Comunicado de Fina Quintáns para o SR Alcalde para Debater en Radioleiros 2008-06-02

You might also like

Download as doc, pdf, or txt
Download as doc, pdf, or txt
You are on page 1of 1

COMUNICADO

A/A DO SEÑOR ALCALDE PRESIDENTE DO CONCELLO DE


OLEIROS, D. ÁNGEL GARCÍA SEOANE
Diante do seu convite para debatermos sobre o Plan Xeral na Radio Municipal, teño
que manifestarlle a miña disposición favorábel a realizar o citado debate con vostede.
Alén diso, debo indicarlle que as veciñas e os veciños do noso concello teñen dereito a
coñecer o Plan Xeral do que estamos a falar para cando teñamos que realizar o
referido debate.

O PXOM de Oleiros sufriu modificacións a respeito do documento inicial na súa


aprobación provisional. Sufriu modificacións tamén por causa das exixencias da Xunta
de Galiza cando realizou mudanzas no documento. Pode aínda ter máis modificacións
se vostede chegar a algún tipo de acordo co PSOE, tal e como pretende. Debido a
todas estas modificacións antes da aprobación definitiva do Plan Xeral, as veciñas e
os veciños do concello de Oleiros teñen dereito a que se realice unha exposición
pública do PXOM. Unha vez feita esta exposición pública, xustificada polas numerosas
modificacións a respeito do documento inicial, coa posibilidade de seren realizadas
alegacións por parte de calquera veciña ou veciño, estou disposta a debater con
vostede sobre o Plan Xeral de Oleiros e mesmo sobre o modelo urbanístico na Radio
Municipal de Oleiros no día e na hora que vostede conveña, mais sempre após esa
exposición pública con posibilidade de alegacións, dereito que lles asiste ás cidadás e
cidadáns do concello de Oleiros. Non se entendería o mesmo Plan Xeral para un
período de bonanza económica que para un período de desaceleración e crise.

Ao BNG e a min mesma como Portavoz Municipal só nos interesa a defensa dos
dereitos das veciñas e dos veciños de Oleiros, e un dereito fundamental é o dereito á
información, polo que unha vez que os cambios introducidos no documento sexan
expostos, e sexa garantido o dereito a alegacións por parte de calquera veciña ou
veciño, terame á súa disposición para debater en Radioleiros, no Pleno Municipal e
onde for preciso.

Sen outro particular, receba un afectuoso saúdo, desexando que todo de mellor lle
aconteza.

En Oleiros, a 2 de Xuño de 2008

Fina Quintáns Antelo


Portavoz Municipal do Bloque Nacionalista Galego

You might also like