Sociedade Galega de Historia Natural: Presidencia

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 4

1/4

Sociedade Galega de Historia Natural


Dende1973 estudiando, divulgando e defendendo o medio natural galego
Presidencia
Apartado de Correos nº 330 ; 15780 SANTIAGO DE COMPOSTELA
http://www.sghn.org correo electrónico: sghn@sghn.org

Comisión non permanente especial de seguimento e avaliación do Plan de Ordenación do Litoral


Intervención de Serafín González, Presidente da Sociedade Galega de Historia Natural
Parlamento de Galicia 24-05-2010

Boas tardes. En primeiro lugar, quero agradecer moi sinceiramente o convite desta Comisión
Parlamentaria para presentar o punto de vista da SGHN sobre o POL. Un punto de vista que en diversos
aspectos seguramente resultará incómodo, pero que sempre se amosará respectuosamente tentando
facer valer a forza da razón.

No pleno do COGAMADES do pasado venres, durante a presentación do POL, embargoume como


galego un profundo sentimento de tristeza e vergoña que manifestei públicamente, pero deixando ben
claro que a miña intención non era en absoluto “matar o mensaxeiro” senón todo o contrario.

En 1982, co Estatuto de Autonomía, Galicia asumiu as competencias exclusivas en ordenación do


territorio e do litoral, urbanismo e vivenda, pero houberon de pasar nada menos que 13 anos ata que se
promulgase a Lei 10/1995, do 23 de novembro, de Ordenación do Territorio de Galicia. Trece anos con
competencias exclusivas pero sen unha lei que as desenvolvese e permitise aplicalas.

Para o seu desenvolvemento, a Lei 10/1995 contempla 5 clases de instrumentos dos que os 3 con maior
rango son as Directrices de Ordenación do Territorio, os Plans Territoriais Integrados e os Programas
Coordinados de Actuación. Na actualidade, 15 anos despois de que se promulgase a Lei 10/1995, aínda
non se aprobou ningún deses instrumentos. A crúa realidade é que, 28 anos despois de asumir as
competencias exclusivas sobre ordenación do territorio, Galicia aínda carece dunha ordenación real do
territorio.

Cinguíndonos ó ámbito do POL é preciso salientar que, na actualidade, de todas as rexións do “Espazo
Atlántico” da Unión Europea (que abrangue o litoral atlántico de Irlanda, Reino Unido, Francia, España
e Portugal), Galicia é a única que aínda carece dun instrumento de ordenación, protección e xestión do
seu espazo costeiro. Esta afirmación non é da SGHN, senón que figura no primeiro apartado do
documento de presentación do POL que se nos entregou ós membros do COGAMADES o pasado
venres. Ésta é a triste realidade pola que, moi ó meu pesar, tiven que manifestar públicamente que como
galego sentía vergoña. Vergoña de ser outra vez dos últimos de Europa, como co cumprimento das
Directivas Hábitats e Aves, como parece que imos ser coa Directiva Auga.

Por si iso fora pouco, hai que salientar que 8 anos despois da entrada en vigor da Lei 9/2002, do 30 de
decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia, só un 13% dos concellos
galegos teñen un PXOM adaptado a dita lei e un 4% teñen o seu planeamento suspendido ou anulado.
No ámbito do POL estas cifras son aínda moito peores: só un 7% co PXOM adaptado e nada menos que
un 11% co planeamento suspendido.

Como cidadán de a pé no noso estado democrático e de dereito non podo deixar pasar esta
oportunidade para preguntar nesta sede parlamentaria ¿cómo é posible?

Entidade Científica sen ánimo de lucro fundada en 1973. Inscrita no Rexistro Nacional de Asociacións co nº 584.918. Rexistrada no folio 11 das Asociacións Protectoras
do Medio Ambiente (Xunta de Galicia). Nº AO/C-000/382 do Rexistro de Asociacións Culturais Galegas. Membro do Consello Galego de Medio Ambiente.
2/4
Sociedade Galega de Historia Natural
Dende1973 estudiando, divulgando e defendendo o medio natural galego
Presidencia
Apartado de Correos nº 330 ; 15780 SANTIAGO DE COMPOSTELA
http://www.sghn.org correo electrónico: sghn@sghn.org

¿Cómo e por qué este Parlamento autonómico tolerou durante 8 anos que o 87% dos concellos galegos
incumplise unha lei emanada deste Parlamento? ¿Cómo e por qué aínda non se aprobou ningún dos
instrumentos clave para desenvolvela? ¿Por qué tras loitar por ter as competencias en ordenación do
territorio se deixaron pasar 28 anos sen exercelas realmente? ¿Por qué temos que ser sempre os últimos
en AVANZAR con maiúsculas?

A SGHN non agarda unha resposta nin pretende buscar culpables do pasado, que seguramente non
están agora nesta sala, senón que plantexa estas cuestións para que se faga a oportuna reflexión e
autocrítica, se aprenda dos erros e, moi especialmente, para que non só se busquen senon que se atopen
xa as imprescindibles solucións para o futuro.

Os erros a corrixir son moi importantes. No caso do ámbito do POL, a día de hoxe a “desordenación do
territorio” levounos a ter 11600 puntos de amarre en portos deportivos, 2 aeroportos malos que compiten
entre si, 2 portos exteriores separados apenas 17 km e un sinfín de paseos marítimos absurdos que
urbanizan espacios naturais da beiramar e que hai que arranxar despois de cada temporal forte. A grave
desordenación tamén nos levou a que aínda falten por construir nada menos que 22 das 91 depuradoras
necesarias nese territorio e a que persistan 1926 puntos de verteduras, todo o cal ameaza gravemente
a riqueza pesqueira e marisqueira do noso litoral. A desordenación urbanística e a falta de respecto á
lexislación ambiental tamén nos levou ás recentes sentencias do Tribunal Supremo contra o
macrorrelleno do porto de Marín e contra a tramitación da licencia dos depósitos de combustible no de
Vilagarcía.

A política dos feitos consumados en moitos concellos, ese tristemente famoso “ti vai facendo” que en
realidade era un “ti vai (des)facendo”, no ámbito do POL traduciuse nun caos urbanístico que devoraba
o litoral galego ata que a Lei 6/2007, do 11 de maio de medidas urxentes en materia de ordenación do
territorio e do litoral de Galicia, paralizou cautelarmente os desenvolvementos urbanísticos na franxa
de 500 m desde a ribeira de mar ata que se elabore o POL do que agora falamos.

Detívose así, polo de agora, a urbanización insostible pola que entre 2001 e 2007 o número de vivendas
aumentou máis do 40% en 12 concellos do litoral e un 20-40% noutros 9 concellos, ata levar a existencia
dun exceso medio de vivendas dun 37% (case o 52% na Mariña Luguesa). A moratoria chegou
demasiado tarde para algunhas zonas sobranceiras da beiramar galega, pero aínda a tempo para outras
moitas.

Fronte a idea subxacente en moitas críticas contra a Lei 6/2007 e contra o POL, hai que dicir alto e claro
que o litoral galego non é, baixo ningún concepto pode ser, un solar sen límites.

O litoral galego é moito máis que un solar urbanizable, ou que un terreo a encher con infraestruturas
enerxéticas, de comunicacións e plantas de acuicultura. O litoral de Galicia forma parte do patrimonio
natural, cultural, etnográfico e identitario non só dos galegos, senón de todos os europeos, e como
patrimonio común inalienable debemos ordenalo, aproveitalo de xeito sostible e protexelo por enrriba
de calquera interese particular. Ós que esto lles pareza utópico ou demasiado novedoso convén recordar
que a necesidade dunha ordenación para o desenvolvemento sostible das zonas costeiras xa a puxo de
manifesto en 1991 a Conferencia Europea para a Conservación do Litoral e que entre 1996 e 1999 a
Comisión Europea desenvolveu un Programa Demostración sobre Xestión Integrada de Zonas Costeiras.

Entidade Científica sen ánimo de lucro fundada en 1973. Inscrita no Rexistro Nacional de Asociacións co nº 584.918. Rexistrada no folio 11 das Asociacións Protectoras
do Medio Ambiente (Xunta de Galicia). Nº AO/C-000/382 do Rexistro de Asociacións Culturais Galegas. Membro do Consello Galego de Medio Ambiente.
3/4
Sociedade Galega de Historia Natural
Dende1973 estudiando, divulgando e defendendo o medio natural galego
Presidencia
Apartado de Correos nº 330 ; 15780 SANTIAGO DE COMPOSTELA
http://www.sghn.org correo electrónico: sghn@sghn.org

Por iso, dende a SGHN damos a benvida ó Plan de Ordenación do Litoral non só porque é necesario,
senón porque, facendo da necesidade virtude, é en liñas xerais un bo plan.

O ámbito de actuación contemplado, a análise da situación actual e os obxectivos globais son plenamente
asumibles pola SGHN. Non é a primeira vez que esto sucede en Plans galegos sobre temáticas
ambientais, pero neste caso a SGHN está tamén de acordo coa alternativa seleccionada e coa meirande
parte das liñas de actuación e dos obxectivos específicos.

De todolos xeitos, a SGHN discrepa con algúns artículos do POL, considera que outros deberan de
mellorarse, bota en falla a inclusión dalgún adicional e considera oportuno facer diversos comentarios
sobre outros.

Para elo seguiremos a orde do articulado do POL, polo que, en primeiro lugar, deixamos constancia da
que, posiblemente, é a súa principal carencia: ningún artigo fai referencia á imprescindible campaña de
reposición da legalidade urbanística. No propio documento do POL hai fotografías nas que se ven casos
evidentes de alegalidade, incluidas flagrantes invasións do dominio público marítimo terrestre.
Ademais, á SGHN demanda que o POL establezca con claridade que os hábitats de conservación
prioritaria, os denominados Espazos de interese de taxóns e os espazos de interese paisaxístico quedan
excluidos do desenvolvemento urbano, turístico e industrial.

Con respecto ó Art. 3 entendemos que non deberan excluirse da aplicación do POL os solos clasificados
á súa entrada en vigor como urbanos consolidados, núcleos rurais ou aqueles que conten con
instrumento de desenvolvemento e de xestión aprobado definitivamente. A SGHN considera preciso
que se inclúa unha disposición transitoria que estableza unha moratoria na execución dos PXOM e os
plans sectoriais para que se adapten ó POL e ás DOT; senón corremos o risco de que, como os PXOM,
dentro de 8 anos os planos sectoriais aínda non se adaptaron.

No caso do Art. 16 considérase moi acertado que para definir os espazos de interese de taxons se teña
en conta toda a xeoforma en que aparece a especie, pero ademais da existencia de taxons de Flora
Vascular endémicos, vulnerables ou de distribución reducida, debera contemplarse calquera outro taxón
incluido no Catálogo Galego de Especies Ameazadas. Só por citar alguns vertebrados ameazados, coa
definición actual non se poderían definir espazos de interese de taxóns pola presencia de anfibios como
o sapo de esporóns, réptiles como o esgonzo ibérico e aves como a escribenta das canaveiras
iberooccidental que teñen no ámbito do POL a principal ou algunhas das máis importantes zonas de
distribución.

No Art. 27 sería lóxico que a obrigada implantación de sistemas e mecanismos de aforro de auga nas
instalacións e edificios públicos se estendera tamén a aqueles outros que para a súa construcción
contaran con financiación ou axudas públicas.

Sexan forestais ou agrícolas, os solos (“as terras”) son un recurso valioso e só moi lentamente renovable
polo que os procedentes de excavacións deberan empregarse para a recuperación ambiental doutras
zonas e non ser considerados como posibles verteduras conxuntas con rochas ou entullos como parece
facerse nos Art. 28 e 30.

Entidade Científica sen ánimo de lucro fundada en 1973. Inscrita no Rexistro Nacional de Asociacións co nº 584.918. Rexistrada no folio 11 das Asociacións Protectoras
do Medio Ambiente (Xunta de Galicia). Nº AO/C-000/382 do Rexistro de Asociacións Culturais Galegas. Membro do Consello Galego de Medio Ambiente.
4/4
Sociedade Galega de Historia Natural
Dende1973 estudiando, divulgando e defendendo o medio natural galego
Presidencia
Apartado de Correos nº 330 ; 15780 SANTIAGO DE COMPOSTELA
http://www.sghn.org correo electrónico: sghn@sghn.org

Consideramos imprescindible que as medidas de integración paisaxística contempladas nos Art. 54 a


62 se fagan extensivas ós proxectos de concentración parcelaria dentro do ámbito do POL.

Posto que en xeral o POL e un instrumento legal avanzado, conviría que tamén o fose no Art. 60 relativo
ás obras sobre edificacións existentes, establecendo que nas reformas de cuberta, ademais de empregarse
preferentemente os procedementos estruturais propios das edificacións tradicionais, se conservarán os
espacios ocupados por niños de aves e refuxios de morcegos. Sí, aínda que algúns poida sorprenderlles,
as edificacións humanas en xeral e, moi especialmente, as dos cascos históricos e os bens de interese
cultural poden ser tamén un valioso patrimonio natural.

A moi sensata recomendación do Art. 61 para que nas áreas de actividade industrial e económica a
altura da iluminación se sitúe por debaixo das copas das árbores, co obxecto de aproveitar ao máximo
a luz, debera estenderse a todas as instalacións de alumeado público.

É unha magnífica noticia para o medio litoral galego o modelo de sendeiros peonís contemplado no
POL, claramente inspirado no modelo europeo de sendeiros de gran e pequeno percorrido e que sen
dúbida algunha son moitísimo máis respectuosos, fermosos, sustentables e baratos que o perxudicial
e carísimo modelo de paseos marítimos desenvolvido ata agora. A SGHN non pode máis que animar
á Xunta de Galicia para que subscriba canto antes coa Demarcación de Costas do Estado o convenio
contemplado no Art. 63 co obxecto de facilitar o desenvolvemento de proxectos atendendo aos criterios
establecidos no POL.

En síntese, a SGHN quere máis que este POL pero sobre todo, deixando ó lado posibles diferencias con
outras entidades ou persoas, a SGHN quere como mínimo este POL. E ademais quere que se aplique real
e efectivamente canto antes. Dende hai xa 8 anos, no primeiro contacto con cada novo Conselleiro de
Medio Ambiente a SGHN só lle fai unha petición: que cumpra e faga cumprir a lexislación ambiental.
Congratulámonos de que, dito con outras verbas, ese sexa precisamente un dos dez principios
inspiradores ou obxectivos xerais do POL:
“A transparencia e o respecto, por que sen respecto ás normas e convencións rexionais,
nacionais e internacionais democráticamente aprobadas, a convivencia, a paisaxe e o
medio ambiente deterióranse, moitas veces de xeito irreversible”.

Pódese decir máis alto, pero non máis claro.


Moitas gracias.

Entidade Científica sen ánimo de lucro fundada en 1973. Inscrita no Rexistro Nacional de Asociacións co nº 584.918. Rexistrada no folio 11 das Asociacións Protectoras
do Medio Ambiente (Xunta de Galicia). Nº AO/C-000/382 do Rexistro de Asociacións Culturais Galegas. Membro do Consello Galego de Medio Ambiente.

You might also like