Download as doc, pdf, or txt
Download as doc, pdf, or txt
You are on page 1of 6

1.

Introdución I: historia do estudos do latín medieval

1. O século XVi
Os humanistas mostrarían un desprezo cara a Idade Media, considerada
unha etapa de decadencia. Isto apréciase na evolución do termo Idade Media ou
Medievo:
a) en 1469 Giovanni Bussi, falaría da media tempestas coma unha etapa de
decadencia e retroceso entre a época greco-romana e a morderna.
b) sería no século XVII cando Keller (Cellarios) difundiría o termo Medioevo
grazas á súa obra Historia medii-aevi, na que trata os acontecementos ocorridos
entre as invasións bárbaras e a caída de Constantinopla.
Desde este século aparecen publicacións de textos medievais en:
a) Francia, en especial en vulgar.
b) Alemaña, en vulgar e latín.

2. Os séculos XVI-XVII
Nos séculos XVI e XVII, na época da Reforma e a Contrarreforma, os
protestantes son contrarios á escolástica e, polo tanto, ao latín que era a lingua na
que se transmitía. De xeito que, aínda que sexa por diferentes razóns, defenden a
mesma postura cós humanistas do século XV. Nesta época destacan:
a) En Bélxica Jean Bolland (1596 – 1665), xesuíta belga que inicia un traballo con
eruditos belgas, franceses e ingleses cuxo resultado é a publicación do Acta
Sanctorum desde 1643. Os primeiros dous tomos corresponden aos santos de
xaneiro e febreiro. Funda a Sociedade dos Bolladistas que traballa desde entón na
investigación haxiográfica.
b) En Francia:
 Desde 1632 a Congregación Bieita de San Mauro (Saint Maure) dirixida por
Gregorio Tarisse (abade xeneral da orde) inicia unha tarefa na que
colaborarían outros persoeiros coma Faucon. Algunhas das súas actividades
importantes son:
 traballan nos eidos da Literatura e a Historia. Así, fundan disciplinas
auxiliares da Historia coma a Arquivística,
 percorren Europa para consultar manuscritos e facer catálogos deles,
 comezan a publicar a primeira Histoire Litèraire de la France1,
 estudan xuntos os autores que escriben en francés e os que escriben
en latín.
 En 1678 Du Case publica o Glossarium Mediae et Infimae Latinitatis.
c) En Alemaña xorde no século XVII, da man de Fabricius, o manual Bibliotheca
Latim Mediae et Infimae Latinitatis.

3. Os séculos XVIII
a) En Italia destacan:
 Ludovico Antonio Muratori (séculos XVII – XVIII), iniciador dunha obra
que contaría con 25 volumes, Rerum Italicorum Scriptores Praecipui an
1
En 1981 publícase o volume 41 e en 1995 o primeiro fascímil do tomo 42, que aínda se centra no
século XIV.

1
Literatura Latina Medieval
2007/2008
USC
1. Introdución I: historia do estudos do latín medieval

Anno 500 ad Annus 1500. A delimitación temporal da literatura latina


medieval que se expón no título desta obra é bastante adecuada.
 Tiraboschi (século XVIII), autor do manual de historia literaria italiana
Storia della Litteratura Italiana.

***

Estes manuais de historia da literatura, tanto os franceses coma os italianos, comezan


con escritores deses lugares que empregaban o latín.

4. Século XIX
a) Recupérase o interese polo mundo medieval en tódolos eidos:
 publícanse coleccións de textos latinos medievais (Patroligiae cursus
completus. Series latina; Monumenta Germanae Historica), polo que hai
unha maior accesibilidade aos textos;
 esta accesibilidade fai que xurdan traballos sobre a literatura latina medieval
(orixes latinas do teatro europeo, poesía litúrxica, poesía profana, signos,
boliardos...);
 malia que para algúns xéneros é neste século cando aparecen os primeiros
estudos importantes, estes non teñen grandes froitos porque:
 existe unha grande especialización dos eidos de coñecemento, mais
non hai coordinación entre eles;
 a filosofía positivista é pouco favorábel aos estudos sobre latín
medieval
b) A finais de século rexorde o desprezo pola literatura latina medieval, froito do
pensamento do romántico Vico, para o que a poesía debe ser espontánea, polo
que non pode ser expresada nunha lingua que non se fala. Isto dá lugar á teoría
dos dous mundos separados, que coexisten:
 Lingua e literatura en vulgar: viva.
 Lingua e literatura en latín: exhausta.

5. Século XX
A comezos do século XX xorde a Filoloxía Medio Latina (“a nova
disciplina”).
5.1. Estudosos alemáns máis importantes
Destacan os traballos publicados por catro estudosos alemáns, os
primeiros en mirar cara o latín medieval desde unha perspectiva científica e en
proclamar a independencia deses estudos da filoloxía medieval. Estes estudosos son:
a) Wilhelm Meyer,
b) Ludwing Traube: paleógrafo e autor da Introdución á Filoloxía Latina da
Idade Media (1911, póstuma), obra na que establece un programa para o estudo
do latín medieval:
 paleografía,
 latín medieval,
 tradición clásica latina,
 filoloxía medio-latina,
 contacto coa filoloxía románica

2
Literatura Latina Medieval
2007/2008
USC
1. Introdución I: historia do estudos do latín medieval

c) Paul Von Winterfeld;


d) Paul Lehmann.

5.2. Afastamento da teoría dos dous mundos separados


a) Precedentes:
 Eugène de Certaine: a mediados do século XIX expón a dependencia da
poesía romance respecto da latina.
 Aubertin: en 1878 tamén fai a afirmación anterior respecto á “Chanson de
Roland”.
b) Unión dos dous mundos no século XX:
 A comezos do século XX Bédier afirma que a orixe da épica, a lírica e o
drama francés se debe buscar na literatura eclesiástica, escrita en latín. Isto
é extensíbel a tódalas literaturas nacionais europeas, das que a francesa é a
primeira, que dependerían do modelos en latín.
 Meyer céntrase na poesía rítmica para establecer a dependencia da poesía das
literaturas neolatinas respecto da poesía latina medieval. Engade que a
Filoloxía Medio Latina abrangue a lingua e a literatura e que, ademais,
precede e domina as filoloxías románica e xermánica, que serían estériles
sen ela. É dicir, a relación entre o latín e o vulgar sería moi estreita.

5.3. Os estudos de Franceschi


Cando, en 1939, Franceschi obtén a primeira Cátedra de Historia da
Literatura Latina Medieval existente en Italia escribe o artigo “Límites e
cometidos dunha nova disciplina”, no que di que ten que crear unha tradición
nese eido. Os principais aspectos tratados nese artigo son:
a) Consideración de que os dous principais aspectos da Idade Media latina
son:
 Lingüístico: a Idade Media comeza cando o latín é a lingua do Occidente e a
ruptura da unidade lingüística vai parella á ruptura da unidade política do
imperio. Progresivamente xurdirían as linguas nacionais, aínda que non
sabemos exactamente cando deixaron se ser comprensíbeis o latín e as linguas
romances, podemos sinalar que:
 no Concilio de Tours (813) pídese que se dean as omilías en romance
para ser comprendidas, mais tendo en conta que a Igrexa é unha
institución moi conservadora é moi posíbel que a inintelixibilidade
entre o romance e o latín fose anterior;
 a mediados do século XI un mestre advirte aos seus alumnos que teñan
coidado cos xermanismos, polo que estes xa debían ter un peso
importante.
 Literario.
b) Sinálase a incomprensión cara o latín medieval e explícase que este latín
non era un todo unitario, xa que comprendía un espazo (toda Europa) e un
tempo (séculos V – XIV) moi amplos. Este latín estaría formado por varios
elementos, dos cales en cada autor podería predominar un ou outro, polo que cada
un dos autores debería ser estudado por separado. Estes elementos son:
 latín clásico tardío, que sería a súa base (destacan gramáticos coma Donato –
s. IV – e Cristiano – s. VI –);
 latín eclesiástico (da Biblia e da poesía eclesiástica);
3
Literatura Latina Medieval
2007/2008
USC
1. Introdución I: historia do estudos do latín medieval

 latín vulgar;
 elementos das linguas nacionais: románicos e xermánicos.
c) Establecemento duns límites cronolóxicos:

século VI (Boecio) - século XIV (Dante)

d) Establecemento dun programa para estudar este eido, semellante ao de Troube:


 linguas e literaturas clásicas (que chegan até nós grazas aos copistas
medievais);
 latín vulgar e eclesiástico;
 historia da literatura cristiá latina e grega (San Xerome, San Agostiño,
Tertuliano...);
 produción latina da Idade Media;
 lingua e literatura árabes (punto fraco dos medievalistas, malia que nos
séculos XII e XIII é unha lingua moi importante);
 lingua e literatura neolatinas;
 paleografía, xa que hai poucas obras publicadas;
 humanismo (os estudosos dedicados ao humanismo desprezan a Idade
Media).

5.4. Os estudos de Faral


En 1923, no artigo “A orientación actual dos estudos referentes
ao latín medieval”, sinala a necesidade de estudar á vez a literatura en latín e a
literatura en francés. Para afirmar isto pon como exemplo a Jean de Meung,
considerado unanimemente un dos grandes poetas da Idade Media2:
 considérase que anticipa as ideas de Voltaire (a Natureza como mestra da lei
moral),
 pero estas ideas xa estaban recollidas en escritos latinos anteriores,
concretamente nestes dous de Allain de Lille (Alanus ab Insulis3):
 De plancta nature, obra na que se lamenta a corrupción da humanidade;
 Anticlaudianus
Polo que este autor, considerado de grande importancia, ten moito que ver
coa literatura latina medieval. Así, non é lóxico que na Historia Literaria de Francia
só se analizasen ao comezo os escritos en latín (aos que se dedican os 12 primeiros
volumes), sen ter en conta tamén os escritos en francés.

5.5. Conclusións do Congreso celebrado en Padua en 1988


En 1988 celébrase en Padua un congreso que dará lugar á publicación, en
1990, de Aos cincuenta anos da primeira cátedra de Historia en Literatura
Latina Medieval, onde se fai un repaso dos estudos do latín medieval:

a) O estudo dun alemán analiza os puntos de contacto entre os grandes


estudosos alemáns neste eido (Troube, Lehmann, Bischoff, Brunhölzl):
 interese por cuestións históricas,
2
Cando se publica por primeira vez a “Chanson de Roland”, en 1837, xa existían máis de vinte
edicións do “Roman de la rose” de Meung, o que nos dá unha idea da importancia deste autor.
3
Cómpre sinalar que os nomes dos autores medievais poden aparecer en lingua romance ou en latín.

4
Literatura Latina Medieval
2007/2008
USC
1. Introdución I: historia do estudos do latín medieval

 uso de técnicas de edición da filoloxía clásica,


 interese pola poesía e pola Alta Idade Media.
b) Leonardi fai un repaso dos estudos sobre latín medieval en Italia:
 recoñece a superioridade alemá, mais di que Italia está moi por riba doutros
países europeos neste campo;
 di que Franceschini sabía que era un pioneiro e que as filoloxías clásica e
románica eran moito máis fortes cá filoloxía latina medieval.
c) Orlandi, en “Orixe e desenvolvemento dunha vocación”, fala de
Franceschini coma un mediolatinista e conta que o seu interese polo latín
medieval xorde cando estudaba en Padua e cursa esta materia porque lle
gustaba o seu horario.

5.6. Fontaine
En 1980 refírese ao latín medieval en Francia e explica que nese momento
había unha resurrección do interese por este campo debido a varios factores:
1) Recoñecemento da Antigüidade Tardía (fins do século II - comezos do século
IV) coma un período orixinal polos profundos cambios políticos, económicos e
sociais que se producen, e polo tanto, recoñecemento da orixinalidade do
latín medieval:
 desenvolvemento da Codicoloxía,
 interese das nacións europeas pola súa latinidade (Polonia, Hungría),
 hai moitas tarefas por facer en Dialectoloxía, Lingüística, Historia das ideas,
edición de textos (hai poucos editados e algúns están mal editados4)
2) Proceso de expansión do latín por Europa trala conversión de Constantino ao
Cristianismo (337).
3) Reparto político do Imperio Romano: o centro de Europa desprázase desde
Roma cara Francia e Alemaña. Ademais, é paradóxico que os pobos celtas
latinizados tardiamente (Irlanda, Inglaterra), son os mestres do latín nos
séculos VII e VIII.
4) O latín pasa de ser a lingua dominante a ser só unha lingua máis.
Fontaine propugna o estudo do latín medieval mesmo no ensino
secundario e afirma a existencia de vínculos entre o latín medieval e a lingua e
literatura francesas (negando a teoría dos dous mundos).

5.7. Foucher
En 1963 sinala a pouca atención que recibira a literatura latina medieval,
cando o latín era na Idade Media a lingua da educación e das ciencias, de aí a
importancia dos estudos sobre latín medieval (aínda que isto non ten porque levar
ao rexeitamento dos clásicos, como fixera Huysmanss). Establece tamén uns límites
cronolóxicos: desde o renacemento Carolinxio.

4
Como é o caso dos de Isidoro de Sevilla, cuxos escritos foron corrixidos para adaptalos ao latín usado
por Cicerón.

5
Literatura Latina Medieval
2007/2008
USC
i
Ver Lo spazio Letterario del Medioevo (Il Medioevo Latino e Il Medioevo Volgare)

You might also like