Download as doc, pdf, or txt
Download as doc, pdf, or txt
You are on page 1of 2

O TRANSPORTE GALEGO, MATERIA PENDENTE

Desde que estudo en Santiago de Compostela puiden comprobar o importante que é o


transporte público hoxendía e tamén o que significa ter un transporte público precario.

Ter un bo transporte significa poder marchar de casa ás oito da tarde e estar ceando
tranquilamente en Compostela as nove e pouco, significa non ter unha dependencia con
ninguén, ter a seguridade de que a certa hora se colle un tren e a outra hora exacta
estarás pisando terras coruñesas.

Pero a cruda realidade en Galiza e en particular en Cambados é ben diferente.

Os autobuses levan anos sendo moi pouco operativos, por non dicir inútiles. Dáse a
paradoxa (comprobada por certo) de que en determinados horarios –por sorte cada vez
menos- compensaría, en tempo, saír en bicicleta e chegaríase antes có bus.

Non só hai poucos enlaces, en relación co tema dos universitarios temos que polo xeral
a combinación tren-bus para chegar á nosa vila é nefasta, tendo que agardar ás veces uns
cincuenta minutos en Vilagarcía.

E o tren tampouco é o que debería de ser.


Colapso total nos días claves para o estudantado, imposíbel coller R-598 porque non hai
prazas suficientes e de facelo a tempo nunha estación intermedia ter bastantes
posibilidade de quedar no espazo entre vagóns por non haber prazas baleiras (hai xente
que sobe nas estacións anteriores sen billete e ocupa a praza que ti reservaras, con
permiso da compañía evidentemente).

A miña pregunta é, se cada venres e cada domingo, principalmente, os trens veñen


abarrotados, e a media tarde xa están cubertos os de reserva de praza: por que non
amplían o número de vagóns?

O outro día, despois de que nos pasara o caso típico de quedar sen billete aínda
chegando media hora antes á estación, un amigo dicía que odiaba o transporte público,
que xa era mellor non depender de ninguén para viaxar.
O seu enfado era xustificado, pero non nos equivoquemos, o transporte público é
fundamental hoxe, e máis agora que ninguén discute a evidencia do cambio climático:
miremos outra vez máis cara Europa ou mesmo para algunhas zonas do Estado e
preguntémonos se é normal a baixa calidade do noso transporte.
E estamos n´O Salnés, agora imaxinemos a quen vive en Ferrol ou en Ourense, por
poñer un exemplo. Unha tolería.

(Publicada en La Voz de Galicia)

You might also like