Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 3

CEIP PLURILINGÜE VISTA ALEGRE

Queridas familias:

Como integrantes por segundo ano da Microrrede das Bibliotecas


PLAMBE da Mariña (http://microrredeamarina.blogspot.com.es/ ) queremos
propoñervos ás comunidades educativas dos centros unha nova actividade
englobada dentro dun proxecto conxunto que ten como obxectivo o traballo en
equipo e de lectura en familia, dinamización e fomento da nosa cultura así
como a dinamización da literatura infantil e xuvenil en lingua galega. Este
proxecto leva consigo unha exposición conxunta do traballo realizado polos
diferentes centros escolares e que, no presente curso, leva por título:

“A Mariña pensando en feminino”.


Ademáis dos obxectivos antes mencionados, tamén queremos contribuír a
dar visibilidade ao papel que desempeña a muller na nosa contorna en
diferentes ámbitos e facetas. Deste xeito, pedimos a vosa colaboración para
montar unha exposición baixo o título: “Muller e tradición: as alfombras
florais”, a nosa homenaxe ao esforzo e traballo de tantos anos, sobre todo
das mulleres no mantemento desta tradición de arte efímero que xa foma parte
da cultura mariñana (máis este ano que se celebra o 25 aniversario das
alfombras tal e como as coñecemos hoxe).

O traballo colaborativo para realizar na casa en familia e na aula cos


nenos consistirá en facer un traballo plástico e literario á vez. Por un lado, unha
pequeña alfombra e, como parte literaria, unha composición libre partindo
dunha fotografía de mulleres traballando no proceso de elaboración da
alfombra floral de Burela

Descrición da tarefa:
1.- A cada titoría entregaráselle un cachiño de plantilla dunha alfombra que se
cubrirá con calquer tipo de material que se lle poida ocurrir (fíos, fieltro, telas,
gomaeva, lá, café moído, virutas dos lápis…). Logo, darémoslle forma e
montarase a exposición coa alfombra como fondo central para as vosas
composicións e fotografías.

2.- Ao mesmo tempo, o alumn@ levará un folio e unha fotografía. Para unificar
o formato de presentación o folio leva un marco con flores. Na parte esquerda
pegaremos a foto e na dereita farase a composición libre sobre o que nos
suxire esa foto (conto, poema, redacción, entrevista, noticia…). Debaixo da
mesma deberedes poñer o nome do alumn@ e familia que fixo o traballo.
Despois pegarase nunha cartulina de cores.
Fotografía Composición libre

Nome do alumn@

3.- Recordamos que esta tarefa ten carácter colaborativo. @s alumn@s


poderán se axudados, guiados e revisados por un membro da familia, xa que é
importante que sexa unha tarefa lúdica na que colabora a familia.

4.- Se algunha familia ten fotos na casa de mulleres traballando nalgún proceso
relacionado coas alfombras florais poden empregalas sin ningún problema.

Coñecemos a vosa creatividade e orixinalidade e valoramos moito a vosa


participación.

Presentación:
-O alumnado entregará a composición na súa titoría, rematando o prazo o luns
16 de abril.

- Faremos unha exposición no colexio dende esa semata ata finais de mes,
que estará aberta a toda a comunidade educativa.

- Posteriormente, con motivo do mes das Letras Galegas, parte da exposición


do centro será levada á Sala de Usos Múltiples e Sala de Exposicións da
Biblioteca do Concello de Viveiro, entre o 7 e 10 de maio, xunto cos demáis
centros participantes na Microrrede.

Durante esa semana, a exposición conxunta estará aberta ao público e


poderase disfrutar da actuación no Teatro Pastor Díaz de Viveiro da compañía
teatral ADALA INFANTIL, o 8 de maio pola tarde, aberta ás familias e ao
alumnado dos diferentes coles.

Próximamente colgaremos no blog de Libruxa o programa con todas as


actividades que poderes disfrutar se vos achegades á exposición.

Moitas grazas pola colaboración e quedamos á espera das vosas aportacións.


______________________________________________________________

You might also like