Manifesto dos usuarios das Pistas de Tenis d’O Pombal
Durante anos o Concello de Cambados ollou para o tenis como algo
secundario, carente de interés, cando o deporte en si é sobre todo para os xoves unha das actividades máis importantes e saudábeis.
O estado das pistas de tenis é totalmente lamentábel; no inverno a
vexetación e os charcos abundan no chan, as vallas están rotas e as redes sempre baixas (con amaños caseiros dos usuarios), mesmo unha pista ten unha rede literalmente cortada.
Hai máis ou menos un par de anos pedímoslle ao Alcalde a instalación
duns puntos de luz para poder entrenar as tardes de outono e inverno. Tardaron máis de un ano e o seu encendido non depende dos usuario das pistas de tenis, senón dos do campo de fútbol.
Tampouco entendemos o alto prezo que debemos pagar por unha
hora de xogo, sobre todo tendo en conta o mal estado das pistas.
En coherencia con todo isto, trecentos vinte e oito cidadáns
DECLARAMOS
1) Que reclamamos unhas pistas dignas: a completa
substitución das redes de todas as pistas, así como o amaño de vallas e portas e unha maior comodidade á hora de acender os focos.
2) Que entendemos o deporte como un servizo público, e
por ende, ou ben gratuíto, ou ben mediante un pagamento simbólico.
3) Que independentemente do dito no punto anterior é a obriga
do Concello arranxar as instalacións e non suceda como ata o de agora.
(Presentado ao Alcalde de Cambados, José Manuel Cores
Tourís, polo entrada no Rexistro Xeral do Concello de Cambados con data 2 de Xuño de 2005)