Día Da Muller

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 2

Ola outra vez, xa volvedes a ter

noticias miñas!!!

Gustaríame proporvos unha nova


actividade para conmemorar o Día
Internacional da Muller.

Como ven sabedes, o día 8 de marzo celebramos o Día Internacional da


Muller, no que se conmemora a loita da muller pola súa participación en todos
os ámbitos da sociedade en condicións de igualdade, dignidade e respecto.

Ainda que seguro xa atopastes varias noticias relacionadas con este tema ao
longo da semana pasada cando estivemos traballando cos xornais na Semana
da Prensa, gustaríame proporvos facer un DICIONARIO DE MULLERES: por
cada letra do abecedario, unha muller pioneira.

A actividade consistiría en repartir as letras do abecedario polas distintas


clases do cole, empezando por Infantil e escoller unha muller que destacase
por algo na súa profesión cuxo nombre ou apelido empece por esa letra.
Investigaríamos un pouquiño sobre a súa vida e os seus logros, incluso
poderiamos atopar algunhas frases coñecidas destas grandes mulleres do
pasado e do presente. Finalmente, elaboraríamos un pequeño resumo, conto,
cómic, poema… (cada clase pode presentalo como prefira…) no seguinte
formato A3:

Debuxamos a letra e decorámola.


Escribimos o resumo no tipo de
texto que elixamos.

Facemos un debuxo, caricatura,


foto…da muller que eleximos.

Cando xa o teñamos listo, podemos presentarlles o noso traballo a outras


clases do noso nivel/ciclo facendo unha pequeña exposición e despois levar a
folla plastificada á biblio para que poidamos facer con todas as letras o
diccionario. Así poderedes lelo e consúltalo cando queirades!!!
LETRAS PARA CADA CURSO:

EDUCACIÓN INFANTIL:

3 ANOS A___________A

3 ANOS B___________B

4 ANOS A ___________C

4 ANOS B___________ D

5 ANOS A___________ E

5 ANOS B___________ F

EDUCACIÓN PRIMARIA:

1º A ___________ G

1º B ___________ H

2º A ___________ I

2º B ___________ L

3º A ___________ M-N

3º B ___________ Ñ-O

4º _____________ P-Q

5º A ____________ R-S

5º B ____________ T-U

6º A ____________ V- W

6º B ____________ X-Z

Recordade que para axudarvos neste traballo, estarán no expositor temático


varios libros que poderedes consultar.

You might also like