Cartas PDF

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 4

CONCURSO DE CARTAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

Pontevedra, a 15 de novembro de 2010

Amiga:

Non sei como podes aguantar que te maltraten desa forma todos os días, sabes? Calquera día
el vaite matar se non te defendes ou non pos unha denuncia. Non deixes que che poida máis o medo
que o que poidas facer contra el.

El descarga toda a súa rabia e o seu cabreo contra ti porque non é feliz coa vida que leva.
Cada vez vai a ir a máis, e ti pasarás todos os días chorando por culpa das malleiras que che dá.

Ti podes cambiar esa situación.


Podes facer que o deteñan ou podes chamar á policía.
Arrepentiraste se non o fas porque todos os días aparecen noticias no periódico de mulleres
que morren por culpa dalgún home que perde os nervios, e elas, por non denuncialo antes e calar,
págano caro.

A sorte que tes ti é que estás a tempo de remediar isto.


Ademais contas coa axuda e o apoio dos que te queren. Dos teus amigos. Outras mulleres non
corren a mesma sorte.

Sei que estás pasando por un mal momento e que che costa defenderte pero esta situación
estase sobre pasando.

Un saúdo moi grande da túa compañeira e amiga.

Laura.

PD: Non teñas medo de denuncialo. Toda a xente que te quere vaite estar apoiando sempre.

Sabela Bentancor Domínguez.

Pontevedra, venres 19 de novembro de 2010

Ola querida Romina:

Son Esteban e escríboche estar carta porque estou moi arrepentido polo que fixen. Para
demostrarche o arrepentido que estou entregueime onte á xustiza e conteille todo o que che fixen ó
longo do tempo que estivemos xuntos: as malleiras tan fortes que che peguei para que non
tiveramos ese fillo que estabamos esperando, os insultos...

Agora quédanme sete anos para saír da cárcere e para pensar no mal que che fixen a ti e máis
ó noso fillo.

Sinto todo o que pasou no tempo que estivemos xuntos.


Por favor, esquece todo o mal que che fixen e volve empezar comigo unha nova relación.
Dáme unha nova oportunidade. Así estaremos ti, eu, e máis o noso fillo. Non deixes que el
pase por unha mala experiencia. Por favor, aínda que non queiras empezar unha nova relación
comigo, déixame ver ó noso fillo.

Quero que saibas o moito que te quero e o moito que me arrepinto do que fixen. Un abrazo e
un bico moi grande.

Esteban.

Adrián Concheiro Barcia.

Marín, 15 de novembro de 2010

Estimada policía:

Escríbolles esta carta para denunciar un caso de violencia machista.

Entereime polos gritos de todos os días. Sempre se escoita como el lle pega e ela chora. As
veciñas saen todas á rúa para ver que pasa.

A min dáme medo e tamén me dá pena o seu sufrimento. Por iso lles escribo esta carta.

Eu pregunteille a ela como estaba e díxome que moi mal. Díxome tamén que xa estaba cansa
pero que tiña moito medo de que se avisaba á policía, el fora para a cárcere.

Levo moito tempo escoitando gritos, pelexas, insultos... e xa estou cansa. Síntoo pola miña
veciña pero teño que denunciar o que pasa.
Quero facelo porque sinto que ela está moi mal e non pose seguir así.

Aínda que ela non o vexa, eu penso que vai estar mellor sen el no futuro, porque así vai vivir
máis tranquila.

Un saúdo.

María.

María Rivas Couso.

O maltrato e a violencia.

Eu vin pola ventá a unha muller que estaba chorando e o home estaba pegándolle. Ela
intentou coller o teléfono e el tiroullo á cabeza. Os veciños chamaron á policía.
El saiu para fóra ameazar á policía de que se entraban a ía a matar. El seguíalle pegando na
cara unha e outra vez ata que se meteu na casa.
Un policía intentou entrar pola ventá e o agresor colleu unha botella e deulle con ela na
cabeza. O policía caeu no chan inconsciente. Estiveron tres horas convencéndoo para que saíra e
deixara á muller. Ó final rendeuse e prendérono. Caéronlle dez anos na cadea.
Agora a muller está moi nerviosa.
Julián.

Julián Martínez González


Estimados policías:

Teño unha amiga que creo que a están a maltratar. Seino porque cando vou con ela á praia
véxolle moitos mouratóns. Cada día ten máis e cada día dáme unha nova escusa.
Un día estaba a subir polas escaleiras do seu edificio e empecei a escoitar moito barullo. Viña
do seu apartamento.
Por iso vos mando isto, porque non sei de que forma se poderá defender. Ela está a pensar en
ir a un deses lugares para aprender a defenderse. Ela tamén quere pedirlle o divorcio pero non llo
pide porque ten medo de que lle pegue aínda máis.
Un día inviteina a cear porque o home estaba a traballar, e cando estabamos empezando, o
home veu, colleuna e levouna dos pelos pegándolle.
E con isto quero que o arrestedes, porque esta muller xa non aguanta máis.
Ata logo. Un saúdo.
David.

David Pérez Juncal.

Marín, 25 de novembro.

Ola.
Eu son María e escribo esta carta para que saibas quen son e tamén a miña historia. Caseime
felizmente co meu marido pero o día a día fíxose máis duro xa que ao pouco de casarnos empezou a
tratarme moi mal. O trato ía dende insultos ata puñetazos, patadas... Ata que un día decidín chamar
ao número de maltrato á muller. Colléronme, pero colguei porque non quixen denuncialo. Tal vez
fose por amor. Ese mesmo día ó chegar do traballo viu a chamada no teléfono, pegoume unha
lambetada e gritoume: Ti, estúpida de merda! Por que chamas a este número? Que pensabas
dicirlles? Que che pego? Se o fas mátote, porca, mátote! Ao día seguinte topeime cunha amiga ao ir
a comprar ao supermercado e díxome: Que che pasou que estás toda denegrida polo brazo?
Pegouche o teu marido? E respondinlle: Non. Foi que me caín polas escaleiras e saíume isto. Esa
mesma noite, mentres facía a cea chegou o meu marido e díxome: Ben feito, se segues así todo irá
ben e cando non...xa sabes! E respondinlle: De acordo! Mentres choraba. Ao chegar a mañá decidín
que hoxe era o día, o día en que denunciaría ó meu marido por todo o que me fixera ata agora.
Esa tarde decidín chamar, pero volvín colgar. Esta vez foi por medo. Esa mesma noite chegou
con algo pero eu non me dera conta ata que me cravou un coitelo na man e a outra rompeuma. De
pronto sacoume o coitelo e pegoume cunha tixola na cara e tiroume ao chan onde me golpeei co
canto dunha mesa e comecei a sangrar. De repente comezou a darme patadas mentres me dicía:
Díxenche, puta, que non volveras chamar. Que si o facías matábate e iso vou facer. De pronto sacou
unha pistola e disparoume nunha perna e logo noutra ata que me disparou no corazón matándome.

Despois de todo isto escapou. Hoxe en día o delito aínda segue impune.
Axúdame a que non quede impune: DENÚNCIAO!
Recorda: eu son ti e ti es eu!
Porque eu faríao por ti, e ti por min?

Manuel Sebastián Iglesias Isla.


Marín a 11 de novembro de 2010

Excelentísima Maxestade Don Juan Carlos:

Envíolle esta carta co fin de poder axudar ás mulleres e aos homes que están sendo
maltratados. Pensei en vostede porque ten poder para cambiar un pouco as leis e así mellorar este
problema que se cobra tantas vítimas.
Por certo, eu chámome Álvaro. Espero que me axude porque as mulleres non teñen que vivir
así de atormentadas.
As leis aquí, para quen maltrata e incluso para quen chega a matar están moi frouxas. Eu non
podo facer nada, só podo esperar pola súa necesaria axuda. Seguro que vostede tamén quere que
acabe esta inxustiza.

Atentamente.
Álvaro.

Álvaro García Álvarez

Marín a 18 de novembro de 2010

Excelentísimo Benedito XVI:

Eu escríbolle esta carta para falarlle sobre o maltrato da muller. Vostede, coma o Rei, ten
moito poder e podería falar máis sobre o maltrato ou a violencia ás mulleres.
Isto pasa habitualmente, e a vostede escóitao moita xente. É convínte que recorde isto cando
faga os seus discursos. O outro día puido falalo cando estivo en Santiago de Compostela e en
Barcelona, pero non o fixo.
Escríbolle esta carta para pedirlle a súa colaboración.
Atentamente. Carlos.

Carlos Guimeráns Arias.

You might also like