NIN GAIVOTA NIN ROSA - Febreiro 2008 - Eleccións Xerais

You might also like

Download as doc, pdf, or txt
Download as doc, pdf, or txt
You are on page 1of 2

NIN GAIVOTA NIN ROSA

Asistimos estas últimas semanas (ou meses) a unha campaña electoral verdadeiramente
pesada e sofocante. Sempre se fixo e agora máis, vendernos aos cidadáns que vivimos
neste estado o feito de que só existen dúas forzas políticas, que a cousa só pode ser ou
ben branca ou ben negra.

Un sistema que tende ao bipartidismo xa de por si – e aínda se queixan de que os


partidos pequenos teñen demasiado poder!- loita últimamente por erradicar as demais
opcións, as que manteñen a pouca pluralidade ideolóxica e de algún xeito fan que aínda
non se fale das eleccións como o fan en Estados Unidos (xa saben alí simplemente
elixen entre o elefante e o burro, entre a dereita e a ultradereita, aquí gostarían que fose
a coa gaivota e a rosa).

Pois ben, unha persoa que analice a situación ten que darse conta de que xa está ben, xa
é hora de que deixar de facer o que o sistema nos dite, o que os periódicos de un ou do
outro bando ordeeen, o que unha compañía de radio ou a outra defendan, porque o que
pretenden, coma sempre, é perpetuar esta dinámica que os favorece.

Unha mostra do que está a acontecer foi o debate de onte entre Zapatero e Rajoy:
nunhas eleccións abertas supostamente a cantos partidos desexen presentarse só poden
debater as dúas opcións “oficiais”, e por certo, aínda por riba nolo fan bastante aburrido.

Víronselle as verdadeiras intencións á organización do evento cando ao remate do


debate o presentador dixo claramente que o 9 de Marzo podía pasar calquera cousa,
pero o seguro era que unhas das dúas persoas que asistiran a aquel debate artificial e
milimétrico sería seguro presidente do goberno.

Pois ben, eu desde este humilde rincón da rede global, desde Cambados, fago un
chamamento a todo aquel que estea farto deste bipartidismo que pisa o acelerador por
riba dos demais, apoiado nas “forzas vivas” da sociedade (falo dos que teñen os cartos),
para que si acudan a votar, para que lles chanten un voto en contra e para que fagan oír a
súa voz.

En Galicia temos ademais outro tipo de mentiras que nos lanzan desde ambos lados.
Como práctica habitual, os dous partidos colgan nos carteis electorais a uns señores –os
do debate- que se presentan pola provincia de Madrid e aos que os electores galegos non
teñen tan sequera a oportunidade de votar. É tal a confusión xerada que a xente xa non
sabe se aquí estamos a elixir presidente ou o que faremos, como relamente é, será elixir
aos representantes neste caso de Pontevedra que logo no parlamento terán que velar
polos nosos intereses.

E desde logo, se queres que un deputado vele polos teus intereses, se pensas que teñen
que traballar por Galicia desde o seu escano, por Cambados, entón ten por seguro que a
rosa e a gaivota non permitirá que os seus subordinados o fagan cando non atenda ao
seu interese puramente electoral.
Cando queiras que se mire polo noso e non ser partícipe ademais deste espectáculo
mentireiro e anulador da diversidade eu dígoche que hai unha forza en Galicia que vai
traballar por iso, una forza que non deixa que a asoballen, porque non ten xefes en
Madrid, e que pode ser clave agora que non haberá maioría absoluta, a forza máis
progresista das que hai representadas no Congreso, unha forza que foi e vai ser útil para
Galicia, e estou seguro de que sabes de quen estou a falar sen telo nomeado en todo o
artigo.

Pode que me acusen de ser partidista e iso é exactamente o que estou a ser agora
mesmo, dígoo claro, eu votarei ao BNG.

You might also like