Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 3

Reunión Comité de Empresa CAE-112 Galiza – MkPlan21, S.A.

16/03/2010

Asisten:

Pola empresa:
Mercedes Tejero Taboada – Responsábel MkPlan 21 Zona Norte
Blanca Maceira Balboa – Responsábel de Explotación Operativa

Pola parte social:


Isabel Moares Rei – CIG
Óscar Valladares Ocampo – CIG
Carlos E. Martínez Barral – CC.OO.

No CAE-112 Galiza, en Santiago de Compostela, sendo as 11h00 dá comezo esta


reunión tratándose os seguintes temas:

1. Proposta de regulamento de gardas retribuídas


A empresa indica que non pode facer frente ás cantidades exixidas pola parte social na
anterior reunión, e propón unhas cantidades intermedias para o acordo.

Prezo/hora por activación de luns a sábado en horario de día: 20€


Prezo/hora por activación nocturna: 23,08 €
Prezo/hora por activación en domingo: 25€
Prezo/hora por activación en festivo: 32,24€
Prezo/hora por activación en festivo especial: 39,62€

Estas cantidades non incluen os pluses que se realicen en función de cada turno a cubrir.
Polo tanto, deberán sumarse as cantidades dos pluses ás arriba indicadas.

Ademais disto, a empresa recoñece que con estas cantidades non poderá exixir a
obrigatoriedade das coberturas e confórmase coa existencia dun compromiso formal
pola parte do persoal que acceda á bolsa. Solicita, por isto, unha modificación da
proposta sindical nos seguintes puntos:

A cláusula 2.1., que explicita ““baixas médicas puntuais e baixas médicas de longo
alcance até o 3º día de baixa”, queda do seguinte modo: “baixas médicas puntuais e
baixas médicas de longo alcance até o 7º día de baixa”

Na clásula 3.3, acórdase que cando se activen máis de 100h/ano de busca ao ano, a
sobrecarga será pagada como hora extraordinaria. No caso de non chegar ao tope de
100h/ano, non se exixirá o seu cumprimento por parte do persoal.

Na cláusula 4, establécese un tempo de espera máximo para a activación de 7 días en


lugar dos 10 días da primeira proposta. Tamén se elimina a opción de que, pasado ese
tempo, o persoal na primeira posición que non fose activado, pase á última posición.
Ademais, elimínase o punto 4.3 e indícase que se permitirá un tope de 5 negativas non
xustificadas ao ano.

2. Pagamento das horas do temporal Xynthia e temporal de neve de xaneiro


A empresa indica que están á espera de que a Administración dea o visto bon ao
pagamento das horas extras activadas para o temporal Xynthia, que serán aboadas á
maior brevedade posible. O mesmo serve para as horas a mais realizadas durante o
episodio de nevadas do mes de xaneiro.

3. Operador de datos
A empresa informa de que, a proposta sindical, creará a figura do operador de datos, e
que recaerá na persoa de Mariano Llovo González. Informa de que se comezará por
recabar datos e pide colaboración do persoal para deseñar a súa visualización final nas
pantallas. Ademais, tamén pide que se realicen unha proposta de xestores e outra de
enlace para os datos mínimos a incluir nesa base de datos.

4. Internet
A parte social interésase pola súa petición de normalizar a conexión á internet. A
empresa indica que entregou a petición á xerencia da Axega e que, á espera de que sexa
efectiva, procederán a abrir o acceso a novas páxinas útiles para o traballo na sala.
Solicitan que o persoal propoña os portais que considere oportunos.

5. Cámaras
A empresa reitera que as cámaras están apagadas e que están á espera da chegada de
persoal da empresa de seguridade que as xestiona (no prazo aproximado dun mes).
Antes da súa posta en funcionamento, a empresa comprométese a realizar unha reunión
informativa co C.E. e a permitir que este visualice as imaxes.

A parte social insiste na ilegalidade das cámaras que gravan os operadores nos seus
postos de traballo, especialmente pola súa capacidade para rotar 360º e pola súa
posición.

6. Idiomas
A empresa informa de que neste momento non vai ampliar o plus de idiomas a aquelas
persoas que realizan traballo con eles sen ter o plus xa recoñecido. Non obstante,
solicitan que o tema se volva tratar en xuño.

7. Devolución de festivos de Coordinación e Enlace


A parte social transmite a negativa dos tramos de Coordinación e Enlace perante a
proposta da empresa da anterior reunión. Ademais, informa de que as persoas que
cobren Coordinación e Enlace con 1400h/ano efectivas e sen secuencia 3-3 non
poderían pedir a devolución con este modelo polas numerosas modificación que sofre o
seu horario mes a mes. Solicítase que, cumprido efectivamente o promedio (7 festivos),
o persoal poida comezar a pedir a devolución dos seguintes festivos, inclusive no ano
seguinte.

10. Menosprezo e agresións ao persoal do CAE-112


A parte social fai queixa das numerosas agresións verbais e menosprezo xeral que o
persoal sente repetidamente por parte doutros organismos e do persoal da
administración da AXEGA. A empresa solicita ao persoal que se lle comunique
calquera destes episodios para interpor a correspondente queixa formal, como se ten
feito con anterioridade.
11. Estado de tramitación das plicas
A parte social interésase polo coñecemento que a empresa poida ter do proceso en que
se atopa a tramitación das plicas. A empresa informa de que as plicas continúan a ser
submetidas á asesoría xurídica e descoñecen cando van ser publicadas.

Sendo as 12h30 dáse por rematada esta reunión.


En Santiago de Compostela, a 16 de marzo de 2010.

You might also like