Download as doc, pdf, or txt
Download as doc, pdf, or txt
You are on page 1of 3

UNIDADE 4

AV
LINGUA

Nome e apelidos:..……………………………………….……......................................................................
Curso: ………………………………………………………….…….. Data: …………………….………………

Le atentamente este texto e, despois, responde as preguntas.


1 A historia máis primitiva da vila de Muxía vai ligada á existencia dun conxunto de
pedras situadas na Punta da Barca. Este conxunto deu orixe a unha chea de ritos e
creacións lendarias que perduraron ata os nosos días. Así, os muxiáns cóntannos que
a pedra abala cando quere; hai veces que se colocan moitas persoas
enriba e non abala,
5 e outras abala soa. Tamén din que cando abala soa predice algunha desgraza.
Sen dúbida, a pedra de abalar foi a que espertou maior curiosidade e atracción de
cara ás xentes da comarca e de fóra dela. Aínda que existen en Galicia máis penas de
abalo ou cabaleiras, a máis coñecida con diferenza é esta de Muxía, de case nove
metros de longo e sete de ancho.
10 Á pedra de abalar de Muxía son moitas as propiedades que se lle atribúen, dende unha
finalidade adiviñatoria ata considerala como instrumento para probar a culpabilidade ou
inocencia das persoas.
Esta pedra foi desprazada do seu lugar primitivo en decembro do ano 1978, por un
forte temporal que mesmo lle rompeu un anaco.
Tomado e adaptado da páxina web do Concello de Muxía

1 Onde está a pedra de abalar? Como é de grande? ___________________________


__________________________________________________________________

2 Cando abala soa, que di a xente que vai pasar?


__________________________________________________________________

3 Indica, cando menos, unha das propiedades que se lle atribúen.


__________________________________________________________________

4 Imaxina que fuches facer turismo a Muxía. Escríbelle a un amigo ou amiga e


cóntalle o que máis che chamou a atención:
__________________________________________________________________
__________________________________________________________________
__________________________________________________________________

© GRUPO ANAYA, S.A., Lingua 5.º Educación Primaria. Material fotocopiable autorizado.
__________________________________________________________________

Nome e apelidos: …………………..…….............................................................................… AV 4

5 Localiza no texto e escribe as palabras polisémicas que teñen as seguintes


acepcións:
__________________: 1 Narración ordenada dunha serie de sucesos. 2 Ciencia
especializada en expoñer o que acontece ao longo do tempo. 3 Relato, conto.
__________________: 1 Espazo que ocupa un corpo, posto. 2 Sitio. 3 Aldea,
casal, poboación pequena.

6 Completa o cadro poñendo un X onde cumpra:


común propio concreto abstracto individual colectivo
Muxía
pedra X X X
conxunto
inocencia
anaco
crenza

7 Define os substantivos que se subliñaron no texto, seguindo o modelo do cadro


anterior.
_________________________________________________________________
_________________________________________________________________
_________________________________________________________________
_________________________________________________________________

8 Divide en sílabas as seguintes palabras do texto: días, propios, persoas, moitas,


propiedades, chea, cabaleiras, lendarias.
_________________________________________________________________
_________________________________________________________________

9 Clasifica as palabras anteriores, segundo conteñan ditongos ou hiatos:


Con ditongo:_______________________________________________________
Con hiato:_________________________________________________________

© GRUPO ANAYA, S.A., Lingua 5.º Educación Primaria. Material fotocopiable autorizado.
10 Dos ditongos que teñas localizado na actividade anterior, di cales son crecentes
(C) e cales decrecentes (D).
_________________________________________________________________

© GRUPO ANAYA, S.A., Lingua 5.º Educación Primaria. Material fotocopiable autorizado.

You might also like