Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 1

O DEREITO A DECIDIR:

SITUACIÓN ACTUAL E ALTERNATIVAS


À DESPENALIZACIÓN DO ABORTO.

Conferencias, Videoforum e Coloquio conmemorando o

28 de Maio: Día Internacional de Acción pola Saúde das Mulleres.

Días 19, 21, 26 e 28 de Maio ás 19:30 horas na


Casa Casares Quiroga (Rúa Panadeiras, 12 A Coruña)

Organiza Marcha Mundial das Mulleres da Coruña


marchacorunha@gmail.com — www.feminismo.info

PROGRAMA

Luns 19 — Unha introdución á loita polos dereitos reprodutivos


19:00 - ‘Se estas paredes falasen’ (1996) de Cher e Nancy Savoca. Filme que narra tres momentos
diferenciados da historia do dereito ao aborto nos Estados Unidos da América.
20:45 - Conferencia sobre a loita polos dereitos reprodutivos por Lola Ferreiro, catedrática de
procesos sanitarios e membro do Grupo Lúa Crecente, enfocado na Educación para a Saúde, desde a
perspectiva de xénero.
Mércores, 21 — Redes e Situación Actual do centro de planeamento familiar
19:30 - Conferencia por Mariam Ferreiro traballadora social desde 1975 e no COF (Centro de
Orientación Familiar) da Coruña desde a súa inauguración en 1983.

Luns, 26 — Aspectos legais do Dereito a Decidir


19:30 - Mesa sobre a despenalización do aborto e alternativas legais a car-
go de Ana Aba Catoira, profesora titular na Facultade de Dereito da UDC e
membro da Rede Feminista de Profesoras de Dereito Constitucional. E Luz
Maria Puente Aba, investigadora no programa Isidro Parga Pondal na UDC e
membro da Asociación Internacional de Dereito Penal
Mércores, 28 — Alternativas à Despenalización
19:30 - ‘Maternidade por escolla, non por obriga’ de Dorothy Fadiman. Do-
cumental sobre a loita polo dereito a decidir nos Estados Unidos da América, e
a necesidade de continuar con esta loita para preservar os dereitos da muller.
20:00 - ‘Alternativas à Despenalización’ Coloquio-debate público
introducido por Itziar Brea da asociación xuvenil ‘Mil e Pico’, Victoria Louro da ‘Marcha Mundial das
Mulleres’, e o Colectivo Nomepisesofreghao Moreia de parafeministas desgêneradas.

You might also like