Festa Na Honra Da Virxe Da Saúde, de Guláns, Ponteareas. 2015.

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 36

Agradezo o convite da Comisin de Festas da Sade da parroquia de Gulns, Comisin que

neste ano 2015 recaeu nos vecios de Couso, para dirixirme aos vecios e vecias as como a
todas as persoas que nos visitan con motivo da celebracin desta festa. para min unha
honra.

Compartirei con vos algns momentos destas festas que con tanto cario, dedicacin e
esforzo realizou a Comisin. Animo vecianza e visitantes a disfrutar do amplo programa
festivo previsto e a confraternizar Esta vai ser sen dbida unha das grandes festas deste
vern no noso Concello.

Como Alcalde quero felicitar Comisin e a todas s persoas que co seu apoio fixeron
posible esta festa.

Sade e felicidade!

Xos Represas Girldez


Alcalde do Concello de Ponteareas

Ola amigos,
Un ano mis chegaron as festas da nosa queridsima Virxe da Sade e dende a comisin
esperamos que disfrutedes de todolos actos que preparamos.
Intentamos inclur no programa actividades para tdalas idades dende os mais cativos ata os
maiores do noso pobo
Unha mencin especial a tdolos parroquins que por motivos de sade non poden
acompaarnos nestes festexos, desexamolles unha pronta recuperacin, e a os seus
familiares e cuidadores o maior nimo en esta dobre tarefa e que a Virxe da Sade os
protexa.
Queremos e debemos agradecer a colaboracin desinteresada de todos aqueles que en menor
ou maior parte colaboraron na elaboracin das festas tanto firmas comerciais, como vecios,
amigos e achegados nosa parroquia que sen axuda de todos eles sera imposible.
Por outra banda agradecer o noso concello pola sa colaboracin incondicional con nos.
Dende a comisin convidamovos a todos a que nos acompaedes nestas festas que sen duda
sern uns das diferentes e de desconexin que tanta falla fai nestes tempos.

Qu ningun se quede na casa e a divertirse!

Boas Festas.

COMISIN
ANGEL BARGIELA BARGIELA
CELSA BARGIELA BARGIELA
NEMESIO CARBALLIDO CARBALLIDO
JUAN CARLOS CARBALLIDO CARBALLIDO
JOSE GIRALDEZ REPRESAS
OLGA BARGIELA BARGIELA
JOSE MANUEL GIRALDEZ GROBA
MONSERRAT GROBA REPRESAS
DIEGO ALVAREZ GIRALDEZ
MARIA JESS CARBALLIDO CARBALLIDO
MANUEL GIRALDEZ REPRESAS

Quero saudarvos a todas e todos con motivo desta festa xa prxima na nosa parroquia, e quero agradecer a comisin de festa a oportunidade que me da para poder dirixirme a todos e todas vos.
En primeiro lugar invitarvos a que estos das sexan un bo motivo para a convivencia e o encontro entre
todas e todos. Non todos os das son festa parroquiais, e moitas veces non somos capaces de darnos conta da importancia que estos acontecementos cotias teen na nosa vida. Un consciente da sade ou da
alegra cando fallan, de ah esta chamada que quero facervos a vivir con fondura cada acontecemento da
vida e a dar grazas polo que temos.
Por outra banda, non perdamos de vista a muller que motiva esta festa. Acheguemonos a Mara, a Nosa
Seora da SADE, sabendo que ela nos tende a sa man agarimosa de Nai. "Que bonito ter unha naicia" cantamos de cando en vez, dirixndonos a Mara Nai, ela como todas as nais procupase dos seus fillos, amparaos, protexeos, coidaos, pon toda a sa ilusin,... pero moitas veces os fillos fan certo o refrn "cria corvos e quitaranche os ollos". Desexo que non sexa as entre ns e Mara, que nos fagamos
conscientes da sa presenza, do seu amor por ns, e que poidamos corresponder a ese fondo amor coa
nosa cercana e oracin. Mara tamn , como ben sabemos, unha muller de fonda Fe, son moi bos das
para contemplar as sas actitudes e poder seguir o seu exemplo. Celebramos a sa advocacin como Seora da Sade; esta advocacin non se dirixe soamente o aspecto fsico, certamente moi importante, senn tamen o espiritual. Nun mundo con tendencia ao indivilualismo moi doado que o noso corazn
estea enfermo e perda a sa capacidade de enternecerse e encollerse ante as duras realidades que nos
rodean, polo que necesitamos esa Sade que nos ven de Deus a traves de Mara. Non sexamos indiferentes ante os marxinados da nosa sociedade, ante a crise e os desaucios, ante as mortes dos emigrantes,
ante a ausencia de traballo, ante o abandono de nenos e maiores, ante o maltrato da natureza, ante a

violencia de xnero, ante as guerras, antes as persoas perseguidas pola sa cultura, ideoloxa ou relixin,
non estamos nun mundo perfecto, mais ben todo o contrario, polo que non podemos ser verdadeiramente felices cando o outro, sexa quen sexa, esta sufrindo.
Amigos e amigas, a festa non esta nas orquestras ou nas actividades, senon na nosa actitude e desexo de
pasalo ben, de encontrarnos, compartir e sorrir, de xogar e bailar,... Ogalla que as sexa e teamos todos
unhas boas festas.Agradecer de xeito especial a Comisin destas festas pola sa dedicacin e esforzo en
preparar e desnvolver un estupendo programa no que todos poidamos disfrutar. Unha forta aperta a
todos e todas.
Jos Antonio Lago Rouco

Dende a Xunta Directiva da Asociacin Artstico Cultural de Gulns queremos agradecer comisin de
festas de Couso , a oportunidade de escribir unhas palabras, con motivo da celebracin da Festa da Virxe
da Sade. Tan importante para tdolos vecios de Gulns.
Os nosos parabns a Comisin polas espectaculares festas coas que nos agasallan e que tanto traballo
teen detrs.
Aproveitamos esta ocasin para agradecer a todas aquelas persoas que acuden s actividades, e acontecementos que se celebran na Casa Cultural. Tamen a tdolos colaboradores que desinteresadamente nos
axudan, e especialmente s socios que sin o seu apoio econmico non sera posible organizar todas estas
actividades e celebracins. Invitando s que non o son, a que se animen e participen con ns.
Un sado
Xunta Directiva
A.A.Cultural de Gulns

Dende a Asociacin Cultural San Martio de Couso, queremos facer un recoecemento do labor
realizado por todas aquelas persoas que colaboran para que celebracins e tradicins como estas Festas
na Honra da Virxe da Sade non se esquezan.
Dende esta pxina que nos cede a comisin de festas da Virxe da Sade queremos invitar a vecios e
vecias e visitantes a coecer as marabillas agochadas nesta parroquia de Gulns: igrexas e capelas,
muos, canastros e outras construcins tradicionais, petos de nimas e cruceiros, pero tamn a nosa
natureza e penedos, ben representados no monte de San Cibrn, e nas nosas reas recreativas. Tamn se
est a facer un importante esforzo para ofertar servizos e actividades nos centros culturais da parroquia.
Sen esquecer a msica de Gulns, con bandas e compositores de gran sona.
Todas as iniciativas para poer en valor o noso patrimonio cultural e etnogrfico nos distinguen como
parroquia con iniciativa e con vecios e vecias dispostos a colaborar. A conservacin das nosas festas
tradicionais unha delas.
Desexmosvos unhas moi boas festas e que as disfrutedes con sade.

Un ano mis chegamos ao momento de celebrar a Festa na Honra da Virxe da Sade, unha das
principais da nosa parroquia. Nesta ocasin correspondeulle ao barrio de Couso a sa organizacin,
seguindo a orde establecida pola que vaise rotando esta responsabilidade entre os distintos barrios que
compoen a parroquia de Gulns. Este sistema permite repartir o esforzo de manter esta festa, que
unha das expresins culturais e sociais da parroquia, ao tempo que xera unha sa competitividade por
intentar facelo, alomenos, igual de ben que o barrio que nos antecedeu.
Neste contexto compre agradecer o esforzo desenvolvido por todas as asociacins da parroquia, e por
moitos vecios e non vecios, membros ou non da comisin de festas que, ao longo dos ltimos meses
aportaron a sa colaboracin para a mellor organizacin desta festa. Isto importante porque este tipo
de tradicins nos pon por uns das nun escaparate pblico que nos permite mostrar o que capaz de
facer esta parroquia de Gulns e as sas xentes. E non so estritamente na organizacin da festa en si,
senn tamn nas actividades culturais, gastronmicas, deportivas e de todo tipo que se organizan para
obter cartos para a festa.
Neste escaparate a Comunidade de Montes de Couso est encantada de ofrecer aos visitantes a
posibilidade de percorrer o noso monte e gozar das sas rbores, das sas reas recreativas, dos seus
camios e sendeiros, e do seu patrimonio etnogrfico e cultural. A nosa Comunidade, ao igual que outras
entidades de Gulns, segue a apoiar todas as iniciativas de posta en valor do noso patrimonio e de
conservacin das nosas tradicins. E a Festa na Honra da Virxe da Sade e, sen dbida, unha delas.
Cos nosos mellores desexos dunhas boas festas vaia o noso sado cordial para todos os vecios e vecias
de Gulns, as como para os nosos visitantes, con motivo das festas patronais.

A Fundacin Gulns, como rgano xurdico e smbolo dun asociacionismo cultural e cheo de esperanza,
faise presente en Gulns a partires do 27 de abril do 2007 cando foi constituda en escritura pblica ante
notario e posteriormente, en data a 13 de xuo de 2007 declarada de interese cultural e o 2 de agosto do
mesmo ano declarada de interese galego.
Como ven di a acta fundacional, constitese para dar resposta a unha necesidade sentida polos vecios

de Gulns, incrementar o seu nivel sociocultural e de relacin social demandas que se vian facendo ano
tras ano dende a compra dos terreos na Avisoureira para facer un CENTRO CULTURAL .
Anda que organismos pblicos, entidades, empresas e particulares contriburon na xesta da construcin
da Casa Cultural, non podemos deixar de lado o Barrio de Couso e a sa comunidade de Montes, pilar
fundamental tanto na axuda econmica como na composicin do Padroado da Fundacin na figura de
Nemesio Carballido Carballido.
Aproveito o sentir destas festas da nosa Virxe da Sade para solicitar un relevo xeracional na
representacin do barrio de Couso dentro da Fundacin Gulns e agradecerlle a Nemesio Carballido a
sa andaina na nosa entidade, cheo de esforzo e tesn.
Que a Virxe da Sade nos protexa e nos de nimo e forzas para seguir camiando unidos e conseguir un
futuro esperanzador para esta terra nosa de Gulns.
Fdo. Juan Antonio Rodrguez Varela.
Presidente Fundacin Gulns.

No ano 2008 cheguei a Gulns como mestra e como vecia.


Como vecia, tratronme dende o primerio da coma se tivese nacido aqu, como se tivese
retornado mia terra despois dunha ausencia prolongada. Os vecios e vecias de Gulns fixronme
sentir como unha mis.
Como mestra, atopeime cuns nenos e nenas como non se atopan en moitos lugares. Nenos e nenas
que se deixan achegar facilmente ao camio do coecemento e que son quen de valorar o que teen e o
que se lles d. Tampouco vou idealizalos, porque sempre hai sarillos de cu intranquilo e de ideas un pouco
tolas, pero aqu aprendn a querer tamn aos mis trastes e a agradecer o que eles teen para ensinarme a
min. Foi polos nenos e nenas deste colexio que decidn que este o lugar onde quero traballar e polo que
quero traballar moito tempo.
Como directora, atopeime co apoio e a comprensin da grandsima maiora das familias e foi con
elas que aprendn que unha escola na que non participen os pais e nais, est orfa. inmensa a riqueza
que supn para un colexio o feito de que as familias participen nas propostas do centro e que compartan
as sas ideas e as sas inquedanzas. Vs sabdelo e podelo en prctica.
Cando en calquera conversa algun fala de Gulns, eu sinto que falan de min tamn, porque
Gulns xa forma parte da mia historia e da mia vida coti. Anda que xa hai un tempo que non son
vecia desta parroquia, co permiso de todos vs, gustarame dicir sempre que eu tamn son un pouquio
de Gulns.
Alba Amoedo Amoedo
Directora do CEIP Feliciano Barrera

Un ano mais, cando o sol aperta, cando a sempre frtil e xenerosa terra empeza a madurar os seus froitos,
chegan as Festas da Virxe da Saude. Para todo gulanss estas datas son motivo de ledicia, de lembranza e de
morria, son motivo para compartir mantel e mesa coa familia e amigos.
A semellanza da Festa da Saude, o monte comunal patrimonio de Gulns. O Patrimonio, as nosas costumes, o
que nos identifica como unha unidade parroquial. a nosa obriga manter, conservar, o que nos identifica, iso
faranos madurar e mellorar como sociedade. a nosa obriga, e debera ser do noso inters, facer perdurar no
tempo as Festas da Sade, sen esquecernos do pasado e das tradicins pero modernizndose naquilo que sexa
preciso. a nosa obriga saber transmitir aos nos fillos a importancia que teen para unha parroquia como a
nosa.
O monte, o monte comunal, hoxe en da non ten o aproveitamento, nin a relevancia, que anos atrs si tivo. Nunha
zona cun claro carcter agrcola, non hai moitos anos era a principal fonte de riqueza para soster a gandera que
lles permita aos nosos antepasados vivir.
Grazas ao abnegado e desinteresado traballo de anteriores Xuntas Reitoras, o monte comunal a da de hoxe
atpase arborado no 95 % da sa superficie. Axudados por esta circunstancia e aproveitando os recursos
tcnicos, o momento de buscar outro tipo de aproveitamento para o noso monte; cogumelos, gandera, social,
ocio, recreativo, cultural,, educativo. Quizais este ltimo punto ten un aspecto fundamental, os nosos fillos son
os homes do Gulns do futuro mais prximo, saibamos transmitirlle o cario e o respecto polo noso.
Nesta ocasin, dando os parabns polo traballo realizado e agradecendo a posibilidade que nos brinda a
Comisins da Festa da Saude 2015, a Xunta Reitora da Comunidade de montes en man comn San Cibrn de
Gulns qurevos desexar a tdolos vecios unhas boas festas. Que cada un de vos, na medida das vosas
posibilidades poida conservar, mellorar e gozar das Festas e do noso monte.

Somos a memoria que temos e a responsabilidade que asumimos. Sen memoria non existimos e sen
responsabilidade quizais non merezamos existir( J. Saramago, escritor portugus).
XUNTA REITORA COMUNIDADE DE MONTES SAN CIBRN DE GULNS

Queridos vecios de Gulns, amigos e, sobre todo, amantes da msica.

Atopmonos un ano mis ante a festividade na honra Virxe da Sade. Para unha agrupacin tan antiga como a nosa un verdadeiro pracer que a Comisin de Festas do barrio de Couso nos dea a oportunidade de saudar ao noso pobo a travs deste Programa de Festas da Virxe da Sade 2015. A parroquia de
Gulns mantivo e segue mantendo viva a tradicin musical dende a fundacin da Banda, al polo ano
1870, sendo Jos Carracedo Domnguez o primeiro director.

A Banda importante para Gulns e este pobo importante para a Banda. A maior parte dos membros
da agrupacin son vecios da parroquia. Da nosa terra levan sado destacados msicos e directores, como
os Groba (Rogelio, Miguel e Indalecio) ou Benigno Prego Rajo. Tamn os Carracedo a travs de varias xeracins, e Alicia Porto Fernndez (directora da Banda na actualidade). Como non poda ser doutro xeito, a
Banda ao longo da sa historia contou entre os seus compoentes con vecios de Couso. Valan como exemplo Jos de Couso que tivo tamn banda en Bos Aires (Arxentina), Alfonso (clarinete e gaita, tamn emigrante) que figura na foto da Banda do ano 1946 con Jos Carracedo Ucha (director) ou mis tarde Enrique Boente (percusin) que formou parte igualmente da Orquestra Porto, con Saturnino Porto Carracedo.
Hoxe en da o barrio conta con xoves valores, anda que noutras agrupacins.
Queremos agradecer tamn Comisin por contar con ns un ano mis para alegrar estas Festas cunhas
pequenas pinceladas musicais. O xurdimento e historia das bandas est nas festas populares e un bonito
aporte de cultura e de educacin.
Sen mis, en nome da Banda, desexarlles FELICES FESTAS.
Adrin Porto Porto
Banda de Msica Unin de Gulns

Na antiga Va XIX do Itinerario Antonino Po (Tui-ria Flavia), que vai de a Tui con Santiago de Compostela, a altura da
igrexa do Porrio parte o antigo Camio Real que, pasando por Ponteareas e A Franqueira, comunicaba con Meln e
Ourense.
Certo da samos andando pola histrica ruta cara O Confurco. Chegando a Rotonda do Can, lugar que ata o sculo
XIII pertenca a parroquia de Atios, podemos imaxinar como dende unha impoente torre no alto do Castelo, somos
vixiados por un soldado que controla o paso entre o val do Louro e o val do Tea (similar aos actuais controis que fai a
Garda Civil de Trfico dende os helicpteros). Mentras, enfronte no barrio da Graa, soaran as camps do mosteiro de
San Miguel de los Canales que, segundo a informacin recollida polo noso mestre, investigador e escritor, Anxo Porto
Ucha, era de monxes Bernardos.
Pouco mais adiante, e deixando a Carretera Real ou N-120 feita a mediados do sculo XIX, chegamos ao fondo do val.
Nese intre, decatmonos que a msica ambental que nos acompaa non procede dun msico que semella estar tocando un piano beira do castelo, senn que son as augas cantareiras do Ro Couso.
Empezando a subir, a dereita estn as runas da Fbrica ou antigo serradoiro hidrulico. Por debaixo da espectacular
fervenza da Galomeira, quedan os restos da poza que embalsaba a auga para mover (como o fan os modernos motores)
a roda de madeira do tipo acea. Tamn se aproveitaba a mesma auga para conducila ata un enorme cubo cuia presin
faca xirar os rodicios dos muios, un deles empregado para moer o xofre.
Seguimos polo camio, que neste primeiro tramo tamn era coecido como Camio dos Arrieros, por onde baixaban
para a citada fbrica os carros cargados de toros de pieiros equipados cunha boa retranca, chamada posteriormente
sistema de freado. Na parte esquerda podemos mirar o inacabado tnel que, hai exactamente un sculo, formaba parte das obras do proxectado tranva de Vigo a Mondariz Balneario, traballos comparables a actual construcin das vas
do tren de alta velocidade.

O Pousadouro, pouco mais abaixo da antiga fonte do Tanque, era o lugar do camio empregado para facer unha parada, similar ao que hoxe lle chaman unha rea de descanso.
No alto do Confurco, deixando o Camio Real, que neste lugar coincida coa antiga Carretera Real, xiramos a dereita
polo antigo Camio Vello, que pasando por Gulns remataba na Ponte das Partidas. Onde hoxe est a trincheira da
nova estrada xeral e a autova das Ras Baixas, cruzmonos con outro carro cargado, que via acompaado da peculiar
msica producida polo eixo feito con madeira de freixo. O arrieiro que guiaba diante da xunta de bois coa vara de aguilln ao lombo, como si fose un fusil, dxonos que, a esa peza que levaba na man, algunha xente moderna lle chamaban
o acelerador. Sinalar que cando baixaban ese senxelo aparello, para incrementar a velocidade do vehculo, era algo
agresivo para os animais de tiro pero sen alcanzar as trxicas consecuencias do moderno mecanismo.
Subindo polo chamado Porto Vello de Couso, e entrando na parroquia de Gulns, a msica que soaba proceda dun
espectacular conxunto de muios.
No alto do Castelo da Arcela, no lugar que ocupa a canteira con forma de anfiteatro, houbo unha fortaleza dende a que
vixiaban o trnsito polo alto do Confurco e no Camio Vello. Era nos tempos dos Suevos, despois do abandono do Imperio romano, e coincida co momento en que Espaa, sen ter un goberno moi estable, quedara un pouco a deriva (peor que nos ltimos tempos). Disque, despois de abandonar este castelo construiron o de Mirambel no alto de San
Sebastin. Algns vecios din que parte das pedras do Castelo da Arcela foron empregadas para construir a igrexa de
Gulns.
Pasando o Pontilln dos Leirados, no cruzamento co camio do citado Castelo de Cans, supostamente estaba un
portorium que controlaba o paso pola montaa, similar as peaxes das modernas autoestradas.
Pouco mais adiante, chamunos a atencin como os vecios carrexaban herba nos carros para estendela a secar na Laxe da Lagarta. Ainda hoxe quedan os restos dos cerrados que impedan entrar os animais que andaban ceibes.

Despois de pasar uns corticeiros, nunhas laxes beira duns cortellos, un grupo de mulleres mallaban a herba xoia mentras que uns homes, cun hbil manexo do mallo, batan no centeo. No Couto do Outeiro, diante dunha eira entre dus
tpicos canastros, outro grupo de xente faca unha meda coa herba ferrn. Al mesmo e asomado na vent dunha tradicional casa, estaba un cativo que nos dixo chamarse Nemesio e que observaba o desfile ou paso das burras que transportaban mercadora das terras de Gulns para a vila do Porrio.
Deixando de costas a magnfica estampa do barrio de Couso, cun cachimbo fumegando cara o Foxo de Atios e subindo
pola poza do Regueiro, chegamos a Veiga de Chans. No alto do monte, destacamos os restos dun enorme cerrado de pedras, que podera corresponder aos tempos iniciais da nosa historia, construdo para que as plantacins de cereais das
tpicas searas quedasen protexidas dos xabarns e outros animais.
Baixando, miramos os sorprendentes restos das capelas de San Martio que estn beira dun cemiterio. A pesar de corresponder ao sculo VIII (segundo confirmacin dos arquelogos descubridores), a nosa hiptesi lvanos a pensar que os
restos da necrpoli mais antiga de Gulns, independentemente do que est en San Cibrn, poderamos atopala no lugar
de Chan de Millo.
Continuamos co itinerario que nos leva polo citado Camio Vello, convertido na actual pista asfaltada, que pasa por debaixo do penedo da Sobra. As lendas advrtennos que camiemos amodio, pois un xigante guerreiro sentado nun silln
de pedra pode empurrar cunha perna o penedo e Vaia susto pillamos!
Era o rudo dunhas bombas que estouparon! vspera da festividade na honra a Virxe da Sade de Gulns. Dicir que
non unha celebracin calquera, tratse dunha festa comparable a das mellores vilas do noso pas. Baixaremos ata a
igrexa, desexndolle a todos Boas festas e que a Virxe nos acompae sempre!
Arstides Carrera

Anxo Serafn Porto Ucha (angelserafin.porto@usc.es)


Raquel Vzquez Ramil (raquel.vazquezramil@ceu.es)
Este ano 2015 correspndelle ao dinmico barrio de Couso (Gulns, Ponteareas), sempre tan respectuoso coa tradicin
(recuperacin da ruta do muos, festa do pote, os carboeiros e os cachimbos, San Martio), organizar as Festas en
louvanza St Virxe da Sade, festas que, de forma intermitente, vanse sucedendo cada dezaseis anos. Podiamos dicir
que, co barrio de Couso, pchase e brese un novo ciclo, unha especie de calendario ou reloxio que serve de referencia
para medir o paso do tempo.
Aproveitamos a ambel invitacin da Comisin organizadora para falar dun mestre vecio noso, D. Clemente Gonzlez
Gonzlez, que foi tamn mestre en Couso, anda que nun breve perodo anterior Segunda Repblica. Lembremos que
a parroquia de Gulns contou durante moito tempo con tres escolas: as de nenos e nenas no barrio do Casal, e unha
mixta neste benquerido barrio de Couso, barrio que est na base da orixe da parroquia. Coa profesora Raquel Vzquez
Ramil, especialista en Historia, moi interesada no pasado da nosa parroquia, levamos visitado San Cibrn e os restos do
importantsimo achado arredor da ermida de San Martio. En colaboracin, ambos os dous publicamos no ltimo
nmero da Revista Soberosum (2015) un estudo sobre o Nomencltor da Casa del Maestro de Pontevedra, centrado
nesta ocasin no Concello de Ponteareas (1934), con datos moi interesantes sobre Couso, que tia a sa escola no lugar
da Cortella, cunha matrcula de 25, e 18 en adultos. Hai que dicir que Couso contaba por aquelas datas coa Sociedade de
Fomento La Alborada, Unin Progreso de Couso, fundada en Buenos Aires o 5 de xuo de 1932, da que trataremos
noutra oportunidade.
Clemente Gonzlez Gonzlez foi nado en Gulns (Ponteareas) o 14 de marzo de 1901. Era fillo de Francisco Gonzlez
Ucha e Generosa Gonzlez Moldes, que tiveron tenda e taberna no Casal, preto da Igrexa, moi querida polos vecios de
Couso, que se daban cita nas celebracins relixiosas ou mesmo nos enterros, nos que haba que camiar, a p, un
longusimo treito dende Couso at o cemiterio parroquial.
Clemente era o maior de cinco irmns, con Avelino, Luciano, Carmen e Jaime. A sa historia , certamente, digna de
resaltar. Antes de afrontar os estudos para mestre, soubo xa, en idade moi temper, da emigracin a Cuba. volta, con
22 anos, fixo, nun tempo verdadeiramente breve, a carreira de Mestre de Primeira Ensinanza na Escola Normal de
Pontevedra. Contou co apoio do seu to Jos, irmn da sa nai, tamn emigrado a Cuba.

D. Clemente foi mestre interino de Gulns, entre marzo e setembro de 1927. Fxose logo cargo, tamn interinamente, da
escola de Couso, entre abril de 1929 e novembro de 1930. Un feito significativo na historia da nosa parroquia foi a
doazn de material escolar por parte da Sociedade Brisas del Plata, de Buenos Aires (1929), para as tres escolas de
Gulns. Esta Sociedade de Emigrantes tia os seus representantes en Gulns, con Amador Carballido en Couso. Nunha
das fotos que se fixo en marzo de 1929 aparece D. Clemente, rodeado dos seus alumnos e o tamn representante de
Brisas del Plata na parroquia, o cirurxin Maximino Soto.

O 14 de febreiro de 1931, xa coa oposicin gaada, D. Clemente tomaba posesin da escola de San Mateo de Oliveira, na
que estivo ata xuo de 1934. Logo foi para a escola de Entienza (Salceda de Caselas), ubicada no Edificio-escola
construdo polos Hijos de Entienza en Buenos Aires onde tivo tamn durante a Segunda Repblica unha escola de
noite, para alfabetizacin de adultos. Aqu permaneceu vinte anos, ata o seu traslado a San Pedro de Srdoma (Vigo).
Co traslado en 1954 a San Pedro de Srdoma, inicibase unha nova etapa. Aqu permaneceu ata a sa xubilacin a
finais dos anos 60. A sa neta M Elena Gonzlez Alfaya incorporou ao noso traballo anterior Historias de Vida (2003)
datos importantes sobre este ilustre mestre.
Para unha parroquia como Gulns, que conta cun nmero considerable de mestres e mestras, sados todos do esforzo
persoal, entre eles o moi querido amigo Rafael Carballido Bargiela, a sa irm Mercedes ou Estrella Represas Cima,
deste mesmo barrio de Couso, D. Clemente era o decano da profesin. Finou o 8 de febreiro de 1989.
Sade e Felices Festas

Como vecio de Gulns e alagndome por ser o home de mais idade da Parroquia, pdenme
escribir sobor do barrio de Couso naqueles tempos da mia infancia.
Lembranzas e recordos que a un lle fan sentir unha emocin tal que difcil de explicar,
engadido a incertidume de si ma abrirei os ollos pa poder seguir contando as istorias pasadas.
Lmbrome como con tan so 7 anos chegaba a Barroca onde eu viva coa mia nai Carmen a Sra.
Salud de Couso,que a diario traa leite e segua camio cara Ponteareas onde faca o seu reparto, ademais de cumprir cos
encargos que se lle faca. Cantas veces comeu na nosa casa como sustento da sa andadura e cantas veces me levaba a
sa, para comer as cereixas que en Couso maduraban antes.
Tamn me ven a memoria aqueles vecio/as de Couso que casaron con outro/as dos distintos barrios da Parroquia, as
temos en conta a:
MANOLO de Couso con Baselisa, emigrou a Bos Aires cos dous fillos Manolo e Xoaqun. Nunca mais voltou.
ANGELITA de Couso con Evaristo do Pisco
ANTONIA DE CABANAS de Couso con Xos, tendo por fillas a Consuelo e Esperanza, que morta a primeira deixou
vivo a Jos quen voltou a casar coa sa irm en segundas nupcias.
Naqueles tempos al polo ano 1930 senn antes, emigraron unha meirande parte de vecios de Couso a Cuba e Arxentina
e pasada a guerra civil o pais de destino era Venezuela.
De a que a colonia que tian en Bos Aires chamada BRISAS DEL PLATA aportaran donativos para compra de material
para as escolas de Couso con D. Clemente como mestre e no Casal D. Gabino. Unha das aportacins foi unha maquina
de escribir.
Quero despois deste meu relato, agradecerlle a comisin da festa da Sade 2015 do barrio de Couso o aprecio que me
dispensan e a oportunidade que me dan pa colaborar e participar no desenvolvemento das festas da Nosa Virxe da
Sade.
CANDIDO PORTO GONZLEZ (da Barroca, nado no 1923)

Son mestre do colexio rural agrupado (CRA) a Picaraa (Ponteareas) na escola de Ganade. tamn
unha firme defensora deste tipo de educacin en escolas unitarias, as como dos beneficios de que estas
se integren neses chamados colexios agrupados.
Que vantaxes ten a educacin en escolas unitarias?
Para min, o tipo de educacin ideal. Creo nunha educacin individualizada e nunha educacin global, na que o neno aprenda a aprender, dunha forma autnoma, respectando e compartindo. Onde
aprenda a tomar as sas decisins, a ser responsable. A mestura de niveis moi boa. Non hai idades
cronolxicas, senn madurativas. Cando un neno supera unha etapa, pasa seguinte. Cada pequeno
ten o seu propio nivel. Os mis novos aprenden dos maiores e os maiores aprenden, con eles, a ser mis
responsables. Cando un dos de menor idade lle pregunta ao mis maior sobre unha cuestin e este lla
explica, est reforzando o que sabe, incluso decatndose de cousas que antes non percibira.
Contan co apoio e coa participacin dos pais?
Moito. Un punto importante que nas unitarias levamos moi a fondo o contacto con toda a comunidade educativa en xeral. Os pais son un reforzo directo, valoran a importancia de aprender e de ensinar.
Iso permite que o neno vea tamn mis maduro escola. Se hai algn tipo de problema, se o rapaz
pasou mala noite... todo iso comuncase. Buscamos que o pai sexa tamn mestre, coma o profesor. Non
temos que ter medo da participacin e da colaboracin dos proxenitores na educacin dos nenos. Trtase de ser partcipes uns cos outros.
Como se ve o futuro deste tipo de escolas, con esas vantaxes que cita, no medio rural actual?

O rural est variando. Habera que pensar que se as escolas do rural morren, o rural ir morrendo tamn.
E evitar iso sera algo que deberiamos intentar todos: mestres, pais e Administracins. Galiza eminentemente rural, a sa identidade, pero o certo que xa estamos necesitando educar no rural a nenos que
viven nel. Hai pequenos aos que xa lle resultan alleas determinadas tradicins, como a esfolla, por exemplo. Levan unha vida case urbana, dentro do rural.
Catalina Carballido

As veces msica de festa e outras veces msica de loito, as veces msica para bailar e outras veces simplemente msica para alegrar os odos, pero case sempre en calquera festa ou celebracin que se precie a msica faise presente. Para os que nos sentimos e dicimos cristins cada domingo unha festa, a Festa do
Seor. Por iso ns, como coro parroquial, vimos coa nosa ofrenda musical a facer de cada encontro dominical unha festa de irmandade. Pero se hai algn da no ano onde festa, fe e msica van collidas da man
no da da Festa da Nosa Seora a Virxe da Sade. Un da moi especial para toda a nosa parroquia de
Gulns, unha especie de oasis de encontro e fraternidade no medio dun ano cheo de problemas e traballos. Dende o coro parroquial, queremos dar as grazas as comisins presentes, pasadas e futuras polo seu
esforzo, traballo e dedicacin para que o Da da festa da Sade, se celebre como se merece, e a todos os vecios e vecias de Gulns e os de tantos outros sitios que neses das vides ata aqu, desexarvos que pasedes
unhas felices festas e que a nai de Deus, na advocacin da Nosa Seora a Virxe da Sade, nos protexa e
nos acompae no noso camiar polo sendeiro da vida. Un sado agarimoso e boas festas!!
O coro parroquial

Unha das celebracins mis populares de Galicia e de Espaa son as Festas parroquias ou patronais que se festexan e celebran en todo o pas sobre todo no vern. As festas parroquiais ou patronais son
un conxunto de solemnidades con que unha poblacin poden ser barrios, parroquias etc.. celebra anualmente a data do seu patrn ou patroa. Trtase dunha tradicin implantada esencialmente nos pases de
cultura hispana. En Espaa na rea deste tipo de celebracins soen ser coecidas como festas maiores.
Estes festexos inclen normalmente actos relixiosos, como un oficio solemne e celebracins paganas nas
que por suposto a msica ten que estar sempre presente. Orquestras, charangas, actos festivos, diversin a
raudais Que sera das festas locais dos pobos ou das parroquias sin as orquestras? Ver os avs, ou os que
non sabemos bailar, movendo as cadeiras o ritmo de La Macarena ou Paquito Chocolatero non ten
prezo!! Os momentos mas divertidos e alocados normalmente danse cando chega a hora da verbena.
No caso da parroquia de Gulns unha de estas festas a da nosa Patroa, a Virxe da Sade que se
celebra o derradeiro fn de semana de Xuo. Segundo d a tradicin cada 15 anos tcalle a organizacin de
tal evento ao mesmo barrio posto que a parroquia ten 16 barrios e cada ano que pasa tcalle a organizacin a un barrio distinto. Este ano ao igual que fai 15 anos ou 30 anos ou 45 anos atrs tocoulle ao Barrio
de Couso colaborar na realizacin da citada festa. Con poucos habitantes como somos no barrio e coa necesidade de conseguir uns cartios para poder levar a cabo tdolos actos, todo o pobo debe colaborar tanto econmicamente como axudando en todo no que poida. Pero hai uns encargados de preparar, organizar e traballar para poder levar a cabo os festexos e para que todo o mundo tea en eses das ou nese fn
de semana o seu lugar de encontro e diversin con amigos e familia, e eses son os membros da comisin
organizadora e os seus colaboradores, un equipo humano excepcional que traballa arreo para poder ter
unhas festas coma as que xa se fixeron con anterioridade, e isto non un tpico senon que realmente
as. Segundo se vai acercando a data (este ano o fin de semana do 27 e 28 de xuo) cando a comisin

ten maior traballo. Os lios, tensins e discusins estn asegurados como en calquer comisin que se precie, pero con vontade e entendendo que son momentos de estrs ao final as augas sempre voltan ao seu
cauce coa satisfacin de facer un bo traballo cvado con cvado para o ben do pobo. Mencin especial
tamen merencen outras persoas que sin ser da comisin organizadora axudan dunha forma ou de outra
aportando o seu grancio de rea, porque todas elas suman, e digo suman porque participan e colaboran. Non hai mis que ver como se volcou o pobo enteiro o 28 de decembro do ano pasado coa organizacin do Beln viviente, e que sen a axuda desta xente do barrio non sera posible. O 28 de decembro sentinme mis orgulloso ca sempre de ser de onde son.
Para acabar s cabe decir que, non sabemos como sairn estas festas, pero s de unha cousa estamos seguros de que se por todo o esforzo e ilusin
para que todo saia o mellor posible e que xuntos
fagamos un monton de recordos para engadir a
nosa memoria posto que o tempo pasa pero os
recordos quedan e esperemos que a Virxe da Sade nos siga dando forza, sade e nos axude na
nosa vida para seguir fortalecendo a fe neste novo ano que escomenzou.
Na foto o meu av Maximino e outro gupo de xente portando unha santa un da de festa a saida
da igrexa, posiblemente fai 50 ou 60 anos. O
tempo pasa pero os recordos quedan para sempre na nosa memoria.

Pablo Carballido

You might also like