Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 1

Queridas familias:

Un ano mis queremos propoer s comunidades educativas


dos centros que formamos a Microrrede das bibliotecas PLAMBE da
Maria unha nova actividade, co gaio das celebracins nos meses de
abril e maio, que nos recordan a necesidade do fomento e dinamizacin da cultura, entendida
como un ben comn que propicia unha sociedade mis humana, igualitaria, crtica e libre.
Este curso dita actividade xira en torno ao intelectual lucense Manuel Mara, cunha
marabillosa e extensa obra, polo que o ttulo non pode ser doutra maneira:
OS SOOS DE MANUEL MARA
Ademais dos obxectivos de fomento da lectura, do gusto pola poesa e do pracer
polo uso e goce dos libros, podemos resumir o obxectivo principal nas palabras do propio
autor:
O idioma o amor
o latexo, a verdade
a fonte que agroma
a mis forte irmandade...

O idioma a forza,
que nos xungue e sostn.
Se perdemos a fala
non seremos ningun!
(fragmento de A FALA)

O CEIP Plurilinge de Covas participa co proxecto titulado

Palabras nosas que

consiste en escoller unha palabra do galego, a que mis nos guste, a que garda un
significado especial para a familia, a que nos dican os nosos seres queridos e que nos
gusta lembrar, a mis sonora, a mis bonita, a mis agarimosa...
Esta palabra escribirmola xunto cunha obra plstica (utilizando calquera tcnica) a
modo de ilustracin da palabra.
(Se queredes podedes explicar brevemente porqu esta palabra importante para
vs).
Os traballos entregaranse s titoras e faremos unha exposicin no centro
coincidindo co mes dos Libros (abril).
No mes de maio co gaio das Letras Galegas farase unha exposicin dos traballos de
todos os centros integrantes da microrrede no teatro Pastor Daz de Viveiro.
Se queredes participar, cubride a solicitude e entregdea s titoras. A continuacin
recibiredes a cartulina coa plantilla para realizar o traballo.
.................................................................................................................................................
Nome alumno/a .....................................................................................
Curso ............................................................

Un sado
Equipo da biblioteca do CEIP Plurilinge de Covas
www.microrredemarina@gmail.com

You might also like