Introdución III: Xéneros Tradicionais Ou Herdados

You might also like

Download as doc, pdf, or txt
Download as doc, pdf, or txt
You are on page 1of 20

1.

Introdución III: xéneros tradicionais ou herdados

1. Enigmas (aenigmata)
1) Precedentes:
 Gregos: respostas dos oráculos; morte de Homero (tradicionalmente
dise que morreu por non ser quen de resolver un enigma).
 Romanos: Virxilio xa inclúe dúas adiviñas nunha das súas obras. É
posíbel que Saturnalia de Lucano fose unha recompilación de
enigmas clásicos, pero o certo é que non conservamos ningunha. O
nome antigo das adiviñas era scirpus.
2) Aenigmata de Sinfosio1 (séculos IV – V ): é a primeira colección de
enigmas.
 Está composta por 100 adiviñas de 3 versos hexámetros cada unha.
 O autor di que se desenvolven no marco das saturnais, festas nas que
se acaba contando chistes e adiviñas. El afirma que as improvisou,
pero é bastante improbábel.
 Destacan temas coma a sombra, o eco, o soño ou o sepulcro.
 Aprécianse reminiscencias de Virxilio, Horacio, Ovidio, Plauto,
Marcial, Xuvenal e cristiáns coma Prudencio.
3) Outras coleccións:
 Aenigmata Bernensia2 (mediados do século VII):
 60 adiviñas de 5 hexámetros cada unha.
 Temas da vida cotiá.
 Reminiscencias de Sinfosio, non dos clásicos.
 De metris et enigmatibus ad pedum regulis. Epistola ad Acircium de
Adelmo (séculos VII – VIII):
 Relación coa colección de Sinfosio:
• Imítao no número de poemas (100) e nalgúns temas (mundos
vexetal e animal, obxectos cotiáns...)
• Difire del no número de versos, que están entre 4 e 16 agás no
último enigma que conta con 83.
 Fai unha descrición detallada do obxecto que hai que adiviñar para
facilitarlle o enigma ao lector.
 É un tratado de métrica.
 De virtutibus et vitiis de Bonifacio (séculos VII – VIII):
 20 poemas.
 Vontade de claridade: son poemas acrósticos nos que a solución xa
vén dada.
 Tatuino (século VIII):
 40 enigmas.
 Temática:
• temas de Sinfosio,
• engade a fe, a esperanza, a caridade, a soberbia, temas
relixiosos coma a cruz e o altar e a gramática.
 Solución menos doada ca no caso anterior.
1
O nome deste autor pode aparecer escrito de diferentes maneiras (Symphosius, Sinfosius, Simphosius,
Simposius), mesmo non se descarta que sexa o nome do simposio (banquete) e non do autor.
2
Tamén coñecida co título de Aenigmata Tullii ou Quaestiones aenigmatum artis rhetoricae.

1
Literatura Latina Medieval
2007/2008
USC
1. Introdución III: xéneros tradicionais ou herdados

 Eusebio (século VIII): especial interese polos animais, aínda que tamén
introduce temas coma a escola, a liturxia ou a astronomía.

Como puidemos comprobar, existe unha estreita relación entre os enigmas


e a gramática. De feito, os gramáticos carolinxios intercambiábanse enigmas,
poñendo así o xénero á unha altura moi superior, xa que eran considerados sabios.
Cómpre dicir tamén que tódalas coleccións posteriores a Sinfosio
dependen del en canto á métrica (hexámetro) os temas e os termos. Ademais
Sinfosio tería repercusión noutras obras narrativas e mesmo na literatura do século
XX (O nome da rosa).

2. Haxiografía
A haxiografía é a escrita sobre cousas e persoas santas, de xeito que
tódolos textos da Biblia son haxiográficos. Porén, normalmente enténdese por
haxiografía a literatura que se dedica ás vidas de santos.
Leonardi fai referencia a que medrou o interese por este xénero trala
reforma de Lutero xa que, en resposta a este, a Igrexa Católica promoveu o estudo
científico dos textos haxiográficos. Algúns exemplos son:
 Luigi Lippomano (século VI), que publica Sanctorum Priscorum Patrum
Vitae (1551) e máis tarde publicaría outros sete volumes baixo título de Vitae
Sanctorum Pricorum Patrum.
 Lorenzo Sauer publica pouco despois seis volumes baixo o título De Probatis
Sanctorum Historiis, obra caracterizada por dispoñer as vidas de acordo co
calendario. Esta é unha característica moi común nas obras haxiográficas e é
introducida por este autor.
 Bolland toma como podelo a obra anterior para os Acta Sanctorum. Os
bollandistas rexeitarán de Sauer o corrixir os textos que non se adapten ao
latín clásico. Ademais, adquirirán manuscritos por toda Europa e contrastarán
versións, seleccionando as menos fantasiosas. Introducen así un método
científico.

Leonardi fala de diferentes xéneros haxiográficos:


1) Literatura apócrifa (é a primeira cronoloxicamente): Leonardi sitúaa entre a
Biblia e a haxiografía.
 Trátase de textos narrativos que se escriben desde o século II e que
xiran en torno ao Novo Testamento e ao Antigo Testamento algúns.
Refírense a feitos non recollidos na Biblia sobre a vida de Xesús, o
nacemento da Virxe e a súa relación con Xosé etc.
 Son difíciles de datar e de estudar xa que no 405 foron condenados
por considerarse ilexítimos e as versións que chegan até nós son
reelaboracións dos orixinais.
 Algúns exemplos son as Narracións de Xosé de Arimatea ou o
Evanxeo de Pedro.
2) dos mártires: nun principio son documentos que conteñen as
Actas
transcricións dos maxistrados romanos que se enfrontan aos cristiáns.
 Os documentos poden incorporarse ao relato dos mártires.

2
Literatura Latina Medieval
2007/2008
USC
1. Introdución III: xéneros tradicionais ou herdados

 Poden ser autobiográficos, contados despois ou durante a persecución.


 Poden estar relatados por unha testemuña máis ou menos directa, que é o
máis frecuente.
3) Martirolixios:listas de santos seguindo a orde do calendario elaboradas
desde o ano 354. Desde o século IX incorporan xa algúns trazos biográficos
dos santos.
4) Lendarios: coleccións de nomes e vidas de santos.
5) Himanrios ou himnos: reinventados por Ambrosio de Milán (século IV) coa
finalidade de facer unha composición sinxela e fácil de aprender. Prudencio
(séculos IV – V) foi, coa súa obra Peristephanon, o modelo neste xénero para
a Idade Media. Algúns poetas que destacaron neste eido foron Benancio ou
Fortunato (século VI – VII).
6) Vida e paixón (vita et passio):
 Precedentes: xa na tradición grega existía o xénero biográfico, pero as
primeiras obras seguen o modelo de Suetonio (séculos I – II).
 Século V: Vida de San Martiño de Tours de Sulpicio Severo (séculos IV –
V), a Vida de San Ambrosio de Paulino...
 Séculos VI – VII: Gregorio Magno ou Gregorio de Tours será, coa súa
obra Dialogi, un dos modelos da Idade Media. Introduce o concepto de
contemporaneidade, é dicir, escribe as vidas de santos que coñeceu ou das
que ten testemuños directos. Este concepto, pasando o tempo, iríase
traducindo en historicidade.
 Século VIII:
 Esténdense os mosteiros por Europa e xorde a necesidade de ter máis
textos haxiográficos para ler na liturxia3 (costume estendida desde o
século VI), ademais até entón só se lían textos sobre a vida do santo
que se celebraba en cada parroquia, mais a partir de entón lense tamén
as vidas doutros santos.
 Os carolinxios reescriben a vida dos santos, corrixindo o latín que
consideraban que non era correcto.
 Séculos IX – XI: o xénero está en auxe e existe xa o oficio de escritor de
haxiografía. Desenvólvense dous xéneros menores:
 Translationes: son textos que xorden a partir da translación das
reliquias de santos desde as aforas de Roma até a cidade por mor dos
saqueos que estaban a sufrir as tumbas por parte dos árabes. As
translacións danse tamén noutros lugares do mundo cristián.
 Miracula: dáselle moita importancia aos milagres feitos polos santos
durante a súa vida e mesmo trala súa morte (que son engadidos
posteriormente aos textos haxiográficos).
 Desde o século X cultívase a haxiografía en verso.
 Nos séculos X –XI domina a contemporaneidade e danse dous fenómenos
importantes para o aumento da haxiografía en Europa:
 Monaquismo de Cluny.
 Misión evanxelizadora no Leste de Europa (vidas de misioneiros).

3
Normas de San Bieito.
3
Literatura Latina Medieval
2007/2008
USC
1. Introdución III: xéneros tradicionais ou herdados

 Séculos XII: introdúcense os procesos de beatificación (que consta de


varias fases) e a raíz disto nace un novo xénero, as actas dos procesos
(coma a de Santa Clara de Asís ou a de San Francisco de Asís).
 Século XIII: desenvólvese a haxiografía grazas aos mendicantes
(Franciscanos e Dominicos) e fanse lendarias ou coleccións nas que os
datos sobre a vida dos santos son menos ca nas anteriores. Neste senso
destaca Legenda Aurea, do dominico Jacobe de Voragine (1230 – 1298).
 Na Baixa Idade Media: xorde a autohaxiografía:
 É típica dos místicos (non todos foron nomeados santos), que narran a
súa experiencia en relación coa divindade.
 Teñen forma de diario ou correspondencia.
 Algúns exemplos son:
• As Confesións de Santo Agostiño (séculos IV –V), inicia a
autohaxiografía.
• Historia Eclesiástica de Veda.
• Guiberto de Nogent (século XI – XII), con De vita sua.
• Hildegarda de Bingen (séculos XI – XII), autora de Scivias (visións
propias) e Liber Vitae (autobiografía).
• Angela de Foligno (séculos XIII – XIV), que escribe nun momento
de auxe do xénero.

3. Xénero das visións


a) Textos relacionados:

 Oráculos sibilinos (literatura pagá).


 Literatura xudaica que, a partir do século II a. C., se refire a
comunicacións divinas que afectan ao destino da Humanidade.
 Apocalipse de San Xoán (Novo Testamento), que data aproximadamente
do 95 a. C. É o modelo temático que se sigue na Idade Media.
b) Características segundo María Pia Ciccarese:

 Repetición do mesmo esquema:


 Tópico do morto redivivo, é dicir, unha persoa enferma que parece
morrer pero que se reanima (non se problematiza o feito de que a alma
saia do corpo).
 Cóntase, en primeira persoa, o que se viu e oíu. Este contido varía.
 Motivos:

 Aparición da figura do fillo do home, modelo para a descrición do


vidente.
 Descrición do Paraíso:
• É un xardín no que hai flores de intenso perfume que serven de
alimento (odor suavitatis), cumpríndose así unha profecía da
Apocalipse: a ausencia de fame e sede. Exemplos disto son:
- Veda, que imaxina un muro que separa o ceo e o inferno e que na
parte máis alta dese muro se empezar a percibir o bo olor.
- A historia de Salcio, ao que todos daban por morto e que volve á
vida. Cando conta a súa visión di estar saciado por mor do perfume
do paraíso.
4
Literatura Latina Medieval
2007/2008
USC
1. Introdución III: xéneros tradicionais ou herdados

- En Passio perpetuae et felicitatis tamén se fai referencia a este


perfume do Paraíso.
• Nel habitan os benaventurados, que teñen que loar a Deus e que
sempre están vestidos de branco.
• Relación co himno en honra da Santísima Trindade.
• Anxos ou santos como guía da persoa que ten a visión.
• Contraponse ao Inferno e, máis tarde, introduciríase o Purgatorio.
 Descrición do Inferno e do afundimento dos pecadores, maior ou menor
segundo os seus pecados. Isto ten o seu antecedente nunha apocalipse
apócrifa que probabelmente date do século III, o orixinal estaría escrito
en grego e sería traducido ao latín co título de Visio Pauli. Este motivo
podémolo observar:
• Na Divina Comedia.
• En Gregorio de Tours.
• En Bonifacio.
• En San Patricio.
 O Pugatorio: Ciccarese di, alundindo a J. Le Goff, que o Purgatorio se
introduce na Idade Media, se ben non podemos dar unha data exacta
pensadores cristiáns coma Santo Agostiño ou Gregorio Magno xa se
referiran dalgún xeito a el. O purgatorio é o lugar ao que van os que
cometeron pecados perdoábeis e para saír del son precisas oracións,
misas e esmolas pola alma que está no Purgatorio. Exemplos disto son:
• En Passio Perpetuae el Felicitatis o irmán de Perpetua, que morrera,
aparécese para dicir que está nun lugar con tebras, no que vai moita
calor e que non se pode calmar. Perpetua reza por el e pouco despois o
irmán vólvese aparecer dicindo estar contento e tranquilo.
• En De visione Benolde de Hinamaro de Reims tamén se fai referencia
ao rezo para saír do Purgatorio, aínda que non se nomea directamente,
senón que se lle chama “certo lugar”.
 As visións teñen unha grande importancia na Idade Media porque son a
única vía de contacto co outro mundo, de aí a importancia de contalas e
interpretalas. Ningunha mensaxe do alén ten credibilidade se non hai unha
visión. Así, no século XI o monxe Otlon de Saint Emmeran compón un
opúsculo sobre como interpretar as visións e achega exemplos (de visións
súas, doutros contemporáneos ou de personaxes célebres coma Veda ou
Bonifacio). É consciente de ser debedor dunha tradición literaria de
séculos.
 As raíces do xénero sitúanse antes de Gregorio Magno4 e cuxo cumio éa
Divina Comedia de Dante.

3.1. Subxénero das visións políticas

Son visións utilizadas para facer propaganda política. É moi frecuente


que se refiran a Carlomagno xa que por unha banda era moi bo e piadoso e, por

4
Unha das primeiras obras é Passio Perpetuae et Felicitatis, do século III. Nela nárrase a historia dun
grupo de rapaces cristiáns e o seu catequista que van ser martirizados e o catequista ten unha visión do
Paraíso.

5
Literatura Latina Medieval
2007/2008
USC
1. Introdución III: xéneros tradicionais ou herdados

outra, gustaba das mulleres. Isto fai que, segundo a valoración que se queira transmitir
del, se sitúe no Ceo, no Inferno ou no Purgatorio.

***

Outras obras do xénero das visións son:


 Visio Wenetti, que conta a historia do monxe Wenetti que está a sufrir por
unha culpa de pecados carnais.
 Navigatio Sancti Brendani, unha obra cuxa inclusión dentro do xénero das
visións non é unánime xa que:
 Conta unha viaxe que, malia rematar no Inferno, non é ao alén, senón
que é unha simple viaxe en barco.
 É unha viaxe colectiva (Brendani, unha muller e un home) que se
parece máis a unha peregrinación.

4. Centóns
Os centóns son obras literarias compostas aproveitando fragmentos
doutras obras. É un xénero que xa existía na Grecia clásica e que ten un grande éxito
da Idade Media. Un exemplo deste xénero é o Centón de Proba Petronia (século IV):
 Aproveita capítulos de Virxilio para transmitir datos bíblicos, suprimindo
os nomes propios que aparecen na Biblia.
 Malia que foi censurado a finais do século V, foi moi lido.

5. Comentarios
A necesidade de explicar os textos xorde axiña, de aí a aparición deste
xénero, que se divide en tres subtipos:
1) Comentarium: comentario amplo e erudito.
2) Glossa: explicación dunha palabra rara. Tamén é o nome que se lle dá a dita
palabra.
3) Catenae (cadea): unión de estratos de varios autores para elaborar unha
explicación da Biblia.
O comentarium e a glossa centráronse na Biblia nun primeiro momento,
pero a partir dos séculos XII e XIII tamén se aplican a textos literarios e filosóficos.
Ademais, teñen unha grande importancia porque nos permiten saber da existencia de
textos perdidos.

6. Conflitos5
Os conflitos son un xénero que xa aparece na cultura oriental e na
clásica, ademais de nas linguas vulgares.
Caracterízanse por:
a) Teren as súas raíces na retórica e un posíbel influxo do drama e da Bucólica
de Virxilio.
b) Teren forma de diálogo.
5
Xénero que tamén é coñecido coa denominación de altercatio, diálogos, causa, certamen ou lis.

6
Literatura Latina Medieval
2007/2008
USC
1. Introdución III: xéneros tradicionais ou herdados

c) Transmitírense en poucos manuscritos.

Algúns exemplos de obras pertencentes a este xénero son:


a) Ecloga Theoduli (século X):
 Unha descendente do rei David e un cabreiro de Atenas discuten sobre os
relatos bíblicos e a mitoloxía pagá, resultando gañadores os primeiros.
 Está recollida por Afonso X no capítulo 880 da General Estoria.

b) Conflito entre o Antigo Testamento e o Novo Testamento que data dos séculos
XI – XII e que segue o modelo do anterior.
c) Conflitos entre o mundo oriental e o cristián a raíz das cruzadas. Así, hai
moitos poemas anónimos nos que discuten un pagán, un hebreo e un cristián,
gañando sempre o último.
d) Conflitos derivados de pasaxes bíblicas:
 Da Epístola de San Paulo aos Gálatas, considerada o modelo de
enfrontamento entre virtudes e vicios (froitos do espírito e obras da carne) e
que dá lugar a tratados de grande éxito (autores da Patrísitca).
 Os vicios de Probístero (século XIII), que tratan o enfrontamento entre
un abade e un prior, gañando o primeiro.
 Texro de Raimundo de Rocosello (mediados do século XIII) no que, en
máis de catro mil versos de métrica variada, se presenta a fe cristiá coma
o único medio para vencer os vicios.
 Do Evanxeo de San Xoán sobre Lázaro no que se discute sobre quen é o
herdeiro dos bens de Lázaro que, cando resucita lle son finalmente
devoltos.
e) Conflitos sobre o amor:
 Altercatio Garimedis et Helenae: enfrontamento entre o amor heterosexual
(defendido por Helena) e o homosexual (defendido por Garímedes). A
Natureza, que é a xuíza na discusión, di que gaña o heterosexual por ser o
único quen de dar lugar a vida nova.
 Carmina Burana: discútese sobre se é superior o amor dun clérigo ou o dun
cabaleiro e Cupido, que actúa como xuíz, determina que é superior o dun
clérigo.
f) Conflitos inseridos en obras que non pertencen estritamente ao xénero:
 Dialogus miracolorum de Cesáreo de Heisterbach (finais do século XII –
comezos do XIII), colección de relatos entre os que se atopa a historia de
dúas monxas que discuten sobre se é superior Xoán Bautista ou Xoán
Evanxelista (cap. 51).
g) Conflitos non misóxinos: na maioría dos conflitos obsérvase a superioridade
do home, agás en:
 Altercatio inter virium et mullieram, non que se conclúe que Adán é o
culpábel da expulsión do Paraíso e Eva só a súa cómplice. Tamén se refire a
Lot, que se deita coas súas fillas (que quedan embarazadas). Neste caso a
culpa tamén sería del porque estaba borracho.
h) Outros: coma os que se dan entre as ordes relixiosas (por exemplo,
Franciscanos e Dominicos).
7
Literatura Latina Medieval
2007/2008
USC
1. Introdución III: xéneros tradicionais ou herdados

7. Exemplum
O termo exemplo é un termo ambiguo:
1) Precedente histórico.
2) Narración breve que se usa como complemento con finalidade didáctica
(por exemplo, nos sermóns). Aquí utilizarémolo termo neste sentido.
O exemplum ten unha longa tradición anterior ao cristianismo nas
culturas antigas (está preto das fábulas) e orientais.

7.1. Posicións respecto aos exemplos pagáns e bíblicos

1) Tertuliano (séculos II – III): herda o uso dos exemplos da literatura profana


latina, que os usaba nos manuais de retórica Así, di Séneca que “longo é o
camiño a través de preceptos, breve e eficaz a través de exempla” e Valerio
Máxico é autor, na primeira metade do século I, dun libro de exemplos de
personaxes domésticos e externos. Tertuliano e é partidario de usar a
literatura pagá con fins didácticos, xa que esta sería un exemplo externo.
Usa exemplos pagáns para convencer ás mulleres de que debían tapar a cabeza
ou de que non debían casar en segundas nupcias.
2) San Ambrosio (século IV): escribe sobre a virxindade e a viuvez baseándose
en exemplos bíblicos e cristiáns (mártires), que son os predominantes desde
finais do século IV.
3) San Xerome (séculos IV – V): tanto nas súas cartas coma en Versus
Joviniano usa maioritariamente exemplos bíblicos, aínda que tamén usa
algúns do mundo pagán. Nalgunhas cartas mestura o xénero da consolación
cos exemplos (coma na 118 ou na 127).
4) Santo Agostiño (séculos IV – V): tanto nas súas Confesións coma noutras
obras usa exemplos bíblicos e pagáns.

7.2. Características dos exemplos segundo Welter

Welter establece 12 tipos de exemplos, pero di que os máis importantes


son:
1) Os bíblicos.
2) Os profanos.
3) Os relatos de voto.

Di tamén que, sexan do tipo que sexan, deben ter as seguintes


características:
1) Seren relatos autónomos.
2) Estaren ou non localizados no espazo e no tempo.
3) Brevidade: poden variar entre 3 e 40 liñas, pero o habitual é que teñan entre
10 e 20.
4) Claridade, para explicar así unha ensinanza cristiá.

7.3. Uso dos exemplos

8
Literatura Latina Medieval
2007/2008
USC
1. Introdución III: xéneros tradicionais ou herdados

Gregorio Magno dálles moita importancia e tamén Giberto de Nogent


cando explica o xeito de facer un sermón. Xa no século XIII Humberto de Ramaris ou
Cesáreo de Heisterbach tamén os recomendarán. É dicir, non só se usan na práctica,
senón que tamén son recomendados polos autores.

7.4 Coleccións de exemplos


Aparecen desde a segunda metade do século XIII e son, ademais dos
sermóns, unha das fontes de exemplos máis importantes para os predicadores
(algunhas conteñen até tres mil exemplos). Son de varios tipos:
1) Coleccións de orde lóxica: nelas desenvólvese un tema a nivel teórico e
despois cítanse exemplos sobre ese tema. Iso é o que acontece en Tratactus de
diversis materiis predicabilibus de Estefan de Bourbon.
2) Coleccións de orde alfabética: ordénanse os exemplos por temas e estes por
orde alfabética. Este é o caso de :
 Tabula exemplorum secundum ordinem alphabeti (século XIII);
 Scala Coeli de Jean Gobi.
 Alphabetum narratiorum de Arnoldo de Lieja (século XIV), cuns 800
exemplos é a máis importante das tres.
3) Coleccións de exempla moralizados: ordénase os exemplos por orde lóxica
ou alfabética e acompáñanse dunha explicación desde o punto de vista
alegórico. Un exemplo disto é Gesta Romanorum (finais do XIII), que toma
relatos da Historia de Roma para usalas na predicación.

***

Co tempo as coleccións perden orixinalidade xa que se copian e repiten os


exemplos, en especial desde o século XV. Tamén van perdendo a connotación
relixiosa.

8. Itineraria

É un xénero que ten a súa fonte de inspiración principal nas


peregrinacións, pero tamén pode basearse nas cruzadas, nos relatos de
embaixadores, misioneiros e aventureiros ou en viaxes imaxinarias.

8.1. Obras baseadas en viaxes reais a centros de peregrinación

1) A Xerusalén e Terra Santa: a peregrinación a estes lugares é un costume que


comeza moi axiña, a partir do ano 70 no que Tito destrúe a cidade de
Xerusalén esta convértese un lugar destacado de peregrinación. As primeiras
viaxes datan de finais do século I e di Eusebio de Cesarea (séculos III – IV)
que no século II xa viaxa un bispo a Terra Santa. O atractivo deste lugar
aumenta cando, no 326, a emperatriz Helena descobre as auténticas reliquias
da cruz de Cristo. Desde este momento e até o século XIII (cruzadas) as
peregrinacións son constantes. Algunhas das obras deste xénero que contan
viaxes a estes lugares son:

9
Literatura Latina Medieval
2007/2008
USC
1. Introdución III: xéneros tradicionais ou herdados

 Itinerarium burdigalense (333): é o relato autobiográfico dun peregrino


que realiza a viaxe Bourdeaux – Constantinopla – Xerusalén describindo
as etapas e lugares a modo de guía.
 Durante uns anos non hai obras importantes deste xénero, só novas de
viaxes a través de escritos eclesiásticos e cartas. É así como sabemos da
viaxe de Xerome con Paula, ou de Paula e a súa filla Eustoquia.
 Itinerarium Egeriae (século IV ou V): é o primeiro relato importante do
xénero.
• É un relato autobiográfico en forma de carta que conta a
peregrinación e estancia en Terra Santa (ascenso ao Sinaí, viaxe a
Arabia...) de Exeria.
• A protagonista repite sempre o mesmo esquema cando chega a un
lugar: reza, le unha pasaxe da Biblia relacionada co lugar e volve
rezar.
• Usa un latín sinxelo, sen reminiscencias literarias, pero é unha
obra moi importante como testemuño das primeiras
peregrinacións.
• A obra chéganos a través dun só manuscrito incompleto, ao que
lle faltan o comezo e o final.
• As datas exactas nas que viviu Exeria e o seu lugar de orixe aínda
se discuten na actualidade: puido vivir no século IV ou V e puido
ser galega ou francesa.
 De Situ Hierosolitinae urbis: obra atribuída a Euquerio de Lyon
(século IV). Non pertence estritamente a este xénero, o autor non visita
os lugares que describe e só dá unhas novas sobre Xerusalén e Xudea.
 Itinerarium Antonini Placentini (século VI, arredor do 560): atribuída a
A. de Piacenza. É o relato da viaxe de ida e volta dun peregrino
descoñecido de Piacenza a Terra Santa. Está incompelto.
 De locis sanctis (século VII – VIII): obra de Adamnano de Hy (623 –
704), quen conta a viaxe do bispo Ataulfo (non a súa propia) en tres
partes: Xerusalén – Palestina, Palestina – Alexandría, Alexandría –
Constantinopla. Inclúense as novas que dá o bispo e as doutras obras
literarias anteriores.
 De locis sanctis (século VIII): obra de Veda co mesmo título cá anterior
e baseada exclusivamente en fontes literarias (Xerome, Euquerio,
Adamnano...). Ten unha finalidade didáctica, xa que pretende ser un
manual para viaxar a Terra Santa.
 Vita Willibaldi (século VIII): relato no que Hugenburc describe a viaxe
de Wilibaldo a Terra Santa. Aínda que contén datos erróneos é
importante a descrición que fai destes lugares antes dos terremotos de
746 e 755. Ademais, tamén se refire ás incomodidades que sofre o
viaxeiro e o narrador participa vivamente no relato.
 Itinerarium de Bernaldo (século IX): esta obra de Bernaldo describe a
situación de Xerusalén case a comezos do século X e é considerado o
último relato importante antes das cruzadas. Coma no caso anterior,
tamén se fai referencia ás malas condicións da viaxe.

10
Literatura Latina Medieval
2007/2008
USC
1. Introdución III: xéneros tradicionais ou herdados

2) Viaxes a Roma: Roma é un centro de peregrinación moi importante porque


alí están as sepulturas de Pedro e Paulo e a maioría das reliquias dos mártires,
ademais dun grande número de catacumbas e monumentos. Obras que tratan
viaxes a Roma son:
 Cymeteria totius Romanae urbis (século VII): é a obra na que se
rexistran as primeiras novas destas viaxes. Chéganos incompleta.
 Notitia ecclesiarum urbis Romae (mediados do século VIII): itinerario
escrito por unha testemuña para o uso dos peregrinos. É unha viaxe
desde o interior da cidade até a tumba de San Pedro.
 Liber de locis sanctis martyrum quae sunt fuas civitatis romae (século
VII): complementa a obra anterior mencionando igrexas urbanas.
 Itinerarium einsiadlense (século IX ou X): o nome está relacionado co
manuscrito no que se conserva. Está escrito pola persoa que realiza a
viaxe, quen organiza once itinerarios e vai describindo os monumentos
e indicando as distancias. En copias posteriores alteraríanse os datos que
se achegan no orixinal.
 No século X o bispo de Canterbury escribe un itinerarium sobre a súa
propia peregrinación que ten especial interese como catálogo de igrexas
de Roma deste século.
 Mirabilia urbis romae (século XII): o seu autor é o canónigo Bieito e
achega moita información sobre lugares de interese para os peregrinos.
Tivo tanto éxito que cada certo tempo engadíanselle detalles.
 Narratio de mirabilibus urbi Romae (século XIII): obra escrita polo
inglés Gregorio con influencia da anterior. Describe a súa viaxe a
Roma, fixándose máis na parte clásica da cidade ca na cristiá.

3) Viaxes a Compostela: non se sabe con exactitude cando comezan as


peregrinacións a Compostela, probabelmente desde o descubrimento dun
sepulcro que se considerou o do Apóstolo por Teodomiro, bispo de Iria
Flavia. O desenvolvemento de Compostela como centro de peregrinación é o
seguinte:
 No século X xa hai numerosas peregrinacións,
 no XI Compostela xa ten un carácter de centro de peregrinación
internacional consolidado;
 no século XII aumenta no número de visitantes;
 no século XIII constrúense os hospitais e albergues;
 nos séculos XIII e XIV xa chegan peregrinos non só de Francia, senón
tamén de Italia, Europa Oriental, Alemaña e Inglaterra.

A obra máis importante neste senso é o Codex Calixtino,


chamado así porque está introducido por unha carta do Papa Calixto.
 Tamén é coñecido como Liber Sancti Jacobi (5 libros) e ten unha
versión abreviada, o Libellus Sancti Jacobi. A versión definitiva data
de 1160, cando Aimeria Picaud o recompila en Compostela.
 Está dividido en cinco libros:
• Libro I: textos litúrxicos en honra do Apóstolo.
• Libro II: vintedous milagres atribuídos ao Apóstolo.
11
Literatura Latina Medieval
2007/2008
USC
1. Introdución III: xéneros tradicionais ou herdados

• Libro III: textos que tratan a evanxelización de Hipania polo


Apóstolo.
• Libro IV: poema épico atribuído a Turpin (compañeiro de
Carlomagno).
• Libro V: guía para os peregrinos. Malia a súa brevidade é moi
importante, xa que describe as peregrinacións no século X
(etapas, hospedaxes, perigos, referencias culturais, lugares, santos
que hai que visitar, descrición da catedral...) Está dividido en once
capítulos:
- Capítulos 1 – 7: viaxe.
- Capítulo 8: reliquias.
- Capítulo 9: descricións das marabillas de Santiago.
- Capítulo 10: canónigo da catedral.
- Capítulo 11: viaxe.

O Libro V do Codex Calixtino foi obxecto de diferentes valoracións


negativas e positivas (cheo de fe pero tamén de enganos e que é que a súa calidade e
baixa, esquemático...)

8.2 Literatura das cruzadas


A literatura das cruzadas ten como protagonistas a peregrinos que van aos
lugares santos e eliminan os infieis. Exemplos disto son:
 Gesta francorum et aliurum Hierosolynitanurum (século XII):
narración anónima da primeira cruzada. Úsase un estilo rústico e a
narración faise en primeira e terceira persoa. Conta as experiencias da
viaxe e da guerra e ten un grande éxito, o que leva a que se fagan
versións con engadidos, pero é mellor a primeira.
 Historia quae dicitor gesta Dei per Francos sive Historiin
Hierosolyminatana (séculos XI – XII): obra de Guillerme de Nogent
dependente da anterior na que se usa un estilo rebuscado e mesmo
escuro.
 Historia Hierosolymitana seu gesta Francorum Jerusalem
pereginantium: obra de Fulchero de Chartres na que se conta unha
grande cantidade de acontecementos entre 1095 e 1127 desde a
perspectiva dunha testemuña ocular. Usa un estilo bastante artificial.
 Gesta Tancredi (séculos XI – XII): obra de Raoul de Caen na que se
combina a prosa e o verso para contar as peripecias do seu parente
Tancredo, destacando estas máis cás propias cruzadas.
 Historia Hierosolymitanae Expeditionis: obra de Alberte de Aquisgran
(finais do XI – mediados do XII) estruturada en 12 libros e escrita
baseándose en testemuñas oculares e crónicas contemporáneas. Contén
erros en canto ás datas e obsérvase unha predilección polo fabuloso, de aí
que non teña moito valor historiográfico.
 Historia rerum in partibus transmarinis gestarum: obra de Guillerme
de Tiro (século XII) estruturada en 13 libros.
• Narra acontecementos entre 1095 e 1184.
• É considerada unha obra mestra.
12
Literatura Latina Medieval
2007/2008
USC
1. Introdución III: xéneros tradicionais ou herdados

• Ten un grande valor historiográfico xa que é o texto que mellor


describe a segunda cruzada e, ademais, contén importante
información topográfica.
• A escrita é elegante, con influencias de Horacio, Cicerón, Boecio e
da Biblia.
 Itinerarium peregrinorum et gesta regis Ricardi: obra de Ricardo
canónico de Londres de grande importancia para o coñecemento da
terceira cruzada. O autor participara na expedición do rei Ricardo
Corazón de León.
 Historia Hierosolynitana abbreviata (séculos XII – XIII): obra de
Jacques de Vitry na que se contan acontecementos posteriores á terceira
cruzada en Terra Santa. Divídese en dúas partes:
• Historia Orientalis: descrición de Terra Santa (pobos, crenzas,
flora, fauna, cidades) e das cruzadas até 1193.
• Historia Occidentalis: narración dos feitos acontecidos na Igrexa de
Occidente.
 Descriptio Terrae Sanctae (finais do século XIII): obra de Bucardo de
Monte Sión dividida en catro partes nas que se aprecia o interese pola
xeografía do Antigo Testamento. Está inspirada na obra de Jacques de
Vitry.
 Liber peregrinatinis (século XIII - XIV): obra de Ricoldo de Monte
Croce considerada a última deste tipo de relatos, xa que nela conflúen a
viaxe medieval (peregrinacións) e a viaxe por curiosidade (etnografía,
xeografía, sociedade, espiritualidade...). O autor é o primeiro occidental
en vivir durante anos na corte de Bagdad e conta as súas experiencias
como misioneiro. Ten moito éxito e é traducida do latín ao francés e o
italiano.

8.3. Relatos de embaixadores e misioneiros


Son relatos que aparecen desde a segunda metade do século XIII, cando o
tema das cruzadas está xa esgotado e se comezan a facer viaxes a Asia
(embaixadores, misioneiros e comerciantes).

En 1236 os mongoles avanzan cara Europa e o dominico Frei Xián


decide advertir deste perigo na súa Epistola de Bello Mongalorum ou Epistola de
Vita Tartarorum.

En cinco anos os mongoles ou tártaros chegaran até o Hadriático e a


Cristiandade interpreta que, tal e como se contaba na Apocalipse, a chegada destes
pobos ten que ver coa chegada do Anticristo. Así, o Papa Inocencio IV decide enviar
dúas expedicións (para recoller noticias de diferentes pobos):
a) Polo sur, dirixida por Andrés de Longjumeau e Ascelino de Cremonc.
 Un compañeiro deste último escribe un relato perdido pero incluído na
Speculum Historiale (1258) de Vicente de Beaumais.
b) Polo norte, dirixida polo franciscano Xoán de Pian de Carpire. Os resultados
desta expedición son máis interesantes, xa que o franciscano que a lideraba
coñecía ben as linguas euroepas. Son recibidos polo líder dos tártaros, quen os
convida a someterse a eles.
13
Literatura Latina Medieval
2007/2008
USC
1. Introdución III: xéneros tradicionais ou herdados

 Xoán de Pian escribe a Historia Mongalorum, unha obra ampla, con


dúas versións. A definitiva ten 9 amplos capítulos sobre os mongoles e
como enfrontarse a eles, supón a primeira descrición de Asia por un
europeo. Tivo un grande éxito (atopámola nuns 20 manuscritos e
inclúese na Speculum Historiale).

Poucos anos despois desta expedición do norte o franciscano Guillerme


de Rubruck sae cun grupo de compaleñeiros, entre os que está Bartolomeu de
Cremona, e diríxese a Asia como misioneiro. Alí está en contacto cos tártaros e mais
coa colonia de europeos que vivían entre eles. Cando vén de volta trae un carta do
líder mongol para o Papa, pero como lle asignan un cargo nun convento non lla pode
dar persoalmente, polo que lle escribe. Esta carta é coñecida coma Itinerarium:
 Libro de aventuras estruturado en 38 capítulos e un epílogo.
 Contén datos lingüísticos, xeográficos e etnográficos.
 Ten pouca difusión, pero é considerado por algúns estudosos un dos
libros de viaxes máis interesantes.
 O narrador é participante directo dos feitos, que observa e describe moi
ben.
 Destaca por ser das primeiras descricións que un europeo fai do
budismo.

8.4. Obras baseadas en viaxes non reais


Aínda que as visións tamén serían un tipo de viaxe imaxinaria, aquí imos
incluír algunhas viaxes que teñen o Oriente como inspiración xa que era considerado
un lugar misterioso, cheo de marabillas e monstros e onde se atopa o Paraíso terrestre.
Obras deste tipo son:
 De rebus in Oriente mirabilibus (século VII, aproximadamente): viaxe por
Oriente que fala de lugares, pobos, animais... todo iso imaxinario.
 Epistola Alexandri [ad Aristotelem Magistrum suum de situ et mirabilibus
Indiae], que data aproximadamente do século VII: é unha especie de
fabulación sobre un texto grego do século IV. Pretende ser unha carta na que
Alexandre lle conta Aristóteles o que ve na súa viaxe por Oriente e ten unha
grande difusión.
 Liber monstrorum (século VIII): libro escrito en Inglaterra no círculo de
Aldelmo no que se tratan vestiario, mitoloxía e seleccións de mirabilia (cousas
marabillosas). Fai referencia a seres anormais (monstros humanos, bestas
terrestres e mariñas, serpes) nos que o autor afirma non crer. A súa inclusión
neste xénero é discutida.
 Navigatio Sancti Brandani: obra difícil de incluír neste ou noutro xénero que
conta unha viaxe marabillosa por mar.

9. Fábulas
As fábulas son relatos protagonizados por animais e xeralmente
transmitidos por recompiladores, descoñecéndose os autores. Teñen unha grande
difusión na Idade Media:
a) Son lidas nas escolas. Xa Quintiliano (século I) recomendara o seu uso neste
ámbito.

14
Literatura Latina Medieval
2007/2008
USC
1. Introdución III: xéneros tradicionais ou herdados

b) Úsanas os predicadores.
As fontes clásicas de fábulas son:
a) Esopo (século IV a. C.), que é traducido ao latín por Fedro (século I),
tradución que será a fonte básica para as fábulas medievais. Fedro usa o verso
iámbico, máis complexo, polo que é necesaria unha prosificación para a súa
maior difusión, esta versión en prosa é Romulus:
 Escrita por Romulus para o seu fillo. Non sabemos se eran personaxes reais
ou só era un artificio literario.
 Tivo moita difusión, xa que en numerosas bibliotecas da Idade Media hai
referencias a ela.
b) Babrio (século II d. C.), traducido en latín e en verso elexíaco por Aviano
(século IV). A familiaridade do verso elexíaco fai que sexa unha tradución con
máis éxito.

Algunhas fábulas medievais son:


 Poema de Alcuino de York (séculos VIII – IX) no que conta a historia dun
galo que consigue escapar das fouces dun lobo gabándolle a voz. Así, o
lobo abre a boca para facer unha demostración e o galo escapa.
 Ademaro de Chabannes (séculos XI – XII) nunha obra miscelánea
(escolar) inclúe unha colección de 67 fábulas, das que non sabemos se é
autor.
 Egberto de Liege é o autor de Fecunda ratis, que pretende ser un manual
para estudantes (poemas dun só verso, proverbios de dous, fábulas máis
longas...).
 Romulus elegiaco ou Anonymus Neveleti, reelaboración do Romulus
publicada por Nevelet. É unha versificación do Romulus en dísticos
elexíacos, o que o fai máis comprensíbel e explica o seu éxito entre
profesores e alumnos. Consérvase nuns 100 manuscritos e foi usado polo
escolásticos. De feito, entre os séculos XIII e XV úsanse os termos fábula
ou Esopo para facer referencia a esta obra.

 No século XIII introdúcense as fábulas orientais, que inclúen unha historia


dentro doutra. Neste senso destacan 25 das 34 fábulas de Baldo.
 Xoán de Capua traduce o Calila edigna: Directorium humanae vitae.
 Introdución de fábulas nos sermóns en latín, eido no que destacan:
• Odon de Cheriton (século XIII), autor dunha colección para o uso dos
predicadores baseada no Romulus e na que as fábulas seguen a estrutura
resumo – desenvolvemento – interpretación por influxo do xénero do
vestiarium, xa que o normal é que o resumo estea ao final.
• Jacques de Vitry (séculos XII – XIII).

Cómpre sinalar que hai fábulas que non eran doadas de cristianizar (por
exemplo a da cigarra e a formiga, na que o comportamento da última non é moi
cristián). Ademais, dalgunhas tíranse ensinanzas contraditorias. As fábulas tamén
abren o camiño á sátira e a épica (épica de animais).

10. Pranto (planctus)


15
Literatura Latina Medieval
2007/2008
USC
1. Introdución III: xéneros tradicionais ou herdados

→ Hildeberto de Lavardin Per gana frera volo (Troia, Héctor)


Non cristiáns
Raquel chorando polos seus fillos, Xacob chorando polo seu fillo Xosé...
Tipos de
Cristiáns
pranto Planctus Mariae Sen bágoas (Ambrosio, s. IV)
Con bágoas (Paulino de Nolant, s. IV – V)

a) Planctus Mariae:

 Laméntanse pola dor que sofre María, pero tamén poden reflectir a dor
que sinte.
 Hai dúas versións:
• Ambrosio (s. IV): sen bágoas, quen alega que no Evanxeo non se fai
referencia a que María chore.
• Paulino de Nolant (s. IV – V), quen presenta á Virxe chorando.
Posteriormente Anselmo de Canterbury (s. XIII) describirá os ríos de
bágoas da Virxe.
 Obras:
• Planctus ante nescio de Godofredo de San Víctor (s. XIII), no que se
contrapón a dor de María perante a cruz do seu fillo coa ledicia do seu
nacemento.
• Pranto do monxe cisterciense Ogier de Locedio (s. XII – XIII), no que se
lle pide á Virxe que conte a súa dolorosa experiencia para chorar a morte
do Salvador. Ten un grande éxito, xa que se conservan moitos manuscritos e
traducións temperás (francés, italiano, alemán, castelán).
• Stabat Mater, atribuído a Japone da Todi (comezos do s. XIV).
A partir do século XV os planctus mariae decaen pola súa excesiva
dramatización e en 1548 serían condenados no Parlamento de París.

b) Dores e ledicias da Virxe María,


que están vencellados cos prantos. Neste senso
destaca Speculum humanae salvationes, obra na que se describen as dores e
ledicias da Virxe:

Dores (tristitia) Ledicias (gaudia)


Simeón profetízalle á Virxe que unha espada lle
Anuncio do anxo.
atravesará o corazón.
Visita á súa curmá Isabel na que o fillo de Isabel
dá chimpos de ledicia deste o ventre da nai
Fuxida a Exipto.
porque recoñece a Xesús (María aínda está
embarazada).
O neno pérdese no templo. Nacemento.
Prendemento de Cristo. Adoración dos magos.
Crucifixión de Cristo. Presentación do neno no templo.
Atopan o neno no templo despois de que se
Sepultura de Cristo.
perdera.
María é acollida no ceo en corpo e alma e é corada
Áchase a sepultura de Xesús baleira.
por Cristo.

Hai obras que organizan os episodios en 5, 15 e mesmo 50, pero o máis


habitual é que sexan 7.
16
Literatura Latina Medieval
2007/2008
USC
1. Introdución III: xéneros tradicionais ou herdados

Tamén hai prantos en linguas vernáculas coma O lamento da Virxe María


(s. XIII), en francés e italiano, e outros que se desenvolven en forma de diálogo, coma
o Dialogus Virginis cum cruce de Filipe O Chanceler.

11. Consolación (consolatione)


A) Antecedentes:

1) Literatura clásica: Consolatio ad Libiam (antes atribuída a Ovidio), Fedón de


Platón, epístolas de Cicerón...
2) Literatura cristiá anteriores a literatura medieval: San Cibrán, San Basilio,
Gregorio de Niza, cartas de Paulino de Nola (s. IV) e Santo Agostiño e, sobre
todo, as cartas de San Xerome.

B) O xénero na literatura latina medieval:

1) Cartas: é moi frecuente a consolación, xeralmente pola morte dun ser


querido, e normalmente recoméndase que esta se busque na fe. Desde o século
XVI en case tódalas coleccións de cartas hai algo deste xénero.
 San Bernardo (séculos XI – XII): sermóns e cartas.
 Vicente de Beauvais (séculos XII – XIII): epístola dirixida ao rei por
mor da morte do seu primoxénito.
2) Libros: ligados á consolación filosófica e / ou teolóxica. Neste eido Boecio,
coa súa obra Consolación de filosofía, é o modelo a seguir. Así, ten imitadores
coma Pedro de Compostela (De consolatione rationis libri duo, século XII),
Petrarca (De remediis otilusque Fortunae, século XIV) ou, xa en linguas
vernáculas, o Marqués de Santillana (Vías contra Fortuna).
Outra obra que podemos citar é Synonyme, de Isidoro de Sevilla. Desde
o século XV será un xénero bastante frecuente, así podemos nomear autores coma
Tomé de Quempis (séculos XV).

12.Proverbios
A) Características xerais:

1) Son sentencias consideradas verdadeiras.


2) Para facilitar a súa memorización adoitan ser concisas moitas veces teñen
rima. É frecuente o uso do hexámetro leonino (versos cuxos dous versos
riman entre si).

B) Antecedentes:

1) Literatura clásica: Séneca, Horacio, Ovidio, Xuvenal, fábulas de animais.


2) Tradición cristiá: libros sapienciais da Biblia, Patrística.

C) Os proverbios na literatura latina medieval:

1) Colección de Serlo de Wilton (século XII), que ten moito éxito e sería
ampliada posteriormente.

17
Literatura Latina Medieval
2007/2008
USC
1. Introdución III: xéneros tradicionais ou herdados

2) Colección de William de Montibus (século XIII), que parece pensada para


ser usada polos predicadores.
3) Moitos dos proverbios eran escritos nos espazos en branco dos manuscritos,
hai algunhas recompilacións de proverbios deste tipo.

13.Poesía épica
A) Antecedentes: o modelo de poesía épica para a Idade Media será a Eneida. Este
xénero ten unha serie de normas na literatura clásica:
1) Unidade de acción.
2) Certa extensión, en xeral son poemas longos.
3) Elementos do gusto do poeta: discursos, descricións, acontecementos
diferentes da acción principal...
4) Recursos estilísticos coma a comparación e os catálogos (de guerras, de
barcos...)
5) Narrar feitos mitolóxicos ou históricos.
6) Intermedios líricos (coro).
7) Están, en principio, destinados ao canto.

B) Poesía épica na literatura latina medieval:

1) Xuvenco (primeira metade do século IV): fai un poema épico da Biblia


(“Biblia en verso”). Leva o relato bíblico ao nivel da arte do verso de Virxilio,
pero a adaptación é moi limitada xa que non se pode cambiar o contido da
Biblia.
2) Sedulio (século V): fai un poema épico da Biblia, pero dun xeito máis libre.
3) Claudio Mario Victorio de Marsella (séculos IV – V): escribe un poema
épico sobre a Xénese.
4) Alethia: Considera que ten dereito a xuntar a verdade da Biblia e o
perfeccionamento poético, xustificándose así a si mesmo e a outros poetas
que fan o mesmo ca el. Escribe un poema épico da Biblia moi adornado, pero
con pouco éxito (só conservemos un manuscrito).
5) Alcimo Avito de Viena (séculos V – VI): fai un poema sobre a Xénese e parte
do Éxodo (até o paso do Mar Vermello) que ten moito éxito (conservamos
máis de 40 manuscritos e está no catálogo das principais bibliotecas
medievais).
6) Pedro de Riga (século XIII) escribe o poema Aurora, no que se parafrasean
pasaxes do Antigo e do Novo Testamento ás que se lles engade unha
interpretación alegórica.
7) Liber Eupolemis (século XII), o seu autor debía ser alemán (non sabemos se
se podería chamar Eupolemi) e descríbese nus 660 versos a loita entre Caco (o
demo) e Agatus (Deus). O contido xa se expón no comezo dun xeito moi
épico: “Vou cantar os combates horríbeis de Caco contra o Mesías”.
8) Épica construída sobre a historia comteporánea:
 Antecedentes: Lucano (século I) en Pharsalia, Claudiano e Polipo.

18
Literatura Latina Medieval
2007/2008
USC
1. Introdución III: xéneros tradicionais ou herdados

 Poema de Ernoldo Nigello (século IX) no que se loa en forma de


panexírico ao emperador Ludovico Pío usando o dístico elexíaco,
metro que non se considera propio da épica (este sería o hexámetro).
9) Épica construída arredor do tema da caída de Troia. Aínda a Ilíada e a Odisea
non chegaron ao público en xeral até o século XIV, coñecíase o tema.
 Ilíada latina (segunda metade do século I), que conta cuns 1000 versos.
 Diario da Guerra de Troia: tradución do grego ao latín.
 Historia da caída de Troia.
 Scilium Troiae (século VI), tradución do grego.
 Xosé de Exataer (finais do século XII), autor de Fiigidaretis Ilios, unha
epopea de 3673 versos. É a epopea máis completa sobre a guerra de
Troia e destaca polas calidades gramaticais do poeta e a súa
orixinalidade.
10) Qualterio de Chatillon (finais do século XII), autor de Alexandreis, obra
sobre Alexandre Magno baseada nos trazos novelescos de Quinto Purcio
Rufo.
11) Ekeardo I (século X), considerado o autor de Waltharius:
 Obra que conta en 1453 versos as aventuras dun fillo dun rei que é
capturado, xunto coa súa moza e o fillo doutro rei, polo rei dos Hunos
(Atila).
 Ten como fontes a Virxilio e Prudencio.
 É de temática novidosa, xa que pon en latín a historia dos xermanos e
tamén os seus cantos tradicionais. É a primeira vez que atopamos a
historia dos xermanos na épica.
12) Épica protagonizada por animais que ten antecedentes nos séculos IX e X e
se desenvolve no XI e no XII:
 Eabasis captivi (século XI): obra que conta nuns 1600 versos as
aventuras dun becerro que escapa do estabulo e é atrapado polo lobo,
a representación alegórica dun abade. Parece estar destinado para ser
lido e representado por varios actores perante un público monástico.
 Ysengrimus (mediados do século XII), obra na que se ataca á Igrexa xa
que nela aparece un lobo, representación dun monxe, un bispo ou un
abade, caracterizado claramente coma parvo.
 Speculum Stultorum obra da autoría de Nigellus de Longe Hampis
Ocorreker na que tamén se critica a Igrexa. Neste caso é un burro que
emprende unha viaxe para conseguir un rabo máis longo, que representa
ao monxe que quere saír do convento para acadar honores.

14.Drama
O teatro clásico será condenado polo Cristianismo durante a Idade
Media, polo que desaparece desde o século IV. Porén, no século X reaparecerá
grazas a Rosvita, para explicar isto tense dito:
a) que influíu o gusto dos xermanos polas representacións;
b) que os recitais de vidas de santos estaban moi achegados á representación
teatral.

19
Literatura Latina Medieval
2007/2008
USC
1. Introdución III: xéneros tradicionais ou herdados

Con todo, si que se rexistran durante a Idade Media composicións


literarias breves e con música engadidas ao culto cristián. O modelo deste tipo de
composicións é Quem quaevitis (536), que se engade á misa do domingo de Pascua.

20
Literatura Latina Medieval
2007/2008
USC

You might also like