Documental Linguas Cruzadas

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 4

Lingua Galega 4º ESO Curso 2007-2008

UNHA REFLEXIÓN DA MOCIDADE ARREDOR DA LINGUA


Perviven os estereotipos que marcan os falantes de galego ou de
castelán? Existe conflito por culpa da lingua? Que lle falta ao
galego para estar normalizado? Que futuro lle espera? Linguas
cruzadas é un documental de 50’ que afonda na cuestión
sociolingüística a través da xente nova, da primeira xeración da
historia que tivo o galego como lingua oficial. Xente de menos de
30 anos que medrou aprendendo galego na escola e escoitándoo na
TVG e na RG. Co convencemento de que as experiencias e
opinións desta xeración son clave para entender o estado actual da
lingua e os retos para o futuro, o documental recolle as opinións de
máis de 35 persoas, centrándonos en 5 personaxes que representan
outros tantos paradigmas de falantes na mocidade actual.

Mozos e mozas do país falan sobre a lingua coas súas palabras e dunha xeito distendido. Escoitalos,
contrastar ideas e entender diferentes puntos de vista sobre un tema tan complexo é o paso previo
para a túa propia reflexión. Expona seguindo cada un dos 7 apartados en que agrupamos as
intervencións (para refrescarche a memoria, reproducimos parte delas).

1.- Falo galego porque...


- María Seijo (1989), de Outeiro de Rei, e os seus compañeiros/as do IES Castro Ribeiras de Lea (Terra
Cha)
- María Seijo: Eu normalmente falo en galego porque me educaron en galego… e agora non me cambio
ao castelán porque non me interesa, non me gusta tampouco
- Belén: Desde sempre porque os meus pais falan galego, toda a miña familia fala en galego, desde
sempre. (...) Non falo castelán porque non fai falta tendo outro, o noso, non creo que faga falta falalo.
- Tania: Nós temos a sorte de ter unha lingua propia, porque non se ha falar?

- Membro de 6PM: Fun bilingüe toda a miña vida.

- Roli (1986, estudante) e os seus amigos da Coruña:


- Roli: Yo hablo castellano porque estoy acostumbrado a hablar castellano desde pequeño. Mis
padres hablan castellano. Incluso mis abuelos hablan castellano. Tengo un conocimiento (de
galego) total pero no es la lengua que utilizo normalmente.
- Amigos de Roli: Yo en la aldea hablo gallego. Yo también. Yo en el bar si me hablan en gallego
hablo gallego. Yo cuando estoy de coña. Yo ni eso, yo no hablo nunca en gallego. Yo si veo un
hombre mayor en gallego le hablo en gallego… igual.
- Carlos (1987): Mis padres pensaron que lo mejor para mi era que hablara castellano.(…): Mis
padres lo hablan pero yo no porque con mis amigos hablo en castellano, en clase (…) Yo estoy
orgulloso de tener idioma propio, no todo el mundo tiene idioma propio. Es más de valorar
hablar gallego que no hablarlo, una persona que habla gallego es una persona que siente más su
identidad que una persona que no lo habla. En Galicia y hablando castellano… hombre, está bien
que lo hables con un madrileño, con uno de Castilla pero vas a Cataluña y hablan catalán entre
ellos, no hablan español; vas al País Vasco y hablan en vasco, no hablan español. Teníamos que
utilizar el gallego pero no lo utilizamos, así nos va, siempre estamos en la cola de todo.

- Nadadora, do Grove, banda punteira de pop. Cantan en español porque é a lingua do estado, ten máis
proxección, pero tamén o fan en galego. É o noso idioma, dá moi ben co POP e mesmo lles gusta aos fans
de fóra que nos piden as letras e nos animan a cantar máis en galego. Agora hai moitos grupos pop que
apostan polo galego.

Román Cerqueiro Landín DPTO. Lingua Galega do CPI don Aurelio (Cuntis)
Lingua Galega 4º ESO Curso 2007-2008

2.- Os prexuízos sobre o galego


- María Seijo: Eu creo que (se fala máis castelán) por darse a máis. Falas en castelán e xa dás un
nivelazo, a min non me parece ben.
- Tania: Eu penso que tampouco é eso, penso que é máis unha moda. A xente que vive na cidade e fala
todo o mundo castelán.. tamén tendes a falalo. A xente que xa foi educada desde pequena en castelán,
vale, paréceme normal, é moi fácil que siga falando castelán na súa vida pero tampouco fan nunca nada
por valerse do idioma que temos porque é algo que é noso e aínda non o utilizamos. (...) O castelán
tampouco o desprezo. É outro idioma e vou sabelo porque che pode facer falta moitas veces... da mesma
forma que aprendes o inglés. Outro idioma.
- Anaír: Porque nós (a diferenza dos pais) ao ter como asignatura galego temos máis seguridade
expresándonos nel. Meus pais cando van a Lugo cambian o idioma nunha tenda. (a ela dinlle na casa)
Fala en castelán porque has ter máis saídas, porque non señas burro que se falas galego... Non o
valoran.

- Lara (Marín, 1985): Os nosos pais foron criados na idea de que falaba galego quen era menos, quen
tiña menos recursos económicos, quen tiña menos cultura (...) Hai aínda moita xente que pensa que o
galego só o fala a xente que vén do monte ou os intelectualillos.

- Martín Wu (The Homens): Eu ata podo entender ata certo punto que a xeración dos meus pais tivese
algún reparo pola situación da que viñan e á hora de ensinarlles aos seu fillos a falarfixérono en
castelán. Non o entendo tanto en xente que son da miña idade, que son galego-falantes, que “a sus hijos
les hablan en castellano”.

- Rapaces da Coruña: No lo hablamos pero no estamos en contra es simplemente la costumbre. Está bien
saberlo, hablarlo.

- Rapazas no botellón da Praza do Humor da Coruña: Na Coruña non se fala moito, hai quen o fala é por
ideoloxía. (...) Hai amigos que falan galego pero no instituto non o falan e non sei por qué. Falan
castelán, non sei por qué. Eu vexo a xente que fala galego pero a min non me sae, eu non tiven a
educación de moita xente. (…) Non se fala pola moda, a moda é falar en castelán. A Coruña vai así e non
podemos cambiala. Non estamos no valor de cambiala, é que non podemos, máis quixeramos. O papel
dos adolescentes, os da nosa xeración, non colaboramos con iso… Valorámolo e, cando vexo alguén que
fala galego, eu quédome mirando e digo “Ole, Ole”.

- Varios: (se falas galego) es do monte, que es cerrado, que es nacionalista. Es do Bloque. Os que teñen
acento “cerrado” son de “pueblo, pueblo”. O que fala galego é “raro”, si, é raro.

- Xocas, de The Homens: Hai roles sociais para os dous idiomas.

- Amigo de Fernando: Para ligar en español… ás veces en galego, que sempre dá un puntiño.

- Os compañeiros de balomán de Andrés (Bueu): As rapazas falan castelán, é máis pijo. O castelán é
máis útil.

- The Homens: O galego está máis asociado á música para o folclore ou para a reinvindicación.

- Guillem (1981, catalán): Por que me falan en castelán? (no bar cando pide algo en galego e ven que non
é galego)

Román Cerqueiro Landín DPTO. Lingua Galega do CPI don Aurelio (Cuntis)
Lingua Galega 4º ESO Curso 2007-2008

3.- O galego normativo


- O galego normativo é un tanto artificioso.
- Tania: di que o galego, polas súas circunstancias históricas, tivo
que recuperar o tempo perdido. Paréceme normal, como moitos
outros idiomas.
- Anaír: Se unha persoa ten que aprender galego hai que ter un tipo
de galego.
- Outra moza: Precisas dunha lingua culta, unha variedade
estándar.

- Membro de 6PM: engorroso, con cambios cada certo tempo. Iso


non creo que beneficie moito.

- Rapazas: Tamén tes que tender a recuperar certas palabras que están perdidas... por exemplo, “por exemplo”.
Antes dicía “viernes”, agora digo “venres”.

- Xocas (The Homens): defende un achegamento a portugués por unha cuestión económica. Para el, a integración
na Lusofonía só traería vantaxes no mundo laboral, á hora de saír ao mundo, non en van é a 4ª ou 5ª lingua en
falantes.

- Fer: A norma do castelán é artificiosa. Ninguén en Castela distingue o CD do CI, ninguén fai os parrticipios en –
ado. O mesmo pasa co galego.
- Amigo de Fer: Ás veces parece portugués máis que galego.

4.- Falo galego dende hai tres meses: o valor dos neofalantes.
- Fernando Trigo (1984, estudante de Físicas) está orgulloso do paso dado: É un proceso gradual, aínda fala cos
pais en castelán pero ese é un reto que pensa dar en breve. Non é vergoña, non é delicto. Sei que son neofalante,
sei que non teño boa fonética... pero polo menos dei o paso, estou orgulloso.

- Pablo (1984): a miña historia lingüística co galego comeza hai tres meses que é cando falo. Ata o ano pasado
practicamente falaba castelán con todo o mundo e desde ese momento empecei a cambiar por razóns persoais.
Recoñece que é moi difícil e está en transición cara ao monolingüismo: Cos amigos aínda fala en castelán. Estou
nun ano de transición. Quería no 2008 falar completamente en galego. Ser monolongüe. Pero é moi difícil, telo
que ir plantexando por obxectivos.

- Lara: é algo que nunca entendín moi ben porque na miña casa os meus pais sempre falaron en galego; sen
embargo eu e mais as miñas curmáns falabamos en castelán (...) E con 16 anos dixen “bah, e por que teño que
falar así a medias?” E empecei a falar só en galego. E chegaron os típicos choques. A única rapaza que falaba
galego en todo o instituto era eu.

5.- Os dereitos dos galego-falantes.


Hai conflito lingüístico?
- Pablo: Non hai, cada un fala o que quere, o castelán non está imposto imposto... está imposto polos medios de
maniera sibilina….

- Martín WU: Se non houbese conflito non estaradess facendo este documental! Algo hai.
- Xocas: o máis fácil é falar en castelán, está socialmente ben visto. Falar galego marca socialmente, ten
connotacións negativas ou pexorativas.

- Gerardo: O galego en Galiza é unha lingua de segunda. Podes vivir perfectamente en español pero non en
galego.

- Membro de Nadadora: Que hai en galego? Non hai nada. Nin os menús, nin os carteis... todo está en castelán.

- Fer: a ciencia está en castelán.

Román Cerqueiro Landín DPTO. Lingua Galega do CPI don Aurelio (Cuntis)
Lingua Galega 4º ESO Curso 2007-2008

- Roli: a música en que está? Si el Marca viniera en gallego.

- Martin Wu: A nós pregúntannos “Por que cantais en gallego?“ou aínda peor “Cuando vais a dar el salto al
castellano?”

- Membro de 6PM: non hai ningún sitio onde te miren mal por falar galego.

Hai discriminación dos galego-falantes?


- Unha rapaza nunha clínica dental: Eu non vexo que teña tanto prestixio o galego porque senón estas cousas, o
que me pasou a min, non pasaría. Fun facer as prácticas a unha clínica dental na Coruña que tiñan prohibido
falar en galego. Cando lle dixen que me ía custar un pouco porque era galego-falante, díxome, estrañada, que era
imposible. “En España se tiene que hablar en español”.
- Unha moza nunca asesoría en Pontevedra: chamáronme e dixéronme que había un fleco por atar. Non podía falar
en galego cos compañeiros e cos clientes moito menos. Nin escribir en galego. Non hai discriminación? Non, que
va! Eu non era apta por falar en galego.

6.- O papel da escola


- Andrés (Bueu, 1990): deixei de falar en galego por culpa do colexio. Os seus pais afirman que até os 3 anos
falaba galego, comezar no colexio e cambiar de lingua foi todo un.

7.- O galego no futuro


- Roli: no hablamos gallego porque no tenemos referencias en gallego en la TV, en la prensa... lo que está a la
orden del día. Tampoco hay personajes de referencia que hablen en gallego y los jóvenes nosn tira mucho la TV, la
Internet… y en esos medios el gallego no se utiliza.

- Membro 6PM: Levar o galego ao moderno, ao sofisticado, ao” in”. Hai que lle dar valor ás minorías, non todo
vai ser inglés.

- Pablo: O meu caso non creo que aporte moito porque a miña opción é impoñer o galego e á xente non lle gusta
que lle impoñan nada. Así que cada un que fala o que queira, logo chegarán as lamentacións.
- Amigo de Fernando: Tanto ten o que falemos, que máis dá, castelán ou galego... ou inglés. Eu busco unha lingua
para comunicarme .A que máis futuro teña.

- Andrés e amigos (Bueu): Estase perdendo

- Terra Cha: Nós somos menos, eles son máis.

- Lilian Lee (Corea): Tengo amigos gallegos. Para conocerlos mejor quiero aprender gallego. Estoy en Galicia, es
normal hablar gallego. Algunos gallegos tienen vergüenza de hablar en gallego. Vosotros tenéis que utilizar moito
máis gallego.
- Guillem: Unha lingua que só ten falantes nativos non avanza.

- Fernando: Apostar pola ciencia e a tecnoloxía. Conseguir máis do 50% ou máis de galego na escola.

- Xocas: Vai ser unha lingua residual… como o gaélico en Irlanda. Como un símbolo de país pero sen uso real.

- Membro de 6PM: Simplemente que os pais lle falen aos fillos.

Román Cerqueiro Landín DPTO. Lingua Galega do CPI don Aurelio (Cuntis)

You might also like