Frauta Na Noite

You might also like

Download as docx, pdf, or txt
Download as docx, pdf, or txt
You are on page 1of 3

FRAUTA NA NOITE

MANUEL CUÑA NOVÁS


Agoiro de frauta antiga

que namorou a lúa

medoñenta das rodas dos camiños

e os anelos das cobras. Ainda

un oco de soma é lar e faise medo.

O sapo era como un paxaro triste

en col de un ramaxe núo que refrexou a

xerfa;

seu laído na tébra aluarado

rompeu os nidos segredos da noite.

Pólos derradeiros sonos

rodaba cristaíño un degaro de azas novas.

Nos arañeiros doídos

tece prantos a choviña

e o silenzo faise fonte na silveira. [...]


O QUE TEÑO (Non)
(ANTÓN TOVAR)
Teño merlos de sombra nas pólas da canseira

e ceos a choveren sobre un río de carne;

non teño máis terreos, só teño esa orballeira,

unha cántiga triste sobre os prados e as árbores.

Levos ás costas saudade mesturada de anceios ,

saudade como néboa na lama das congostras;

un acio de silencio no que se pousa o medo

como se pousa o mar dos náufragos das costas.

Vou nun leito de toxos co meu corpo ferido,

o sangue esparexido polas veas do vento,

o pulso dunha arela a latexar camiños,

e a cántiga da angustia que me colleu ben cedo.

Puiden ser unha nube como as alas dun anxo,

ou un grilo, unha rosa, unha xestiña leda,

non cheguei máis que a sombra e néboa, bágoa, pranto,

bolboreta da morte coas dúas alas nas tebras.


PENÉLOPE (DÍAZ CASTRO)
Un paso adiante i outro atrás, Galiza,

i a tea dos teus sonos non se move.

A espranza nos teus ollos se esperguiza.

Aran os bois e chove.

Un bruar de navíos moi lonxanos

che estrolla o sono mol como unha uva;

pro tí envólveste en sabas de mil anos

i en sonos volves a escoitar a chuva.

Traguerán os camiños algún día

a xente que levaron: Deus é o mesmo.

Suco vai, suco vén, Xesús-María!,

e toda cousa ha de pagar seu desmo.

Desorballando os prados coma sono

o tempo vai de Parga a Pastoriza.

Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.

Un paso adiante i outro atrás, Galiza!

You might also like