as pésimas condicións de traballo, imposibilidade de acceder a unha vivenda, a
opresión continua cara a lingua, represión e control social,...

Unha vez analisadas as condicións de vida da mocidade, chegouse á conclusión de que a clave para
mudalas e loitar estaba na organización da mocidade. Pero isto fixo reflexionar á organización xuvenil:
O movemento xuvenil de hoxe en día resposta á lamentábel situación que sofre a mocidade basca?

A clave está en crear e xunguir forzas, é dicir, na utilidade social do movemento xuvenil. Na eficacia da
calidade e organización dos criterios de traballo.

Por outro lado, nestes tempos nos que os actos para a eliminación de toda conciencia comunitaria son
constantes, outro punto é a necesidade de pular e reforzar a conciencia xuvenil. Sendo @s moz@s o
principal suxeito de loita para a transformación da sociedade, é esencial decatarse das nosas forzas e
dos problemas que temos en común. Porque o problema que poidamos ter cada un/ha de nós (a
precariedade por exemplo) non é un problema individual, senón de todo un colectivo.

Por último, sendo a mocidade un colectivo cada vez máis excluido da sociedade, ollamos imprescindíbel
exercer a favor da nosa palabra e voz. Amosando a total determinación de retomar o lugar que nos
corresponde na sociedade.

Independencia e socialismo, o proxecto político de Jarrai

A mocidade precisa a independencia. A mocidade precisa a independencia persoal e colectiva. A


independencia alén de ser unha opción, é unha necesidade para asegurar tanto o futuro da mocidade
como a supervivencia do noso pobo. Porque se non é así ás/aos nov@s se nos nega o futuro. Os Estados
español e francés só ofrecen a subordinación económica, a miseria e a desaparición de Euskal Herria.

Do mesmo xeito, realízase


unha aposta por superar as
inxustizas que crea o
sistema actual e por
construír un novo modelo.
Un modelo alicerzado na
xustiza, no reparto da
riqueza, na igualdade de
dereitos dos homes e
mulleres, nunha economía
que realice un uso racional
dos instrumentos de
produción, é dicir, no
socialismo. Acentuouse a
necesidade de que Euskal
Herria precisaba crear un
modelo propio,
aprendendo dos evidentes
logros e virtudes doutros
pobos e dos seus propios
defectos.

A independencia e o
socialismo constrúense no
día a día. Traballando as
liñas que os posibiliten e
pulando polas rupturas
cara o sistema opresor
actual.

EMBATE
15
O abrente De
américa latina
"O que fai Cuba é compartir o que ten, non dar o que lle sobra"

gradisca Corenta e catro anos de bloqueo. Algo máis de 80.600 millóns de dólares que foron reprimidos a
Cuba neste tempo, a imposibilidade de acceder ao comercio de Estados Unidos, de importar e de
exportar, de recibir turismo deste país, de usar o dólar, de acceder aos organismos fianceiros
internacionais... Corenta e catro anos nos que o monstro imperialista fixo e desfixo ao seu antollo,
tendo sempre en mente un único obxectivo: facer todo o posíbel para rematar coa revolución
cubana. E os Estados Unidos non están sós nesta loita, teñen todo o apoio implícito ou explícito da
Unión Europea e dos organismos internacionais, que mesmo converxen co Plan
Bush para rematar con
quen supón unha ameaza
á orde establecida. O
Plan Bush para Cuba
estivo dotado nos anos
2004-05 de 59 millóns
de dólares, e
ampliouse este ano, non
só no presuposto, senón
tamén nas súas medidas,
sancionando co
enxuízamento penal o
incumprimento do bloqueo.

Ante este negro panorama, que


non só ameaza a Cuba (máis se temos en
conta as intencións de Estados Unidos co
ALCA, que intenta establecer unha área de libre comercio en toda América Latina), non poden máis
que xurdir alternativas de loita, pois a resistencia é necesaria, pero é hora de pasar tamén á
ofensiva. É aquí onde nace a Alternativa Bolivariana para América Latina (ALBA), proxecto histórico
de integridade entre as nacións defendido xa dende o século XIX polos revolucionarios Francisco
Miranda, Simón Bolívar, Martí e, posteriormente Sandino. O ALBA baséase en doce principios
centrados na loita contra a pobreza e a exclusión social, en erradicar as desigualdades entre países,
así como en profundizar na integridade latinoamericana. Conta, ao tempo, con catro piares
fundamentais (segundo sinala Fernando Bossi), que definen o xeito en que isto ha de levarse a cabo:

- Complementación: as nacións deben complementarse entre elas segundo as súas posibilidades.


Deste xeito Arxentina produce alimentos que Venezuela necesita e esta producir o combustible
necesario para Arxentina.

- Cooperación: Encádranse aquí, por exemplo, os acordos petroleiros entre Brasil e Venezuela, polos
que ambos países socializan os seus coñecementos específicos sobre a produción do combustible.

- Solidariedade: como exterminar as desigualdades sen o principio básico da solidariedade entre


pobos? Xurde así Petrocaribe, acordo polo que Venezuela axuda aos países caribeños a adquirir
combustible a un prezo xusto (sen regalar nada), e fóra do mercado internacional.

- Respeto á soberanía: a integración latinoamericana non supón (como por exemplo, no caso da
Unión Europea) unha perda de soberanía dos países asinantes.

E, contra o que intenta o poder mundial, o ALBA vai camiñando, día a día, fortalecendo a unión das
nacións latinoamericanas e os acordos entre elas. E xa existen Telesur, Petrosur e o Banco do Sur.
E vai chegar a construción de vivendas na área bolivariana, a mellora das liñas ferroviarias,
proxectos de desenvolvemento endóxeno, a construción de novas Facultades en Cuba para aloxar
aos estudantes de Medicina dos países de América Latina, acordos para a produción de etanol a
partires da caña de azucre... E vai chegar o alba, e está chegando, e é imparábel. Porque o tempo
da resistencia pasou, e a ofensiva antiimperialista e anticapitalista está en marcha.
EMBATE
16
Nada que ver coa xustiza. A condena a Sadam
Husein aseméllase ben máis a un intento de

DO lexitimar invasión, mortes, ilegalidade… en


definitiva, a desfeita absoluta que os Estados
Unidos e os seus cómplices levaron a cabo no
país iraquiano. Nada mellor que amosar a presa

LADO
para xustificar a caza, aínda que a caza estivese
atrás doutra presa, falamos do petróleo e do
control. Do poder. Sabémolo, coñecemos a
farsa: que o Tribunal Especial Iraquiano e o
xuízo a Sadam Husein violan o Dereito

DOS Internacional, pois a Convención de Xenebra, da


que Washington participa, prohibe a un poder
ocupante crear tribunais. As súas sentenzas,
pois, son legalmente nulas.Ou que sucede coa

AFORCADOS
Convención Internacional sobre os Dereitos Civís
e Políticos cando se lles vén impondo aos
acusados un réxime de total aillamento e se lles
denegou a posibilidade de calquera vista. Ou
ORIANA MÉNDEZ que, no que vai desde a captura de Husein deica
a súa sentencia de morte, ate cinco avogados da defensa foran asesinados.

Esta é a súa democracia, por iso nós non cremos nas súas Convencións, corruptas desde o
nacemento, feitas desde o capitalismo para o seu propio beneficio. Manter o circo en pé. Uns días
antes das últimas eleccións no imperio, coñeceuse a condena para Sadam e mais para os seus
colaboradores achegados, pero servíulle de pouco a EE.UU, se contaba con que a repercusión
simbólica destes asasinatos lle favorecese electoralmente. É posible que os cidadáns vaian cansos
e George Bush estea un pouco, só un pouco, desacreditado despois de demostrarnos qué significa
hoxe e comos e fai unha ocupación. O xenocidio explícanolo cada día a súa man dereita, Ariel
Sharon. A resistencia cóntannola os outros, todos os outros, os que consiguen o descrédito da
masacre, con todas as súas caídas inocentes e con todo o seu pensamento firme e limpo. Porque a
idea de que o imperio non pode decidir sobre o control dos recursos de Iraq e ficar inmune, é tan
clara coma a de que non será sen oposición que EE.UU determine o futuro do lexítimo xefe de
goberno iraquiano; para os contrarios á ocupación, aínda, Sadam Husein.

Existe un movemento mundial que rexeita activamente a invasión estadounidense de Iraq. Este
movemento ten a obriga crítica de rexeitar cada aspecto desta guerra, da estadounidense. Os
xuizos e condenas aos membros do goberno iraquiano, coma as eleccións programadas, son un
aspecto máis. Pois cada actuación do imperio é un ataque á liberdade dun pobo para facer a súa
propia Historia. Correspóndelle, pois, ao pobo de Iraq, coma a todo pobo soberano,
unha vez recuperada a súa democracia, xulgar as actuacións dos gobernos do seu
país, os anteriores a 2003. E, sen lugar a dúbidas, corresponde tamén ao pobo
iraquiano xulgar e condenar aos ocupantes que arramplaron coa sociedade civil
do seu país, desartellaron as súas estructuras político-económicas e
condenaron a morte ao seu lexítimo goberno.

O que queda despois da desfeita é o que nunca debía ter sucedido, ao que
ningún imperio debería ter acceso xamais: cando expolia e asesina e impón
a súa forza, o capital actúa, ademais, de máquina do tempo, freándolle á
sociedade a súa propia evolución política, escollas estratéxicas ou relacións
internacionais. Sabemos o que significou para o Estado español o franquismo -
non me refiro só ao atraso cultural que aínda hoxe padece respecto doutros
Estados centralistas europeos, tampouco exactamente á anulación da República,
senón e sobre todo á ilegalidade que supón hoxe o seu regreso, segundo as leis
dunha democracia que se basea en principios determinados polo franquismo:
monarquía- e o impedimento constante, por que non chamarlle atraso, que significa
cada día para Galiza a colonización española.

Algún día o pobo de Iraq, o heróico pobo revolucionario de Palestina, algún día o pobo
galego ceibe… terán que ocuparse dos seus invasores, colocalos no lugar que merecen e
reescribir a Historia. Avanzar na súa soberanía. Reescribir a Historia.

Até entón, moitas e moitos de nós entendemos que o único lugar posible é aquel que está do
lado dos aforcados.
EMBATE
17
No ano 2003 a Unesco, considera

Patrimonio
necesario a aprobación do Texto
da conveción para a salvaguarda
do Patrimonio Cultural
Inmaterial.

inmaterial Con anterioridade á aprobación


deste texto, xa no 72, varios
estados membros da UNESCO
manifestaron o seu interese en
galego-portugués que se lle dera importancia á
salvaguarda do que con
posterioridade se chamará
SABELA ROMERA patrimonio inmaterial. Nos anos
sucesivos outros países, como
Corea, Bolivia ou México
consideran importante insistir na necesidade de ampliar a definición de "patrimonio cultural" para
poder así asegurar a protección e salvaguarda de todo o seu patrimonio, entre o cal incluen ó
folclore. E entre os anos 97 e 98 a UNESCO inicia o proceso que conducirá á proclamación de Obras
Mestras do Patrimonio Oral e Inmaterial da Humanidade.

O 25 de novembro de 2005 o colectivo Ponte…nas Ondas! presenta a súa Candidatura á UNESCO a


favor do Patrimonio Inmaterial galego-portugués. Ponte…nas Ondas! nace no ano 1995, coincidindo
coa inauguración da Ponte Internacional entre Salvaterra e Monção. Por aquel entón varios centros
educativos decidiron aproveitar as radios que había nas súas escolas e extender unha ponte que fose
máis aló e que unise os centros educativos das dúas marxes do Miño. Aquela primeira experiencia
foi medrando, e este colectivo decidiu profundizar sobre outros temas…ata a decisión de presentar
a candidatura do Patrimonio Inmaterial galego-portugués. Esta Candidatura suscitou o apoio
unánime de entidades e institucións da Galiza e Portugal e apoios como o do Parlamento da Galiza,
do Congreso dos Deputados de España ou dos grupos do Parlamento Europeo.

Tendo en conta que a cultura tradicional galega, en concreto o baile e a música tradicional, se
mantiveron ó longo dos anos por medio da tradición oral de xeración en xeración, e que esta cadea
xeracional hai anos que rompeu, o noso folclore atópase nunha situación de lenta agonía. O
recoñecemento do noso foclore como Patrimonio da Humanidade suporía a protección e
conservación do mesmo coa mesma seriedade e cos mesmos medios que se aplican por exemplo, a
calquera ben inmoble galego. Suporía tamén o único medio polo cal garantiríamos que a nosa
cultura tradicional puidese chegar ata xeracións futuras.

A Candidatura foi ben valorada pero non acadou o recoñecemento internacional, segundo
explicaban os membros dos xurados en rolda de prensa posterior á ceremonia, pola súa amplitude
tanto no territorio que abarca coma na diversidade de manifestacións que comprende. Este foi o
motivo que levou a non conceder ó Patrimonio Galego Portugués este recoñecemento internacional.

Dende a UNESCO animouse ós promotores a continuar o traballo reenfocando o proxecto.

Os mesmos promotores da candidatura desprazados ata París, fixeron fincapé no feito de que "aquí
non remata nada" é só un punto e seguido, indicando que o mero feito de ter chegado ata aquí é
xa de seu un logro importante para a cultura galega e portuguesa. A posta en valor que se fixo de
todo este Patrimonio, e a difusión que do mesmo se levou a cabo é só o punto
de partida.

EMBATE
18
MU Un Feixe, novo traballo de Mugardos

SI Non é pop, nin rock, nin jazz, nin blues, nin bossa, nin folk. Pero, sen dúbida, o novo disco
de Mugardos recolle algo de todos eses estilos. O compositor galego presenta o seu cuarto
traballo, Un Feixe, dez cancións que falan de amor e xustiza e que constitúen a súa

CA
proposta máis serena. Desde a composición até a produción, Xavier Mugardos ocupouse de
todos os procesos de elaboración dun disco no que, por primeira vez, emprega a súa
expresiva e esnaquizada voz do primeiro ao último tema. "Son un compositor que canta,
non un cantante", explica o músico, quen considera que Un Feixe é o seu traballo máis
honesto. "As cancións veñen ao mundo coa miña voz polo que é así como as vai a
escoitar o público", asegura.

libros A Verdade e a Mentira sobre a Revoluçao de


Abril
Álvaro Cunhal, ed. Avante, 1999

Na acción política, a verdade constituíu un valor identificador de uns e a


mentira nunha práctica viciosa e sistemática de outros. Dos partidos e fóra dos
partidos.
A novidade, sobre todo a partir do XX aniversario do 25 de Abril, é que, destruídas
moitas das principais conquistas da Revolución e en vías de institucionalización os
obxectivos estratéxicos contra-revolucionarios os seus protagonistas abríronse en
confesións.
Confesións individuais, abundantemente e prolixas, soltas, incompletas, parciais e
dispersas. Esclarecedoras tamén, sexa cada unha por si, sexa cando, xuntando as mil e
unha pezas do puzzle, se completan unhas ás outras.
Valiosas para a historia da Revolución de Abril e da contra-revolución. Valiosas para
que se coñezan e recoñezan verdades sempre afirmadas polo Partido Comunista Portugués, entón
desmentidas polas mentiras da contra-revolución.

Galicia en guerra
Eduardo Rolland, ed. Xerais, 2006

Este libro recolle unha apaixonante historia oculta. A da participación de Galiza na II


Guerra Mundial. De 1939 a 1945, Galiza estivo en guerra porque, malia a neutralidade
do Estado español, o país tivo un papel protagonista na guerra. O volframio extraído
das minas galegas alimentou a poderosa industria bélica de Hitler. Unha rede de espías
alemáns e aliados operaba nos portos galegos, mentres os submariños U-boot se
abastecían en Vigo e Ferrol. Empresas tapadeira, do consorcio nazi Sofindus, medraron
en Galiza.

www http://glug.es
O GLUG é o Grupo de Usuarios de GNU/Linux da Galiza, e ten como obxectivos dar a
coñecer este sistema operante, a filosofía con el asociada (a do Software Ceibe) e ser
punto de encontro entre os usuarios do GNU/Linux da nación.
Se che interesa o Software Ceibe e o GNU/Linux, pero non coñeces a xente que che
poida axudar, ou se queres levar adiante algunha iniciativa relaccionada e precisas
colaboradores, ou se sinxelamente gostarías de compartir as túas experiencias, dúbidas
ou o que sexa con outros usuarios galegos, non o dubides e ponte en contacto.

EMBATE
19

You might also like