Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 2

Ola de novo, nenas e

nenos !!! Teño que


contarvos algo. Shhhhh
Prestade moita atención!!!

Un ano máis do 5 ao 9 de marzo celébrase a 30ª Semana da Prensa na


escola, unha iniciativa impulsada polo xornal La Voz de Galicia e que aparece
oficialmente no calendario escolar dende 1989.

Que está pasando no noso pobo, no noso país, no mundo? Debemos estar
informados e para iso existen os diferentes medios de comunicación, entre
eles, o xornal.

Intentaremos aproveitar que a vindeira semana chegarán ao noso cole moitos


xornais para traballar a prensa na clase, na aula TIC e tamén na biblioteca, xa
que na actividade que vos propoño para ir facendo podedes visitar estes
espazos.

Elexín como título “TAL DÍA COMA HOXE FAI….ANOS”.


Toca crear, ou mellor dito, recrear, unha noticia. Para organizarnos mellor
fixaremonos nos seguintes pasos:

Antes de poñernos a escribir, aconséllovos coñecer primeiro


algunhas cousiñas sobre os xornais e as noticias: qué son, de qué falan, as
súas partes…. Para iso o equipo da biblio elaborou un documento que podedes
empregar con actividades previas e que está á vosa disposición no “blog de
Libruxa”. Alí tamén atoparedes outros recursos que vos axudarán.

Á CAZA DA NOTICIA: Agora seguro que xa estamos listos para


facer a actividade proposta: remóntate agora ao ano que queiras. Busca unha
noticia cun acontecemento/suceso que capte o teu interese, que che pareza
curioso ou interesante. Para atopar noticias de interese podes axudarte de
xornais antigos, revistas, Internet...

MANS Á OBRA: Analizade a noticia que elexistes contestando ás


preguntas que xa coñeces e comprobando toda a información que che ofrecen.
Para isto, podedes realizar un primeiro borrador segundo os modelos

VERSIÓN FINAL: Agora convértete nun reporteiro/a e informa sobre


ese acontecemento rescribindo a noticia e dándolle o teu toque persoal.
Para esta versión final podedes empregar os modelos de noticias que
atoparedes no documento do blog ou calquera que vos guste máis. Eso sí,
cando ma levedes á biblioteca gustaríame que fose no seguinte formato, xa
que teño a intención de facer a nosa pequeniña “hemeroteca” coas vosas
noticias:

- Formato A3

(pegamos noticia orixinal) (pegamos a reescritura da noticia)

Xa me dispido de vos. Espero que vos divirtades investigando nos xornais e


creando as vosas noticias.

You might also like