Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 19

Resumo informe climatolxico ano 2016

INFORME CLIMATOLXICO
ANO 2016
(RESUMO)
Resumo do informe climatolxico ano 2016

NDICE
NDICE ................................................................................................................................................... 1
1 INTRODUCIN ............................................................................................................................... 2
2 DESCRICIN DO ANO 2016 EN GALICIA POR MES. ............................................................ 2
2.1. Xaneiro ...................................................................................................................................... 2
2.2. Febreiro ..................................................................................................................................... 3
2.3. Marzo ......................................................................................................................................... 3
2.4. Abril ........................................................................................................................................... 4
2.5. Maio ........................................................................................................................................... 4
2.6. Xuo ........................................................................................................................................... 5
2.7. Xullo ........................................................................................................................................... 5
2.8. Agosto ........................................................................................................................................ 5
2.9. Setembro .................................................................................................................................... 6
2.10. Outubro ..................................................................................................................................... 6
2.11. Novembro .................................................................................................................................. 6
2.12. Decembro ................................................................................................................................... 7
3 BALANCE DA TEMPERATURA E PRECIPITACIN NO ANO 2016 EN GALICIA .......... 8
3.1. Temperatura. ............................................................................................................................ 8
3.2. Mapas de temperatura ........................................................................................................... 10
3.3. Precipitacin............................................................................................................................ 13
3.4. Mapas de precipitacin .......................................................................................................... 15
4 EVOLUCIN DA TEMPERATURA E PRECIPITACIN...................................................... 17
4.1. Evolucin da temperatura media no perodo 1961-2016..................................................... 17
4.2. Evolucin da precipitacin no perodo 1961-2016. .............................................................. 18

Data edicin: 20-1-2017

Pxina 1 de 18
Resumo do informe climatolxico ano 2016

Ano clido considerando a temperatura media, 0.4 C por riba do valor medio da serie
1981-2010. En canto precipitacin, ano hmido, un 16% superior ao valor normal do
perodo 1981-2010, anda que desigualmente distribuda o longo do ano.

1 INTRODUCIN
Neste documento presntanse unha descricin climatolxica do ano 2016, a cal ser ampliada
no informe completo que ser publicado nas prximas datas. As, faise un resumo mensual dos
aspectos mis destacados e analzanse os datos de temperatura e precipitacin e a sa evolucin
no tempo, considerando o perodo de referencia 1981-2010.

Se falamos de temperatura media, entndese por anomala a diferenza entre a temperatura


media deste ano e o valor climtico obtido con respecto perodo de referencia 1981-2010.
Para a variable precipitacin entndese por anomala a porcentaxe da precipitacin acumulada
no ano respecto do valor da media climtica correspondente.

A serie rexional empregada nos distintos clculos consta de 11 estacins para a temperatura e
16 estacins para a precipitacin distribudas por toda Galicia.

2 DESCRICIN DO ANO 2016 EN GALICIA POR MES.


2.1. Xaneiro
O mes de xaneiro estivo caracterizado por un primeiro perodo de inestabilidade atmosfrica,
no que unha continua chegada de borrascas profundas dende o Atlntico deixou grandes
cantidades de chuvia, e unha segunda metade con temperaturas elevadas que foi algo mis
estable. A chuvia rexistrada acadou cantidades moi elevadas, provocando inundacins, por
acumulacin, xa que durante moitas xornadas eran moi poucos os momentos nos que non
chova. As anomalas de presin evidencian claramente que as borrascas que afectaron a
Galicia foron mis profundas do habitual, con frontes asociadas que deixaron importantes
cantidades de chuvia. A porcentaxe de precipitacin foi 142% por riba do normal, polo que
resultou extremadamente hmido con respecto ao perodo de referencia 1981-2010. O nmero
de das de chuvia foi moi elevado, cun valor medio de 21.6, pero nalgunhas localidades mesmo
se chegou aos 25 das.

Pxina 2 de 18
Resumo do informe climatolxico ano 2016

As entradas de aire clido procedente do norte de frica explican as elevadas temperaturas


rexistradas en varios das da segunda quincena do mes (preto de 20C). A temperatura media da
serie rexional correspondente a este mes foi de 9.7 C, cunha anomala positiva de 1.7 C, co
que o mes resultou extremadamente clido.
En canto ao vento, houbo moitas xornadas, principalmente na primeira metade do mes, nas que
se superaron os 100 km/h.

2.2. Febreiro
A chegada continua de importantes borrascas continuou durante este mes, o que novamente
ocasionou inundacins en numerosas localidades de Galicia. Estas borrascas de procedencia
Atlntica, moi profundas e activas, alimentadas con humidade por ros atmosfricos, deixaron
xornadas de chuvias intensas e escasa oscilacin trmica. Isto ltimo deu lugar a mnimas moi
altas para a poca do ano (non houbo apenas das de xeada) e as mximas, pola contra,
quedaron moi por debaixo dos valores normais. Cabe destacar os das 12 e 13, onde a
configuracin dun ro atmosfrico acompaado por unha fronte moi activa deixou valores de
precipitacin que superaron os 100 L/m2 en 24 horas. Ademais, na tarde entre os das 14 e 15,
houbo un importante temporal martimo que deu lugar a unha alerta vermella por ondas e fortes
nevaradas, acumulndose cantidades significativas de neve por riba dos 1000 m de altura. O
valor medio de temperatura para a serie rexional galega foi de 8.8 C, resultando un mes
normal. O nmero medio de das de chuvia foi de 16.6 e a porcentaxe de precipitacin foi dun
136% por riba do normal, polo que febreiro considrase un mes extremadamente hmido.
Principalmente entre as xornadas do 8 e o 11, rexistrronse en moitas estacins refachos de
vento que superaron os 100 km/h.

2.3. Marzo
O achegamento de borrascas e a frecuente entrada de masas de aire fro procedentes do
Atlntico norte, explica que marzo se considere un mes moi fro e hmido. Houbo ata nove
xornadas nas que a neve foi a protagonista, con grandes acumulacins e presenza por debaixo
dos 1000 m. O evento meteorolxico mis destacado tivo lugar entre o 29 e o 30 de marzo, co
achegamento dunha fronte moi activa estacionaria a lo menos durante 24 h sobre o noroeste
galego, que deu lugar a importantes acumulacins de chuvia. Isto ocasionou asolagamentos en
diferentes puntos da provincia de A Corua. Neste mes o valor medio de temperatura foi de 9.6

Pxina 3 de 18
Resumo do informe climatolxico ano 2016

C, cunha anomala negativa de -1.2 C, resultando o marzo mis fro nos ltimos trinta anos,
anda que seguido moi de preto polo ano 2004. En canto precipitacin, rexistrouse un 80%
mis da propia deste mes. Asemade, o nmero de das de chuvia foi de 15.9. En canto ao vento,
nas xornadas do 26 e o 27 houbo en localidades pertencentes as catro provincias, ventos moi
fortes que nalgns casos superaron os 100 km/h.

2.4. Abril
O mes de abril tamn se caracterizou como fro e moi hmido, pola chegada mis frecuente do
normal de borrascas con aire fro. Neste mes cmpre destacar a xornada do da 9 na que unha
borrasca procedente do sur de Islandia e con moito aire fro, deixou un perodo ininterrompido
de chuvias xeneralizadas durante 8 xornadas consecutivas, acompaadas nalgns casos de
aparato elctrico, e temperaturas moi baixas para a poca do ano. As, na xornada do 10, a mis
fra do mes, en moitas localidades de Galicia non se acadaron os 10 C de temperatura mxima.
O valor medio de temperatura para a serie rexional foi de 11.1 C, cunha anomala con respecto
ao perodo 1981-2010 de -0.8 C. O nmero medio de das de chuvia para Galicia foi de 15.1.
A precipitacin foi dun 41% por riba do normal. Na xornada do 10 tamn se rexistraron fortes
ventos que nalgunhas localidades superaron os 100 km/h.

2.5. Maio
Maio caracterizouse pola alternancia entre perodos anticiclnicos estables e a chegada de
borrascas profundas, con centros prximos a Galicia, que deixaron considerables cantidades de
precipitacin. Por este motivo, as temperaturas non presentaron anomalas importantes.
O mes comezou cunha situacin anticiclnica. Os das 3 e 4 nalgns puntos do interior
superronse os 30 C. Entre o 7 e o 13 unha borrasca illada e estacionaria deixou chuvias
xeneralizadas e temperaturas baixas para a poca do ano. Dende o da 20 ata finais do mes, o
tempo, propio da primavera, foi moi variable.
O valor medio de temperatura foi de 14.4 C cunha anomala de 0.2 C, polo que maio pdese
considerar normal. A porcentaxe de precipitacin estivo un 51% por riba do agardado (mes
hmido) e o nmero de das de chuvia foi de 15.7.

Pxina 4 de 18
Resumo do informe climatolxico ano 2016

2.6. Xuo
Xuo foi un mes moi tpico, de transicin entre un tempo caracterizado pola habitual presenza
de borrascas a outro principalmente anticiclnico. A chegada da derradeira borrasca intensa a
mediados de mes e os dous perodos anticiclnicos a principios e finais do mes, con elevadas
temperaturas, fixo que as anomalas tanto de precipitacin como de temperatura fosen normais.
O valor medio de temperatura foi de 17.8 C, coincidente co valor medio do perodo 1981-
2010. O nmero medio de das de chuvia foi de 6.8 e acadouse o 100% de precipitacin para un
mes de xuo, polo que se considera normal.

2.7. Xullo
Durante este mes destacou o predominio das condicins anticiclnicas, no que o centro do
anticicln estivo movndose entre os Azores e o norte da pennsula Ibrica. As, houbo moitas
xornadas con aire procedente do sur. Esta configuracin sinptica impeda o achegamento de
frontes e ademais as temperaturas eran elevadas en xeral. Houbo xornadas, como a do 18, nas
que en moitas localidades se superaron os 40 C, pero o mis salientable foi a presenza de das
nos que as mnimas nocturnas non baixaron dos 20 C, dando lugar o que se denominan noites
tropicais, principalmente nas Ras Baixas. O mes considrase moi clido, cunha anomala
positiva de 1.52 C e unha temperatura media de 21.2 C. O nmero medio de das de chuvia
foi de 1.2 e o valor medio de precipitacin con tan s 3 L/m2 (un 91% inferior ao normal). Este
xullo foi o mis seco dende 1986.

2.8. Agosto
Anda que no mes de agosto proseguiu o tempo anticiclnico e polo tanto seco, solleiro e con
elevadas temperaturas, a entrada de aire fro na derradeira semana do mes, deu lugar a
fenmenos treboentos que deixaron en puntos moi localizados chuvascos de moita importancia.
Polo que anda que o mes en xeral se considera seco, esta categora non se pode aplicar de
forma homoxnea a toda a Comunidade. Este mes rexistrronse 8777 raios en Galicia,
principalmente na provincia de Lugo, isto supn unha cantidade de raios maior que a suma dos
raios dos agostos dos ltimos 6 anos. Destaca a xornada do da 24, na que se rexistraron 6359
raios, resultando ser o terceiro da no que mis raios se detectaron na nosa rede, que empezou a
rexistrar no 2010.

Pxina 5 de 18
Resumo do informe climatolxico ano 2016

A temperatura media foi de 21.2 C, cunha anomala de 1.3 C, co que o mes considerouse moi
clido. Pero compre destacar aqu a anomala da temperatura mxima media para a serie
rexional que con 2.55 C, acadou o rexistro mximo histrico da serie xunto co ano 2003. A
porcentaxe de precipitacin foi un 56% por debaixo do normal, considerndose este mes seco.

2.9. Setembro
Setembro considerouse normal en canto precipitacin, pero distribuda de forma irregular.
Tan s houbo dous episodios de chuvia, un a mediados e outro a finais de mes, con cantidades
significativas e que compensaron o resto do mes. O principal predominio foi anticiclnico. En
canto s temperaturas, destaca a xornada do 6 de setembro, na que un centro de baixas presins
no Atlntico achegou aire clido a Galicia e en moitos lugares superronse os 40 C,
constitundo o valor mximo histrico en moitos puntos, como no caso de Santiago de
Compostela. A temperatura media foi de 18.7 C, cunha anomala de 0.7 C, debida
principalmente s mximas e que fai que o mes se considere clido.
A pesares de que o nmero medio de das de chuvia foi de 5.2, a cantidade de precipitacin s
estivo un 10 % por debaixo do valor agardado.

2.10. Outubro
Novamente o destacable foi a persistencia das situacins anticiclnicas, con tan s dous
perodos de chuvia no medio do mes. Isto deu lugar a un mes cun significativo dficit
pluviomtrico e con temperaturas que, en media, estiveron por riba das habituais. Destaca o
perodo entre o 26 e o 31, no que un potente anticicln ao norte da pennsula Ibrica, achegou
aire clido do norte de frica. Isto deu lugar a que as temperaturas rexistrasen valores por riba
dos 25 C na meirande parte de Galicia. A temperatura media da serie rexional foi de 15.6 C,
cunha anomala positiva de 1.16 C, resultando un mes moi clido. Os escasos episodios de
precipitacin fixeron que a precipitacin estivese un 64% por debaixo do normal (mes moi
seco).

2.11. Novembro
Neste mes, os perodos secos e fros foron alternando con outros de chuvia e temperaturas mis
clidas. Isto fixo que tanto a chuvia acumulada como o nmero de das de chuvia acadasen
valores moi preto dos normais para esta poca do ano. destacable que foi neste mes cando se

Pxina 6 de 18
Resumo do informe climatolxico ano 2016

produciron as primeiras nevaradas do outono, con 10 xornadas nas que nevou nalgunha
localidade de Galicia. A mis destacable foi a do da 24, na que foron intensas e afectaron a
mis localidades que as habituais para un mes de novembro. A temperatura media do mes para
Galicia foi de 10.3C, cunha anomala de -0.56 C, co que poderase dicir que o mes resultou
lixeiramente fro. A porcentaxe de precipitacin foi dun 14% por debaixo do normal.

2.12. Decembro
Decembro un mes que soe caracterizarse por abundantes precipitacins, xunto con novembro
e xaneiro. Sen embargo este ano 2016 destacou por ser moi seco e sobre todo polo escaso
nmero de das de chuvia, que en moitas localidades acadou o valor mnimo histrico da serie.
Isto debeuse a persistencia dos perodos anticiclnicos que impediron da tras da a chegada a
Galicia de borrascas e sistemas frontais. Os ceos despexados fixeron que houbese varios
episodios de fortes xeadas, con acusadas inversins trmicas, principalmente nas ltimas
xornadas do ano. A temperatura media para a serie rexional foi de 9.7 C, cunha anomala de
1.0C, que contriburon principalmente as mximas. Isto fixo que o mes se caracterizase,
dependendo das zonas, como clido ou moi clido. A porcentaxe de precipitacin foi un 78%
por debaixo do normal, co cal tivemos o decembro mis seco dende 2001.

Pxina 7 de 18
Resumo do informe climatolxico ano 2016

3 BALANCE DA TEMPERATURA E PRECIPITACIN NO ANO 2016 EN GALICIA


3.1. Temperatura.
Neste documento vanse tomar os criterios da Tboa 1 para asignar unha categora aos distintos
meses segundo a temperatura. Emprgase para isto os percents obtidos da serie rexional no
perodo 1981-2010. Este mesmo criterio o que ven sendo considerado nos distintos informes
climatolxicos mensuais o longo do ano 2016.

Temperatura
Categora Percentil
extremadamente fro <mnimo (1981-2010)
moi fro Entre mnimo (81-10) e 20%
fro Entre 20% e 40%
normal Entre 40% e 60%
clido Entre 60% e 80%
moi clido Entre 80% e mximo (81-10)
extremadamente clido >mximo (1981-2010)
Tboa 1: Descricin das temperaturas en funcin dos percents
da serie 1981-2010.

En canto temperatura, o mes de xaneiro do ano 2016 resultou extremadamente clido, debido
principalmente segunda quincena do mes, na que os episodios de aire relativamente quente
procedentes do sur deixaron mximas e mnimas elevadas. Febreiro foi normal, con perodos de
escasa oscilacin trmica, o que provocou mnimas por riba do normal e mximas por debaixo.
Seguiu un mes de marzo moi fro, no que destacaron as frecuentes entradas de aire procedente
do Atlntico norte, con temperaturas dirnas baixas e a escaseza de episodios anticiclnicos.
Abril tamn foi fro debido a que os dous perodos anticiclnicos tian asociados ventos de
compoente norte e a isto uniuse que os perodos borrascosos tamn foron fros. Esta tendencia
rmpese no mes de maio, no que se rexistraron temperaturas moi prximas aos valores
climticos normais. Xuo tamn foi normal, grazas a que os perodos mis fros de mediados
de mes neutralizronse cos valores que deixaron os anticiclns de principios e finais de mes.
Xullo presentou mximas e mnimas moi por riba do normal co que o mes resultou moi clido.
A persistencia anticiclnica e a chegada de masas de aire clido africano fixo de agosto un mes
moi clido, cun episodio de temperaturas de mis de 40C nalgns puntos e noites tropicais. As
mximas destacaron nun mes de setembro clido, no que ademais apenas houbo das de fro
(temperatura mnima <7C). Novamente as mximas foron moi notables en outubro, que

Pxina 8 de 18
Resumo do informe climatolxico ano 2016

resultou moi clido, con borrascas pouco fras e anticiclns que achegaron aire clido a Galicia.
Novembro foi lixeiramente fro e nel tiveron lugar as primeiras nevaradas do outono. Por
ltimo, decembro resultou clido debido principalmente as mximas. O mes foi anormalmente
anticiclnico, o que propiciou mximas elevadas e mnimas moi baixas nas noites despexadas.
Destacan as acusadas inversins trmicas rexistradas nos derradeiros das do ano e as fortes
xeadas.

Na Tboa 2 presntanse a categora asignada a cada mes tendo en conta a temperatura mnima,
media e mxima e de acordo aos criterios da Tboa 1.

Categorizacin das distintas temperaturas mensuais do ano 2016


Mes Temperatura mnima Temperatura media Temperatura mxima
xaneiro extremadamente clido extremadamente clido Clido
febreiro moi clido normal fro
marzo fro moi fro moi fro
abril fro fro fro
maio normal normal normal
xuo clido normal normal
xullo moi clido moi clido moi clido
agosto normal moi clido moi clido
setembro normal clido moi clido
outubro clido moi clido moi clido
novembro fro normal normal
decembro clido clido moi clido
Tboa 2: Descricin das temperaturas con respecto ao perodo de referencia 1981-2010.

Pxina 9 de 18
Resumo do informe climatolxico ano 2016

3.2. Mapas de temperatura

Media anual das temperaturas mximas

Figura 1: Mapa de temperatura media anual das mximas no ano 2016

Pxina 10 de 18
Resumo do informe climatolxico ano 2016

Media anual das temperaturas mnimas

Figura 2: Mapa de temperatura media anual das mnimas no ano 2016

Pxina 11 de 18
Resumo do informe climatolxico ano 2016

Anomala da temperatura media anual

Figura 3: Mapa da anomala da temperatura media anual no ano 2016.

Pxina 12 de 18
Resumo do informe climatolxico ano 2016

3.3. Precipitacin.
No caso da precipitacin e ao igual que na temperatura, empregaranse os percents obtidos da
serie rexional no perodo 1981-2010. Os intervalos das distintas categoras mstranse na tboa
3. Este mesmo criterio o que ven sendo considerado nos distintos informes climatolxicos
mensuais o longo do ano 2016.

Precipitacin
Categora Percentil
extremadamente seco <mnimo (1981-2010)
moi seco Entre mnimo (81-10) e 20%
seco Entre 20% e 40%
normal Entre 40% e 60%
hmido Entre 60% e 80%
moi hmido Entre 80% e mximo (81-10)
extremadamente hmido >mximo (1981-2010)
Tboa 3: Descricin da precipitacin acumulada en funcin dos
percents con respecto ao perodo de referencia 1981-2010.

En xaneiro superouse o valor mximo do perodo 1981-2010, resultando polo tanto un mes
extremadamente hmido. Isto debeuse ao continuo achegamento de borrascas moi activas con
ros atmosfricos asociados na primeira metade do mes. O mesmo ocorreu no mes de febreiro,
no que houbo un episodio entre os das 7 e 15 de borrascas moi activas que deixaron cuantiosas
cantidades de precipitacin. Marzo foi moi hmido en xeral en toda a Comunidade. Abril,
dependendo das zonas, hmido ou moi hmido, onde as precipitacins mis importantes
acadronse no perodo do 9 ao 16 deste mes. A mesma tnica deuse no mes de maio, no que un
centro de baixas presins cuasiestacionario afectou durante practicamente 7 das a Galicia,
ademais doutras borrascas que tamn deixaron importantes valores de precipitacin. A
normalidade acadouse no mes de xuo, con precipitacins principalmente de tipo convectivo e
cunha distribucin moi heteroxnea, compensndose rexins hmidas con outras que resultaron
secas. Xullo resultou moi seco debido a imposibilidade de achegamento de ningunha fronte
pola persistencia anticiclnica. As chuvias rexistradas tiveron carcter convectivo pola entrada
de aire fro nas capas medias e altas da atmosfera. Agosto tamn foi seco, co paso dunha soa
fronte que deixou chuvias xeneralizadas. Destacan as treboadas da segunda quincena do mes
que afectaron principalmente Ribeira Sacra e que causaron danos importantes por pedrazo.
Setembro resultou normal, pero cun destacado escaso nmero de das de chuvia. As, tres
xornadas foron suficientes para acadar os valores normais de precipitacin. Outubro foi moi

Pxina 13 de 18
Resumo do informe climatolxico ano 2016

seco, con tan s tres borrascas que non deixaron chuvias cuantiosas. Novembro resultou
normal, tanto en nmero de das de chuvia como en precipitacin acumulada e por ltimo,
decembro foi moi seco, destacando o escaso nmero de das de chuvia, que nalgunhas
localidades acadou os valores mnimos histricos para este mes.

Na Tboa 4 presntanse a categora asignada a cada mes tendo en conta a precipitacin


acumulada e segundo os criterios da Tboa 3.

Resumo mensual de precipitacin


Mes Precipitacin
xaneiro extremadamente hmido
febreiro extremadamente hmido
marzo hmido
abril moi hmido
maio moi hmido
xuo normal
xullo moi seco
agosto seco
setembro normal
outubro moi seco
novembro normal
decembro moi seco
Tboa 4: Descricin da precipitacin con respecto
ao perodo de referencia 1981-2010.

Pxina 14 de 18
Resumo do informe climatolxico ano 2016

3.4. Mapas de precipitacin

Precipitacin anual acumulada

Figura 4: Mapa de precipitacin acumulada no ano 2016

Pxina 15 de 18
Resumo do informe climatolxico ano 2016

Anomala anual

Figura 5: Porcentaxe da precipitacin acumulada con respecto aos valores


normais do perodo 1981-2010 no ano 2016 (100% o valor normal).

Pxina 16 de 18
Resumo do informe climatolxico ano 2016

4 EVOLUCIN DA TEMPERATURA E PRECIPITACIN.


4.1. Evolucin da temperatura media no perodo 1961-2016.

Na seguinte figura, obsrvase que no ano 2016 a temperatura media (14.0C) estivo por encima
do valor climtico agardado, con unha anomala de case +0.4 C e polo tanto, cabe ser
cualificado como clido preto do limiar de moi clido.

Figura 6: Evolucin da temperatura media anual longo do perodo 1961-2016.

Figura 7: Anomala da temperatura media anual longo do perodo 1961-2016.

Pxina 17 de 18
Resumo do informe climatolxico ano 2016

4.2. Evolucin da precipitacin no perodo 1961-2016.

A precipitacin media rexistrada para a serie rexional foi 1486 L/m2 e cos criterios da tboa 3,
este ano 2016 encntrase preto do limiar que separa un ano hmido de moi hmido. A
desviacin respecto ao valor medio da serie no perodo 1981-2010 dun 16 % por riba.
Contrasta co 2015, que foi un 25% inferior.

Figura 8: Evolucin da precipitacin anual longo do perodo 1961-2016.

Figura 9: Anomala da precipitacin anual longo do perodo 1961-2016.

MeteoGalicia
Direccin Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climtico
Consellera de Medio Ambiente e Ordenacin do Territorio
Xunta de Galicia

Pxina 18 de 18

You might also like