Download as docx, pdf, or txt
Download as docx, pdf, or txt
You are on page 1of 5

Enerxía e centrais eléctricas Diego Lodeiro Vidal

1.- A que está asociada a enerxía nuclear?


A enerxía nuclear relaciónase coa enerxía xerada na fisión dos núcleos atómicos dos isótopos
(átomos do mesmo elemento con mesmo número de protóns e distinto número de neutróns)
dalgúns elementos radioactivos

2.- Propiedades básicas da enerxía.


A enerxía:
 TRANSFÍRESE duns corpos a outros
 TRANSFÓRMASE noutras formas de enerxía
 Pódese ALMACENAR en diversos dispositivos.
 A enerxía non se crea nin se destrúe, só se transforma, é dicir, CONSÉRVASE. (Principio
de Conservación da Enerxía)
 A enerxía DEGRÁDASE noutras formas que non nos resultan útiles, como as perdas por
rozamento nun movemento.

3.- Que relación hai entre enerxía e traballo?


O traballo defínese como a forza aplicada a un corpo polo desprazamento producido, e a
enerxía defínese como a capacidade que ten un corpo de realizar un traballo, polo tanto
pódese dicir que a enerxía é o traballo teórico que pode realizar un corpo. Isto conleva que a
enerxía e o traballo teñan a mesma unidade, o Xulio (X) ou N·m .

4.-Cómo se clasifican as enerxías?


Distínguense tres clasificacións das fontes de enerxía:
Primeira Clasificación, en función das súas reservas:
 Renovables: Non se esgotan xa que, ou ben se atopan de forma ilimitada na natureza
(hidroeléctrica) ou se rexeneran antes de que se esgoten (biomasa).
 Non renovables: Atópanse de forma limitada na natureza, e rematarán esgotándose
debido a que se consumen a un ritmo maior do que se producen. Ex: carbón.
Segunda Clasificación, en función do seu impacto ambiental:
 Contaminantes: Producen residuos contaminantes no seu uso. Ex: gas natural.
 Limpas: Non provocan contaminación no medio ambiente. Ex: solar.
Terceira Clasificación, en función do seu uso:
 Convencionais: Son aquelas que se levan utilizando dende hai moito tempo. Ex:
petróleo.
 Alternativas: Comezaron a usarse para evitar o esgotamento das convencionais. Ex:
eólica.
5.-Qué enerxía nos transmite o Sol? Explicación.
O sol transmítenos dous tipos de enerxía en forma de ondas a traveso da radiación solar: a
enerxía lumínica e a enerxía calorífica, que no chega tanto en forma de luz como en forma de
calor.

6.-Vantaxes da enerxía eólica.


 É unha enerxía inesgotable.
 Non produce residuos nin gases contaminantes.
 Non precisa combustións, polo que non acelera o cambio climático.
 Os parques eólicos poden estar en lugares non aptos para outros usos, coma os
desertos e os mares.
 Pode convivir con outros usos do chan, como a agricultura ou a gandaría.
 Permite crear novos postos de traballo.
 Rápida instalación.
 Pode conxuntarse con outras fontes de enerxía, como a hidroeléctrica.
 Xunto coa solar, permite o autoabastecemento enerxético nas vivendas.

7.- Qué vantaxes ten a enerxía procedente da biomasa?


 Permite a súa rexeneración antes de que se esgote.
 Permite producir tanto enerxía eléctrica como térmica.
 Non emite practicamente gases de efecto invernadoiro en comparación cos
combustibles fósiles.
 Evita a dependencia enerxética co exterior.
 Forma de reciclaxe e de diminución dos residuos.
 Axuda a evitar incendios forestais.
 É máis barata e estable ca os combustibles fósiles.
 Axuda a xerar emprego.

8.-Qué é unha central eléctrica?


Unha central eléctrica é unha instalación que permite obter enerxía eléctrica a partires dunha
fonte de enerxía.

9.- Que partes fundamentais ten un xerador de corrente eléctrica?


Nun xerador de corrente eléctrica, hai unha parte fixa (estator) e unha parte móbil (rotor),
onde unha delas xera un fluxo magnético (indutor) e a outra o transforma en electricidade
(inducido). Nos alternadores ou xeradores de corrente alterna, o indutor é o rotor e o inducido
é o estator, inverténdose nos xeradores de corrente continua ou dínamos.
10.-Diferenzas entre unha central térmica convencional e unha central nuclear.
Ambas centrais, producen enerxía eléctrica polo movemento dunha turbina grazas á presión
realizada por vapor de auga a altas temperaturas. A principal diferenza entre ambas é a forma
de quentar dito vapor. A central térmica quéntaa grazas á calor xerada por un combustible
fósil (petróleo, gas, carbón) mentres que a nuclear utiliza a calor xerada na fisión dos núcleos
atómicos dalgúns elementos radioactivos.

11.-Clasificación das centrais solares.


En función do tipo de enerxía que se queira aproveitar, distínguense dous grupos:
 Centrais solares térmicas: Aproveitan a enerxía térmica. Poden ser de baixa
temperatura, usadas nas vivendas a traveso de paneis solares, de media temperatura,
en centrais térmicas pequenas onde os paneis quentan un tubo que contén a auga que
xirará a turbina e de alta temperatura, en grandes centrais térmicas que contan cunha
torre central que aproveita e canaliza mellor a enerxía térmica permitindo quentar
unha maior cantidade de auga.
 Centrais solares fotovoltaicas: Permiten obter enerxía eléctrica a partires da luz solar
sen quentar ningún tipo de fluído, pero a cantidade de enerxía obtida é menor ca nas
térmicas.

12.- Tipos de centrais hidroeléctricas.


En función da potencia producida, distínguense tres tipos de centrais hidroeléctricas:
 De gran potencia: Producen máis de 10 MW de potencia eléctrica.
 Minicentrais: Producen entre 1 e 10 MW.
 Microcentrais: Producen menos de 1 MW.

13.-Explicar a potencia xerada por unha central eólica.


Para poder cuantificar a enerxía eólica, utilizamos a fórmula da enerxía cinética, que é:
𝟏
𝑬𝒄 = 𝒎 𝒗𝟐
𝟐
Ademais, debemos ter en conta tres factores dos que depende a enerxía eólica:

ρ = densidade do aire A = área pola que pasa o vento v = velocidade do vento

A partires destas variábeis, obtense a seguinte expresión:

𝒎= 𝝆𝑨𝒗

Substituíndo a masa achada na anterior expresión na ecuación da enerxía cinética, obtense:

𝟏
𝑬𝑶 = 𝝆 𝑨 𝒗𝟑
𝟐
14.-Explicar a diferenza entre fusión e fisión nuclear.
A fisión nuclear é o proceso polo cal se separan os núcleos atómicos, xerando unha reacción en
cadea que produce unha gran cantidade de enerxía. A fusión é o proceso contrario, polo que
se unen os núcleos de diversos isótopos, a cal aínda está en fase experimental.

15.- Qué é un isótopo?


Un isótopo son dous átomos que teñen en común o mesmo número atómico pero distinto
número másico, é dicir, varían no número de neutróns.

16.- Como se pode aproveitar a enerxía solar?


Véxase a pregunta 11.

17.- Principio de funcionamento da enerxía fotovoltaica.


A enerxía fotovoltaica baséase no efecto fotoeléctrico, o cal expresa que un corpo emitirá
electróns cando é alumado cunha onda luminosa que ten unha frecuencia maior que o umbral
do corpo.
𝑬 = 𝒉 (𝒇 − 𝒇𝟎 )

Sendo E = enerxía ; h = cte de Planck ; f = frecuencia da onda ; f0 = frecuencia umbral do corpo

18.- Explicar o esquema de funcionamento dunha central térmica clásica.

Caldeira Turbina Alternador Transformador

1. Caldeira: Encárgase de aumentar a temperatura da auga ata que convertela en estado


vapor a temperaturas que poden chegar ata os 15000 ºC.

2. Turbina: Recibe o vapor de auga, o cal faina xirar e xerar enerxía cinética.

3. Alternador: Transforma a enerxía cinética en corrente alterna.

4. Transformador: Eleva a tensión da corrente alterna para reducir as perdas e a sección


dos condutores durante o seu transporte

5. Condensador: Recolle o vapor de auga da turbina que sufriu un descenso de velocidade


e devólveo ao depósito.

6. Depósitos de auga e combustibles


19.- Explicar a enerxía maremotriz.
A enerxía maremotriz é unha fonte de enerxía que se obtén a partires das mareas. O
funcionamento, consinte no enchemento dun depósito durante a subida da marea. Unha vez
que remata de subir, o depósito ábrese e a auga circula por unha turbina que xera a
electricidade.

20.- Qué é a enerxía xeotérmica?


A enerxía xeotérmica é a fonte de enerxía calorífica que reside no calor do interior da Terra, o
cal se pode aproveitar para obter electricidade usando ese calor para quentar o vapor de auga
que moverá as turbinas.

You might also like