Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 11

bailabén

Edith Cotilla Quintela|Gustavo Couto Rodríguez

MANUAL DE APRENDIZAXE
DO BAILE TRADICIONAL GALEGO

cumio
Edición a cargo de Francisco Villegas Belmonte

Primeira edición, febreiro 2010

Á nosa familia,
© dos autores: Edith Cotilla Quintela, Gustavo Couto Rodríguez en especial á nosa sobriña Cristina
Fotografías: Gustavo Couto Rodríguez

Vídeo e secuencias fotográficas: Mr Misto Films

Edición das secuencias fotográficas: María Lado, Cándido Meixide

Vestiario: Carriola-Tutú Danza

Corrección lingüística: María Lado, Avelino Hermida

Maquetación: Rosa Escalante Castro

© da edición:

Edicións do Cumio, S. A.

A Ramalleira, 5

36140 Vilaboa (Pontevedra)

Tel.: 986 679 035

cumio@cumio.com / www.cumio.com

© Reservados todos os dereitos.

Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta

obra só pode ser realizada coa autorización dos titulares, salvo excepción prevista pola lei.

Diríxanse a CEDRO (Centro Español de Dereitos Reprográficos, www.cedro.org) se precisan

fotocopiar, escanear ou facer copias dixitais dalgún fragmento desta obra.

Colabora:

ISBN: 978-84-8289-316-7

Depósito legal: VG 100-2010

Impresión: Gráficas Varona

Impreso en España
Índice

Introdución...................................................................... 9 Cruce de pernas por detrás.......................................... 18


Xustificación.................................................................... 10 Cortes por diante............................................................ 19
Observación....................................................................... 11 Colocación dos brazos................................................... 19
Brazos nos puntos........................................................ 21
Exercicios de quecemento Brazos nos paseos........................................................ 21
Estiradas............................................................................. 13
Estirando de forma regular, conseguiremos............ 13 Pasos
Como estirarse............................................................. 13 Muiñeira 1
Como non estirarse..................................................... 13 Picado por detrás ou pas de vals................................... 22
Respiración durante as estiradas............................... 13 Mestura de exercicios de ritmo e de equilibrio......... 22
Algunhas estiradas........................................................... 14 Paseos básicos.................................................................. 23
Nocello........................................................................... 14 Paseo da patada............................................................ 23
Xeonllo........................................................................... 14 Paseo do salto............................................................... 23
Abdutores...................................................................... 14 Baile 1: Paseo e punto n.º 1............................................ 24
Lombo............................................................................ 14 Baile 2: Paseo e punto n.º 2............................................ 25
Xemelgo......................................................................... 15 Adiante-atrás ou trinta e tres........................................ 26
Cuadríceps e xeonllo................................................... 15
Ombro............................................................................ 15 Muiñeira 2
Adiante-atrás mais tacón-punta..................................... 27
Exercicios de ritmo Adiante-atrás mais cortes............................................... 28
Camiñar a ritmo............................................................... 16 Adiante-atrás mais pata coxa......................................... 28
Abrir e pechar.................................................................. 16 Arrastrados....................................................................... 29
Tacón-punta....................................................................... 17 Adiante-atrás mais arrastrados.................................. 29
Tres saltos.......................................................................... 17 Cruce de perna no aire por diante e atrás................. 30

Exercicios de equilibrio Muiñeira 3


Abaixo-arriba.................................................................... 18 Adiante-atrás mais cruce ao aire................................... 31
Pata coxa........................................................................... 18 Cruce de pernas por diante tocando o chan............. 31

|5
Adiante-atrás mais cruce por diante............................ 32 Cortes por diante e atrás ao aire................................. 44
Picado por diante ou paso de vasco............................ 33 Cortes mais picado.......................................................... 45
Patadas cara a diante....................................................... 34
Adiante-atrás mais patadas............................................. 34 Xota 2
Valseado mais cortes por diante e atrás..................... 46
Muiñeira 4 Paseos de xota: con patada e con arrastrado............. 47
Patadas cara a atrás e adiante........................................ 35 Punto de xota................................................................... 48
Adiante-atrás mais patada cara a atrás e adiante....... 36 Punto de xota mais corte e picado.............................. 49
Adiante-atrás mais patada mais picado........................ 37 Adiante-atrás de xota...................................................... 50
Volta do trinta e tres....................................................... 38 Cambio de pé no adiante-atrás..................................... 51
Punto das patadas con volta.......................................... 39
Parada en flexión sobre unha perna............................. 39 Xota 3
Punto de xota mais tres pasos...................................... 52
Muiñeira 5 Paseo básico de xota....................................................... 53
Adiante-atrás mais flexión.............................................. 40 Paseo, punto e volta I...................................................... 54
Adiante-atrás mais volta con flexión............................ 41 Paseo, punto e volta II..................................................... 55

Xota 1
Picado por detrás e picado por diante de xota......... 42 Conclusión....................................................................... 57
Adiante-atrás valseado.................................................... 43 Bibliografía consultada. ................................................. 57
Valseado mais picado por atrás..................................... 43 Agradecementos............................................................... 57

6|
Introdución

Seguindo as definicións da UNESCO, por inmateriais en- Sobre esta lei, debemos destacar o Real decreto 130/2007,
téndense os empregos, representacións, expresións, coñe- publicado no DOG do 28 de xuño, polo que se establece o
cementos e técnicas –xunto cos instrumentos, obxectos, currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma
artefactos e espazos asociados a esas prácticas– que as co- de Galicia.
munidades, os grupos e, nalgúns casos, os individuos recoñe- Faremos referencia en primeiro lugar ao anexo I, «Com-
zan como parte integrante do seu patrimonio cultural. Polo petencias básicas», onde das oito competencias que se citan
tanto, o Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI) é o conxunto lle prestamos atención á número 6. Esta competencia, que é
de elementos, prácticas, procesos e representacións aos que a cultural e artística, supón «coñecer, comprender, apreciar
se aplica o patrimonio inmaterial. Este PCI transmítese de e valorar criticamente diferentes manifestacións culturais,
xeración en xeración, sendo recreado constantemente po- artísticas e deportivas, utilizalas como fonte de enriquece-
las comunidades e grupos en función do medio en que se mento e goce e consideralas como parte do patrimonio dos
desenvolve, a súa interacción coa natureza e a súa historia, pobos».
infundíndolles un sentimento de identidade e continuidade e No anexo II, e máis concretamente no bloque 5, baixo o
contribuíndo, deste xeito, a promover o respecto da diversi- rótulo «O paso do tempo» recollemos o seguinte: «Reco-
dade cultural e da creatividade humana. ñecer algunhas manifestacións culturais presentes no ám-
Dentro do PCI galego e tomando nota das definicións da bito escolar, local e galego, valorando a súa diversidade e
UNESCO, encóntrase o noso baile e a nosa música. riqueza».
Decidimos achegar algo novo ao baile tradicional coa Seguindo neste anexo, pero dentro da área de música, po-
creación deste manual, dirixido principalmente a mestres demos ler no bloque 2: «Interpretación e creación musical,
de ensino primario e secundario que queren introducir esta iniciación á interpretación de danzas e de cancións tradicio-
disciplina popular nos ámbitos da música e da expresión cor- nais galegas».
poral.Tamén, como non, a todos aqueles mestres de baile tra- E dentro da área de educación física que se divide en blo-
dicional que queiran seguir a nosa sinxela liña didáctica, ata ques de contidos faremos referencia ao bloque 3, «Activi-
tal punto que podería servir de sistema de aprendizaxe para dades físicas artístico-expresivas», no que lemos: «Abrangue
calquera idade. O que pretendemos é cubrir o baleiro que aspectos relacionados coa expresividade e coa comunicación
existe en canto a material didáctico de baile tradicional se utilizando o propio corpo a través do movemento». Aquí
refire, ou polo menos dar un primeiro paso para encher ese englóbanse o ritmo, os bailes e danzas, a expresión, a imita-
oco, e proporcionarlles aos mestres de primaria e secundaria ción, a representación e a dramatización. O ritmo mellora a
unha ferramenta de axuda nas súas aulas para que así poidan percepción temporal, polo que se relaciona co primeiro blo-
dar a coñecer unha parte moi importante do noso patrimo- que de contidos. Desenvolverase a través de actividades con
nio inmaterial a todos os nenos e nenas que asisten a elas. música, bailes, danzas ou coreografías en función da idade do
Ademais este traballo pretende darlle resposta a unha se- alumnado.
Serxio Duro Iglesias rie de obxectivos recollidos na Lei orgánica de educación Un dos obxectivos que se perseguen no anexo II é «co-
(LOE) 2/2006, do 3 de maio, para educación primaria. ñecer e practicar xogos, deportes e/ou bailes tradicionais

8| |9
propios da cultura galega, amosando interese pola indagación decidimos contribuír á existencia de materiais coa creación Observación
neste eido a pola súa difusión e valorando as repercusións deste traballo.
que teñen na nosa sociedade». Outra das nosas intencións ao escribir este libro é a de O material gráfico que estades a ver pretende ser un guión Así mesmo, a descrición fotográfica detallada nos primei-
Por todas estas apreciacións que aparecen na LOE, pensa- conseguir que o baile tradicional estea próximo a calquera para utilizar nas clases, pois os impulsos, as cadencias e a rít- ros pasos de baile abreviarase a medida que comecemos a
mos que é necesaria a aparición de novos materiais didácti- persoa interesada nel, e poida usar este manual como ferra- mica só poden ser apreciados no visionado do DVD. combinalos entre eles.
cos no campo do baile e da cultura galega en xeral. Por iso menta de autoaprendizaxe.

Xustificación

Levamos algo máis de seis anos dedicándonos á ensinanza partir de tres anos a adultos de trinta en diante, e podemos
do baile galego e, desde que comezamos, todos os nosos dicir que funcionou con todos, de mellor ou peor maneira,
alumnos, sen eles sabelo, foron aprendendo a bailar seguindo pero todos eles aprenderon a botar uns puntos cando soa
este manual; non só iso, senón que eles mesmos tamén son unha muiñeira ou unha xota.
autores directos deste traballo, xa que foi con eles cos que Moitas foron as discusións entre as xentes do baile tradi-
fomos desenvolvendo e pulindo este método, ata chegar ao cional para intentar crear unha nomenclatura común. Nós
que agora presentamos. con esta publicación non pretendemos solucionar este pro-
Non sempre foi tal e como agora ve a luz. Fomos engadíndo- plema, simplemente lles chamamos aos pasos como adoita-
lle pasos, tamén quitándollos, co fin de facer a aprendizaxe do mos facer nas clases, do xeito máis sinxelo posible, de forma
baile o máis amena e sinxela posible. Puxemos en práctica este que os cativos relacionen facilmente as palabras que lles dici-
sistema con persoas de moi diferentes idades, desde nenos a mos co paso que denominan.

Edith Cotilla Quintela

10 | | 11
E xercicios de quecemento

Estiradas

A realización dunha serie de estiradas sinxelas, prestando


maior atención ás pernas, sérvenos para quentar os múscu-
los e así non sufrir agarrotamentos ou lesións. Deberanse
realizar antes e despois do baile.

Estirando de forma regular, conseguiremos:


• Aumentar a flexibilidade.
• Evitar lesións comúns.
• Reducir a tensión muscular e relaxar o corpo. Como non estirarse:
• Mellorar a coordinación de movementos. • Non estirar con rebotes.
• Mellorar o coñecemento do corpo. • Non estirar o músculo ata sentir dor.
• Mellorar e axilizar a circulación. • Non pasarse. Se a estirada é excesiva podemos provo-
• Obter unha sensación agradable. car unha contractura.
• Non aguantar a respiración durante a estirada.
Estas estiradas son sinxelas, pero se non se fan adecuada-
mente poden producir danos. Por iso é esencial saber como Respiración durante as estiradas:
realizalas. • Debe ser lenta e rítmica.
• Non se pode cortar a respiración mentres temos o
Como estirarse: músculo en tensión.
• O xeito correcto é unha tensión suave e mantida. • Se a posición na que nos encontramos durante a estira-
• Hai que lle poñer atención aos músculos que están a ser da nos impide respirar con naturalidade, quere dicir que
estirados. non estamos relaxados. Polo tanto, debemos diminuír
• Adaptar os exercicios á estrutura muscular, á flexibilida- a tensión do músculo, ata que poidamos respirar con
de e ao grao de tensión de cada persoa. naturalidade.

Iria Portos Conde

12 | Quecemento| 13
Algunhas estiradas Xemelgo
Separamos lixeiramente as pernas e adian-
Nocello tamos unha delas para collela coa man co-
Poñemos o pé en punta, e faremos un mo- rrespondente. Podemos flexionar o xeonllo
vemento circular co pé, sen mover a punta lixeiramente. Faremos este exercicio uns 15
do chan. segundos con cada perna.

Xeonllo Cuadríceps e xeonllo


Xuntamos os xeonllos e poñemos as mans Para estirar os cuadríceps e o xeonllo,
enriba deles. Faremos un movemento cir- suxeitaremos a parte posterior dun pé coa
cular á vez que os flexionamos lentamente, man do brazo correspondente á perna, tiran-
comezando cara a un lado e despois cara ao do del lentamente cara ao cu. Este exercicio
outro. é recomendable facelo entre 20 e 30 segun-
dos con cada pé.

Abdutores
Sentados, coas pernas flexionadas e unidas
polas plantas dos pés, tentamos manter as
pernas o máis abertas posible; podémonos
axudar coas mans para imprimir forza cara
ao chan, pero moi lixeiramente. Faremos en-
tre dúas e tres repeticións de 20 segundos
cada unha.

Lombo Ombro
Sentados coas pernas cruzadas, ama­ Estiramos o brazo cara a diante recollen-
rraremos coas mans os xeonllos e estira- do pola parte exterior, tiramos cara a nós e
remos o lombo. Estaremos o máis erguidos mantemos presionado pero sen forzar uns 8
posible durante 15 ou 20 segundos. Inmedia- segundos.
tamente despois, baixa­remos lentamente os
ombros cos brazos estirados.

14 |Quecemento Quecemento| 15
E xercicios de ritmo Tacón-punta
É tamén un paso xeneralizado noutros
Este apartado é especialmente importan- bailes da Península. Con isto trátase de que
te, xa que a base do baile é o ritmo, e con os rapaces acaden mobilidade no pé, dando
estes exercicios conseguiranse estupendos lixeiros toques no chan co tacón e a punta.
resultados cos nenos, facendo que consigan Adóitanse realizar catro toques con cada pé
desenvolver este sentido. para despois, dun pequeno salto, cambiar de Tacón dereito Punta

Comezaremos facendo estes exercicios a pé. Por exemplo: pé dereito, tacón-punta-ta-


ritmo de muiñeira: cón-punta e salto cos dous pés. E despois co
pé esquerdo, tacón-punta-tacón-punta e salto
Camiñar a ritmo de parada.
A intención deste apartado é formar a base
rítmica do alumno. Este exercicio tan sinxe-
lo podémolo combinar de diferentes xeitos, Salto Parada Tacón esquerdo

por exemplo, andando a ritmo cara a diante


e cara a atrás, dando palmadas á vez que se
camiña etc.

Abrir e pechar
A práctica deste exercicio é común en
moitos dos bailes peninsulares. Serve para Punta Salto Parada

que os nenos empecen a coordinar move-


mentos con dous pés á vez, xa que cando Tres saltos
abrimos e pechamos farémolo cos dous pés Cos pés xuntos realizaremos tres saltos
a un tempo. Comezando cos pés xuntos, e a ritmo. Faremos os tres saltos dentro dun
seguindo ao ritmo da música, primeiro abri- compás da música, estes saltos podémolos
mos e despois pechamos. Podemos facer acompañar con palmas.
este movemento abrindo e pechando nun só
tempo da musica, ou abrindo nun tempo e Salto

pechando noutro.

16 |Ritmo Ritmo| 17
E xercicios de equilibrio Cortes por diante
Recibe este nome porque na acción des-
É importante realizar estes pasos, tanto a te paso os pés dan un golpe seco no chan a
ritmo de muiñeira como a ritmo de xota. Cos modo de corte, para despois erguer un deles
exercicios aos que nos referimos a continua- á altura do xeonllo contrario, alternando os
ción melloraremos o sentido do equilibrio e cortes e o alzamento dos pés.
ademais seguiremos traballando a nosa base Corte co pé dereito Arriba Parada

rítmica. Colocación dos brazos


Estas indicacións son para que os nenos se
Abaixo-arriba afagan a levar os brazos erguidos no baile.
Simplemente consiste en anicarnos flexio- Non se trata de conseguir xa ao principio
nando os xeonllos e despois levantarnos, unha óptima colocación dos brazos, só facer
sempre sen dobrar o lombo. Faremos os que os poñan o máis alto que poidan. Se son
dous movementos nos golpes fortes da nenos duns cinco anos, conseguir que teñan Corte co pé esquerdo Arriba Parada

música. os brazos erguidos durante un minuto de


Flexionamos Estiramos baile é un logro. Isto serve para que saiban
Pata coxa que no baile tradicional galego os brazos van
Neste exercicio daremos tres saltos igual ergueitos.
ca no exercicio de ritmo pero desta volta só A partir de aquí, ímoslle prestar máis aten-
sobre unha perna. O movemento que fare- ción á postura destes; e comezaremos a di-
mos neste paso é o mesmo que facemos na ferenciar entre a posición dos brazos das
pata coxa: levantando o pé dereito á altura mulleres e a dos brazos dos homes.
do xeonllo esquerdo, damos dous saltiños co Salto Salto Parada Os brazos dos homes colócanse dunha for-
pé base (esquerdo, neste caso que estamos a ma moi similar á quinta posición da Escola Bo-
tratar) e no terceiro tempo temos os dous lera, pero un pouco máis abertos ca nesta.
pés xuntos no chan. Mentres que os brazos das mulleres se co-
locan un pouco máis abaixo ca os dos homes,
Cruce de pernas por detrás cos pulsos á altura dos ollos.
Para o cruzamento de pernas por detrás Os brazos móvense cos ombros, nunca cos Quinta posición de home Detalle da quinta posición de home Perfil da quinta posición de muller

faremos o mesmo movemento que facemos pulsos, e menos cos cóbados pechados. Hai al-
ao correr, pero con base rítmica. Daremos gunha excepción, xa que en bailes dalgunha zona
tres saltos alternando a perna de apoio, e a de Galicia os brazos non van en quinta posición,
outra desprazarémola cara a atrás coma se e outros requiren que se pechen un pouco os
estivésemos correndo. O primeiro destes Salto Salto Parada cóbados, aínda que nisto non imos afondar.
exercicios farémolo cunha parada logo de Os brazos deben acompañar sempre os
tres saltos. O segundo farémolo sen parada. movementos dos pés dun xeito harmónico. Á altura dos ollos Estendemos Quinta posición de muller

18 |Equilibrio Equilibrio| 19
Da mesma forma que os pés se desprazan Brazos nos puntos
pola superficie, os brazos desprazaranse polo Polo xeral, os brazos nos puntos colócanse
espazo en harmonía con estes. como antes explicamos, en quinta posición.
O mellor para traballar os brazos é situar- Queremos dicir, ben arriba e formando un
se adiante dun espello. semicírculo. Pero hai tamén algunhas varia-
Neste apartado de colocación dos brazos, cións. Podemos utilizar para facer máis es-
ímonos centrar na primeira, segunda e quinta Neno en primeira posición Neno en primeira posición pectaculares os puntos a cuarta posición, que
posición da Escola Bolera, deixando as outras consiste en manter un dos brazos en quinta Quinta posición

posicións para máis adiante. (arriba) e o outro baixalo ata a segunda po-
Estamos cos brazos en primeira posición, sición (á altura da cadeira). Por exemplo, nun
xusto antes de comezar a bailar, mentres picado por detrás no que levamos o pé de-
esperamos a coller un paseo ou punto. Esta reito atrás, baixaremos pois o brazo dereito
posición consiste en ter os brazos abaixo, mantendo o esquerdo arriba e viceversa.
pegados ao corpo. Segunda posición Segunda posición

A segunda posición empregarémola en fi- Brazos nos paseos


guras do baile que non requiran os brazos Como ben dixemos antes, os paseos sér-
erguidos, como por exemplo, os paseos. Can- vennos de descanso, polo tanto, os brazos
do estean en segunda, estarán baixos, á altura irán nunha posición relaxada. Antes mencio-
das cadeiras, co puño pechado, xuntando o namos a segunda posición, agora engadire-
dedo matapiollos co dedo maior para facer mos tamén a sexta posición. Esta posición é Sexta posición Cuarta posición

estalos ou pitos, e moveranse segundo os pés Quinta posición Quinta posición moi sinxela, trátase de colocar un brazo por
requiran, pero como dixemos antes, sempre diante da cadeira e outro por detrás desta,
en harmonía. dobrando un pouco os cóbados. Utilízase
Por outro lado, a quinta posición (bra- para embelecer algúns paseos. Por exemplo,
zos erguidos) usarémola para a execución un paseo que empecemos co pé dereito cara
de case todos os puntos, salvo excepcións, á dereita, empezarase co brazo esquerdo
como dixemos antes. Nesta posición é adiante e o dereito atrás; e se se empeza cara Segunda posición Pitos

moi importante a harmonía cos pés, xa á esquerda, ao revés.


que podemos considerar os brazos como Por último, debemos salientar o movemen-
parte dos puntos que realizamos cos pés. to dos pulsos, pois este non debe existir. E
Tamén aquí o puño levarémolo pechado, tamén mencionaremos por última vez que os
xuntando o matapiollos e o maior para fa- puños irán pechados, facendo o dedo polgar
cer pitos. e o maior pitos, ao ritmo da música.
Os brazos formarán unha especie de semi-
círculo, que se consegue dobrando moi lixei-
ramente os cóbados. Mans facendo pitos

20 |Equilibrio Equilibrio| 21

You might also like