Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 1

XORNAL.

COM 14/10/2010 -

O Senado aproba respectar a toponimia galega na Administración

Apoio unánime ao respecto dos nomes oficiais das localidades galegas

O senador socialista por Ourense, Miguel Fidalgo, valorou o acordo alcanzado por
todos os grupos parlamentarios na Comisión de Cultura para sacar adiante unha emenda
elaborada polo PSOE a unha moción do Grupo de Senadores Nacionalistas referida á
toponimia oficial de Galicia. A través da citada proposta transaccional, que foi apoiada
por todas as forzas parlamentarias, solicítase ao Goberno a adopción de determinadas
medidas no ámbito da Administración para respectar a toponimia oficial da
Comunidade Autónoma de Galicia en todas as súas publicacións.

Miguel Fidalgo destacou a xestión do Goberno de José Luís Rodríguez Zapatero no


sentido de impulsar a normalización lingüística en Galicia e afirmou que o maior
respecto cara a esta terra demóstrase no uso dos nomes correctos. "Trátase", proseguiu,
"de respectar aos pobos, as nacionalidades, as linguas e neste sentido, o PP de Nuñez
Feijoo rompeu un pacto forxado en 1983 polos socialistas e as forzas conservadoras coa
Lei de Normalización Lingüística"

You might also like