Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 1

Ola amiguiños e amiguiñas!!!

Escribo esta carta para anunciarvos o seguinte acontecemento importante


que terá lugar ao rematar este mes. Prestade moita atención:

O 24 de febreiro, celébrase o Día de Rosalía de Castro como aniversario


do nacemento da escritora, que ben coñecedes, xa que o curso pasado
fixestes uns cadros chulísimos, recitastes algúns dos seus poemas, e incluso
lle adicamos nós un poema no “correversos”.

Para este curso gustaríame seguir a proposta da Asociación de Escritores en


Lingua Galega (AELG) baixo o lema “Abride a fiestra”.

Así, despois de facer un repaso da figura literaria da autora, coa axuda dos
libros que atoparedes como sempre no expositor temático á entrada da
biblioteca e no blog da mesma, e dalgunha lectura dos seus poemas,
propóñovos que ao longo da semana que ven, cada aula elabore nun soporte
que se poida colgar/pegar das fiestras da biblioteca (cartulina, fieltro, goma-
eva, telas, pratos de cartón…), algún elemento iconográfico ou representativo
de Rosalía acompañado dalgúns dos seus versos, de xeito que quede visible
dende fóra, aínda que tamén se pode facer polas dúas caras.

Un saúdiño e ata a próxima actividade, que será mooooi pronto!!!

You might also like