Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 16

Ola, eu son Xurxo, e ti?

Na casa dos avós 4


0s ranchiños novos 5
¡A comer! 6

¡Como falan! 7
¡Canta bicharía! 8
¡Que modernos! 9

Imos plantar 10
A miña aldea 11
¡Canto traballo! 12

Son o máis listo 13


Adeus 14
Olá, o meu nome é Xurxo teño cinco
anos e vivo na cidade de Vigo.Todas
as fins de semana vou cos meus pais
á casa dos avós.
O avó Pedro e a avoa María viven
nunha casa grande moi perto da
Estrada; con eles viven meus tíos
Marisa e Lois e o seu fillo Brais que
xa ten nove anos. Hai moita diferenza
entre o noso piso de bloques e a casa dos seus avós. O noso piso está nunha rúa
que é toda igual

Imaxina como é o
piso de Xurxo e a
casa de seus avós e
debúxaos.
¿Cal che gosta máis?

o piso de Xurxo a casa dos avós

1 ¿Serías quen de Avó Avoa


completar esta árbore
de familia de Xurxo?

Pai Tío
Ramón Mar Lois

XURXO
Esta fin de semana,
como sempre que os
meus pais poden,
viñemos ver os
avós. A cociña ulía
moi ben e o papá
púxose todo ledo
cando o avó lle
dixo o que había de
cear. Enriba da pran-
cha da cociña había
castañas asándose.
Toda a casa cheiraba
moi ben, a castañas!!

1
Hoxe vai de receitas. ¿Sabes algunha forma máis de cociñar as castañas?.
Escríbea aquí e que os teus compañeiros de clase che digan outras diferentes:

2
¿En que estación do ano estamos agora? No

4
¿Sabes o nome das outras estacións?
e
,
A Moucha, é unha porca que
teñen os avós na corte e
está moi gorda. Ten unha
barriga gorda con moitos
bultiños. Como estaba
preocupado pregunteille á
mamá que lle pasaba, dí-
xome que estaba preña-
da, que ía ter
ranchiños. Tamén me dixo
que os bultos da barriga son
as rolas e que por aí dá leite
e del aliméntanse os porquiños
cando nacen.

1 ¿Cantos ranchiños
cres ti que tivo a
Moucha?
Debuxa a Moucha e
os seus ranchiños
como ti os imaxinas.

A Moucha e os ranchiños

2 Imos falar de alimentos. ¿Que é o que máis che gusta do porco?

3 Apunta aquí outros alimentos que obtemos dos porcos:

5
Hoxe o avó levoume a darlle de comer aos animais,
comen moitas cousas, pero agora non son
capaz de lembrarme eu só do que comen,
¿podes axudarme?

1 Une o animal coa súa comida por medio de frechas.

Vaca Millo
Porco Ósos
Can Cebada
Cabalo Herba
Coellos Verzas
Pitas Patacas

2 A ver se es quen de adiviñar:


A miña nai é tatexa,
O meu pai é cantador.

6
Teño branco o meu vestido
E amarelo o corazón.
¿Xa o sabes?, poís faille o debuxo.
Cando pola mañá abro a fiestra escóitase un montón de barullo: as vacas, o
can, as galiñas....Ás veces penso se estarán a dicirme algo. O avó estívome
dicindo hoxe como se chamaba o son que fai cada animal pero a verdade
é que me dixo tantos que me perdín.

1 ¿Axúdasme a escoller o que fai cada un?. Eu só non dou!!


A pita... cacarexa / ladra
O can... ladra / rincha
A ovella... bala / cacarexa.
O gato... miaña / ouvea
A vaca... muxe / pia
2 Escolle o animal que máis che guste, ponlle un nome propio, dos que se
escriben con maiúsculas, e inventa unha historia para el.

7
Meu tío traballa na casa, el e meus avós son os
que coidan os animais. Miña tía é taxista e
tamén se ocupa da horta.

Gústanme todos os animais que hai


aquí: as vacas son moitas, máis de
15, os ranchos, as galiñas, pero o
que máis un año pequeniño suave
e moi bonito que mercou para
min o avó.

1 A ver se es quen de buscar palabras


que rimen para completar esta poesía de Manuel María.
Teño un año branco El comigo xoga:
como outro non hai, ¡moi mansiño é!
¡Teño un año branco E sei o que fala
que quedou sen Cando me di
(amigos, nai) (mee, ola)

2 ¿Saberías seguir este encadeado?

LEITE ESTRAR REPOLO

8
As vacas de meus avós non se moxen á man, teñen muxidoira... Hai nenos do
meu cole que pensan que o leite aparece nos cartóns, igual que as botellas
de refresco, que é algo que se faí nunha fábrica. O outro día fun co tío Lois
ás cortes e gustoume moito cando vin que o leite saía do ubre das vacas, sae
quentiño e vai directo para un tanque onde enfría. Meu tío díxome que isto se
fai para conservalo en bo estado até que veñan co camión cisterna buscalo.

1 Ordena estas escenas e escribe debaixo o que ves.


nº nº nº

nº nº nº

9
Na horta dos
meus avós hai
moitas cousas
plantadas. Miña
avoa e miña tía
son as que
máis trabal-
lan, teñen
unha horta
moi comple-
ta con leitu-
gas, tomates, allos,
repolos, cimos... e moitas outras cousas.
Agora imos dicir mentiras:
Sementei na miña horta
a semente dun repolo.
Xa me naceu unha ovella
Cunha pataca nun ollo.
¿Ti pensas que os animais nacen nas hortas? ¡Claro que non ho!

1 Planta unha faba nun vasiño de iogurt, non te esquezas de regala e obser-
va o que vai pasando. Completa o debuxo e váinolo contando.

1 0
Este é o pobo dos
meus avós, non é
demasiado grande, non
se pode comparar con
Vigo pero a verdade é
que é moito máis bonito.

A casa dos avós está a


tres quilómetros da vila;
a súa casa está rodea-
da de árbores e prados
e hai moito espazo libre
para poder xogar co meu
curmán Brais e cos seus ami-
gos; xogan a cousas das que eu en Vigo non podo xogar. A mamá na cidade non
me deixa saír só á rúa e aquí paso o día por fóra a xogar ás quedas, a pillar,
a correr ou a bañarme no río ou na piscina. En Vigo vexo moita tele e fago
moitas actividades extraescolares (creo que se chaman así), pero non é o
mesmo.

1 ¿ Que ves á esquerda?

2 ¿ Que vés á dereita?

3 Escribe o contrario de:


Saír só á rúa
Vida tranquila
Ser libre
Recoller o lixo
Pasar o día por fóra 1 1
No meu cole de Vigo, mandounos a profe dicir unha lista de traballos que se
fan nunha casa labrega. E van saíndo cousas, a un ocórreselle unha e a outro
outra...
Alimentar as vacas para que den leite, muxir, sementar herba, botar o millo,
ensilar, recoller herba e darlla ás vacas, sementar as patacas, botar millo ás
galiñas, recoller ovos.... ¡cantas cousas van saíndo! ¡ Eu son o que máis sei!

1 Une os números e verás que animal aparece. Colorea e inventa unha his-
toria, non unha historia calquera, unha historia que faga rir. A ver quen fai a
máis simpática

1 2
A profe pídeme que explique para toda a clase
como é a casa de meus avós e meus tíos. Ao
principio non sei por onde empezar, logo expli-
co que teñen moitas vacas que dan moito leite,
quedan con algún para comer e o outro véndeno.
As vacas hai que coidalas ben, pola mañá
hai que muxilas, faino meu tío e axúdalle
algo o avó. Logo bótanse a pacer até a
noite que hai que recollelas para
volver a muxir. Tamén se lles
bota alimento nas cortes: for-
raxes e algún penso . Meu avó
di que agora non é traballar, hai
máquinas para facer case todo.
A min, o que máis me gusta é
acompañar a meu tío cando vai
co tractor recoller herba ou
facer outros traballos.

1 Colócalle a letra que falta:


__uliana __ome __eixo.
A __ea vou tomar __ume de laranxa.
A va__a está na __orte.
__ero o leite __ente.

2 Din os médicos que o leite é o alimento máis completo que existe. Trae
a escola un cartón de leite, mira a etiqueta e apunta todo o que contén:

1 3
O peor de ir á casa dos avós é
ter que marchar. A avoa fainos
unha bolsa con patacas, ovos das
galiñas e a verdura que teñan na
horta (verzas, nabizas, repolo ou
coliflor). Sempre que nos imos
cheira a despedida, aínda que
voltemos a fin de semana
seguinte eu síntome triste
porque volto para Vigo e xa
teño menos liberdade, non podo
correr pola rúa, nen xogar co
can. Non, é que non me goste
a cidade é que é diferente;
en Vigo xogo a outras cousas
e vexo os meus amigos e na
Estrada ando todo o día de
arriba para baixo co Brais e
co tío Lois. Gostaríame
levar cousas da estrada para
Vigo e cousas de Vigo para a
Estrada e éche o que hai.

2 Colorea as frases que digan a verdade:

A vaca é un animal mamífero

Os pitos nacen da barriga da nai

Os labregos fan un traballo moi importante

1 4
Os porcos mátanse no verán

As vacas comen herba


Edita: Asociación Socio-Pedagóxica Galega
Cámara Agraria Provincial

Ilustracións: Carlos Silvar.


Maquetación: Chus Freire.
Autora: Raquel Abraira Sobrado.

ISBN: 84-89679-70-3 - D.L.: C-2.184-04


Cámara Agraria
Provincial de Lugo

You might also like