Embate 7

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 16

EMBATE

XULLO-AGOSTO-SETEMBRO 2007 numero 7

Voceiro Nacional de ADIANTE (Mocidade Revolucionaria Galega)

dade socialismo
liber a
mocidade
ci
en Republica
nd
e
dep
in autodeterminacion

GZ
EMBATE
2

PUBLICIDADE
GRÁFICAS PLANETA · Pedraucha 9 · LIBRARIA ANDEL · Rúa Pintor Lugrís, 10 · Vigo ESPADELA ARTESANATO · Rúa do Vilar, 58-B O BARDO · Cervantes 5, Baixo · Vigo EL HUMANOIDE DEL TRAJE VERDE· Algalia de
Tameiga-Mos Compostela arriba, nº 4 · Compostela
embate@adiantegz.org

LIBRERIA MENDINHO · Avda. Castelao, 7 · Vigo ANIL PERRUQUEIROS· Praza de Feixóo, nº 3 A TULLA · Entrerrúas, 1· Compostela
Compostela

ALJAMA · Ribadavia EMBORA · Rúa Tras Fiz de Solovio, 2· CASA DAS CRECHAS · Vía Sacra, 3 · A POLA NA POLA · Rúa Cervantes, 19 · Vigo
Compostela Compostela
Editorial
No Día da Patria deste ano 2007, a mocidade revolucionaria organizada en ADIANTE tracexamos
renovadas esperanzas. Tras un par de anos de certo ralentí nas forzas populares á espreita polas
mudanzas de cor nos gobernos do Estado español e na súa sucursal colonial da Xunta, o claro
continuismo deste último, encabezado polo tándem Touriño-Quintana, volven crear canles de
mobilización e colaboración mutuas entre as faccións nacionais que apostamos pola liberdade da
nosa nación.

Eramos conscientes desde un principio, como xa diciamos en anteriores entregas deste EMBATE, de
que os cambios de goberno nun sistema anti-democrático, capitalista e imperialista como o que
sustenta o actual réxime español non ían traer ningún tipo de mellora relevante nas condicións de
vida da mocidade e da clase traballadora.

Desde agora saudamos con ledicia que neste novo día de loita nacional, o independentismo
revolucionario de clase, do que facemos parte como base xuvenil, poida xunguir as súas forzas coas

y
doutras xentes e colectivos situados na esquerda autodeterminista galega para berrar e exixir pola
rúas de Compostela o comezo da fin, sen volta atrás, da “doma e castración” de Galiza.

A mocidade antifascista e anticapitalista temos ademais por diante un traballo sen tregua no
camiño de crear as condicións precisas para loitar por dar a volta á nosa situación colectiva dun
xeito radical e revolucionario: autodeterninación nacional, democracia popular e igualdade social.

E é que debemos unir vontades para rematar coa extrema precariedade laboral xuvenil, para frear
a continua emigración de importantes camadas da mocidade popular, para enfrontarse coa
represión político-xudicial e coa manipulación dos mass-media empresariais, para erradicar a
violencia global contra as mozas, por conseguir unha vivenda digna sen hipotecar as nosas vidas,
para deixar de ser una canteira de mercenari@s forzos@s para a policía e o exército, para vivir e
decidir libremente…

Polo que debemos pular con decisión e sen complexos polos pequenos espazos de unidade de acción
nos que estamos a traballar para melloralos e multiplicalos. Unirnos para encamiñar a carraxe da
mocidade cara os obxectivos emancipadores colectivos.

ADIANTE aposta sempre por formar e organizar, para loitar e golpear tod@s xunt@s na mesma
dirección. A aportación da nosa compoñente obreira, popular e anti-sistema está aberta a todos os
camiños sempre que emanen da seriedade e da vontade da clase traballadora e que fuxa dos
mesianismos e dirixismos autodestrutivos tan presentes nas experiencias do pasado. Este 25 de
Xullo debe ser un punto de inflexión para as multitudes patrióticas que saimos á rúa.

Por último queremos destacar a nosa satisfacción pola pluralidade que está a tomar o EMBATE nos
últimos números tras termos feito a necesaria autocrítica polos contidos algo herméticos das
primeiras entregas. Agora, mais alá de cumprir a súa función orixinal de voceiro nacional da nosa
Organización, estamos conseguindo converter pouco a pouco a esta publicación nun punto de
encontro de formación, opinión e denuncia para visións cada vez máis plurais dentro do espectro
revolucionario e antagonista do noso País e doutras nacións oprimidas, sen ser sempre
necesariamente coincidentes cos nosos postulados estratéxicos.

Que desfrutedes da lectura e que saibades que este é tamén o voso voceiro.

EMBATE
CONtidos número 7 - xullo, agosto, setembro 2007
[páx.3] Editorial
y
[páx. 4] Natureza e colonización Voceiro Nacional de
ADIANTE (Mocidade Revolucionaria Galega)
[páx. 6] Palavras proscritas y
www.adiantegz.org
[páx. 7] Que non trafiquen cos nosos y
dereitos
EMBATE non ten por que compartir
[páx. 8-9] Causa Galiza necesariamente a totalidade das opinións
aquí expresadas
[páx. 10] Bon cop de falç!
y
[páx. 13] Eva Forest Pódense reproducir os artigos citando a
fonte
y EMBATE
Dep. Legal: C-1813-2005
3
NATUREZA E COLONIZACIóN
Eu vin cousas nas que vós non acreditaríades. Naves de guerra a arder alén de Orión. Vin raios-C
a brillar na escuridade na Porta de Tanhäusser. Todos eses momentos se perderán no tempo como
lágrimas na choiva. É hora de morrer.
Roy Batty. Blade Runner

O SENTIDO ANCESTRAL
PEDRO ALONSO Hai vinte anos, Antón Reixa e os seus Resentidos reivindicaban unha maratón do desemprego ou
unha equipa olímpica de piragüismo cos do naval, para competir na olimpíada do apocalipse en Vigo
92. Dotado dunha extraordinária capacidade para aplicar metáforas esperpénticas á realidade
cotiá, Reixa cautivou durante anos a unha xeración que através das suas letras podía acceder
doadamente a multitude de hipóteses, teses e paradigmas que o tempo e a vontade convertiría en
dogmas. Vinte anos despois dos Resentidos, trinta e cinco anos despois do Atraso de Beiras e setenta
anos despois de redactados os primeiros textos do Sempre en Galiza de Castelao, no 2007, seguimos
a moer e remoer na nosa condición de estranxeiros na nosa terra, de apátridas de nós mesmos ou
de alieníxenas yeyés facendo unha sardiñada na praia (a eterna fuxida consciente, a forza que
reside na nosa febleza e que nos permite conservar-nos, ou como voltaba dicir o Reixa, a anestésia
para seguir de pé).

Estará podre o cerne da nosa conciéncia colectiva, rachado o nexo que debería comunicar
identidade e intelecto, e afundidas todas as naves para percorrer a singradura que esta terra
demanda deste povo? Calquera que sexa a resposta, cumpre afirmar unha e cen veces que existe
un espazo na conciéncia colectiva desta nación, polo menos dunha pequena parte desta nación, no
que, por veces enfurecidos, os ventos do atlántico e da história baten nos rostros, abaneando o
espazo interior e edificando vontades de ferro. Vontades que nunca renunciarán a entender a nosa
realidade sen pasar polo aro.

En todo caso, Castelao, Beiras e tamén Reixa e os seus Resentidos, cada un ao seu xeito, deseñaron
un lenzo no que aparece o noso povo postrado, eivado, cego, xordo.., en fin, con mil desgrazas,
mais sentado nese noso invento ancestral, quen sabe se castrexo, que é a mesa e o banco corridos
para comer o pulpo. Porque todos eles recoñeceron na sua xente a sabia capacidade de conservar
os ritos, costumes e atitudes que, como un espectáculo cósmico e telúrico á vez, concitan de forma
unánime o sentido da nosa pertenza a esta terra. Como se fose a nosa razón de ser. Sen nós, para
que se ían inventar o pulpo ou os grelos, para que haverían de achegar-se as sardiñas tan pertiño

EMBATE
4
das areas no comezo do verán ou por que ían existir os ourizos
das castañas? Houvo un tempo en que nós, tamén, eramos
como indios. Tiñamos unha cosmovisión na que a natureza se
revelaba como unha nai, ás veces agarimosa, ás veces severa.
Todo tiña un sentido e todo voltaba a ser algo. A pegada que en
nós deixou esa cosmovisión séguese a perceber hoxe.

DE CANDO CHEGOU O MAL


Datar o momento no que se cruza o materialismo máis ingrato, o
egoísmo espoliador e excluínte, con esa visión harmónica, digamos que
menos impositiva e máis recatada, da relación coa nosa natureza é
algo que permanece aínda en discusión en círculos expertos. Hai quen
di que cando chegan as elites celtas, ou cando os romanos cruzan o
Lethes para nos civilizar através dos traballos forzados… Tamén se di
que foron os suevos, ou os mouros e, por último, fala-se bastante dos
españois. Sobre esta raza, estirpe, comunidade, mito ou relixión,
debeu haber un galego nos séculos isabelinos que, inspirado pola sua
agudeza e instinto natural, quixo mandar edificar un valado e unhas
cancelas nas Portelas, tal como na China, para fechar-lle o paso aos
casteláns dos castelos, porque non haberían de deixar nen pulpo, nen
xouvas, nen roxóns para nengún de nós, tanta fame que pasaban eles.
O certo é que daquela non lle fixeron caso e os casteláns ou
españois, que tanto ten, penetraron a fundo na nosa terra e
hoxe, muitos anos despois, hai xente nosa que dí que nós tamén
somos españois.

O certo é que tras ese devalar, do noso povo irmandiño saíron


tamén estirpes de feros acumuladores de riqueza, sabia e
oportunamente aliados co poder españolizante, lambendo as
espiñas das sardiñas e outras regalías que ficaban no festín
resultante do saqueo da nosa riqueza. Unha riqueza ao princípio
exultante, exuberante, hai quen dí que só había que apartar aos galegos para descobrir as
riquezas da sua terra. Despois, co paso do tempo e co avance das tecnoloxías industriais,
resulta que aínda apareceron máis riquezas, pero nós xa non tiñamos vasoira coa que varrer
para a casa. E todo, todo, todo, ía para fora, o que se vía e tamén o que non se vía. Unha
circunstancia que, cousas da história, non deixou de acontecer até agora.

A DESFEITA AMBIENTAL COMO ESTIGMA


Hoxe, tratan de convencernos de que hai que orgullar-se e gabar-se de ostentarmos os
primeiros postos do ranking mundial de produción de pedra para a construción, de mexillóns
de batea, de enerxía eólica, de roupa feita por escravas, ou de antenas parabólicas. De igual
xeito, pretenden elevar á categoría de mito o know-how galego na descuberta de recursos
pesqueiros, sabiamente apontoado através de decénios arrasando caladoiros polo planeta
adiante, ou o milagre do textil, quen sabe até que grao participado polo outro próspero
negócio da fariña. Mais todo iso, que da de comer a uns poucos milleiros de persoas, agacha
o de sempre. Unha economía subalterna, unha industrialización descompensada, arbitrária,
sen eixos incardinados no desenvolvimento ordenado do tecido socio-económico do país, en
definitiva, sen xeito ou ao xeito de intereses alleos. Como Beiras dicía, unha economía que
xera unha sociedade dual subdesenvolvida na que se posibilita o crecimento das economías
dominantes estranxeiras e se perpetúa a dependéncia do colonizado. Tamén López Facal,
que califica como característica estrutural da economía galega a sua incapacidade para
absorber por medio do investimento a masa de aforro xerada. E Vence, que di que temos
unha economía subdesenvolvida porque se trata dunha economía extrovertida, subordinada
e non auto-centrada. E o pior de todo, cuns custes ambientais e sociais desproporcionados,
absolutamente estratosféricos e que nos abocarán á ruina no futuro próximo. Dous
exemplos: Valdeorras e O Courel. A xeografía do espanto. Proxectemos a nosa imaxinación
vinte ou trinta anos cara adiante. De aterrar nese tempo unha nave extraterrestre nestas
comarcas, encontrará unha orografía lunar, chea de cráteres, atravesados por grandes
veículos rodados carregados de lousa, e aldeas desertizadas, onde a soidade e o silencio
terán a faciana de algún vello irredento que preferiu resistir e ficar. Mesmamente, as
colónias mineiras de Orión que descrevía Roy, o replicante de Blade Runner.
EMBATE
5
Palavras proscritas
MONCHO LAREU Resulta complicado de comprender. Mas sim. As palavras tamém podem estar proscritas. No
autoproclamado “mundo livre” –porque nom o é-, nom está proscrita a exploraçom, nem a tortura,
nem a monarquia, nem o machismo, nem a xenofóbia, nem a contaminaçom. Nom. Estám proscritas,
entre outras cousas e sentimentos, as palavras.

Um par de meses antes das passadas eleições, o governo do Estado Imperialista Espanhol, por meio dos
seus braços judicial e propagandístico –os mass media que se fam chamar “independentes”, porque nom
o som-, decidiu ilegalizar “democraticamente” a umha nova organizaçom política euscalduna por levar
no seu nome a palavra batasuna.

Quando o escuitei na rádio fiquei abraiado. Mas suponho que mais abraiad@s ficariam @s académicos
da língua basca, estudantes de filologia euscalduna, e amantes do eúscaro em geral, ao escuitar d@s
pregoeir@s e esbirr@s do regime (fam-se chamar “tertulianos”) que umha palavra do seu querido
idioma está proscrita. A palavra que em galego é UNIDADE.

A mim como filólogo parece-me ridículo, como quase todas as espanholadas que fam este fato de
sicári@s pro-capitalistas para manter o seu imperio bananeiro. Etimologicamente o termo “filólogo”
significa “amante das palavras”, e como amante das palavras creio que estas nom tenhem culpa do que
fam certas pessoas com elas.

Às vezes, falando com colegas dos movimentos libertários e anarquistas, pergunto-lhes que mal lhes
fai, por exemplo, a palavra PÁTRIA. É umha palavra que foi luxada polo fascismo, polo capital, e
incluso polas tendências contrarrevolucionárias da esquerda como a socialdemocracia ou o trotskismo,
mas ela nom vos tem culpa. O mesmo acontece cos chamados “palavrões”. Porque se lhes di que som
“palavras feias” a foder, cona, cabrom, óstia,…? Que mal figérom por si mesmas?

A palavra BATASUNA fica proscrita, mas a sua traduçom ao castelhano UNIDAD segue a ser um
fetiche totémico para @s da metrópole. Nós sabemos de sobra o que significa esta verba nas bocas
fedorentas e nas mentes podres dos nosos colonos: uniformidade, opressom, exploraçom,
repressom,… E sabemos tamém o que significou, significa e significará sempre a famosa palavra
proscrita nos beiços mais livres d@s noss@s irmãs/os basc@s: firmeza, dignidade, solidariedade,
independência,…

E ficam proscritas as palavras, e as ideias que levam, e as pessoas que as defendemos, e os colectivos
que as berramos,… Mas nom vam conseguir nada, porque as gentes ceives nom nos rendemos nunca
nem na Galiza nem em Euskal Herria, nem em sítio nengum. Pois isso amig@s, que viva a palavra
EMBATE proscrita e euscalduna BATASUNA.
6
QUE NON TRAFIQUEN
COS NOSOS DEREITOS
polo dereito da mocidade a unha vivenda digna
A especulación urbanística non é desde logo nada
novo. É un problema ao que xa nos vimos
enfrontando desde longo as clases populares,
sempiternas condenadas á vivenda precaria e á
explotación económica. Mais esta realidade é aínda
máis dura para os sectores de poboación máis
novos.

En moitos medios temos que escoitar que a causa


de que vivamos máis tempo na casa dos nosos pais
é por comodidade, porque preferimos ter todo
feito, porque somos uns nugalláns... nada máis
afastado da realidade.As respostas ás dificultades de
emancipación por parte da mocidade hainas que
buscar na realidade social na que estamos inmersas
e inmersos. A precariedade, a inestabilidade, a
explotación, os salarios irrisorios... este é o mundo
no que vivimos. Incapaces de emanciparnos, de
afrontar os elevados prezos da vivenda, tanto de
compra como de alugueiro, de afrontar os avais
imposíbeis e as condicións abusivas dos bancos,
obrigados a renunciar ao acceso a unha vivenda
digna.

Informes “oficiais” reflicten esta realidade da que falamos recollendo as seguintes cifras:

Apenas 8.000 moz@s galegas logran independizarse dos seus pais cada ano.

Tan só o 9,5% das persoas de entre 18 e 24 anos vive fóra do domicilio materno, unha porcentaxe que se
eleva ao 34,3 para a franxa de entre 25 e 29 anos.

O salario medio dunha persoa moza na Galiza ronda os 600 €. No caso de que quixera comprar unha
vivenda tería que hipotecar o 73% do seu salario.

As construtoras, as inmobiliarias, os bancos, os políticos do sistema, os alcaldes corruptos e un longo etc. de traficantes
especulan cos nosos dereitos e co noso futuro. E todo isto inmerso nunha espiral de destrución que ademais de hipotecar o
noso futuro, hipoteca a nosa terra. A desfeita urbanística é cada día máis palpábel na Galiza, especialmente na nosa costa.

No informe Destrución a toda costa 2006, a organización ecoloxista Greenpeace, que non é precisamente unha
organización subversiva, repasa as principais ameazas para o noso litoral, destacando a saturación urbanística, o aumento
do número de campos de golf, os numerosos casos de corrupción asociados ao urbanismo e o incremento de novos portos
deportivos.

Nº de vivendas proxectadas na costa galega 800.000

Nº de vivendas actuais na costa galega 816.000

Nº de vivendas baleiras 300.000

Nº de concellos costeiros cun Plan Xeral de Ordenación adaptado á normativa 0

FONTE: Informe “Destrución a toda costa 2006. Greenpeace”

EMBATE
7
nace CAUSA GALIZA,
unha nova entidade
social para a
Autodeterminación

Causa Galiza, entidade social ampla e de esquerda na que conflúen persoas,


colectivos, organizacións e forzas políticas galegas comprometidas coa defensa do
dereito de autodeterminación do noso país, foi presentada publicamente o 14 de
xullo na Igrexa de San Martiño Pinario de Compostela.

A escolla da Igrexa de San Martiño Pinario para a presentación da Causa Galiza non
é casual. O 23 de abril de 1846 as tropas provincialistas do xeneral Solís
refuxiáronse neste templo pouco antes de se render perante o exército centralista
mandado desde Madrid. Con esta derrota púxose fin ao pronunciamento galeguista
e progresista que instaurara o 15 de abril dese ano a Xunta Superior do Reino de
Galiza, que reclamou as liberdades e dereitos que o xeneral Narváez abolira,
ademais dun trato xusto para Galiza. Estes acontecementos históricos sentaron os
alicerces do nacionalismo galego e por iso a Igrexa de San Martiño Pinario encerra
un grande valor simbólico para as forzas soberanistas.

Causa Galiza organiza para o 25 de Xullo unha manifestación unitaria que vai
partir ás 13:00 horas da Alameda compostelá, baixo o lema
“Autodeterminación”.

Desde ADIANTE (Mocidade Revolucionaria Galega) manifestamos o noso apoio


activo á convocatoria soberanista do 25 de Xullo e animamos á mocidade
traballadora a asistir no Día da Patria aos actos programados en Compostela por
Causa Galiza. Só desde o recoñecemento do noso dereito de Autodeterminación
poderemos poñer as bases da nosa Independencia Nacional camiño do Socialismo.

EMBATE
8
MANIFESTO
CAUSA GALIZA
No debate social e político, cando se fala dos dereitos aos que podemos e debemos aspirar, son centrais ideas e conceptos
como soberanía, libre poder de decisión, dereito de autodeterminación, independencia, etc. Palabras que adquiren máis
sentido no actual contexto de reforma institucional do Estado Español e no escenario europeo onde a reivindicación da
liberdade dos pobos ten plena actualidade, como se comproba na Escocia, Montenegro, Cataluña, Irlanda, País Basco,
Córsega, etc. É preciso, por tanto, falar de Galiza como de unha nación con todos os seus atributos, de Ortegal ao Miño e
de Fisterra ao Berzo, enfrontando a maré uniformizadora española e da globalización capitalista.

Mais hoxe, asistimos a un proceso pactado de reforma estatutaria ensaiada polos principais partidos políticos, que ten
como finalidade blindar de cara ao futuro a estabilidade institucional e territorial española en torno de un consenso entre
as forzas políticas constitucionalistas. Algo que contrasta cos 27 anos de historia como “comunidade autónoma”, nos que
as problemáticas que afectaban ao noso pobo non só non se resolveron senón que na maioría dos casos se teñen
agravado. Durante esa etapa liquidouse grande parte da estrutura produtiva nacional, aumentou o desemprego, a
precariedade laboral, a emigración, a pobreza e a exclusión social; atinximos as taxas máis altas de sinistralidade laboral,
percibindo os máis baixos salarios e prestacións sociais; soportamos un permanente desastre demográfico; padecemos
alarmantes cuotas de contaminación, especulación urbanística e desfeita ambiental, e a lingua e cultura nacional
esmorecen pola presión españolizadora. A autonomía demostrou ser unha ferramenta xurídico-política incapaz de
solucionar as principais consecuencias que derivan da nosa condición de nación subalterna privada de soberanía. A listaxe
de problemas que son irresolúbeis no marco constitucional é ben longa. Unha administración autonómica de apoucada
capacidade non pode enfrontar esa realidade e resolver os problemas de traballo, ordenación territorial e administrativa,
sistema educativo e sociosanitario, políticas industriais, agrarias e pesqueiras, enerxía, língua, cultura e deporte, ambiente,
transporte e comunicacións, relacións internacionais, etc.

Porén, o poder institucional e as forzas autonomistas tentarán abordar unha reforma estatutaria que manteña a Galiza
amarrada e sen dereitos. Sen dereito a decidir sobre o seu modelo socioeconómico, sobre o cadro xurídico-político que
mellor responda aos intereses da maioría, ou sobre as medidas necesarias para garantir a plena normalización social do
idioma; sen dereito a xestionar os recursos naturais atendendo ás suas propias necesidades e non ás do exterior... En
definitiva, sen dispormos de poder de decisión para sortear a condena ao deterioro social e ambiental prolongado e á
desaparición final como nación. Neste sentido, o recoñecemento do dereito de autodeterminación é unha garantía
fundamental dun futuro de liberdade e xustiza social, porque sen autodeterminación non pode haber democracia.

É con base nesa realidade que unha serie aínda aberta de persoas, colectivos e entidades sociais e organizacións e forzas
políticas galegas decidimos nos últimos meses iniciar unha nova andaina conxunta que sirva para dar coerencia e unidade
ás reivindicacións existentes no seo do noso pobo, e que non están representadas nos consensos da oficialidade, nin na
só aparente diversidade de ofertas políticas da precaria democracia en que vivimos.

A necesidade de que os anceios dese amplo sector do pobo galego que non renuncia ao exercicio dos dereitos nacionais
de Galiza, teñan voz e se podan difundir as ideas e propostas soberanistas, deu lugar a un debate cuxo fruto concreto é
Causa Galiza: unha entidade social ampla e de esquerda, aglutinada en torno da necesidade de defendermos o exercicio
do dereito de autodeterminación por parte do noso pobo.

Por iso, enfrontaremos a tentativa de dar continuidade á fracasada vía autonómica, exixindo que calquera mudanza do
actual Estatuto pase pola abertura dun proceso de autodeterminación no que o pobo poda decidir sobre eses e outros
aspectos fundamentais para o desenvolvemento de Galiza.

Conscientes da nosa responsabilidade neste momento histórico, defenderemos a nosa firme aposta por estes principios e
a máxima flexibilidade na acción, para gañarmos máis galegos e galegas á causa da liberación nacional e social. A causa
da Galiza.

Galiza, xullo 2007


EMBATE
9
Bon cop de falç!
os vieiros da esquerda independentista nos
Paises Catalans
ANDREU BATALLA, militante de Maulets

A historia de calquera movemento político é un complexo entramado de siglas,


organizacións e disputas políticas. O caso catalán non é unha excepción e debido á
complexidade do caso intentamos simplificalo ao máximo.

A Guerra Civil deixou un baleiro inmenso na vida política catalá que tan intensa fora nos séculos
anteriores. A conxuntura dos anos 40 fixo da resistencia ao franquismo, a única acción política da
esquerda catalá, reunida ao redor do FNC (Front Nacional de Catalunya), agrupación de sectores
nacionalistas moi heteroxéneos. Os anos 60 e 70 supoñen o desenvolvemento das distintas correntes
políticas e a recuperación dos conflitos nacionais e sociais que até aquel intre foran afogados baixo
o manto de represión e morte da ditadura.

Neste abano que se desprega aparecen o PSAN (Partit Socialista d´Alliberament Nacional) e EPOCA
(Exèrcit Popular Català), os precursores do movemento independentista revolucionario actual.
Igualmente reaparece públicamente ERC (Esquerra Republicana de Catalunya) moi débil, co único
respaldo da lembranza romántica do que fora o meirande partido político catalán da época
republicana e cunha desorientación política e ideolóxica que aínda hoxe se mantén. Non é até 1992
que este partido recuperará parcialmente un discurso independentista que até aquel intre fora
patrimonio das correntes combativas.

A década dos 80 foi unha xeira dourada para o independentismo catalán, aparece unha fronte de
acción unitaria que terá a súa cimeira na formación do MDT (Moviment de Defensa de la Terra). A
grande capacidade de mobilización popular, unha boa estruturación en sectoriais e o achegamento
de sectores sociais como o ecoloxismo e as campañas contra a OTAN, fan posíbel esta iniciativa á
vez que Terra Lliure, fundada en 1979, vai incrementando a súa capacidade operativa e goza dun
amplo apoio social. Á súa vez, mobilizacións cívicas como a Crida á Solidaritat en favor da lingua
e a cultura catalá crean un sustrato favorábel para a urxencia dun independentismo revolucionario
grande e forte. Logo de máis dunha década de medre do independentismo catalán, entre 1987 e
1995, se visualizaría unha crise que tería a súa cimeira coa disolución de Terra Lliure e a apertura
dun período de baleiro e reestruturación que tomaría forza na primavera do ano 2000.

Foron varias as causa do declive que comeza coa nova década, primeiro a inmadurez que aínda tiña
o independentismo catalán, que centraba todos os seus esforzos na mobilización e a axitación, até
ás veces esquecendo a teoría e discurso. O segundo factor foi a represión que, se xa era intensa
anteriormente, se incrementa co advenimento dos Xogos Olímpicos en Barcelona. Coa detención de
máis de sesenta militantes de varias organizacións da esquerda revolucionaria e independentista,
todos acusados de pertenenza ou colaboración con Terra Lliure. Dentro do espectro represivo entra
a man de ERC, que durante os anos 80 estava a ficar sumida na marxinalidade e en 1986 perdera a
representación no Parlamento español.

A crise de ERC era directamente proporcional ao medre do independentismo combativo e, “a


grandes males, grandes remedios”, aparece da nada unha nova dirección con Àngel Colom, Josep
Lluís Carod-Rovira e Pilar Rahola, que comezarán a súa carreira política na Crida e o PSAN. Esquerra
empeza a facer un discurso independentista e de esquerdas da noite para a mañá á vez que a
ofensiva do Estado español golpea unha e outra vez contra a esquerda independentista.

EMBATE
10
En xuño de 1987 estoura unha bomba de ETA no hipermercado Hipercor de Barcelona, a policía
malia os avisos non desaloxa o local e prodúcense 21 mortes e máis de 30 feridos. Esta acción
marcará un punto e aparte no independentismo catalán, a esquerda independentista amósase
desorientada e a comprensión e apoio que Terra Lliure e ETA tiñan nos Países Cataláns descende dun
xeito notábel. É significativo o descenso de votos de HB no Principat duns 39.000 en 1986 a pouco
máis de 15.400 dous anos despois, así como a pouca relevancia da candidatura independentista
Catalunya Lliure, que non superou os 20.000 votos nas eleccións europeas de 1989. Perante a
situación que se suscita, sectores posibilistas de Catalunya Lliure e até de Terra Lliure entran en
ERC, á vez que comeza unha cruzada contra o independentismo combativo.

Esquerra preséntase como independentista ás eleccións de 1992 pasando a ser a terceira forza do
Principat e en 1993 recupera a súa presenza nas cortes españolas. Nos mesmos anos modifican os
estatutos nos que reivindican a independencia e a unidade territorial catalá, á súa vez din
fundamentar a súa ideoloxía e acción política baixo a ambigua fórmula “progreso social”. Atribúese
o papel de interlocutor entre o Estado e os presos de Terra Lliure, ofrecendo privilexios e tratos de
favor aos que accedan ao abandono da propaganda armada, tal como se nomea ao tipo de
actividades da organización armada.

Esta situación é explotada polo goberno


español e lexitímase a Esquerra como
interlocutor, ofrecendo indultos e unha
amnistía xeral dos independentistas presos a
cambio da disolución de Terra Lliure. A
xogada do Estado e ERC era case perfecta,
indultábase aos prisioneiros a cambio da
desaparición do independentismo
revolucionario do escenario político. ERC
pasaba a ser o único representante oficial do
nacionalismo progresista. Terra Lliure, pola
súa banda, irá dividíndose desde 1991 entre
un sector posibilista, partidario de rematar a
loita armada e integrarse en ERC, e outro
partidario de seguir o conflito até as últimas
consecuencias. Esta fractura debilitou
enormemente a Terra Lliure, que desaparece finalmente no 95, e á esquerda independentista en
xeral, que entraba nunha época de perda de referentes, incerteza e confusión que non se
recuperará até a seguinte década.

En abril do ano 2000 iníciase o Procés de Vinaròs, un espazo de debate que plantexaba a
reconstrución do independentismo revolucionario baixo un movemento unificado e estruturado.
Este espazo rachou e durante os primeiros anos percibíuse como un fracaso e aumentou as
diferenzas entre algunhas das organizacións, pero a análise que se facía era miope. Esta impresión
foi en parte froito da decepción ao non conseguir o obxectivo máximo do Procés, pero o certo é
que estabeleceu uns alicerces para o traballo conxunto que se foi desenvolvendo até a data de hoxe
con multitude de campañas, xornadas e celebracións unitarias. Ademais creou estruturas como
Alerta Solidària, a sectorial antirrepresiva, e a CEI (Coordinadora de l´esquerra Independentista)
que co tempo se mantivo unicamente nalgunhas comarcas. O proceso de unificación que non se deu
formalmente comezaba a se xestar até a constitución dun só sindicato estudiantil referente, o
SEPC, en 2006 que dará paso a un movemento unificado e sólido no futuro.

Á súa vez, as CUP (Candidatures d´Unitat Popular) foron collendo relevancia como marco unitario
de referencia no eido institucional, aínda que sexa unicamente municipal. Estas candidaturas
medraron comicio a comicio polo compromiso social e político, independentista e socialista sen
complexos nin ambigüidades, así como o desencanto de grande parte dos votantes de ERC coas
renuncias e traizóns a que se foi sometendo.

Diciamos antes que Esquerra estaba ideoloxicamente desorientada nos anos posteriores á ditadura
e parecía coller un rumbo fixo nos 90, cun suposto caracter esquerdista e independentista, que a
leva ao goberno autonómico do Principat nas eleccións de 2003. O feito de mudar a un goberno
autodenominado catalanista e de esquerdas parecía a panacea para moitos sectores da poboación
dos Países Cataláns, pero isto non se traduciu nunha mellora das condicións de vida da poboación,
nin nunha catalanización maior da vida diaria. Se non máis ben nun continuismo político dos 23 anos
de CIU no goberno, seguen os pactos coas patronais, non se dá resposta á precariedade laboral, á
destrución do territorio nin á especulación urbanística. Os transportes públicos funcionan pior ca
EMBATE
11
nunca e o proceso de españolización intensifícase con máis horas de lingua castelá na escola en
detrimento da lingua catalá, que debía ser a canle única de ensino desde os anos ´80. TV3, a
televisión pública catalá, así como outros medios de comunicación alcanzan uns niveis de submisión
ás ameazas dos gobernos do País Valencià (PP) e as Illes balears (PP até finais de xuño de 2007) con
pechaduras de repetidores e solapando outras cadeas afíns ao españolismo máis rancio, a renuncia
Referentes históricos internacionais da loita xuvenil revolucionaria

á denominación do País Valencià pola de Comunidade Valenciana e a inclusión de cada vez máis
espazos en castelán nunha televisión que nacera en 1983 con vocación de ser integramente en
catalá. Estes son algúns exemplos mais o certo é que ademais se crea un circo mediático que chega
á súa cota máis alta de espectáculo decadente coa aprovación dun Estatuto de Autonomía que, á
marxe de nacer raquítico, vaise recurtando nas negociacións co Goberno español e que segue a ser
día tras día censurado polos mesmos que o promoveron. O nivel de esquizofrenia en ERC é tan
elevado que chega a mudar até tres veces de opción durante á campaña do referendo de imposición
do novo Estatuto.

Este partido termina sendo expulsado do goberno autonómico e nas novas eleccións ao parlamento
rexional do Principat, en novembro de 2006, volve a se someter dun xeito definitivo ao españolismo
do PSC-PSOE. Isto fragmenta o partido internamente en dúas correntes, unha chamada
Reagrupament, que antepón o feito nacional a calquera outra estratexia política e está vinculada
a un ex-conselleiro da administración autonómica favorábel a un acordo con CIU. A outra corrente
é a oficialista, vinculada á dirección executiva e que impón a Joan Puigcercós á beira de Carod-
Rovira para evitar derivas surrealistas nas súas accións sen dar unha impresión de crise. Á súa vez,
o espectáculo circense fai aparecer no Parlament un novo partido demagóxico de orientación
españolista chamado Ciutadans, partido de la ciudadanía con discurso única e exclusivamente anti-
catalanista e de xacobinismo estatal.

Este panorama leva á situación actual na que o novo executivo autonómico do PSC-PSOE, ERC e IC-
V, segue a machada as ordes do goberno Zapatero, sométese ás vontades e presións do PP
valenciano e balear á vez que a poboación do Principat vai desencantándose do falso progresismo,
catalanismo e ecoloxismo de Esquerra e os seus socios. Nas últimas eleccións municipais non só
subiu a abstención e retrocederon espectacularmente as candidaturas dos partidos gobernamentais
se non que por unha banda aumentou a presenza nos concellos do partido fascista PxC (Plataforma
per Catalunya), herdeiro de Fuerza Nueva. Pero non todo é negativo neste desolador escenario
político, os últimos anos a esquerda independentista apostara forte polas Candidaturas d´Unitat
Popular, que xa obtiveran uns bos resultados en 2003 e que os dobrou en 2007, chegando a ser
decisiva en moitas capitais de comarca.

As CUP, recollen o desencanto popular coas súas posicións firmes e sen censura, á vez que converten
á esquerda independentista catalá en referente de distintos movementos sociais. Estas
candidaturas sementan novas esperanzas en sectores populares moi amplos, como os ecoloxistas,
marxistas que non contemplaban o discurso nacional e evidentemente independentistas de
esquerdas ademais do electorado insatisfeito de Esquerra. Unha parte do sector oficialista de ERC,
de novo nas súas derivas ideolóxicas ao ser unha das grandes derrotadas nas eleccións municipais,
intenta dar un golpe de efecto contra o éxito das Candidatures d´Unitat Popular e fai público un
manifesto chamado da Esquerra Independentista. Roubando o nome do noso movemento de
liberación nacional, nun novo intento de crear confusión da opinión pública en beneficio de
sectores oportunistas e que demostran día a día desde hai anos que non serven máis que aos seus
intereses particulares e dos poderosos a quen serven.

Perante isto debemos ser conscientes da relevancia do traballo ben suscitado e levalo a bo termo
á vez que temos a obriga de desenmascarar a aqueles que se enchen a boca con discursos nun
sentido e a praxe noutro moi distinto. Só a execución dun proxecto independentista e socialista
garante as posibilidades de liberar ao noso pobo e que as vías posibilistas e moderadas son pan para
hoxe e fame para mañá, xogando a favor da uniformización dos estados que nos condean á
submisión como pobos e como clase.

EMBATE
12
““OS DURMIDOS:
DESPERTEN, OS
DESPERTOS:
ADQUIRAN
COMPROMISO
Morre Eva Forest, referente na loita
””
contra a inxustiza en tódalas súas
manifestacións
Resulta imposíbel tratar de conmemorar a figura de Eva Forest sen atender a aspectos claves da súa personalidade . Falamos NAÍR G. ABELLEIRA
do seu pensamento, da súa carreira e evolución literaria, pero sobre todo non podemos esquecer o seu sorriso:
Debuxado case permanentemente na súa face, tiña, segundo persoas cercanas a Eva, unha feroz capacidade de contaxio: o
contaxio que só aporta unha revolución cando é vivida de veras, cando se fai sangue na tenacidade da solidariedade, do amor,
da amizade, da loita e da crítica da loita que se fai nosa.

Ideoloxicamente foi definida como unha muller de pensamento radical, unha muller da revolución, unha revolución que se
chamamos loita podemos apreciar ao longo de toda a súa vida.

A nota principal do seu pensamento será a solidariedade, o compromiso social; aínda que a medida que avanzan os anos
adquire un marcado carácter antifranquista, consolidándose a súa postura en contra da tortura, da guerra e do imperialismo,
e posicionándose ademais a favor da revolución cubana e próxima á esquerda abertzale.

Como principal instrumento de loita Eva servirase da palabra.Tanto oral como escrita converteraa no medio de difusión e
loita dos condenados ao silencio e constituirán o enorme legado da súa batalla os numerosos ensaios, cartas, libros... nos
que a súa voz clara acada o punto máximo de compromiso e os que a converten nun importante referente intelectual dentro
da literatura española de compromiso e cunha temática transcendental aplicábel a calquera país no mundo.

Pretende ser, por tanto, este artigo unha síntese da figura de Eva Forest, deixando ver o seu pensamento reflicitido tanto
na súa vida persoal como no labor literario que tan intensamente desenvolveu.

Eva Forest naceu en Barcelona nunha familia anarquista cando corre o ano 1928. A súa escolarización non sería posíbel até
a finalización da Guerra Civil española; pois consideraba o seu pai a escola como un medio de represión. Posteriormente
cursará o Bacharelato en Barcelona, trasladándose a Madrid para estudar Medicina.

Acode nestes momentos á tertulia que os sábados se celebraba na Universidade Libre de Gambrinus, considerada por ela
como unha importante etapa dentro da súa formación. E é por estes anos, na década dos cincuenta, cando atravesa un
importante proceso de toma de conciencia social.

Pouco despois, no ano 1955, cursando o último ano de carreira, coñece ao escritor Alfonso Sastre co que compartirá a súa
vida até o pasado mes de maio. Marcharán a París cando Alfonso Sastre é procesado polos Tribunais franquistas e nace alí o
seu primeiro fillo. É agora cando Eva deixa cada vez máis de lado a Medicina e se interesa pola Socioloxía.

Escribirá a súa primeira novela, Febrero, en 1956, inspirada nos episodios represivos vividos na Universidade de Madrid.

Xa no inicio da década dos 60 e de volta no Estado Español é detida como manifestante en apoio a unha folga de mineiros;

EMBATE
13
négase a pagar a multa e ingresa coa súa filla recén nada un mes en prisión.

Mencionouse nos parágrafos iniciais a solidariedade e o ton antiimperialista que caracteriza o pensamento de Eva Forest; o
cal se pon de manifesto nas diferentes viaxes que realizará ao longo da súa vida.

En 1966 viaxará por primeira vez a Cuba, lugar onde pasará catro meses entrevistando a campesiños da provincia de
Granma co obxectivo de obter o testemuño doutra vida, da vida que nacía nas persoas que comezaban a intervir en diversos
actos públicos. Este estudo dará lugar a un libro que censurado posteriormente polo franquismo, levará por título Los Nuevos
Cubanos. Inaugura con este ensaio unha liña literaria que será a máxima expresión da chamada solidariedade internacional.
Un compromiso que continuará coa creación ao ano seguinte en Madrid do Comité de Solidariedade con Vietnam.

Tamén en Madrid creará o Comité de Solidariedade, neste caso con Euskadi, tralo transcurso do Proceso de Burgos contra
militantes de ETA.

É agora, podemos dicir, o momento no que a súa actividade se centra con máis intesidade en Euskal Herria. Desde os anos
60 Eva formaba parte dos intelectuais que interpretaron as loitas de liberación nacional como unha forma lexítima e
necesaria para acabar co capitalismo e a opresión.

O 20 de abril de 1973, morre asasinado por ETA o almirante Carrero Blanco , xefe do goberno español e brazo dereito
de Franco, pero sobre todo a figura na que o Réxime tiña garantido o inmobilismo político. En Operación Ogro, escrito en
1974 baixo pseudónimo, Eva narra lentamente e aínda en susurros a loita contra o franquismo.

A raíz doutro ataque de ETA con dinamita na sede da Dirección Xeral de Seguridade do Estado son postos baixo xurisdición
militar moitos sospeitosos, entre eles Eva e Alfonso.

Durante nove días foi Eva sometida a torturas nos sótanos da sede da Dirección Xeral de Seguridade do Estado, torturas
que soportará en parte cunha actitude que Alfonso Sastre definirá como un “pensamento forte”. Ingresa finalmente en
Yeserías en prisión preventiva por pertenza a banda armada. Os case tres anos que pasará na cadea sen que se celebre ningún
xuízo non serán para nada desaproveitados, pois ela ocupará o seu tempo en escribir á súa familia, así como non abandonará
o labor literario que dentro desta etapa se consuma con títulos como Diario y cartas desde la cárcel e Testimonios de lucha y de
resistencia . Ademais iniciará o seu extenso traballo titulado Tortura y Democracia, un traballo que amosa xa co seu título unha
convición pola que Eva Forest loitou máis durante a súa estadía en prisión: a visión de que aínda que Franco morrera e se
establecera un réxime formalmente democrático non faría que problemas como a tortura desaparecesen. Non será este o
único punto sobre o que incidirá a loita de Eva neste momento; continuará a actividade social axudando ao resto de presas,
tanto sociais como políticas: “Organizaba por exemplo, lecturas de Sartre,Weiss ou Brecht para todas”-; dinos Rosa Estela,
presa política que compartiu anos de encarceramento con Eva, definindo a esta última como unha muller de ideoloxía moi
concreta e ao mesmo tempo moi xenerosa, que axudaba a todo aquel que o necesitase sen xulgar ás persoas, intentando
entendelas.

Á saída de Estela do cárcere segue a manter unha estreita relación coa que considerará “unha compañeira de loita, fóra da
corrente ética, esteticamente e en tódolos sentidos.”

Haberá que esperar a 1977 para que Eva Forest e o resto de presas e presos políticos sexan liberados do seu encarceramento;
será trala Amnistía deste mesmo ano.

Neste momento, a finais de 1977 Eva e a súa familia deciden instalarse en Hondarribia.

Será aquí onde nace o proxecto que dará vida no ano 1979 ao TAT, grupo contra a tortura e símbolo da loita continua que
Eva Forest emprendeu baseándose no que con anterioridade reproduciamos: a morte de Franco non suporía para nada a
supresión de problemas como a tortura.

Este ano 1979 constituirá o remate dunha etapa na que destacan ademais as súas asiduas colaboracións coa revista Punto y
Hora na que publicará diversos traballos entre os que cabe salientar o que ten por protagonista ao pensador estadounidense
Noam Chomsky, baseado nas múltiples conversas mantidas entre ámbolos dous.

Cabe salientar tamén certas viñetas que a nosa intelectual agrupou na obra que leva por título Onintze en el país de la
democracia. Carentes de ilustracións recollerían xustamente esa capacidade sintetizadora do debuxo pero en palabras, verbas
que conteñen nesta ocasión unha amarga crítica contra a tortura. Lamentaba Eva Forest nunha entrevista concedida ao
diario GARA, con motivo da reedición deste traballo, o feito de que seguise tan de actualidade o tema tratado no conxunto
desta obra: a tortura a mans dos corpos de seguridade.

Falabamos máis arriba da súa alienación, de chamalo así, coa esquerda abertzale. É agora cando Eva é escollida senadora en
representación de Herri Batasuna. Non será a última vez que colaborará activamente coa esquerda abertzale, senón que
formará parte das listas electorais de Herri Batasuna en varias ocasións, en 1998 formou parte da candidatura de EH ao
EMBATE
14
Parlamento basco, xunto con Arnaldo Otegi ou Rafael Díaz Usabiaba. En 2005, foi candidata da plataforma electoral
Herritarren Zerrenda, ilegalizada polo Tribunal Supremo ao entender que era unha continuación da suspendida Batasuna.

Chegamos así a 1990, un momento clave dentro do labor literario e intelectual desenvolvido por Eva Forest ao longo da
súa vida; falamos da fundación da editorial HIRU, un proxecto do cal ela se sentiu sempre orgullosa, ben seguro pola
alternativa que constituíu ao carácter propagandístico que tingue o panorama literario, pero tamén porque nace cun
obxectivo claro: publicar obras de calidade independentemente do futuro comercial que se lles agoirase. En palabras da
autora: “nace Hiru da axfisia, dunha necesidade de permanecer vivos e dunha paixón antiimperialista, para amosar de
múltiples xeitos que outro mundo é posíbel”. Convértese HIRU nun catálogo de difusión de ideas de esquerda dos máis
intensos e realistas que existiron nas últimas décadas en lingua española.

Un proxecto que non lle impedirá continuar as viaxes e o compromiso internacional. Son moitas as visitas que fará a países
de Europa, de América Latina... En 1998 realizou a súa primeira viaxe a Irak, e froito da mesma publicaría Irak, ¿un desafío
al nuevo orden mundial? Loitando cotra a agresión imperialista que asolaga este territorio. O antiimperialismo, presente na
súa actividade desde a fundación do mencionado Comité de Solidariedade con Vietnam será unha das liñas de actuación que
manterá até a actualidade e que a levarán a participar en varios encontros nos que deixa clara a súa posición en defensa dos
Dereitos Humanos e onde ademais se amosará favorable á Revolución Cubana en contra dos Estados Unidos. Participará así
nas Xornadas sobre Humanidade fronte ao Imperialismo (Cuba), no Encontro Mundial en Defensa da Humanidade
(Venezuela) e será integrante do Tribunal Internacional Benito Juárez en México, no que se condena a política imperialista
de E.E. U.U. contra Cuba.

As súas últimas aparicións públicas tiveron lugar con motivo das xornadas adicadas a Alfonso Sastre tanto en Irún como en
Hondarribia.

Eva Forest morre o 19 de maio deste ano 2007.

Déixanos este día unha muller guieira na loita contra a inxustiza en tódolas súas manifestacións, en busca do mundo mellor que ela cría
posíbel.

Como obxectivo: que estas liñas se sumen á homenaxe en recordo da súa figura para que nos contaxie o seu sorriso, para que a actitude
insubmisa que mostraba sexa un referente no camiño cara á liberdade, tanto persoal como colectiva.

EmbatE Edicións
O socialismo e o home en Cuba

Que facer perante unha detencion?


. . .

EMBATE
15

You might also like