Download as doc, pdf, or txt
Download as doc, pdf, or txt
You are on page 1of 5

1.

Introdución II: periodización, espazo e outras cuesións

1. Periodización
6.1. Ghellinck
Ghellinck propón a seguinte periodización:
1) Período de transición ou de fundación (476 – 760):
Comezo Final
4761: comezo da decadencia da Patrística 760: comezos do período carolinxio

2) Período do Renacemento Carolinxio (760 – 880): as liñas do latín


medieval fíxanse e hai un auxe da literatura.
 Século X: é o século da escola postcarolinxia. Así, até o ano 1050
continúase a tarefa educativa de Carlomagno.
 Mediados do século XI: renovación literaria que dará lugar ao período
seguinte.
3) Renacemento do século XII: literatura da polémica (cruzadas....)
 Século XIII: culminación do auxe do século anterior. A sociedade,
relixiosa e civil, evoluciona porque chegan influencias foráneas e dáse unha
difusión das ideas de Aristóteles.
 Século XIV: influencia das literatura nacionais. Xa se albisca o
Renacemento.

6.2. Ermini
1) Época das orixes (337 – 476): comprende o período entre a morte de
Constantino e a caída do Imperio Romano. Dáse unha conxunción entre
pagán e cristián:
 Pagán: poesía e prosa histórica.
 Cristián: poesía (Prudencio, Xuvenco) e prosa (Xerome, Severo, Orosio).
2) Literatura bárbara (476 – 799): época de transición na que se dá unha
grande variedade de expresións literarias (épica, lírica, prosa...)
3) Renacemento Carolinxio (799 – 880): época na que se produce un
grande avance por mor do esforzo de Carlomagno por alfabetizar ao pobo.
Este reaviva os estudos na Escola Palatina, desde a que envía sacerdotes a
cidades e pobos para que alfabeticen os nenos.
4) Literatura feudal (880 – 1000): desenvolvemento da épica, aínda que
tamén se cultivan outros xéneros coma a historiografía, a gramática, a lírica
ou a haxiografía.
5) Séculos XI e XII: época da literatura escolástica na que o saber se reflicte
nas escolas.
 É unha etapa de relativa tranquilidade, o que favorece o desenvolvemento
da literatura.

1
Data aceptada por moitos historiadores coma comezo da Idade Media, mais non hai unanimidade.
Outras propostas son:
- 330, fundación de Constantinopla.
- 529, Xustiniano pecha a Escola de Atenas e San Bieito funda o mosteiro de Montecassino.
- 565, final o Imperio de Xustiniano.
- 750, comezo da época carolinxia.
1
Literatura Latina Medieval
2007/2008
USC
1. Introdución II: periodización, espazo e outras cuesións

 Ademais, é un período no que hai contactos co afastado Oriente (cruzadas)


e co mundo árabe (Península Ibérica).
 Nesta etapa tamén se difunden as ideas de Aristóteles.

6) Época da literatura erudita (comezos do século XIII – mediados do


século XIV): a partir do século XIV comeza a decadencia.

6.3. Franceschini
1) Época pre-carolinxia (séculos VI - VIII):
 Período complexo no que se inicia unha boa produción literaria.
 Despois dun período de auxe, iníciase unha decadencia xeral, agás en
España (Isidoro de Sevilla) e no mundo anglosaxón
2) Renacemento Carolinxio (séculos IX – X):.
 Florecen o trivium (gramática, retórica e dialéctica) e o quadrivium
(aritmética, astronomía, xeometría e música).
 Rexorden os grandes mosteiros e fúndanse outros.
 Os laicos, animados polo emperador, achéganse á cultura.
 O mundo xermánico entra na civilización romana (fundación do convento
de Fulda no 744).
3) Renacemento Otoniano (séculos X – XI): etapa á que se lle adoita
chamar idade de ferro (Robite, Watharius), mais Franceschini non está de
acordo con esta denominación. Dáse un rexurdimento e aparecen algúns
precedentes das literaturas nacionais.
4) Renacemento Escolástico (séculos XI – XII): é a época das cruzadas e
do triunfo do aristotelismo.
 Neste momento dáse un rexurdir da cultura a tódolos niveis2, é un
momento no que se coñecen e valoran os estudos clásicos.
 Conflúen máis estreitamente tres civilizacións: latina, bizantina e árabe.
5) Renacemento Erudito (séculos XIII – XIV): é o momento no que se
elaboran as grandes enciclopedias, as summas (Santo Tomé) e outras obras
acumulativas coma as specula. Mesmo se chega a considerar a Divina
Comedia unha summa.

6.4. Brunhölzl
1) Mediados do século VI – finais do século VIII: desde que os escritores
son conscientes de pertencer a unha nova época até que deixan de selo.
2) Finais do século VIII – finais do século IX: Renacemento Carolinxio e
florecemento da literatura latina por influencia de Carlomagno.
3) Mediados do século XI: final da época carolinxia, época de transición.
4) Mediados do século XI – século XII: rexurdir da literatura latina,
tódolos xéneros producen a súa obra mestra. Tamén se chama primeira
Escolástica.
5) Séculos XIII – XIV:

2
Di Faral que “todo o que o século XVI posuíu da antiga literatura tíñao e meditábao o século XII”.

2
Literatura Latina Medieval
2007/2008
USC
1. Introdución II: periodización, espazo e outras cuesións

 Cambios na vida intelectual: aumenta o número de persoas na actividade


intelectual, auxe da universidade.
 Auxe das linguas nacionais que fai que o latín quede relegado só á ciencia
e á poesía culta.

6.5. Leonardi
Fai unha periodización por séculos desde o 475 até 1492.

2. Espazo
O espazo no que podemos atopar a literatura latina medieval
correspóndese máis ou menos co territorio da Igrexa Latina, que nun principio era o
mesmo có do Imperio Romano. No 1054 prodúcese o cisma relixioso entre
Occidente e Oriente, o que supón para o latín:
1) A perda dalgúns territorios.
2) Gañar novos territorios:
 Irlanda, no século V;
 Gran Bretaña;
 Alemaña;
 Hungría, séculos X - XII;
 Polonia, finais do século X;
 Escandinavia, finais do século XI.
Na Península Ibérica hai que ter en conta que a invasión islámica (711)
fai que a literatura latina medieval teña unha existencia illada.

3. Outras cuestións
8.1. Temáticas que abrangue
A literatura latina medieval non comprende só escritos estritamente
literarios (“belas letras”), senón tamén escritos utilitarios como é o caso de tratados
de gramática.

8.2. Literatura latina medieval e lingua


Cómpre ter en conta que o feito de que a literatura latina medieval parta
dunha lingua xa asentada fai que non estea obrigada a empezar elaborando glosas ou
traducións, como era o caso de moitas literaturas nacionais.

8.3. Cultivadores e receptores


a) Cultivadores: os coñecedores do latín na Idade Media eran moi poucos. Así,
os cultivadores eran:
 Clerici, monxes (aínda que non rematasen a carreira eclesiástica), eran a
maioría dos escritores en latín.
 Laicos, coma nobres ou reis. Eran moi poucos os que sabían latín, aínda
que co tempo foron aumentando, pero sempre eran de clase alta aínda que
isto non garantise o éxito como escritor. Un bo exemplo é o caso de
Godescalco e Walafrido Estrabón (século IX), dou amigos, o primeiro
de clase alta e o segundo máis humilde. Foi o segundo o que tivo máis
3
Literatura Latina Medieval
2007/2008
USC
1. Introdución II: periodización, espazo e outras cuesións

éxito, mesmo se lle chegou a atribuír na época a Glosa Ordinaria, un


comentario completo da Biblia feito por varios autores.
 Algunhas mulleres coma Hroswitha de Gandersheim (monxa de finais
do século X) ou Dhuoda (muller laica do século IX).
b) Público: era moi limitado debido á aleatoriedade da difusión.
 O autor enviáballe un exemplar (xeralmente “o exemplar”) a unha
personalidade, que llo encargara ou non, cunha epístola dedicatoria.
 O receptor podía facer copiar e difundir a obra ou simplemente gardala.

8.4 Igrexa e ensino


A Igrexa será nesta etapa a institución que máis peso terá no ensino, mais
non conta cun plan de estudos propio, polo que se ve obrigada a aproveitarse da
cultura da Antigüidade, unha cultura pagá que, a priori, rexeitaba. Así, o ensino
baseábase:
a) Nas escolas escolásticas, que substituíron ás escolas antigas e que se dedicaban
á formación dos clérigos. Posteriormente darían lugar ás universidades.
b) En moita menor medida, algúns nobres laicos dedicáronse a difundir a cultura.
Un exemplo disto foi Carlomagno, quen atraía sabios, organizaba o ensino, e
despois nomeábaos bispos ou abades para que difundisen os seus coñecementos
entre a poboación.
Deste xeito, dáse unha asimilación da cultura clásica por parte da Igrexa,
un dos grandes paradoxos da literatura latina medieval. Isto veríase reflectido nas
obras, moitas delas relixiosas, pero non todas. Esta asimilación da cultura clásica por
parta da Igrexa deu pé a diferentes opinións:
a) Tertuliano (séculos II – III): rexeita a literatura pagá, mais admite que os
nenos vaian á escola sempre que antes recibiran na casa unha sólida formación
cristiá que os protexa.
b) Santo Agostiño (354 – 430): di que é preciso facer un plan de estudos e
defende o estudo moderado das artes liberais. Non se pode renunciar á
sabedoría dos filósofos, xa que ensinan a verdade procedente de Deus; ademais
os oradores cristiáns deberían estudar retórica. É dicir, propón poñer a cultura
profana ao servizo da explicación da Biblia.
c) Xerome: era lector dos autores pagáns e defendía o seu estudo na infancia,
para despois dedicarse ao cristián. Destacan dúas das súas cartas:
 Carta número 70, dirixida a Magnus, na que defende a introdución dos
autores pagáns na educación.
 Carta número 22, dirixida a Eustoquia, na que confesa que se sentiu
morrer e que no Xuízo Deus o acusou de ciceroniano por ler autores
pagáns, mais el defende ser cristián3.
d) Séneca, o Novo: ten unha opinión semellante ao anterior.

Este conflito repítese durante toda a Idade Media, pero ao final imponse a
idea (de Santo Agostiño) de que a teoloxía ten o papel principal e as demais ciencias
están subordinadas a ela. Deste xeito, cristianízanse os saberes pagáns. Un exemplo
é o dos estudos de gramática, que se antes contiñan exemplos de autores pagáns
3
Un dos xéneros literarios da literatura latina medieval é o das visións, que sempre sigue o mesmo
esquema: moita luz, parece saírselles o espírito...

4
Literatura Latina Medieval
2007/2008
USC
1. Introdución II: periodización, espazo e outras cuesións

(Virxilio, Horacio, Ovidio) agora incorporan exemplos de autores cristiáns coma


Prudencio.

5
Literatura Latina Medieval
2007/2008
USC

You might also like