Catecismo Da Doutrina Labrega

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 19

*CATECISMO*

D'A

*DOUTRINA LABREGA*

COMPOSTO POL-O

R. P. M. FR. MARCOS D'A PORTELA

DOUTOR EN TIOLOXA CAMPESTRE

* * * * *

1888

IMP. D'O ECO D'OURENSE

_Rua d'Alba, 15_

DECRARACION

D'A DOUTRINA LABREGA.

_P._--Sondes labrego?

_R._--Si, pol-a mia disgracia.

_P._--Ese nome de labrego, de qun o recibiche?

_R._--D'o sacho que me fai callos n-as maus, d'a terra que rego c'o
sudor d'a mia testa, d'as mouras fames que paso, d'o aire que brua n-as
mias faltriqueiras, d'a monteira que levo n-a chola, d'a coroza de
palla que me libra d'a chuvia, d'as cirigolas d'estopa que me cobren de
medio corpo abaixo, e d'outras cativeces entr'as que vivo aguniando.

_P._--Qu quere decir labrego?

_R._--Home acabadio de traballos, caste de besta de carga n-a que


tanguen rabear os que gobernan, ser quen fan pagar cdula como as
persoas pra tratalo com'os cs, que leva faltriqueira n-o traxe por
fantesia, boca n-a cara por bulra, que anda d'arrastro como as cobras,
que fura n-a terra como as toupeiras, que traballa moito e come pouco,
que somellanza d'os burros d'arrieiro que levan o vio e beben a auga,
precuran o trigo pra comer o millo, que anda langraneando por unha
peseta sin poder nunca xuntala, e que ven ser considerado pol-os seus
somellantes como un ninguen que todo chamar chmanlle Xan paisano.

_P._--Qu'entendes por home de labranza?

_R._--Unha caste de boi posto de p, unha maquina de sacar cartios d'a


terra.

_P._--Cal a sinal d'o labrego?


_R._--A probeza.

_P._--Por qu?

_R._--Porque n-ela vivimos e morremos.

_P._--De cantas maneiras usa o labrego d'esta sinal?

_R._--De duas.

_P._--Cales son?

_R._--Aunar traspaso e andar mioca.

_P._--Qu cousa aunar traspaso?

_R._--Unha cousa muy condanada que fai debecer as carnes, abrir a boca,
ronronar as tripas e infrar o estmago de aire.

_P._--Qu cousa andar mioca?

_R._--Deitarse con apetencia y-erguerse con fame; sentir antoxos de


comer pan e de beber vio, e non facer mais que comer o xenio e beber os
ventos.

_P._--Mostrade como.

_R._--Meto por equivoco as maus n-as faltriqueiras e solasmente alcontro


aire...; collo o saco d'o grau pra ir muino e non collo mais que
lenzo; vou casa d'os que teen pidir un peso emprestado e si non me
dan co-a porta n-os fucios, despchanme con palabras de moito peso, pro
non c'o peso qu'eu cobizo; vay o recaudador pra que lle pague os
trabucos e non hacho mais que desculpas que lle dar.

_P._--Por qu metedes as maus n-as faltriqueiras?

_R._--Por non perder a costume qu'herdamos d'os nosos pis que vviron
mais acomodados.

_P._--Por qu as levades boca?

_R._--Enganndonos, coidando que son pan pra ver si d'este xeito


enganamos o estmago.

_P._--Por qu as levades sacho?

_R._--Porqu'en todo tempo e lugar os nosos gobernantes n-os piden as


pagas d'os trabucos y-os seoros as rendas.

_P._--Cales son os vosos nemigos?

_R._--Cntanse por centos.

_P._--Qu nemigos son esos?

_R._-- maores d'o mundo, d'o demo e d'a carne como teen todal-as
xentes, temos un fato d'eles: nove ministros en Madril, o Delegado d'a
Facenda n-a provincia, o Adeministrador d'a Subalterna n-o partido, o
Alcalde, os concexales y-o Sacretario n-o Concello, o cacique d'a
parroquia, o vecio de porta con porta, a miseria n-a casa, os pedriscos
n-os eidos, a fillosera n-os viedos, o recaudador metido n-a cabeza, os
trabucos e a contribucion territorial n-a cana d'os osos, a de consumos
entalada n-as gorxas, a crncia de que non hemos millorar de sorte n-o
esprito, as falcatruas d'a curia enterradas hastr'o redao, etc., etc.,
etc.

_P._--Y-o traballo ten virtude contra eles?

_R._--Non padre, nin esta.

_P._--E por qu non?

_R._--Porque non hay cartos que lle cheguen nin o traballo rende pra
contentalos.

DIVISION

D'A DOUTRINA LABREGA

_P._--Xa vimos como sodes labrego, como estades acabadios pol-o nome e
pola fame de labrego, mais decndeme agora Cantas cousas est obrigado
saber y-entender o labrego cando chega ter uso de razon?

_R._--Catro cousas.

_P._--Cales son?

_R._--Saber o que se deixa de comer, saber o que ten que traballar,


esquecerse d'o que ten que pagar e non coidarse d'o que ten que recibir.

_P._--Como saber o que deixa de comer?

_R._--Facendo recordo d'as larotas que se pasan n-a sua chouza;


estabrecendo comparanzas entr'os manates de bandullo xeito de bombo,
mofretes infrados, rexos e ben mantidos que se pasean, y-entr'os
labradores que andan pol-as carrilleiras e congostras como almas en
pena, esvaidos, fracos, esfamiados, pensando n-o pan que non lles ven s
maus e n-os cartios que fuxen d'eles como d'a queima; botndolle
olladas degorantes s aparadores d'os almacs onde se vende xamon,
salchichs, polos asados, perdices, dulces, conservas, queixos e outros
manxares apetecentes; pensando n-as veces que pol-o dia adiante se
ll'abre un a boca e se lle vay o estmago xa canso de non dixerir mais
que patacas cando as hay pra comelas en cachelos, e sin sal moitas veces
pra seren gallegas enxebres sin gracia, pois maldito si gracia teen nin
xiquera ll'a fan estmago.

_P._--Cmo saber o que ten que traballar?

_R._--Vendo que non hay un chavo nin unha cunca de faria n-a chouza,
que o recaudador non dorme, que hay que manter a muller y-s fillos, que
os que gobernan non fan mais que pidir trabucos, que os que mandan
queren ter sempre o comedeiro acugulado, que o persupuesto de gastos
un pozo sin fondo, e que o persupuesto d'ingresos non pasa de ser unha
cesta que os estadistas se degoran por encher d'auga, que sin cartos non
se pode dar un paso n-este mundo, nin hay xusticia, nin dereito, nin
xiquera un xente, que desque lle chaman un _volo_ n-o bautismo
hastra _niquitate_ n-o enterro, pasando pol-a confirmacion en que nos
dan unha lufiada n-a cara, hastr'o matrimonio en que nos xunguen unha
muller pra facer unha xunta de boy e vaca que ha turrar pol-o carro d'a
familia, temos que soltar os cartios d'unha maneira ou d'outra, pois si
non por fs por nefas.

_P._--Cmo poder esquecerse d'o que ten que pagar?

_R._--Ponndose bbedo, volvndose louco, metndose cen brazas debaixo


de terra ou morrendo.

_P._--Cmo non se coidar d'o que ten que recibir?

_R._--Facndose de conta que ten os osos de goma pra que non lle doan
por moito que mallen n-eles, non pasndoselle nin pol-as mentes que ha
de recibir cousa que sea de porveito nin que valla dieiro, porque os
labregos, de recibiren, fora d'o ben que lles vea recibindo Dios, non
reciben mais que xiringazos.

PRIMEIRA PARTE

EN QUE SE DECRARA O CREDO Y-OS ARTCOLOS.

_P._--Escomenzando pol-o primeiro: qun dixo o credo?

_R._--Os Apstoles.

_P._--Pra qu?

_R._--Pra qu'andemos de cote co-l n-a boca.

_P._--E vos pra qu'o decides?

_R._--Pra que Dios nos tea d'a sua mau, que boa falta nos fai.

_P._--Qu cousa f?

_R._--Creer o que non vimos.

_P._--Vistes as moedas de cinco pesos?

_R._--Non, padre.

_P._--Y-os billetes de Banco de cen pesetas?

_R._--Non, padre.

_P._--E creendes n-eles?

_R._--O qu' creer, creemos.

_P._--Por qu o creedes?

_R._--Porque ouvimos falar d'eles s ricos; porque sabemos que os nosos


cartios vanse xuntando n-as faltriqueiras d'os zumezugas de todal-as
castas, pra se convertir en moedas e billetes; porque dos deprocatamos
de que conta d'eles medran, trunfan e campan os que s'alcontran n-o
poleiro.

_P._--Qu cousas son as que creedes como labregos?

_R._--Os artcolos, principalmente como se conteen n-o credo.

_P._--Pra que son os artcolos?

_R._--Pra dar noticia d'os dioses d'a nosa aldea.

_P._--Qun son esos dioses?

_R._--O Alcalde noso seor, o Sacretario noso amo, y-o Cacique noso
dono.

_P._--Qun o Alcalde noso seor?

_R._-- a cousa mais condanada que se pode decir nin pensar: un seor
infinitamente malo, burro, larpeiro, inxusto, prencipio de todal-as
nosas disgracias e fin de todal-as nosas facendas.

_P._--A condanadsima trinid quen ?

_R._-- o mesmo Alcalde, o mesmo Sacretario y-o mesmo Cacique, tres


persoas distintas e unha sola calamid verdadeira.

_P._--O Alcalde dios?

_R._--E si seor.

_P._--O Sacretario dios?

_R._--Ogall non-o fora.

_P._--O Cacique dios?

_R._--As l adoecera com'o .

_P._--O Alcalde o Sacretario?

_R._--Non seor.

_P._--O Sacretario Alcalde?

_R._--s veces

_P._--O cacique Alcalde ou Sacretario?

_R._--Si non-o , como si o fora.

_P._--Por qu?

_R._--Porque si as persoas son distintas, vlvense unha sola cando se


trata de mallar en nos, de zugarnos a sangue, ou d'espremernos a
faltriqueira.

_P._--E logo cntas naturezas, entendementos e volunts hay n-eses


dioses?
_R._--Naturezas duas, unha de lobo e outra de porco; entendementos,
ningun; volunts, a d'o Gobernador, a d'o diputado, a d'o Xuez y-as suas
malas volunts.

_P._--Como dios o Alcalde?

_R._--Mintindo unha infruencia que non ten, agarapiando votos n-as


urnias, sacndolle a monteira e facndolle retesas s que mandan,
asoballand's que ten baixo de s, recollend'os xams d'as nosas chouzas
e partndoos c'os manates d'a vila, sacando cartos s quintos cando se
tercia pra seren os promeiros en riqueza e os ltemos n-o reparto de
consumos, armndolle a gayola s que non son d'a sua corda, repartind'os
destinos d'o Concello entr'a xente d'a familia, lobos d'a camada y-os
que se deixan ver por adiantado, estrapexando n-a poltica com'os
esgarabellos n-a bola, e facendo en fin cantas falcatruas se lle veen
s mentes pra conservar o mandio.

_P._--Cmo criador?

_R._--Porque saca s diputados y-s rexidores d'a nada.

_P._--Pra que criou Dios o labrego?

_R._--Pra servir Alcalde e morrer de fame n-esta vida e si cadra vivir


ardendo n-a outra.

_P._--Ten o Alcalde figura corporal como nosoutros?

_R._--Eso din, anque pra nosoutros como si vramos demo.

_P._--Qun o Sacretario?

_R._-- unha feitura d'o seor Alcalde, tan b como l, e que se fixo
Sacretario pra nos reventar e darnos mal exempro.

_P._--Cantas naturezas, volunts y entendementos hay n-o Sacretario?

_R._--Naturezas, unha sola y-abonda; volunts, a sua y-a de todol-os que


ten por enriba, y-entendementos, s'algun ten, mais valera que non-o
tivese.

_P._--E cantas persoas e memorias?

_R._--Unha sola persoa con moitas caras, e memoria a bastante


pr'acordarse d'o que lle ten conta.

_P._--Qu quere dicir Sacretario?

_R._--Acabador.

_P._--De qu?

_R._--D'a nosa pacencia e d'os nosos cartos.

_P._--Como foi concebido o Sacretario?

_R._--Obrando o Alcalde y-o Cacique contra-natura e milagreiramente.

_P._--Por qu dicides contra-natura e milagreiramente?


_R._--Porque o Sacretario non foi concebido nin naceu com'os demis
homes.

_P._--Pois como s'obrou o misterio d'a conceucion d'o Sacretario?

_R._--N-a mala idea d'o seor Alcalde meteu o cacique o pensamento de


que pr'acabar c'o pas era perciso un home de sangue moura, malas
entranas e piores feitos; por un sopro d'o demo saliu un corpo com'o
deseaban, unronlle un alma atravesada, firmaron o nombramento, y-o que
dinantes era solamentres home quedou feito Sacretario.

_P._--E cmo naceu milagreiramente?

_R._--Saindo d'a cabeza d'o Alcalde sin detrimento d'a sua brutalid,
maneira que sai un preso d'a Crce-Modelo sin romper reixas nin portas.

_P._--Por qu quixo ser Sacretario?

_R._--Pra facer a vida d'o labrego un inferno.

_P._--Qu entendedes por inferno?

_R._--A aldea en que viven os labregos.

_P._--Pois cantos infernos hay?

_R._--O inferno d'os que pagan trabucos e rendas, e non teen pan que
levar boca; o purgatorio d'os que van servicio d'o rey, vendo quedar
os fillos d'os ricos n-a sua casa; o limbo d'os nenos onde s'alcontran
os que fan o aprendizaxe de labregos, descalzos de p e perna,
esfarrapados, acoradios de fame, arrecadand'o gando n-a chousa, y-a
lea n-o monte e sin ver xiquera unha letra d'a cartilla d'os Cristos;
y-o limbo d'os xustos, onde viven os alpabardas que cren n-as
padricacis d'os polticos, n-as palabras d'os diputados, n-a proteucion
d'o Goberno, en que han de sair campantes d'os seus atolladeiros sin
untar o carro, y-en que lles han de facer xusticia tendo solasmentres
razon: xente a mais filiz de todas porque cree qu'abonda traballar pra
comer.

_P._--Qu cousa estar sentado direita d'o seor Alcalde?

_R._--Ter cuasementes o seu anaquio de mando, poder turrar d'a corda


pr'os amigos, facer toda caste de falcatruas s contrarios, remexer n-as
trecolas d'o Concello, e sacarlle sustancia todol-os nagocios que lle
pasan pol-a mau.

_P._--Qu creedes cando decides que hay Concello?

_R._--Que hay al unha dcia de lampants d'os que non se pode agardar
nada b: xente que cando se xunta non pensa mais que en espremernos o
xugo, en sacarnos os cartos d'os consumos y-os fillos pr'a guerra; en
facernos traballar por prestacion n-os camios que van direitos s suas
casas; en quitarnos o voto e darnos a cdula persoal; esprtos malinos
que lle fan mal de ollo s pitas d'o noso corral y s porcos d'o noso
cortello; que cando s'axuntan o mesmo que si s'escornaran duas nubes
de pedrisco sobr'os nosos eidos, e cando se soparan e pasan por diante
de nos hay que facerlles a cruz com' demo e sacarlles a monteira com's
fidalgos.

_P._--Ademis d'o que levades dito, creedes outras cousas?


_R._--S padre, porque tod'o que se d d'esa xentia pouco.

_P._--Qu cousas son esas?

_R._--Eso non m'o preguntedes min que non podrei contestalo por mor
d'a curia que, com'o zorro e'as galias, ndanos ganando as voltas pra
poernos sombra.

_M._--Facendes ben en calarvos, porqu'en boca pecha non entran moscas,


y- b calar chmanlle labrego.

SEGUNDA PARTE

EN QUE SE DECRARA O QUE S'HA DE PIDIR.

Xa vimos como sabedes o que se ha de creer: vemos segundo qu' o que


s'ha de pidir. D'as oracis qoe rezades cal a que mais vos gusta?

_R._--O Padre nuestro.

_P._--Por qu?

_R._--Porque ten sete peticis, que son poucas pra nosoutros, pois temos
moito que pidir.

_P._--Cales son?

_R._--A primeira : Santificado sea o teu nome.

_P._--Qu pidides n-esa peticion?

_R._--Que lauden Dios, o mesmo que nosoutros, aqueles que solo


s'acordan d'l cando fan carantoa, e pasan a vida facndonos
falcatruas.

_P._--Cal a segunda?

_R._--Vea nos o teu reino.

_P._--Qun pide eso?

_R._--Aqueles que se dormen n-as pallas mentras nosoutros adoecemos


traballar; os que fan poltica n-as aldeas pra encher o bandullo; os que
maxinan que todal-as cousas d'o mundo se fixeron pra eles e arrapaan
c'o seu e c'o d'os vecios; os que pra vivir agardan que lles cayan n-o
papo ps cocidos d'o ceo; y-os que sin traballar nin teren rentas viven
fidalgamente.

_P._--E vosoutros pedides o mesmo?

_R._--Nosoutros pedimos o reino de Dios porque o d'este mundo anda en


maus de catro galafates.

_P._--Cal a terceira?
_R._--Fgase tua vontade as n-a terra como n-o ceo.

_P._--Qu pidides ah?

_R._--Pidimos que Dios vea gobernar este cotarro qu'anda levado d'o
demo.

_P._--Cal a coarta?

_R._--O pan noso de cada dia dnolo hoxe.

_P._--Qu pidides n-esa piticion?

_R._--E vost non-o v santio! Pidimos pan pra levar boca, xa que
pra nosoutros ou anda pol-as nubes, ou est pechado con cerrollo n-as
tullas d'os vinculeiros. Pidimos algo que comer xa que traballamos como
negros. Pidimos pan pra manter os fillos que nol-o piden en coiro e
co-as mancias direitas. E non moito pidir pan, xa que o compango
pr'os que poden.

_P._--Cal a quinta?

_R._--Perdnanos nosas deudas as como nosoutros perdoamos s nosos


deudores.

_P._--Qu pidides ah?

_R._--O que non-os han dar nunca: pois inda ben non lle debemos un peso
calquera xa temos o ministro porta co-a demanda. Os nosos deudores
ben perdoados estn porque ninguen nos debe nin un chavo.

_P._--Cal a sesta?

_R._--Non-os deixes cair n-a tentacion.

_P._--E co-eso qu pidides?

_R._--Que Dios nos tea d'a sua mau e que nos coute ben, porque tanto
mallan en ns, e tales cousas nos fan, e tan amoladios andamos, que si
nos deixamos levar pol-o xnio e caimos n-unha mala tentacion, o dia que
menos se pense non quedan nin os ratos n-Alcalda.

_P._--Cal a sutima?

_R._--Mais lbranos de mal.

_P._--E n-eso que pidides?

_R._--Que nos quite Dios d'entre as uas d'esta xentia que non fai nada
que pra ben sea.

_P._--Qu quere dicir a palabra _Amen_?

_R._-- unha cousa que os que mandan nos fan dicir todo.

_P._--Cando dicides _Ave-Maria_! con qun falades?

_R._--C'o repartidor de consumos cando nos d a cota que se nos impuxo;


c'o vecio que nos ven pidir unha peseta emprestada pra sair d'un apuro;
c'o Alcalde que nos aconsella que votemos o candidato d'o Goberno
pormetndonos montes e moreas; c'o mdeco que nos pide mais de dous
ferrados de centeo pol-avinza; c'o escribao cando nos notifica a tasa
d'as costas d'o ltemo preito, e c'o seor Abade que nos d que debemos
aunar n-a Coresma, esquecndose de que aunamos traspaso o ano enteiro.

_P._--Pra qu son os nxeles?

_R._--Pra gardarnos.

_P._--Logo os labregos tendes nxeles que vos garden?

_R._--S padre, pro s veces parece que se dormen, xuzgar pol-o


desamparo en que nos deixan.

TERCEIRA PARTE

EN QUE SE DECRARA O QUE S'HA D'OBRAR.

Xa vimos o que habedes de creer e pidir; vexamos agora como sabedes o


que habedes d'obrar; dicide: Cal o pirmeiro mandamento?

_R._--Amar Dios sobre todal-as cousas.

_P._--A qu nos obriga este mandamento?

_R._-- adouralo e creer n-l e non desconfiar por moitos males que nos
sucedan, pois xa sabemos que n-este mundo ten que haber de todo, b e
malo; de maneira que si hay raposos que nos leven as galias, tamen hay
bois que nos axudan labrar os eidos; si temos lobos que nos coman as
ovellas, hay tamen cs que nos garden a facenda; si criamos porcos n-o
cortello, non faltan aduanantes que conten por adiantado c'os seus
perniles; si temos fillos que dos axuden, non faltan reises qu'os leven
pro seu servicio; si dispomos de vio pra quentar o estmago, tamen hay
filoxera qu'estraga as vias. Por eso debemos folgarnos d'o b, levar
con pacencia o malo, e Dios sobre todo.

_P._--Cal o segundo?

_R._--Nou xurar en vano.

_P._--Qun peca contra esto?

_R._--Os que relaxados pol-as que lles fan xuran e rexuran tomal-a
xusticia pol-a mau, queimando palleiros, decotando cepas, arrasando
labrados, botando herba d'os ratos n-os currales d'os vecinos,
armndose de moca pra lle meter co-ela as razs n-a cachola contrario
e facendo outras cativeces d'este xeito; os que por unha poya de pau e
tres netos de vio sirven de testigos falsos n-os preitos e n-as causas
criminales; os que botan sapos e cobras pol-a boca calquera
contratempo que tean; os que xuran acabar c'os bs d'o vecino, levados
pol-a xeureira; y-os que por botarse de valentes non din tres palabras
arreo sin misturar entr'elas unha porcallada.

_P._--Cmo se xura en falso?

_R._--De calquer maneira, porque non hay cousa mais fcele n-o pas.
Todal-as aldeas contan con picapreitos estrapexantes que poen escola de
testigos falsos, namentras as outras estn pechadas. Por unha picallada
e sin escrpulos de concencia botan presidio calquer home de ben;
por un par de pesetas non falta quen co-a man en cruz xure, que viu
pol-os seus ollos, y-as Diol-o salve, voar os burros, vestidos de
gardas civs os mosquitos, tirar d'un carro dous porcos e cantar misa
unha ovella, ou facer un Alcalde boas obras.

_P._--Cal o terceiro?

_R._--Santificar as festas.

_P._--Qun peca contra esto?

_R._--Todol-os labregos, porque ainda que oyamos a misa non podemos


gardar a festa, pol-a mor de tornar a auga d'os lameiros, d'arrecadar o
gando, de dar de comer s porcos, de levar o grau muio, e outras
angueiras que non teen agarda.

_P._--Cal o coarto?

_R._--Honrar pai e nai.

_P._--E qu'entendedes por eso?

_R._--Darlle nosos pis a millor vida que podemos, namentras non


chegamos herdalos.

_P._--Qu mais obrigacis hay n-este mandamento?

_R._--As d'os superiores c'os inferiores y-as d'os pis c'os fillos.

_P._--Cmo as cumprides?

_R._--Mandand'os fillos escola pra que non estorben n-a casa cando non
temos que lle dar que facer; sacndolle a monteira s seores cand'os
atopamos n-os camios e facndolle a figa por detrs; entrando co-a
orella gacha n-a casa d'os que mandan pra sair d'ela botando rayos e
centellas.

_P._--Cl o quinto?

_R._--Non matar.

_P._--Qun peca contra l?

_R._--Nosoutros non seor, pois, por non matar, nin xiquera matamos a
fame.

_P._--Cal o sesto?

_R._--Non fornicar.

_P._--Qun peca contra este mandamento?

_R._--Vellos e mozos todos puxemos n-l as nosas maus. Pecan as mozas


churrusqueiras que lle chiscan os ollos s mozos n-as romarias; os
rapaces que andan de noite sarau rondndolle a porta s nenas; as
parexas que se perden entr'os centeos botando de perda o fruto; os que
ventando unha muller escarramelan os ollos y-ensinan os dentes com'os
burros; os que lle van facer coxigas as muieiras y-as fan bulir mais
qu'o rodicio, saindo dempois todos enfariados; os que apagan o candil
n-os fiadeiros pr'andar as apalpadelas; os que vndos' entre mulleres
non poden ter as maus quedas, os que bailan o agarradio n-os turreiros
pra s'agarraren sin bailar n-as carballeiras; os que dando palabras de
casamento non fan mais qu'as obras; os que volver d'as festas
acompaados non chegan hastra media noite casa; e pra dicilo d'unha
vez todol-os que gastan calzs e monteira ou dengu'e muradana.

_P._--Cal o sutimo?

_R._--Non furtar.

_P._--Qun peca contra este mandamento?

_R._--Os que non contentndose c'o que Dios lles dou precuran apanar o
alleo; os que andan co-as maus n-o pote d'o persupuesto; os d'a curia
que fan letras coma garabanzos porque cobran por pregos os seus
dereitos; os xastres que nos piden unha vara de pano pra facer unha
monteira; os que se gobernan desgobernando; os mdecos que con unturas
d'ouro inutilzannos os fillos pr'o servicio d'o rei; os tendeiros que
pesan co-a romana d'o demo, a miden c'unha vara pol-o xeito d'a d'a
xusticia; os empregados que non teen tempo pra despachar os nosos
asuntos porque todo l lles pouco pra fumar cigarros e falar mal d'o
Goberno; os que nos espremen o xugo finxindo que nos protexen; os que
non-os fan ningun servicio non andando dieiro por diante; os usureiros
qu' encabalan os rdetos; y-outros moitos que fora largo contar, porque
o mundo est cheo de gatos que andan sempre caza d'os probes ratios
d'aldea.

_P._--Cal o outavo?

_R._--Non levantar falso testimonio nin mintir.

_P._--Qun peca contra este mandamento?

R.--Os diputados que dn n-o Congreso qu'o pas adianta e que o Goberno
traballa por millorar a moura sorte d'os labregos; os partidos polticos
que aseguran que contan co-as simpatas d'o pas; os que casndose con
muller rica, fea e vella sosteen que se casaron namorados; os que
todal-as mozas lle dan palabra de casamento; a muller qu's vinte anos
d, en certos casos, que n-a sua vida outra lle pasou; o Abogado que lle
d unha litigante que non lle cabe direito e logo resulta o contrario;
o Mdeco que consultando a ama d'un crego lle d que non ten cura; o
sancristan que pide pr'as Anemas; e todos nosoutros que s veces
esquecemos a verd.

_P._--Cal o noveno?

_R._--Non cobizar a muller d'o vecio.

_P._--E pecades contra ese mandamento?

_R._--Segun sea ela, seor.

_P._--Cal o dcimo?

_R._--Non cobizar os bs alleos.

_P._--Qun peca contra eso?


_R._--Todol-os labregos porque non hay un que non poa os ollos n-as
leiras d'o vecino.

OS MANDAMENTOS D'A IGRESIA LABREGA SON CINCO.

O primeiro oir como nos aldraxan os que mandan, como quen oye chover.

O segundo mudar de camisa unha vez ano, ou denantes si teen


qu'enterralo un.

O terceiro comulgar con rodas de muio.

O carto aunar por boas ou por malas.

O quinto pagar por todo e pra todo, e pagalas todas.

_P._--O primeiro quen obriga?

_R._--A todol-os que teen algo que perder, pois si nos repoemos sainos
pior a conta.

_P._--Y-o segundo?

_R._--Obrganos todos anque as veces se nos esqueza o cumprilo.

_P._--Vind' terceiro cmo se comulga con rodas de muio?

_R._--Vendo como nos quitan a razon en todalas cousas, e tendo que nos
conformar c'o que vea; deixndonos engrolar por todol-os baduantes, por
non saber que opoerlles; pagar o sasenta por cento un usureiro e
oirlle dicir que ainda nos axuda; indo votar s urnias sabendo qu'
coma si non foramos; e pr'acabar d'unha vez, deixndonos levar pol-o
ltemo que chega.

_P._--A qun obriga o coarto mandamento?

_R._--A todol-os labregos dendesde que nacen hastra que morren.

_P._--Por qu?

_R._--Porque cando non hay que levar boca forzoso o auno; que anque
dicen que hay n-o mundo pan d'abondo pra todos, a verd que poucas
veces chega nosa boca, y-eso de millo, ressego e ben tasado.

_P._--Cmo aunan os labregos antes de ter uso de razon?

_R._--O mesmo que despois: traspaso.

_P._--A qun obriga o quinto mandamento?

_R._--Non hay quen s'escape d'l.

_P._--Con qu pagades por todo?

_R._--C'os nosos cartios e c'o noso lombo.


_P._--E con que as pagades todas?

_R._--C'o noso lombo e c'os nosos cartios.

_P._--E que pagades?

_R._--Os trabucos y-as falcatruadas que fan outros.

_P._--Qu son trabucos?

_R._--As contribucis, padre; vostede seica non d'a terra.

_P._--E por qu lle chamades trabucos?

_R._--Porque unha cousa que hay que pagar anque un non queira y-anque
non tea con qu, pois d'outro xeito embrgannos o pouco que temos; de
maneira que nos fan ciscar as cadelas o mesmo que si nos puxesen un
trabuco peito.

AS OBRAS DE MISERICORDIA SON CATORCE, AS SETE ESPRITUALES Y-AS SETE


CORPORALES.

As esprituales son estas:

A primeira ensinar que non sabe librarse d'as gayolas qu' miudo nos
arman.

A segunda dar bs consellos s qu'estn pra cair.

A terceira correxir s que non ven por onde camian.

A coarta perdoar as inxurias hastra que un poida facer o seu xenio.

A quinta consolar s mulleres d'os qu'emigran pr'as Amrecas.

A sesta sofrir con pacencia, namentras non haxa outro remedio, as


fraquezas e malas ideas d'os que mandan.

A sutima rogar Dios pol-os nosos alcaldes difuntos.

As corporales son estas:

A primeira visitar as bodegas d'os vecios.

A segunda ensinarlle o camo d'a taberna s que teen fame, e deixarse


ir si convidan.

A terceira ensinarllo o camio d'a fonte s que teen sede.

A coarta redimirnos cando chegue o caso.

A quinta mandar xastre os que non teen cirigolas.

A sesta dar pousada pelegrino s ten con que pagar.


A sutima levantar mortos.

CARTA PARTE

EN QUE SE DECRARAN OS SACRAMENTOS QUE SE HAN DE RECIBIR.

Xa vimos como sabedes o que habedes de creer, pidir e obrar; vexamos


como sabedes o que habedes de recibir, qu' o derradeiro: decide os
sacramentos.

OS SACRAMENTOS D'A IGRESIA LABREGA SON SETE.

O primeiro, Bautismo.

O segundo, Confirmacion.

O terceiro, Penitencia.

O carto, Comunion.

O quinto, Extrema Uncion.

O sesto, Orden.

O stimo, Matrimonio.

_P._--Pra que o Bautismo?

_R._--Pra hos facer cristianos anque logo nos traten como mouros, e pra
que teamos un nome c'o que se nos coneza n-os recibos d'a contribucion,
n-as listas d'o sorteo de quintas, n-as citacis xuicio e n-outros
documentios por este xeito.

_P._--Pra que a Confirmacion?

_R._--Pra que non botemos de perda o noso nome e pra que, co-a lufiada
que nos dan n-a cara confirmarnos, nos vayamos afacendo s que mais
adiante nos han de dar n-o lombo.

_P._--Pra que a Penitencia?

_R._--Pra purgar os pecados alleos, que os nosos ben purgdol-os temos


co-a vida arrastradia que levamos.

_P._--Pra que a Comunion?

_R._--Pra que mante'as nosas almas xa que os corpos andan famentos,


como Dios e nosoutros sabemos.

_P._--Qu se precisa pra comulgar?

_R._--Pr'os que non son labregos estar en aunas dendesd'as doce d'a
derradeira noite; nosoutros como sempre temos o estmago valeiro podemos
comulgar calquer hora.
_P._--Pra que a Extrema-Uncion?

_R._--Pra tres cousas.

_P._--Cles son?

_R._--A primeira pra quitar os rastros e reliquias d'a mala vida que nos
fixeron pasar; a segunda pra dar esforzo alma contr'as malas
tentacis; a terceira pra dar sal corpo si lle conven.

_P._--Qu sentides cando recibides a Extrema-Uncion?

_R._--Unha grande legra porque conecemos que logo nos vamos quitar
d'o lombo a pesada carga d'a vida; algo as como sinte o que pousa un
feixe de lea despois de traelo desd'o monte hastr'a casa, ou com'o que
pasados doce anos de presidio s'atopa libre. poerlle un a
Extrema-Uncion acrdase de que s'acabaron pra sempre os dias enteiros de
turrar pol-o sacho, de pasar fames negras, d'andar pouco menos qu'en
coiros, de pagar a territorial Facenda, os consumos Auntamento, as
rendas os seoros, as costas s xuzgados, os fillos Rey, os direitos
Abade, as consultas abogado, as visitas mdeco, as recetas
boticario, sin contar c'o panadeiro, c'o taberneiro, c'o xastre, c'o
zapateiro, e con outros moitos, porque os labregos pars que non viemos
mundo mais que pra pagar sempre, e inda que nos chamemos cristianos
non deixamos de ser os paganos eternos. Pol-a Extrema-Uncion sabe un que
se vai ver libre d'o Alcalde, d'o Sacretario, d'o Cacique, d'os
aduanantes de todal-as crs; sabe que s'acabaron os madrugs y-os
traballios todos; y- recibila v o labrego que logo chega o dia en que
despois de tantos anos de fozar n-a terra pra facela producir, vaille
servir de cama onde poida descansar pra sempre, dempois de decirlle
mundo: ah queda eso!

_P._--Pra que a Orden?

_R._--Pra que algs fillos de labregos cheguen ser xente.

_P._--Pra que o Matrimonio?

_R._--Pra nada b, seor. O matrimonio unha cousa que facemos, como se


fan outras tantas burradas. Ven ser algo somellante con xunguirse un
carro, e turrar d'l hastra morrer. Cando un non ten pan que meter n-a
boca acrreselle levar pr'a casa unha muller que lle axude pasar fame,
que como dicir: t que non podes lvame s costas. Despois veen os
fillos, que non faltan nunca n-os matrimonios labregos, y-estonces si
qu' ela. Hay que mantelos, hay que vestilos, hay que mandalos escola
si cadra, hay que atendelos n-as suas enfermeds, hay en fin que facelos
homes. E cando xa empezan a servir pra algo y-axudarnos n-as angueiras
d'a casa, lvannos pr'o servicio, e mentras eles van facerse matar
guerra, e si volven c'un brazo ou unha perna de menos, nosoutros
quedamos vellos e acabadios sin podernos valer, y-espostos morrer
esquecidos como cas.

_P._--Tenen que estar en gracia de Dios os que se casan?

_R._--Eso din, pro eu coido qu'o que hay que estar deixados d'a sua
mau.

_P._--Cales son os pecados capitales?


_R._--Soberba, avaricia, luxuria, ira, gula, envexa e preguiza.

_P._--Que soberba?

_R._-- un verme que se lles mete n-a cabeza s que agarran un anaquio
de mando.

_P._--Que avaricia?

_R._--Unha cuchumllada que nos d moito que rascar e que roe, roe,
vainos despelexando pouco pouco.

_P._--Que luxuria?

_R._--Unha mala fada que nos leva matrimonio, com'os bois matadeiro.

_P._--Que ira?

_R._--Unha cousa que si nos deixramos levar d'ela...

_P._--Que gula?

_R._--Eso non llo pergunte s labregos: as xentes acomodadas lle podern


responder.

_P._--Que envexa?

_R._--Un aguillon que se nos crava n-a alma cando vemos os bs y-a
facenda d'os vecios.

_P._--Que e preguiza?

_R._--Un luxo que non podemos permitirnos s que traballamos.

OS NEMIGOS D'A ALMA, DE QUE TEMOS QUE FUXIR, SON TRES:

O primeiro, o mundo.

O segundo, o demo.

O terceiro, a carne.

_P._--Quen o mundo?

_R._--Todol-os malos homes que comen, viven, trunfan e campan conta


d'o noso traballo.

_P._--Quen o demo?

_R._--Un coitadino que n-outros tempos foi espantallo d'as xentes, e que
agora veu tan menos que nin xiquera caso lle fan os rapaces d'a
escola.

_P._--Que a carne?

_R._--Unha cousa que din que se come, e que sabe ben, e que manten
moito, d'a que temos ouvido falar miudo, pro que no n-os pasa pol-as
gorxas inda que n-os pase pol-as mentes.
AS BENAVENTURANZAS SON OITO:

1. Benaventurados os probes, porque sern tratados como bestas


d'arrieiro.

2. Benaventurados os mansos, porque tod'o mundo mallar n-eles.

3. Benaventurados os que choran, porque mamarn.

4. Benaventurados os que teen fame e sede d'a xusticia, porque os


fartarn de presidio.

5. Benaventurados os misericordiosos, porque os amolarn canto podian.

6. Benaventurados os limpos de corazon, porque tamen estarn limpos de


faltriqueira.

7. Benaventurados os pacficos, porque todos lles farn a guerra.

8. Benaventurados os que padecen persecucion pol-a xusticia, porque


ademais de ir cadea pagarn as costas.

_P._--Qu dixemos agora?

_R._---Oito verdades como oito ps centeos.

_P._--Qun son os probes?

_R._--Os coitados labregos que non saben o que un dia de fartura.

_P._--Qun son os mansos?

_R._--Somos tamen nosoutros, porque nos amansan fungueirazos.

_P._--Qun son os que choran?

_R._--Os que saben pidir a tempo e baixarse todo o mundo pra lograr o
que cobizan.

_P._--Onde mamarn?

_R._--N-a ubre d'o persupuesto.

_P._--Qun son os que teen fame e sede de xusticia?

_R._--Os que non teen padrio.

_P._--Qun son os misericordiosos?

_R._--Catro pipiolos, que non saben con quen aran.

_P._--Qun son os limpos de corazon?

_R._--Os que nunca foron nada, nin tiveron xeito d'emporcar as maus.

_P._--Qun son os pacfecos?

_R._--Os bois e nosoutros.


_P._--Qun son os que padecen persecucion pol-a xusticia?

_R._--Os que lle fan a contra s que mandan.

You might also like