Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 20

Unidade Didáctica do 2º ciclo

Ola, eu son Lola............................................3


Agora non é igual............................................4
¿E iso que é?................................................5
¿Cantas máquinas!...........................................6
¡Curioso!..........................................................7
¡Manu vai ser veterinario!..............................8
¿E depois que?...............................................9
¡Imos á cooperativa!....................................10
¡Imos ensilar!.................................................11
¡Temos visita!.................................................12
¡Esta xente está tola!..................................13
Hoxe conferencia..........................................14
¡Hai que controlar!.........................................15
Estou triste...................................................16
¡Que ben se pasa aquí!.................................17
Adeus.............................................................18
3
Ola, eu son Lola; ben, Dolores,
mais... ¡non llo digas a ninguén! É
que non me gusta moito. Teño nove
anos e estudo 4º de primaria no
Colexio Público de Meira. Vivo
cos meus pais, co meu irmán, cos
meus avós e coa miña cadela
Tula.
Os meus pais teñen unha
explotación de leite, con moitas
vacas. Antes tiñamos poucas vacas, e
miña nai coñecíaas a todas polo seu nome:
Marela, Pinta, Moura... mesmo a unha lle pu-
xeramos o nome de Songoku por uns debuxos
que vía o meu irmán no Xabarín Club.

Describe como pensas ti que é a Marela:

Busca no dicionario os nomes das vacas e apunta aquí o seu significado:


Moura: Teixa:
Pinta: Rubia:
Marxa: Cachena:
Careta: ...

Escribe nomes propios para estes animais:


Can:
Vaca:
Gato:
Cabalo:
4
Agora na nosa casa temos máis de trinta vacas e xa non lles temos nome, a
relación con elas xa non é a mesma. Antes acariñábaas e pasaba moito tempo
xogando na corte. Meu irmán é máis
vello ca min e non quere xogar
comigo porque son unha nena e...
¡seica o aburro! A maiores, está
estudando fóra e case non o vexo.
As vacas eran as miñas amigas e,
no inverno, cando chovía e non podía
saír xogar aos prados, mesmo as
peiteaba e lles colocaba cousas nas
orellas (Isto só llo facía á Moura
que é unha bendita, iso di miña nai,
porque o resto tiñan bastante malas
pulgas).
Agora xa non se botan ao prado,
pasan a súa vida nas cortes novas,
limpanse, múxense dáselles o penso e
a forraxe e pouco máis; meu pai di
que é unha relación menos humana,
que é máis comercial, creo que di.

Apunta dez cousas que se lle poden facer a unha vaca: ¿xogar con ela á
pelota? ¡non! Seguro que a ti se che ocorren moitas:

A ver se es quen de escribir sobre a vida dunha vaca (como se alimenta, mas-
tica os alimentos, a que idade ten crías, cantas veces se moxe ao día, etc.)
5
Cando ampliamos a
explotación non
podíamos pro-
ducir o que
queríamos, tive-
mos que mercar
cota láctea, é dicir,
tivemos que pagar para poder
vender máis leite pois os litros que tiñamos eran moi poucos. Mercámoslle a
cota ao señor Francisco, que é un home que tiña a explotación ao noso carón
pero que se retirou, por iso lla mer-
camos.
A cota de leite é o cupo que a
Consellaría asigna a cada labrego e non te
podes pasar diso, senón múltante.

¿Que che parece a ti que significa


explotación? Explica brevemente esta
viñeta:

¿Por que razón non poderemos vender todo o leite que queremos?

Pregúntalles aos teus pais ou veciños cantos litros de produción teñen e cantos
litros tiveron que mercar.

Se vives na cidade fai que os teus pais che expliquen o que é a cota láctea
e o que representou no agro galego.
6
Desde que ampliamos a explotación miña nai e meu pai tiveron que gastar car-
tos en máquinas e trebellos novos. Desde unha sala de muxir máis ampla e
moderna, até un novo tractor con
rotativa e pincho para os rolos.
Moitas destas máquinas utilizá-
molas cando imos buscar comida
para o gado e tamén para traballar
a terra, preparando pastos ou ben
sementando alimentos para os
animais ou para a nosa propia ali-
mentación.

Une cunha frecha a máquina e o traballo que realiza.

Carro mesturador Máquina que fai rolos tanto de herba seca, como
verde.

Enroladora Enfría e mantén o leite en bo estado de


conservación.

Autocargador Aparello que está formado por dous rodillos e que


mestura os alimentos para darllos ás vacas.

Pincho Máquina que serve para recoller a herba, millo...


todo aquilo que de cortado se recolle neste apa-
rello para o seu mellor manexo e traslado.

Tanque de frío Artiluxio metálico que serve para levantar do chan


os rolos.

Cisterna Aparello que serve para segar a herba e para


a revolver; úsase moito na herba seca.

Rotativa Tanque grande que se utiliza para transportar auga


e puríns.
7
Miña nai tenme dito como muxían as vacas antes de
que ampliaran a explotación; tiña un tallo e sentábase
a carón da vaca e cunha pequena muxidora ía muxindo
unha a unha as oito vacas que tiñan.
Agora está todo moito máis automatizado, meu pai
límpalles o ubre coa mangueira e entre os dous e a
avoa van poñendo as vacas nas ringleiras e colócan-
lles as muxidoiras; o leite vai baixando e dirixíndose
directamente cara o tanque de frío. Desta maneira o
leite vai limpo e chegará en boas condi-
cións para consumir. Desde logo,
DEBES SABER
agora é máis doado de facer este traballo e máis rápido.
QUE O NÚMERO DE
LITROS QUE DÁ UNHA VACA
VARíA DEPENDENDO DA
Este vai de matemáticas. Intenta averiguar canto leite ALIMENTACIÓN
pode dar unha vaca nunha muxidura, e bota conta de canto QUE RECiBA
leite ten ao día aproximadamente a explotación dos pais de Lola se
teñen 35 vacas e delas 24 en muxidura, que se moxen dúas veces ao día.
OPERACIÓNS SOLUCIÓN

Pregunta na casa que alimentación é a que fai que as vacas produzan máis
leite e cal menos.

¿ Gustaríache ser guionista da TVG? Veña, imos aló. Vas preparar un programa
de comida para vacas, presentado pola vaca Marela.
Podemos comezar pola sintonía do programa:
8
O meu irmán está estudando veterinaria en Lugo. Por certo, non
vos dixen o seu nome, chámase Manoel, na casa chamámoslle
Manu. É bastante prosma, crese moi importante porque ten dezaoito
anos e estuda na cidade.
A mamá e o papá ao principio querían que viñese e fose
todos os días, pero tiveron unha conversa longa sobre a
independencia persoal e a responsabilidade. Ao final chegaron
ao acordo de que Manu ía estudar a Lugo pero que realmente
tiña que estudar.
Ben, ao que íamos. Miña nai púxose moi contenta cando Manu
decidiu estudar veterinaria, nós na casa cando temos algún pro-
blema cunha vaca, aínda que sexa unha simple mamite temos que
chamar ao servizo veterinario da cooperativa, por iso miña nai
se aledou porque así Manu poderá facer ese traballo.

Agora algo moi difícil: ¿Cales son as enfermidades máis comúns das
vacas? ¿Teñen a gripe?

Pregunta na casa e apunta varios remedios medicinais con plantas para as


doenzas dos animais. Seguro que os pais e avós saben disto.

¿A ver se es quen de averiguar as causas e as consecuencias destas enfer-


midades? (vale todo, podes preguntar, mirar no dicionario, en internet...)
Brucelose:
Mamite:
Encefalopatía esponxiforme:

¿Sabes cal é a función e o traballo dunha veterinaria ou dun veterinario tanto


nunha cooperativa como nas explotacións que non forman parte delas?
9
Meus pais sempre están teimando a quen
lle van deixar a explotación cando eles
deixen de traballar nela. Sempre din que a
xente moza agora teno moi difícil para
pórse a traballar neste tipo de actividades
porque se lles dan poucas facilidades.
Manu sempre di que a el lle gustaría manter
a explotación de meus pais, entre outras
razóns porque lle gusta o traballo, es o teu
propio xefe e dáche a liberdade de organi-
zarte como queiras.
A min gustaríame, cando sexa maior, poder
vivir no rural e ter vacas. Paréceme un tra-
ballo moi bo e moi interesante. Podería seguir
vivindo cos animais, que me gustan moito, e no
medio da natureza, e ir ás feiras. ¿A ti onde
che gusta máis vivir?

¿Que cousas positivas destacarías ti do traballo dos labregos?


(Producen alimentos, coidan o medio ambiente, etc.)

Sinala cinco actividades que se fagan a diario nunha explotación.

Tenta entrar na páxina web da Consellaría de Política Agroalimentaria e


Desenvolvemento (www.xunta.es/conselle/ag/index.htm), ¿Cales pensas ti que
son os principais traballos dos que se ocupa esta Consellaría?
10
Cando tiñamos
menos vacas, non
pertencíamos a
ningunha coopera-
tiva. A mamá fal-
aba directa-
mente co
xerente da
fábrica do leite e viñan recollérnolo á casa.
Cando escomezamos a ter máis produción, e máis gastos tamén, o papá
e a mamá decidiron que tiñan que empezar a formar parte da cooperativa da
Terra Chá, pois así estaban máis cubertos perante as enfermidades que se
puidesen ter na explotación e mellores prezos para a forraxe dos animais.

Tenta explicar cal é a función dunha cooperativa:

Di o nome polo menos de tres cooperativas que existan na túa zona.

Explica que traballos cooperativos realizas ti cos compañeiros e compañeiras na


clase:

¿Que che parece máis fácil, resolver os problemas en grupo ou ti só?¿Por que?

A ver se es quen de acertar esta adiviña. Se a sabes, debúxaa.


Dúas torres altas
dous miradores,
un espantamoscas
e catro andadores
11
Hoxe pola mañá, a
mamá veume levan-
tar da cama
cediño porque
tiñamos que ensi-
lar; a verdade é
que nos dura var-
ios días, incluso
semanas. Veu o tío
Antón e a María axudarnos a facelo
porque hai que segar moita herba, xuntala, cargala e despois colocala nun
montón e pisala, cubrila con lona negra e deixala tapada sen que lle entre o
aire para poder utilizala no inverno e no verán. Así facemos un par de silos
(sobre todo polo avó que é un cabezón e o papá por non discutir con el
faino así); o resto da herba enrolámola e metémola en bolsas
grandes ou encintámola nas fincas pequenas.
¡ SABÍAS QUE UN
DOS PROBLEMAS DO NOSO
¿Sabes cal é un dos xogos máis divertidos cando ECOSISTEMA É QUE A LONA
se ensila?. Tirarse aos rolos enriba da herba
QUE SE UTILIZOU PARA OS
recén segada. ¿A que xogas ti?
SILOS É ALTAMENTE CONTAMI-
NANTE E NON HAI RECOLLI-
DA SELECTIVA !

¿Sabes que é ensilar e para que se utiliza o silo, e que produtos se poden
ensilar a maiores da herba?

Ordena estas frases:


pastos Imos a terras as ampliar destinadas:

principal leite O alimento é un moi:


12
Onte á tarde veu o veterinario insem-
inar as vacas da corte pequena. A
mamá xa as tiña separadas porque
tiveron o parto xa hai tempo e os
xatos xa son grandiños. Moitos deles
xa se venderon e as becerras, as
que eran de nai e de pai de cali-
dade, quedaron na explotación para
facer de nodrizas.

¿Sabes o que é unha nodriza? A min


tivo que explicarmo miña avoa, eu
non o sabía; tenta averigualo usando
o dicionario ou preguntándolle aos
teus pais ou á túa profe.

Por certo, ¿sabes o que é inseminar?

Pon varios sinónimos de:


xato
nodriza

Tenta saber a canto se merca un xato na explotación a un gandeiro e


despois a canto se vende o quilo de carne de xato no supermercado.

Explica as diferenzas entre unha vaca de carne e unha de leite:


Na inseminación/ na raza:
Na alimentación:
Anos de vida:
Na producción:
13
Hoxe escoitei a papá e a mamá falar moi preocupados
despois de ver o telexornal; dicían que isto ía
ser o ponto final das explotacións, que despois
disto non se ía dar recuperado o sector. Non
sei exactamente o que querían dicir, só sei
que o papá estaba moi preocupado e que a
mamá dicía: - Malo será que nos toque a nós.
As cousas viraron cando unha tempada despois,
na explotación de Manolo da Marcela, unha
vaca comezou a tremer de xeito incontrolado
e a xente do concello comezou a falar de
vacas tolas, da crise do sector gandeiro e
non sei de cantas cousas máis.
Eu non sei o que pasaba, o único que sei é
que me asustei moito porque os meus pais
andaban todo o día nervosos, asustados
mirando as vacas e se me descoido vivían
na corte.

V A C A S P T X B G
S W J Y S X U A N A
D I T T E R J P G D
A Z L F R S O Q E A
S X Y O W O Ñ D T Ñ ¿Como se chamaron certas
A Ñ W H E R B A R A protestas ou manifestacións
das labregas e labregos?
R C A R B A L L O D
W A W S R X K L C O
A ver se atopas nesta sopa de
P N Y W W A O L O R
letras 10 palabras relacionadas
C E P B X P Ñ U W A co agro.
14
O presidente da cooperativa organizou unha charla sobre a EEB ou enfermi-
dade das vacas tolas; veu un mestre da faculdade do meu irmán, un técnico
da Axencia de Extensión Agraria e unha muller dun Sindicato
Agrario que veu explicar as consecuencias
económicas e políticas que íamos ter no mundo
agrario.
Nun primeiro momento o papá e a mamá non me
deixaban ir pero ao final fun, e aínda que non
me enterei de todo escoitei con moita atención.
¿ Que é unha vaca?

A vaca é un mamífero. Ten seis lados:


o da dereita, o da esquerda, o de
arriba e o de abaixo. No da parte de
atrás ten o rabo, do que lle colga a
brocha. Con esta brocha espántanse as
moscas, para que non caian no leite. A
cabeza serve para que lle saian os
cornos e, ademais, porque a boca ten
Vou facer unha redacción para o
que estar nalgunha parte. A vaca non
cole. Xa teño un esquema. Bótame ti come moito, pero o que come cómeo
unha man para completala. dúas veces, así que xa ten bastante.
¡Que é a EEB? ¿Con que outro nome
se coñece? ¿Por que se lle deu o ( Museo Pedagóxico de París)
nome de "crise das vacas tolas" ao
que ocorreu? ¿A que é debida esta enfermidade? ¿De onde provén a enfermi-
dade? ¿Por que se dixo que houbo unha crise do sector agrario?
Seguro que ti podes facer unha redacción dicindo un montón de cousas serias
e importantes e non como esta tan pavera que se garda nun museo en Francia.
15
¿Sabes que existe un labo-
ratorio onde se controla a
hixiene e a calidade do
leite? O seu nome é
LIGAL, Laboratorio
Interprofesional de
Análise do Leite. Neste
laboratorio recóllense
mostras de leite e queixo
de todas as explotacións
galegas e mírase que sexan
de boa calidade, que esteñan
limpos e que os seus com-
poñentes sexan os correctos para o
consumo destes produtos polas persoas.

Investiga cales son os compoñentes principais do leite:

Fai un listado de alimentos que se atopan no mercado e que son derivados do


leite:

Escribe nomes de doces que se


fagan con leite e fai un debuxo
para o máis rico:

¿Sabías que en Galiza se fan moitas clases de queixos?


Di o nome de algún deles e di cal é o que máis che gosta.
16
Unha das vacas da corte estaba preñada; era primeiriza (era a
primeira vez que ía parir) e miña nai estaba preocupada
porque dicía que era moi estreita e non sabía
se tería problemas no parto.
No parto o xato viña de cu, polo que o ve-
terinario dixo que había que facerlle a
cesárea. Abriu a vaca na corte pero
houbo complicacións cando comezou a
perder moito sangue e non se lle
daba parado a hemorraxia (creo que
se lle chama así á perda de sangue
tan forte). Ao fin, morreron a vaca e o
xato e tivemos que chamar ao servizo de
recollida de animais mortos. Foi moi triste,
estiveron tirados no curro uns días até
que viñeron recollelos e ¡xa cheiraban mal!
A avoa estaba moi enfadada, dicía que era
mellor facer o que se facía antes; enterra-
los onde se podía e non deixalos ao aire e
pagar para que os levasen cando xa están
medio podres.

¿ Sabes como se reproducen as vacas? A ver que podes averiguar:

Engade B (Ben) ou M (Mal).


Cobrar aos labregos por recoller as reses mortas
Coidar o medio ambiente
Producir pensos de restos de animais
Producir alimentos sans
Ser terco como unha mula
17
Para ir ao cole todas as mañás teño que levantarme cediño. A mamá prepárame
o almorzo quente e despois un bocadillo para o recreo.
Teño que ir en autobús, porque o meu colexio está en Meira e eu vivo na
Ribeira de Piquín que é o Concello do lado.
A verdade é que teño moito sono cando esperto, pero despois

é divertido. Na
parada sempre nos atopamos con Laura, que é a miña mellor
amiga, e xa nos sentamos xuntas no autobús.
Levantarse cedo é o peor de vivir aquí, porque despois temos moitas ventaxas:
máis espazo para xogar, moita máis liberdade, falar con todos os viciños.

No verán, cando fai bo tempo, a mamá dános a merenda e despois pasamos o


día xogando por fóra: a pillar, ás quedas, ás agachadas, ás palmas, á goma...
ou só a correr ou a andar en bici.

¿Sabes como se xoga a estes xogos?. Explica dous para ver se eu podo
xogar a eles cos meus amigos e amigas.
18

Eu teño unha vaca marela


que é o demo de condenada
presume de vaca moderna
e non quere traballar.

Fixo a permanente no rabo


e deu esmalte aos cornos
e agora di que vai mercar
unhas medias de cristal.

Ela di: MUUUUU


con acento: muuuu
de mulata brasileira
hai que vela
remexendo
as cadeiras ao bailar.
Edita: Asociación Socio-Pedagóxica Galega
Cámara Agraria Provincial

Ilustracións: Carlos Silvar.


Maquetación: Chus Freire.
Autor: Raquel Abraira Sobrado.

ISBN: 84-89679-71-1 - D. L.: C-2.185-04


Cámara Agraria
Provincial de Lugo

You might also like